mércores, febreiro 08, 2012

A CIG convoca unha batería de actos por toda a Comarca na Campaña preparativa da Folga Xeral: "Contra a crise e o actual modelo económico e social, hai alternativas"



Políticas alternativas contra a crise.


ACTOS NOS CONCELLOS DA COMARCA

“CAMPAÑA DA CIG “CONTRA A CRISE E O ACTUAL MODELO ECONÓMICO E SOCIAL, HAI ALTERNATIVA”

Como xa saberedes, a CIG ven desenvolvendo desde febreiro de 2010 unha campaña baixo o lema “Políticas alternativas contra a crise. Outro modelo económico e social é posíbel”.

Un ano despois, as razóns para seguir adiante e incrementar o grao de intensidade desta campaña, por desgraza, vanse incrementando a pasos axigantados.

O modelo que están impondo os mercados estase asentando cada vez máis, con todas as consecuencias que trae consigo: perda de dereitos laborais, salarios máis baixos, máis contratos temporais, despedimento máis barato, aumento da idade de xubilación e pensións máis baixas, recorte do gasto social, desmantelamento e privatización dos servizos públicos, redución dos impostos aos máis ricos e incremento para os salarios máis baixos, concentración da riqueza e o poder nas mans duns poucos, gobernos ao servizo dos especuladores financeiros (xa antes co PSOE e agora máis co PP, tanto no estado como na Xunta) e, o que é máis grave, unha cifras de paro que están acadando cifras escandalosas, 258.234 en Galiza a final do 2011 e perto dos 20.000 na nosa comarca na actualidade.

Por iso, seguimos adiante con esta campaña e organizamos unha serie de actos, que consistirán na proxección dun documental no que fai unha valoracións das causas da crise e das súas consecuencias e alternativas, seguida dunha charla, e rematando com concentracións nas datas e lugares que figuran no seguinte cadro

CONCELLOS
DÍA
HORA
LUGAR VÍDEO
CONCENTRAC.
Cedeira
9 febreiro
19:30
Auditorio Municipal
Praza de Galiza
San Sadurniño
13 febreiro
19:30
Casa da Cultura
Praza do Concello
Pontedeume
14 febreiro
20:00
Biblioteca Municipal
Praza do Concello
Fene
23 febreiro
19:30
Salón de Plenos
Praza do Concello
As Pontes
28 febreiro
19:45
Aula Casa Dopeso
Praza do Concello
Narón
1 marzo
19:45
Asociación Veciños
Alto Castiñeiro
Praza de Galiza
Ferrol
5 marzo
19:30
Torrente Ballester
Praza do Concello


Pedímosche pois que participes, cando menos, na localidade que che sexa máis próxima e que extendas esta invitación a todas as persoas ás que llla poidas trasladar.


PARTICIPA!!!

CIG DA COMARCA DE FERROL

Unión Comarcal de Ferrol
Contacto
Local:
Rúa Eduardo Pondal, 41/43 entrechán
15403
Ferrol
Número de teléfono:
981358750
Número de fax:
981358760
Correo electrónico:
ferrol@galizacig.net
Xornal Dixital da CIG "Avantar":

http://www.galizacig.com/avantar/

Enviado por:
Confederación Intersindical Galega
-cig-informa@galizacig.com-
8 de fevereiro de 2012 09:50
___________________________

martes, febreiro 07, 2012

A CIG chama á Folga Xeral para finais de marzo de 2012, decisión tomada por aclamación na súa Conferencia Nacional - Vídeo

A conferencia sindical que se celebra en Santiago de Compostela dende esta mañá aprobou por aclamación a mobilización

A Conferencia sindical da CIG de hoxe, 7 de Febreiro de 2012, aprobou por aclamación a convocatoria de FOLGA XERAL para finais de marzo, á espera de consensuar coas forzas sindicais que apoien a convocatoria unha data definitiva. O seu Secretario Xeral, Xesús Seixo, explicou os motivos da mobilización durante unha rolda de prensa.


http://youtu.be/h4s9xDZpGog


Fonte: Canle de Avantar

Xornal dixital da Confereación Intersindical Galega:
Avartar
_____________________

Ciclo de cinema "Ferrolterra Nosa Memoria", os días 1, 8, 15 e 29 de Febreiro

A asociación "Ferrolterra Nosa Memoria" organizou un "Ciclo de cinema memoria histórica" que se está desenvolvendo perante este mes de Febreiro de 2012 en Ferrol, no Centro Cultural Torrente Ballester. Xa se proxectou o pasado 1 de Febreiro, "A cidade da Selva" -2006- de Elena Villares;  mañá 8 de Febreiro, proxectara-se "Cancións para despois dunha guerra" -1971- de Basilio Martín Patino; o día 15 "Maricielo" -2011- e "As Silenciadas" -2010- de Pablo Ces; o día 29 "A Mariñeira" -2006- de Antón Dobao.

Todas as proxeccións terán lugar na Capela do Centro Cultural Torrente Ballester, na Rúa do Hospital en Ferrol, ás 8 da Tarde. Lembrar, os Xoves 8, 15 e 29 de Febreiro.

"Ferrolterra Nosa Memoria" é unha asociación que preside Vicente Couce [*] e que se formou no 2009. Fan parte dela historiadores e xente que participou no barco da memoria e agora queren impulsar actividades como o ciclo de cine, retirada rueiro do Arsenal (presentamos un escrito solicitandoo ó almirante) e teñen en estudio un memorial / escultura / algo que honre a memoria de tódolos represaliados da Comarca.

Contacto: ferrolterranosamemoria@gmail.com

No buscador google.

[*] Vicente Couce Ferreira, ex-crego de Sta. Mariña, ex-concelleiro do Concello de Ferrol, loitador antifranquista e do Frente Sandinista.
____________________________

Convite para a reunión do Proceso de constitución do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo


Este convite é aberto para todas as entidades e persoas a nivel individual que queiran participar no proceso.

PROPOSTA PARA A XUNTANZA
Referencia: Proceso de constitución do Encontro Social de Ferrol Terra e da Rede de Apoio Mutuo

Día: Martes 7 de Febreiro de 2012

Hora: Comezo ás 7 da tarde, finalizará ás 9 da noite.

Lugar: Local da Asociación Veciñal de Esteiro

Asuntos.-

Debater e facer propostas para avanzar nos seguintes campos:

1º Informe e propostas das Comisións constituídas na anterior Asemblea.
  • Exposición da Comisión de Economía Social e Calidade de Vida.
  • Exposición da Comisión de Diagnose e Comunicación.
2º Outras achegas para continuar na construción da idea colectiva de Rede de Apoio Mutuo.

3º Conclusións e nova data de reunión.

||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||

PARA AS PERSOAS QUE AÍNDA NON PARTICIPARON EN NINGUNHA REUNIÓN

Quince asociacións, organizacións e colectivos de Ferrol Terra, e persoas a título individual, estamos participando no proceso de creación do ENCONTRO SOCIAL DE FERROL TERRA, co obxectivo de impulsar a creación dunha REDE DE APOIO MÚTUO.
Dentro dese proceso están funcionando xa, unha Comisión de Economía Social e Calidade de Vida e outra Comisión de Comunicación e Diagnóstico

Animamos a persoas e asociacións que non están participando, a incorporarse ao proxecto. Teremos unha próxima xuntanza nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro, o martes 7 de febreiro, ás sete da tarde.

ENCONTRO SOCIAL DE FERROL TERRA
Conxunto de colectivos, asociacións, organizacións e persoas, unidas para enfrontarse á Estafa chamada Crise e ás políticas neoliberais, mediante propostas, denuncias, demandas e mobilizacións, e construíndo outro modelo social, baseado na complementariedade, solidariedade, reciprocidade e cooperación coa creación e mantemento dunha Rede de Apoio Mutuo. O Encontro Social de Ferrol Terra, reúnense na Asemblea de movementos, organizacións e persoas..

REDE DE APOIO MUTUO
Conxunto de persoas, actividades, accións, ideas, proxectos, recursos, bens... que fan posibles os obxectivos marcados polo Encontro Social de Ferrol Terra, para afrontar de xeito colectivo, os problemas provocados na nosa comarca polas políticas neoliberais e o propio sistema capitalista.

Consello Local
http://forosocialdeferrolterra-consellolocal.blogspot.com/

||||||||||||||||||||||||||||||||


Foro 2011
http://forosocialdeferrolterra.blogspot.com/

||||||||||||||||||||||||||||||||

Informe de diagnose socioeconómica de Ferrol Terra
http://diagnose-ferrolterra.blogspot.com/

|||||||||||||||||||||||||||||||||


Enviado por:
Colectivo A Revolta
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
6 de fevereiro de 2012 21:09
______________________

luns, febreiro 06, 2012

Eu pago, ti pagas quen o leva? - Non hai pan para tanto chourizo - Moi interesante Vídeo Reportaxe

Gran reportaxe onde se analiza a orixe da crise e o negocio que están facendo con ela os seus propios causantes, os cales someteron e dobregado aos Estados e ao poder político, instrumento executivo dos intereses financeiros. Tamén se analizan as perspectivas de futuro e as posibles solucións para acabar con esta situación.

Na reportaxe explícanse cales son as catro fórmulas máis utilizadas entre os cidadáns e grandes empresas para defraudar a Facenda, á mesma vez que se buscan agresivas receitas para reducir o déficit e ninguén se atreve a tocar a estas fortunas.

Entrevístanse a autores de diversas ideoloxías: Alberto Garzón Espiñenta (portavoz de IU no Congreso para Economía e Emprego), Vicente Martínez Pujalte (portavoz do PP na Comisión de Economía), Miguel Sebesatián (ex Ministro socialista), Santiago Pícaro Becerra (economista), Juan Ramón Rallo (ultraliberal) e outros moitos autores.

Como di Juan Torres, hai que producir leis contra estes crimes financeiros que arruinaron a vida de millóns de persoas: é un crime contra a humanidade.


http://youtu.be/p1DRN-XA7TE


Canle: en 29/01/2012


Enviado por:
juantorres@us.es
-juantorres@us.es-
6 de fevereiro de 2012 14:13
http://www.juantorreslopez.com/
____________________________________________________

Porqué as Caixas están en quebra? - Que pasou cos caraduras dos directivos? - Que van facer agora coas caixas públicas? - Por qué vender as caixas aos bancos? - Que consecuencias ten a desaparición das caixas de aforro? - Os abusos da banca e caixas de aforro - Mobilizate este Xoves 9 de Febreiro



POR QUE AS CAIXAS ESTÁN EN QUEBRA?

• Abandonaron a súa histórica dedicación á vivenda de protección oficial para meterse na especulación en bolsa e urbanística.

• Os seus directivos esquecéronse que eran empregados e administradores dos cartos doutros e comportáronse coma propietarios ricos e déspotas; retribucións millonarias, contratos blindados, fondos de pensións milmillonarios, concesión de préstamos privilexiados a familiares, amigos ou a eles mesmos…

• O Banco de España, en lugar de supervisar ás Caixas, como é a súa obriga, dedicouse a outros asuntos que non lle competen, como dar consellos sobre como abaratar o despido.

QUE PASOU COS CARADURAS DOS DIRECTIVOS?

Tras afundir as Caixas nas que estaban depositados a meirande parte dos aforros dos galegos, fóronse tranquilamente para as súas casas con indemnizacións millonarias pagadas por todos nós:

• JOSÉ LUÍS MÉNDEZ:
Exdirector xeral de Caixa Galicia. Recibiu 15.000.000 €, o equivalente a contratar 441 profesores durante un ano.

• JOSÉ LUIS PEGO:
Exdirector xeral de Caixanova. Recibiu 10.800.000 €, o equivalente a contratar 240 médicos durante un ano.

• GREGORIO GORRIARÁN:
Expresidente dos consellos de administración de NCG División Grupo Inmobiliario, S.L. e de Financeira Inmobiliaria Proinova, S.L. Recibiu 7.500.000 €, o equivalente a contratar 220 enfermeiras durante un ano.

• JAVIER G. PAREDES:
Exdirector xeral adxunto de Novacaixagalicia. Recibiría 3.500.000 €, o equivalente ao que cobran 430 pensionistas galegos ao longo dun ano.

QUE VAN FACER AGORA COAS CAIXAS PÚBLICAS?

En tempos de bonanza, os bancos concederon créditos de forma irresponsable e cando se fixo patente que gran parte deses créditos non serían devoltos, estalou a crise; os bancos tiñan falta de liquidez.

Debido a iso, a banca privada quere apropiarse dos aforros depositados nas caixas públicas (máis do 50% do total do sistema financeiro español). Pero como os banco non teñen cartos, non queren pagar moito polas caixas, nin tampouco se queren facer cargo de entidades que non teñan as súas contas saneadas. Aquí intervén papá Estado.

Inicialmente, Novacaixagalicia Banco, valía 1.714 millóns de euros, pero tralo rescate do Estado a través do FROB, os axustes contables e a nova valorización feita polo Banco de España, o seu valor viuse reducido a 181 millóns, un 90% menos do valor inicial.

Así, o Estado pasa a ser o máximo accionista deste banco (xa non é unha caixa). Un Estado que tampouco ten cartos, polo que non tardará en vender cun desconto do 90%, este banco nacido dos aforros galegos e cuxas contas foron saneadas con cartos públicos.

POR QUE VENDER AS CAIXAS AOS BANCOS?

Coa crise, sacáronse a relucir os problemas das caixas, para argumentar que son ineficientes e privatizalas. Isto responde ao dogma neoliberal de que o privado sempre é mellor e máis competitivo que o público.

Pero… se foi a banca privada a que causou coas súas prácticas a crise. É competitiva unha banca privada que ten que ser rescatada periodicamente polos cidadáns? A iso chamádeslle eficiencia?

Por que non se rescatan as caixas para que pasen a formar parte dunha banca pública que conceda crédito aos autónomos e ás pequenas e medianas empresas?

QUE CONSECUENCIAS TEN A DESAPARICIÓN DAS CAIXAS DE AFORRO?

• A destrución de miles de postos de traballo.
• A práctica desaparición da Obra Social.
• Peores condicións para a concesión de pequenos créditos.
• Maior risco para os nosos aforros en crises futuras.

OS ABUSOS DA BANCA E CAIXAS DE AFORRO

- Son insaciables e usureiros
- Comprobe a súa cartilla de aforros
- Descontáronlle 15 euros semestrais por mantemento
- 2 euros mensuais por contas inferiores a 2000 euros
- 0,20 euros a partir do sexto recibo domiciliado

Por manter un diñeiro que é seu co que fan suculentos negocios, en lugar de pagarlle cóbranlle.

En definitiva un roubo sumado a outras prácticas bancarias, co permiso do Banco de España.

Si vos sentides estafados pola actuación dos Bancos e Caixas de Aforro

ACODE Á MOBILIZACIÓN!

XOVES 9 DE FEBREIRO, ÁS 17:30 H. CONCENTRACIÓN
DIANTE A CAIXA DE AFORROS NA RÚA GALIANO DE FERROL

CONVOCA:
PLATAFORMA POLO AFORRO PÚBLICO

MÁIS INFORMACIÓN EN:
- www.aforropublico.wordpress.com
- www.facebook.com/indignateponte
- www.twiter.com/indignateponte
- www.indignatepontevedra.wordpress.com


Folleto completo e para imprimir en:

MOI INTERESANTE FOLLETO INFORMATIVO

Enviado por:
mesas converxencia galicia
-mesasdeconverxenciaferrolterra@gmail.com-
6 de fevereiro de 2012 18:39
__________________

Concentración contra os abusos da banca


Concentración contra os abusos da banca

O XOVES 9 DE FEBREIRO ÁS 17:30 HORAS, DIANTE A CAIXA DE AFORROS NA RÚA GALIANO

NON NOS QUEDEMOS PARADOS CONTRA O EXPOLIO DOS NOSOS INTERESES !

DEFENDAMOS O QUE É NOSO!!

CONVOCA A PLATAFORMA EN DEFENSA DO AFORRO PÚBLICO

Esta acción será coordinada o mesmo día en varias cidades galegas, organizada polos colectivos e membros da Plataforma Polo Aforro Público.

ADXUNTAMOS O DOCUMENTO QUE REPARTIREMOS Á CIDADANÍA :

MOI INTERESANTE FOLLETO INFORMATIVO

Saúde !

No noso blogue:

http://rededeconverxenciasocial.blogspot.com
_____________________

Este Sábado 11 de Febreiro, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, mobiliza-se en Ares, para reclamar a construción do centro de saúde acordado

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, vai demandar este Sábado 11 de Febreiro de 2012, a construción do novo Centro de Saúde que xa estaba acordado facer nesta Área, xunto aos d'A Capela, Cedeira e Narón. A Xunta de Galicia non asignou partidas económicas nos Orzamentos de 2012 para a construción dos novos centros acordados entre as administracións locais e autonómica.

A Plataforma convoca unha Concentración ás 11 da mañá frente ao antigo centro de saúde de Ares, onde ademais de protestar e demandar as infraestruturas acordadas, a Concentración dará cabida á recollida de sinaturas de apoio á PROPOSICIÓN DE LEI, POR INICIATIVA POPULAR, PARA A DEFENSA E A PROMOCIÓN DA SANIDADE E PÚBLICA EN GALIZA, que se van recoller durante os meses de Febreiro, Marzo e Abril de 2012.
  • Porque a saúde é un dereito, non un negocio.
  • Porque a crise non a poden pagar as persoas enfermas.
  • Porque imos defender os servizos públicos e de calidade que merecemos.
Apoia coa túa sinatura a Iniciativa Lexislativa Popular e participa nas mobilizacións da
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol e da plataforma galega 'SOS Sanidade Pública'.

Tedes nas seguintes ligazóns o cartaz -pdf, A3, en negro ou en azul- para publicitar a concentración do vindeiro sábado 11 de Febreiro en Ares:


Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.com
plataformadspferrol@gmail.com

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
6 de fevereiro de 2012 16:08
_______________________________

domingo, febreiro 05, 2012

Anomia e anemia, ... Por Miguel Reimúndez González e Alexandre Carrodeguas

Na loita por salvar da piqueta a Antiga Fábrica de Lapis Hispania non só se discute a pervivencia desta arquitectura racionalista, senón tamén o xeito de facer cidade que queremos os ferroláns e ferrolás. Moitas das cidades europeas que foron importantes focos industriais, sustentaron dende os anos oitenta do pasado século a súa estratexia de recuperación na revitalización do seu patrimonio construído como xerme dunha oferta turística singular e, sobre todo, unha anovada calidade urbana, na que instalar novos veciños e novos empregos. Dentro desta estratexia destacou a revitalización das súas instalacións industriais en desuso para localizar usos públicos, como museos, centros socio-culturais e universidades, que, pola cativa escala do tecido dos seus cascos históricos, non tiñan cabida noutro lugar que nas vellas factorías situadas no seu contorno inmediato. Pero tamén foron moitas as empresas que decidiron potenciar a súa imaxe corporativa aproveitando a singularidade destas arquitecturas e, de paso, utilizar a súa aposta pola recuperación urbana como un argumento comercial máis diante da sociedade. Esta aposta foi clara e coherente. O exercicio das políticas públicas (urbanística, de vivenda, de promoción económica e turística) foi explícito e apoiado maioritariamente por unha sociedade que non admitía contradicións entre unhas e outras, que defendía como modelo comercial o pequeno comercio, como política inmobiliaria a rehabilitación e como modelo de mobilidade a peonil, a bicicleta e o transporte público. En conxunto, foi asumindo, non sen batalla, con naturalidade a defensa da súa identidade urbana como principio de actuación. Ferrol non o fixo e deixou pasa-lo tempo deixando esmorecer o seu ricaz patrimonio herdado, en prol dunha modernidade mal entendida, trasnoitada, por falta de consenso político e social en torno a un proxecto de cidade. Por todo iso a defensa da Fábrica de Lapis cobra aínda máis sentido no actual contexto de crise económica. Non se trata de mantela como está ou derrubala, senón entre derrubala ou aproveitala para mellorar as oportunidades da cidade e do barrio de Ferrol Vello en termos de imaxe urbana, calidade de vida, interese cultural, proxección turística, etc. Dáse, en definitiva, entre o modelo seguido nos últimos 25 anos e o modelo do porvir.

Comisión Cidadá pola Recuperación de Ferrol Vello

[*]Miguel Reimúndez González, arquitecto e Alexandre Carrodeguas da Comisión Cidadá

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
5 de fevereiro de 2012 18:46

__________________

Programa 82 d'O Recuncho en Rádio Filispim, no 93.9 da FM e a través de internet, este Martes 7 de Febreiro


Este Martes 7 de Febreiro de 2012, de 18:30 a 19:30 horas, no 93.9 da FM: "O Recuncho" nº 82, o programa semanal da A. C. Fuco Buxán en Rádio Filispim.

No 93.9 da FM Ràdio FilispiM, ou en internet no Blogue do Colectivo Opaii!  [ou neste mesmo sitio de Ártabra 21].

Cos seguintes contidos:
  • O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: educación para a ciudadanía e a lei do aborto.
  • Os libros recomendados” de Víctor G. Novás.
  • Na “Sección Poética” : Mia Couto
  • No estudo estarán Olga Fra e Miguel Raimúndez, quen nos falarán da fábrica de lapis.

Audición en directo, en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg

Todos os programas en : http://recunchofuco.blogspot.com

Teléfono para participar en directo: 981371040

E-mail: opafuco@gmail.com
--
"O recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán
en Radio FilispiM, 93.9 FM

http://www.recunchofuco.blogspot.com

fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
5 de fevereiro de 2012 12:35
__________________

Enlace co Colectivo Opaii promotor de Rádio Filispim:
http://opaii.blogspot.com/
_______________________________

Emotiva lembranza de Carmelo Teixeiro no IV aniversario do seu pasamento - Vídeos - Fotos

O Domingo 5 de Febreiro de 2012, ás 12 do mediodía, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, lembrou a Carmelo Teixeiro Menéndez no IV Aniversario do seu pasamento.

No acto interviñeron Lupe Ces que recitou un poema da autoría de Olga Novo poetisa da Costa da Morte, Rosa Méndez que recitou un poema de propia autoría, ... o actual Coordenador do Comité Cidadán, Manuel A. Rodríguez Carballeira, o compañeiro "Lalán", fixo unha emotiva lembranza de Carmelo. Pasou-se a realizar unha ofrenda floral onde hai unha placa comenmorativa no medio dos tres simbólicos carballos que lembran ao compañeiro Carmelo. Mentres o compañeiro, maestro gaiteiro, Vitor Agulló interpretaba maxistralmente o "Alalá das Mariñas" seguido do "Caravel Colorado".

O compañeiro Carmelo Teixeiro Menéndez, foi o primeiro Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia. Este Comité convidou a toda a cidadanía comprometida coa xustiza social, coa defensa da Ría ... a participar nunha ofrenda floral na súa lembranza. O acto realizou-se no Parque de Caranza que leva o seu nome.



http://youtu.be/AIQYyi89lnM

http://youtu.be/XX2P0eS3Yp4

http://youtu.be/oJkG_lmaT7Y

http://youtu.be/b2hariDl3_4

http://youtu.be/2UASknmwgdo

http://youtu.be/UrWIXlhqEE0

http://youtu.be/nBpeeWK-h0M


Fonte: Canle Ártabra 21



Fotos de Susete'70

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
__________________________________

Salvar a fábrica de lapís, avanzar cara a Ferrol patrimonio da humanidade, ... Por Xoán Carmona Badía


Por Xoán Carmona Badía [*]
05.02.2012

Perante da mirada non sei se distraída ou resignada das institucións responsables da conservación do noso patrimonio, comezaron xa as obras de demolición da Fábrica de Lápices de Ferrol, probablemente o elemento máis representativo do patrimonio industrial de carácter civil da cidade. Sorprende, cando menos, porque como xa ten reflectido a prensa durante estas últimas semanas e como teñen manifestado o Colexio de Arquitectos, o colectivo de Veciños do Ferrol Vello e moi diversas persoas e colectivos, vaise derrubar un edificio que reúne unha presada de valores estéticos e históricos de primeira magnitude, apreciados non só polos ferroláns senón por todos os que como visitantes, como turistas ou como estudosos da historia e do patrimonio industrial tivemos a ocasión de coñecelo. O patrimonio industrial –que é o conxunto de edificios, maquinaria, tradicións de traballo e demais elementos que configuran os vestixios das actividades de tal caste– é unha parte do patrimonio cultural que nos países avanzados goza da mesma protección que outros elementos deste último. O patrimonio industrial ten un lugar, o mesmo que as obras de arte ou as construcións destinadas ao culto relixioso, nas actividades da Unesco e nos convenios que con esta institución ten asinado España. O Consello de Europa emitiu no seu intre dúas Recomendacións sobre o tema: a 872 (ano 1979) relativa á arqueoloxía industrial, e unha posterior, a nº R (90) 20 relativa á protección e á conservación do patrimonio técnico, industrial e de obras de arte en Europa. A alcumada Carta de Nizhni Tagil do ano 2003, representa unha posición que consensúa a valoración que nun amplísimo número de países recibe hoxendía o patrimonio industrial. Unha das mostras da importancia que as institucións internacionais outorgan ao patrimonio industrial é o feito da súa inclusión nas listas de bens culturais Patrimonio da Humanidade. O primeiro elemento do patrimonio industrial que recibiu esta distinción foi a mina de sal polonesa de Wieliczka, que a obtivo no 1978 e desde aquela ven recibindo miles de visitantes anuais chegando a acadar no ano 2011 nada menos que un millón dezanove mil. Posteriormente outros diversos elementos do patrimonio industrial de diversos lugares acadaron tamén o distintivo, de xeito que na actualidade hai xa corenta.

A importancia da etiqueta Patrimonio da Humanidade non é descoñecida no Ferrol, pois é precisamente unha das arelas da cidade a de conseguila, e a tal obxectivo teñense dedicado non poucos esforzos. O conxunto do Arsenal e das fortificacións da ría posúen unha dimensión, unha singularidade e unha autenticidade que merecen sen ningunha dúbida a devandita distinción, e todos agardamos que mais cedo que tarde a academos. Pero, ¿de que tipo de patrimonio falamos cando falamos desta cuestión? Pois dunhas instalacións industriais extraordinarias e duns elementos igualmente valiosos de protección militar. En definitiva, dun complexo no que a cerna é o patrimonio industrial: un arsenal militar que chegou ser nalgún intre o mais importante de Europa.

Non só por coherencia senón tamén por estratexia á hora de acadar un obxectivo no que a competencia é dura, o entorno histórico do noso futuro Patrimonio da Humanidade ten que ser igualmente coidado. De xeito coherente con este obxectivo –non sei se premeditada ou casualmente– pero coherente en todo caso, foi incoada e aprobada recentemente a declaración do Casco Vello de Ferrol como Ben de Interese Cultural. O que sí que non resulta, xa que logo, coherente e que agora se derrube o máis importante elemento do patrimonio industrial contido dentro do Casco Vello para construír un edificio que vai romper a estética e superar en altura ao que ven substituír. E que ademais se vai colocar xusto a carón do Baluarte de San Xoán, que está incluído na solicitude de declaración de Ferrol Patrimonio da Humanidade.

A Fábrica de Lapis ten en primeiro lugar un enorme valor histórico. Porque representa a matriz de todo un conxunto de industrias civís que se desenvolveron na cidade entre os anos 1940 e 1980; representa o pulo empresarial dunha cidade que trataba de romper co prexuízo de non ser quén de ter empresas propias distintas das públicas; e representa as tradicións de traballo dun espazo fabril no que chegaron a convivir case catrocentos operarios. Pero a singularidade e o interese da Fábrica de Lápices soborda claramente o local, pois foi a única desta especialidade en toda a historia de Galicia, unha das poucas que existiron nunca en territorio español, e un caso de extremo interese de importación de tecnoloxía na España pechada de aqueles anos.

A Fábrica de Lápices ten en segundo lugar un importante valor arquitectónico e estético. Non só pola súa elegancia, singularidade e vontade de estilo, rara nas fachadas dos establecementos industriais galegos, senón tamén pola súa probable autoría. Aínda que non está completamente demostrado que o seu proxecto fora obra de Rodolfo Ucha, a combinación na súa fachada de elementos art-decó e propiamente racionalistas así coma unha mán de testimuñas persoais inducen a pensar que foi o grande arquitecto ferrolán o autor do traballo.

E a Fábrica de Lápices ten un enorme valor como elemento do propio Casco Vello ferrolán. Na arquitectura e na memoria popular. E ten, ademais, o valor do contraste, é a outra fábrica histórica que queda no Ferrol. Unha fábrica con un triple valor, situada a poucos metros do futuro Patrimonio da Humanidade. Unha boa actuación na antiga Hispania sería unha boa carta de presentación sobre a capacidade da cidade de mirar polo seu patrimonio industrial. O fundamentalismo é un dos principais enemigos dunha política urbana practicable e sensata. Quizás non sexa preciso conservar toda a finca da Fábrica de Lapis. Mesmo semella que unha parte está nunha situación de difícil reversibilidade. Pero non é este o caso da fachada principal e do edificio de oficinas, que en realidade representan unha parte pequena do total. Nin tampouco da cheminea. Existen instancias que poden forzar a paralización cautelar do derrubamento e existen instancias que poden negociar a conservación das partes “máis nobles” da Fábrica de Lápices con destino a dotacións culturais ou doutro tipo, sen que se vulnere a normativa urbanística en vigor nin os dereitos adquiridos pola propiedade. Pero compre que actúen con urxencia. ¿Pensa alguén que derrubar un importante elemento do noso patrimonio industrial é unha boa forma de gañar posicións para conseguir que outros elementos do mesmo acaden a consideración de Patrimonio da Humanidade?

[*] Xoán Carmona Badía, é catedrático de Historia e Institucións Económicas da USC e vocal do Comité Internacional para a Conservación do Patrimonio Industrial (TICCIH-España)

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
5 de fevereiro de 2012 13:48
____________________

sábado, febreiro 04, 2012

Quen son ? ... Onde están os poderes económicos que dominan o mundo ? - Moi interesantes Infografias

Quen son o 1% da poboación mundial? Que compañías manexan? Como eluden as súas responsabilidades? Estes ilustrativos infográficos do TNI poñen de manifesto os custos sociais e medioambientales do poder corporativo mundial.

As crise económica, social e ecolóxica ás que se enfronta a humanidade non son ningún accidente, senón que son consecuencia das políticas seguidas por unha pequena elite corporativa que se dedicou a secuestrar de forma sistemática as normas económicas e políticas en todo o mundo.

Esta elite mundial –coñecida tamén como a clase de Davos– reúnese todos os anos, a última semana de xaneiro, na estación de esquí suiza para reafirmar a súa fe na ortodoxia das políticas económica procorporativas. E seguen facéndoo unha e outra vez, aínda que os custos que iso comporta póñanse especialmente de manifesto con crise de débeda que non teñen solución, o desemprego e a desigualdade crecentes, e unha crise ecolóxica cada vez máis acuciante.

O TNI, no marco do seu novo proxecto sobre poder corporativo, publicará ao longo de 2012 unha serie de infográficos que poñen ao descuberto a realidade do poder corporativo e a necesidade dar un drástico xiro de timón. Animámosvos a descargar e compartir estes infográficos, e a non perdervos os que iremos publicando nos próximos meses.

Os poderes económicos que dominan o mundo:
  • Para ver o que gaña o 0,001% máis rico do planeta e o que se podería facer co diñeiro que gaña aquí
  • Para ver quen son as persoas máis ricas do mundo e como fixeron as súas fortunas pinchar aquí
  • Para ver quen son os arquitectos do capitalismo neoliberal pinchar aquí
  • Para ver cales son as corporacións máis grandes do mundo e a súa comparación cos estados pinchar aquí

Fonte: Estado do poder corporativo 21012, do Transnational Institute.

Enviado por:
Juan Torres López
-juantorres@us.es-
4 de fevereiro de 2012 14:08
__________________

Déficit Social, ..... Por José María Villot

Por José María Villot [*]
04.02.2012

Dinnos os xornais que 400.000 galegas  e galegos vivenn por baixo do limiar da pobreza desde 2010.

O prezo das escolas infantís subirá un 19% o próximo curso e, unha vez preparadas para a ocasión, privatizaranse, por orde de Feijoo para ser máis eficientes. Abro paréntese (sería máis eficaz un goberno privado?) e sigo coas malas noticias; colexios profesionais e sindicatos médicos alertan de novos recortes na sanidade.

Todo isto aquí, no reino de Galicia, onde xa pasou moito tempo para botarlle a culpa a Touriño, Zapatero ou Felipe González…

Aquí onde –desde Alfonso X o Sabio– sempre mandou a dereita (Franco, Aznar, Fraga, Feijóo, Albor) salvo paréntesis moi concretos (tripartito e bipartito), polo que por moito ruído que fagan as gaitas o persoal non está para bromas nin “farrapos de gaitas

Déficit social en sectores sensibles como a educación, a sanidade. Recortes en investimentos sociais e nos chamados gastos “correntes” que marcan o día a día dos cidadáns e cidadás. Sobe o prezo do bus (iso si contense o dos coches de alta gama) e baixan os soldos, conxelando as pensións e aos funcionarios…

E agora mentres a política “marianista” condena por terra mar e aire o déficit económico (déficit, caca nene, que vén o coco) e anuncia penas a quen se pasen –o outro día, sábado, estivo o Presidente rodeado de “deficitarios” como Fabra, Rita Barberá, etc., e non acabou ninguén no trullo– o persoal na rúa fala doutro déficit que padece directamente e que ninguén parece disposto a castigar: o déficit social que nos sitúa á cola de Europa…

Dicíao o outro día un tertuliano na radio cantos xubilados ingleses, daneses, alemáns, ten o seu retiro de ouro en España e cantos dos nosos poden pasar longas tempadas noutros países da comunidade europea ou vivir alí, xubilados, tan ricamente como fan outros…?

Claro que para rebaixar o déficit social hai que gastar diñeiro no ensino, médicos, escolas infantís, comedores sociais, centros da terceira idade … o que, sumado, ou de forma individual segundo cada caso, significa unha vida digna … é o resultado do Estado de benestar. Ese que, segundo Mariano, teremos si podemos…

E eles, tome nota cidadán, eles non poden, non queren?, non saben. Están ao seu. A compracer a Merkel e Sarko…

Canto tempo resistiremos…?


Publicados no xornal comarcal Diario de Ferrol, baixo  a sección "Balcon do Pobo"


[*] José María Villot y Villot, xornalista e escritor, foi Director do Centro Territorial de Televisión Española en Galicia entre o 1 de xaneiro de 1988 e o 30 de Abril de 1989. Director das Xornadas de Análise con motivo do 50 aniversario da TVE e o 20 aniversario da TVG celebradas n'A Coruña en Outubro de 2006.
_________________

Relatorio contra o expolio das caixas de aforro, feito polo Grupo de Traballo de Economia Sol - Carlos Sánchez Mato - Vídeo

Interesantes vídeos que nos envían desde a #Acampadasol. Son dúas das sesións realizadas nun dos foros de Sol organizados polo grupo de traballo de economía, o pasado 28 de Xaneiro de 2012 en Madrid. Un é sobre a lectura dun manifesto por unha banca pública e outro é dun relatorio sobre o expolio das caixas de aforros, exposta por Carlos Sánchez Mato. Aínda non publicaron o relatorio de Daniel Vila, no momento no que o envíen publicarémolo.

Salvar aos bancos custou máis de dous billóns de euros en axudas directas e tres billóns inxectados polos bancos centrais mundiais.

No conxunto deo estado 128.561 millóns de euros.

A primeira medida deste goberno foi conceder 100.000 millóns en avais aos bancos.

Para iso si hai diñeiro. E agora, nun escandaloso expolio, regálanlles as Caixas de Aforro.

Por iso, o sábado 28 de xaneiro, o Grupo de Traballo de Economía-Sol organizou na Porta do Sol un foro de debate co seguinte tema:

"Contra o expolio das Caixas de Aforro. Por unha banca pública".

Lectura do Manifesto por unha banca pública


http://youtu.be/FLLJek5HAg4


Expolio caixas de aforro. Foro economia: C. Sánchez Mato


http://youtu.be/lkBCTkx1OOY


Expolio caixas de aforro. Foro economia: C. Sánchez Mato. 28 Xaneiro

Canale Audiovisol

Madrid, 28 de Xaneiro de 2012
________________________

venres, febreiro 03, 2012

Déjà vu, ... Por Lupe Ces

Por Lupe Ces
03.02.2012

Quando existe a sensaçom de que umha situaçom já foi vivida, chama-se “déjà vu”, “o já vivido”. Trata-se dum fenômeno experimentado por mais do 70% da povoaçom nalgum momento da sua vida, e que agora se explica como um falho no sistema que regula a nossa memória.

Déjà vu, é o que me provocou o Ministro Wert estes dias. Déjà vu o juízo a Baltasar Garzom. Déjà vu as declaraçons do Ministro Gallardón. Déjà vu as intençons da Ministra de Sanidade. Déjà vu a celebraçom da figura de Fraga...

Memória, experiencia vivida... que se misturam estes dias provocando umha irritante e persistente náusea que busca, sem sucesso, algo físico que represente o mal, onde lançar a ágria queimaçom que deixam as injustiças.

O déjà vu provoca em muitos casos sensaçons que quedam gravadas na vida das pessoas, permanecendo na suas consciências ao longo dos anos. Ficaram logo aí as imagens da entronizaçom aos altares da figura de Fraga, cuja memoria ajudarom estes dias a perpetuar, mans que nunca deveriam alçar-se ao chamado do seu nome. Ficaram as cabeças barbeadas e o azeite de ricino que Ana Mato projecta aplicar-nos cada vez que nom queiramos emprenhar. Ficaram as letras gravadas coa navalhinha de Ruiz Gallardón na nossa fronte de “assassinas”, por querer ter direitos. Ficaram as vozes acaladas pola justiça injusta, do mundo ao revés.

E, finalmente, essas vozes recorrentes na minha cabeça, essas vozes que desde as palavras do Ministro Wert sobre Educaçom para a Cidadania, ressoam co eco do adoutrinamento da ditadura que ninguém venceu. Umhas vozes, a minha entre elas, cum jogo de mans na rúa, passando as longas tardes da infância em escala de grises que nos fixérom padecer:

"El verdugo Sancho Panza,
ha matado a su mujer,
porque no le da dinero
para irse para irse al café.
En Madrid hay una casa,
en la casa una pared,
en la pared una vía,
por la vía por la vía
pasa el tren.
En el tren va una señora,
que lleva un lorito blanco,
y el lorito va diciendo
Viva Franco!
Viva Franco!
Y su mujer."

Fonte: Caranza free opiniom
_______

O que nos agarda: "A Sanidade madrileña suscita límites á asistencia a crónicos"


A Sanidade madrileña suscita límites á asistencia a crónicos

"Ten sentido que un enfermo crónico viva gratis do sistema?", pregúntase a viceconselleira de Asistencia Sanitaria da comunidade

PÚBLICO MADRID 03/02/2012 07:01 Actualizado: 03/02/2012 10:30

"Ten sentido que un enfermo crónico viva gratis do sistema?". A pregunta fíxolla nun acto público a mediados de xaneiro Patricia Flores, viceconsejera de Asistencia Sanitaria da Comunidade de Madrid, que considerou na mesma intervención que hai que pensar que "o sanitario ten un fin".

Tamén advertiu de que "non podemos comer toda a torta dun bocado ou nos empacharemos", en referencia á necesidade de estratificar correctamente aos pacientes segundo a súa condición clínica. Así mesmo, criticou que actualmente, "cando un paciente necesita atención domiciliaria ou institucional, o sistema debe incorporarse ao seu ritmo de vida; non é o usuario o que debe incorporarse ao sistema".

Fontes da Consellería de Sanidade indicaron onte a Público que o que a viceconselleira quería dicir en realidade coas súas palabras é que hai pacientes crónicos que, polo seu estado, poden ser mellor atendidos nunha residencia que nun hospital de agudos.

De feito, na intervención da viceconselleira, que foi recollida o 23 de xaneiro polo Diario Médico, Flores considerou que "hai moitos recursos públicos solapados na atención a crónicos" e que os departamentos de Sanidade e Servizos Sociais "teñen que traballar xuntos". "Nos últimos anos centrámonos en dotar infraestructuras, algo que xa acabou, en parte porque a crise obriga a iso; agora debemos pensar non no que, senón en como traballar", engadiu.

Fonte: Público

Nota de interese:
No sitio orixinal da noticia, no xornal estatal Público, poden-se consultar até o de agora sobre uns 378 comentarios. A maioría moi interesantes e esclarecedores. Recomendamos entrar no no citado xornal.
______________________________

xoves, febreiro 02, 2012

Ofertas de Emprego de Febreiro de 2012 enviadas pola Asociación de Economía Social "Briante"

Emprego Febreiro 2011

A Sección emprego da AES Briante, envia unha nova remesa de ofertas de emprego correspondente ao mes de Febreiro:

Ofertas de Emprego Febreiro 2012

A Asociación de Economía Social "Briante" é unha asociación sen ánimo de lucro que fomenta a imnovación social dende unha metodoloxía solidaria, participativa e cooperativa.
Entre os seus obxectivos está o fortalecemento das redes sociais, a integración social e laboral de rapaces e outros colectivos con dificultades de inserción. Así como participar e apoiar ás entidades de desenvolvemento local e outras formas de organización económica democrática.

Web da AES Briante (Asociación de Economía Social):
http://www.briante.org/

Enviado por:
AES briante
-aesbriante@mundo-r.com-
2 de fevereiro de 2012 22:11

________________

Unha nova acción de protesta e denuncia do Comité Cidadán, tivo lugar en Ferrol, desta vez diante da entra na Ría do "LNG Oyo" , cargado con ducias de miles de toneladas de gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa


Unha vez máis o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, contestou na rúa a ameaza que supón a entrada de gaseiros na Ría de Ferrol que veñen aumentar exponencialmente o perigo que xa de por si representa a Planta de Gas de Reganosa localizada en Mugardos. Coa entrada do "LNG Oyo", buque de grande porte con máis de 50.000 TM de gas natural licuado, xa soman 111 os buques que descargaron no peirao de Punta Promontorio.

Carmelo a Loita Continua !
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Fotos de Susete'70
_______________________

Valoración dos tres anos de xestión do saínte Xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Luís Verde Remeseiro - Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, diante do cese do Xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Luís Verde Remeseiro, e parte do seu equipo directivo queremos facer unha valoración dos tres anos da súa xestión.

Consideramos que o Sr. Verde Remeseiro non foi un bo xerente para a Sanidade Pública en Ferrol, limitouse a desenvolver os proxectos comprometidos do anterior equipo e a ser un Xerente submiso e obediente o que seguramente lle asegurou o premio de ir destinado a unha Área moito máis grande, a de Santiago, e que leva asociado unha retribución moito máis alta.

O seu balance é negativo e foron tres anos perdidos, para mellorar a calidade asistencial, de xestión e de recursos humanos desta Área Sanitaria.
  • Permitiu que o Hospital Naval quedase sen o investimento dos 63 millóns de euros comprometidos para a súa mellora e posta ó día en tres anos.
  • Permitiu que a Área de Ferrol quedase fóra do Plan de Alta Tecnoloxía do Servizo Galego de Saúde.
  • Baleirou de contido asistencial o Hospital Novoa Santos.
  • Incrementou a derivación de doentes a Centros Concertados e nunca esixiu o cumprimento da Lei de Incompatibilidades.
  • Pechou, desde o mes de xuño, máis camas hospitalarias outras veces e mesmo servizos como unha das plantas de Pediatría que non se pecharan nunca.
  • Consentiu que o Plano Funcional do Complexo cada ano se fose rebaixando na súa contía , pasando a 600.000 euros no 2011 e a 68.000 euros no 2012, quedando por debaixo de Áreas Sanitarias con moita menos poboación.
  • Non foi quen de que se retomase a construción do Centro de Saúde das Somozas, nin de comezar as obras comprometidas no Centro de Saúde de Serantes.
  • Calou diante da non asignación económica nos Orzamentos da Xunta para a construción dos novos Centros de Saúde da Capela, Ares, Cedeira e Narón.
  • No seu mandato foron privatizados o Servizo de Mantemento do Hospital Naval e subministros (almacén) da área sanitaria.
  • Seguen, en varias especialidades, longas listas de espera, que mesmo se viron incrementadas como uroloxía, traumatoloxía é un importante aumento de usuarios derivados a centros concertados de Ferrol e doutras áreas sanitarias.
No apartado de persoal:
  • Non deu cobertura nas baixas, permisos, vacacións, sobrecargando ao persoal con máis traballo do que lles correspondía e indo en detrimento da calidade da asistencia.
  • No verán non se contrataban médicos/as e enfermeiros/as de desprazados nos Centros de Saúde onde se facía.
  • Volveuse aos contratos de luns a venres.
  • Volveuse aos contratos de media xornada.
  • Negábase, de maneira sistemática, dereitos dos/as traballadores/as é incumprindo a súa promesa de poñer en funcionamento unha gardería pública, para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar.
En resumo tres anos de retroceso na calidade asistencial na área sanitaria de Ferrol.

Desde a Plataforma queremos denunciar tamén o continuo cambio de Xerentes na Área Sanitaria o que fai difícil planificar un traballo a medio prazo.

Agardamos que o novo xerente da Área Sanitaria, Angel Facio Villanueva, non siga as directrices do anterior e sexa un defensor dos intereses da Sanidade Pública, non sexa submiso coa Consellería de Sanidade e pelexe por que a Área Sanitaria de Ferrol non sufra a discriminación á que estivo sometida estes últimos tres anos.

Ferrol, a 1 de febreiro de 2012.

Asdo./ Xosé Miguel López e Lois Méndez, portavoces da Pdspf

plataformadspferrol@gmail.com

http://plataformadspferrol.blogspot.com/

http://www.sos-sanidadepublica.org/
______________________

mércores, febreiro 01, 2012

Este Domingo 5 de Febreiro, homenaxe a Carmelo Teixeiro no IV aniversario do seu pasamento


Carmelo un compromiso cos demais, un compromiso coa xustiza, un compromiso coa liberdade, ...

Este Domingo 5 de Febreiro, ás 12 do mediodía, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, homenaxeará a Carmelo Teixeiro Menéndez no IV Aniversario do seu pasamento.

O compañeiro Carmelo Teixeiro Menéndez, foi o primeiro Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia. Este Comité convida a toda a cidadanía comprometida coa xustiza social, coa defensa da Ría ... a participar nunha ofrenda floral na súa lembranza. O acto realizara-se no Parque de Caranza que leva o seu nome, próximo á Ermida de Caranza, na súa ribeira.


http://youtu.be/QV0Y38pvpkA


--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Información baseada na enviada por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
1 de fevereiro de 2012 20:51

Comeza a súa andaina o xornal dixital "Praza Pública"

Hoxe ás 12 do mediodía comeza a súa andaina na rede "Praza Pública", o xornal da Galiza que ven. Desde Ártabra 21 desexamos o mellor para a xente que traballa nese proxecto xornalístico e de comunicación. Desexamos moita sorte na nova andaina. Desde o noso sitio na rede, só dicir que poden contar con nós como parceiros do xornal. Parabéns a Galiza, parabéns ao Galego, ... parabéns ao Pobo Galego.

http://praza.com/

______________________

Os traballadores do naval da ría de Ferrol retoman as mobilizacións para pedir carga de traballo ocupando a Casa do Concello


Os traballadores e as traballadoras do naval da ría de Ferrol retomaron esta mañá o calendario de mobilizacións en demanda dunha solución urxente á crise que padece o sector por mor da falta de carga de traballo, ocupando a Casa do Concello, de onde foron desaloxados pola policía local, que non dubidou en utilizar gas pementa para reprimir a protesta laboral. O persoal continuará co calendario de mobilizacións o próximo martes cunha marcha a pé até durante tres días que os levará até as portas de Delegación do Goberno na Coruña.

Miles de operarios/as dos estaleiros da ría de Ferrol retomaron este martes o calendario de mobilizacións en demanda de carga de traballo e a construción do dique flotante cunha multitudinaria manifestación que percorreu as rúas da cidade dende o Esteiro até a Praza de Armas. Alí, os Comités de ambos estaleiros e das empresas auxiliares mantiñan un nova xuntanza co alcalde de Ferrol para trasladarlle as súas demandas e urxir medidas que rematen coa profunda crise que vive o sector naval por mor da falta de carga de traballo.

Unha vez chegados/as á Praza de Armas, ao berro de “queremos traballar e non emigrar” ou “ese dique onde está?”, os/as manifestantes irromperon no interior da Casa do Concello para amosar o seu descontento polo abandono no que as administracións galega e estatal teñen deixado a un sector do que dependen 17.000 empregos na comarca. Ás portas do salón da alcaldía producíronse momentos de tensión entre os manifestantes e a policía, que non dubidou en recorrer ao uso de gas pementa para reprimir a protesta e expulsar aos traballadores/as fóra do edificio municipal.

Accións urxentes

A acción de protesta coincidiu cunha reunión entre o Comité dos estaleiros de Fene e Ferrol e o alcalde da cidade, quen, unha vez máis, reiterou a súa dispoñibilidade aos traballadores/as e a predisposición do goberno de Madrid a atender as demandas do naval, pero pediu tempo para que novo executivo “se asente”. A este respecto, Manel Grandal, voceiro da CIG de Ferrol e membro da Sección Sindical de Navantia, subliñou que o sector non precisa máis de boas palabras nin promesas, senón que é tempo de tomar medidas urxentes, e que agora con gobernos “amigos” na Xunta e Madrid xa non hai escusas para adiar a asignación de partidas orzamentarias que permitan a construción do dique flotante, entre outras accións.

A este respecto, dende a CIG de Ferrol, lembraron que nos próximos meses se fará entrega da última fragata e do buque australiano, polo que a actividade do cadro de persoal da empresa principal quedará moi reducida, coas conseguintes consecuencias para o emprego nas industrias auxiliares. Segundo os cálculos da Sección Sindical da CIG nos estaleiros públicos tan só no primeiro semestre deste 2012 poderían destruírse máis de 1.000 empregos no sector.


O persoal continuará as mobilizacións o martes 7 de febreiro cunha marcha a pé até a Delegación do Goberno na Coruña

Marcha a pé á Coruña

Os traballadores/as de Navantia e das industrias auxiliares continuarán a vindeira semana co calendario de mobilizacións cunha marcha a pé que os levará dende Ferrol até as portas da Delegación do Goberno en Galiza, situada na Coruña. Un grupo de traballadores/as partirá de Ferrol e Fene á primeira hora do martes 7 de febreiro e ten previsto chegar ás aforas da cidade herculina o xoves 9. Alí reuniranse co resto dos traballadores e traballadoras para marchar xuntos e levar as súas demandas até o edificio da Delegación do Goberno.

Fonte: Avantar

Detalle dunha foto de José Pardo

A noticia noutros medios locais:
Os traballadores dos estaleiros plasman a súa crispación na volta ás mobilizacións.
-reportaXe de M.Mayoral-
Diario de Ferrol
O naval de Ferrol clama por traballo e provoca incidentes no concello
A policía disuadiu con gases aos obreiros que intentaron entrar pola forza na alcaldía
-Por Beatriz Couce- | - Vídeo de Manuel Aroyo- | -Álbum fotográfico de José Pardo-
La Voz de Galicia
_________________________

Loita contra os desafiuzamentos: A vergoña, agora si - Vídeo - Enlaces

A banca recorre ás poxas notariais para recuperar pisos, até por só un euro, de familias que non poden pagalos. Alba Rodríguez -La Vanguardia 26.01.2012.

A vergoña, agora si

Quero pedirvos un favor: Quixera que vísedes este vídeo e si estades de acordo coas nosas peticións, que fagades a máxima difusión. Hoxe saíu nos medios, mañá sairá en máis, pero canto máis se fale, canto máis se saiba, antes conseguiremos que se cambie a lei.

Mañá podes ser ti quen se quede sen traballo.

Mañá podes ser ti quen non poida pagar a hipoteca.

Hoxe puideron, mañá non poderán.

Moitas grazas.

Eva




http://www.lavanguardia.com/vida/20120126/54245919360/la-echa-de-casa-un-notario.html


Interesante debate nos comentarios da noticia:
http://www.lavanguardia.com/vida/20120126/54245919360/la-echa-de-casa-un-notario.html

Interesante Blogue sobre a banca e o sistema financeiro non o perdades:
http://ataquealpoder.wordpress.com/


Enlace de interese en Ferrol Terra:
Rede de Converxencia Social "Praza Pública"
- Mesas de Converxencia e Acción-

Para contactar:

mesasdeconverxenciaferrolterra@gmail.com

http://rededeconverxenciasocial.blogspot.com/

Información baseada na enviada por:
fernando leston baltar
-fleston2907@gmail.com-
1 de fevereiro de 2012 01:39
Pema Ramon
-pema.ramon@gmail.com-
1 de febrero de 2012 00:12
_______________________