martes, maio 08, 2012

12 de Maio en Ferrol Terra - #PrimaveraGlobal - #12M - #15M - Vídeo

12M-15M #PRIMAVERAGLOBAL EN FERROLTERRA

O vindeiro 12 de maio, a cidadanía sairá á rúa para reclamar un sistema xusto onde todas e todos poidamos ser parte da toma de decisións políticas, económicas e sociais. Baixo a escusa da crise, a pouca soberanía que tiñamos, estase a ver sacrificada en aras do poder económico. O 12M nos mobilizamos polos dereitos e liberdades, contra o recortes, e porque nós non creamos a crise e non pensamos seguir pagando-a. Non nos vamos resignar! E por todo isto, reclamamos:
  • Democracia directa, participativa e asemblearia. Que os nosos dereitos vaian a máis, nunca a menos.
  • Nin un euro público máis para a banca. Auditoría cidadá da débeda pública.
  • Educación, sanidade e servizos sociais públicos, gratuítos de calidade e laicos. Non aos recortes no gasto público e á privatización destes servizos.
  • Reparto do traballo, salario digno e retirada da reformas laborais.
  • Dereito á vivenda digna, dación en pago retroactiva, parque público de vivendas en alugueiro social.
  • Reforma fiscal que redistribúa a riqueza que producimos entre todas. Que as necesidades básicas estean garantidas de xeito universal.
Estas son só parte das nosas esixencias, e este 12M, CONVIDAMOS-VOS A PARTICIPAR coas vosas, na PRAZA DE ARMAS EN FERROL, nunha XORNADA GLOBAL de xustiza social, onde todos os colectivos e persoas esteamos xuntas na rúa.

12M FEIRA DE COLECTIVOS E ALTERNATIVAS

Trata-se dunha xornada na que dende las 12:00h. e ata a hora que queiramos, cun xantar popular polo medio de 14:00h. ás 16:00h, dedicaremos-nos a mostrarlle a todos aqueles que aínda o descoñecen, as alternativas que temos ao fracasado sistema no que vivimos, e consistirá nunha serie de POSTOS INFORMATIVOS MONTADOS POLOS DISTINTOS COLECTIVOS ou a nosa colaboración, e especializados cada un nun tema, que informarán das distintas maneiras, xa existentes, para participar na construción dunha sociedade xusta e solidaria. Tratase de atraer a atención da xente nos tema das mesas e crear grupos de debate temáticos, tratando de implicar á xente activamente, traballar as accións concretas e proporcionar os recursos para levalas adiante.

12M MOBILIZACIÓN GLOBAL

Ás 18.00h., comezará a MOBILIZACIÓN GLOBAL (www.may12.net) na Praza de Armas, e no remate da mesma, haberá unha asemblea a micro aberto. Anunciarán-se as asembleas temáticas situadas nas mesas e explicará-se a problemática e as alternativas que se presentan.

Algúns dos temas propostos para participar en toda a xornada xiran entorno a: desemprego, educación, sanidade, inmigración, feminismo, medio ambiente, sustentabilidade, medios de comunicación e software libre, desenvolvemento da cultura e lingua galega, economía e política, agricultura e soberanía alimentaria, participación cidadá, e outros temas e accións dos moitos que todos vós, estades a levar adiante e seguro que queredes formular.

Proporemos a realización de actividades como teatro social, pasa-rúas, música en vivo ou monólogos e se queredes sumar-vos, convidaremos-vos dende a asemblea a continuar cunha agradable velada na praza.

Facemos un chamamento xeral a tódolos colectivos interesados en participar e agradeceriamos que acheguedes unha confirmación COAS VOSAS POSIBILIDADES OU DESEXOS DE PARTICIPACIÓN ata o martes da próxima semana, sen pechar que vos acheguedes alí mesmo, no 12M, en calquera momento do dia.

MESAS REDONDAS 13M, 14M E 15M.

Tamén vos animamos a participar nas mesas redondas que temos organizado para os dias 13, 14 e 15  de maio ás 18 horas na Praza de Armas nas que se tratarán os seguintes temas:

13M “Recortes dos dereitos laborais e civis, e democracia participativa”

14M “Recortes sociais, sanidade, educación, feminismo, emigración.”

15M “Sustentabilidade e alternativas ao desenrolo”

Sae á rúa, faite oír. Xunt@s podemos!


Web internacional
:
http://www.may12.net/

Toma a Rúa Ferrol:
http://tomaarua.blogspot.com/
http://www.facebook.com/groups/tomalacalleferrol/
https://n-1.cc/pg/profile/acampadaferrol

Para contactar en Ferrol:
acampadaferrol@gmail.com

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
8 de maio de 2012 00:09

http://lupeces.blogspot.com/
Acampada Ferrol
-acampadaferrol@gmail.com-

CONVITE PARA A MOBILIZACIÓN GLOBAL #12M-15M EN FERROLTERRA
_____________________

Comunicado de "La Casa Real" - Vídeo - Un pouco de humor non ven mal


A Familia Real comunica o cese definitivo da súa actividade armada.



http://www.eitb.com/es/videos/detalle/873184/video-humor--al-rescate-comunicado-familia-real/
_____________

luns, maio 07, 2012

#queremosAbellas - Plataforma contra as Fumigacións: Por un futuro sen pesticida



Os eucaliptos de Galiza están afectados pola praga dun insecto chamado Gorgojo do Eucalipto. A Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón (presidida polo Conselleiro delegado de ENCE), coa colaboración da Asociación Forestal de Galicia, a autorización da Xunta de Galicia e algúns concellos, puxeron en marcha un plan para fumigalos masivamente cun tóxico insecticida cuxa venda estará prohibida en toda a Unión Europea en menos de 4 meses.

Este agresivo produto prexudica o medio ambiente e afecta en especial ás larvas das abellas, poñendo en serio perigo a súa supervivencia. De feito estas fumigacións poderían supoñer a extinción case total das abellas galegas, xa en perigo de desaparición entre outros motivos polo continuo uso de pesticidas neurotóxicos.


http://youtu.be/t9QAZLHdtv4


Cascade (Flufenoxuron) é un biocida altamente tóxico e bioacumulativo para fauna de auga doce e para gran cantidade de artrópodos; resulta letal para as larvas das abellas. A Comisión Europea vén de prohibir a súa comercialización, efectiva desde o 1 de agosto de 2012. A Xunta de Galicia, por medio da Subdirección Xeral de Montes e do Servizo de Sanidade Vexetal, autorizou para esta primavera a fumigación das plantacións de eucaliptos da rexión co devandito Cascade para combater a praga do Gonipterus scutellatus. A "Plataforma contra as fumigacións, por un futuro sen pesticidas" está levando adiante iniciativas para paralizar o emprego deste agrotóxico, denunciando os feitos perante a Fiscalía de Medio Ambiente.

pepedecelanova


Enlaces de referencia:
Plataforma contra las fumigaciones, por un futuro sin pesticidas: http://fumigacionsNON.org/

Comunicado del Concello de Melide promoviendo la fumigación: http://www.concellodemelide.org/actualidade/nova.php?id=839&lg=gal

Comunicado con la posición de la Asociación Galega de Apicultura: http://www.apiculturagalega.org/modules.php?name=News&file=article&sid=277

Sobre la prohibición del insecticida que se pretende utilizar:
http://eur-lex.europa.eu/LexUriServ/LexUriServ.do?uri=OJ:L:2011:246:0013:0015:ES:PDF
http://www.portalreach.info/noticias/el-comite-de-evaluacion-de-riesgos-cer-adopta-diez-dictamenes-cientificos/

Ficha técnica del insecticida Flufenoxurón (Cascade): http://www.magrama.gob.es/agricultura/pags/fitos/registro/productos/pdf/19337.pdf

Fonte: http://actuable.es/peticiones/salvemos-abejas-galicia-salvemos-nuestro-futuro

Apoia as campañas en:

Actuable e Twitter.


Información baseada na enviada por:
antonio Mesejo Cerdido
-tonomesejo@hotmail.com-
7 de maio de 2012 10:15

____________

domingo, maio 06, 2012

'Inside Job' de Charles Ferguson - Os responsábeis da Crise que condena a millóns de persoas á pobreza e á miseria - Vídeo doblado ao español

O documentario revela verdades incomodas da crise económica mundial de 2008. A Crise Xeral, cuxo custo é estimado en 20 trillóns de dolares USAmericanos, resultou na perda do emprego e moradia para millóns de persoas. Con pesquisa e entrevistas, o filme revela as corrosivas relacións de políticos, axentes reguladores e da Academia.

Título: Inside Job | Direción: Charles Ferguson | Ano de Lanzamento: 2010 | País: EUA | Duración: 109 min. Xénero: Documentario


http://vimeo.com/25690887


Enviado por:
Elena Casal Mera
elenacasalmera@gmail.com
6 de maio de 2012 21:18

DOCUMENTAL "INSIDE JOB" DE CHARLES FERGUSON, RETRATA A XESTACION DA CRISIS DO CAPITALISMO EN 2008, E AS IMPLICACIONS POLITICAS E FINANCIEIRAS.E BRUTAL E CABREANTE. __________________

Carlos Taibo "Falando do 15M" - Vídeos


O pasado 13 de Abril de 2012, o profesor Carlos Taibo, participou nunha conferencia na Universidade de Malaga, sobre o movimento 15M. A Asemblea de Indignad@s de Malaga, presenta no seu canle os vídeos da citada conferencia. Un interesante documento que paga a pena escoitar. É un acto longo de case dúas horas, mais polo seu interese e actualidade, consideramos importante a súa publicación e difusión.

Charla-debate de Carlos Taibo na Facultade de Psicologia de Malaga o 13 de Abril 2012 (Primeira parte)

http://youtu.be/PrrE8IScOyc

Charla-debate de Carlos Taibo na Facultade de Psicologia de Malaga o 13 de Abril 2012 (Segunda parte)

http://youtu.be/gthM6N0GoZA


Fonte: http://www.youtube.com/user/asambleasmalaga

[*] Carlos Taibo Arias -Madrid 1956, é profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid, escritor e activista social, partidario activo do movimento polo "Decrecimento". Forma parte do Consello Editorial de "Sin Permiso" e "Altermundo". É experto en relacións internacionais, divulgador da idea e práctica do decrecimiento económico e analista e impulsor do movemento 15M.
[+ info]

Web persoal:
http:// www.carlostaibo.com
_________________

Carlos Taibo escribiu un libro sobre o 15-M de moito interese:

"Nada será como antes. Sobre o movimento 15-M"
EDICIÓN: 2011 | ISBN: 978-84-8319-604-5 | Catarata | 86 páxinas

COMENTARIO DO AUTOR:
Estas páxinas ofrecen unha interpretación do que significou o movemento que viu a luz, en Madrid e noutros lugares, o 15 de maio de 2011. Para iso debullan as razóns que explican o éxito dese movemento, as dúas grandes percepcións que coexisten no seu interior, os trazos fundamentais da súa proposta programática, a reacción provocada nas xentes de orde, o eco mediático alcanzado e, en fin, as perspectivas de futuro que se abriron. Escrito desde posicións próximas ás de quen organizaron as manifestacións do 15 de maio, neste texto apréciase o desexo de que o chamado movemento 15-M convértase no fermento dun amplo proceso de autogestión e creación de espazos autónomos.

Pode-se conseguir por 8 € en "Traficantes de soños"
________________________

Toda a Culpa tena a xente maior, ... Por Javier Sanchez Álvarez



Javier Sanchez Álvarez  [*]
06.05.2012


TODA A CULPA TENA A XENTE MAIOR

Que necedade absurda considerar que os bancos, as arterias da liquidez do noso sistema, teñen algo que ver coa chamada crise. Son os nosos amigos, axúdannos e dannos tarxetas de crédito.

Que barbaridade pensar que os ordenadores dos Mercados só estaban programados para especular e gañar máis diñeiro, aínda que sexa do tipo virtual. Todas as súas operacións buscan o proveito do pobo.

Que osadía acusar aos órganos económicos internacionais como o FMI ou o BM ou o Banco Central Europeo de dedicarse a outros intereses que non sexa o benestar dos individuos e a súa continua mellora.

Que maldade poñer en dúbida que os nosos políticos son líderes e independentes dos seus partidos e doutros intereses de poder e só pensan en trasladar a voz do pobo e defendela.

Que canallada dicir que non vivimos en democracia cando podemos votar entre A e B, tanto dá, dominadores de todos altofalantes de comunicación e supoñer que logo estes fan o que lles dá en gana, alleos aos seus programas electorais.

Que tontería comunistoide asumir que os ricos deben contribuír con máis impostos que o resto do pobo ao benestar común.

Que mala fe pensar que vivimos instalados nunha corrupción xeneralizada e institucionalizada da que só nos chega a punta do iceberg.

Que pesimismo afirmar que a xustiza non é igual para poderosos e débiles.

Que inxustiza non aclamar o sacrificio físico, intelectual e moral cotián que fan por nós nosos líderes políticos. Desagradecidos.

Que pobre simplificación deducir que a burbulla inmobiliaria fixo multimillonarios a uns poucos e arruinado a este país por moitos anos.

Que parvada resentida botar gran parte da culpa do desajuste ás nosas contas á fraude fiscal e á evasión en paraísos fiscais.

Que grosería criticar que os Mercados están afundindo aínda máis o país na recesión, apostando na súa contra e á súa creba con fins de especular con miles de millóns de euros.

Que idolatría herética acusar á Igrexa de estar mais preocupada pola homosexualidade ou o preservativo que pola tráxica deriva neoliberal de occidente. Co pouco patrimonio que teñen.

Que pesimismo formular que a sociedade do benestar e o ben común están sendo desmantelados polo Neoliberalismo ...

En fin… cantos resentidos, vermellos, obsoletos, vividores a conta do estado, trasnoitadores, antisistemas e "perroflautas" móvense axitadores no remanso pacifico e satisfactoria da nosa sociedade.

Canto lles custa recoñecer que os únicos culpables do desaguisado que non arrastra son os anciáns que están esnaquizando todo o noso porvir e o “venturoso e sagrado” pacto fiscal europeo contra o déficit, viven mais anos, logo cobran mais tempo unha pensión que malgastan; viven por encima das súas posibilidades; despilfarran medicinas inútiles coma se fosen chegar á eternidade; enchen os sanatorios; desmandan asistencia a domicilio ou Centros para a terceira Idade. Teñen descontos en transporte e cultura e mais e mais…..

En fin, viven de xeito dilapidatorio e con iso todos os demais debemos sufrir recortes e limitación de dereitos sociais.

Menos mal que os nosos políticos e os Sagrados Mercados xa os cacharon e non o van a tolerar por moito tempo… ¡Só faltaría que ademais quixesen mellorar os seus coñecimentos, estudar outra vez e solicitar becas!

[*] Javier Sanchez Álvarez, Madrid -1951, avogado, economista, director, profesor e conferenciante. Viaxeiro empedernido percorrendo o mundo. Publicou nos últimos anos tres libros de culto centrados no que desde a súa inquietude denomina " levantar as alfombras e desvelar a verdade." Autor do libro "O Neoliberalismo mata-me" editado por Algon Editores.

"O neoliberalismo mátame: A aristocracia financeira somete ao pobo" | Javier Sánchez | Política | Algón Editores, 2012 | Idioma: español | ISBN: 97884938407 | Política interior

Este libro é un ataque frontal a esas mentiras, a ese corpo teórico chamado neoliberalismo e que rompeu o consenso social que supuxo en Europa a creación do estado do benestar. Foron esas mentiras-como explica este ensaio-as que provocaron a crise e son aínda hoxe os defensores desas mentiras quen están utilizando a terrible situación económica para gañar máis. E todo seguirá así ata que gritemos basta.

Información baseada na enviad por:
Juan Torres López
-envios@juantorreslopez.com-
5 de maio de 2012 10:02
http://juantorreslopez.com/

________________________

Reflexións sobre a desobediencia civil, o ideal de xustiza, os modelos democráticos e o recorte dos dereitos nun modelo contaminado pola lóxica dos mercados - Javier de Lucas - Vídeo



As leis que non responden a unha fundamentación suficiente de xustiza ou de lexitimidade carecen de forza moral de obrigar, pero non porque haxa leis naturais... non existe unha orde xurídica superior, leis por encima da razón e da historia. Javier de Lucas, catedrático de Filosofía do Dereito e Filosofía Política, reflexiona sobre a desobediencia civil, o ideal de xustiza, os modelos democráticos e o recorte dos dereitos nun modelo contaminado pola lóxica dos mercados. Javier de Lucas, catedrático de Filosofía do Dereito e Filosofía Política, reflexiona sobre a desobediencia civil, o ideal de xustiza, os modelos democráticos e o recorte dos dereitos nun modelo contaminado pola lóxica dos mercados.


Fonte: http://www.attac.tv
______________________

O Comité Cidadán de Emerxencia volveu a mobilizar-se ante a entrada do gaseiro 'LNG Rivers' que fai o 118 cargado, para Reganosa


Ante a entrada na Ría de Ferrol dun gaseiro, de 288 metros de eslora e máis de 48 de manga, cargado con GNL, o nº 118, o “LNG Rivers”, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, realizou unha nova concentración de denuncia e protesta, este Sábado 5 de maio 2012, ás 8 da Tarde na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Galería de Fotos de Susete'70

Información baseada na enviada por:

suso
-susopazos@yahoo.es-
5 de maio de 2012 23:03

_____________

Escandalosas indenizacións e plans de pensións a exdirectivos das antigas caixas de aforro galegas


Despois das coñecidas, mais non transparentes, dos dous emperadores que estaban á fronte das caixas fe aforro galegas, José Luís Méndez (Caixa Galicia) e Julio Fernández Gayoso (Caixa Nova), o domingo 6 de maio de 2012, María Fernández, publica na edición galega do xornal 'El País' unha reportaxe sobre as escandalosas indenizacións e plans de pensións a exdirectivos das antigas caixas de aforro galegas e da unificada -máis tarde reconvertida en banco, Novacaixagalicia: José Luís Pego, Javier García de Paredes, Óscar Rodríguez Estrada e Gregorio Gorriarán. Desde Ártabra 21 consideramos de interese esta nova que reproducimos a continuación.

Catro exdirectivos da caixa cobrarán 33 millóns máis ao cumprir 65 anos
Á blindaxe dos seus contratos súmanse 33 millóns en plans de pensións

Os tres exdirectivos de Novacaixagalicia que se prexubilaron apresuradamente antes de que o FROB inxectase 2.460 millóns -aos que despois se sumou un cuarto- non só cobraron indemnizacións multimillonarias. Segundo revelan as contas da entidade, que por primeira vez detallan por completo as retribucións da cúpula, José Luís Pego, Javier García de Paredes, Óscar Rodríguez Estrada e Gregorio Gorriarán percibirán cando se xubilen, dunha soa vez ou mensualmente, plans de pensións que suman 33 millóns de euros. En total, entre indemnizacións e plans de pensións, as antigas caixas e agora o banco consignaron 52 millóns de euros para retirar a estes catro executivos, que ademais teñen as mans libres para volver traballar na empresa privada.

O desglose é o seguinte: José Luís Pego, exdirector, percibiu polo despedimento ao que se acolleu voluntariamente 7,7 millóns de euros brutos. É o seu salario fixo (627.000 euros) multiplicado polos anos que lle quedaban para xubilarse no momento da súa baixa, o 20 de setembro de 2011. Ademais, no seu plan de pensións, que percibirá cando cumpra 65 anos, hai acumulados outros 10.891.000 euros. A Javier García de Paredes, o director adxunto que nun principio asegurou que renunciaría a parte da súa indemnización e finalmente non o fixo, correspondéronlle 5.580.544 euros, segundo figura na información que a empresa comunicou á CNMV o ano pasado. O seu plan de pensións acumulado ascende a 5.102.000 euros.

García de Paredes e Pego pagan intereses do 1% e o 2% nas súas hipotecas

Con respecto aos outros dous directivos con cláusulas de blindaxe que saíron da antiga caixa fusionada, Gregorio Gorriarán, responsable da sección inmobiliaria, recibiu 4,8 millóns pola prexubilación e o seu plan de pensións ascende a 9,2 millóns. O seu compañeiro Óscar Rodríguez Estrada, que cumpriu o ano pasado 65 anos (e polo tanto, ten dereito a percibir o seu plan de pensións), cobrará na súa retiro 8.172.000 euros, que se suman a unha indemnización de 691.000 euros. En suma, o consignado polas antigas Caixanova e Caixagalicia xunto co aportado por Novacaixagalicia e Novagalicia Banco ascende, nestes catro casos, a 52 millóns de euros, equivalentes neste momento, ao que custan o 28% das accións do banco. Directivos ou exdirectivos como María Vitoria Vázquez Sacristán, José Venegas ou Ramón Seoane gozarán de plans de pensións de entre un millón e 1,7 millóns de euros.

Outro dos aspectos que incorporan as contas anuais son os préstamos que, como empregados da antiga caixa, os máximos executivos percibían a cambio de pagar intereses baixos. A 31 de decembro de 2011, tres meses logo de abandonar a entidade, José Luís Pego debía na súa hipoteca 333.800 euros polos que está pagando un interese do 2%. Por dietas de asistencia a consellos percibiu outros 106.970 euros. A hipoteca de Javier García de Paredes figura cun saldo de 205.000 euros a un ventaxoso 1% de interese. Os sindicatos consultados confirman que o persoal ten dereito a ese tipo de préstamos, “o que cambia é a cuantía, porque a un empregado de oficina non lle dan nin de lonxe o que a un directivo”, asegura UGT.

No capítulo das dietas destacan as percibidas por Julio Fernández Gayoso, actual vicepresidente da caixa (a piques de converterse xa en fundación), que cobrou 292.000 euros por asistencia a distintos consellos. Ao abandonar a caixa antes da fusión, non hai información pública do seu plan de pensións nin do de José Luís Méndez, exdirector de Caixa Galicia. “O grave é que isto pasou durante moitos anos en todas as caixas de aforros co coñecemento do Banco de España e ninguén moveu un dedo por cambialo”, sinala UGT.

Anticorrupción, que investiga as indemnizacións, pediu máis información a Novagalicia en febreiro. “Non sabemos cal será o resultado, pero recrimináronnos que as negociacións con eses directivos para que devolvesen o diñeiro paráronse por esa investigación que instou CIG”, asegura Clodomiro Montero, indignado.

...

As cifras millonarias

Blindaxes e plans de pensións: en setembro de 2011, trala primeira inxección do fondo de rescate, de 1.200 millóns de euros, e antes da segunda, de 2.465 millóns, a efémera Novacaixagalicia prexubiló a tres directivos, e posteriormente o banco a un cuarto, por 18,8 millóns de euros. Os seus plans de pensións acumulados polos anos de servizo suman outros 33 millóns que percibirán cando cumpran os 65 anos.

Activo e perdas: O activo total de Novagalicia Banco, coas correccións realizadas de case 1.000 millóns en 2011, suma 68.682 millóns. Rexistrou unhas perdas de 168,7 millóns.

Despedimentos: Segundo cálculos de UGT, Novagalicia Banco vai reducir en máis de 2.000 persoas o persoal cos sucesivos ERE. O primeiro, anunciado en 2010, facilitou 1.200 prexubilacións aos maiores de 55 anos.

Oficinas: Conta con 641 sucursais en Galicia e 378 no resto de España, así como 8 en Portugal, 1 en Miami e 1 en Suiza. Opera baixo as marcas Novagalicia Banco e EVO.
...

A fusión ignorou axustes que rebaixan o activo en 982 millóns

As inmaculadas auditorías que Caixa Galicia e Caixanova presentaban ano tras ano contrastan coa última revisión das contas. Á transparencia na información sobre os salarios dos directivos súmase agora unha auditoría asinada por Deloitte que por primeira vez incorpora unha serie de salvidades.

Os auditores chaman a atención sobre o criterio que se utilizou para valorar os activos e pasivos cando Caixa Galicia e Caixanova se fusionaron. Nese momento quedou establecido que dispoñerían dun ano para axustar, de forma retroactiva, as valoracións iniciais “como consecuencia da obtención de información adicional relevante sobre feitos e circunstancias que xa existían o 1 de decembro de 2010”.

Pero a memoria de Novagalicia revela que, baixo o epígrafe de “axustes no valor razoable”, réstanse agora 982 millóns de euros que corresponden ás variacións no valor dalgúns activos no momento da fusión. Esa variación á baixa está “motivada pola información obtida con posterioridade á fusión pero referida a feitos e circunstancias recoñecidos a devandita data”. Esa información que se coñecía pero que non se aplicou á hora de sumar os activos de ambas caixas ten moito que ver co ladrillo. En concreto, con operacións con garantía de activos inmobiliarios por “tasacións actualizadas a datas próximas ao momento da fusión e información sobre a situación urbanística”, en chans e promocións.

Nos casos de operacións nos que o deudor aportaba a súa garantía persoal, ignorouse “o deterioro da capacidade de pago”.
...

Base sólida de clientes

As contas apróbanse nun escenario que Novagalicia recoñece como “de crise económica profunda”, cun incremento continuado da morosidade, a paralización de proxectos inmobiliarios co consecuente deterioro de activos, a caída das bolsas e o paro “co consecuente impacto no nivel de solvencia dos acreditados”.

O banco determina que a súa fortaleza está agora en “a sólida base de clientes”; os apoios da barra libre de liquidez do BCE (polos que en 2011 conseguiu 6.000 millóns ao 1%); o apoio no seu accionariado do fondo de rescate español e que os novos directores reforcen os controis sobre a xestión do risco. Novagalicia segue pendente do visto bo de Economía ao seu plan para evitar unha poxa total.

Reportaxe de María Fernández publicado en 'El País' - Edición de Galicia  | Vigo 6 Maio 2012.
________________

luns, abril 30, 2012

O 1º de Maio de 2012 en Ferrol Terra


1º de Maio de 2012
Día do Internacionalismo Proletario !!
Día Internacional da Loita da Clase Traballadora !!
Día Internacional da Solidariedade Obreira !!

Unha vez máis, este 1º de maio non hai  unidade diante da ofensiva do Capitalismo. Os gobernos dereitistas do PP, o capitalismo transnacional e financeiro seguen lexislando contra os dereitos da Clase Traballadora, ante isto as centrais sindicais non foron capaces de conseguir unha vez máis un Primeiro de Maio unitario.

Actos dos sindicatos de Ferrol:
  • A manifestación da CIG sairá ás 12 do mediodía desde a Avenida de Esteiro, diante dos locais comarcais da propia central sindical até o Cantón.

  • CCOO, UGT e USTG acuden unidas, nunha manifestación que partirá tamén ás 12 do medio día do Inferniño até a Praza do Concello.

  • A CNT de Ferrol participará nunha manifestación en Santiago de Compostela.
Enlaces relacionados:

Confederacións Internacionais:
__________________

Con Reganosa de fondo: A Comisión Europea informou que as autoridades británicas non tiveron en conta os requisitos das directivas sobre avaliación de impacto ambiental no lugar de Gales onde se atopa a planta de GNL situada en Milford Haven



AS PLANTAS DE GNL DE FERROL E MILFORD HAVEN


Os lexisladores da Unión Europea informaron do proceso de apertura dunha demanda contra o Reino Unido sobre a seguridade das manobras de buques gaseros na terminal de gas natural licuado (GNL) situada en Milford Haven (ao oeste Gales no Reino Unido).

A Comisión Europea, brazo legislador da UE, informaron que as autoridades británicas non tiveron en conta os requisitos das directivas sobre avaliación de impacto ambiental no lugar de Gales onde se atopa a planta de GNL. A Comisión enviou ao Goberno do Reino Unido unha carta de advertencia inicial e fixou un prazo de dous meses para unha resposta.

Segundo o portavoz de medio ambiente da Comisión, Joe Hennon, con sé en Bruxelas, “Eles non avaliaron adecuadamente os riscos que poderían supoñer as entradas e saídas dos gaseiros ao terminal da planta de GNL de Milford Haven e os riscos debesen ser comunicados á poboación”.

En cumprimento da lexislación do UE para as nacións membros, a Comisión empeza o proceso de demanda mediante o envío dunha advertencia inicial, coñecida como unha carta de requerimiento. O seguinte paso do proceso sería a emisión dunha advertencia final en forma dun “dictame motivado”, e a continuación unha denuncia ante o tribunal da UE.

A noticia pódese ler nos seguintes medios (en inglés):
Nota de www.f-cape.org : É importante sinalar que o caso de Milford Haven comezou dous anos máis tarde que o da Ría de Ferrol, xa que segundo os medios de comunicación británicos iniciaron as súas demandas fai 9 anos. A terminal de Milford Haven leva funcionando uns dous anos. Os deputados europeos do Reino Unido estiveron máis activos que os españois. O mesmo ocorreu cos deputados italianos que lograron paralizar a planta de Brindisi. Segundo a BBC, o flagrante do caso é que a poboación non logrou coñecer, malia as continuas peticións, os medios de urxencia no caso dun accidente dun buque gaseiro. En Ferrol nin se sabe.

As plantas de GNL das cidades de Brindisi (Italia) e de Milford Haven (Gales) teñen unhas características similares á de Ferrol en canto á súa ubicación. Con todo, o acceso á planta de Ferrol é moito máis angosta e perigosa que as anteriores.

O caso da Ría de Ferrol é máis escandaloso xa que na entrada da ría xa houbo varios encallamentos e actualmente os prácticos do porto están iniciando unhas novas manobras de entrada e saída durante a noite violando as normas vixentes de practicaxe e navegación do porto que o prohibe taxativamente. O comité Cidadán de Emerxencia (CCE) puxo nos xulgados a correspondente denuncia.

Enviado por:
Ferrol CAPE
-ferrol.cape@gmail.com-
28 de abril de 2012 11:41
Estimados amigos e seguidores de www.f-cape.org, para vosa información e debate.

_________________

domingo, abril 29, 2012

Estimados gobernantes, ... Por Carlos Varela [A mantenta das medidas acordadas polo goberno dereitista do PP, para a reforma do sistema público de saúde]


Por Carlos Varela [*]
29.04.2012


Estimados gobernantes,

Ontes, 24 de abril do 2012, publicouse no Boletín Oficial do Estado (BOE) o Real Decreto-Lei 16/2012, de 20 de abril, de medidas urxentes para garantizar a sostenibilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións. Estas medidas véñense a sumar ás tomadas anteriormente, no eido laboral, no sanitario e no da educación. Déixenme dicir, que todas elas me parecen inxustas, ineficaces e carentes de todo principio de equidade.

É cedo (saiu onte) para que poda facer unha valoración do Real Decreto publicado ontes. Nembargantes, gostaríame salientar que xa non escomenza ben o asunto, cando se redacta esta norma xurídica co cobxectivo de “garantizar a sostenibilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións”. Este obxectivo é cuestionable, porque coma afirmación é tamén cuestionable. O Sistema Nacional de Saúde, ao igual que a educación é sustentable si se aplican os cambios estructurais nas direccións apropiadas, e tendo como premisa o interese xeral, e non o da minoría que máis cartos ten. Este colectivo de amasadores de cartos, non pagan proporcialmente ás súas rendas, nin en Sanidade, nin noutras áreas.
Como dicía antes non vou a facer unha valoración, pero sí querría que vos (os gobernantes) me contestárades a algunhas cuestións sobre este último Real Decreto-Lei:
Tres. Se añade un nuevo artículo 3 ter, que tendrá la siguiente redacción: «Artículo 3 ter. Asistencia sanitaria en situaciones especiales.

Los extranjeros no registrados ni autorizados como residentes en España, recibirán asistencia sanitaria en las siguientes modalidades: a) De urgencia por enfermedad grave o accidente, cualquiera que sea su causa, hasta la situación de alta médica. b) De asistencia al embarazo, parto y postparto. En todo caso, los extranjeros menores de dieciocho años recibirán asistencia sanitaria en las mismas condiciones que los españoles.»
As persoas inmigrantes, non utilizan a Sanidade máis que a poboación autóctona. Isto queda acreditado por diferentes informes realizados por organizacións independentes. Utilizar o “turismo sanitario” como argumento para xustificar a insostenibilidade do sistema, é falaz e favorece os comportamentos xenófobos. No caso da utilización da Sanidade Pública dos cidadáns europeos, e do gasto que xeneran para as arcas do Estado (segundo o informe do tribunal de contas) , habería que ver que responsabilidade ten o goberno español en non cobrarlles a asistencia sanitaria prestada ás persoas que sí dispoñen de medios, en lugar de culpabilizar a todo-los/as inmigrantes por usa-la nosa Sanidade. Estas situacións, de sere importantes na factura global, podería ser unha oportunidade para ingresar cartos extra, que neste momento non se está a facer. Os convenios bilaterais que non se levan a cabo ou non existen, e a falla de dilixencia do goberno (que destrúe mais que goberna) se convirten en verdaderos obstáculos para cobrar as asistencias sanitarias a cidadáns europeos que dispoñen de cartos para pagar.

No que se refire á desprotección dos outros, dos ninguéns, dos que non aparecen nin nas estatísticas nacionais, os malchamados sin papeis ou ilegais, é unha clara vulneración dos dereitos humanos. Non se pode condenar a una persoa a desatención sanitaria por estar en situación administrativa irregular. Non se poden cambiar as leis, en función de ideoloxías con tendencia xenófoba. Dende un punto de vista de saúde pública, a desatención do colectivo de persoas inmigrantes, pode ter consecuencias desastrosas. Enfermidades contaxiosas coma a tubercoluse, ou transmisibles como o VIH, poden sentenciar a morte a estas persoas, ser utilizadas como correa de transmisión de enfermidades e convertirse nun problema, ate o de agora controlado, de saúde pública.

Por outra banda, permitir unicamente a atención en urxencias, pode colapsar todavía máis, os xa colapsados centros de urxencias. O aforro que se pretende facer en términos xerais, insisto, non se fará con este colectivo por deixarlle de dar asistencia sanitaria. Dicía anteriormente que usan menos a Sanidade Pública que a poboación autóctona. Ademáis, o compromiso de pago ao que se ven obrigados a asinar cada vez que acudan á Sanidade Pública impide, de non aboarse, a regularización da situación administrativa. Outra medida inxusta e que atenta contra uns dos colectivos máis desfavorecidos.
(….)
«Artículo 85 bis. Sistemas de información para apoyo a la prescripción.
(……)

2. Los sistemas de apoyo a la prescripción recogerán la información correspondiente a los precios seleccionados vía aportación reducida, de modo que el médico pueda tomar en consideración el impacto económico durante la prescripción de medicamentos y productos sanitarios.
Señores gobernantes, iste artigo que quere dicir? Que os médicos que nos receitan os fármacos, terán que ser tamén xestores económicos da Administración? Si é así, que priorizarán os médicos, a miña saúde ou o aforro económico para a Administración? Cánto custarán eses sistemas de apoio á prescrición que recollerán a información dos prezos seleccionados?, Cal é a diferencia económica entre este sistema e o anterior?, Cántos cartos se pretenden aforrar?(…..)
«Artículo 85 ter. Exclusión de la prestación farmacéutica de medicamentos y productos sanitarios.

(….) 2. La motivación de la exclusión responderá a alguno de los siguientes criterios: e) Por estar indicados en el tratamiento de síntomas menores.
Sres gobernantes, gostaríame saber a qué se refiren con “síntomas menores”. Si me pregunta porqué o quero saber, é moi sinxelo. Por exemplo, unha dor de cabeza para algunha persoa, sexa médico ou non, pode ser considerado coma un síntoma menor. Nembargantes para outra, pode convertirse, si este permanece de forma continuada, nun síntoma discapacitante. Algunhas persoas e profesionais entendemos que tanto o concepto saúde coma o concepto de enfermidade, hai que miralo dende un sentido holístico. 
Tres. Se añade un nuevo artículo 8 ter, que tendrá la siguiente redacción: «Artículo 8 ter. Cartera común suplementaria del Sistema Nacional de Salud. 1. La cartera común suplementaria del Sistema Nacional de Salud incluye todas aquellas prestaciones cuya provisión se realiza mediante dispensación ambulatoria y están sujetas a aportación del usuario. 2. Esta cartera común suplementaria del Sistema Nacional de Salud incluirá las siguientes prestaciones: a) Prestación farmacéutica. b) Prestación ortoprotésica. (…)
Temos que pagar polos fármacos, incluídos os pensionistas, algo indecente, falto de valores e nada ético, se mo permiten apuntar. Ademais, tendo en conta que as persoas coas rendas máis baixas que necesiten de ferramentas ortoprotésicas terán que aboar un porcentaxe en tódolos casos. As persoas que perciban unha pensión non contributiva, ás que se atopen en paro ou non teñan recursos, tamén terán que pagar nestes casos estas prestacións. Culpabilizamos a enfermidade e ás persoas enfermas.
3. También gozará de esta consideración el transporte sanitario no urgente, sujeto a prescripción facultativa, por razónones clínicas y con un nivel de aportación del usuario acorde al determinado para la prestación farmacéutica.
As personas que teñamos que acudir a rehabilitación, a diálise, a tratamentos de quimioterapia, e a outros considerados, como istos, considerados non urxentes, veremos mermada, todavía máis, a nosa calidade de vida ao ter que pagar máis, polo servizo de transporte.
 «Artículo 94 bis. Aportación de los beneficiarios en la prestación farmacéutica ambulatoria.
(….)
4. La aportación del usuario se efectuará en el momento de la dispensación del medicamento o producto sanitario.
Si unha persoa traballadora ou non, atópase a fin de mes sen cartos (é moi habitual nestes tempos), e ten a desgracia de poñerse enferma, non tendo cartos para aboar as súas mediciñas, cómo se solventarían estas situacións, que de momento son hipotéticas?
5. La aportación del usuario será proporcional al nivel de renta que se actualizará, como máximo, anualmente.
Nestas aportacións dos usuarios tamén entrarían as persoas que se acollan á aministía fiscal? De ser así, só aboarían o 60 % das mediciñas?
6. Con el fin de garantizar la continuidad de los tratamientos de carácter crónico y asegurar un alto nivel de equidad a los pacientes pensionistas con tratamientos de larga duración, los porcentajes generales estarán sujetos a topes máximos de aportación en los siguientes supuestos: (….)
Sres gobernantes, si os pensionistas que cobren menos de 18.000 euros anos pagarán como máximo 8 euros, os que perciban entre 18.000 e 100.000 euros, hasta un máximo de 18 euros, e os que perciban máis de 100.000 até 60 euros, parécelles este sistema xusto? Quénes son os que maior probabilidades teñen de padecer enfermidades? A maior carga fiscal sobre quén recae?
9. El nivel de aportación de los mutualistas y clases pasivas de la Mutualidad General de Funcionarios Civiles del Estado, del Instituto Social de las Fuerzas Armadas y la Mutualidad General Judicial será del 30 %.»
Porqué este agravio comparativo dos funcionarios con respecto aos demáis traballadores e traballadoras? Porqué pagaría o mesmo un funcionario que percibe 1.000 euros/mes que outro que percibe 150.000/mes e máis? E xusto e equitatitativo este sistema?
«Artículo 94 ter. Protección de datos personales. 1. El Instituto Nacional de la Seguridad Social podrá tratar los datos obrantes en los ficheros de las entidades gestoras y servicios comunes de la Seguridad Social y de las entidades que colaboran con las mismas que resulten imprescindibles para determinar la cuantía de la aportación de los beneficiarios en la prestación farmacéutica. Dicho tratamiento, que no requerirá el consentimiento del interesado, se someterá plenamente a lo dispuesto en la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de Protección de Datos de Carácter Personal, y sus disposiciones de desarrollo.
Son coñecedores de que se saltan a lei que garantizaba a protección dos datos de carácter persoal dos e das cidadás, non? Se abren vías que poden ter consecuencias impredecibles para a Democracia ao compartir os meus datos sen o meu consentemento. Se intercambiarán datos entre Administracións para “determinar la cuantía de la aportación de los beneficiarios en la prestación farmacéutica”. Como os datos relacionados coa saúde considéranse “especialmente sensibles”, e, tendo en conta que a Seguridade Social e Facenda, vertirán os meus datos con Sanidade, poderán estas administración (Seguridade Social, Facenda) e as súas colaboradoras (por exemplo ETTs) acceder aos meus datos de carácter persoal? O digo porque teño VIH, pronto me quedarei sen emprego, e teño recelo de que os datos da miña saúde circulen entre computadoras sen nengún tipo de control. Ademáis recelo de que se utilicen para outros fins coma, por exemplo, para contratar, ou mais ben para non facelo, motivado pola miña enfermidade.

Como apuntes finais:
  • Non é certo que a Sanidade Pública sexa insostible. O PIB que destina España á Sanidade Pública é inferior ao destinado polos estados do noso entorno, tendo unha calidade na asistencia, inferior á nosa. É mais, a nosa Sanidade Pública pódese (ou podíase) equiparar a outras de recoñecida calidade, como pode ser a de Canadá, coa que só nos diferencia na rede social da que dispoñen nese Estado, ou a de Noruega.

  • A reforma sobre reforma que se está a aplicar na Sanidade Pública, só pode entenderse dende unha postura interesada na privatización da mesma e que obedece aos intereses do capital e dos mercados financeiros.

  • A parte impositiva que se impón para o pagamentos de fármacos e servizos sanitarios a colectivos como os/as pensionistas, persoas con baixos recursos, e mozos/as maiores de 26 anos, non ten precedentes, vulnera principios de equidade, é totalmente inxusto, non contempla ética social algunha, racha co principio de universalidade e só pode entenderse dende unha perspectiva ideolóxica. Esta Sanidade pretende establecer cidadáns de primeira e cidadáns de segunda, diferenciando aos que teñen cartos (os de primeira), que poderán acceder a un estándar de saúde, dos que non dispoñen deles (cidadáns de segunda), que, terán problemas de accesibilidade por cuestións económicas e non poderán gozar dos estándares mínimos de saúde.

  • A expulsión das persoas en situación administrativa irregular (os/as inmigrantes, mal chamados sen papeis ou ilegais) vulnera dereitos fundamentais. En concreto o dereito a saúde que ten que salvagardarse independentemente da súa situación administrativa no Estado. Pode xerar problemas importantes de saúde pública, tendo consecuencias imprevisibles para toda-la poboación, motivada pola non asistencia sanitaria deste colectivo, e obriga a estas persoas a enfermar, queiran ou non, e pode ocasionar mortos por omisión dos coidados mínimos sanitarios.

  • Esta normativa producirá perda de poder adquisitivo, xa mermado pola crise, enfermidade polas trabas que dificultan a accesibilidade aos servizos sanitarios, aos fármacos, e aos medios necesarios para a prevención da saúde.

  • Estas normativas producirán mortes, das que os únicos responsables serán o actual goberno.
Prima, non nocere
Primum non nocere
(O primeiro é non facer dano)

[*] Carlos Varela Fernández, é Presidente de Lazos Pro Solidariedade Comité antisida de Ferrol, e un das persoas promotoras da asociación "Sen Papeis" de Ferrol.

LAZOS pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol Asociación de afectados/as polo VIH e as drogas Vogal territorial de Galicia en CESIDA.
Dirección web: http://comitelazos.blogspot.com
Dirección sede: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo
15401 Ferrol ( A Coruña )
Tfno./Fax 981350777
Tfno. Móvil :698147975

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
29 de abril de 2012 21:42
_________________________

Unha multitude de traballadoras e traballadores desafiaron á chuvia e mobilizaron-se en Ferrol, baixo o lema "Coa educación e a sanidade non se xoga"


Unha multitude de traballadoras e traballadores desafiaron á chuvia e mobilizaron-se en Ferrol, baixo o lema "Coa educación e a sanidade non se xoga". Foi este domingo, 29 de Abril de 2012, nunha manifestación pola defensa dos servizos públicos da sanidade e da educación. A mobilización tiña lugar, despois de que o goberno español acordara unha serie de medidas económicas, nas que formulaba un recorte económico de 10.000 millóns de euros en sanidade e educación. Acordo moi grave, non só polo inxusto do recorte que imos pagar a Clase Traballadora unha vez máis, senón porque tan só pasaran uns días desde a aprobación dos orzamentos estatais, onde non se contemplaban tales recortes: improvisación ou tomadura de pelo? Non cremos que fora improvisación, todo teñen-no moi preparado e pautado, teñen razón as centrais sindicais convocadoras cando din que "Queren acabar con todo".

A manifestación partiu do Inferniño pasadas as 12 do mediodía. "Rajoi escoita o público non se toca", "Sanidade pública e universal, para todas igual", "Máis represión, menos cultura, isto é unha ditadura", "O público é servizo, o privado beneficio", "Si isto segue igual, Folga Xeral", "Europa escoita, o público non se toca", ... foron algunhas das consignas que se berraron no transcurso da manifestación. Esta rematou na Praza do Concello, onde Xoán Rubia leu un Manifesto da Plataforma Social en Defensa do Estado de Benestar e dos Servizos Públicos.

Perante a manifestación e posterior concentración, ademais das faixas das centrais convocadoras, podían-se ver faixas de de xubilados, da ANPA do IES Sofía Casanova, de Lazos ProSolidariedade e Sen Papeis de Ferrol, de Esquerda Unida, do Colectivo Forxa e da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol.

As mobilizacións tiverón lugar en toda Galiza e no resto do, polo de agora, Reino de España. A manifestación estaba convocada polas centrais sindicais CCOO, UGT e USTG.

Fotos de Susete'70

Información baseada na enviada por:
suso
-susopazos@yahoo.es-
29 de abril de 2012 15:27
______________

Manifestación en defensa dos servizos públicos a sanidade e a educación, este Domigo 29 de Abril en Ferrol



Este domingo 29 de Abril de 2012, as centrais sindicais CCOO, UGT e USTG, convocan unha Manifestación Comarcal 'en defensa dos Servizos Públicos, da Sanidade e da Educación'. Na Galiza e no conxunto do, polo de agora Reino, de España, van ter lugar tamén multitude de mobilizacións.

"O máximo responsable de CCOO, Sánchez Aguión, criticou que as políticas para reducir o déficit supoñen 'atacar e desmantelar' os servizos públicos esenciais, e asegurou que os recortes en sanidade e educación 'non van mellorar a situación económica, senón que implicarán un retroceso moi importante'. En sanidade, denunciou que se pretenda deteriorar o servizo publico e 'potenciar' que as persoas que teñan recursos contraten seguros privados. Nesta conxuntura, vaticinou un incremento da morbilidade, da mortaldade e das listas de espera.

En materia de emprego, rexeitou as políticas levadas a cabo polo PP, xa que 'se antes xa se abusaba dos ERE para alixeirar persoais, agora hai máis facilidade', como proba o aumento que rexistraron os expedientes de regulación de emprego. Por ese motivo, afirmou que a reforma laboral 'só serve para destruír emprego e deteriorar as condicións de traballo. Precisamente, denunciou que numerosas empresas estean a despedir persoal 'con antigüidade e con dereitos' para o substituír por persoas 'que, grazas á reforma, practicamente non teñen dereitos', polo que foi rotundo ao asegurar que non se pretende ter traballadores, senón servos".

MANIFESTACIÓN DO 29 DE ABRIL

FERROL: Manifestación, domingo 29 de Abril de 2012, ás 12 horas. Saída da praza do Inferniño e remate na praza do Concello, diante do Pazo Municipal.



___________

Cando a xustiza converte-se en protectora dos racistas - Solidariedade con Roberto Malini e Darío Picciau



Moitos de vós coñecedes da existencia de Roberto Malini. É un loitador incansable. Roberto Malini é o noso amigo, o noso irmán, o noso aliado. E dentro de dous días verase ante un tribunal en Pesaro (Italia). E xunto a el igualmente comparecerá Darío Picciau. Outro gran activista que desde a plataforma “Everyone Grup” dan a cara en defensa dos xitanos e de calquera cidadán que sexa vítima do odio racial ou da discriminación social.

Pídovos que leades as liñas que seguen. Son un grito valente e comprometido contra unhas autoridades que exercen a súa función sen respecto algún aos máis elementais dereitos que son inherentes á dignidade de calquera ser humano. Lede as palabras de Roberto que reflicten con absoluta claridade o calvario polo que están pasando moitos irmáns os nosos na Italia que deixaron en herdanza políticos racistas para os que parece que o tempo non pase.

Juan de Dios Ramírez Heredia [*]


Treviglio (BG), 22 de abril 2012


Queridos irmáns, dámosvos grazas polo voso apoio. Levamos moitos anos traballando pola xustiza social e perséguesenos por defender os dereitos dos xitanos e por pedirlle ás institucións e ás autoridades que respecten os seus dereitos. Queremos ser un símbolo de todos aqueles que son expulsados, acusados de forma ​inxusta e reprimidos sen ningún tipo de culpa.


En Italia, a policía comete abusos e incrimina aos romà con falsas acusacións. Aplícanselles sentenzas inxustas e, a miúdo, terminan no cárcere sen cometer ningún delito. Os tribunais de menores e os servizos sociais arrebátanlle os nenos ás súas nais e danllos en adopción a familias italianas. Non se axuda ás comunidades pobres e marxinadas, senón que se lles expulsa brutalmente. Moitos hospitais néganse a atender ás persoas xitanas, e os políticos difaman á comunidade xitana para obter o favor dos cidadáns.


Pero nós sabemos a verdade e seguiremos dedicando as nosas vidas a defendela. Prometémosvos que non nos deterán. Seguiremos alzando a nosa voz para denunciar os abusos en contra dos nosos irmáns e irmás xitanos. recibimos ameazas, acoso policial e xudicial, e intimidación por parte de grupos políticos e racistas. Nós non somos violentos pero dispoñemos de armas moi poderosas: a verdade, a xustiza e os nosos ideais de irmandade. Non nos deterán.


A poboación xitana sofre unha persecución real na Unión Europea. Non podemos aceptar esta violación continua dos dereitos humanos. En Italia, o odio contra os xitanos é tan forte que tamén nos afecta a nós, os defensores dos dereitos humanos.


O 27 de abril o gran activista Darío Picciau e eu debemos defendernos ante un xuíz no terrible Tribunal de Pesaro. O noso crime? Ningún. Simplemente, proporcionamos axuda humanitaria a tres novos xitanos, mentres que un policía ameazábanos e insultaba aos romà. Con todo, esta non era a primeira vez, xa que en Pesaro os políticos, os xuíces, a policía e moitos cidadáns levan a cabo acciones para obrigarnos a abandonar á comunidade xitana local. En Pesaro, moitos xitanos sufriron abusos incribles e acabaron no cárcere sen culpa. Nós acudiremos ante o Tribunal con orgullo e levaremos unha camiseta coa imaxe de Gandhi e o lema: “Os dereitos humanos son o pan do mundo”. Presentarémonos ante os inxustos xuíces de Pesaro con coraxe e orgullo, para representar a todos os xitanos que son e foron perseguidos.


Roberto Malini


Copresidente do Grupo “EveryOne

Se queredes podedes manifestarlle a Roberto a vosa solidariedade. Podedes escribirlle, pois entende-o perfectamente. Esta é a súa dirección electrónica:

roberto.malini@everyonegroup.com

24 de abril de 2012



Unión Romaní
http://www.unionromani.org/
u-romani@pangea.org

[*Juan de Dios Ramírez Heredia, Presidente de Unión Romaní, Avogado e xornalista.

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@edu.xunta.es-
28 de abril de 2012 22:53
http://lupeces.blogspot.com/
______________

sábado, abril 28, 2012

Xantar Fraternal Unitario, Obreiro e Popular do 1º de Maio, no 'Parque Pablo Iglesias' de Ferrol


Xantar Fraternal, Obreiro e Popular do 1º de Maio,
no 'Parque Pablo Iglesias' de Ferrol
Chamamos a participar neste acto fraternal e unitario
despois de celebradas as manifestacións obreiras
que transcorrerán polas rúas de Ferrol


Estimadas compañeiras e compañeiros:

Na Asemblea da nosa asociación do pasado 4 de Abril, valoramos como moi importante a necesaria unidade de todas e todos para afrontar esta situación de estafa continua por parte de políticos corruptos e banqueiros que nos rouban dereitos e emprego, saúde e educación, que precarizan o traballo ou nos condenan ao paro obreiro, que nos pretenden empobrecer aínda máis e condenar á miseria. As persoas que somos parte da nosa asociación, pertencemos a diferentes sindicatos e sabemos, na prática, que é posíbel a convivéncia, e moi necesarias: a fraternidade, a unidade e as loitas conxuntas polo fundamental. A nosa principal actividade está centrada no eido cultural, na música, na gastronomía e na recuperación e promoción das festas populares e tradicionais (O Magosto e Samaim, O Antroido, Chamorro, 1º de Maio, Os Maios, as Nosas Letras, a Lumeirada), mais non por iso deixamos de participar e contribuír como sabemos e podemos na loita social por un mundo mellor, pola xustiza global e a solidariedade. É por iso que formamos parte de plataformas como 'Queremos Galego' ou '... pola Defensa da Sanidade Pública', ou da loita contra Planta Gas, do 'Encontro Social de Ferrol Terra', ou mesmo apoiando aos inmigrantes, ao 'Colectivo Lazos Pro Solidariedade - Comité AntiSida', ou a asociación 'Solidariedade Galega co Pobo Saharauí', ... Foi por isto polo que na citada Asemblea acordamos dirixirnos ao conxunto dos responsábeis das centrais sindicais que actúan na Comarca nos seguintes termos:

PROPOSTA

A atención das compañeiras e compañeiros [Sigla da Central Sindical]

Estimadas compañeiras e compañeiros:

Esta mesma carta vai dirixida ás centrais sindicais CCOO, CIG, CNT-AIT, UGT e USTG.

O 1 de Maio está mundialmente recoñecido como o día internacional da loita do movimento obreiro polos dereitos laborais, ... e pola súa emancipación do xugo do Capital. En todos os países do mundo a Clase Traballadora sae á rúa para reivindicar os seus dereitos laborais inmediatos, manifestar a solidariedade internacionalista coas traballadoras e traballadores que máis directamente están padecendo a agresión Capitalista, contra a guerra imperialista, pola cultura da Paz, ... para rexeitar o actual modelo produtivo, na actualidade, consecuencia da globalización neoliberal, reclamando un outro modelo social xusto, democrático, solidario, diverso, igualitario e fraternal, oposto ao modelo ditado polo capitalismo transnacional e financeiro, que non é mais que unha 'ditadura dos mercados' que só xera guerras, violencia, masas de desempregados, perda de dereitos e máis pobreza.

Non queremos disertar máis do que xa coñecedes a fondo, só queremos un pouco de reflexión colectiva. Sabemos que é difícil a unidade sindical, aínda que nos piquetes da última folga xeral do 29M demostramos que era posíbel, de todos os xeitos, a noso pesar, as diferencias na política sindical impiden un 1 de Maio unitario. Mais o que pedimos é unha reflexión sobre o que desde 1889 forma parte da conciencia colectiva da Clase Obreira: a unidade de Clase contra o Capital. De como podemos, nesta Comarca, deixando ao marxe as diferencias, manter a unidade, como así vemos que é posíbel no sector naval, na administración, ... nos piquetes do 29M.

Historicamente o 1 de Maio é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe a todas as persoas torturadas, encadeadas, asasinadas no transcurso da loita obreira polas conquistas e dereitos, laborais, sociais e políticos. Mais non deixa de ser unha festa obreira onde nos recoñecemos e confraternizamos, polo que propomos a vosa central sindical que convoque á afiliación a un xantar fraternal no Parque Pablo Iglesias de Ferrol (situado entre a Avenida d'As Pías, a Rúa Nova de Caranza e os institutos do barrio de Recimil), non fai falta poñer-se de acordo, só hai que convocar nun mesmo lugar onde reunir-nos, cada quen que leve o seu xantar, quen queira que poña un toldo ou non. Pensamos que o parque reúne todas as condicións para ser un lugar onde pasar unha boa tarde despois das manifestacións, onde a Clase Obreira desta Comarca recupere o seu espazo unitario nun xantar popular e colectivo. Hai espazo suficiente, para xantar, para xogos, para a música, para as palestras, para os postos de difusión de materiais e venda de libros.

Animamos-vos a reflexionar sobre esta posibilidade, fagamos tamén deste día unha xornada de confraternización quedan moitos días de loita conxunta en defensa e pola conquista dos nosos dereitos e a liberdade.

Viva o 1º de Maio ! Viva o Internacionalismo Proletario ! Viva a Loita da Clase Traballadora !
Viva a Solidariedade Obreira !  Viva a unidade da Clase Traballadora !

Caranza, 17 de Abril de 2012

No nome da Asemblea do Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos
Daniel Melcón  e André Martínez Ces

Centro Social d'A Revolta | Rua Alcalde Quintanilha | L-3 Local nº2 - Praza do Anfiteatro das Rosas | Caranza | 15406 Ferrol - Galiza | Telefone do Coordenador do Colectivo: 605 455 340 [André]

CONVITE

Os nosos compañeiros desprazaron-se a cada local social dos diferentes sindicatos para falar en persoa cos seus responsábeis que de entrada se mostraron receptivos coa iniciativa, mais polo que intuímos e sabemos, non cremos que a vaian secundar, mesmo a CIG decidiu apoiar unha iniciativa da plataforma 'Queremos Galego' de facer unha churrascada no Cantón onde remata a manifestación deste sindicato. Cando mesmo o podía facer dun xeito unitario no Parque 'Pablo Iglesias'. A nosa asociación segue mantendo a iniciativa de que fagamos entre todos e todas ese Xantar Fraternal, Obreiro e Popular do 1º de Maio, no 'Parque Pablo Iglesias' de Ferrol e por iso polo que vos chamamos a participar neste acto fraternal e unitario despois de celebradas as manifestacións obreiras que transcorrerán polas rúas de Ferrol.

a.revolta.de.trasancos@gmail.com
a-revolta-de-trasancos.blogspot.com

Enviado por:
Colectivo A Revolta
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
27 de abril de 2012 10:43
__________

Bartoleta Teatro representou “Yerma” de Federico García Lorca no Torrente Ballester - Fotos


Bartoleta Teatro agradece o apoio de todo o público, amigas e amigos, que encheron onte o C.C. Torrente Ballester, na súa representación de “Yerma” de F. García Lorca, Dirección : Helga Méndez.

Blogue do grupo de Teatro:
http://bartoletaferrol.wordpress.com/

Enviado por:
bartoleta teatro
-bartoletaferrol@hotmail.com-
28 de abril de 2012 18:05
__________

Portada do ABC de hoxe

-Sin palabras-

____________________________

Os perigos do gas natural licuado LNG/GLN - Vídeos


Videos realizados pola Veciñanza Autoconvocada do Pobo de Escobar, Asociación Ambientalista de Escobar (http://www.aapescobar.com.ar/), Asociación Ambientalista Tallárelos, Asemblea Río da Prata Cuenca Internacional (http://riodelaplatacuencainternacional.blogspot.com/)



http://youtu.be/6871x7i-qrM
http://youtu.be/SrqNGqC4VE8
_____________

"Sobrábanos coraxe para dar volta a taba da historia arxentina" - Cristina Kirchner, nun grande acto multitudinario no estadio e contorna de Velez


ARXENTINA

MULTITUDINARIO ACTO KIRCHNERISTA NO ESTADIO DE VELEZ
Cristina Kirchner: "Sobrábanos coraxe para dar volta a taba da historia arxentina"

Ante unha estadio de Vélez repleto de militantes, a presidenta Cristina Kirchner agradeceu "a festa de xúbilo e nacionalidade", sostivo que a "historia é unha construción política de vontade, traballo e compromiso" e destacou que o 27 de abril, cando Néstor Kichner obtivo o 22 por cento dos votos nas eleccións de 2003, "comezamos a escribir a nosa historia e xamais volveremos permitir que a escriban desde fóra e desde intereses contrarios aos da patria". A 9 anos daquela xornada electoral, a mandataria recordou que, a falta dunha segunda volta que lexitimara a elección de Kirchner, "construímos a forza a base de políticas para cambiar o destino histórico da Arxentina". Nese sentido, a xefa de Estado resaltou: "Quen podía imaxinar ese 25 de maio de 2003 que íamos lograr as cousas que fixemos e desprendernos dese lastre que significaba a débeda. Quen pensou que os asasinos e xenocidas ían ser xulgados polos xuíces e leis da Constitución".


Segundo confían os organizadores do encontro, o primeiro acto masivo do segundo mandato de Cristina Kirchner, que nun principio fora convocado como unha demostración da capacidade de mobilización do kirchnerismo “puro”, converteuse nunha demostración de respaldo ás decisións tomadas polo goberno nacional, como a reforma da Carta Orgánica do Banco Central, a expropiación de YPF e o anteproxecto de reforma do Código Civil.

A recuperación de YPF, sen dúbidas, modificou o ánimo ao redor do acto en Vélez, do mesmo xeito que o clima político. Quizá por iso, a convocatoria, que en principio apuntaba a certo kirchnerismo “de paladar negro” (en palabras dun dos organizadores), terminou volvéndose masiva, a tal punto que tiveron que sumarse máis pantallas e equipos de son nos arredores do estadio para que aquelas persoas que eventualmente non poidan ingresar seguiran as súas alternativas desde a contorna do estadio. Calcúlase que, entre o campo e as tribunas, hai lugar para unhas 80 mil acodes no Amalfitani.

A convocatoria naceu dunha quincena de agrupacións, entre as que se destacan a Cámpora, o Movimento Evita, o Peronismo Militante, Miles, Corrente Peronista Nacional, a Corrente Nacional da Militancia, Novo Encontro, Kolina, Foetra, Frente Transversal, Frente Grande, Partido Comunista e Carta Aberta. Mais non tardaron en somar-se outros actores, como as Nais de Praza de Maio, algúns sectores da CTA e a CGT e algúns gobernadores: o bonaerense Daniel Scioli confirmou o martes a súa asistencia xunto coa do peronismo provincial.

Varios intendentes da contorna urbana, como Jorge Ferraresi (Avellaneda) e Darío Díaz Pérez (Lanús), formaron parte da iniciativa desde o principio, mentres que outros se sumaron sobre a marcha, como onte Gabriel Katopodis (San Martín). A Consígna –Unidos e organizados– remite á intención de dotar ao kirchnerismo de certo organicismo.


Cristina Kirchner dedicoulle o acto aos mozos: "Os custodios deste legado histórico son todos vostedes".
100 mil persoas asistiron en Vélez á homenaxe do triunfo de Néstor Kirchner nas eleccións de 2003; a Presidenta foi a única oradora.

Vestida de negro, desde un atril coa frase "Unidos e organizados" e rodeada no escenario por todos os ministros do seu gabinete, lexisladores nacionais, gobernadores e personalidades do recuncho oficialista, a Presidenta recorda hoxe o noveno aniversario das eleccións de 2003, que gañou Néstor Kirchner pese a quedar detrás de Carlos Menem na primeira volta.

"Fai exactamente 9 anos atrás esta militante xunto ao seu compañeiro de toda a vida esperaba os resultados dunha elección que explotara e que definía neses días o seu destino", expresou a xefa de Estado. "Xamais permitiremos que escriban a historia arxentina desde fóra", agregou nos primeiros momentos do seu discurso, escoitada por unhas 100.000 persoas, segundo os organizadores.


A Presidenta dedicoulle palabras directas á mocidade. "As novas xeracións son as que teñen que tomar as bandeiras para seguir cos ideais de 200 anos de historia. Para que as nosas illas Malvinas volvan formar parte das nosas institucións", sostivo, e agregou: "Son vostedes os que teñen que seguir escribindo a súa propia historia. E deben facelo baixo o lema deste acto 'Unidos e organizados'".

Ademais, agradeceu o apoio á oposición polo acompañamento no Senado do proxecto de expropiación de YPF, que será votado en Deputados a próxima semana. "Grazas a todos os que o fixeron posible. Esta non é obra dun partido ou dun sector, é de todos os arxentinos e para todos os arxentinos", subliñou.

Organizado pola Corrente Nacional da Militancia, todas as agrupacións kirchneristas están presentes no estadio: a agrupación fundada por Máximo Kirchneri, a Cámpora; o Movimento Evita, de Emilio Pérsico; a JP Evita; a Frente Transversal, liderado por Edgardo Depetri; Kolina, promovida por Alicia Kirchner; o partido Novo Encontro, de Martín Sabbatella; e o Miles, de Luís D'Elía. Tamén participaron outras forzas como a Tupac Amaru, Martín Fierro e a Juan Domingo.

O gran ausente é o titular da CGT, Hugo Moyano, que non foi invitado a participar nin a mobilizar traballadores.

"Quen pensaba que íamos poder perder ese lastre da débeda externa, que os asasinos e xenocidas ían ser xulgados pola Constitución, que finalmente nos íamos a sacar de encima ao Fondo Monetario Internacional e hoxe vémolo coas mesmas receitas vellas e caducas?", preguntouse ao comezo do acto Cristina Kirchner..

Resumen LatinoAmericano
http://www.resumenlatinoamericano.org/

Director:  Carlos Aznárez.
Redacción: María Torrellas, Leandro Albani, Yamila Blanco, Facundo Andicoechea.

Enviado por:
Resumen Latinoamericano
-resumen@nodo50.org-
27 de abril de 2012 23:43

____________

Enlace relacionado:
http://www.presidencia.gov.ar/
_____________________________________