mércores, xullo 11, 2012

Represión en Madrid - O Ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, ordena cargar contra manifestantes en Madrid. Cargas policiais contra a marcha minera. Detencións e moitas persoas feridas - Vídeos actualizando-se

O Ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, ordena cargar contra manifestantes en Madrid. Cargas policiais contra a marcha minera. Detencións e moitas persoas feridas.

Watch live streaming video from spanishrevolutionsol at livestream.com

Fonte: http://www.tomalatele.tv/web/
_____________________________

Traballor despedido por ASFEDRO comeza unha folga de fame e unha acampada para protestar e denunciar os feitos acaecidos até a data de hoxe - Nota informativa para a cidadanía

Cheto Rico Prieto traballador de ASFEDRO (Asociación Ferrolana  de Drogodependencias) foi despedido no mes de setembro de 2011 argumentando motivos económicos; o despido foi demandado e a sentencia xudicial ditaminou a improcedencia do mesmo. Dous días despois de ser readmitido, foi novamente despedido (4 abril 2012).

Hoxe, como acción de protesta e denuncia de todos os feitos acaecidos ata hoxe comezou unha folga de fame indefinida e unha acampada diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galiza en Ferrol. Desde CIG Saúde amosamos a nosa máxima solidariedade co traballador.






Nota Informativa para a cidadanía

En meses anteriores celebráronse dous xuizos por despedimento de dous profesionais traballadoras/es de ASFEDRO. En ambos casos as sentenzas dictaminaron a improcedencia dos despedimentos. Estes dous profesionais foron readmitidos, unha profesional continúa a día de hoxe en ASFEDRO e curiosamente o outro profesional que foi readmitido o 2 de abril e despedido novamente con data do día 4 de abril.

A CIG denunciamos os despedimentos fai meses e hoxe novamente voltamos a mobilizarnos para reivindicar, informar e denunciar estes feitos. É o noso desexo dar a coñecer á sociedade: A Xunta Directiva argumenta repetidamente que trata de fomentar e potenciar a prevención en drogodependencias, mais non sabemos que se fixo estes últimos 3 anos, pois estes traballadores/as despedidas/os non tiveron prácticamente ninguna tarefa, sufrindo actos hostís por parte da Xunta Directiva como represalia as súas lexítimas demandas, solicitando una maior transparencia nas contas da entidade, no emprego do diñeiro publico e de respeto dos seus dereitos profesionais e laborais. Parece claro, que a Xunta Directiva de Asfedro non está polo labor de corrixir as liñas de actuación que está a desenvolver, respecto a este despedimento que non se sustenta no recorte de orzamentos...

Esiximos e debemos velar pola transparencia na xestión dunha entidade que presta servizos sociosanitarios con cartos públicos, que debería cumplir escrupulosamente coas súas propias normas estatutarias, co gallo de democratizar as decisións da asociación a través da participación asamblearia dos seus socios e socias; xestionando as situacións conflictivas e evitando o gasto de cartos públicos, en asesoramento xurídico, para despedimentos que respostan a políticas represivas e non a motivos económicos. Unha vez máis, pedimos a aclaración destas cuestión esixindo a obrigada transparencia na xestión da entidade a nivel de servizos e investimento de cartos públicos, coa publicidade debida ‐dunha necesaria Auditoría‐ aos entes públicos que subvencionan a entidade e a tódolos socios e socias da mesma.

Por todo o anteriromente reflectido.... nos facemos e lles facemos unha serie de preguntas á cidadanía:

Coñece vostede o que está a acontecer con algún/algunha dos/as traballadoras/es de ASFEDRO?

Sabe vostede, que os motivos económicos non son a razón pola que se producen os despedimentos?

Ten vostede, como cidadán, información do uso que se fai dos cartos (máis de 1.000.000  €anuais) que a entidade recibe de fondos públicos?

Sabe vostede si a calidade dos servizos prestados, pola entidade, se veu mermada e si esta merma, estivo fundamentada polos recortes ou pola mala xestión e falla de profesionalidade?

Sabe vostede que as actividades, que realizaban as dúas persoas, que foronobxeto de despido estaban subcontratadas a unha empresa privada (SERVISOL)? E a merma que poido sufrir a calidade do servizo por este motivo? Sabe si a subcontratación coa empresa privada segue existindo  a día de hoxe?

Sabe vostede que experiencia e titulacións profesionais se esixen nesta empresa privada? Sabe que experiencia ten esta empresa privada en prevención e tratamento das drogodependencias? Sabe si teñen máis experiencia que o profesional despedido con 24 anos de traballo en ASFEDRO?

Sabe vostede que entre traballadores hay unha diferencia de salarios de hasta 25.000 €?

CIG SAÚDE.
11 de xullo de 2012.


Noticias relacionadas:

Noticia enviada por CIG Saúde Ferrol: www.cig-saude.org/ferrol
___________

Entrevista do Comité Cidadán de Emerxencia co Fiscal de Mediambiente




O Comité Cidadán de Emerxencia, dentro das actividades emprendidas tras a sentenza do Tribunal Supremo, para instar as distintas instancias oficiais a tomar posicionamento cara ao cese de actividades da Planta de Gas de Reganosa, mantivo o día de onte unha reunión co Fiscal de Medioambiente de Galicia, Don Álvaro García Ortíz.

Nesta reunión, como nas mantidas ate agora cos Grupos BNG e PSdG-PSOE, no Parlamento de Galicia, o CCE fixo unha exposición do seu traballo na última década, contra a corrupción e a ilegalidade que sustentan a Planta  e das accións que considera precisas para rematar con esta ameaza real e mal gasto de recursos públicos, pechando as instalacións e depurando responsabilidades.

PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA
--

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Documentos:
RECURSO CASACIÓN Num.: 451212008 SENTENZA TRIBUNAL SUPREMO | SALA DO CONTENCIOSO·ADMINISTRATIVO SECCIÓN: QUINTA 11.05.2012

T.S.X.GALICIA A CORUÑA SENTENZA: 00311/2008 - COH/AD SEC.2 22.04.2008
Enlace para acceder ou baixar o Cartaz da VI Marcha a Pé entre Ferrol e Mugardos, formato -pdf: |Ir ao Cartaz|
 

Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
11 de julho de 2012 09:05

______________

#AmbSyriza. Entrevista a Stavros Karagkounis, 9 de xullo de 2012 - Vídeo da Entrevista - Vídeo da palestra no @ateneu_roig


O 6 de maio de 2012 unha coalición de partidos de esquerda baixo o nome de Syriza sorprendeu a Europa enteira, ao converterse na segunda forza política máis votada nas eleccións legislativas gregas, forzando a convocatoria de novas eleccións.

O electorado castigara duramente aos partidos favorables ao memorándum imposto pola UE, o BCE e o FMI, cuxas políticas de axuste terán graves consecuencias para o nivel de vida da gran maioría do pobo grego.

Nas segundas eleccións do 24 de xuño Syriza mellorou aínda máis os seus resultados, quedando só a pouco máis de 3 puntos da vitoria. Lonxe de ser un fracaso, os resultados proporcionan unha esperanza aos pobos ameazados polo capitalismo salvaxe que representa a Troika.

Stavros Karagkounis é membro de Syriza e está de visita en Catalunya estes días. Preguntámoslle sobre as claves do éxito do seu partido e si ve posíbel estender o fenómeno de Syriza a outros países europeos.



Unha reportaxe de oscar martínez (@racos1871). Con licenza Creative Commons. Recoñecemento - NoComercial (by-nc): Permítese a xeración de obres derivadas sempre que non se faga un uso comercial. Tampouco se pode utilizar a obra orixinal con finalidades comerciais.

Publicado en 10.07.2012 por

Enviado por:
Oscar Martínez

11 de julho de 2012 08:31

Palestra con Stavros Karagkounis, de Syriza, no @ateneu_roig



Fonte: http://quiendebe.blogspot.com.es/
__________

Ataque frontal do goberno español contra a Clase Traballadora - Vídeo da intervención de Rajoy no Congreso 11.07.2012


O presidente do goberno español, Mariano Rajoy Brey, do dereitista Partido Popular -PP, na comparecencia ante o Parlamento Español, que se está desenvolvendo no transcurso desta mañá -11 de Xullo de 2012- no Congreso dos Deputados, despois dun relatorio de como está a situación económica -á que nos levaron eles (Os gatos Brancos, Negros e Rosados da fábula 'Parlamento de Ratos' (Mouseland) de Tommy Douglas, os banqueiros, corruptos e especuladores de toda caste, anunciou unha batería de medidas do chamado "axuste", en parte consecuencia, din, dos acordos do Consello Europeo, do pasado cume de Bruxelas, que ataca a liña de flotación do constitucional chamado "Estado Social e de Dereito", dixo que non eran "agradables", mais si "imprescindíbeis". Pretenden recortar no "Estado Social" máis de 65.000 millóns de euros en dous anos e medio. Despois das medidas que xa levamos soportando, repagos, recortes, desmantelamentos, privatizacións, e nos últimos días o desmantelamento do sistema de axudas á dependencia. Sendo sempre as persoas máis pobres as afectadas. O goberno dereitista Tamén vai recortar en democracia, ao propor eliminar o 30% dos concelleir@s.

Segundo as axencias de noticias, as medidas, concretan-se en:
  • Modificación da prestación por desemprego: seguirá durando un máximo de 24 meses, e manterase o importe actual durante os primeiros seis meses. Pero a partir de entón, e co obxectivo teórico de "animar á procura activa de traballo", os que se sumen á cola do paro verán minguada o seu prestación a partir do sexto mes do 60% ao 50% da base reguladora.
  • Subida do IVA, con carácter inmediato, de tres puntos no tipo xeral (do 18% ao 21%). O tipo reducido crecerá do 8% ao 10%. Mantense o máis reducido, para os alimentos de primeira necesidade, no 4%.
  • Aceleración da entrada en vigor da reforma do sistema de pensións (retiro aos 67 anos) e da xubilación anticipada.
  • Subida dos impostos do tabaco.
  • Introdución da fiscalidade medio ambiental, baixo o principio, dixo, de "quen contamina, paga".
  • Rajoy anunciou unha "revisión integral da función pública" que realmente esconde un empeoramiento profundo das condicións dos funcionarios. Reduciráselles o número de días de libre disposición, axustarase" o número de liberados sindicais segundo o previsto na lei, se "equipararán condicións de incapacidade ás do resto de traballadores", facilitarase a súa "mobilidade". Pero ademais quitaráselles a paga extra de Nadal polo menos até 2015 (a partir de entón, compensaráselles como achega de fondo de pensións). Tamén deixarán de cobrar esa extra os altos cargos, segundo aclararon despois fontes do Executivo.
  • O "esforzo" pedido aos funcionarios será "compartido" por altos cargos da Administración central, da autonómica e local, e tamén por "deputados e senadores". Anticípase así xa un novo recorte dos seus soldos.
  • Reduciranse xa no que queda de 2012 os créditos a subvencións, gastos correntes e transferencias. Pero o ano próximo, as axudas a partidos, empresas e sindicatos mermarán un 20% máis, cando xa neste exercicio decreceran na mesma cantidade. O corte no gasto ministerial en 2012 será de 600 millóns de euros.
  • O presidente así mesmo sinalou que baixará as cotizacións un punto en 2013 e outro adicional en 2014 (Na parte que lle corresponde pagar á empresa por cada persoa empregada), á vez que eliminará a desgravación por vivenda a partir de 2013
  • Recortarase nun 30% o número de concelleiros. Aplicarase unha "drástica redución" ou eliminación directa das empresas e fundacións públicas no ámbito local para evitar "duplicacións ou triplicaciones de servizos".
  • Leis de unidade de mercado e de flexibilización dos horarios comerciais.
  • Privatización de Renfe, portos e aeroportos.
A "Revolución Liberal" en marcha, concretada, principalmente, nas políticas neoliberais e promovida por toda a dereita occidental, está dando pasos de xigante contra a Clase Traballadora, dinamitando os chamados "estados do benestar", con privatizacións masivas e desmantelamentos de todo o público, incluídas a sanidade e a educación.

Ao mesmo tempo que se anunciaban estas medidas comezaba a matinal Marcha Mineira por Madrid, despois da exitosa marcha nocturna desta madrugada, onde miles de persoas percorreron as rúas da capital do, polo de agora, Reino de España. A manifestación partiu de Colón e transcorre camiño ao Ministerio de Industria, onde esixirán que se paralicen os recortes de 450 millóns de euros no plan de axudas ao carbón, unha rebaixa do 63% cuxa anticipación a 2012 supuxo o inicio do conflito e que pon en perigo a propia existencia dos numerosos pobos das comarcas mineiras.

Xa soan berros de goberno dimisión e Folga Xeral !


__________________

Multitudinario recebimento en Madrid á Marcha Negra - Noite do 10 e madrugada do 11 de Xullo de 2012 - Hoxe Concentración, en Ferrol, en Solidariedade coa Loita Mineira - Vídeos


Multitudinario recebimento en Madrid á Marcha Negra< ... 10 e 11 de Xullo de 2012

Hoxe en Ferrol Acto de Solidariedade coa Loita Mineira,
na Praza do Imno Galego de Esteiro, ás 9 da noite

Persoas pertencentes ás asociacións Fuco Buxán, Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos e Colectivo Ártabra 21, nun encontro espontáneo, valoraron que era necesario que na nosa comarca se convocara algún acto de solidariedade coa loita dos mineiros de Asturias, León e Aragón. Polo que acordan, mediante este correo, convocar a unha asemblea-concentración aberta, a todas as organizacións e persoas que queiran mostrar a súa solidariedade e recadar axuda económica para a caixa de resistencia da loita mineira.

Asemblea-Concentración Aberta
o vindeiro mércores día 11 de Xullo, ás 21:00 hs,
na Praza do Himno Galego do barrio de Esteiro,
coincidindo coa mobilización en Madrid das columnas mineiras que estiveron marchando a pé no transcurso desta semana.














_________________________

Entrevista do Comité Cidadán de Emerxencia co grupo parlamentario do PSdG-PSOE no Parlamento de Galicia


Xuntanza dunha representación do CCE co Grupo Parlamentario do PSdG-PSOE no Parlamento de Galicia o dia 10 de Xullo de 2012


A xuntanza celebrase despois da petición cursada polo Comité Cidadán de Emerxencia a todos os grupos do Parlamento de Galicia, tras a Sentenza inapelable do Tribunal Supremo que anulou a modificación do PXOM de Mugardos que serviu de base para a construción da planta de gas de Reganosa.

Asistiron a reunión: polo Grupo do PsdG-PSOE as deputadas Beatriz Sestayo Doce e Carmen Gallego Calvar e o deputado José Luis Méndez Romeu, e polo CCE, Luz Marina Torrente López, Manuel A. Rguez. Carballeira, Eliseo Zaera Rios e Humberto Fidalgo Couce.

Por parte do CCE, fíxose unha exposición do percorrido administrativo, xudicial e mobilizador ata esta sentenza do Supremo, lembrando o carácter perigoso da planta de Reganosa, unha ameaza para miles de persoas, que acelera a destrución do ecosistema da Ría, sendo ademais unha instalación deficitaria que nos custou, no ano 2011, perto de 58 millóns de euros. Tamén se puxeron en coñecemento do PSdG-PSOE, as actividades irregulares de Reganosa coa carga e descarga de GNL, as novas agresións á Ría, como o dragado da canle de entrada, ou o numero de dias baixo mínimos da planta durante o 2011.

Tendo en conta que a ilegalidade da planta de Reganosa e insubsanable, o CCE recabou unha actuación decidida e coherente do Grupo Parlamentario do PSdG-PSOE o través das seguintes iniciativas parlamentarias:
  • Solicitar do Goberno da Xunta de Galicia, o axeitado cumprimento da sentenza do Supremo
  • Abrir unha Comisión de investigación sobre a actividade de Reganosa.
--

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Documentos:
RECURSO CASACIÓN Num.: 451212008 SENTENZA TRIBUNAL SUPREMO | SALA DO CONTENCIOSO·ADMINISTRATIVO SECCIÓN: QUINTA 11.05.2012

T.S.X.GALICIA A CORUÑA SENTENZA: 00311/2008 - COH/AD SEC.2 22.04.2008
Enlace para acceder ou baixar o Cartaz da VI Marcha a Pé entre Ferrol e Mugardos, formato -pdf: |Ir ao Cartaz|
 

Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
10 de julho de 2012 23:32

______________

Homenaxe nacional ás vítimas da represión franquista 2012 - Domingo 15 de Xullo na Illa de San Simón

Nas vésperas da infausta data do 18 de xullo temos outra vez a oportunidade de lembrar ás vítimas da represión franquista na Galiza nun acto nacional a celebrar na illa de San Simón. Desta volta a intención é poñer a mirada nas novas xeracións da memoria. Descendentes de vítimas mais tamén mozos e mozas quen sen ter un vencello familiar se achegan a memoria como un xeito de comprender o presente que se lle legou.

Os actos celebraranse o domingo 15 de xullo na Illa de San Simón. Comezará coa presentación do proxecto documental “A pegada dos avós” no auditorio e a actuación musical de Samuel Acuña e Elena Romero. Logo de visitar as instalacións da outrora Colonia Penitenciaria farase unha ofrenda floral e solta de pombas no cemiterio, coas intervencións de Pablo Iglesias Núñez (Fillo de Mercedes Núñez, internada no campo de exterminio nazi de Ravensbruck e representante para Galiza de Amical de Mauthausen), Valentín García Bóveda (Neto de Alexandre Bóveda e Secretario da Fundación que leva o seu nome) e Ana Aller (Neta de Enrique Gómez, fuxido e asasinado no 1937).

Fonte: Iniciativa Galega pola Memoria www.igmemoria.org

Qué é a Iniciativa Galega pola Memoria?
A Iniciativa Galega pola Memoria non é unha nova entidade nin ten unha estrutura propia senón que simplemente é o punto de encontro das diferentes asociacións, fundacións, colectivos e persoas que están a traballar pola recuperación da memoria histórica na Galiza, e atopan neste espazo un lugar no que poder sumar esforzos por aqueles obxectivos que son comúns a todas estas organizacións.

A primeira xuntanza como tal prodúcese con motivo da elaboración da chamada lei da memoria histórica co fin de facer unha proposta conxunta, e presentase dito manifesto o 13 de abril de 2007 na sala circular do auditorio de Galiza de Santiago de Compostela.

Celebrouse unha actividade conxunta en solidariedade cos investigadores que estaban a ser xulgados e perseguidos por levar a cabo o seu labor de rescate da memoria secuestrada. As xornadas chamáronse "O dereito a saber, a liberdade de investigar", e tiveron lugar en O Grove o 19 a 22 de setembro de 2007.

Desde aquela as diferentes entidades memorialistas teñen coincidido asinando propostas conxuntas até que finalmente o 12 de xuño de 2010, nunha xuntanza para dar resposta ao anuncio do cambio de usos da Illa de San Simón, acordase formalizar este lugar de encontro co fin de canalizar a comunicación e coordinación entre os diferentes colectivos memorialistas para defender uns obxectivos comúns que se definirían nun manifesto que logo do debate entre as diferentes asociacións, unha vez acordada a adhesión a el, se presentaría a opinión pública o 18 de xullo de 2010 na homenaxe ás vítimas do franquismo na Illa de San Simón.

Manifesto da Iniciativa Galega pola Memoria:
DECLARACIÓN DE PRINCIPIOS DA INICIATIVA GALEGA POLA MEMORIA
  1. Condena do franquismo, que foi declarado en decembro de 1946 pola ONU como un réxime criminal.
  2. Recoñecemento explícito da resistencia antifranquista e de todas as persoas que loitaron pola liberdade.
  3. Declaración da nulidade dos xuízos franquistas, de todos os procesamentos, sentenzas, expedientes, condenas e sancións, tanto durante a Guerra Civil como na posterior Ditadura, ate a aprobación da Constitución española no ano 1978.
  4. Aplicación do dereito internacional sobre as vítimas da represión franquista, incompatible con calquera mecanismo de impunidade: imprescriptibilidade, dereito a saber, dereito á xustiza, dereito á reparación.
  5. Consideración dos crimes do franquismo como delitos contra a humanidade.
  6. Obrigatoriedade para todas as administracións (central, autonómica e local) de retirar dos espazos públicos os símbolos franquistas e as referencias ás persoas relacionadas coa Ditadura.
  7. Apoio á conservación e potenciamento dos arquivos da memoria, tanto públicos como de partidos, sindicatos, fundacións e outras entidades.
  8. Instar á Administración a que apoie aos familiares das vítimas da represión na procura de información, presentación de reclamacións, etc.
  9. Intervención pública das distintas administracións nos labores de localización, identificación das foxas de enterramentos das vítimas do franquismo e, no seu caso, exhumación, divulgando os resultados; elaboración dun protocolo de actuación científica multidisciplinar.
  10. Revisión dos currículos escolares, fomentando e apoiando a elaboración de materiais didácticos sobre o período republicano, a sublevación militar fascista, a Ditadura e a resistencia antifranquista.
  11. Regulación da apoloxía do franquismo como delito e prohibición de toda exaltación do mesmo.
  12. Anulación, seguindo a recomendación da Comisión de Dereitos Humanos da ONU datada o 30/10/2008, da Lei de Amnistía do ano 1977.
En base á devandita declaración de principios, os colectivos acordan presentar as seguintes reivindicacións á Xunta de Galicia:
a) Completar o Proxecto xa iniciado pola Consellería de Cultura denominado “As Vítimas, Os Nomes, As Voces, Os Lugares” relativo á represión franquista en Galicia, coa publicación dos seus resultados, conservando o 100% do seu financiamento.

b) Elaboración por parte do Parlamento Galego dunha Lei para a creación dun Centro da Memoria de carácter público, cuxa finalidade sexa a investigación, a documentación e a divulgación da memoria da represión franquista no noso país, así como a promoción de políticas públicas de memoria .

c) Elaboración dunha Lei específica galega, como xa teñen outras comunidades, sobre ás vítimas da represión franquista, que amplíe os dereitos recoñecidos pola lei estatal.

d) Potenciamento de toda a infraestrutura (oficinas) de atención ás vítimas do franquismo, así como facilitar as xestións para solicitar as axudas e recoñecemento que contempla a lei da Memoria Histórica.

e) En aplicación da Lei da Memoria Histórica, elaboración pola Xunta dun catálogo de todas as rúas de Galicia relacionadas co franquismo, así como monumentos, estatuas, escudos, etc. de exaltación da Ditadura e do levantamento militar de 1936, establecendo un plan para a súa eliminación.

f). Continuidade do Convenio coa Universidade de Santiago e o Instituto de Medicina Legal de Galicia para a exhumación das vítimas da represión franquista. Aplicación da Lei aprobada pola Xunta sobre as foxas. Sinatura do convenio de colaboración co Estado para a localización e exhumación das vítimas, que xa foi cumprimentado por varias comunidades autónomas.

g) Apertura inmediata ao público do Pazo de Meirás e aplicación das sancións correspondentes no caso de que a familia Franco continúe coa súa política dilatoria. Que a Xunta realice xestións para a recuperación do Pazo para o patrimonio público.

h) Promoción por parte da Xunta da investigación para a recuperación da Memoria Histórica, así como o fomento da axuda e colaboración para actividades e iniciativas promovidas por entidades, asociacións e institucións sobre o recoñecemento das vítimas da represión franquista.

i) Consolidar a Illa de San Simón como Lugar de Memoria de especial significación na historia de Galicia e como tal debe ser sinalizado, patrimonializado e promovido. Isto concrétase en:

- Respectar a musealización xa acometida na Illa en lembranza da Colonia Penitenciaria, incluíndo a exposición, as placas de homenaxe e as distintas propostas estéticas xa realizadas.

- Potenciar a Illa como espazo para a realización de actividades relacionadas coa recuperación da memoria histórica, facilitando as visitas de grupos promovidas polas asociacións memorialísticas.

- Levar a cabo o Centro Documental sobre a Memoria da Colonia Penitenciaría da Illa de San Simón, incorporando a documentación histórica depositada en malas condicións no Centro Penitenciario de A Lama.

- Facilitar a realización do acto que, dende o ano 2006, vén celebrándose o 18 de Xullo na Illa como homenaxe nacional ás vítimas do franquismo en Galicia.
Illa de San Simón, a 18 de Xullo de 2010

martes, xullo 10, 2012

Rajoy e a desigualdade ... por Pablo Vaamonde

As medidas adoptadas polo goberno para afrontar a crise converteron a España no país da eurozona con maiores desigualdades de renda. Así o afirma Fernando Salgado nun artigo (La Voz, 01-07-12): “o custe da recesión recae sobre o lombo dos traballadores asalariados e das capas máis humildes da sociedade”. Somos campións de Europa no fútbol mais tamén somos os primeiros noutra clasificación: España é o país da zona euro con maior distancia entre os máis ricos e os máis pobres, o máis desigual dos 17 países que comparten moeda única.  

Este país está nunha situación económica moi delicada. Con 5.6 millóns de parados e case dous millóns de fogares con todos os seus membros sen traballo as familias teñen que botar man dos aforros para afrontar os gastos correntes: o consumo familiar xa supera, por primeira vez, á renda. Máis dramática é a situación dos mozos: o 52 % dos menores de 25 anos non teñen traballo, a mesma porcentaxe que en Grecia. 

Na vez de mirar para o norte de Europa estamos a seguir a senda de EEUU que ten, segundo Joseph Stiglitz, o nivel de desigualdade máis alta de calquera dos países avanzados. Afirma que na actualidade o soño americano é un mito e “hai unha clara tendencia á concentración de ingresos e riqueza na cima, ao valeiramento das capas medias e a un severo aumento da pobreza”. Recorda que, nos anos 2009 e 2010, o 1% dos estadounidenses con maiores ingresos quedouse co 93% do aumento da renda. Ademáis, durante a recesión, os banqueiros, que arruinaron aos pobres mediante préstamos predatorios e prácticas abusivas e levaron a economía mundial e as propias empresas á ruína, recibiron xenerosas bonificacións. 

Vicenç Navarro entende que cando son os moi ricos os que deciden como se utiliza a riqueza, a sociedade ten  problemas graves, porque non invirten para crear emprego senon para conseguir máis diñeiro, “e como se poden sacar máis cartos das actividades especulativas que das inversións productivas resulta que se crea moi pouco emprego”. Quen debe guiar a utilización da riqueza, evitando os seus usos non sociais, é a cidadanía a través do Estado. Cando o capital estivo regulado e as diferenzas de renda eran menores que agora (1945-1980) o benestar social medrou máis que no período neoliberal (1980-2011), no que o capital puido facer o que quixo. A actual crise é o resultado.
Por eso Stiglitz cuestiona a peculiar “teoría do derramo”, moi extendida nos anos noventa, a cal  defende que enriquecer aos de arriba redunda en beneficio de todos. Segundo esta teoría os bos resultados macroeconómicos favorecen en primeiro lugar aos máis ricos para, posteriormente, ir derramándose ao resto da sociedade. A realidade en América Latina, nos EEUU e agora no sur de Europa demostra ben ás claras que o crecemento económico, por sí só, non mellora as condicións de toda a sociedade senon que mesmo pode afondar nas desigualdades.  

Estas teorías, que son difundidas como verdades científicas, pretenden xustificar o inxustificable: a acumulación obscena da riqueza en poucas mans, a explotación dos traballadores e dos pobres e o saqueo das arcas públicas coa complicidade de certa clase política. Estas aseveracións non son froito da ciencia senon da ideoloxía. O que hai detrás é un xeito de entender a vida, as relacións entre as persoas e organización social. Porque hai unha facción da sociedade situada ideolóxicamente nun momento histórico previo á revolución francesa (“liberté, egalité, fraternité”) que defende a desigualdade dos seres humanos. Teñen nostalxia daqueles tempos en que a sociedade estaba perfectamente clasificada: amos e criados, señores e servos, poderosos e súbditos.
 
Os franquistas Luis Moure Mariño e Gonzalo Fernández de la Mora defenderon a súa posición supremacista, que negaba a igualdade entre as persoas, en dous libros publicados nos anos oitenta (“La desigualdad humana”, “La envidia igualitaria”). Mariano Rajoy (un mozo de trinta anos  que comezaba a súa carreira política) publicou dous artigos en El Faro de Vigo (1983 e 1984), nos que reseñaba eloxiosamente estes textos. Lonxe da ambiguedade na que se instalou máis tarde aquí deixa ben clara a súa interpretación do mundo e revela as liñas mestras do seu ideario. Son as mesmas ideas que inspiran agora a súa actuación política. No primeiro dos artigos o actual presidente do goberno afirma textualmente:

“Este libro constituye una prueba irrefutable de la falsedad de la afirmación de que todos los hombres son iguales (…) La estirpe determina al hombre y es un hecho objetivo que los hijos de ´buena estirpe` superan a los demás (…). La desigualdad natural del hombre viene escrita en el código genético (…). La búsqueda de la desigualdad tiene múltiples manifestaciones: en el ansia de ganar, en la lucha por el poder, en la disputa por la obtención de premios, honores, condecoraciones, títulos nobiliarios (…). Todo ello constituye la demostración matemática de que el hombre no se conforma con su realidad. Es la lucha por desigualarse. Todos los modelos que predican la igualdad (…) son radicalmente contrarios a la esencia misma del hombre, y suprimen el natural instinto a desigualarse, que es el que ha enriquecido al mundo y elevado el nivel de vida de los pueblos (…) La imposición de la igualdad privaría a los más capaces de esa iniciativa más provechosa para todos que la igualdad en la miseria, que es la única que hasta la fecha han logrado imponer”. 

Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña

Verdegaia Ferrol denuncia un novo recheo ilegal na zona ferrolá de Papoi



COMUNICADO DE PRENSA: Verdegaia denuncia un novo recheo ilegal na zona ferrolá de Papoi.

Os terreos afectados forman parte dunha braña do Regato de S. Xurxo.

Solicita o cese dos vertidos e a reposición do terreo afectado ao seu estado natural.

O núcleo comarcal da asociación ecoloxista Verdegaia informa que ven de interpoñer unha nova denuncia ante o Servizo de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, o Concello de Ferrol e Augas de Galicia pola execución ilegal dun novo recheo nunha braña do Regato de San Xurxo no lugar de Papoi, parroquia de Marmancón, Concello de Ferrol, destinado tradicionalmente á sega de herba pola sua alta hidromorfía. No mes de marzo do pasado ano xa se denunciou outro recheo ilegal nas inmediacións deste,  cuxo propietario do predio foi sancionado requeríndolle, ademáis, a retirada dos materiais sen resultado satisfactorio pois, a día de hoxe, continúan no mesmo lugar.

O recheo está a ser efectuado pola empresa “Excavaciones Migasa. S.L.” e segundo nos confirmaron no departamento de urbanismo do Concello de Ferrol existe unha solicitude para efectuar os recheos que actualmente está en fase de tramitación, pendente de varios informes da Xunta de Galicia, mais todavia sen outorgarlle autorización. Non obstante a empresa procedeu ao recheo da braña a sabendas de carecer a correspondente licenza.

A zona afectada está calificada polo Plan Xeral de Ordeamento Municipal de Ferrol coa Ordenanza 21 de conservación e protección das zonas de cultivo, da paisaxe agrícola e das riveiras fluviais (art. 152). De acordo con esta Ordenanza “Cando existan zonas naturais pantanosas, xuncais, brañas e calquera outro elemento que forme parte do sistema húmido, ditos elementos consideraranse incorporados á ribeira fluvial e as zonas de policía mediranse desde a liña de contacto de ditas zonas cos terreos agrícolas colindantes”.Polo tanto, a braña afectada forma parte do D.P.H. e non da Zona de Policía como nun principio se podería pensar pois, debido ás enchentes do regato, con frecuencia o terreo afectado queda asulagado pola auga; por este motivo procédese, neste caso ilegalmente, ao recheo da braña para darlle outros usos alleos á sega tradicional.

O artigo 234 do Regulamento de Augas proíbe, con carácter xeral “(…) Acumular residuos sólidos, escombros o sustancias, cualquiera que sea su naturaleza y el lugar en que se depositen, que constituyan o puedan constituir un peligro de contaminación de las aguas o de degradación de su entorno (…)”.

Por outra banda, o val fluvial do Regato de San Xurxo foi proposto por Verdegaia ante a Xunta de Galicia como espazo a integrar na Rede Natura 2000, ao albergar hábitats naturais de interese comunitario como, por exemplo, Fragas aluviais de Alnus glutinosa (Cod. 91E0*) ou Prados húmidos de herbas altas do Molinion-Holoschoenion (Cod. 6520), entre outros.

Á marxe das sancións que teñan lugar, desde Verdegaia solicitamos que se denegue a posibilidade de legalizar o recheo por feitos consumados e se lle dea prioridade á reposición do terreo ao seu estado natural. Asimesmo, demandamos dos organismos públicos competentes (Concello de Ferrol, Xunta de Galicia,…) que extreme a vixiancia nas zonas ambientalmente sensibeis do concello co obxecto de evitar este tipo de agresións, así como a denegación de calquera solicitude de recheo neste tipo de ámbitos de carácter hidromorfo.

http://www.verdegaia.org/

ferrol@verdegaia.org

Enviado por:
Verdegaia-Ferrol
-ferrol@verdegaia.org-
10 de julho de 2012 11:52

_____________

A instancia do movimento veciñal, tivo lugar unha reunión con responsábeis municipais, sobre o incumprimento da actual 'Ordenanza de Terrazas' e a nova normativa que se está fraguando de costas ao, xa citado, movimento veciñal


Desde a AV de Esteiro queremos clarexarlles que á xuntanza coas entidades asociativas, na que asistiron arredor de 20 entidades (non asistiu ningunha do barrio da Madalena), non estivo presente o Concelleiro de Urbanismo e Obras, Guillermo Evia, que sí estivo presente na xuntanza cos empresarios da Hostalería e Comercio. É coñecido por todos e, desde a Asociación Veciñal de Esteiro, o temos denunciado repetidamente, que ese concelleiro non se reune con ningunha entidade veciñal.        

Asistiron Alejandro Lantry, José Manuel Vilariño, José  Polo, e unha técnica de Urbanismo.

Nesa xuntanza foi-nos entregado o borrador da nova ordenanza, que xa leva meses discutindose cos empresarios de Hostalería.
        
Na xuntanza de onte o Concelleiro Alejandro Lantry manifestou que na actualidade, a maioría de terrazas incumpría a actual ordenanza, o que motivou a pregunta de : Por qué o Concello non facía cumprir a legalidade? Que garantías ía haber de que a fixese cumprir no futuro?

Denunciou-se a situación de ocupación grave do espazo público en Ferrol Vello, Praza de Amboaxe, Inferniño e Avenida de Esteiro.

Por parte das Asociacións de discapacitados denunciouse que non se contase previamente con eles antes de facer Ordenanza ningunha e da necesidade de harmonizar as terrazas coa accesibilidade das persoas. Denunciouse a pasividade do Concello diante da colocación de bocois en beirarrúas estreitas que impiden a circulación das persoas e moito máis se teñen algúnha discapacidade é se propuxo que o colectivo de discapacitados tiña que ser, preferentemente, escoitado na elaboración de Ordenanzas.

Foi motivo dunha denuncia especial a intalación ilegal dunha terraza pechada e que ten persianas de ferro no Cantón, xunto á rúa do Carme e outra na rúa Coruña, xunto ao Xulgado que invade un xardín e mesmo cortaron unha árbore para a súa instalación. Non houbo resposta por parte dos Concelleiros. A instalación de mostradores na rúa, que prohibe a actual ordenanza e tampouco contempla a futura, como ocorre en Ferrol Vello e na Praza de Amboaxe.
        
Por parte das Asociacións de diversidade funcional manifestou-se que as terrazas non se debían autorizar pegadas aos edificios xa que dificultaban a circulación das persoas con visión reducida e que precisan do tacto para a súa orientación.

Se demandou que se regulase a instalación de televisores na rúa e que na Rúa Dolores e Galiano e en todas aquelas que están permanentemente pechadas ao tráfico que as terrazas se instalasen no centro da rúa e non pegadas aos edificios.

Tamén se propuxo que a Ordenanza nos se quedase na Regulación sobre Terrazas, senón que se regulase a utilización, en xeral, do espazo público, en rúas e prazas.
        
Como idea xeral se lle trasladou ao Concello que ten que primar o goce dos espazos públicos, especialmente nas Prazas, por parte da cidadanía fronte aos intereses lucrativos dos empresarios da Hostalería. Se manifestou a vontade de que se permita a instalación de terrazas, pero sen a colocación de elementos fixos na rúa e revisando a taxa de ocupación que se considerou "a prezo de saldo" nestes momentos e nunca excedendo o ancho do establecemento nin a ocupación de máis dun terzo da rúa. Non se permitirán terrazas onde a beirarrúa teña menos de tres metros.
        
Quedamos comprometidos a presentar alegacións, a través do rexistro ou por correo electrónico, antes do mércores día 18 de xullo e se propuxo que na Comisión de Seguimento que se vai crear para analizar solicitudes concretas que non figuran na Ordenanza, ademais dos técnicos do Concello haxa representantes das asociacións de diversidade funcional e das veciñais.


A noticia da reunión cos empresarios da Hostalería e Comercio nos medios:

O Concello trata con hosteleros e veciños a estética das terrazas
Díario de Ferrol

O Concello pide que as terrazas respecten a estética da cidade | Esixe que o seu deseño teña en conta o «valor patrimonial» de Ferrol
La voz de Galicia

ASOCIACIÓN GRUPO DIVERSIDADE FUNCIONAL FERROL E COMARCAS
R/Colon esq. Mendizabal B/4 P/5 Baixos 38-39 15406 Ferrol
Tlf: 981930544, Mobil: 620485450
E-mail: diversidadefuncionalferrol@hotmail.com
Blog: http://rachandobarreiras.blogspot.com

Enviado por:
Asoc. Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas
-diversidadefuncionalferrol@hotmail.com-
10 de julho de 2012 12:06
Ordenanza de terrazas. Por se fora do voso intéres. Mari Morado.

________________

As dúas somos mamás - Denuncian discriminación no Rexistro Civil de Ferrol


Denuncian discriminación no Rexistro Civil de Ferrol

As dúas somos mamás

Un matrimonio formado por duas mulleres denuncia unha discriminación no Rexistro Civil de Ferrol. A parella tivo dous mellizos e foinos inscribir no xulgado de paz de Fene, concello de onde é natural unha delas. Como xa había un precedente, a funcionaria púxose en contacto co xulgado de Ferrol do que depende. Aló indicáronlle que non era posible inscribir aos pequenos no Libro de Familia do matrimonio. Debían inscribirse como fillos naturais, mentras que a esposa tería que adoptalos e figurar como nai adoptiva. Finalmente foi o concello de Outeiro de Rei de onde é natural unha das nais, o que inscribíu aos pequenos no rexistro co único requisito de presentar o DNI das duas e o Libro de Familia, do que dispoñen despois de casar hai dous anos.

Radiofusion  10.07.2012
http://www.radiofusion.eu/

Enviado por:
Radiofusion
-radiofusion@radiofusion.eu-
10 de julho de 2012 11:55

_________

Resolucións da Asemblea Cidadá en Defensa da Ría, na loita contra o despropósito gasista de Reganosa, celebrada en Caranza o 9 de Xullo de 2012 - Fotos e Audios - Documentación - Cartaz VI Marcha a Pé entre Ferrol e Mugardos



Resolucións da Asemblea Cidadá. Fotos e audio
.

Onte, lúns 9 de xullo de 2012, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, e cunha nutrida representación das entidades que o conforman e numerosas participacións personais, celebrouse a Asemblea Cidadá, na que se analizou a situación actual da Planta de Gas, tras a Sentenza do Tribunal Supremo que ven a confirmar a ilegalidade da ubicación de Reganosa e das actuacións administrativas que autorizaron o seu funcionamento.

Súmase agora a súa condición de ser unha Planta innecesaria, deficitaria, destrutora do medio e da economía da Ría e unha ameaza permanente para a poboación, unha nova e grave situación: Declarada xudicialmente ilegal, carece de cobertura de riscos ante calquera dano producido.

Coincide a celebración desta Asemblea co fallo xudicial (unha condena de sete meses, seis de seis e unha absolución) contra os oito mariscadores acusados de impedir no 2007 a entrada dos gaseiros. Aquelas accións, como toda a cidadanía sabe, e o xulgado decide ignorar, foron convocadas polo CCE participando nelas, amais de numerosos mariscadores, máis de duascentas persoas cuxa autoinculpación foi desestimada, nun claro intento de desvincular o tema do que era a súa principal motivación: A defensa da vida e da ría fronte a ameaza de Reganosa e do ilegal tráfico de gaseiros.

A Asemblea acordou seguir amosando a súa solidariedade cos traballadores e traballadoras do mar, e continuar co seu apoio caso de recorrerse a sentenza.

Para o CCE e para a Asemblea Cidadá quedou claro que a sentenza inapelable do T.S. Marca unha nova etapa de traballo que irá centrada en esixir dos poderes públicos a paralización da actividade de Reganosa.

Desde o ámbito institucional, se emprenderán accións ante o Valedor do Pobo, a Fiscalía Anticorrupción, e os Parlamentos, instando o peche de Reganosa e a depuración de responsabilidades. Tamén no eido local serán presentadas Mocións solicitando o posicionamento dos Concellos ante a nova situación da Planta.

Nas próximas datas terán lugar unha serie de accións encamiñadas a dar a coñecer a cidadanía todas estas actividades emprendidas.

Rematou a Asemblea, convidadando a toda a cidadanía a participar na VI Marcha a Pé Ferrol – Mugardos, que partirá ás 17 hs, do venres 20 de xullo do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, para chegar aprox, as 9 da noite á Praza do Mercado de Mugardos, onde se celebrará un sinxelo acto de confraternidade, con música e viandas como é habitual.


Audios da Asemblea:

1 .- Asemblea Cidadá en Defensa da Ría, na loita contra o despropósito gasista de Reganos - Audio -1



Ir a descargar


2.- Asemblea Cidadá en Defensa da Ría, na loita contra o despropósito gasista de Reganos - Audio -2



Ir a descargar


3.- Asemblea Cidadá en Defensa da Ría, na loita contra o despropósito gasista de Reganos - Audio -3



Ir a descargar


Audios: Comité Cidadán.


Fotos:  Susete'70Galería do Comité Cidadán.
--

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Documentos:
RECURSO CASACIÓN Num.: 451212008 SENTENZA TRIBUNAL SUPREMO | SALA DO CONTENCIOSO·ADMINISTRATIVO SECCIÓN: QUINTA 11.05.2012

T.S.X.GALICIA A CORUÑA SENTENZA: 00311/2008 - COH/AD SEC.2 22.04.2008
Enlace para acceder ou baixar o Cartaz da VI Marcha a Pé entre Ferrol e Mugardos, formato -pdf: |Ir ao Cartaz|
 

Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
10 de julho de 2012 10:44

______________

Acto de solidariedade, en Ferrol, coa loita dos mineiros de Asturias, León e Aragón: Mércores 11 de Xullo - A loita mineira e a crise do xornalismo - Vídeo


Persoas pertencentes ás asociacións Fuco Buxán, Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos e Colectivo Ártabra 21, nun encontro espontáneo, valoraron que era necesario que na nosa comarca se convocara algún acto de solidariedade coa loita dos mineiros de Asturias, León e Aragón. Polo que acordan, mediante este correo, convocar a unha asemblea-concentración aberta, a todas as organizacións e persoas que queiran mostrar a súa solidariedade e recadar axuda económica para a caixa de resistencia da loita mineira.

Asemblea-Concentración Aberta
o vindeiro mércores día 11 de Xullo, ás 21:00 hs,
na Praza do Himno Galego do barrio de Esteiro,
coincidindo coa mobilización en Madrid das columnas mineiras que estiveron marchando a pé no transcurso desta semana.

Ferrol, 9 de Xullo de 2012

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
10 de julho de 2012 00:35

http://lupeces.blogspot.com/

_______________



A loita mineira e a crise do xornalismo



O pasado 22 de xuño comezou a III Marcha Mineira, unha aposta dos mineiros de dar visibilidade á protesta ante o cerrazón do Goberno a negociar o recorte de 200 millóns de euros que levaría á desaparición do sector do carbón no país. Está previsto que cheguen o 11 de xullo a Madrid, onde se prevé que haxa miles de persoas apoiando as reivindicacións do sector, o único realmente mobilizado en plena época de recortes no gasto social, axudas multimillonarias á banca, medicamentazos e ameazas de subidas do IVA e doutros impostos.

As concas mineiras levan desde o 30 de maio en folga indefinida, cun apoio importante da poboación, tanto nas zonas afectadas como no resto do país, que, compartindo ou non todos os seus métodos de protesta, entende que se están xogando o pan dos seus fillos.

Non se repetiu este apoio nos medios de alcance nacional, que pasaron de ignorar o conflito, a destacar só as accións de violencia ou os xestos de apoio político no Congreso á loita mineira, a irrupción das mulleres dos traballadores no Senado (coa consiguente expulsión) ou a negativa de Juan Morano, senador do PP, a apoiar unhas contas públicas que certificaban a morte do sector mineiro no país. Nos últimos días, en gran medida grazas ao apoio dos líderes de UGT e CCOO á Marcha Negra, nas escaletas dos informativos de televisión puidéronse ver colas co día a día do periplo cara á capital.

Ante a evidencia duns medios que, en xeral, non están prestando atención ao conflito, os mineiros decidiron organizarse: abriron contas de Twitter, que manteñen moi activas, para contar o que ocorre cada día (@PorAsturies , @Mineros_Leon @MarchaNegra ), crearon unha radio comunitaria e emiten un programa diario da Marcha Negra (http://www.javiermanzano.es) e, en xeral, decidiron dar as costas aos medios de comunicación tradicionais, actitude máis que xustificada si se ten en conta o ocorrido hoxe.

O ministro de Industria convocou onte aos sindicatos mineiros a unha reunión para desbloquear o conflito. Durante a reunión, non só non ofreceu ningunha alternativa, senón que insistiu en que o Plan do Carbón acaba en 2018 e que non se pode renegociar, nun exemplo de desviar a atención porque do que se trata hoxe é de tratar que se cumpran cos acordos asinados até 2018.

Ao mesmo tempo que seguen os peches de mineiros e a Marcha Negra, un grupo volveu a facer visible o conflito cortando estradas e liñas férreas; onte houbo 11 detidos e hoxe volvéronse a producir incidentes, o que motivou que os antidisturbios entren, de novo, a Ciñera, León, onde volveron a manter un duro enfrontamento cos mineiros que alí resistían. Hai polo menos detidos, e seguramente non che decataches do ocorrido porque ningún medio de comunicación considera que isto sexa noticia.

A axencia Europa Press envorcou o primeiro teletipo ás 17.04 horas de hoxe (Titular: “Os antidisturbios interveñen en Ciñera (León) despois de que un grupo de mineiros cortase a N-630 e a liña férrea”) e os informativos de televisión seguen centrados nas celebracións da Eurocopa, polo que non emitiron nin sequera colas do ocorrido, malia que os veciños falan dunha forte presenza policial e de uso de material antidisturbios de xeito indiscriminado.

Por outra banda, Juan Morano adiantou que solicitará a súa baixa como militante do PP e abandonará o Grupo Parlamentario Popular da Cámara Alta, de modo que pasará a formar parte do Mixto, despois de que se coñecese que a Dirección Nacional do PP suspendeulle temporalmente de militancia e abriulle expediente polas críticas vertidas contra o Goberno e por romper a disciplina de voto na aprobación do recorte no sector do carbón.

Desde fai anos vénse falando dunha crise do xornalismo en canto ao modelo (o choque co modelo que impulsan as novas tecnoloxías, unido á crise económica, materializada no número de anunciantes, levaron a 7.000 xornalistas ás listas do paro).

Con todo, tanto a adoración deportiva á selección española de fútbol como o silencio informativo ante unha noticia que cumpre case todos os principios que mencionamos antes para que un feito sexa noticiábel certifican que a crise empeza pola base do negocio. Moitos xa non saben diferenciar unha noticia do que non o é, de maneira que a reflexión comeza desde a mesma base: Ás cinco W ás que hai que dar resposta (Quen, como, cando, onde e por que en inglés) engádense agora outros interrogantes aínda máis importantes: Quen son, que fago e onde vou?

Neste contexto, poderían tomar o ocorrido hoxe en Ciñera, e o silencio mediático, como o principio dunha reflexión profunda. Non somos optimistas respecto diso.



Fonte: COOP57



http://youtu.be/FlnOn3qYBbE
__________________

luns, xullo 09, 2012

Un Cru espertar - O colapso do petroleo - Vídeo Subtitulado

Un documentario imprescindible no que se nos advirte maxistral e desesperadamente do gran erro da sociedade actual: ignorar que os combustibles fósiles non poderán seguir abastecendo a ritmos crecentes as economías, tampouco as dos poucos países ricos, e crer ademais que temos substitutos por si escaseasen o petróleo e o gas natural e que eses substitutos pódense implantar da noite para a mañá. E non son os gobernos e os directivos das corporacións os desinformados, eles sábeno. É o cidadán da coche (“do montón” debería ser pero non é) o que non quere baixarse del e aplaude políticas de crecemento económico. Os políticos non poden facer máis que o que nós lles pidamos, esas son as regras que a cidadanía ditou e son as que agora ten: cabo pois que os cidadáns dean o primeiro paso, avisando aos seus representantes de que están listos para asumir as políticas necesarias para organizar unha contorna económica radicalmente máis simple, non podemos botarlles a culpa do crecemento aos nosos representantes mentres á vez pedímoslles crecemento sen obxectivo algún e a perpetuidade.

E para iso fai falta, está claro, que os cidadáns coñezan a realidade, para que poidan decidir apoiar esas medidas. O documental Un cru espertar pode axudar a iso.

Un Crudo despertar - El colapso del petroleo | Subtitulado from Humanidad en Transicion on Vimeo.


Ficha técnica
Dirección: Ray McCormack. Basil Gelpke.
Título Orixinal: “A Crude Awakening: The Oil Crash”
Guión: Basil Gelpke, Ray McCormack
Produción: LAVA Productions AG
Productor: Basil Gelpke, Ray McCormack
Montaxe: Giorgia Wyss
Fotografa: Frank Messner
Música: Daniel Schnyder, Philippe Kuhn
País: Suiza
Ano: 2006
Duración: 85′

Fonte: http://cinereverso.org/
______________________

Conclusións da importante reunión do Comité Cidadán de Emerxencia con Esquerda Unida

Conclusións da importante reunión de traballo EU - CCE

O pasado día 6, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol mantivo unha entrevista cunha delegación de Esquerda Unida, encabezada polo deputado no Congreso, José Luis Centella.

No transcurso da reunión analizouse todo o concerniente á perigosidade da Planta de Gas de Reganosa, a súa condición deficitaria e innecesaria, amáis da recente Sentenza inapelable do Tribunal Supremo que confirma a ilegalidade da ubicación de Reganosa.

Por parte do CCE confírmase a determinación das máis de 60 entidades sociais que o compoñen para continuar unha loita de máis de 10 anos, agardando unha favorable resolución que poña punto final a esta ameaza permanente, acadando o peche definitivo da Planta.

Esquerda Unida vai levar a cabo unha serie de accións, no eido institucional, exixindo o peche de Reganosa :
Desde o Congreso dos Deputados para levar o escándalo Reganosa á Fiscalía Anticorrupción do Estado.

Desde o Consello Comarcal de EU, presentando de inmediato aos Plenos dos concellos da comarca unha moción para que éstes se pronuncien ante a ilegalidade manifiesta na que se encontra a Planta, tras o fallo do Supremo, e reclamando a creación dunha Comisión de Investigación que depure as responsabilidades das ilegalidades e connivencias entre os poderes económicos e políticos.

O Comité Cidadán de Emerxencia e EU afirmaron a súa decisión de manter ate o final a máis estreita colaboración para gañar seguridade e vida para a nosa veciñanza e a nosa ría, para derrotar o escándalo Reganosa.

Ler o Comunicado de EU

Lúns 9 de xullo:  Asemblea Cidadá, aberta a toda a cidadanía, 20 hs, no Instituto Carvalho Calero, Avda. Castelao, Caranza.

Venres 20 de xullo:  ás 17 hs, desde o Parque Carmelo Teixeiro de Caranza,  VI Marcha a pé a Mugardos.



Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
8 de julho de 2012 14:34

_____________

A segunda Burbulla, ... Por Enrique Barrera

Por Enrique Barrera [*]
09.07.2012


Hai outra burbulla en España esperando o seu momento para estalar: a gasística. As empresas enerxéticas fixeron desde o 2006 unha aposta errada pola construción de 50 ciclos combinados que funcionan actualmente ao 20% da súa capacidade e de cinco novas plantas regasificadoras, até chegar a nove, máis que ningún outro país de Europa (Francia só ten dúas e Alemaña ningunha). Son activos tóxicos que a banca mantén sobrevalorados nos seus balances. Nesta bomba de reloxería financeira ocupa un lugar preferente REGANOSA, declarada ilegal polo Tribunal Supremo fai unhas semanas, que non alcanza o 40% do seu funcionamento previsto, que estivo 65 días no mínimo técnico e outros 285 por baixo. O resultado é o seguinte:  forte endebedamento do sector, subida artificial da tarifa que pagamos os usuarios e frenazo ás enerxías renovábeis.

Publicado no Diario de Ferrol o 4 de Xullo de 2012.

[*] Enrique Barrera Beitia, ferrolán que naceu en Zaragoza en 1955, profesor, historiador e investigador. Está integrado entre outras entidades na A. C. Fuco Buxá e na asociación 'Memoria Histórica Democrática.

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
4 de xullo de 2012 11:56

http://www.comitecidadan.org

_____________________

domingo, xullo 08, 2012

Tras 2 semanas nas concas mineiras, o equipo de documentalistas de LaTele.cat, foi testemuña dun hostigamento constante, día, tarde e noite, ... - Vídeo



http://youtu.be/jkUTkep-eBw


Tras 2 semanas nas concas mineiras, o equipo de documentalistas de LaTele.cat, foi testemuña dun hostigamento constante, día, tarde e noite por parte dos mineros ás forzas de seguridade do estado, plantando barricadas e defendéndoas desde a dominación do terreo, a guerra de guerrillas e a acción directa. Tamén suscitando enrroques nos pozos desde os que se manteñen autovías estradas e vias ferreas bloqueadas por horas. A resposta policial, lonxe de afrontar o problema de face, non entra á batalla. Incluso os representantes policiais teñen un ton comprensivo e conciliador que é pouco habitual, tanto como que alguén lles plante cara no seu terreo: a violencia.

Malia as oportunidades de gastar material antidisturbios contra os mineros na barricada, as forzas de seguridade do estado estase dedicando a atemorizar á poboación que, ao seu xeito, está envorcada na loita dando ánimos, alimentos, recollendo diñeiro, facendo sentadas, protestando pacificamente en apoio aos que plantan cara con algo máis que as mans espidas.

Asaltos a casas, disparos e gaseamentos á poboación e aos encerrados nos pozos, hostigamiento nas estradas, destrución de bens privados... Esta é a política de quen queren parecer traballadores. Non se dan conta que o lobo, por moita pel de ovella que lle poñan os medios, sempre será LOBO.

Desde LaTele.cat queremos poñer o acento na total desinformación que está habendo sobre unha folga indefinida que leva xa case 50 días, cos encerros máis longos da historia, que realizou máis de 500 cortes de vías defendidos con foguetes, que ten unha marcha negra ás portas de Madrid co pobo da capital envorcada, ao que se unen outras empresas en folga ou os parados.

ÁNIMO MINER@S. Tendes/Tedes a moral, a razón e tamén a forza.

Publicado en 08.07.2012 por



Información baseada na enviada por:
Ferrol CAPE
-ferrol.cape@gmail.com-
8 de julho de 2012 23:02

__________________

Benefician á Banca, reprimen ao Pobo, a política de Rajoy e do goberno dereitista do Partido Popular -PP - Vídeo

Man dura co pobo, man esquerda cos banqueiros (Declaracións a RT TV) 7 de xullo de 2012

Os feitos demostran que, por parte de autoridades europeas e o FMI, como sempre ocorreu, non hai ningunha vontade de ser xenerosos, de ser condescendentes, de buscar solucións que poidan beneficiar aos pobos. Neste aspecto teñen unha man durísima. Téñena moi branda, téñena de seda cando se trata de apoiar aos bancos, de salvar aos banqueiros (…) O arma que ten o pobo grego é poñer fin ao pago da débeda ata que non se renegocie”.



[*] Juan Torres López, Granada -1954, Doutor en CC. Económicas e Empresariais, exerce na Universidade de Sevilla como catedrático de Economía Aplicada do Departamento de Teoría Económica e Economía Política. Escritor, investigador, analista de política económica e activista social. Manten unha páxina web "Ganas de Escribir" -www.juantorreslopez.com- e coordena a páxina web dedicada a información económica -www.altereconomia.org-

Enviado por:
Juan Torres López
-envios@juantorreslopez.com-
8 de julho de 2012 10:01
________