xoves, decembro 06, 2012

Rèsistance! Resetear a Democracia, ... Por Millán Fernández

Por Millán Fernández [*]
06.12.2012


Somos aqueles que resisten. Os que erguen a bandeira cando cae. Resistencia! Non cedades xamáis!”. Jean-Luch Mèlenchon, Front de Gauche.

Sería inxenuo acreditar na tese dos que cren que non concedemos dabondo. Coido que foi máis do asumible e do imaxinado cando estalara fai un lustro o malfadado proceso de aceleración histórica e a arroiada contra-sistémica dos que descubriron que non é imprescindible e ata vai saíndo a conta! incumprir a promesa democrática, concibida en orixe coma o poder do, dende e para o pobo. Cometen prevaricación, estenden miseria, destrúen dereitos básicos escachando pactos tácitos que custaron guerras sanguentas e fannos crer, por riba, que o merecemos valéndose dun estado de estulticia inducida. Aproveitando a desesperanza procuran aplicar a carraxe do seu Programa Máximo.

    A xestación da dinámica afonda na ofensiva ideolóxica dos 70´s, a cal prefiguraba a fin da historia para un mundo feliz e unipolar de pax americana

A xestación da dinámica afonda na ofensiva ideolóxica dos 70´s, a cal prefiguraba a fin da historia para un mundo feliz e unipolar de pax americana. Mais o Crash de 2008 -o credit crunch e no que derivou até hoxe nas economías de casino- é un fito e o fío condutor que determina o paradigma emerxente, onde xa non abondaría contemplar esta aberración: chegaron á conclusión de que é un atranco obxectivo do que haberá que desprenderse por necesidade imperiosa -e imperial- trocando a democracia aparente na súa ausencia; como capítulo último e aldraxante dunha obra inacabada na que os actores divídense entre oligarcas que supervisan, controlan e dirixen e unha cidadanía libre para escoller libremente nunha concepción da liberdade limitada e confrontada salvaxemente coa liberalidade e os principios liberais primixenios que alumearon algúns dos máis senlleiros procesos de cambio e progreso social. Como vieiro inapelable das perversas novas regras do xogo da modernidade líquida, e onde a vaidade sen freo adoita escoller lucro no canto da dignidade da vida humana, cobizando a súa desorientación coma seres suxeito de dereitos individuais e colectivos.

    Tanto o poder económico -facendo o agosto como nunca antes- coma o desnortado panorama que nos presenta a maioría da decrépita política institucionalizada furtan e desvirtúan a democracia nunha regresión tolerada polas masas

Ata somos libres para escoller representantes versallescos que unicamente ollan aos problemas de fronte -baixo presión popular- cando se consuman suicidios hipotecarios nunha paisaxe-Dickens á que asistimos atónitos. Tamén libres para levar nas costas os paus da represión e a tortura policial. Torturadores que serán indultados sen obxección e coa complicidade das estruturas máis altas do aparello estatal e a comprensión, cando non aplauso, dos herdeiros directos dos que tradicionalmente louvaron ás cadeas. O que debera empregarse excepcionalmente coma unha graza convértese nunha práctica habitual pola que o poder executivo interfire no xudicial ata que Montesquieu chore bágoas de sangue.

Onde para calquera circunstancia reducen a resposta a privatizalo todo sabendo, por comparación, que finalmente sairá mais caro á comunidade. Na liña da concentración do poder limitan o acceso aos recursos e aos servizos. Isto, en moitas circunstancias, non só remata sendo ineficiente economicamente: socávase o cerne da democracia. E nesas están, obrigándonos a pelexar polo evidente denunciando a frialdade e a falla de sensibilidade mínima esixible coa que actúan. Uns e outros. Tanto o poder económico -facendo o agosto como nunca antes- coma o desnortado panorama que nos presenta a maioría da decrépita política institucionalizada, incapaz de rexenerarse e de ventilar evidenciándose atada de pés e mans. Furtan e desvirtúan a democracia nunha regresión tolerada polas masas.

O economista francés Laurent Cordonnier, pode que na posición teórica dun cego e insolidario euro-centrismo, clarexa, aseverando: “A poboación do Vello Continente é firmemente convidada ao sacrificio polas faltas que non cometeu”.

Entón, volta aquela vella e controvertida cuestión: Liberdade, para que? Para render tributo á submisión do século XXI? Como podemos nomear, se non, ao ciclo combinado de re-fascistización e desmantelamento social que proxecta a fórmula da debedocracia enaxenada? Para os seus fins -a acumulación demente de Capital a nivel mundial baixo o post-fordismo e a precariedade crecente- son obstáculos un sistema de relacións laborais estable fundamentado nas convencións herdadas dos acordos da OIT en 1919 ou tamén unha Xustiza, unha Sanidade e unha Educación -pobo de ovellas, goberno de lobos- públicas para as maiorías. Esta última nin pública, nin respectuosa e adaptada ás realidades nacionais. Ou a aposta pola Ciencia, a Tecnoloxía e a Cultura. E mesmo un Xornalismo comprometido ao servizo da información certa e non do poder plutocrático, ora terreal -pseudopolítico-, ora celestial -das corporacións que tutelan o capitalismo mundial-.

    No estado español, con 6 millóns de desempregados e 12 millóns en risco inminente de ingresar na franxa que malvive no limiar da pobreza, amputan a posibilidade de subsistencia e o sostén da cohesión

No estado español, con 6 millóns de desempregados e 12 millóns en risco inminente de ingresar na franxa que malvive no limiar da pobreza, amputan a posibilidade de subsistencia e o sostén da cohesión. This is not Greece!!, repite o mantra das cacatúas. Ou dálles por lexislar contra as enerxías verdes e alternativas preservando os intereses e a impunidade ecolóxica e fiscal do lobby petroleiro namentres convidan ao exilio económico á xeración mellor formada e capacitada para innovar, ampliar horizontes e enxergar unha eventual saída sustentábel e xusta, emendando a Thomas Paine cando declaraba, en 1791, que “o ser humano non ten dereito ningún de propiedade sobre o resto de persoas, e ningunha xeración é dona das seguintes”. Por aquel entón Maximilien de Robespierre recollía: “A primeira lei social é a que garante a todos os membros da sociedade os medios de existencia. As demais están subordinadas a esta” (...) “toda especulación mercantil que se faga a expensas da vida dos nosos semellantes non é comercio, senón un atraco fraticida”.

O hipertrofiado capital financieiro neocolonial, na súa fase mais avanzada e violenta, fixou a mirada nos países emerxentes e na Asia toda. E o Welfare state mailos seus estándares constitúen un paréntese a superar nas economías intervidas desta beira da civilización incivilizada; débese expulsar do mercado laboral a sectores amplos de man de obra, deprimindo un volume inxente da poboación ao rebaixar dereitos e salarios. Recoméndase facelo axiña, imprimindo un ritmo tal á transgresión -shock- de maneira que non quede marxe á súa dixestión. Un escenario de tormenta perfecta para que no ermo, servido en bandexa de prata, opere valente o capital transnacional des-localizado e aceptemos o inaceptable por unha codela de pan mesmo traizoando aos que deron a vida polas liberdades civís e políticas ao longo dos tempos. Cando se facía -e se fai- en Marrocos mirabamos, soberbios, cara outro lado. Igual é xustiza poética.

    O obxectivo é destruír as resistencias colectivas para un mundo -máis- darwiniano, como denunciara Pierre Bourdieu nos albores do milenio
A New Age nos convulsos anos dez constitúese como unha sorte de neo-feudalismo edulcorado onde á Europa mediterránea atribúeselle o rol de laboratorio no que calibrar éxitos e riscos das autoritarias decisións tecnocratísimas -se Jacques Derrida espertara do cadaleito ao ver que os temores dos 90´s e da Belle Époque colleron forma volvía espantado- que espolia en favor dunha elite obsesionada por acaparar extenuando a miríade de redes e plataformas cívicas de solidariedade do pobo auto-organizado estendidas, e entendidas, para encaixar o Gran Golpe. O obxectivo é destruír as resistencias colectivas para un mundo -máis- darwiniano, como denunciara Pierre Bourdieu nos albores do milenio.

De leste a oeste castigan o Sur continental ao abeiro dun triunvirato -Troika- instalado no papel de Poseidón resucitado que, segundo a mitoloxía, obsequiaba mares calmos no seu aspecto benigno e cando o contrariaban fendía o seu tridente no chan provocando os mais bestiais terremotos e naufraxios deixando un inxente regueiro de vítimas. Hoxe os cidadáns padecen estoicamente a ira do tridente pos-moderno ao servizo do retorno imperial dunha Xermania travestida a piques de forzar o fracaso daquel soño europeo que debuxara Jeremy Rifkin no devezoso 2004. Mais algúns queremos crer que algo comezou a moverse de xeito case imperceptible, sendo difícil ler o presente en perspectiva histórica -moito en tempos de aporía- e sendo longos e complexos os procesos polos cales os pobos recuperan o fanado desde a resiliencia organizada.

    Mais algúns queremos crer que algo comezou a moverse de xeito case imperceptible, sendo difícil ler o presente en perspectiva histórica -moito en tempos de aporía- e sendo longos e complexos os procesos polos cales os pobos recuperan o fanado desde a resiliencia organizada

Hai síntomas dun lixeiro espertar, pois a totalitaria cruzada anarco-capitalista tira polo rexurdir das tensións imperecedoiras que fixeron xirar a roda da Historia desde posicións ideolóxicas antagónicas: cinismo contra romanticismo, ciencia contra superstición, dereitos contra beneficencia, etc... Nunca regalaron nada. Hai reaccións, porque hai impotencia, incerteza vital e inxustiza institucionalizada. Hai desobediencia contra o sadismo e unha das maiores imposturas que se lembra. E hai rebeldía expresada nas rúas e nos barrios das cidades: nas accións espontáneas ou non de protesta, na reconstrución paciente dun tecido popular ata fai pouco atomizado e desorganizado, ou nas respostas que advirten mudanzas nos patróns de comportamento electoral. Desde STOP Desafiuzamentos aos yayoflautas. Desde a Sanidade en loita aos gandeiros galegos. Desde os mineiros aos xuíces, ou ás Universidades. Segmentos enteiros da clase traballadora son conscientes da agresión e da agresividade coa que a executan.

Nunha parte, non menor, medra a actitude da decisión de non servir mais que recollía o precursor Étienne de La Boétie no Discurso da servidume voluntaria. Por aquel entón fora o absolutismo monárquico. Hoxe é o absolutismo renarte da sin-razón nun sistema que empobrece masivamente aos máis envilecendo aos menos que fan e desfán ao seu antollo -por mandato da xente sen rostro- mesmo atrevéndose a prognosticar novos Rexurdimentos coma fixo recentemente un Feijóo convertido no arquetipo dos políticos anti-políticos do noroeste. Tanto ten, pois redúcense a Liquidadores de gravata e bos modais que renegan da capacidade da Política para resolver problemas comúns e cotiáns. Buscan desarticular a natureza social do home e pretenden, en última instancia, que desapareza a noción de comunidade, colectividade ou cooperación. Todo o soluciona a Man Invisible.


Esgótase o ciclo de lexitimidade do Austericidio

    Feijóo sintonizaba coa doutrina Merkel: contención no gasto, disciplina orzamentaria, rápida resolución do desemprego, etc...e a súa estratexia de comunicación -reducida a eficaz propaganda- ía polo manual da no alternative

O marco interpretativo dominante deu un xiro nos últimos tempos. A consigna da Austeridade Imprescindible derivou no que advertiamos: a Austeridade Asasina afunde a Europa nunha II Gran Depresión que asolaga as expectativas dunha vida digna para millóns. Austeridade comeza a ter connotacións negativas cando semellaba o remedio dos males todos do universo coñecido.

A Banca xermana tapa o seu buraco a conta das rendas dos neoescravos do Sur, pero aquí achégase paseniño -e por necesidade- o feche dun ciclo aberto coa primeira vitoria de Feijóo alá por 2009. Chegara a cabalo dos primeiros síntomas da crise cando se soubo sistémica e non cíclica. Por aquel entón Zapatero axeonllábase perante os mercados dilapidando a súa aura republicana e social, e inmolándose diante do conxunto da opinión pública e do seu electorado natural e potencial deixando ao PSOE nos lindes dun desfonde electoral sen precedentes e dun declive e perda de credibilidade ao que non se lle adiviña recuperación.

Feijóo sintonizaba coa doutrina Merkel: contención no gasto, disciplina orzamentaria, rápida resolución do desemprego, etc... e a súa estratexia de comunicación -reducida a eficaz propaganda- ía polo manual da no alternative mentres podía fialo todo ao mal que o facía o goberno central ou á herdanza recibida. Despois venceu Rajoy por descarte e, entrementres, Grecia e Portugal derrúbanse nunha xogada que recorda aos castelos de naipes e onde os seguintes somos nós xa neste intre. Nese tempo as falcatruadas da corruptela constante, dos investimentos faraónicos, dos excesos da Coroa e a constatación de que os gobernos non teñen suficiente marxe de manobra emerxen na súa dimensión enteira. E a cidadanía responde mobilizándose: tanto co detonante do 15-M e o 25-S, que focaliza os problemas e baixa os debates ás rúas re-politizando o espazo público, como nas accións conxuntas e de converxencia das loitas facendo uso das ferramentas clásicas do movemento obreiro.

O internacionalismo e a xornada do 14-N a nivel europeo despistounos, porque non poden circunscribir a problemática ás lindes estatais. Desborda as competencias e os marcos situándoa no seu verdadeiro nivel: só desde a sinerxia e a aposta disruptiva é posible formalizar mudanzas estruturais reais que devolvan soberanía, xustiza social, liberdade, igualdade e independencia aos seus lexítimos titulares. Só desde a aposta colectiva pódese desafiar á opacidade das enfiañadas redes que deturpan o krátos do démos que, por definición, é un sistema de relacións horizontal e de reparto equitativo de cargas, deberes, liberdades e dereitos inalienables.

Vimos de comprobar como ao feche do ciclo electoral aberto nas tres nacións sen estado -vasca, galega e catalá- producíronse respostas que invitan a reflexionar sobre a fragmentación da adhesión ao réxime monárquico de 1978, o cal se mostra esgotado no seu modelo e incapaz de afrontar o desafío ao que nos encamiñamos. Coas súas evidentes diferenzas vemos como no caso vasco e catalá, en distinto grao, as forzas soberanistas dis-conformes co status político vixente saen reforzadas abrindo unha nova fronte á inevitábel crise constitucional. No caso vasco, ademais, rexorde con forza a ata de agora ilegalizada esquerda abertzale, coa súa tradición de loita popular detrás e que nunca aceptou o marco constitucional parido da Transición.

No caso catalán, a maiores doutro tipo de análises, aparece no escenario unha forza homologable -CUP- que nace do municipalismo desde o independentismo e o internacionalismo, apostando claramente polo anti-capitalismo e o acompañamento dos movementos sociais recollendo apoios das loitas indignadas obxecto da feroz represión, fundamentalmente na área metropolitana de Barcelona. Incorporan, tamén, elementos da tradición libertaria e entenden o proceso político de xeito dinámico e mais coma movemento, en chave de revolución permanente, ca de xeito institucionalizado. A súa vocación principal é a de ser un propulsor máis da ruptura democrática.

    O lóstrego de Alternativa Galega de Esquerda conecta ben con esta dinámica compartida

Pola súa xénese no que atinxe á acumulación de forzas neste propósito, e outras diferenzas a maiores, o caso galego é substancialmente diferente mais houbo concordancias. O lóstrego de Alternativa Galega de Esquerda conecta ben con esta dinámica compartida alén de que Beiras trocara a alianza entre upegallos e pexegos -resumidamente- por unha nova relación -cos peixes e outras forzas como a FPG, Fronte Obreira, Espazo Ecosocialista e Equo- que outorga carta de natureza de xiro estratéxico histórico -hipoteticamente reversible ou complementario, en todo ou en parte, ad futurum-, e mais alá da sintonía no esencial co BNG. O radicalismo na diagnose e as propostas para o momento de agresión influíu no éxito dun resultado electoral tan avultado.

Todos os fenómenos, a maiores das respostas amplas e plurais que van madurecendo e se dan nas rúas mediante ondas de protesta masivas, permiten albiscar movementos tectónicos pola base que poderán ir a maiores ou non dependendo de moitos factores nos vindeiros meses-anos: o desfonde ou recuperación da socialdemocracia nominal en beneficio doutras forzas de esquerda a teor da evolución da crise e os seus efectos colaterais e, nese caso, se é quen de presentarse como alternativa posible ben de goberno, ben coma catalizador e/ou detonante dun proceso constituínte que conteste o trunfo da tecnocracia e a ditadura sen ditador do poder financieiro e da débeda ilexítima que nos empurra ao terceiro mundo sen solución de continuidade. E doutras a maiores.

    A involución é patente. Poderán quitárnolo todo, pero a bo seguro que o queremos de volta en canto perdamos o medo

O austericidio e o seu despotismo prantexan a submisión da razón á vontade, cando a razón indica que este camiño non leva a bo porto. En xogo están practicamente todos os avances e cotas de benestar acadadas nas últimas décadas. E máis ca iso. A involución é patente. Poderán quitárnolo todo, pero a bo seguro que o queremos de volta en canto perdamos o medo.

Publicado en Praza pública |06.12.2012|

https://twitter.com/millanfernandez

[*] Millán Fernández López, Castroverde, 1984. Analista político, colaborou en medios coma Xornal de Galicia, Galicia Hoxe, MundoGaliza, A Mariña ou Tempos Novos. É blogger dende 2007.
@millanfernandez. Grao en Ciencias Políticas, estuda Máster en Márketing, Comunicación e Consultoría Política. Colabora no dende a Esquerda. http://millansocial.blogspot.com |

C
oa licenza Creative Commons by-sa.

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
6 de dezembro de 2012 11:55

http://lupeces.blogspot.com/

____________

As traballadoras e traballadores do Parador de Ferrol seguen sumando apoios na súa fronte de rexeitamento ao peche do establecemento - Concentración, Venres 7 de decembro, ás 12 do mediodía



MAÑÁ, VENRES 7 DE DECEMBRO, CONCENTRACIÓN, ÁS 12 DO MEDIO DÍA
, DIANTE DO PROPIO PARADOR DE TURISMO.

CONTRA O PECHE DO PARADOR !!
EN DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO
!!
NON MÁIS AGRESIÓN CONTRA UN FERROL EN DECLIVE!!

Perante esta ponte, está convocada unha Folga, os días 7 e 8 de decembro.

"A dirección de Paradores Nacionais profundou onte nos detalles do recorte anunciado a nivel estatal para manter a súa viabilidade económica e que deixará a Galicia sen dous dos seus once establecementos, segundo confirmaron onte fontes sindicais. A empresa pública, que depende do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, informou ao comité intercentros de que quere recortar 85 postos de traballo na comunidade (dun total de 450 empregados indefinidos), clausurar os paradores de Ferrol e Verín, e realizar peches temporais de cinco meses nos de Tui, Monforte, Santo Estevo e Vilalba. Isto obrigará a 119 traballadores destes centros a pasar os seus contratos de indefinidos a fixos descontinuos, coas repercusións que esa modificación ten para os seus ingresos e cotizacións".
|J. Carneiro en 'La Opinión de A Coruña' |

O Parador de Ferrol levaba desde o mes de agosto sen dirección propia

Os traballadores e traballadoras do Parador de Ferrol seguen sumando apoios na súa fronte de rexeitamento ao peche do establecemento. Na tarde de onte recibiron a visita da viceportavoz do grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda, Yolanda Díaz, que lles informou da presentación, xa na tarde do martes, dunha iniciativa para que a Xunta de Galicia interveña no súa defensa. No texto pregúntase se o goberno de Núñez Feijóo coñecía os plans da rede pública de hospedaxe e que ten previsto facer respecto diso.

Ademais, o Centro Comercial Aberto A Magdalena manifestou o seu apoio aos traballadores e o seu convencemento de que o Parador de Ferrol ha de perdurar como un establecemento emblemático e indispensable para o futuro do sector turístico na cidade. "Non podemos permitir que peche", sinalou o presidente da entidade, Cristóbal García Nores. Na xornada de onte, ademais, o alcalde de Ferrol volveu referirse ao posible peche durante a rolda de prensa que ofreceu en Santiago, na sede da Fegamp, para indicar que se puxo en contacto co seu homólogo en Verín, onde está o outro establecemento da rede que se quere clausurar en Galicia, de face a establecer unha estratexia común.

Os traballadores e traballadoras, como xa se informou, consideran que os niveis de ocupación do Parador de Ferrol non xustifican esta medida. Segundo indicaron, estarían ao redor dun 60%, e iso a pesar de que desde o pasado mes de agosto o establecemento carece dunha dirección propia. Así, o director do Hostal dos Reis Católicos, Xulio Castro, ocúpase tamén da dos paradores de Ferrol e Vilalba. O persoal considera que o establecemento require unha xestión comercial independente, que conecte a oferta coas necesidades do tecido empresarial da zona.

Durante o pasado 2011, o Parador de Ferrol vendeu 7.862 habitacións e no que vai de ano facturáronse 7.531, polo que o persoal apuntan a que se ía camiño de igualar os resultados do ano pasado. A noticia do peche, sinalaron, está afectando xa negativamente á actividade do establecemento.

O período de consultas do expediente de regulación de emprego prolongarase polo menos ata o próximo día 3 de xaneiro. Mentres tanto, o persoal de 30 empregados que depende do Parador de Ferrol están chamados a secundar unha concentración mañá, de doce a unha da tarde, ante as portas do establecemento.

Unha reportaxe de Montse Mayoral no Diario de Ferrol |06.12.2012
_______

Portaavións de Estados Unidos, USS Dwight D. Eisenhower, achégase á costa de Siria


Un xornal británico informou que o portaavións, USS Dwight D. Eisenhower, está próximo a chegar ás costa de Siria. Devandito portaavións contén oito escuadrones de bombaderos de combate e oito mil soldados. O goberno de EE.UU. segue ameazando cunha posible intervención militar en Siria.

O diario británico 'The Times' deu a coñecer este xoves que o portaavións estadounidense "Dwight D. Eisenhower", que conta con oito escuadróns de bombardeiros de combate e ao redor de oito mil soldados a bordo atópase preto da costa de Siria.

O "USS Dwight D. Eisenhower", que ten capacidade para albergar a miles de homes, atópase agora ancorado preto da costa siria. O portaavións uniuse ao buque anfibio USS Iwo Jima, que dispón duns dous mil 500 infantes de mariña a bordo.

A pesar da chegada do portaavións, "a administración Obama non informou de ningún tipo de intervención militar, no entanto, Wáshington parecese estar listo para empezar calquera acción de tipo militar se o presidente sirio Bashar ao Assad decide utilizar armas químicas contra a oposición", sostén o rotativo británico.

O portal informativo Debka, tamén informou que se os Estados Unidos decidise intervir militarmente en Siria, tería xa á súa disposición na zona polo menos 10 mil soldados, 17 buques de guerra, 70 cazabombarderos, 10 destrutores e varias fragatas e cruceiros militares. Algúns dos buques están equipados con interceptores de mísiles Aegis capaces de derrubar calquera mísil sirio.

O presidente Barack Obama tamén asomou a posibilidade de "certas medidas" contra Siria debido a esta situación. Con todo, ningunha das fontes precisou en que consisten as preparacións ou cal sería o plan de continxencia estadounidense.

"O mundo está mirando. Se usan armas químicas haberá consecuencias", dixo o presidente Barack Obama en dirección a Assad, aínda que evitou entrar en detalles.

Nese mesma orde expresouse a secretaria de Estado de EE.UU, Hillary Clinton, quen sostivo que un eventual uso de armas químicas polas forzas leais ao presidente Bashar al Assad marcaría "unha especie de liña vermella para Estados Unidos".

O Goberno de Siria reiterou unha vez máis a principios do mes de decembro, de novo que no posee armas químicas, e que nunca empregaría armas químicas en contra do seu propio pobo, respondendo así ao presidente dos Estados Unidos, Barack Obama e á secretaria de Estado norteamericana, Hillary Clinton.

"Siria confirma, unha vez máis, que nunca, baixo ningunha circunstancia, usaría armas químicas contra o seu propio pobo, nin sequera se as tivese", expresou un comunicado do Ministerio de Relacións Exteriores sirio, difundido a través de medios locais.

teleSUR-RT-Ticovisión-MdZol/vg - FC

Máis, relacionadas, en:

Siria ratifica de novo que no posee armas químicas

Fonte:
http://www.telesurtv.net/

Enviado por:
TeleSUR
-contactenos@telesurtv.net-
6 de dezembro de 2012 14:05
___________

Apresentaçom de "O Apalpador", umha unidade didática editada pola Fundaçom Artábria



Car@s companheir@s,

Disponibilizamos na seguinte ligaçom umha unidade didática que ajude às crianças a conhecer a figura da mítica personagem do natal galego, O Apalpador.

Baixar ou acceder à unidade didática:

http://bit.ly/udapalpador

Para qualquer questom ou duvida nom tedes mais que pôr-vos em contato com nos neste correio-e ou por telefone (Vitor: 635 074 071)

--
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.| Código de Identificaçom Fiscal (CIF):  G15645518. | Morada:  Travessa de Batalhons nº7   Esteiro | 15403 Ferrol - GALIZA | Telefone do Centro Social:  +34 981369099 | Fax do Centro Social:  +34  981369920

Sítio webda Fundaçom Artábria

http://www.artabria.net

Enviado por:
Colectivo A Revolta
-a.revolta.de.trasancos@gmail.com-
6 de dezembro de 2012 13:05
a-revolta-de-trasancos.blogspot.com

A Fundaçom Artábria a presenta umha unidade didática para recuperar 'O Apalpador' , que é um personagem do Natal Galego. A unidade didática para descargar no ordenador tem umha explicaçom das origens do Apalpador e numerosas fichas para que as nenas e nenos recortem e colorem.
_____________

Morreu Niemeyer, ... Por Xam López - Vídeo

Por Xam López [*]
06.12.2012


A vida é um sopro, esta era a frase favorita deste grande arquiteto , nacionalista, revolucionário e humanista brasileiro. Comunista até o final. Nom era perfeito, claro, como obsevaredes se visionades o filme que vos recomendo. Mas era sem dúbida umha pessoa extra-ordinária, á que admiro muito e gostaria de ter conhecido. Quando visitei o Rio, numha escala para Porto Alegre, vimos desde o aviom aquela baía de Guanabara e a cidade aló embaixo. Lembro que lhe dixem a Beginha que me acompanhava," Por aí andará o Niemayer". Lembrá-lo pequeninha?

Cuida-te, cuidamos-te.

O filme como vedes tem muito poucos visionados, porém é muito interesante.

Os seus inícios com Lucio Costa, a sua aposta política quando acobilha a Prestes (o lider dumha grande marcha mais longa que a de Mao), a sua generosidade com o Corvo, quando ganha o concurso da ONU, Brasília, o seu mais importante que a arquitetura é protestar na rua, as suas anedotas, a negaçom de visado para os USA que o enche de fachenda, Chico Buarque. Brasil onde o nosso idioma se fai samba, onde tenhem que subtitular a Saramago (boa ajuda para os que pensam que nom temos muito a ver, no idioma, para que confiram na sua diversidade), a sua admiraçom polo movemento dos Sem Terra, a sua revoluçom da curva valendo-se do concreto armado, o seu final machista demostrando que até os génios tenhem muito de aprender. Recomendo-vo-la. É umha boa tarefa para este dia feriado no que há mais bem pouco que celebrar.

Oscar Niemeyer. Avida é um sopro.
http://www.youtube.com/watch?v=TQ2kv8OKyEc

Para @s que tenhades dificultades com o brasileiro, está doblada para
o castelhano.

Boa vida e bom trabalho!
Xam López.

[*] Xam López, Narón, activista e sindicalista ferrolam, membro do Consello Confederal da da CIG. Presidente da Asociación Galega de Amizade Galiza-Vietnam. correio-e: jtavia@gmail.com. Membro do Colectivo Ártabra 21.

Enviado por:
Joam Tavia
-jtavia@gmail.com-
6 de dezembro de 2012 13:33

_________

mércores, decembro 05, 2012

Presenta-se o Banco de Tempo de Ferrol Terra


ESTE LUNS, NA GALERÍA SARGADELOS, PRESÉNTASE O BANCO DE TEMPO DE FERROLTERRA

Este luns, día 10 de decembro, de 19 a 20 horas, no Salón de Actos da Galería SargadeIos (Rúa Rubalcava, 30-32), celebraremos a presentación do Banco de Tempo de Ferrolterra. Explicarase en que consiste, como funciona e como participar.

Aprender unha receita ou a pasar o ferro a unha camisa, regar as plantas ou axudarche a mover un moble, son algunhas das necesidades da vida diaria que poden ser resoltas intercambiando servizos ou actividades, sen diñeiro, no novo Banco de Tempo.

O procedemento é sinxelo e gratuíto, unha vez que o usuario se rexistra na web do Banco de Tempo e é dado de alta, poderá consulta no Banco as ofertas e demandas dos outros socios e contactar con eles, así como especificar, os servizos que pode prestar e os que espera recibir. Cada vez que un usuario presta un servizo gaña horas que se acumulan na súa "conta". Despois, estas horas poderán se cambiadas por outros servizos cando o usuario o necesite. Non se usa diñeiro, só se intercambia tempo.

O Banco de Tempo de Ferrolterra é unha iniciativa que xorde dende a Cooperativa “Armeria”, pero que funciona de forma autónoma e aberta á participación de todos os veciños. Dende o principio da súa creación, estivo apoiada activamente pola Asemblea do Encontro Social de Ferrolterra, xa que con este proxecto, se pretende facilitar a colaboración e apoio entre veciños, dotándonos dunha alternativa para relacionarnos e intercambiar actividades sen diñeiro.

Se queres unirte ao Banco de Tempo de Ferrolterra, sentes curiosidade, ou simplemente queres coñecer de preto este tipo de alternativas achégate este luns á presentación, ou rexístrate en: bdt.deferrolterra.org, en breve te chamaremos para informarte e encher a ficha de inscrición. Tamén podes contactarnos, no correo electrónico: bdt@deferrolterra.org ou no teléfono 634357766.

Banco de Tempo:

http://bdt.deferrolterra.org/

Enviado por:
Comisión Economia do Encontro Social de Ferrolterra
-comisioneconomiasocial@gmail.com-
5 de dezembro de 2012 12:22
___________________

Mobilización cidadá en Defensa da Sanidade Pública - Fotos e Manifesto


A defensa da sanidade pública estivo presente onte na rúa. Pola mañá, ás 12 do mediodía, atendendo a unha convocatoria da Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, concentraban-se no Hospital Arquitecto Marcide, na súa maioría persoal do SERGAS. De fondo, os orzamentos da Galiza que prevén recortes na sanidade pública e no resto dos servizos públicos esenciais. Pola tarde numerosas persoas, a pesar do mal tempo, concentraban-se na Praza Amada Garcia, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol, para defender a sanidade pública, contra o seu desmantelamento, a súa privatización e o repago. A mobilización estaba convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, que pretende representar aos intereses da maioría social e que integra a máis de corenta entidades.

A continuación transcribimos o comunicado final da mobilización que foi leido no nome da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Ferrol polo presidente da Asociación Veciñal de Esteiro, Xosé Miguel López Pérez,  e a secretaria da Asociación Cultural “ Fuco Buxán”, Elena Casal Mera.

MANIFESTO
Boa tarde veciñas e veciños de Ferrolterra. Recibide un saúdo no nome da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, entidade que agrupa a, neste momento, 43 entidades diversas: asociacións sociosanitarias, veciñais, culturais, partidos políticos, sindicatos e a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol, entidades defensoras da sanidade pública e preocupadas polos anuncios privatizadores, de reducción de orzamentos en materia sanitaria e de absoluta falla de compromiso coa Área Sanitaria de Ferrol por parte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Grazas a todos e a todas vós por estar aquí hoxe defendendo á Sanidade Pública.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol somos unha plataforma cívica, constituída vai xa para tres anos e que levamos moito traballo de concienciación e moitas mobilizacións en Defensa da Sanidade Pública, somos unha plataforma pioneira en Galicia e formamos parte da Plataforma Galega SOS Sanidade Pública que, nestes momentos, tamén está facendo unha concentración en Compostela en Defensa da Sanidade Pública. Somos a ferramenta precisa para defender, nesta materia, a toda a cidadanía fronte aos planos de recorte de dereitos, privatización e establecemento de repago que o Partido Popular, nos gobernos de Galicia e do Estado Español, está implantando desde a súa chegada aos respectivos gobernos.

A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol facemos un chamamento a tódalas entidades, veciñais, socio sanitarias e de calquera outro tipo, que queiran defender a Sanidade Pública, a que se sumen as 43 entidades que xa forman parte dela. Cantas máis entidades sexamos, máis fortes seremos e será preciso que sexamos fortes por que os recortes e privatizacións en materia de Sanidade Pública previstos para o ano 2013 van ser moitos e moi graves.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública goza de moi boa saúde e vai seguir plantando cara, co apoio da maioría social de Ferrol, Eume e Ortegal, a todos cantos recortes queira implantar o Partido Popular.

A sanidade pública é unha conquista da cidadanía, non foi un regalo de ninguén, a sanidade pública, cos defectos que haxa que corrixir ( un deles as excesivas listas de espera) é comparable a calquera do mundo. Esa cidadanía que conquistou ese dereito non vai permitir que desde a actual Xunta de Galicia se converta a saúde nun negocio que beneficie a empresas constructoras como Sacyr Vallehermoso, empresas aseguradoras como Asisa, Adeslas, Usp, DKV, Sanitas, Capio Sanidade, bancos e mesmo a empresas farmacéuticas,e a empresas como EULEN que tamén queren facer negocio coa Sanidade Pública a costa de encarecer a prestación do servizo, construír centros de peor calidade  e a costa de precarizar  e reducir o emprego.

O dereito á protección á saúde  constitúe un dos eixes fundamentais dun Estado democrático e social e así se recolle nos principios  da política social e económica da Constitución do ano 78, establecida nos artigos 41 e 43.

 Estes dereitos recollidos no texto constitucional e as competencias que  se recollen neste eido no Estatuto de Autonomía de Galicia, no seu artigo 33,  están ameazados pola sistemática  falla de recursos co que o goberno da Xunta de Galicia  atenaza ao Servizo Galego de Saúde, co conseguinte menoscabo da calidade asistencial .

Se pretende trasladar a Galicia modelos, que no seu pais de orixe, o Reino Unido na época de Margareth Thacher, xa amosaron o seu absoluto fracaso ,que descapitalizaron o sistema público e que mesmo o Partido Conservador Británico xa anunciou que vai abandonar.

Modelos que xa se implantaron en Catalunya, Valencia e Madrid, tamén con partidos conservadores, e onde tamén demostraron o seu fracaso. Sabedes da longa loita da cidadanía de Madrid en contra dos recortes e da privatización de Hospitais e Centros de Saúde, hoxe mesmo están mobilizándose e desde aquí queremos enviarlles unha mensaxe de apoio á súa loita, que é a nosa mesma loita. A loita pola defensa dunha Sanidade Pública, Gratuíta e Universal para todos por igual. Vaia desde Ferrolterra a nosa mensaxe de apoio e solidariedade.

Se pretende xustificar, unha medida absolutamente política, con a falla de recursos e a crise, esa crise  que provocada pola Banca, as grandes constructoras  e os monopolios, estamos padecendo os de sempre.

Hai que recordar que cando este modelo se implantou en Madrid e Valencia estabamos en plena bonanza económica, o que demostra que e unha medida absolutamente política de aposta por un modelo fracasado e que non ten absolutamente nada que ver coa crise económica. As grandes empresas e a Banca que provocaron o crack económico van provocar agora o crack no sistema sanitario público para abrir ás portas ó repago e á privatización.

Quen poida pagar recibirá determinados servizos e quen non poida pagar non os recibirá asistencia.

Ten isto que ver coa crise ou obedece a unha aposta política de converter a saúde nun negocio para unhas cantas empresas?.

Ten esto que ver coa crise ou é unha aposta polo beneficio empresarial en detrimento da calidade asistencial na sanidade pública?.

En Galicia xa tivemos un exemplo de fracaso absoluto na privatización da xestión sanitaria: Foron as Fundacións Sanitarias que promoveron os Señores Romay Becaría desde a Consellería de Sanidade e Alberte Núñez Feijoo á fronte do Sergas. Os hospitais de Verín, Barbanza, Salnés e Cee que tiveron

que ser rescatadas, para poñelas en valor, polo Sergas. O Sr . Nuñez Feijoo non aprendeu dos seus erros e agora pretende retomar eses modelos privatizadores e ir máis aló aínda, coa implantación do repagamento, seguindo o modelo de Esperanza Aguirre e deixando en mans de constructoras e aseguradoras os novos Hospitais e os novos centros de saúde.

Mentres en países como Estados Unidos, país que a pesar da reforma que quere facer Obama está a anos luz da prestación que ofrece Sanidade Pública do Estado Español,  pero no  se quere ir cara adiante e establecer un modelo cada vez máis público, máis universal e que de cobertura a cada vez mais persoas, como sucede no Estado Español, en Galicia, grazas á actual Xunta, estase indo xusto no sentido contrario e vaise cara a privatización de servizos e a precarización e á reducción do emprego como xa sucede en Madrid, Valencia e Catalunya e agora tamén se quere facer en Castela- La Mancha co goberno de Dolores de Cospedal.

A  Xunta de Galicia, a pesar de falar do aumento do gasto social, reduciu, por vez primeira, nos últimos catro anos en 300 millóns de euros os orzamentos da Consellería de Sanidade e do Sergas o que vai impedir que se poidan ofertar novos servizos, mellorar os existentes, que se poidan incrementar os cadros de persoal . A única partida que medrou nos últimos catro anos foi a dos concertos coa Sanidade Privada

Xa se detecta a reducción de contratacións de persoal en casos de enfermidade, permiso, vacacións etc, non se substitúe a ese persoal co que o calidade asistencial diminúe.

Tamén se paraliza o Plan de Mellora da Atención Primaria que ía permitir unha atención primaria máis resolutiva, de mais calidade e que ía facer posible a reducción das listas de espera.

Case 30 prazas de médicos, pediatras, enfermeiras e fisioterapeutas, que xa estaban presupostadas no 2009 para a Área sanitaria de Ferrol desaparecen. Onde foron os cartos?. Por que non se ofertan esas prazas?. E as 458 prazas de Primaria en todo Galicia?. E as 1000 prazas de Atención Primaria que se ían crear en 3 anos e toda Galicia?

Mentres isto sucede se seguen incrementando os concertos con Hospitais e clínicas privadas, un exemplo e Povisa en Vigo, que é o centro que ten a maior lista de espera, ó que se lle pagan 72 millóns de euros cada ano, nunha aposta clara por empeorar a prestación sanitaria publica favorecendo que os cidadáns e cidadás acudan a sanidade privada.

O concerto particular que vincula a POVISA co Sergas foi negociado nos últimos meses. Os seus propietarios e xestores tiveron a  extraordinaria fortuna de ver no outro lado da mesa a Rocío Mosquera, conselleira de Sanidade, que foi xerente do sanatorio La Esperanza de Santiago (pertencente ao grupo Nosa Terra, propietario de Povisa) durante moitos

anos. Hai un evidente conflito de intereses que debería impedir a esta persoa participar nesta negociación pero que non foi así.

Outro xeito de favorecer a Sanidade privada concertada e a non aplicación do decreto de incompatibilidades que impide que profesionais da sanidade pública, atendan nos hospitais concertados a usuarios e usuarias públicos a través deses concertos.

Non se aplica o decreto e se mira para outro lado, sabendo de situacións e comportamentos  que aquí en Ferrol son escandalosas. Todos sabemos o que pasa en Ferrol con determinados profesionais e a Administración que tamén o sabe non actúa e mesmo é cómplice.

No que se refire a esta Área Sanitaria hai unha falla total de compromiso, deixando paralizados tódolos proxectos que se tiña previsto facer logo de que o Hospital Naval se incorporou o Sergas.

Se segue a tratar pola Sanidade Publica, como enfermidades comúns, enfermidades profesionais, nun claro interese de favorecer as Mutuas que serían quen terían que custear eses procesos e que permitirían ós traballadores e traballadoras unha maior retribución e non pagar os medicamentos.

Non se fai unha utilización plena de tódolos recursos  sanitarios públicos desta Área Sanitaria, dunha maneira coordinada e plena e se manteñen concertos con hospitais e clínicas privadas, de dubidosa necesidade, por un importe que supera os 13 millóns de euros anuais. Mentres ao Hospital Nóvoa Santos se está levando ao seu peche, deixándoo sen contido asistencial

Precisamos a creación dun Centro de Referencia de Enfermidades Profesionais nesta comarca onde temos milleiros de persoas afectadas pola asbestose e outras patoloxías de caracter profesional.

E preciso incrementar os orzamentos da Consellería de Sanidade e do Sergas ata ratios europeos, que permitan o incremento de prestacións e o incremento de profesionais.

E preciso controlar o despilfarro no gasto farmacéutico que en poucos anos vai supoñer mais gasto que o gasto de persoal. E preciso unha maior dispensación de xenéricos e de unidoses nas farmacias.

En definitiva necesitamos unha aposta decidida pola Sanidade Publica e nesa liña faise preciso a  derogación da Lei 15/97, que permite esas xestións privadas.

A actual Xunta de Galicia ten paralizada a construcción dos centros de saúde en A Capela, Ares, Cedeira e Narón, que xa tiñan que estar en funcionamento e tamén a ampliación do Fontenla Maristany. Temos paralizada a construcción

do Centro de Saúde de As Somozas, sen rematar a ampliación do Centro de Saúde de Serantes e segue pechado, sen ningunha razon,

o Consultorio da Graña. O Pleno do Concello de Ferrol, por unanimidade, acordou demandar da Xunta de Galicia a súa reapertura inmediata e o Alcalde de Ferrol, Sr. Rey Varela, non fixo ningunha xestión, nin diante da Consellería de Sanidade nin diante da Xunta de Galicia, para conseguir ese obxectivo. Ese é o compromiso de Rey Varela coa cidade de Ferrol. Tamén se comeza a falar de pechar o consultorios de Ferrol Vello, Maniños, Pedroso e o Val.

Un exemplo claro de que pretende facer o Partido Popular coa Sanidade Pública témolo no Hospital de Vigo , estaba prevista a súa construcción cun orzamento de 350 millóns de euros e coa proposta actual da Consellería cando rematen os 20 anos de concesión , chegará ós 1400 millóns de euros e con menos camas hospitalarias. A Sanidade Pública paga máis por menos. Outro tanto no futuro Hospital de Pontevedra.

Por todo esto estamos hoxe aquí , Ferrol, Eume e Ortegal, estamos aquí porque “A saúde non e un negocio”.Foi unha conquista dos traballadores e traballadoras deste país e temos que defendela é unha legado que recibimos dos nosos pais e que temos a obriga de deixarllo  aos nosos fillos.

Estamos diante dunha situación moi perigosa e de ataque decidido, por parte da Xunta de Galicia, contra a Sanidade Pública e temos que mobilizarnos na súa defensa.

Xa se estableceu o repago farmacéutico para pensionistas e se incrementou o dos traballadores en activo. Vaise implantar o cobro dun euro por receita, o que supón penalizar a enfermidade e ademais crear aínda máis desigualdades. Deixase de financiar as próteses, ortopróteses, cadeiras de rodas, etc.

Vaise comezar a aplicar o cobro do transporte sanitario non urxente,que vai afectar de maneira clara aos que teñen que facer Diálise, Rehabilitación, Radioterapia, etc. Esto vai volver a afectar ao colectivo de pensionistas, que en Galicia ten as pensións máis baixas do Estado

Xa ten falado, repetidas veces o Sr. Feijoo de cobrar pola comida hospitalaria e cando se estableza a nova carteira básica de prestacións na Sanidade Pública, poderase ver como prestacións que agora temos, desaparecen.

Especialmente grave é o Real Decreto Lei 16/2012 que deixa sen cobertura a maiores de 26 anos que nunca cotizaron , a persoas maiores que nunca cotizaron e , sobre todo aos inmigrantes, nunha actitude completamente xenófoba se lles priva da prestación sanitaria e se lles pretende criminalizar dicindo que consumen moitos recursos sanitarios o que é absolutamente falso. O colectivo de inmigrantes consume moi poucos recursos sanitarios.

Compre reiterar que a Sanidade Pública e sostible e que os recortes que está a implantar o PP son ideolóxicos, non teñen nada que ver coa crise e si co seu modelo neoliberal de converter a sanidade Pública nun negocio para os seus amigos.

O Estado Español inviste, de media, 1500 euros por persoa e ano en prestación sanitaria está á cola da UE e Galicia aínda inviste menos que o resto do Estado . Por cada 9 euros que se dedican á Sanidade Pública na Unión Europea en Galicia se dedican 6 euros e, aínda así, temos unha Sanidade Pública equiparable á de calquera país da UE

1500 euros por persoa e ano en Sanidade Pública. Sabedes canto custa á cidadanía o rescate e saneamento da Banca Privada? Pois 1850 euros por persoa e ano, para non recibir nada a cambio.

Quen acaba de malgastar  millóns de euros en socorrer aos bancos e ás Caixas para que os seus directivos cobren millóns de euros de indemnizacións, dinnos que a Sanidade Pública é insostible? É ofensivo e insultante que se nos diga iso.

Non Sr Rajoy, non Sr. Feijoo non nos van enganar e non nos imos deixar enganar a Sanidade Pública é absolutamente sostible. Sabemos que as razóns dos recortes e das privatizacións son ideolóxicas e non son económicas.

Sr Feijoo a súa mala xestión e os escasos recursos que a Xunta de Galicia lle dedica á Sanidade Pública é a que pode facer insostible un sistema que é perfectamente sostible para quen cree nela, que non é o seu caso, unha Sanidade Pública que, ademais de salvar vidas, é un dos máximos xeradores de emprego en Galicia.

Sr. Feijoo non nos toque vostede os servizos públicos. Sr Feijoo aprenda vostede dos seus erros , xa fracasaron vostede e o seu mentor Romay Becaría, as súas políticas xa fracasaron en Galicia. As políticas que quere implantar vostede e o seu partido, xa fracasaron en Valencia e Madrid e están aniquilando á Sanidade Pública.


E eso o que pretende Vostede Sr. Feijoo, aniquilar á Sanidade Pública?.

Nin sequera os que votaron ao Partido Popular queren que Vostede privatice e aniquile o ben máis prezado que temos e que en épocas de crise e de desemprego faise aínda máis necesario: A Sanidade Pública.

Saiba Vostede Sr. Feijoo que os cidadáns e cidadás de Galicia, como estamos facendo hoxe en Ferrol e están facendo en Compostela, non llo imos a permitir.

A saúde non é un negocio. Non á privatización da Sanidade Pública.

Moitas grazas.

En Ferrol a 4 de Decembro de 2012

Correo-e:
plataformadspferrol@gmail.com

Blogue:
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

Plataforma Galega SOS-SANIDADE PÚBLICA

Fotos de Susete'70.
______________

martes, decembro 04, 2012

Convocando a mobilización en Defensa da Sanidade Pública deste Martes 4 de Decembro en Ferrol


A TODA A CIDADANÍA


Na Sanidade Pública, como noutros sectores que son garantes de dereitos fundamentais, pouco a pouco os gobernos do PP, ao servizo do capitalismo financeiro, están impoñendo o seu modelo sanitario, que non é outro que cada quen debe acceder só, aos servizos sanitarios que poida custear. É dicir, desmantelar o sistema solidario que agora temos e que teríamos que mellorar. Estas políticas, usan argumentos baseados en dúas falacias: a insustentabilidade do actual sistema sanitario e que a xestión privada da sanidade é máis eficiente que a pública.

 A Lei imposta polo Goberno, é un paso fundamental nas súas pretensións, ao recuperar a antiga figura do “asegurado”. Deste xeito, hai colectivos cidadáns que quedan excluídos da cobertura sanitaria. A este modelo neoliberal, inducido polos gobernos do PP (tanto o de Mariano Rajoy como o de Nuñez Feijóo) e á maioría dos medios de comunicación (en mans do poder económico), estamos-lle facendo fronte a cidadanía organizada en diferentes plataformas unitarias, que apostamos e entendemos a Sanidade Pública, como un dos alicerces fundamentais e esenciais que garante o dereito á Saúde, como un Dereito Humano Universal.

A escusa da crise económica

Coa escusa da estafa chamada crise, realizan profundos recortes na sanidade pública que están a producir un impacto severo na calidade asistencial e nas condicións laborais das traballadoras e traballadores. O obxectivo real destas políticas de recorte, non é reducir o gasto público, senón conseguir o desvío de parte dos orzamentos cara petos privados. É dicir que o que é de todas e todos, pase a mans duns poucos, xa moi ricos e poderosos. Só precisamos botar unha ollada á situación da sanidade pública na Comunidade de Madrid, con privatizacións de moitos servizos e de hospitais incluída, para saber cal é o camiño polo que nos queren empurrar. Por certo, unhas políticas que teñen mobilizado a un sector moi importante de profesionais e de cidadanía en defensa da sanidade pública, cos que queremos amosar a nosa solidariedade.

Nós dicimos que a Saúde non é un Negocio. A Saúde é un Dereito. É por iso que desde a Plataforma defendemos a atención sanitaria como un dereito das cidadás e cidadáns, e que o acceso aos servizos siga sendo de forma universal, sen ningunha restrición e gratuíta (sen repago), pois xa foi pagada por todos e todas nós, de xeito solidario, a través das nosas cotas á seguridade social, taxas e impostos.

As políticas do PP non teñen o apoio da maioría social


A maioría social non apoia ao PP, mais por mor dunha Lei Electoral inxusta que lles favorece, teñen a maioría no parlamento galego para impoñer máis recortes, máis repago e máis privatizacións. Tres (2.036.436 – o 75%) de cada catro persoas con dereito a voto (2.697.717 – o 100%)  non apoiaron ao PP para gobernar nas últimas eleccións do 21O. Mais estes, con 661.281 (o 24,51%) votos, conseguiron a maioría absoluta coa que van seguir impoñendo as súas políticas de desmantelamento do sistema sanitario público.

O PP, pretende desmantelar o sistema sanitario público, potenciar o aseguramento privado e dar participación ás empresas privadas na prestación de servizos sanitarios con diñeiro público, para facer negocio coa nosa saúde. Hai unha estratexia global -impulsada pola troika (CE, FMI, BCE)- que o goberno do PP, na Xunta de Galicia, está a impoñer desde o inicio da anterior lexislatura. E que agora despois das pasadas eleccións do 21O, pretende continuar coa redución dos orzamentos sanitarios; recorte das prestacións; restricións no acceso aos servizos; externalización de actividades; privatización da xestión hospitalaria; introdución do copagamento (repago) por servizos e prestacións sanitarias; obrigación dos pensionistas a pagar unha parte dos medicamentos, as próteses, o transporte en ambulancia non urxente, os alimentos especiais; ...

Mobilicemo-nos para frear as súas políticas de desmantelamento, repago e privatización

As políticas neoliberais do PP levan á deterioración e descapitalización do sistema sanitario público; privatización da estrutura do sistema e dos servizos que presta; e ao desmantelamento dos seus alicerces: universalidade, equidade e accesibilidade. Non permitamos que isto suceda, mobilicémonos, parémolos, non permitamos que desmantelen o que é noso e forma parte dos nosos dereitos.

CONCENTRACIÓN EN FERROL
EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

MARTES  4 DE DECEMBRO, ÁS 7 DA TARDE NA PRAZA AMADA GARCIA 
(DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA)
A SAÚDE NON É UN NEGOCIO, É UN DEREITO
NIN REPAGO, NIN DESMANTELAMENTO, NIN PRIVATIZACIÓN
NA GALIZA, COMO EN MADRID E EN TODA EUROPA
NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

POLO DEREITO A UN SISTEMA DE SAÚDE PÚBLICO,
DE ACCESO UNIVERSAL E GRATUÍTO.
A TÚA PARTICIPACIÓN É DECISIVA, MOBILIZA-TE

 Forman parte da Plataforma: A Revolta de Trasancos C.S. - A.C. Fuco Buxán – A.VV. A Graña, A.VV. A Cabana - A.VV. Caranza - A.VV. Covas - A.VV. Esteiro -A.VV. Ferrol Vello - A.VV. O Cruceiro de Canido - A.VV. O Cruceiro de Meá - A.VV. O Lago-Doniños - A.VV. O Rosario-Inferniño - A.VV. Prioriño - A.VV. San Fernando-Recimil - A.VV. San Pablo de Catabois - A.VV. Santa Eulalia de Limodre - A.VV. Santa Mariña - A.VV. Serantes - A.VV. Ultramar - A.VV. Valle de Esmelle - A.VV. Valón - AFINOR(Fibromialxia) - AGAVIDA - ALCER - AMICOR - Asociación de Diabéticos Ferrolterra - Asociación Parkinson Ferrol-Ferrolterra - ASPANEMI - Ateneo Ferrolán - B.N.G. - C.I.G. - CC.OO. - COGAMI-FERROL - Colectivo Ártabra 21 - CPS de San Valentín - CSIF - Esquerda Unida -Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas - Grupo Rural de Narón - Lazos Pro Solidariedade-Comité Antisida de Ferrol - PSdeG-PSOE - Teima-Sindrome de Down - Terra Galega - U.G.T. - U.S.T.G. - Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol – Participamos na Plataforma Galega SOS-SANIDADE PÚBLICA

Correo-e:
plataformadspferrol@gmail.com

Blogue:
http://plataformadspferrol.blogspot.com/
_________

luns, decembro 03, 2012

Unha Crónica aproximada da IIIª Asemblea do Movemento Social de Ferrol Terra en apoio a Alternativa Galega de Esquerda

Clicar acima do collage para ampliar a imaxe

Un centenar de persoas asistiron en Ferrol á IIIª Asemblea do Movemento Social de apoio de AGE. Activistas do movemento veciñal, ecoloxista, feminista, sindical, cultural, de distintas plataformas cidadás... estaban convocadas a debater guiándose por unha orde do día que, aínda que densa, foi desenvolvéndose paso a paso grazas á capacidade política que emana do colectivo e da experiencia de anos de loita común.

Só se puido contar nesta ocasión coa asistencia da deputada Yolanda Díaz. O deputado Antón Sánchez desculpou a súa ausencia por motivos de saúde.

En relación da folga xeral do dia 14 de novembro, debateuse sobre as expectativas e distintos tipos de resposta que xerou, e a participación na mesma dos movementos socias, con distintas iniciativas na nosa comarca. Valorou-se como moi positiva a iniciativa da "Culebra Social". Houbo dúas propostas para que a asemblea as vaia madurando, concretando e reflexionando sobre elas. Un “Plan de Emerxencia de Contestación Social”, en relación á necesidade de resposta inmediata e organizada a respecto dos sucesivos decretos do goberno do PP, e outra para apoiar novas convocatorias de folga, con iniciativas “sustentadoras da vida”.

Resaltou-se a importancia das vindeiras mobilizacións unitarias como a convocada para o Martes 4 de Decembro en Defensa da Sanidade Pública; ou a prevista para o, tamén Martes 11 do mesmo mes contra as taxas xudiciais.

En relación ao proceso de creación da Alianza Social Galega, expresouse a vontade de que esta se constitúa a nivel comarcal. Así vai-se solicitar o próximo día 10 de decembro na reunión que esta plataforma vai manter en Compostela. Activistas da Marcha Mundial das Mulleres presentes na asemblea, informaron da mobilización europea polo Día Mundial dos Dereitos Humanos, invitando a todas as organizacións a convocar un acto conxunto diante do centro de saúde Fontenla Maristani, o propio día 10 ás 18hs, con micrófono e actividades abertas. Esta proposta estaba acompañada do apoio do Foro Galego de Inmigración e Lazos.

En relación á proposta de concretar o xeito de relacionarse esta asemblea co Grupo Parlamentar, apareceron distintas propostas (por comisións ou na propia asemblea) para un debate que fica aberto, achegando as seguintes reflexións comúns:

De todas as iniciativas do Grupo Parlamentar de AGE, das que deu lectura  e explicación Yolanda Díaz (IBI Igrexa Católica, IBI vivendas baleiras, Medididas Tributarias xustas, minas de Corcoeso, Pacto contra a pobreza, Pesticidas, Paz e cambio climático, Fadesa, Decreto do Galego, nova banca pública galega, desafiuzamentos, ...) , a maioría eran descoñecidas para as persoas participantes na asemblea. Deste xeito confirmase a falta de canles comunicacionais entre a cidadanía e o Grupo Parlamentar. Apuntouse como medida paliativa mais inmediata a axilización da creación dunha web informativa e colaborativa, do grupo parlamentar da coalición.

Alertou-se sobre a importancia de dar a coñecer publicamente as iniciativas  presentadas e nas que se están traballando, aumentando o énfase sobre o traballo parlamentario encetado, pois co que queda a maioría da xente só é co que os media pregoan e ao PP lle interesa: que estamos "pelexando por uns metros cadrados de espazo no parlamento".

As iniciativas valoráronse moi positivamente, incluíndo unha reflexión sobre a necesidade de realizar algunha actuación xa sobre a loita de Reganosa. Manifestou-se de forma explícita que se solicitase no Parlamento a petición dunha Auditoría que nos levase ao non pagamento da Débeda Ilexítima e propor a través do mesmo unha actuación directa para pedir responsabilidades xudiciais aos banqueiros culpábeis da estafa á cidadanía. Considerou-se moi importante loitar contra o saqueo do que noutrora foran as caixas de aforros galegas e propor a creación dunha banca pública galega, sobre todo neste momento que xa anuncian a inminente venda de novagaliciabanco, despois de despedir a miles de traballadoras e traballadores, e ser salvado con diñeiro público.

Considerou-se como moi importante o compromiso das e dos activistas dos movementos sociais na divulgación, apoio e colaboración en todas as iniciativas do Grupo Parlamentar, incluída a súa defensa como no caso, neste momento, dos intentos de marxinalización dentro das propias dependencias do Parlamento. Neste sentido, reflexionouse sobre a necesidade de compaxinar a mobilización e concienciación social, co traballo parlamentar, único xeito de conseguir o efecto transformador e rupturista que anceiamos.

Cumpre sinalar a participación nesta asemblea do compañeiro Rafael Pillado, que aínda convalecente dunha recente operación, quixo estar uns minutos con nós, para contribuír na análise e nas propostas.

Por último acordouse que as persoas que convocaron esta terceira asemblea, xunto ás que se sumaron na propia asemblea, organicen a próxima convocatoria.

Narón, a 30 de novembro de 2012

A Comisión para convocar a seguinte Asemblea quedou constituída por:

Rafael Pillado, Lupe Ces, Suso Díaz, Elena Casal, César Pena, Lucia Vizoso, Miguel López, Carlos Varela, Suso Pazos, Lalán, Alexandre Carrodeguas, André M. Ces, Daniel A. Martínez, Marcelo R. Serantes, Pablo Portero, Paula Meizoso, Inácio Martínez, Mel Sanxoan e Bernardo Cuétara.

Nota.- Esta Comisión tería só por obxecto: acordar día, hora e lugar da vindeira Asemblea, fixar os seus obxectivos  e elaborar a proposta de orde do día.

Aviso:  Esta é unha crónica aproximada, polo que se prega quen quixer completar a crónica, envie as aportacións ao correo-e asemblea.apoio.alternativa@gmail.com.

ASEMBLEA DE SENTINELAS DO MANDATO POPULAR
Asemblea do Movemento Social de Ferrolterra en apoio á coalición
Alternativa Galega de Esquerda

Correo-e:
asemblea.apoio.alternativa@gmail.com

Blogue:
http://asembleadeferrolterra.blogspot.com
Enviado por:
Asemblea Popular Alternativa
-asemblea.apoio.alternativa@gmail.com
 2 de dezembro de 2012 22:29

_____________

Ofertas de Emprego de Decembro de 2012 enviadas pola Asociación de Economía Social "Briante"

Emprego Decembro 2012

A Sección emprego da AES Briante, envia unha nova remesa de ofertas de emprego correspondente ao mes de Febreiro:

Ofertas de Emprego Decembro 2012

A Asociación de Economía Social "Briante" é unha asociación sen ánimo de lucro que fomenta a imnovación social dende unha metodoloxía solidaria, participativa e cooperativa.

Entre os seus obxectivos está o fortalecemento das redes sociais, a integración social e laboral de rapaces e outros colectivos con dificultades de inserción. Así como participar e apoiar ás entidades de desenvolvemento local e outras formas de organización económica democrática.

Web da AES Briante (Asociación de Economía Social):
http://www.briante.org/

A Asociación de Economía Social 'Briante', é a entidade promotora de Arméria Sociedade Cooperativa Galega, dentro da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Enviado por:
AES briante
-aesbriante@mundo-r.com-
3 de dezembro de 2012 20:20

________________

domingo, decembro 02, 2012

A Federación Veciñal de Ferrol " Roi Xordo " apoia a mobilización en Defensa da Sanidade Pública, contra as privatizaciòns e os recortes e contra o establecemento do repago que se celebrará o Martes 4 de Decembro en Ferrol

Comunicado aos medios de comunicación

A Federación Veciñal de Ferrol  "Roi Xordo" apoiamos decididamente a mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol para o martes día 4 de decembro ás 19 horas diante do Edificio da Xunta de Galicia na Praza de España en Defensa da Sanidade Pública, contra as privatizaciòns e os recortes e contra o establecemento do REPAGO.

Entendemos o acesso á Sanidade Pública como un dereito e como unha conquista da clase traballadora, que o Goberno do Estado e da Xunta de Galicia, coa excusa da crise, nos queren arrebatar.

Afirmamos que a Sanidade Publica é perfectamente sostible: O Estado Español é o que menos diñeiro lle dedica por persoa, 1500 euros/ano de media, de toda a Unión Europea e en Galicia aínda estamos por detrás. Con ese investimento, que non gasto, se obtén unha asistencia sanitaria de mellor calidade que a do conxunto da UE. En indicadores como a esperanza de vida ou en curación de cancro de mama estamos á cabeza e eso só é posible pola caliidade asistencial que, ata o momento, existe no Estado Español.

Se non fose sostible, que o é, do mesmo xeito que se foi socorrer á Banca Privada da mala xestión dos seus directivos, a pesar do que reciben indemnizacións millonarias como premio á súa mala xestión, con maior motivo habería que socorrer á Sanidade Pùblica.

Mentres se invisten 1500 euros por persoa/ano en Sanidade Pública o rescate á Banca nos custa a cada cidadán 1830 euros/ano. E logo dín que a Sanidade Pública non é sostible?.

Desde a Federación Veciñal de Ferrol " Roi Xordo" defendemos unha sanidade pública, gratuíta e universal para todos por igual, como ben recollido na Constitución Española e na Lei Xeral de Sanidade,

Reclamamos da Xunta de Galicia os compromisos incumpridos con esta Área Sanitaria.
  • O investimento de 63 millóns de euros que se ían investir en tres anos no antigo Hospital Naval para modernizalo e milloralo, facendo innecesarios os concertos con Hospitais Privados.
  • Que non se peche o Hospital Novoa Santos.
  • Que se reabra, como ten acordado o Pleno do Concello de Ferrol por unanimidade, o Consultorio da Graña.
  • Que se amplie o Fontenla Maristany.
  • Que se constrúan os centros de Saúde comprometidos para A Capela, Ares, Cedeira e Narón, que xa tiñan que estar en funcionamento.
  • Que se remate con urxencia a ampliación do Centro de Saúde de Serantes.
  • Que se remate con urxencia o novo Centro de Saúde de As Somozas que leva anos paralizado.
Por todas estas e outras moitas razóns convocamos á cidadanía a participar na Concentración do Martes día 4 de Decembro ás 19 horas no Edificio da Xunta na Praza de España.

Federación Veciñal de Ferrol “ROI XORDO”
Centro Cultural “CARVALHO CALERO”
Praza do Inferniño, s/n
15404 - FERROL
Telf: 981.37.05.61
Fax: 981.32.29.66
e-mail: roixordo@roixordo.org

http://cogave.org/index.php


Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
2 de dezembro de 2012 12:36

__________________
_________________

Documento de referência aprovado pelo Comitê Nacional Palestino para o Fórum Social Mundial Palestina Livre que rematou onte na cidade brasileira de Porto Alegre

Onte rematava na cidade brasileira de Porto Alegre o Fórum Social Mundial Palestina Livre que se celebrou entre os dias 28 de Novembro e 1 de dezembro de 2012.
Para máis información ver, o portal galego  altermundo.org

A continuação transcrevemos o documento de referência aprovado pelo Comitê Nacional Palestino para o Fórum Social Mundial.

O povo palestino estende sua gratidão e apreço ao Fórum Social Mundial, e a todos os movimentos sociais envolvidos especialmente no fórum sobre a Palestina, a ser realizado no final deste ano. Agradecemos, particularmente, ao Brasil, seu governo e suas instituições, por acolherem este fórum, considerado, por nós, um marco crucial e extraordinário no processo de amplificação do apoio à luta do nosso povo pelo exercício de seus direitos inalienáveis.

Apesar da passagem de mais de seis décadas desde a Nakba, a sistemática limpeza étnica da maioria do povo palestino em 1948, a questão da Palestina continua a ser um problema global, inspirando pessoas e movimentos sociais ao redor do mundo. A solidariedade com o povo palestino, e seus direitos inalienáveis – em especial, o direito aos refugiados de retorno a seus lares, e o direito de autodeterminação – é, hoje, mais forte que nunca, reforçando a luta do povo palestino, sob a liderança da Organização para a Libertação da Palestina, por liberdade e justiça de acordo com as leis internacionais e os princípios universais dos direitos humanos, ambos pilares do Fórum Social Mundial.

Para o povo palestino poder exercer seu direito inalienável à autodeterminação (inclusive o retorno dos refugiados), é necessário pressionar Israel a cumprir, integralmente, a lei internacional, ou seja:

Findar a ocupação e a colonização de todas as terras árabes ocupadas em 1967, e desmantelar o muro do apartheid.

Findar o regime de apartheid (conforme definição da ONU de crime de apartheid) e reconhecer o direito fundamental de igualdade dos cidadãos palestinos em Israel.
Reconhecer o direito dos refugiados palestinos de retorno aos lares dos quais foram expropriados, como convencionado pela resolução 194 da ONU.

A organização do Fórum Social Mundial Palestina Livre é a expressão da união dos movimentos sociais internacionais na luta contra o imperialismo, o neoliberalismo e a discriminação racial em todas as suas formas por considerar a justa luta pelos direitos dos palestinos uma parte integrante da luta internacional para desenvolver alternativas políticas, sociais e econômicas que aumentem a justiça, a igualdade e a soberania dos povos, baseando-se em justiça socioeconômica, dignidade e democracia.

Configurando-se como espaço de reunião para a sociedade civil internacional, o Fórum Social Mundial Palestina Livre vislumbra:
a. destacar, fortalecer e ampliar o movimento global em defesa dos direitos do povo palestino;

b. desenvolver mecanismos para uma ação global efetiva de apoio à luta do povo palestino para exercer seus direitos de retorno e autodeterminação, e fazer cumprir as leis internacionais;

c. proporcionar um espaço aberto para o diálogo, o debate, o desenvolvimento de estratégias e o planejamento de campanhas eficazes e sustentáveis de solidariedade ao povo palestino.

Após 65 anos da partilha da Palestina, recomendada pelos poderes hegemônicos, e sua cumplicidade com a sistemática limpeza étnica a que são submetidos os palestinos desde 1947, o Brasil sediará, este ano, um novo tipo de fórum global, destinado a reforçar a luta do povo palestino por justiça e por seus direitos, onde os governos têm falhado em sua obrigação de proteger a ambos.

O Fórum Social Mundial Palestina Livre acontece no Brasil à luz das tempestuosas mudanças no mundo árabe, revoluções que se tornaram conhecidas como “Primavera Árabe”, onde há luta popular por justiça social, democracia e liberdade. Nesse contexto, as forças hegemônicas ocidentais, em especial os Estados Unidos, têm se esforçado para abortar ou conter as revoluções populares árabes, objetivando a manutenção de seu domínio sobre esses territórios. Essa intervenção, às vezes tomando forma militar, implica sérios desafios para as revoluções populares na busca da sustentação de sua identidade emancipatória e democrática. Porém, a queda dos regimes ditatoriais, focos de cumplicidade árabe com a agenda EUA-Israel, causou impacto importante, minando a impunidade de Israel e reavivando a centralidade da causa palestina no mundo árabe, promovendo-a globalmente, em decorrência da importância estratégica da região.

À luz dessas mudanças, das posições e resoluções aprovadas pelo Encontro Nacional de Solidariedade com o Povo Palestino, no Brasil, o Comitê Nacional Palestino do FSM apela a todas as organizações, movimentos e redes, para que se somem a este fórum histórico como expressão de solidariedade aos direitos do povo palestino e à nossa luta para desenvolver dispositivos a fim de responsabilizar Israel por seus crimes e violações das leis internacionais. Incitamos também os movimentos sociais, e os FSM ao redor do mundo, a intensificar suas lutas em prol de mudanças políticas reais, por meio de:
1. defesa do direito do povo palestino a resistir à ocupação e ao apartheid, dirigindo-se à obtenção do direito de retorno e do exercício de autodeterminação, inclusive o estabelecimento de um Estado nacional independente e soberano, em conformidade com as resoluções da Organização das Nações Unidas (ONU);

2. fortalecimento e expansão da participação na campanha global, liderada pelos palestinos, de boicote, desinvestimento e sanções (BDS) contra Israel, uma das mais importantes formas de solidariedades com nosso povo e seus direitos. As campanhas BDS englobam boicotes a Israel e empresas internacionais cúmplices das violações israelenses das leis internacionais, e boicotes acadêmicos e culturais de instituições israelenses, parceiras coniventes na ocupação e no apartheid;

3. assegurar estados internacionais, coletiva e individualmente, responsáveis pela proteção dos refugiados palestinos em seus respectivos territórios até que os mesmos possam exercer o direito, sancionado pela ONU, de retorno a seus lares. Obrigar Israel a reconhecer tal direito, indenizando os refugiados, permitindo a aplicação da sanção da ONU, impondo o término da política higienista de limpeza étnica em ambos os lados da Linha Verde;

4. defesa dos direitos do nosso povo na Jerusalém ocupada, combatendo o que foi denominado por um funcionário da ONU de “estratégia de judaização”, manifestada na desapropriação de terras, na expulsão sistemática e compulsória dos palestinos de seus bairros, na violação da liberdade de culto, nos ataques implacáveis ao cristianismo e ao islamismo, na distorção da história e em outros crimes;

5. intensificação da luta para suprimir o cerco israelense – em todas as suas formas – imposto ao nosso povo na Faixa de Gaza ocupada, considerando a solidariedade a Gaza como prioridade. Isso demanda campanhas de solidariedade a nosso povo em Gaza e acusações legais, e formais, contra Israel em tribunais internacionais;

6. manutenção dos direitos inalienáveis do povo palestino em cidades israelenses, com soberania sobre suas terras, apoiando sua luta para exterminar o regime de apartheid israelense, suas leis e regulamentos racistas, reconhecendo os direitos nacionais e cívicos dos palestinos, individuais e coletivos, combatendo a política higienista de Israel, a expropriação de terras, as demolições de casas, especialmente no Naqab (Negev), e a discriminação racial em projetos de educação, saúde e infraestrutura;

7. apoio e fortalecimento da luta pela libertação dos prisioneiros palestinos, vivendo em condições desumanas, em prisões israelenses, por seu envolvimento na luta pela libertação nacional da Palestina. Nesse contexto, enfatiza-se a necessidade de garantir a libertação imediata e incondicional, como questão de prioridade, de doentes, crianças, idosos e mulheres, assim como os presos sob regime de detenção administrativa, e a libertação dos 27 parlamentares sequestrados pelas autoridades da ocupação, em clara violação das leis internacionais;

8. pressão para que os governos cumpram suas obrigações legais, conforme estipulado por decisão da Corte Internacional de Justiça, contra o muro construído, ilegalmente, por Israel em território palestino. Pressionar o governo israelense a desmantelar o muro “da vergonha”, que, terminado, deverá ter aproximadamente 800 km, intensificando a injustiça e potencializando uma nova campanha higienista de limpeza étnica;

9. manutenção do direito do povo palestino à soberania sobre seus recursos naturais (principalmente as terras e a água) e à soberania alimentar, garantindo o retorno para camponeses, operários, pescadores e comunidades beduínas privadas de seus direitos pelo Estado de Israel;

10. fazer do Fórum Social Mundial Palestina Livre uma plataforma para a construção de estratégias BDS contra Israel, objetivando, primordialmente, o boicote aos acordos de livre comércio entre Israel e outros países, ou grupo de países, como União Europeia e Mercosul, considerando-se as violações das leis internacionais perpetradas por Israel em seu regime de opressão contra o povo palestino, constituídas pela ocupação, pela colonização e pelo apartheid. Os TLC, ao permitir a exportação de produtos israelenses provenientes de colônias construídas ilegalmente em territórios árabes e palestinos ocupados, na Faixa de Gaza, na Cisjordânia (inclusa Jerusalém oriental) e nas Colinas de Golã, normalizam, ratificando-o, o regime opressor de Israel;

11. apoio à campanha global de embargo militar contra Israel, desfazendo contratos para compra de armas, equipamentos e serviços militares de todos os tipos, inclusa a compra de veículos, principalmente aviões não tripulados e sistemas de segurança. Essas exportações sustentam a ocupação e o regime de apartheid que Israel impõe ao povo palestino. Além disso, o comércio militar com Israel alimenta a indústria bélica dos EUA, indústria que lucra com a escravidão e a morte de milhões de pessoas em todo o mundo;

12. em concomitância à pressão para forçar Israel a cumprir as leis internacionais, apoiar e promover a cooperação na implantação de projetos de desenvolvimento econômico, social e cultural para os palestinos, fornecendo apoio financeiro e material para melhorar as condições de vida e trabalho, aumentando a firmeza e a vontade do povo palestino de enfrentar as tentativas israelenses de tiranização;

13. reconhecemento e apoio à luta dos judeus antissionistas em toda parte, em especial aqueles que estão ao lado do povo palestino na luta contra a ocupação e o regime de apartheid israelense. Apoiar as forças progressistas e democráticas, políticas e sociais, sujeitas à repressão por sua postura anticolonial e por sua advocacia em prol da defesa dos direitos do povo palestino;

14. apoio à resistência popular palestina contra a ocupação israelense, legitimando-a como forma primordial de luta em benefício do povo palestino;
15. incitamento aos meios de comunição a ter papel ativo na exposição das políticas colonialistas e racistas do Estado de Israel, lançando campanhas de informação pública.

A aplicação dos princípios políticos, legais e éticos acima referidos contribuirá para acabar com a impunidade de Israel e reforçará sua responsabilização por todos os crimes cometidos contra o povo palestino. Esse apoio fornecerá ao povo palestino possibilidades concretas, eficazes e sustentáveis para alcançar todos seus direitos internacionalmente reconhecidos, em especial os direitos de retorno, autodeterminação, independência e soberania nacional.

Enlace coa web do Foro que está en English, Français, Português e Español:

http://www.wsfpalestine.net/pt-br

______________

O Colectivo Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, continuou desta vez nunha segunda xornada no Castelo de San Carlos


II Xornada de traballo na Batería de San Carlos sábado, 1 de diciembre de 2012
|Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos|

Este sábado eramos soamente cinco as persoas que podiamos ir a traballar, pero tivemos a incorporación de dúas novas compañeiras ao equipo, estas rapazas, a pesar de ter un posto de traballo estable, decidiron poñer o seu tempo a disposición deste colectivo cidadán e reivindicar a recuperación de espazos naturais e do noso patrimonio en estado de abandono por parte das autoridades competentes.

As tarefas centráronse na recuperación de parte dos muros superiores, as dúas escaleiras laterais, e o chan da parte superior da fortaleza.

Pouco a pouco, e aínda que o tempo non nos vén acompañando, a fortaleza esta sacando ao exterior a súa beleza.

Cumpre recordar que esta Batería defensiva é unha das fortificacións que en mellor estado se encontra da nosa ría, a pesar de ser unha das máis antigas (1731-1739), é unha obra de Juan de la Ferriere e Juan Vergelde, fortificación de estilo neoclásico, forma parte das fortificacións da entrada da ría de Ferrol, e servía de apoio aos castelos de San Felipe, A Palma e San Martín.

Para chegar a esta fortificación, debemos dirixirnos á Batería de San Cristovo, aparcamos ao lado desta, e dirixímonos a pé cara á única pista que hai, que ao pouco se converte en sendeiro peonil, camiñados uns trescentos metros chegaremos á San Carlos.

Galería Fotográfica

Publicado en recuperaciondeespazospublicos

Queres participar
?


Apúntate!!

e-mail: recuperaciondeespazospublicos@gmail.com
Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497
Facebook: https://www.facebook.com/groups/444525015569821/
_________________

sábado, decembro 01, 2012

A maioría absoluta do Partido Popular rexeitou as mocións contra os desafiuzamentos no Pleno deste Xoves de Novembro de 2012


Onte, 29 de Novembro de 2012, o Pleno do Concello de Ferrol debateu diferentes Mocións sobre o tema dos desafiuzamentos, das que só unha foi aprobada: a presentada por EU, para crear unha bolsa de pisos baleiros de Recimil para familias sen recursos, aínda que sen precisar o seu número e "sempre que cumpran as condicións de habitabilidade", como pediu que se modificase o PP.

A maioría absoluta do Partido Popular rexeitou as restantes:

A comisión mixta para frear os desafiuzamentos que defendía EU, na que estarían representados todos os partidos e as entidades veciñais e sociais, co obxectivo de buscar as alternativas necesarias para evitar calquera desafiuzamento, e no caso de producirse este, garantir o realoxo digno da familia afectada.

Outra de EU: Unha bolsa de pisos baleiros para ás familias sen vivenda e sen recursos, cunha fórmula de aluguer social "cuxo importe non excedería do 30% dous ingresos dá unidade familiar".

A petición do PSOE da creación dun parque público de vivendas de aluguer social, que se complementara cunha bolsa de pisos privados e medidas contra os desafiuzamentos. E a través dunha segunda mofición, a creación dun centro de acollida e inclusión social.

A proposta do BNG de modificar a Lei Hipotecaria e que se adoptaran medidas sociais para solucionar o drama dos desafiuzamentos.

Na sesión, a compañeira Elena Casal, da plataforma Stop-Desafiuzamentos interveu en apoio destas mocións, en razón á gravidade social deste problema.

Escoitar a intervención da representante [Audio] de Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.


fuco buxán, a.c.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán A.C. Ferrol
fucobuxan@gmail.com
30 de novembro de 2012 23:56
_________________