martes, marzo 05, 2013

A Secretaría da Muller da CIG denuncia que 37.500 mulleres de entre 15 e 34 anos emigraron desde que comezou a crise - Concentración o día 8 ás 12 horas diante do CC Odeón

No marco da campaña do 8 de Marzo que este ano desenvólvese baixo o lema de “Fartas!”
A Secretaría da Muller da CIG vén de presentar, en rolda de prensa, a campaña do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, que se desenvolve este ano baixo o lema de “FARTAS!”. Margarida Corral, secretaria confederal de Muller e Mocidade anunciou as diversas mobilizacións que con este motivo convoca, ou nas que participa, a central sindical e denunciou as “celebracións e conmemoracións hipócritas por parte das mesmas administracións e poderes que recortan os nosos dereitos”. Ademais presentouse o informe “A situación da Muller no Mercado Laboral en Galiza no ano 2012”, elaborado polo Departamento de Economía, no que se constata que, alén do paro, as condicións laborais da muller en Galiza son cada vez peores.
13-03-01 RP 8 de marzo 2013

A secretaria confederal de Muller lembrou que malia levar máis dun século conmemorando o día 8 de Marzo, “en pleno ano 2013, as mulleres de hoxe saímos á rúa para denunciarmos a mesma opresión. Porque o sistema capitalista segue abrindo fendas entre as clases sociais, e segue artellando unha división sexual da sociedade e do traballo que nos prexudica tanto como antes”.

Corral chamou a facerlle fronte a esta situación “como fixeron as nosas avoas” para dicir que “estamos fartas de sermos discriminadas; da situación de desvantaxe histórica que sufrimos; de cobrarmos menos salarios ca os homes; da temporalidade dos nosos contratos; de que sexan a tempo parcial e da persecución por exercermos o noso dereito a compatibilizar traballo e vida persoal e familiar”. Denunciou que as medidas que se van adoptando, como os protocolos e plans de igualdade en empresas “non son máis ca declaracións de intencións, por imperativo legal ou co único obxectivo de acceder a subvencións” e que a inclusión da perspectiva de xénero na negociación colectiva é “inexistente ou residual”.

Xunto isto denunciou a dupla e tripla xornada que afrontan as mulleres galegas que teñen que dedicar “horas infinitas ás tarefas do fogar e dos coidados”. Pero tamén a economía somerxida; o teito de cristal; o acoso sexual; a normalidade coa que se asumen as mortes por mor da violencia machista; a discriminación “pola nosa orientación sexual” ou a falta de cobertura das prestacións por mor da temporalidade dos contratos que se lle fan ás mulleres.

Ante iso proclamou que “estamos fartas do desemprego, da falta de protección social; de pertencermos a categorías e réximes especiais que nos discriminan; de sermos inmigrantes sen papeis, sen dereitos; da sangría migratoria que asolaga o noso país por mor da inexistencia de saídas laborais; da privatización dos servizos públicos, mentres se invisten cartos públicos en empresas privadas e dunha reforma laboral que só supuxo máis paro, máis precariedade e despedimentos máis baratos”. Por iso fixo un chamamento a responder participar nas mobilizacións convocadas con motivo desta data, contra as políticas “neoliberais e ultraconservadoras” do Partido Popular, “ao servizo da gran banca e de entidades relixiosas” e denunciou as celebracións e conmemoracións hipócritas por parte das mesmas administracións e poderes que recortan os nosos dereitos.

A CIG ten convocadas nas cidades concentracións, no marco dunha xornada nacional de loita, o propio 8 de marzo, ás 12:00 da mañá:

- Coruña, diante da empresa EUROCEN,
- Compostela, diante da oficina da Fundación para a Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galiza, en Área Central
- Lugo, diante do Gran Hotel de Lugo
- Ourense, diante da Confederación de Empresarios, ás 12 horas.
- Pontevedra, na chamada praza 8 de marzo, logo dunha asemblea de delegadas
- Vigo e Ferrol, en resposta ás duras condicións laborais impostas no convenio das grandes superficies comerciais (en Vigo diante do Corte Inglés, e en Ferrol diante do Centro Comercial Odeón)

Alén destas concentracións de traballadoras, a CIG participará nas concentracións convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres, na tarde do día 8 en Vigo e Ferrol, e na concentración cidadá prevista na Coruña contra o peche do Centro de Orientación Familiar da Coruña, como organización convocante xunto con outras asociacións e entidades feministas na mobilización nacional que sairá o día 9 de marzo ás 12:30 horas da Estación de tren de Compostela, baixo o lema Mulleres Galegas en loita polos nosos dereitos!, e nas mobilizacións comarcais convocadas pola CIG o 10 de marzo, Día da clase obreira galega.

O día 7 celebrarase ademais a VII Edición dos Premios 8 de marzo, ás 18 horas, nun acto público que terá lugar no Hotel Porta do Camiño.


Incremento da poboación activa
O informe fai un percorrido pola situación laboral da Muller no ano 2012 pero tamén polas mudanzas que se deron nas condicións laborais desde que comezou a crise. Nese sentido, a economista Natividade López Gromaz, salientou o incremento da poboación activa, provocado polo aumento do número de mulleres que pasan a ser demandantes de emprego. “Maiores de 55 anos que eran amas de casa e que teñen que saír ao mercado laboral a buscar un posto de traballo, nunha situación na que non hai emprego para ninguén. Ten que ser por mor dunha situación familiar moi precaria”.
Isto, ao entender de López Gromaz, desfigura os datos da muller no mercado laboral, porque semella que se están incorporando moitas mulleres, pero agocha detrás unha realidade alarmante. Neste lustro perdéronse 160.000 postos de traballo. Máis entre homes porque a crise afectou primeiro a sectores moi masculinizados, como a Construción ou o sector do Metal. Porén neste último ano disparouse moito a destrución de emprego feminino, porque o sector Servizos, que até o de agora se foi mantendo, foi en 2012 o máis prexudicado. Tal é así que neste último ano, neste sector, 8.400 mulleres perderon o emprego, cando en total foron 10.800 as mulleres que pasaron a engrosar as listas do paro. Unha media de 30 mulleres diarias.

Xunto a isto, a responsábel do Gabinete de Economía salientou “a desfeita” do sector da administración e a perda de emprego que se dá en Sanidade, Educación e Servizos Sociais, xunto con hostalería e comercio. “O que nos preocupa é que é o principio e que para este ano vai empeorar a situación para o emprego feminino”. Malia esta destrución de emprego, tamén é rechamante a diminución da taxa de temporalidade. Porén tamén isto agocha outro dato demoledor, xa que esa diminución prodúcese “non tanto porque aumente o indefinido senón pola destrución do temporal”. Natividade López Gromaz apunta tamén ao cambio de réxime especial da seguridade social para as empregadas do fogar, que pasan a ter un contrato indefinido. O problema é “por cantas horas e por que salarios”.


660.000 contratos asinados en 2012
Do informe tírase ademais que medra a xornada parcial e aumenta o número de contratos, tanto entre homes como entre mulleres. E ten que ser así porque malia esta destrución masiva de emprego, rexistráronse 660.000 contratos en Galiza, 320.000 entre mulleres. Unha media de case 3 contratos por muller ao ano. “Redúcese a temporalidade, os contratos son moi abundantes e de pouca duración”. Iso leva a que sexa a primeira vez que caen os ingresos tanto dos homes e das mulleres, xa que segundo os datos da Axencia Tributaria, os últimos publicados de 2011, os ingresos declarados diminuíron un 0,23%, sen descontar o IPC, o que constata “a perda de poder adquisitivo que está sufrindo a clase traballadora en xeral e as mulleres en particular”.

Natividade López Gromaz alertou de que esta situación vaise agravar este ano porque acaba de asinarse o convenio de grandes almacéns, que afecta a 13.000 persoas en Galiza, o 80% mulleres e contempla unha perda dun 2,5% de media de ingresos. Xunto a este, o do pequeno comercio está a piques de se asinar nas mesas condicións e na administración tamén se rebaixan as condicións salariais. Todos sectores feminizados.


Emigraron 37.500 mulleres
A taxa de paro duplicouse nestes anos e pasou dun 10 a un 20% en cinco anos. Un dato que matizou que non medra máis grazas á emigración porque “durante este período marcharon de Galiza 37.500 mulleres de entre 15 e 34 anos, no mellor da idade laboral e reprodutiva”. En conxunto foron 77.000 persoas as que emigraron nesta franxa de idade. “Sen esta emigración, a taxa de paro incrementaríase até chegar ao 25%. Evidentemente á Xunta de Galiza non lle interesa nada que se coñezan estes datos e segue a presumir de que temos un diferencial de cinco puntos coa media do estado pero se sae isto á luz a situación sería ben distinto”.


Dependencia das pensións
Gromaz subliñou tamén que xubiladas e pensionistas estanse facendo cargo de moitísimas familias que están vivindo grazas ás súas pensións. Hai case 400.000 mulleres pensionistas, das que 166.000 son viúvas e outras moitas con incapacidade permanente. Os ingresos medios das pensionistas son de 556€ ao mes, mentres que os dos homes son de 873€. A pobreza comeza a ser alarmante e xunto ao paro, baixas pensións e baixos salarios hai 3.700 mulleres que xa non teñen nada, só a RISGA. “Unha miseria pero é algo de subsistencia”.


Documentos
Muller e mercado laboral 2012.pdf
Diptico 8 de marzo 2013.pdf
Manifesto Mulleres Galegas en Loita.pdf

Artigo extraído da web da CIG(Avantar)

luns, marzo 04, 2013

O Recuncho a polo seu programa radiofónico nº 127, este Martes 6 de Marzo de 2013, no 93.9 da FM ou por Internet


Martes, 6 de Marzo de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Rádio FilispiM, ou en directo en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg

O Recuncho” nº 127 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
  • Invitados: Ana Beceiro e José Ramón Jove para falar do Consello da Veciñanza.
  • O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: “O Ateneo Ferrolán, hoxe”
  • Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: Luis de Góngora.
  • Os libros recomendados, espazo de Víctor G. Novás
  • Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
  • Música: saxo e trompeta.
Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com

e-mail: opafuco@gmail.com – telefº directo: 981371040


Os Noso Blogues:

Escolma das Razóns
http://escolmadasrazons.blogspot.com.es/
Pensamento Crítico
http://opinionsfuco.blogspot.com.es/
Facebook:http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749
Twitter: http://twitter.com/FucoBuxan
Google+:https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts

Fuco Buxán, A. C.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:

fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
4 de março de 2013 15:49
__________________

O malgasto en grandes obras ten unha explicación - Ecoloxistas en Acción súmase á querela contra Bárcenas, outros representantes políticos e empresarios


Fondos públicos millonarios destinados a grandes obras e infraestructuras de transporte sen apenas rentabilidade social. Unha tónica denunciada durante anos por Ecoloxistas en Acción. Os "papeis" de Luís Bárcenas aportan presuntamente claves para entender as razóns destas concesións insostibles. Por iso, a organización súmase á querela que se presenta contra o extesoureiro do Partido Popular, outros cargos da formación e empresarios da construción.

O reino de España é o estado europeo con máis quilómetros de autovías e autopistas, con máis quilómetros de alta velocidade, con máis aeroportos sen servizo. O país que máis fondos dedica a grandes obras en porcentaxe do Produto Interior Bruto (PIB), en contraste cos escasos fondos dedicados a atención social.

Ecoloxistas en Acción denunciou durante anos o investimento insostible en infraestruturas multimillonarias, que quedou cristalizada en estacións pantasma, aeroportos baleiros, edificios públicos inutilizados.

Mentres se xustificaban esas grandes obras en aras do desenvolvemento económico xeneral, a organización apuntaba ao posible lucro duns poucos. Os "papeis" de Bárcenas, é dicir, a suposta contabilidade paralela do extesoureiro do PP, sinalan tamén nesta dirección. A mención de nomes de empresarios que obtiveron grandes concesións públicas podería ser indicio de delito.

Por iso, Ecoloxistas en Acción, xunto a Esquerda Unida, a plataforma Xustiza e Sociedade e a Asociación Libre de Avogados (ALA), presentará unha querela contra Bárcenas, destacados membros do PP e responsables dalgunhas das grandes construtoras.

Desde a organización ecologista espérase que as investigacións contribúan a contestar preguntas abertas:
  • Como é posible que a ampliación de Barallas presupostásese en 1.700 millóns de euros e logo custase máis de 6.000 sen que ninguén dea explicacións?
  • Como é posible que se sigan pedindo créditos para construír liñas de AVE (3.000 millóns de euros concedeu o BEI o ano pasado para este fin) que se prevén ruinosas, mentres se segue recortando en sanidade e educación?
  • Como é posible que se sigan desdobrando estradas en autovías cunhas cifras de tráfico irrisorias?
  • Como se explica que os últimos aeroportos inaugurados sexan todos deficitarios malia que se declararon de interese xeral para darlles prioridade?
Fonte: Ecoloxistas en Acción
______________

domingo, marzo 03, 2013

"O caso de Aurelia Rey tan só é a punta do iceberg" - Entrevista con Héctor Tejón, ... Por Miguel Pardo


Héctor Tejón converteuse durante días na cara visible de Stop Desafiuzamentos na Coruña e tamén nun dos protagonistas involuntarios do conflito de Aurelia Rey, a anciá cuxo desaloxo foi paralizado pola presión cidadá. Agarrado ao megáfono, este sociólogo en paro -"en activo non retribuído", prefire dicir el- leu comunicados, coidou de Aurelia, atendeu á prensa e emocionouse varias veces logo dunha semana tan intensa como esgotadora. Cun discurso firme e claro, pide á sociedade que se implique nunha problemática que vai moito máis aló do caso desta muller de 85 anos, que aínda está pendente dunha solución definitiva, e ao que chegou a raíz da súa participación en movementos como o 15M, pero sobre todo pola súa "inquedanza persoal" nunha problemática como a da vivenda.

E de súpeto, atópaste co caso de Aurelia Rey...

O caso de Aurelia é moi particular e moi específico, unha parte do problema que non pode significar o todo. A nivel da opinión pública, é moito máis sinxelo ir contra un banco que contra un propietario individual. Non é o mesmo unha familia que asina unha hipoteca, non é capaz de pagala e vai ser desaloxada, que este caso. Ademais, nós non sabiamos que nos iamos atopar con todo o que nos atopamos durante estas últimas semanas.
 "A nivel da opinión pública, é moito máis sinxelo ir contra un banco que contra un propietario individual"

Con que se atoparon?

Non sabiamos das relacións de poder da familia propietaria. Teñamos en conta que antes de iniciar as mobilizacións falamos con Servizos Sociais da Coruña e co avogado dos denunciantes. A resposta do Concello foi sempre a mesma: “non temos pisos e a mellor opción é unha residencia”. Tamén intentamos deter a orde de desaloxo falando cos donos do piso, pero non o conseguimos. Logo mobilizámonos porque o lanzamento era inminente e conseguimos paralo.

Todo polo atraso no pago de dous meses de aluguer.


Claro, porque neste caso nin tan sequera hai un impago, senón un atraso. É unha lei máis que discutible a que permite que se desaloxe unha persoa nesta situación. Lembremos que o primeiro atraso foi en 1999 e o segundo en 2011. Foi aí cando os donos aproveitaron para iniciar o proceso legal que rematou no intento de desafiuzamento. A familia buscaba unha opción legal que lles permitise botar a Aurelia da súa casa. É un caso claro de mobbing inmobiliario e de especulación. Teñamos en conta que varios dos edificios colindantes ao de Aurelia son propiedade da mesma familia, incluído o inmoble onde vive.
"Sempre intentamos chegar a un acordo coa familia propietaria antes de iniciar as mobilizacións, pero non o conseguimos"

A familia acusa a Aurelia Rey de non facilitar as cousas co seu comportamento.

A familia sempre dixo que era moi difícil convivir con Aurelia e Aurelia di que é moi difícil convivir coa presión da familia. Nós sempre intentamos chegar a un acordo antes de iniciar as mobilizacións, pero non o conseguimos.

A repercusión mediática serviulles para lograr o seu obxectivo?

Recibimos moito apoio de todas as partes do Estado grazas á repercusión mediática que tivo o tema e isto serviunos de moita axuda, pero tamén xurdiron outras actitudes non tan positivas cara a nós. Aurelia non elixiu estar no foco de nada. A familia propietaria tirou pola vía penal en lugar de reclamar a mediación dos Servizos Sociais, que teñen tamén esa función. Pasamos dunha solución amigable a unha resolución conflitiva. Aproveitáronse do marco legal vixente para levar a cabo o desaloxo.
"En vez de ver en Aurelia unha persoa xubilada que cobra unha miseria, algúns viron nela unha persoa que vive nunha zona que non lle correspondería polo seu nivel económico"
Pero habéra máis casos como os de Aurelia ...

Xa nos están chegando novos casos. Sabemos que non pode ser que Aurelia sexa o todo, pero tampouco a podemos deixar soa porque é unha situación de exclusión social flagrante. Lembremos que Aurelia Rey cobra unha pensión non contributiva duns 370 euros e vive por debaixo do limiar da pobreza. Por iso pedimos a implicación da cidadanía. Tivemos moito apoio, pero tamén sabemos de moita xente que se implicou na censura moral ao culpar a Aurelia de rexeitar pisos que estaban moi lonxe ou de vivir no lugar onde vive. Digamos que tamén xurdiron celos entre clases. En vez de ver en Aurelia unha persoa xubilada que cobra unha miseria, algúns viron nela unha persoa que vive nunha zona que teoricamente non lle correspondería polo seu nivel económico.

Doéronlle algúns deses comentarios?


Por que non podes vivir en calquera lugar da cidade? Ou é que xa aceptamos o clasismo por zonas? Ao final, a clase baixa social reproduce discursos que van na súa contra. Aurelia Rey leva máis de trinta anos vivindo na mesma zona. Que diriamos se o mesmo caso de Aurelia se dese nun barrio máis humilde? Aceptémolo ou non, segue sendo traumático porque estás dando pé ao desarraigo, máis aínda cando falamos dunha persoa de 85 anos que ten o seu médico, as súas amizades e o seu modo de vida nunha zona determinada.
"Estamos cumprindo unha función que debería realizar a Concellería de Servizos Sociais"

Que ocorre agora que se parou o desafiuzamento?

Isto tamén nolo preguntamos nós. E agora que? Da parte de acompañamento e de busca dunha nova vivenda deberían ocuparse os Servizos Sociais, pero o único que ofertan son pisos de protección oficial e no Concello aseguran que non hai iniciado ningún proceso de "concorrencia competitiva aberta", como din eles. En definitiva, que non teñen pisos. Agora estamos nunha situación na que nós estamos cumprindo a función que debería realizar a Concellería de Servizos Sociais. Estamos encargándonos de buscarlle un piso nos dous meses que ten de prazo, pero tamén nos ocuparemos de axudarlle coa mudanza e de reubicala. Se ocorrese con outras familias, pasaría o mesmo. Sempre se fala de cando se para o desafiuzamento, pero a onde van esas familias que conseguen a dación en pago pero quedan sen casa? Quen se ocupa delas?

Están cumprindo os movementos sociais a función que deberían realizar os poderes públicos?

Está pasando e iso é unha mostra do desmantelamento do Estado de Benestar. É o activismo social o que moitas veces se ten que ocupar de cousas das que se deberían ocupar as administracións públicas. Non é que nos poidamos ver nesa situación, senón que xa nos estamos vendo nela. Hai moitos máis casos e é evidente que nós non nos podemos ocupar de todos. Pedimos que as administracións públicas se impliquen. O que non pode ser é que nós teñamos que buscar e procurar unha solución porque o Concello ou a quen lle corresponda non o faga.

No entanto, sempre dixestes que o voso labor é tamén de concienciación social, de pedagoxía...

É evidente. Teñamos en conta que en plena crixe, séguense mantendo as mesmas rendas para os alugueres cando o poder adquisitivo da sociedade é claramente menor. Temos que facer entender que os novos tempos requiren novos modos de relación. Pasamos dun Estado de Benestar a un reparto da carencia. Ou nos coordinamos entre todos ou non sei o que pode pasar. Eu creo na autoxestión, pero sei que é complicado porque a pequena burguesía propietaria non quere perder os seus privilexios, a pesar de que o poder adquisitivo das familias segue baixando e o paro é cada vez maior. O que debemos facer é darlle unha volta a este pensamento porque non podemos pensar que un movemento como Stop Desahucios se pode converter nuns Servizos Sociais autoxestionados.
"Estoulles agradecido aos políticos que estiveron con nós e que deron a cara"

Que opina do apoio que recibiron de cargos públicos co Concello?

Calquera apoio de concelleiros da corporación municipal foi importante, tamén como salvoconduto contra a represión do activismo, porque hai xente á que xa lle están chegando citacións para ir declarar ao xulgado.

Hai quen di que os políticos que os apoiaron só querían sacarse a foto.

Eu persoalmente estoulles agradecido. Só podo ter palabras de agradecemento para os concelleiros do BNG Xosé Manuel Carril e Avia Veira. Desde o primeiro día estiveron con nós e incluso quedaron a durmir no portal. Eu só os vía como uns activistas máis que apoiaron o movemento. Estiveron da nosa man e esa debe ser a función dun político. Non debe impoñerse na sociedade, senón ser a membrana de vinculación dese magma social. César Santiso, concelleiro de Esquerda Unida, tamén estivo varios días dando a cara con nós e incluso algún concelleiro socialista se achegou para interesarse polo tema, a pesar de que neste último caso é difícil de entender cando foi o seu partido o que lexislou xusto en contra do que nós defendemos.
"Claro que se poden cambiar as cousas, pero necesítase xente disposta a romper coas lóxicas tradicionais"
En definitiva, cren que conseguiron unha maior concienciación da sociedade respecto dos desafiuzamentos ou desaloxos?

Ese é sempre un dos obxectivos e temos medo de que o caso de Aurelia tape todo o demais. O que notas pola rúa, cando a xente te anima a seguir, é que estamos todos moi necesitados de esperanza. Claro que se poden cambiar as cousas, pero necesítase xente disposta a romper coas lóxicas tradicionais. Todos estabamos afeitos a ingresar a renda do piso a final de mes, pero como fas se nin tan sequera tes a renda do traballo? Notamos máis apoio e notamos tamén como moitas familias que antes non se achegaban a nós por vergonza, si que nos chaman agora para preguntarnos como os poderiamos axudar.

Seguirán loitando?

Seguiremos en pé de loita. O de Aurelia é un caso moi concreto e moi especial. A xente pode quedarse co caso de Aurelia, pero este caso só é a punta do iceberg. Ela podería ser a avoa de calquera e por iso moita xente se identificou co seu problema, pero insisto en lembrar que está nunha clara situación de exclusión social, algo que quizais non soubemos transmitir como deberiamos. Destina máis do 30% dos seus ingresos ao pago do aluguer e iso se cadra é o realmente grave. En Servizos Sociais dixéronnos que había máis Aurelias. Creo que esa resposta que nos deron debería facer reflexionar aos poderes públicos. Se hai máis casos como o desta muller, deberían recapacitar sobre o que están facendo cos cartos públicos ou sobre o que está pensando con dereitos básicos que veñen recollidos na propia Constitución.

Publicado en Praza Pública. Entrevista de Miguel Pardo.

O Caso de Aurelia Rey en Praza Pública:
http://praza.com/tema/53/desafiuzamentos/

_________________

Acción Directa en Defensa dos Espazos Públicos no Miradoiro d'A Cabana


En vista do campionato de remo que tiña cabida na ría, decidimos aproveitar para realizar a limpeza nos xardíns, e no Miradoiro da Cabana (Ao lado do Centro de Innovación e Servizos da Cabana). , co fin de proporcionar aos asistentes un lugar dende onde poder visualizar esta competición náutica.

Os traballos consistiron no desbroce da herba, poda de árbores e limpeza de lixo.

No devandito miradoiro existen dous buratos de máis dun metro de profundidade, ambos os dous estaban camuflados entre as herbas, supoñendo un verdadeiro perigo, ambos os dous deixámolos sinalizados cuns paus e cordas, a ver se agora as autoridades competentes son quen de ordenar que sexan tapados.

Queremos aproveitar a ocasión para denunciar que os neumáticos recollidos fai duas semanas, na marisma da Malata, seguen sen ser recollidos por parte da empresa que ten que prestar eses servizos.

Convidamos a toda a cidadanía a participar con nós na recuperación dos espazos públicos.

No blogue do colectivo atopase información adicional:
http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/

--
e-mail: recuperacióndeespazospúblicos@gmail.com

Teléfonos: 620 312 992 - 637 567 497

O noso blogue: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/   é un Diario que recolle a nosa traxectoria, serve de difusión de próximas accións e faise eco doutros exemplos solidarios e comunitarios que están a suceder na bisbarra.
__________

O Foro Social Mundial: de Porto Alegre (2001) a Túnez (2013). Unha interesante entrevista a Chico Whitaker, ... Por Sergio Ferrari

"A sociedade civil planetaria percorre o seu propio camiño que non é simple nin lineal" - O Outro mundo posible de Chico Whitaker

Por Sergio Ferrari [*]
03.03.2013


Neste proceso en marcha de apenas doce anos de vida, hai xa tantos logros alcanzados como desafíos pendentes. Así o expresa Francisco (Chico) Whitaker Ferreira(1931), activo cofundador-activista-pensador do Foro Social Mundial (FSM) desde a súa primeira edición en 2001 en Porto Alegre e membro desde entón do Consello Internacional, a instancia facilitadora. Aos seus case 83 anos, o Premio Nobel alternativo da paz 2006 actúa, reflexiona, conceptualiza e mira cara ao futuro deste espazo altermundialista. Próxima parada no camiño: a edición 2013 de Túnez (26-30 de marzo), tema desta entrevista a escasas semanas da súa realización.

P: O próximo foro realizarase por primeira vez no Magreb, rexión de intensos cambios políticos e sociais nos últimos anos. Como se decidiu o lugar?

Chico Whitaker: Foi o resultado de diversas proposicións anunciadas por organizacións e movementos sociais. O Consello Internacional, que non é nin un órgano de Goberno nin un Consello de Administración senón unha instancia facilitadora, foi construíndo a decisión do lugar de xeito consensual. Resulta obvio que un Foro en Túnez neste momento pareceu moi propicio en razón do significado positivo da primavera árabe para todas as loitas mundiais. Non podemos esquecer que foi ese movemento social o que inspirou a miles e miles de mozos que ocuparon -e nalgúns casos ségueno facendo- centenares de prazas en todo o mundo esixindo cambios. Nin tampouco se pode esquecer o rol protagónico da mobilización das sociedades civís tunisiana e exipcia para derrotar as ditaduras neses países.

O FSM nunha rexión explosiva

Pregunta: O asasinato do dirixente opositor Chukri Belaïd o 6 de febreiro pasado relanzou unha intensa mobilización social en Túnez. A súa lectura desta situación de face ao FSM 2013?


Chico Whitaker: Os sucesos da primeira parte de febreiro conmovéronnos enormemente. O crime brutal espertou unha reacción cidadá moi intensa. O gran desafío de Túnez hoxe é non saír de ningún modo da democracia. Os integrantes do Comité de Organización do FSM hanse inmediatamente mobilizado para condenar ese crime. Un comunicado asinado por máis dun centenar dos membros do Consello Internacional do FSM sinala que este feito non poderá frear o proceso iniciado polos demócratas tunisianos con quen somos solidarios. Estamos convencidos que as forzas democráticas saberán manter a convicción profunda de elixir a resolución pacífica dos conflitos como vía para avanzar no proceso democrático. Estamos máis que nunca convencidos, tamén, da necesidade da mobilización internacional para asegurar o logro do FSM 2013 e que sexa un momento forte de apoio ao proceso democrático en Túnez.

P: En que medida as forzas activas do Magreb en xeral e de Túnez en particular -refírome a movementos sociais, sindicatos etc- están involucrados realmente na preparación, na concepción deste FSM?

Chico Whitaker: Durante a ditadura de Ben Alí a sociedade civil tunisiana contou cun núcleo de organizacións activas. Destas, pódese dicir que todas están directamente involucradas na preparación do FSM e constitúen o seu comité organizador. Entre elas a gran central sindical, os movementos por dereitos humanos, os das mulleres etc. É importante recordar que o acto de lanzamento do proceso do FSM foi promovido polo Sindicato dos Traballadores Tunisianos na cidade mineira en que a revolución empezou , de feito, en 2008. Logo da caída da ditadura xurdiron novas organizacións que se han involucrando no proceso. E moitas delas participan das diferentes comisións que se crearon para realizar o Foro. De igual forma a sociedade civil organizada dos outros países do Magreb está igualmente presente.

P: As mulleres, que xogaron un rol fundamental na primavera árabe, pero que son un sector *perdedor* na post-primavera, poderían recuperar un certo hexemonismo no marco do FSM?

Chico Whitaker: As organizacións que loitaban polos dereitos das mulleres xa eran fortes durante a ditadura e foron fundamentais na súa caída. Non creo que se tornen agora hexemónicas, pero serán igualmente importantes. Ata no Foro haberá un espazo "mulleres" que estou convencido ocupará un lugar crave e será vibrante.

P: O FSM 2013 é entendido como unha oportunidade de achegar aínda máis as experiencias locais cos participantes chegados dos recunchos máis diversos?

Chico Whitaker: Sen dúbida. Irá xente de todo o mundo. Unha ocasión para falar directamente cos actores da revolución ? tal como eles chaman ao seu movemento; para comprender mellor que pasou na rexión; de coñecer mellor como os actores sociais participaron e seguen facéndoo; para constatar a coraxe, a tenacidade e a esperanza dos que promoveron a primavera árabe e séguena impulsando, aínda ao costo do seu propio sacrificio.

P: Un Foro novamente universal? si analízanse os once eixes temáticos propostos- pero cunha acento local, nacional, rexional?

Chico Whitaker:  En efecto. Si vense as máis de 2?700 organizacións rexistradas para participar e o número de actividades auto-xestionadas propostas que se achegan ás 1.500, non hai dúbida que Túnez ofrecerá un marco de debate mundial con problemáticas e temáticas das máis diversas que se pode imaxinar. Pero, si comprendemos a impronta do proceso histórico de cambio que vive a rexión do Magreb, entenderemos que un dos principais desafíos desta edición será o de reforzar lóitaa tunisiana e rexional a favor dun país e dunha rexión máis igualitaria. E que esta sinerxía entre o global e o rexional sirva como un paso máis no camiño de todos os que aspiran a "outro mundo posible". Especialmente na procura de formas de abordar con novas proposicións e articulacións os enormes desafíos que confronta hoxe a Humanidade.

P: Prevese unha participación numerosa?

Chico Whitaker:  Fálase modestamente de 50.000 participantes. Pero isto nunca é posible prever con exactitude. A metodoloxía participativa segue sendo a mesma que noutros foros: os participantes foron invitados a inscribir actividades auto-organizadas, sobre os temas que eles mesmos deciden traballar. Incluso as Asembleas de Converxencia ao final son auto-organizadas e poden ser moitas. O resto depende da capacidade da xente de intercambiar e articularse.

Avances positivos, retos pendentes

P: Mirando os escasos doce anos de existencia deste proceso denominado Foro Social Mundial e tendo en conta algunhas críticas escéptico-altermundialistas existentes, cal é o seu balance en canto a obxectivos e resultados do FSM?

Chico Whitaker:  En 2001, e a xeito de síntese, barallabamos catro obxectivos para o FSM. Facer escoitar no mundo un grito de esperanza. En segundo lugar, reflexionar-promover unha nova forma de facer a política e de entender a cultura política. Ademais, recoñecer, evaluar, integrar un novo actor político emerxente, a "sociedade civil" autónoma de partidos e goberno. E en cuarto lugar entender que neste momento histórico da humanidade non é suficiente resistir e protestar, senón avanzar na construción de alternativas concretas ao sistema. Para facer o balance deberiamos avaliar onde estamos hoxe en canto a eses retos?

P: Podería rapidamente avaliar cada un dos catro?

Chico Whitaker:  Como alternativa ao Foro Económico de Davos, que difundía o pensamento hegemónico, xurdiu o ?Outro Mundo é Posible?, como contestación e resposta. En certo xeito logrouse ese obxectivo, e aseguramos que se alce unha voz de esperanza. Os Foros sociais nos seus diferentes niveis -mundiais, nacionais, rexionais, temáticos- promoveron a posibilidade da alternativa, confrontaron a visión hexemónica. Hai que recoñecer, con todo que a mensaxe de esperanza non chegou aínda a cada país e a todas as rexións.

A idea dunha nova cultura política, anticipada xa nos noventa polos zapatistas de México, baseada na diversidade, a horizontalidade e a unidade de todos os actores sociais, tamén forxou pasos importantes nesta última década. Reforzouse neste tempo a comprensión que esa nova cultura é imprescindible para cambiar o mundo. Pero tampouco neste caso, todo é fácil e lineal. Esta visión alternativa ao verticalismo e o piramidal debe seguir avanzando nun camiño que será longo.

O rol emerxente da sociedade civil se ha ir tamén consolidando. Moitas das mobilizacións paralelas ás grandes conferencias da ONU e doutros organismos internacionais dan proba diso. As experiencias dos movementos -ocupas- en Estados Unidos e dos indignados en diversas rexións do mundo, expresan esa forza da autonomía cara a gobernos e partidos na construción dun poder político diferente.
Para terminar, nesta mirada retrospectiva, o tema das alternativas. Avanzouse na identificación das expresións do sistema capitalista. Algunhas alternativas foron propostas nos espazos creados no proceso do foro. Novas cuestións e temáticas incorporáronse con maior énfases ao debate, en particular as relativas ao medio ambiente, que xa é unha preocupación case xeneralizada no mundo.

Pero, hai que recoñecer, que a aplicación desas alternativas é moito máis difícil que a súa identificación. Por que? Porque para facer posible os cambios estruturais, é necesario a acción de Gobernos e Estados, ata no relativo ao cambio das leis. E a relación de forzas a nivel global segue sendo, aínda, desfavorable para a sociedade civil, aínda moi fragmentada. Sumando a isto, o papel da maquinaria dos medios de información e comunicación dominantes, monopólicos, frean ou retardan o proceso de tomas de conciencia xeneralizada. En síntese, nestes doce anos houbo avances significativos, pero mantéñense abertos retos non menos importantes para construír esoutro mundo posible.

A confianza na mocidade

P: Malia idas e voltas, de avances e retrocesos, aos seus 83 anos, mantén a confianza, case utópica, desoutro mundo posible?

Chico Whitaker:  Sen dúbida non é fácil, particularmente no que se refire a esa nova forma de concibir e facer a política, é dicir os cambios culturais na actividade política. Pero nese sentido debo recoñecer que estou aprendendo moito cos movementos de indignados e *ocupas? e intento que as súas experiencias axuden ao proceso do Foro. Aínda máis: eses mozos aumentan a miña confianza na posibilidade de cambiar o mundo. E co andar do tempo e o transcorrer da vida uno vai descubrindo realidades que nunca imaxinaba. Que obrigan a lanzarse a compromisos completamente novos. Un exemplo é o que ocorreu comigo e a miña compañeira despois do desastre atómico de Fukushima. Ao intentar comprender máis e mellor o que a aventura nuclear implica, non terminamos de sorprendernos dos riscos que esta significa. Realidades que descoñeciamos, moi influenciados pola desinformación reinante que nos transformaba en cegos. Todo isto para dicir que mentres teñamos as forzas non deixaremos de lanzarnos a novos retos de compromiso, para axudar a espertarnos e espertar a outros ... Con este espírito imos participar a Túnez nunha actividade auto-organizada sobre ese tema tan esencial.

[*] Sergio Ferrari en colaboración con E-CHANGER, ONG suiza de cooperación solidaria, sostida pola FEDEVACO e a Federación Ginebrina de Cooperación

Fonte: http://www.fsm2013.org/es
_____________

Varios miles de persoas, en Ferrol, na mobilización en Defensa da Sanidade Pública - Comunicado Final e Fotos


Este Domingo, pasadas ás 12 do mediodía, varios miles de persoas acudiron á chamada da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol. A marcha percorreu varias rúas de Ferrol,  para defender a sanidade pública, contra o seu desmantelamento, a súa privatización e o repago.

Transcribimos a continuación, o moi interesante comunicado leído ao final da Manifestación Comarcal, por Lucia Meizoso e Elena Casal, no nome da Plataforma.

Comunicado

Mobilización Comarcal en Ferrol 03.03.2013.


Bos días veciñas e veciños de Ferrolterra. Recibide un saúdo da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.Hoxe defendendo á Sanidade Pública como tamén estivemos o pasado domingo defendendo aos estaleiros públicos.

A sanidade pública é unha conquista da cidadanía, non foi un regalo de ninguén, e cos defectos que haxa que corrixir (un deles as excesivas listas de espera) é comparable a calquera sanidade pública do mundo.

O dereito á protección á saúde  se recolle nos artigos 41 e 43 da Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia, no seu artigo 33.

 Estes dereitos están ameazados pola falla de recursos co que o goberno da Xunta atenaza ao Servizo Galego de Saúde, co conseguinte menoscabo da calidade asistencial .

Desde a chegada do Partido Popular á Xunta de Galicia e aos gobernos doutras comunidades como Madrid, Valencia e Castela La Mancha, a Sanidade Publica esta sendo motivo de negocio para que beneficie a empresas constructoras como Sacyr Vallehermoso, empresas aseguradoras como Asisa, Adeslas, USP, DKV, Sanitas, Capio Sanidade, Ribera Salud, bancos e mesmo a empresas farmacéuticas,e a empresas como EULEN que tamén queren facer negocio coa Sanidade Pública a costa de encarecer a prestación do servizo, construír centros de peor calidade  e a costa de precarizar  e reducir o emprego.

Un exemplo claro de que pretende facer o Partido Popular coa Sanidade Pública témolo no Hospital de Vigo , que ía custar 590 millóns de euros con financiamento público e coa proposta actual da Consellería cando rematen os 20 anos de concesión , chegará ós 1.800 millóns de euros. Tres veces máis

Se pretende trasladar a Galicia modelos, que no seu pais de orixe, o Reino Unido na época de Margareth Thacher, xa fracasaron, que descapitalizaron o sistema público e que mesmo o Partido Conservador Británico xa anunciou que vai abandonar . Lembrades a David Cameron pedindo perdón pola morte de centos de cidadans do Reino Unido como consecuencia da aplicación desas políticas sanitarias?. Lembrades o fracaso das Fundacións Sanitarias en Galicia promovidas por Núñez Feijoo e o seu mentor Romay Becaría?

A Sanidade Pública é sostible o que é insostible e o roubo e o negocio sen risco co que se pretende privatizar a xestión da mesma.

Se pretende xustificar, unha medida absolutamente política, con a falla de recursos e a crise.

Agora que a moitas empresas do ladrillo se lles acaba o negocio, pretenden seguir facendo cartos a conta da privatización da Sanidade Pública. Os impostos da cidadanía teñen que ir a financiar directamente á Sanidade Pública  e non para as empresas que queren facer negocio con ela.

Hai que recordar que cando este modelo de implantou en Madrid e Valencia estabamos en plena bonanza económica, o que demostra que e unha medida absolutamente política de aposta por un modelo fracasado e que non ten absolutamente nada que ver coa crise económica.

Para o Partido Popular e CiU o proceso privatizador de divide en tres fases:

Primeira: Privatizar a xestión,co que se empeora a calidade asistencial.

Segunda: Como a calidade asistencial, coa xestión privada, empeora hai que facer seguros privados.

Terceira: Se temos un seguro privado para que temos que estar financiando a Sanidade Pública.

Ese e o futuro ao que nos queren levar.

Unha sanidade privatizada precisa de xente enferma, é o seu negocio, polo que non inviste en políticas preventivas.

Quen poida pagar recibirá determinados servizos e quen non poida pagar non os recibirá eses tratamentos. Haberá unha sanidade de dúas velocidades.

Ten isto que ver coa crise ou é converter a saúde nun negocio para unhas cantas empresas en detrimento da calidade asistencial na sanidade pública?.

Non hai ningún documento económico que demostre o aforro da privatización.

En Estados Unidos se gasta moito máis en saúde que no Estado Español, xa que a maior parte das prestacións son privadas, ten peores indicadores de saúde que en toda a Unión Europea e por suposto que no Estado Español,  tanto en vacinacións como en medicina preventiva, mortalidade infantil, mortalidade materna. Por eso  queren reformar o seu sistema sanitario incrementando a asistencia pública mirándose no espello da Unión Europea e do Estado Español, se quere ir a establecer un modelo máis público, máis universal e que de cobertura a cada vez mais persoas, como sucede no Estado Español.

Necesitamos unha aposta decidida pola Sanidade Publica e nesa liña faise preciso a  derrogación da Lei 15/97, que permite esas xestións privadas.

En Galicia, grazas á actual Xunta, estase indo xusto no sentido contrario e cara a privatización de servizos, reducción de prestacións, establecemento de Repago e da precarización e á reducción do emprego como xa sucede en Madrid, Valencia e Catalunya e agora tamén en Castela- La Mancha co goberno de Dolores de Cospedal.

A  Xunta de Galicia reduciu,de 2011 a 2013 máis de 116 millóns de euros os orzamentos da do Sergas, 103 millóns so na Atención Primaria, o que fai que cada vez con máis frecuencia se colapsen os Hospitais de Agudos debido a que os recortes en Atención Primaria impiden que os médicos de familia poidan atender debidamente aos pacientes crónicos no seus domicilios. Os recortes en Atención Primaria reducen a calidade asistencial e colapsan as Urxencias Hospitalarias e o Hospitais de Agudos.

Xa se detecta a reducción de contratacións en casos de enfermidade, permiso, vacacións etc, non se substitúe a ese persoal co que o calidade asistencial diminúe.

Tamén se paraliza o Plan de Mellora da Atención Primaria  e o Plano de Saúde Mental e Drogodependencia. Vemos os graves problemas que, polos recortes, están a sufrir Asfedro. Lazos e outras entidades socio sanitarias, que comprometen a súa existencia .

Mentres isto sucede se seguen incrementando os concertos con Hospitais e clínicas privadas, un exemplo e Povisa en Vigo, que é o centro que ten a maior lista de espera, ó que se lle pagan 72 millóns de euros cada ano, nunha aposta clara por empeorar a prestación sanitaria publica favorecendo que os cidadáns e cidadás acudan a sanidade privada que ademais trata de desprenderse da atención sanitaria aos doentes crónicos, endosándosllos á Sanidade Pública e buscando doentes de maior rendibilidade económica como poden ser os de Cirurxía Traumatolóxica. Temos o exemplo do Juan Cardona que recibe 6.5 millóns de euros cada ano do Sanidade Pública.

Non se aplica o decreto de incompatibilidades e se mira para outro lado, sabendo de situacións e comportamentos  que aquí en Ferrol son escandalosos. Todos sabemos o que pasa en Ferrol con determinados profesionais, que exercen na pública e na concertada, e a Administración que tamén o sabe non actúa.

Se segue a tratar pola Sanidade Publica, como enfermidades comúns, enfermidades profesionais, nun claro interese de favorecer as Mutuas que serían quen terían que custear eses procesos e que permitirían ós traballadores e traballadoras unha maior retribución e non pagar os medicamentos.

No que se refire a esta Área Sanitaria hai unha falla total de compromiso, deixando paralizados tódolos proxectos que se tiña previsto facer logo de que o Hospital Naval se incorporou o Sergas e compromiso de investimento de 63 millóns de euros para a súa mellora, non foi respectado polo Partido Popular.

Non se fai unha utilización plena de tódolos recursos  sanitarios públicos desta Área Sanitaria, e vemos como ao Novóa Santos se lle está  deixando sen contido asistencial, se cadra para pechalo.

Precisamos a creación dun Centro de Referencia de Enfermidades Profesionais nesta comarca onde temos milleiros de persoas afectadas pola asbestose e outras patoloxías de carácter profesional.

Non hai orzamento, no 2013, para a construción dos novos Centro de Saúde de A Capela, Cedeira e Narón . Nin tampouco para  a ampliación do Fontenla Maristany.
Temos sen rematar Centro de Saúde de As Somozas, sen rematar a ampliación do Centro de Saúde de Serantes  e non hai orzamento para a reforma da parte vella de Serantes.

Segue pechado, sen ningunha razón, Consultorio da Graña. O Pleno do Concello de Ferrol, por unanimidade, acordou demandar da Xunta de Galicia a súa reapertura inmediata e o Alcalde de Ferrol, Sr. Rey Varela, non fixo ningunha xestión, nin diante da Consellería de Sanidade nin diante da Xunta de Galicia, para conseguir ese obxectivo. Ese é o compromiso de Rey Varela coa cidade de Ferrol.

Tamén se acaba de pechar o Consultorio do Seixo en Mugardos.

Xa se fala de pechar o consultorios de Ferrol Vello, Maniños, Pedroso, o Val, Mera e  Espasante e tamén da supresión de Puntos de Atención Continuada en Concellos pequenos.

Xa se estableceu o repago farmacéutico para pensionistas, moitos deles están deixando de tomar a súa medicación por non poder pagala, e se incrementou o dos traballadores en activo. Vaise implantar o cobro dun euro por receita, o que supón penalizar a enfermidade e ademais crear aínda máis desigualdades. Deixase de financiar as próteses, ortopróteses, cadeiras de rodas, etc. Todos estes recortes e repagos van producir un grave problema sanitario.

O cobro do transporte sanitario non urxente, que vai afectar de maneira clara aos que teñen que facer Diálise, Rehabilitación, Radioterapia, etc., incide, novamente, no colectivo de pensionistas, que en Galicia ten as pensións máis baixas do Estado

Xa ten falado, repetidas veces o Sr. Feijoo de cobrar pola comida hospitalaria e cando se estableza a nova carteira básica de prestacións na Sanidade Pública, poderase ver como prestacións que agora temos, desaparecen.

Especialmente grave é o Real Decreto Lei 16/2012 que deixa sen cobertura a maiores de 26 anos que nunca cotizaron, a persoas maiores que nunca cotizaron e, sobre todo aos inmigrantes, nunha actitude completamente xenófoba se lles priva da prestación sanitaria e se lles pretende criminalizar dicindo que consumen moitos recursos sanitarios o que é absolutamente falso. O colectivo de inmigrantes consume moi poucos recursos sanitarios. O Tribunal Constitucional ven de admitir a trámite recursos contra aspectos dese Decreto, especialmente na exclusión dos inmigrantes sen papeis da Atención non Urxente e de vincular a Tarxeta Sanitaria a ter cotizado á Seguridade Social.

Debemos reiterar que a Sanidade Pública é sostible e que os recortes que está a implantar o PP son ideolóxicos, non teñen nada que ver coa crise e si co seu modelo neoliberal de converter a Sanidade Pública nun negocio para os seus amigos.

O Estado Español inviste, de media, 1500 euros por persoa e ano en prestación sanitaria está á cola da UE e Galicia aínda inviste menos que o resto do Estado . Por cada 9 euros que se dedican á Sanidade Pública na Unión Europea en Galicia se dedican 6 euros e, aínda así, temos unha Sanidade Pública equiparable á de calquera país da UE que en incidencia, por exemplo, do cancro de mama está catro punto por debaixo da UE, grazas as políticas preventivas.

Con pouco investimento se están a obter grandes resultados, non hai máis que ver a esperanza de vida.

1500 euros por persoa e ano en Sanidade Pública. Sabedes canto custa á cidadanía o rescate e saneamento da Banca Privada? Pois 1850 euros por persoa e ano, para non recibir nada a cambio.

Hoxe estamos aquí porque “A saúde non e un negocio”. Foi unha conquista dos traballadores e traballadoras deste país e temos que defendela. É unha legado que recibimos dos nosos pais e que temos a obriga de deixarllo  aos nosos fillos e fillas.

Quen acaba de malgastar  millóns de euros en socorrer ós bancos e ás Caixas para que os seus directivos cobren millóns de euros de indemnizacións, dinnos que a Sanidade Pública é insostible? É ofensivo e insultante que se nos diga iso.

Sr Núñez Feijoo a súa mala xestión e os escasos recursos que a Xunta de Galicia lle dedica á Sanidade Pública é a que pode acabar cun sistema que, ademais de salvar vidas, é un dos máximos xeradores de emprego en Galicia.

Pretende Vostede Sr. Núñez Feijoo, aniquilar á Sanidade Pública?. Lémbrese de que ata os catro colexios médicos provinciais de Galicia, por vez primeira, rexeitan a política sanitaria da Xunta de Galicia e que a “Defensora del Pueblo” ven de denunciar a política sanitaria do Goberno do Estado.

Os que votaron ao Partido Popular en Galicia, Madrid, Valencia ou Castela la Mancha non o fixeron para que se privatice e aniquile o ben máis prezado que temos e que en épocas de crise e de desemprego faise aínda máis necesario: A Sanidade Pública.

Saiba Vostede Sr. Feijoo que os cidadáns e cidadás de Galicia, como estamos facendo hoxe en Ferrol, como onte fixeron en Burela, como farán o día 14 en Vigo e día 21 en Pontevedra, non llo imos a permitir e nos imos mobilizar cantas veces sexa preciso.

A Sanidade Pública non se vende, se defende e a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol imos defendela.

A saúde non é un negocio . Non á privatización da Sanidade Pública.

Moitas grazas.

En Ferrol Terra a 3 de Marzo de 2013

Correo-e:
plataformadspferrol@gmail.com

Blogue:
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

Plataforma Galega SOS-SANIDADE PÚBLICA

Fotos de Susete'70.
______________

"O gran sufrimento causado por desafiuzamentos realizados as persoas, leva-as para o suicidio" - Entrevista con Manuel Gomez-Beneyto, ... Por Myriam Mancisidor

Por Myriam Mancisidor [*]
03.03.2013


Manuel Gómez-Beneyto [**] psiquiatra, é mestre e unha das voces máis respectadas en saúde mental en Europa. Profesor de Psiquiatría da Universidade de Valencia e Coordenador Científico da Estratexia Nacional de Saúde Mental, Gómez-Beneyto segue tres liñas principais de investigación: epidemioloxía psiquiátrica, avaliación dos servizos de saúde mental e psicoterapia. De caracter afable e tímido sorriso, o psiquiatra participou esta semana nunha conferencia organizada pola Confederación Española de Agrupaciones y Personas con Enfermedad Mental (FEAFES) en Soto del Barco (Asturias), titulado "Saúde mental:. Hoxe e futuro", A porta pechada, 16 especialistas en saúde mental en España, analizaron a evolución e retrocesos deste servizo que rexistra cada vez maior demanda.

- Cal foi a evolución da enfermidade mental en España?

- Nós non temos datos, é a verdade. Ou sexa, a resposta á súa pregunta é que a situación económica aumentou a taxa de depresión ou as taxas de suicidio, pero non temos números para probar iso, porque non hai sistemas de información axeitados que podan revelar esa evolución de forma fiable. Pero, sabemos que determinados factores económicas poden influír na saúde mental da poboación, porque iso xa está comprobado noutros países e pode ser aplicado a España.

- A que cambios económicos se refire?

- De todos os efectos que pode crear unha crise económica na poboación, débese subliñar, en relación á saúde mental, a pobreza: afecta non só a unha maior incidencia de depresión e estados de ansiedade, senon que tamén empeora a evolución da enfermidade a longo prazo. En segundo lugar hai que destacar o endebedamento, tamén causante de depresión e estados de ansiedade. Tamén inflúe en terceiro lugar, o aumento da percepción das desigualdades económicas, que tamén causa a enfermidade mental. Así, aínda que non temos datos, sabemos que todos estes factores determinan un aumento na depresión.

- E sobre o suicidio?

- As taxas de suicidio en España, segundo os datos manexados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), non cambiaron, pero iso non significa que non haxa un cambio. O que pasa é que eses cambios non os capta o INE, porque non afectan ao monto total de suicidios, pero si a un moi específico sector, ás persoas desafiuzadas, por exemplo. Houbo cinco, seis ou sete suicidios en relación aos desafiuzamentos é un indicador moi claro de que esta lexislación aumenta o número de suicidios, é unha relación causal.

- As persoas que deciden pór fin á súa vida, porque non poder facer frente a unha hipoteca, estaban anteriormente perturbadas?

- Non, non, non. Suicidanse ante o desaloxo, non hai dúbida. Que esas persoas estaban previamente perturbadas? Non está demostrado. Os estudos feitos sobre a enfermidade mental como causa de suicidio mostra xeralmente que unha porcentaxe significativa de persoas xa tiveron un trastorno mental, pero nen moito menos son asi todos os casos. Non é certo, entón, que o argumento de que, se unha persoa comete suicidio é enfermo mental. Hai persoas que no seu perfecto xuízo aínda toma decisións racionais de matarse en circunstancias insostibles e gran sufrimento, e iso se aplica aos desafiuzamentos.

- Ante iso, que debería fazer a administración de saúde?

- A administración sanitaria debería, por unha banda, aumentar os recursos para que poidan atender á demanda crecente das enfermidades da poboación. Non só para a xustiza social e humanitaria, senon por razóns económicas, xa que os desenvolvedores depresivos van inchar o número de persoas economicamente dependentes da Administración e, polo tanto, xerar prexuízos económicos considerables. Polo tanto, desde o punto de vista economicista, sería xustificado dedicar máis recursos a esta poboación vulnerable. Ademais, deben tamén darse cambios que favorezan a saúde xeral da poboación, que resolvan problemas que afectan á saude ppública: un exemplo sería cambiar a lexislación para evitar desafiuzamentos, e que este cambio lexislativo, que non afecta directamente o sistema de saúde, beneficie a saúde pública.

- Pola contra, asistimos a unha sucesión de recortes ...

- Estamos a introducir medidas lexislativas de cambio no sistema do coidado e da saúde, totalmente contrarias á solución dos problemas, que, deste xeito van a aumentar. O decreto de abril do ano pasado a través da introdución de cambios para a sustentabilidade do sistema, que conduce a unha diminución dos recursos humanos e materiais destinados ás persoas, produce un corte na dispoñibilidade e cobertura do sistema de saúde. O sector que é máis vulnerable é o enfermo mental. Estas leis están sendo aplicadas ao contrario do que deberia ser feito. Pero non hai só un problema económico, é de ideoloxía.

- Explique, por favor.

- Hai un problema de como concibir a sociedade en xeral e a saúde, en particular a saúde mental. Esta perspectiva neoliberal que está estendendose no noso país tende a ser contraria ao desenvolvemento da comunidade de saúde mental, que é o que se estaba a facer, e que é o que a Lei Xeral de Saúde pretende, e outros organismos como a OMS (Organización Mundial da Saúde) apoian. Está quedando todo reducido a un sistema centralizado, con un interés maior en coidados agudos, deixando en segundo plano ás persoas con enfermedades crónicas e, en particular, enfermedades mentais, persoas que deriva aos servizos sociais, negandolles polo tanto o dereito á saúde . Hai tamén cambios ideolóxicos.

- Como o que?

- A proposta de reforma do Código Penal tamén vai afectar a un sector de trastornos mentais graves polo feito de consideralo perigoso en si e non polas súas circunstancias. Así, podemos dicir que non hai só unha crise económica, senón de cambio de valores. Estamos pasando dun sistema que ten como obxectivo protexer ao cidadán e á cidadá, e dar seguridade a través do benestar social, a outro onde o que predomina é a centralización, eficiencia, disciplina e orde que exclúe moitas persoas.

- Defende o "Modelo de Avilés" para o tratamento de enfermidades mentais graves no seu entorno?


- O "Modelo Avilés" e outros comprobados, como por exemplo, o coidado de familiares a través de técnicas de psicoeducación para adestramento-los na xestión das crises e previlas, teñen demostrado a súa eficiencia económica, polo tanto hai que apoialos.


[*] Myriam Mancisidor, xornalista asturiana e mochilera. O seu twitter https://twitter.com/Myriammuros.
[**] Manuel Gómez Beneyto, é Licenciado en Mediciña (Universidade de Santiago de Compostela), Diploma en Mediciña Psicolóxica (Royal College of Psychiatrists de Londres) e Doutor en Mediciña, (Universidad de Valencia). Membro da Federación Española de Asociaciones de Psicoterapia (FEAP).

Catedrático de Psiquiatría, Coordinador da Unidade Docente de Psiquiatría do Departamento de Mediciña e Profesor de Psiquiatría Social do Departamento de Mediciña todo elo na Universidade de Valencia. Actualmente é profesor Honorario de dita Universidade.

As súas principais líñas de investigación relacionanse coa epidemioloxía psiquiátrica, a avaliación de servizos de saúde mental, e aa psicoterapia. É membro de CIBERSAM._____________________

sábado, marzo 02, 2013

Hoje Portugal em Luita - "Grândola, Vila Morena" no Terreiro do Paço

2 DE MARÇO: QUE SE LIXE A TROIKA.
O POVO É QUEM MAIS ORDENA!

... A 25 de Fevereiro os dirigentes da troika, em conluio com o governo, iniciarão um novo período de avaliação do nosso país. Para isto precisam da nossa colaboração e isso é o que não lhes daremos. Porque não acreditamos no falso argumento de que se nos “portarmos bem” os mercados serão generosos. Recusamos colaborar com a troika, com o FMI, com um governo que só serve os interesses dos que passaram a pagar menos pelo trabalho, dos bancos e dos banqueiros, da ditadura financeira dos mercados internacionais. E resistimos. Resistimos porque esta é a única forma de preservarmos a dignidade e a vida. Resistimos porque sabemos que há alternativas e porque sabemos que aquilo que nos apresentam como inevitável é na verdade inviável e por isso inaceitável. Resistimos porque acreditamos na construção de uma sociedade mais justa. ...

O Povo Português canta a música de Zeca Afonso, que foi fulcral no 25 de Abril, durante a manifestação de 2 de Março 2013.

Manifestações deste sábado, inicialmente convocada pelo Movimento 'Que se Lixe a Troika'.


http://youtu.be/BwXkqHRkUpk

_______________

A Marcha Mundial das Mulleres no Pleno Municipal de Ferrol ante a prohibición do Goberno Municipal do PP de pintar na Praza de Armas a silueta das mulleres asasinadas por violencia machista - Audios e Fotos


O pasado, 28 de Febreiro, no Pleno do Concello de Ferrol debateuse unha moción presentada polos Grupos BNG, EU e PSOE, precedida da intervención dunha representante da Marcha Mundial das Mulleres, pola prohibición do Goberno Municipal do PP de plasmar na Praza de Armas a silueta das mulleres asasinadas por violencia machista. Coa abstención de IF, a moción foi derrotada cos votos do PP.

Audio da primeira rolda de intervencións.



Audio das intervencións de IF, PP e réplicas.



Audio de intervencións de PP e EU.



Enviado por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com
- 2 de março de 2013 00:29

__________

Intervención de Chus Lois Navaza no nome de Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra, no Pleno Municipal do Concello de Ferrol sobre o Convenio para a constitución do Fondo Social de Vivendas


Stop-Desafiuzamentos ante a proposta de adhesión do Concello de Ferrol ao Convenio para a constitución do Fondo Social de Vivendas (FSV) destinadas ao aluguer, manifestou o seu posicionamento cunha intervención no Pleno do Concello de Ferrol celebrado o pasado 28 de Febreiro deste ano 2013.

No nome de Stop-desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, interveu a compañeira Chus Lois Navaza.


Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra no pleno do 28.02.2013 de Susete70 en Vimeo


Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/

Enlace relacionado de interese:

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/2013/02/stop-desafiuzamentos-ante-proposta-de.html

Documentación: ______

Mobilicémonos na Defensa da Sanidade Pública - Este Domingo 3 de Marzo en Ferrol

O domingo, día 3 de Marzo a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Áreasanitaria de Ferrol, CONVOCAMOS  unha Manifestación Comarcal que sairá da Praza de España ás 12 do mediodía e rematará diante do Concello de Ferrol.    

Facemos un chamamento a toda a cidadanía da comarca de Ferrolterra a participar nesta mobilización en favor da Sanidade Pública co fin de parar a súa privatización, denunciar os recortes e o repago, redución das listas de espera, peche de centros saúde, perxuízo da sanidade na zona rural, cumprimentos das melloras nos planos de atención primaria, enfermidades profesionais, saúde mental e drogodependencia.
  • Por unha Sanidade Pública, gratuíta e universal para todos por igual.
  • Pola posta en funcionamento do Hospital Naval ao 100%.
  • Para que non pechen o Hospital Novoa Santos e ningún PAC.
  • Construción dos novos Centros de Saúde en Narón, A Capela, Cedeira e Ares.
  • Construción dun Centro de Referencia de Enfermidades Profesionais.
  • Poñer a andar o Plano de Mellora da Atención Primaria.
  • Poñer a andar o Plano de Saúde Mental e Drogodependencia.
  • Pola redución das listas de espera.
  • Derrogación do Decreto de Transporte Sanitario non Urxente.
  • Asistencia sanitaria a inmigrantes sen papeis e maiores de 26 anos que nunca cotizaron.

Convocan: A.C. A Revolta | A.C. Fuco Buxán | A.VV. A Cabana | A.VV. A Graña | A.VV. Caranza | A.VV. Covas | A.VV. Esteiro | A.VV. Ferrol Vello | A.VV. O Cruceiro de Canido | A.VV. O Cruceiro de Meá | A.VV. O Lago-Doniños | A.VV. O Rosario-Inferniño | A.VV. Prioriño | A.VV. San Fernando-Recimil | A.VV. San Pablo de Catabois | A.VV. Santa Eulalia de Limodre | A.VV. Santa Mariña | A.VV. Serantes | A.VV. Ultramar | A.VV. Valle de Esmelle | A.VV. Valón | AFINOR(Fibromialxia) | AGAVIDA | ALCER | AMICOR | Asociación de Diabéticos Ferrolterra | Asociación Parkinson Ferrol-Ferrolterra | ASPANEMI | Ateneo Ferrolán | B.N.G. | C.I.G. | CC.OO. | COGAMI-Ferrol | Colectivo Ártabra21 | CPS de San Valentín | Esquerda Unida |Federación Veciñal Roi Xordo|Foro Galego da Inmigración | Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas | Grupo Rural de Narón | Lazos-Comité Antisida de Ferrol | Marcha Mundial das Mulleres |PSdeG-PSOE | TEIMA-Sindrome de Down | Terra Galega | U.G.T. | U.S.T.G. | Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Ferrol

Correo-e:
plataformadspferrol@gmail.com

Blogue:
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

Plataforma Galega SOS-SANIDADE PÚBLICA

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
2 de março de 2013 11:59

________________

venres, marzo 01, 2013

Manning: asañamento contra a verdade - O soldado Bradley Manning, preso desde 2010 por filtrar documentos militares e diplomáticos de Estados Unidos a Wikileaks


Manning: asañamento contra a verdade


Nunha audiencia celebrada onte na base militar de Fort Meade, Estados Unidos, o soldado Bradley Manning, preso desde 2010 por filtrar documentos militares e diplomáticos de Estados Unidos a Wikileaks, declarouse culpable de 10 dos 22 cargos que se lle imputan -os de menor gravidade; rexeitou, entre outras, a acusación de "axudar ao inimigo", a cal podería derivar nunha condena a cadea perpetua, e falou por primeira vez dos motivos que o levaron a transferir información confidencial do Pentágono e o Departamento de Estado á organización fundada por Julian Assange: o marine, de 25 anos, aduciu a importancia de que a opinión pública coñecese "o desprezo pola vida" con que algúns soldados estadunidenses executaban ataques en Irak ou Afganistán e "os abusos da guerra" cometidos neses países, a efecto de "acender un debate en casa sobre o papel do exército e a política exterior en xeral".

Con independencia de que a estratexia de defensa de Manning resulte ou non exitosa "o obxectivo dos seus avogados é negociar a menor condena posible para o seu cliente", o feito mesmo do seu encarceramento e enxuizamiento é indicativo da enorme incongruencia que afecta ao sistema de xustiza de Estados Unidos.

Até sen descoñecer que Manning sería responsable de diversas faltas aos códigos militares que xurara obedecer "que vulnerou en aras dun interese ético e democrático irreprochable", resulta inxustificable o asañamento na súa contra polas autoridades do veciño país, quen o someteu a un réxime carcerario que é, en si mesmo, unha forma de tortura.

Por riba, a posibilidade de que Manning sexa condenado por difundir información sobre diversas atrocidades cometidas por Washington contrasta coa impunidade de que gozan os autores materiais e intelectuais de actos de barbarie, como o ataque perpetrado o 12 de xullo de 2007 en Bagdad pola tripulación dun helicóptero Apache contra o reporteiro da axencia Reuters Namir Noor-Eldeen e 10 persoas máis; as múltiples torturas na prisión de Abu Ghraib e noutros cárceres controlados polo Pentágono; a eliminación de sospeitosos en postos de control; o ocultamiento de miles de mortes e o asasinato de civís a mans de tropas invasoras.

A persecución emprendida polo goberno estadounidense contra quen ten o valor de facer públicos a barbarie e os abusos cometidos ao amparo do poder planetario resulta particularmente grotesca si tómase en conta que a principal ameaza á paz mundial e á seguridade dos estadounidenses dentro e fóra do seu territorio non son as filtracións realizadas por Mannning nin a información difundida por Wikileaks, senón o espírito bélico e a arrogancia imperial "xeradoras de rancores históricos que fermentan, á súa vez, en ataques contra obxectivos estadounidenses no mundo" e o deterioro político, xurídico e humano en que se atopa mergullado Washington.

O asañamento sobre Manning é emblemático, en suma, na medida en que desacredita os intentos de Estados Unidos de presentarse como defensor mundial da paz, a legalidade, a democracia e a seguridade mundiais e exhíbeo, en cambio, como un goberno que usa facciosamente a protección da "seguridade nacional" para exercer o poder en forma autoritaria e discrecional e para perseguir expresións de liberdade e transparencia.

Editorial do xornal méxicano "La Jornada".
___________

Militares participam na manifestação anti-troika - Portugal 2 de Março - Movimento Que se Lixe a Troika - o Povo é quem mais ordena



2 DE MARÇO:
QUE SE LIXE A TROIKA. 

O POVO É QUEM MAIS ORDENA!

Os militares mostram-se preocupados com a situação de crise que o país atravessa.


A Associação Nacional de Sargentos (ANS), a Associação de Oficiais das Forças Armadas (AOFA) e a Associação de Praças (AP) estão a dar indicações aos seus associados para participarem na manifestação deste sábado, inicialmente convocada pelo movimento Que se Lixe a Troika.

O presidente da ANS, Lima Coelho, disse ao PÚBLICO que “não enquanto ANS, mas enquanto cidadãos”, estão a informar os seus camaradas que lá estarão, apelando assim a todos os sargentos que participem na manifestação. “Nós somos membros da sociedade e encorajamos a participação [dos militares] ao lado das suas famílias”, acrescentou Lima Coelho.

A AOFA está a fazer o mesmo apelo aos seus associados, como o PÚBLICO apurou junto do presidente deste órgão, Pereira Cracel. Esta associação defende a participação dos militares “na qualidade de cidadãos” porque diz que devem participar enquanto entenderem “ser pertinente”.

Já o presidente da AP, Luís Reis, afirmou ao PÚBLICO que a organização está a dar “indicações para que [os militares] participem na manifestação enquanto membros da sociedade”. Um comunicado de imprensa enviado ao PÚBLICO pela AP “apela a todos os praças que, fazendo uso do seu direito de cidadania, participem em iniciativas organizadas pela sociedade civil” para demonstrar que os militares estão “solidários nos seus legítimos anseios numa vida melhor”.

O documento refere ainda que as medidas levadas a cabo por um Governo “que, num acto de genuflexão para com a troika, entrega de mão beijada a soberania nacional” não podem ser medidas “que os militares aceitem de bom grado”.

Artigo de 28/02/2013

____________

Comezan as mobilizacións contra o trazado sur do tren ao Porto Exterior - O Xoves 7 de Marzo diante do edifico da Autoridade Portuaria en Ferrol Vello (Praza da Ranita)

Na ultima xuntanza da Asemblea Cidadá Aberta contra o trazado sur do tren a Caneliñas, acordou-se a celebración dunha Concentración contra o recheo da Malata!

Este movimento social opositor á decisión gubernamental de aprobar o trazado sur  do tren ao Porto Exterior de Ferrol, convoca a toda a cidadanía a participar nunha concentración contra este trazado o vindeiro xoves, día 7 de marzo, ás 12 do mediodía en Ferrol Vello, diante do edificio administrativo da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao, (Praza da Ranita).

De levarse a cabo esta infraestructura pola alternativa sur, vai supoñer a desaparición da enseada da Malata como tal. Está claro que detrás deste proxecto, hai uns escuros intereses e o organismo que promove este proxecto é a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao.

non ao trazado sur do tren a Caneliñas!
O tren pola ruta norte !
Salvemos a Malata !

Salvemos a Ría !

Enlace ao blogue:
http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com.es/

Enlace conta no facebook:
http://www.facebook.com/pages/O-que-esconde-o-tren-ao-Porto-Exterior-de-Ferrol/490570557646538


Espalla e difunde
:

Prega-se toda a difusión posíbel do vídeo, do enlace ao blogue e da conta no facebook. Pouca xente coñece cal é a razón que hai detrás deste trazado e queremos que todo o mundo coñeza a verdade desta grave situación.


Enlaces de interese:

______________