sábado, xullo 13, 2013

Camiño do III Campamento de novas feministas europeas organizado pola Coordenadora Europea da Marcha Mundial - Difundindo o envento - Do 4 ao 12 de Agosto, en Vieira do Minho (Portugal)


III Campamento Feminista


Camiño do III Campamento de novas feministas europeas organizado pola Coordenadora Europea da Marcha Mundial

YES WE CAMP!!

De 4 a 12 de Agosto vai transcurrir, en Vieira do Minho (Portugal), a terceira edición do campamento Europeo de novas feministas. O campamento de novas feministas é unha iniciativa da coordenadora europea da Marcha Mundial das Mulleres, un movemento internacional que conecta organizacións e grupos de base no combate do patriarcado, a explotación e a violencia de xénero enfrontadas polas mulleres en todo o mundo. A idea do campamento é construír unha rede e fomentar a solidariedade entre diferentes mulleres e feministas, na Europa e no mundo, con vista a afortalar a nosa loita.

Toda información sobre o campamento pode atoparse na seguinte direción:  http://www.indiegogo.com/projects/european-young-feminists-camp. E na web da Coordenadora Galega da Marcha: http://www.feminismo.info/webgalego/campanas/47-campana-europea/376-a-caminho-do-terceiro-acampamento-europeu-de-jovens-feministas.html. Para ambas pregamos máxina difusión.

O campamento será autoxestionado de inicio a fin, tanto o programa como o uso do espazo e a xestión do mesmo será responsabilidade de todas. Neste campamento haberá obradoiros, debates, plenarios, espazos de reflexión, convivio e todo o que nos apeteza sobre os máis variados temas e enfoques da loita feminista.

Porque a revolución será feminista ou non será e porque, como decía Ema Goldman, se non a podemos bailar non é a nosa revolución: únete! YES WE WILL CAMP!

Se estades interesadas en participar só hai que preencher a ficha de encripción en enviar ao seguinte enderezo electrónico: feministcamp2013@gmail.com

Occupy Vieira do Minho!

O campamento terá luhar no corazón va vila Vieira do Minho, localizada a 35Km de Braga, en pleno noreste de Portugal

[ficha de inscrição]

[Newsletter editado polas compas portuguesas]

FINANZAMENTO

Acampamento europeu de novas feministas ten algunha difuculdade económica para realizarse con garantías de ampla participación... O finanzamento do proxecto Xuventude en Acción foille negado por segunda vez (nun Programa onde no ano anterior foran consideradas mellor proxeto....) mas hai unha campaña de fondos en funcionamento na que podedes colaborar a través do seguinte enlace:

http://www.indiegogo.com/projects/european-young-feminists-camp

Agradecemos máxima difusión desta información e toda a colaboración que podades para o finanzamento!

Saúdos feministas

--
Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
CIF G-15773013
Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 671695968
Coord. Ferrolterra: 696732735
Coord. Compostela:  647735737
Coord. Vigo: 671695968
Coord. Ourense: 652140217
Comunicaçom: 698159764
http://www.feminismo.info


--
Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres
www.feminismo.info
nacional@feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza


Enviado por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
11 de julho de 2013 21:56
_______________


 "PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA" 


Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

____________________

Relación entre a crise e o trastorno mental, ... por Manuel Gómez Beneyto - Vídeo

Interesante documento de apenas 13 minutos que paga a pena escoitar (vivenda, saúde, traballo, educación, ...).

Algúns estudos demostran que endeudamiento, medo ao deshaucio e paro poden causar trastorno mental. Manuel Gómez Beneyto, catedrático de Psiquiatría da Universidade de Valencia e coordinador científico da Estratexia Nacional en Saúde Mental, nesta entrevista, explica as posibles relacións entre crises e situacións psicolóxicas de malestar intenso nos individuos.


Relación entre la crisis y el trastorno mental... por attactv


Fonte: http://www.attac.tv/

Enviado por:
ATTAC.TV
-attactv@gmail.com-
12 de julho de 2013 20:25

___________________

venres, xullo 12, 2013

O Comité Cidadán convoca unha nova concentración de protesta ante o anuncio de entrada na Ría do LNG 'STX Frontier', cargado con gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa


CONCENTRACIÓN EN FERROL,
NO PEIRAO DE CURUXEIRAS
NO PORTO BARRIO DE FERROL VELLO
ÁS 8 DA TARDE, DO SÁBADO 13 DE XULLO

O LNG 'STX Frontier', un buque gaseiro de grande porte, pois ten 288,90 metros de eslora por 44,03 de manga e un calado de 11,50 m, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Sábado 13 de Xullo de 2013. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supón xa a 149, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Sábado, ás 8 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar no peirao de Curuxeiras, no Porto no barrio de Ferrol Vello.


Características do buque.-
Nome: STX Frontier, bandeira: Singapore,  eslora: 288,60 m, manga: 44,03 m, puntal: 26,2 m, calado: 11,50 m, capacidade: 153.600 m3.

PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada por:

comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
5 de julho de 2013 15:45


PARTICIPA NA 7ª MARCHA A PÉ DESDE FERROL A MUGARDOS, O VENRES 19 DE XULLO, SAÍDA ÁS 5 DA TARDE DESDE CARANZA, PARQUE CARMELO TEIXEIRO,
PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA


____________

Contra a criminalizacións dos movimentos sociais - Manifestación na Coruña - Fotos - Vídeo


Umha representación de STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, participou hoxe na manifestación contra a criminalización do movimento social d'A Coruña.

O movimento social d'A Coruña ven denunciando acoso continuado por parte das autoridades. Un acoso que tivo nas multas recibidas por 17 persoas, pola súa participación na loita contra o desafiuzamento da veciña d'A Coruña, Aurelia Rey.

Para denunciar ese acoso e castigo aos movimentos, varios colectivos sociais manifestaron-se polas rúas da cidade baixo o lema "Multan-nos a nós, para asustar-te a ti". Ao remate da manifestación os colectivos participantes realizaron a micrófono aberto intervencións moi aplaudidas. O representante dos "Sen Teito", reivindicou unha cidade que os acolla, e pola que transitar con liberdade. O representante do colectivo "Sen Papeis" reivindicou unha cidade máis humana: "Ningunha persoa é ilegal". A representante da loita de Afectad@s polas Preferentes explicou, nunha emocionada intervención, en que punto se encontra a súa loita, que máis de 15.000 euros, soman as multas recibidas da Delegación do Goberno, dixo que lle propuxeron ao Delegado o troque das multas por un paquete de preferentes, 'din que o Delegado do Goberno non aceptou' sic... A concentración recibiu tamén as saúdas doutros colectivos, e tamén da delegación de STOP-Desafiuzamentos de Ferrolterra. Para rematar o poeta Luix, da Timba Poética d'A Coruña, verbalizou en dous poemas a indignación e as esperanzas que afloran destas loitas, remataban estes versos cun "a rebelión está en marcha".


http://youtu.be/AIipswwxH-g

Publicado por Galiza Contrainfo, espazo de comunicación alternativa
Canle:
galizacontrainfo.

Web:
http://galizacontrainfo.org/

Os movementos sociais da cidade sairon á rúa para denunciar a represión a que están sendo sometidos e esixir a dimisión do delegado do goberno Samuel Juárez.
Baixo a Licenza  Creative Commons (reutilización permitida).


Conta no facebook de Stop-Desafiuzamentos A Coruña:
https://www.facebook.com/pages/STOP-DESAHUCIOS-A-CORU%C3%91A/216065495111451
_____

Enlace relacionado:
Ártabra 21: Contra a criminalización da solidariedade, concentración n'A Coruña, hoxe xoves, 11 de xullo, no Obelisco ás 8 da tarde
_______________

xoves, xullo 11, 2013

Contra a criminalización da solidariedade, concentración n'A Coruña, hoxe xoves, 11 de xullo, no Obelisco ás 8 da tarde

MULTANNOS A NOS PARA ASUSTARTE A TI.

20:00 HORAS OBELISCO. QUE A REVOLTA NON PARE¡¡¡

Catro persoas máis propostas para sanción.

Múltannos a nós para asustarte a ti

A Coruña, 10 de xullo 2013. Ao abeiro da crise social creada polas entidades bancarias en connivencia ca corrupción política, o goberno municipal do Concello da Coruña e a Subdelegación do Goberno están a amosar como, dende unhas institucións que se supoñen de todas e todos, perséguense as protestas e criminalízanse as demandas da cidadanía ao tempo que non se dubida en seguir apoiando aos bancos i élites políticofinancieiras que se están a beneficiar do actual drama social.

Ás 13 persoas que a día de onte estaban baixo ameaza de sancións por teren participado en mobilizacións a favor do dereito á vivenda e contra os recortes sociais, temos que engadir hoxe 4 persoas máis.

Este total de 17 persoas -polo de agora- están acusadas de feitos supostamente ocorridos tanto durante a tentativa de desafiuzamento de Aurelia Rey (18 de febreiro) como durante unha concentración diante da sede do Partido Popular (9 de abril).

A estas persoas acúsaselles de diferentes faltas, pero fundamentalmente podemos resumilas en 3: dificultar a súa identificación –cuestión totalmente falsa, as persoas indentificáronse, e foi en varios dos casos o feito de pedir tamén identificación a algún dos axentes o que conlevou estas propostas de sanción como represalia-, instigar ás masas a defender o dereito á vivenda –interpretación subrealista que insinúa que as aproximadamente 200 persoas que acudiron a parar o desafiuzamento de Aurelia, ou quenes participan en mobilizacións sociais, carecen de reflexións e posicionamentos propios sobre a actual crise de dereitos humanos e sociais no Estado español- e, en terceiro termo, unha perversa interpretación do que supón a “seguridade” cidadá, xa que, segundo as propostas de sanción, pronunciarse a favor do dereito á vivenda i en contra dos recortes que poñen en risco cuestións esenciais como a vivenda, a saúde ou a educación da cidadanía crea un clima de inseguridade.

É dicir, que o que realmente preocupa aos nosos gobernantes non é que esteamos a vivir un retroceso en dereitos humanos e sociais sen precedentes dende o inicio da democracia, senón que o que verdadeiramente considera como “problema” o goberno do Partido Popular no Concello e na Subdelegación é o feito de que fagamos uso do noso dereito á manifestación e libre expresión para denuncialo e pronunciarnos en contra.

Os colectivos sociais e persoas que loitamos polo benestar da cidadanía estamos a ver con fonda preocupación esta perversa interpretación da realidade que están a impoñer os representantes políticos. Éstes, facendo uso do seu poder, non dubidan en tentar silenciarnos a través da actuación de forzas que deixan de ser “de seguridade” para converterse en “represivas” xa que, en lugar de defendernos de bancos estafadores e políticos ladróns, cargan contra a cidadanía con toda a forza do aparato de Estado. Diante desta manipulación da realidade perfectamente imbricada no que a investigadora social Naomi Klein chama “a Doctrina do Shock” 1, resulta cada vez máis acaído ter presente as palabras do financieiro estadounidense WarrenBuffet -o cuarto home máis rico do mundo e un dos quince máis poderosos segundo Forbes2-: “There’s classwarfare, all right, but it’s my class, the rich class, that’s making war, and we’re winning.3” Os poderosos protéxense entre eles. É por iso que o Goberno, as persoas elexidas na Coruña ou no Estado para atender as demandas da poboación, estanse centrando abertamente en silenciarnos, reprimirnos e disuadirnos da nosa capacidade crítica, sancionando economicamente a quenes protestamos.

Que cabe agardar dun Concello e unha Subdelegación do Goberno que pertencen a un partido político especialista en estafar diñeiro público? Á vista do ambiente dos xulgados de Madrid, poucas organizacións activas na actualidade teñen tantos delincuentes entre as súas filas como ten o Partido Popular….

Nós non lles temos medo, estamos seguras e seguros dos nosos coñecementos e confiamos nos nosos sentimentos, estamos fortes para dar unha resposta. Mañán, xoves 11, ás 20.00hrs., na praza do Obelisco, concentración conxunta en denuncia da criminalización da solidariedade: Múltannos a nós para asustarte a ti.

No facebook:
https://www.facebook.com/pages/STOP-DESAHUCIOS-A-CORU%C3%91A/216065495111451

__________________

Por que Chomsky desconfía de internet?


"O telégrafo e as bibliotecas públicas tiveron un impacto moito maior nas comunicacións e o acceso á información que internet".

Iso díxolle a BBC Mundo Noam Chomsky desde o Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT, polas súas siglas en inglés), o mesmo lugar onde en 1962 o informático John Carl Robnett Licklider concibiu por primeira vez a idea dunha rede global.

Activista político e acedo crítico do poder, Chomsky cre que as revelacións do exanalista de intelixencia Edward Snowden sobre o espionaxe en Estados Unidos son unha proba de que os gobernos poden aliarse coas grandes corporacións para usar a rede contra os cidadáns.

Considera, ademais, que os lentes de Google son "orwellianos e ridículos" e que internet pode illar e radicalizar ás persoas.

O académico que revolucionou a lingüística e escribiu máis de cen libros recoñece que a rede pode ser valiosa e el mesmo úsaa todo o tempo, pero desde a súa oficina en Cambridge, Estados Unidos, desmitifica o seu impacto e pregúntase sobre as súas consecuencias.

Internet vs. telégrafo

"Internet representa un cambio, pero houbo cambios maiores cando un mira o último século e medio".

"A transición entre a comunicación que permitía a navegación a vela e a que permitiu o telégrafo foi moito maior que a que xeran as diferenzas entre o correo tradicional e internet".

"Fai 150 anos si mandabas unha carta a Inglaterra, a resposta podía demorar uns dous meses, porque viaxaría en barco, e quizais nin sequera chegaría ao seu destino".

"Cando xurdiu o telégrafo a comunicación volveuse practicamente instantánea, e agora que temos internet é só un pouco máis rápida".

Internet vs. bibliotecas

"Fai un século, cando se instalaron bibliotecas públicas na maioría das cidades estadounidenses, a dispoñibilidade de información e o incremento na riqueza cultural foi amplamente maior que o que xera internet".

"Agora non tes que cruzar a rúa para ir á biblioteca, podes ter acceso a información no teu propio living, pero a información xa estaba alí, cruzando a rúa".

"A diferenza entre internet e unha biblioteca é máis pequena que a diferenza entre a ausencia dunha biblioteca e unha biblioteca". "Na biblioteca ademais polo menos podes confiar en que o material terá certo valor porque pasou por certo proceso de avaliación".

"Internet é unha suma de ideas azarosas e é difícil distinguir entre o que alguén pensou mentres cruzaba a rúa e o que outro estudou en profundidade".

Máis unidos ou máis separados?

"Camiñar falando por teléfono é unha forma de manterse en contacto con outros, pero, é un paso adiante ou un paso cara atrás?"

"Eu creo que probablemente sexa un paso cara atrás, porque está separando á xente, construíndo relacións superficiais".

"No canto de falar coas persoas cara a cara, de coñecelas a través da interacción, hai unha especie de carácter casual desta cultura en desenvolvemento".

"Coñezo adolescentes que creen que teñen centos de amigos, cando en realidade están moi illados".

"Cando escriben en Facebook que mañá teñen un exame, alguén lles responde 'espero que che vaia ben' e conciben iso como amizade".

"Aínda non vin ningún estudo, pero penso que a nova tecnoloxía está illando ás persoas nun grado importante, está separándoas unhas de outras".

Máis ou menos abertos de mente?

"Internet entrega acceso instantáneo a todo tipo de ideas, opinións, perspectivas, información. Iso ampliou as nosas perspectivas ou as fixo máis estreitas?"

"Eu creo que ambas. Para algúns as ampliou. Si sabes o que estás buscando e tes un sentido razoable de como proceder, internet pode ampliar as túas perspectivas".

"Pero si aproxímasche a internet de xeito desinformada, o efecto pode ser o oposto".

"A maioría usa internet como entretemento, diversión. Pero da minoría que a usa para adquirir información, o que se pode ver é que as persoas localizan moi rapidamente os seus sitios favoritos e visítanos porque reforzan as súas propias ideas".

"Entón vólvesche adicto a eses sitios, que che din o que estás pensando e non miras outros".

"Iso ten un efecto de auto reforzamento; o sitio vólvese máis extremista, e ti vólvesche máis extremista e sepárasche máis dos demais".

Sen segredos

"Só por propósitos comerciais, Google, Amazon e o resto están coleccionando enormes cantidades de información das persoas; información que creo que non deberían ter".

"Rastrexan os teus hábitos, as túas compras, o teu comportamento, o que fas e están tratando de controlarche dirixíndoche en determinadas direccións".

"Creo que o están facendo en niveis que exceden ao que o goberno fai. Así que o goberno estalles pedindo axuda".

"Os máis novos, moi a miúdo non ven ningún problema nisto. Viven nunha sociedade e unha cultura exhibicionistas, onde colocas todo en Facebook, onde queres que todo o mundo saiba todo sobre ti. Así que o goberno tamén saberá todo sobre ti".

Unha tecnoloxía neutra?

"Cando os medios para facer algo están dispoñibles e son fáciles de acceder, son tentadores e a xente, especialmente a máis nova, tende a usalos".

"Internet é unha tecnoloxía que está dispoñible, hai moita presión por usala, todo o mundo quere dicir 'eu isto, eu o outro'. Hai un compoñente de autoavaliación".

"Pero tamén hai toneladas de publicidade. Internet se mercadea a si mesma como un medio para comunicarnos e conectarnos, e até certo nivel, iso é certo: podo contactar amigos auténticos en diferentes partes do mundo, en India, no medio Oriente, en Chile, en calquera lugar".

"E podo interactuar con eles dunha forma que sería moi difícil por correo".

"Pero doutra banda, Internet tamén ten o efecto oposto. É como calquera tecnoloxía: é basicamente neutra, podes usala en formas construtivas ou daniñas. As formas constructivas son reais, pero moi poucas".

Fonte: cubadebate.cu

Enviado por:
Inácio GZ

inaciogz@gmail.com
11 de julho de 2013 07:04
_____________________

sábado, xullo 06, 2013

Convocada a VII Marcha a Pé Ferrol-Mugardos - Venres 19 de Xullo - Planta de Gas Fora da Ría - Peche Xa!


Venres 19 de xullo 2013, ás 17 hs. Saída do Parque Carmelo Teixeiro - Caranza - Ferrol

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca a 7ª VII Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, co lema Peche Xa!

A Marcha, como é habitual cada ano, partirá ás 17 hs. Do Parque Carmelo Teixeiro, xunto a ermida de Caranza, e tras percorrer a Ponte de As Pías, Perlío, Barallobre, Maniños, Franza, A Pedreira e Reganosa rematará no Campo dos Carneiros de Mugardos, onde se recibirá aos camiñantes e a quen por calquera medio (bici, carro, lancha...) se acheguen, con música e merenda, coma sempre, a módico prezo.

O CCE fai un chamamento a participación e a difusión desta actividade, co ánimo de manifestar publicamente, unha vez máis, a perigosidade da Planta de Gas de Reganosa, unha ameaza constante para a vida de milleiros de persoas, a contaminación da Ría e a destrución do marisqueo e os seus postos de traballo, a ilegalidade da súa localización confirmada pola Sentenza do Tribunal Supremo e o innecesario da súa actividade pola falta de demanda (funciona ao 30% co gasoducto de Tui pechado) e polo antieconómico dos seus resultados (cústanos 60 millóns de euros/ano a toda a cidadanía).

Exixindo o PECHE XA ! Todos e todas a Mugardos o próximo venres 19

Descargar e difunde - Cartaz en pdf

PASO A PASO, PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Información baseada na enviada por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
5 de julho de 2013 15:45
____________

Actualidade ferrolán: Albuns fotográficos de Fuco Buxán A.C.


Os últimos días en fotos, pola A.C. Fuco Buxán
:

O pasado 4 de Xullo, as traballadoras e traballadores do naval ferrolán, percorreron 17 Km, bordeando a zona interior da Ría de Ferrol, en demanda de carga de traballo e para denunciar os incumprimentos das administracións e do Partido Popular [Álbum].

Foi presentado o segundo tomo do libro "Biografías Obreiras de Ferrol - II" de Ton Blanco. (Ferrol, 4.07.2013), organizado pola Fundación 10 marzo e a Unión Comarcal de CCOO [Álbum].

O 27 de Xuño tivo lugar unha manifestación en defensa da Sanidade Pública, dentro da xornada de loita con mobilizacións nas principais vilas e cidades da Galiza [Álbum].

O 25 de Xuño inauguración dunha biblioteca e presentación do libro de Santiago Carrillo "O meu testamento político" [Álbum].

O 22 de Xuño, Feche de Grella- 2012-2013 - Sesión Vermut en Rádio Filispìm [Álbum].

O pasado 20 de xuño ás 7 da tarde na Galería Sargadelos de Ferrol, presentou-se o nº 34 da Revista "Razón Socialista" [Álbum].

O pasado 14 de Xuño, concentración na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta, en defensa dos postos de traballo de MEGASA [Álbum].

Os colectivos de mulleres de Ferrol, participaron na marcha polo dereito ao aborto, celebrada en Santiago de Compostela o pasado 16 de Xuño [Álbum].

A Folga Comarcal, do 12 de Xuño, en defensa da Comarca, en defensa do emprego [Álbum].

A nosa web:
www.fucobuxan.net

Os nosos blogues:
Escolma das Razóns
http://escolmadasrazons.blogspot.com.es/
Pensamento Crítico
http://opinionsfuco.blogspot.com.es/

Nas redes sociais:
Facebook
http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749
Twitter
http://twitter.com/FucoBuxan
Google+
https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts

---

Fuco Buxán, A. C.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es

Información baseada na enviada por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
5 de julho de 2013 20:15
_____________

Galiza Ano Cero - Novos obxectivos, novas recompensas - Difunde, Colabora, Participa, ...


Novos obxectivos, novas recompensas
06 Xullo, 2013

Xa temos os 6.300 euros que precisabamos para lanzar Galiza Ano Cero! Moitísimas grazas a todxs pola difusión e as vosas achegas! Acaba aquí esta campaña? En absoluto. Quédannos aínda uns poucos días para que remate o prazo, e queremos aproveitalos para ir un pouco máis alá.

Propoñémosvos que sigades contribuíndo ao financiamento deste canal de televisión non lucrativo. Canto máis recademos, máis programas garantimos e máis sólido será o nacemento. Necesitamos tempo para explorar as que serán as vías de financiamento do futuro de Galiza Ano Cero, e iso tamén son cartos.

Cada dúas semanas, Galiza Ano Cero ten que gravar e difundir dous programas, un de debate e outro de entrevistas. Coa escala actual, e segundo o noso orzamento, cada quincena consome arredor de 800 euros.

Estes son os novos obxectivos:
- Se chegamos a 7.100 euros, garantiremos dous programas máis e gañaremos quince días para explorar novas vías de financiamento.

- Se acadamos os 7.900 euros, aseguraremos a produción de catro programas máis e un mes de marxe para consolidar o funcionamento.

- Con 8.700 euros, garantiríamos seis programas máis e un mes e medio para medrar sen perder a escala.

- E finalmente, con 9.500 euros, estaríamos en disposición de facer xa mesmo oito programas máis e disporíamos de dous meses extra para pensar, traballar e construír isto entre todas.

E que ofrecemos a cambio? Cales son as novas recompensas?

Estamos moi agradecidas a todas as persoas que contribuíron a acadar o obxectivo mínimo e a todas aquelas que o fagan agora para consolidar o lanzamento de Galiza Ano Cero. Ao comezo eramos vinte. Hoxe somos case 200 a bordo.

Queremos que esa afirmación, que hoxe somos 200 a bordo, non sexa retórica. Gustaríanos que todas esas persoas que fixeron achegas a esta campaña de financiamento participen tamén da construción de Galiza Ano Cero dende dentro. Que se asocien e teñan voz e voto nas decisións que se tomen a partir de setembro.

Por iso, queremos ofrecerlles a todas as mecenas e a todos os mecenas que se convirtan automaticamente en socias e socios de Galiza Ano Cero sen custo engadido.

Este sería o esquema:
- A aquelxs que achegaron ou van achegar entre 5 e 50 euros, se queren, convertirémolxs en socixs de pleno dereito, sen custo ningún, durante 3 meses.

- A aquelxs que puxeron ou van poñer entre 50 e 150 euros, sempre que queiran, claro, farémolxs socixs de pleno dereito, de balde, durante 6 meses.

- E por último, a aquelxs que contribuíron ou van contribuír con cantidades superiores a 150 euros, farémolxs socixs de pleno dereito, sen pagar un peso, durante un ano.

A partir de aí, que cada quen decida. E moitas grazas!

Compárteo en Facebook ou Twitter.

Fonte: galizaanocero.tv/

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com
6 de julho de 2013 08:50

______________

mércores, xullo 03, 2013

Evo Morales no punto de mira do imperio, ... por Coco Cuba


Por Coco Cuba [*]
03.07.2013

Evo na mira

A política repentina, con Estados Unidos como telón de fondo, para que Francia, Portugal, Italia e España revoguen as autorizacións e neguen que o avión da Presidencia de Bolivia, a bordo co presidente Evo Morales, use espazo aéreo e aeroportos deses países, a despeito do risco que correu a súa vida no aire, moveu á Organización de Estados Americanos (OEA) e levantou, entre martes e mércores, unha ola de indignación e protestas internacional.

Nun comunicado, o máximo representante da organización hemisférica, o chileno José Miguel Insulza, asegurou que 'nada xustifica unha acción de tanto irrespeto pola máis alta autoridade dun país'.

Cara ás 2h00 bolivianas do mércores, Morales atopaba-se máis de 10 horas varado no aeroporto de Viena, onde trala negativa de París, Lisboa, Roma e Madrid, aterrou de urxencia a media tarde do martes. Perto da transición ao mércores, París, Lisboa e Roma se desdixeron e autorizaron o paso do avión de Morales polos seus ceos e aeroportos.

A decisión de impedir que o avión oficial boliviano de fabricación francesa se reabasteza antes de completar o seu itinerario entre Moscú e La Paz, pola soa sospeita sen basea de que o ex axente da seguridade estadounidense Edward Snowden, buscado con lupa por Washington atoparíase a bordo, disparou, así mesmo, a celebración, de urxencia, dun cume da Unión Sudamericana de Nacións (UNASUR), efectivamente convocada polo presidente de Perú, Ollanta Humala.

'Ollanta vai convocar a unha reunión de UNASUR. Son as 22h25 en Perú. Mañá (por hoxe mércores) será un día longo e difícil. Calma, non van poder', apuntou a presidente de Arxentina Cristina Fernández na súa conta de Twitter.

Fernández, que expresou, nesa mesma rede social, a súa preocupación polo incidente que parecía voar polo aire a Convención de Viena, dixo falar conversado por teléfono sobre o tema co presidente de Uruguay, José Mujica.

'Falo con Pepe Mujica, está 'indignado'; ten razón, é todo moi humillante' escribiu a mandataria arxentina.

Logo que Morales lle confirmase a súa disposición férrea para evitar que o avión presidencial boliviano sexa requisado, baixo a sospeita de que levaba a Snowden de contrabando, Fernández dixo haber acicateado ao gobernante boliviano.

'Simplemente perfecto. Forza Evo', escribiu Fernández, ao tempo de advertir que 'si Austria non o deixa saír ou quere revisar o seu avión, pode presentarse ante a Corte Internacional de Haia e pedir unha medida cautelar'.

Antes, despois de que La Paz denunciase que a vida de Morales, do seu ministro da Defensa, Rubén Saavedra, de senllos funcionarios da Presidencia e Ministerio de Comunicación de Bolivia e a tripulación da aeronave oficial, correu risco de morte, Ecuador e Venezuela repudiaron o que describiron como unha 'tremenda' agresión á rexión.

'É unha tremenda ofensa, por dicir o menos', afirmou en Quito o xefe da diplomacia ecuatoriana, Ricardo Patiño. O mesmo dixo que 'vou solicitar unha reunión extraordinaria dos ministros de Relacións de Exteriores de UNASUR'.

Á súa vez o canciller de Venezuela Elías Jaua afirmou que Venezuela 'asume como propia' esa 'agresión' e pediu considerar, ao tempo de subliñar a gravidade do incidente, que 'estando en pleno voo, cambiar a ruta dun avión sen saber o seu disponibilidad de combustible, é un atentado contra calquera ser humano que é tripulante dun pobo e aquí agrávase a situación porque estamos falando do presidente nacional de Bolivia, unha nación soberana, unha nación digna'.

En La Paz, onde unha centena de manifestante plantouse nas portas da Embaixada de Francia, e outro grupo de persoas díxose en vixilia até ver a Morales de volta, san e salvo, en Bolivia, o vicepresidente Álvaro García Linera denunciou o 'secuestro' de Morales, articulado por 'o imperio' e a consiguiente a violación da Convención de Viena.

'Queremos dicir aos bolivianos, queremos dicir ao mundo que o presidente Evo Morales, o noso presidente, o presidente dos bolivianos, neste momento está secuestrado en Europa; queremos dicirlle aos pobos do mundo que o presidente Evo Morales foi secuestrado polo imperialismo e está retido en Europa', denunciou durante unha emisión de prensa extraordinaria no patio principal do Palacio Queimado en La Paz.

Acompañado do gabinete ministerial en pleno, na súa calidade de gobernante boliviano en funcións, García Linera denunciou, así mesmo, a violación flagrante da Convención de Viena no que concierne aos voos oficiais e a utilización de espazos aéreos e aeroportos, previamente consentida.

O dignatario boliviano denunciou ata un intento de chantaje, dun funcionario diplomático de España, para que Morales admita, contra a norma internacional, a requisa da aeronave oficial de Bolivia.

García Linera pediu, a continuación, a unidade de Latinoamérica para enfrontar o 'colonialismo putrefacto' detrás da política contra o avión de Morales, cuxa honestidade defendeu contra vento e marea.

Logo de asegurar a unidade monolítica dos estamentos bolivianos neste transo e mentres ata a oposición local pechaba filas en torno a Morales, García Linera chamou á clase obreira internacional, aos campesiños e mozos do mundo, a repudiar a acción contra Morales.

'Convocamos aos pobos de América Latina, aos gobernos progresistas a pronunciarse, pedímoslles que os pobos de América Latina, que os gobernos de América Latina poidan reunirse de urxencia para tomar posición sobre este abuso, hoxe América Latina está sendo pisoteada, non soamente Bolivia, o país máis pequeno, máis sacrificado pero máis loitador que ten o continente, é América Latina a que está sendo pisoteada, é a dignidade dos latinoamericanos a que está sendo agredida', sostivo.

Pouco despois que o avión de Morales se pousase finalmente na franxa do aeroporto vienés, o canciller boliviano David Choquehuanca, denunciou o atentado contra a vida de Morales e dixo que os países involucrados no incidente deben explicar as causas e motivos da decisión que reflotaron a denuncia, documentada nun libro, da escritora arxentina Stella Caloni que fai 2 anos advertiu que a oficina de intelixencia estadounidense ten a 'Evo na mira'.

Por outra banda, o Presidente boliviano expresou o seu respecto e admiración polo presidente de Austria, Heinz Fischer, a quen agradeceu pola súa solidariedade.

'Moitas grazas, realmente moi sorprendido por esta solidariedade do irmán presidente de Austria, que veña a visitarme rápidamente, moi contento e satisfeito', complementou.

La Paz, 3 Xullo de 2013 - dea-rsl ABI

[*] Jorge Rei Cuba Akiyama (Coco Cuba), Licenciado en Ciencias Políticas, Máster en Comunicación Política e Marketing Electoral, Corresponsal da axencia France durante 12 anos. Xornalista do Espectador de Bogotá (Colombia) e El Diario e Última Hora de Bolivia, actualmente director da Axencia Boliviana de Información (ABI).



Información baseada na enviada por:
Diario de Urxencia - Resumen Latinoamericano
-resumen@nodo50.org-
3 de julho de 2013 15:43

http://www.resumenlatinoamericano.org/
http://resumenlatinoamericano.blogspot.com.es/

___________

Reganosa dá niveis de actividade tan baixos que a capacidade usada pola propia planta é superior á contratada - Noticias de axencia comentan o informe da CNE sobre as plantas de gas


Onte noticias de axencia, comentaban o Informe de Supervisión da Xestión Técnica do Sistema Gasista - Abril de 2013 - Comisión Nacional de Energía -CNE. Este informe de 18 páxinas, non deixa ben parado o sector gasista que está atravesando unha importante crise de actividade, non só polo descenso da actividade económica, senón que a apertura do gasoduto Medgaz que entra, procedente de Alxeria, polo sueste da península (Almería), onde sitúa a súa actividade no 83% da súa capacidade. Contrastando, esta alta actividade, coa moi baixa das plantas regasificadoras cun descenso moi acusado na chegada de GNL/LNG ás plantas de gas distribuídas polo litoral peninsular. A burbulla enerxética amosa importantes síntomas de deterioro.

Destaca o informe os seguintes feitos relevante:
  • En abril, seguindo a tendencia dos meses anteriores, a regasificación diminúe un 26% respecto ao mes anterior. Así mesmo, a carga de cisternas segue presentando unha tendencia decrecinte desde finais do ano pasado.
  • Varias plantas de regasificación funcionan en niveis moi baixos, non só baixo mínimo técnico senón até con paradas como Sagunto que estivo 10 días parada queimando gas.
  • As importacións por conexións internacional son significativamente superiores á regasificación.
  • A demanda de gas para xeración en ciclos combinados continúa reducindo-se substancialmente respecto ao mesmo período do ano pasado.
  • O 16,8% do GNL descargado este mes volve-se a cargar para exportar. Cargaron-se cinco buques grandes en Cartaxena, Huelva, Sagunto e Mugardos.
  • Como consecuencia da "Open Season" realizada en 2009, incrementouse a capacidade nominal da Conexión Internacional de Larrau até 165 GWh/día en ambos sentidos.

Comentarios de axencia:

As seis plantas españolas de regasificación operativas, onde se transforma o gas natural licuado (GNL) importado por barco en gas, teñen uns niveis de actividade "moi baixos" e nalgúns casos como no de Sagunto (Valencia) sufriron durante o mes de abril paradas de dez días nos que apenas funcionaron queimando gas.

Esta consideración aparece recollida no último boletín de supervisión da xestión técnica do sistema gasista elaborado pola Comisión Nacional da Enerxía (CNE) e correspondente ao mes de abril.

Segundo o informe, as regasificadoras de Barcelona, Cartagena e Huelva funcionaron "baixo mínimo técnico", mentres que en plantas como a de Mugardos (Galiza) dan-se niveis de actividade tan baixos que a capacidade usada pola propia planta é superior á contratada.

En abril, a actividade de regasificación descendeu un 26% respecto de marzo e consolidou a tendencia á baixa na actividade de carga de cisternas iniciada a finais do ano pasado.

A caída de actividade nas seis regasificadoras, sete si cóntase a 'hibernada' de Xixón, contrasta co incremento na chegada de gas a través dos gasodutos internacionais, e en especial do alxerino de Medgaz, que se atopa ao 83% da súa capacidade.

Si esta infraestrutura ten unha capacidade máxima de 266 gigavatios hora (GWh), en abril a capacidade contratada equivaleu a 235 GWh, mentres que a usada ascendeu a 220 GWh.

"As importacións por conexións internacionais son significativamente superiores á regasificación", conclúe a CNE, que advirte ademais de que o 16,8% do GNL descargado en abril volveuse a cargar para exporta"

Acceder ou baixar o informe:
http://www.cne.es/cne/doc/publicaciones/IAP_GTG_02072013.pdf

Información baseada na enviada por Ferrol-CAPE.
__________

luns, xullo 01, 2013

Entrevista a Boaventura de Sousa

Edición completa da entrevista ao profesor, ensaísta e activista portugués Boaventura de Sousa, gravada o pasado 12 de xuño no Centro de Estudos Sociais da Universidade de Coimbra. Con esta peza, Galiza Ano Cero estrea o seu espazo de entrevistas, que actualizará quincenalmente cando comecen as emisións ordinarias do canal á volta do verán. Tes máis información sobre o proxecto en www.galizaanocero.tv, e lembra que aínda podes colaborar ao lanzamento da #outratv na nosa campaña de microfinanciamento en Verkami.

Galiza Ano Cero. Xuntas. Sen ánimo de lucro. En código aberto e baixo licenzas libres. Dende abaixo á esquerda. Outra televisión.


http://youtu.be/0Ly_vuOWfKc

___________

sábado, xuño 29, 2013

Recimil: A loita por unha vivenda digna continúa - Intento de peche na sede local do Partido Popular - Reunión cos grupos municipais da oposición


O pasado 26 de Xuño, tiña lugar unha Asemblea de Persoas Afectadas pola desidia do goberno municipal á hora da entrega das vivendas protexidas de titularidade municipal de Recimil. A Asemblea estaba convocada por Stop-Desafiuzamentos de Ferrol Terra da Rede de Apoio Mutuo. A xuntanza tiña lugar pola tarde, no Inferniño, no Centro Cultural Carvalho Calero. Foi unha Asemblea moi participativa. Tanto de persoas afectadas como de activistas en apoio desta xusta loita. O obxectivo desta asemblea era o de abordar o estado actual da reivindicación de adxudicación e entrega das vivendas.

Despois da información veu o debate e a toma de decisións. A Comisión de Traballo levaba unha proposta de mobilización e unha entrevista cos grupos municipais da oposición, ratificado na Asemblea de "Stop", do pasado 20 de Xuño. A acción tería lugar este Venres 28 de Xuño. Mais no transcurso da Asemblea, saíu a proposta de que, dado que o Sr. Alcalde non recibe a este colectivo, ir até a sede local do Partido Popular, e pechar-se até conseguir un compromiso público e firme. Esta proposta complementaria foi aprobada pola Asemblea. A acción tería lugar o mesmo día no que se ía celebrar o Pleno, o 27 de Xuño, ás 11:30 hs.

As dúas accións xa se efectivizaron. Mentres se producía o convulso Pleno Municipal do 27 de xuño, un grupo de 22 persoas entre afectadas e activistas, dirixiron-se até a sede do Partido Popular, na rúa Ruvalcaba, a porta pechada e de abrir nada. Á media hora chegou a policía, mais sen ter claro se nos podían desaloxar ou non. De feito, a acción durou máis de hora e media e a rematamos por decisión asemblearia. Non sen antes deixando-lles unha misiva na porta cos motivos da nosa acción. Este venres, 28 de Xuño, concentrábamo-nos no Pazo Municipal, para posteriormente manter unha xuntanza cos grupos municipais da oposición, para entregar-lles as nosas queixas e demandas ao Concello, recabar a información que eles teñen sobre o parque de vivendas e o proceso de reparación, adxudicación e entrega.

Levamos desde o 22 de maio agardando por unha nova xuntanza co Sr. Alcalde, José Manuel Rey Varela, reiterada por varias veces coa nosa presencia física diante das dependencias da Alcaldía. Non nos chega con algunhas difusas noticias de prensa, cos rumores de que xa contrataron a unha empresa para a reforma e reparación das vivendas baleiras; ou de que seguen chamando, por orde, a algunhas persoas da lista de espera, para confirmar a súa demanda de vivenda; ou tamén que se rematou de elaborar o demandado censo de vivendas baleiras. Na primeira xuntanza e única que mantivemos con el, e con a concelleira Rosa Martínez Beceiro, negou-se á conformación dunha comisión de seguimento, alegando que as portas da Alcaldía sempre estarían abertas para cando quixeramos. Mais foi todo o contrario, non só non están abertas senón que puxo "catro candados". Desde a secretaría da Alcaldía dan-nos largas, supostamente, unha vez consultado co Alcalde. O Regulamento de Participación Cidadá ampara-nos (Artigos 4, 5, 9, 10, e 54).

No seu momento denunciamos que as dúas primeiras vivendas que se entregaron non reunían as condicións básicas de habitabilidade. O que non é de xustiza e vulnera o acordado no Pleno Municipal do pasado 28 de febreiro. Unha parte da veciñanza afectada, concretamente 30, presentaron reclamacións ante o Concello de Ferrol e unha Queixa ao Valedor do Pobo que están polo de agora sen resolver. O propio "Stop" da Rede presentou unha Queixa ante o Valedor do Pobo.

A desidia deste goberno á hora de solucionar o problema potenciou a ocupación ilegal de vivendas que nos consta que segue na actualidade, co conseguinte descenso do número de vivendas baleiras o que supón un alto potencial de conflito moi difícil de solucionar.

Non temos a menor dúbida de que se algo se está movendo no asunto Recimil, é porque nos comezamos a mobilizar para demandar os nosos dereitos, a denunciar a mala xestión do goberno municipal con respecto ao parque municipal de vivendas de Recimil e sobre todo no referente ao Regulamento sobre o procedemento de adxudicación das vivendas.

A loita por unha vivenda digna continúa.

Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna,
da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
28 de junho de 2013 23:24

__________

venres, xuño 28, 2013

Realizaron-se mobilizacións en toda Galiza na defensa da Sanidade Pública - Miles de persoas nas rúas de vilas e cidades da Galiza - Manifestación de Ferrol - Comunicado - Fotos


Miles de persoas en toda Galiza, secundaron o chamamento da Plataforma SOS Sanidade Pública, este Xoves, 27 de Xuño de 2013. Miles de persoas saíron, á rúa, mobilizando-se en defensa da Sanidade Pública, contra a privatización, o repago, a perda de dereitos e os recortes. En Ferrol a manifestación cidadá rematou na Praza do Concello, diante do Pazo Municipal, onde Miguel López en representación da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, leu un comunicado unitario que a continuación transcribimos.

Comunicado á Cidadanía

Boas tardes a todos e a todas recibide un saúdo no nome das 50 entidades que conforman a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol.

Non estamos solos, hoxe e un día de loita en toda Galicia contra os recortes, as privatizacións e o repago, en definitiva, contra o desmantelamento que está a facer o Partido Popular e o Goberno de Núñez Feijoo desde a súa chegada a Xunta de Galicia no ano 2009.

O mesmo ocorre en Madrid, onde a cidadanía e os profesionais da sanidade levan meses de loita, en  Valencia e Castela-A Mancha.

As políticas neoliberais pretenden utilizar a crise, que eles mesmos crearon, para convencer de que o Sistema Sanitario Público é insostible.

Esa mesma canción están aplicando ao Sistema Público de Pensións, tamén din que é insostible.

Detrás de esas informacións falsas so se esconde o negocio para os seus amigos, a Banca, as aseguradoras e as empresas farmacéuticas.

O sistema sanitario público é sostible como tamén o é o sistema público de pensións .
En Galicia moitos máis recortes utilizan a escusa da crise:
  • Redución do orzamento sanitario público en 1000 millóns de euros en tres anos.
  • Recortes de dereitos, recursos e servizos asistenciais.
  • Desmantelamento das áreas e dos servizos.
  • Privatización de moitas parcelas do sistema sanitario público.
En Atención Hospitalaria:
  • Paralización da actividade dos hospitais pola tarde.
  • Desviación de doentes a centros privados.
  • Incremento das listas de espera ( Un 30% en tres anos ).
  • Privatización da xestión do Novo Hospital de Vigo.
  • Abandono da ampliación do Hospital de Montecelo en Pontevedra.
  • Paralización dos Planos Directorios de 7 hospitais para reformar os servizos deteriorados, entre eles o de Ferrol.
  • Paralización da construción de 6 Centros de Alta Resolución.
  • Peche dos laboratorios dos Hospitais Comarcais.
  • Centralización na empresa privada das probas analíticas e innovadoras.
  • Creación dun Anel Radiolóxico, suprimindo radiólogos nas urxencias dos Hospitais Comarcais.
  • Cesión á Sociedade Anónima Galaria da xestión e equipamento tecnolóxico dos Hospitais Públicos.
  • Mantemento do Concerto Singular co Hospital Privado Povisa que é o que ten as maiores listas de espera de Galicia.
Privatización de Servizos Centrais da Consellería de Sanidade e Sergas:
  • Central de chamadas 112.
  • Plataforma Informática.
  • Central de Compras.
  • Almacenamento e distribución.
  • Concursos de selección de persoal.
Desmantelamento das Áreas sanitarias do Salnés, Barbanza, Monforte e o Barco de Valdeorras, para deixar paso á sanidade privada.

Peche de 5 centrais de ambulancias e 1 UCI móbil.

Redución de prazas de persoal sanitario e non sanitario: Xubilación forzosa aos 65 anos, repoñendo só o 10%, o que supón só en facultativos unha perda de 1700 persoas.

Precarización das condicións de traballo do cadro de persoal do Sergas, cunha importante redución salarial e de dereitos, non coberturas por baixas ou ausencias e volta aos contratos lixo por días e mesmo por horas.

En Atención Primaria:
  • Abandono do Plano de Mellora en Atención Primaria: Supresión de 915 novas prazas e paralización da construcción de 66 novos centros de saúde.
  • Absorción da Xestión da  Atención Primaria por Hospitais, a chamada Xestión Integrada.
  • Relegar a Atención Primaria a ser a portería dos hospitais para que poidan seleccionar aos doentes en función dos intereses dos hospitais privados.
Co Real Decreto 16/2012 establecen:
  • Copago receitas das/os  pensionistas
  • Copago de próteses, ortopróteses, cadeiras de rodas e trasporte non urxente en ambulancias.
  • Supresión do dereito á  atención: mozos/as de máis de 26 anos que non teñan cotizado, amas de casa divorciadas, inmigrantes sen papeis( criminalizándoos e culpandoos de que colapsan a sanidade o que é outra mentira máis).
Agora establecen que, con independencia dos ingresos das persoas, van ter que adiantar o custo íntegro das próteses, cadeiras de rodas, etc, moitas veces miles de euros, e logo agardar que o Sergas reintegre a cantidade a que se teña dereito, sen establecer prazos para esas devolucións. Persoas con pensións baixas e salarios baixos, non esquezamos que en Galicia temos as pensións e os salarios máis baixos do Estado, van ter que afrontar, ademais do repago farmacéutico, o adianto dos cartos para próteses. Quererá Núñez Feijoo volver aos tempos en que a xente andaba cunha pata de pau?

Coa chamada Lei de Garantías so se pretende:
  • Compensar o desgaste do Goberno da Xunta de Galicia fronte aos recortes en sanidade e o incremento das listas de espera.
  • Descapitalizar o sistema público facilitando aos centros privados a provisión de servizos custeados con diñeiro público.
  • Recortes en Hospitais Públicos que producen:
  • Incrementos na derivacións a centros privados.
  • Aumentos nas listas de espera.
  • A metade dos doentes en lista de espera están en listas ocultas, as non estruturais.
  • Moitas listas se pechan por tempo indefinido para que eses doentes non computen.
As consecuencias da aplicación da chamada Lei de Garantías son:
  • A descapitalización dos centros públicos que deberán compartir o orzamento hospitalario con centros privado.
  • Atraerá a multinacionais sanitarias como Capio ou Ribera Salud en mans de fondos de capital risco internacional, ao garantírselles a clientela.
E unha carga de profundidade contra o actual modelo sanitario ao impedir:
  • A planificación dos recursos en función das necesidades de cada zona.
  • A equidade polo nivel de renda ou lugar de residencia.
  • O traballo en equipos multidisciplinarios.
  • A integralidade da Atención Sanitaria.
  • A coordinación entre os distintos niveis asistenciais.
  • Supón unha manobra de marketing político xa que simula unha oferta de dereitos, imposibles de cumprir no marco de recortes orzamentarios, de recursos humanos e asistenciais.
  • É unha tapadeira para camuflar a decapitalización dos centros públicos en beneficio do sector privado.
  • Atenta contra a universalidade, integridade, equidade, racionalidade, calidade e eficiencia.
En definitiva con esta Lei Trampa chamada Lei de Garantías o que se pretende e poñer unha cortina de fume diante da política do Partido Popular de descapitalizar o sistema sanitario público.

Un novo recorte en dereitos é a supresión ou modificación da Lei do Aborto que, a demanda de Rouco Varela, ven a supoñer un retroceso nos dereitos das mulleres a  poder decidir por elas mesmas

Na Área sanitaria de Ferrol:
  • Na Área Sanitaria de Ferrol tense paralizado o proxecto de investimento de 63 millóns de euros en tres anos para a actualización do antigo Hospital Naval.
  • Tense paralizado o Plano Director do Complexo Hospitalario.
  • Aínda están en obras o Centro de Saúde de Serantes e das Somozas.
  • Os centros de saúde de Ares, Cedeira, A Capela e Narón xa tiñan que estar rematados.
  • O proxecto de ampliación do Fontenla Maristany está esquecido.
  • Quedamos fora do mapa de Novas Tecnoloxías.
  • Se producen peches de camas nos meses de verán o que está producindo colapsos en Urxencias con esperas de 48 horas para ingresar, precisamente pola falla de camas.
  • Pecháronse os consultorios da Graña e O Seixo e xa se fala de novos peches.
  • Se pretende pechar o Hospital Novoa Santos, coa escusa de cederllo á Universidade, que non o precisa, mentres se mantén un concerto co Juan Cardona por 6.5 millóns de euros anuais.
No Hospital Novoa Santos  tense que construír o Centro de Referencia de Enfermidades Profesionais de Galicia, que de tratamento a todos o que están afectados por enfermidades profesionais como sucede nesta comarca con milleiros de persoas por culpa do amianto. Tamén ten que dar cabida a entidades socio sanitarias ás que se está levando á súa desaparición como Asfedro, Lazos, Aspanes e outras, para que poidan desenvolver o seu importante labor asistencial. Teñense que crear camas de enfermos crónicos e pluripatolóxicos o que posibilitará que, xunto coa potenciación da Atención Primaria, se colapsen as urxencias do Arquitecto Marcide.

Quen pode entender que se peche un Hospital Público, o Novoa Santos, e se manteña un concerto co Juan Cardona por 6.5 millóns de euros anuais?

Ademais se permite que persoal da sanidade pública preste servizo en centros concertados, atendendo a doentes do concerto, o que é absolutamente ilegal e que a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública estamos debatendo de poñelo en coñecemento da Fiscalía Anticorrupción.

Poderiamos seguir falando dos moitos recortes e privatizacións que se están a producir na Sanidade Pública desde o ano 2009, moitos deles non son percibidos pola maioría da sociedade, pero non acabariamos nunca, porque a lista é moi longa,

Coa actual Xunta de Galicia as privatizacións, recortes, repagos, diminución dos dereitos de usuarios e de traballadores, vai continuar, polo que a continuidade das Plataformas en Defensa da Sanidade Pública faise máis necesaria que nunca, por que é preciso facerlle fronte a esas políticas cunha mobilización continua e sostida no tempo, como están a facer noutras partes do Estado Español e como hoxe estamos facendo en moitas partes de Galicia.

Por que é posible derrotar a esas políticas temos que seguir loitando de xeito unitario e continuo, tanto nas rúas como nos centros sanitarios.

A Sanidade Pública non se vende, se defende¡ A Saúde non é un negocio¡

Moitas grazas.

---

Algunhas fotos da Manifestación:

Enlaces de interese:

http://plataformadspferrol.blogspot.com.es/

http://www.sos-sanidadepublica.org/

__________________

mércores, xuño 26, 2013

A oposición a Reganosa no Parlamento Galego - Vídeo - Documentos


Despois de máis dunha década de loita do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol contra a localización da Planta de Gas de Reganosa, hoxe debateuse no Parlamento de Galicia a Moción presentada polo Grupo Alternativa Galega de Esquerda -AGE, esixindo o desmantelamento da Planta, o cumprimento da Sentenza firme do Tribunal Supremo de maio 2012 e a denuncia do Convenio secreto asinado polo Presidente Fraga e o accionariado da Planta.

A Moción, con emendas do PS de G – PSOE e BNG, foi rexeitada pola maioría absoluta do Partido Popular.

Unha representación do CCE, asistiu ao debate no Parlamento, desde dependencias anexas, xa que logo non lle foi permitido acceder ao salón de Plenos.

Nota de AGE

Texto da Moción

Intervención de Yolanda Díaz.

Yolanda Díaz esixe o peche da planta de gas de Reganosa na vila de Mugardos

A vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, presentou unha proposición non de lei na que se exise ao goberno de Núñez Feijoo que cumpra a lealidade e respecte as sentenzas nas que se declara nula a modificación puntual feita en Mugardos coa que se intentaba adecuar á legalidade a planta de gas de Reganosa. Yolanda Díaz sinalou que o problema da planta de gas de Reganosa naceu cun pecado orixinal como foi o convenio asinado entre Fraga e as empresas que sustentan a planta cun pacto corrupto de convivencia político- empresarial vulnerando a legalidade. Así, seguimos a ter unha auténtica bomba a tan só metros dun arsenal militar e que tanto o ministerio de defensa entre outros moitos alertaron dos riscos e perigo que supón para todos os veciños e veciñas aos que a Xunta limitouse a repartir folletos e un kit de emerxencia por se saen voando.


http://youtu.be/kUGwrDLO038


Información baseada na enviada polo:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
26 de junho de 2013 17:28
______________

martes, xuño 25, 2013

Pode-se facer, máis non queren! - A loita por unha vivenda digna e adecuada, aquí e hoxe, ... Por Xan do Couto


Na Comisión de Xustiza Social da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, abordamos no seu día un caso significativo dunha moza e un mozo, sen recursos económicos, cunha filla pequena. Despois de “solucionado” o seu desafiuzamento nas vivendas sindicais, ao pouco sumouse-lles outro problema. O mozo, ou pagaba unha multa de 1.080 euros, ou entraba en prisión para cumprir 6 meses. O mozo era usuario de Lazos Pro Solidariedade, e estaba nun programa de inclusión sociolaboral, admitido nun curso de capacitación profesional a punto de comezar. Á prisión por pobre!, cando estaba a punto de resolver, temporalmente, algúns dos seus problemas. Non podiamos permitir tal inxustiza, polo que desde a Rede, decidimos impedir que entrara en prisión. Entre as achegas da familia máis próxima e o préstamo do “Peto Solidario”, conseguimos pagar a multa.

En Ferrol Terra, como no resto da Galiza, e o mundo, a falta de vivenda ou a perda da mesma, vai ligada á entrada nunha situación de exclusión social, e dentro desta, a falta de emprego e dunha renda básica, son os factores fundamentais. Dentro da Rede de Apoio Mutuo, constituíu-se unha Comisión polo Dereito a unha Vivenda Digna, que ten como obxectivo a concreción dun parque público de vivenda social, como solución máis acaida á falta ou perda de vivenda. Asumimos o encetado polo Movemento 15M en 2011, e vinmo-nos desenvolvendo loitas contra varios despexos, xa como Rede, en 2012 e no que vai de 2013. Foi por iso, por estas accións, polo que decidimos adoptar o nome de Stop-Desafiuzamentos e adherirnos á loita das PAHs, que nos achegan recursos, información e ideas. Tamén encetamos unha coordinación galega das plataformas operantes na nosa Terra.

Stop-Desafiuzamentos, organizou e está activando a reivindicación de entrega das vivendas protexidas de Recimil, ás 116 familias en lista de espera. Todo comezou cando, membros da Rede, reclamaban a entrega de vivendas de emerxencia social para as familias que quedaban desamparadas polos desafiuzamentos. Recibían sempre a mesma resposta dos responsábeis municipais: "non hai vivendas en Recimil en disposición para entregar". Os servizos sociais non dispoñen deste recurso para solucionar os problemas de grave emerxencia social. Mais o Sr. Alcalde de Ferrol en varias roldas de prensa, actos, e mesmo cando presentou o seu "Plan de Oportunidades", facía mención a estas vivendas e daba cifras, mesmo falaba de orzamentos para a súa reparación.

A mentira e a irresponsabilidade forman parte do actuar político do Sr. Alcalde, José Manuel Rey Varela e o seu séquito do Partido Popular. Non só non son capaces de adecuar unhas poucas vivendas para emerxencia social, senón que non tiñan pensado dar resposta ás necesidades de 116 persoas con escasos recursos, que estaban á espera de que se lles entregara unha vivenda protexida en Recimil.
A situación económica e social da maioría das familias é moi difícil, e levan agardando por unha vivenda desde hai tempo. Só hai que ver os requisitos de baremación para dar-se conta de que estamos a falar, nunha parte importante de casos, de persoas cunha necesidade urxente de vivenda e de apoio social. O goberno municipal, pretendía mante-los no máis absoluto esquecemento, até que se decidiu mobilizar para reclamar unha vivenda digna.

A loita polo dereito á vivenda digna e adecuada, amosa as entrañas dun Capitalismo depredador e inxusto. Amosa as contradicións nunha sociedade formalmente democrática, mais que adoece dos mecanismos de xustiza social e garantes dos dereitos humanos e liberdades fundamentais, recoñecidos non só na Declaración Universal do 10 de Decembro de 1948, senón que tamén na Constitución e asinados en múltiples convencións, convenios, declaracións e cartas internacionais.

Vivimos nun sistema que non é bondadoso nin xusto, senón todo o contrario, que condena a moitas persoas á pobreza e á exclusión social. No occidente opulento, son centos de millóns as persoas pobres e empobrecidas coas políticas chamadas de “Austeridade”, que non son outra cousa que recortes sociais e laborais. Na Galiza, segundo datos oficiais, máis de 650.000 persoas están en situación de exclusión social e máis de 120.000 consideran-se en situación de pobreza severa.

Ferrol, a 31 de Maio de 2013.

Por Xan do Couto.

Publicado no nº34 da revista 'Razón Socialista' de Fuco buxán A.C.

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
25 de junho de 2013 11:18
_______________

Nova Asemblea de persoas afectadas pola desidia do goberno municipal, á hora da entrega das vivendas de Recimil - Este Mércores 26 de Xuño ás 6 da tarde no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, convoca unha Asemblea de Persoas Afectadas pola desidia do goberno municipal á hora de entrega das vivendas protexidas de titularidade municipal.

O obxectivo desta asemblea é abordar o estado actual da reivindicación de adxudicación e entrega das vivendas de Recimil ás persoas da lista que están agardando por elas.

Neste momento sabemos, sen confirmación oficial, que xa contrataron a unha empresa para a reforma e reparación das vivendas baleiras. Tamén nos consta que o Concello segue chamando, por orde, ás persoas da lista de espera, para confirmar a súa demanda de vivenda. Podemos informar tamén de que se está a elaborar o demandado censo de vivendas baleiras.

Queremos informar tamén de que trinta persoas afectadas pola desidia do Goberno Municipal, teñen interposta unha reclamación ante o Concello e ante o Valedor do Pobo. Continuamos á espera de que o Sr. Alcalde, José Manuel Rey Varela, conceda a segunda xuntanza coa Comisión constituída por persoas afectadas e de Stop-Desafiuzamentos para buscar unha solución a esta situación criada no noso concello en relación ao dereito a unha vivenda digna.

A citada Asemblea terá lugar o vindeiro Mércores, 26 de Xuño, ás 6 da tarde, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño. Esta asemblea estará aberta tamén a todas aquelas persoas que queiran solidarizarse con este colectivo e incorporarse á loita por unha vivenda digna.

Ferrol, a 25 de Xuño de 2013

Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna,
da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
25 de junho de 2013 11:24

__________

XX Festival do Río Castro - Sábado 6 de Xullo de 2013


XX Festival do Río Castro -  Naraío - San Sadurniño.
Sábado 6 de Xullo de 2013, desde as 12 do mediodía.

No Lugar da Bola en Naraío, ao pé do Río Castro:
  • Ás 12h chegada de merendas.
  • Ás 15:30h Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional.
  • Ás 17:30h Magín Blanco "A Nena e o Grilo nun barquiño" Coa colaboración de Ghazafelhos.
  • Ás 18:30h Campionato de deporte popular tiro de corda,serrado de tronzador e chave.
  • A partir das 22:30h.
  • Escola de Música Tradicional do Concello de San Sadurniño.
  • A Requinta da Laxeira.
  • Zurrumalla.
  • Os Rastreros de Chantada.
A festa está asegurada,vide a Narahío e gozade do Festival.

https://www.facebook.com/ocastelonarahio

Evento no facebook
:
https://www.facebook.com/events/431447813619050/
__________

A min buscádeme sempre un lugar a carón dos de abaixo, ... Por Antón Dobao


Por Antón Dobao [*]
24.06.2013


Quen é incapaz de comprender as diferentes formas de violencia extrema que fundan o sistema baixo o que vivimos (non todos) é incapaz de comprender a propia sociedade en si. Atoutiña, no mellor dos casos. E cando non quere advertir a extrema violencia do Estado como aparello coercitivo e parcial, contra os máis débiles ou como prevención do mal exemplo, simplemente porque os medios de produción simbólica nos convidan a condenar sen termos sequera capacidade para coñecer os crimes reais, é que dalgunha maneira acaba elixindo a complicidade coa violencia que nos escinde e nos anula.

A min buscádeme sempre un lugar a carón dos de abaixo. E dos que están en prisión.

Como pode ser que haxa quen non aborrece as lexislacións e os tribunais de excepción, as diferentes varas de medir, os diferentes códigos penais, as prisións preventivas indefinidas, a doutrina Parot, as torturas, a redución de seres humanos a puros obxectos, a incomunicación, o ensañamento coas familias, a perversidade dun sistema de castigo que pena a rebelión ou os ataques á propiedade privada pero protexe os saqueos, as fraudes, a explotación, o engano, a destrución da dignidade e da vida. Ninguén cunha sensibilidade e unha razón de esquerda. Ninguén con sensibilidade. Se o déficit político e humano for tan enorme, pouca esperanza quedaría. Converter a Beiras no centro das reconvencións, equiparar en negativo as súas certeiras declaracións coa maquinaria coercitiva dun Estado que nunca rompeu lazos co fascismo franquista é politicamente deplorable. Desde un punto de vista de esquerda. Aínda que faga tales exercicios esa organización política por cuxa complicidade e acubillo devecen algúns conspicuos militantes de Anova.

Independentistas de Galicia, homes e mulleres, van ser xulgados por pertenza a unha organización fantasmagórica cuxa existencia non está sequera demostrada.

Eu tamén me solidarizo con eles e coas súas familias e amigos.

Ás veces, abondaría con ler a Kafka. Outras, cumpriría nada máis ca un mínimo de sensibilidade.

Nota.-  post de Antón no facebook.

[*] Xosé Antón López Dobao, coñecido como Antón Dobao, nado en Lugo o 16 de xullo de 1963, é un escritor, tradutor e cineasta galego. [Na Galipedia].

Enviado por:
Inácio GZ
inaciogz@gmail.com
24 de junho de 2013 22:10

________________

A asociación Fuco Buxan presenta o libro "O meu testamento político" de Santiago Carrillo e inaugura unha biblioteca que levará o nome do destacado político que finou o pasado ano


Este martes, 25 de xuño de 2013, a asociación Fuco Buxan presenta o libro "O meu testamento político" de Santiago Carrillo  e inaugura unha biblioteca que levará o nome do destacado político que finou o pasado ano.

A nosa Asociación, como continuidade aos actos do pasado ano, con motivo do falecemento de Santiago Carrillo, o noso querido amigo e Socio de Honra (Presenza nos actos de Madrid e Xixón, Homenaxe de Ferrol no Centro Cultural Carvalho Calero), celebrará agora, o vindeiro martes 25 de xuño, dúas importantes actividades:

Ás 18 hs, no noso Local Social "Tino Deibe" (Rúa Armada Española, 32 baixo, Caranza).

Inauguración dá Biblioteca dá Asociación, que levará a denominación “Santiago Carrillo”.

Unha Biblioteca modesta, de ao redor de 1000 volumes, conseguidos a través de numerosas doazóns (Socios/as, amigos/as ou Institucións) e tamén adquiridos. Cunha vocación de especializarse en temas socio-políticos, de igualdade de xénero e da Memoria Histórica, como vehículo de coñecemento da realidade social e que estará, en breve, aberta a toda a cidadanía para a súa consulta e disfrute.

Ás 20 hs, no Centro Cultural Carvalho Calero (Praza do Inferniño).

Presentación do libro “Mi testamento político” o último publicado por Santiago.

En ambos actos, abertos ao público, estará presente o seu fillo maior: Santiago Carrillo Menéndez.

Fuco Buxán, A. C.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
24 de junho de 2013 10:47
_______________