venres, setembro 13, 2013

Apresentado XIII Festival da Terra e da Língua - 13 e 14 de Setembro: Café-Teatro do Paço da Cultura e Passeio Marítimo de Júvia


Ao meio-dia de ontem, os companheiros Xende Lopes e Vítor Santalha apresentárom a décima terceira ediçom do Festival da Terra e da Língua aos meios de comunicaçom da comarca.

Passadas as 12hs da manhá, decorreu no Local Social da Associaçom Vicinal de Esteiro a apresentaçom pública do programa completo do Festival deste ano.

Vítor agradeceu a colaboraçom do pequeno comércio da comarca e do resto do País, das diversas organizaçons culturais, sociais e sindicais e com especial destaque ao trabalho militante da base social da nossa entidade, sem o qual seria impossível a realizaçom deste Festival, já que o financiamento das instituiçons públicas ficou reduzido este ano ao mínimo.

A seguir, o companheiro Xende destacou a importância desta ediçom, que coincide com o décimo quinto aniversário da abertura do nosso Centro Social.

Por último, explicou o conteúdo completo do programa deste ano, que inclui, entre outras atividades, o debate 'Fazer País, construindo poder popular', no qual contaremos com quatro representantes da esquerda nacional; o 'Festivalzinho' para a gente miúda; jogos populares ou música em galego.

PROGRAMA

13 de setembro (sexta-feira)

20.00h Debate: Fazer País construindo poder popular!
Local: Café-Teatro do Paço da Cultura (Narom)
  • Carlos Morais, Direçom Nacional de NÓS-Unidade Popular
  • Xavier Vence, Porta-voz nacional do BNG
  • Teresa Moure, membro da Coordenadora Nacional de Galiza pola Soberania
  • Representante de Anova Irmandade no Parlamento galego
22.00h Ceia-Foliada no Festival com o grupo compostelano Sessión Vermú


14 de setembro (sábado)

Passeio Marítimo de Júvia (Narom)

12.00 Charanga pola estrada de Castela com o grupo Sessión Vermú

13.00 Baile Vermu

13.15 Apresentaçom do XIII Festival da Terra e da Língua

14.00 Jantar Popular

16.30 Festivalzinho

17.30 Jogos Populares

21.30 Leitura do pregom

22.00 Concerto
            - Ultraqans
            - Zënzar
            - Sacha na Horta
            - Colhom de Lola

Mais info na página web do festival:
www.festivaldaterraedalingua2013.blogspot.com

Fonte: http://www.artabria.net/
_______________

xoves, setembro 12, 2013

"O diario de Agustín", de Ignacio Agüero e Fernando Villagrán, no 40º Aniversario do 11-S en Chile - Documentario sobre a manipulación mediática fascista en Chile - Interesante documentario completo - Vídeo 1h, 20m, ...


Un simple reflexo do traballo académico dun grupo de estudantes universitarios evidencia as continuas redes de montaxes noticiosos cos que 'El Mercurio', principal referente histórico da prensa chilena, se alínea con distintas esferas de poder para intervir o clima social.

O documentario titulado "O Diario de Agustín" é unha realización moi simple e directa, coa suficiente rigorosidade investigadora que require un tema desta envergadura. Cuestionar a impunidade dun xornal amplamente poderoso na sociedade chilena, cuxo accionar derivou en montaxes e mentiras con tal de cumprir os obxectivos de gobernos da súa simpatía, como o foi o período do finado Augusto Pinochet.

A cinta busca deixar de manifesto a influencia do diario máis antigo de fala hispana durante o período de ditadura militar en Chile. Deixando en claro eventos que denotan o rol da prensa na historia dun país. Tal como retrata o documental, Ricardo Lagos sinalou, sendo Presidente da República, que "é difícil entender a historia de Chile sen 'El Mercurio'.

Para algúns, como conta unha estudante logo de facer unhas entrevistas, 'El Mercurio' é unha "guía" da sociedade. Cientistas sociais, ex directores do diario, xornalistas e cidadáns comúns relacionados coa historia da empresa contan a súa experiencia, ás veces doce, ás veces escura, de encontros e desencontros con esta corporación de noticias. O filme de Ignacio Agüero e Fernando Villagrán enmárcase nun taller de memorias de estudantes de xornalismo da Universidade de Chile, onde seis grupos de traballo guiados por unha académica investigan distintas arestas sobre a influencia do Mercurio.

Neste camiño o filme lévanos a distintos momentos históricos relatados por algúns dos seus protagonistas. Como a muller que escribiu unha crónica titulada "asasinada morre fermosa nova", visiblemente afectada polas consecuencias daqueles actos, atribuíndo un crime pasional onde houbera un crime de Estado. Unha muller desaparecida, chamada Marta Ugarte, logo dun mes en que lla levou a policía de investigacións para derivala aos militares, aparece morta de corpo semidesnudo e con evidencias de maltrato na area dunha praia dos Molles.

Outra montaxe constatada no documentario é o coñecido como "Operación Colombo" ou os 119, onde se crearon dúas revistas, unha en Arxentina e outra en Brasil, en cuxos primeiros números notifican a morte de 60 e 59 miristas, respectivamente, publicando "asasinados polos seus propios camaradas". Dúas revistas que non se publicaron máis logo deses números, e que aínda comprobada a súa inexistencia, as axencias de noticias derivaron a información para os medios. Sendo publicada en 'El Mercurio' e 'La Segunda'.

Até xente que non tiña militancia foi consignada por este diario no medio de protestas, publicando a súa identidade e as súas fotos. "Por culpa de 'El Mercurio' detiveron e torturaron a xente inocente", confesaba un dos afectados. Aínda que moitos personaxes implicados en feitos de brutal siniestralidade lávanse as mans, os seus testemuños deixan en evidencia que todo o acontecido ía en consecuencia dun propósito, e para iso é que traballaron. Por moito que non estivesen de acordo. Logo de todo, como diría Fidel Castro, "a única verdade é a realidade".


O diario de Agustín (Documentario sobre a manipulación mediática fascista en Chile) de Juan Perez en Vimeo.

Ficha técnica:
Dirección: Ignacio Agüero
Produción: Fernando Villagrán
Ignacio Agüero
Guión: Ignacio Agüero
Fernando Villagrán
Música: Giorgio Varas
Cristián López
Son: Boris Herrera
Fotografía: Gabriel Díaz
Ricardo Lorca
Montaxe: Sophie França
País: Chile
Año: 2008
Xénero: Documental
Duración: 80 minutos
Idioma: Español


Sitio web oficial:
http://www.eldiariodeagustin.cl/

___________________

Vietnam: como o uso de armas químicas deixa secuelas por xeracións - @s fill@s do axente laranxa - Vídeo

A guerra de Vietnam terminou fai case 40 anos, pero o conflito segue deixando vítimas: as crianzas.

Estímase que miles de bebés seguen nacendo con horribles deformidades faciais debido aos 20 millóns de galones do axente laranxa fumigado por Estados Unidos.

Os vietnamitas chaman á mocidade desfigurada "@s fill@s do axente laranxa".

En Dá Nang, Vietnam central, crese que hai o nivel máis alto de malformacións conxénitas no mundo.

Un equipo do programa Inside Out da BBC uniuse a un equipo de ciruxanos plásticos de Londres nunha misión para axudar a estes nenos.


Fonte: Rede de Información sobre os Dereitos das Crianzas (CRIN)

11 de Setembro de 2013

____________________

mércores, setembro 11, 2013

Hoxe Mércores, 11 de Setembro, no Ateneo Ferrolán, proxeción dun interesante documentario no 40º Aniversario do 11-S en Chile - "O diario de Agustín", de Ignacio Agüero

Proxección do documentario "O diario de Agustín", de Ignacio Agüero, no 40º Aniversario do 11-S en Chile.

Hoxe, Mércores, 11 de Setembro ás 20:00hs, en Ferrol, no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán na rúa Magdalena 202.

Que se continuará cunha mesa redonda en próximas datas.

No marco dos actos cos que queren conmemorar o 40º aniversario dos acontecementos do 11-S en Chile, a A. C. Fuco Buxán, organiza á proxección do documentario que leva por título "O diario de Agustín". Nesta produción o seu director Ignacio Agüero, coa colaboración dun grupo de estudantes e investigadores da Universidade de Chile, fai un xuízo á colaboración da prensa co terrorismo financeiro ao desvelar como dende as páxinas do 'Mércurio' -diario decano Chileno- e coa tenebrosa complicidade dos outros medios, traballaron polo derrocamento do sistema democrático en setembro de 1.973 e a súa substitución por un réxime neoliberal apoiado na forza das armas dos golpistas. O documentario inclúe experiencias e testemuñas dos protagonistas e dos seus familiares: xornalistas, avogados, represaliad@s… Neste momento de grave crise nos medios de comunicación, de insidiosas tácticas de desinformación de enmascaramento dos abusos dos poderosos, podemos extraer valiosas leccións desta esperanzadora construcción visual que actualiza o inesgotábel dilema entre información e verdade.

Ficha técnica:
Dirección: Ignacio Agüero, Guión e Producción: Ignacio Agüero e Fernando Villagrán, Fotografía: Gabriel Díaz e Ricardo Lorca, Ano 2008 - 80 min.

Máis info sobre o documentario [Acceder]
--
A nosa web
:
www.fucobuxan.net

Os nosos blogues:
Escolma das Razóns
http://escolmadasrazons.blogspot.com.es/
Pensamento Crítico
http://opinionsfuco.blogspot.com.es/
Nas redes sociais:
Facebook
http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749
Twitter
http://twitter.com/FucoBuxan
Google+
https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts
---
Fuco Buxán, A. C.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es

Información baseada na enviada por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
8 de setembro de 2013 19:52
__________________

Companheiras adeus!, ... Por Lupe Ces


Por Lupe Ces [*]
11.09.2013


Pecharom a minha rua. Os sinais e as barreiras cortam a Avenida do Mar em Caranza. O passeio segue acolhendo os passos de moita gente que busca neste caminho a paisagem, a tranquilidade, a brisa e também as sombras dos prádios que abeiram longos tramos deste caminho ao pé da Ria. Umha ria castigada durante tantos anos pola inconsciência das administraçons e a falta de compromisso da cidadania para preservar e defender o território que habita.

Manhá começa a desfeita. Um bom número dessas companheiras de passeio vam ser sacrificadas para a construçom dum tanque de tormentas. Umha obra obsoleta, que em pouco tempo quedará fora da legislaçom europeia. Europa vai proibir este tipo de saneamento que mistura augas pluviais com augas residuais.

Estas companheiras nada podem aguardar das instituiçons que apuram estas obras num caminho cara nengures para encher este bairro de infraestruturas fantasmas, inecessárias, perigosas ou obsoletas (depósito de propano, linhas aéreas de alta tensom, auditório municipal, “tanques de tormentas”, ...). Tampouco podem aguardar nada dumha associaçom vizinhal, a AAVV de Caranza, que devera representar os interesses do bairro, incluindo vizinhos e vizinhas e defensa do território, totalmente alinhada coas decisons das instituçons que promovem este modelo irracional e destrutivo para o território. E nós, o resto de habitantes deste bairro, também daremos as costas, nem estamos nem se nos aguarda.

Só quedaram as perguntas das crianças. Ante os seus olhos as árvores derribadas. E nós que nom poderemos dizer que foi para beneficio da Ria, que foi para benefício da comunidade..., só poderemos explicar e escusar-nos “fam-no para ganhar dinheiro, e nom pudemos fazer nada”.

[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1953, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres e da Rede Social de Ferrol Terra. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo e do Colectivo Ártabra 21.

Blogue persoal: Caranza free opiniom

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
11 de setembro de 2013 00:01
________________

martes, setembro 10, 2013

Os liquidadores da sanidade pública, ... Por Pablo Vaamonde


Pablo Vaamonde [*]
10.09.2013

Nos últimos tempos soubemos da existencia dunha nova profesión: o liquidador de empresas. Trátase dun experto que adquire unha empresa arruinada e, utilizando diversos artificios financeiros, consigue cuantiosos beneficios co seu peche (deixando aos traballadores na rúa). Ángel del Cabo fíxose millonario e acadou notoriedade pública coa liquidación das empresas de Díaz Ferrán (aquel presidente da CEOE que nos decía que tiñamos que traballar máis e cobrar menos). Agora os dous están no cárcere.

O goberno central e as autonomías gobernadas polo PP están actuando como auténticos liquidadores da sanidade pública. Mentres afirman traballar pola sustentabilidade adoptan decisións que contribúen ao seu deterioro e á privatización. Non descansan. Nin sequera no mes de agosto. Pola contra, aproveitaron o período vacacional para impulsar medidas que representan auténticas agresións contra o sistema nacional de saúde(SNS). Fagamos un breve repaso dos últimos acontecementos:

1.-A foto antes das vacacións. No último día de xullo Rajoy reuniu na Moncloa a un grupo de organizacións afíns coas que asinou un “pacto pola sustentabilidade do SNS”. Despois da sinatura  protocolaria fixeron a foto de rigor que foi publicitada como un acto histórico. Trátase, máis ben, dunha triste parodia e dun engano denunciado polos sindicatos, os traballadores sanitarios e os defensores da sanidade pública. A FSDSP afirma que este acordo carece de contido práctico, que representa un paso máis na estratexia de deterioro da sanidade pública e que este acto publicitario só pretende  frear as mobilizacións de profesionais e cidadáns contra da privatización do sistema.

2.-Madrid privatiza. A pesar da masiva contestación os gobernantes da Comunidade de Madrid persisten no seu empeño privatizador. Tampouco lles importa que haxa dous recursos xudiciais sen resolver: un millón e medio de madrileños poderán ver os seus hospitais privatizados dentro de pouco. Despois dun proceso escuro e pouco transparente tres empresas privadas -Sanitas, Ribera Salud e e portorriqueña Hima San Pablo (especializada en turismo sanitario)-  poden facerse cargo da xestión de seis hospitais. O PP madrileño empuxou esta medida a pesar das evidencias históricas: todas as experiencias previas realizadas noutras xeografías tiveron consecuencias negativas para a poboación, os profesionais e a a propia sanidade pública. Polo momento este proceso está paralizado: un xuzgado madrileño decretou a suspensión cautelar (03.09.13) da externalización despois dunha demanda presentada pola asociación profesional Afem.

Mais o diñeiro público non escapa só por esta vía cara os petos das empresas privadas. A sanidade madrileña aumentou o orzamento para os concertos con clínicas privadas nun 55%. Este incremento é, con diferencia, o maior dos últimos anos.

3.-O novo hospital de Vigo. O hospital que o sur de Galicia precisa, e polo que leva anos agardando, foi adxudicado polo goberno de Núñez Feijóo a unha UTE (Unión Temporal de Empresas) constituída por bancos arruinados e construtoras en bancarrota. Xa falamos deste asunto noutras ocasións. O hospital leva máis dun ano parado pois a empresa concesionaria non consegue que ningunha entidade financeira lle conceda crédito. Mais a Xunta persiste no seu afán privatizador. En contra de todas as normas permitiu cambios no contrato e mesmo na composición da UTE e, a primeiros de agosto, Núñez Feijóo afirmou que conseguiran o financiamento preciso para continuar a construción. O diñeiro será aportado polo Banco Europeo de Inversións (BEI), o Instituto de Crédico Oficial (ICO) e por entidades bancarias rescatadas con diñeiro público (entre eles Novagalicia Banco, que conta por centos as persoas afectadas polo fraude das preferentes). Polo tanto, o novo hospital vai ser financiado con diñeiro público que despois reportará beneficios ás empresas integradas na UTE concesionaria. Mal porvir lle agarda á sanidade pública no sur de Galicia se non muda a situación. Lembremos que Povisa atende  a gran parte da poboación da zona. Ten un concerto particular co Sergas moi favorable pero acumula as maiores listas de espera da comunidade e fai un trato claramente discriminatorio entre os clientes privados e oa usuarios do Sergas. Vén de sufrir unha folga (desconvocada despois dunha sentenza favorable aos traballadores) por querer impor unhas penosas condicións laborais ao seu persoal (con rebaixas salariais do 40%).

4.-Recorte público e máis gasto familiar.  A ministra de Sanidade ven de anunciar que o copagamento nas medicinas significou unha redución da factura farmacéutica de 2.000 millóns de euros no seu primeiro ano de vixencia. Esta noticia, presentada como unha conquista, pode ser interpretada doutro xeito. Máis que aforro o que fixo foi trasladar un gasto público ás economías familiares, xa moi deterioradas nos tempos actuais. A obriga de pagar unha porcentaxe dos medicamentos nas farmacias e a retirada de máis de catrocentas medicinas, de uso moi frecuente, do financiamento público obriga ás familias a un esforzo económico que, a miúdo, resulta inasumible. Polo tanto, na vez de gabarse polo que considera un triunfo, a ministra debería pedir perdón aos cidadáns por imporlles un gasto máis ás depauperadas economías familiares. En realidade o copagamento ven representar un dano para a saúde individual e colectiva (moitas persoas deixaron de medicarse por non poder costealo) e un elemento máis para aumentar as desigualdades.  Os pensionistas galegos sofren de xeito especial esta situación: a súa pensión media é de 722 euros, un 16% inferior á media do Estado. Galicia ocupa o último posto das 17 comunidades autónomas neste ranking.

5.-Máis castigo para os traballadores. A finais de agosto publicaron no BOE unha lei (Ley 10-2013). Trátase dunha norma aparentemente neutra que incorpora normas europeas ao ordeamento xurídico español en relación coa farmacovixiancia. Mais, como se non tivera importancia, esta lei inclúe unha disposición final quinta que modifica o Estatuto Marco do persoal estatutario do SNS. Esta modificación permite a creación do que chama “unidades de xestión clínica” integradas por persoal laboral, na que se terían que integrar os que hoxe teñen a consideración de estatutarios. En definitiva, tal como denunciou a propia CESM, esta lei remata, pola espalda e a traición, con todas as garantías do réxime estatutario. Trátase dunha afrenta máis contra os traballadores da sanidade pública, feita dunha forma tramposa e canalla (incluíndo unha disposición desta trascendencia no articulado dunha lei que non ten nada que ver coa regulación laboral).

6.- Aumentan as listas de espera. A drástica redución orzamentaria, a perda de persoal e a eliminación do traballo de tarde nos hospitais están a provocar unha situación de grave colapso nos centros públicos. A espera cirúrxica pasou, en seis meses, de 76 a 100 días. Perto de 600.000 pacientes agardan polo quirófano. Este é o maior incremento desde que o Ministerio comezou a rexistrar estes datos.  As autoridades sanitarias non parecen preocupadas por estes datos.  Algún sindicato interpreta que non lles interesa que a sanidade pública funcione: cómpre ter argumentos para afondar nas privatizacións.

7.-Diminúe a esperanza de vida. A esperanza de vida ao nacer é un dos principais indicadores para coñecer a calidade de vida dun país. Nas últimas décadas este parámetro mellorou de maneira continuada e permanente. Por primeira vez na historia recente a esperanza de vida dos españois baixou unhas décimas, mais este descenso continuará se as condicións de vida non mudan. A precariedade económica, a inseguridade laboral, a incerteza polo futuro, a exclusión sanitaria dos máis desfavorecidos e o aumento das desigualdades: todos estes factores inflúen neste cambio de tendencia. As políticas impostas polo partido no poder son as responsables principais desta mudanza histórica.

Blogue persoal de Pablo Vaamonde:

Pavillón de Repouso

http://pablovaamonde.blogspot.com.es/

[*] Pablo Vaamonde, nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.

Publicado no seu Blogue persoal | 31.08.2013 | e en Nueva Tribuna e Galicia Confidencial.

Outros artigos e documentos de interese:

"A universalidade da asistencia sanitaria avanza no mundo, mentres retrocede no Estado Español", por Manuel Martin Garcia.  Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública [Acceder ao Artigo].

Auto do Xulgado do Contencioso Administrativo nº4 de Madrid, sobre medidas cautelares á privatización da xestión de hospitais en Madrid | 02.09.2013 [Acceder ao Auto].

Nota da Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Cangas sobre a construción dun Centro de Alta Resolución para o Morrazo [Acceder ao Blogue].
Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
9 de setembro de 2013 23:02Informacións SOS sanidade Pública
http://www.plataformadspferrol.blogspot.com/

___________

Saneamento si, mais non así (III), ... Por Miguel Reimúndez e Alexandre Carrodeguas - A mantenta dos 'tanques de tormentas' nos parques públicos


Por Miguel Reimúndez e Alexandre  Carrodeguas [*]
10.09.2013


Nos anteriores artigos facíamos referencia ás importantes eivas ambientais e prexuizos económicos do proxecto de saneamento da marxe dereita da ría de Ferrol. A estas eivas xuntanse a irresponsabilidade no gasto público e a inadecuación do proxecto á normativa hoxe vixente.

O "tanque de tormentas" do Parque Pablo Iglesias é unha mostra da falta de calidade ambiental, económica e social que caracteriza este proxecto, elaborado dende meros parámetros "industriais", baixo a premisa de facer cadrar as cifras de auga a recoller polos "tanques de tormentas" coa capacidade de tratamento da depuradora, que xa estaba construída cando o proxecto dos colectores e os tanques  é redactado no ano 2010.


Nestes complexos cálculos, a dispoñibilidade dos terreos e a menor molestia ao tráfico foron os únicos factores a considerar á hora de decidir a localización dos "tanques de tormentas". Outros, como son a destrución duns xogos infantiis, a afección a dous mil metros cadrados de parque, ou a máis que probable molestia por emisión sonora e de cheiros desagradables aos veciños, non foron considerados. Había e hai alternativas perfectamente viables dende un punto de vista técnico para quitar do parque Pablo Iglesias o "tanque de tormentas", como son situalo en terreos militares próximos ou baixo unha vía de tráfico rodado (opción que sí se adopta noutras cidades como Barcelona ou Zaragoza), como é a Avenida de Esteiro.

Como xa acontecera no Xardín das Ranitas, o factor do interese social non foi considerado nas ecuacións dos técnicos nin dos políticos. A esta falla de sensibilidade social, habería que engadir unha grave falta de responsabilidade política, materializada no malgasto de cartos públicos.

No ano 2011 déronse por rematadas as obras de saneamento do Río do Tronco, que custaron 1,8 millóns de euros, e cuxo obxectivo era eliminar verquidos de augas residuais ao seu leito. Máis este importante investimento resultou de todo inútil: o proxecto que se está a executar prevé que as augas residuais e pluviais antes separadas sexan mesturadas de novo no "tanque de tormentas" de Pablo Iglesias. Ademais o último tramo do río servirá de cloaca-aliviadoiro do saneamento cando chova moito e o colector non dea abasto a tratar tanta auga.

Deste modo, a atractiva posibilidade de recuperar o río en superficie, tanto no parque Pablo Iglesias como na praza do Río do Tronco, que se pretende re-urbanizar proximamente, farase inviable cando rematen as actuais  obras de saneamento.

Os pregos para a licitación destas obras aprobáronse o 25 de xullo de 2012, un día antes de que entrase en vigor o novo Regulamento Marco do Servizo de Saneamento e Depuración de Galicia. Este regulamento prohibe expresamente o verquido de augas brancas (subterráneas, fontes, manantiais, correntes superficiais...) ao sistema de saneamento, ao tempo que tamén prohibe a mestura de augas pluviais e augas residuais.

O sistema de saneamento que se está a instalar vai “boicotear” as melloras ambientais que esta norma pretende. Mentres os cidadáns e empresas terán que facer caso das prohibicións do decreto, os seus esforzos faranse inútiles cando as augas cheguen ao sistema público de saneamento.

Eivas ambientais, condicións económicas abusivas para a cidadanía, incumprimento da nova directiva europea da auga en redacción, renuncia á posta en valor de millóns de euros de investimentos públicos en saneamento  (os que sistemáticamente, rúa a rúa da cidade, están a separar augas pluviais e residuais dende hai décadas), perda de calidade dos espazos públicos... Todas son razóns máis que suficientes para debater a fondo o sistema de saneamento proposto e modificar o proxecto.

Temos que ser quenes, a cidadanía de Ferrol, de ser capaces de sanear e poñer en valor a nosa  ría. De facer valer os valores de uso e de utilidade social sobre valores espúreos de rendibilidade política inmediata. O horizonte do 2015 debería ser o do saneamento "integral" da ría e non o dunha nova frustración. Con este "saneamento" moitos creemos que chegamos tarde, mal e sen resolver os males que levamos tantos anos padecendo. Non podemos aceptar un modelo totalmente obsoleto de saneamento. A calqueira prezo.

Hai dous anos unha mobilización social importante en contra do tanque das Ranitas foi quen. Estamos a tempo de corrixilo. De todos nos depende.  A ría de Ferrol merece outra cousa.

[*] Miguel Reimúndez e Alexandre Carrodeguas, membros de Verdegaia.

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
9 de setembro de 2013 14:53

_____________

Enlaces relacionados:

Ártabra 21: Saneamento si, mais non así (II), ... Por Miguel Reimúndez e Alexandre Carrodeguas - A mantenta dos 'tanques de tormenta' nos parques públicos

Ártabra 21: Saneamento si, mais non así (I), ... Por Miguel Reimúndez e Alexandre Carrodeguas - A mantenta dos 'tanques de tormenta' nos parques públicos
___________________

Plataforma “Galiza contra a Guerra”, unha nova plataforma contra a agresión imperialista a Siria


Foi Compostela, a cidade para presentar unha nova plataforma contra a guerra. Diferentes organizacións sociais, culturais, sindicais, políticas, estudantís e cívicas do país presentaron o pasado sábado, 7 de Setembro de 2013, a 'Plataforma Galiza contra a Guerra', para denunciar a agresión imperialista contra Siria anunciada polos Estados Unidos e apoiada por varios gobernos de estados da UE e do G-20, entre os que está o Goberno do , polo de agora Reino de España, presidido por Mariano Rajoy.

Esta plataforma de recente constituciónagarda novas incorporacións nos próximos días.

Esta plataforma promove concentracións que terán lugar cada xoves, ás 20.30 horas, en diferentes cidades e vilas da Galiza co fin de demostrar "o rexeitamento social a esta acción militar anunciada".

MANIFESTO

Non á intervención imperialista en Siria. Galiza contra a Guerra

Novamente os tambores de guerra ecoan en Oriente Próximo e Medio. Á guerra que o goberno sirio libra contra os opositores armados que esixen a morte do presidente Al Assad, veñen somarse os motores dos cazas, dos portaavións e das fragatas das potencias imperialistas occidentais que avanzan polo Mediterráneo até posicións de ataque a Siria, nunha coreografía perfectamente definida, deseñada nos despachos das grandes compañías transnacionais que lucran co sector da guerra, co sector enerxético, co loxístico e co da reconstrución. Unhas empresas que neste sistema económico viciado son capaces de gobernar sobre os gobernos e decidir o destino dos exércitos. Todo á procura do maior lucro posíbel. Sen admitir calquera limite. Sen reparar na traxedia, disfrazada de "dano colateral".

Diante da inminente agresión imperialista contra o pobo sirio, inspirada por estas razóns e que nada ten a ver, polo tanto, cos alegados motivos de pacificación e instauración da democracia, as organizacións sociais, políticas, sindicais, culturais e cívicas que asinan este manifesto:
1. Rexeitamos a intervención militar imperialista en Siria e defender a negociación política para lograr a resolución dos conflitos, respectando sempre a soberanía dos pobos.

2. Consideramos que os EUA e os seus aliados están a fabricar mediante a manipulación e a propaganda unha nova mentira para xustificar o ataque, de igual xeito que con anterioridade fixeron coas supostas armas de destrución masiva no Iraq.

3. Sostemos que se trata doutra agresión imperialista que, alén diso, é totalmente ilegal ao contravir o dereito internacional, non ter autorización do Consello de Seguranza da ONU nin contar co visto e prace de ningún organismo internacional.

4. Esiximos ao Estado español que non participe nin dea cobertura á operación militar, e censuramos a falta de vontade para artellar mecanismos que posibiliten a resolución negociada dos conflitos e a convivencia dende o respecto á soberanía dos distintos pobos da rexión.

5. Demandamos a retirada dos territorio nacional das instalacións españolas e norteamericanas implicadas nas sucesivas agresións imperialistas.

6. Denunciamos a disposición dos gobernos imperialistas da OTAN e da UE a dilapidar inxentes recursos económicos nunha nova aventura militar ao mesmo tempo que brutais recortes sociais e laborais son impostos á clase traballadora coa escusa da crise, dos déficits públicos e do aforro orzamentario.

7. Finalmente, chamamos o pobo galego a expresar na rúa a súa oposición a esta nova agresión imperialista participando nas concentracións e protestas que se convocarán por todo o país contra a intervención militar.
Asinan o Manifesto e promoven a Plataforma: Adega, Agir, Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, Associaçom Galega de Amizade com a Revoluçom Bolivariana, Bloque Nacionalista Galego, Briga, Causa Galiza, Comités, Confederación Intersindical Galega, Coordenadora Continental Bolivariana- Capítulo Galiza, Federación Rural Galega, Galiza Nova, Isca!, Liga Estudantil Galega, Mar de Lumes — Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, Nós-Unidade Popular, Partido Comunista do Pobo Galego, e Xuventudes Comunistas.

Fontes: Avantar e Praza Pública.
______________

luns, setembro 09, 2013

Por que EEUU espía a todo o mundo?, ... Por Fernando Báez - Moi interesante artigo que paga a pena pararse a ler

Fernando Báez [*]
09.09.2013


A información xerminou en sociedades do coñecemento, definidas pola Unesco como "redes que propician necesariamente unha mellor toma de conciencia dos problemas mundiais". Pero a perversión deste concepto é o núcleo duro de formación dun proceso dinámico de monitoreo do fluxo e refluxo dunha fisura sistemática non só económica senón de intelixencia: o 20% que saquea o 80% dos recursos da terra tamén deseñou unha visión paralela e virtual de dominio.

As 300 persoas con maior riqueza, nun mundo en recesión, aumentaron en 60% as súas ganancias e os seus caudais equivalen ao diñeiro que deberían ter 3.000 millóns de persoas. Jason Hickel, nunha conferencia na Escola de Economía de Londres, estimou que só os 200 millonarios lograron facerse con 2.7 billóns mentres 3.500 millóns de persoas, con todo o que posúen apenas chegarían a 2.2 billóns. Esta desigualdade xera moita presión e obriga a ese pequeno grupo a manter a manipulación extrema polas súas canles de comunicación, que forman parte das súas alianzas grupais.

En 1970 o número de empresas multinacionais era de 37.000. Cara a 2003 xa existían 63.000 multinacionais con 820.000 subsidiarias. En 2013, ese número creceu sen medida, pero só 147 concentran a imposición de políticas de mercadeo, e non é estraño que dous terzos sexan bancos e grupos financeiros de comportamento oligopólico. Entre as 100 economías do mundo, o 53% acapárano as corporacións. Iso si, a contaminación e a explotación humana sófreo o Terceiro Mundo que é vítima de institucións extractivas non incluintes.

No ano 2013, a revista Forbes elaborou unha lista coas compañías máis poderosas do mundo e calculou que producían 38 billóns de dólares en rendas, 2.43 billóns en beneficios declaradas, 159 billóns en accións e 39 billóns no mercado de valores, empregando a máis de 87 millóns de persoas no planeta. Das 500 corporacións da lista Forbes coñécese que producen o 65,7 % de vendas totais en comparación con outras 2000 corporacións rivais e obteñen o 74,5 % de beneficios. Fenda cognitiva, abismo económico, latifundismo comunicativo e onde hai confrontación a corrupción serviu para debilitar calquera falla.

O campo de acción do novo espionaxe é practicamente ilimitado porque todos os axentes e analistas de intelixencia están de acordo ao admitir que a guerra máis importante que se libra non se desenvolve en Kabul, Chechenia ou en Bagdad senón no ciberespacio. A ciber-guerra chegou para quedarse e non hai escrúpulos de ningún tipo para desmantelar esta estrutura senón, pola contra, afiánzanse os vellos vicios do poder e os segredos xa non se queiman senón que pasan á prohibición do anatema político e ideolóxico: os documentos prohibidos para o pobo que só unha élite manexa á súa antollo aproveitando as súas investiduras e a súa representatividade alugada polo patrocinio dos accionistas das grandes corporacións do planeta que aprenderon que sae máis barato infiltrar operadores de seguridade nas entrañas do poder que adiestrarlos.

Baste dous exemplos híbridos. Max Kelly, quen era o xerente de protección de confidencialidade de Facebook que pasou, nun total mutismo, a formar parte en 2010 da Axencia de Seguridade Nacional. Dous anos máis tarde, Mark Zuckerberg, principal socio de Facebook tocaba a campá de apertura da bolsa electrónica Nasdaq en Wall Street e desde entón creceron as sospeitas da participación de penetración de axentes nas contas desa polémica rede social. Como contrapartida Zuckerberg é un dos 20 homes con maior fortuna e a súa empresa pasou de ser unha inocente rede universitaria a ter un valor superior aos 104.000 millóns de dólares. O outro caso é Howard Schmidt, adaíl de seguridade en Microsoft, recrutado por Obama para o cargo de asesor nacional de ciber-seguridade que tivo até maio de 2012.

A Información, a data, é a base do poder. Si nos atemos á rigorosa investigación de David Rothkopf no seu libro O club dos elixidos, conformouse no século XXI unha superclase integrada por 6.000 persoas que teñen prerrogativas inconcibibles: esta panda que manexa os segredos ao seu antollo estaría integrada por xefes de estado, líderes relixiosos, militares, empresarios, emprendedores innovativos e científicos.

Para o 1% das familias máis ricas, en 1970 a renda creceu 9% e en 2007 chegou a 24%, en 2013 nin a crise golpeou a este grupo que se mantivo en 41%. Mentres peor está o mundo, máis gañan. A riqueza estimada do mundo é de 195.000 billóns de dólares onde o 20% da poboación posúe o 80% desas fortunas; apenas o 80% do restante dos habitantes ten acceso ao 30% desa riqueza mediada pola distribución corrompida dos delegados das élites.

Todo se xustifica este reino implosivo que restableceu EEUU para deixar ao carón o seu combate ao terrorismo desempoando a antiga ambición de control que definiu á humanidade desde a prehistoria fai 150.000 anos cando se emigró do sur de África. Control de familias, control de grupos, control de pobos, control de civilizacións, control cultural, control relixioso, control financeiro, control total.

O Imperio Romano rexeu, durante un milenio, territorios que abarcaban 7 millóns de km2. Os Césares e senadores debían viaxar meses para someter e destruír unha cidade como Cartago, con datos que pasaban a maior parte na fala da xente.

Hoxe EEUU pode facer o mesmo a case a velocidade de luz e preparar a intervención de calquera país que interfira cos negocios das súas corporacións en cuestión de 10 minutos e preparar unha intervención devastadora en apenas uns días como a que se programa contra Siria, para ocultar as denuncias do espionaxe e as prácticas corruptas do sector militar, industrial e político. Nunca antes na historia un proxecto de tal envergadura fora unha ameaza tan enorme como a que está en marcha nestes momentos e se cierne sobre unha comunidade cuxa rebeldía aumenta do mesmo xeito como crecen as mentiras xustificadas. De aí a urxencia das accións de EEUU por mellorar os instrumentos de detección e facer o mapa de resistencias vixentes.

[*] Fernando Báez, -1947 San Félix, Cidade Guayana, é un bibliotecólogo, poeta, ensaísta e novelista venezolano, recoñecido polos seus traballos sobre a destrución de libros e recentemente pola súa investigación sobre a destrución que a invasión de Irak de 2003 causou nas obras artísticas dese país. É o autor d'As marabillas perdidas do mundo (Oceano, 2013).

Web persoal:
http://www.fernandobaez.galeon.com/

Artigo baixo a Licenza de Creative Commons, liberdade para publicalo coa mesma licenza.
____________________________

O Recuncho, o programa radiofónico de Fuco Buxán AC en Rádio Filispim - Programa nº 154, Martes 10 de Setembro de 2013


Fuco Buxán A.C., segue emitindo o seu programa radiofónico, nas ondas (93.9 da FM) e por internet, a través de Rádio Filispim, a radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos.

Este Martes, 10 de Setembro de 2013, de 17:00 a 18:00 horas, no 93.9 da FM, en Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet. Voltara-se a repetir os domingos, ás 12 do mediodía e os xoves de 2 a 3 madrugada.

O Recuncho” nº154 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos:
  • Invitado: Eduardo Hermida, organizador de “As Meninas de Canido”.
  • 11-S: Chile 40º aniversario.
  • O “Espertar da Razón” de José Torregrosa: ”El Sr. Bárcenas y el recibo de la luz”.
  • Na “Sección Poética” de Lorena Calaza: 'Pablo Neruda'.
  • Novas e comunicados, por Fernando Ocampo.
  • Música de Chile.
Telefono para participar en directo:
981371040

Todos os programas en
:
http://recunchofuco.blogspot.com

A nosa web:
www.fucobuxan.net

Os nosos blogues:
Escolma das Razóns
http://escolmadasrazons.blogspot.com.es/
Pensamento Crítico
http://opinionsfuco.blogspot.com.es/
Nas redes sociais:
Facebook
http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749
Twitter
http://twitter.com/FucoBuxan
Google+
https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts
---
Fuco Buxán, A. C.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
29 de julho de 2013 19:03

___________________

venres, setembro 06, 2013

11 de Setembro de 1973 "Golpe de Estado en Chile" promovido polos Estados Unidos de América, o mesmo xendarme que hoxe está anunciándolle ao mundo a súa intención de soltar en Siria uns centos de milleiros de paquetes de democracia explosiva e con efectos secundarios

Por Antón Dobao [*]
06.09.2013
De aquí a uns días cumpriranse corenta anos da morte violenta de Salvador Allende, Presidente de Chile, líder do goberno da Unidad Popular, aquela Fronte Ampla derrotada por un golpe de estado que deixou mortos e mortas e desaparecidos e desaparecidas. Inspirado, financiado, promovido polos Estados Unidos de América, o mesmo xendarme que hoxe está anunciándolle ao mundo a súa intención de soltar en Siria uns centos de milleiros de paquetes de democracia explosiva e con efectos secundarios.

E, non sei por que, talvez porque nos excitan a memoria os bombardeos e os crimes masivos contra os pobos, nos que o capitalismo é un especialista de práctica viciosa, veume á cabeza esta vella canción e eses versos case finais:
Compañeiro presidente
Allende
Presente!
recollendo de Marx a súa máxima achega:
intervención
fronte á interpretación da acción
reacción, acción
Atención!


Por todos, por todas. Respecto, máximo respecto!

http://www.youtube.com/watch?v=DISHuXgSy_I

Nota.-  post de Antón no facebook.

[*] Xosé Antón López Dobao, coñecido como Antón Dobao, nado en Lugo o 16 de xullo de 1963, é un escritor, tradutor e cineasta galego. [Na Galipedia].

Enviado por:
Inácio GZ
inaciogz@gmail.com
6 de setembro de 2013 17:25

________________

Vai-se constituír unha comisión de seguimento e un grupo de traballo para velar polo saneamento integral da Ría de Ferrol - Actualizado 9 de setembro ás 13:07hs.


En proceso de constitución unha Comisión de Seguimento para realizar un control social das iniciativas levadas a cabo polas distintas administracións relacionadas co saneamento da Ría de Ferrol. Esta Comisión deberá velar para que estas iniciativas non se contrapoñan, desvíen recursos públicos ou obedezan a outros obxectivos alleos a conseguir a recuperación integral da Ría.

As asociacións ecoloxistas ADEGA, SGHN e VERDEGAIA xunto ao Colectivo Veciñal Opositor ao 'Tanque de Tormentas' no parque público 'Pablo Iglesias', e  a Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil, realizaron unha asembleia celebrada no Carvalho Calero o pasado día 3 de Setembro. Na Asemblea na que houbo unha importante representación do movemento asociativo, tamén dos grupos políticos de ámbito municipal a excepción dos que conforman o goberno da cidade, informouse e debateuse sobre o proxecto de saneamento en execución na comarca de Ferrol (Condución de augas residuais, depuración e vertido de Ferrol), aprobado polos gobernos municipal de Ferrol e Narón, acuaNorte, Aguas de Galicia e Xunta de Galicia. Que con un elevado custe pretenden levar acabo e que todos e todas teremos que costear, un custe que non vai rematar cos vertidos á Ría, e que vai hipotecar a futura rexeneración integral da mesma.

Nesta asemblea chegouse ao acordo de crear unha 'comisión de seguimento' e un 'grupo de traballo', na que se van a integrar diversos colectivos participantes na mesma, co obxecto de iniciar un proceso de debate social de formación e información coa cidadanía comarcal, para defender unha proposta de saneamento integral real da Ría, que tenda como mínimo a separación de augas fecais e pluviais, a separación de augas en orixe e a reutilización en todo o posible das augas pluviais. Que cambie un modelo de saneamento obsoleto e desfasado. Quedou claro nesta asemblea que co actual sistema de saneamento en proxecto vanse seguir producindo verquidos contaminantes a Ría. O fin último da constitución deste grupo de traballo e da comisión de seguimento será a recuperación da ría de Ferrol, patrimonio de toda a veciñanza, fonte de riqueza e lugar de lecer ao que todos e todas temos dereito.

A partires do martes 10 de Setembro, na próxima semana, comezarán as sesións do grupo traballo que queda aberto a novas incorporacións.

Nota de URXENCIA:
Xa que o martes 10 hai unha concentración en contra do ataque a Siria que coincide coa xuntanza da comisión, pospoñemos a xuntanza para o vindeiro xoves 12 de Setembro, ás 20:30h. no mesmo sitio (rúa Euzkadi, núm.6). Un saúdo a todxs.

Para contactar:
Colectivo Veciñal
cidadansversustanquestormentas@gmail.com

ADEGA
adegatrasancos@adega.info

SGHN
ferrol@sghn.org

VERDAGAIA
ferrol@verdegaia.org

Información baseada na enviada por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
6 de setembro de 2013 12:44

_______________

XIV Sessiom Vermú de Rádio FilispiM [93.9FM] Comeza a Tempada! 2013-2014 - O Sábado 14 de setembro, desde as 12 do mediodía na Traseira do Mercado Municipal de Caranza


XIV Sessiom Vermú de Rádio FilispiM [93.9FM] Comeza a Tempada! 2013-2014

A radio libre e comunitaria da comarca de Trasancos anuncia nova Grella.

Todos os anos o Colectivo Opaii (Ondas Para Activazom da Informazom Independente), propotor de Rádio Filispim, organiza un acto festivo, para anunciar a nova tempada e a apertura da Grella Radiofónica 2013-2014, con antiguos e novos programas. Son 22 os programas de produción propia. Para celebra-lo organiza unha Sesión Vermut, esta é a edición XIV.

O Sábado, 14 de setembro de 2013, ás 12 do mediodía
.

Música, petiscos, rádio e bo ambiente a partir das 12 do mediodia na traseira do Mercado de Caranza (Ferrol).

O Colectivo OPAII (Ondas Para Activación Información Independente), é unha Asociación Cultural da comarca de Ferrol que pretende activar, dinamizar e comunicar as luitas sociais e culturais da comarca, servíndose para isto de diferentes
instrumentos, como son a realización de actividades, exposicións, publicacións, proxeccións, o intercambio de información… pero cunha actividade principal que actúe de elemento de aglutinante, como é a radio libre e comunitaria da comarca, Radio Filispim [+ info no Que Somos?].


Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/629684190398372

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/pages/Radio-Filispim-939FM/187407711297648

Podes escoitar a radio a través das ondas no 93.9 da FM ou a través de internet en:
http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg

Blogue do Colectivo:
http://opaii.blogspot.com.es/

________________

Comeza a cuarta edición das 'Meninas de Canido', Sabado e Domingo, 7 e 8 de Setembro de 2013


Este sábado, 7 de Setembro de 2013, comeza a cuarta edición das 'Meninas de Canido', a acción cultural, desenvolvera-se tamén o domingo 8. Foi no ano 2008 cando comezaba esta acción reivindicativa no barrio de Canido de Ferrol. "Empregando o propio barrio como soporte artístico, píntanse Meninas nas fachadas das casas abandonadas para tentar encher de cor tanta decadencia urbana. A esta iniciativa comezan a sumarse pintores durante tres edicións e actualmente unhas 180 pinturas crearon unha autentica pinacoteca nas paredes de Canido". Convertendo ao vello barrio, nun referente cultural da cidade.

A acción artística necesita un pequeno orzamento para compra de materiais que utilizan as pintoras e pintores, aluguer de equipos de son e audiovisuais, polo que quen quixer aínda está a tempo de contribuír economicamente entrando en Verkami, unha páxina web para doazóns económicas. A acción cultural, ademais da plástica, contará tamén coa danza e a música clásica.

Desde a Asociación Cultural 'Fuco Buxán', como entidade colaboradora do evento, convidan a participar nesta festa reivindicativa, colaborando e apoiando o evento.  A entidade califica o envento como un "acto cultural, festivo e reivindicativo xa perfectamente consolidado, que encherá o barrio de artistas e creadores – locais e forasteiros - do mundo das ártes plásticas, da música, danza, poesía, fotografía.... e sobre todo de cidadás e cidadáns que pretenden con este xesto salientar a importancia deste barrio emblemático de Ferrol e criticar de xeito constructivo a deixadez para con él de todas as institucións".

Información baseada na enviada por:
fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
3 de setembro de 2013 12:49
http://www.fucobuxan.net/

________________

A humanidade atópase, unha vez máis, alarmada pola inminencia dunha nova agresión imperialista, neste caso, contra do pobo sirio ... Manifesto e convocatorias da Coordinadora Galega pola Paz


Na xuntanza celebrada onte en Compostela a Coordinadora Galega pola Paz acordou entregar mañán Xoves, 5 de Setembro de 2013, ás 12 do mediodía, no Consulado USAmericano na Coruña, (Rúa Juana de Vega, nº8) o Manifesto contra da intervención militar en Siria. Acordou-se convocar aos medios, a unha Rolda de Prensa, mesmo diante do propio Consulado. Despois de consensuar o Manifesto Unitario, acordou-se chamar á cidadanía para que se mobilice contra da intervención militar do Goberno USAmericano en Siria.

A continuación transcribimos o Manifesto consensuado entre as máis de 30 entidades que conforman a COORDINADORA GALEGA POLA PAZ (ONGs, Fundacións, movementos sociais, sindicatos, partidos políticos) así como a Axenda de mobilizacións convocadas en contra da intervención militar norteamericana contra do pobo sirio.

MANIFESTO UNITARIO

A COORDINADORA GALEGA POLA PAZ MANIFESTASE EN CONTRA DUNHA INTERVENCIÓN MILITAR NORTEAMERICANA EN SIRIA E CHAMA Á CIDADANÍA A PARTICIPAR NAS ACCIÓNS CONVOCADAS A CONTINUACIÓN.

A humanidade atópase, unha vez máis, alarmada pola inminencia dunha nova agresión imperialista, neste caso, contra do pobo sirio, como tantas outras veces no pasado, protagonizada polo exército norteamericano, de forma unilateral, e sen sequera o aval das Nacións Unidas, o que significa unha inequívoca violación do dereito e a legalidade internacional.

As consecuencias dunha intervención militar norteamericana en Siria son imprevisibles. As guerras, cando comezan, pretenden ser sempre xustas, rápidas, puntuais e cirúrxicas, co menor custe e as baixas mínimas. Sen embargo, a historia amosa, con claridade, que non sempre acontece así.

A escusa pretendida agora para intervir militarmente nun estado soberano é a da utilización de armamento químico polo réxime ditatorial de Bachar el Assad cando informes independentes veñen denunciando, desde hai varios anos, que as partes en conflito en Siria contan e usan diferente armamento químico, particularmente, gas sarín. Sen embargo, o que se silencia reiteradamente nos medios nacionais e internacionais, é precisamente quen son os fabricantes e vendedores deste tipo de armamento prohibido polas convencións internacionais, precisamente, os EE.UU e os outros membros con dereito a veto no Consello de Seguridade da ONU.

Os informes dos inspectores das Nacións Unidas, realizados sobre o terreo, confirman a utilización de gas sarín en Damasco, ó tempo que anuncian que non poden precisar a autoría dos bombardeos. EE.UU apresurouse a atribuír o uso destas armas letais e terribles ó réxime de Bachar el Assad nunha comparecencia de prensa do Secretario de Estado John Kerry que lembrou moito a aquela outra protagonizada por Collin Powell na ONU para xustificar o ataque a Iraq en 2003 pola suposta existencia dunhas armas de destrución masiva que logo comprobamos que non existían. Lembremos que Aznar e o PP votaron unanimemente a favor daquela intervención ilegal no Congreso, contra da opinión maioritaria da cidadanía.

As numerosas armas de destrución masiva que existen, repartidas polo mundo adiante, foron fabricadas e vendidas, nomeadamente, polos EE.UU, que tamén ten a triste marca da súa utilización, desde o armamento nuclear en Hiroshima e Nagasaki, ate o napalm en Vietnam ou o uranio empobrecido en Iraq.

Non podemos ignorar que Siria está situada nunha rexión fortemente incendiada pola guerra e a violencia desde hai moitos anos. Basta con fixarse nas fronteiras que mantén Siria para entender o seu papel estratéxico, particularmente, para o control territorial e dos recursos enerxéticos da zona, como paso previo de camiño a Teherán, probable próximo obxectivo militar dos EE.UU, que mantén e tolera a vulneración sistemática das resolucións das Nacións Unidas contra de Israel, o seu principal aliado na rexión, xunto coas monarquías teocráticas do Golfo.

Siria leva máis de dous anos nunha auténtica guerra civil, con forte presencia estranxeira, en recursos, financiamento e mercenarios, por ambas partes, que ten producido máis de 100.000 mortos e varios millóns de desprazados e refuxiados. A poboación civil siria, especialmente nenos, mulleres e anciáns, son as vítimas inocentes dun brutal enfrontamento alongado deliberadamente para debilitar e destruír o país, para facelo irrelevante na rexión, para facilitar os plans de control e a posterior intervención en Irán.

A cidadanía siria levantouse contra do réxime ditatorial de El Assad, hai algo máis de dous anos, reclamando, como o resto das Primaveras Árabes, pan, traballo e liberdades democráticas, co protagonismo da mocidade laica e progresista. Occidente, coa miopía que o caracteriza, decidiu non apoiar estas reivindicacións e militarizar o conflito, vendendo armas ós chamados ”rebeldes”, cada vez máis controlados por grupos yihadistas.

A intervención militar norteamericana en Siria pode desencadear consecuencias gravísimas para unha rexión xa de por si fortemente armada e con confrontacións políticas, relixiosas e armadas que se prolongan no tempo. O xogo das alianzas, como tantas outras veces, pode xeralizar a violencia máis alá daquela área xeográfica, e influír notablemente na paz e na seguridade a nivel mundial, tamén na nosa economía, tal e como teñen advertido outros actores principais en Nacións Unidas e na rexión.

A cidadanía global, a sociedade civil internacional, as persoas de ben en Galicia, en Europa e no mundo non podemos permanecer impasibles diante dun conflito que ameaza con estenderse moi perigosamente. Bombardear un país soberano, intervilo militarmente desde o exterior, pola forza e a violencia, non son as mellores fórmulas para resolver un conflito. Todo o contrario. É precisamente a presión económica, política e diplomática sobre as partes, da comunidade internacional, de forma multilateral, co protagonismo das Nacións Unidas e da Liga Árabe, as que poden impoñer un alto o fogo e abrir vías de diálogo e de entendemento, en Siria e no conxunto da rexión.

A Coordinadora Galega pola Paz, plataforma de acción pacífica e nonviolenta, conformada por organizacións moi diversas, aberta e plural, de ONGs, movementos sociais, fundacións, sindicatos e partidos, manifesta a súa máis enérxica oposición á unha intervención militar norteamericana contra do pobo sirio,  solidarizase coas vítimas, e reclama da cidadanía e das institucións democráticas, parlamento e concellos, mocións de condena na liña do aquí manifestado.

Ademais, a Coordinadora Galega pola Paz, acorda promover as seguintes accións:
1º.- Elaborar e difundir este Manifesto entre a cidadanía galega.

2º.- Dar a coñecelo publicamente o XOVES, DÍA 5, ÁS 12:00 horas, convocando previamente ós medios, diante do Consulado norteamericano en Coruña (Juana de Vega, 8).

3º.- Convocar concentracións unitarias como Coordinadora Galega pola Paz o Martes, día 10, ás 20:30 horas, en tódalas cidades e vilas posibles, diante dos concellos, agás en Vigo, que será diante do Consulado francés (Camelias 56) e en Coruña que será diante do Consulado norteamericano.

4º.- Caso de producirse a agresión militar norteamericana sobre o pobo sirio, ó día seguinte no caso de ser pola noite, ás 20:30 horas, de novo, concentracións nos lugares sinalados no punto anterior.

5º.- Por último, as organizacións da Coordinadora Galega pola Paz darán difusión e apoiarán a iniciativa da petición de retirada do Premio Nobel da Paz a Barack Obama que está en marcha na rede a través de Change (http://www.change.org/es/peticiones/que-retiren-a-obama-el-premio-nobel-de-la-paz-nopeacenonobel).
Non á guerra!

Non no noso nome!

Sacade as vosas mans de Siria!

COORDINADORA GALEGA POLA PAZ: ADEGA, ALTERMUNDO, AMARANTE, ANOVA-IN, CCOO, COORDINADORA GALEGA DE ONGDS, EQUO GALICIA, ESPAZO ECOSOCIALISTA GALEGO, EU, FETE-UGT, FORO GALEGO DA INMIGRACIÓN, FUNDACIÓN 10 DE MARZO, FUNDACION ARAGUANEY, FUNDACIÓN BALTASAR GARZÓN, INTERED, INTERMON OXFAM, SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ, SINDICATO LABREGO GALEGO, SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL
STEG, UGT, UNIONS AGRARIAS, VERDEGAIA, VOLUNTARIADO SOCIAL ROGAS, XUVENTUDES COMUNISTAS, XUVENTUDES SOCIALISTAS GALEGAS.

Información baseada na enviada por:
Educación e Paz
-paz@sgep.org-
4 de setembro de 2013 16:10

Manuel Dios Diz - Presidente
Seminario Galego de Educación para a Paz
FUNDACION CULTURA DE PAZ
www.sgep.org
Tfno: 981-554053

___________________

Arde Galiza. Un ano máis arde a nosa terra. Milleiros de hectáres dos nosos montes son pasto das lapas ... a Rede Galiza Non Se Vende fai publico un comunicado a mantenta dos lumes forestais


CONTRA A DEPREDACIÓN DO PAÍS POLOS QUE SE LUCRAN CO LUME

Arde Galiza. Un ano máis arde a nosa terra. Milleiros de hectáres dos nosos montes son pasto das lapas prendidas por pirómanos pagados por poderes económicos sen escrúpulos e consentidos polos gobernos autonómico e estatal.

Arde o país, porque existen muitas causas e moitos intereses espurios detrás dos lumes forestais:
  • Os grandes beneficios que o baixo prezo, incluso a gratuidade, da madeira queimada aporta á industria das celulosas e ás empresas madeireiras.
  • Os beneficios especulativos que esperan obter as empresas e corporacións locais, estatais e multinacionais por medio de proxectos urbanísticos, canteiras, proxectos mineiros, parques eólicos, macrocultivos forestais e enerxéticos e todo tipo de explotacións industriais localizadas en chan inicialmente catalogado como rústico protexido, e cunha taxación económica moi baixa, de cara a súa posterior recualificación e expropiación.
  • O insensible e irresponsable desprezo dos poderes públicos polos valores ambientais, culturais, sociais e económicos do monte.
  • O desmantelamento da Galicia rural e da Galicia mariñeira decretado pola unión Europea e servilmente acatado por quen se autodefinen indignamente como servidores públicos.
  • A cega e irresponsable consideración do monte como unha exclusiva fonte de grandes beneficios económicos a curto prazo, sexa pola súa ocupación urbanística ou pola súa explotación industrial.
  • A degradación intencionada do monte, calculada e programada para que o poder político teña máis doado acabar coa secular propiedade comunal, e entregar un ben natural e común nas mans do poderes económicos por medio da súa expropiación e privatización.
  • Os beneficios que o poder político pode obter do poder económico polo servizo así prestado.

O Barbanza, O Rosal, O Condado-A Paradanta, Terras de Monterrei, O Bolo, A Ribeira Sacra, Os Ancares, ... estiveron ou están a ser pasto das lapas. Á intencionalidade pirómana engádese o exceso de biomasa pirófita como combustible, produto da mala planificación xa secular do medio como recurso. e da nula xestión forestal actual, ausente en materia de prevención, cunha maioría das plantacións sin podar nin desbastar, e co monte baixo sen desbrozar. Isto afecta tanto ao monte alto como ao baixo en solo forestal, desde a costa até o interior, incluídos os espazos naturais protexidos. A Xunta e os concellos deixaron de inverter nesas labores e, por engadido, delegaron a extinción principalmente nos medios aéreos e en empresas privadas, cando quen controla e finalmente apaga os lumes son as brigadas con recursos humanos e medios terrestres a ras do territorio afectado.

E, mentras, o presidente do actual goberno do PP infravalora pública e conscientemente a magnitude cualitativa e cuantitativa dos danos producidos polos lumes até de agora, esquecendo os efectos e causas da devastadora vaga de lumes do 2006, e as de todos os anos, e obvia deliberadamente o risco que supón setembro e quizais tamén outubro, pois a vaga de calor persiste e o perigo de incendios forestais é permanente, cun chan e cunha biomasa cada vez máis secos.

A traxedia colectiva dos lumes forestais ten culpábeis individuais, os/as delincuentes que queiman, pero tamén os que obteñen cuantiosas ganancias a cambio de desertizar os montes, estragando os nosos recursos naturais, os acuíferos, os achados arqueolóxicos, a nosa historia, a nosa cultura, a flora e fauna, o medio ambiente e a atmosfera incidindo aínda máis na mudanza climática e no quentamento global e, por engadido, no incremento do risco de incendios presente e futuro dentro dunha cadea continuada e catastrófica sen ningún sentido nin saída.

Os montes poden tardar anos en recuperarse, mais algúns dos seus valores naturais, paisaxísticos e arqueolóxicos perderanse para sempre, sobor de todo nas zonas onde existe desde hai décadas unha reiteración na prenda dos lumes. E os ríos e as rías tamén sofren pola achega e sedimentación das cinzas corrosivas no contacto co auga.

Neste país a política forestal dende o franquismo, pasando por todos os gobernos da Xunta, foi sempre a mesma: plantación de especies de rápido crecemento en réxime de monocultivo, especies pirófitas e alóctonas que facilitan a propagación das lapas, privatización do territorio, concentración parcelaria e repartición dos beneficios económicos nunhas poucas empresas corporativas e multinacionais, todo en detrimento dun aproveitamento do monte social, ecolóxico e sostíbel, e dunha estrutura tradicional e milenaria, comunal e de pequena escala, baseada na relación directa da poboación humana co medio.

  • POR UN CAMBIO RADICAL DA POLÍTICA FORESTAL NA GALIZA
  • OS LUMES FORESTAIS SON TERRORISMO AMBIENTAL
  • INVESTIGACIÓN ATÉ CHEGAR E SANCIONAR AOS VERDADEIROS CULPÁBEIS
  • MÁIS PREVENCIÓN E MENOS EXTINCIÓN
  • MÁIS FRAGA E FRONDOSAS AUTÓCTONAS E MENOS MONOCULTIVOS FORESTAIS, PIRÓFITOS, INVASORES E ALÓCTONOS.
  • MÁIS MULTIFUNCIONALIDADE E AUTOXESTIÓN E MENOS MONOPOLIO FORESTAL
  • MÁIS PROTECCIÓN AMBIENTAL, RÚSTICA, AGROGANDEIRA, FORESTAL E CULTURAL, E MENOS ESPECULACIÓN URBANÍSTICA E INDUSTRIAL

Goberne quen goberne, o Monte non se vende.
Galiza Non Se Vende

http://www.galizanonsevende.org/

_____________________

xoves, setembro 05, 2013

Para Elisa, ... Por Lupe Ces


Por Lupe Ces [*]
04.09.2013


Os cans ladravam hoje quando mais de mil dos teus vizinhos e vizinhas achegaram-se ao lugar onde te atoparom. Á beira da estrada, a poucos metros dunha das casas que a salpicam. As lágrimas apareciam nos rostros mais afetados, silêncios e flores. E logo os comentários... A gente de idade lembrava o antigo assassinato dumha rapaza de 14 anos numha das parroquias limítrofes. Asfixiou-na um cura coa correia da moto, também mentres caminhava. E o assassinato de Vanesa Lorente, mais recente, nun concelho vizinho. A noite ia fazendo mais grises os verdes dos caminhos e miles de sombras abrirom pouco a pouco as poutas do medo.

Elisa, matarom-te quando os teus pés tomavam o caminho, possuindo o território que ti tam bém conhecias nos teus longos passeios. Elisa, matarom-te porque alguém quixo caçar e vencer o teu jeito áxil de estar no mundo. Elisa, matarom-te, e no momento da túa morte, umha rede mesta de medo e impotência abatiu a liberdade das mulheres que em Cabanas, A Capela e Fene compartilhavam os teus caminhos, corredoiras e rueiros. Elisa, matarom-te e as duvidas e a incerteza méterom-se nos zapatos de todas nós. Por ti, por todas, sacaremos a força para volver a sentir os nossos passos ligeiros, livres das gadoupas do medo, livres dos grilhetes do machismo assassino.


Para Elisa Abruñedo, assassinada no concelho de Cabanas.


[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1953, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres e da Rede Social de Ferrol Terra. Forma parte do Colectivo Ártabra 21.

Blogue persoal: Caranza free opiniom

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
5 de setembro de 2013 00:38
____________