venres, setembro 27, 2013

Baleares segue inundada pola marea verde - Novena xornada de folga indefinida no ensino público de Baleares


A aprobación o martes no parlamento, únicamente cos votos do PP, do polémico decreto TIL non freou unha convocatoria que segue sumando apoios e crecendo en intensidade. A Consellería chamou a negociar hoxe por primeira vez ao comité de folga.

A folga indefinida do profesorado balear vive hoxe a súa novena xornada. Por primeira vez desde que comezou o conflito, a Consellería d'Educació das illas convocou ao comité de folga a unha reunión. Onte a cita foi coa mesa sectorial de educación, onde se suscitou que fose voluntario (decisión de cada centro) aplicar o TIL este curso en 1º da ESO, pero manténdoa no resto de niveis educativos previstos, medida que todos os sindicatos rexeitaron. Hoxe a mesa concluíu sen acordo, aínda que as partes volveron a concretar unha reunión mañá a partir das 4 da tarde.

A participación continúa sendo moi elevada, sen baixar do 70% segundo os convocantes e con seguimiento total en moitos dos centros públicos. Mentres tanto, as asociacións de nais e pais de diferentes centros seguen levando a cabo a súa iniciativa "aules buides" (aúlas baleiras). Consiste a non levar a clase os seus fillos, alternando a folga de docentes coa folga de alumnas. Son numerosos os centros das catro illas que permaneceron practicamente desertos pola ausencia do alumnado.

As mobilizacións e accións continúan diariamente e a caixa de resistencia xa practicamente alcanza os 200.000 euros, diñeiro que os docentes calculan que empezarán a empregar a partir da terceira semana de folga. Até un ex-presidente da Comunidade Autónoma co PP, Cristófol Soler, doou diñeiro á caixa de resistencia. Hai que recordar que até alcaldes do PP mostraron o seu rexeitamento cara á política educativa do Goberno de Bauzá e mostraron o seu apoio aos huelguistas.

As mostras de solidariedade e apoio multiplícanse nas Illas e por todo o territorio de fala catalá. Por exemplo, Uniuna de Pagesos de Mallorca, sindicato de labreg@s balear, tamén ofreceu o seu apoio á folga indefinida e puxo a disposición dos docentes produtos da terra aos folguistas, como sandías e melóns. O domingo está prevista unha gran mobilización na que se pretende mostrar o amplo apoio social á loita docente.

O martes a concentración masiva desenvolveuse nas portas do parlamento, xa que a cámara votaba a aprobación da lei que acendeu os ánimos da comunidade educativa. Alí reuníronse miles de persoas para protestar contra o TIL e os recortes. Previamente, ás seis e media da mañá, unha marea verde foi a recibir os deputados e deputadas que chegaban ao pleno do parlamento, con carteis que os apelaban a votar con "conciencia, non con obediencia". Pese a isto, e apoiado únicamente na maioría absoluta do PP, o parlamento deu luz verde á aprobación do TIL.

Cabo destacar a mobilización por parte do goberno balear dun helicóptero para tratar de arrincar unha tea verde xigante de apoio á folga que se descolgaba na contorna do paraxe do Castell d'Alaró. A oposición criticou que se mobilice un helicóptero, cuxo custo por hora de voo case alcanza os 2.000 euros, para retirar a mostra de apoio. Ademais sinalaron que puido perigar a seguridade do piloto. De todos os xeitos, o helicóptero non foi capaz de descolgar a tea.

En Menorca, as nais e pais que permanecían acampados ante a Delegación de Educación en Mahón desmontaron as tendas logo de conseguir o compromiso de reunirse coa nova delegada da Conselleria d'Educació en Menorca. Piden a retirada dos expedientes sancionadores aos directores que se negaron, seguindo as indicacións dos seus respectivos consellos escolares, a aplicar a reforma educativa. Estes directores foron suspendidos como directores e como docentes de emprego e soldo mentres dure o expediente disciplinario.

Por Tomás Muñoz | Publicado en Diagonal | 26/09/13 · 16:25
______________

xoves, setembro 26, 2013

Este Sábado 28 de Setembro Marcha contra a LOMCE en Santiago de Compostela - Sairán buses desde Ferrol


Este Sábado 28 de Setembro Marcha contra a LOMCE en Santiago de Compostela.


A marcha sairá as 10:30h do sábado 28 de setembro da rotonda do polígono do Tambre para chegar á praza de Praterías as 12h.

Desde Ferrol partirán Autobuses

Os buses sairán ás 9h da avenida de Esteiro diante do sindicato. O prezo é de 5€. Para anotarse chamade ao teléfono do Local Comarcal da CIG ao 981358750.

Ademais outras convocatorias están programadas

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga contra a LOMCE para o 24 de outubro.

Están previstas manifestacións, ese mesmo día, ás 11:30 h e este sábado día 28 de setembro haberá unha Marcha a pé a Santiago que remata ás 12:00 h en Praterías.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga contra a LOMCE para o 24 de outubro en todo o sistema educativa galego. Así o  anunciaron este luns representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público nunha rolda de prensa na que fixeron un chamamento a secundar a folga e participar de xeito masivo nas mobilizacións que se van realizar ese día ás 11:30 horas da mañá nas sete cidades, na Mariña, Cee, Carballo, Lalín e Vilagarcía.

Ademais da Marcha a Santiago contra a LOMCE -prevista para este sábado 28 de Setembro- a Plataforma Galega fixo público un novo calendario de mobilizacións que inclúe a realización dunha acción o 16 de outubro diante da Consellaría de Educación, promover unha manifesto da cultura galega contra a LOMCE e reeditar o formato de actos comarcais  con música e letras contra a LOMCE en todo o país o 13 de novembro.

 A  Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público decidiu convocar folga o 24 de outubro porque considera prioritario facer un último esforzo para evitar a aprobación da lei. Non obstante Anxo Louzao, da CIG-Ensino, organización sindical maioritaria entre o profesorado galego e integrante da Plataforma Galega, explicou que, como xa aconteceu coa folga do 9 de maio, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público coñeceu a convocatoria desta nova folga a nivel de Estado polos medios de comunicación. “Prodúcese unha desconsideración permanente aos galegos e galegas. A Plataforma Galega nucleou durante o último ano toda a oposición á LOMCE en Galiza, pero non se conta con ela e a convocatoria fíxose desde Madrid”, explicou Louzao que lembrou tamén que a Plataforma Galega constituíuse en réxime de autoconvocatoria, aberta todas as organizacións que queiran participar dela.

Fernando Lacaci, presidente da Federación de ANPAS de Santiago de Compostela, exerceu como portavoz das familias e subliñou que os pais e as nais están a ser unha parte importante na pelexa contra a LOMCE. “Queremos que sexa unha lei que naza morta”, dixo diante da previsible aprobación da LOMCE debido á maioría parlamentaria coa que conta o PP. “Unímonos á repulsa de todos os colectivos sociais e seguiremos pelexando, cos medios que teñamos, contra esta lei que atenta contra os nosos fillos e fillas, contra a xente que xa está estudando … e contra a sociedade no seu conxunto ao facela clasista e separada por motivos económicos no futuro”, explicou. Mónica Martínez dos Comités, púxolle voz ao estudantado e animou a a participar na folga porque “xogan co noso futuro” e "esta lei vai deixar fóra do sistema educativo a estudantes con menos recursos”.

Para a primeira das mobilizacións previstas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, a Marcha a Santiago o 28 de setembro, sairán autobuses desde as diferentes comarcas que chegarán, en Compostela, a catro puntos diferentes: Rúa de Boisaca (polígono do Tambre), Monte do Gozo, diante do CEIP Lamas de Abade e Ponte da Rocha.  Desde eses lugares sairán, ás 10:30 horas, catro marchas a pé que confluirán nun acto reivindicativo en Praterías ás doce horas.

Publicado en Avantar.

Información baseada na enviada pola:
CIG Saúde Ferrol
-cigsaudeferrol@gmail.com-
25 de setembro de 2013 09:24
http://www.cig-saude.org/ferrol/
_______________

A Plataforma en Defensa do Servizos Públicos de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais convocan unha unha Manifestación Nacional, para este Domingo 29 de Setembro en Compostela


A Plataforma en Defensa do Servizos Públicos de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais convocan unha unha Manifestación Nacional, para este Domingo 29 de Setembro, que sairá ás 12 do medio día desde a Estación do tren de Compostela.

En demanda de:

1º.- Un servizo único, público e profesionalizado de prevención e extinción, que a maiores de apagar os lumes realice a prevención nas zonas de alto risco e maior valor ecolóxico, contratado e xestionado única e directamente pola Xunta de Galicia.
2º.- Unha ordenación do territorio, evitando o despoboamento do rural, favorecendo o acceso aos servizos básicos, evitando a forestación das terras agrícolas, e convertendo o mesmo nunha fonte de emprego e riqueza. Só cando a xestión sustentable do monte e do rural sexa unha posibilidade de traballo real para moitos e moitas, será cando a poboación no seu conxunto defenda dos lumes.
3º.- Unha política forestal de verdade, que evite as especies pirófitas, que aproveite a súa diversidade de producción e non só madeireira, con alternativas sustentables e que respeten o noso modo de vida tradicional. Hai que potenciar o papel das Comunidades de Montes e a concentración na xestión forestal, impedindo a súa privatización e a entrada de capital especulativo.
4º.- Fomentar na sociedade e nas escolas unha cultura de defensa dos nosos valores ambientais, paisaxísticos e naturais, entendendo que os mesmos son un ben de todos e todas e que non podemos perder.
5º.- Creación dunha mesa de diálogo con todos os sectores afectados (propietarios, empresas, traballadores do sector, ecoloxistas, etc.) e con participación de todos os partidos políticos que sente as bases dun cambio de modelo máis que necesario xa, imprescindible. [Manifesto Completo].

Enviado por:
André M. Ces
-andre.martinez.ces@gmail.com-
25 de setembro de 2013 09:53
____

Hoxe, 26 de Setembro, ás 18:30hs, a Plataforma Galega pola Lei do Aborto convoca a toda a cidadanía a un acto na Praza do Concello de Ferrol


O Goberno Central e, máis concretamente, o Ministro de Xustiza Alberto Ruiz Gallardón, anunciou un cambio lexislativo en materia de Interrupcións Voluntarias do Embarazo que previsiblemente nos devolverá máis atrás de 1985, expondo a volta a un sistema de supostos.

Xoves día 26 de Setembro ás 18,30h., a Plataforma pola Lei do Aborto convoca a toda a cidadanía a un acto na Praza do Concello de Ferrol.
 
POLO DEREITO DAS MULLERES A DECIDIRMOS SOBRE OS NOSOS CORPOS!!!

Outras convocatorias

O vindeiro Sábado, 28 de setembro 17:30h desde a Estación de tren Compostela, Manifestación Nacional.

Manifesto 28 de Setembro
Por unha vida digna, libre e desexada. Non á contrareforma da lei de aborto!
[Ler máis].

Para a semana que entra, terán lugar,  en Ferrol Terra, unha xornada feminista que baixo o título "FEMINISMO EN OBRAS", organiza a Marcha Mundial das Mulleres. Está interesante xornada está prevista para o Sábado día 5 de Outubro no Centro de Día Municipal 'Manuela Pérez Sequeiros' de Narón (Inscrición e Programa aquí).

Para máis info, sobre esta proposta de Lei e a Loita contra a mesma na:

Web oficial da Plataforma:
http://feminismo.eu/PlataformaAborto/

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
26 de setembro de 2013 09:14

______________________

mércores, setembro 25, 2013

Ten Galiza capacidade?, ... Por Francisco Rodríguez Sánchez


Esforcémonos polos nosos argumentos e discursos non estaren guiados pola endogamia, polo ideoloxismo extremo ou polo gosto pola marxinalidade
.


Por Francisco Rodríguez Sánchez [*]
24.09.2013


Cavilei, de forma obsesiva, na situación do noso país, mentres intentaba escoitar, sen conseguilo, na emblemática praza da Quintana, os discursos que cerraron a manifestación a prol da soberanía da patria galega o 15 de setembro. Algo me tranquilizaba a evidencia de contarmos cun instrumento organizativo e político, de incalculábel valor, como o BNG, pensante e actuante ao servizo exclusivo do pobo galego nun contexto tan preocupante e cheo de incertezas. A mobilización non era desprezábel: ningunha forza política sería quen de facer unha así en defensa da súa específica e singular alternativa ideolóxica. Porén, tamén era consciente de estar lonxe de corresponder á nosa propia potencialidade organizativa e social. Naquela morea de xente alí concentrada pareceume detectar, ou non sei se procurei albiscar, un reflexo das diferentes actitudes do corpo social  proclive ao nacionalismo galego, nesta conxuntura: certa apatía vinculada a unha sensación de canseira, algo de escepticismo por mor das dificultades  para o nacionalismo avanzar socialmente, expectativa e convicción sobre a vital necesidade dunha alternativa nacionalista na Galiza, rutina e tamén entusiasmo. Era unha sensación contraditoria si, mais coido que se corresponde, en parte, co estado da nosa sociedade, e de forma específica, co noso estado como corpo social organizado.   

Á vez que intentaba deslearme dunha tendencia crítica tan absoluta como derrotista, bulía na miña cabeza a importante capacidade de mobilización da sociedade galega por motivos económicos, sociais ou ecolóxicos concretos. Porén, non deixei de sentirme magoado pola escasa ou cativa transcendencia desta capacidade mobilizadora na toma de conciencia política colectiva, en clave de país, malia ser o nacionalismo quen, a maioría das veces, a impulsa e desenvolve. A nivel electoral e na conciencia ideolóxica o dominante, o hexemónico, é a aceptación pasiva do deseño español e europeo, un papel político irrelevante para Galiza, malia observarmos unha clara marxinación e a destrución da súa base produtiva, con todas as secuelas económicas, sociais, culturais e lingüísticas que carreta. A distorsión entre protesta, desasosego e crítica perante a situación e o obxectivo ou alternativa política que se asume de forma maioritaria non pode ser máis flagrante. Diriamos que, algunhas veces, non hai nin obxectivo político consecuente: o caso do sector naval público é paradigmático. Na comarca de Ferrol, a morea de manifestantes en defensa do sector abraia. A canalización sindical e política non pode ser máis equívoca nin fraudulenta: nada de reivindicar o dereito a poder facer todo tipo de construcións, non só militares, senón tamén civís, nada do levantamento do veto á antiga Astano, aceptación dunha nova reestruturación do sector, máis unha vez cunha incidencia máis lesiva para a ría de Ferrol que para a baía de Cádiz, malia seren máis competitivos os nosos estaleiros, segundo os propios dados oficiais. O españolismo sindical e político acomodouse sempre aos ditados de Madrid e de Bruxelas, nesta cuestión como noutras moitas, encamiñados á privarnos da nosa capacidade e potencialidade nesta industria estratéxica. O nacionalismo político, e non digamos xa o sindical, foi incapaz de vencer a hexemonía e o control social do sucursalismo, malia os esforzos realizados e a evidencia da corrección das nosas análises. Que sucede? Pois posiblemente unha interiorización escéptica do célebre aforismo: é mellor o burro grande ande ou non ande. E tamén, a consideración do problema, por parte dos sindicatos maioritarios e da maioría do cadro de persoal da principal nunha clave laboral puramente individual  sen ter en conta o futuro da comarca e do país. Naturalmente condicionamos o proceso, facéndoo máis lento e, desde logo  o discurso das organizacións estatais en moitas ocasións, para non vérense descubertas na súa perfecta adaptación aos deseños externos. Pouco máis.     

Nos últimos anos ten medrado en intensidade unha característica do noso pobo: a falta de aprezo e de estima sobre a súa propia capacidade. Non é alleo este medre á sensación de que Galiza empeora economicamente e ao efecto de actuacións e discursos desde a Xunta de Galiza destinados a afondar na dependencia de España e da Unión Europea, como se o papel que nos asignan fose o mellor dos mundos ao que puidésemos aspirar. En paralelo, como consecuencia lóxica, o concepto de responsabilidade sobre a nosa propia casa e a vontade de sermos, de existirmos como pobo, con aspiración a decidirmos por nós sobre nós mesmos, ten diminuído. Os efectos da globalización que a Unión Europea representa provocaron máis españolización ideolóxica, cultural, lingüística e política, ao reforzárense os mecanismos de centralización do Estado e carecermos dun marco institucional propio ao servizo dos intereses maioritarios do pobo galego. Semellante desamparo e semellante dependencia depredadora teñen consecuencias moi negativas. O marco autonómico galego non repercutiu na vertebración do país, a ningún nivel, e moito menos foi aproveitado para crear unha conciencia de pobo consciente dos seus dereitos e coñecedor da súa realidade, da súa historia e dos seus problemas. Nin nos medios de comunicación de titularidade pública foi nunca Galiza o centro de atención informativo e a fiestra desde a que contemplar o mundo. Por suposto, tampouco dos privados. O marco autonómico galego na práctica foi sempre, agás dunha maneira transitoria e moi limitada co bipartito, unha sucursal do Estado. Son moitos anos cavando a irresponsabilidade, o deixarse levar, a acomodación acrítica a España, a desgaleguización como norma en todo, e un concepto de solidariedade adecuado para facernos a cada paso máis parvos. Certamente non vive a maioría social galega esta atmosfera dunha forma activa, entusiasta, convicta, máis ben faino de forma apática, resignada, como se non ficase máis remedio que entregar o destino a un salvador externo. Si, moi posibelmente sexa esta a actitude hoxe maioritaria.   

Alguén ten concluído, non sei se en base a estes síntomas ou simplemente en atención á correlación de forzas no plano electoral, que Galiza non ten capacidade para facer unha política propia, para pretender enunciar reclamacións como pobo diferente e con problemas específicos, para colocarse nunha dinámica similar á doutras nacións do Estado aspirando a lograr capacidade de decisión, soberanía, como única posibilidade de saírmos do calvario destrutivo en que nos ten sumidos a dependencia e a subordinación a España. Con este tipo de discursos, e coa conseguinte alternativa práctica, non se fai máis que afondar na subordinación de Galiza a deseños e estratexias que nin pensamos nin decidimos nin controlamos aquí. Isto e, na nosa marxinación a todos os niveis, no noso esvaemento político e na nosa desconsideración e, paradoxalmente, no reforzamento de deseños e estratexias que nos anulan aínda máis: o Estado español ou a Unión Europea realmente existentes. Espero que perante tamaña negación da nosa capacidade e preferencia tan clamorosa por formar parte dunha alternativa española, a esta altura, non fique xa a menor dúbida sobre a natureza ideolóxico-política da crise habida no seo do nacionalismo galego. Polo demais, pode considerarse nacionalista a quen ve o problema galego só como un problema identitario, renuncia a galvanizar a sociedade galega nunha perspectiva propia, soberanista, e opta por integrarse, de comparsa, nunha coaligazón estatal xa precociñada, no canto de posibilitar a unidade das forzas políticas de ámbito galego? A verdade é que non cabe maior retroceso en relación mesmo coa experiencia e os resultados dos últimos trinta anos. O dano que se infrinxe á sociedade galega, en forma de cerimonia da confusión, como se non for dabondo coa que o sistema provoca, é grave. Non hai peor maneira de facer política que a que se practica desde a esquerda española aquí en forma de aceptación progresiva de análises, discursos e mobilizacións en relación coa nosa realidade conflitiva, se non queda máis remedio, como forma de lexitimación sen maiores consecuencias. Claro que até para isto ten que haber un nacionalismo capaz, incisivo. E non atinxe só ao problema lingüístico, senón a todos: o sistema financeiro e a necesidade de Banca Pública Galega, a política forestal, o sector naval, o agrario, o leiteiro, e mesmo a defensa do ensino público ou o patrimonio artístico e cultural galego.   

Temos un problema grave de memoria histórica. Non é de estrañar, descoñecendo como descoñecemos, pois nos privan de forma sistemática del, o noso pasado histórico, mesmo o máis esplendoroso na Idade Media, que haxa unha falta de referencias propias na política tamén. E pouca predisposición a pensarmos nas experiencias que temos vivido como pobo nos últimos anos. Todo o contrario que en Catalunya. O Presidente da Generalitat lembraba, en carta ao Presidente do Goberno de España, de data 26 de xullo de 2013, que en 2005 o Parlamento catalán aprobara unha nova proposta de Estatuto, asumida con recortes en 2006 polas Cortes Xerais e finalmente aprobada en referendo polo pobo catalán. Asemade subliñaba que a posterior sentencia do Tribunal Constitucional viñera a diluír e en grande maneira a anular a vontade democrática dos cataláns expresada nas urnas. A vía transitada até ese momento ficaba choída. Mesmo, na pasada lexislatura, insistía o Presidente catalán, o Goberno español negouse a calquera tipo de negociación dunha proposta de Pacto Fiscal, promovido polo Govern e aprobado por unha ampla maioría do Parlament. A conclusión é que non hai un encaixe posíbel de Catalunya en España. A única vía é que Catalunya decida libre e democraticamente o seu futuro. A esta conclusión chegaron moitos cidadáns de Catalunya após a experiencia política dos últimos anos. Hoxe a sociedade catalá é a única do Estado que ten un obxectivo político claro, por certo vinculado á mellora das condicións de vida individual e colectiva das persoas que viven e traballan en Catalunya, segundo reza o manifesto e os compromisos das entidades, organizacións e institucións de todo tipo que apoian o Pacto Nacional polo dereito a Decidir. Euskadi está preparando o seu, en vista do contexto e da necesidade.     

E nós? Temos claro que o Estado das Autonomías está esgotado e, dentro del, Galiza como pobo é máis inviábel que Catalunya aínda. Non temos futuro así. O federalismo dos partidos estatais non é máis que unha nova forma de marear a perdiz, volvendo ao inicio. Non hai forma de fuxir, a non ser que se pretenda modificar algo para todo continuar igual en esencia, do dereito de autodeterminación e do exercicio da soberanía por parte das nacións, mesmo que optaren por unha forma de convivencia confederal pactada. A nosa experiencia política existe: un marco autonómico limitado, e aínda enriba usado de forma fraudulenta, cunha cativa excepción de catro anos, contraditoria, a nula vontade de reformar o estatuto ou redixir un novo, a excepción da proposta nacionalista de estatuto de nación, que non chegou nin a debaterse en sede parlamentar e moito menos a nivel social e popular. De terse feito, mesmo fracasando antes de chegar ás Cortes, tería incidido positivamente na conciencia nacional e popular galega. Non concordo para nada coa tese de o BNG ser unha forza autonomista pola súa suposta defensa dun Estatuto de Nación. Aquel texto non cabía na Constitución Española, sería rexeitado e tería dado pé a debates que, por desgraza, na Galiza non se deron, non só sobre o noso carácter de nación e os nosos dereitos como tal, senón, entre outras moitas cuestións de calado e interese, sobre a necesidade dun sistema de financiamento como o vasco, aclarándose así que non vivimos subsidiados, conforme aos dados reais da recadación da Axencia Tributaria na Galiza por todos os impostos ao 100%. A acusación debería formularse en termos de que non pasou de conato. Deberíamos calibrar tamén sobre a magnitude das mobilizacións en defensa da lingua galega perante a maior agresión perpetrada desde o Estado e a propia Xunta contra a lingua do país, confrontándonos con condicións sociais de grave intoxicación informativa. E valorar a nosa capacidade para facelo. E tamén explicarnos por que as folgas xerais contra as reformas involutivas en materia social e laboral teñen maior eco aquí que no resto do Estado, mentres non logramos que esta potencialidade calle na asunción progresiva pero inexorábel dunha alternativa, dun obxectivo político propio do pobo galego, no que as clases traballadoras son unha inmensa maioría.   

Non son momentos para a confusión. Non o son para desertar do país en nome da súa suposta incapacidade, para descabezalo aínda máis e incitalo a non responsabilizarse do seu futuro ou acomodalo á fantasía de que a salvación virá de non se sabe que centro estatal ou universal co que colaboremos servilmente. Son momentos de convencer a prol da necesidade de nos responsabilizar sobre o futuro político e institucional do noso país. Temos que ser tenaces e comprometidos superando todas as eivas que temos, explicábeis historicamente, para expresar a nosa vontade inequívoca de querermos ser. Tamén con nós, e xa durante máis séculos que con Catalunya, practicaron todo tipo de violencias e argucias, como dixo Castelao, para aniquilarnos como país, para aniquilar a nosa lingua, a nosa cultura, e a nosa dignidade. Non o lograron, por máis que nos infrinxan danos de consideración e feridas que supuran. Seremos quen de convencer o pobo galego de que, sendo el mesmo, responsabilizándose e decidindo por si, a través da súa capacidade e do seu esforzo, podemos vivir mellor e ter un futuro máis próspero e máis digno e xusto? Eis a cuestión. Esta tarefa non pode adiarse. É inseparábel das circunstancias do presente. Certamente nos non estamos na fase catalá: a nosa é aínda a fase de convencer sobre a nosa capacidade e a necesidade de termos vontade de existir como pobo, se queremos saír da actual crise e termos futuro. Nesta fase, é moi importante a forma pedagóxica adaptada á mentalidade social: combater con habilidade os prexuízos máis asentados, coñecer as prevencións máis interiorizadas para sabermos vencelas, coidar os nosos comportamentos e as nosas intervencións para non dar pé á confirmación de estereotipos. E coñecer a nosa realidade analiticamente, de forma seria. En verdade non debemos ter complexos. Porén, esforcémonos polos nosos argumentos e discursos non estaren guiados pola endogamia, polo ideoloxismo extremo ou polo gosto pola marxinalidade. A nosa é unha aspiración á maioría, malia a curto prazo o obxectivo sexa agrandar, de forma relevante, a base social favorábel á capacidade de decidir de Galiza, e á súa vontade de existir como pobo diferente, popularizando determinados análises e alternativas para as maiorías teren que pensar nelas como posibilidade.   

A confusión, a abulia, a apatía, o escepticismo e a resignación nunca poderán máis que a propia realidade conflitiva do país, que sempre asumimos. Tiremos conclusións políticas sen medo. E para iso é moi urxente que comecemos por desterrar a nosa propia confusión, abulia, apatía e escepticismo. E iso só o podemos facer actuando socialmente. Hai capacidade, haina, en todos os campos e en todos os aspectos. E temos o mellor instrumento político de Galiza, malia as súas eivas, as nosas, que son as que se poden corrixir en contacto co pobo e unindo os esforzos de todos os que se dispoñan a traballar acreditando na nosa capacidade e na necesidade do dereito a decidir. O día 15 na praza da Quintana así o sentimos. 

Publicado na revista dixital 'Terra e Tempo' | 24.09.2013 | Editada pola Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas.

[*] Francisco Rodríguez Sánchez, Ferrol, 1945. É Licenciado e Doutor en Filoloxia Románica e Catedrático de Literatura española en Instituto. É autor dunha ampla obra de investigación e ensaio en temas lingüísticos, literarios, culturais e políticos desde unha perspectiva nacionalista. Inaugura unha liña de análise socio-lingüística coa publicación de "Conflicto lingüístico e ideoloxía na Galiza" (1976 - vai pola 4ª edición). Especialista en figuras de grande releváncia como Rosalía de Castro (tese de doutoramento, xaneiro 1988), Curros Enríquez  (1973),  Blanco Amor  (1993)   Neste ámbito realizou diversas publicacións- e o manual "Literatura galega, problemas de método e interpretación". Militante do nacionalismo desde que tiña 19 anos. Desde entón, loitou contra o franquismo desde a perspectiva nacionalista, por iso sofreu desterro, foi multado en numerosas ocasións e padeceu o cárcere pola súa militáncia, por defender os direitos de Galiza e os direitos dos traballadores do país. Foi impulsor fundamental da creación e dinamización de organizacións sindicais e políticas como a INTG e o BNG. Dirixente da UPG é, desde a súa fundación membro do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego. Actualmente é  membro do Consello Nacional do BNG e da Executiva. Foi deputado no Parlamento Galego e deputado e Portavoz do BNG no Congreso dos Deputados desde o ano 1996 até o 2008. Logo de ter deixado a sua actividade parlamentaria, encamiñou a súa labor ao traballo no BNG, aos estudos da nosa realidade nacional, amáis de ser o Secretario Xeral da UPG, secretaria que deixou o 17 de xuño de 2012, no XIII Congreso da Unión do Povo Galego.
________________________

luns, setembro 23, 2013

Eleccións lexislativas en Alemaña - Datos do Bundestag - Angela Merkel move co seu triunfo os cimentos da política alemá, ... Por Ingo Niebel


Eleccións lexislativas en Alemaña


A vitoria lograda nas urnas, con toda probabilidade vai-lle permitir a Angela Merkel afrontar o seu terceiro mandato co mellor resultado obtido pola Unión Cristián Demócrata (CDU) nas últimas dúas décadas (311), mais un resultado co que non acada a  maioría absoluta (315). O parlamento esta formado por 630 representantes. Un tripartito SPD, Die Linke, Alianza90/Os Verdes, que contarían coa maioría absoluta non ten probabilidades de se conformar, pois as políticas económicas e sociais, non son as mesmas  e o requisito sine qua non da esquerda (Die Linke) de saída da OTAN, non a acepta o SPD.

O partido burgués da dereita populista.

De acordo cos resultados, a canciller Merkel levaría ao seu partido (CDU) e á bávara (CSU) a lograr o 41,5% dos votos (311 representantes), non lonxe da maioría absoluta (En número de representantes no Bundestag)  que podería permitirlle gobernar en solitario, mais se quedou a catro representantes da maioría absoluta. Sería o seu mellor resultado desde a reunificación alemá en 1990, cando a euforia suscitada por aquel feito apontoou a Helmut Kohl con máis de 43% dos votos.

Os sociais-liberais que noutrora foron socialdemocratas.


O SPD do aspirante Peer Steinbrück obtería o 25,7% (192 representantes) dos sufraxios, co que apenas mellora dous puntos e medio o malos resultados de fai catro anos.

A Esquerda e os Verdes.


A falta dos datos definitivos, que non se coñecerán até que sexa contada a última papeleta, no Parlamento Federal Alemán podería contar só coa presenza doutras dúas forzas políticas: Die Linke (A Esquerda), que conseguiría un 8,6% (64 representantes), e os Verdes/Alianza90, cun 8,4% (63 representantes).

A outra dereita, máis á dereita.

Os euroescépticos de Alternativa por Alemania (AfD) -formación máis á dereita que a de Merkel-  conseguiron o 4,7% dos votos, moi preto do límite do 5% que lle abriría a porta ao Bundestag, sete meses logo do seu fundación, mais quedaron fora, por 0,3 puntos.

Os burgueses liberais.

O que si quedou fóra da Cámara (4,8%) por primeira vez na súa historia é o Partido Liberal (FPD), socio de coalición de Merkel nesta lexislatura e formación que actuou tradicionalmente de "bisagra" e estivo presente en 17 dos 22 gobernos alemáns desde a Segunda Guerra Mundial. A formación admitiu vivir a "hora máis amarga" desde a súa fundación e tanto o seu secretario xeral, Christian Lindner, como o candidato á Cancillería, Rainer Brüderle, asumiron as súas responsabilidades e insinuaron que poderían dimitir dos seus cargos.

Outros partidos.

Dos 27 partidos que se presentaron, os piratas recibiron 2,2% dos votos, o NPD o 1,3%, un 1% o Partido Protección Animal e do ODP o 0,3 por cento.

Sobre, aproximadamente, o 0,2% cada un para o Partido Republicano, o partido por Alemaña. E o 0,1 por cento, para o BP, o  MLPD e para o partido da razón.

Coalicións.

De non conseguir Merkel a maioría absoluta, hoxe será o día para falar de coalicións, aínda que algúns partidos xa avanzaron as súas posicións.

A canciller, mellorou os resultados que lle auguraban as enquisas, buscará case con toda probabilidade -na República Federal Alemá nunca houbo un Goberno en minoría- un socio. Pois non teñen a maioría na outra cámara, o Senado (Bundesrat).

A participación.

O 73% dos electores alemáns achegáronse onte ás urnas para emitir o seu voto, 2,2 puntos máis que nos anteriores comicios xerais de fai catro anos (2009). Con ese dato Alemania rompeu a tendencia á baixa que se rexistraba desde 2002.

Dos aproximadamente 61,9 millóns de persoas que forman o censo con dereito a voto, foron aproximadamente 44,3 millóns as que exerceron o seu dereito de voto.

---

Angela Merkel move co seu triunfo os cimentos da política alemá

Por Ingo Niebel [*]
23.09.2013


A reorientación política e tamén ideolóxica da CDU creou certo baleiro no ámbito burgués, que foi ocupado pola euroescéptica AfD, cuxa influencia na política de Merkel está por ver.

Por primeira vez desde 1957, a Unión Demócrata Cristiá (CDU) de Angela Merkel -en alianza coa súa irmá bávara, a Unión Social Cristiá (CSU)- podería lograr a maioría absoluta. O seu triunfo ten un prezo político bastante alto porque a canciller quedou-se sen o seu socio preferente, o Partido Liberaldemócrata (FDP), que por primeira vez na súa historia non logrou entrar no Parlamento alemán.

Merkel venceu, pero tamén perdeu o bipartito.

Aínda así, o case 42% dos votos conseguidos é ante todo un triunfo persoal da presidenta da CDU que blinda un tanto a súa xa de seu forte posición dentro do partido. Haberá Merkel para rato, polo menos até 2017.

Ao peche desta edición non se coñecía si a democracia cristiá ía poder gobernar en solitario, xa que os resultados finais estaba previsto que os dese a coñecer o director electoral federal de madrugada. Todo dependía da repartición dos escanos, segundo a nova Lei Electoral, e de que si a euroésceptica Alternativa para Alemania (AfD) lograba superar o límite do 5% para entrar no Bundestag.

Independentemente de que Merkel goberne en solitario ou cun socio, o seu triunfo causou un cambio tectónico na paisaxe política alemán cuxo alcance só deixar albiscar nestes momentos.

A eliminación do FDP como actor parlamentario a nivel nacional significa que o electorado burgués xa non considera a este partido un instrumento necesario para controlar á dereita da CDU. Ese foi o papel histórico dos liberais. A "moderación" da CDU, levada a cabo por Merkel, converteu en obsoleto ao FDP.

No entanto, coa súa reorientación política e tamén ideolóxica, a CDU creou certo baleiro político no ámbito burgués que foi ocupado pola AfD. Está por ver que influencia terán os euroescépticos na política de Angela Merkel, porque máis aló de que a súa presenza ou ausencia no novo Bundestag, presentaranse ás eleccións europeas en 2014.

Ante este panorama, pode-se afirmar que Alemaña conta cun bloque de centrodereita bastante consolidado. E esta consolidación da CDU xa está provocando movementos á súa esquerda.

O Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD) debe decidir si se move cara a unha Gran Coalición con Merkel ou cara a un tripartito cos ecoloxistas Os Verdes e o partido Die Linke (A Esquerda). O pouco máis do 25% dos votos supón outro fatal resultado para o SPD. A cúpula socialdemócrata debería temer a formación doutro Executivo con Merkel como xefa, porque trala Gran Coalición de 2005-2009 acabaron en 23 puntos. Evidencio-se que o SPD deixou de ser un partido de arraigo popular.

Nun tripartito coas outras dúas formacións de oposición sería a primeira forza, a que marcaría as pautas. Die Linke xa volveu a manifestar a súa disposición a negociar o prezo político, pero está esperando a que se mova o SPD que rexeitou até agora calquera tipo de colaboración. Nun tripartito, o partido esquerdista sería a segunda forza política.

A terceira, os Verdes, teñen que decidir si dá por fracasado o seu plan electoral de "gañar o centro da sociedade" ou si vai preparar o terreo para gobernar en diante coa CDU.

Ante unha dereita consolidada, a oposición terá que definir-se como "esquerda", si é que o quere. Os defensores do tripartito deberían aclarar si se vai a tratar dunha alternativa política e ideolóxica ao proxecto de Merkel ou simplemente dunha alianza de forzas para facer-se co poder en Berlín e nos estados federais. Entón verase tamén que prezo político estaría disposto a pagar cada socio. O Dei Linke xa moveu ficha ofrecendo negociar a súa demanda tradicional de que Alemaña tería que saír da OTAN.

[*] Ingo Niebel, historiador e xornalista, colaborador de varios medios europeos e vascos, entre eles a revista germana ‘Geheim’, o diario ‘Gara’ ou ‘Junge Welt’. Persoa comprometida a nivel internacional en diversas iniciativas en favor da paz e a solidariedade, acumula ao seu coñecemento profesional como historiador e xornalista unha vasta traxectoria na que desde fai anos entrelázanse o vasco e o germano, presidente da Asociación Cultural Vasco-Alemana Gernika.

Publicado en Gara | 23.09.2013

Datos tirados da web do Bundestag.
_______________

E foron 154 os gaseiros que entraron para descargar miles de toneladas de GNL na ilegal e perigosa Reganosa - Vídeo


E con este foron 154 os buques gaseiros cargados con miles de toneladas de GNL, para a ilegal e perigosa Reganosa. Posibelmente que en poucos días entre outro gaseiro, para cargar GNL con destino a algún país de América do Sur, o gas que deixou hoxe o 'LNG River Niger'. É, o novo negocio de Reganosa, a especulación co gas, xogando coa nosa seguridade e vida. Utilizando a 'Planta de Gas de Mugardos' como un simple almacén de gas natural licuado, á espera dun novo comprador que deixe uns cantos millóns de beneficio. Ultimamente este proceso esta-se convertendo en habitual en Reganosa, pois, o outro negocio, para á que formalmente foi construída, non anda moi ben, o seu rendemento de regasificación está moi por debaixo dos parámetros esixidos e comprometidos.

Onte tiña lugar, tamén  a  154 concentración sonora que sempre que entra un buque cargado coa perigosa mercadoría, para Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca, para protestar e denunciar o potencial perigo de toda a operación, aumentado o perigo exponencialmente, do xa moi importante, da propia presencia da Planta regasificadora de Mugardos, no corazón mesmo da nosa Ría.

Activistas opositores á planta de gas participaron na acción de protesta, e o compañeiro 'Lalán', Manuel Angel Rodríguez Carballeira, coordenador do Comité, dirixeu-se a todas as persoas que transitaban polo peirao de Curuxeiras, cun completo e claro argumentario, do porque da nosa oposición a esta 'Planta de Gas'. A continuación presentamos unha parte da intervención do compañeiro que foi a única que puidemos recuperar de todo o gravado. Lamentamos non poder ofrecer todo o interesante discurso que centrou a situación da loita contra Reganosa, na actual conxuntura.


http://youtu.be/2nxCT7xuqhc
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS PECHE XA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Para contactar:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
______________

domingo, setembro 22, 2013

Este Sábado 21 de Setembro, pouco antes das 7 da tarde tiña lugar o Acto lúdico reivindicativo, no 'Parque Pablo Iglesias' de Ferrol, para pedir outra localización para o mal chamado "tanque de tormentas" que está proxectado construir no mesmo parque público, e por un outro modelo de saneamento


Este Sábado 21 de Setembro, pouco antes das 7 da tarde tiña lugar un Acto Lúdico Reivindicativo, no Parque Público 'Pablo Iglesias' de Ferrol.

O acto comezou máis tarde da hora prevista. O arquitecto urbanista compostelán, Xosé Allegue, non puido participar como estaba previsto, por motivos familiares. Chema Hernández Roca, da Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil, foi a persoa encargada da conferencia, explicandoou con claridade o porque da oposición á localización, do mal chamado "tanque de tormentas" no parque. Nomeou, os incumprimentos normativos e lexislativos do sistema de saneamento, desde o artigo 178 do PXOM local, até a Directiva Europea da Auga, pasando pola lexislación autonómica e a estatal. Demandou outra localización para o "tanque" que o cualificou de "simple aliviadoiro" e reivindicou un outro modelo de saneamento, para que se poida cumprir co obxectivo de recuperación integral da Ría de Ferrol.

O Acto estaba convocado pola xa citada Comisión de Medio Ambiente, ademais das entidades ecoloxistas e ambientalistas: ADEGA, SGHN e Verdegaia.

As obras do "tanque de tormentas",  está previsto que inicien antes de que remate o presente mes de Setembro. É por iso que urxe unha reacción cidadá para conseguir o cambio de localización do "tanque" e que non sacrifiquen o Parque Público 'Pablo Iglesias', unha zona de ocio e un espazo verde moi concorrido. Por outra banda, pretende-se abrir un debate sobre o modelo de saneamento que queremos para a nosa Ría baixo o lema “Saneamento sí, mais non así”, pois co saneamento previsto non se consegue o obxectivo de saneamento integral.

A comprometida e excelente poesía recitada por Karloti, e a non menos excelente e comprometida musica e cancións interpretadas por Manolo Bacalhau, puxeron o toque lúdico reivindicativo ao Acto que recibiu fortes aplausos.

Para rematar, Chema Hernández, mencionou a recente constitución dunha Comisión Social de Seguimento - Grupo de Traballo que ten a función de seguir a execución das obras de saneamento e demandar das administracións as modificacións necesarias para cumprir o obxectivo da recuperación Integral da Ría e a sostibilidade da infraestrutura de saneamento que tantos anos levamos agardando. Esta Comisión está aberta a quen quixer participar na mesma (Contactar).

Por último fixo mención a que a mediados de Outubro está previsto facer unhas xornadas, nas que se traten os aspectos técnicos, lexislativos e ambientais co fin de axudar á cidadanía a entender o modelo de saneamento da Ría, así como os seus inconvenientes e facer propostas que contemplen outro modelo de tratamento das augas, no camiño do vertido contaminante cero na Ría de Ferrol.

Enlaces relacionados de Interese:
Sitio na Rede, de información e documentación, para apoiar e facilitar, a loita e o traballo social que procura que o Sistema de Saneamento, nas marxes da Ría de Ferrol, sexa Integral. Saneamento si, mais non así!!!

http://ria-de-ferrol.blogspot.com.es/

O noso 'Informe' >>> Análise crítico do Proxecto de Saneamento acordado, polo Goberno, para a marxe norte da Ría de Ferrol | ALTERNATIVA ELABORADA POLA COMISIÓN DE SEGUIMENTO - GRUPO DE TRABALLO.

http://alternativa-proxecto-saneamento.blogspot.com.es/
________________

sábado, setembro 21, 2013

O Comité Cidadán convoca unha nova concentración de protesta, hoxe Sábado 21 de setembro, ante a entrada na Ría do 'LNG River Niger', cargado con gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa


CONCENTRACIÓN EN FERROL,
NO PEIRAO DE CURUXEIRAS
NO PORTO BARRIO DE FERROL VELLO
ÁS 8 DA TARDE, DO SÁBADO 21 DE SETEMBRO

O 'LNG River Niger', un buque gaseiro de grande porte, pois ten 288 metros de eslora por 48 de manga e un calado de 12,3 m, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Sábado 21 de Setembro de 2013. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supón xa a 154, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Sábado, ás 8 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar no peirao de Curuxeiras, no Porto no barrio de Ferrol Vello.


Características do buque.-
Nome.- LNG River Niger, Bandeira.- Bermudas, Eslora.- 288 m, Manga.- 48 m, Puntal.- 62 m, Calado.- 12.3 m, Capacidade.- 141.000 m³ de GNL
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PLANTA DE GAS PECHE XA !!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada por:

comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
21 de setembro de 2013 11:36
____________

xoves, setembro 19, 2013

Acto lúdico reivindicativo, este Sábado 21 de Setembro, ás 18:30 hs, no 'Parque Pablo Iglesias' de Ferrol (conferencia, concerto, recital de poesía, ...) - En demandan doutra localización para o "tanque de tormentas" - Debate sobre o modelo de saneamento que queremos para a nosa Ría baixo o lema “Saneamento sí, mais non así”


Acto lúdico reivindicativo, este Sábado 21 de Setembro, ás 18:30 hs, no 'Parque Pablo Iglesias' de Ferrol, por un outro modelo de saneamento e contra a construción, no mesmo parque público, dun mal chamado "tanque de tormentas" e polo saneamento integral da Ría de Ferrol. Acto convocado pola Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil, ademais das entidades ADEGA, a SGHN, Verdegaia.
As organizacións ecoloxistas e a veciñal demandan outra localización para o "tanque de tormentas",  cuxas obras está previsto que inicien antes de que remate o presente mes de Setembro. Pretende-se e abrir un debate sobre o modelo de saneamento que queremos para a nosa Ría baixo o lema “Saneamento sí, mais non así”.

Acto que se celebrará no Parque, cunha conferencia na que disertará o arquitecto urbanista Xosé Allegue,  recital de poesía con Karloti, ... e musica e cancións con Manolo Bacalhau, ...

Enlaces relacionados de Interese:
Sitio na Rede, de información e documentación, para apoiar e facilitar, a loita e o traballo social que procura que o Sistema de Saneamento, nas marxes da Ría de Ferrol, sexa Integral. Saneamento si, mais non así!!!

http://ria-de-ferrol.blogspot.com.es/

O noso 'Informe' >>> Análise crítico do Proxecto de Saneamento acordado, polo Goberno, para a marxe norte da Ría de Ferrol | ALTERNATIVA ELABORADA POLA COMISIÓN DE SEGUIMENTO - GRUPO DE TRABALLO.

http://alternativa-proxecto-saneamento.blogspot.com.es/
________________

Canido organiza o seu primeiro Mercado Tradicional de productos do campo e traballos artesanais - Este Sábado 21 de Setembro, desde as 10 da mañá até as 8 da tarde na Rúa Alegre


Este Sábado, 21 de Setembro de 2013, no barrio ferrolán de Canido está organizado, pola asociación veciñal o 1º Mercado Tradicional Produtos do campo e Traballos Artesanais en Canido.

O evento, baixo o lema "Veciñ@s facendo barrio", vai ter lugar entre as 10 da mañá e oito da Tarde. A rúa Alegre acollerá a uns 45 artesáns e 20 produtores, todos eles procedentes de Galiza, a comarca e o propio Canido. A Horta Comunitaria de Caranza estará presente cun posto onde amosaran-se e poñerán-se á venda algúns produtos da súa última colleita.
  • A noticia no xornal comarcal 'Diario de Ferrol': Canido impulsa a produtores e artesáns a través dun mercado tradicional [Acceder].
  • Canido mira cara á súa horta | Feira de artesanía e produtos do campo | A asociación de veciños celebra o seu primeiro mercado tradicional | a noticia en 'La Voz de Galcia' [Acceder].

Conta no facebook da Horta Comunitaria de Caranza:
https://www.facebook.com/HortaComunitariaDeCaranza

Información baseada na enviada por:
Horta Comunitaria de Caranza
-comunitariadecaranzahorta@gmail.com-
19 de setembro de 2013 08:54
__________________________

mércores, setembro 18, 2013

Peace Day, ... Por Manuel Dios Diz

"Un mestre, un libro, un lapis, poden cambiar o mundo"
Malala Yousafzai

Por Manuel Dios Diz [*]
19.09.2013


Cada 21 de Setembro, desde 1981, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas, chama á cidadanía global, ás institucións públicas, e dun modo especial, a escolas e docentes, a celebrar o Día Internacional da Paz, máis coñecido como Peace Day (Ver a Resolución 36/37). Foi en 2001 cando a ONU estableceu que ese mesmo día fose declarado de alto o fogo en tódolos conflitos a nivel mundial (Resolución 55/282). Son dous magníficos documentos sobre os que reflexionar co noso alumnado.

Certo que a maioría dos medios de comunicación non dedican nin un pequeno espazo a estes asuntos. A Cultura da Paz, é verdade, non vende periódicos. Tampouco chama pola publicidade. Ten moita máis audiencia a cultura da violencia, da forza, do músculo. Chega con ver o tempo que as teles dedicaron onte a promocioar as ventas do videoxogo máis caro da historia, violento e sexista, para comprender que a paz, a concordia, o entendemento, son valores que hoxe non cotizan en bolsa.

En Galicia e no conxunto do Estado, convimos hai xa case que 30 anos, que o 21 de Setembro non era a mellor data para celebrar o Día da Paz nas escolas xa que, neste barrio do planeta, estamos a comezar o curso, os cativos e cativas aínda andan a tomar contacto coas aulas, e o profesorado tamén. Parecía razoable buscar unha data máis acaída. Foi así que o movemento de educadores e de educadoras para a paz, por iniciativa de Llorenc Vidal, decidimos escoller o 30 de Xaneiro, aniversario da morte de Gandhi, como Día Escolar pola Paz.

En calquera caso, como lembra Nacións Unidas, tódolos días do ano son bos para reflexionar e actuar a prol da tolerancia e o respecto mutuo, na procura dun mundo máis xusto e máis humano, máis pacífico, que valore positivamente a diversidade étnica, cultural, relixiosa, a nonviolencia, e a resolución pacífica dos conflitos.

O chamamento ó remate das hostilidades nas frontes de batalla, nas guerras de guerrillas e demais accións armadas, aínda que somentes fose por un día, probablemente non será escoitado, a pesares de que as demandas de paz universal son cada vez máis clamorosas entre a cidadanía e a sociedade civil en todo o mundo.

O Secretario Xeral da ONU, con ocasión deste día, fixo un novo chamamento no que pide á cidadanía que, a mediodía, hora local, gardemos un minuto de silencio en honor das vítimas que perderon a súa vida en situacións de conflito, tamén polas que teñen sobrevivido e sofren as consecuencias.

Nesta ocasión, Nacións Unidas quere resaltar o papel da Educación para a Paz, clave para fomentar a cidadanía mundial e construír sociedades pacíficas, porque, como temos reiterado tantas veces, non hai paz, sen educación para a paz.

O Seminario Galego de Educación para a Paz leva -desde 1985- traballando nas aulas e na sociedade, para promover os valores cívicos e democráticos na escola, os dereitos humanos, a convivencia, a interculturalidade, a igualdade entre homes e mulleres..., impartindo cursos de formación do profesorado, organizando encontros e xornadas, publicando materiais e libros de texto, unidades didácticas sobre os contidos e as metodoloxías da Educación para a Paz (Ver: www.sgep.org), documentais, curtas de ficción sobre o acoso escolar, recursos, contos, teatro, teatro de sombras, xogos e dinámicas de aula, celebrando o Día Escolar pola Paz e, cada día, transversalmente, nas materias de Educación para a Cidadanía, de Ética Cívica, de Filosofía, nas horas de Titoría, co Plan Integral de Mellora da Convivencia Escolar, por medio da educación afectivo emocional porque cremos firmemente que son os afectos e os sentimentos os mellores antídotos contra das violencias.

Quizais non consigamos que o 21 de Setembro rematen as hostilidades armadas, nin sequera que o minuto de silencio sexa maioritario ou significativo, ou que a Cultura da Paz teña maior presencia nos medios. Sen embargo, cada un de nós, co noso comportamento, na nosa aula, na nosa casa, cos nosos fillos e fillas, dentro do noso propio corazón, poderemos empezar a construír un mundo diferente.

A paz é unha demanda universal cada día máis sentida. A oposición á guerra avanza. Contra todo prognóstico a Cultura da Paz medra. Somos moito máis sensibles e intolerantes coas violencias do que nunca antes na historia da humanidade. Aínda que non o pareza lendo os titulares cada mañá, somos moito máis pacíficos que os nosos antecesores. E o seremos moito máis aínda. Abolir a guerra estase convertendo nun imperativo ético do século XXI. Como dicía Newton, construímos demasiados muros e non suficientes pontes.

Das súas espadas farán reixas de arados e das súas lanzas, fouces. Non levantarán a espada uns contra outros nin se exercitarán para a guerra, dicía Isaías, hai tantos anos. Hoxe os dereitos humanos e sociais, toda a arquitectura lexislativa construída a escala planetaria, a xustiza universal, con tanto esforzo, son un referente ético para a cidadanía.

Dicía María Zambrano que a paz é moito máis que unha toma de postura, é unha auténtica revolución, un modo de vivir, unha maneira de habitar o planeta, unha forma de ser persoa.

Educar para a Paz é, antes que nada, un acto de amor para co noso alumnado. O Manifesto de Sevilla (1986), feito propio pola UNESCO, afirma: A guerra e a violencia non son unha fatalidade biolóxica. Podemos poñer fin á guerra e ós sufrimentos que conleva. Non con esforzos illados, senón con accións comúns. Si cada unha, cada un, pensa que é posible, entón será posible. Os nosos antepasados inventaron a guerra. Todos nós podemos inventar a paz.

Federico Mayor Zaragoza, ex- director xeral da UNESCO, dixo nunha ocasión que "A aprendizaxe da democracia é a pedagoxía da paz". Nada máis certo. Educando e practicando a democracia. Porque a democracia é precisamente o único sistema político que non pode impoñerse desde arriba ou desde un centro. Erran quen pensan que a democracia pode promoverse a base de bombazos.

Neste 21 de Setembro, Peace Day, lembremos ás vítimas, ós máis de 100.000 mortos en Siria, ós millóns de desprazados. Pensemos nos nenos e nenas, nas mulleres, nos anciáns, na poboación civil, a principal afectada polas guerras modernas. Saudemos o acordo entre Rusia e os EE.UU, si impide a intervención militar norteamericana. Destruamos o armamento químico, todo, o que existe en Siria e o que fabrican e venden os estados máis poderosos para beneficio do complexo militar industrial, o gran dominio. Paremos a guerra. Abramos negociacións multilaterais de paz. Promovamos o diálogo e o entendemento entre os pobos. Impidamos a venta de armas ás partes en conflito. Deixemos de alimentar a confrontación armada e as caldeiras de odio. Demos unha oportunidade á paz. Fagamos as paces. Peace Day.

[*] Manuel Dios Diz é mestre, licenciado en Xeografía e Historia pola USC, preside o Seminario Galego de Educación para a Paz, membro fundador da Coordinadora Galega de ONGDs para o Desenvolvemento. Forma parte do Observatorio Estatal da Convivencia Escolar no cupo de personalidades de recoñecido prestixio. É coportavoz de Espazo Ecosocialista Galego, membro de AGE.

"A paz é o camiño, e facemos camiño ó andar. A paz é un descubrimento, non unha conquista, dicía, Raimon Panikkar. A guerra e a violencia non son fatalidades biolóxicas. Aprendemos a ser violentos. Por iso temos que "desaprender" para ser pacíficos, que non submisos, nin súbditos, nin mansos. Federico Mayor Zaragoza di que a aprendizaxe da democracia é a pedagoxía da paz. E María Zambrano afirmaba que a paz é moito máis que unha toma de postura, é unha auténtica revolución, un modo de vivir, un modo de habitar o planeta, un modo de ser persoa.
A paz como cultura...".
Enviado por:
Educación e Paz
-paz@sgep.org-
18 de setembro de 2013 12:49
______________

Entrevista a Xosé Arca, axente forestal, e a David Iglesias, brigadista da helitransportada, sobre os incendios forestais na Galiza - Interesante vídeo


Entrevista a Xosé Arca, axente forestal, e a David Iglesias, brigadista da helitransportada, sobre os incendios que consomen a comarca do Umia e a Galiza enteira.

O vídeo dura pouco máis de 12 minutos es está publicado no canle de Quinteiro do Umia, o pasado 14 de Setembro de 2013.


http://youtu.be/tq9sspmFBbw

____________________

O consello local de Esquerda Unida reivindica a unidade de acción na defensa do Naval ferrolán


As mensaxes lanzadas nos últimos días dende o consello de administración de Navantia son alarmantes. O goberno do PP, a SEPI e Navantia, unha troika que esnaquizou o tecido industrial da comarca, teñen a determinación de renunciar definitivamente á construción de barcos. Nos últimos seis anos parece que o empeño político foi preparar o camiño para un recorte brutal no cadro de persoal do estaleiro público e deixar vías abertas á privatización.

Non houbo ningún tipo de negociación seria, non hai carga de traballo á expectativa, non houbo ningún tipo de previsión ao final do veto nin se impulsou a construción civil, salvo o flotel usado como arma arroxadiza contra as lexítimas reivindicacións obreiras,  e dende a propia empresa pública, dependente do goberno, lánzase unha mensaxe de desprestixio ao mercado internacional, que pecha toda posibilidade de asinar contratos por incompetencia autorrecoñecida.

Dende a área de traballo e economía social de EU participaremos e apoiaremos toda convocatoria sindical contra esta barbarie que será a última pada de terra enriba da sepultura de Ferrolterra. Cómpre unha nova cultura obreira de unión fronte a un sistema que xa amosou as súas cartas: os estaleiros públicos son unha das dianas ás que apunta o sistema de recortes neoliberal impulsado polo Partido Popular.

Asimismo tamén nas institucións esixiremos responsabilidades, para o que reunirémonos cos diferentes comités de empresa co obxectivo de acadar a mellor estratexia parlamentar tanto en Compostela como en Madrid que permita dilucidar cal é o verdadeiro plan desmantelador do goberno, dalo a coñecer á opinión pública e loitar contra el pola supervivencia da nosa comarca.

Dende EU Ferrol preguntámonos cales foron as xestións do alcalde de Ferrol, ese que se amosou tan “compunxido” o día da folga comarcal, e se algún día vai deixar de ser o palmeiro local do dogma de fe do Partido Popular, a cidadanía paga os desmáns financeiros, ou vai ser valente por unha vez na defensa dos cidadáns aos que representa.

Ferrol 18 de setembro de 2013.

Grupo Municipal de Esquerda Unida

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
18 de setembro de 2013 14:29

Boas. Eviámosvos nota de prensa da área de traballo e economía social do Consello Local   de Esquerda Unida pola que nos posicionamos a favor da unidade de acción na defensa do Naval en Ferrolterra. Adxunto vos enviamos o documento completo. Grazas. Saúdos, Secretaría de Comunicación. Area de Traballo e Economía Social - Consello Local de Esquerda Unida.

__________________

Xoves, 19 de Setembro, no Ateneo Ferrolán, Conferencia "Neoliberalismo, a democracia asediada" no 40º Aniversario do 11-S en Chile - Contaremos coa presencia de Omar Contreras, presidente do COSAL


O pasado Mércores 11 de Setembro, dentro do actos que a asociación 'Fuco Buxán' está organizando co motivo de cumprir-se o 40 aniversario do "Golpe de Estado en Chile", proxectaba-se o documentario "O diario de Agustín", de Ignacio Agüero. Continuando cos actos programados, mañá Xoves 19 de Setembro, está prevista unha Conferencia, baixo o titulo: "Neoliberalismo, a democracia asediada".
CONFERENCIA-COLOQUIO
Omar Contreras
Xoves, 19 de Setembro, ás 20hs,
no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán,
no número 202 da rúa Madalena.
Omar Contreras, presidente do COSAL (Comité de Solidaridade con América Latina), será quen expoñerá o tema que indagará -neste momento de grave crise económica- nas claves do golpe de Estado neoliberal contra o sistema democrático representado polo goberno presidido por Salvador Allende, establecendo claras semellanzas coa nosa situación actual caracterizada polos déficits sociais, mafiocracia e políticas inxustas e contrarias ós intereses da xente do común.

Neste acto –do que podemos sacar esperanzadoras leccións se proxectará-se un audiovisual sobre o golpe militar con lectura de textos a cargo de Lorena Calaza e Susana González Alaniz,para que a memoria no se durma, para que a memoria non morra”.


Enlace de interese:
40 anos do Golpe Militar 1973-2013.
http://ciperchile.cl/especiales/golpe/
--
A nosa web
:
www.fucobuxan.net

Os nosos blogues:
Escolma das Razóns
http://escolmadasrazons.blogspot.com.es/
Pensamento Crítico
http://opinionsfuco.blogspot.com.es/
Nas redes sociais:
Facebook
http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749
Twitter
http://twitter.com/FucoBuxan
Google+
https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts
---
Fuco Buxán, A. C.
Rúa Armada Española, 32 baixo- 15406 - Ferrol
Apartado Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telefono. 981325492
www.fucobuxan.net
fucobuxan@yahoo.es




Información baseada na enviada por:

fucobuxan
-fucobuxan@gmail.com-
14 de setembro de 2013 23:59
__________________

Foi a concentración no 'Parque Pablo Iglesias' de Ferrol, por un outro modelo de saneamento e contra a construción, no mesmo parque público, do mal chamado "tanque de tormentas" - Polo saneamento integral da Ría de Ferrol - Vídeos, fotos e enlaces de interese


Moitas persoas acudiron á chamada das organizacións ecoloxistas e veciñais concentrando-se nun moi concorrido 'Parque Pablo Iglesias'. Parque público onde está previsto construír un mal chamado "tanque de tormentas". Chema Hernández Roca, membro da Comisión de Medio Ambiente da Asociación Veciñal de Recimil, leu un comunicado consensuado polos colectivos convocantes (Escoitar nos vídeos). Ademais das entidades ADEGA, a SGHN, Verdegaia e a xa mencionada entidade veciñal, participaron na concentración veciñas e veciñas usuarias do parque, diferentes activistas de asociacións culturais, sindicais e do movimento social de Ferrol Terra; políticos de dous dos grupos municipais da oposición (BNG e EU) que fixeron expreso o apoio ás demandas da concentración; tamén apoiaron outros partidos como Equo Galicia, Espazo Ecosocialista Galego e mesmo ANOVA que contou co deputado de AGE Antón Sánchez. A concentración, deste martes, 17 de Setembro de 2013, reivindicou a paralización da construción do "tanque de tormentas" cuxas obras se ten previsto iniciar antes de que remate o presente mes, e abrir un debate sobre o modelo de saneamento que queremos para a nosa Ría baixo o lema “Saneamento sí, mais non así”.

Ao final do acto anunciaron-se outros actos como o do vindeiro Sábado 21 de Setembro, no mesmo Parque Pablo Iglesias, unha actividade reivindicativa (conferencia, concerto, recital de poesía, teatro...) e na segunda quincena de Outubro unhas Xornadas nas que se traten os aspectos técnicos, lexislativos  e ambientais, co fin de axudar á cidadanía a entender o modelo de saneamento da Ría así como os seus inconvenientes e facer propostas que contemplen outro modelo de tratamento.

O vindeiro Xoves, 18 de Sembro,  vai ter lugar unha Xuntanza da Comisión de Seguimento - Grupo de Traballo. Será ás 20:30hs, no barrio de Recimil, frente ao nº6 da rúa Euzkadi, nun local da asociación veciñal. Esta será a segunda sesión da Comisión que queda aberta a novas incorporacións.


http://www.youtube.com/watch?v=pYTVlVwlB5k&feature=share&list=UUEsyIpC9Y8SoVla3A-qmvlw


http://youtu.be/JoThnPHvxM4


http://youtu.be/_-UcVGTT0yk

Enlaces relacionados de Interese:
Sitio na Rede, de información e documentación, para apoiar e facilitar, a loita e o traballo social que procura que o Sistema de Saneamento, nas marxes da Ría de Ferrol, sexa Integral. Saneamento si, mais non así!!!

http://ria-de-ferrol.blogspot.com.es/

O noso 'Informe' >>> Análise crítico do Proxecto de Saneamento acordado, polo Goberno, para a marxe norte da Ría de Ferrol | ALTERNATIVA ELABORADA POLA COMISIÓN DE SEGUIMENTO - GRUPO DE TRABALLO.

http://alternativa-proxecto-saneamento.blogspot.com.es/
________________

martes, setembro 17, 2013

O caso do "tanque de tormentas" que se está construíndo en Gondomar - Un moi interesante 'Informe', de 'Salvemos Monteferro'


Activistas da 'Asociación de Defensa Medio Ambiental Salvemos Monteferro', pasaron-nos un completo 'Informe' sobre o "tanque de tormentas" que se está construíndo en Gondomar. O citado informe, ten data do 21 de Xuño de 2013, polo que é moi recente.

Isto pasou en Vilaza, parroquia de Gondomar, concello duns 14.000 habitantes, situado no Val Miñor, na comarca de Vigo. A veciñanza atopou-se unha mañá de Setembro do pasado ano 2012, diante das súas casas, con moita maquinaria pesada traballando na escavación do que sería un grande furado, para albergar un mal chamado "tanque de tormentas".  A partir de aí, comezou a organización da veciñanza e o estudo do sistema de saneamento acordado pola administración sen participación veciñal, en relación co que se estaba facendo no parque diante das súas casas. Logo pasaron xa ás protestas e á denuncia da obsoleta infraestrutura. O proxecto non foi sometido a Avaliación Ambiental nin a exposición pública, e a licitación da obra no DOG era indetectábel para calquera cidadán común. A ficha técnica do proxecto afirma que se pretenden construír dous "tanques de tormentas" que ao final quedou só nun. Mais o problema real é a ausencia dunha rede separativa de augas pluviais e fecais, e este problema non pode ser solucionado nin paliado por un, neste caso, mal chamado "tanque de tormentas".

Paga a pena para-se a ler, e mesmo estudar, este 'Informe' moi ben elaborado polas compañeiras e compañeiros  de Salvemos Monteferro. Este traballo é unha moi boa ferramenta para a loita que estamos levando en Ferrol, no 'Parque Pablo Iglesias' e por un saneamento integral para as marxes da Ría.

Informe da 'Asociación de Defensa Medio Ambiental Salvemos Monteferro', sobre o "Tanque de Tormentas" que se está construíndo en Gondomar. 14 Páxinas en formato PDF | Monteferro, 21 de Xuño de 2013 [Acceder] | O informe en formato web [Acceder].

Relacionado:

O noso 'Informe' >>>

Análise crítico do Proxecto de Saneamento acordado, polo Goberno, para a marxe norte da Ría de Ferrol | ALTERNATIVA ELABORADA POLA COMISIÓN DE SEGUIMENTO - GRUPO DE TRABALLO | [IR AO BLOGUE].

Fonte: Sitio na Rede, de información e documentación, para apoiar e facilitar, a loita e o traballo social que procura que o Sistema de Saneamento, nas marxes da Ría de Ferrol, sexa Integral. Saneamento si, mais non así!!!

http://ria-de-ferrol.blogspot.com.es/

__________________