luns, maio 12, 2014

Emerxencia Social: Lazos Prol Solidariedade necesita axuda - "19 anos de resposta comunitaria ao VIH, 19 anos de traballo solidario na procura de xustiza social"

19 anos de resposta comunitaria ao VIH, 19 anos de traballo; solidario na procura de xustiza social

Benqueridos/as amigos/as,

Póñome en contacto con vós co fin de dar a coñecer a situación da entidade que represento, a data 9 de Maio do 2014.

A actividade da Asociación LAZOS PROL SOLIDARIEDADE estase vendo condicionada pola economía até o punto de que si non entra o luns 12 ou martes 13 de maio liquidez, vémonos obrigados, unha vez máis, a paralizar servizos que vimos prestando desde 1995. Unha entidade que cobre, entre outras cousas, necesidades básicas de alimentación, asesoramento sobre enfermidades que, de non ser atendidas poden menoscabar a saúde pública, realiza probas de detección de infeccións transmisibles, achega á rede sanitaria a aquelas persoas que permanecen fóra do sistema, non pode o seu funcionamento verse afectado por a demora no cobro das subvencións públicas, do exercicio 2013.

Desde o 26 de marzo do 2014 as contas bancarias da entidade atópanse en números vermellos, o que implica que os servizos que prestamos vense afectados, e nalgún caso téñense que deixar de prestar, por exemplo os almorzos que se lles ofrece aos usuarios e usuarias ademais doutros que cobren necesidades básicas. Os proveedores da entidade e as empresas que nos prestan servizos, algúns deles indispensables para a apertura das sé e para o funcionamento das actividades, reclámannos as débedas que temos contraídas con eles.

Os traballadores e traballadoras da entidade atenden problemáticas moi complexas onde o sufrimento é un elemento común na maioría das súas intervencións. Estes, non poden verse afectados pola situación da entidade porque pode afectar á calidade da atención.

Necesitamos a vosa axuda, a de todas e todos, dos cidadáns e cidadás, das Administracións Públicas, Autonómicas e locais, e das empresas privadas. Esperamos que esta urxencia atope resposta inmediata. Calquera axuda contribuiría a que a entidade poida continuar prestando os seus servizos.

En Ferrol, a 9 de maio de 2014

Carlos Varela en representación da Xunta Directiva da Asociación LAZOS

Carlos Varela
Presidente
Tfno.: 698147975


Dirección sede: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo
15401 Ferrol ( A Coruña )

Tfno./Fax 981350777
Tfno. Móvil :698147975
Dirección web: http://comitelazos.blogspot.com
Nueva dirección web (en construcción): www.lazosprosolidariedade.org
Infórmate sobre a proba do VIH pinchando aquí
En Facebook
En twitter

Enviado por:
Lazos Pro Solidariedade
-comiteantisidaferrol@gmail.com-
9 de maio de 2014 15:52
Boas, enviamos nota de prensa co motivo da situación que estamos a atravesar na nosa entidad. Un saúdo. Carlos Varela.
_______

Foto tirada do xornal dixital  Compos Times, que foi publicada nunha interesante entrevista de Pablo Montero  a Carlos, con data do 14 de Marzo de 2014.
_____________________

sábado, maio 10, 2014

Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza! - 17 de Maio de 2014, no día das Nosas Letras: Mobilización Expansiva - Manifesto - Enlaces

Este 17 de Maio de 2014, ás 12 do mediodía, comezara en toda Galiza a mobilización expansiva, en Ferrol Terra na Praza do Concello, diante do Pazo Municipal, comezará o roteiro pola lingua. Desde a Plataforma Queremos Galego, integrada por máis de 700 entidades, chaman a participar nesta mobilización reivindicativa pola lingua galega.

Manifesto “Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza!”, da autoría de Marica Campo, que será lido nas 8 mobilizacións que terán lugar o 17 de maio de 2014 na Galiza.

O galego é a nosa lingua. A Galiza ten unha lingua de seu que é o galego. Por isto, non podemos tolerar  que no noso país, hoxe, o español, coa axuda do Inglés, se utilice como o seu sepultureiro. Até o Estatuto de Autonomía, que xa ten 33 anos, declara que o Galego é a lingua propia de Galiza. En boa lóxica, xa que é así, está na súa casa e non precisa permiso das outras,  impostas e alleas,  para se mover libremente polas diversas estancias.

Todos os avances das forzas emancipadoras da humanidade  foron sempre na dirección de combater a exclusión social. Agora, na tan amentada crise, denúnciase decote o aumento dos excluídos. Mais nós, galegas e galegos, levamos moito tempo vivindo unha crise particular que non é filla conxuntural da que din que se desatou hai sete anos. A nosa crise ten outros nomes e apelidos: son o noso dereito a existir como tales, a traballar na nosa terra e a facermos uso libre e estendido da nosa lingua, os que están sendo vulnerados.

A ela, á nosa lingua, foille imposto historicamente un manual de redución. A que a reduciron? Reducírona á oralidade, á fala; reducírona a unha clase social, os oprimidos carentes de todo poder de decisión; reducírona a uns lugares, as aldeas; reducírona a unha idade, os vellos.

O ano pasado lembramos que se cumprían 150 anos desde que unha muller chamada Rosalía de Castro culminara un proceso de dignificación da lingua galega, rompendo esa trampa mortal de falsa naturalidade, isto é, dun uso marxinal permitido, e elevándoa á máxima altura estética e patriótica. A partir dela e até os nosos días,  a nosa lingua foi cobrando naturalidade e dignidade noutros espazos sociais e públicos a cadora máis amplos e diversos.

Somos todas e todos os que estamos aquí fillos ou descendentes deste esforzo;  mais, ao mesmo tempo, responsábeis de lle asegurarmos continuidade. Neste labor, non só non contamos coa protección institucional, senón que temos que gastar o tempo a defendérmonos das ilegalidades que os poderes públicos perpetúan contra o galego.

Amigas e amigos, o tempo actual non é propicio para a existencia de Galiza e do seu signo principal, a lingua galega, porque a globalización pretende arrasar con toda diferenza que ouse desafiar a hexemonía do imperial dominante. Non os imos compracer. Non temos a menor vontade de suicidio nin de resignación. Por isto, parafraseándomos a Díaz Castro, o poeta a quen celebramos este ano, diremos:
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza, no uso da nosa lingua nas aulas, tamén como lingua vehicular  escandalosamente prohibida pola Xunta para certas materias.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante, lingua nosa, nos medios de comunicación e na publicidade.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante, no uso do Galego pola Administración.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante, porque iso é o xusto, para a nosa palabra na Xustiza.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante nas misas e demais celebracións relixiosas.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante na oferta de ocio.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante en todos os novos soportes comunicativos.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante nos transportes públicos.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante no comercio.
  • Un paso adiante e outro paso adiante en todas as artes e as letras.
Porque unha lingua normal é unha lingua ubicua, omnipresente,  e este decálogo non nace dunha invención nosa, senón que está contido na Carta Europea das Linguas non Estatais, aceptado como lexislación superior do Estado en 2001 e igualmente presente no Plano Xeral de Normalización Lingüística,  aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia vai para dez anos, e desprezado por quen o tiña que executar.

Debe ser a lingua obxecto de uso e de defensa todos os días do ano en todos os lugares e momentos, porque non é un adorno ou unha peza cultural: é o noso ser e precisa dunha defensa cívica e dun amor colectivo e dunha mobilización social tan potente como a que dedicamos a outros asuntos que teñen a ver co diñeiro, co traballo ou con dereitos conquistados.

O poeta Díaz Castro, escribiu nun seu poema estes versos: “Alumarei con fachas de palabras, / ancho herdo meu, o mundo que me deron”. Falar a nosa lingua é darlle luz, é dicir, visibilidade. E tamén calor, amparo social, porque a lingua non é individual e precísanos a todas e a todos para seguir nomeando o mundo desde nós.

Adiante, pois, sempre! Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza, coa lingua que nos crea e que nos cría, que nos fai ser e existir.
Viva a lingua galega!

Fagámola vivir e ser útil!

É tempo de falarmos: somos nós!
http://www.queremosgalego.org/

Enviado por:
Queremos Galego
-queremosgalego@queremosgalego.org-
9 de maio de 2014 07:38

__________

Enlaces de interese:

_________________

O gaseiro 'LNG Sestao Knutsen', o 169 buque, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para Reganosa, anuncia a entrada na Ría de Ferrol este Sábado 10 de Maio - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova acción de protesta o mesmo día


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 SÁBADO 10 DE MAIO, ÁS 8 DA TARDE (NOVO HORARIO)
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE EDIFICIO DA XUNTA DE GALICIA

O gaseiro 'LNG Sestao Knutsen', é un buque de grande porte, 284 m de eslora e 42,5 m de manga e  de calado 12.30 m. Cunha capacidade de 138.000 m³ de GNL. Son miles as toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa. Este enorme buque ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Sábado 10 de Maio de 2014. Esta entrada, supon xa a 169, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Sábado ás 8 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Esta concentración coincide, cun novo despropósito contra a poboación que mora na contorna desta Ría. Pois anuncian un novo negocio de Reganosa, apoiado pola Xunta de Galicia, subsidiado con diñeiro público. Proxectan un HUB de Gas Natural Licuado de Reganosa que fará de Ferrol unha enorme bomba de reloxería colocada dentro da nosa Ría, será  a construción dun surtidor de gas (gasoliñeira) na Ría de Ferrol, para buques que utilicen LNG/GNL como combustíbel.

Hai dous anos (11 de maio de 2012) que se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.


Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
8 de maio de 2014 15:5
_______________

venres, maio 09, 2014

O novo HUB de Gas Natural Licuado de Reganosa fará de Ferrol unha enorme bomba de reloxería colocada no noroeste galego - A Xunta e Reganosa, proxectan a construción dun surtidor de gas na a Ría de Ferrol, para buques que utilicen LNG/GNL como combustíbel


Nota do CCE sobre o Hub de Reganosa

A Xunta e Reganosa métennos gato por lebre

Ferrolterra vive en estado de emerxencia coa taxa de paro máis alta de Galicia, única cidade galega onde a taxa de paro (30.7%) supera á de ocupación (29.4%), segundo a EPA publicada polo INE, e o pequeno comercio pecha en cascada. Ademais da ameaza que pende sobre Navantia, por riba de que 3.500 traballador@s das auxiliares xa foron despedidos, por mor da política de baleirado de gradas do Goberno do PP para xustificar o seu desmantelamento.

A piques de entrar na campaña electoral, o Goberno apraza a aplicación dunha nova volta de torca (recortes das pensións, subida do IVE, nova reforma laboral, desmantelamento de Navantia), e non deixa de bombardearnos co discurso do fin da crise. O Pte. do Goberno amosa a súa satisfacción, a pesar dos datos demoledores da EPA.

Para non ser menos na nosa comarca, a Xunta de Galicia, Autoridade Portuaria, Reganosa e Navantia, anuncian-nos un novo "revulsivo" para Ferrolterra: "Ferrol converterase no centro mundial de Referencia de subministro de Gas aos buques", recordándonos a campaña levada no seu momento para relocalizar a planta de gas no interior da Ria, que ía relanzar a comarca, creando unha morea de postos de traballo.

Nunha situación de emerxencia como a que está sumida esta comarca, a Xunta, Reganosa e Navantia, non nos anuncian o dique flotante, nin barcos nas gradas. Non, iso non, mellor construílos en Asia, como así decidiu Gas Natural-Fenosa, un dos socios principais de Reganosa. Para nós deixan o máis "importante": o perigo da planta e o trasfego dos gaseiros cargados na Ría.

Tampouco a Xunta nos anuncia fondos públicos para un plan de emprego, nin un plan de recuperación da Ría, rematando con todos os verquidos, e as agresións (bunkering, ocupación enseada da Malata, dragado e dinamitado a canle de entrada etc etc).

Non nos anuncian o remate do timo ao que Reganosa somete aos cidad@s, 60 millóns ao ano a cambio de destruír a Ria cun sistema fraudulento de regasificación.

En definitiva, non nos anuncia o peche dunha instalación ilegal. Non nos anuncian o cumprimento da sentencia do Supremo para que deixe de ser unha ameaza para a poboación, nin o remate da corruptela de Reganosa. Non nos anuncian a apertura do gasoduto de Tui, que antes nos subministraba gas e que manteñen pechado para xustificar o timo de Reganosa.

Non, a Xunta de Galicia non ven a afrontar a situación de emerxencia desta comarca, promovendo o emprego, carga de traballo, sanear a Ria...; non, a Xunta ven dar cobertura á bomba de Reganosa, a seguir destruíndo a Ria, e anunciando máis merda e corrupción.

Ferrol a 06-05-2014

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información enviada por:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
7 de maio de 2014 12:53
_______________

Documentación:

Axudas financeiras comunitarias no ámbito das redes transeuropeas de transporte e enerxía - RTE-T / RTE-E | http://euroalert.net/ueprogrammes.aspx?idp=569


_____________________

xoves, maio 08, 2014

A privatización sanitaria: o libre comercio e o Club Gertech, ... Por Pablo Vaamonde


Por Pablo Vaamonde [*]

08.05.2014

O sistema sanitario público está en perigo. O risco non está na pretendida insustentabilidade que pregoan os profetas ultraliberais (na acción pública sempre é sustentable aquelo que se quere sustentar).  A auténtica ameaza son as políticas neocom que pretenden apoderarse dos orzamantos adicados aos servizos públicos.

Os voitres da especulación financeira planean arredor. Hai unha planificación estretéxica, que ven de anos atrás, e ten por obxectivo desmontar os servizos públicos e apoderarse do seu financiamento. Non se trata dunha nova teoría da conspiración senon de feitos e datos contrastados. Podemos afirmar, con toda certeza, que existe un plan internacional, financiado e liderado pola poderosa industria farmacéutica e as grandes empresas da tecnoloxía sanitaria. Esta estratexia, deseñada  a grande escala, é aplicada de forma estricta, polos políticos cómplices e os grupos de presión, a nivel local.

Un excelente informe publicado pola FADSP (Federacion de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública) revela o plan que se está a negociar entre a Comisión Europea –órgano non electo- e o Departamento de Comercio dos EEUU para constituir unha Asociación Transatlántica para o Comercio e a Inversión (ATCI ou TTIP, dacordo coas siglas en inglés). Comezaron esta negociación en xullo de 2013 -dirixida por dous persoaxes de dudosa reputación-, con grande secretismo. Suscita numerosas  discrepancias, pois os observadores entenden que é moito máis que un tratado de libre comercio xa que suprime todas as barreiras económicas e lexislativas aos intercambios comerciais. No ámbito sanitario este acordo, de aplicarse, representaría que os sistemas sanitarios públicos europeos serían un mercado aberto á participación das empresas de EEUU. As empresas transnacionais pretenden con esta iniciativa “acceder aos presupostos sanitaros públicos dos países europeos para ter a oportunidade de obter grandes beneficios”.

Ante a polémica xerada por esta negociación o Parlamento Europeo aprobou unha resolución que exclúe da negociación os servizos públicos da penetración do sector privado nos mesmos. Mais cómpre saber que as resolucións do Parlamento non son vinculantes para a Comisión Europea que é quen realmente negocia. Non está claro, por tanto, que a sanidade pública quede protexida. Pola contra, este plan vai dirixido a garantir o acceso das grandes empresas transnacionais aos orzamentos adicados a sanidade (que representan arredor do 40% do presuposto total das CCAA), co obxectivo de conseguir a privatización dos servizos sanitarios, “que son vistos polos inversores privados e pola industria farmacéutica e de tecnoloxía sanitaria como unha enorme lista de compras”.

Se fose asinado este Tratado, nos termos que pretenden as partes negociadoras, poderían tornar irreversibles as privatizacións dos servizos públicos, pois a lexislación estatal quedaría condicionada pola normativa de superior rango da UE. As multinacionais e os poderosos lobbys presionan para desenvolver o chamado “Mecanismo de Solución de Diferencias entre inversor e Estado” (ISDS), ideado para protexer aos inversores e que inclúe “disposicións contra a expropiación de servizos de interese público”. Esto quere decir que sería imposible dar marcha atrás nas privatizacións: as concesionarias poderían recurrir a entidades arbitrais para conseguir elevadas indemnizacións por lucro cesante.

Esta estratexia global reflíctese, a nivel local, no “selecto” Club Gertech, unha asociación formada por “xerentes e altos directivos sanitarios e tecnólogos de empresas”. Este foro, que afirma estar orientado á formacion e a crear cultura de innovacion, na realidade é un poderoso grupo de presión que ten un obxectivo claro: apoderarse dos recursos económicos destinados á saúde (57.000 millóns de euros segundo os orzamentos de 2014). Está integrado por xerentes sanitarios e altos cargos, a Universidade de Navarra e o Instituto Carlos III. Recibe apoios da Asociación de Directivos Sanitarios (SEDISA) e do chamado Foro da Profesión Médica (alianza corporativa integrada por organizacións afíns ao actual goberno), e ten o patrocinio de varias empresas do sector (Medtronic, Philips, Roche, Nec Corporation, Citec-B), todas elas con fortes intereses na privatización sanitaria.

O actual goberno galego ten unha particular sintonía con este grupo. O director xeral de Recursos Económicos do Sergas e os xerentes de Vigo e A Coruña actuaron como ponentes principais nos seus debates. A propia conselleira de Sanidade defendeu nun foro en Barcelona a necesidade de laboralizar o persoal sanitario. O Sergas está a desenvolver as súas propostas nos proxectos Hospital 2050 e Innova Saúde. O executivo aplica con dilixencia as receitas do club: concertos público-privado, externalizacións, control da tecnoloxía e da informacion por empresas privadas, e a implantación das Unidades de Xestión Clínica (UXC). Estas UXC veñen ser a fórmula para fragmentar os centros sanitarios en múltiples empresas con autonomía de xestión, coa perspectiva de crear un mercado sanitario interno propicio para os intereses das grandes empresas do sector.

Este lobby redacta documentos e celebra foros de debate, que sirven de plataforma para difundir o seu ideario. A FADSP, noutro informe clarificador, denuncia que esta asociación ten como finalidade xerar “unha alianza público-privada financiada con diñeiro público para negocio das empresas privadas”. SEDISA (que ten vínculos con empresas farmacéuticas: Roche Sanofi, Grünental, Jonhnson&Johnson),  argumenta na mesma dirección. No seu “proxecto Amphos” aconsella: cambiar a xestión dos centros por medio das UXC, transformar os hospitais en empresas autónomas, laboralizar aos traballadores sanitarios e promover os autocoidados do enfermo mediante tecnoloxías instaladas no domicilio. Podemos observar que non son nada orixinais e que  ambos foros repiten as mesmas letanías.

A FADSP entende que o sistema sanitario público está en perigo real, por “unha estretaxia deseñada e articulada por grupos poderosos que pretenden facerse con fondos económicos que o estado destina á sanidade”. Esta actuación depredatoria está sendo realizada coa total complicidade dos dirixentes do Partido Popular, asiduos visitantes da “porta xiratoria”. Cómpre movilizarse con dilixencia para frear este  plan de aniquilación dos servizos públicos. Do contrario, os voitres financeiros faranse con todo e xa non nos quedará nada.

Plataforma Defensa Sanidade Pública de OurenseO GOBERNO ENVIA A BRUXELAS UN NOVO PLAN DE RECORTES QUE VAI AFECTAR SERIAMENTE A SANIDADE PÚBLICA


O GOBERNO ENVIA A BRUXELAS UN NOVO PLAN DE RECORTES QUE VAI AFECTAR SERIAMENTE A SANIDADE PÚBLICA

PUBLICADO EN MAIO 5, 2014

O Goberno de Madrid enviou a  Bruselas un “Plan Nacional de Reformas” que promete una re-avaliación do “perfil de los beneficiarios, alcance de la cartera de servicios y acreditación de requisitos

Na ligazón que colgamos no blog:
http://plataformasanidadeourense.wordpress.com/2014/05/05/o-goberno-envia-a-bruxelas-un-novo-plan-de-recortes-que-vai-afectar-seriamente-a-sanidade-publica/

pode verse como os recortes que o Goberno dixo ter deixado atrás seguirán neste 2014. Só hai que botarlle un ollo ao chamado el Plan Nacional de Reformas para 2014 remitido  a Bruselas no que incluen novos axustes en capítulos como a Sanidade para que implementen tanto o goberno central como os das CCAA. Xustificase este axuste co obxetivo de “garantizar la sostenibilidade de la financiación de la sanidad y la cohesión territorial del Sistema Nacional de Salud”, como vedes máis do mesmo e unha “partitura” xa coñecida de anos anteriores. Sempre todo en aras da “sostenibilidade, financiamento e cohesión” tres grandes verbas para seguir afondando na privatización, nos recortes, nas desigualdades en saúde, na exclusión social, etc en definitiva na merma da calidade do sistema público, no empeoramento nas prestacións aos usuarios e sobrecargando nos profesionais os problemas engadidos.

Entre a ponte e a "orxía futbolera" o goberno coa outro recorte sanitario

Fonte: http://pablovaamonde.blogspot.com.es/2014/05/a-privatizacion-sanitaria-o-libre.html


Blogue persoal de Pablo Vaamonde:

Pavillón de Repouso

http://pablovaamonde.blogspot.com.es/

[*] Pablo Vaamonde, nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.
Docs:

Documento: Plan Nacional de Reformas 2014, en formato -pdf - 233 páxinas.

Documento Pregunta parlamentaria de Rosana Pérez Fernández (BNG) sobre o novo recorte no orzamento destinado a sanidade contemplado no Plan Nacional de Reformas 2014, en formato -pdf- 3 páxinas.

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
7 de maio de 2014 14:27

www.plataformadspferrol.blogspot.com

Informacion SOS Sanidade Pública | Un saudo de Manuel Martin Portavoz SOS Sanidade Pública |mmargar1951@gmail.com | 669704177
__________________

Ada Colau deixa a portavocía estatal das PAHs - Carta de Ada Colau ás PAHs


Ada Colau deixa a portavocía estatal da PAH
| Logo de cinco anos, Ada Colau deixa a portavocía estatal da PAH | 07.05.2014 | #graciasAda


A cara máis visible da PAH anunciou onte nunha carta ao movemento a decisión de deixar a portavocía estatal e manterse no movemento como unha activista máis, tarefa que desempeñou, xunto coa de portavocía, desde que se iniciou a PAH.

O agradecemento desde as PAHs pola inxente tarefa desempeñada por Ada durante cinco anos, con especial intensidade trala comparecencia no Congreso, non pode medirse con palabras. O seu carisma, sencillez, valentía, coherencia e humildade levárona, desde o momento no que a súa cara se converteu na "cara da PAH", a ser un referente para todas e cada unha de nós.

A sobreexposición á que se viu sometida carrexoulle non poucas ameazas e esixiulle unha dedicación plena, por iso, non podemos deixar de agradecerlle que soporte esa presión en beneficio do movemento, o cal, sen o seu referencialidade, non puidese chegar ás miles de persoas que cada día apoian as nosas plataformas e acoden en busca de solucións.

A PAH é unha organización democrática que, desde os seus inicios, ha ter diferentes portavoces, tanto a nivel local como nas diferentes campañas. Durante estes anos, as dotes comunicativas de Ada convertérona nunha icona do movemento e da loita contra a inxustiza, axudando á PAH a crecer e facerse máis forte, dotándonos dunha organización descentralizada con sobrada capacidade para actuar en todo o Estado. Por este motivo na PAH non aspiramos a substituír a unha portavoz estatal por outra; senón a reforzar a encomiable tarefa que xa fan os seus múltiples portavoces, que son agora máis necesarios que nunca. En toda organizacion democrática hai substitucións nas tarefas que se desempeñan, e a PAH conta por sorte cunha ampla bolsa de portavoces.

Ada quixo comunicar a súa decisión antes da presentación da nova campaña da PAH de face ás eleccións europeas que se presentase o vindeiro venres. Desde aquí non podemos máis que dicir "grazas Ada", vémonos nas rúas e nas asembleas.


Carta de Ada Colau ás PAHs

Queridas PAH?s

Queridas e queridos compahs de todo o estado

Desculpade si abuso da canle interna da PAH para enviar unha carta persoal, pero dado que o que vos quero comunicar ten repercusións no movemento, creo oportuno facelo. Esta é unha carta interna, polo que rogo que non se divulgue fora das asembleas das PAH. Este 22 de febreiro de 2014 celebramos o 5º aniversario da PAH. Quen nolo ía a dicir, cando un pequeno grupo empezamos en Barcelona en febreiro de 2009, que 5 anos despois, a PAH converteríase nun movemento cidadán de referencia, con máis de 200 núcleos en todo o estado. foron 5 anos intensos e marabillosos, e persoal e politicamente estou orgullosa e agradecida, pola experiencia de transformación social e incidencia política máis potente na que participe xamais.

Xunto co meu compañeiro Adrià, a nosa implicación na PAH foi de entrega total, e o mellor de todo é que xamais o vivimos como un sacrificio, senón todo o contrario. A excepción do parénteses obrigado polo nacemento de Luca, foron 5 anos nos que 24h ao día, os 7 días da semana, estivemos envorcados na PAH. É algo que non se elixe, só sucede, ocorreu non había nada máis importante nin máis fermoso que puidésemos facer.

En todo este tempo, producíronse distintos puntos de inflexión para o movemento. Os inicios en Barcelona foron duros até que a cousa arrincou ... logo crecemos e consolidámonos en Catalunya, e non foi até a campaña stop desafiuzamentos (finais 2010) e o 15M (maio 2011) que o movemento se expandiu por todo o Estado. En 2012-13 vivimos outro punto de inflexión coa ILP, que non só fixo crecer o movemento, senón que consolidou unha mínima articulación e coordinación estatal.

O último ano foi para todos, pero para min moi especialmente, moi pero que MOI intenso: a ILP, a comparecencia no Congreso, os escraches ... de súpeto marcamos a axenda política e irrompemos na primeira estafa. A PAH converteuse na única oposición real ao goberno do PP, e "Ada Colau" converteuse nun personaxe mediático en programas de gran formato. Xamais imaxinei, cando acudín aquel 5 de febreiro á comisión de economía do Congreso, que tería que escoitar a aquel bárbaro da AEB dicir o que dixo, nin que eu reaccionaría de forma sensata chamándolle polo seu nome -criminal -, e aínda menos imaxinei que todo aquilo acabaría en trending topic e nos medios.

Con todo sucedeu, e xestionar iso non foi fácil: sen dúbida aproveitámolo para o movemento como puidemos, asumindo contradicións polo exceso de personalismo, intentando sempre resaltar a dimensión colectiva. Creo que todas e todos debemos felicitarnos por como o levamos. Nin o buscamos, nin estabamos preparadas, e malia iso creo que en liñas xerais soubemos estar á altura e pensar sempre no ben común.

Non todas as compahs viron ben que aceptásemos acudir a programas como "El gran debate de Tele5" ou outros similares. Seguro que algunha vez equivocámonos, pero honestamente creo que acudir a eses programas deu un resultado máis positivo que negativo. Permitiunos chegar a millóns de persoas ás que nos resultou imposible acceder doutro xeito. É unha canle que hai que utilizar con prudencia, por suposto, sempre de forma crítica e tomando precaucións, pero vivimos nunha sociedade mediática e hai que usar tamén esas canles. A título informativo, creo interesante compartir que, recentemente, distintas fontes confirmáronnos que acabaron co gran debate por presión directa do Goberno, xa que a nosa presenza, xunto con outras voces críticas, estaban dando un gran éxito de audiencia e iso convertía ao programa en perigoso.

A nivel persoal, recoñezo que "aínda que lle quitei importancia porque non había que mostrar debilidade ante os nosos inimigos" houbo momentos duros. Momentos difíciles cando, por exemplo, o Goberno identificoume como a "lideresa filo terrorista" e acto seguido empecei a recibir ameazas de todo tipo. Denunciar na comisaría, que os mossos veñan á túa casa a dicirche que precaucións debes tomar, que a prensa da caverna empezo a publicar a túa vida distorsionada, difamando a toda a túa familia ... En fin, non se trata de facerse a vítima (que é o que eles quererían), pero a verdade é que algunhas semanas foron complicadas, e máis dunha noite -tampouco hai que esconder a propia vulnerabilidade- con Adrià pegámonos uns cantos choros.

Pero tamén está a outra parte, a máis importante. Converterme en cara visible do movemento foi tamén un enorme privilexio, xa que recibín todas as mostras de apoio e de agarimo que a PAH espertou até no último recuncho do país. Cada día, pola rúa, en cada charla, no metro e até nos avións, centos de persoas abrazáronme emocionadas e dixéronme: "grazas!" "Seguide así!" "Estamos convosco!" "O que facedes é moi importante", "estades salvando vidas", etc. Non podo describir, nin remotamente, o nivel de amor que levo acumulado no corpo tralo último ano. Só así se pode entender que, xunto ao apoio cotián das compañeiras e compañeiros das PAH, aguante a parte infame, os insultos, os programas de "tele lixo", as ameazas.

Iso foi a nivel de portavocía externa. A nivel de movemento non todo foron alegrías e habemos ter outras dificultades. Poñernos "de moda" fíxonos moi atractivas para determinados partidos, que ás veces causaron distorsiones no movemento, con burdos intentos de cooptación ou simplemente trasladando as súas propias impotencias (como as loitas internas entre distintas correntes) a asembleas que loitan cada día por atopar novas formas de facer política que respondan ás necesidades da xente. Ollo, non se trata de criminalizar a quen militan en partidos: por sorte temos a grandes compañeiras que souberon facer compatible unha cousa coa outra, respectando sempre a independencia da PAH.

E tamén hai que dicir que, moito máis que os partidos, o peor monstro ao que nos enfrontamos é o individualismo e o consumismo hexemónicos que nos atravesan, que ás veces xeraron desconfianzas entre compañeiros, desviacións asistencialistas ou loitas personalistas en non poucas asembleas ... E con todo, case sempre se impuxo a principal das virtudes: a xenerosidade, a solidariedade, a cooperación por encima da competitividade, o ben do movemento por encima de ningún ego, o sentido común e a loita colectiva.

A medida que vou escribindo vexo que isto soa a despedida e non o é: En ningún caso penso deixar a PAH, que quede claro. Serei activista da PAH até que me morra e máis aló ;-) Só necesito saír dos espazos de coordinación, e deixar de ser a portavoz estatal. Por suposto penso seguir como unha máis na PAH de Barcelona, e sempre que o movemento me necesite para algo puntual  -como talleres de formación para transmitir a experiencia acumulada, por exemplo-, por pouco que poida estarei aí. Pero necesito sentir que podo facer outras cousas e opinar sen ser as 24h "a cara da Pah". En moitas ocasións me hei ter que morder a lingua e non dar as miñas opinións sobre distintos temas, para que estas non fosen atribuídas á PAH. E por suposto, en clave de práctica democrática do movemento, o lóxico é que se produza rotación nos roles, incluído o de portavocía.

Para evitar especulacións quero aclarar o que xa dixen moitas veces: non vou a "fichar" por ningún partido político. É verdade que en distintas ocasións, distintos partidos propuxéronmo. E tamén é certo que nalgún momento susciteimo, posto que a situación é moi dura e dalgún xeito haberá que botar aos corruptos e cleptócratas do poder. Evidentemente descarteino no seu momento porque era totalmente incompatible con ser portavoz da PAH. Pero tamén porque creo que o actual sistema de partidos forma parte do problema, e por iso descarto o "fichaxe individual". Como cidadá, estarei encantada de apoiar e participar de procesos amplos que susciten un cambio real nas formas de facer política. Ogallá sexamos capaces de crear novos dispositivos que nos permitan reapropiarnos das institucións para facer que de verdade sirvan ao ben común, porque nos vai a vida e a das nosas fillas e fillos niso. Estamos vivindo un cambio de época, un momento histórico de crise de réxime; quen ocupan o poder sábeno e declaráronnos definitivamente a guerra. Pretenden acabar cos poucos dereitos conquistados e si non hai unha forte mobilización continuada, e unha mellor organización social a todos os niveis, podemos saír desta estafa chamada crises moitísimo peor a como xa estamos agora. Polo tanto as PAHs son máis necesarias que nunca, para facer efectivos dereitos fundamentais como o da vivenda, para dotarnos de mecanismos de auto organización e auto tutela dos nosos dereitos fronte ás políticas austericidas. Ao mesmo tempo, haberá que impulsar outros espazos de confluencia onde unir forzas para cambiar as regras do xogo, pero cando esas confluencias teñan unha expresión electoral, haberá que recordar que a PAH como movemento non pode vincularse a ningunha candidatura. Cónstame que estes debates prodúcense dun modo ou outro en todas as nosas asembleas e creo que é positivo, sempre que se respecte o carácter apartidista da PAH como forma eficaz de coidar un espazo común no que moitas persoas, sensibilidades e ideoloxías distintas sumamos forzas por un obxectivo común.

Non vou deixar a PAH, pero quero facer as cousas ben. Sento que chegou o momento de tomar algo de distancia, tanto por min, como polo propio movemento. E creo que agora é un bo momento para dar o paso porque estamos a piques de ter visibilidade, coa campaña de escraches que se prepara -polo menos en Catalunya- para as europeas. Si a campaña funciona, é unha moi boa ocasión para que se visibilicen outras portavoces. Insisto para ofrecerme e axudar neste proceso a preparar ás persoas que poidan asumir ese papel.

De feito xa temos múltiples portavoces sobradamente preparadas, só se trata de que se fagan máis visibles nas tarefas de "portavocía xeral". Sen máis, mándovos un forte abrazo, segura de vervos pronto nas rúas, nas asembleas e nas redes. Porque temos moito por loitar pero tamén a celebrar, porque temos máis motivos que nunca para gritar que, xuntas, si se pode! Porque en todas as viaxes e charlas que fixen, comprobei que nas PAH está o mellor desta sociedade, a boa xente que non se rende e está disposta a dalo todo. Grazas comPahs, por ser e por estar aí.

Ada

P.D. Esta carta escribina para as PAH, pero imaxino que nalgún momento a noticia filtrarase. Creo que a nivel público non se necesitan máis explicacións que as normais de calquera organización social: que as portavoces vaian cambiando é unha práctica de democracia interna, habitual en calquera organización social, así que "Ada Colau" deixe de ser portavoz non debería ser especialmente noticia. Seguimos!

Aquí podedes descargar carta ás PAH de Ada.

Fonte: http://afectadosporlahipoteca.com/2014/05/07/ada-colau-deja-la-portavocia-estatal-de-la-pah/#comment-45395.

|||||||||||||

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra


Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol
______________

mércores, maio 07, 2014

Presentazón, en Pontedeume, do libro "A batalla polas pensións (1981-2013) - De como a clase capitalista quere privatizar os bens comúns e de como as clases traballadoras se opoñen ...", de Xabier Pérez Dávila

Presentazón do libro "A batalla polas pensións..."

O próximo venres 9 de maio ás 20:00h, teremos no local a presentazón do libro A BATALLA POLAS PENSIÓNS (1981-2013) De como a clase capitalista quere privatizar os bens comúns e de como as clases traballadoras se opoñen, de Xabier Pérez Dávila.

Local do Colectivo Terra |
Boa Vista 8 Baixo. Pontedeume. GZ

Os medios de persuasión de masas difunden sen descanso a verdade incontestável. As sociedades europeas non se poden permitir o mantemento de onerosos sistemas de protección social.

No entanto, existe unha narración alternativa. Os sistemas de protección social, como o recoñecemento dos dereitos das mulleres, ou como a acumulación do coñecemento científico, son conquistas da civilización humana, irrenunciábeis, que deben ser estendidas a toda humanidade. A capacidade produtiva das sociedades humanas é incomparabelmente superior á de ningunha outra época. Porén, é o capitalismo financeirizado o que ameaza a viabilidade dos sistemas de pensións públicos. É o capitalismo financeirizado o que aumenta de xeito exponencial a inestabilidade dos sistema económico someténdoo a recorrentes crises financeiras. Estabelecer o benestar común é posíbel, mais incompatíbel coa financeirización. E, tendencialmente, tamén incompatível co capitalismo.

Neste enlace podes ler unha entrevista ao autor  http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2014/02/26/nadie-cabales-cree-le-garantizar/974721.HTML

Agardamos a túa presenza.

Saúde.

Colectivo Terra

http://colectivo-terra.blogspot.com.es/
https://gl-es.facebook.com/colectivo.terrapontedeume

Enviado por:
Colectivo Terra
-colectivoterra@gmail.com-
6 de maio de 2014 09:23
__________________

martes, maio 06, 2014

Galiza morre soa: Os forenses alertan sobre o aumento no último lustro dos casos de anciáns que falecen nos seus domicilios e son descubertos ao cabo de días, ... Por Silvia R. Pontevedra

En moitas das xuntanzas do Colectivo Ártabra 21, temos falado desta situación. Mesmo en Ferrol, todos os anos son catro, cinco ou máis, os casos de persoas excluídas ou anciáns que morren soas na casa. A situación de emerxencia social que vivimos, nunha zona en declive social e económico, propicia que aumenten estes casos que nos teñen que producir indignación e vergoña. Esta é unha reportaxe da xornalista Silvia Rodríguez Pontevedra que nos ten que facer pensar e accionar. Desde Ártabra 21 reproducimos esta reportaxe polo seu interese social.


Silvia R. Pontevedra [*]
06.05.2013


Os veciños non acertan a dar unha data, pero algúns calculan que levaban sen ver a Manuel case un mes. E tardaron en sospeitar que algo lle pasou a este monfortino que vivía na penuria, nunha casa da rúa do Burato con aspecto de abandono, porque desde que morreron os seus pais este solteiro de 70 anos sumiuse en si mesmo, rexeitaba a axuda e case non falaba con ninguén. O seu cadáver en putrefacción atopárono o domingo pasado os bombeiros, pero unha semana antes, durante a feira medieval que devolve a vida ao barrio xudeu, o cheiro, ao redor da súa casa, xa era nauseabundo. Un grupo de mozos que estaban de festa refuxiáronse na solitaria rúa para descansar do barullo. Recordan que o cheiro era forte, diferente ao resto dos fedores, e antes de saír de alí fixéronse unha foto ante a casa coma se presaxiasen o horror que había dentro. Os veciños chegaron a segar a herba dunha leira próxima pensando que había algún animal grande podrecéndose. Pero o que morrera en silencio era Manuel. As telarañas da aldaba en forma de man falan por si soas. Ninguén chamaba xamais á súa porta.

O mesmo día 27, na provincia de Lugo foron achados os corpos doutros dous homes maiores, falecidos nas súas casas por causas naturais. Un deles, Ramón, emigrante retornado, só e pobre, do que adoitaba preocuparse unha veciña, apareceu na súa casa de Lama de Franco, Moreda, tamén en Monforte. A alerta sobre a morte do outro, en Mondoñedo, dérona os seus propios animais. Empezaron a estar tan descoidados que os veciños sospeitaron que Dionisio non estaba ben.

O Imelga (Instituto de Medicina Legal de Galicia) non especifica nos seus balances de autopsias anuais a circunstancia da ancianidade unida á soidade, pero segundo os datos que aportan os forenses consultados, a cifra na comunidade pode superar as 200 mortes ao ano de xubilados que se apagan sen que ninguén, ás veces tampouco eles, se dea conta. O illamento e a despoblación rural (máis de 1.400 aldeas abandonadas e 850 cun só veciño) é un factor determinante, pero os casos rexístranse igualmente nas cidades. E moitas veces son estes corpos, de persoas que co paso do tempo viron enterrar até á última das súas amizades, os que máis días se tardan en descubrir.

"Isto vai a máis", comenta o xefe de patoloxía forense e subdirector do Imelga en Lugo, José Luís Cascallana. "No ano 2013, das 130 mortes naturais que atendemos (dun total de 265 autopsias realizadas, que inclúen tamén accidentes, suicidios e homicidios), 54 foron de persoas que vivían soas. É unha proporción moi alta". Outros casos, segue, "xa non nos chegan porque o médico de familia certifica a morte e non se require unha investigación". O perfil destes defuntos en soidade é o dunha "persoa de entre 60 e 90 anos", e "a maioría son o que se entende como xente normal", controlados na distancia "por fillos ou netos que viven na cidade", e que un día chegan de visita e áchanos mortos. "A galega é unha sociedade familiar, pero cada vez hai menos fillos, e ademais o ancián quere estar no seu medio", explica Cascallana. "Moitos, libremente, deciden vivir na miseria aínda que teñan a súa paga. Malviven e morren como queren, sen decatarse das súas malas condicións".

Outros factores que se repiten, en boa parte dos casos, son a mala alimentación, o barullo na medicación, o descoido persoal, a falta de hixiene e un deterioro cognitivo que moitas veces aparece asociado a síndromes como o de Diógenes ou o de Noé. O forense tópase a escena dantesca do cadáver rodeado de decenas de gatos, excrementos e un exército de parásitos.

"Eu isto vivo-o con indignación", protesta Fernando Serrulla, xefe da Unidade de Antropoloxía Forense do Imelga con sé en Verín, onde non hai en cambio "nin centro de día nin residencia pública". O sistema, advirte, está "desbordado". Os recursos dos servizos sociais que prestan os Concellos, pese ao esforzo, "non chegan", é "imposíbel atender xente tan dispersa", e o problema "non se valora suficientemente por parte da Administración", aínda que se repartan cada vez máis sensores e pulseras de teleasistencia.

Esta cantidade de anciáns que morren entre a soidade das súas paredes "é algo que aparaece nos últimos cinco anos, o número crece xunto co dos que desaparecen". En Ourense, o forense estima que poden chegar a 40 ao ano, o 20% das autopsias que se realizan. "O 90% morren por fallo cardíaco. Tamén hai hemorraxias cerebrais. Ás veces aparece algún tumor". E separadamente dos mortos naturais, abundan os que aparecen carbonizados intentando combater o frío, unha decena por provincia ao ano. E os que se suicidan cando intúen, ás veces equivocados, que lles chega a morte. "Sospeitan que teñen un cancro de próstata; ou de pel, por unha simple mancha". E afórcanse.

Cando acode a unha casa para un levantamento, Serrulla sempre busca pistas que lle axuden a comprender o desenlace, sinais do fin que sirvan para reconstruír os últimos anos de vida: "Reviso o lixo; abro a nevera. Un home tíñaa baleira, só había dúas botellas. Outro non comía máis que iogures e na autopsia entendín por que: tiña un cancro de esófago". No Carballiño, un veciño apareceu morto nunha granxa de porcos abandonada. Marchou pobre e volveu pobre logo de anos emigrado en Europa e meteuse a vivir no cortello. Faleceu de morte natural e na caída precipitouse sobre o lume que o quentaba. Non comía máis nada que a graxa do touciño e Coca-Cola. Había unhas 30 botellas. O forense lle extirpó o cálculo máis grande que xamais vira. Unha pedra duns cinco centímetros.
- - -

Algúns non saben marcar o teléfono

Segundo o Instituto Nacional de Estatística, 106.000 galegos de máis de 65 anos (o 74% mulleres) non comparten as súas vidas con ninguén e 322.500 maiores de 75 padecen "pluripatoloxías". A Sociedade Galega de Xerontoloxía dá outro par de cifras: a dos 350.000 xubilados que viven sós ou con outro maior de 70. Destes, alerta o colectivo, 56.000 subsisten en zonas illadas, moitos con pensións "de caridade" e en "infraviviendas". Ás veces, cando son parella deciden morrer xuntos. Fai catro anos, os bombeiros acharon a un matrimonio sen fillos, tendido no chan e abrazado nun piso do barrio vigués de Coia. El morrera facía 15 días. Ela deixou de comer e botouse ao seu lado para morrer.

A moitos mortos en soidade, os forenses chéganos a coñecer en vida. Os servizos sociais denuncian a situación para promover un internamento de urxencia e a eles envíaos o fiscal. "Hai casos de persoas en cadeira de rodas, cegas, obesas, con tabaquismo e dependencia do osíxeno que teñen que subir 30 escaleiras". Anciáns que "non saben marcar un teléfono. Que se pasan o día na cama " ..., "rodeados de lixo". "Non queren deixar a súa casa nin gastar diñeiro", lamenta Cascallana. "A señora dinos: 'frío, aquí?, bótome catro mantas e estou como unha raíña". Hainos con pensións miserables a quen, ao morrer, descóbrenselles miles de euros na roupa interior ou escondidos na casa. A un ourensano atopáronselle 10 millóns de pesetas coa efixie dos Reis Católicos entre as pedras e nas cacerolas. Ignoraba que xa non eran de curso legal.

Segundo Julio Jiménez, responsable do Imelga en Ourense, as incapacidades duplicáronse desde 2012, roldan xa unhas mil ao ano na súa provincia e están desbordándoos. "No partido xudicial de Verín fíxose case un internamiento involuntario cada semana en 2013, uns transos, o arrincalos das súas casas, que chegan a ser moi violentos", recoñece Serrulla. "Ás veces chegamos tarde, e xa están mortos. Outras, os internas crendo que lles fas un favor e en poucos días mórrense, quizais de pena. Algún se suicida na residencia. E quédanos o sentimento de culpa".

[*] Silvia R. Pontevedra, Vigo 1971. Xornalista e ilustradora.

Santiago, 3 de maio de 2014 - 22:22 CET

Fonte: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/05/03/galicia/1399140833_608397.html

Foto: Aldraba da casa dun home achado morto o domingo pasado en Monforte. / NACHO GÓMEZ.
____________

O programa Electoral de AGE en Europa, ... Por Manuel Dios Diz

Por Manuel Dios Diz [*]
06.05.2014


Ben sei que o PP e os seus altofalantes non paran, nin pararán, de salientar que AGE, Alternativa Galega de Esquerda, parte da Esquerda Plural e da European Left, é unha opción política antisistema (non hai mellor louvanza hoxe), e moi experta en romper o boato parlamentario. Ocultarán, como veñen facendo, todo o traballo propositivo e de control, mesmo nunha cámara asfixiada pola maioría absoluta conservadora do PP.

Dirán o mesmo en campaña electoral. AGE en Europa non ten programa nin futuro, está dividida. Sen entrar nas pinzas e nos ataques, máis ou menos sutís, contra de Lidia Senra, a nosa candidata, que algúns medios e moitos trolls xa empezaron con entusiasmo, aínda que aburran, sería razoable que botaramos unha ollada ós documentos de cada quen. E AGE en Europa presenta un Programa Político e Social para as Eleccións Europeas de case que noventa páxinas que non pode ser todo retórica e ideoloxía baldeira. Digo eu.

Como tiven a honra de colaborar -cooperativamente- na súa elaboración, voume permitir destacar algúns aspectos que non sempre aparecen nos mitins, e sobre os que considero, desde a miña humilde perspectiva, que teñen moito interese.

Compre empezar por desmontar mitos. O acordo programático foi total entre Anova, Esquerda Unida e o Espazo Ecosocialista Galego. O Programa Político e Social agrupouse en sete grandes bloques: As razóns da política de AGE en Europa; A fronte de esquerda transformadora como alternativa; Democracia e participación; Economía e emprego; Medio ambiente e ecoloxía social. Soberanía Alimentaria e política agraria común; A Europa da Cidadanía e dos dereitos; Cultura, lingua e comunicación e, por último, A Europa da paz, da solidariedade e do internacionalismo.

Ademais de apelar á Europa dos Pobos como gran obxectivo, fixemos moito fincapé tamén na Europa da Cidadanía Democrática e das persoas, da sociedade civil, da xente do común, para facer fronte ás políticas austericidas da Troika, reclamando iniciativas como a Renda Básica Universal, a imposición sobre as transaccións financeiras internacionais (Taxa Tobin) e sobre as grandes fortunas, ou unha Axencia Europea de Rating, xunto cun Plan de Rescate das persoas e da cidadanía excluída, roubada ou desafiuzada e un Plan de Medidas Urxentes en I+D+i que facilite o regreso das mozas e mozos a Galicia e de apoio á investigación complementado con políticas activas contra da pobreza, a desigualdade e a exclusión, e un Plan Europeo de apoio á dependencia e a converxencia salarial europea.

Na profundización da democracia, democratizar a democracia que diría Boaventura de Sousa Santos, moi na liña das medidas de radicalidade democrática que compartimos, fanse propostas sobre referendos e iniciativas lexislativas populares en Europa, orzamentos participativos, consultas imprescindibles para tratados que afecten ás constitucións dos Estados, particularmente sobre intervencións militares, tratados de libre comercio, como o que se está a negociar secretamente cos EE.UU, protección ambiental e social, entre outros. Neste apartado, por exemplo, asúmense as medidas que as organizacións da sociedade civil europea, agrupadas na Alianza EYCA, fan sobre cidadanía democrática.

Quixera facer mención tamén á defensa dunha Europa Laica, o apoio á Carta Europea pola laicidade, a supresión do Concordato co Vaticano ou a materia de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos na que ocuparía un lugar relevante a educación para a igualdade entre homes e mulleres ou a prevención da violencia de xénero, aspectos que tamén teñen un lugar destacado no propio programa, feminismo e democracia paritaria, dereitos sexuais e reprodutivos, como os dereitos das persoas migrantes e xitanas, a protección e impulso do principio de xustiza universal, a protección e a tutela dos dereitos a nivel europeo e mesmo a proposta dun Relator específico de Dereitos Humanos na Unión.

O capítulo dedicado á sustentabilidade ambiental, ecoloxía social, soberanía alimentaria e política agraria común, que tan ben coñece Lidia Senra, ocupa un lugar central sobre a base da defensa dos nosos sectores produtivos estratéxicos. Compre resaltar a asunción do coñecido como Programa da Terra presentado polas principais organizacións ecoloxistas internacionais para as Eleccións Europeas, con medidas relacionadas co comercio das emisións renovables, redución de gases de efecto invernadoiro, fondo económico e tecnolóxico a prol da sustentabilidade, prohibición da técnica do fracking

Para rematar, o capítulo 7, moi querido para min, a Europa da paz, da solidariedade e do internacionalismo, recolle moitas das reivindicacións que desde o movemento pacifista internacional, en particular, desde a educación e a investigación para a paz, vimos reclamando, como é a reforma en profundidade da ONU para que sexa realmente democrática e garante da paz, a defensa da xustiza e dos valores cívicos e democráticos, tan necesarios hoxe, xunto coa honestidade, a decencia e a honradez, parece mentira ter que reivindicalos!, do desarmamento, da prevención de conflitos, o control do comercio de armas, a independencia de Europa fronte das políticas de EE.UU e da OTAN, o rexeitamento das bases e dos drons militares, a disolución da OTAN, a promoción dunha Lei Europea de Fomento da Cultura da Paz, o respecto escrupuloso nas relacións internacionais dos dereitos humanos, a soberanía nacional e o dereito de autodeterminación, o rexeitamento da violencia armada como método para cambiar gobernos ou as ocupacións ou intervencións militares en territorios soberanos e o apoio decidido á supresión da pena de morte no mundo. Deféndese, ademais, unha Convención Internacional polo Desarmamento, a desnuclearización do planeta, a redución drástica dos gastos militares, a separación completa da presenza militar da vida civil ou a Memoria democrática fronte dos discursos racistas, xenófobos e neofascistas xunto cun Plan Europeo contra da Intolerancia e a discriminación.

Hai programa, teremos unha magnífica eurodeputada, Lidia Senra, e un moi bo candidato á presidencia da Comisión, Alexis Tsipras, líder da Syriza grega e da European Left, alternativa da esquerda transformadora europea ó bipartidismo decadente.
[*] Manuel Dios Diz é mestre, licenciado en Xeografía e Historia, doutorando en Estudios Contemporáneos pola Universidade de Santiago de Compostela, fundador e presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz (1985-2008), profesor xubilado. Activista pola non violencia, pola Paz e a concordia. Escritor, articulista, investigador, ... foi varias veces premiado polos seus numerosos contributos sociais e pedagóxicos [+info].

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
06 de maio de 2014 12:05

http://espazoartabro.blogspot.com/

_________________

Liñas vermellas en Ucraína e en todas partes, ... Por Noam Chomsky

Por Noam Chomsky [*]
06.05.2014


A crise actual en Ucraína é seria e ameazante, tanto que algúns comentaristas compárana coa crise dos mísiles en Cuba, en 1962.

O columnista Thanassis Cambanis resume o méollo do asunto en The Boston Globe: "A anexión de Crimea por (o presidente ruso Vladimir) Putin é unha ruptura da orde no que Estados Unidos e os seus aliados confían desde o fin da guerra fría, no que as grandes potencias só interveñen militarmente cando teñen consenso internacional ao seu favor ou, en ausencia del, cando non cruzan as liñas vermellas dunha potencia rival".

Polo tanto, o crime internacional máis grave desta era, a invasión de Iraq por Estados Unidos e Gran Bretaña, non foi unha ruptura da orde mundial porque, aínda que non obtiveron apoio internacional, os agresores non cruzaron liñas vermellas rusas ou chinesas.

En contraste, a anexión rusa de Crimea e as súas ambicións en Ucraína cruzan liñas estadounidenses. En consecuencia, "Obama concéntrase en illar á Rusia de Putin, cortando os seus lazos económicos e políticos co mundo exterior, limitando as súas ambicións expansionistas no seu propio vecindario e converténdoa de feito nun Estado paria", informa Peter Baker en The New York Times.

En suma, as liñas vermellas estadounidenses están firmemente plantadas nas fronteiras de Rusia. Por conseguinte, as ambicións rusas "no seu propio vecindario" violan a orde mundial e crean crise.

Este aserto é de aplicación xeral. Ás veces permítese a outros países ter liñas vermellas nas súas fronteiras (onde tamén se sitúan as liñas vermellas de Estados Unidos). Pero non a Iraq, por exemplo. Nin a Irán, ao que Washington ameaza continuamente con ataques ("ningunha opción retírase da mesa").

Tales ameazas violan non só a Carta de Nacións Unidas, senón tamén a resolución de condena a Rusia da Asemblea Xeral, que Estados Unidos acaba de asinar. A resolución comeza subliñando que a Carta da ONU prohibe "a ameaza ou o uso da forza" en asuntos internacionais.

A crise dos mísiles en Cuba tamén puxo de relevo as liñas vermellas das grandes potencias. O mundo achegouse perigosamente á guerra nuclear cando o entón presidente John F. Kennedy rexeitou a oferta do primeiro ministro soviético Nikita Kruschov de poñer fin á crise mediante un retiro público simultáneo dos mísiles soviéticos de Cuba e os mísiles estadounidenses de Turquía. (Xa estaba programada a substitución dos mísiles de Estados Unidos por submarinos Polaris, moito máis letais, parte do enorme sistema que ameaza con destruír a Rusia).

Naquel caso tamén, as liñas vermellas de Estados Unidos estaban na fronteira de Rusia, o cal era un feito aceptado por todos os involucrados.

A invasión estadounidense de Indochina, como a de Iraq, non cruzou liñas vermellas, como tampouco moitas outras depredacións estadounidenses no mundo. Para repetir este feito crucial: ás veces permítese aos adversarios ter liñas vermellas, pero nas súas fronteiras, onde tamén están colocadas as liñas vermellas estadounidenses. Si un adversario ten "ambicións expansionistas no seu propio vecindario" e cruza as liñas vermellas estadounidenses, o mundo enfronta unha crise.

No número actual da revista International Security, de Harvard-MIT, o profesor Yuen Foong Khong, da Universidade de Oxford, explica que existe unha "longa (e bipartidista) tradición no pensamento estratéxico estadounidense: gobernos sucesivos puxeron énfases en que un interese vital de Estados Unidos é previr que unha hexemonía hostil domine algunha das principais rexións do planeta".

Ademais, existe consenso en que Estados Unidos debe "manter o seu predominio", porque "a hexemonía estadounidense é a que sostivo a paz e a estabilidade rexionais", eufemismo que se refire á subordinación ás demandas estadounidenses.

Como son as cousas, o mundo opina diferente e considera a Estados Unidos un "Estado paria" e "a maior ameaza á paz mundial", sen un competidor sequera próximo nas enquisas. Pero, que sabe o mundo?

O artigo de Khong refírese á crise causada polo ascenso de China, que avanza cara á "primacía económica" en Asia e, como Rusia, ten "ambicións expansionistas no seu propio vecindario", co cal cruza as liñas vermellas estadounidenses. A recente viaxe do presidente estadounidense Obama a Asia tiña o obxectivo de reafirmar a "longa (e bipartidista) tradición", en linguaxe diplomática.

A case universal condena de Occidente a Putin fai referencia ao "discurso emocional" no que o gobernante ruso explicou con amargura que Estados Unidos e os seus aliados "enganáronnos unha e outra vez, tomaron decisións ás nosas costas e presentáronnos feitos consumados, coa expansión da OTAN en Oriente, co emprazamento de infraestrutura militar nas nosas fronteiras. Sempre nos din o mesmo: Bo, isto non ten que ver contigo".

As queixas de Putin teñen sustento en feitos. Cando o presidente soviético Mijail Gorbachov aceptou a unificación de Alemania como parte da OTAN "concesión asombrosa á luz da historia", houbo un intercambio de concesións. Washington acordou que a OTAN non se movería "un centímetro cara ao leste", en referencia a Alemania Oriental.

A promesa foi rota de inmediato e, cando o presidente soviético Mijail Gorbachov queixouse, indicóuselle que só fora unha promesa verbal, carente de validez.

Logo William Clinton procedeu a expandir a OTAN moito máis ao leste, cara ás fronteiras de Rusia. Hoxe día hai quen instan a levala até a mesma Ucraína, ben dentro do "vecindario" histórico de Rusia. Pero iso "non ten que ver" cos rusos, porque a responsabilidade de Estados Unidos de "soster a paz e a estabilidade" require que as súas liñas vermellas estean nas fronteiras rusas.

A anexión rusa de Crimea foi un acto ilegal, violatorio do dereito internacional e de tratados específicos. Non é fácil achar algo comparable en anos recentes: a invasión de Iraq foi un crime moito máis grave.

Con todo, vén á mente un exemplo comparable: o control estadounidense da bahía de Guantánamo, no sureste de Cuba. Foi arrebatada a punta de pistola a Cuba en 1903, e non foi liberada pese ás constantes demandas cubanas desde o triunfo da revolución, en 1959.

Sen dúbida Rusia ten argumentos máis sólidos ao seu favor. Aínda sen tomar en conta o forte apoio internacional á anexión, Crimea pertence historicamente a Rusia; conta co único porto de augas cálidas en Rusia e alberga a flota rusa, ademais de ter enorme importancia estratéxica. Estados Unidos non ten ningún dereito sobre Guantánamo, de non ser o seu monopolio da forza.

Unha das razóns polas que Washington rehúsa devolver Guantánamo a Cuba, presumiblemente, é que se trata dun porto importante, e o control estadounidense representa un formidable obstáculo ao desenvolvemento cubano. Ese foi un obxectivo principal da política estadounidense ao longo de 50 anos, que inclúe terrorismo en gran escala e guerra económica.

Estados Unidos dise escandalizado polas violacións aos dereitos humanos en Cuba, pasando por alto que as peores desas violacións cométense en Guantánamo; que as acusacións válidas contra Cuba non se comparan nin de lonxe coas prácticas regulares entre os clientes latinoamericanos de Washington, e que Cuba estivo sometida a un ataque severo e implacable de Estados Unidos desde o triunfo da súa revolución.

Pero nada disto cruza as liñas vermellas de ninguén nin causa unha crise. Cae na categoría das invasións estadounidenses de Indochina e Iraq, do rutineiro derrocamento de réximes democráticos e a instalación de desapiadadas ditaduras, así como do noso espantoso historial doutros exercicios para "soster a paz e a estabilidade".

[*] Noam Chomsky é profesor emérito de lingüística e filosofía no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, en Cambridge, Mass.

© 2014 Noam Chomsky |Distributed by The New York Times Syndicate | 03.05.2014


Fonte: http://www.jornada.unam.mx/

______________

sábado, maio 03, 2014

A triste lousa dunha inxusta orfandade, ... Por Bernardo Máiz - Obituario de Gabriel Toimil García 1937-2014, fillo de Amada Garcia


Por Bernardo Maiz [*]
03.05.2014


Gabriel Toimil García naceu no antigo 'Hospital de Caridad' rematando outubro do 1937, paríndoo a súa nai baixo a vixilancia dun garda armado pois estaba sometida á xurisdición militar de guerra. O día 16 de novembro a nai co seu fillo retornou ao cárcere de mulleres, na traseira do convento da Compañía de María, onde, despois de dúas detencións e liberacións anteriores, levaba presa dende o 19 de abril de 1937 baixo a acusación de rebelión militar, exercida, irónica e tristemente, por quen se rebelaran en xullo do 1936 contra o lexítimo goberno republicano. Nun inmisericorde consello de Guerra a mugardesa Amada García, de 28 anos, foi condenada a morte o 3 de decembro do 1937, sendo pasada por las armas no castelo de San Felipe con outros sete compañeiros na mañanciña do día 27 de xaneiro de 1938. Apenas media hora antes o pai de Amadita, unha súa tía e o seu home reembarcaran co neno Gabriel no bote no que se achegaran á rampla do castelo; ao atracar en Mugardos escoitaron os disparos do pelotón de fusilamento.

Gabriel, sen nai e cun pai distante, criouse cos avós maternos en Ferrol Vello, indo ao mar no bote Gabrieliño ou no bote Amadita co seu avó pescador, acompañando a súa avoa vender peixe na praza. Estudou bacharelato, foi mariñeiro, entrou en Bazán, casou, tivo dúas fillas, netas, gañou o respecto de tantos que moito o apreciamos e foi feliz ... Relativamente, pois sempre cargou coa triste lousa da súa tan inxusta orfandade, anguria apenas compensada co orgullo de ser fillo dunha nai asasinada só por "ser mujer y republicana", unha muller que exercera e defendera os seus dereitos cívicos en igualdade.

Este 2 de maio, de mañanciña, recibín un recado de Amada Toimil: "Solo decirte que mi padre ha muerto". Con todo o meu agarimo, vaia esta nota na súa lembranza.

[*] Bernardo Máiz Vázquez, Ferrol 1950, profesor, mariñeiro, historiador e activista. Lleva toda unha vida, entre moitas outras iniciativas, a recuperar a memoria histórica da "longa noite de pedra" que foi a Ditadura fascista do franquismo: a vida, a represión, a resistencia, ... autor do libro "Galicia na IIª República e baixo o franquismo" - 1988, e doutros moitos estudos, artigos, libros e traballos compartidos.


Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
28 de abril de 2014 23:05

________________

xoves, maio 01, 2014

Este 1º de Maio nas manifestacións Obreiras e despois 'Rodea o Concello'


1 de maio.- Aínda que non foi posible este ano unha convocatoria que unise á clase obreira e aos dirixentes sindicais nunha soa manifestación, nunha soa voz, contra as directrices da Troica (Comisión Europea, Banco Central Europeo e Fondo Monetario Internacional), facemos un chamamento á participación nas diferentes manifestacións que recorrerán as rúas de Ferrol.

Despois das Manifestacións Obreiras, cidás e cidadáns indignados convocan 'Rodea o Concello'. "Este 1º de Maio na nosa cidade, coma no resto do planeta, transcorrerán manifestacións para defender os dereitos das traballadoras e os traballadores, no 'Día do Internacionalismo Proletario'. Pero na nosa comarca este 1º de Maio ten que ser de loita e vixilia ante a emerxencia social que estamos a vivir. É por iso que un grupo de cidad@s activos na defensa de Ferrolterra, convocamos a toda a cidadanía a participar nestas manifestacións, e inmediatamente despois, de 13 a 22hs,  RODEAR O CONCELLO, ... [>>> Ler máis]

Seguiremos marchando ...

« Polo dereito ao traballo
« Polos dereitos sociais e o dereito a unha renda básica
« Polo dereito a unha vivenda digna
« Polos servizos públicos, a sanidade e a educación
« Contra a corrupción , os corruptos e os corruptores
« Contra o pago da débeda ilexítima que nos afoga
« Contra a estafa e o roubo bancario

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

Marchas da Dignidade de Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/
____________

A comisión de peticións da Unión Europea remite unha comunicación onde di que acepta a trámite a denuncia presentada polo colectivo social 'Salvemos A Malata - O Tren polo Norte'

A comisión de peticións da UE acepta a trámite a denuncia presentada polo colectivo social Salvemos A Malata

A comisión e peticións da UE ven de admitir a trámite a denuncia que o colectivo social que se opón ao trazado sur do tren ao porto exterior presentou a través da eurodiputada Ana Miranda.

O pasado mes de febreiro de 2013, dous meses antes da publicación da declaración de impacto ambiental do proxecto do tren ao porto exterior, membros do colectivo social que se opón a esta infraestrutura tiveran un encontro coa eurodiputada Ana Miranda na que lle plantexaran a posibilidade de presentar unha denuncia na comisión de peticións da UE. Esta denuncia frutificou dous meses despois, e foi admitida a trámite agora un ano despois.

Segundo recolle a comunicación “A Comisión de Peticións iniciou o exame da súa petición e decidiu solicitar á Comisión Europea que leve a cabo unha investigación preliminar sobre os diferentes aspectos do problema” polo que comeza aquí un período no que a UE analizará o prexuízo que esta infraestrutura causará ao entorno e os veciños da zona, así como a súa financiación cos fondos europeos.

Lembramos que este colectivo se opón ao trazado sur, non só polo atentado ecolóxico que vai provocar senón tamén pola imposibilidade da navegar na enseada, despois da construción do viaduto que cruza a Malata. Este colectivo sempre se manifestou a favor da construción do tren pola alternativa norte, moito menos agresiva co medio ambiente, e na que non se alterarían as dinámicas litorais dunha ría xa bastante degradada. Ademais, este colectivo quere recordar que a comunicación por tren do porto exterior lle parece unha infraestrutura necesaria para a cidade e queren que se faga “para mellorar”, non para destruír a Malata.

Xandro: 660859493; Coreo-e: babor6@gmail.com
--
Blog: http://oqueescondeotrenaoportoexterior.blogspot.com
Facebook: http://www.facebook.com/pages/O-que-esconde-o-tren-ao-Porto-Exterior-de-Ferrol/490570557646538
Contacto: queescondeotrenaoportoexterior@gmail.com
Vídeo en Galego: http://youtu.be/ui4UQA4MAus
Vídeo en Castellano: http://youtu.be/1fR7lcgHRHE

Vídeo en Inglés: http://youtu.be/rxfUcDYpcVA

Enviado por:
Salvemos AMalata
-queescondeotrenaoportoexterior@gmail.com-
30 de abril de 2014 13:11

___________________