martes, maio 20, 2014

Qué está pasando en Venezuela? - Vídeo


Como entender mellor as razóns da estratexia golpista que está levando a cabo a oligarquía Venezolana en contra do proceso bolivariano?

De que se trata este famoso "golpe suave"?


http://youtu.be/ZV9rqU-CRkk


Esta é unha semente de autodefensa mediática da Universidade Popular do Bo Vivir

Publicado em 13.05.2014 | Minga TV

Minga TV é unha web TV que fai parte do proxecto de Comunicación Popular da Universidade Popular do Bom Vivir, feita en Ecuador.

A Universidade Popular é un espazo de encontro, dialogo e formación política que busca recuperar, experimentar e fomentar prácticas e saberes solidarios e alternativos, tanto populares, como académicos e militantes. Somos mulleres e homes provenientes de organizacións políticas, movementos sociais, e da cidadanía, como parte do proceso de creación do Poder Popular, cun claro compromiso coa construción do socialismo do Bom Vivir.

A Universidade Popular é un observatorio e un laboratorio do Poder Popular, no que colectivamente imos creando conciencias, xerando alternativas concretas... construíndo o Socialismo do Bom Vivir ...
Correo-e:
contacto@universidad-popular.org

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/UniversidadPopularBuenVivir

Radio Minga:
http://radiomingauniversidadpopularbuenvivir.ivoox.com

Enviado por:
Eva Golinger
evagolinger@gmail.com
20 de maio de 2014 02:01

____________________

luns, maio 19, 2014

Publicado Ubuntu 14.04 LTS con asistencia durante cinco anos e en galego

Ubuntu 14.04 LTS é unha versión de confianza, seguro e intuitivo para as empresas, gobernos e ensino, tamén é un substituto de baixo custo para Windows XP ou Windows 7. Conectado coa nube e como sempre en galego.

Ubuntu, 14.04 LTS Desktop está dispoñible para descargar desde o 17 de abril de 2014. A Asistencia de longa duración (LTS) recibirá asistencia de Canonical durante cinco anos. É un escritorio estable, fiable, seguro e de baixo custo a longo prazo para implementacións de grande escala dentro das organizacións empresariais e do sector público.

O lanzamento 14.04 LTS ofrece unha experiencia sólida e intuitiva que é doada de xestionar”, Jane Silber, CEO de Canonical. “É unha alternativa viable e accesible para as empresas que meditan o cambio de Microsoft”.

Hoxe, Ubuntu está a ser amplamente utilizado pola Gendarmerie, Penn Manor School District, o goberno de Uttar Pradesh, na Universidade de Delhi, e do Goberno da India. Moitas destas organizacións substituíron Windows para reducir custos. Por exemplo, a Gendarmerie francesa reduciu os custos nunha proporción do 40%, mentres que Penn Manor School District en EEUU aforrou máis de 360 ​​mil dólares o primeiro ano *.

Ubuntu fornece unha base forte, segura e esta versión recibirá cinco anos de actualizacións de seguridade gratuítas. CESG do Reino Unido, o organismo do goberno, que avalía os sistemas operativos e software de seguridade, recentemente atopou Ubuntu como o ambiente de traballo máis seguro.

Os usuarios obterán unha mellor experienca, con melloras na interface Unity. O lanzamento tamén inclúe compatibilidade cos formatos de ficheiro de Windows, solucións na nube baseadas no navegador e a suite LibreOffice compatible co Office de Microsoft.

Ubuntu 14.04 LTS é óptimo para escritorios e portátiles con áreas multitáctiles e pantallas táctiles, tamén inclúe compatibilidade para pantallas con alta densidade de píxeles (DPI). Isto significa que os usuarios poden tirar o máximo proveito do máis novo hardware no mercado.

A versión 14.04 LTS terá un desenvolvemento continuo para unha verdadeira converxencia entre escritorio, teléfono e tablet. A tenda de aplicacións de Ubuntu está crecendo con aplicacións do ecosistema de desenvolvedores que están a usar o Ubuntu SDK para crear aplicacións que funcionan a través de teléfono, tablet e escritorio; efectivamente, calquera dispositivo Ubuntu. Estas aplicacións redimensiónanse automaticamente para facer o mellor uso do espazo dispoñible, mantendo a mesma funcionalidade, e todo desde o mesmo código base. Os creadores de Ubuntu poden programar unha vez e chegar a un universo cheo de dispositivos diferentes.

En Ubuntu 14.04 LTS, os usuarios tamén teñen a opción de probar Unity 8, a interface de usuario de próxima xeración que están rodando en teléfonos e tabletas.

Ubuntu véndese actualmente en todo o mundo, pre-cargado no hardware de socios, incluíndo Dell, HP e Lenovo. Canonical traballa en estreita colaboración con estes socios para probar e facer seguro a Ubuntu, e seguirá a facelo co 14.04 LTS.

Ubuntu 14.04 LTS [Descargas]

orixinal en inglés

Fonte: http://www.ubuntinho.com/

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
19 de maio de 2014 08:15
________________________

domingo, maio 18, 2014

Defender a língua nom é delito! - NÓS-Unidade Popular exige a imediata absolviçom de tod@s @s processad@s por defender a nossa língua o 8F


Nos próximos dias 20, 22 e 23 de maio decorrerá em Compostela o julgamento contra  12 patriotas que, em fevereiro de 2009, junto a centenas de galegas e galegos, enfrentárom o desafio que ao nosso povo lançou a manifestaçom fascista convocada por Galicia Bilingüe em contra da nossa língua.

A nossa organizaçom estivo presente e participou nessa histórica jornada, na qual, se combateu com firmeza ao espanholismo mais reacionario e retrógrado ruas da capital da Galiza.

Naquela data, nom faltarom à convocatória destacados dirigentes do PP, como Alfonso Rueda ou Carlos Negreira, de UPyD, com Rosa Diez à cabeça, e membros de Falange que, dérom coberturà a inaceitável marcha que polas ruas compostelanas pretendeu transmitir a falsa ideia de umha suposta “imposiçom do galego”.

Para desenvolver aquela farsa, nom duvidárom em recorrer ao deslocamento de autocarros de diferentes pontos do Estado espanhol, como Salamanca ou Madrid, entre outros.

Após dous adiamentos, @s processad@s chegam a esta nova vista com petiçons de penas de prisom que somam 46 anos e umha multa de 34.000 euros. Entre eles e ellas, encontra-se o nosso companheiro Abraám Alonso Pinheiro, membro da Direçom Nacional da Unidade Popular.

Galicia Bilingüe, como umha associaçom interesseiramente magnificada e sobredimensionada polos media burgueses que apostam na definitiva eliminaçom da nossa língua e no menosprezo da nossa identidade nacional, cumpriu entom o seu papel e, posteriormente, praticamente desapareceu do mapa político e mediático da galiza.

Porém, NÓS-Unidade Popular, como organizaçom consciente e conseqüente com a defesa da nossa língua, nom esquece e mostrará todo o seu apoio nas concentraçons  previstas no tribunal do penal Nº 2 de Compostela, com a participaçom da nossa militáncia.

Portanto, a Unidade Popular, que viveu a sanha e brutalidade com que a polícia espanhola reprimiu as legítimas mostras de indignaçom perante aquela ofensa à nossa identidade, quer expressar a sua completa solidariedade e apoio com todas as pessoas julgadas.

Denunciamos a tentativa de criminalizar o movimento em defesa da nossa língua e apelamos à participaçom massiva nas concentraçons convocadas nos três dias de julgamento, a começar pola terça-feira, 20 de maio, às 9:00 horas, às portas dos tribunais de Fontinhas em Compostela.

Defender a língua nom é delito!

Direçom Nacional de NÓS-Unidade Popular

Galiza, 16 de maio de 2014
NÓS-Unidade Popular | Correio-e: nacional@nosgaliza.org | nosup.imprensa@gmail.com | Telefones: Porta-Vozes: 659 306 973 (Rebeca Bravo), Responsável Nacional de Imprensa: 616 868 589 (Carlos Morais) | Responsável Nacional de Organizaçom: 669 778 474 (Bruno Lopes Teixeiro) | Sede Nacional: Rua Costa do Vedor 47, rés-do-chao. Compostela. Galiza | web: www.nosgaliza.org | twitter: @nosgaliza .

Enviado por:
NÓS-Unidade Popular NÓS-UP
-nosup.imprensa@gmail.com-
16 de maio de 2014 16:26

__________________

venres, maio 16, 2014

As leis da competencia na esquerda


Polo seu interese e actualidade, publicamos a última editorial da revista dixital 'Somos Ninguén -Ideas para o común', titulada 'As leis da competencia na esquerda', publicada o 14 de Maio de 2014
. Agardamos que sexa de proveito para o pensamento e a acción.


En tempos de reestruturación capitalista, hai moitos síntomas que nos axudan a diagnosticar algunhas doenzas da esquerda contemporánea. A da fragmentación é unha das principais. Responde coma un reflexo nun espello á lóxica que o mando imprimiu nas relacións de produción, é unha manifestación aguda da hexemonía cultural do poder. Un proletariado fragmentado, e por tanto sen recoñecerse, desposuído de identidade, perde capacidade para enfrontarse eficazmente ao dominio e ao control, para sequera identificalos como tales, e en fases críticas, a súa resposta á reestruturación é lenta e feble.

A fragmentación traslada o antagonismo. Da loita de clases á competencia entre iguais mediante a despersonalización colectiva. A unidade, pola contra, prodúcese a partir de identidade recoñecida e de conciencia conquistada, conciencia das necesidades, como apuntaba Engels. Así se expresan estas lóxicas antagónicas, con maior intensidade en días de disputa política electoral: enquisas, interpretacións e a realidade reconstruída polos medios de comunicación. En primeiro termo, as dúas pólas do Partido da Orde (Partido Popular e Partido Socialista) teñen reservado espazo para o simulacro de competición; ao fondo, as esquerdas obrigadas a competir entre si polo reparto dos restos. Esa é a foto fixa do sistema e do réxime de representación. No espectáculo non hai lugar para a improvisación. A sorpresa non se concibe; por tanto, non existe.

Mal fará a esquerda se lle apón derrotas e sufrimentos só á perversidade e á intelixencia do poder. O poder é perverso e intelixente, sen dúbida, pero conta coa aquiescencia involuntaria dunhas organizacións diluídas nas lóxicas da competencia. A competencia proxecta no plano político a sombra da intervención mercantil noutros campos sociais, unha intervención que despraza sistematicamente as funcións dos produtos materiais ou inmateriais deses ámbitos ata convertelos en puras mercadorías con valor de cambio. Esa sombra transforma tamén, segundo a mesma lóxica mercantil, as funcións das organizacións de esquerda ata convertelas en simples mercadorías. Daquela, os obxectivos mudan. A necesidade de autorreprodución, que expresa o corporativismo non xa da organización senón do seu cadro dirixente, substitúe calquera perspectiva situada nos diversos espazos de acción social, supedita as necesidades dos grupos sociais que se di representar, da clase, ás necesidades internas da organización e dos seus cadros dirixentes. A política desaparece nun malabarismo de conspiracións, de tácticas que invaden os espazos dos proxectos estratéxicos e de estratexias que se someten ás dinámicas conservadoras das institucións e se desvían a horizontes inalcanzables. A separación entre as organizacións de esquerda e o pobo que debera usalas como ferramenta de intervención e transformación, de conquista e exercicio dun poder democrático e igualitario, vaise ensanchando ata a inmensidade. E cando se produce a incomunicación absoluta, as organizacións resultan ineficaces, inofensivas para o cambio de mans do poder. Ou sexa, incapaces de contribuír a transformar as relacións de produción, que é transformar as vidas comúns desde a súa base material.

Na súa redución a simples aparellos de autorreprodución, as organizacións pasan de querer aglutinar as multitudes e dotalas de corpo político a representar precariamente a súa propia militancia. Se a organización debera ser unha imaxe da sociedade que se proxecta, convértese apenas nunha caricatura de trazo groso dos aparellos do réxime e reproduce os mecanismos do poder que combate. Nese proceso, acaba por producirse un desfase social que muda por unha primaria conciencia de si mesma a conciencia das necesidades do corpo social que a esixe, que a necesita e a constrúe e lle dá vida e razón de ser. É o camiño que vai desde a revolución á supervivencia. O resistencialismo perde o seu sentido de conservación do terreo conquistado e expresa a doenza obsesiva da necesidade de supervivencia. O instrumento deveu inservible. Impera o fetichismo da mercadoría. A lóxica de mercado que asalta a política e o espazo social esixe que cada organización ocupe un espazo de maneira ordenada. A reserva dun nicho de consumidores é o obxectivo mercantil que substitúe os proxectos políticos. O inimigo, entón, é quen ocupa espazos próximos, quen ameaza con invadir o propio espazo e con crebar a lóxica do espectáculo e da ocupación de andeis. E aí amósase en toda a súa inmensidade impoñente a competencia. As organizacións de esquerda compiten entre si por un mesmo espazo. A unidade nun proxecto común é unha utopía, case unha quimera. A lóxica da fragmentación segue a manifestarse na competencia entre semellantes.

Asaltadas pola perplexidade das derrotas históricas, as organizacións tamén tenden a refuxiarse e a confiar máis na pureza da verdade revelada ca na vertixe de camiñar e o risco de non atinar. Ou de atinar… A relixión tamén se impuxo e se impón á política e á razón.

Pero os tempos esixen unidade. E esixen tamén a devolución do protagonismo político ao suxeito colectivo. Se en realidade aspiran a ser ferramentas de transformación, as organizacións terán que se entregar furibundas á necesidade de acumular forzas, de conquistar procesos de unidade que rompan identidades prefiguradas e fosilizadas, de evitar reproducir liortas extemporáneas, de recoñecer na súa unidade construída a partir da riquísima diversidade o suxeito colectivo que as esixe. E terán que fundirse, crebar fronteiras e compartir dialecticamente proxectos, puntos de vista e matices ata sintetizalos nun mínimo común imprescindible.

Non vemos moi lonxe desta esquemática descrición o que ocorre no ámbito da esquerda en Galicia desde a aparición no escenario político de Anova e da Alternativa Galega de Esquerda (AGE). Nese escenario parece producirse unha loita desesperada do BNG na defensa dun nicho de mercado que ata non hai moito tempo aparentaba posuír en exclusiva.

O mundo está fóra dos círculos íntimos das organizacións. Confundir a sociedade co interior da propia organización ou os intereses da maioría social cos do grupo dirixente é un erro de tráxicas dimensións. Como o é ocultar o mundo coa sombra da organización.

Pensar na organización e non no suxeito social que ten que dirixila é a posición máis reaccionaria.

info[arroba]somosninguen.org

Somos Ninguén é un proxecto en construción. No ano V da última crise sistémica do capitalismo globalizado queremos chantar estes alicerces sen saber moi ben -e sen preocuparnos demasiado- como serán as paredes, as fiestras nin o teito [Quen Somos].
info[arroba]somosninguen.org


Fonte: http://www.somosninguen.org/


Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
15 de maio de 2014 19:53
________________________

xoves, maio 15, 2014

Recital solidario de poesía no Ateneo Ferrolán - xoves 15 de Maio, ás 19:30hs


SOMOS CULTURA. SOMOS POESÍA!
RECITAL SOLIDADARIO de POESÍA


Xoves 15 de maio no salón de actos do ATENEO FERROLÁN ás 19,30 horas.

O Ateneo Ferrolán na súa liña dun modelo de xestión cultural aberta, solidaria e participativa estamos a levar adiante unha serie de actividades por medio da unidade de todos os sectores implicados na defensa da cultura ferrolán e o seu futuro.

Hoxe damos un paso máis nesa liña como é a xuntanza de colectivos e persoas varias do sector da poesía por medio da celebración dun Recital Solidario de Poesía coincidindo coas Letras Galegas. Un grupo aberto, con poetas de diferentes estilos para ver esa apertura e xeito de facer cultura que representa o Ateneo Ferrolán.

Acompañamento musical con Violín: Estrela Gómez.
Cantautor: Fernando Naveiras "Fefi".
        
Recitan en directo:
1) Miguel Anxo Fernán Vello
2) Eva Veiga
3) Xosé Leira
4) Rosa Méndez
5)  Sergio Fernández
6)  Fátima Fernández
7)  Angeles Delgado
8)  Xurxo Gago

PUBLICACIÓN Solidaria de poemas
Publicación con poemas dos autores como un xeito de solidariedade co Ateneo Ferrolán.

Poetas.

Carmen Arenas
Isabel Buelta
Txiki Calvo
Manuel Calvo
Angeles Delgado
Isabel Espiñeira
Fátima Fernández
Miguel Anxo Fernán Vello
Sergio Fernández
Xurxo Gago
Rosi García
Marta González
Arsenio Iglesias
Loli Leira
Xosé Leira
Rosa Martínez Dios
Rosa Méndez
Mario Regueira
Aurora Valentina
Josefina Vázquez
Eva Veiga
Isaac Xubín

--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
www.ateneoferrolan.org

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 |
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117

Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan

Faite soci@! Colabora con nos!
Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
14 de maio de 2014 12:30
____________

mércores, maio 14, 2014

Convocada a VII Asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra - No Ateneo Ferrolán o luns 19 de maio, ás 6 da tarde

VII Asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra

Ola compañeir@s:

Tras a reunión do grupo de traballo mantida o pasado día 5, decidimos convocar a VII Asemblea aberta das Marchas da Dignidade Ferrolterra para o próximo luns 19 de maio, ás 6 da tarde no Ateneo Ferrolán. Para que a asemblea se desenvolva dun modo áxil, propoño que as quendas de palabra sexan de 3-4 minutos e que se cingan ao punto que se está a tratar, xa que a maioría das persoas que participamos nas Marchas estamos tamén a participar na campaña electoral das eleccións europeas.
A orde do día, tamén vai en arquivo docx., é a seguinte:

ORDE DO DÍA VII ASEMBLEADAS  MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA

1.- Elección de moderador/a.

2.- Presentación e debate do aprobado na I Asemblea Nacional da Columna Galega das Marchas da Dignidade:
  • Acción "Rodea o Parlamento Galego". En coordinación cos demais territorios do Estado, levarase a cabo esta acción o día 21 de xuño, sábado, ás 12 do mediodía. Consistirá en rodear o Parlamento formando unha cadea humana.
  • Facer unha manifestación en Outono que sexa réplica da de Madrid, pero nos territorios. No caso de Galicia será en Santiago, con saídas de “columnas” de diversos puntos do país e chegada ó Obradoiro. Na Plataforma Estatal propoñen en outubro, entre o 20 e o 25. A plataforma Galega propón o 22 de novembro, polo feito de ter máis tempo xa que no verán, e en setembro, non son boas datas para mobilizar. A proposta levarase á Plataforma Estatal, que terá a próxima xuntanza no mes de xuño.
  • Apoiar aos detidos o 22M e os actos que se fagan no seu apoio.
  • Manter a coordinadora nacional creada para o I Asemblea Nacional. Actualmente está composta por 7 persoas, unha por cada cidade. Pode unirse a ela quen estime oportuno.
  • Creación dunha conta mancomunada por tres persoas (unha da C.G.T., outra do Sindicato Ferroviario e outra da Fronte Cívica Somos Maioría de Coruña) na entidade Caixa Rural. Esta conta abrirase co recadado na asemblea celebrada en Teo.
3.-  Presentación e debate doutras propostas presentadas en devandita asemblea:
  • Engadir ao lema "Pan, traballo e teito" a palabra "Paz".
  • Facer fincapé no tema da débeda.
  • Promover as asembleas locais e comarcais e que as propostas sexan aprobadas de abaixo arriba.
  • Vertebrar a Plataforma Galega e facer que teña unha mínima estrutura organizada.
  • Promover o cooperativismo.
  • Convocar unha folga xeral indefinida.
4.- Aprobación de orzamento para a compra de consumibles para a fabricación de chapas. Hai dous orzamentos: un para 500 chapas (70 Euros) e outro para 1000 (113,7 Euros).

5.- Cambio no nome de dirección de correo electrónico por outro que nos identifique como Marchas da Dignidade e elección da persoa ou persoas que se encarguen de manter dita conta de correo.

6.- Propostas e debate sobre que son e o que queren ser as Marchas de Ferrolterra.

7.- Quenda de palabra aberta.

--

Marchas da Dignidade de Ferrolterra
Contacto: columnacaranceira@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

Anexo.-
Orde do día en formato doc (Acceder | Baixar).

Enviado por:
columna caranceira
-columnacaranceira@gmail.com-
8 de maio de 2014 10:43
____________

martes, maio 13, 2014

Salvemos a Horta Comunitaria de Caranza


A A.VV. de Caranza, leva tempo cunha acción veciñal ao servizo do Partido Popular. Ten-nos acostumad@s a propostas moi reaccionarias e só se dedican a pasear-se cos concelleir@s de quenda, para xustificar a súa inoperancia, apego ao cargo e clientelismo a máis non poder. Unha asociación veciñal que non representa os intereses da veciñanza do barrio, mais preocupada polos intereses do partido que goberna hoxe no Concello de Ferrol, con José Manuel Rey Varela como Alcalde.

Nos últimos días centos de veciñ@s xunto con varias asociacións do barrio mobilizaron-se para denunciar ao Concello de Ferrol, polo abandono ao que está sometido o Mercado Municipal. A citada asociación veciñal que non é digna de levar o nome de "Cuco Ruíz de Cortazar", é cómplice deste abandono. Moitas veciñas e veciños, amosan o rexeitamento ante a actitude de comandita entre dirixentes veciñais da citada asociación e os dereitistas membros do goberno municipal. Actuan como se foxen os vicerreis do barrio, por exemplo nos últimos meses dando permisos para utilizar prazas públicas como estacionamentos (caso inauguración do Auditorio); a tala de ducias de árbores porque supostamente molesta a algún veciñ@; a colocación de boloardos sen contar coa veciñanza; encher de terra sen prensar a explanada da traseira do Mercado, sen proxecto, nen seguridade, que tivo que denunciar o Colexio Público do barrio, polo perigo que corrían as crianzas, polo transito continuado de camións, ..., unha obra que carecia do letreiro correspondente co número de licencia e nome de quen a facia. E xa non falemos do acordo coa dereita para enterrar a participación cidadá e os orzamentos participativos. Favor que aínda lles debe o Sr. Vilariño (actual Presidente da Autoridade Portuaria) e daquela Concelleiro de "Participación" Cidadá.

Destacados directivos desta asociación veciñal, non soportan que haxa vida social no barrio que eles non autoricen. É por iso que todo o que escape ao seu control hai que destruír-lo e agora dan-se conta que hai veciñanza que está disposta a defender o seu Mercado Municipal, fronte a especulación e o abandono. Mobilizacións e denuncias que cuestionan o seu poder e ideoloxía caciquil. Non o poden permitir.

Agora inventan-se denuncias de veciñ@s contra a Horta Comunitaria de Caranza (os denunciantes son eles mesmos claro). A quen lle facían dano un grupo de parad@s que hai dous anos decidiron traballar unhas parcelas desocupadas e poñelas a producir de xeito ecolóxico? Que fácil é ir a polo máis débil!

Correo-e:
comunitariadecaranzahort@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/HortaComunitariaDeCaranza

Albúns de fotos:
https://www.facebook.com/HortaComunitariaDeCaranza/photos_albums
__________

Concentración deitada no hall de entrada do Hospital Arquitecto Marcide, mércores 14 de maio, ás 11 da mañá, por unha sanidade pública e universal, sen copagos nen repagos






CONCENTRACIÓN MAÑÁ MÉRCORES 14 DE MAIO, ÁS 11 DA MAÑÁ NA ENTRADA MARCIDE

CONCENTRACIÓN (DEITADA)
Por unha sanidade pública, universal e gratuíta !!!

Durante os meses de verán vanse pechar centos de camas e mesmo unidades enteiras nos hospitais. Do mesmo xeito, o SERGAS vai pechar axendas de Atención Primaria. Todo isto vai provocar un grave deterioro da calidade asistencial, con colapsos dos servizos de urxencias e un grande aumento das listas de espera, ademais dun maior paro no sector.

Non podemos consentilo !

PARTICIPA !!

14 de maio

Enviado por:
cig-saude.ferrol@sergas.es
-cig-saude.ferrol@sergas.es-
13 de maio de 2014 11:34

http://www.cig-saude.info/ferrol/

_______

Como apoiar a Lazos Prol Solidariedade na actual situación de emerxencia


A asociación 'Fuco Buxán' envía-nos unha carta, para difundir publicamente, como dar axuda, económica ou en especie, a Lazos prol Solidariedade, carta que a continuación transcribimos:


Estimados amigos/as e socias/os:

Como xa coñecedes a Asociación Lazos Prol Solidariedade fixo hai poucas datas un chamamento urxente solicitando axuda para poder continuar a prestación de servizos a un dos sectores máis necesitados de axuda.

19 anos de resposta comunitaria ao VIH, 19 anos de traballo solidario na procura de xustiza social.

O máximo apoio que lles podemos prestar e a Solidariedade e difusión do problema, pero entanto non atopan outras solucións, é urxente a nosa axuda por algunha destas vía:

Axuda económica

A través da Conta do Banco Pastor IBAN ES78 0238 8107 1706 0015 0462.

Tamén se pode facer un donativo na sede da entidade, onde se fai un recibín.

Ou facéndose socio/a mediante ingreso na conta bancaria antes mencionada, de 24 euros anuais, e indicar cota de socio 2014 e nome completo. Unha fotocopia do resgardo se enviará a Lazos co nome completo, DNI e contacto, para recibir a comunicación da Entidade.

Axuda en especie

Entregando na sede: Vasos de plástico (moi importante), leite, colacao, café, descafeinado, azúcar, galletas, zume, cereais, froita e bollería. Eses alimentos son os que se dispensan nos almorzos que ofrece LAZOS.

O preocupante neste intre é que se deben cotas da Seguridade Social e Facenda o que imposibilita acceder a novas subvencións e pon en perigo a sostenibilidade da Entidade.

Engádese o comunicado de Lazos prol Solidariedade e os datos de contacto.

Dirección sede: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo
15401 Ferrol ( A Coruña )

Tfno./Fax 981350777
Tfno. Móvil :698147975
Dirección web: http://comitelazos.blogspot.com
Nueva dirección web (en construcción): www.lazosprosolidariedade.org
Infórmate sobre a proba do VIH pinchando aquí
En Facebook
En twitter

Enviado por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
12 de maio de 2014 23:09
http://www.fucobuxan.net/

___________________

Foto tirada do Diario de Ferrol.
__________________________

luns, maio 12, 2014

Enquisas a prol do sistema, ... Por Xosé Cid

Por Xosé Cid [*]
12.05.2014


Estes días fixéronse públicas dúas enquisas, unha de Sondaxe e outra do CIS. As dúas teñen varios aspectos en común: presentan os dous grandes partidos estatais como vencedores e fortalecidos malia todos os vendavais socioeconómicos sucedidos e provocados. E por suposto, deixan as posicións de esquerdas e nacionalistas en porcentaxes moi recortadas ou ben por baixo do que hai unhas semanas se prevía.

En canto ás estimacións e proxeccións de voto da empresa Sondaxe, sucede ademais algo sorprendente: AGE pasa de ter moi boas expectativas hai pouco máis dun mes, a situarse por debaixo do 10%. Advirten, iso si, de que estas previsións están pendentes de que se decante aínda máis dun 30 % dos votantes.

Rapidamente, ou simultaneamente, aparecen en La Voz de Galicia varios artigos explicando por que tanto AGE como o BNG van obter uns resultados pouco alentadores.

No caso do BNG a explicación é moi fácil pra os comentaristas políticos. Estarían pagando a súa alianza con EH-Bildu, e aclaran que iso é tanto como aliarse con Herri Batasuna. Só un puntiño de contención lles impide dicir o que realmente pensan e lles gustaría publicar: que o Bloque vai aliado cos vellos militantes de ETA. E se puidesen facelo, non perderían a ocasión de escribir «de la ETA», algo que podería provocarlles auténticas ondanadas de pracer psicopolítico.

E con AGE parece que algúns comentaristas estiveron moi atentos a coleccionar todas as eivas pra explicarnos as causas dun claro descenso, dende o 14% nas autonómicas a este suposto 10% das europeas. O que pasou é que Anova/AGE fixo moi mal as cousas, afirman. Primeiro montamos o numeriño co caso da deputada que denominan «díscola». Despois resulta que Beiras fixo unhas declaracións extemporáneas –sinalan– e politicamente moi incorrectas, ao afirmar que en Galicia non existía iso que eles chaman o «fenómeno del terrorismo». E finalmente, pra acabar de completar o faco, tamén lles parece tremendo que en Anova houbese diferentes posicións políticas e que estas se aireasen nos medios con total impudicia.

En ningún momento se lles pasou pola cabeciña explicarnos como se entende que ao PP só lle custe un punto e medio porcentual –que dirían os comentaristas– todas as falcatruadas, todos os desamaños e desastres económicos e sociais provocados pola súa política de destrución «do todo», que diría Cunqueiro. Políticas do goberno central que nos afectan, e políticas do desleixo e do encubrimento da corrupción en Galicia que padecemos en primeiro termo. Iso si, volven andar por aí bailando uns contratos pra Navantia, sempre tan ao xeito.

A  liquidación fraudulenta das caixas a ninguén lle pareceu un espolio,  a estafa aos aforradores non conta, o paro en aumento deica hai catro días e que tardará moito en chegar a onde estaba en 2011 tampouco ten consecuencias electorais, a emigración de miles de mozas e mozos é irrelevante, os intentos de privatización da sanidade a ninguén lle importan, ao parecer; as relacións do presidente Feijoo con narcos non pasan de ser unha trasnada simpática, as ducias de casos de corrupción que atinxen a cargos municipais e á propia portavoz do goberno de Feijoo, Paula Prado, seica son «peccata minuta». Todo iso a xente non o ve, non o valora, seica, e polo tanto non se vai reflectir nas eleccións europeas. Iso é o que nos están contando.

Ou sexa, segundo os comentaristas políticos, os do PP son uns auténticos magos. A Feijoo acabarán chamándolle «Alberto Houdini». Víchelo? (o espolio xeral). Xa non o ves! Ou como dicimos en galego: «víchesme eiquí onte». Que pra Paula Prado sería algo así como: «Si me has visto ni te acuerdas».

A xente, a opinión pública, veñen dicirnos, seica está escandalizada polas pugnas democráticas internas de Anova. Pero a ninguén lle parece raro que Príncipe, poño por caso, fale coa boca chea e sen cortarse un pelo contra Caballero todas as semanas na radio e na TV. A xente, a opinión pública, é tremendamente sensible ás miudallas insignificantes que poden afectar a nosa imaxe. Pero non ve, nin sente, ao parecer, as consecuencias das políticas de Feijo e de Rajoy.

E el será certo todo iso que nos contan? Persoalmente non o creo. En outubro de 2012 publicouse, é posible que en La Voz, que AGE acadaría un deputado. Algúns andabamos daquela por aí dicindo medio en broma: «Anova nove». E foron nove de AGE, que era o implícito no prognóstico.

Non creo que o PP obteña en Galicia tan bos resultados como predín, cun desgaste tan lene. Non creo nin acredito –como agora tanto se di–, niso de que o PSOE pasa en Galicia do 20% ao 29% en quince segundos. Non trago ese conto de que AGE vai caer por debaixo do 10%. Non me parece crible en absoluto que todas as enquisas previas que lle daban máis dun 12% á coalición Izquierda Plural no Estado estivesen erradas e agora resulte que sairán cinco deputadas/os case raspando. E tampouco me cheira ben iso de que UPyD vai obter tan alta porcentaxe como se nos anuncia.

Teño pra min que todo isto non é máis ca propaganda do sistema en forma de enquisas, propaganda pagada, obviamente. Un síntoma de que os dous grandes partidos temen seriamente perder o control do tinglado electoral.

[*] Xosé Cid, xsocide@terra.com.
_____________

Emerxencia Social: Lazos Prol Solidariedade necesita axuda - "19 anos de resposta comunitaria ao VIH, 19 anos de traballo solidario na procura de xustiza social"

19 anos de resposta comunitaria ao VIH, 19 anos de traballo; solidario na procura de xustiza social

Benqueridos/as amigos/as,

Póñome en contacto con vós co fin de dar a coñecer a situación da entidade que represento, a data 9 de Maio do 2014.

A actividade da Asociación LAZOS PROL SOLIDARIEDADE estase vendo condicionada pola economía até o punto de que si non entra o luns 12 ou martes 13 de maio liquidez, vémonos obrigados, unha vez máis, a paralizar servizos que vimos prestando desde 1995. Unha entidade que cobre, entre outras cousas, necesidades básicas de alimentación, asesoramento sobre enfermidades que, de non ser atendidas poden menoscabar a saúde pública, realiza probas de detección de infeccións transmisibles, achega á rede sanitaria a aquelas persoas que permanecen fóra do sistema, non pode o seu funcionamento verse afectado por a demora no cobro das subvencións públicas, do exercicio 2013.

Desde o 26 de marzo do 2014 as contas bancarias da entidade atópanse en números vermellos, o que implica que os servizos que prestamos vense afectados, e nalgún caso téñense que deixar de prestar, por exemplo os almorzos que se lles ofrece aos usuarios e usuarias ademais doutros que cobren necesidades básicas. Os proveedores da entidade e as empresas que nos prestan servizos, algúns deles indispensables para a apertura das sé e para o funcionamento das actividades, reclámannos as débedas que temos contraídas con eles.

Os traballadores e traballadoras da entidade atenden problemáticas moi complexas onde o sufrimento é un elemento común na maioría das súas intervencións. Estes, non poden verse afectados pola situación da entidade porque pode afectar á calidade da atención.

Necesitamos a vosa axuda, a de todas e todos, dos cidadáns e cidadás, das Administracións Públicas, Autonómicas e locais, e das empresas privadas. Esperamos que esta urxencia atope resposta inmediata. Calquera axuda contribuiría a que a entidade poida continuar prestando os seus servizos.

En Ferrol, a 9 de maio de 2014

Carlos Varela en representación da Xunta Directiva da Asociación LAZOS

Carlos Varela
Presidente
Tfno.: 698147975


Dirección sede: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo
15401 Ferrol ( A Coruña )

Tfno./Fax 981350777
Tfno. Móvil :698147975
Dirección web: http://comitelazos.blogspot.com
Nueva dirección web (en construcción): www.lazosprosolidariedade.org
Infórmate sobre a proba do VIH pinchando aquí
En Facebook
En twitter

Enviado por:
Lazos Pro Solidariedade
-comiteantisidaferrol@gmail.com-
9 de maio de 2014 15:52
Boas, enviamos nota de prensa co motivo da situación que estamos a atravesar na nosa entidad. Un saúdo. Carlos Varela.
_______

Foto tirada do xornal dixital  Compos Times, que foi publicada nunha interesante entrevista de Pablo Montero  a Carlos, con data do 14 de Marzo de 2014.
_____________________

sábado, maio 10, 2014

Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza! - 17 de Maio de 2014, no día das Nosas Letras: Mobilización Expansiva - Manifesto - Enlaces

Este 17 de Maio de 2014, ás 12 do mediodía, comezara en toda Galiza a mobilización expansiva, en Ferrol Terra na Praza do Concello, diante do Pazo Municipal, comezará o roteiro pola lingua. Desde a Plataforma Queremos Galego, integrada por máis de 700 entidades, chaman a participar nesta mobilización reivindicativa pola lingua galega.

Manifesto “Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza!”, da autoría de Marica Campo, que será lido nas 8 mobilizacións que terán lugar o 17 de maio de 2014 na Galiza.

O galego é a nosa lingua. A Galiza ten unha lingua de seu que é o galego. Por isto, non podemos tolerar  que no noso país, hoxe, o español, coa axuda do Inglés, se utilice como o seu sepultureiro. Até o Estatuto de Autonomía, que xa ten 33 anos, declara que o Galego é a lingua propia de Galiza. En boa lóxica, xa que é así, está na súa casa e non precisa permiso das outras,  impostas e alleas,  para se mover libremente polas diversas estancias.

Todos os avances das forzas emancipadoras da humanidade  foron sempre na dirección de combater a exclusión social. Agora, na tan amentada crise, denúnciase decote o aumento dos excluídos. Mais nós, galegas e galegos, levamos moito tempo vivindo unha crise particular que non é filla conxuntural da que din que se desatou hai sete anos. A nosa crise ten outros nomes e apelidos: son o noso dereito a existir como tales, a traballar na nosa terra e a facermos uso libre e estendido da nosa lingua, os que están sendo vulnerados.

A ela, á nosa lingua, foille imposto historicamente un manual de redución. A que a reduciron? Reducírona á oralidade, á fala; reducírona a unha clase social, os oprimidos carentes de todo poder de decisión; reducírona a uns lugares, as aldeas; reducírona a unha idade, os vellos.

O ano pasado lembramos que se cumprían 150 anos desde que unha muller chamada Rosalía de Castro culminara un proceso de dignificación da lingua galega, rompendo esa trampa mortal de falsa naturalidade, isto é, dun uso marxinal permitido, e elevándoa á máxima altura estética e patriótica. A partir dela e até os nosos días,  a nosa lingua foi cobrando naturalidade e dignidade noutros espazos sociais e públicos a cadora máis amplos e diversos.

Somos todas e todos os que estamos aquí fillos ou descendentes deste esforzo;  mais, ao mesmo tempo, responsábeis de lle asegurarmos continuidade. Neste labor, non só non contamos coa protección institucional, senón que temos que gastar o tempo a defendérmonos das ilegalidades que os poderes públicos perpetúan contra o galego.

Amigas e amigos, o tempo actual non é propicio para a existencia de Galiza e do seu signo principal, a lingua galega, porque a globalización pretende arrasar con toda diferenza que ouse desafiar a hexemonía do imperial dominante. Non os imos compracer. Non temos a menor vontade de suicidio nin de resignación. Por isto, parafraseándomos a Díaz Castro, o poeta a quen celebramos este ano, diremos:
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza, no uso da nosa lingua nas aulas, tamén como lingua vehicular  escandalosamente prohibida pola Xunta para certas materias.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante, lingua nosa, nos medios de comunicación e na publicidade.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante, no uso do Galego pola Administración.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante, porque iso é o xusto, para a nosa palabra na Xustiza.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante nas misas e demais celebracións relixiosas.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante na oferta de ocio.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante en todos os novos soportes comunicativos.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante nos transportes públicos.
  • Un paso adiante e mais outro paso adiante no comercio.
  • Un paso adiante e outro paso adiante en todas as artes e as letras.
Porque unha lingua normal é unha lingua ubicua, omnipresente,  e este decálogo non nace dunha invención nosa, senón que está contido na Carta Europea das Linguas non Estatais, aceptado como lexislación superior do Estado en 2001 e igualmente presente no Plano Xeral de Normalización Lingüística,  aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia vai para dez anos, e desprezado por quen o tiña que executar.

Debe ser a lingua obxecto de uso e de defensa todos os días do ano en todos os lugares e momentos, porque non é un adorno ou unha peza cultural: é o noso ser e precisa dunha defensa cívica e dun amor colectivo e dunha mobilización social tan potente como a que dedicamos a outros asuntos que teñen a ver co diñeiro, co traballo ou con dereitos conquistados.

O poeta Díaz Castro, escribiu nun seu poema estes versos: “Alumarei con fachas de palabras, / ancho herdo meu, o mundo que me deron”. Falar a nosa lingua é darlle luz, é dicir, visibilidade. E tamén calor, amparo social, porque a lingua non é individual e precísanos a todas e a todos para seguir nomeando o mundo desde nós.

Adiante, pois, sempre! Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza, coa lingua que nos crea e que nos cría, que nos fai ser e existir.
Viva a lingua galega!

Fagámola vivir e ser útil!

É tempo de falarmos: somos nós!
http://www.queremosgalego.org/

Enviado por:
Queremos Galego
-queremosgalego@queremosgalego.org-
9 de maio de 2014 07:38

__________

Enlaces de interese:

_________________

O gaseiro 'LNG Sestao Knutsen', o 169 buque, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para Reganosa, anuncia a entrada na Ría de Ferrol este Sábado 10 de Maio - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha nova acción de protesta o mesmo día


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 SÁBADO 10 DE MAIO, ÁS 8 DA TARDE (NOVO HORARIO)
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE EDIFICIO DA XUNTA DE GALICIA

O gaseiro 'LNG Sestao Knutsen', é un buque de grande porte, 284 m de eslora e 42,5 m de manga e  de calado 12.30 m. Cunha capacidade de 138.000 m³ de GNL. Son miles as toneladas de GNL/LNG, para a ilegal e perigosa Reganosa. Este enorme buque ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Sábado 10 de Maio de 2014. Esta entrada, supon xa a 169, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Sábado ás 8 da Tarde, en Ferrol, na Praza Amada Garcia diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Esta concentración coincide, cun novo despropósito contra a poboación que mora na contorna desta Ría. Pois anuncian un novo negocio de Reganosa, apoiado pola Xunta de Galicia, subsidiado con diñeiro público. Proxectan un HUB de Gas Natural Licuado de Reganosa que fará de Ferrol unha enorme bomba de reloxería colocada dentro da nosa Ría, será  a construción dun surtidor de gas (gasoliñeira) na Ría de Ferrol, para buques que utilicen LNG/GNL como combustíbel.

Hai dous anos (11 de maio de 2012) que se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.


Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
8 de maio de 2014 15:5
_______________

venres, maio 09, 2014

O novo HUB de Gas Natural Licuado de Reganosa fará de Ferrol unha enorme bomba de reloxería colocada no noroeste galego - A Xunta e Reganosa, proxectan a construción dun surtidor de gas na a Ría de Ferrol, para buques que utilicen LNG/GNL como combustíbel


Nota do CCE sobre o Hub de Reganosa

A Xunta e Reganosa métennos gato por lebre

Ferrolterra vive en estado de emerxencia coa taxa de paro máis alta de Galicia, única cidade galega onde a taxa de paro (30.7%) supera á de ocupación (29.4%), segundo a EPA publicada polo INE, e o pequeno comercio pecha en cascada. Ademais da ameaza que pende sobre Navantia, por riba de que 3.500 traballador@s das auxiliares xa foron despedidos, por mor da política de baleirado de gradas do Goberno do PP para xustificar o seu desmantelamento.

A piques de entrar na campaña electoral, o Goberno apraza a aplicación dunha nova volta de torca (recortes das pensións, subida do IVE, nova reforma laboral, desmantelamento de Navantia), e non deixa de bombardearnos co discurso do fin da crise. O Pte. do Goberno amosa a súa satisfacción, a pesar dos datos demoledores da EPA.

Para non ser menos na nosa comarca, a Xunta de Galicia, Autoridade Portuaria, Reganosa e Navantia, anuncian-nos un novo "revulsivo" para Ferrolterra: "Ferrol converterase no centro mundial de Referencia de subministro de Gas aos buques", recordándonos a campaña levada no seu momento para relocalizar a planta de gas no interior da Ria, que ía relanzar a comarca, creando unha morea de postos de traballo.

Nunha situación de emerxencia como a que está sumida esta comarca, a Xunta, Reganosa e Navantia, non nos anuncian o dique flotante, nin barcos nas gradas. Non, iso non, mellor construílos en Asia, como así decidiu Gas Natural-Fenosa, un dos socios principais de Reganosa. Para nós deixan o máis "importante": o perigo da planta e o trasfego dos gaseiros cargados na Ría.

Tampouco a Xunta nos anuncia fondos públicos para un plan de emprego, nin un plan de recuperación da Ría, rematando con todos os verquidos, e as agresións (bunkering, ocupación enseada da Malata, dragado e dinamitado a canle de entrada etc etc).

Non nos anuncian o remate do timo ao que Reganosa somete aos cidad@s, 60 millóns ao ano a cambio de destruír a Ria cun sistema fraudulento de regasificación.

En definitiva, non nos anuncia o peche dunha instalación ilegal. Non nos anuncian o cumprimento da sentencia do Supremo para que deixe de ser unha ameaza para a poboación, nin o remate da corruptela de Reganosa. Non nos anuncian a apertura do gasoduto de Tui, que antes nos subministraba gas e que manteñen pechado para xustificar o timo de Reganosa.

Non, a Xunta de Galicia non ven a afrontar a situación de emerxencia desta comarca, promovendo o emprego, carga de traballo, sanear a Ria...; non, a Xunta ven dar cobertura á bomba de Reganosa, a seguir destruíndo a Ria, e anunciando máis merda e corrupción.

Ferrol a 06-05-2014

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información enviada por:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
7 de maio de 2014 12:53
_______________

Documentación:

Axudas financeiras comunitarias no ámbito das redes transeuropeas de transporte e enerxía - RTE-T / RTE-E | http://euroalert.net/ueprogrammes.aspx?idp=569


_____________________

xoves, maio 08, 2014

A privatización sanitaria: o libre comercio e o Club Gertech, ... Por Pablo Vaamonde


Por Pablo Vaamonde [*]

08.05.2014

O sistema sanitario público está en perigo. O risco non está na pretendida insustentabilidade que pregoan os profetas ultraliberais (na acción pública sempre é sustentable aquelo que se quere sustentar).  A auténtica ameaza son as políticas neocom que pretenden apoderarse dos orzamantos adicados aos servizos públicos.

Os voitres da especulación financeira planean arredor. Hai unha planificación estretéxica, que ven de anos atrás, e ten por obxectivo desmontar os servizos públicos e apoderarse do seu financiamento. Non se trata dunha nova teoría da conspiración senon de feitos e datos contrastados. Podemos afirmar, con toda certeza, que existe un plan internacional, financiado e liderado pola poderosa industria farmacéutica e as grandes empresas da tecnoloxía sanitaria. Esta estratexia, deseñada  a grande escala, é aplicada de forma estricta, polos políticos cómplices e os grupos de presión, a nivel local.

Un excelente informe publicado pola FADSP (Federacion de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública) revela o plan que se está a negociar entre a Comisión Europea –órgano non electo- e o Departamento de Comercio dos EEUU para constituir unha Asociación Transatlántica para o Comercio e a Inversión (ATCI ou TTIP, dacordo coas siglas en inglés). Comezaron esta negociación en xullo de 2013 -dirixida por dous persoaxes de dudosa reputación-, con grande secretismo. Suscita numerosas  discrepancias, pois os observadores entenden que é moito máis que un tratado de libre comercio xa que suprime todas as barreiras económicas e lexislativas aos intercambios comerciais. No ámbito sanitario este acordo, de aplicarse, representaría que os sistemas sanitarios públicos europeos serían un mercado aberto á participación das empresas de EEUU. As empresas transnacionais pretenden con esta iniciativa “acceder aos presupostos sanitaros públicos dos países europeos para ter a oportunidade de obter grandes beneficios”.

Ante a polémica xerada por esta negociación o Parlamento Europeo aprobou unha resolución que exclúe da negociación os servizos públicos da penetración do sector privado nos mesmos. Mais cómpre saber que as resolucións do Parlamento non son vinculantes para a Comisión Europea que é quen realmente negocia. Non está claro, por tanto, que a sanidade pública quede protexida. Pola contra, este plan vai dirixido a garantir o acceso das grandes empresas transnacionais aos orzamentos adicados a sanidade (que representan arredor do 40% do presuposto total das CCAA), co obxectivo de conseguir a privatización dos servizos sanitarios, “que son vistos polos inversores privados e pola industria farmacéutica e de tecnoloxía sanitaria como unha enorme lista de compras”.

Se fose asinado este Tratado, nos termos que pretenden as partes negociadoras, poderían tornar irreversibles as privatizacións dos servizos públicos, pois a lexislación estatal quedaría condicionada pola normativa de superior rango da UE. As multinacionais e os poderosos lobbys presionan para desenvolver o chamado “Mecanismo de Solución de Diferencias entre inversor e Estado” (ISDS), ideado para protexer aos inversores e que inclúe “disposicións contra a expropiación de servizos de interese público”. Esto quere decir que sería imposible dar marcha atrás nas privatizacións: as concesionarias poderían recurrir a entidades arbitrais para conseguir elevadas indemnizacións por lucro cesante.

Esta estratexia global reflíctese, a nivel local, no “selecto” Club Gertech, unha asociación formada por “xerentes e altos directivos sanitarios e tecnólogos de empresas”. Este foro, que afirma estar orientado á formacion e a crear cultura de innovacion, na realidade é un poderoso grupo de presión que ten un obxectivo claro: apoderarse dos recursos económicos destinados á saúde (57.000 millóns de euros segundo os orzamentos de 2014). Está integrado por xerentes sanitarios e altos cargos, a Universidade de Navarra e o Instituto Carlos III. Recibe apoios da Asociación de Directivos Sanitarios (SEDISA) e do chamado Foro da Profesión Médica (alianza corporativa integrada por organizacións afíns ao actual goberno), e ten o patrocinio de varias empresas do sector (Medtronic, Philips, Roche, Nec Corporation, Citec-B), todas elas con fortes intereses na privatización sanitaria.

O actual goberno galego ten unha particular sintonía con este grupo. O director xeral de Recursos Económicos do Sergas e os xerentes de Vigo e A Coruña actuaron como ponentes principais nos seus debates. A propia conselleira de Sanidade defendeu nun foro en Barcelona a necesidade de laboralizar o persoal sanitario. O Sergas está a desenvolver as súas propostas nos proxectos Hospital 2050 e Innova Saúde. O executivo aplica con dilixencia as receitas do club: concertos público-privado, externalizacións, control da tecnoloxía e da informacion por empresas privadas, e a implantación das Unidades de Xestión Clínica (UXC). Estas UXC veñen ser a fórmula para fragmentar os centros sanitarios en múltiples empresas con autonomía de xestión, coa perspectiva de crear un mercado sanitario interno propicio para os intereses das grandes empresas do sector.

Este lobby redacta documentos e celebra foros de debate, que sirven de plataforma para difundir o seu ideario. A FADSP, noutro informe clarificador, denuncia que esta asociación ten como finalidade xerar “unha alianza público-privada financiada con diñeiro público para negocio das empresas privadas”. SEDISA (que ten vínculos con empresas farmacéuticas: Roche Sanofi, Grünental, Jonhnson&Johnson),  argumenta na mesma dirección. No seu “proxecto Amphos” aconsella: cambiar a xestión dos centros por medio das UXC, transformar os hospitais en empresas autónomas, laboralizar aos traballadores sanitarios e promover os autocoidados do enfermo mediante tecnoloxías instaladas no domicilio. Podemos observar que non son nada orixinais e que  ambos foros repiten as mesmas letanías.

A FADSP entende que o sistema sanitario público está en perigo real, por “unha estretaxia deseñada e articulada por grupos poderosos que pretenden facerse con fondos económicos que o estado destina á sanidade”. Esta actuación depredatoria está sendo realizada coa total complicidade dos dirixentes do Partido Popular, asiduos visitantes da “porta xiratoria”. Cómpre movilizarse con dilixencia para frear este  plan de aniquilación dos servizos públicos. Do contrario, os voitres financeiros faranse con todo e xa non nos quedará nada.

Plataforma Defensa Sanidade Pública de OurenseO GOBERNO ENVIA A BRUXELAS UN NOVO PLAN DE RECORTES QUE VAI AFECTAR SERIAMENTE A SANIDADE PÚBLICA


O GOBERNO ENVIA A BRUXELAS UN NOVO PLAN DE RECORTES QUE VAI AFECTAR SERIAMENTE A SANIDADE PÚBLICA

PUBLICADO EN MAIO 5, 2014

O Goberno de Madrid enviou a  Bruselas un “Plan Nacional de Reformas” que promete una re-avaliación do “perfil de los beneficiarios, alcance de la cartera de servicios y acreditación de requisitos

Na ligazón que colgamos no blog:
http://plataformasanidadeourense.wordpress.com/2014/05/05/o-goberno-envia-a-bruxelas-un-novo-plan-de-recortes-que-vai-afectar-seriamente-a-sanidade-publica/

pode verse como os recortes que o Goberno dixo ter deixado atrás seguirán neste 2014. Só hai que botarlle un ollo ao chamado el Plan Nacional de Reformas para 2014 remitido  a Bruselas no que incluen novos axustes en capítulos como a Sanidade para que implementen tanto o goberno central como os das CCAA. Xustificase este axuste co obxetivo de “garantizar la sostenibilidade de la financiación de la sanidad y la cohesión territorial del Sistema Nacional de Salud”, como vedes máis do mesmo e unha “partitura” xa coñecida de anos anteriores. Sempre todo en aras da “sostenibilidade, financiamento e cohesión” tres grandes verbas para seguir afondando na privatización, nos recortes, nas desigualdades en saúde, na exclusión social, etc en definitiva na merma da calidade do sistema público, no empeoramento nas prestacións aos usuarios e sobrecargando nos profesionais os problemas engadidos.

Entre a ponte e a "orxía futbolera" o goberno coa outro recorte sanitario

Fonte: http://pablovaamonde.blogspot.com.es/2014/05/a-privatizacion-sanitaria-o-libre.html


Blogue persoal de Pablo Vaamonde:

Pavillón de Repouso

http://pablovaamonde.blogspot.com.es/

[*] Pablo Vaamonde, nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.
Docs:

Documento: Plan Nacional de Reformas 2014, en formato -pdf - 233 páxinas.

Documento Pregunta parlamentaria de Rosana Pérez Fernández (BNG) sobre o novo recorte no orzamento destinado a sanidade contemplado no Plan Nacional de Reformas 2014, en formato -pdf- 3 páxinas.

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
7 de maio de 2014 14:27

www.plataformadspferrol.blogspot.com

Informacion SOS Sanidade Pública | Un saudo de Manuel Martin Portavoz SOS Sanidade Pública |mmargar1951@gmail.com | 669704177
__________________

Ada Colau deixa a portavocía estatal das PAHs - Carta de Ada Colau ás PAHs


Ada Colau deixa a portavocía estatal da PAH
| Logo de cinco anos, Ada Colau deixa a portavocía estatal da PAH | 07.05.2014 | #graciasAda


A cara máis visible da PAH anunciou onte nunha carta ao movemento a decisión de deixar a portavocía estatal e manterse no movemento como unha activista máis, tarefa que desempeñou, xunto coa de portavocía, desde que se iniciou a PAH.

O agradecemento desde as PAHs pola inxente tarefa desempeñada por Ada durante cinco anos, con especial intensidade trala comparecencia no Congreso, non pode medirse con palabras. O seu carisma, sencillez, valentía, coherencia e humildade levárona, desde o momento no que a súa cara se converteu na "cara da PAH", a ser un referente para todas e cada unha de nós.

A sobreexposición á que se viu sometida carrexoulle non poucas ameazas e esixiulle unha dedicación plena, por iso, non podemos deixar de agradecerlle que soporte esa presión en beneficio do movemento, o cal, sen o seu referencialidade, non puidese chegar ás miles de persoas que cada día apoian as nosas plataformas e acoden en busca de solucións.

A PAH é unha organización democrática que, desde os seus inicios, ha ter diferentes portavoces, tanto a nivel local como nas diferentes campañas. Durante estes anos, as dotes comunicativas de Ada convertérona nunha icona do movemento e da loita contra a inxustiza, axudando á PAH a crecer e facerse máis forte, dotándonos dunha organización descentralizada con sobrada capacidade para actuar en todo o Estado. Por este motivo na PAH non aspiramos a substituír a unha portavoz estatal por outra; senón a reforzar a encomiable tarefa que xa fan os seus múltiples portavoces, que son agora máis necesarios que nunca. En toda organizacion democrática hai substitucións nas tarefas que se desempeñan, e a PAH conta por sorte cunha ampla bolsa de portavoces.

Ada quixo comunicar a súa decisión antes da presentación da nova campaña da PAH de face ás eleccións europeas que se presentase o vindeiro venres. Desde aquí non podemos máis que dicir "grazas Ada", vémonos nas rúas e nas asembleas.


Carta de Ada Colau ás PAHs

Queridas PAH?s

Queridas e queridos compahs de todo o estado

Desculpade si abuso da canle interna da PAH para enviar unha carta persoal, pero dado que o que vos quero comunicar ten repercusións no movemento, creo oportuno facelo. Esta é unha carta interna, polo que rogo que non se divulgue fora das asembleas das PAH. Este 22 de febreiro de 2014 celebramos o 5º aniversario da PAH. Quen nolo ía a dicir, cando un pequeno grupo empezamos en Barcelona en febreiro de 2009, que 5 anos despois, a PAH converteríase nun movemento cidadán de referencia, con máis de 200 núcleos en todo o estado. foron 5 anos intensos e marabillosos, e persoal e politicamente estou orgullosa e agradecida, pola experiencia de transformación social e incidencia política máis potente na que participe xamais.

Xunto co meu compañeiro Adrià, a nosa implicación na PAH foi de entrega total, e o mellor de todo é que xamais o vivimos como un sacrificio, senón todo o contrario. A excepción do parénteses obrigado polo nacemento de Luca, foron 5 anos nos que 24h ao día, os 7 días da semana, estivemos envorcados na PAH. É algo que non se elixe, só sucede, ocorreu non había nada máis importante nin máis fermoso que puidésemos facer.

En todo este tempo, producíronse distintos puntos de inflexión para o movemento. Os inicios en Barcelona foron duros até que a cousa arrincou ... logo crecemos e consolidámonos en Catalunya, e non foi até a campaña stop desafiuzamentos (finais 2010) e o 15M (maio 2011) que o movemento se expandiu por todo o Estado. En 2012-13 vivimos outro punto de inflexión coa ILP, que non só fixo crecer o movemento, senón que consolidou unha mínima articulación e coordinación estatal.

O último ano foi para todos, pero para min moi especialmente, moi pero que MOI intenso: a ILP, a comparecencia no Congreso, os escraches ... de súpeto marcamos a axenda política e irrompemos na primeira estafa. A PAH converteuse na única oposición real ao goberno do PP, e "Ada Colau" converteuse nun personaxe mediático en programas de gran formato. Xamais imaxinei, cando acudín aquel 5 de febreiro á comisión de economía do Congreso, que tería que escoitar a aquel bárbaro da AEB dicir o que dixo, nin que eu reaccionaría de forma sensata chamándolle polo seu nome -criminal -, e aínda menos imaxinei que todo aquilo acabaría en trending topic e nos medios.

Con todo sucedeu, e xestionar iso non foi fácil: sen dúbida aproveitámolo para o movemento como puidemos, asumindo contradicións polo exceso de personalismo, intentando sempre resaltar a dimensión colectiva. Creo que todas e todos debemos felicitarnos por como o levamos. Nin o buscamos, nin estabamos preparadas, e malia iso creo que en liñas xerais soubemos estar á altura e pensar sempre no ben común.

Non todas as compahs viron ben que aceptásemos acudir a programas como "El gran debate de Tele5" ou outros similares. Seguro que algunha vez equivocámonos, pero honestamente creo que acudir a eses programas deu un resultado máis positivo que negativo. Permitiunos chegar a millóns de persoas ás que nos resultou imposible acceder doutro xeito. É unha canle que hai que utilizar con prudencia, por suposto, sempre de forma crítica e tomando precaucións, pero vivimos nunha sociedade mediática e hai que usar tamén esas canles. A título informativo, creo interesante compartir que, recentemente, distintas fontes confirmáronnos que acabaron co gran debate por presión directa do Goberno, xa que a nosa presenza, xunto con outras voces críticas, estaban dando un gran éxito de audiencia e iso convertía ao programa en perigoso.

A nivel persoal, recoñezo que "aínda que lle quitei importancia porque non había que mostrar debilidade ante os nosos inimigos" houbo momentos duros. Momentos difíciles cando, por exemplo, o Goberno identificoume como a "lideresa filo terrorista" e acto seguido empecei a recibir ameazas de todo tipo. Denunciar na comisaría, que os mossos veñan á túa casa a dicirche que precaucións debes tomar, que a prensa da caverna empezo a publicar a túa vida distorsionada, difamando a toda a túa familia ... En fin, non se trata de facerse a vítima (que é o que eles quererían), pero a verdade é que algunhas semanas foron complicadas, e máis dunha noite -tampouco hai que esconder a propia vulnerabilidade- con Adrià pegámonos uns cantos choros.

Pero tamén está a outra parte, a máis importante. Converterme en cara visible do movemento foi tamén un enorme privilexio, xa que recibín todas as mostras de apoio e de agarimo que a PAH espertou até no último recuncho do país. Cada día, pola rúa, en cada charla, no metro e até nos avións, centos de persoas abrazáronme emocionadas e dixéronme: "grazas!" "Seguide así!" "Estamos convosco!" "O que facedes é moi importante", "estades salvando vidas", etc. Non podo describir, nin remotamente, o nivel de amor que levo acumulado no corpo tralo último ano. Só así se pode entender que, xunto ao apoio cotián das compañeiras e compañeiros das PAH, aguante a parte infame, os insultos, os programas de "tele lixo", as ameazas.

Iso foi a nivel de portavocía externa. A nivel de movemento non todo foron alegrías e habemos ter outras dificultades. Poñernos "de moda" fíxonos moi atractivas para determinados partidos, que ás veces causaron distorsiones no movemento, con burdos intentos de cooptación ou simplemente trasladando as súas propias impotencias (como as loitas internas entre distintas correntes) a asembleas que loitan cada día por atopar novas formas de facer política que respondan ás necesidades da xente. Ollo, non se trata de criminalizar a quen militan en partidos: por sorte temos a grandes compañeiras que souberon facer compatible unha cousa coa outra, respectando sempre a independencia da PAH.

E tamén hai que dicir que, moito máis que os partidos, o peor monstro ao que nos enfrontamos é o individualismo e o consumismo hexemónicos que nos atravesan, que ás veces xeraron desconfianzas entre compañeiros, desviacións asistencialistas ou loitas personalistas en non poucas asembleas ... E con todo, case sempre se impuxo a principal das virtudes: a xenerosidade, a solidariedade, a cooperación por encima da competitividade, o ben do movemento por encima de ningún ego, o sentido común e a loita colectiva.

A medida que vou escribindo vexo que isto soa a despedida e non o é: En ningún caso penso deixar a PAH, que quede claro. Serei activista da PAH até que me morra e máis aló ;-) Só necesito saír dos espazos de coordinación, e deixar de ser a portavoz estatal. Por suposto penso seguir como unha máis na PAH de Barcelona, e sempre que o movemento me necesite para algo puntual  -como talleres de formación para transmitir a experiencia acumulada, por exemplo-, por pouco que poida estarei aí. Pero necesito sentir que podo facer outras cousas e opinar sen ser as 24h "a cara da Pah". En moitas ocasións me hei ter que morder a lingua e non dar as miñas opinións sobre distintos temas, para que estas non fosen atribuídas á PAH. E por suposto, en clave de práctica democrática do movemento, o lóxico é que se produza rotación nos roles, incluído o de portavocía.

Para evitar especulacións quero aclarar o que xa dixen moitas veces: non vou a "fichar" por ningún partido político. É verdade que en distintas ocasións, distintos partidos propuxéronmo. E tamén é certo que nalgún momento susciteimo, posto que a situación é moi dura e dalgún xeito haberá que botar aos corruptos e cleptócratas do poder. Evidentemente descarteino no seu momento porque era totalmente incompatible con ser portavoz da PAH. Pero tamén porque creo que o actual sistema de partidos forma parte do problema, e por iso descarto o "fichaxe individual". Como cidadá, estarei encantada de apoiar e participar de procesos amplos que susciten un cambio real nas formas de facer política. Ogallá sexamos capaces de crear novos dispositivos que nos permitan reapropiarnos das institucións para facer que de verdade sirvan ao ben común, porque nos vai a vida e a das nosas fillas e fillos niso. Estamos vivindo un cambio de época, un momento histórico de crise de réxime; quen ocupan o poder sábeno e declaráronnos definitivamente a guerra. Pretenden acabar cos poucos dereitos conquistados e si non hai unha forte mobilización continuada, e unha mellor organización social a todos os niveis, podemos saír desta estafa chamada crises moitísimo peor a como xa estamos agora. Polo tanto as PAHs son máis necesarias que nunca, para facer efectivos dereitos fundamentais como o da vivenda, para dotarnos de mecanismos de auto organización e auto tutela dos nosos dereitos fronte ás políticas austericidas. Ao mesmo tempo, haberá que impulsar outros espazos de confluencia onde unir forzas para cambiar as regras do xogo, pero cando esas confluencias teñan unha expresión electoral, haberá que recordar que a PAH como movemento non pode vincularse a ningunha candidatura. Cónstame que estes debates prodúcense dun modo ou outro en todas as nosas asembleas e creo que é positivo, sempre que se respecte o carácter apartidista da PAH como forma eficaz de coidar un espazo común no que moitas persoas, sensibilidades e ideoloxías distintas sumamos forzas por un obxectivo común.

Non vou deixar a PAH, pero quero facer as cousas ben. Sento que chegou o momento de tomar algo de distancia, tanto por min, como polo propio movemento. E creo que agora é un bo momento para dar o paso porque estamos a piques de ter visibilidade, coa campaña de escraches que se prepara -polo menos en Catalunya- para as europeas. Si a campaña funciona, é unha moi boa ocasión para que se visibilicen outras portavoces. Insisto para ofrecerme e axudar neste proceso a preparar ás persoas que poidan asumir ese papel.

De feito xa temos múltiples portavoces sobradamente preparadas, só se trata de que se fagan máis visibles nas tarefas de "portavocía xeral". Sen máis, mándovos un forte abrazo, segura de vervos pronto nas rúas, nas asembleas e nas redes. Porque temos moito por loitar pero tamén a celebrar, porque temos máis motivos que nunca para gritar que, xuntas, si se pode! Porque en todas as viaxes e charlas que fixen, comprobei que nas PAH está o mellor desta sociedade, a boa xente que non se rende e está disposta a dalo todo. Grazas comPahs, por ser e por estar aí.

Ada

P.D. Esta carta escribina para as PAH, pero imaxino que nalgún momento a noticia filtrarase. Creo que a nivel público non se necesitan máis explicacións que as normais de calquera organización social: que as portavoces vaian cambiando é unha práctica de democracia interna, habitual en calquera organización social, así que "Ada Colau" deixe de ser portavoz non debería ser especialmente noticia. Seguimos!

Aquí podedes descargar carta ás PAH de Ada.

Fonte: http://afectadosporlahipoteca.com/2014/05/07/ada-colau-deja-la-portavocia-estatal-de-la-pah/#comment-45395.

|||||||||||||

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra


Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol
______________