sábado, marzo 25, 2017

Terceiro Pleno Extraordinario sobre a Taxa e o Saneamento de Ferrol - Celebrado o martes 21 de marzo de 2017 - Vídeos - O que quedou constatado, é que había intención de realizar unha posta en escena, onde a representante da Cofradía, o Partido Popular e o propio alcalde e o portavoz de FeC, Alvaro Montes, tiñan repartidos os papeis


O terceiro pleno para a aprobación da taxa, quedou suspendido logo de dúas horas de debate, fortes acusacións ao alcalde e tensións entre os colectivos que asistían ao pleno. Tomaron a palabra o representante da Plataforma, o Presidente do Comité de Empresa de Emafesa, e a Presidenta da Cofradía de Ferrol. O que quedou constatado, é que había intención de realizar unha posta en escena, onde a representante da Cofradía, o Partido Popular e o propio alcalde e o portavoz de FeC, Alvaro Montes, tiñan repartidos os papeis. Un pequeno grupo de mariscadores e mariscadoras, pertencentes a un sector do cabildo, escenificaron a mentira que levaba presente ao longo destes tres plenos, que se precisa unha taxa para que a depuradora comece a funcionar. Na intervención do portavoz de Ferrol en Común, Álvaro Montes, puideron-se escoitar afirmacións como "un servizo ten que ter unha taxa", ou "a cidadanía coa que me relaciono non fala de Socamex, nen de interceptores", afirmacións ben preocupantes vindo do concelleiro de Participación Cidadá, que debera estar preocupado por achegar á poboación o máximo de información sobre os temas do seu interese, e facilitar canles de participación. Saber quen é a empresa Socamex, o poder de decisión que ten sobre temas fundamentais como son a auga e o saneamento, que modelo de saneamento se nos impón, como se pretende financialo... é fundamental para que a cidadanía poida defenderse contra quen pretende unha e outra vez vulnerar os seus dereitos. "Xogo político", "aplauso fácil", "debate artificial", "discurso político interesado" eran os cualificativos para quen pretendiamos centrar o debate na defensa dos servizos públicos, na denuncia da trama e do negocio privado espúreo, e o roubo á cidadanía de Ferrol. Tamén contestou ao discurso do PP, que ven insistindo nunha "modificación da taxa", o único xeito de legalizar as ilegalidades cometidas durante o goberno de Rey Varela. Argumentou que a anterior taxa estaba derogada, polo que non había marcha atrás. "Nós estamos coa xente pobre, coa que sufre" en alusión á intervención da Presidenta da Cofradía, que pedía un consenso para aprobar a taxa, que até ese momento semellaba imprescindíbel para que a depuradora comezara a funcionar.  No remate da súa intervención, Alvaro Montes solicitou un receso de portavoces, que Jorge Suárez ratificou en segundos. Á volta do receso, o alcalde dá por suspendido o Pleno, anunciando o compromiso de todos os grupos municipais menos o BNG, de buscar unha solución para que se poida comezar a depurar xa. O portavoz do BNG que non se sumara ao acordo, pediu insistentemente a palabra que lle foi negada polo Alcalde.


https://youtu.be/wUpK_JJTUKc


https://youtu.be/n39ezJsCeeE


https://youtu.be/io5WWxCgScw

O Pleno nos medios de comunicación:

A taxa de saneamento cae por terceira vez do pleno do Concello. | A taxa que permitiría a activación do saneamento de ría coa posta en funcionamento da depuradora, quedou por terceira vez sobre a mesa nun pleno extraordinario convocado sen consenso e que tivo como resultado a mellor das saídas para que a taxa non fose rexeitada, a retirada do punto da orde do día e a suspensión do pleno. | Diario de Ferrol - redacción ferrol - 22 de Marzo de 2017 (00:50 h. | Ir á Web.

O saneamiento encalla outra vez no pleno, suspendido tras dúas horas de debate bronco. | Ferrol 360 - RAÚL SALGADO / MERO BARRAL | Ferrol | Martes 21 marzo 2017 | 23:15. | Empezou bronco, incluíu un receso de máis de media hora de duración e acabou entre gritos e insultos. O debate plenario máis delirante que se recorda en certo tempo en Ferrol, aínda que non é menos certo que sobran experiencias, finalizou este martes como algúns poderían esperar: sen acordo. | Ir á Web.

A taxa volverá a un cuarto pleno. | A rifa sesión de onte suspendeuse tras un preacuerdo para desbloquear o saneamiento. | La Voz de Galicia - Rocío Pita Parada Ferrol 22/03/2017 11:48 |  Difícil describir o sucedido onte no terceiro pleno extraordinario no que o goberno de Ferrol pretendía sacar adiante a súa taxa do saneamiento. | Ir á Web.

A taxa de saneamento volverá debaterse nun cuarto pleno en Ferrol . | A Galega - TVG . Publicado o 22/03/2017 14:59 . | No concello de Ferrol, a taxa de saneamento municipal volveu protagonizar un pleno tenso que acabou por se suspender. O público, enfrontado en dous bandos, interrompeu o debate en varias ocasións.. | Ir á Web.

Ferrol deixa nas pavías por terceira vez a taxa de saneamiento do auga. | El Correo Gallego - PATRICIA HERMIDA | 22.03.2017. | Tras un agitadísimo debate, a corporación de Ferrol pospuxo onte por terceira vez consecutiva a aprobación da taxa de saneamiento do auga. Durante un receso do pleno extraordinario, os grupos acordaron suspender directamente a sesión e deixar a tramitación do gravame para un cuarto intento. | Ir á Web.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
---

mércores, marzo 22, 2017

IV Mostra de Documentais en Galego do Ateneo Ferrolán - Xoves, 23 de marzo ás 19 horas no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán




Xoves, 23 de marzo de 2017 ás 19 horas 
Salón de Actos do Ateneo Ferrolán 

Entrada de balde

Unha vez máis, o ATENEO FERROLÁN na súa aposta polo audiovisual organiza a IV MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO. Mostra que naceu no 2011 como plataforma para impulsar e difundir os documentais en galego.


Neste ano os documentais seleccionados son os seguintes:
  • 15 anos da Fundaçom Artábria. O documentário. [37'] Gravado no ano 2014 e editado no 2016. Este documental é un proxecto colectivo e amósanos a historia da Fundaçom Artábria durante os seus primeiros quince anos de vida. 
  • O Moredo. A resistencia do Entroido Ribeirao. [28'] Gravado no ano 2016 e dirixido por David Vázquez. O documental lévanos ao Entroido Ribeirao, unha festa ancestral que se celebra na parroquia de Santiago de Arriba en Chantada (Lugo). O documental trata da súa resistencia no tempo, xa que primeiro tivo que loitar contra a opresión da ditadura e a igrexa e na actualidade contra o despoboamento que sofre o rural no interior de Galicia. Antes celebrábase en moitas parroquias das ribeiras chantadinas pero na actualidade só resiste no Moredo. 
  • Rádio Filispim. 10 anos de rádio libre e comunitaria. [34'] Gravado no ano 2016 baixo a dirección de Óscar Quant e coa colaboración de Xende López na producción e de Juanpa Ameneiros na gravación e na edición. O documental recolle os dez primeiros anos de historia da Rádio Filispim, a Radio libre e comunitaria da Terra de Trasancos que emite no 93.9 da FM.



Esta IV MOSTRA DE DOCUMENTAIS EN GALEGO DO ATENEO FERROLÁN decorrerá o vindeiro xoves 23 de marzo de 2017 ás 19 horas no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán e a entrada será de balde.

www.ateneoferrolan.org

xoves, marzo 16, 2017

A Plataforma convoca Rolda de Prensa ás 12 do mediodía deste venres 17 de marzo, na casa do concello de Ferrol e unha media hora antes presentará unha Denuncia na Fiscalía contra a parte privada de Emafesa que xestiona a empresa de augas e contra o anterior goberno municipal co ex-alcade José Manuel Rey Varela á cabeza - Tamén presentará un escrito ante a Alcaldía para solicitar a suspensión do Pleno no punto da Taxa en base ao disposto no Artigo 133 da Lei 39/2015 de PAC

Jorge Suárez, na súa visita ao Edar en Agosto de 2015, onde se descubriu que esta non depuraba

Convocatoria Rolda de Prensa


Mediante este escrito convocamos unha Rolda de Prensa que terá lugar o vindeiro venres 17 de marzo, ás 12 do mediodía, na Sala de Prensa da Casa do Concello de Ferrol. Con anterioridade (11:30hs) presentaremos nos Xulgados de Ferrol, unha Denuncia ante a  Fiscalía, para que investigue se hai delito por parte da empresa Socamex, parte privada da Empresa Mixta de Aguas de Ferrol, S.A. (EMAFESA), que xestiona a mesma, ao ter cobrado unha factura por un servizo que non prestou. E subsidiariamente aos membros do Goberno Municipal que estaban no momento de producir-se os feitos, anos 2014 e 2015, presididos polo o entón Alcalde José Manuel Rey Varela, Tamén polo engano a cidadanía con publicidade, onde se inaugurou e mantivo no tempo, unha depuradora que non depuraba que non tiña persoal contratado, nin tampouco contratado o servizo de subministro de enerxía eléctrica.

O mesmo día presentaremos un escrito no rexistro do Concello, dirixido ao Alcalde, solicitando a suspensión do Pleno sinalado para o vindeiro 21 de marzo, no referente ao punto onde se pretende aprobar a Taxa, en base ao do disposto no artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Temas a desenvolver na rolda de prensa:
  1. Reunión da Plataforma cos grupos politicos municipais.
  2. Iniciativa da Plataforma en relación ao pleno para a aprobación da taxa.
  3. Denuncia ante a Fiscalía.
  4. Outras iniciativas da Plataforma.
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!

Alexandre Carrodeguas.
Fernando Ramos.
Pablo Portero.
Bernardo Rego.
Lupe Ces.

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
https://plataformaferrol.


Nota.-


Artigo 133 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

Artigo 133.1 Participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas con rango de Lei e regulamentos.

1. Con carácter previo á elaboración do proxecto ou anteproxecto de lei ou de regulamento, se substanciará unha consulta pública, a través do portal web da Administración competente na que se solicitará a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma achega de:
a) Os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa.
b) A necesidade e oportunidade da súa aprobación.
c) Os obxectivos da norma.
d) As posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.
2. Sen prexuízo da consulta previa á redacción do texto da iniciativa, cando a norma afecte aos dereitos e intereses lexítimos das persoas, o centro directivo competente publicará o texto no portal web correspondente, co obxecto de dar audiencia aos cidadáns afectados e solicitar cantas achegas adicionais poidan facerse por outras persoas ou entidades. Así mesmo, poderá tamén solicitarse directamente a opinión das organizacións ou asociacións recoñecidas por lei que agrupen ou representen ás persoas cuxos dereitos ou intereses lexítimos vérense afectados pola norma e cuxos fins garden relación directa co seu obxecto.

3. A consulta, audiencia e información públicas reguladas neste artigo deberán realizarse de forma tal que os potenciais destinatarios da norma e quen realicen achegas sobre ela teñan a posibilidade de emitir a súa opinión, para o que deberán poñerse á súa disposición os documentos necesarios, que serán claros, concisos e reunir toda a información precisa para poder pronunciarse sobre a materia.

4. Poderá prescindirse dos trámites de consulta, audiencia e información públicas previstos neste artigo no caso de normas orzamentarias ou organizativas da Administración Xeral do Estado, a Administración autonómica, a Administración local ou das organizacións dependentes ou vinculadas a estas, ou cando concorran razóns graves de interese público que o xustifiquen.
Cando a proposta normativa non teña un impacto significativo na actividade económica, non impoña obrigacións relevantes aos destinatarios ou regule aspectos parciais dunha materia, poderá omitirse a consulta pública regulada no apartado primeiro. Si a normativa reguladora do exercicio da iniciativa lexislativa ou da potestade regulamentaria por unha Administración prevé a tramitación urxente destes procedementos, a eventual excepción do trámite por esta circunstancia axustarase ao previsto naquela.

Fonte: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2015-10565
--

luns, marzo 13, 2017

En varias cidades da Galiza, como no resto do territorio do Estado, presentaron-se nos xulgados unha petición para que se paralicen todos o procedimentos relacionados con execucións hipotecarias deribadas da cláusula, agora declarada abusiva, de vencimento anticipado - En Ferrol, diante dos diferentes casos de desafiuzamento que ocupan a nosa atención, faremos a entrega o vindeiro martes 14 de marzo


EN RELACIÓN COA SENTENZA DO TXUE DO 26 DE XANEIRO SOBRE VENCEMENTO ANTICIPADO, E A RECENTE CUESTIÓN PREXUDICIAL QUE EXPUXO O TRIBUNAL SUPREMO AO PROPIO TXUE, SOBRE SE DEBEN ARQUIVARSE OU NON AS EXECUCIÓNS HIPOTECARIAS POR ESTA CLÁUSULA PRESENTE NO 99,99% DAS HIPOTECAS, E DESPOIS DE QUE AS AUDIENCIAS PROVINCIAIS DE XIRONA, BARCELONA, CASTELLÓ E MADRID, SOLICITASEN A SUSPENSIÓN DAS EXECUCIÓNS HIPOTECARIAS ATÉ QUE O TXUE RESOLVA... AGORA TAMÉN NA GALIZA, PRONUNCIO-SE A AUDIENCIA PROVINCIAL EN VIGO.


O pasado 7 de marzo, en varias cidades da Galiza, como no resto territorio do Estado, presentaron-se nos xulgados unha petición para que se paralicen todos o procedementos relacionados con execucións hipotecarias derivadas da cláusula, agora declarada abusiva, de vencemento anticipado. En Ferrolterra, Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra e a Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca de Ferrol e Comarca (PAH), diante dos diferentes casos de desafiuzamento que ocupan toda a nosa atención, faremos a entrega o vindeiro martes 14 de marzo, ás 11:30 da mañá, no Edificio dos Xulgados. Ao final do Comunicado vai o Kit elaborado pola comisión xurídica da PAH, adaptado á situación organizativa de Ferrolterra e traducidos á nosa lingua, para presentar nos xulgados, un dirixido ao Xuíz Decano e outro ao Servizo Común de Actos Notificacións e Execucións. Acompañamos tamén un escrito para enviar a Madrid, dirixido ao Consello Xeral do Poder Xudicial e outro escrito dirixido aos xulgados de primeira instancia, para que todas as persoas afectadas con proceso de  execución hipotecaria solicitando a nulidade da cláusula de vencemento anticipado e subsidiariamente a suspensión até que se pronuncie o TXUE (Tribunal de Xustiza da Unión Europea).

Comunicado Unitario

O Goberno Español é contrario ao dereito da Unión Europea, no sentido de que se opón ao dereito Comunitario, cando defende e mantén a lexislación coa prohibición a que os propios xuíces podan investigar as cláusulas abusivas nun contrato hipotecario. "Evidentemente, é unha cuestión retórica", non imos esperar máis a que o TXUE siga dando a razón ao movemento antidesafiuzamentos e polo dereito a unha vivenda digna e adecuada.

Os colectivos PAH/STOP da Galiza, como no resto territorio do Estado, poñemos-nos hoxe "Todas a Unha" presentando nos xulgados escritos de oposición, colectivos e individuais, esixindo a paralización de todos os procesos de Execución Hipotecaria en marcha.

A sentenza do TXUE do 26 de Xaneiro de 2017, sobre vencemento anticipado, e a recente cuestión pre-xudicial que expuxo o Tribunal Supremo ao propio TXUE, sobre se deben arquivarse ou non as execucións hipotecarias por esta cláusula presente no 99,99% das hipotecas, son o golpe definitivo a un sistema hipotecario inxusto, abusivo e, por tanto, ilegal.

Tras o repetido choque de trens entre a xustiza española e a comunitaria, despois das últimas 8 sentenzas do TXUE, que "legalidade" ten a lexislación hipotecaria española? Que norma impide ao Goberno lexislar que os xuíces deben examinar de oficio as cláusulas abusivas nos contratos hipotecarios pasados, presentes e futuros?

O TXUE aclárao: para os xuíces non hai unha norma que lles impida revisar de oficio as cláusulas abusivas, porque en realidade están obrigados a iso... E para o Goberno tampouco hai norma que lles impida propoñer leis acordes coa lexislación europea. Non permitiremos que a vontade política do goberno de quenda se converta no fiel da balanza.

Se as leis hipotecarias que ditaron os políticos neste país non son compatíbeis co dereito da Unión Europea, e o TXUE ratifícase nisto en cada sentenza ou pronunciamento: son compatíbeis estes políticos coa Unión Europea? Se o Dereito da Unión impón a un dos poderes do estado español, o xudicial, a protección ás persoas, non debe aplicar isto o poder lexislativo e, en consecuencia, o poder executivo, é dicir o goberno?

A lei debe ser a encargada de disuadir o delito, pero no terreo hipotecario isto non é así: o monopolio político/financeiro nin sequera permite que os xuíces investiguen, deixando ás persoas indefensas.

Di o TXUE que o xuíz debe determinar se as cláusulas dun contrato hipotecario actúan en detrimento das persoas, e se supoñen un desequilibrio importante entre os dereitos e obrigacións das partes do contrato. E sinala o carácter abusivo tanto da cláusula como dos prazos para recorrer.

ESIXIREMOS NOS XULGADOS QUE SE ARQUIVEN OS PROCEDEMENTOS DE EXECUCIÓN HIPOTECARIA!

SE PODE-SE!!

Colectivos PAH e STOP-DESAFIUZAMENTO da Galiza
---
Desde a Comisión Xurídica da PAH achegan-nos varios escritos que compoñen o "KIT do Vencemento Anticipado", segundo o acordado na última Asemblea Estatal celebrada en Madrid.

O Kit elaboraron-no para que podamos utilizalo na acción programada para este mes de Marzo nos Xulgados de todo o Estado, así como para que se pendure na web como documentos útiles.

O Kit do vencemento anticipado compoñen-no catro escritos:

1) Un escrito para que como PAH/STOP (É dicir, a idea é presentar un único escrito) solicitemos ao Xuíz Decano dos Xulgados da nosa localidade que se reúna con todos os xuíces para informar-lles de que desde a PAH esiximos a nulidade da cláusula de vencemento anticipado de todas as execucións hipotecarias e subsidiariamente a suspensión cautelar de todos os procedementos de execución hipotecaria até que o TXUE volva pronunciarse sobre as cuestións prexudiciais suscitadas polo Tribunal Supremo. | Acceder/Baixar.

2) Un escrito para que como PAH/STOP (Igualmente a idea é presentar un único escrito) solicitemos ao Servizo Común de Actos Notificacións e Execucións dos Xulgados da nosa localidade a suspensión inmediata de todos os lanzamentos derivados de procedementos de execución hipotecaria até que se decrete a nulidade da cláusula de vencemento e subsidiariamente, até que se pronuncie o TXUE sobre as cuestións pre-xudiciais suscitadas polo Tribunal Supremo. | Acceder/Baixar.

3) Un escrito para que como PAH/STOP (Un único escrito) solicitamos ao Consello Xeral do Poder Xudicial para que traslade a todos os órganos xudiciais nosa petición de aplicación directa das sentenzas do TXUE e acorden todos os organismos xudiciais a nulidade da cláusula de vencemento anticipado e subsidiariamente a suspensión até que se pronuncie o TXUE sobre as cuestións suscitadas polo Tribunal Supremo. | Acceder/Baixar.

4) Un escrito xudicial para que tod@s os afectad@s que teñamos unha execución hipotecaria presentemos no Rexistro dos Xulgados da nosa localidade (Independientemente de que teñamos avogad@ e procurador/a) solicitando a nulidade da cláusula de vencemento anticipado e subsidiariamente a suspensión até que se pronuncie o TXUE. Este escrito é para que o presente todo o mundo que teña un procedemento de execución hipotecaria. Recomendamos que os que teñan avogado e procurador avisen ao seu avogad@ de que van presenta-lo, pois o normal é que o Xulgado logo no-lo devolva para que o presentemos a través do nos@ avogad@, igualmente pasará cos que non teñamos aínda avogad@ no procedemento e entón teremos que pedir-lo para volver presentalo asinado por avogado e procurador. | Acceder/Baixar.

---


Nin Casas sen Xente, Nin Xente sen Casas !
Contra o abuso bancario !
Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada!
Si se Pode !! Saúde e Vivenda Digna !!

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol

||||||||||||
_________

mércores, marzo 08, 2017

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga en todos os niveis educativos de Galiza para o día 9 de marzo - En Ferrolterra, Manifestación desde a Praza Amada Garcia diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, ás 11:30hs.


A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga en todos os niveis educativos de Galiza para o día 9 de marzo.  “A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público pretende con esta folga asestar un golpe mortal e definitivo á LOMCE e aos recortes no ensino público para restituír os dereitos laborais e salariais do profesorado e mellorar a calidade do ensino mediante una Lei Galega de Educación”, explica o seu portavoz Anxo Louzao.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público considera que unha vez máis é necesario que nos mobilicemos en defensa do ensino público galego, reclamando a derrogación plena da LOMCE e unha lei galega de educación ante a posibilidade de que se elabore un pacto entre as forzas políticas estatais que prexudique gravemente a situación do noso ensino. Este pacto mantería os principios fundamentais da LOMCE e o que é peor, blindaríaos para os vindeiros anos.

Ante o éxito da xornada de folga do 16 de febreiro temos que volver saír á rúa desde unha óptica centrada no país e na súa realidade educativa. En Galiza non sufrimos os recortes do mesmo xeito que no resto do Estado, e o noso ensino ten necesidades específicas pola nosa realidade diferenciada. Por iso é fundamental que a xornada de folga do día 9 sexa todo un éxito.

No entanto, considerando que a derrogación da LOMCE é imprescindíbel a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público acordou convocar folga para o día 9 de marzo en todos os niveis educativos do ensino de Galiza, mantendo as nosas reivindicacións e accións propias que dan continuidade ás que xa vimos realizando, concretadas en manifestacións en diferentes localidades ás 11.30 horas.
A Coruña: Praza de Vigo.
Ferrol: Praza de España.
Lugo: Praza da Horta do Seminario.
Ourense: Subdelegación do Goberno.
Pontevedra: Praza da Peregrina.
Santiago: Alameda.
Ribeira: Diante do IES Nº1.
Vigo Praza América.
MANIFESTO DA PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

9 de marzo
Todos e todas á folga!!!

Non á LOMCE!
Non aos recortes!
Lei galega de educación!

Unha vez máis é necesario que nos mobilicemos en defensa do ensino público galego, reclamando a derrogación plena da LOMCE e unha lei galega de educación ante a posibilidade de que se elabore un pacto entre as forzas políticas estatais que prexudique gravemente a situación do noso ensino. Este pacto mantería os principios fundamentais da LOMCE e o que é peor, blindaríaos para os vindeiros anos.

Ante o éxito da xornada de folga do 16 de febreiro temos que volver saír á rúa desde unha óptica centrada no país e na súa realidade educativa. En Galiza non sufrimos os recortes do mesmo xeito que no resto do Estado e o noso ensino ten necesidades específicas pola nosa realidade diferenciada. Por iso é fundamental a participación masiva na folga que a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público acordou convocar para o día 9 de marzo en todos os niveis educativos do ensino de Galiza, mantendo as nosas reivindicacións e accións propias que dan continuidade ás que xa vimos realizando, concretadas en manifestacións en diferentes localidades ás 11.30 horas.

A Plataforma  Galega en Defensa do Ensino Público está comprometida en continuar na loita contra a LOMCE até a súa derrogación definitiva e en paralizar os recortes que están desmantelando o ensino público.

Grazas ás permanentes e importantes mobilizacións  e folgas que levamos a cabo, fomos capaces de paralizar a aplicación das reválidas en 6º de Primaria, 4º de ESO e 2º de Bacharelato. Mais temos presente que a LOMCE segue vixente e as reválidas adiadas, non derrogadas, até coñecer o resultado do “pacto pola educación”.

O PP continúa obstinado na súa aplicación, malia o rexeitamento maioritario e a decisión do Congreso dos Deputados de paralizala. Consideramos, por tanto, que é necesario seguir na loita como única maneira de conseguir a derrogación definitiva da LOMCE, a desaparición das reválidas, a paralización dos recortes no ensino público, a restitución de todos os dereitos que lle foron arrebatados ao profesorado e a mellora do ensino público.

Temos  razóns mais que sobradas para denunciar o engano e a farsa que supón o punto de arranque do chamado “pacto pola educación” proposto polo PP, cuxo obxectivo non é outro que consolidar os principios e fundamentos da LOMCE, revestidos agora da auréola do “pacto pola educación”.

O punto de partida, a concepción do mesmo, o procedemento e os obxectivos que persegue procuran un modelo educativo neoliberal, confesional, cada vez máis españolizado e profundamente mercantilizado, no que a relixión seguirá sendo materia curricular. A privatización continuará mediante os concertos en todos os ámbitos educativos e o ensino será cada vez máis elitista e segregador. Hai que desenmascarar todo esta armazón propagandística que o único que pretende é facer máis presentábel socialmente a aplicación da LOMCE.

Calquera acordo educativo ten que partir, como mínimo, dun amplo debate social e de participación de todas as organizacións e entidades, tanto sociais como políticas, sindicais e educativas.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público exixe:
  • A derrogación da LOMCE e das súas reválidas e a elaboración dunha lei galega de educación.
  • A defensa inequívoca do ensino público, galego, laico, coeducativo e gratuíto.
  • O recoñecemento e asunción da pluralidade nacional, cultural e lingüística do Estado para poder conformar un sistema educativo galego, enraizado na nosa realidade social, cultural, histórica e lingüística.
  • Compromiso de dedicar o 7% do PIB á Educación.
  • A eliminación inmediata das subvencións aos centros que segregan alumnado por razón de xénero, co obxectivo de suprimir os concertos no ensino non obrigatorio e continuar co resto dos concertos educativos para conseguir unha única rede, a pública.
  • Redución das ratios máximas do alumnado por aula: 15 en educación infantil e 20 no restos dos niveis educativos e a  redución destas cando se escolarice alumnado con necesidades especiais.
  • Gratuidade e oferta pública suficiente de prazas en educación infantil de 0 a 3 anos.
  • Derrogación do Decreto 79/2010 de plurilingüismo e elaboración dunha nova norma que garanta a vehiculización do ensino en galego para a plena normalización lingüística.
  • Eliminación da materia de Relixión do currículo escolar.
  • Restitución de todos os dereitos arrebatados ao profesorado -horario, salarios etc.
  • Dotación de suficiente profesorado en todos os niveis educativos que garantan a atención á diversidade e a unha educación adecuada, co persoal necesario, ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Dotación doutro persoal necesario nos centros -persoal coidador, sanitario, educador social, etc.
  • Oferta ampla de emprego e supresión das taxas de reposición para dar resposta ás necesidades de profesorado dos centros e rematar coa precariedade e temporalidade do profesorado.
  • Obrigatoriedade de dotar todos os centros públicos de persoal administrativo.
  • Garantirase a gratuidade dos libros de texto e do material didáctico na educación infantil e obrigatoria e do servizo de comedor escolar.
  • Xestión democrática dos centros, ampliación e mellora da participación do profesorado, elección democrática dos cargos directivos, traslado das competencias pedagóxicas ao claustro e facer do Consello Escolar un órgano colexiado de participación da comunidade escolar. Isto é,  democratizar a escola e xestionala coa participación e corresponsabilidade de todos e todas.
  • Incremento de bolsas de estudo e das súas contías. A carencia de recursos non debe comportar a imposibilidade de estudar.
  • Non á aplicación do 3+2 no ensino universitario por reducir a duración dos graos a 3 anos e os mestrados a 2 anos, que supón, entre outras cuestións, un encarecemento dos estudos universitarios.
  • A modificación lexislativa necesaria para que as ensinanzas artísticas superiores poidan adscribirse á universidade.
  • Elaboración dun plan específico de apoio ao ensino no rural.
  • Un plan de actuación integral nos centros educativos, co obxecto de solucionar todas as carencias e necesidades, e dotalos de todas as dependencias e instalacións precisas, así como tomar a medidas necesarias para evitar calquera risco na saúde da comunidade escolar -amianto, radon, etc.
O 9 de marzo, ás 11.30 horas, participa nas mobilizacións da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.

Fonte: http://plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es/

________

Páramo Pictures, arrasan co novo traballo 'Acolitos' (O Despacito Galego) ), tan só en dúas semanas máis de 871.000 visualizacións na rede - Este grupo que versiona cancións famosas con temática agro-musical, ten o vídeo-clic en galego máis visionado no mundo con máis de 2.195.000 de visualizacións da 'Bertolina' (a Adrenalina galega)


A produtora independente Páramo Pictures, arrasan co novo traballo 'Acolitos' (O Despacito Galego) ), tan só en dúas semanas máis de 871.000 visualizacións na rede. Este grupo que versiona cancións famosas con temática agro-musical, ten o vídeo-clic en galego máis visionado no mundo con máis de 2.195.000 de visualizacións: 'Bertolina' (a Adrenalina galega).

Alcolitos (O Despacito Galego).

Parodia do vídeo "Despacito" de Luís Fonsi ft. Daddy Yankee. Publicado en 15 de febreiro de 2017


https://youtu.be/xyyFLbrdaDg


Bertolina (a Adrenalina galega).

Parodia galega do vídeo "Adrenalina" ft. Wisin, Ricky Martin and Jennifer Lopez. Rodado en O Páramo, Ribas de Miño, Piñeiro, Beleigán (O Páramo); Taboada dos Freires e Cerdeda (Taboada). Producida por Páramo Pictures. Publicado en 24 de abril de 2014.


https://youtu.be/iKgRi2xZT94


A Canle de Páramo Pictures, é unha canle con máis de 33.216 inscrit@s e 8.717.050 de visualizacións, que leva na rede desde o 25 de xuño de 2013.

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/paramopictures/

Conta en +Google:
https://plus.google.com/u/0/108395117627763424052

Paramo Pictures, no buscador libre DuckDuckGo | Buscar na rede.

Interesante entrevista no xornal Sermos Galiza, de hai dous anos, marzo de 2015. | DANIEL MOREIRAS, AUTOR DA "PALE TILLA" DE "PÁRAMO PICTURES". | “A Enrique Iglesias déronlle 302.000 euros e nós gastamos 150 en facer a parodia en galego”. | Carme Vidal Seguir a @CarmeVidaLaxe | 09 Marzo 2015 15:25 h. | Son os autores do vídeo do momento, da parodia “galega” do videoclip de Enrique Iglesias que arrasa nas redes. Daniel Moreiras explícanos canto gastaron e como elaboraron a nova produción da Páramo Pictures, autores tamén do vídeo máis visto da historia da música galega. | Ir á Web.
___________

A Coordinadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres, chama a participar, neste 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, ás 7 da tarde na Praza do Inferniño: As mulleres decidimos - Paro Internacional de Mulleres en 40 países


En todo o mundo as organizacións feministas, sindicais e populares, chaman a un 8 de Marzo, reivindicativo e de loita, contra a violencia e polos dereitos fundamentas, pola igualdade e os dereitos civís e laborais. Mesmo está convocada unha Paro Internacional de Mulleres en 40 países. Este é un movemento de base formado por mulleres de diferentes partes do mundo. Foi creado nas últimas semanas de Outubro de 2016 "como resposta á actual violencia social, legal, política, moral e verbal experimentada polas mulleres actuais en diversas latitudes". Colectivos como Nin unha menos en Latinoamérica ou a Women's March estadounidense lideran unha nova era na protesta feminista. "Si as nosas vidas non valen, ¡produzan sen nós!", afirman. Neste contesto na nosa Comarca, a Coordinadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres, chama a participar, neste 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, ás 7 da tarde na Praza do Inferniño, nun acto popular baixo o lema: "As mulleres decidimos".

Neste evento internacional, a Marcha Mundial das Mulleres, publicou a seguinte declaración:

DECLARACIÓN 8 MARZO

QUERIDAS COMPAÑEIRAS, AMIGAS, ACTIVISTAS E LOITADORAS

Nós, mulleres da Marcha Mundial das Mulleres, unimos as nosas voces para render homenaxe ás loitas históricas e cheas de vigor das mulleres e dos movementos feministas de todo o mundo.

Denunciamos o contexto político mundial, marcado pola crecente toma de control de gobernos por parte de partidos de dereitas, que expresan odio, racismo, misoxinia, intolerancia e demas formas de discriminación. Tamén afrontamos a agudización e radicalización da violencia militarista que se emprega para controlar os nosos territorios: corpo, mente, terra, auga, bosques, coñecemento e mesmo o noso pasado histórico, o noso presente e futuro, para manter o patriarcado, o capitalismo neoliberal e o neocolonialismo como paradigmas prevalentes. Ao mesmo tempo, o discurso do desenvolvemento perde sentido cando as elites políticas acumulan riqueza, empañadas de corrupción e impunidade e cando as fráxiles institucións nunca renden contas aos pobos.

As inxustizas climáticas tamén aumentan en todas as rexións, destruíndo formas de subsistencia e provocando mortes sobre todo nas comunidades pobres. Os Estados-nación non logran avanzar nos seus compromisos coa xustiza climática e seguen propoñendo falsas solucións. Instamos o mundo a avergoñar ao presidente dos Estados Unidos polo retroceso que supón o seu rexeitamento do programa de acción para o clima. Igualmente, o seu discurso de “Estados Unidos primeiro” concede máis poder ás empresas estadounidenses para que sigan contaminando, desposuíndo a comunidades locais e explotando man de obra por todo o mundo, igual que se fixo hai séculos coa escravitude. Como ben sabemos, as mulleres do sur, as migrantes, as mulleres de cor, indigenas e as que representan unha minoría sexual pagan cos seus propios corpos e co seu traballo o prezo do crecemento económico, sen ningunha recompensa.

Neste contexto, as mulleres do norte e do sur afrontan hoxe en día á maior agresión contra os seus dereitos, que repercute na crecente violencia en forma de feminicidio, migración forzada (que desemboca na explotación das mulleres), traumas e morte.

Estas razóns son suficientes para solidarizarnos coas nosas compañeiras e con todas as mulleres que loitan.

- En toda África, as mulleres resisten a numerosas formas de violencia neocolonial perpetradas por compañías transnacionales do sector extractivo e da agroindustria, que invaden as comunidades e destrúen os seus medios de sustento, empobrecéndoas. Ante estas realidades, as mulleres e nenas sofren violacións, matrimonios forzados e embarazos precoces, o cal limita o seu acceso á educación e impídelles levar unha vida digna.

- No Mundo Árabe e no Oriente Medio, as mulleres resisten aos grupos fundamentalistas que sementan o terror nas comunidades e expoñen ás mulleres a numerosas formas de violencia e brutalidade, incluída a escravitude. As mulleres están respondendo con mecanismos de autodeterminación e autodefensa.

- Nas Américas, a esquerda está sendo substituída por gobernos de extrema dereita que están destruíndo importantes logros de varias décadas e volven traer axendas neoliberais que serven aos intereses capitalistas. As mulleres resisten defendendo os dereitos fundamentais e os dereitos da natureza e os bens comúns, e en consecuencia enfróntanse a que se criminalice a súa loita, mutilaciones e asasinatos.

- Asia sofre historicamente os efectos do colonialismo e do neoliberalismo. Na actualidade, mentres a pobreza aumenta a consecuencia de que as multinacionais intensificasen o control territorial, coa protección das políticas neoliberais globais, as mulleres están moito máis expostas á explotación laboral, a violencia sexual e a trata.

- En Europa, en distintas rexións, as mulleres estanse opoñendo ao retroceso no seu dereito ao aborto, imposto por forzas cada vez máis fundamentalistas, sobre todo radicais que se están facendo co control dos procesos de toma de decisións nos Estados. Se están utilizando as medidas de austeridade e a seguridade para xustificar o renacemento do neofascismo que provoca intolerancia cara ás migrantes e outras minorías.

Para celebrar o Día Internacional das Mulleres, apoiamos a proposta dun Paro Internacional de Mulleres porque cremos na necesidade de construír e reforzar o noso movemento internacional feminista como motor de solidariedade internacional de mulleres. Valoramos a autogestión de mulleres nos seus contextos de loita locais, nacionais e rexionais.

Unímonos como mulleres globais, coa mesma voz que alzamos no noso X Encontro Internacional “mulleres en resistencia, construíndo alternativas para un mundo mellor” porque, como dixemos, o noso movemento é a nosa alternativa. Cremos que ao unir esforzos con outros movementos de mulleres activos neste chamado, reforzaremos a loita ao redor de preocupacións comúns e recuperaremos as esperanzas!

Con todo, seguimos destacando as Accións Globais que planificamos durante o noso X Encontro Internacional, como:

- O 24 de abril, - Rana Praza está en todas partes!, Día Internacional no calendario da MMM, onde actuamos sobre a economía das mulleres (tendencias económicas mundiais): o mundo laboral, a autonomía económica das mulleres, etc.;

- O 3 de xuño - Acción Global: 24 horas de Acción Global sobre Paz e Migración.

Namentres, apoiamos os chamados ás accións organizadas no contexto rexional para abordar preocupacións rexionais.

SEGUIREMOS EN MARCHA ATA QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

Info baseada na enviada por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
7 de março de 2017 14:49

___________

martes, marzo 07, 2017

A eurodeputada galega Lídia Senra, esixe que a loita contra a violencia machista sexa unha prioridade no Parlamento Europeo


Lídia Senra esixe que a loita contra a violencia machista sexa unha prioridade no Parlamento Europeo. | A eurodeputada toma a palabra no pleno da Eurocámara en Bruxelas para criticar a despenalización parcial da violencia machista en Rusia. | Pide que ningunha agresión quede sen castigo en ningunha parte do mundo e unha Directiva Europea que garanta os dereitos das mulleres.


Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), reclamou este mércores pola noite no pleno do Parlamento Europeo, en Bruxelas, que se pase dunha vez por todas “das palabras aos feitos” e non se produza “ningunha agresión machista sen castigo”. “Pido á Comisión Europea e ao Parlamento Europeo que convertan a loita contra a violencia machista nunha prioridade e que poñan todos os medios ao seu alcance, incluída unha Directiva Europea para rematar coa violencia machista e para garantir os dereitos das mulleres”, reclamou. A eurodeputada galega tomou a palabra no punto da sesión plenaria no que se abordou a recente despenalización parcial da violencia doméstica en Rusia, a raíz da Declaración da vicepresidenta da Comisión e Alta Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade.

Lídia Senra tachou de “moi mala nova para as mulleres rusas e para as mulleres de todo o mundo” a despenalización parcial da violencia machista na Rusia e asegurou que estamos “ante unha gran vitoria do patriarcado”. “Non se pode permitir que os Parlamentos rebaixen as leis para penalizar a violencia contra as mulleres e que abran o camiño para deixar impune a delincuencia machista, porque calquera tipo de agresión ás mulleres é un delito que atenta contra os dereitos humanos”, dixo a europarlamentaria galega. “Ademais, estas agresións no fogar, aínda que non causen feridas físicas importantes, son un delito, atentan contra a autoestima, a saúde e os dereitos das mulleres, e a súa despenalización supón reforzar o pensamento machista de que as mulleres somos posesión dos homes”, advertiu.

Isto supón seguir alentando o machismo que asasina cada día. A semana pasada no Estado Español foron asasinadas cinco mulleres”, lembrou Senra, para facer fincapé na gravidade do momento que se está a atravesar. “Non podemos consentir que ningún delito machista quede impune, non podemos permitir que se despenalice ningun tipo de agresión machista”, insistiu.

Na Galiza, neste 2017 van xa dúas asasinadas polo menos a mans de homes e son 3.019 as galegas obrigadas a vivir baixo protección policial pola ameaza das súas parellas ou ex parellas.

Bruxelas, 2 de marzo de 2017.

Pleno do Parlamento Europeo [01/03/2017]

TEMA DA INTERVENCIÓN

Despenalización parcial da violencia machista na Rusia

ENLACE Á INTERVENCIÓN DE LÍDIA SENRA

https://www.youtube.com/watch?v=yuFj5PKgIq0&feature=youtu.be

ENLACE Á INTERVENCIÓN DO DEBATE COMPLETO

http://www.europarl.europa.eu/ep-live/pt/plenary/video?debate=1488395479310

---
Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

lidia.senra@europarl.europa.eu

www.ageuropa.gal

Enviado por:
AGE Europa - Galiza
-age.europa.galiza@gmail.com-
2 de março de 2017 11:13

________

Ataque en contra da sede Comarcal de Esquerda Unida sita na rúa do Sol en Ferrol - Pronunciamentos de condena e solidariedade


O pasado domingo foi atacada a sede comarcal, de Esquerda Unida, lanzando obxectos contra as cristaleiras frontais que estaban cubertas con cartaces que facían referencia á loita contra a violencia machista. Desde diferentes puntos as entidades fixeron-se pronunciamentos públicos contra o acto violento. Tamén desde Esquerda Unida de Narón que emitiu o seguinte comunicado:

Dende EU NARÓN queremos amosar a nosa contundente condena ante o ataque contra a sede Comarcal de EU na Rúa do Sol en Ferrol.

O coñecer a noticia André Abeledo indicou que "as pedras non poden romper as ideas, e que este tipo de actos de vergoñento e covarde vandalismo non poderán amedrentarnos, pois como di o himno galego "os imbéciles e escuros non nos entenden non", por este motivo usan a violencia, porque eses son os argumentos, dos que non teñen argumentos. Non poderán calarnos nin acovardarnos con as pedradas da intolerancia e a sen razón"

"Abeledo asegurou que as compañeiras e compañeiros de EU seguiremos loitando por unha sociedade máis xusta libre de fascismo, violencia, intolerancia e ignorancia".



GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.



Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
6 de março de 2017 21:35
________

luns, marzo 06, 2017

Festival solidário para a semente 2017 - Quenindiole, Vero Rilo-Daboapipa e Roger de Flor - Domingo 12 de março às 17:30 horas no Auditório de Narom


Festival Solidário para a semente 2017 
Domingo 12 de março às 17:30 horas no Auditório de Narom
Já vam três anos desde o lançamento do primeiro festival da Semente Trasancos. Desde aquela muitas cousas mudárom para bem no nosso projeto:  temos espaço, as crianças desfrutam num entorno estupendo e cada dia mais pessoas se sumam à família Semente. Aliás, temos duas pessoas fixas trabalhando no nosso espaço situado em  Sam Mateu de Trasancos (Narom).

Conseguimos que as crianças podam viver em galego num entorno amável, mas para continuarmos com este sonho precisamos autofinanciar-nos e mais unha vez contamos com o apoio de grandes artistas para realizar um novo festival. Desta vez quigémos que todas as pessoas fossem da nossa comarca, mais também , que o evento servira para conmemor o centenário da fundaçom da Irmandade da Fala de Ferrol. Pois é unha boa maneira de promover a cultura da nossa contorna. Fanno Vero Rilo – Daboapipa (narradora oral)Roger de Flor (cantor de intervençom swing) e Os Quenindiole (grupo tradicional infantil) participarám de maneira altruísta e todo o arrecadado será para financiar o projeto, pagar salários, reformar parte da nossa escola de ensino galego e continuar a ter um espaço único na nossa comarca onde o valor mais apreciado que temos como povo existe e tem futuro: a língua.



Por isso esperamos ver-te domingo 12 num espetáculo para todas as idades e que contém música, monólogos e umha curta sobre a nossa escola, e onde ademais sortearemos umha pandeireta. Podes colher os teus bilhes de forma anticipada na Fundaçom Artábria ou no Muinho do Fabal, e se nom o próprio dia do concerto na bilheteira do Auditório de Narom (Praça de Galiza). 
O preço é de 8€, e as crianças menores de 8 anos entram de balde.
Ademais contamos com fila zero para quem quiger colaborar:

Em guerra... por Lupe Ces


Por Lupe Ces [*]
05.03.2017


As mans que estam a jogar no taboleiro da guerra, venhem de mover ficha na Suécia. O serviço militar obrigatório volve instaurar-se, dis que por sentir a ameaça rusa. Tramp anúncia um incremento no gasto militar e China fai o mesmo. A extrema direita avança em Europa, essa que nom lhe fai noxo a bombardear povos, levantar muros, recluir migrantes… O jogo da guerra, que percebemos periférico, aumenta a sua intensidade e cada dia cheiramos mais perto a pólvora. Mas hai outra guerra coa que convivemos e nom percebemos como tal, onde aparecem todos os elementos que a definem, armas, corpos e vidas destroçados, campos de refúgio, exílio, terror…, assim no-lo ensinou a inesquecível Begonha Caamanho num artigo aparecido no semanário A Nosa Terra na década dos 90. Esta guerra, é a reacçom violenta do Patriarcado contra as mulheres que o estam a destruir. A propaganda de guerra, passeou estes dias um autobús por Madrid para lembrar que a liberdade nom é possível; a nova arma química, a burundanga, demostrou estas semanas no campo de batalha, a sua eficácia para as violaçons, e a explosom provocada por um comando suicida unipessoal acabou coa vida de María José Mateo García em Redondela. Os partes de guerra a diário falam de vítimas mortais e lesons infringidas polo patriarcado e o seu braço armado, a violência machista. Ninguém sabe com certeza onde está o final do conflito, mas é seguro que miles de combatentes somam-se dia a dia ao exército insurgente que loita contra o Patriarcado. Por cada umha abatida no combate pola liberdade, miles se alçam empoderando-se, reivindicando os seus corpos e às suas mentes. Por cada combatente caída, miles de territórios se conquistam para a liberdade. Imos vê-lo este 8 de Março. Veredes-las polas ruas e cidades do mundo, marchando imparáveis, pelejando cada espaço, cada casa, cada cama, na conquista da liberdade.

[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1958, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres e da Rede Social de Ferrol Terra. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo e do Colectivo Ártabra 21. Participa nas Marchas da Dignidade. Blogue persoal: Caranza free opiniom.
_____________

domingo, marzo 05, 2017

Presentación do libro 'Actas do Congreso Centenario de Hildegart Rodríguez Carballeira (1914-1933)' - Mércores, 8 de marzo ás 19,30 no Ateneo Ferrolán


Presentación do libro "Actas do Congreso Centenario de Hildegart Rodriguez Carballeira (1914-1933)" o mércores 8 de marzo ás 19,30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán
Participarán:
* Goretti Sanmartin Rei, Vicepresidenta da Deputación da Coruña
* Rosa Cal, investigadora participante no Congreso e no Libro
* Eliseo Fernández, coordinador do Congreso e o Libro




O libro, publicado grazas ao apoio da Deputación Provincial da Coruña a traves da súa imprenta, recompila as actas do congreso realizado no centenario de Hildegart que celebramos no Ateneo Ferrolán en decembro do ano 2014.
O 9 de decembro de 1914 nacía en Madrid Hildegart Rodríguez Carballeira. Filla da ferrolá Aurora Rodríguez Carballeira, Hildegart foi un importante personaxe da cultura e da política até o ano da súa morte en 1933.
Publicou unha decena de libros e foi colaboradora de publicacións periódicas como “Renovación”, “El Socialista”, “Orto” e “La Tierra”, ademáis de directiva das Juventudes Socialistas e da Liga para la Reforma Sexual. Estivo en contacto con importantes personaxes da época como Havelock Ellis, H.G. Wells ou Gregorio Marañón.
A súa vida e a súa tráxica morte a mans da súa nai, en decembro de 1933 (cando só contaba 19 anos), fixeron dela un personaxe recreado en novelas, obras de teatro e mesmo filmes, ademáis de investigacións históricas.
Cen anos despois do seu nacemento, o Ateneo Ferrolán considerou preciso convocar un Congreso arredor de Hildegart Rodríguez Carballeira, para lembrar a súa figura dende diversas facianas: ao tempo que tentar encadrar o seu pensamento no eido da liberación sexual e da crítica de esquerdas á II República, o Congreso quixo recuperar tamén a memoria das mulleres e dos colectivos femininos da súa xeración.

www.congresohildegart.ateneoferrolan.org


xoves, marzo 02, 2017

Intervencións na concentración polo Saneamento contra a Taxa - Textos e Vídeos - Por unha Emafesa 100% Pública, Depuración Xá... - O Consello de Administración de Emafesa foi adiado por falta de documentación á parte pública


A auga e esencial para a vida e debe considerarse como un ben común e un dereito humano básico, polo que esixe un modelo de xestión que non se subordine  a obtención de beneficio privado e  que garanta a calidade do servizo, a eficacia, a solidariedade, a equidade, a transparencia, e o control democrático dos operadores dos servizos de auga e a conservación dos ecosistemas acuáticos. Este modelo só pode ser garantido plenamente  a través da xestión 100% pública do ciclo integral da  auga.

Nos últimos anos os servizos da agua transformaron-se en negocios privados, ben a través da concesión do servizo a empresas privadas, a cambio de que estas paguen un canon o concello, ou ben mediante a constitución de empresas mixtas, de natureza público-privada, que comporta sempre a asunción de responsabilidade por por parte da entidade pública e dos beneficios para a empresa privada como no caso de Emafesa

En ambos casos o accionariado privado exerce a xestión do servizo, monopolizando a información e asegurándose a competencia exclusiva da xestión da sociedade e en particular das subcontratacións, contratacións e compras. Desaparecendo así os concursos públicos e  aseguran-se grandes beneficios tanto por compravenda de bens e servizos a empresas do seu propio grupo 8mediante adxudicación directa) como pola utilización dos medios públicos da concesión para traballos particulares do propio concesionario como e o caso de Ferrol coa ignorancia do propio concello.

En Ferrol despois da chamada crise dos "trihalometanos" a veciñanza non pode aceptar que quen nos estafaron e enganaron  coa depuradora e co cobro dun servizo que non se estaba prestando sexan agora os que xestionen o servizo de depuración.  Sabemos que é imprescindíbel para a nosa ría que empece canto antes o seu saneamento pero tamén sabemos que non podemos hipotecar máis o futuro con Socamex-Urbaser que foron os que nos teñen cobrado por servizos inesistentes. Por iso reclamamos que se remunicipaliza xa o servizo e se leve a cabo unha xestión pública democrática e transparente.


https://youtu.be/-7zx99X_WIY


https://youtu.be/RYIO833AYiw


https://youtu.be/z_dp3rv-gIM


https://youtu.be/XsNg6qZFDlg


https://youtu.be/wr73gXBM0pM

O goberno municipal de Ferrol quere aprobar unha nova taxa polo saneamento.

Por que estamos en contra desa taxa?


Porque se calcula en función dun informe de EMAFESA onde os caudais de augas a depurar, os custes enerxéticos (tarifa) e a enerxía que se necesita están avultados case o dobre. EMAFESA calcula a nova taxa sobre 6€ ao mes de media, 72€ ao ano. A Plataforma calcula que no caso de ter que cobrar-se unha taxa, no superaría os 36€ ano.  Queremos un proceso participativo para o cálculo desta taxa.

Estamos paralizando o saneamento da Ría se non aceptamos esta taxa?

É totalmente FALSO. Sabemos que a depuradora, podía e debería estar funcionando xá. Non é cuestión de taxa. A taxa utilizase como unha chantaxe e unha xustificación, para tapar as responsabilidades de Augas de Galicia e satisfacer os intereses privados de EMAFESA.

Quen se encarga da xestión da depuradora EDAR de Prioriño?


O anterior goberno de Rey Varela, aceptou a xestión nun convenio asinado con Augas de Galicia, que lle encargou a posta a punto á empresa que figura como pagadora nos papeis de Bárcenas, Espina&Delfín S.L. Co novo goberno municipal descubriuse que a depuradora estaba nun estado lamentable e non depuraba, ademais EMAFESA, non tiña contratados operarios para a planta, só tiña contratada a vixilancia, e nin sequera tiña contratada enerxía eléctrica e aínda así, pasouse ao cobro unha taxa por un servizo que non funcionaba.

Que pasou con ese convenio?


Non se fixeron dilixencias no xulgado denunciando todas estas irregularidades, pero o convenio con Augas de Galicia caducou en xuño de 2016. Agora en xaneiro de 2017, o alcalde de Ferrol chega a un acordo para que EMAFESA continúe coa xestión da depuradora, na vez de exixir que Augas de Galicia asuma a súa responsabilidade: que se faga cargo os dous anos  previstos  de posta en funcionamento e dos custos xerados pola mala recepción da estación depuradora e a súa reparación.

Podemos confiar en EMAFESA para facer a xestión da depuradora e calcular o custe da taxa?

A xestión de EMAFESA, por estatutos da empresa, está totalmente controlada pola parte privada SOCAMEX, aínda que o concello ten o 51%. Antes pertencía a Florentino Pérez (ACS), agora pertence ao grupo chinés Firion Investments que mercou Urbaser. EMAFESA foi a responsable da crise dos trihalometanos no verán do 2015; cobrou unha taxa de saneamento cando a depuradora non funcionaba, e mantén unha total opacidade nas súas contas. De feito está nunha situación que se pode considerar de quebra técnica, e o goberno municipal pretende rescatala con base aos orzamentos municipais. Sen cambiar os estatutos? Sen tomar o control da súa xestión? Mellor era que o concello recuperara a xestión directa da auga e o saneamento, denunciando os incumprimentos, irregularidades e ilegalidades cometidas polos xestores de EMAFESA, porque a taxa que se cobrou era ilegal. Foi unha estafa.

Que outros abusos e mentiras nos agardan ao redor do sistema de saneamento?


Pois agora tamén queren que paguemos nos orzamentos municipais o custe das obras dos interceptores e tanques de tormenta. Unhas obras que cando se planificaron contaban con fondos europeos e só un 10% sería asumido polos concellos de Ferrol e Narón (Que xa non debería ser así, dado que é unha obra de interese xeral). Ademais a Ría de Ferrol foi Declarada Zona Sensíbel. Agora, como non se remataron na data prevista, perdéronse unha parte dos fondos europeos e en convenio con AcuaES, do Ministerio de Medio Ambiente, temos que pagar un 30% do custe da obra (Sendo só responsabilidade de AcuaES). O estado non inviste en Ferrol nin 1 euro, nunhas obras que se declararon de interese xeral no 1997, e que noutras partes están subvencionadas ao 100%.

Conseguirase sanear a Ría?

O sistema de saneamento que nos impuxo AcuaES e Augas de Galicia é un sistema obsoleto que xunta augas fecais con augas pluviais; moi caro enerxeticamente pois ten que bombear ata Prioriño salvando unha altura de case 50m, porque a depuradora non se instalou no lugar mais axeitado. Ademais os tanques de tormenta, os días nos que haxa moito caudal (moita chuvia), van verter directamente á ría. Este sistema habería que transformalo para que fora eficaz, menos custoso e máis sostible. Pódese facer cunha boa planificación e vontade política. Mentres non sucede isto hai que aplicar protocolos de control que eviten os verquidos indiscriminados á ría; o exceso de consumos enerxéticos; baixar os caudais de auga que entra no sistema para ser saneada,...

SANEAMENTO E DEPURACIÓN XA!
QUE NON NOS MINTAN,
QUE NON NOS ENGANEN,
É FALSO QUE SE NON SE APROBA A SÚA TAXA,
QUE NON SE PODA DEPURAR.
SEGUIR VERTENDO Á RÍA SI QUE É ILEGAL!

EMAFESA 100% PÚBLICA !
SOCAMEX/URBASER,
A PARTE PRIVADA QUE XESTIONA A EMPRESA
FÓRA DE EMAFESA

EMAFESA MINTE E ESTAFA !
COBROU UNHA TAXA DE DEPURACIÓN,
MAIS NON PRESTABA O SERVIZO.
DEVOLUCIÓN DA TAXA,
COBRADA INDEBIDAMENTE  XA!

ESTA TAXA NON !
SE TEN QUE HABER UNHA TAXA,
QUE SEXA EXPLICADA, PARTICIPADA E XUSTIFICADA !



PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!
  • Alexandre Carrodeguas.
  • Fernando Ramos Armesto.
  • Pablo Portero.
  • Bernardo Rego Gárate.
  • Lupe Ces.
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/

_____________________

venres, febreiro 24, 2017

Convocada Concentración en Ferrol polo Saneamento contra a Taxa, por unha Emafesa 100% Pública, Depuración Xá... o vindeiro mércores 1 de marzo, ás 12 do mediodía, na Praza da Ilustración


Despois dos Plenos Extraordinarios, do 13 e 22 de febreiro, para abordar o asunto do Saneamento e a Taxa; e das reunións co Alcalde, unha antes de cada pleno, mais sen suceso ningún, coa postura do goberno municipal tomada e sen querer escoitar, vemo-nos na obriga de comezar a expresar as nosas opinións e reivindicacións, xa non só en roldas de prensa, comunicados e intervencións nos plenos, senón coa Mobilización Social. Hai un problema de fondo que non damos superado, hai certo tapar orellas ás propostas razoadas e ben argumentadas do movemento social que representamos, ao que antes mesmo pertencía e participaba activamente, o actual alcalde Jorge Suárez. Fai-nos pensar que este Alcalde que se esquece que está na alcaldía polos votos propios, e polos dos outros dous partidos que o apoiaron na súa investidura para presidente do Concello de Ferrol, estes son imprescindíbeis. O lóxico, é que consulte a eses partidos en asuntos de tanta importancia como o é o saneamento e depuración. Tamén que consulte ou teña en conta ao movemento social, que axudamos a que o Partido Popular perdera a maioría absoluta, destapando coa loita popular a estafa da Taxa e da depuradora que non depuraba, en definitiva o engano á veciñanza, o engano ao Poder Popular. Sen entrar a un enfrontamento total, si comezamos a poñer as cousas no seu sitio, deixando espazo suficiente, para que lle dea tempo a rectificar e poñer-se do lado dos intereses do pobo, dos intereses da cidade, de quen ven defendendo un Saneamento Integral da Ría, da Xente do Mar, do medio ambiente, ... É por iso polo que convocamos unha CONCENTRACIÓN en Ferrol, o vindeiro mércores 1 de marzo, ás 12 do mediodía, na Praza da Ilustración (O Ensanche) - Diante da sede de Emafesa, onde vai ter lugar un Consello de Administración, no que o punto 6º da orde do día dí: "Solicitude, no seu caso, de concurso -preconcurso- do artigo 5 bis da Lei Concursal- voluntario de Emafesa".

SANEAMENTO E DEPURACIÓN XA!
QUE NON NOS MINTAN,
QUE NON NOS ENGANEN,
É FALSO QUE SE NON SE APROBA A SÚA TAXA,
QUE NON SE PODA DEPURAR.
SEGUIR VERTENDO Á RÍA SI QUE É ILEGAL!

EMAFESA 100% PÚBLICA !
SOCAMEX/URBASER,
A PARTE PRIVADA QUE XESTIONA A EMPRESA
FÓRA DE EMAFESA

EMAFESA MINTE E ESTAFA !
COBROU UNHA TAXA DE DEPURACIÓN,
MAIS NON PRESTABA O SERVIZO.
DEVOLUCIÓN DA TAXA,
COBRADA INDEBIDAMENTE  XA!

ESTA TAXA NON !
SE TEN QUE HABER UNHA TAXA,
QUE SEXA EXPLICADA, PARTICIPADA E XUSTIFICADA !

Evento no facebook:

https://www.facebook.com/events/1815275795356793/

Material para activar e difundir:

Folla Informativa en formato pdf dúas caras en DinA4 | Acceder/Baixar.
Cartaz en formato pdf DinA3 | Acceder/Baixar.




PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!
  • Alexandre Carrodeguas.
  • Fernando Ramos Armesto.
  • Pablo Portero.
  • Bernardo Rego Gárate.
  • Lupe Ces.
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
_______