sábado, novembro 04, 2017

As traballadoras de Berskha (Inditex), despois de 9 días de folga e intensa mobilización, consiguen os seus obxectivos - Nas Asembleas de hoxe acordan por unanimidade aceptar o preacordo e desconvocar o paro indefinido


O persoal de Bershka decide por unanimidade aceptar o acordo e desconvocar a folga. | A empresa incorporará melloras sociais e avanzará na equiparación salarial de todo o persoal.

O cadro de persoal de Bershka na provincia de Pontevedra decidiu por unanimidade en asemblea aceptar o preacordo pactado onte entre e representación sindical e a dirección e desconvocar a folga indefinida iniciada o pasado venres 26 de outubro para denunciar a discriminación laboral con respecto ás compañeiras/os doutras provincias. O acordo contempla a incorporación de todas as medidas sociais que reclamaban e avanza na equiparación salarial, xa que Berskha terá que pagarlles 120 dos 130 euros en pluses que cobran o persoal da Coruña.

Foi precisamente este último aspecto o que frustrara o acordo na primeira xuntanza celebrada entre as partes, e a piques estivo onte de volver a facelo ante a negativa da empresa a abonarlles o plus de 50 euros do que si gozan as traballadoras/es coruñesas/es (Bershka si aceptara pagar o plus de 80).

Na primeira reunión as negociadoras da empresa unicamente ofrecían 10 euros do plus de 50, pero a determinación das traballadoras/es, que seguiron coa folga e volveron a mobilizarse diante da sede central de Inditex en Arteixo, fixo que tivesen que sentarse de novo. As empregadas/os, pola súa parte, amosaron incluso a súa disposición a aceptar unicamente a metade do plus, 25 euros, ofrecemento que non foi atendido pola compañía.

Mais no segundo encontro entre Bershka e a representación das traballadoras/es, celebrado onte e que rematou xa de noite, as partes chegaron finalmente a un preacordo que contempla tanto a aplicación das melloras sociais que reclamaban (vacacións, permisos e excedencias, tempo de descanso, lactancia, conciliación familiar e incapacidade permanente) como abono do plus de 80 euros, mentres que do de 50 ingresarán un total de 40 euros (30 en 2018 e 10 en 2019).

Consolidar horas complementarias

Este plus permanencia de 80 euros ao mes é para todas as traballadoras/es independentemente das xornada que fagan, será de 16 pagas e revisábel o 1,5% anual. Ademais, a empresa comprométese a abonar os atrasos dende o mes de xuño. O plus de empresa queda fixado en 40 euros mensuais para o persoal a xornada máxima, mentres que o resto de xornadas recinirán a parte proporcional. Tamén será en 16 pagas e revisábel o 1,5% anual.

Outras das melloras económicas logradas pasan por un incentivo do 1,6% para as terceiras encargadas/os, o que supón o recoñecemento da responsabilidade que desenvolven na tenda cunha porcentaxe da venda tal e como perciben as primeiras e segundas encargadas; un abono de 80 euros por cada día de asuntos propios non gozado ao longo do ano; e un abono de 150 euros por nacemento ou adopción de fillo/a.

No que respecta ás horas complementarias que as empregadas/os están obrigadas/os a facer a pesar de que o 90% ten contrato a tempo parcial, lograron a consolidación como aumento de xornada do 15% do total das que se fagan cada ano no conxunto da provincia, asignando este aumento por criterio de antigüidade. A empresa comprométese a estudar un procedemento de consolidación de xornada para aqueles tramos de entre 30 e 40 horas, de xeito que se adapte á literalidade do convenio, ben mediante unha bolsa de horas de consolidación ou incrementado a xornada durante o período necesario, se ben non se poderá superar o mes consecutivo.

Ao mesmo tempo, os calendarios de todas as xornadas limitaranse a un máximo de tres peches semanais. A empresa comprométese a que as traballadoras/es con xornadas parciais contratadas a data do acordo se adecuarán aos calendarios limitándose o número de peches a tres, se ben, as futuras contratacións realizarán o número de peches preciso para cubrir as necesidades organizativas da empresa derivadas desta limitación na distribución horaria.

Tamén se establece un sábado libre mensual para todas as traballadoras/es, se ben as encargadas/os gozarán de 12 sábados libres ao ano, que se poderán regular en función das necesidades da tenda, podendo gozar de dous sábados acumulados no mesmo mes e de tres sábados en quenda de mañá. Isto significa que todas as empregadas/os terán o mesmo tempo de descanso.

A pausa diaria para o café pasa a ser de 10 minutos para as xornadas inferiores a cinco horas, de 30 minutos para as xornadas de entre 5 e 6 horas e media, podéndose fraccionar en dous descansos, e para as xornadas de 7 horas en diante o descanso será de 40 minutos, podéndose fraccionar tamén en dúas pausas. Isto suporá unha importante redución de xornada anual.

Determinación das traballadoras/es

A secretaria nacional da CIG-Servizos, Transi Fernández, valorou moi positivamente o acordo alcanzado coa empresa, até o punto de soster que superou as pretensións marcadas inicialmente polo cadro de persoal, e amosouse convencida de que non tería sido posíbel sen a determinación amosada polas traballadoras/es durante os nove días de folga. “Foi un conflito unitario de longa duración contra unha grande empresa como Inditex no que atopamos moitas dificultades, como ter boa parte dos medios de comunicación en contra, mais coa forza das traballadoras/as conseguimos arrincar un bo acordo”, indicou.

Finalmente, lembrou que o persoal de Bershka está a vender bonos solidarios para paliar na medida do posíbel os efectos económicos da folga sobre as afectadas/os, que por outra banda tamén contarán coa axuda da caixa de resistencia da CIG. Con todo, durante as negociación tamén lograron que Bershka lles abone os días de folga do mes de novembro “entendendo que deberan ter chegado a un acordo xa na primeira reunión, celebrada o martes 31”.

Máis info sobre os motivos e o desenvolvemento da Folga. | Ir á Web.

A Folga no buscador libre DuckDuckGo.

Fonte: Avantar. |  Vigo, 4 de novembro, de 2017. | Baixo unha licenza Creative Commons.

______________

venres, novembro 03, 2017

O Congreso dos Diputados aproba 'barra libre aos traficantes da auga' no trámite de trasposición ao ordenamento xurídico español, das directivas do Parlamento europeo e do Consello, 2014/23/ue e 2014/24/ue, de 26 de febreiro de 2014, á Lei de Contratos do Sector Público, modificando aspectos da lexislación, nas leis LGT e LHL, demandados polo lobby da auga

Fernando Urruticoechea Basozabal, Bilbao, 1955

O compañeiro Fernando Urruticoechea Basozabal, autor do importante artigo: Como gañar a batalla da auga. Urruti é economista, interventor municipal e activista da Plataforma Anti-Corrupción de Murcia e do recente constituído Grupo Cidadán contra a Corrupción no Estado Español, advirte da grave situación que se creou ao non estar atentos os deputados e deputadas da esquerda, na tramitación, do Proxecto de lei de contratos do sector público. Pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español varias directivas do Parlamento europeo e do Consello, no Congreso dos Deputados, pois foron modificados varios aspectos da LGT (Lei Xeral Tributaria) e da LHL (Lei de Facendas Locais), a favor do lobby da auga. Dando un paso máis na desregulación do servizo municipal da auga, iniciado pola Lei de Economía Sostíbel do 2011, para acabar coa xurisprudencia moi reguladora da auga da Sentencia do Tribunal Constitucional 185/1995 de 14 de decembro que obrigou a modificar a LGT de 2013 que están agora desguazando. Todo xa publicado no Boletín Oficial das Cortes Xerais, deste pasado 26 de outubro de 2017 e aprobado definitivamente.

Conságrase algo surrealista: a existencia de servizos municipais da auga con xestión directa con taxas, é dicir prezos regulados e os servizos da auga con xestión indirecta vía concesións ou empresas mixtas con prezos libres. É dicir, "barra libre aos traficantes da auga".

Ver disposicións finais:

* Disposición final undécima. Modificación da Disposición adicional primeira da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. (Páxina 242).

* Disposición final duodécima. Modificación do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado mediante Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo. (Páxina 243)

BOLETÍN OFICIAL DAS CORTES XERAIS - CONGRESO DOS DEPUTADOS - XII LEGISLATURA - Serie A: PROXECTOS DE LEI - 26 de outubro de 2017 - Núm. 2-8| Proxecto de lei de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do parlamento europeo e do consello, 2014/23/ue (Relativa a adxudicación de contratos de concesión)e 2014/24/ue (Sobre contratación pública e pola que se derroga a Directiva 2004/18/CE), de 26 de febreiro de 2014. | 267 páxinas en formato pdf. Ver páxinas 242 e 243. | Acceder/Baixar.

* Proceso de tramitación nas cámaras (Congreso e Senado) | Ir á Web.

* Dossier da tramitación da Iniciativa. | Acceder/Baixar.

* Wikicontratación (Todo sobre o proceso de elaboración da lei) - | Ir á Web.

* Sobre a nova Lei de Contratos do Sector Público. Artigo de Gómez-Acebo & Pombo Abogados S.L.P. . | Acceder/Baixar.

Disposición final undécima.
Na páxina 242 do Boletín

Modificación da Disposición adicional primeira da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

A Disposición adicional primeira de a Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeneral Tributaria, queda redactada nos seguintes términos:
«Disposición adicional primeira.

Prestacións patrimoniais de carácter público.

1. Son prestacións patrimoniais de carácter público aquelas a as que se refire o artigo 31.3 da Constitución que se esixen con carácter coactivo.

2. As prestacións patrimoniais de carácter público citadas no apartado anterior poderán ter carácter tributario ou non tributario.

Terán a consideración de tributarias as prestacións mencionadas no apartado 1 que teñan a consideración de taxas, contribucións especiais e impostos ás que se refire o artigo 2 desta Lei.

Serán prestacións patrimoniais de carácter público non tributario as demais prestacións que esixidas coactivamente respondan a fins de interese xeral.

En particular, consideraranse prestacións patrimoniais de carácter público non tributarias aquelas que tendo tal consideración se esixan por prestación dun servizo xestionado de forma directa mediante personificación privada ou mediante xestión indirecta.

En concreto, terán tal consideración aquelas esixidas pola explotación de obras ou a prestación de servizos, en réxime de concesión ou sociedades de economía mixta, entidades públicas empresariais, sociedades de capital integramente público e demais fórmulas de Dereito privado

Disposición final duodécima.Na páxina 243 do Boletín

Modificación do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado mediante Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.

Modifícase o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado mediante Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, engadíndose un novo apartado 6 ao artigo 20, nos seguintes términos:
«6. As contraprestacións económicas establecidas coactivamente que se perciban pola prestación dos servizos públicos a que se refire o apartado 4 deste artigo, realizada de forma directa mediante personificación privada ou mediante xestión indirecta, terán a condición de prestacións patrimoniais de carácter público non tributario conforme ao previsto no artigo 31.3 da Constitución.

En concreto, terán tal consideración aquelas esixidas pola explotación de obras ou a prestación de servizos, en réxime de concesión, sociedades de economía mixta, entidades públicas empresariais, sociedades de capital integramente público e demais fórmulas de Dereito privado.

Sen prexuízo do establecido no artigo 103 da Lei de contratos do sector público, as contraprestacións económicas a que se refire este apartado regularanse mediante ordenanza.

Durante o procedemento de aprobación de dita ordenanza as entidades locais solicitarán informe preceptivo daquelas Administracións Públicas ás que o ordenamento xurídico lles atribuíse algunha facultade de intervención sobre as mesmas.»
Ferrol, 3 de novembro de 2017

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!

Pódese, débese e precísase!
  • Alexandre Carrodeguas | 690612737
  • Fernando Ramos | 622932443
  • Pablo Portero | 659855805
  • Bernardo Rego | 603772650
  • Lupe Ces | 652201003
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

https://plataformaferrol.blogspot.com.es/

________

xoves, novembro 02, 2017

Democracia e Liberdade: En Ferrol como noutras cidades da Galiza, este venres 3 de novembro, concentración en solidariedade co Pobo Catalá, contra a vaga represiva, ás 8 da tarde, na Praza Amada Garcia, diante do edificio da Xunta - Vídeo: L'Estaca


En Ferrol como noutras cidades da Galiza, este venres 3 de novembro, concentración en solidariedade co Pobo Catalá, contra a vaga represiva, ás 8 da tarde, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Pola Democracia e a Liberdade, contra o golpe de estado do 155 e polo dereito á Autodeterminación.

Plataforma Galiza con Catalunya
http://galizaconcatalunya.blogspot.com.es/

---
#MúsicasGalegasambCatalunya

Músicas Galegas Amb Catalunya, é um grupo de músicas e músicos galegas que se juntarom para mostrar seu o apoio e solidariedade com Catalunya em favor do direito a votar e a decidir como povo.


https://youtu.be/uapqHra0zls

LETRA DE L'ESTACA EN GALEGO
O avô Siset falava, umha manhã no portal
enquanto o sol aguardávamos, e os carros víamos passar.
Siset, ti nom vês a estaca onde estamos bem atados?
Se nom podemos ceivar-nos nunca poderemos caminhar!
Todas puxando, ela cairá e muito tempo nom há durar
seguro que tombar, tomba, tomba, bem carcomida há estar já.
Se puxo forte para aqui, ti puxas forte para lá,
seguro que tomba, tomba, tomba, e havemo-nos liberar.
Mas, Siset, há muito tempo já, que tenho as mãos esfoladas
e quando a força me falta, ela é mais larga e mais grande
Bem sei que a estaca está podre, mas, pesa tanto, Siset,
que às vezes fico sem força, di-me outra vez o cantar.
Todas puxando, ela cairá e muito tempo nom há durar
seguro que tombar, tomba, tomba, bem carcomida há estar já.
Se puxo forte para aqui, ti puxas forte para lá,
seguro que tomba, tomba, tomba, e havemo-nos liberar.
O avô Siset nom di nada, um vento mau o levou
só el sabe para onde, e eu embaixo do portal.
E enquanto os novos passam, ergo o pescoço a cantar
o derradeiro canto do Siset,o derradeiro que ensinou.
Si estirem tots, ella caurà i molt de temps no pot durar.
Segur que tomba, tomba, tomba, ben corcada deu ser ja.
Si jo l'estiro fort per aquí i tu l'estires fort per allà,
segur que tomba, tomba, tomba, i ens podrem alliberar.
#MúsicasGalegasambCatalunya

Canle de GZmúsica publicado o 29 de setembro de 2017
---
________

Conferencia de Francesc Serra no Centenario da Revolución Rusa, este venres 3 de novembro no Ateneo Ferrolán


Conferencia de Francesc Serra no Centenario da Revolución Rusa, este venres 3 de novembro no Ateneo Ferrolán, ás 19.30hs.

Contaremos coa presenza do profesor Francesc Serra (Profesor de Relación Internacionais da UAB) para falar do acontecemento histórico que determinou todo o século XX.

Acto organizado pola asociación cultural Fuco Buxán, coa colaboración da Deputación Provincial, o Concello de Ferrol e o Ateneo Ferrolán.

Asociación Cultural Fuco Buxán
http://www.fucobuxan.net/

--
Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
2 de novembro de 2017 19:16

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

___________________

A 100 anos da revolución de Outubro, unha conferencia e coloquio que terá lugar en Narón, o sábado día 4 de Novembro no Local Social d'A Gándara


A 100 anos da revolución de Outubro


Conferencia e coloquio sobre a Revolución de Outubro en Rusia.

Poñentes : Carlos Hermida (Profesor de Historia), e André Abeledo  (Concelleiro de EU NARÓN)

Carlos Hermida é profesor do Departamento de Historia da Universidade Complutense de Madrid, así cómo profesor asociado da facultade de ciencias da información.

Demostrado experto na historia da unión soviética, ten publicado interesantes libros sobre o tema.

Entre eles cabe destacar "Apuntes históricos sobre a Rusia soviética".

O acto terá lugar este Sábado día 4 de Novembro no Local Social de A Gándara as 20:15.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
2 de novembro de 2017 19:07

________________

Os cinco establecementos de Bershka na provincia de Pontevedra (tres en Vigo, un en Pontevedra e outro en Vilagarcía), permanecen en Folga - Unha significativa loita contra a discriminación laboral, nun momento onde Inditex, reparte varios miles de millóns de euros entre os seus accionistas e Amancio Ortega, leva máis de 628 millóns no reparto de dividendos que a final de ano seran 1.256 millóns de euros - Vídeo da concentración en Arteixo, diante de Inditex, do pasado luns 30 de outubro


Continúa a folga en Bershka na provincia de Pontevedra cun seguimento total e co peche de todas as tendas. | A representación do persoal mantivo unha primeira xuntanza coa dirección que rematou sen acordo.

A folga convocada en todos os establecementos de Bershka na provincia de Pontevedra chegou hoxe ao seu sexto día cun seguimento total por parte das arredor de 65 traballadoras/es, que volveron concentrase ás portas das tendas aproveitando que unha xornada máis tampouco abriron as súas portas. A representación das traballadoras/es mantivo unha primeira xuntanza en Santiago coa dirección da empresa que rematou sen acordo, polo que o paro indefinido continuará até que remate a discriminación laboral na cadea pertencente ao grupo téxtil Inditex.

Os cinco establecementos de Bershka na provincia de Pontevedra (tres en Vigo, un en Pontevedra e outro en Vilagarcía) permaneceron por sexto día consecutivo sen actividade como consecuencia da folga convocada polo comité de empresa (cinco delegadas da CIG) contra a discriminación laboral que padecen as empregadas/os pontevedresas/os con respecto ao persoal doutras provincias.

Ao igual que nas xornadas anteriores, as traballadoras/es concentráronse dende primeira horas ás portas das tendas, onde aproveitaron para repartir folletos informativos e recibiron o apoio da veciñanza. De feito, o conflito laboral está a espertar unha gran vaga de solidariedade non só no país senón tamén no conxunto do Estado a pesar do silenciamento informativo de boa parte dos medios de comunicación.

Posteriormente, a representación do cadro de persoal trasladouse até Santiago para manter unha xuntanza coas responsábeis de recursos humanos da empresa, que accedeu a manter a reunión tras a protesta desenvolvida onte polas traballadoras/es diante das instalacións de Inditex en Arteixo. O encontro prolongouse dende as 13:00 até case as 21:00 horas, e a pesar de que se achegaron posturas con respecto a algunhas das reivindicacións o acordo non foi posíbel pola negativa da empresa a aceptar as reclamacións económicas do cadro de persoal.

Tanto o contido da xuntanza como a continuidade da folga e das mobilizacións serán abordadas na asemblea de traballadoras/es que se celebra este mércores no local da CIG en Vigo a partir das 10:30 horas e na que participarán tamén as empregadas/os de Pontevedra e Vilagarcía.

Exemplo de loita

Entre os apoios chegados dende distintos puntos do Estado salienta o da central sindical vasca LAB, que fixo público un comunicado no que lle traslada o seu apoio e solidariedade ao persoal pontevedrés de Bershka, “xa que nos parece que a forza e a solidariedade entre todas as traballadoras/es de todas as marcas de Inditex en todo o mundo é indispensábel para facerlle fronte a unha multinacional que se aproveita da man de obra precaria de milleiros de traballadoras/es para multiplicar os seus beneficios”.

Neste senso, sosteñen que o exemplo das empregadas/os de Pontevedra amosa, unha vez máis, a importancia da loita colectiva. “Non nos regalan nada, e se nolo poden quitar, fano, sexa mediante reformas ou cambios de lexislación; polo tanto, é imprescindíbel o compromiso de loita de cada unha das traballadoras/es de Inditex en defensa dos dereitos conseguidos até o de agora e por mellorar condicións laborais totalmente asumíbeis por absolutamente todas as marcas do grupo téxtil”.

Lembran que Inditex gañou 3.157 millóns de euros en 2016, o que supón un aumento do 10%, e que “aínda que Amancio Ortega intente comprar o silencio das traballadoras/es con pagas de beneficios de dubidoso obxectivo fiscal, as que traballamos día a día para as marcas do grupo sabemos que para esta multinacional as empregadas/os somos un mero instrumento para aumentar os seus beneficios”.

Así, denuncian que a temporalidade, a flexibilidade, a carga de traballo, os baixos salarios, en resumo, a precariedade, “son o pan de cada día nos nosos centros de traballo”. Finalmente, esixen que as empregadas/os do comercio, un sector amplamente feminizado, “deixemos de ser traballadoras/es de segunda e teñamos unhas condicións laborais dignas que nos garantan capacidade adquisitiva, respecten o noso dereito ao descanso e ao ocio, á conciliación da vida laboral e familiar, á saúde laboral, en definitiva, a unha vida digna”.

Máis info sobre os motivos e o desenvolvemento da Folga. | Ir á Web.

A Folga no buscador libre DuckDuckGo.

Fonte: Avantar. |  31 de outubro de 2017. | Baixo unha licenza Creative Commons.


Vídeo no 4º día de folga en Bershka - protesta na sede de Inditex (Arteixo, 30.10.2017). | Traballadoras de Bershka da provincia de Pontevedra, que están en folga indefinida dende o 26 de outubro, trasladaron este luns até a sede de Inditex en Arteixo as súas protestas en demanda da aplicación das melloras laborais pactadas noutras provincias e rematar así coa discriminación que padecen.
___________

Apresentaçom do livro: Galeguia, de Manuel Miragaia, esta sexta-feira na Fundaçom Artábria - Noite de heavy-metal este sábado com Rottentown e Iron Hunter, dentro das atividades reivindicativas programadas em toda a Galiza neste dia sob a legenda: Concerto Expansivo por um Monte Vivo - E apresentaçom do programa de atividades de novembro que ofertar um ócio alternátivo na nossa cidade, no qual a nossa língua seja a principal protagonista


Apresentaçom de "Galeguia" de Manuel Miragaia


Na sexta-feira 3 de novembro, decorrerá a apresentaçom do livro de Manuel Miragaia “Galeguia”, “um livro poético para conhecer e sentir as relaçons históricas entre a Galiza e Portugal, as origens da Galiza e de Portugal e o essencial das ideias e da utopia do movimento cultural e político do Galeguismo”. O ato dará início às 20.00hs.


Noite de heavy-metal este sábado com Rottentown e Iron Hunter

No sábado 4 de novembro, decorrerá o primeiro dos três concertos programados para este mês, com o heavy metal como protagonista. O grupo local Rottentown (Vilapodre) apresentará o seu segundo EP “Victins of nothing” e estarám acompanhad@s polos vigueses Iron Hunter. O concerto começará às 22.00hs e a entrada é de graça.

O concerto entra dentro das atividades reivindicativas programadas em toda a Galiza neste dia sob a legenda “Concerto Expansivo por um Monte Vivo[1].


Programa de atividades de novembro

Na passada terça-feira, com a celebraçom do Samhain, finalizavam as atividades programadas no nosso XIX Aniversário com grande sucesso. À volta de 400 pessoas participárom dos concertos, palestras ou do teatro, durante o mês de outubro, na Fundaçom Artábria.

Seguimos a trabalhar para ofertar um ócio alternátivo na nossa cidade, no qual a nossa língua seja a principal protagonista. Eis a nossa proposta para novembro:

As atividades começam na sexta-feira 3, com a apresentaçom do livro de Manuel Miragaia “Galeguia”, “um livro poético para conhecer e sentir as relaçons históricas entre a Galiza e Portugal, as origens da Galiza e de Portugal e o essencial das ideias e da utopia do movimento cultural e político do Galeguismo”. O ato terá início às 20.00hs.

No sábado 4 de novembro, decorrerá o primeiro dos três concertos programados para este mês, com o heavy metal como protagonista. O grupo local Rottentown (Vilapodre) apresentará o seu segundo EP, “Victins of nothing”, e estarám acompanhad@s polos vigueses Iron Hunter. O concerto começará às 22.00hs e a entrada é de graça.

O concerto entra nas atividades reivindicativas programadas em toda a Galiza neste dia, sob a legenda “Concerto Expansivo por um Monte Vivo”.

Na sexta-feira, 10 de novembro, decorrerá a apresentaçom da Banda Desenhada “Lucas Ferro Caaveiro, a autêntica rebeldia galega”. No ato, que começará às 20.30hs e intervirám Henrique Sanfiz e o ilustrador Carlos Sardinha.

No sábado 11, contaremos com um novo atelier para crianças e familias. Desta volta, Antón Cortizas ensinará-nos a arte milenar dos Origamis. A atividade é pensada para crianças a partir dos 5 anos. Precisa-se de inscriçom prévia, a qual é gratuita e há um límite para 15 crianças.

No dia 17 de novembro, sexta-feira, celebraremos desde as 20.00hs o nosso magusto ártabro, no qual poderemos degustar de graça as melhores castanhas dos soutos dos Vidueira, na comarca do Bolo. Além disso, haverá liscos ao preço de 2 euros.

Sábado 18, de Compostela, chega o cantor Xosé Constela apresentando o seu quarto trabalho: “Virada por Avante”. O concerto terá início às 22.30hs e a entrada é de graça.

Neste trabalho, Constenla achega-se ao folc-rock americano, através de cançons que refletem “um momento de mudança vital”. O disco foi produzido por Fredi Marugán, guitarrista e arranjista, que tem colaborado com artistas como Ismael Serrano.

O advogado Borxa Colmenero apresentará, na sexta-feira 24, o seu livro “Vidas culpáveis. O controlo neoliberal do crime” editado por Laiovento.  O ato tem hora de início marcada para as 20.00hs.

Fecharemos as atividades do mês de novembro no sábado 25, com o concerto dos ferrolanos Jaime Fifthring and the coffee breakers . O concerto é de graça e dará começo às 22.30h.

-----
[1] Notas.-

QUE SOM OS CONCERTOS EXPANSIVOS?
Esta iniciativa parte dun grupo de músicas movilizadas com a tragédia vivida polas galegas e galegos no lume de outubro e vai em solidariedade com todas as persoas afectadas.
Nos CExMV pode haver música, mágia, humor, contos… e qualquer outra forma de expressom artística.

PORQUÊ?
Os Concertos Expansivos por um Monte Vivo pretendem ademais pór o foco na raíz do problema: a necessidade dumha política forestal para o rural diferente que ajude a erradicar dumha vez para sempre o problema dos incéndios forestais no País. Exixe também que se asumam responsabilidades políticas pola desastrosa gestiom por parte da Xunta na jornada do domingo 15 de outubro e madrugada do 16.
Por iso todos os CExMV começarám com a leitura dum texto comum escrito polas poetas Lucía Aldao e María Lado: o Manifesto por um Monte Vivo.

QUANDO E ONDE?
O sábado 4 de novembro por todo o país e mais aló. Podes organizar um CExMV na tua vila, povo ou cidade preferivelmente às 21h, sempre e quando se atenha a estes parámetros. Será promocionado neste evento.


--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
....
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
1 de novembro de 2017 19:48
1 de novembro de 2017 19:51
1 de novembro de 2017 20:01

_______________________________

mércores, novembro 01, 2017

Reganosa de fondo: O lobby do gas gastou máis de 100 millóns en influír sobre as políticas europeas - Arias Cañete e o vicepresidente de Unión da Enerxía reuníronse até 460 veces en dous anos e medio con estas empresas. Con organizacións medioambientales só 51 - Reportaxe de Yago Álvarez

Ao fondo Reganosa planta regasificadora de Mugardos, na Ría de Ferrol,
con 4 sentenzas do Tribunal Supremo na súa contra. E unha posterior exención
de avaliación ambiental, acordada polo Goberno Español, presidido, por Mariano Rajoy.

O lobby do gas gastou máis de 100 millóns en influír sobre as políticas europeas | Arias Cañete e o vicepresidente de Unión da Enerxía reuníronse até 460 veces en dous anos e medio con estas empresas. Con organizacións medioambientales só 51 | Reportaxe de Yago Álvarez
[*].

As empresas enerxéticas de gas gastaron máis de 100 millóns de euros, só en 2016, para intentar influír ás persoas encargadas de tomar decisións sobre o futuro enerxético da Unión Europea (UE). Esa é a conclusión á que chega o informe Atrapados polo gas publicado por Ecoloxistas en Acción e Corporate Europe Observatory (CEO).

O documento, baseado nos datos publicados no rexistro de lobbies da UE, tamén indica que, durante este mesmo ano, esas agrupacións de empresas, tiñan 1.030 lobistas contratados na capital de Bélxica. As multinacionais ExxonMobil e Shell, foron as que realizaron un maior gasto, con 4,75 millóns de euros cada unha no ano 2016.

Segundo o rexistro da actividade dos comisarios a cargo das políticas de clima e enerxía, o comisario para o Clima e a Enerxía, Miguel Arias Cañete e o vicepresidente de Unión de la Energía, Maroš Šefčovič, reuníronse até 460 veces con estes lobbies en dous anos e medio. Cifras que chocan moito coas 51 veces que os dous comisarios recibiron a organizacións sociais e medio ambientais.

Ademais, segundo se indica no informe, débese ter en conta que o rexistro de reunións do que se extraen estes datos só se refire aos encontros con altos cargos, pero deixa de lado as reunións con funcionarios de nivel inferior que, segundo o informe, son moitas máis.

Por si non fose suficiente, estas mesmas empresas contrataron a consultoras de relacións públicas. As compañías da industria do gas requiriron os servizos de até 37 destas consultoras, ás que lles pagaron 7,9 millóns de euros para realizar accións de achegamento aos políticos de Bruxelas.

Combustible ecolóxico?

A industria do gas, que inclúe compañías involucradas na extracción, o transporte e o consumo final, influíu para que a UE considere ao gas como un combustíbel limpo e ecolóxico que poida servir para complementar unha transición enerxética libre de combustíbeis fósiles. Con todo, segundo indican as organizacións que publicaron o informe, o gas está lonxe de ser un combustíbel con esas características.

O fracking, como se lle coñece á extracción de gas por fractura hidráulica, é altamente contaminante. Ademais, o gas convencional tamén ten potencialmente unha pegada de carbono maior que a do petróleo ou até que a do carbón. Isto débese ás fugas de metano, un gas de efecto invernadoiro extremadamente potente. "O lobby do gas utilizou ás empresas de relacións públicas e un enorme orzamento para difundir a mentira de que o gas é un combustible fósil -limpo-', malia que é tan malo ou peor para o clima que o carbón", declara a este medio Pascoe Sabido, un dos investigadores de CEO, e engade que isto permitiu aos políticos "repetir as mesmas mentiras en público mentres bombean miles de millóns a novas infraestruturas".

As novas medidas adoptadas pola Unión Europea, como os Proxectos de interese común, van encamiñados a investir en novos gasodutos transfronteirizos cunha vida útil de máis de 50 anos, o que, segundo Sabido, compromete o futuro do clima en favor da industria: "Os Proxectos de interese común non son máis que unha lista de desexos da industria que a Comisión e os gobernos nacionais non deberían conceder nunca, porque ademais de destruír o clima, están destruíndo comunidades e o seu medio ambiente en Europa e nos países que lle fornecen gas".

Fonte: O Salto. | 2017-10-31

[*] Yago Álvarez, @econocabreado. Economista, escritor e activista. Membro fundador do medio de economía crítica e social  "El Salmón Contracorriente", que participa agora no proxecto "El Salto". Outros artigos do autor en El Salto e en Diagonal. Licenciado en Capitalismo (tamén chamado Administración e Dirección de Empresas) na Universidade Politécnica de Valencia. Activista e voluntario en movementos sociais e ONG como SETEM ou Economistas Sin Fronteras promoviendo as finanzas éticas, o comercio xusto e outras economías máis xustas. Membro activo da Plataforma da Auditoría Cidadá da Débeda. | Autor do blogue El Economista CabreadoEl Salmón Contracorriente.
____________

O anteproxecto de reforma da Lei Galega de Saúde: As Estruturas de Xestión Integrada (EOXIS), creadas polo goberno do PP, anularon as Xerencias de Atención Primaria - Os Centros de Saúde pasaron a depender das Xerencias Hospitalarias, o que supuxo unha enorme perda de poder e de recursos para o primeiro nivel asistencial, para os seus profesionais e usuarios


O  PROXECTO  DE REFORMA DA LEI GALEGA DE SAÚDE, MANTÉN AS ESTRUTURAS DE XESTIÓN INTEGRADA (EOXIS) EN DETRIMENTO DA ATENCIÓN PRIMARIA


As Estruturas de Xestión Integrada (EOXIS), creadas polo goberno do PP, anularon as Xerencias de Atención Primaria (AP). Os Centros de Saúde pasaron a depender das Xerencias Hospitalarias, o que supuxo unha enorme perda de poder e de recursos para o primeiro nivel asistencial, para os seus profesionais e usuarios.

1.- Perda de financiamento:

Dende o 2010, data de entrada en vigor das EOXIS,  o orzamento hospitalario creceu de 2.197 millóns de euros no ano 2010 a 2.270 no 2017, mentres que o de Atención Primaria medrou nese mesmo período de 492 millóns a 466 (Figura 1). A diferencia orzamentaria entre  hospitais e AP aumentou do 43,3% ao 51% (incrementou nun 15,1%)  (Figura 2). A participación da AP no orzamento sanitario pasou ao 13,1% do total, moi por debaixo do 15,4% da media española ou do 25% que se fixou como óptimo no Plan de Mellora e na Estratexia AP 21.

2.- Redución de persoal:

Entre 2009 e 2015 o goberno do PP reduciu 1.795 prazas na sanidade pública; 1.154 en AP (64,3%) e 641 nos hospitais (35,7%). O persoal facultativo recortárono en 513 prazas,  das que 392 foron en AP (76,4%) fronte a 121 nos hospitais (23,6%). Como consecuencia máis do 50% das cotas están masificadas, con máis de 1.500 tarxetas individuais por médico/a (as sociedades científicas indican que non deberían superar as 1.250). Esta situación obriga a atender unha media de entre 40 e 50 pacientes ao día, o que repercute na calidade da atención e na capacidade resolutiva, e obriga a enviar de xeito innecesario a moitos pacientes ao hospital, colapsando as urxencias e incrementando as listas de espera. En algúns Centros de Saúde, a espera para acudir a consulta chega a superar a semana, algo inadmisible no primeiro nivel asistencial.

3.- A supresión das Xerencias e a integración da AP nos hospitais someteu aos Centros de Saúde ás xerencias e servizos hospitalarios. Hai unha enorme diferenza de poder entre os coordinadores dos equipos (case sen competencias) e as xefaturas de servizo hospitalarias, fortemente xerarquizadas; a desigualdade en orzamentos, persoal e recursos tecnolóxicos, e a dispersión dos Centros de Saúde convirten a éstes en apéndices ao servizo dos hospitais.

Como consecuencia:

•Hai unha redución notable de profesionais en AP, con repercusión negativa na calidade asistencial e na capacidade de resolver problemas de saúde sen precisar derivación ao nivel hospitalario.

•En moitas áreas sanitarias os xefes de servizo hospitalarios controlan as interconsultas e derivacións decididas polo persoal facultativo dos Centros de Saúde

•A perda da capacidade de xestión impide á AP controlar as prioridades e os tempos de espera. Isto facilita que algúns servizos hospitalarios manexen as listas segundo os seus intereses.

Por todo iso desde a AGDSP esiximos:

1.- A retirada do Anteproxecto de reforma da Lei Galega de Saúde, que perpetúa as Estruturas de Xestión Integrada.

2.- Restituír as Xerencias de AP e dotalas de medios e recursos para reforzar a capacidade de resolución.

3. Desenvolver a Lei Galega de Saúde do ano 2008.

Figura 1
Figura 2

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
A asociación ten publicado o Informe Dramático da Sanidade Galega. | Decembro de 2015. | Ir Ẃeb.




Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
31 de outubro de 2017 22:02
http://www.plataformadspferrol.blogspot.com

_________________________

Ante a prevista entrada na Ría de Ferrol, do buque LNG Eunugu, cargado con gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha concentración sonora, este venres 3 de novembro, ás 7 da tarde, na Praza Amada Garcia, diante do edifico da Xunta - Enlaces ás catro Sentenzas - Recursos e Alegacións


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 VENRES 3 DE NOVEMBRO, ÁS 7 DA TARDE
NA PRAZA AMADA GARCIA,
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA

Para o venres 3 de novembro de 2017, está prevista a entrada na Ría de Ferrol, dun novo buque gaseiro, o "LNG Eunugu", de bandeira de conveniencia das Bermudas, cargado con miles de toneladas de gas natural licuado, para descargar nos tanques de Reganosa.

O buque "LNG Eunugu" ten unha eslora total de 285 metros, unha manga de 43, un calado de 12,30 e unha capacidade de 142.988 m³. Este buque de enorme porte e grande capacidade, ten que entrar pola bocana da Ría e terá que cruzar o angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso, canle de máis de 4.500 metros, até chegar ao pantalán de descarga do peirao de Punta Promontoiro, situado no termo municipal de Mugardos. Onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los días, aumentando exponencialmente esta ameaza, sempre que entra na Ría un buque LNG / GNL cargado, para a perigosa e ilegal planta regasificadora de Mugardos. Este buque fai o gaseiro número 229 que descarga en Reganosa, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Concentración sonora

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada dun novo buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, como ven sendo habitual sempre que entra un gaseiro cargado na Ría de Ferrol, convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora. Este venres ás 7 da tarde, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Novo socio para Reganosa: Sojitz Corporation - Sojitz Regasificadora

Se cando entrou o anterior buque metanero, para a regasificadora de Mugardos, o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, anuinciaba que o seu goberno apoiará e facilitará a ampliación de Reganosa, coa construción dun novo tanque, para, supostamente, contribuír ao proxecto dun Hub surtidor de GNL para buques. Agora, a entrada do
"LNG Eunugu", ven acompañada do anuncio dun ambicioso plan de negocios da transnacional nipona, Sojitz Corporation, que adquiriu Spanish First State Regasificadora (FSR) de capital australiano que leva na empresa gasista, desde hai 7 anos (Novembro 2010) con perdas constantes por culpa da operación. A corporación xaponesa, cambiou o nome da compañía a Sojitz Regasificadora (SR). Pendente duns trámites a corporación logrará contar cunha participación do 15% da Regasificadora do Noroeste.

Parece que á transnacional, ten un interese especial no negocio da exportación de gas que ten na actualidade, Reganosa, como alternativa ante a súa moi baixa taxa de actividade como subministradora de Gas á península, pola tamén baixa actividade das centrais de ciclo combinado e o engano de que se ía subministrar unha importante porcentaxe da produción a empresas do Grupo Tojeiro, como grande consumidor, feito que nunca se produciu. Á planta de Mugardos, veñen a cargar buques gaseiros con certa frecuencia, pois Reganosa exporta parte da súa produción a países asiáticos. A corporación
Sojitz busca ampliar a súa participación no mercado mundial do negocio do gas, pois xa pose terminais de LNG en Indonesia e Qatar.

Mais o negocio do gas de Reganosa, independente mente de estar dando saltos para diante con novos negocios e incorporacións, a terminal de Mugardos está fortemente cuestionada, por se construír apoiando-se na corrupción política e saltando-se a normativa medio ambiental e de seguridade, con catro sentenzas do máis alto tribunal (Tribunal Supremo) na contra. O que obrigou ao Goberno Español, presidido por Mariano Rajoy, o máis corrupto da historia do Reino, a tomar a decisión de eximir da avaliación de impacto ambiental á regasificadora de Mugardos, intentando chulear, deste xeito, o cumprimento das catro sentenzas mencionadas. Exención que está recorrida ante os tribunais. Que tome nota Sojitz Corporation.

O accionariado da gasista quedaría do seguinte xeito: o 24,31 %, da Xunta de Galicia, o Grupo Tojeiro, suma o 50,69 % do capital por medio das súas sociedades Gadisa e Forestal del Atlántico, SA; o 10% é de Sonatrach, empresa pública alxerina; e o 15% do que agora é titular First State Investment, pasaría á Sojitz Regasificadora.

Atrapados polo Gas (Informe) - Un lobby do gas gastou centos de millóns en influír sobre as políticas europeas


Outra nova nesta conxuntura, é que as empresas enerxéticas de gas gastaron máis de 100 millóns de euros, só en 2016, para intentar influír ás persoas encargadas de tomar decisións sobre o futuro enerxético da Unión Europea (UE). Esa é a conclusión á que chega o informe Atrapados polo gas publicado por Ecoloxistas en Acción e Corporate Europe Observatory (CEO).


Sentenzas

Perante o pasado ano 2016, ditaron-se tres sentenza e un auto do Tribunal Supremo, e xa en 2012 houbera outra sentenza da mesma instancia xudicial superior. A Terceira Sentenza firme contra Reganosa anulou a autorización para a construción da planta regasificadora en Mugardos, encostada ao complexo petroquímico do Grupo Tojeiro (Forestal del Atlántico e Imegasa). E unha cuarta sentenza a favor do movemento opositor a Reganosa, anulara o Plan de Emerxencias Exterior da planta de gas.

Recursos

Despois de declarada ilegal Reganosa, polas sentenzas firmes do tribunal supremo, polo entón goberno en funcións do estado (27.05.2016), resolveu eximir a planta de gas de someterse á avaliación ambiental e concedeu-lle a autorización de funcionamento, nun intento de burlar as sentenzas do alto tribunal, todo isto cun apoio mediático imperdoábel, da Xunta de Galicia e do Goberno Municipal de Mugardos (Hoxe cesado por unha moción de censura). O movemento opositor a Reganosa, con amplo apoio político, decidiu recorrer as resolucións gobernamentais sinaladas.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, a través da súa Asesoría Xurídica, presentou ante o Tribunal Superior de Justicia de Madrid un recurso contencioso-administrativo contra a desestimación do recurso de alzada contra a resolución, de 7 de xullo pasado, da Dirección Xeral de Política Enerxética do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, que outorgou a REGANOSA a autorización administrativa e aprobou o proxecto de execución da Planta de Gas, e solicitando que se declare a nulidade de autorizacións e a paralización da actividade da instalación, perigosa, innecesaria, antieconómica e ilegal.

Alegacións

O pasado 4 de setembro de 2017, o Comité Cidadán, tamén presentou alegacións contra a ampliación da concesión (C-496-1) a REGANOSA, e instou aos concellos a que os seus representantes voten non a esta concesión no Consello de Administración da Autoridade Portuaria.

Tras as sentenzas do Tribunal Supremo, que declaran ilegal a Reganosa, esiximos o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRAN AS SENTENZAS DO TRIBUNAL SUPREMO XA!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !
  • PECHE XA !
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Info baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
31 de outubro de 2017 19:14
_______________

CIG-Saúde mantén a convocatoria de folga no Sergas para o xoves e venres, 2 e 3 de novembro, despois da desconvocatoria do resto das centrais sindicais - Chama á concentración diante da consellaría de Sanidade para o día 3 de novembro, ás 11:00 h - Vídeo da comparecencia de María Xosé Abuín, María Xosé Abuín, secretaria nacional da CIG-Saúde - Enlaces con máis info

María Xosé Abuín, secretaria nacional da CIG-Saúde, 30 de outubro de 2017

A secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, explica os motivos polo cales a federación rexeita o acordo doutras centrais co Sergas e as razóns de continuar adiante coa folga na sanidade pública galega para os días 2 e 3 de novembro.


https://youtu.be/P4c8QL4WRCg

CIG-Saúde mantén convocatoria de folga no Sergas o 2 e 3 de novembro. | Chama á concentración diante da consellaría de Sanidade para o día 3 de novembro, ás 11:00 hs.

A CIG-Saúde mantén a convocatoria de folga para os días 2 e 3 de novembro. Asegura que non se vai sumar a sinatura do acordo do Sergas coas organizacións sindicais da plataforma porque “simplemente non se solucionou ningún conflito”. Considera que a proposta presentada polo Sergas sobre carreira profesional deixa máis dúbidas que certezas e denuncia que, en todo caso, non se recupera ningún dos acordos suspendidos. Por iso fai tamén un chamamento a participar na concentración convocada para o día 2 de novembro, ás 11:00 horas, diante da consellaría de Sanidade, en San Lázaro.

A CIG-Saúde explica que a proposta sobre carreira profesional vai incrementar as diferenzas salariais existentes entre as/os profesionais do mesmo colectivo e chama a atención sobre todos os aspectos que quedan no aire: “Non sabemos canto vai ser a contía dos graos desta carreira, non temos ningunha garantía de que, como mínimo, sexan iguais  aos da carreira extraordinaria”.

Xunto a isto asegura que non se sabe cantos anos de antigüidade se van solicitar para cada grao, nin a permanencia nun grao para progresar ao seguinte. “O sistema de encadre é de só 1 grao e desde aí de 0 vai xerar grandes desigualdades dentro do mesmo colectivo xa que hai moitas persoas con varios graos perdidos”, explica.

Ademais, denuncia que non hai compromiso firme de cobrar no ano 2019, porque vai depender da dispoñibilidade orzamentaria e que se descoñece o ámbito de aplicación, só hai seguro que vai afectar ao persoal fixo. Advirte ademais que “estas condicións son iguais para todos os colectivos, incluído o persoal facultativo”.

Nada de recuperación dos demais acordos suspendidos

Á marxe da carreira profesional o SERGAS non contempla a recuperación de ningún dos outros acordos suspendidos porque “Feijóo non permite que se cumpra ningún acordo asinado durante o goberno bipartito, esquecendo que as organizacións sindicais asinamos acordos coa administración e non co partido político do goberno”, denuncia.

A CIG-Saúde entende que non se pode renunciar aos acordos retributivos 2008/12 suspendidos desde a chegada de Feijóo, que condenan ao persoal do SERGAS a ter as retribucións máis baixas do resto dos servizos de saúde do Estado e da Xunta de Galiza. Denuncia ademais que o goberno do PP tampouco quere falar dos acordos de primaria. “Non podemos aceptar que colectivos como os de PAC queden de modo permanente cun 20% menos de pago pola atención continuada. Isto debería formar parte do seu salario”.

Para a CIG-Saúde as reivindicacións sindicais seguen pois plenamente vixentes. “Somos conscientes de que a realidade mudou co acordo do SERGAS coas organizacións sindicais CCOO, UGT, CSIF, SATSE, SAE e CESM-OMEGA, pero as razóns que nos levaron a convocar a folga persisten”, aclara.

Avanza ademais que tampouco acepta a modificación da Lei de Saúde de Galiza e que vai seguir loitando pola recuperación dos acordos suspendidos e por unha carreira profesional digna para todos os colectivos. Adianta que se deseñará un calendario de mobilizacións coa participación das traballadoras/es “até conseguir recuperar o que estre goberno nos leva roubado desde o ano 2010”.

Fonte: Avantar.

[+ info Sobre a folga, causas e obxectivos]

Xustificación do acordo por CCOO. | Ir á Web.

O descolgue dos outros sindicatos en Galicia Confidencial: CIG mantén a convocatoria de folga na sanidade o 2 e 3 de novembro e o resto de sindicatos descólgase. | Cinco sindicatos cren "positivo" o acordo co Sergas sobre a Carreira Profesional e a central nacionalista ve "máis sombras que luces". | Ir á Web.

Segundo publica Praza Pública: CIG-Saúde mantén a convocatoria de folga na sanidade galega para este xoves e venres. O paro era inicialmente apoiado tamén por CCOO, CSIF, SAE, SATSE, CESM-OMEGA e UGT, que optaron este luns por desconvocalo, tras chegar co SERGAS a un acordo de carreira profesional para os traballadoresco servizo galego de saúde. No documento asinado polas cinco centrais sindicais e a Consellería de Sanidade, esta aceptou negociar a carreira ordinaria e comprometeuse a que o inicio de recuperación e cobro da carreira sexa no 2019. | Ir á Web.

A nova en Sermos Galiza: CIG mantén a convocatoria de greve no Sergas: “Non se resolveu ningún conflito”. CIG-Saúde mantén a convocatoria de greve para os días 2 e 3 de novembro. A central non se suma á sinatura do acordo do Sergas coas organizacións sindicais da plataforma porque “simplemente non se solucionou ningún conflito”. O sindicato entende que a proposta presentada polo Sergas sobre carreira profesional deixa máis dúbidas que certezas e denuncia que, en todo caso, non se recupera ningún dos acordos suspendidos. CIG fai tamén un chamamento a participar na concentración convocada para o día 2 de novembro, ás 11:00 horas, diante da consellaría de Sanidade, en San Lázaro. | Ir á Web.

A nova en Galici@PRESS: A CIG-Saúde manterá en solitario a convocatoria de folga na sanidade galega para os días 2 e 3 de novembro despois de que os outros cinco sindicatos cos que conformaba a plataforma sindical convocante --CC.OO., CSIF, SAE, Satse e UXT-- se descolgasen a raíz do acordo alcanzado o venres co Sergas sobre a Carreira Profesional Ordinaria. | Ir á Web.

______________

domingo, outubro 29, 2017

A partir de agora,... Por Josep-Lluís Carod-Rovira - Agora ven a parte mais difícil, porque somos tan só o inicio dun camiño que, o digo convencido, xa non ten regreso atrás posíbel


A partir de agora


"
Agora ven a parte mais difícil, porque somos tan só o inicio dun camiño que, o digo convencido, xa non ten regreso atrás posíbel".


Por Josep-Lluís Carod-Rovira [*]
29.10.2017


Xa estamos, completamente, nunha dimensión descoñecida. Unha dimensión na que ninguén pode prever, por certo, que vai pasar e que non, ao longo das próximas semanas e meses. Finalmente, despois de 26 días de incerteza, unha xestión polo menos intrigante de situación, e navegación con cambios de leme moi repentinos, en plena ruta, o Parlamento proclamou a independencia, xesto histórico que merece o noso recoñecemento sincero e alegre Debemos felicitalos, porque o presidente, os membros do goberno que estiveron ao seu lado ata o final e os membros da cámara catalá, fixeron isto posible. Cumpriron a palabra dada e unha maioría democrática e lexítima aprobou a creación da República Catalá. Foron valentes e decididos, sabendo ao que estaban expostos, e por iso merecen a nosa gratitude. Culminaron un proceso polo cal tantas persoas e tantas xeracións loitaron, ao longo da historia, aínda que moitos destes loitadores, anónimos ou non, sufriron por parte doutros compatriotas desprezo e burla polas súas posicións independentistas e quizais agora non o poden ver. Todo vai ben, e pode acabar ben.

Pero a declaración clara e inequívoca de independencia non nos fai independentes. Agora vén a parte máis difícil, porque estamos só no inicio dun camiño, e eu digo con certeza, non é posible volver atrás. Hai moitas preguntas a responder e situacións novas, ás que nunca nos tiñamos enfrontado antes e temos que atopar as formas máis intelixentes para ir esquivándoas. Non se trata só de dar corpo e solidez á nova República, de cara a dentro, senón tamén buscan as complicidades no exterior, nun termo razoable, para desembocar nos primeiros recoñecementos internacionais  que, en xeral, non chegan de inmediato. E menos aínda nunha situación como a actual, de cohabitación de dúas legalidades no mesmo territorio: a da República Catalana e a do Reino de España. Agora vemos como os partidos que posibilitan a continuación do réxime de transición, a Fronte Nacional (PP, PSOE, de C’s) priorizan a integridade territorial do Estado Español tal e como o coñecemos ata o venres, poñendo o concepto localista da unidade de España, como valor supremo, por riba da noción universal da democracia. E que, todos xuntos, están dispostos a facer calquera cousa para mantelo.

De feito, o máis antigo destes partidos, xa ten unha certa tradición de  colaboración golpista, desde a Ditadura de Primo de Rivera, pasando polo 1934 e a fuxida para o exilio de Indalecio Prieto, o mesmo que, durante o franquismo, asinando con Juan de Borbón un pacto para a restauración da monarquía, ata a nunca explicada implicación socialista na Tejerada do 23 de febreiro de 1981. Sen a implicación total e absoluta do PSOE, a actual ofensiva de España contra Cataluña e o desmantelamento das súas institucións, unha versión contemporánea do Decreto de Nova Planta, non sería posible. Pedro Sánchez, polo tanto, pasou polo arco triunfal a súplica sonora de Miquel Iceta ("Pedro líbranos do PP!"), para facer xusto o contrario: pasar a servir ás súas ordes e lexitimar a súa política represiva. A unidade de España pasou por riba da democracia e por riba de Cataluña. Os poucos ou moitos votantes cataláns que aínda lle poden quedar no PSC, xa saben, por tanto, que uso se fai dos seus votos.

Agora é demasiado cedo para prever que autoridade acabará facendo-se cargo, realmente,  da gobernanza cotiá en Catalunya e en que termos. E tamén cal será a actitude cara ás eleccións anunciadas do 21 de decembro: participarán as forzas partidarias da independencia? Con cantas listas electorais o farán? Que candidatos a presidente encabezarán as candidaturas? Haberá algún partido  ilegalizado pola Fronte Nacional? Como concorrer, gañar con claridade e así legalizar, diante do mundo, a proclamación adoptada o 27 de outubro? Ou ben como boicotearlles, desde a conciencia de que, en este caso, todo o Parlamento elixido será contrario á  independencia proclamada? Espero e desexo que os nosos dirixentes políticos teñan o acerto de adoptar a mellor das decisións, sabendo que, a partir de agora, os ritmos aceleran-se e as cousas cambian dun momento a outro, especialmente se a economía española e europea resenten-se e produce-se algún tipo de movemento internacional máis favorable para a Catalunya, aínda que non sexa, polo de agora, en forma de recoñecemento do novo estado.

Mentres tanto, de España non chega nada novo, senón o que sempre nos ten chegado ao longo da historia: violencia e arrogancia. Todos os actos de violencia que foron vistos en Cataluña nos últimos días, meses e anos, todos sen excepción, foron protagonizados polas forzas policiais españolas uniformadas, actuando contra unha poboación indefensa e pacífica de todas as idades, cunha brutalidade nunca vista, chea de odio étnico contra os cataláns; por policías españois de paisano, borrachos e ignorantes, incapaces de distinguir entre a lengua catalana e a italiana, pensando que son os amos deste país e que pode facer o que queiran, ou ben por civís con bandeiras españolas que tentan asaltar un medio de comunicación público como Catalunya Radio, destruíndo equipos de BTV ou entrando agresivamente no CIC Barcelona, centro de ensinanza que acollía naqueles momentos nenos e adolescentes , todos menores de idade, que fuxiron e aterrados, como os feridos agredidos no paseo de Gràcia. Déixemo-lo  claro: a violencia, en Catalunya, alza só unha bandeira, a española, e o fai en nome dun só país, España. Xunto ca violencia física, tamén, hai unha violencia institucional que agora están empezando a aplicar, cunha legalidade pensada non  para garantir a democracia, senón a unidade de España.

A violencia expresa a ausencia total de argumentos para convencer e, agora, leva por diante os argumentos dos outros. E, finalmente, a arrogancia, aquela fachenda característica da “fidalguía castelá” que hai séculos que non gaña ningunha guerra e que sempre chega tarde ás citas coa historia. Coa violencia e a arrogancia non se convence ningún pobo, non se atrae a unha nación, non se seduce a un país, para que abandone a idea de liberdade e queira continuar nun estado do que só recibe menosprezo, saqueo económico e paus. É por iso, precisamente, que imos gañar. Porque xa non os tememos e non lles recoñecemos ningunha autoridade moral, por máis que aínda controlan o poder militar, xudicial, administrativo e diplomático. Non sabemos cando será, pero a desconexión definitiva xa a estamos a palpar, se non erramos no camiño que temos que recorrer, un só camiño e non setenta, asumido por todos aqueles que desexan este país libre e soberano. ¡Benvida, pois, República Catalá!

Publicado en El Món | 28.10.2017.

[*] Josep-Lluís Carod-Rovira, nado en Cambrils, Tarragona, Catalunya, o 7 de xuño de 1952, é un político e filólogo catalán. Licenciado en filoloxía catalá, director da Cátedra UPF sobre Diversidade Social e da revista dixital divÈrsia. Ten moitos amigos e libros, dos cales escrebeu uma quincena. Presidiu ERC e o Òmnium do Tarragonès e foi Vice-presidente da Governación da Generalitat e da Universidade Catalá de Verán. Foi deputado ao Parlamento e deputado electo ao Congresso de deputados español. Artigos publicados en El Món. En Facebook eTwitter.

--
Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
29 de outubro de 2017 17:42
@lupeces
http://lupeces.blogspot.com/
_______________

Cumprimentos, ... Por Xosé María Dobarro

A primeira edición da constitución do 78, aínda co escudo da ditadura
Por Xosé María Dobarro [*]
29.10.2017


O 6 de decembro de 1978 fun unha das ao redor de 1.400.000 persoas que votarmos non no referendo de ratificación da Constitución Española, que foi, naturalmente, aprobada con menos do 60% do censo electoral. Para que molestarse, se todo está máis que arranxado?, dicían. Podían ter razón, mais eu pensaba que debía manifestar o meu rexeitamento a aquel texto que, despois de telo lido coa debida atención tres ou catro veces, non me ofrecía as suficientes garantías de que as cousas fosen cambiar na medida en que era necesario facelo despois de varias décadas de humillante ditadura. Non acababa de entender a que consideraba postura conformista do Partido Comunista, comandado por Santiago Carrillo, pedindo o si. Como non estaba afiliado, non tiña a obriga de acatar outra disciplina que non fose a do meu entender. Que, obviamente, foi o que fixen. Por riba, firmemente convencido. O ditador Franco morrera, mais non o franquismo. O texto constitucional, desde logo, non expedía o certificado da súa defunción. E aí radicaba o substancial do meu voto negativo. O artigo 1.3. dicía, e di, que “A forma política do Estado español é a monarquía parlamentaria” e todo o mundo sabía, ou debería saber, que o ditador nomeara o seu sucesor por medio da Ley 62/1969, de 22 de xullo, que, no seu artigo primeiro di: “Al producirse la vacante en la Jefatura del Estado, se instaurará la Corona en la persona del Príncipe Don Juan Carlos de Borbón y Borbón, ...”. É evidente, que o texto constitucional tiña, e segue a ter, aspectos moi positivos. Reparemos nestes dous: “Artigo 35.1. Todos os españois teñen o deber de traballar e o dereito ó traballo, á libre elección de profesión ou oficio, á promoción a través do traballo e a unha remuneración suficiente para satisfaceren as súas necesidades e as da súa familia, sen que en ningún caso se poida facer discriminación por razón de sexo".

"Artigo 50. Os poderes públicos garantiranlles, mediante pensións axeitadas e periodicamente actualizadas, a suficiencia económica ós cidadáns na terceira idade. Tamén, e con independencia das obrigas familiares, promoverán o seu benestar mediante un sistema de servizos sociais que atenderán os seus problemas específicos de saúde, vivenda, cultura e lecer”. Mais, hai quen pense que isto se está a cumprir?

Publicado no Diario de Ferrol. | 29 de Outubro de 2017.

[*] Xosé María Dobarro Paz (Ferrol, 1950), escritor, articulista, profesor, activista cultural e político. Na súa xuventude militou no PCG, e posteriormente no nacionalismo-popular galego, sendo militante da UPG e foi Presidente da Sociedade Cultural Medulio e divulgador da figura de Ricardo Carvalho Calero. Foi catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade da Coruña. Na actualidade no PCG e foi coordinador comarcal de Esquerda Unida.
_________

venres, outubro 27, 2017

Cé Orquestra Pantasma hoje, 27 de outubro, na Fundaçom Artábria e o sábado 28 Ceia XIX aniversário


Cé Orquestra Pantasma amanhá, 27 de outubro, na Fundaçom Artábria

O programa de atitivades do nosso XIX aniversário continua amanhá às 19hs com um concerto para os mais pequenos e as mais pequenas. Com entrada de balde até completar aforo (recomendável vir a retirar convite previamente) chega à Fundaçom Artábria o Cé Orquestra Pantasma.

A partires da pesonagem do homem orquestra, o artista interpreta cançons dos espetáculos "Fios do querer" que é muito dinámico com cançons para partilhar em familia. A segunda parte do concerto leva por título "A brincar, cantar e dançar", umha continuaçom com repertório para nenas de até 9 anos.

É o primeiro dos tres espectáculos de Rechouchíos ao aire libre.


Ceia XIX aniversário

No sábado 28 decorrerá a ceia-baile do XIX aniversário. O preço da ementa, que contará com entradas, arroz com carne ao estilo Vidal, água e/ou vinho e sobremesa, é de 12 euros (10 euros para pessoas associadas).

Haverá opçom vegana sob demanda. Podes apontar-te no balcom do café-bar ou escrevendo para correiodeartabria@gmail.com.

Depois da ceia haverá pica-discos com Abredeorellas que celebra o XX aniversário.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
....
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
26 de outubro de 2017 16:49
26 de outubro de 2017 16:57
____________-