venres, maio 10, 2019

Apertura de campaña de Eliximos Narón, cartel e actos programados


Información da campaña de Eliximos.

Apertura de campaña de Eliximos Narón, cartel e actos programados

Eliximos Narón
(Recortes Cero – Grupo Verde)

673141822 - eliximos@gmail.com
Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.
Web  |  TwitterFacebook


Enviado por:

ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
10 de maio de 2019 17:03
_________________

Este sábado, 11 de maio, temos umha cita com a solidariedade na Fundaçom Artábria - A partir das 22.30h (com pontoalidade) decorrerá este concerto solidário com Francisco Jose Martins (antifascista agredido o passado mês de março)


Concerto solidário com o antifascista agredido o passado mês de março


Este sábado temos umha cita com a solidariedade na Fundaçom Artábria.
A partir das 22.30h (com pontoalidade) decorrerá este concerto solidário com Francisco Jose Martins Rodrigues militante de Causa Galiza agredido brutalmente o passado mês de março por fascistas na nossa cidade.

A dia de hoje as diligências seguem em "stand by" o qual fai-nos pensar que a desídia nas investigaçons nom som por acaso.

Bitxobola, Apologia Hardcore e Verbena Velutina ponherám trilha sonora a esta jornada solidária e antifascista.

Os benefícios do concerto irám destinados aos gastos de covertura legal e sanitários

Contra o fascismo tiramos todas!
--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
10 de maio de 2019 13:19

____________

Projeçom do documentário 'Pan, Paz e Terra 1917-2017' - Hoje sexta-feira, 10 de maio, às 20.00hs, na Fundaçom Artábria


Projeçom do documentário "Pan, Paz e Terra 1917-2017"


Hoje sexta-feira 10 de maio, às 20.00hs, na Fundaçom Artábria, com apresentaçom do Paulo Brasil, Corrente Vermelha organiza a projeçom do documentário "Pan, Paz e Terra 1917-2017". 

"Pão, paz e terra" documentário que fala sobre luitas de classes polo mundo seguindo os pensamentos da Revoluçom Russa de 1917 - Trotsky e Lenin.

Entrada livre.
--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
10 de maio de 2019 12:59

______________

Ferrol... de Frores Cuberto: Este venres 10 celebramos a IV edición dos nosos maios cunha gran festa intercentros na Praza de España coorganizada polo Concello e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística desta volta, contamos con carpa para plantarlle cara a choiva, se é que ven, e con Teatro dos Ghazafelhos e Pakolas na animación de 10:30 a 12:30


FERROL, DE FRORES CUBERTO

Este venres 10 de maio celebramos a IV edición dos nosos maios cunha gran festa intercentros na Praza de España coorganizada polo Concello e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística desta volta, contamos con carpa para plantarlle cara a choiva, se é que ven, e con Teatro dos Ghazafelhos e Pakolas na animación de 10:30 a 12:30


Este mediodía presentamos en rolda de prensa unha actividade que nos fai particular ilusión, marcada, nas últimas edicións, polo mal tempo, pero que sigue medrando en participación e centros, e que organiza o Concello, desde a área de Educación, e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra (CENLF).

Este venres festexamos a IV edición de Ferrol, de Frores Cuberto, os nosos Maios escolares para preto de 2.000 pequenos e pequenas de 14 centros educativos do noso municipio. Será, tal e como avanzaba hoxe o concelleiro de Educación, Suso Basterrechea, o venres 10 desde as 10:30 baixo carpa na Praza de España, ate as 12:35 aproximadamente cunha chea de actuacións e actividades que vos detallamos a continuación. O edil de Educación comparecía acompañado de Xil López e Pim Patiño, como representantes da CENLF. Froito do traballo conxunto, un ano mais, afondase na celebración desta gran festa intercentros cuns maios compartidos.

FERROL, DE FRORES CUBERTO

Relación de centros que participan:

CEIP de Pazos
CEIP Manuel Masdías
CEIP A Laxe
CPR San Rosendo
CPR CompañíaMaría
CEIP CRUCEIRO DE ANIDO
CRISTO REY
CEIPPONZOS
CEIP ESTEIRO
CEE Terra de Ferrol
CPR Ludy
CEIP ISAAC PERAL
CEIP DE JUAN LÁNGARA
CPR Santa Plurilingüe de Xoana Lestonnac

O evento arranca as 10:30, conducido por Teatro Ghazafelhos, e Pakolas. Agradecer a colaboración de Gadisa, cunha merenda saudable para 2.000 pequenxs con auga e froita fresca. Transportes Prieto ocuparase nestes días de trasladar os Maios elaborados en cada centro educativo a Praza de España para esta festa intercentros.

Ferrol, 7 de maio de 2019

Fonte: Web do Concello de Ferrol.

_______________

O BNG de Ferrol deu inicio á campaña electoral con música en directo e a tradicional pegada de carteis - 'Se queres resultados diferentes, non fagas sempre o mesmo !'


Ferrol con ideas claras !

O BNG de Ferrol deu inicio á campaña electoral con música en directo e a tradicional pegada de carteis no seu local da rúa Galiano


O BNG de Ferrol deu inicio á campaña electoral das vindeiras eleccións municipais con música en directo, da man do músico e mestre Xoán Padín, integrado na candidatura dos nacionalistas no número nove. Un concerto que deu comezo ás 22:30 horas e que tivo lugar no local do BNG na rúa Galiano, 66.

Posteriormente, ao redor das 23:30 horas o candidato á alcaldía, Iván Rivas, realizou unha intervención na que lles propuxo aos veciños e veciñas da cidade que reflexionen acerca do que lles poden ofrecer o resto de candidatos e candidatas que se presentan a estes comicios municipais. “Que lles poden ofrecer que non tivesen experimentado xa?”, afirmou Rivas.

Para o candidato á alcaldía a maioría dos candidatos e candidatas son practicamente o mesmo, e se non o mesmo, moi parecido. “Ao longo destes días vanse pelexar para decidir quen é o máis demo no inferno e os problemas máis perentorios da cidade seguiran aí co seu silencio cómplice. A dependencia do mº de Defensa, a carencia de ingresos ou a falla de investimentos nas últimas décadas acompañada da privatización de todo o privatizable serán temas tabú, recorrendo á demagoxia da unidade e a estabilidade para non falar de nada”, indicou o nacionalista.

É preciso lembrar que moitos deles xa gobernaron, e que a cidade segue metida nun pozo sen fondo. “Mais non escoitaredes deles a mínima autocrítica. Porque cando digo que xa gobernaron refírome a que eles mesmos, persoalmente, xa gobernaron, non os seus partidos políticos”, afirmou. “O Sr. Suárez é o actual alcalde, o Sr. Rey Varela foino hai 4 anos, xunto ao Sr. Langhrty responsable de facenda, e o Sr. Mato concelleiro de urbanismo con Irisarri”, engadiu.

O BNG de Ferrol considera que, se estes candidatos fixesen autocrítica, Ferrol podería agardar algo diferente, mais o que nos ofrecen non é que xa o escoitásedes, é que xa o sabedes porque o experimentáchedes.

De FeC, postmodernismo fatalista para xustificar que este é o mellor dos mundos posibles. A escusa perfecta para que o PP cun traxe usado, porque non tiñan para un novo, nos asegure que non hai alternativa a que os de sempre leven todo.

De C’s, de casta lle ven ao galgo e do PSOE como moito, un novo plan E, pero Zapatero non é Pedro Sánchez, así que quedarémonos compostos e sen mozo cunha nova reestruturación edulcorada e vendida cun lazo vermello de agasallo ao redor dunha F110.

Nesta cidade ninguén acredita na profecía de Fukuyama sobre o fin da historia pero todos e todas actúan como si así fose, e así pasamos os días como si estivésemos a vivir a culminación do progreso e no mellor dos mundos posibles. “Eu propóñovos que manteñades a mente aberta, e que deixedes de crer que eufemismos como o Estado de benestar ou as terceiras vías constitúen valores supremos é o máximo ao que podemos aspirar. Este 26M Ferrol, ten dúas opcións para os próximos 4 anos: un goberno continuador de todas estas dinámicas, e aí os e as ferroláns teñen onde escoller. Si é así esquézanse do BNG. Mirade cara outro lado. Ou unha alternativa totalmente diferente liderada polo BNG. Se queren probar con algo totalmente diferente, mirádenos directamente aos ollos. Porque se queredes resultados diferentes, non fagades sempre o mesmo”, sentenciou Iván Rivas.

Ferrol, 9 de maio de 2019.

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#AgoraBNG
#Agora Ferrol



Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
9 de maio de 2019 23:30

______________

xoves, maio 09, 2019

Inicio de campaña e programa municipal defintivo de LiGanDo: Dando a cara por Un Ferrol Diferente


Inicio de campaña e programa municipal defintivo

Ligando vai facer un inicio de campaña virtual ás 00:00 horas coa activación do video central de campaña na páxina oficial do facebook de Ligando Ferrol. Este video da continuidade aos dous anteriores de precampaña e leva o título:

Dando a cara por Un Ferrol Diferente.

Ás 00:00 horas tamén se dará inicio á campaña no mundo real coa tradicional pegada de carteis que vai ser na Praza do Callao.

Anexamos a este comunicado o programa municipal (inclúe engádegas das últimas reunións coa veciñanza) así como varios pdf que van ser o soporte da campaña electoral de lgd.


Díptico Electoral de LiGanDo. | Acceder/Baixar.

Programa Electoral de LiGanDo. | Acceder/Baixar.

LIGANDO-LGD

http://www.ligando.org/

Facebook | Twitter


Enviado por:
LiGanDo Lgd
-ligando.lgd@gmail.com-
9 de maio de 2019 19:12

____

Defendendo o sistema público de pensións, este sábado 11 de maio, en Ferrol, como noutros concellos da Galiza e en máis de 200 do resto do territorio do Estado, convocada unha concentración ás 11:30hs no Cantón


Nos actos de peche das “Marchas”, intervirán familiares dos usuarios das residencias.

CONVOCATORIA DE “MARCHAS CÍVICAS”: por uns Servizos Sociais 100% Públicos, Contra a Privatización, e en Solidariedade coas Vítimas da Covid'19 nas Residencias.

O xoves, 11 de xuño, terán lugar “MARCHAS CÍVICAS”nas sete principais cidades galegas: Vigo, Pontevedra, Santiago, Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense. As “Marchas” están organizadas polo colectivo de pensionistas “Movemento Galego pola Defensa das Pensións e Servizos Públicos” (MODEPÉN), e o grupo de “Traballadoras das Residencias Galegas” (TReGA). As “Marchas” contan co apoio de familiares de usuarios das residencias de maiores, e representantes deses familiares tomarán tamén a palabra nos actos finais das “Marchas”.

MODEPÉN, TReGA, e os familiares dos usuarios das residencias, veñen traballando xuntos desde hai case 1 ano na denuncia das precarias condicións nas que estas se atopan. O forte exceso de mortes polo COVID'19 que houbo nas residencias, sobre todo nas de xestión privada, son unha proba máis da necesidade de introducir profundos cambios no modelo de residencias actualmente existente.

Os OBXECTIVOS das “Marchas” son os seguintes:

▪ DENUNCIAR A FORTÍSIMA PRIVATIZACIÓN das residencias e demais servizos galegos da dependencia: só o 15,6% das prazas das residencias galegas son plenamente públicas, é dicir de titularidade e xestión públicas.

▪ EXIXIR UNS SERVIZOS SOCIAIS 100% PÚBLICOS: precisamos residencias, servizos de atención no fogar, centros de día, ..., de titularidade e xestión plenamente públicos, e caracterizados por ser universais, centrados nos coidados no domicilio, e de calidade. Debemos superar o modelo actual de servizos públicos para os maiores e dependentes marcado pola súa enorme privatización, prezos moi caros, e calidade de atención moi mellorábel.

O dereito ao correcto coidado no solpor da vida debe ser garantido polos poderes públicos, como sucede nos países nórdicos; e como xa sucede no caso do ensino ou a sanidade pública.

▪ SOLIDARIZARSE COAS VÍTIMAS DA COVID-19 NAS RESIDENCIAS e demandar xustiza e reparación para as mesmas.

A HORA E LUGAR DE saída das “Marchas”, serán as seguintes:

▪ VIGO: ás 20:00 horas, no cruce de Rosalía de Castro con García Barbón

▪ OURENSE: ás 20:30 horas, na Praza Maior

▪ SANTIAGO: ás 20:00 horas, na Alameda

▪ PONTEVEDRA: ás 12:00 horas, na Praza da Peregrina

▪ CORUÑA: 12:00 horas, no Obelisco

FERROL: 12:00 horas, na Praza de Armas

▪ LUGO: 12:00 horas, na Praza do Concello,

Nos actos de peche das “Marchas”, intervirán familiares dos usuarios das residencias. Coa denominación de “MARCHAS CÍVICAS”queremos facer fincapé nos seguintes aspectos:

▪ As marchas só se realizarán se contan con todos os permisos legais preceptivos nestes tempos da Covid'19;

▪ Pedímoslle a todos e todas as participantes nas marchas que se organicen en ringleiras mantendo a distancia de seguridade de 2 metros entre as persoas, que leven máscaras de protección, e que sigan as instrucións do servizo de orde;

▪ As persoas do servizo de orde irán con chaleques identificativos, levarán máscaras de protección, disporán de solucións hidroalcóholicas para hixiene de mans, e repartirán entre os participantes cintas de 2 metros para axudar a manter a distancia de seguridade.

▪ En cada unha das 7 marchas, haberá unha única pancarta inicial co seguinte texto: “Contra a privatización e por uns servizos sociais 100%públicos”;

▪ Solicitámoslle a todas e todos os participantes nas ‘Marchas’ que respecten o seu carácter plural e transversal, e non utilicen faixas ou bandeirolas específicos dos colectivos dos que poidan facer parte;

▪ Pedímoslles a todas as persoas que estean de acordo cos obxectivos das ‘Marchas Cívicas’ que participen nelas, e esa petición estendémoslla tamén a todos os colectivos sociais, veciñais, sindicais, políticos, profesionais... que tamén os compartan.

01/06/2020

_______

Eleccións Locais 2019: Son 50 propostas de ADEGA para uns concellos máis sustentábeis


50 propostas de ADEGA para uns concellos máis sustentábeis


Con vistas ás eleccións municipais deste 26 de maio, dende ADEGA queremos salientar a importancia das políticas municipais para acadarmos un modelo ecoloxicamente sustentábel no noso país e propoñer algunhas medidas concretas ao respeito para os concellos.

As propostas ambientais adoitan ser un fixo nos programas das distintas forzas políticas e coalicións, para atender ás demandas dunha cidadanía cada vez máis concienciada. Porén, a súa relevancia e non digamos o seu cumprimento fican moias veces nun segundo plano ou mesmo esquecidas. Deste xeito moitas das medidas que aparecen nos programas, de tan transversais acaban sendo tanxenciais e, xa que logo, irrelevantes...

Para facilitar a súa dixestión, en ADEGA presentamos as nosas propostas en forma de "pílulas" ou accións concretas en cada unha das áreas con repercusión ambiental da vida municipal. Eis algúns exemplos:

Mudanza climática: Máis eficiencia enerxética, máis renovábeis, intermodalidade, humanización das cidades e promoción da mobilidade alternativa.

Auga: Aforro, reutilización, penalización do desbaldimento, depuración integral e remunicipalización dos servizos básicos de potabilización e depuración.

Urbanismo: Protección efectiva da paisaxe e da costa e fomento da rehabilitación sobre a nova construción e a ocupación de terras agrarias, penalizando as vivendas baleiras.

Residuos: Incorporar as estratexias de "residuo cero", fomentar a prevención e a redución a todos os níveis, estender a compostaxe, o porta a porta, e remunicipalizar servizos.

Espazos e especies: Limitar a expansión do eucalipto, as especies invasoras e os transxénicos, Veto ás touradas e aos espectáculos con animais. Máis custodia e espazos naturais recuperados e protexidos.

Tedes as 50 propostas completas para estes e o resto dos temas nesta: LIGAZÓN.

ADEGA / Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal

http://adega.gal/

Descargas

50 medidas CONCELLOS SUSTENTÁBEIS 2019

Enviado por:
Ernesto Lopes Dias Nes
-lodergz@gmail.com-
6 de maio de 2019 13:46

_________

Marea de Ferrol quere denunciar a tala indiscriminada que se vén de facer no inicio das obras da Praza do Concello: '...resúltanos deplorable que o alcalde Jorge Suárez e o seu equipo de goberno optasen pola opción máis económica e menos ecolóxica...'


POSICIONAMENTO DE MAREA DE FERROL ANTE A TALA DE ÁRBORES NA PRAZA DO CONCELLO


Marea de Ferrol quere denunciar a tala indiscriminada que se vén de facer no inicio das obras da Praza do Concello.

Alén da circunstancia de comezar unha obra deste calado a dúas semanas das eleccións municipais, propio de gobernos reaccionarios e con pouco sentido democrático, resúltanos deplorable que o alcalde Jorge Suárez e o seu equipo de goberno optasen pola opción máis económica e menos ecolóxica, desbotando a posibilidade de transplantar estas árbores a outra praza da nosa cidade.

Así mesmo, se atendemos ás xustificacións do equipo de goberno en canto á situación de enfermidade destas árbores, preguntámonos como é posible que, sendo coñecida esta circunstancia, non se tomaran medidas con anterioridade, debido ao risco que puideran entrañar para a poboación nunha zona tan transitada.

Sexa por un aforro económico ecoloxicamente inxustificado, ou sexa por desidia ante unha situación de posible risco para a poboación, o goberno de Ferrol en Común fainos asistir unha vez máis a unha enorme falta de sentido da comunicación coa sociedade, da participación e da responsabilidade.

Local: Rúa Dores, 20 Baixo.
Correo-e: mareadeferrol@gmail.com
http://mareadeferrol.gal/
https://twitter.com/FerrolMarea
https://facebook.com/mareadeferrol

Enviado por:
Marea de Ferrol
-mareadeferrol@gmail.com-
8 de maio de 2019 20:05

___________

Iván Rivas: 'O concello debe liderar as demandas educativas da cidade en defensa do ensino público' - A Federación de ANPAS salientou a necesidade de crear unha nova zonificación, co obxectivo da adscribir ao alumnado a un centro de ensino público preto do seu domicilio


Iván Rivas: “O concello debe liderar as demandas educativas da cidade en defensa do ensino público”

O BNG de Ferrol mantivo un encontro coa Federación de ANPAS de centros públicos de Ferrolterra co obxectivo de abordar e coñecer de primeira man a situación na que se atopa o ensino público na cidade e da que os nacionalistas sacan varias conclusións de cara ao vindeiro mandato.

En Ferrol estase a producir un detrimento constante do ensino público en favor dos centros concertados. Os dados de matriculación en Ferrol dos últimos catro anos amosan que mentres a privada-concertada segue a manter o mesmo número de unidades (pese ao descenso de alumnado), centros públicos coma os de Pazos (-1), Recimil (-2) e A Laxe (-1) perderon catro unidades. No último curso escolar 2018/2019  a oferta de prazas nos colexios públicos de Ferrol foron 291, fronte as 400 da privada-concertada. O Concello, como administración pública que é, debe adoptar medidas urxentes para poñer en valor o ensino público na cidade, medidas que pasan, por exemplo, por bonificar aos centros públicos con axudas tanto á escolarización como aos comedores escolares.

A Administración local debe servir ademais de intermediaria e interlocutora entre os centros o resto de organismos coma o CIS ou a Universidade, co obxectivo de converterse nun elemento dinamizador dos centros públicos, poñéndoos en valor a través de convenios e converténdoos en atractivos para incrementar as súas matrículas. Isto conséguese a través da alianza entre los colexios públicos e os centros de investigación potentes ou centros culturais de referencia, o que favorecerá e aumentará o prestixio nestas escolas.

En dito encontro, os nacionalistas e a Federación de ANPAS de centros públicos de Ferrolterra abordaron tamén a situación actual dos comedores escolares, tristemente protagonizada pola precarización non só do servizo, senón da situación laboral dos seus traballadores e traballadoras. Cómpre esixirlle á Xunta de Galiza que cumpra coas súas obrigas para rematar dunha vez por todas coa pasividade dos últimos oito anos e o deterioro constante do servizo.

Outro dos aspectos a tratar foi o transporte escolar. Para o BNG é aberrante a mestura do transporte regular e escolar posta en marcha pola administración autonómica. Os nenos e nenas desta cidade deben contar cun transporte exclusivo, polo que o obxectivo do BNG é un servizo para todos os centros públicos, sen que estes se vexan condicionados polo horario de dito transporte (tal e como acontece na actualidade en algúns centros da cidade). Os nacionalistas denunciarán a nova concesión que FeC e Xunta teñen acordado, e que vai en contra dos intereses das familias ferrolás.

Dende a Federación de ANPAS de centros públicos de Ferrolterra salientouse ademais durante o encontro a necesidade de crear unha nova zonificación na cidade, co obxectivo da adscribir aos nenos e nenas a un centro de ensino público preto do seu domicilio. Cómpre evitar, tamén, os colexios “refuxio” para determinadas problemáticas.

Doutra banda, o BNG considera imprescindible que o Concello manteña un liderado das demandas educativas da cidade con respecto ás infraestruturas, establecendo unha orde de prioridades, para que o desenvolvemento desas infraestruturas por parte da administración competente non se faga con carácter discrecional. Exemplos claros disto atopámolos nos vestiarios do Masdías ou no ascensor do Sofía Casanova. O Concello debe loitar para frear o deterioro do ensino publico, deixando de lado a actitude neutra e pasiva que se leva mantendo nos últimos anos, co obxectivo de que os nenos e nenas conten coa posibilidade de acceder a un ensino público de calidade que non responda a ningunha doutrina.

Ferrol, 7 de maio de 2019.

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#AgoraBNG
#Agora Ferrol


Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
7 de maio de 2019 11:44
___________

mércores, maio 08, 2019

Vindeiros actos electorais de TEGA Naron (Terra Galega ) - Entre todas e todos construímos o que somos e queremos construír o noso futuro - Sigamos avanzando - Somos Narón! - #MarianFerreiro2019


Isto é Narón, a nosa terra, o lugar da nosa xente, onde hai corenta anos tiñamos todo por facer. Entre todas e todos construímos o que somos e queremos construír o noso futuro. Sigamos avanzando. Somos Narón!

Xa estamos en plena conta atrás! En pouco máis de 24 horas da´ra comezo a campaña electoral e farémolo coa tradicional pegada de carteis, que será en Virxe do Mar. Para que poidas estar connosco nese momento, transmitiremos todo por Facebook Live desde esta mesma páxina. Xa sabes, desde algo antes das 12 da noite, vémonos por aquí: TV en Vivo no Facebook.

#MarianFerreiro2019

Vindeiros eventos

10 de maio   
Acto de campaña en Piñeiros
Venres ás 21:00hs.
Local Social de Piñeiros

11 de maio
Acto de campaña n'O Couto
Sábado ás 21:00hs.
Local Social do Couto

12 de maio
Acto de campaña en Virxe do Mar
Domingo ás 12:00hs.
Local Social Virxe do Mar

12 de maio
Acto de campaña en Freixeiro
Domingo ás 19:00hs.
Local Social de Freixeiro

---

TEGA Narón
@TerraGalegaNaron
Páxina oficial de TEGA Narón en Facebook.
Terra Galega: Galicia, a nosa forza.

https://www.facebook.com/TerraGalegaNaron/

Email Contacto: info@terragalega.org

#SomosNarón #SomosEquipo #SomosPresente #SomosFuturo

Local de TEGA-Narón
Rúa Reis Católicos, 9, 15570 Narón, A Coruña


Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
08 de maio de 2019 21:00

_____________

A mantenta da tala de árbores na Praza de Armas e Axenda do BNG para o xoves 9 de maio, inicio da campaña electoral, coa actuación musical de Xoán Padín e a intervención de Iván Rivas - O venres 10 de maio, presentación da candidatura para o Concello de Ferrol, n'A Fundación


Sobre a tala de árbores na praza de armas


O criterio do BNG de Ferrol pasa pola conservación da persistencia de especies, polo que para tomar a decisión que adoutou o goberno de FeC é preciso que exista un informe que xustifique a dirección de obra non ten máis alternativa que a tala.

Mentres, a denuncia do PP non é outra cousa que poñer ao raposo a coidar das galiñas. O proxecto dos populares baséase en facer un furado no corazón da Praza de Armas, que implica a supresión desas mesas especies. O seu obxectivo final non é outro que privatizar o espazo público coa creación dun aparcadoiro, para entregarllo posteriormente a unha empresa concesionaria.

Axenda do BNG para o xoves 9 de maio, inicio da campaña electoral e o venres 10, presentación da Candidatura

22:30 horas: Actuación musical de Xoán Padín na rúa Galiano 66.

➤➤ 23:30 horas: Acto de apertura da campaña e pegada de carteis. Intervén o noso candidato, Iván Rivas.

➤➤➤O venres 10 de maio: Presentación da candidatura no auditorio de Afundación (Cantón), ás 20:00 horas.

Ferrol, 8 de maio de 2019.

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#AgoraBNG
#Agora Ferrol


Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
8 de maio de 2019 15:32

____________

O BNG censura fondamente a hipocresía do PP en relación a súa denuncia presentada diante da Xunta Electoral - Esta non ve infracción por parte do BNG e na súa resolución afirma que non vai sancionar ao BNG


Comunicado do BNG 


O BNG censura fondamente a hipocrisía do PP en relación a súa denuncia presentada diante da xunta electoral. Nun contexto de dous períodos electorais tan xuntos é lóxico que as formacións políticas teñan colgada aínda propaganda nas rúas da cidade, como acontece no caso non só do BNG, senón tamén de PSOE, Unidas Podemos ou Marea de Ferrol. E por suposto, tamén o PP.

O que está claro é que este non é un xogo entre iguais. Trátase dunha loita entre David e Goliat, na que unha organización coma o BNG ten enfrontarse a partidos megalómanos coma o PP, que non a bordean, senón que a saltan como así ten asegurado a xudicatura ao declarala corrupta.

A resolución da xunta electoral afirma que non vai sancionar ao BNG porque as bandeirolas que están colocadas non inflúen no voto. É preciso aclarar ademais que son os propios militantes os que colocan e montan as pancartas, non empresas contratadas con financiamento en caixas B como acontece no PP. “Nós non imos dar un paso atrás diante deles. O BNG non vai tolerar nunca é a hipocrisía dun PP que tamén tendo colocada dita propaganda é capaz de denunciar”, sostivo o concelleiro nacionalista, Roberto Montero. “En feitos coma os de hoxe radica a importancia de que o BNG saia fortificado dos vindeiros comicios, para rematar con actuacións tan cínicas como as do PP que empregan de maneira torticera a legalidade, mentres eles pasan por enriba dela con total impunidade”, engadiu o responsable local.

Ferrol, 7 de maio de 2019.

BNG - Ferrol

Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/

Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#AgoraBNG
#Agora Ferrol



Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
7 de maio de 2019 19:29

_____________

'Nós Diario', o nome do xornal en papel que impulsa Sermos Galiza - Após realizar a Xunta Xeral de Accionistas, Sermos Galiza S.A. presentou publicamente o cabeceiro de Nós Diario, o xornal en papel, con edición dixital os 365 días do ano, que verá a luz a finais de 2019


Nós Diario, o nome do xornal en papel que impulsa Sermos Galiza. | Após realizar a Xunta Xeral de Accionistas, Sermos Galiza S.A. presentou publicamente o cabeceiro de Nós Diario, o xornal en papel, con edición dixital os 365 días do ano, que verá a luz a finais de 2019.


Sermos Galiza S.A. presentou o cabeceiro e as características principais de Nós, o diario en galego que verá a luz a final de ano. Fíxoo nun acto que decorreu na mañá do sábado, após a Xunta Xeral de Accionistas, na Nave de Vidán en Compostela, onde se fixeron públicas as principais liñas de deseño do diario en papel, que nacerá á par dun diario dixital cunha importante presenza audiovisual.

O primeiro en tomar a palabra foi Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A., quen lembrou as datas significativas que marcaron a posta en marcha do diario en galego. “A primeira, o 24 de novembro de 2017, día en que fixemos pública a intención de ofrecer máis contidos a través dun diario en papel durante cinco días á semana. A decisión susténtase en dúas ideas base: un diario en papel é necesario e é posíbel”, expuxo o tamén conselleiro delegado, que foi debullando a cronoloxía da iniciativa.

Costa afirmou que o proxecto foi concibido “sobre o marco da pluralidade e do diálogo entre Sermos Galiza S.A. e todas as asociacións e organizacións colectivas que confían nas capacidades dunha Galiza real, na certeza de que esta iniciativa ten que abranguer e ser participada por todas as persoas que conforman a nosa base lectora”. “É así como queremos construír este diario de intereses galegos, profesional e colaborativo para así ofrecer información e análise con rigor e perspectiva propia ao servizo, sempre, do pobo galego”, engadiu.

"Os primeiros números cero do diario en papel verán a luz a finais de ano e a partir do 2 de xaneiro de 2020 sairá ás rúas de terzas feiras a sábados e no formato web, todos os días do ano"

Desde hoxe comeza a conta atrás para que no final deste ano poidamos ter nas mans un diario que servirá para facer normal o que agora é unha anomalía, para traer ao primeiro plano informativo todos os temas que agora non se ven reflectidos na prensa convencional, para botar unha ollada construtiva cara á realidade galega, para contribuír a conformar, como pobo, unha opinión obxectiva e contrastada sobre todo o que nos afecta”, destacou. Os primeiros números cero do diario en papel comezarán a prepararse no mes de outubro e verán a luz a finais de ano e a partir do 2 de xaneiro de 2020 o diario en papel sairá ás rúas de terzas feiras a sábados e no formato web estará actualizado todos os días do ano.

Un xornalismo socialmente responsábel

María Obelleiro, directora de Sermos Galiza, interveu para dar a coñecer as características do diario, que apostará, dixo, nun “xornalismo socialmente responsábel, con información rigorosa baseada en datos e fontes fidedignas que non dirixirá o lectorado, senón que contribuirá a que sexan as lectoras e os lectores quen conformen a súa opinión en base á obxectividade e ao contraste”. “Así é como queremos construír a actualidade, pois o xornalismo non debería buscar máis recompensa que a satisfacción de facilitarlle ao lectorado máis elementos de xuízo para se formar unha idea do mundo”, salientou.

A xornalista expuxo a estrutura do diario en papel, que contará con catro seccións principais que evitarán a lectura fechada dos medios convencionais. Así, presentará a información nos módulos Galiza, Economía-Traballo, Internacional e Cultura-Axenda. Ademais, incorporará tres seccións de ruptura (Opinión, En foco e Última, que cada día recollerá o editorial coa análise do medio en relación á actualidade).

A respecto da axenda, a xornalista apuntou que “Nós Diario quere situarse na vangarda, con temáticas que carecen de espazo na axenda mediática e que afectan e preocupan ás galegas e galegos”. “Cultura, traballo, ecoloxía, feminismos, lingua, historia, diáspora, economía, memoria, dereitos e liberdades civís, mobilidade… son algúns dos fíos que tecerán os textos do xornal”, agregou.

"O proxecto vai alén do diario en papel, pois a aposta é multisoporte, cun dixital que se actualizará os 365 días do ano e que potenciará o contido audiovisual"

A directora de Sermos Galiza puxo énfase na característica multisoporte de Nós Diario, pois o proxecto vai alén do xornal en papel –que se publicará de terzas a sábados, este día co Sermos Galiza como suplemento fin de semana– para reforzar a aposta no dixital, que se actualizará os 365 días do ano e que potenciará as pezas audiovisuais, unha tendencia consolidada na rede. A reflexión e a información en profundidade virá da man de Sermos Galiza, pois o actual semanario vira en suplemento de fin de semana.

Pepe Barro: “O novo deseño debe expresar futuro

Pepe Barro, deseñador, responsábel da creación do proxecto gráfico, tomou a palabra para explicar que Nós “xa fala de historia, de cultura, de galeguismo. O novo deseño debe expresar futuro e, tal como fixo Castelao, usamos os códigos do noso tempo, do deseño internacional”. “Procuramos unhas letras con valores branco-negro semellantes ao ‘Nós’ histórico, e só revirando o acento, ampliándoo e pintándoo de azul dicimos Galiza: todos e todas ‘a nosa voz entenden’”, sinalou.

O deseñador subliñou o uso da tipografía do profesor galego da Universidade de Vigo, Marcos Dopico. “A Atlántica Serif Display é unha versión das clásicas letras con remates –serif– para tamaños grandes, concibida cunha forte personalidade que dará carácter aos titulares do xornal. Máis Grotesk é a versión de Dopico das clásicas letras de pau seco que en Nós Diario estarán de apoio. Isaac Estreita é tamén outra tipo que reinterpreta un canon, desta vez o das letras estreitas ou condensadas”, afirmou o grafista. Para corpo do texto, Barro optou pola Georgia, unha tipografía caracterizada pola súa lexibilidade.

O nome

A denominación Nós é unha creación orixinal de Castelao que responde a unha encomenda do escritor Eladio Rodríguez, que en 1918 bota a andar unhas páxinas especiais sobre literatura galega no xornal coruñés El Noroeste. A denominación e a súa forma gráfica son parte do deseño da cabeceira que realiza Castelao.

Despois foi o título do seu Álbum Nós e logo, no mesmo ano da exposición pública do Álbum, pasou a dar nome á revista. En 1920, tal como apunta Vicente Risco: “O Castelao foi o padriño: o tíduo Nós pertenecíalle a il; era o do seu fermoso álbum, no que Galiza xeme, chora, maldizoa e rebélase en cincuenta sepias ademirábeles”. Co mesmo pronome plural, en 1927 Ánxel Casal nomea á súa editora: Nós, Pubricacións Galegas e Imprenta. Co diario en papel, que aspira a ampliar o espazo galego de comunicación e a ser referente no panorama mediático da Galiza, Nós continúa na vangarda e camiña cara ao futuro.

"As persoas participantes foron agasalladas cunha publicación especial de doce páxinas que amosan parte do deseño de Pepe Barro"

Ao rematar o acto, Sermos Galiza entregou ás persoas asistentes unha publicación especial de doce páxinas en que se amosan parte do deseño de Pepe Barro e onde escriben o propio grafista, Xoán Costa, María Obelleiro e a catedrática de Comunicación Audiovisual Margarita Ledo. Na próxima semana este adianto do deseño de Nós Diario será entregado ás persoas subscritoras de Sermos Galiza co semanario.

A subscrición, o paso necesario


Sermos Galiza, S.A. marcou en 3.000 as presubscricións mínimas para garantir a estabilidade financeira precisa que permitiría manter a edición do diario. Despois de percorrer Galiza para difundir o proxecto, acadáronse. Así o lembraba o presidente do Consello de Administración, quen agradeceu o apoio de todas as persoas asinantes. As subscricións, advertía, "son o pasaporte a unha viaxe que nos levará a facer de Nós Diario un xornal forte, aberto a todas e a todos os que apostan no desenvolvemento económico, social e cultural do noso país".

Cantas máis mans sirvan como base do diario, máis calidade xornalística poderemos ofrecer”, salientaba Costa, “o apoio económico é a mellor maneira de garantir a estabilidade necesaria para poder ofrecer un xornalismo de calidade”.

⏩ Nesta ligazón recóllense as distintas modalidades de subscrición.

⏩ Publicado en Sermos Galiza - 04.05.2019 | Baixo Licenza Creative Commons by-nc-nd/2.5.

⏩ Álbum fotográfico do acto de presentación. | Ir á Web.
________

Eliximos Narón presentou dúas reclamacións ante a Xunta Electoral de Zona contra TEGA (Terra Galega), reclamacións que foron atendidas


Eliximos Narón presentou reclamación ante a Xunta Electoral de Zona


Na tarde do luns 6 de maio, presentouse reclamación ante a JEZ polas actuacións de TEGA no día de onte no Feirón de A Solaina no que se puxo un toldo e unha mesa informativa con propaganda do partido e da candidata, e tamén procederon a repartir material coa mesma información, o cal entendemos incumpre claramente a "Instrución 3/2011, de 24 de marzo, da JEC sobre interpretación da prohibición de realización de campaña electoral incluída no artigo 53 da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral.

Actuación ilegal que queremos denunciar publicamente.

Axuntase escrito remitido á JEZ. | Escrito.

Na noite do mesmo día presentouse reclamación ante a Xunta Electoral de Zona polas actuacións de TEGA no día de hoxe, luns 6 de maio, no que a formación instalou unha vala publicitaria en cálea Concepción Arenal de Narón á altura do número 130, e tamén procederon a colocar propaganda en Xuvia no baixo do nº 887 da estrada de Castilla, en fronte da praza do Concello (vello), local que non pertence ao partido (que ten a súa sé na Solaina) e que no Street View de Google de xullo de 2018 mostra que se atopaba á venda e parece ser que así segue.

Entendemos que de novo se incumpre a Instrución 3/2011 da Xunta Electoral Central sobre interpretación da prohibición de realización de campaña electoral incluída no artigo 53 da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeneral.
Actuación ilegal que queremos denunciar publicamente.

Resposta positiva, da XEZ á reclamación de Eliximos fronte á campaña anticipada de TEGA.

Axuntase a resposta da Xunta Electoral de Zona. | Certificado do Acordo da XEZ.

Saúdos
Alfonso Casal


Eliximos Narón
(Recortes Cero – Grupo Verde)

673141822 - eliximos@gmail.com
Narón, moito  por facer
...fagámolo, xuntos podemos.
Web  |  TwitterFacebook


Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
6 de maio de 2019 18:59
7 de maio de 2019 06:59
7 de maio de 2019 15:49

____________

Narón por Diante inaugura local de campaña coa presencia da recen elixida diputada por Pontevedra, na candidatura de 'En Común Unidas Podemos', Yolanda Díaz



NARÓN POR DIANTE INAUGURA O SEU LOCAL DE CAMPAÑA

Este venres 10 de Maio as 20:30 NARÓN POR DIANTE SON EN COMÚN inaugura o seu local de campaña situado na Praza de A Gándara (Rúa Vigo, 20, Narón).

André Abeledo (Candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE), estará acompañado pola deputada Yolanda Díaz e as compañeiras e compañeiros dunha candidatura que pretende dar a sorpresa en Narón o próximo 26 de Maio.

https://www.facebook.com/naronpordiante/

https://twitter.com/naronpordiante




Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
8 de maio de 2019 09:18

______________