venres, xuño 14, 2019

Conta-contos atelier de igualdade para crianças com Lidia Pena, o sábado 15 de junho às 19.00hs co seu espetáculo 'As Cores', na Fundaçom Artábria


Conta-contos atelier de igualdade para crianças com Lidia Pena

Lidia Pena Contacontos traz sábado 15 de junho às 19.00hs o seu espetáculo "As Cores" à Fundaçom Artábria, um conta-contos atelier de igualdade encaminhado para crianças de 3 a 9 anos. A entrada é de graça fazendo a reserva previamente no 671 200 160 (Lara) ou no correio-e: correiodeartabria@gmail.com 

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
13 de junho de 2019 16:08

________________

Representación Teatral: 'Hamlinho', no Ateneo Ferrolán, este venres 14 de xuño ás 8 da tarde, co grupo 'A Espelunca', da asociación do Beco da Língua

Representación Teatral: HAMLINHO.
Venres día 14 de xuño ás 20 h, no Ateneo Ferrolán


Que sabes de Hamlet a famosa obra de Shakespeare, alén de “Ser ou non ser”?

Ou es das persoas expertas na xenial peza?

Sexa como for, o grupo de teatro A Espelunca vai desvendar para ti a realidade do que ocorreu en Hamlet con esta “versión moi libre” imaxinada por Pepablo Patinho. Unha divertida parodia que non podes perder.

Estará representada en portugués polo grupo teatral da asociación do Beco da LínguaA Espelunca”, un grupo de teatro que nace do alumnado e exalumnado de portugués da EOI de Ferrol.

#Ferrol

--
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK:
Faite soci@ on line! Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
13 de junho de 2019 11:56

______________

xoves, xuño 13, 2019

Emafesa está enviando aos fogares abonados, o recibo da depuración do período no que non se depuraba - A súa legalidade está pendente dun recurso no TSXG - Estes cobros están baseados nunha taxa inxusta, moi avultada


Xa están enviando o recibo da depuración do período que non se depuraba.


Emafesa está enviando aos fogares abonados, o recibo da depuración do período no que non se depuraba. A súa legalidade está pendente dun recurso no TSXG. Estes cobros están baseados nunha taxa inxusta, moi avultada. Non só por tratar-se do cobro dun período no que non se depuraba, senón que parte do mesmo, basea-se nun período (De xaneiro a agosto de 2015) no que nin había persoal contratado, nin conexión á rede eléctrica.

Trata-se da resolución asinada polo alcalde saínte Jorge Suárez, con data do 20 de agosto de 2018 onde se aprobaron as liquidacións comprendidas nos padróns de contribuíntes, presentados pola empresa xestora EMAFESA, polo servizo de “Depuración de augas residuais”, que inclúen os recibos correspondentes aos períodos dende o 1 de xaneiro de 2015 ao 31 de marzo de 2017, un total de 5.602.606,34, con IVA, son 6.162.899,79 de euros os que se nos vai pasar a cobra á veciñanza (BOP da Coruña, Nº 172, do 10 de setembro de 2018).

Emafesa adiantou-se a unha posibilidade de negociar co novo goberno municipal unha saída que non fora lesiva para a veciñanza. Chegamos a este ponto coa só denuncia e oposición da Plataforma, pois as asociacións veciñais estiveron ausentes, deixando desamparada á veciñanza, ante unha situación inxusta.

A auga, o saneamento e a depuración hai que paga-la e sanear a Ría non ten prezo, mais non pode ser que a veciñanza teña que pagar un recibo moi por encima do custe real e máis a unha empresa mixta xestionada 100% pola súa parte privada, para facer negocio co dereito humano á auga e ao saneamento.

Van ser 8 recibos que se pasarán a cobro nun período dilatado no tempo. Entre xuño deste ano 2019 até febreiro de 2021.

1º >>> 1 único recibo semestral, correspondente aos meses que van desde o 1 de xaneiro ao 30 de xuño de 2015 (Que o pasarán  a cobro os meses de xuño e xullo deste ano 2019).

2º>>> 1 único recibo trimestral, correspondente aos meses que van de 1 de xullo ao 17 de setembro de 2015 (Que o pasarán a cobro o mes de xaneiro do ano 2020).

3º >>> 6 recibos bimestrais, correspondentes aos meses que van do 18 de setembro de 2015 ao 31 de marzo de 2017 (Que o pasarán a cobro entre vabril de 2020 a febreiro de 2021).

Este detalle de cobro fraccionado foi aprobado na xuntanza, dun Consello de Administración, celebrada o 6 de febreiro deste ano 2019.

A información sobre o asunto achega-a Emafesa xunto ao primeiro recibo que está chegando aos fogares xa.

Achegamos unha copia da info e dun dos recibos, de 53 euros, que están enviando aos fogares.

A Plataforma está preparando un dossier para falar co novo goberno, ademais de dous actos: un en Caranza e outro en Canido.

Xa informaremos.

Documentos de interese:

⏩ Folla Informativa de Emafesa que achega co Recibo. | Acceder/Baixar.

⏩ Recibo que está enviado Emafesa para pasar ao cobro. | Acceder/Baixar.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!

Fernando Ramos | Pablo Portero | Bernardo Rego | Lupe Ces | Alexandre Carrodeguas |

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
---

Unha exposición de ilustración infantil e xuvenil que reúne as obras de 17 artistas galegos baixo o título de 'Vaidemar', no Porto de Ferrol (sala de exposicións do peirao de Curuxeiras) - A exposición poderase visitar de martes a domingo, até o próximo 30 de xuño


“VAI DEMAR” LEVA A ILUSTRACIÓN INFANTIL E XUVENIL GALEGA AO PORTO DE FERROL


A exposición abre as súas portas este venres, 14 de xuño, ao mediodía no peirao de Curuxeiras

O comisario da mostra reúne as obras de 17 ilustradores como Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Xan López e Suso Cubeiro

A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao organiza unha exposición de ilustración infantil e xuvenil que reúne as obras de 17 artistas galegos baixo o título de Vaidemar. Os debuxos que protagonizan os libros e contos para os máis pequenos son obras de arte con identidade propia. Por iso, o Porto de Ferrol quere poñelos en valor e dedicarlles esta mostra na sala de exposicións do peirao de Curuxeiras. A apertura de portas é este venres ás 12:00 horas. 

O comisario da exposición Vaidemar, Antonio Seijas, explica que as obras seleccionadas son “miradas ao mar” e que esta é a temática común de toda a mostra. En canto ao criterio para escoller aos ilustradores, Seijas conta que se tivo en conta que teñan obra publicada dende o ano 2000 ata agora. Miguelanxo Prado, Xan López, Kiko da Silva e Suso Cubeiro son algúns dos ilustradores que mostrarán os seus traballos inspirados no mar. 

A exposición poderase visitar de martes a domingo, de 11:30 a 13:30 e de 17:30 a 20:30 horas, ata o próximo 30 de xuño.

Ferrol, 12 de xuño de 2019

Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao
Muelle Curuxeiras, s/n, 15401, Ferrol.
Telf. 981 338 000, Fax. 981 338 001.
E-mail: ferrol@apfsc.es
https://www.apfsc.com/gl/inicio-gl/

Enviado por:
Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao
ferrol@apfsc.es-
12 de junho de 2019 12:5

______________

mércores, xuño 12, 2019

Dentro da campaña galega 'Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito', presentan en Vigo o libro 'Se non houbera privilexios, non habería miseria' - Será o venres 14 de xuño a partires das 20:30hs no centro social 'A Revolta do Berbés' (rúa Real 12)


Presentación do libro: "Si no hubiera privilegios, no habría miserias"


Dentro da campaña galega "Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito" organizamos a presentación do libro: "Si no hubiera privilegios, no habría miserias". Será o venres 14 de xuño a partires das 20:30 no centro social "A Revolta do Berbés" (rúa Real 12, Vigo) e no acto contaremos con Manolo S. Bayona un dos coordinadores do libro e membro de Baladre (Coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social).

O libro, do que haberá exemplares á venta por 13€, recolle o traballo e reflexións da primeira edición da Escola de Acción Social Crítica e Transformadora celebrada hai un ano en Zaragoza. Este material trata de ser unha ferramenta para, desde a denuncia das funcións de regulamento e control que o poder atribue á Acción Social e en concreto ao Traballo Social, situarnos, ante a necesidade de construír mediante o troco de experiencias novos saberes e coñecementos que poidan resultar útiles para a construción de novas formas de practicar a emancipación social e transitar cara outras formas de vivir en sociedades máis xustas, libres e igualitarias.

--
OFICINA DEREITOS SOCIAIS - COIA (ODS-Coia) | odscoia.arkipelagos.net | odscoia@riseup.net |@odscoia | tel: 696 618 732 - 679 758 663 | Estamos os luns de 10h00 a 12h00 en Coia, nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Vigo).

Enviado por:
Oficina Dereitos Sociais - Coia
-dereitossociais@gmail.com-
12 de junho de 2019 10:04

_____________

Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática inicia en Cedeira a constitución dunha Sección Local


O pasado sábado, 8 de xuño de 2019, celebrouse en Cedeira unha reunión aberta para consolidar unha Sección local da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, co obxectivo de impulsar e profundar na Recuperación da Memoria da veciñanza represaliada pola defensa das súas ideas de progreso, solidariedade e xustiza social.

É propósito, tamén, investigar sobre outros acontecementos e protagonistas da historia social da vila, para consolidar a súa lembranza e transmitila, sobre todo, ás novas xeracións.

Convocarase, en breve, unha nova reunión, na que se irán perfilando as labores do grupo, que está aberto a todas as persoas interesadas nestes temas, e ás contribucións testemuñais, fotográficas, documentais que elas poidan facer.

--
www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
En facebook: Memoria Historica Democratica
En twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
11 de junho de 2019 10:57
___________________

O vindeiro domingo, 16 de xuño, en xornada de mañá, a Asociación oncohematolóxica POR+VIDA vai celebrar a décima Andaina con gallo do 11º Aniverario do comezo do Programa de Educación Oncolóxica no concello de Fene

Foto da xornada da Andaina do domingo 18 de xuño de 2017

X Andaina de POR+VIDA para o domingo 16 de xuño de 2019, en Fene


O vindeiro domingo, en xornada de mañá, a Asociación oncohematolóxica POR+VIDA vai celebrar a décima Andaina con gallo do 11º Aniverario do comezo do Programa de Educación Oncolóxica no concello de Fene a cargo de José Barcia Tuccelli. Dito programa segue a impartirse no pavillón de San Valentín.

A xornada vai estar presentada por Dani Ríos, que xa leva participando en varias ocasións ao longo destes anos de celebración con diferentes roles.

O emprazamento sigue sendo, como en anos anteriores, na praza Alcalde Ramón Souto Glez. (xunto a casa consistorial de Fene).

Engadimos os horarios co programa desta data:

10.00 a 10.30 horas ➮ Recollida de dorsais e benvida.
10.30 a 11.30 horas ➮ Andaina cun percorrido doado dunha hora polas parroquias de Fene e Perlío (é circular - mesmo punto de inicio e saída).
11.30 a 12.30 horas ➮Xincana para as nenas e nenos (de 3 a 6 anos con entrega de premios).
12.30-13 horas ➮ Actuación musical e remate xornada con sorpresas.

E como en anteriores ocasións o recadado irá para axudar a loitar contra o cancro, sexa en proxectos de investigación como nos últimos anos de Medicina Xenética, é dicir, á Fundación Ramón Domínguez para o grupo IDIS de Xenética que traballa na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

Tamén aproveitamos para lembrar que este ano volvemos a participar na Carreira da Muller na Coruña prevista para o domingo 22 de setembro. Para máis información contactar no mail da asociación.

--
por + vida
Asociación oncohematolóxica
Tlf. 650 812 030
pormaisvida2011@gmail.com
pormaisvida2011.blogspot.com

Enviado por:
Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA
-pormaisvida2011@gmail.com-
11 de junho de 2019 00:31

________________________

martes, xuño 11, 2019

O persoal de Poligal seguirá pelexando para buscar unha saída que permita retomar a actividade produtiva Demándanlle á Xunta e ao Ministerio axilidade e redobrar esforzos para buscar inversores


O persoal de Poligal seguirá pelexando para buscar unha saída que permita retomar a actividade produtiva. | Demándanlle á Xunta e ao Ministerio axilidade e redobrar esforzos para buscar inversores.

A asemblea de traballadores e traballadoras de Poligal aprobaba o pasado sábado por unanimidade o preacordo do ERE alcanzado na madrugada anterior pola representación social, o administrador concursal e a empresa. Porén, advirten, isto non supón abandonar a loita para que se retome a actividade produtiva e se manteña o emprego nas instalacións de Narón, senón que seguirán reclamando unha alternativa de futuro na mesa técnica creada pola Xunta e ao Ministerio de Industria, que segue desaparecido do conflito.

De feito, para este mércores día 12 de xuño está prevista unha nova reunión da mesa técnica constituída no IGAPE e con tal motivo, os traballadores e traballadoras realizarán unha concentración a partir das 11:00 horas diante do edificio da Xunta de Ferrol. Nesa xuntanza, explica Alberte Amado, da CIG-Industria, demandaráselle á Administración galega que presente toda a documentación e faga o traballo que non concretou durante o período de consultas do ERE, "que podería ter facilitado que a día de hoxe en lugar dun expediente de extinción tiveramos unha regulación temporal dos empregos".

Entre as tarefas pendentes que o persoal reclama á Xunta está a concreción da visita á fábrica de Narón dun dos inversores (anunciada xa a primeiros de xuño) ou o asinamento dos documentos de confidencialidade por parte dos grupos interesados en continuar a actividade produtiva da planta.

"Queda moito por facer e non imos renunciar a buscar unha alternativa de viabilidade e futuro para Poligal", asevera Amado, por iso demanda da Xunta que se implique ao fondo na busca e na concreción de proxectos que dean futuro e permitan recuperar o emprego. De igual xeito, reclama a intervención do Ministerio de Industria que malia a urxencia da situación continúa desaparecido e sen informar de ningunha das xestións que se comprometera hai xa meses a realizar.

Indemnizacións avaladas por Poligal Portugal

A respecto do acordo do ERE, o representante da CIG explica que contempla indemnizacións de 28 días por ano de traballo cun tope de 20 mensualidades e destaca que o Grupo Peralada (propietario de Poligal) se comprometeu a avalar o pago das contías a través de Poligal Portugal. Ademais, acadouse o compromiso de darlle preferencia á contratación dos actuais traballadores e traballadoras no caso de retomarse a actividade.

Sobre a proposta de recolocación presentada polo grupo empresarial, Amado considera que é un simple lavado de cara, xa que todos serían novos contratos sen ningunha mellora das condicións. Deste xeito, ofrece 15 postos na fábrica de Portugal e outros 15 na de Polonia, pero coas condicións laborais que rexen en cada un destes países; 3 recolocacións na empresa comercializadora de Poligal, baixo o convenio estatal de químicas, con teletraballo e dispoñibilidade para desprazarse.

Fonte: Avantar. 10.06.2019 . | Poligal.
____________________________

Os datos do primeiro trimestre de 2019, presentados polo Consello Xeral do Poder Xudicial, reafirman a alarma social que levamos tempo denunciando: os desafiuzamentos por alugueiro seguen subindo, no primeiro trimestre de 2019 levamos, a nivel do territorio do Estado, xa 15.559 desafiuzamentosos - Estatísticas do distrito de Ferrol e de Galiza


O Goberno segue mirando para outro lado mentres os desafiuzamentos por alugueiro seguen subindo. | Os datos do primeiro trimestre de 2019, presentados polo Consello Xeral do Poder Xudicial, reafirman a alarma social que levamos tempo denunciando.

DISTRITO DE FERROL

Lanzamentos practicados nos xulgados de primeira instancia e instrución de Ferrol no ano 2016:     
➤ Consecuencia proc. Execución hipotecaria: 60
➤ Consecuencia proc. Lei Arrendamentos Urbanos: 75
➤ Outros; 3
➤ Total Lanzamentos practicados: 138

Lanzamentos practicados nos xulgados de primeira instancia e instrución de Ferrol no ano 2017:     
➤ Consecuencia proc. Execución hipotecaria: 40
➤ Consecuencia proc. Lei Arrendamentos Urbanos: 98
➤ Outros; 7
➤ Total Lanzamentos practicados: 145

Lanzamentos practicados nos xulgados de primeira instancia e instrución de Ferrol no ano 2018:    
➤ Consecuencia proc. Execución hipotecaria: 20
➤ Consecuencia proc. Lei Arrendamentos Urbanos: 99
➤ Outros; 1
➤ Total Lanzamentos practicados: 120

CONXUNTO DE DISTRITOS DE GALIZA


Lanzamentos practicados nos xulgados de primeira instancia e instrución de Galiza no ano 2016:     
➤ Consecuencia proc. Execución hipotecaria: 766
➤ Consecuencia proc. Lei Arrendamentos Urbanos: 1.544
➤ Outros: 74
➤ Total Lanzamentos practicados: 2.384

Lanzamentos practicados nos xulgados de primeira instancia e instrución de Galiza no ano 2017:     
➤ Consecuencia proc. Execución hipotecaria: 757
➤ Consecuencia proc. Lei Arrendamentos Urbanos: 1.639
➤ Outros: 97
➤ Total Lanzamentos practicados: 2.493

Lanzamentos practicados nos xulgados de primeira instancia e instrución de Galiza no ano 2018:    
➤ Consecuencia proc. Execución hipotecaria: 410
➤ Consecuencia proc. Lei Arrendamentos Urbanos: 1.245
➤ Outros: 54
➤ Total Lanzamentos practicados: 1.709


Na Galiza segundo os datos que publica o servizo de estatísticas do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), os desafiuzamentos baixaron de forma considerábel (O 31,44%, respecto do ano anterior). Non é o caso do distrito xudicial de Ferrol (Baixou un 17,34% respecto do ano anterior), aínda que a tendencia non é a da media do Estado, as cifras amosan unha problemática sen resolver, a pesar da perda de poboación da comarca e mais concreto en Ferrol, o problema da vivenda segue sen resolver-se nunhas comarcas onde as vivendas baleiras estiman-se en máis de 20 mil. Só no concello de Ferrol, estiman-se unhas 10.000 vivendas, onde a demanda de vivenda social, segundo o rexistro do IGVS, ronda as 600 familias.

A nivel de todo o territorio do Estado, as cifras son aterradoras e no primeiro trimestre de 2019 levamos xa 15.559 desafiuzamentos. O 65,9 % (10.224) son xa derivados pola crecente burbulla especulativa cos prezos do alugueiro, iso que non contemplan os desafiuzamentos silenciosos, os provocados por non renovación ao non poder afrontar as subidas non asumíbeis, o 27,9 % (4.341) derivouse de execucións hipotecarias e os 994 restantes obedeceron a outras causas.

Aínda que nun principio estariamos falando dun descenso do 2,2% respecto ao primeiro trimestre de 2018, cabo destacar que, en comparación co mesmo período, os desafiuzamentos por alugueiro aumentaron un 5,2%. O descenso vén provocado pola caída das execucións hipotecarias por décimo quinto trimestre consecutivo. Comparando as cifras coas do primeiro trimestre do ano pasado, produciuse un descenso do 19,2%.

Recordamos que non son cifras alentadoras, todo o contrario, xa que se producen grazas á moratoria e á espera da sentenza sobre o Vencemento Anticipado, que teñen arquivados e paralizados os desafiuzamentos por hipoteca. Unha moratoria que termina en maio do 2020, que afecta a máis de 100 mil familias e que como non se amplíe e se comece a poñer solucións, -como a aplicación do Dictame DESC, unha modificación da LCI do Vencimiento Anticipado e da Responsabilidade Limitada, unha reforma da LAU que contemple a regulación dos prezos do alugueiro, eliminar os beneficios fiscais ás SOCIMIS e fondos voitre e frear a venda a estes especuladores da vivenda en mans da banca mobilizándoa para ampliar o parque público de vivenda- nun ano estas cifras pasarán a ser terroríficas.

Si desglosamos os datos por comunidades autónomas, Catalunya (con 3.557, un 22,9 % do total) segue liderando o ranking da vergonza, seguida de Andalucía (2.499), Comunidade Valenciana (2.119) e Madrid (1.730).

Si se teñen en conta unicamente os derivados do non pago do alugueiro, Catalunya ocupa tamén a primeira posición (2.335, o 22,8 %), seguida por Andalucía (1.422), Madrid (1.365) e Comunidade Valenciana (1.254).

Nos derivados de execucións hipotecarias Murcia -a única na que seguen producíndose máis desafiuzamentos por hipoteca que por alugueiro-, foi a quinta comunidade con maior número de execucións hipotecarias iniciadas neses tres meses (291), tras Catalunya (1.092, o 21,4 % do total nacional), Andalucía (1.065), a Comunidade Valenciana (706) e Madrid (415).

Desde a PAH e outros colectivos polo dereito á vivenda digna, levamos 10 anos denunciando as políticas ao servizo da especulación e a falta de vontade política dos distintos gobernos que se foron sucedendo para reverter a situación, lexislar ao servizo das familias, en lugar de deixalas na rúa. As nosas propostas son claras, de xustiza e de sentido común e non imos a desfalecer até lograr unha lexislación que garanta o dereito á vivenda para todas e que este deixe de ser tratado como unha mercancía ao servizo dunha poucas.

Agora estamos nun novo momento de cambio de Goberno ao que esiximos a altura política para cambiar as regras do xogo e non quedarse en medidas insuficientes de puro maquillaxe como nos ten afeitas.

pasou o tempo de medias tintas, ou se aposta pola cidadanía cun Plan de Choque fronte á urxencia residencial ou se está co mercado especulativo.

#StopDesafiuzamentos

⏩ Ficheiro das estatísticas do Consello Xeral do poder Xudicial. | Datos de Lanzamentos practicados por Partidos Xudiciais 2013 - 2018. | Baixar.

Fonte: Propia, da PAH e do CGPX.


Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferroterra
forosocialdeferrolterra@gmail.com
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
@StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra



---

luns, xuño 10, 2019

Escolma Salvaxe, este luns na Biblioteca Municipal de Ferrol, 10 de xuño, ás 19:30 hs - Lectura de Poemas das convidadas e convidados da pasada edición (XII) da Poesía Salvaxe deste 2019


Escolma Salvaxe, da pasada edición (XII) da Poesía Salvaxe deste 2019, este luns de Ferrol, luns 10 de xuño, ás 19:30 hs, na Biblioteca Municipal de Ferrol.

Lectura de Poemas das convidadas e convidados desta edición de 2019.

A Poesía Salvaxe no facebook.
________

Este último venres, 7 de xuño, partía de Caranza a Marcha a Pé a Mugardos contra o despropósito gasista de Reganosa, unha planta de gas, ilegal e perigosa, construída no corazón da nosa Ría, sen avaliación de impacto ambiental - Álbúm Fotográfico


XIII MARCHA A PÉ CONTRA O DESPROPÓSITO GASISTA DE REGANOSA
FERROL - MUGARDOS
7 de xuño de 2019

Co lema: “Para salvar a ría e a vida, Reganosa ten que estar fora”, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, o pasado venres 7 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, celebrouse a XIII Marcha a Pé Ferrol – Mugardos, que como cada ano desde o 2007, ten por obxecto salientar a ilegalidade e o perigo da Planta de Gas de REGANOSA, localizada ilegalmente a pé da nosa Ría e das nosas Vidas.

Partindo, as cinco da tarde, do Parque de Caranza que leva o nome de quen fora primeiro Coordinador do CCE, Carmelo Teixeiro, e tras facer breve parada de descanso, como é tradicional, n'O Pote, en Maniños, sempre gozando do bó tempo, rematou na A. VV. O Cruceiro de Mehá, onde tras breves intervencións do Coordinador, Manuel R. Carballeira 'Lalán' e da Presidenta da A.VV. Luz Marina Torrente, os asistentes, chegados a pé ou por outros medios, gozaron das suculentas viandas (bocata de liscos ou chourizo) alí preparadas.

Sempre: ¡PLANTA DE GAS: PECHE XÁ!

Enlace ao álbum fotográfico da Marcha. 07.06.2019 | Acceder/Baixar.

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Enviado por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
8 de junho de 2019 09:28

_________________

Cando as vítimas falan, o patriarcado treme, ... Por Estrela Gómez Viñas


Por Estrela Gómez Viñas [*]
10.06.2019


Cando as vítimas falan, o patriarcado treme


A imposición do silencio á vítima, o segredo logrado baixo coacción é a gran baza do violento sexual. Con iso logra en primeira instancia un "seguro de impunidade", así como a prolongación do control sobre a súa vítima. Con todo, este non é o único nin quizais o principal beneficio. Como parte dun colectivo, logra facer invisíbel e inverosímil ante a opinión pública a realidade da violencia sexual contra a infancia e a adolescencia, especialmente a incestuosa (gran paradoxa, dado que se trata de polo menos o 80% deste tipo de violencia). Sería tranquilizador poder limitar até este punto a responsabilidade colectiva respecto de esta problemática, aínda que sería unha lectura incompleta: a coacción para lograr o silencio da vítima non tería resultado algún si non existise ao mesmo tempo un pacto social que confirma esta norma. De facto, a profecía do agresor cúmprese: á vítima non se lle cre. A socióloga alemá Nöelle-Neumann describe certos fenómenos sociais que teñen como obxectivo eliminar os elementos "indeseábeis" ou incómodos, empuxalos á marxe, e reúneos baixo a denominación de espiral de silencio, dado que o silenciamento é precisamente a ferramenta de ciruxía social que se pon en práctica. Un recurso que é controlado polos grupos dominantes.

As vítimas de violencia sexual, mulleres, nenas e nenos non son grupos dominantes. Pola contra, son colectivos que se decide enviar á marxe, onde ninguén poida escoitarlles. Falemos agora desas marxes pois, por estraño que pareza, deles parte a miúdo a enerxía que move a Historia. As revolucións acciónanse cando as marxes decídense a borrar a barreira que se construíu no imaxinario social e a poñer sobre a mesa de debate a súa realidade. Ao longo do último terzo do século pasado algunhas pensadoras feministas empezaron a definir esa posición á marxe dos colectivos minorizados, así como a recoñecer a natureza completamente diferenciada dos seus procesos de pensamento e acción. As feministas marxistas analizaron as similitudes entre o punto de vista da experiencia feminina e o punto de vista do proletariado, fronte aos poderes que exercen respectivamente o control hexemónico. Finalmente, por extensión, chegaron á conclusión de que este punto de vista diferenciado, e que elas analizan como máis válido por non atoparse ligado a estruturas de poder, sería aplicábel a calquera outro colectivo sometido.

O silencio social ao redor da violencia sexual estase quebrantando, abriuse unha brecha por onde entra un fino feixe de luz e aire fresco. É un proceso imparábel que pon en perigo a permanencia do poder dos violentos sobre as súas vítimas. Os violentos empezaron a ver que a barita máxica do silencio non era máis que unha construción e que se lles desfai nas mans. O pronunciamento público de actrices, deportistas, de vítimas de pedofilia na igrexa, as campañas en redes sociais, a reacción social ante sentenzas clamorosamente machistas, o traballo constante de asociacións de dereitos de infancia e de loita contra a violencia de xénero, a creación de correntes feministas dentro do dereito, as actuacións de organismos internacionais que advirten do incumprimento dos estándares de dereitos, etc. Todo isto contribuíu á creación deste escenario novo no que é posíbel para as vítimas reconstruírse con dignidade. En calidade de testemuñas dunha realidade oculta poden situarse, tal e como definiu G. Agamben, como "suxeito ético", e desde aí promover cambios.

Non cabería esperar, por suposto, que quen ostentou o poder permaneza impasíbel ante este novo estado de cousas. A reacción, o movemento contrarrevolucionario, o backlash ao que cantase Nina Simone (not me, just wait and see) está aquí, tocando á porta. Móstrase violentamente, facendo alarde das súas armas, o cal por outra banda non fai senón confirmar a súa caída, a súa ocaso, o seu medo. Nos últimos meses púxose en escena esta estratexia de basilisco. Partidos políticos que reclaman a derrogación da Lei de Violencia de Xénero, tribunais que defenden sen pudor resolucións que depositan nas vítimas a responsabilidade do feito violento, a persecución de profesionais por cumprir a súa deber de denunciar situacións de violencia ou defender a nenos e nenas en procedementos xudiciais, etc. A persecución mediática que están sufrindo varias mulleres que denunciaron no seu día abusos incestuosos contra os seus fillos e fillas, é a última e máis alarmante mostra. O lobby prol-Ssap (Suposto síndrome de alienación parental) non vai soltar a presa tan alegremente. Logo de fabricar a receita maxistral do Ssap e lograr que se aplicase aínda sen o respaldo da comunidade científica e deste xeito eliminar dunha plumada a validez do testemuño infantil e a capacidade de protección das nais. Logo de emprender a estratexia do ataque aos e as profesionais que dalgún xeito tomasen partido a favor das vítimas de abuso incestuoso. Agora inicia a terceira fase: o ataque contra as asociacións dedicadas á defensa dos dereitos das vítimas e á promoción dunha xustiza adaptada á infancia que logre baixar a taxa de sobreseimentos e eleve a capacidade de protección por parte do sistema xudicial. 'Infancia Libre' foi a primeira, pero non será a última. Salvo que haxa unha resposta firme por parte do movemento de dereitos de infancia e de vítimas de violencia de xénero. O tecido asociativo xoga un papel imprescindíbel na constitución da vida democrática dun país. É un dereito da cidadanía, que habilita vías para a súa participación nos espazos políticos e públicos. Permitir o ataque indiscriminado a unha asociación como 'Infancia Libre' tachándoa, sen fundamento, de organización criminal, é admitir que se poñan mordazas ás vítimas. A sabedoría popular recórdanolo, quen cala outorga. Nosa será a responsabilidade do que veña despois.

10 de xuño de 2019

[*] Estrela Gómez Viñas. Coordinadora de AGAMME, Asociación Galega contra ou Maltrato a Menores. Profesora de educación secundaria. Mediadora social en prevención do abuso sexual infantil. Relatora e autora de artigos en distintos foros e medios sobre dereitos de infancia.








Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME): Asociación sen ánimo de lucro, fundada en 2010. Os seus obxectivos principais son a visibilización da problemática do maltrato infantil, e de forma sinalada o abuso sexual incestuoso, ofrecer apoio e información a vítimas e as súas familias ou profesionais que traballan habitualmente con nenos, nenas e adolescencia. Para rematar a participación en procesos lexislativos e a presentación de demandas á administración para o cumprimento da lexislación vixente [+Info].

Enviado por:
Agamme Ferrol
-agammeferrol@gmail.com-
10 de junho de 2019 00:01

_______________

Foto de Cesar Toimil 30.07.2017 | 

venres, xuño 07, 2019

Rolda de Prensa da Plataforma antes da conformación do novo goberno municipal de Ferrol e presentación da Táboa Reivindicativa - Vídeo


Despois dos procesos electorais de abril e maio, en especial deste último do 26M, onde houbo uns resultados electorais concretos que sitúan a Angel Mato (PSdeG-PSOE) como Alcalde co apoio de FeC e BNG, é necesario que a Plataforma lembre aos grupos que están a conversar/negociar sobre a conformación do novo goberno municipal, e á nova corporación en xeral, cales son as reivindicacións pendentes desta Plataforma e a actividade que ten previsto desenvolver nos vindeiros días. Así se desenvolve esta rolda de prensa.

Celebrada o venres 7 de xuño de 2019, ás 12 do mediodía, na sala de comisión do Palacio Municipal do Concello de Ferrol.


https://youtu.be/5mastPq7Lh0

TÁBOA REIVINDICATIVA

No proceso de negociación e conformación do novo goberno municipal, a Plataforma na defensa dos servizos públicos, pola Remunicipalización, quere dirixirse ás forzas políticas que protagonizan este proceso; ás forzas que conseguiron representación para conformar a nova corporación, e a toda a veciñanza de Ferrol, para lembrar cal é a situación actual dos servizos públicos e as reivindicacións pendentes, avaladas por case dous millares e medio de sinaturas recollidas por esta Plataforma, varias mobilizacións cidadáns, e os resultados dunha enquisa publicada nos medios de comunicación pola cal, máis do 60% da veciñanza de Ferrol está a favor do rescate dos servizos públicos para xestión municipal.

Na actualidade son numerosos os servizos municipais que están sen contrato, polo que as facturas derivadas da prestación destes servizos, teñen que ser aprobadas pleno a pleno, de xeito extraxudicial. Algún destes servizos, son tan importantes como a recollida e transporte do lixo, limpeza viaria ou parques e xardíns.

A maiores, esta Plataforma ven denunciando as irregularidades e abusos que a empresa Emafesa leva anos exercendo na xestión de servizos fundamentais como o abastecemento de auga, a depuración e o saneamento.

Diante da constitución dunha nova corporación municipal, e no desexo de abrir unha vía de diálogo, que abranga tamén ao movemento veciñal, esta Plataforma márcase como obxectivos para estes próximos anos, entre outros, os recollidos nesta táboa reivindicativa:

1.- Paralización do cobro das liquidacións do período (xaneiro2015-marzo2017), 5,5 millóns de euros + 10% de IVA (6,05 millóns). Liquidacións asinadas por Jorge Suárez, correspondentes á taxa de depuración, cando a depuradora non depuraba e a taxa estaba. (e sigue estando) avultada.  Son unha media de 200€ por vivenda.

2.- E como consecuencia do punto anterior, a devolución dos 800.000€ correspondentes á liquidación do período (setembro-decembro2014) posta a cobro durante o mandato de Rey Varela. Paralización do cobro dos recibos non aboados nese período no que a depuradora non funcionaba. Buscar unha solución negociada para este período, que non pase polo cobro á veciñanza cando non se daba o feito impoñible.

3.- Auditoría integral, económica e de xestión a Emafesa.

4.- Denuncia do Convenio con Augas de Galicia, ou no seu caso, non renovalo (finaliza en agosto2019), devolvendo a infraestrutura a quen é o seu propietario, Augas de Galicia.

5.-  Revisión da taxa aplicada ao consumo no pequeno comercio, oficinas e despachos e outros servizos.

6.- Recuperación das fontes públicas.

7.- Revisión do regulamento de bonificación, facéndoo progresivo en relación aos ingresos, aos consumos, como ao número de compoñentes da unidade familiar.

8.- Controlo da calidade da auga con analíticas independentes da empresa Emafesa.

9.- Colocación por parte da empresa dos contadores nas vivendas de San Pablo e Recimil, como llo esixe o artigo 25 do Regulamento que desenvolve a Lei de Augas de Galicia. E compensación por cobros indebidos a fogares de unha ou dúas persoas.

10.- Expediente interno a Emafesa, baseándose nas lecturas  estimadas abusivas e xeralizadas ao longo dos anos, nomeadamente nos barrios de San Pablo e Recimil.

11.- Elaboración dun novo modelo de recibo, onde os conceptos sexan claros e favoreza o control da veciñanza dos consumos.

12.- Revisión das cantidades abonadas polo concepto de saneamento (rede de sumidoiros), máis de 1,8 millóns de euros, cando na actualidade a maioría da rede corresponde a Acuaes, a través da  empresa concesionaria Viaqua, custo que vai incluído no pago da taxa de depuración.

13.- Convenio coa empresa pública Tragsa (ou SEAGA), consideradas medios propios, para realizar a recollida e xestión do lixo,  mentres non se dea un proceso de xestión 100 % público a nivel mancomunado ou local. Podendo separar xa, o servizo de limpeza viaria, procedendo á súa municipalización inmediata. Sempre coa subrogación dos operarios que están realizando estes servizos na actualidade.

14.- Comezar o proceso para que o Concello se encargue da xestión e contratación directa do subministro eléctrico.

15.- Comezar o proceso de municipalización do servizo de mantemento eléctrico, na actualidade realizado pola UTE Sice-Pasco, coa subrogación de operarios que están realizando este servizo na actualidade.

16.- Denunciar con urxencia as concesións da Xunta ás empresas de transporte para iniciar a recuperación da xestión do transporte público dentro dun plano global de mobilidade urbana que favoreza ás zonas rurais e comunique os barrios cos centros sanitarios, educativos, administrativos e mercados.

17.- Iniciar a municipalización dos servizos de parques e xardíns, actualmente sen contrato, coa subrogación de operarios que están realizando este servizo na actualidade.

En Ferrol, a 7 de xuño de 2019

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!

Fernando Ramos | Pablo Portero | Bernardo Rego | Lupe Ces | Alexandre Carrodeguas |

remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
---

xoves, xuño 06, 2019

A CIG convoca en Ferrol, como noutras cidades da Galiza, unha mobilización co lema 'Paremos a precariedade: derrogación das reformas laborais!' - Na Praza Amada Garcia, diante do Edificio da Xunta, ás 12 do mediodía, do xoves 6 de xuño


O clamor popular nas rúas, o pasado Primeiro de Maio, e os resultados electorais confirman a inaprazábel e urxente necesidade de que se derroguen as reformas laborais. Por iso a CIG convoca para o vindeiro día 6 de xuño asembleas e mobilizacións, en todas as comarcas, para exixir ao próximo Goberno do Estado que atenda estas demandas, porque agora xa non ten razóns nin xustificacións para non anulalas. Cada día que pasa sen que se derrogue a reforma laboral amosa un PSOE satisfeito coas políticas antiobreiras do PP.

Levamos anos loitando para recuperar os dereitos arrebatados á clase traballadora galega. Dereitos que foron conquistados tras anos, mesmo décadas, de loita, para poder vivir e traballar dignamente, e que nos foron roubados en cuestión de días.
A CIG, como primeira forza sindical do país, reitera que a mobilización é o único camiño para recuperar dereitos para avanzar
Durante estes anos, coa escusa da crise, impuxéronse políticas que favoreceron a extensión de baixos salarios, aumentando gravemente a exclusión social e as discriminacións de xénero. Unha situación que se prolongou no tempo consolidando a precariedade e a pobreza laboral.

A negativa do PSOE a derrogar as reformas agrava as consecuencias da combinación explosiva que representa o sistema económico marcado pola UE –expresión da ditadura dos mercados e das grandes empresas– e o modelo de relacións laborais nacido das reformas de 2010 e 2012, que supuxeron un golpe de estado aos dereitos laborais, sociais, da negociación colectiva e do sistema público das pensións.

Vivimos unha situación de auténtica crise, desemprego, emigración, avellentamento da poboación. O desmantelamento industrial é o exemplo máis duro das consecuencias destas políticas: Alcoa, Ferroatlántica, Poligal, auxiliares do naval de Ferrol, Citroen, auxiliares do automóbil, centros de chamadas de Bosch e Unitono, Maderas Iglesias, Levantina, DIA, Pili Carrera ou o servizo de recollida de SOGAMA, son algúns exemplos.

Por iso a CIG, como primeira forza sindical, reitera que a mobilización é o único camiño para recuperar os dereitos para avanzar. As solucións non virán por concesión do poder económico e político que nos impón esta dura situación. Tampouco a través do diálogo social practicado por UGT e CCOO, como se ten demostrado ao longo dos anos e como recentemente fixeron co asinamento do IV Acordo Marco de Negociación Colectiva, que axuda a perpetuar a reforma laboral e o empobrecemento dos salarios.

Só coa loita poderemos forzar un cambio de políticas para que en Galiza teñamos industria, emprego, salarios e pensións dignas. Así o considera o secretario xeral, Paulo Carril, quen clama contra a precariedade e subliña que “son tempos de loita e compromiso, de practicar a solidariedade, de apostar por nos organizar e ter o convencemento de que, coa inmensa forza da mobilización social, faremos andar as rodas da historia”.

Asembleas de delegados/as e mobilizacións en todas as comarcas:

⏩ Lugo: Subdelegación do Goberno, 12:30h.

⏩ Pontevedra: Subdelegación do Goberno, 12h.

⏩ Vilagarcía: Diante do INEM, 12h.

⏩ Compostela: Praza de Galiza, 12h.

⏩ Vigo: Manifestación desde Os Capuchinos até a sede da ONCE, 12h.

⏩ A Coruña: Delegación do Goberno, 12:30h.

⏩ Ferrol: Edificio Xunta (Praza Amada García), 12h.

⏩ Ourense: Subdelegación do Goberno, 11:30h.

Fonte: Avantar. | Baixo Licenza Creative Commons by-nc-sa/2.5.
__________________

Por unha enerxía ao servizo do pobo galego - A recollida de sinaturas en apoio da ILP entra na súa fase final, iniciativa coa que se pretende reverter á xestión pública os saltos e aproveitamentos hidráulicos


Por unha enerxía ao servizo do pobo galego. | A recollida de sinaturas en apoio da ILP entra na súa fase final.


A recollida de sinaturas para levar ao Parlamento a ILP de “Medidas para a nova xestión dos saltos e aproveitamentos hidroeléctricos no territorio de Galiza”, impulsada pola CIG, entra na fase final. O prazo para a súa presentación remata no mes de xullo e a central sindical anima a asinala para reclamar que a Xunta de Galiza recupere as concesións dos saltos e centrais hidroeléctricas, nas concas nas que ten competencias, para fins de utilidade pública e interese social e que pase a ser xestionado directamente, ou a través de empresas mixtas, o aproveitamento público destes recursos.

O sector enerxético é estratéxico para Galiza. Temos 166 centrais hidráulicas: 121 das chamadas mini hidráulicas, de menor potencia, e outras 45 que son gran hidráulica, cunha produción, nun ano normal, de aproximadamente un 20% da total no conxunto do Estado e unha potencia instalada de 3.700 megavatios, que nos sitúa á cabeza.
A CIG defende a necesidade de poñer en marcha medidas para garantir que a enerxía sexa un auténtico servizo público
Somos pois subministradores de enerxía eléctrica para o resto do Estado e malia os custos sociais e ambientais do seu espolio, os nosos recursos non están ao servizo nin do pobo galego, nin do desenvolvemento industrial. Por iso a CIG defende a necesidade de pór en marcha iniciativas reais para garantir que sexa un auténtico servizo público que reverta no desenvolvemento económico e industrial do noso país, permita a creación de postos de traballo e combata a pobreza enerxética.

A central sindical lembra que as concesións hidráulicas son públicas e teñen que ter un final no que, segundo di a Lei de Augas, “as instalacións teñen que estar en perfecto estado de uso para que as xestione a administración pública, ben directamente, a través dunha empresa pública galega de electricidade, que sería o noso obxectivo, ou a través da administración, con empresas mistas. Pero en calquera caso xestionadas pola administración pública galega”.

Concesións desde o século XIX

Hai centrais hidráulicas cuxa concesión data do século XIX e que aínda hoxe seguen en mans privadas, logo de sufrir varias renovacións de concesións neste tempo. É o caso da concesión da central hidráulica de Fecha, no río Tambre, en Trazo, que foi concedida en 1895, s. XIX, e que vencía en 2017, pero foi ampliada en 2016 a través do subterfuxio de ampliación de potencia. Subterfuxio ao que “recorren as empresas eléctricas cando ven que lles vai rematar a concesión” e que consiste en “solicitar unha ampliación de potencia ou de caudal” para ir enlazando progresivamente os anos de concesións.

Por iso a CIG defende, a través desta ILP, reverter á xestión pública os saltos e aproveitamentos hidráulicos; a revisión de todas e cada unha das concesións galegas, para ver se están cumprindo as cláusulas establecidas nas mesmas e que, 3 anos antes de que remate unha concesión, a administración inicie xa os trámites administrativos previos para a súa reversión, evitando que regrese ao negocio privado.

O constante incremento dos prezos da electricidade “demostra que o actual marco regulatorio e tarifario común está sometido aos desexos das empresas eléctricas que actúan en réxime de oligopolio”. Así o considera o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, quen denuncia que isto “coloca na incerteza o futuro de moitos postos de traballo, provoca o aumento de familias que non poden pagar as facturas da enerxía e impide un desenvolvemento industrial en Galiza que cree postos de traballo e free a sangría da emigración”.

O plan de peche de Alcoa para a fábrica da Coruña é para a CIG “unha das máis claras, dramáticas e actuais manifestacións” desta situación. Está en risco unha factoría con preto de 400 postos de traballo, nun sector estratéxico como o do Aluminio. Máis tamén Ferroatlántica (que teima en especular coas centrais hidroeléctricas que explota) ten formulados ERTEs e pende a ameaza sobre o complexo industrial de Alcoa San Cibrao.

Unha situación que revela a urxente e inaprazábel necesidade de contarmos cunha regulación máis xusta e equitativa, que pasa pola aprobación dun estatuto do consumidor electrointensivo que rache coa incerteza que provoca a poxa do actual sistema de interrompibilidade e que compromete o futuro e a viabilidade da nosa industria de base.

Rescate dos saltos hidráulicos

Por iso a central sindical propón a creación dunha tarifa industrial estábel, con variacións predicíbeis, á que se poidan acoller as empresas electrointensivas, baixo o cumprimento dunha serie de requisitos, que recoñeza o estatus específico deste tipo de industrias grandes consumidoras de enerxía.

Fonte: Avantar. | Baixo Licenza Creative Commons by-nc-sa/2.5.

Novas relacionadas:

➤ A CIG rexistra no Parlamento de Galiza unha ILP para rescatar para o público os saltos e aproveitamentos hidroeléctricos. - 12.11.2018

➤ A CIG impulsa unha ILP para rescatar os saltos e aproveitamentos hidráulicos para o sistema público galego. - 25.10.2018 ____________

mércores, xuño 05, 2019

Miguel (borrasca explosiva), un convidado explosivo e inesperado que ‘varrerá’ Galicia en horas - Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Emerxencias, declarou a situación de alerta laranxa

Predición dos refachos máximos de Miguel, que poderán superar os 100 km/h, para o mediodía do xoves. Fonte: MeteoGalicia.
Miguel, un convidado explosivo e inesperado que ‘varrerá’ Galicia en horas. | Elevan o aviso a nivel laranxa debido aos fortes refachos de vento que a borrasca deixará durante a tarde do xoves na zona oeste.

Case ninguén esperaba a Miguel, pero parece que vai chegar con bastante forza a Galicia ás portas do verán, nun momento no que as cicloxéneses explosivas son moi pouco habituais. “É raro que se produzan nesta época do ano”, explica desde Galicia Juan Taboada. Engade que “estas borrascas explosivas sacan a súa enerxía do encontro das masas de aire polar (moi frío) co aire subtropical (moi quente); e a estas alturas, o normal é que as masas polares estean xa confinadas a latitudes moi altas”, expón o meteorólogo.

Non en tanto, o meandro da corrente en chorro ou jet stream, que adoita afectar en diversas ocasións a Galicia, ben sexa con aire frío ou cálido, sitúase nesta ocasión bastante ao sur, o que provoca a formación de Miguel. A súa intensidade, tal e como acordaron varias axencias meteorolóxicas europeas desde 2016, obriga a bautizala cun nome propio, co fin de advertir a poboación dos seus posibles efectos.


Mañá xoves teremos un temporal ocasionado por unha borrasca explosiva que pasará preto de #Galicia. É unha situación moi inusual nesta época do ano provocada polo descendo dunha masa de aire frío dende zonas polares. Atentos aos avisos @112Galicia https://t.co/795Ol1Dc28 pic.twitter.com/yQILYWoZ1P

— MeteoGalicia (@MeteoGalicia) 5 de xuño de 2019
Miguel, pequeno pero intenso

Todos os factores conspiran“, resume Juan Taboada. Non en tanto, o pequeno tamaño de Miguel, a pesar da súa profundidade, obrigou a aumentar os niveis de aviso segundo os modelos foron afinando a súa exactitude. “Se non chega a pasar preto, nin nos teriamos enterado, pero ao achegarse máis, vaise notar”, contan desde MeteoGalicia.

A Axencia Estatal mesmo emitiu unha nota informativa na que eleva a predición de vento aos 120 quilómetros por hora “nas zonas máis expostas” que tamén se deixarán sentir no Cantábrico en canto Miguel continúe cara ao leste. Con todo, segundo a Aemet, “non se prevé que o centro da borrasca chegue a alcanzar a costa, sendo probable que a súa traxectoria pase a 150 quilómetros do litoral galego, dirixíndose posteriormente cara á Bretaña francesa e o sur de Inglaterra”. Advirte ademais a Aemet do “grao de incerteza” de Miguel pola súa propia natureza de cicloxénese explosiva.

Proceso de cicloxénesis explosiva no Atlántico (Cantábrico) que dará pé á xeración e rápida penetración da #borrascaMiguel que afectará mañá xoves e venres a primeiras horas ao norte peninsular. Avisos: https://t.co/ALPYQVKKbJ pic.twitter.com/MkoHc7vvzv

— SINOBAS (@AEMET_SINOBAS) 5 de xuño de 2019

Polo tanto, o paso de Miguel será notable. MeteoGalicia e Aemet elevaron na mañá do mércores o aviso ao nivel laranxa en todo o territorio das provincias de Pontevedra e A Coruña entre as 12 do mediodía e as 6 da tarde do xoves. Pola súa banda, a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Emerxencias, declarou a situación de alerta laranxa, polo que se recomenda extremar as precaucións durante este lapso de tempo.

Os refachos superarán os 100 quilómetros por hora en bastantes zonas. Ademais, hai aviso amarelo no oeste da Coruña e toda a provincia de Pontevedra por chuvias que poderían superar os 15 litros por metro cadrado nunha hora ou, no caso do occidente coruñés, os 40 litros en 12 horas.

Fonte: GCiencia - 05.06.2019 (Ciencia+Xornalismo+Divulgación). | Un sitio na rede de moito interese e en galego, non deixar de visitar.

https://www.gciencia.com/
_______________