martes, xullo 13, 2021

Ferrol e Vigo: entre concellos sostibeis? ... Por Iolanda Teixeiro Rei - ...imposibel que sustitúan o petróleo e demais combustibeis foseis cos niveis de consumo actuais


Iolanda Teixeiro Rei [*]
13.07.2021


FERROL E VIGO: ENTRE CONCELLOS SOSTIBEIS?

Desprazarnos en transporte ecolóxico de Ferrol a Vigo é, canda menos, un deporte de risco. Como o tren Ferrol-Vigo é un relicto daquela primeira locomotora que louvara Curros cal símbolo do progreso decimonónico, non queda outra  que ir en bus ate Coruña e alí coller o tren cara a cidade de os luns ao sol. Estes atrancos ocorren entre concellos que din estar na mobilidade sostibel e na loita contra o cambio climático. Que pouco custa se vestir de verde!  A palavra sostibel é o novo talismán do mercado.

Na estación de Urzaiz están a crear un mastodonte de Intermodal que, máis que estación, promete ser outro grande centro comercial coas marcas transnacionais de rigor. O mastodonte branco leva no seu ventre unhas longas escaleiras elétricas, esa versión tecno das serpes chuchonas da nosa tradición, para acceder ás catacumbas dos cais ou plataformas dos camiños de ferro. Aínda non se decataron de que as obras faraónicas non só son un derroche nun mundo de pobreza enerxética senón que tampouco resultan eficientes pois as distancias a percorrer, aínda eletrificadas, son tan grandes que distraen do obxectivo para o que foron creadas, desprazármonos,  facéndonos perder o máis valioso na vida, o tempo. Algúns defenderán que son necesarias para portar as pesadas maletas sen se decatar de que existen as rampas sen eletrificar e que xa hai milenios que se inventou a roda anque custara barro e fariña aplicala ás maletas.

O caso é que havía que presentar en Vigo un livro saído do 1º Congreso da Rede para o Decrecemento Eo-Navia/Galiza/O Bierzo titulado: Decrecemento. Construindo alternativa na livraría Cartabón e xusto á mesma hora do partido de fútbol España-Italia. Há que ter afouto!. Mais todos ficamos pasmados do cheo de público. Alí, mentres España perdía, nós debatiamos sobre a pobreza enerxética, o espolio das comunidades e os recursos territoriais para a falsa transición enerxética do capitalismo verde,  sobre o perigo das antenas 5G, os límites do planeta, a emerxencia climática... Houvo acertadas críticas contra o tecno-optimismo xeralizado e a volta á normalidade do derroche aínda no cerne dunha pandemia cuxo acontecemento non foi máis do que a crónica dunha morte anunciada. Volveuse a suliñar, outravolta, a diferenza entre tecnoloxía e enerxía, o eterno tema ignorado polos medios de comunicación e a clase política, incluído o ministerio de Transición enerxética. De que vale o carro elétrico, a lavadora… sen enerxía para que funcione?. O gran tabú da escaseza enerxética séguese agochando á cidadanía. Porque do contrario os Fondos de Recuperación Next Generation non se malgastarían en macroestruturas e megaproxectos de renovabeis (macroparques eólicos, megaprantas de paneis solares…) que venden como verde o que non o é para lucrar aos mesmos oligopolios elétricos que manteñan en vela a tantas familias.
 
Como di Pedro Prieto, vicepresidente da Asociación para o Estudo dos Recursos Enerxéticos (AEREN), nin o hidróxeno nen o litio son fontes de enerxía senón, e no mellor dos casos, só vectores enerxéticos ou transportadores da mesma, evidentemente sempre con perdas. E aínda agochando o neocolonialismo que implica o saqueo das reservas de auga, materias primas e terras raras e a destrución de territorios e as súas comunidades será imposibel que sustitúan o petróleo e demais combustibeis foseis cos niveis de consumo actuais. Co que Reducir e Repartir devera ser a bandeira dunha política racional dunha esquerda hoxe ausente.

Así, malia que inzemos a nosa Terra de xigantescos muíños de vento para regalar a nosa enerxía eólica aos centros urbanos e que sigan a derrochar eletricidade en luxos innecesarios esquecendo o futuro dos seus propios fillos, mesmo así non será dabondo para poder descarbonizar este noso mundo de irracional consumismo e desigualdade.

E todo isto veu a conto da presentación dun livro saído dun rico e participado congreso dunha Rede que pretende sentar as bases para artellar o Decrecemento nos territorios da nosa biorrexión do Eo-Navia/Galiza/ O Bierzo, procurando ser fío conductor dunha proposta global para o futuro da humanidade, en arelas de continuar o debate aberto e participativo.

Entrementres, o alcalde de Vigo, cegado por unhas luces ben pouco ilustradas, na Gran Vía, a colocar escaleiras elétricas de subida cara o coñecido Corte comercial. A fame e a obesidade, as dúas facianas dun mundo entolecido que pretende salvar as encostas do progreso eletrificando o propio colapso.

[*] Iolanda Teixeiro Rei. Secretaria de organización de LiGanDo-LGD. Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Diario Nós.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
12 de julho de 2021 18:42

_______

Escribo aos meus colegas con formación en medicina e en psicoloxía, ... Por Elizabeth Tarrío - Escribo aos colexios profesionais que nos representan - Estase propiciando a estigmatización e o repudio non só ao coidado da saúde mental, senón a profesionais


Por Elizabeth Tarrío [*]
12.07.2021


Escribo aos meus colegas con formación en medicina e en psicoloxía


Escribo aos colexios profesionais que nos representan

Escribo sorprendida polo silencio xeneralizado dos nosos gremios ante o que está sucedendo. Silencio; cando non complicidade aberta

O que se supón que nos move nas nosas profesións é o beneficio de quen confían o seu saúde ás nosas mans. E estamos traizoando esa confianza deixando que se prexudiquen moitas persoas.

Estamos permitindo e validando a difusión de teorías acientíficas e a súa tradución en políticas e leis, tales como as coñecidas como leis "trans" [1], que prexudican a saúde principalmente da infancia e da poboación en xeral.

Estamos permitindo que se difunda a idea de que unha atención adecuada da saúde mental é "patologizar" ás persoas e que ser avaliado e atendido por profesionais con formación e acreditación é pouco menos que someterse a unha tortura.

Estamos permitindo que se denigre o labor que exercemos nas nosas profesións.

Estamos permitindo que nos impoñan teorías absurdas e limiten as nosas actuacións diagnósticas e terapéuticas, que están enfocadas en aras do benestar de quen atendemos.

Estamos permitindo que nos obriguen a realizar accións médicas innecesarias e até nefasto para as e os pacientes, so pena de recibir sancións desmedidas en caso de negarnos.

Entendo que hai poderosos intereses económicos detrás. Das grandes farmacéuticas, de clínicas e profesionais que poden estar lucrándose sen escrúpulos. Pero non é este o caso da maioría. Por iso non se entende este modo de actuar, esta obediencia cega e acrítica coa que nos estamos deixando impoñer dogmas e leis.

É seica a comodidade da ignorancia deliberada, ao preferir mirar para outro lado?

É seica medo, ante as ameazas de insultos e acoso por quen consideran que cuestionar as súas doutrinas é politicamente incorrecto?

"Despatoloxizar ás persoas trans" é a xustificación e a escusa á que se está recorrendo para rexeitar e desprestixiar os informes médicos e psicolóxicos.

Argumentan que solicitar un certificado médico supón vitimizar e sinalar a alguén como doente. De ser isto certo cabería eliminar ese requisito tamén para sacarse o carné de conducir, opositar a bombeiro ou policía, optar á adopción, portar armas, exercer determinadas profesións, acreditar unha discapacidade, etc. A certificación médica e/ou psicolóxica e os informes periciais son en realidade unha garantía, tanto para a persoa que os solicita como para a sociedade, de que se están levando a cabo procesos adecuados ás casuísticas que se presentan.

Estase confundindo patoloxizar con estigmatizar. E o que hai que desestigmatizar son os problemas de saúde mental, que podemos padecer calquera en maior ou menor grado e que requiren atención e coidado especializados. A valoración meticulosa e exhaustiva por profesionais é sempre algo beneficioso, que debería ser visto como normal e, no caso dunha persoa que sofre por non sentirse a gusto co seu corpo, é máis que necesaria.

Estase propiciando a estigmatización e o repudio non só ao coidado da saúde mental, senón a profesionais con coñecementos especializados e anos de formación científica ás súas costas.

Padecer disforia ou incongruencia [2] entre o sexo que posúes e o xénero que dis sentir, co consecuente rexeitamento ao teu propio corpo, co malestar e sufrimento que isto implica, é un trastorno que require atención psicolóxica adecuada, non algo natural e innato, como nos están querendo vender. De feito, as propias persoas con disforia de xénero demandan axuda e acompañamentos profesionais acordes cos seus procesos. Este empeño "despatologizante" tradúcese en desatención e negación ao dereito á atención da súa saúde mental. Calquera que se someta a algo tan radical como un cambio de sexo, ate aínda que só fose a nivel social, necesita unha avaliación e acompañamento psicolóxico e médico. Máis aínda no caso de comezar un tratamento e cirurxías que terán consecuencias para o resto da súa vida.

As propias persoas con disforia de xénero demandan axuda e acompañamentos profesionais acordes cos seus procesos.

Si unha persoa presenta unha condición de vulnerabilidade debe acreditala, evitando así todo abuso e salvagardando o adecuado funcionamento dos servizos públicos e recursos do Estado. E un problema de saúde psicosocial ten que ser certificado por profesionais da saúde e equipos psicosociais. Calquera certificación dun diagnóstico que entra no campo da medicina e a psicoloxía, que exclúa a estes profesionais, vulnera os códigos deontolóxicos, ningunea á ciencia e colócase nunha posición negacionista e de desprezo ao coñecemento profesional, ademais de implicar intrusismo profesional.

Actualmente xa existe en España unha lei que permite o cambio do sexo rexistral ás persoas con disforia. O único requisito legal é o informe médico que acredite dita disforia e a persistencia desta durante polo menos dous anos. Non se requiren cirurxías nin hormonación, xa que esta pódese omitir no caso de que a persoa alegue motivos de saúde para non someterse a ela.

Si este procedemento ten fallos de forma, o que hai que facer é corrixir eses fallos, non eliminar o requisito permitindo que a soa palabra da persoa teña validez legal. Seguindo esta lóxica eliminaríanse a gran maioría dos requisitos e procedementos xudiciais actualmente vixentes.

Oxalá se pedisen máis informes psicolóxicos. Deberían realizarse valoracións psicolóxicas exhaustivas e periódicas, por exemplo, a educadores, curas, traballadores sociais, a toda persoa antes de someterse a unha cirurxía estética, a quen traballamos na saúde, etc.

Nesta proposta de lei non só elimínase a obrigatoriedade do diagnóstico de saúde mental como requisito para recoñecer legalmente a chamada "identidade de xénero" de calquera persoa, senón que ademais limítase a nosa autonomía profesional mediante a prohibición de exames que puidesen ser necesarios e a ameaza velada de cualificar de terapia de conversión ou de "anulación da identidade de xénero" calquera intento de afondar na orixe desa disforia, pasando por alto comorbilidades que, principalmente en menores, demostrouse que puidesen causar per se ou agravar a discordancia de xénero, tales como depresión, trastornos do espectro autista, trastornos de alimentación, ser vítima de violencia, bullying, abusos físicos ou sexuais. Pásanse por alto tamén a quen padecen enfermidades mentais e ata a simuladores que puidesen obter algún beneficio do feito de declararse "trans". Ate se expresa textualmente en dita proposta que "a existencia de enfermidades psiquiátricas previas non obsta a validez do consentimento para levar a cabo a transición", obviar incluso a existencia previa de enfermidades psiquiátricas nas que puidese estar alterada a autopercepción, co consecuente prexuízo para a persoa afectada.

Xa fai tempo que se preme ao profesional sanitario a actuar nunha única vía ante a disforia de xénero: afirmar que realmente alguén naceu nun corpo equivocado ao que hai que modificar segundo o que requira. Sen afondar nas posíbeis causas dese malestar, sen suscitarse a opción de reconciliación e aceptación da súa realidade material, que sería o ideal: axudarlle a amar e aceptar o seu corpo de existir esa posibilidade. A diferenza é que agora esta presión pode traducirse nunha lei, na cal propóñense multas e sancións desmedidas para quen, baseado na súa ética e coñecementos científicos, se cuestione outro tipo de actuación. Isto podería supoñer incluso a inhabilitación profesional.

En calquera actuación médica as intervencións máis invasivas aplícanse unha vez esgotáronse as demais posibilidades. Este é un dos principios básicos da nosa deontoloxía profesional: causar o menor dano posíbel. Con todo, na atención aos casos de disforia estase actuando ao revés, priorizando medicamentos con múltiples efectos adversos e cirurxías irreversíbeis á atención psicolóxica.

Preténdese dispoñer de sanitarios "á carta", limitándolles á hora de diagnosticar e tratar acorde á súa formación e coñecemento profesionais, obrigándolles a receitar medicamentos e realizar cirurxías a quen o solicite, "respectando a progresión e itinerario" que a propia persoa marque segundo o seu desexo, colocándolles así no papel de expendedores de medicamentos e cirurxías sen ningún criterio propio.

Outra das propostas desta lei é que na documentación oficial apareza o sexo sentido ou se omita a mención relativa ao sexo. Isto axuntado ao texto que se repite varias veces no borrador de que "en ningún caso" poden realizarse probas de verificación de sexo, pode dar lugar a erros diagnósticos e de tratamento importantes, como xa está sucedendo noutros países.

O sexo é un dato que importa moito á hora de atender a pacientes. Non só porque existen enfermidades propias dos órganos reprodutores, polo que unha muller transexual pode padecer de cancro de próstata, p.e. Senón tamén porque una mesma enfermidade pode presentarse de xeito diferente en homes ou mulleres, como é o caso do infarto ao miocardio, ou afectar máis a un sexo que a outro, como vimos co Covid, cuxa mortalidade é maior en homes.

Tamén se verían afectadas por esta lei as estatísticas de saúde, entre outras, dado que o sexo é un dato fundamental para estudar as enfermidades e promover políticas de saúde acertadas.

Contémplase nesta lei que menores desde os 16 anos poidan solicitar a rectificación rexistral do sexo, recordemos que sen ningún tipo de diagnóstico de disforia. Que ate desde os 12 anos póidao facer a través dos seus representantes legais, coa posibilidade, en caso de desacordo, da perda de custódiaa por parte destes. Sen ningunha valoración na cal descártese un trastorno do espectro autista, ou un trastorno alimentario, ou que estea sendo vítima de bullying ou de abusos sexuais; ou que estea sendo influenciado pola contorna e as RRSS, como se está vendo en moitos casos principalmente de pícaras púberes que, sen disforia previa, están realizando transicións ata en grupos de amigas, fenómeno exposto pola investigadora Lisa Littman co nome de Disforia de Inicio Rápido.

Dan por feito que esa persoa, de apenas 12 anos, posúe madurez suficiente para tomar unha decisión tan transcendental para o resto da súa vida, comprendendo os cambios irreversíbeis que a medicación e cirurxías van obrar no seu corpo san. Cando se demostrou que o cerebro humano non alcanza a madurez ate os 20 anos ou máis.

Así como recálcase a non necesidade de hormonarse nin de realizar ningún tipo de cambio corporal en adultos para ser considerados do outro sexo, expoñen que o tratamento hormonal no caso de menores de idade "comprenderá o uso de bloqueadores hormonais ao comezo da puberdade". Isto implica que ate desde os 9 ou 10 anos comecen a recibir un tratamento totalmente experimental, con efectos secundarios graves e irreversíbeis, e que inicien un camiño de dependencia para sempre de hormonas e cirurxías.

No caso de menores ten especial relevancia poñer en valor a súa capacidade de testemuño, capacidade cognitiva e volitiva, adaptación, etc. Non se comprende que esta casuística sexa a única onde se pretenda non salvagardar o seu benestar superior, máis aínda cando en países como RU, Irlanda ou Suecia, púxose de manifesto que estas políticas identitarias causaron moito dano, principalmente en mulleres moi novas, quen están destransicionando, con secuelas para sempre, debido a un mal diagnóstico e a un uso innecesario de medicación cando eran pícaras. É por isto polo que estes países están rectificando na recomendación do uso de bloqueadores hormonais en menores sans e priorizando a atención psicolóxica á transición de sexo indiscriminada.

Mentres tanto en España se desbota o valor destas experiencias, ignorando ademais que se demostrou en numerosos estudos, que máis do 80% de menores con incongruencia de xénero supéraa si permíteselles transitar a puberdade.

De aprobarse este borrador de lei prexudicaría non só ás mulleres ao poñer en risco os dereitos adquiridos en base ao seu sexo. Tamén á infancia, ao impedir o desenvolvemento das súas personalidades libres de arcaicos estereotipos de xénero que os encasillen e limiten e someténdoos a medicina experimental con graves consecuencias para a súa saúde. Ate a persoas transexuais, quen están sendo utilizadas con fins que non teñen nada que ver coas súas necesidades reais diluíndoas dentro dunha categoría difusa chamada "trans".

Como profesionais da saúde temos unha responsabilidade coa sociedade. Seguir mirando para outro lado, ignorando deliberadamente o que está ocorrendo, non só terá consecuencias materiais no noso traballo asistencial, senón tamén a nivel moral, xa que seremos en parte responsables de todo o dano que se está causando, principalmente á infancia.

Cando dentro de dez anos, ou máis, atopémonos cara a cara con miles de persoas con secuelas irreversíbeis consecuencia de mala praxe médica, poderemos dicirlles que, polo menos, intentamos parar todo este sinsentido?

Fonte: TribunaFeminista - ElPlural - 07.07.2021

[*] Elizabeth Tarrío. Médica do Servizo de Urxencias Canario e integrante do grupo de Saúde, infancia e detransicións da Alianza Contra o Borrado das Mulleres. | @ElizabethTarrio.

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
12 de julho de 2021 08:50

http://lupeces.blogspot.com/

_______

[1] Documentación: O anteproxecto finalmente é unha fusión das dúas propostas lexislativas sectoriais nas que estaba traballando o Ministerio de Igualdade: unha Lei Trans e unha lei LGTBI. Así, pasa a denominarse Anteproxecto de Lei para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI. Que foi aprobado polo Consello de Ministras e Ministros, para pasar ao trámite parlamentario. | 29 de Xuño de 2021.  | Acceder/Baixar.

Documentación extensa. | Acceder/Baixar.


[2] Dumentación: Disforia / Incongruencia (Discordancia) de Xénero (CIE-10 e CIE-11). | Acceder/Baixar
.
_______

María Amigo Regueiro, Bioloxía Mariña e educadora ambietal de Adega, denuncia a contaminación das rías galegas e a importancia que teñen os plásticos e microplásticos na contaminación do fondo mariño - Unha moi interesante entrevista para a sección de Medio Ambiente do periódico escolar SCQ+2021 - Vídeo


Lorenzo Baluja Botana e Carmen Nuñez Taboada, do equipo de alumnado de 1º de ESO do IES Rosalía de Castro, entrevista para a sección de Medio Ambiente do periódico escolar SCQ+2021 á bióloga e activista de ADEGA para falar sobre os perigos que ameazan a fauna mariña.

María Amigo Regueiro, graduada e Máster en Bioloxía Mariña pola Universidade de Santiago de Compostela, denuncia a contaminación das rías galegas e a importancia que teñen os plásticos e microplásticos na contaminación do fondo mariño. Tamén é destacábel a súa colaboración na asociación ADEGA e a súa participación en moitas iniciativas como, por exemplo, o Proxecto Ríos. A bióloga tamén denuncia as pescas excesivas e a importancia da participación e implicación da xente nova no coidado das especies mariñas en perigo.


Ferrolterra-Trasancos
adegatrasancos@adega.gal
Apartado 481
15480 Ferrol
http://adega.gal/

Enviado por:
Miguel Anjo -Delegado de Adega-Trasancos
-adegatrasancos@adega.gal-
13 de julho de 2021 02:13

_______

luns, xullo 12, 2021

Liquar o sexo (I), ... Por Lupe Ces


Por Lupe Ces [*]
12.07.2021


LIQUAR O SEXO (I)

Ante umha lei que propom cámbios tam fundamentais como é o borrador [1] da chamada Lei Queer ou Lei Trans, na súa elaboraçom deveram ter participado umha ampla representaçom social, escoitado e debatido o suficiente antes de iniciar o trámite parlamentar, que vai estar moi mediatizado polo frágil equilíbrio de forças que sustentam o governo de Sánchez.

Porque este borrador que pretende chegar a ser Lei, nom atinge como se fai crer, só às pessoas transexuais, ou às pessoas transgénero, é umha lei que pretende que o sexo biológico perda todo valor jurídico, estatístico, que deixe de ser factor de variáveis de investigaçom ou tratamentos científicos e médicos, e base sobre a que se construiram todas as leis que blindam direitos e protecçom às mulheres.... para converte-lo num desejo, algo como experiência individual vivida, e que só a vontade pode determinar.

A proposta tem umha repercusom suficientemente importante para que a separemos quando menos do discurso fácil, mas desejável como objetivo, de "que cada quem seja o que queira" ou do discurso trampulheiro que assegura que a lei Queer vem blindar DDHH de este ou daquel coletivo. Da pouca vontade para o debate dam fé o numeroso articulado de infracçons e sançons, e organismos especificamente criados para fazê-la cumprir.

Cambiar o sexo biológico nom é um direito humano, além de ser impossível, mas cambia-lo no registro civil sim é possível, desde o ano 2007, para todas as pessoas que documentam disfória de género [2] mantida ao longo de dous anos. Poder fazê-lo deste jeito blindava o direito das pessoas transexuais a acompanhar umha vivencia de disfória ou incongruência de género, com as maiores garantias e apoio, mentres se protegía a categoria “sexo biológico”, nom o "sentido", pola utilidade social que isto supóm, como o é a idade por ejemplo.

Se este cambio tem um interesse, em quanto à sua repercussom no conjunto social, na vida das mulheres as consequências som imensas e todas negativas. O sexo biológico é a base da opressom que em todo o planeta sofrem mulheres e nenas, porque o sexo mulher, trae de série umha hierarquia, umha serie de roles, estereótipos, valores, convencionalismos, crenças..., que vam marcar o que se aguarda delas e o lugar que a sociedade lles reserva, um lugar subordinado no melhor dos casos, um lugar onde habitam a violência, a explotaçom sexual e reprodutiva para a maioria. A essa mochila que se carga ao nascer mulher, é à que o feminismo chama "género" e ao que esta lei quer outorgar estatus de identidade.

O feminismo leva dous séculos intentando desfazer-se dessa mochila. Dizendo algo tam singelo como que um mundo habitável para as mulheres será aquel no que o sexo biológico nom traia aparelhado desigualdade. Por isso esta lei inspirada na ideia de que ser mulher é um sentimento, contradíz a analise feminista e nos reduz a simples vontades expressadas sobre estereótipos.

O que di o feminismo que se opóm valentemente a este borrador, porque já se nos deu envolta num discurso vitimista e carregado com poucos argumentos e muita emotividade, devera ser escoitado e tido moi em conta, nom porque ao dia seguinte da sua aplicaçom haja milheiros de varóns fazendo cola para cambiar o sexo registral (ainda que nos Jogos de Japón já algumhas mulheres desportistas caiam do pódio, por nomear algúm dos efeitos mais imediatos deste tipo de leis vigentes nalguns estados), senom porque abre a porta a umha sucessom de consequências em cadeia, que outros países estam constatando, e nos debuxam um modelo social onde, a opressom das mulheres fica obscurecida que nom eliminada, e o corpo, passa a ser mais que nunca território do mercado.

[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1958, pertence à directiva de  AGAMME. É mestra xubilada, feminista e activista social (serviços públicos, água, remunicipalizaçom, medio ambiente...). Forma parte do Colectivo Ártabra 21.  Blogue persoal: Caranza free opiniom | Facebook | Twitter.

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
10 de julho de 2021 18:52

http://lupeces.blogspot.com/
_______

[1] Documentación: O anteproxecto finalmente é unha fusión das dúas propostas lexislativas sectoriais nas que estaba traballando o Ministerio de Igualdade: unha Lei Trans e unha lei LGTBI. Así, pasa a denominarse Anteproxecto de Lei para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI. Que foi aprobado polo Consello de Ministras e Ministros, para pasar ao trámite parlamentario. | 29 de Xuño de 2021.  | Acceder/Baixar.

Documentación extensa. | Acceder/Baixar.


[2] Dumentación: Disforia / Incongruencia (Discordancia) de Xénero (CIE-10 e CIE-11). | Acceder/Baixar
.
_______

Non queremos un parque eólico na porta da casa. De un veciño de Anca (NEDA), ... Por André Abeledo Fernández - Ademais do demostrado impacto sobre a saúde, ou o ruído, está tamén o impacto sobre o valor patrimonial das vivendas e dos terreos, o impacto medioambiental sobre a fauna, e o brutal impacto paisaxístico


Por André Abeledo Fernández [*]
12.07.2021


Non queremos un parque eólico na porta da casa. De un veciño de Anca (NEDA)

Son veciño de Anca e non vou a permitir que os intereses económicos arruínen a miña terra e supoñan hipotecar o futuro dos meus fillos.

Fai días que me decatei que vanme poñer un xigantesco muíño eólico ó lado da casa, un muíño a menos de 300 metros da casa da miña irmá.

Unha ilegalidade de saída, porque a lei marca que a distancia mínima, xa só por motivos de saúde son 500 metros, outras 20 vivendas están na mesmas situación que a casa da miña irmá.

Ademais do demostrado impacto sobre a saúde, ou o ruído, está tamén o impacto sobre o valor patrimonial das vivendas e dos terreos, o impacto medioambiental sobre a fauna, e o brutal impacto paisaxístico.

Por isto e moito máis, como veciño de Anca, estou disposto a defender a miña terra, os meus dereitos como veciño, e tamén o futuro da miña parroquia e do meu concello.

Porque os meus fillos teñen tamén dereito a herdar unha terra a que aman tanto como eu.

É importante que os veciños fagamos alegacións a este mega proxecto que unha vez máis non pensa na vida dos veciños do rural, e tan so esta a pensar no beneficio económico.

BAIXO O LEMA "NEDA DI NON AO PARQUE EÓLICO CAAVEIRO" reunimonos uns 300 veciños/as que acudimos a palestra de Ana Martina.

Unha palestra organizada polas AAVV de Anca, O Roxal, Viladonelle, Ancos, xunto con PETÓN DO LOBO na pista de Anca.

Ditas AAVV promoven a creación da "Plataforma veciñal NEDA DI NON AO PARQUE EÓLICO" para loitar contra este megaproxecto  que ameaza con destruír a nosa forma de vida, o noso presente e o noso futuro.

Sen dúbida precisamos de ser solidarios, isto é unha loita de todas e todos, debemos esixir aos gobernos municipais que poñan os medios, que se poñan diante, que fagan un esforzo, que recuperen o tempo perdido.

O compromiso do Concello de Neda na boca do Alcalde de poñerse ao fronte desta loita é sen dúbida unha boa noticia, non podía ser menos, toca defender os intereses da veciñanza.

O comenzou necesario da loita son as alegacións.... despois a loita vai seguir, será longa, e sobre todo é unha loita de todos.

O pobo é quen máis ordena!







[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Membro da Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
11 de julho de 2021 22:55

_______

Centos de persoas piden 'xustiza para Samuel' polas rúas da Coruña - A cidadanía xúntase para reivindicar que 'non morreu, foi asasinado'. Aliás, demanda pór fin ao discurso do 'odio e a indiferenza'


Centos de persoas piden "xustiza para Samuel" polas rúas da Coruña

A cidadanía xúntase para reivindicar que "non morreu, foi asasinado". Aliás, demanda pór fin ao discurso do "odio e a indiferenza".

Centos de persoas -mesmo perto de 3.000 segundo a organización-, con todo tipo de perfís pois o crime uniu a sociedade coruñesa baixo unha mesma demanda, volveron este domingo ás rúas da Coruña para reclamar xustiza para Samuel Luiz, o rapaz de 24 anos asasinado na madrugada do pasado sábado debido a unha brutal malleira.

Chamadas por entidades do colectivo LGTBQI+, concentráronse antes das 19.30 horas na praza da Palloza para amosar o seu rexeitamento ao crime, con independencia de que o móbil continúe sen ser aclarado polas autoridades nunha investigación baixo segredo.

Rieiros de veciñas e veciños -entre as que se atopaban caras coñecidas da política local e tamén profesionais de medios españois, ademais dos galegos, achegáronse ao punto de encontro até última hora levando con orgullo a bandeira do arco da vella.

Escoltada pola Policía Local e a Policía Nacional, a xente comezou a camiñar (máis tarde da hora estipulada) cara a praza de María Pita, que acolleu a concentración masiva da pasada segunda feira, ao grito de "Non son mortes, son asesinades" nunha linguaxe inclusiva.

Na pancarta que ía diante podíase ler "Ante o odio e a violencia, non mostres indiferenza. #XustizaParaSamuel" e nos carteis individuais deixáronse escritas mensaxes tan reveladoras como "Seguimos protestando porque seguennos matando" e "Os dereitos humanos non son obxecto de debate" e tan irónicas como "Ana Rosa. Cala parva".

Outras das consignas que berraba a cidadanía durante a manifestación, que no momento desta publicación aínda continuaba, foron "Se tocan a unhe, tócannos a todes"; "Rebelión, desobediencia"; "Samuel, irmán, non estás só" ou "Non morreu, foi asasinado".

Proba de que este tipo de accións aínda son necesarias na sociedade actual son anécdotas vividas na previa da marcha, pois familias consideradas normativas que querían participar da loita polos dereitos de Samuel indicaban ao mesmo tempo onde colocarse aos fillos afirmando "ti aquí, cos normais" impoñendo estar xunto a persoas que, quizais para esas unidades familiares, escapaban do arquetipo de persoa LGTBQI+.

Campañas a prol da xustiza e da lembranza

A concentración de protesta fora anunciada por varias agrupacións do colectivo LGTBQI+ en homenaxe a Samuel e para reclamar xustiza polo crime pero tamén coma unha reacción “ante o odio e a indiferenza”.

A LGBTIfobia non só vén en grupo a dar malleiras, ás veces tamén actúa a porrazos, co uniforme e o casco posto, ou ninguneando e desprezando desde comisarías e xulgados ás vítimas de agresións LGBTIfóbicas por parte desta xustiza patriarcal e reaccionaria. Imos pelexar e organizarnos contra as agresións LGBTIfóbicas, non só a defendernos”, sinalaron nun comunicado para dar a coñecer a convocatoria.

Ademais deste tipo de actos reivindicativos tamén está en marcha unha campaña de recollida de sinaturas para intentar que o Concello da Coruña mude o nome da avenida de Buenos Aires por Samuel Luiz, en lembranza deste traballador da residencia de maiores de Padre Rubinos que foi nesa rúa.

Fonte: Nós Diario - 11 de xullo de 2021.

Foto: Un momento da manifestación desta tarde. (Foto: Nós Diario)

Faite Asinante de Nós Diario
_______

A 'Disforia de Xénero' (Trastorno) clasificada así pola OMS no CIE-10, a partires do 1 de xaneiro de 2022, na nova CIE-11, será mencionada como 'Discordancia de Xénero' (Condición de Saúde) - Definición da OMS da discordancia de xénero


Definición da OMS da discordancia de xénero

O que na anterior CIE-10 era "Disforia de Xénero" clasificada dentro do Capítulo IV, de Trastornos Sexuais e Saúde Sexual (Trastornos ou enfermidade), a OMS acordou clasificar, na nova CIE-11, como "Discordancia de Xénero" dentro dun novo Capitulo XVII, de Condicións relacionadas coa saúde sexual (Condición de Saúde) que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2022. O que axudará na redución do "estigma cara a esta poboación, asegurando ao tempo a atención de calidade para a transformación corporal segura e baixo supervisión médica que podería requirirse".

Que é a 11ª Clasificación Internacional de Enfermidades (CIE-11) da OMS?

A undécima edición da Clasificación Estatística Internacional de Enfermidades e Problemas de Saúde Relacionados (CIE-11) [1] é un documento que proporciona datos e vocabulario estandarizados para axudar a diagnosticar e monitorizar problemas de saúde en todo o mundo. Inclúe códigos revisados da anterior versión, a CIE-10. Os profesionais da saúde utilizan o sistema internacional de códigos para clasificar unha enfermidade ou condición de saúde para usos múltiples. Estes códigos revisados espérase que impacten nas provisións de coidado e financiamento da saúde dos Estados.

A CIE-11 foi aprobada o 18 de xuño de 2018 e entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2022 para substituír a anterior clasificación (a CIE-10), que está en vigor desde 1990. Xa que logo, é importante sinalar que en calquera caso a CIE-11 non se atopa en vigor aínda.

Que di a CIE-11 sobre a transexualidade?

A Clasificación Internacional de Enfermidades da OMS de 2018 (CIE-11) continúa incluíndo a transexualidade no seu articulado, aínda que cun término diferente e baixo outro epígrafe que a anterior CIE de 1990: a CIE-11 extrae a "disforia de xénero" do "Capítulo sobre Trastornos Mentais e do Comportamento", pasando a chamala "discordancia de xénero" e a situala debaixo dun epígrafe titulado "condicións relativas á saúde sexual".

Ademais, é importante subliñar que o articulado da OMS segue falando a necesidade dun diagnóstico para determinar a "discordancia de xénero". Igualmente, a OMS tamén sinala que a discordancia de xénero, no caso do seu diagnóstico na infancia, debe "persistir aproximadamente durante dous anos". Precisamente a Lei de 2007 actualmente vixente en España refírese a un proceso de seguimento de polo menos dous anos de duración que son necesarios antes de aceptar o cambio rexistral do sexo nos documentos.

A CIE-11 da OMS tamén apunta: "As variacións no comportamento de xénero e as preferencias non son por si soas unha base para determinar o diagnóstico". Isto é importante porque abunda no feito de que o diagnóstico require o máximo rigor e xa que logo o mero comportamento da infancia e as persoas adultas en contra dos roles convencionais de xénero non pode utilizarse para diagnosticar a discordancia de xénero.

Tamén é relevante sinalar que mentres que a 10ª Clasificación Internacional de Enfermidades, que entrou en vigor en 1990, eliminou a homosexualidade da súa articulado, a 11ª Clasificación continúa incluíndo a transexualidade na súa articulado, aínda que sexa co término "discordancia de xénero" e baixo outro epígrafe.

Definicións da "discordancia de xénero" na CIE-11

As definicións da OMS na CIE-11 relativas á discordancia de xénero inclúense de forma literal a continuación:

Definición de discordancia de xénero [2]:

A discordancia de xénero caracterízase por unha marcada e persistente discordancia entre o xénero experimentado da persoa e o sexo asignado. As variacións no comportamento de xénero e as preferencias non constitúen por si soas a base para asignar os diagnósticos neste grupo.

Definición de discordancia de xénero na adolescencia ou adultez [3]:

A discordancia de xénero na adolescencia ou adultez caracterízase por unha discordancia marcada e persistente entre o xénero experimentado pola persoa e o sexo asignado, o que a miúdo conduce a un desexo de "transición" para vivir e ser aceptada como unha persoa do xénero experimentado, xa sexa por medio dun tratamento hormonal, intervención cirúrxica ou outros servizos de saúde, para que o corpo poida aliñarse, tanto como o desexe e na medida do posible, co xénero experimentado. O diagnóstico non se pode facer antes do inicio da puberdade. As variacións no comportamento de xénero e as preferencias non constitúen por si soas unha base para determinar o diagnóstico.

Definición de discordancia de xénero na infancia
[4]:

A discordancia de xénero na infancia caracterízase por unha discordancia marcada entre o xénero experimentado ou expresado e o sexo asignado en nenos re nenas prepúberes. Inclúe un forte desexo de ser dun xénero diferente ao do sexo asignado; unha forte aversión por parte da nena ou do neno a súa anatomía sexual ou ás características sexuais secundarias previstas, ou un forte desexo por ter as características sexuais secundarias primarias ou previstas que coinciden co xénero experimentado; e xogos imaxinarios, xoguetes, xogos ou actividades e compañeiros de xogo que son típicos do xénero experimentado en lugar dos do sexo asignado. A discordancia debe persistir aproximadamente durante dous anos. As variacións no comportamento de xénero e as preferencias non son por si soas unha base para determinar o diagnóstico.

[1] CIE-11 (who.int).

[2] Discordancia de xénero (who.int).

[3] Discordancia de xénero na adolescencia ou adultez (who.int).

[4] Discordancia de xénero na infancia (who.int).

Fontes: CIE-11 | FAMSD .

_______

O Presidente da República de Cuba Miguel Díaz-Canel, comparece para rexeitar a campaña difamatoria e de descrédito promovida polo Goberno dos Estados Unidos contra Cuba a través do recrudecimiento do bloqueo, e a incitación á desorde pública, no medio da batalla contra a Covid-19 que emprende o país


Primeiro Secretario do Partido Comunista de Cuba e Presidente da República Miguel Díaz-Canel Bermúdez compareceu hoxe en transmisión especial na TV nacional para rexeitar a campaña difamatoria e de descrédito promovida polo Goberno dos Estados Unidos contra Cuba a través do recrudecemento do bloqueo, e a incitación á desorde pública, no medio da batalla contra a Covid-19 que emprende o país.

Que ditadura é esta que trata de salvarlle a vida ao pobo, que buscou custe o que custe producir vacinas propias para combater a pandemia malia as limitacións de diñeiro.

Onde están os desaparecidos en Cuba?, Onde están os asasinados en Cuba?...

En Cuba as rúas son dos Revolucionarios? os que están alentando á desorde non queren para o país un ben de saúde, nós non imos entregar a soberanía nin a liberdade do noso pobo, estamos disposto a todo e imos combater nas rúas? estamos convocando a todos os revolucionarios do país a enfrontar estas provocacións con decisión e valentía?


Subscríbeche á nosa canle de Youtube para máis noticias de Cuba
http://bit.ly/cviCuba

Síguenos nas nosas redes sociais para estar actualizado
https://twitter.com/CVInternacional
https://www.facebook.com/CubavisionInternacional

#Cuba #CVInternacional

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
11 de julho de 2021 22:57

_______










domingo, xullo 11, 2021

Marchou Agulló. Até sempre gaiteiro!


Marchou Agulló. Até sempre gaiteiro!

Passam os anos e com eles vamos inevitavelmente perdendo companheiros e companheiras. Esta noite a nossa Comarca e a Galiza inteira perdeu um dos grandes mestres gaiteiros.

Agulló foi um dos fundadores da Artábria que, como ele gostava de se gabar, tinha o cartom de sócio nº 1. Trabalhador reformado de Bazán, elaborou esse toldo que tantas vezes nos acompanhou no Festival da Terra e da Língua e em Pardinhas, e que ainda atualmente aproveitam os movimentos sociais de todo o país.

Agulló era comunista e um dos "bons e generosos". Amante da cultura e da nossa tradiçom. Um dos imprescindíveis.

Ficam mil e umha anédotas, muitas delas contadas da sua própria voz no documentário do XV Aniversário da Fundaçom Artábria.

A nossa entidade quer, nestes momentos de profunda tristeza, render pública homenagem ao nosso companheiro de tantos anos de luita, de entrega e de alegria de viver polo bem coletivo do povo galego, com umha posiçom inequivocamente de classe. Encaminhamos umha forte aperta à familia.

Que a terra che seja leve, companheiro!

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net
 
Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
 
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
11 de julho de 2021 18:29

_______