martes, xullo 20, 2021

Roteiro en 3D pola simulación do proxecto de Parque Eólico Brión - Doniños (Ferrol)


Roteiro en 3D pola simulación do solicitado Parque Eólico Brión, unha contribución da Plataforma Veciñal Monfero di Non, coa colaboración persoas e asociacións de cartógrafía, arqueoloxía, bioloxía, e outros perfís, de Galiza e do resto do Estado. 


Asociación Rural Contemporánea

https://monferodinon.wordpress.com/mapa/

#MontesDoCha #Doniños #Brión #Ferrol #mamoas #MonferoDiNon


#EolicaAsiNon
#NonInvasionEolica
#GalizaContraAmezaEolica
#EolicaAsiNon
#aldeaslibresdemacroeólicos
#Moratoriaeólica
#PorUnNovoModeloEolico
#aldeasconhorizonte
#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration

_______

O Ateneo Ferrolán presenta un novo número da revista Atenea (Nº 48 Xuño-Xullo-Agosto 2021)


O Ateneo Ferrolán presenta un novo número 48 da revista "Atenea"

Revista ATENEA nº48 - Xuño-Xullo-Agosto 2021

Nesta Revista Atenea do 3º trimestre de 2021, toca escribir unhas verbas sobre o Patrimonio do Ateneo Ferrolán, sobre todo para informar que, a partir de xullo e setembro, recibirase, no local social do Ateneo Ferrolán, os seus fondos patrimoniais. Quedando a disposición e gozo dos socios e demais cidadáns de Ferrol e a súa contorna, pero tamén mais aló. Os envíos encomezarán a partir do 7 de xullo e retomaranse o día 1 de setembro.

As travesías, sexan por mar ou por terra, aínda planificadas, poden sufrir reveses, algúns moi duros e dolorosos, que poden impedir continuar as mesmas, neste caso, houbo que superalos con decisións nada sinxelas e obrigados polo deixamento de quen non foi capaz de afrontar, con decisión, a superación dunha ruta que abocaba ao fracaso. A pesares das advertencias e avisos para corrixir o rumbo, os que tomaron as decisións do traslado non tomaron as medidas de precaución que eran necesarias para continuar a travesía a bo porto. Esta situación obrigou a trazar un novo rumbo para rescatar o esencial e verdadeiramente importante; o Patrimonio do Ateneo Ferrolán, e que este se custodiara na súa sede...

A recuperación do noso Patrimonio; Sendeirismo: cultura, deporte, turismo, breve comentario no xeodestino Ferrolterra, Eume e Ortegal; O Baxi Ferrol, en Zona Press; A casa natal de Carvalho Calero; Xela Arias desde a perspectiva feminista; Poesía...

#Ateneo #SomosCultura #SomosIlustración #Ferrol #Galiza

✅ Revista ATENEA nº48 - Xuño-Xullo-Agosto 2021. | Acceder/Baixar.

--
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
@ateneoferrolan | Blogger | Facebook | Faite soci@ on line! | Colabora con nos!
 
Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
20 de julho de 2021 17:51

_______

A Ruada 'Día da Patria' percorrerá as rúas de Ferrol o vindeiro venres 23 de xullo, con saída às 8 da tarde da praza do Hino Galego e rematando na Praza de Armas - O 25 de Xullo, Manifestación Nacional em Compostela - Construíndo a República Galega

Ruada Día da Patria en Ferrol e Manifestación Nacional en Compostela

Construíndo a República Galega

Como ven sendo habitual nos últimos anos a nosa organización participa na convocatoria da “Ruada do Día da Patria” que percorrerá as rúas de Ferrol o vindeiro venres 23 de xullo con saída às 20 horas da praza do Hino Galego e rematando na Praza de Armas.

Este acto ten como obxectivo visibilizar a nosa identidade nacional e os nosos símbolos nun ambiente distendido pero cargado de reivindicación polo dereito do noso país á ter plena soberanía.

DÍA DA PATRIA EN COMPOSTELA

Queremos lembrar que este ano haberá manifestación nacional do Día da Patria en Compostela, con saída ás 12.00 horas da mañá da Alameda, como viña sendo habitual.

Desprazamento

Nese sentido, desde a comarca imos articular un servizo de transporte colectivo -coas quedadas que facemos tradicionalmente- coa previsión de regreso ao remate da manifestación; así que a xente que decida quedar a xantar en Compostela debe, xa que logo, organizar pola súa conta o xantar e tamén a volta en autos particulares. Para facer a inscrición no servizo de transporte colectivo hai que facer a oportuna reserva antes do día 24 no correo do local comarcal (ferrolterra@bng.gal) ou chamando ao teléfono 981364058, entre as 8 e 14 horas.

Indicar que este ano non haberá Festigal. Nin na noite do 24, nin no 25 despois da manifestación. Asi como tampouco vai existir planificación nin espazo nacional reservado para o xantar.

Bloque Nacionalista Galego de Ferrol.


Ferrol | Web | Facebook | Twitter.

Ferrolterra | Web.

Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
19 de julho de 2021 14:05

_______

A mín non me fales mal de Cuba, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
20.07.2021


A mín non me fales mal de Cuba

A eses cubanos que hoxe apoian o discurso das oligarquías estranxeiras contra a súa patria, contra o seu propio pobo, contra a revolución, dígolles que Roma non paga traidores, non haberá ningún pastel que repartir, nin faragullas que recoller. Agora non sodes nada, xa non tedes nin patria.

Cuba comparada con Haití, Colombia, Honduras, Guatemala, cos países do seu entorno, a pesar do bloqueo e da guerra económica é un oasis e un exemplo.

Cuba é un exemplo de solidariedade internacionalista, manda médicos onde outros mandan bombas, ten apoiado por todo o mundo aos pobos que loitan contra a opresión e o imperialismo.

Grazas ó apoio sobre o terreo de Cuba, Angola puido vencer e expulsar ó exército do apartheid Sudafricano, e esa derrota foi o principio do fin do apartheid en Sudáfrica e supuxo a independencia de Angola.

Nelson Mandela dixo sobre Fidel Castro e a revolución cubana:

"Dende os seus primeiros días, a revolución cubana ten sido unha fonte de inspiración para tódalas persoas que valoran a liberdade. Admiramos os sacrificios do pobo cubano no mantemento da súa independencia e soberanía ante a cara da viciosa e orquestrada campaña imperialista para destruír a impresionante forza da revolución cubana. ¡Viva a revolución cubana! ¡Viva o camarada Fidel Castro!".

Esa pseudo esquerda progre que se esconde a hora de defender a revolución cubana e os seus logros, que se avergoña da brillante historia da revolución cubana, esa non é esquerda, nin é nada.

Como dixo Fidel Castro "Cuba é unha pequena illa que ten feito unha gran revolución".

Estou moi de acordo coa opinión de Eduardo Galeano sobre Cuba:

"Nunca confundín a Cuba co paraíso. Por que vou a confundila, agora, co inferno? Eu son un máis entre os que creemos que se pode querer sin mentir nin calar.
Fai máis de CINCUENTA anos que o veto imperial aplícase de mil maneiras, para
impedir a realización do proxecto da Serra Maestra
".

"A Cuba dítanlle cursos de dereitos humanos quen asubían e miran cara outro lado cando a pena de morte se aplica noutros países de América e aplícase non de
cando e vez, senón de maneira sistemática: queimando negros nas cadeiras eléctricas de Estados Unidos, masacrando indios nas serras de Guatemala e abatendo nenos nas rúas de Brasil.

Deixa de ser admirable a porfiada valentía desta illa minúscula, condenada a
soidade, nun mundo onde o servilismo é alta virtude ou proba de talento? Un
mundo onde quen non se vende, alugase?

Fidel Castro é un símbolo de dignidade nacional. Para os latinoamericanos, que xa
estamos cumprindo cinco séculos de humillación, un símbolo entrañable
".

De Cuba o que temen as oligarquías é o seu exemplo de valor e resistencia, por ese motivo os matóns do poder adícanse a mentir e difamar a revolución cubana sin descanso.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Membro da Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
18 de julho de 2021 17:52

_______

domingo, xullo 18, 2021

Homenaxe e acto reivindicativo en Ferrol, celebrado este 18 de xullo, pro memorial de dignidade para homes e mulleres asasinados do franquismo - Vídeo do acto

Homenaxe en Ferrol ás persoas asasinadas polo franquismo nas comarcas (Ferrolterra, Eume e Ortegal)

Homenaxe e acto reivindicativo en Ferrol, celebrado este 18 de xullo de 2021, na Praza de Armas de Ferrol, ás 12 do mediodía, pro memorial de dignidade para homes e mulleres asasinados do franquismo.



Enlace de referencia en Ártabra 21:

Ante o desleixo do Goberno do Concello Municipal de Ferrol, para executar o acordo Plenario do 29 de setembro do 2017, para erixir un Monumento como Memorial de dignidade para homes e mulleres asasinados do franquismo, convocase un acto reivindicativo na Praza de Armas diante do Pazo Municipal, o domingo 18 de xullo ás 12 do mediodía. | Ártabra  21 - 10 de xullo de 2021 | Acceder.
_______

A derrota xudicial de Ence, ... Por Xoán Antón Pérez Lema


Por Xoán Antón Pérez Lema [*]
18.07.2021

A derrota xudicial de ENCE

ENCE vive xa o tempo de desconto. A chamada “Audiencia Nacional” (AN) estimou o recurso do Concello pontevedrés e de Greenpeace (o da Asociación pola Defensa da Ría vaise resolver axiña) e anulou a prórroga até 2073 que lle outorgara en xaneiro de 2016 o Goberno Rajoy cando estaba en funcións. Das resultas desta sentenza ENCE ocupa terreos de dominio público sen concesión válida dende 2018 e ten que marchar da ría de Pontevedra.

A sentenza aínda non é definitiva e pode ser recorrida en casación perante o Tribunal Supremo (TS). Mais éste só admitirá para estudo o recurso se existen razóns ben alicerzadas para requirir unha sentenza que unifique a aplicación do Dereito Administrativo estatal, neste caso o artigo 32.1 da Lei de Costas, que dispón que só se pode permitir ocupar terreos de dominio público marítimo-terrestre para aquelas instalacións ou actividades que, pola súa natureza, non poidan ter outra ubicación.

Velaí que a interpretación das actividades e instalacións inviábeis fóra do dominio público marítimo-terrestre pertenza á AN, neste caso, sendo o concepto a aplicar claramente restritivo, á vista tanto dos seus termos literais, como da xurisprudencia interpretativa do propio TS. Calquera recurso que presente ENCE sobardaría a estreita marxe do recurso de casación, que non pode corrixir as conclusións da AN sobre a proba practicada e os feitos probados.

E a AN avaliou a proba practicada dun xeito ben concluínte, ao constatar que as fábricas de pasta de papel Kraft precisan grandes cantidades de auga doce e capacidade de evacuación a masas importantes de auga, o que desenvolven sen problemas fóra do dominio público marítimo-terrestre varias factorías en Euskadi, Aragón e en Navia-Asrtuies (ésta da propiedade da propia ENCE).

Non se albisca, pois, unha solución acaída no marco do Estado de Dereito para que ENCE siga producir na Ría de Pontevedra. Deste xeito, a lei e máis a vontade cidadá (dende 1999 Pontevedra vota amplas maiorías contra da permanencia en Lourizán da pasteira, como escrebíamos nestas mesmas páxinas en marzo deste ano) esixen que a empresa e máis as Administracións Públicas atinxidas comecen deseñar a desmontaxe de ENCE na súa actual ubicación.

Cómpre lembrar, tamén, que ENCE fica obrigada a repor os terreos ao seu estado natural e que pode reclamar da Administración do Estado a indemnización polos investimentos que fixo dende xaneiro de 2016, ao abeiro da prórroga da concesión outorgada polo goberno Rajoy cando estaba en funcións.

Publicado en Galicia Confidencial . 18.07.2021. | GC está baixo licenza Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 4.0.

[*] Por Xoán Antón Pérez Lema, avogado. Artgos en GaliciaConfidencial.

_______

Homenaxe en Ferrol ás persoas asasinadas polo franquismo nas comarcas (Ferrolterra, Eume e Ortegal) - Hoxe domingo 18 de Xullo, na Praza de Armas, ás 12 do mediodía


Homenaxe en Ferrol ás persoas asasinadas polo franquismo nas comarcas (Ferrolterra, Eume e Ortegal) - Domingo 18 de Xullo, na Praza de Armas, ás 12 do mediodía. Acto organizado pola Comisión pro memorial.


Enlace de referencia en Ártabra 21:

Ante o desleixo do Goberno do Concello Municipal de Ferrol, para executar o acordo Plenario do 29 de setembro do 2017, para erixir un Monumento como Memorial de dignidade para homes e mulleres asasinados do franquismo, convocase un acto reivindicativo na Praza de Armas diante do Pazo Municipal, o domingo 18 de xullo ás 12 do mediodía. | Ártabra  21 - 10 de xullo de 2021 | Acceder.
_______

sábado, xullo 17, 2021

Novo Boletín Informativo Ambiental: Novo informe negativo da Xunta aos parques eólicos do Ministerio (PE de Berdoias); Adega vence nos tribunais contra os seus intentos de impedir o acceso a información ambiental; as dunas da praia de Rodeira (Cangas) ...


Boletín informativo ambiental 16/07/2021
Novo informe negativo da Xunta aos parques eólicos do Ministerio. Desta volta, apunta contra o PE de Berdoias; ADEGA vence nos tribunais á Consellaría de Medio Rural contra os seus intentos de impedir o acceso a información ambiental sobre plantacións ilegais de eucaliptos e un novo delito ambiental protagoniza a semana: a eliminación das dunas da praia de Rodeira (Cangas do Morrazo)... Se queres coñecer a actualidade ambiental galega, escoita Radio Cerna!

Queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza? Escoita Radio Cerna!
[Boletín informativo ambiental 16/07/21]



Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

#EolicaAsiNon
#NonInvasionEolica
#GalizaContraAmezaEolica
#EolicaAsiNon
#MoratoriaEolica
#PorUnNovoModeloEolico
#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration

Ferrolterra-Trasancos
adegatrasancos@adega.gal
Apartado 481
15480 Ferrol
http://adega.gal/

Foto: Maquinaria pesada na Praia de Rodeira.

Enviado por:
Miguel Anjo Delegación Adega Ferrolterra
-adegatrasancos@adega.gal-
16 de julho de 2021 10:44

_______

A xustiza ten que ser xusta e ten que ser útil, ou non é xustiza, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández  [*]
17.07.2021


A xustiza ten que ser xusta e ten que ser útil, ou non é xustiza


Vivimos nun Estado onde os xuíces son un problema engadido ata nunha pandemia, os xuíces fan política e dedícanse a poñer paus nas rodas.

A constitución e o tribunal constitucional  estanse amosando obsoletos e un problema máis que unha solución, as herdanzas dunha ditadura non serven para construír democracia.

O Tribunal Constitucional co seu 6 a 5 amosa a súa su división, o seu partidismo, a súa politización, a súa u falta de empatía.

Amósase como un problema, como un órgano que solo representa os intereses dunha parte da sociedade, algo obsoleto que pon negro sobre branco as carencias da xustiza no Estado español.

Nunha Pandemia necesitamos unidade, non é un asunto político, é de sentido común tentar salvar vidas, é de psicópatas poñer obstáculos para provocar o caos.

É vergoñento ver como a ultradereita española (Vox, Ciudadanos e PP) abónanse ao canto peor mellor tamén ca pandemia.

É moi grave que se poña a economía por enriba da vida e do sufrimento das familias.

Pero é terrible que se utilice como arma expulsiva todo ese sufrimento e que se pretenda poñer paus nas rodas ás medidas para vencer o Covid-19.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Membro da Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
15 de julho de 2021 13:5
2

_______