Amosando publicacións coa etiqueta CIG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CIG. Amosar todas as publicacións

mércores, xaneiro 27, 2021

A CIG convoca unha xornada de mobilizacións en 18 localidades para esixir unha saída galega xusta da crise - As marchas e concentracións realizaranse o domingo 7 de febreiro - Nas nosas comarcas serán en Ferrol e n'As Pontes - Vídeo e enlaces aos documentos con propostas e medidas


Dentro da campaña por unha saída galega xusta da crise que a CIG está a desenvolver dende o mes de outubro, a central nacionalista ten convocada unha xornada de mobilizacións para o domingo 7 de febreiro para esixir políticas que permitan encetar unha auténtica recuperación económica e social e camiñar cara a unha situación de emprego, salarios, pensións e condicións de traballo dignas na Galiza. Unha recuperación que non será posíbel sen a derrogación total das reformas laborais de 2010 e 2012 e das reformas das pensións de 2011 e 2013.

As mobilizacións terán carácter expansivo e desenvolveranse en 18 localidades garantíndose en todo momento as medidas de seguridade.

Nas nosas comarcas terán lugar, o domingo 7 de febreiro, en:

- Ferrol: ás 11:30h, marchas con saída dende a Praza Vella e dende a rotonda do Diapasón (Esteiro) até a Praza de Armas.

- As Pontes: ás 12:00h, concentración no edificio do INEM.


Outras políticas para garantir a recuperación económica, a industrialización e creación de emprego digno

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, denuncia que as medidas que se están a adoptar polos Gobernos español e galego son insuficientes ou inexistentes para dar unha resposta xusta á crise derivada da pandemia (que en Galiza afrontamos cando aínda non saímos da anterior crise económica) e "lévannos a unha maior precariedade, máis desigualdade social e máis pobreza porque o capitalismo aposta por salvar a economía en vez de protexer as persoas".

Fronte a aplicación das mesmas receitas de sempre e para evitar que esta crise constitúa un novo saqueo ao pobo traballador, a CIG esixe un plan de recuperación económica, industrialización e creación de emprego digno e con este obxectivo elaborou unha moi ampla batería de medidas que xa foron remitidas aos Gobernos español e galego, aos partidos políticos e ás asociacións patronais.

Derrogación das reformas laborais e das pensións

A este respecto, Carril salienta que para iniciar a recuperación dos dereitos laborais e sociais, hai que comezar pola derrogación das reformas laborais, da negociación colectiva e das pensións implantadas dende 2010, e pór en marcha unha nova lexislación laboral e social "que restitúa os dereitos roubados e recoñeza novos dereitos ante as novas formas de explotación laboral".

Neste camiño, Carril reclama a fixación por lei do SMI no 60% do salario medio, tal e como marca a Carta Social Europea, a supresión do IPREM e o establecemento dunha renda de inserción laboral e social, na contía do SMI; así como establecer por lei unha pensión mínima igual ao SMI e a súa revalorización anual co IPC real.

Xunto isto, que se prohiba por lei a aplicación de ERE, ERTE, modificacións de condicións etc. sen previa autorización administrativa e acordo co persoal; e eliminar as ETT, as empresas multiservizos, a figura de “falsos/as autónomos/as” e a subcontratación en cadea. De igual xeito, a CIG insta a que se desenvolva dunha vez o Marco Galego de Relacións Laborais.

Papel fundamental das administracións na dinamización económica

Ante a conxuntura actual, o secretario xeral da CIG destaca que as administracións teñen que ter un papel fundamental na dinamización económica, polo que demanda a intervención pública no sistema financeiro, coa xestión directa dos fondos europeos, a formalización dun concerto económico co Estado, a creación dun Banco Público Galego, a participación da Xunta en proxectos empresariais chave ou a nacionalización de empresas como Alcoa ou Alú Ibérica.

Da mesma maneira, cómpre encetar unha transición enerxética galega e xusta, poñendo en marcha unha Estratexia de Transición Xusta e medidas como a Tarifa Eléctrica Galega. E aplicar unha fiscalidade progresiva e xusta e aumentar o investimento en I+d+I.

Para o secretario xeral da CIG hai que reforzar os sectores estratéxicos (como o agrario, pesqueiro e da industria conserveira, forestal, naval, comercio e turismo), e pór en marcha un plan de desenvolvemento industrial de apoio e protección a estes sectores, con medidas que permitan o seu avance e modernización dun xeito sustentábel e que favoreza a creación de emprego e o fin da precariedade e a emigración.

Reforzar os servizos públicos, plan de conciliación e un sistema de atención ás persoas

Canda estas medidas, a CIG demanda un reforzo dos servizos públicos, eliminando a taxa de reposición, e retornando ao público aqueles servizos privatizados, volvendo á xestión directa da sanidade, e fortalecer o ensino público, incrementando os cadros de persoal en ambos casos.

Tamén a posta en marcha dun Plan de Conciliación con dereitos para as necesidades de coidados xeradas pola pandemia e a creación dun Sistema Público Galego de Atención ás Persoas, que integre residencias, centros de día, centros de atención á diversidade... incorporando á rede pública os SAF e dignificando as condicións do persoal.

HORAS E LUGARES DAS MOBILIZACIÓNS:

- A Coruña: ás 11:30h, marchas con saída dende a Casa do Mar, a Torre de Hércules, o Pazo da Ópera e a Praza de Portugal até a Praza de María Pita.

- Compostela: ás 11:30h, marchas dende o Hotel Peregrino, a rotonda de San Caetano e a rotonda do Restollal até a Praza da Quintana.

- Ferrol: ás 11:30h, marchas con saída dende a Praza Vella e dende a rotonda do Diapasón (Esteiro) até a Praza de Armas.

- Lugo: ás 11:30h, marchas dende o Parque Frigsa e o edificio do INSS (avda. de Madrid) até á Praza Maior.

- Ourense: ás 11:30h, marchas con saída dende a estación de RENFE, a rotonda de Mariñamansa/Paco Paz e o estadio do Couto até a Praza Maior.

- Pontevedra: ás 11:30h, con saídas desde o Hospital Provincial (rúa Loureiro Crespo) e desde a rotonda de San Roque -Alameda.

- Vigo: ás 11:30h, marchas dende a Dobrada e da praza do Concello até o farol de Urzáiz.

- A Guarda: ás 11:30h, concentración na Praza do Reloxo.

- As Pontes: ás 12:00h, concentración no edificio do INEM.

- Boiro: ás 12:00h, na Praza do Concello.

- Cangas: ás 11:30h, concentración na Praza do Concello.

- Cee: ás 12:00h, concentración na Praza do Concello.

- Lalín: ás 11:30h, concentración na Praza da Torre.

- Porriño: ás 11:30h, concentración na Praza do Concello.

- Redondela: ás 11:30h, concentración na Praza do Concello.

- Ribadeo: ás 12:00h, concentración na Oficina de Emprego.

-Verín: ás 12:00h, concentración na Praza do Concello.

- Vilagarcía: ás 11:30h, con saídas desde rotonda Ramal e desde rotonda Piñeiriño.

#saídagalegaxusta

PROPOSTAS DA CIG
para unha saída galega xusta á crise


Desde a CIG, formulamos unha proposta con medidas concretas, para unha SAÍDA GALEGA XUSTA da crise. Unha saída da crise que tamén pasa pola loita, o combate e a mobilización, porque os dereitos conquístanse, non os regalan nin se mercan, nin se mercadea con eles nese invento do “diálogo social” que pretende suplantar o protagonismo da clase traballadora impoñendo antidemocraticamente medidas de recorte e facilitando solucións que favorecen o capital. | Ir á Web.

Fonte: Avantar.
_______

venres, xaneiro 22, 2021

CIG, CCOO e UGT convocan folga xeral en Ferrolterra, Eume e Ortegal para o 25 de febreiro, para esixir dos Gobernos medidas inmediatas que permitan reverter a desindustrialización e a perda de emprego nestas comarcas


25 de Febreiro de 2021
Folga Xeral nas comarcas
Ferrolterra, Eume e Ortegal


Dada a situación de emerxencia social e económica, os sindicatos CIG, CCOO e UGT acordaron convocar unha xornada de folga xeral nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal para o vindeiro xoves 25 de febreiro, á que chaman a secundar a toda a clase traballadora e toda a cidadanía da bisbarra.

"Son os propios acontecementos os que nos levan a esta convocatoria, acontecementos dos que viñamos alertando, e mesmo denunciando, a través de mobilizacións como a cadea humana realizada o pasado 17 de decembro", explican dende as tres centrais sindicais.

A progresiva desindustrialización e destrución de emprego, o incremento das exclusión e a falta de proxectos de futuro son un feito palpábel: Endesa sen alternativa, Gamesa pechada na práctica, o naval sen carga de traballo, o peche continuo de empresas e negocios etc., "coa conseguinte perda de postos de traballo e recursos económicos e sociais".

As comarcas precisan "feitos concretos"

Unha situación que necesita de solucións urxentes, "que existen e que ademais están máis que discutidas e plasmadas en centos de documentos". Por iso, para as centrais sindicais está nas mans do Goberno galego e do Goberno español poñer en marcha de inmediato esas solucións que dependen da vontade política.

"Esa é a nosa esixencia, non caben máis demoras, non caben máis debates estériles, só cabe actuar, e iso é o que demandamos, carga de traballo para o naval, unha transición ecolóxica xusta sen perda de postos de traballo, proxectos de enerxías renovábeis que leven acompañados proxectos industriais, infraestruturas que nos deben dende hai décadas, inversións que atarían proxectos industriais etc", aseveran.

Advirten que xa se acabou "o tempo das promesas e das milongas" e o que precisan as comarcas son feitos concretos "e non imos parar até conseguilos".

"Non estamos dispostos a asumir que as nosas comarcas morran por inanición, non sen pelexalo. É por isto o noso chamamento á Folga Xeral, ferramenta dura pero necesaria, porque nos xogamos existir ou non existir, xogámonos poder compartir a vida cos nosos fillos e fillas e cos veciños e veciñas, ou asumir que teñen que emigrar. Xogámonos un dereito fundamental, poder vivir e traballar dignamente na nosa terra e, como tal dereito, temos que defendelo".

Fonte: Avantar.
_______

sábado, decembro 12, 2020

Folga Comarcal o 17 decembro, ante a situación de emerxencia social e económica que están a padecer as nosas comarcas - Un paro parcial xeral, entre as 10 a 14 horas, convocada polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG


Os Sindicatos CC.OO., UGT e CIG, dada a situación de emerxencia social e económica que están a padecer as nosas comarcas, tomamos a decisión de facer unha mobilización para o próximo día 17 de decembro, con chamamento a toda a cidadanía, na demanda de solucións urxentes que permitan reverter esta situación. Unha situación que se está a plasmar no día a día, co peche continuo de empresas e negocios, o baleiro que se presenta no sector naval, así como a ameaza que pende sobre Endesa e Gamesa, Sertor mariqueiro, Hostelería, Comercio, etc, coa consecuente perda de postos de traballo e recursos económicos e sociais.

- A folga será o día 17 de decembro (xoves) desde as 10:00 ata as 14:00 horas.

- Se creará unha cadea humana desde a Praza de Armas de Ferrol ata o Concello de Narón, atravesando toda a Estrada de Castela, de 11:00 a 13:00 horas.

- A convocatoria afecta a todos os sectores económicos da Comarca Ferrol-Eume-Ortegal.

- O obxectivo da folga é facilitar a todos os traballadores e traballadoras das citadas comarcas a asistencia a mobilización.

Pola Comarca!!!!!

O 17 de decembro, ás 11 horas.

Cadea humana entre os Concellos de Ferrol e Narón.

Todos e todas á Estrada de Castela.

ÚNETE!!!!

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
3 de dezembro de 2020 16:01

_______

venres, novembro 13, 2020

Mobilización da CIG en Ferrol na campaña: 'Fronte a Crise, Saída Galega Xusta' - Intervencións de Manel Grandal (Secretario Comarcal) e Paulo Carril (Secretario Xeral) - Vídeos - Enlace ao Documento: 'Medidas para unha saída galega xusta'


Intervencións do Secretario da Unión Comarcal de Ferrol, Manel Grandal Anca e do Secretario Xeral da CIG, Paulo Carril Vázquez, na mobilización da CIG en Ferrol na campaña: "Fronte a Crise, Saída Galega Xusta" que tivo lugar o venres, 13 de novembro, de 2020. Unha cadeia humana ás 11 da mañá, entre as dúas oficinas de desemprego e posterior concentración na actual praza da antiga Porta Nova.


https://youtu.be/9YBpBx_ozHM


https://youtu.be/adIb1gh08ZA

✔ Documento: Propostas fronte á crise 2020 - 11 Nov 2020 | Propostas fronte á crise, para unha saída galega xusta. | Acceder/Baixar.

CIG-U.C. de Ferrol - ferrol@galizacig.gal - 981 358750
Confederación Intersidical Galega - CIG
https://www.cig.gal/
_______

Mobilización en Ferrol: A CIG de Ferrol chama a mobilizarse para esixir solucións porque 'a comarca está na UCI' - A central convoca para este venres unha cadea humana entre dúas oficinas de emprego - Na Avenida de Vigo, 13 de novembro de 2020, ás 11 da mañá


O secretario comarcal da CIG de Ferrol, Manuel Anxo Grandal, compareceu en rolda de prensa telemática esta mañá para informar da cadea humana que a central sindical ten convocada para este venres, 13 de novembro, ás 11 horas, entre a oficina de emprego próxima á Xunta e a oficina do SEPE de Esteiro para escenificar a situación de perda de emprego na comarca , o elevado número de ERTE vixentes, a ausencia de alternativas industriais "que volven moi reais o perigo de que as regulacións temporais se convertan en extintivas".

Esta mobilización, sinalou Grandal, fai parte da campaña que a CIG ten en marcha para reivindicar unha saída xusta galega fronte á crise e no marco da que se elaborou un amplísimo documento de propostas para a recuperación económica, a industrialización e a creación de emprego digno na nosa terra, con medidas de carácter transversal e sectorial nas que os poderes públicos teñen que xogar un papel fundamental e a través das que se insta a facer unha forte aposta en favor das forzas sociais galegas para o desenvolvemento deste proceso.

Faltan alternativas e carga de traballo

Nese documento recóllense medidas para dar solucións ás problemáticas que nestes momentos impactan de cheo na comarca de Ferrolterra como o proceso de descarbonización da económica, a subactividade no sector naval público ou o histórico déficit nas infraestruturas e a falta de chan industrial.

No caso do peche da central das Pontes, Grandal advertiu que para que realmente haxa unha transición enerxética xusta, os Gobernos teñen que intervir activamente neste proceso "e non deixar as decisións exclusivamente en mans dunha empresa privada como Endesa que pecha sen ofrecer máis alternativa despois de espoliar os nosos recursos e man de obra". E ligado a esta cuestión, demandou a posta en marcha dunha tarifa eléctrica galega que permita á industria electrointensiva contar cunha prezo da enerxía máis estábel, competitiva e predicíbel.

En canto ao naval, alertou da grave situación que enfronta por mor da falta de carga de traballo, tanto na construción como en reparacións, turbinas ou incluso a eólica mariña "actividade na que se está negociando un ERTE por causas organizativas". Por iso, defendeu a necesidade de potenciar todas as áreas de actividade dos estaleiros da ría e que se executen os investimentos necesarios para a modernización e ampliación das instalacións.

Necesidade de continuar na mobilización

Pero o secretario comarcal da CIG tamén aproveitou para lanzar unha chamada pública á mobilización social e a reclamar nas rúas solucións e alternativas de futuro para a comarca. Ao tempo instou as demais organizacións sindicais a retomar o calendario de reivindicacións previo á pandemia "porque as demandas e os problemas non só seguen a ser os mesmos, senón que agora estamos nunha crise máis profunda. Pasamos dunha situación de emerxencia a unha situación de existir ou non existir".

Así, adiantou que a partir do luns, a CIG de Ferrol porase en contacto co resto de organizacións para abordar a posibilidade de convocar mobilizacións conxuntas na defensa da comarca e para esixir medidas urxentes ao Goberno español e á Xunta de Galiza.

Fonte: Avante | Ferrol a, 12 de Novembro, de 2020.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
13 de novembro de 2020 08:51

_______

luns, novembro 09, 2020

A CIG denuncia que Mercadona retira un complemento aos traballadores de baixa por incapacidade temporal


A CIG denuncia que Mercadona retira un complemento aos traballadores de baixa por incapacidade temporal

André Abeledo, delegado da CIG anuncia que levará o caso ao xulgado tras non percibir máis de 300 euros na súa nómina.

Posto que por parte de Mercadona ao acto de conciliación do pasado 14 de Outubro no SMAC, nin sequera acudiu a avogada da empresa e simplemente enviaron unha representante cun poder notarial para ratificar a súa postura e a súa negativa a negociar ou reformularse a posición de Mercadona.

A sección sindical da CIG en Mercadona na provincia da Coruña ha denunciado a retirada do complemento salarial durante unha incapacidade temporal “como medida de presión ou castigo cando un traballador está de baixa médica” e que o fan “seguindo as directrices do médico de empresa, que busca que se pida alta voluntaria”.

A través dun comunicado, aseguran que esta actitude practicas aínda “sabendo que dita baixa esta prescrita sempre baixo criterios médicos, tendo un seguimento polos profesionais da Seguridade Social”, asegurando que estes a “manteñen mentres o traballador está enfermo”.

Aseguran dende o sindicato nacionalista CIG que “esta é unha práctica normal e habitual en Mercadona a nivel estatal” e que “parece que Mercadona prefire un enfermo traballando que recuperándose”.

Segundo a CIG “esta demostrado que a publicidade que fai Mercadona, asegurando que paga o 100% do salario aos traballadores de baixa é simple publicidade cara a sociedade, pero a realidade é outra”.

A CIG denuncia a actuación discrecional de Mercadona ao retirar o complemento salarial a traballadores de baixa IT.

A Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia da Coruña, ben denunciando nos últimos anos a utilización por parte da empresa da retirada do complemento salarial durante a baixa IT como medida de presión ou castigo cando un traballador que esta de baixa médica no sigue as directrices do médico de empresa, normalmente coller a alta voluntaria.

CASO PARTICULAR

O delegado de persoal da CIG no comité de Mercadona na provincia de A Coruña, André Abeledo, asegurou, a través dun comunicado, que xa ten denunciado ante o xulgado a empresa de orixe valenciano pola retirada do complemento salarial durante a súa baixa por incapacidade temporal, unha retirada que segundo este traballador realizouse “sin previo aviso por parte de Mercadona estando de baixa e en plena corentena polo COVID-19”, unha redución do seu salario de máis de 300 euros.

Ao acto de conciliación do pasado 14 de Outubro no SMAC nin tan sequera acudiu a avogada da empresa e simplemente enviaron unha representante cun poder notarial para ratificar a postura de Mercadona e a súa  negativa a negociar.

Mercadona mantén a súa estratexia de xudicializar calquera conflito coas traballadoras e traballadores.

Sección Sindical da CIG en Mercadona na Provincia de A Coruña. |  7 de novembro de 2020.

CIG Sección Sindical Mercadona

Enviado por:
CIG en Mercadona
-cigmercadona@gmail.com-
7 de novembro de 2020 16:32

_______ 

martes, xuño 09, 2020

Proposta da CIG para a creación dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas - A crise sanitaria evidenciou a necesidade de pór os coidados na prioridade das políticas


Proposta da CIG para a creación dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas. | A crise sanitaria evidenciou a necesidade de pór os coidados na prioridade das políticas.


Desde a CIG levamos anos denunciando a situación, tanto laboral como asistencial, das residencias da terceira idade, dos centros de día, dos centros de atención á diversidade, dos servizos de axuda no fogar, etc., servizos que o goberno do PP na Xunta vén desmantelando e privatizando para facer deles un novo negocio a custo das persoas máis vulnerábeis.

A crise sanitaria derivada da pandemia do COVID-19 puxo máis de manifesto ca nunca a necesidade de poñer os coidados na prioridade das políticas públicas e, por tanto, a urxencia de investimento público en servizos de atención ás persoas.

Durante esta crise sanitaria evidenciouse a situación de debilidade dos servizos públicos de atención social e de coidados. Nos servizos de axuda no fogar ou nas residencias da terceira idade e de persoas con discapacidade son manifestas as carencias de persoal e material, falla de protocolos homoxéneos de funcionamento nestes centros, abusos patronais e importante niveis de explotación laboral existentes.

Os servizos públicos son a única garantía para unha atención digna ás persoas de idade e ás per-soas dependentes ou con diversidade funcional, debendo asumir directamente a Administración pública galega as súas competencias na atención ás persoas vulnerábeis, xa sexa por idade, pola súa discapacidade ou dependencia. Non é de recibo, e supón unha auténtica barbaridade, que os coidados e a saúde destas persoas vulnerábeis sigan gardando relación cos beneficios e flutuacións en bolsa dos fondos de investimento, multinacionais ou fondos voitre que están detrás das concesionarias destes servizos públicos.

Ademais, estas reivindicacións son a resposta urxente e xusta ante a necesidade de afrontar unha das manifestacións máis visíbeis da realidade galega: crise demográfica, aumento constante da poboación maior, elevada dispersión dos núcleos de poboación (maioritariamente de idade avanzada) e precaria capacidade adquisitiva das pensións públicas, nomeadamente no caso das mulleres.

Servizos que debe prestar esta rede única pública

Desde a CIG propoñemos a creación dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas, integrado por unha única rede pública que preste os seguintes servizos:
  • Centros asistenciais e residenciais da terceira idade
  • Centros de día
  • Centros de atención á diversidade
  • Servizos de axuda no fogar
  • Outros recursos: Casas niño, Casas do/a maior, Xantar na casa, Transporte adaptado...
Condicións que debe ter o sistema
  • Estes servizos estarán dotados suficientemente tanto de infraestruturas e material como de recursos humanos.
  • Dignificación das condicións laborais e salariais de todo o persoal coa aplicación do mesmo convenio colectivo.
  • Na prestación de servizos ás persoas beneficiarias, priorizarase a atención a través desta rede de recursos públicos, antes que as axudas económicas.
  • Eliminaranse todo tipo de repagamentos na atención e coidados, mediante a aprobación dunha carteira de servizos e prezos públicos.
  • Incrementaranse e adecuaranse os orzamentos públicos destinados a este fin, así como aqueles dirixidos á promoción da autonomía persoal e o avellentamento activo.
  • Transferencia para Galiza de todas as competencias e recursos públicos para desenvolver, aplicar e ampliar a Lei de Dependencia.
Xestión pública galega e proceso de integración do persoal

A CIG defende a xestión directa polas administracións públicas de todos os servizos públicos. Sen entrarmos a avaliar neste momento a forma de xestión máis acaída entre as previstas na lexislación vixente, é ineludíbel e máis necesario que nunca que a xestión destes servizos sexa pública e única en Galiza.

No que ten a ver coa reversión de servizos públicos privatizados, está clara a defensa que a CIG mantén en todo o relativo á sucesión de empresa e a subrogación dos traballadores e traballadoras, tendo en conta a lexislación e abundante xurisprudencia existente nesta materia, tanto no respecto ás condicións laborais e contractuais como a ineludíbel e preceptiva creación pola administración pública dos postos e prazas necesarios e que deberá regularse mediante convocatorias públicas e os procedementos establecidos legalmente, buscando as fórmulas que dean solución de futuro ao persoal subrogado, garantindo a prestación destes servizos máis alá das taxas de reposición de efectivos que afogan a prestación directa con persoal empregado público.

Neste sentido mantense plenamente vixente a Guía Sindical sobre remunicipalización de servizos públicos aprobada polo Secretariado Confederal o 29 de xuño de 2015. En todo caso, debemos deixar claro que os recursos e servizos sociais de atención ás persoas teñen que deixar de ser unha actividade residual, socialmente pouco valorizada e con condicións de traballo precarias, para pasar a ser considerado un servizo esencial para a cidadanía a prestar pola administración pública en condicións de calidade asistencial para as persoas e con condicións de traballo dignas e estábeis para o persoal encargado dos coidados.

Proposta da CIG - Folleto en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Fonte: Avantar. | Baixo Licenza CreativeCommons.

Novas relacionadas

04 Xun 2020. | Xubilados/as e pensionistas da CIG esixen un sistema público galego de servizos de atención e unhas pensións dignas .

05 Abr 2020 | O colectivo de xubilados/as e pensionistas da CIG demanda que non se volva facer negocio coa atención a maiores e dependentes.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
8 de junho de 2020 23:30

_______

sábado, xuño 06, 2020

En Ferrol, como nas sete cidades da Galiza, a CIG convoca marchas que sairán desde diferentes puntos, para confluir na Praza de Armas, onde se realizará unha Asemblea, o martes 9 de xuño, ás 11 da mañá


A CIG convoca marchas e asembleas de delegados/as en todas as comarcas para o martes 9 de xuño. | As columnas sairán de varios puntos e confluíran nunha praza de cada cidade ás 11h


A CIG ten convocadas marchas de delegadas e delegados en todas as comarcas para o próximo martes, 9 de xuño, para esixir dos Gobernos español e galegos políticas que permitan unha saída xusta e galega á crise económica, laboral, industrial e social que atravesamos. As marchas realizaranse dende distintos puntos de cada unha das sete cidades e confluirán nunha praza onde se celebrará unha asemblea para avaliar a situación actual, as medidas aprobadas dende o inicio da pandemia e as alternativas da central sindical.

Con estas accións, explica o secretario xeral da CIG, "continuamos o proceso recuperación da mobilización social, chamando á reactivar a acción nas rúas, mais sempre atendendo ás medidas de seguridade que corresponde á situación sanitaria". Lembra Carril que, malia as limitacións propias do estado de alarma e o confinamento da poboación, a central foi dando resposta ás insuficientes e inxustas medidas aprobadas polo Goberno español, ao deixamento de funcións practicado pola Xunta de Feixoo e aos abusos patronais, demandado protección para a clase traballadora, garantías dos ingresos e do emprego e medidas de seguridade nos centros de traballo.

Accións como a cazolada dende as fiestras do 10 de abril contra o decreto 8/2020, a demora no cobro do paro ou demandado control sobre as medidas de seguridade; as protestas diante de edificios da administración estatal do 23 de abril; as concentracións do 28 de abril coincidindo co Día Internacional da Seguridade e Saúde Laboral; as accións do 20 de maio, diante de edificios da Xunta, para denunciar as nefastas políticas económicas, industriais e laborais do Goberno de Feixoo; ou as do 27 de maio, coincidindo coa aprobación no Congreso do decreto que prorroga os ERTE, convertido nunha sorte de nova reforma laboral.

Asembleas en céntricas prazas

As marchas do próximo martes (9 de xuño)partirán dende distintos puntos de cada unha das sete cidades e cada unha das columnas estará integrada por arredor dunha trintena de delegados e delegadas que, por volta das 11:00 horas, confluíran na Praza de Pontevedra na Coruña; Praza de Armas en Ferrol; Praza da Quintana en Compostela; Praza de Santa María en Lugo; Praza Maior en Ourense; na Alameda en Pontevedra; e diante do Marco (Rúa do Príncipe) en Vigo.

Os recursos públicos, en favor dos intereses das maiorías sociais

Un dos obxectivos destas accións é visibilizar a necesidade de retomar a mobilización para forzar o necesario cambio de políticas que permita que a saída a esta crise non recaia novamente sobre a clase traballadora. Fronte ás inxustas medidas de corte neoliberal e recentralizador aprobadas nestes meses, a CIG reclama a derrogación inmediata da reforma laboral de 2010 e 2012, da reforma das pensións de 2011 e 2013 e da negociación colectiva; e políticas públicas que concentren todos os recursos existentes en favor dos intereses das maiorías sociais.

De igual xeito, unha política económica e industrial creadora de emprego digno e con salarios xustos, que defenda o tecido industrial e promova proxectos que completen todas as fases produtivas en Galiza, facendo así que todo o valor engadido quede aquí; o dereito a termos unha verdadeira transición enerxética; así como reforzar os servizos públicos, construíndo un verdadeiro sistema público galego para a atención e coidados de todas as persoas, desterrando as privatizacións dos servizos públicos e dos servizos sociais.

Fonte: Avantar.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
6 de junho de 2020 19:00

---

martes, maio 05, 2020

UGT, CCOO e patronal sacrifican os festivos da construción da Coruña - A FCM-CIG oponse ao acordo e propuxo unha alternativa de recuperación do permiso retribuído sen renunciar a dereitos


O pasado xoves, os sindicatos UGT e CCOO accederon á petición da patronal da construción de modificar o calendario laboral da provincia da Coruña, sacrificando os festivos de convenio en aras do "permiso retribuído recuperábel", eufemismo empregado polo executivo español para implantar a desregulación masiva da xornada a raíz da crise da Covid-19.

A Federación de Construción e Madeira da CIG negouse a renunciar ao calendario laboral de 2020 acordado en outubro, xa que foi asinado por todas as partes e asumido polas empresas. A central nacionalista defendeu unha alternativa máis beneficiosa para os traballadores e as traballadoras, de xeito que non asuman en exclusiva o custe dunha paralización da actividade da que non tiveron a culpa.

"A nosa proposta baséase na premisa de que non é o mesmo unha hora normal que unha hora extra ou festiva, e pasa por, previo acordo entre empresa e persoal obrigado a acollerse ao permiso retribuído, realizar un máximo de unha hora extraordinaria por día, compensando cada hora traballada por unha hora e media do permiso, e/ou traballar algún día non laboral -excepto 24 e 31 de decembro- ou de vacacións, caso no que a compensación sería de dúas horas recuperadas por cada hora traballada, até resolver o desaxuste da xornada causado polo goberno español", explica o secretario de Negociación Colectiva da FCM-CIG, Mario Maceiras.

Porén, a patronal APECCO negouse e aproveitou unha proposta de CCOO moito máis beneficiosa para os intereses empresariais, que implica renunciar a todos os festivos de convenio excepto o 24 e o 31 de decembro, días nos que o sector xa está practicamente paralizado. Finalmente UGT acabou por sumarse ao postulado de CCOO e da patronal, permitíndolles así acadar a maioría para asinar. Fronte a esta actuación, hai que subliñar que, en Pontevedra, estas organizacións si comparten a postura da CIG , que conta nesa provincia con ampla maioría no sector.

Decisión salomónica que non ten en conta as casuísticas do sector


Desde o punto de vista da FCM-CIG, "a nosa proposta non só era moito máis beneficiosa para o persoal do sector senón tamén máis acorde coas diversas casuísticas que se poden dar nas empresas, pois en moitas delas xa estaba preacordado como se efectuará -ou non- a devolución do permiso retribuído".

Tampouco se pode obviar, sinala Maceiras, que existen moitas empresas con crédito de horas extraordinarias pendentes de abono ou compensación en tempos de descanso, vacacións atrasadas, reducións de xornada, ERTEs, que xa traballaron o festivo de convenio do 13 de abril, etc. "E tamén debemos ter en conta a situación do persoal eventual que rematará pronto o contrato, así como das novas contratacións que se produzan". Coa proposta da CIG todas estas situacións podían encaixarse sen demasiada dificultade, sendo unicamente necesario un acordo da empresa co persoal sobre como facelo, igual que se fai coas vacacións.

En cambio, "a decisión salomónica adoptada" non ten en conta ningunha desas variábeis, "tratando a todo o persoal coma se gozaran por igual da integridade do permiso retribuído recuperábel, sen ningún matiz, e agora deberán devolvelo a conta dos seus festivos de convenio. Ademais, o novo persoal que se incorpore ás empresas seguramente acabará 'devolvendo' un permiso que xamais gozou".

A central nacionalista lamenta o acordo acadado e mesmo cuestiona a legalidade de substituír un calendario laboral en vigor por outro diferente sen contar cunha das organizacións asinantes do texto orixinal.

Fonte: Avantar.| Baixo Licenza Creative Commons.

Enviado por:
Inacio Caranza
-inaciogz@gmail.com-
04 de maio de 2020 18:30:10

_______

venres, maio 01, 2020

#1deMaio de 2020 - Declaración da CIG - A clase traballadora galega celebra o 1º de Maio reclamando protección fronte ao capital e unha Galiza soberana e con futuro - Vídeo


📢🚩A clase traballadora galega celebra o 1º de Maio reclamando protección fronte ao capital e unha Galiza soberana e con futuro.



🗣️🚩A Internacional soou este mediodía dende as fiestras de Galiza, onde tamén ondearon bandeiras vermellas e da patria, nunha acción reivindicativa convocada pola CIG para conmemorar este Día Internacional da Clase Traballadora.

📌👷‍♀️O lema escollido, "Protexamos a clase traballadora, non o capital. Por unha Galiza soberana e con futuro", apela á necesidade de contármonos con medidas que garantan a nosa saúde ante a pandemia da Covid19, mais tamén á urxencia de virar as políticas para que a crise social e económica derivada da emerxencia sanitaria non volva recaer sobre a clase traballadora e as maiorías sociais.


https://youtu.be/ECV9ogr2ITk

ℹ️+INFO: https://www.cig.gal/nova/1maio2020.html

Fonte: Avantar.| Baixo Licenza Creative Commons.
Canle: Avantar.

Enviado por:
Inacio Caranza
-inaciogz@gmail.com-
01de maio de 2020 16:30:10

_______

xoves, abril 30, 2020

A CIG reclama, neste Primeiro de Maio, 'protexer a clase traballadora, non o capital' nunha Galiza soberana e con futuro - Chama a pendurar bandeiras vermellas ou da patria e a cantar a Internacional ás 12 do mediodía


A CIG reclama, neste Primeiro de Maio, “protexer a clase traballadora, non o capital” nunha Galiza soberana e con futuro | Chama a pendurar bandeiras vermellas ou da patria e a cantar a Internacional ás 12:00

A CIG presentou esta mañá, en videoconferencia, a campaña arredor da que xirará este ano a súa conmemoración do Primeiro de Maio, Día Internacional da Clase Obreira. Unha xornada que a central sindical celebra baixo o lema “Protexamos a clase traballadora, non o capital. Por unha Galiza soberana e con futuro” e que este ano estará marcada pola situación de emerxencia sanitaria. Por iso o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, fixo un chamamento a manter o carácter combativo e reivindicativo da data, a que se penduren das xanelas e balcóns bandeiras da patria e vermellas e a entoar, ás 12:00 horas do mediodía a Internacional.



Carril, apuntou que cómpre mobilizarse para exixir “políticas que garantan os nosos dereitos como clase traballadora, o benestar das maiorías sociais, pero tamén a autodeterminación, a soberanía dos pobos e nacións, para construír un mundo moi necesitado de solidariedade, cooperación, igualdade e paz”.

Denunciou que aínda que o covid-19 ataca a poboación en xeral, “o seu impacto discrimina entre persoas ricas e pobres, non afecta por igual a todas ás clases sociais”, polas grandes desigualdades económicas e a inxustiza social, consecuencia “das devastadoras políticas neoliberais aplicadas desde a crise financeira”.

Lembrou que a crise sanitaria converteuse nunha crise económica e social que ademais ten lugar cando “xa estabamos dentro dunha recesión económica”. Por iso advertiu que non se pode permitir “que desta nova crise neoliberal este sistema pretenda recuperarse do seu fracaso, de tanta adoración do privado e criminalización do público, cun novo saqueo á clase traballadora”.

Papel de Feixóo

A ese respecto sinalou que no caso concreto de Galiza “estabamos de cheo nunha crise social, industrial, demográfica que xa de por si tiña o impacto dunha situación de emerxencia nacional e social” e denunciou que a xestión da crise sanitaria polos gobernos galego e español “vai na dirección contraria a unha saída xusta para a clase traballadora e para o pobo galego”.

Nese sentido manifestou o seu rexeitamento polo feito de que todos os decretos de estado de alarma aprobados deixaran en suspenso “as xa de por si limitadas competencias e capacidades de Galiza”. Unha recentralización que considerou que serviu “de escusa perfecta ao Goberno de Feixoo para tapar o seu proxecto ruinoso para o noso país, baseado nun modelo dependente e antigalego, reaccionario e privatizador da sanidade pública e da atención ás persoas maiores”.

Ademais denunciou que nesta crise “xogou a ampliar o caos, o abuso patronal e a inseguridade para quen traballa”, ademais de facer anuncios electoralistas. En concreto lembrou que “Feixoo favoreceu, co atraso da aprobación dos ERTE, que as persoas traballadoras non puidesen cobrar en abril” e que agora ”quere aparecer como salvador ofrecendo créditos a quen lle negou o cobro do salario, demostrando así o miserábel que é facendo electoralismo co pan das traballadoras/es e as súas familias”.

Profesións esenciais, feminizadas e desvalorizadas

Carril rexeitou que as medidas adoptadas polos diferentes gobernos tiveran “unha maior e descarada preocupación pola saúde da economía que pola saúde da poboación”, como se demostrou “cando se negaron a parar todo, agás as actividades esenciais, pola emerxencia sanitaria, ou no escaso control para garantir un traballo en condicións seguras para os sectores en activo”.

Considerou que o que tamén demostrou esta crise foi que as profesións feminizadas “resultaron servizos esenciais e imprescindíbeis para o sostén da vida” mais denunciou que “seguen a estar desvalorizadas, desenvolvéndose en condicións de precariedade e inseguridade”.

Propostas da CIG fronte as medidas inxustas

O secretario xeral da CIG denunciou “a imposición de fórmulas inxustas, desde o primeiro día, que se fundamentan nas reformas laborais, como foron os ERTES indiscriminados, os despedimentos masivos, o teletraballo sen dereitos e control e os permisos e reducións de xornada para coidados da poboación vulnerábel”.

Por iso apuntou toda unha serie de modificacións legais e de financiamento público urxentes das que deu conta. En relación aos ERTES, denunciou que calquera prórroga en base ás medidas acordadas conforme ao Decreto 8/2020 e seguintes “constitúe un abuso e grave prexuízo para a clase traballadora”. Por iso demandou a derrogación das reformas laborais do 2010 e 2012, “restablecéndose, como versión menos mala, a vixente con anterioridade, durante todo o tempo que non poida entra en vigor un novo marco legal”.

Demandou ademais a “prohibición de simultanear a aplicación dun ERTE con calquera outra medida consistente nun descolgue salarial, inaplicación de convenio colectivo, de modificacións substancial das condicións de traballo ou de mobilidade xeográfica e/ou funcional”.

Garantías de cobro para as traballadoras e traballadores afectados

Xunto a isto, exixiu o pago inmediato do paro, habilitando un procedemento especial e extraordinario, coa confección nóminas para efectuar os pagos semana a semana, até a posta ao día que permita retomar os pagos a mes vencido porque, advertiu, “manter a forma ordinaria de pago das prestación é causar un retraso de graves consecuencias” ou garantir o cobro, durante todo o ERTE, do 70% da base reguladora de cada persoa traballadora.

Ademais demandou que no pago das prestacións por desemprego á persoa traballadora non se lle desconte 4,7% da base de cotización e defendeu que teñan a mesma consideración, á hora de acollerse a todas as medidas referidas a esta protección do SEPE, todas as persoas traballadoras, “incluíndo as que foron despedidas por causa desta situación ou que desde o 1 de xaneiro estiveran xa no desemprego percibindo prestación por desemprego”.

Xunto a isto defendeu que todo o tempo de desemprego, desde a data que tivo lugar por despedimento ou aplicación de ERTE por causa do covid-19, entenderase por non consumido e que “toda persoa traballadora, independentemente do tempo cotizado, teña dereito á prestación por desemprego”.

Controlar a fraude empresarial

Carril explicou ademais que a CIG considera imprescindíbel que,para poder acollerse ao ERTE, as empresas cumprancondicións e garantías como completar até o 100% dos salarios ou reincorporar progresivamente a todo o persoal temporal da empresa principal ou externas (ETT,s , empresas multiservizos…) que foi despedido e, como data límite, o último mes de vixencia do ERTE. Isto xunto coa garantía de incremento salarial dos convenios colectivos pendentes de renovar de acordo ao 1%, en función do IPC real final do ano 2019 e da aplicación das cláusulas de revisión salarial.

En relación ao teletraballo o secretario xeral da CIG demandou “control e garantías sobre o dereito á desconexión dixital, dereito á protección de datos e uso de internet”.

Canto ás reduccións e adaptación de xornada para atención á poboación vulnerábel, incidiu en que "as empresas teñen que garantir a súa concesión automática a solicitude da persoa traballadora", mais demandou que "se garanta que as persoas traballadoras que non teñan outra alternativa, non vexan reducidos os seus ingresos en máis do 30% da súa base de cotización”, nomeadamente as familias monoparentais.

Financiamento dos gastos derivados desta situación extraordinaria

Paulo Carril recoñeceu que esta situación e, nomeadamente as medidas propostas pola CIG, xeran un importante gasto público. Por iso propuxo financialo por dúas vías de execución imediata. Por unha banda propuxo a aprobación urxente dun paquete de medidas fiscais, coa creación dun imposto sobre os beneficios extraordinarios da banca e os activos financeiros e a eliminación dos privilexios fiscais das SICAV e grandes Empresas e, pola outra, demandou o desvío das partidas destinadas aos gastos militares e da Casa Real nos Orzamentos Xerais do Estado en vigor, nas contías necesarias para afrontar este gasto público.

Fonte: Avantar.| Baixo Licenza Creative Commons.

Enviado por:
Inacio Caranza
-inaciogz@gmail.com-
30 de abril de 2020 00:10
_______

xoves, abril 23, 2020

A CIG realiza protestas simbólicas nas sete cidades para esixir ingresos e salarios dignos, protección social e seguridade nos centros de traballo - Paulo Carril: 'Facemos estas accións despois de semanas de achegar propostas, reclamacións e denuncias que non son atendidas nin polas administracións nin polas empresas' - Vídeo


A CIG realiza protestas simbólicas nas sete cidades para esixir ingresos e salarios dignos, protección social e seguridade nos centros de traballo
Paulo Carril: "Facemos estas accións despois de semanas de achegar propostas, reclamacións e denuncias que non son atendidas nin polas administracións nin polas empresas"


A CIG realizou este xoves protestas simbólicas nas sete cidades para reclamar dos gobernos español e galego medidas de protección laboral e social para a clase traballadora e esixir que os custes da emerxencia sanitaria non recaian, unha vez máis, sobre as maiorías sociais. As concentracións, nas que participaron sobre dez persoas garandando as correspondentes medidas de seguridade, desenvolvéronse diante da Delegación do Goberno na Coruña, das Subdelegacións de Pontevedra, Lugo e Ourense e nos edificios da Xunta de Galiza de Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela.


O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, explica que a central acordou realizar estas accións de carácter simbólico "despois de semanas de achegar propostas, reclamacións e denuncias que non son atendidas nin polas administracións nin polas empresas". Por iso, aseverou, "hoxe estamos aquí para reivindicar o cobro do paro e dos salarios, porque a falta de ingresos está a empobrecer moito máis ao conxunto do pobo traballador; medidas de protección social para todas as persoas sen exclusións nin discriminacións; un control estrito do cumprimento das medidas de seguridade do persoal que está a traballar; e respecto polos dereitos e liberdades civís".

As medidas aprobadas afondan na precariedade e na pobreza


Paulo Carril denuncia que as medidas aprobadas dende o decreto do estado de alarma "son inxustas e insuficientes", están a provocar un regueiro de despedimentos e ERTEs, e afondan na precariedade dos colectivos laborais máis vulnerábeis (como os empregados e empregadas eventuais ou con contrato a través de ETTs), para quen non se adoptaron medidas de protección que lles permita ter uns ingresos dignos.

Nesta liña, reclamou do goberno que habilite mecanismos para garantir o cobro inmediato das prestacións por desemprego dos miles de persoas afectadas por un ERTE, de maneira que se abone o paro en canto estean confeccionadas as nóminas sen ter que agardar ao día fixado de pago. Carril alerta da crítica situación económica na que se atopan centos de traballadores e traballadoras que, a día de hoxe só percibiron unha parte dos salarios de marzo "e non teñen certeza algunha de canto nin cando poderán cobrar o desemprego".

A problemática dos coidados, en evidencia


A este respecto tamén apuntou que esta crise deixa en evidencia a problemática dos coidados, que seguen recaendo de xeito maioritario sobre as mulleres que, de non poder acceder ao teletraballo, deben facerse cargo das crianzas e das persoas dependentes sen outra alternativa que acollerse a unha redución de xornada parcial ou total, co que isto implica de merma nos seus ingresos.

"E se algo está demostrando esta crise, engade, é que as profesións feminizadas resultaron servizos esenciais, a pesar de seguir sendo as máis precarizadas e desvalorizadas. É crucial pór fin a esta situación".

Abusos patronais

Xunto a isto, o secretario xeral da CIG advertiu do abuso patronal que se está a producir, favorecido pola decisión política de afrontar esta crise, a nivel laboral, tomando como punto de partida unha reforma laboral "que xa debería estar derrogada na súa integridade". A vía dos ERTEs -sen garantías sequera de mantemento dos empregos- está prexudicando enormemente a importantes sectores da clase traballadora, sen mencionar que moitas empresas están aproveitando a emerxencia sanitaria para levar adiante suspensións de emprego fraudulentas, mesmo rexistrándose casos de empresas cun ERTE vixente nas que se obriga o seu persoal a acudir a traballar.

De igual maneira, a CIG critica que baixo a escusa da pandemia da Covid19 se subtraian competencias ás autonomías, reforzando o discurso centralizador e españolistas co beneplácito e a conivencia, no caso de Galiza, do Goberno de Feixoo; se despregue o exército e a policía para labores de control e vixilancia social, pero non para supervisar que se garanta a protección da saúde nos centros de traballo; ao tempo que se pretenden limitar os dereitos e as liberdades baixo o perigoso discurso da seguridade cidadá.

Coa vista posta no Primeiro de Maio

Carril alerta que canto máis se tarden en corrixir estas inxustas medidas que se foron tomando, máis difícil vai ser que saída desta crise sexa xusta para todas as traballadoras e traballadores e para o conxunto das maiorías sociais. De aí que anime a aproveitar a celebración do Día Internacional da Clase Traballadora para reclamar un xiro radical nas políticas.

"Estamos ás portas da conmemoración do 1º de Maio, unha data de reivindicación da clase traballadora na que neste ano 2020, ante a situación que estamos a vivir, máis que nunca temos que facer escoitar as nosas demandas porque non podemos permitir que nos sigan a empobrecer e a roubar os nosos dereitos mentres se facilita todo tipo de abusos patronais", sentenza.

Publicado en Avantar. | Baixo Licenza Creative Commons.

mércores, abril 22, 2020

1º de Maio: Protexamos a clase traballadora, non o capital - Por unha Galiza soberana e con futuro


1º de Maio: Protexamos a clase traballadora, non o capital.
Por unha Galiza soberana e con futuro


A CIG conmemorará o Día Internacional da Clase Obreira reivindicando políticas que garantan os dereitos e o benestar das maiorías sociais

 "Protexamos a clase traballadora, non o capital. Por unha Galiza soberana e con futuro", é o lema baixo o que a CIG conmemora este 1º de Maio, Día internacional da Clase Obreira.
 
Se o Primeiro de Maio foi de sempre unha data de reivindicación da clase traballadora, este ano 2020 ante a situación que estamos a vivir, máis que nunca temos que facer escoitar as nosas demandas porque non podemos permitir que nos sigan a empobrecer, a roubar os nosos dereitos  mentres se facilita todo tipo de abusos patronais.

Desta crise sanitaria non podemos ser, de novo, as vítimas. Impidamos que o interese do capital estea por enriba da saúde das persoas.

Fronte a isto, temos que reivindicar políticas que verdadeiramente garantan protección, benestar e o dereito a un emprego e uns ingresos dignos na Nosa Terra.

Fonte: Avantar. Baixo Licenza Creative Commons.

Enviado por:
Inacio Caranza
-inaciogz@gmail.com-
22 de abril de 2020 14:47

_______

venres, abril 17, 2020

A CIG considera un 'desprezo' cara os organismos públicos que Feixóo ignore as súas funcións e os supla por un comité de expertos - Lembra que o CES ou o CGRL teñen precisamente como función asesorar en materia económica e social


A CIG considera un “desprezo” cara os organismos públicos que Feixóo ignore as súas funcións e os supla por un comité de expertos

Lembra que o CES ou o CGRL teñen precisamente como función asesorar en materia económica e social


A CIG considera que buscar alternativas como a creación dun comité de expertos para deseñar unha saída á crise provocada pola situación de emerxencia sanitaria do Covid-19 en materia económica e laboral é un “desprezo” para as institucións públicas galegas creadas a tal fin.

Neste sentido, o secretario xeral, Paulo Carril, lembra que precisamente esa é a función que teñen organismos como o Consello Económico e Social (CES) e o Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL), aos que “habería que respectar as súas atribucións”.

Carril sinala que no CES participan xa axentes socioeconómicos, organizacións sindicais e representantes da sociedade civil e que ten, precisamente, o carácter de órgano consultivo e asesor da Xunta de Galiza en materia económica e laboral.

Do mesmo xeito salienta o carácter consultivo e asesor en materia de política laboral do Consello Galego de Relacións Laborais. Organismos públicos ambos contra cuxo criterio actuou en diversas ocasións o goberno de Feixóo, como ocorreu coa chamada Lei de Fomento Empresarial. Un goberno que tampouco quixo atender as súas recomendacións en diversas materias.

Fonte: Avantar. | 14 de abril de 2020
_______

domingo, abril 12, 2020

O Grupo transnacional Zena/Alsea (Vips, Starbucks, Domino´s...) condena a 22.000 familias á miseria - Soluciones xa! - Plataforma en Loita


Desde a plataforma ALSEA/ZENA en Loita xunto ás seccións sindicais de clase CIG Domino's Pizza, CGT Starbucks, CNT-AIT Madrid, Co.bas ALSEA e COS estamos recollendo firmas a través desta ferramenta para denunciar ante toda a sociedade a situación limite á que nos está levando este gran grupo empresarial do que formamos parte máis de 22.000 traballadores e traballadoras das distintas marcas que engloba (Domino´s Pizza, Burger King, Starbucks, Vips, Canas e Tapas...)

Trala crise desatada polo coronavirus, a empresa presentou rapidamente un ERTE para garantir os seus beneficios multimillonarios. A súa penosa xestión do mesmo supuxo que agora non podamos sequera cobrar o desemprego ate maio. ALSEA/ZENA desentendeu-se por completo dos traballadores/as. Unicamente ingresáronnos o salario dos 13 días traballados en marzo, ¡200 ou 300 euros de media! Como imos sobrevivir así durante todo un mes? É inaceptábel que unha multinacional que factura máis de 2.000 millóns de euros ao ano deixe sen ingresos aos seus traballadores.

Esiximos ao Ministerio de Traballo, dirixido por unha sindicalista, e á Administración Pública que tome xa cartas no asunto e obrigue a esta multinacional a pagar aos seus traballadores/as ate que teñamos acceso á prestación por desemprego e que revise a validez deste ERTE inxusto e abusivo. Non podemos permitir as nosas condicións de vida máis básicas sexan atacadas. Necesitamos un Plan de urxencia para que esta crise non a paguemos as traballadoras senón as grandes empresas e os seus propietarios

Esta denuncia/petición vai dirixida ao:
- Ministerio de traballo e económia social
- GRUPO ZENA DE RESTAURACION ALSEA IBERIA

Ministerio de Traballo e Economía Social: ALSEA (Vips, Starbucks, Domino´s...) condena a 22​.​000 familias á miseria ¡Solucións xa!"

Para asinar a petición aquí:

http://chng.it/65G28QjZx2

#Coronavirus
#Covid19
#Galiza

Avantar: Denuncian que o ERTE no grupo Zena-Alsea deixará a milleiros de traballadores/as con até o 50% do salario | Delegados/as da CIG critican que CCOO, UGT e FETICO estean dispostos a asinar o acordo. | Ir á Web.

Info baseada na enviada por:
xuliamiron
-xuliamiron@gmail.com-
12 de abril de 2020 09:22

_______

venres, abril 10, 2020

Cazolada hoxe venres, 10 de abril, ás 12 do mediodía convocada pola CIG: Protección social sen exclusións; Emprego e ingresos garantidos; Seguridade para quen traballa... Que non confinen os teus dereitos - Vídeos


A CIG chama a unha xornada de protesta o 10 de abril para esixir medidas de protección social xustas. | Baixo a consigna #QueEscoiten, a central anima a facer unha cazolada ese día, ás 12h, dende as fiestras
A CIG convoca unha mobilización social para o venres, 10 de abril, para trasladar o malestar que existe entre a cidadanía ante a xestión errática, caótica e insuficiente na crise sanitaria, que tamén é social e económica, derivada da pandemia do COVID19. Con esta mobilización, quérese demandar medidas de protección social sen discriminación entre colectivos, garantías de que as familias teñen ingresos suficientes e que se cobran en tempo as prestacións, así como reforzar as medidas de prevención para garantir a saúde das traballadores e traballadores dos sectores que continúan a súa actividade.

🚨 Venres 10 de abril: #QueEscoiten  
🕛 12h cazolada desde as fiestras


📌 Reivindicamos:
☂️ Protección social sen exclusións 
🥖 Emprego e ingresos garantidos 
⛑️ Seguridade para quen traballa

➡️ Comercio, pensionistas, portuarios, TIC, chaman á cazolada do 10-A #QueEscoiten
➡️ Canteiras, transporte e limpeza de hospitais chaman á cazolada do 10-A #QueEscoiten
➡️ 🚑Persoal de ambulancias e emerxencias chama á cazolada do 10 de abril. #QueEscoiten
➡️ Persoal da limpeza viaria e recollida do lixo chama á cazolada do 10 de abril. #QueEscoiten
➡️ Compañeiras dos 🎧centros de chamadas chaman á cazolada do 10 de abril. #QueEscoiten...










Canle Avantar:
https://www.youtube.com/user/avantarvideos/

Confederación Intersindical Galega - CIG

Unión Comarcal de Ferrol
Rúa Eduardo Pondal, 41/43 entrechán
15403
Ferrol
981358750
981358760
ferrol@galizacig.gal

https://cig.gal/avantar.html

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
9 de abril de 2020 22:31

_______

venres, marzo 06, 2020

10 de Marzo 2020: Recuperar dereitos para Avanzar - Actos polo 'Día da Clase Obreira Galega' en Ferrol


CIG FERROL INFORMA

10 DE MARZO  DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA

"Recuperar dereitos para Avanzar", está a ser a nosa loita nos últimos tempos, 48 anos despois do asasinato de Amador e Daniel.

Recuperar dereitos que nos foron roubados, conqueridos pola clase traballadora ao longo de moitas loitas, como a do 1972 en Ferrol.

Xermolo do sindicalismo nacionalista. É por iso que o 10 de marzo é un día moi importante para a clase traballadora galega, que temos que transformar non só nun dia de lembranza e recordo, senón nun día de loita.

Polo tanto facemos  un chamamento a participar nos actos que a CIG ten programados para ese día.

➤ As 10:30 h.  imos celebrar unha Asemblea de Delegadas/os, (aberta a máis participación) na cal proxectaremos un vídeo sobre dita data.

➤ As 12:30 h.  faremos a Ofrenda Floral ao pé da estatua  do 10 de marzo.

➤ As 20:00 h.  Manifestación con saída  dos locais da CIG-Ferrol.

Sen máis, e esperando a túa participación, recibe un saudo nacionalista e de clase.

Manuel Anxo Grandal Anca
Secretario Comarcal CIG-Ferroll

Enviado:
CIG FERROL INFORMA
-cig@cig.gal-
5 de março de 2020 19:14

_____________

luns, xullo 22, 2019

A Sección Sindical da CIG en Mercadona denuncia que a corporación do comercio de alimentación, ameza con sancións ao persoal que ten tatuaxes en zonas visíbeis se non as oculta


Na rolda de prensa participaron @s delegad@s da CIG en Mercadona d'A Coruña.

Entre eles a presidenta do comité de empresa María López Alejos, e André Abeledo, delegado de persoal da comarca de Ferrolterra.

Abeledo indicou que "non podemos permitir que se sigan a vulnerar dereitos fundamentais das traballadoras e traballadores", "a actitude da empresa é arcaica e esta fora de lugar nos tempos que vivimos".

Mercadona ameza con sancións ao persoal que ten tatuaxes en zonas visíbeis se non as oculta.

A sección sindical da CIG denuncia que esta persecución atenta contra os dereitos das/os traballadoras/es.

Prohibidas as tatuaxes visíbeis e os piercings. Esa é a consigna que Mercadona instrúe a todo o seu persoal chegando mesmo a ameazar coa imposición de sancións a aquelas traballadoras e traballadores que non oculten estes adobíos. Así o denunciou este venres en rolda de prensa a sección sindical da CIG, quen advirte que esta persecución atenta contra os dereitos individuais e constitúe unha manifestación máis da política de férreo control que Mercadona exerce sobre as súas traballadoras e traballadores.

"Aínda que de momento non pasou do apercibimento verbal, o persoal que ten tatuaxes visíbeis está recibindo todo tipo de presións e ameazas para que as tapen", explica a presidenta do comité provincial da Coruña, María López Alejos, quen cualifica esta política laboral como totalmente extemporánea, vulneradora de dereitos e irrespectuosa co persoal.

Sinala que, no camiño de adaptarse aos tempos actuais, no último convenio colectivo se retiraron aqueles puntos que facían referencia as sancións por incumprir o aspecto físico esixido as traballadoras e traballadores. "Non obstante, a realidade é que en Mercadona están prohibidas as tatuaxes, ao igual que o piercings, e que a empresa ameaza con sancionar a quen as loce".

A este respecto, engade a presidenta do comité, Mercadona ten incluso un código de como ocultar as tatuaxes, dependendo da parte do corpo na que estean: no pescozo con maquillaxe, no brazo cunha venda, etc. "A clientela nunca se queixou porque algunha traballadora ou traballador teña unha tatuaxe. Ao contrario, chámalles moito máis a atención que vaiamos cun pegote de maquillaxe ou cunha venda", subliña.

Situación especialmente grave na tenda de Marineda City.

Pero esta persecución non ten a mesma intensidade en todos os centros de traballo, e mentres nunhas tendas a prohibición tómase con maior lasitude, noutras como o supermercado de Marineda City, as ameazas son constantes. Tanto é así, explican, que un día, aproveitando a ausencia das delegadas da CIG, a encargada reuniu nas dúas quendas laborais a todo o persoal para reiterarlles que non se poden levar á vista as tatuaxes e lembrarlles que quen non cumpra esta obriga pode ser obxecto de sanción.

"Ao día seguinte, un  traballador non cubriu a tatuaxe que ten no brazo e foi rapidamente chamado á oficina. Alí a encargada, con dúas testemuñas, díxolle que tiña que tapala porque esa é a política da empresa. Cando o traballador lle respondeu que o convenio non recolle nada sobres este asunto, a encargada díxolle que se dera por informado e lanzoulle ameazas veladas".

Para a CIG, que se poida chegar a sancionar a unha compañeira ou compañeiro por este motivo non só resulta inconcibíbel nos tempos actuais, senón que atenta contra o dereito á propia imaxe e ás liberdades individuais. Por iso, advirten que "non imos amedrentarnos ante ningunha ameaza e seguiremos a defender a dignidade e os dereitos do persoal". E engaden que, atrás desta persecución, o que en realidade se agocha son os intentos de Mercadona por dobregar e controlar ao seu persoal.

A CIG tratou esta prohibición nas reunións trimestrais coa empresa.


A sección sindical da CIG levou esta problemática nás reunións trimestrais do comité e a empresa, que se limitou a asegurar que esta orde forma parte da política interna de Mercadona. "Cando lle pedimos que nos mostraran onde está recollida a obriga de tapar as tatuaxes, a resposta foi que hai que respectar a uniformidade, a neutralidade e a seguridade alimentaria e que, presuntamente, nos informan de palabra cando nos contratan".

Dende a CIG pídeselle a empresa que avance canda a sociedade e permita ensinar as tatuaxes se non teñen contido ofensivo, "pero até o momento non nos contestaron e continuamos igual". De feito, ao persoal con tatuaxes nos brazos Mercadona nin sequera lle entrega o uniforme de verán, polo que teñen que traballar todo o ano en camisa de manga longa.

A obsesión de Mercadona pola imaxe do seu persoal chega até o punto de que se prohibe ás traballadoras e traballadores asistir ás reunións de empresa con pantalón vaqueiro, pantalón curto, chándal, sandalias ou zapatillas deportivas.

Agardando que sexa do voso interese.

Un cordial saúdo.

A Coruña, a 19 de xullo de 2019

Sección Sindical da CIG en MERCADONA.

Enviado por:
CIG en Mercadona
-cigmercadona@gmail.com-
21 de julho de 2019 15:28

________________

xoves, xuño 27, 2019

En Ferrol, como nas outras cidades da Galiza, o vindeiro sábado 29 de Xuño, a CIG chama a participar nas convocatorias do 28X, 'Día do Orgullo LGTBIQ: medio século de loita e reivindicación da diversidade' - Declaración da CIG


A CIG esixe equiparación de dereitos para as persoas LGTBIQ, rememorando a revolta de Stonewall, 50 anos despois

Sumámonos ao orgullo pola diversidade afectivo sexual e de xénero, e á loita LGTBIQ facendo un chamamento a participar en todas aquelas actividades, concentracións e mobilizacións organizadas polos distintos colectivos.

En Ferrol: Manifestación (o 29 de xuño) ás 12 horas desde a Praza Amada García (Organiza: Avante LGTB Apoia: Marcha Mundial das Mulleres)



28-X, Día do Orgullo LGTBIQ: medio século de loita e reivindicación da diversidade

A CIG reitera o seu compromiso e a súa aposta pola igualdade social, a visibilidade da diversidade afectivo sexual e a non discriminación. Ao tempo, a central sindical denuncia que de nada vale contar con lexislacións efímeras como a Lei pola igualdade e non discriminación de persoas LGTBI en Galiza, aprobada  hai cinco anos e da que só coñecemos o Observatorio Galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero, recentemente constituído por tan só 3 colectivos LGTBI do total do 25 que o compoñen, ou a elaboración do Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero, mais do que descoñecemos  a súa aplicación. De feito, se consultamos a información dispoñíbel na web da Consellaría de educación, comprobaremos como nin tan sequera contan con materiais didácticos propios para traballar na diversidade en educación primaria e secundaria, pendurando os elaborados por outras entidades, unha mostra clara do desleixo ante un tema que non foi nunca prioridade na súa actividade política, como se reflicte no rexeitamento da toma en consideración da lei trans no parlamento Galego no 2017.

DECLARACIÓN DA CIG

Hai 50 anos, na madrugada do 28 de xuño de 1969,  tivo lugar no Stonewall Inn, un bar do barrio Greenwich Village, de Nova Iorque, unha revolta levada a cabo por persoas negras, trans e migrantes, contra os abusos e persecucións das forzas policiais contra o movemento LGTBI, pola súa disidencia contra a heterosexualidade como norma, e que supuxo o inicio da visibilización das súas demandas nos espazos públicos, nas rúas.

Medio século dunha revolta nacida como loita de clase, antirracista e de xénero, que posibilitou a formación dunha comunidade unida e combativa contra todas as  barreiras e discriminacións que afectan ás persoas que defenden a diversidade sexual, ou que se identifican como gais, lesbianas, trans, bisexuais, intersexuais.... segue a ser necesario esixir o dereito das persoas a vivir en liberdade sexa cal sexa a súa opción afectiva e sexual, a identificación co rol de xénero ou a súa identidade.

Porque aínda que as imaxes que ao sistema capitalista lle interesa difundir da conmemoración do  28 de xuño é  a explotación económica da mobilización, reducidas a un formato estrictamente lúdico, desposuídas da súa carga reivindicativa, banalizando con demasiada frecuencia unha loita social, mesmo invisibilizando ou marxinando aos corpos que non responden ao patrón consumista que pretenden impoñer, cando segue a ser unha loita necesaria e urxente denunciar que as persoas que non encadran cunha identidade ou cunha opción afectiva sexual heternormativa seguen a sufrir hoxe en día diferentes opresións, acoso e mesmo agresións.

Porque debemos educar ás crianzas en liberdade. Aprenderlles que hai multitude de identidades, que poden ser cis, trans, heterosexuais, bisexuais, lesbianas, homosexuais, intersexuais, ou calquera outra coa que se sintan identificadas.

Porque tal e como pretenderon facer coa conmemoración do 8 de marzo, non debemos esquecer a orixe do 28 de xuño e renderlle homenaxe á denuncia, á reivindicación e á loita de moitas persoas que eran perseguidas polo propio sistema que debería protexer os seus dereitos.

Por iso, desde a CIG, ante a conmemoración dun novo 28X:

• Denunciamos as discriminacións, a vulneración de dereitos e as agresións contra as persoas que exercen unha disidencia de xénero, afectiva ou sexual diferente a heteronormativa nas escolas, nos xulgados, nos traballos, nas rúas ou nos lugares de ocio da Galiza.

• Denunciamos as discriminacións tanto no eido laboral (vulneración do dereito á intimidade nos procesos de selección, non renovación de contratos, acoso, dificultades na promoción, denegación de prestacións e permisos á parella, despedimentos...), como no social, e mesmo no ámbito educativo desde idades moi temperás (agresións, insultos, invisibilización, illamento, acoso e ciberacoso...), que sofren moitas galegas e galegos pola súa opción afectivo-sexual ou pola súa identidade de xénero.

• Que a pesares das múltiples denuncias contra o Plan galego anti VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS) 2015-2018, por vincular a homosexualidade cun maior consumo de drogas ou cunhas prácticas sexuais proclives a contraer sida, o plan non foi modificado, e pese a chegar ao seu remate, non se redactou un novo libre da estigmatización e os estereotipos que contén o anterior, aínda vixente.

• Que a Carteira de servizos comúns do Sistema Nacional de Saúde vincula  os  tratamentos de reprodución humana asistida (RHA) á existencia dun trastorno documentado da capacidade reprodutiva, constatada tras un protocolo diagnóstico, ou tras a ausencia de consecución de embarazo despois dun mínimo 12 meses de relacións sexuais con coito vaxinal sen emprego de métodos anticonceptivos, excluíndo por tanto, ás mulleres lesbianas da posibilidade de ser nais.

• Que a pesares dos distintos cambios de goberno que tiveron lugar no estado español, seguimos a sufrir os efectos dunha lei educativa, a LOMCE, que impide termos un sistema educativo propiamente galego, público, gratuíto, laico, científico, coeducativo e democrático; imposibilita un tratamento adecuado da diversidade afectivo sexual no ámbito educativo e, por tanto, fica lonxe o obxectivo de acadar unha educación igualitaria e respectuosa coa diversidade de opcións sexoafectivas e de identidade.

Por todo o exposto, esiximos, un ano máis ao goberno da Xunta:

• Que  garanta o dereito á protección da saúde das persoas trans, incluíndo os tratamentos clínicos necesarios que así se soliciten, como a vaxinoplastia, glotoplastia, faloplastia, mamoplastia, masectomia, entre outras no catálogo de prestacións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

• O respecto á diversidade das persoas cuxa identidade rexistral non coincide coa súa identidade de xénero.

• O acceso á reprodución asistida no sistema sanitario público galego por parte daquelas mulleres que así o soliciten, teñan ou non parella, sexan lésbicas ou bisexuais.

• Dotación orzamentaria que permita poñer en marcha á Lei de Igualdade 2/2014 de 14 abril pola igualdade e non discriminación de persoas LGTBI en Galiza,  e o Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero, facendo as modificacións oportunas na lexislación vixente co obxecto de estabelecer un réxime sancionador, incluíndo a protección integral contra os delitos de odio, axilizando as denuncias e a protección das persoas afectadas, así como formación transversal en diversidade a todos os colectivos implicados (persoal sanitario, persoal do ensino, operadores xurídicos, forzas e corpos de seguridade do estado).

• Esiximos que todas as persoas, independentemente da súa orixe, do seu estado civil, ou da situación legal na que se atopen, poidan ser atendidas nos servizos públicos de saúde e teñan cubertos os seus tratamentos médicos, sen que teñan que facer alusión ás súas prácticas sexuais.

• A promoción dun ensino laico e de calidade que integre a dignificación e o recoñecemento das diferentes opcións sexuais e a diversidade familiar, educando na liberdade para enfocar a vida persoal e sexual de cada quen, a través da visibilidade desta realidade diversa nas materias educativas, impulsando e apoiando aquelas producións culturais que inclúan a realidade LGTBI para potenciar referentes positivos da homosexualidade, bisexualidade, transexualidade e intersexualidade, poñendo especial fincapé na súa divulgación nos centros de ensino infantil, medio e superior.

• Que se aprobe unha Lei Galega de Identidade de xénero que garanta o recoñecemento e a existencia da comunidade trans, a través da posta en marcha de medidas no ámbito educativo, sanitario e xudicial.

• Programas de  prevención da LGTBIfobia, e de asesoramento LGTBI, dirixidos aos departamentos de orientación dos centros educativos e mesmo ás asociacións de nais e pais, combinando con campañas específicas para a prevención e erradicación do acoso escolar LGTIfóbico.

• A nivel laboral, a erradicación das actitudes homo/lesbo/bifóbicas/transfóbicas, instando a adoptar medidas que eviten calquera tipo de discriminación no acceso e mantemento do emprego, que eviten e persigan o acoso laboral, propiciando a igualdade de oportunidades e de trato de todas e todos os traballadores. Para tal fin, promoverase a negociación dun protocolo de prevención e actuación ante o acoso por identidade afectiva ou sexual nas empresas.

Desde a CIG reiteramos un ano máis o noso compromiso e a nosa aposta pola igualdade social, a visibilidade e a non discriminación e sumámonos ao orgullo pola diversidade afectivo sexual e de xénero, e á loita LGTBIQ facendo un chamamento a participar en todas aquelas actividades, concentracións e mobilizacións organizadas polos distintos colectivos en torno ao 28 de xuño.

A Coruña: Manifestación no Obelisco ás 20:30 horas (Organizan: Alas Coruña, Les Coruña, Orgullo Coruña, Casco)
Ferrol: Manifestación (o 29 de xuño) ás 12 horas desde a Praza Amada García (Organiza: Avante LGTB Apoia: Marcha Mundial das Mulleres)
Lugo: Concentración na Praza da Horta do Seminario ás 19:30 horas (Organiza: Avante LGTB)
Santiago: Manifestación ás 20 horas desde a Praza 8 de marzo  (Organizan: Avante LGTB, Arelas Asociación de familias de menores trans, AmiZando)
Ourense: Marcha do Orgullo desde a Praza de San Marcial ((Organiza: Asembleia Orgulho Ourense)
Pontevedra: Concentración ás 20 horas na Peregrina (Organiza: Avante LGTB)
Vigo: Manifestación (o 29 de xuño) desde a Praza da Pedra ás 20:30 horas (Organiza: Asociación NósMesmas)

https://www.cig.gal/

Enviado por:
Confederación Intersindical Galega
-cig@cig.gal-
27 de junho de 2019 18:00

_____________