Amosando publicacións coa etiqueta Eleccións Municipais 2015. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Eleccións Municipais 2015. Amosar todas as publicacións

mércores, marzo 18, 2015

Sair desta agonía, ... Por Rafael Pillado

Por Rafael Pillado [*]
18.03.2015

A despoboación de Ferrol era motivo do debate público, estes días. O alcalde negaba que os habitantes da cidade fosen 69.300 como di o Instituto Galego de Estadística, afirmando que son 70.549. Sorprendido, ó parecer, afirmaba que “algo hai que cambiar”, e suxería recuperar o sector naval, aproveitar o porto e potenciar a produción da ría. ¡Que magoa que se de conta agora, despois  de catro anos!

Francamente, o debate é, por que a poboación ven diminuíndo dende hai anos, sen que os diferentes gobernos puxesen remedio? Por que, en estes perto de catro anos, a caída é dunhas 4.000 persoas? Por que, a perda de valor do patrimonio de tódolos ferroláns, individual e colectivo? Por que non quixeron darse conta antes, do empobrecemento xeneralizado?.

Como di algún dos expertos, pode influír que algúns fosen a Narón, na procura de vivenda máis barata, ou que emigrase un número significativo de militares. Incluso, que non se atendera a política demográfica, para chegar agora o número de habitantes máis baixo da historia. Algúns fóronse e manteñen o empadroamento. Exemplos familiares teño.

Si, é certo, ¡estamos coa poboación máis baixa da historia! Pero isto non caeu do ceo. Vexamos: Os partidos que gobernaron no Estado o longo da transición, adicáronse a dicir unhas cousas mentres estaban na oposición e o contrario cando tiñan nas súas mans o goberno, utilizando subterfuxios. O desenvolvemento económico necesario, pasaba por promesas case sempre incumpridas. Incluso, cando cargamos coa maioría dos custes por catástrofes no mar, outros sacaron rendibilidade, construíndo enormes infraestruturas, e os nosos prebostes mirando para outro lado.

As comunicacións por autovía, chegaron cando o consideraron útiles para eles, e incluso, se desviou a do Cantábrico, para favorecer a outros e impedir que conectásemos coa costa de Lugo. O tren a Prioriño, é utilizado unha vez tras outra, cando chegan as eleccións.

Desprazouse parte importante da Armada, sen que se puxesen en marcha iniciativas que paliasen as consecuencias.

Calquera podía prever que, con actuacións así, acabariamos onde estamos. ¿E onde estamos hoxe?

En primeiro lugar,  con un sector naval paralizado e no camiño da desaparición. Primeiro, renunciando a el, na negociación con Europa, que paralizou Astano e deixou enferruxar a súa maquinaria. Incluso, agora que se podería construír para o sector civil, carecemos de proxectos, cumpríndose  a sospeita de que ó PP non lle interesa o sector naval público. Segundo, deixando que a Bazán fose perdendo boa parte das súas capacidades, en un proceso de privatización da súa tecnoloxía, prescindindo de capacidade profesional, para privatizar beneficios a traveso da subcontratación. E na práctica, deixándoa que se fose descompoñendo, carente de proxectos, sen contribución do Goberno de novos contratos, e deixando que algúns pertencentes a empresas españolas, fosen a Asia. O que pasa con Pemex, e a demostración de que nos últimos anos, xogaron con nos, coma unha buxaina.

En segundo lugar, a ría de Ferrol. Sábese que os dous grandes partidos estaban de acordo en facilitar que a ría fose lugar de emprazamento de industrias porcas.

Por iso, instalouse a planta de gas, na que estaban involucrados varios partidos, coa excepción de Esquerda Unida. Así o recolle un libro dun conselleiro de Pesca do PP. Pero aínda máis, non se fixo nada por saneala, senón que, se pretendía ocupar aínda máis espacio para novas instalacións industriais. O aproveitamento marisqueiro é moi limitado.

E en terceiro, o porto. Máis atentos á perspectiva de privatizalo que a construír unha plataforma para o transporte internacional de mercadorías. A construción do porto de A Coruña, foi outra iniciativa de competencia co que aquí xa estaba en marcha, acordado entre os dous partidos alternantes no goberno do Estado.

Incluso, na actualidade, os recursos que deberan atender ás necesidades da poboación, son adicados a “hermosear” a cidade, en tanto, cerran cada día comercios, un tras outro, expulsando ó paro a traballadores que levan toda a súa vida aí. Nas calles aparecen por todas partes pobres de pedir, sen que se promovan medidas que dean solución á súa situación desesperada. Claro que tamén se alimentou a proliferación de areas comerciais, acabando con produtores e comerciantes. E seguimos no mesmo camiño.

Si, algo hai que facer. O primeiro consiste en cambiar o goberno municipal, ensimesmado nos cantos de sirena e ausente da realidade. Porque este goberno é subsidiario e da soporte a quen aplican as políticas de recortes na sanidade, ensino, pensións, dereitos e liberdades; cómplice da banca no roubo de preferentes, acribillado por casos de corrupción.

Temos que conseguir concellos ao servizo dos cidadáns, que garanten os dereitos básicos como a alimentación, auga, vivenda, sanidade, ensino, electricidade … Que recuperen para todos os servizos básicos hoxe privatizados para beneficio de uns poucos. Que tomen medidas urxentes cara ó paro galopante, xerando alternativas adquiribles aos concellos, ademais da promoción económica e industrial.

Claro que isto só pode vir da man de quen, comprometidos co a maioría da sociedade, veñen promovendo os movementos sociais, xunto coas forzas políticas progresistas. E non cabe enganarse, sen o compromiso directo dos cidadáns, non hai saída.

Non vai ser posible da man dos vellos aparatos, precisamos candidatura e programa elaborados de forma aberta en contacto directo coa inmensa maioría que padece esta situación. Unidade e compromiso cidadán, son indispensables para producir un cambio político de fondo. Non actuar así, conduce o fracaso colectivo.

Si, algo hai que facer, cambiar de verdade, contar con todos. E é urxente.

Publicado polo en Diario de Ferrol, 15.03.2015

[*] Rafael Pillado Lista, San Cibrao (Cervo) o 12 de xuño de 1942,  é Vicepresidente da A.C. Fuco Buxán e membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Foi un activista sindical e político nos anos da ditadura franquista, sen deixar nunca a súa actividade social e política. Participou no Encontro Social e na Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra. Agora fai-no nas Marchas da Dignidade de Ferrolterra. Escribe artigos sobre a actualidade nos medios locais. Ten escrito un importante e moi interesante libro sobre unha parte da nosa historia recente "O Latexo da vida e da conciencia - Memorias Colectivas de Rafael Pillado - I (Primeiro Volume)".

Enviado por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
16 de março de 2015 07:30
http://www.fucobuxan.net
__________

Debate en TV Ferrolterra, do pasado 12 de marzo, sobre a situación económica do Concello de Ferrol, con Alejandro Langtry (PP), Juan Fernández García (IF) e Iván Rivas Rico (BNG)


Moi bon papel o desenvolto por Ivan Rivas no debate sobre a situación económica do Concello de Ferrol na TV local

Dous vídeos de moito interese, que reproducen a emisión do programa 'Debate', presentado por Fernando Rodríguez, na Televisión Ferrol, onde o concelleiro do Partido Popular, no goberno municipal, Alejandro Langtry, responsábel da Área de Economía, Facenda, Emprego e Recursos Humanos, debate co concelleiro do BNG, Iván Rivas Rico e o concelleiro de IF Juan Fernández García, socio do Partido Popular no Concello de Ferrol.


https://youtu.be/oUKP4W1oJg0


https://youtu.be/MYidU8qxNJE

Fonte: Canle de Televisión Ferrol.
______________________

luns, marzo 16, 2015

Mareas Cidadás e Iniciativas Municipalistas reuníronse en Pontevedra para acadar formulas de colaboración - A Marea Ártabra participou no Encontro - A declaración de Pontevedra: A Cooperación dos Espazos de Unidade


Marea Pontevedra foi a anfitrioa este domingo dunha xuntanza de Mareas Cidadás e Iniciativas Municipalistas de distintas cidades e vilas de Galicia. | A Marea Ártabra participou no Encontro. | A declaración de Pontevedra: A Cooperación dos Espazos de Unidade.


Tal como sinalou o candidato da Marea Pontevedra, Luís Rei, “desde Pontevedra, queriamos poñer os consensos da Marea Pontevedra ao servizo do resto das Mareas e facilitar espazos de cooperación efectivos
Para Marea Pontevedra tratase “de candidaturas municipalistas, de unidade cidadá, e soberanas nas nosas decisións; pero non candidaturas localistas senón que temos visión nacional.

De candidaturas de cambio local, pero entendemos tamén que existe un cambio global que non debemos perder de vista.

De candidaturas democráticas e contrarias a manter estruturas como as deputacións, pero somos conscientes da importancia que estas teñen na vida diario dos nosos concellos
”.

Nesa dirección o encontro serviu para aprobar unha declaración que co titulo “a cooperación dos espazos de unidade” vai ser enviada ás case cuarenta iniciativas cidadás para a súa adhesión.

Entre as mesmas estará Marea Atlántica e as outras Mareas das sete cidades galegas (Compostela Aberta, Lugo Novo, Marea de Vigo, Marea Ártabra, Ourense en Común, e a propia Marea Pontevedra), ademais de outras de vilas como Ames Novo, Ribadeo en Común, Boiro Novo, Ribeiro en Común, Betanzos Novo, Marea Marín, entre outras.

A DECLARACIÓN DE PONTEVEDRA
A COOPERACIÓN DOS ESPAZOS DE UNIDADE


Reunidas en Pontevedra Mareas Cidadás e Iniciativas Democráticas que concorreremos ás próximas eleccións municipais DECLARAMOS:
As eleccións europeas de 2014 deixaron aberta no sistema político bipartidista unha fenda que reforza o discurso social de que o cambio é posible e, asemade, estimula a acumulación de forzas nun ambicioso e esperanzador proceso de unidade popular.

Nesta conxuntura, as vindeiras eleccións municipais constitúen unha oportunidade única para avanzar cara á creba democrática, na estela do ciclo aberto polo movemento democratizador do 15M hai catro anos. Este avance reclama proxectos de auto-organización popular e unidade de acción coma os que están artellando mancomunadamente as forzas políticas e sociais incardinadas nun espazo de ruptura co réxime.

Promovidos por distintos axentes sociais e políticos activos, constituídos en cidadanía auto-organizada, os procesos de conformación de candidaturas populares están xa espallados por un gran número de concellos de todo o país, conformando un abano amplo e diverso.

Somos candidaturas municipalistas, de unidade cidadá, e soberanas nas nosas decisións; pero non somos candidaturas localistas senón que temos visión nacional.

Somos candidaturas de cambio local, pero entendemos tamén que existe un cambio global que non debemos perder de vista.

Somos candidaturas democráticas e contrarias a manter estruturas como as deputacións, pero somos conscientes da importancia que estas teñen na vida diario dos nosos concellos.

A confluencia desde a base, xerada para dar respostas ás dinámicas propias de cada localidade, pídenos agora un segundo paso cara á conformación dunha rede que outorgue a máxima visibilidade á aposta por ese proceso de ruptura no conxunto do país, para posteriormente cooperar desde as institucións e nos gobernos municipais para mudar a realidade.
Facemos un CHAMAMENTO a todas as candidaturas municipais do espazo de ruptura a sumarse a esta declaración como actores principais e decisivos e buscar formulas de colaboración cara as leccións municipais de maio.

Pontevedra, a 15 de Marzo, de 2015

A Declaración en formato pdf | Acceder/Baixar.

Fonte web da Marea de Pontevedra.

A noticia en diferentes medios:

Galicia Confidencial | 15.03.2015 | As "Mareas Cidadás" inician o proceso de unión para as municipais. | As distintas candidaturas de unidade popular non desartan alianzas para trasladar o cambio ás deputacións. Destacan que son as continuadoras das protestas do 15M e apuntan que "o cambio é posible". | Ir á Web.

Praza Pública | 15.03.2015 | Mareas municipais apostan por formaren unha "rede" con "visión nacional". | Ir á Web.

Europa Press | 15.03.2015 |     
Mareas cidadás reivindican a "soberanía" das súas decisións. | Marea Pontevedra insta a todas as candidaturas municipais do "espazo de ruptura" a sumarse á declaración aprobada este domingo. | Ir á Web.
_____________

xoves, marzo 12, 2015

É o crecemento a única saída? Políticas municipais decrecentistas, ... Por Luís González Reyes

Polo seu interese, desde Ártabra 21 recomendamos a lectura e estudo, deste moi interesante artigo do activista ecoloxista, Luís González Reyes que nos recomendan desde o Portal do Decrecemento e que foi publicado no xornal de economía "O salmón Contracorrente" (El Salmón Contracorriente). Bon proveito, saúde e liberdade.

Por Luís González Reyes [*]
12.03.2015


É o crecemento a única saída? | Políticas municipais decrecentistas.

O decrecemento poderíase resumir como o movemento tendente a axustar a actividade das sociedades aos recursos dispoñíbeis nun determinado territorio de maneira que as necesidades humanas estean cubertas de forma universal e sostíbel no tempo.

No contexto de aquí e hoxe, o decrecemento significa, polo menos, dúas cousas: redución do consumo de materia e enerxía, e redistribución da riqueza. O primeiro dos factores xa está ocorrendo parcialmente (é especialmente patente o descenso do consumo de petróleo). E o consumo reducirase aínda máis como consecuencia do colapso do capitalismo global que está sucedendo e que será especialmente duro no noso contexto [1]. Con todo, esta redución non pode cualificarse de decrecemento xusto. Por unha banda non se está realizando cunha reordenación do modelo de produción e consumo. Menos aínda se está cambiando o sistema económico, polo que a degradación ambiental está aumentando en lugar de diminuír. Actúase coma se estivésemos aínda nun "mundo baleiro", cando a nosa contorna está "saturada". Este descenso do consumo dista moito de ir por bo camiño por un segundo factor: en lugar de avanzar cara a sociedades máis igualitarias, está agravando as brechas de desigualdade.

Axustar o metabolismo humano aos condicionantes biofísicos da contorna pasa por reducir o consumo de materia e enerxía, o que require medidas que, ademais de diminuír a extracción de recursos bióticos e abióticos, maximice a reutilización e o reciclaxe, centre a economía no local, e obteña a enerxía de fontes solares. Tamén implica ensanchar o espazo de fontes dispoñíbeis a longo prazo mediante unha economía baseada en biocompostos, máis que na minería. Ademais, require superar o "mundo saturado", recuperando unha biosfera que volva permitir ter marxe de erro ás sociedades deixando territorios non humanizados, que desfaga o camiño andado no Antropoceno cara a unha era na que o conxunto do planeta non estea fortemente condicionado polo ser humano.

Os cambios de gran calado que van ser necesarios para avanzar cara a un decrecemento xusto só poderán ser impulsados pola autoorganización social. Con todo, iso non quere dicir que as institucións actuais non poidan axudar a catalizar eses cambios. Moitas das competencias políticas para favorecer este decrecemento xusto residen en ámbitos supraestatais (UE, OMC, TLC); outras, en niveis estatais; pero desde as comunidades autónomas e desde os municipios pódense facer tamén moitas cousas. Sen ánimo de esgotalas todas, nin de anular outras, presentamos algunhas propostas.

Desde o ámbito local pódese favorecer a pechadura de ciclos
1. Políticas de redución dos residuos. Entre outras estarían as de diminución do envasado mediante medidas de apoio da venda a granel ou sistemas de devolución e retorno de envases.

2. Impulsar formas de compartir recursos en lugar de usalos de forma privada. Isto é aplicable ao transporte, as lavadoras, e moitos outros obxectos, non só aos libros dunha biblioteca.

3. Introdución da recolleita selectiva de materia orgánica mediante medidas como o porta a porta ou o quinto contedor, que están tendo resultados moi bos en pequenos municipios (por exemplo do País Vasco) e grandes (como é o caso de Milán). Notas de Ártabra 21.- Na Comarca do Alto Eume, temos o caso do Concello de San Sadurniño gobernado polo BNG, con Secundino Garcia Casal de Alcalde e a colaboración de ADEGA [Ferrol 360 | Web Concello ]. Donosti (Guipuzkoa) proba o quinto contedor. A recolleita e tratamento do lixo e residuos pode ser unha oportunidade para a creación de emprego.
A contorna próxima é o lugar idóneo para promover un modelo alimentario sostíbel
4. Impulsar dietas pouco carnívoras, e baseadas en alimentos de tempada, de proximidade e de cultivo agroecolóxico. Os municipios, ademais de mediante ordenanzas e a política fiscal, poden impulsar isto nos espazos de restauración colectiva que controlan (escolas infantís, centros de persoas maiores, hospitais). Tamén favorecendo a creación de grupos de consumo mediante a cesión de espazos e recursos persoais e materiais para iso.
O municipio e a comunidade autónoma pode procurar unha ordenación do territorio con perspectiva ecosistémica
5. Planificación e execución dun urbanismo de proximidade, é dicir, achegar os servizos que as persoas necesitan para lograr que a maioría dos desprazamentos se poidan facer andando. Experiencias deste tipo xa existen, por exemplo en Friburgo.

6. Rehabilitación do parque residencial co fin de conseguir unha drástica redución do consumo enerxético.

7. Fomento do aluguer fronte á construción de nova vivenda, incluíndo o impulso a cooperativas de dereito de uso. Isto supón cambiar a lóxica de propiedade privada, inherente ao capitalismo.

8. Diminución de espazo nas cidades para os coches en beneficio do transporte público, a bicicleta e o peón. Especialmente urxente é a moratoria na construción de máis infraestruturas de transporte (autovías, superportos, aeroportos, alta velocidade) nas que hai competencias a nivel autonómico.

9. Posta en marcha de políticas de reconexión entre os mundos rural e urbano encamiñadas a unha "rerruralización" social. Un bo compendio desas políticas é a elaborada no recente Congreso Internacional de Economía Solidaria. Entre moitas outras, desempeña un papel determinante a recalificación de terreos urbanos en rústicos.

10. Leis de protección do territorio encamiñadas a frear o extractivismo e a degradación ambiental, así como a liberación de transxénicos e compostos tóxicos. Neste ámbito ser podería seguir o ronsel das zonas libres de transxénicos ou de fracking.
Na contorna próxima e de pequena escala é posible potenciar as industrias verdes
11. Fomento do desenvolvemento de polos industriais baseados na enxeñería e química verde. Este modelo produce bens biodegradábeis cun baixo consumo enerxético, sen usar compostos tóxicos no proceso e nos que os residuos duns procesos convértense en materias primas doutros.

12. Medidas de aumento da eficiencia en todos os campos, tendo en conta que son necesarias, pero non suficientes. Isto implicará o investimento público para este fin.

13. Priorizar nos concursos e compras públicas as empresas respectuosas co medio ambiente e a xustiza social.
O municipio é un lugar privilexiado para fomentar o uso da enerxía xusta, de orixe solar e xestionada democraticamente
14. As administracións poden sumarse ás iniciativas que desenvolven as enerxías renovables a pequena escala e de forma cooperativa.

15. Impulsar e sufragar estudos de adecuación enerxética.

16. Profundización das ordenanzas municipais de impulso da instalación de enerxías renovábeis en vivendas e espazos públicos.

17. Propiciar a bioconstrución, no caso de que se requirise construír novos edificios.

18. Poñer en marcha unha Lei de Cambio Climático encamiñada á estabilización da concentración de CO2 a nivel planetario en 350 ppm mediante medidas de redución drástica das emisións de gases de efecto invernadoiro.
Os circuítos curtos, propios do municipio e a comunidade autónoma, son favorábeis á economía local, ecolóxica e solidaria
19. Impulso á creación de moedas locais que centren a economía no territorio próximo. Estas moedas xa existen en moitas cidades e, ademais, hai experiencias de impulsos municipais, como é o caso do SOL Violette, lanzado en Toulouse pola cidadanía coa axuda do concello.

20. Incentivar a economía solidaria e ecolóxica reorientando profundamente as políticas de fomento do "emprendimento".

21. Reforma tributaria de maneira que se pague en función da renda, e do consumo de materia e enerxía.

22. Políticas de prezos (da auga por exemplo) que non só penalicen o malgasto, senón que incorporen criterios de xustiza, á vez que garanten o acceso básico ao recurso.

23. Realizar auditorías cidadás á débeda pública, e abolir as ilexítimas e odiosas, xa que a débeda é un dos principais motores do crecemento.

24. Diminuír incentivos ao consumo. Un exemplo sería a limitación e o control da publicidade. Como pouco, as administracións municipais e autonómicas poderían reducir o espazo público dedicado a ela.

25. Incentivar o consumo de produtos de proximidade mediante medidas como os selos propios.

26. Loitar contra a firma de calquera novo tratado de libre comercio.

27. Fomento da agricultura ecolóxica, o transporte público, as enerxías renovábeis, etc., como sectores que crean máis emprego que os seus actuais contrapartes sucias.

28. Medidas encamiñadas ao reparto do traballo produtivo (como incentivos fiscais ás empresas que poñan en marcha unha xornada laboral de 35 horas) e reprodutivo (por exemplo, mediante campañas de posta en valor das tarefas de coidados).
No ámbito autonómico residen moitas das competencias en materia de educación para a sustentabilidade, pois son elas as que concretan o currículo marcado polo Ministerio
29. Inclusión nos currículos oficiais de contidos críticos, que atendan ao medio ambiente, a igualdade de xénero, a interculturalidade e a democracia desde a base. Todo iso debe facerse de forma transversal e explícita no traballo de aula.

30. Subvención de iniciativas de creación de materiais curriculares (libros de texto, unidades didácticas, material complementario) elaborados desde unha perspectiva decrecentista.

31. Impulsar e destinar recursos económicos, lexislativos e persoais a apoiar metodoloxías de ensino-aprendizaxe inclusivo e democrático, como, por exemplo, as comunidades de aprendizaxe.
Moitas destas políticas é probábel que teñan o visto bo do groso da cidadanía, sobre todo si se explican ben e se sitúan no contexto de crise sistémica do que xorden. Con todo, outras contarán cun importante rexeitamento de parte da poboación. Para superar ese rexeitamento farán falta dúas cousas. A primeira serán movementos sociais fortes que as empuxen mediante a súa mobilización e a creación de estruturas sociais que permitan unha vida digna ás persoas en sintonía coas necesidades decrecentistas. A segunda é avanzar cara á democratización social, entendendo que o xeito máis eficiente de levar a cabo cambios profundos a nivel social é que as persoas sexan protagonistas destes cambios, non articulacións verticais.

[1] Esta afirmación sustentámola extensamente Fernández Durán, Ramón e González Reyes, Luís: "Na espiral da enerxía" (En la espiral de la energía). Libros en Acción e Virus, 2014 [+Info] - No buscador libre DuckDuckGo. Fonte: Portal do Decrecemento. |  O xornal de economía "O salmón contracorrente" (El Salmón Contracorriente).

[*] Luís González Reyes -Madrid, 1974, é profesor e membro de Ecoloxistas en Acción, onde participa na súa Secretaría Confederal desde a fundación (e foi durante nove anos cocoordinador da organización). Actualmente é parte de Garúa S. Coop. Mad., onde se dedica á formación e a investigación en temas relacionados co ecoloxismo e a pedagoxía. Tamén traballa en FUHEM, onde é o responsable do desenvolvemento transversal dos contidos ecosociais nos seus tres centros escolares. É autor ou coautor dunha decena de libros con contidos que abarcan distintas facetas do ecoloxismo social. Ademais é doutor en químicas. Ecoloxismo, pedagoxía, investigación e moita enerxía. O seu Twitter.
__________________________

sábado, marzo 07, 2015

A necesaria unidade popular: Ferrol entre o ideal e o necesario, ... Por Alexandre Carrodeguas

Por Alexandre Carrodeguas [*]
07.03.2015


As próximas eleccións municipais, como di Xosé Manuel Beiras, van a ser unhas eleccións decisivas, onde nos xogamos a descomposición recomposición do actual réxime político.

Por iso temos que facer en Ferrol todos os esforzos que estean na nosa man para acadar unha única lista de unidade que represente a ese pobo que xa non atura mais e tanto leva sufrido.

Seguro que esa candidatura non será unha candidatura ideal, seguro que estará lonxe do que moitos e moitas ansiamos. Seguro que moitos queremos que remate a corrupción, que en Ferrol se volvan a facer barcos de inmediato, que recuperemos a poboación perdida dunha vez, que a sanidade e o ensino de calidade sexan unha realidade e que vai sendo hora tamén que dunha ría limpa e saneada poidan vivir miles de mariscadores e mariscadoras. Estas serían metas en que os mais nos sentiríamos recoñecidos, ideais de moitos e moitas que seguro que ninguén negara neste tempo histórico que nos tocou padecer.

Pero entre o ideal e o posible ten que existir a imprescindible confluencia. Por iso aquí e agora non estamos en condicións de sabotar ou renunciar a unha única candidatura de unidade popular para Ferrol.

Seguro que todos e todas teremos que renunciar a algo para acadar o cambio que Ferrol tanto precisa. Pero para acadar eses mínimos non debemos poñer por diante nin patriotismos partidarios nin prexuízos ideolóxicos. Neste tempo do labirinto histórico que non acaba de morrer e tantas incertezas nos presenta cara o futuro próximo, ten que ser posible acadar a converxencia que nos una para poder construír entre todos a obra da que falaba Castelao.

Se en Pontevedra e noutras cidades teñen confluído e apoiado unha única candidatura popular, actores tan diversos como plataformas en defensa da ría, plataformas de afectados pola hipoteca, porqué en Ferrol non pode ser posible; sobre todo tendo en conta escenas coma as que se reflexan neste pasaxe de Patricia Hermida; "Na cidade coa taxa máis alta de paro, a fame tórnase visible como aqueles campanarios dos pobos mergullados por pantanos: sete homes piden esmola entre a praza de España e a praza de Armas, familias preparan os cartóns para durmir nos soportais do teatro Jofre, as colas medran ante a Cociña Económica como naquelas fotografías dos EUA na Gran Depresión".

Vimos dun proceso de confluencia que non ten acabado de callar. Pero agora temos que dar por amortizado o pasado e estar a altura das circunstancias e ser capaces entre todos de defender e esta nosa xente das que nos fala Patricia, e afrontar xa as urxencias que Ferrol tanto necesita.

Estes días andamos a recorrer os barrios de Ferrol explicando os veciños e veciñas a estafa que supón o cobro da nova taxa do saneamento. Contábame unha veciña que cobra unha pensión non contributiva, que ten que pagar pola nova taxa mais de cuarenta euros, e que non pode poñer a calefacción por non poder afrontar o pago do recibo da luz. Pensemos nela.

O que se sente é que a veciñanza xa non atura mais falsidades, mais corruptelas, mais precariedade, mais gobernos municipais que gobernan de costas a esa mesma veciñanza e que o único que quere é simplemente poder vivir decentemente. Ten que ser posible a necesaria unidade popular. Fagámola posible. Ferrol meréceo.

[*] Alexandre Carrodeguas, activista social de Ferrol Terra, promotor de plataformas cidadáns en defensa do patrimonio urbanístico e cultural; defensor dos espazos públicos e da rehabilitación dos cascos históricos; membro de Verdegaia, do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e da Comisión Social de Seguimento da construción da infraestrutura de depuración e saneamento da marxe norte da ría de Ferrol. E un dos promotores da iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga e do saneamento en Ferrol.

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com
5 de março de 2015 23:28
______________

venres, marzo 06, 2015

Interesante Asemblea Aberta en Cangas do Morrazo


Hoxe a última hora da tarde estaba convocada unha interesante Asemblea Aberta en Cangas do Morrazo. Media centena de persoas mozas de Cangas convocaron-na nun lugar tan emblemático como é a fábrica de Massó co motivo de achegar a todo o pobo cangués a nova de que se ía realizar unha asemblea aberta e de participación individual.

A Asemblea estivo a tope, os resultados positivos e máis cedo que tarde veremos os resultados da convocatoria unitaria, para a constitución dunha candidatura de unidade popular, co ánimo de continuidade como movemento político de unidade popular.


Na convocatoria manifestaban que eran "de esquerda e camiñamos cara a unidade. Temos como obxectivos claros o derrocamento do PP, provocar un cambio real nas políticas municipais e, por suposto, promover un funcionamento asembleario e participativo onde toda a veciñanza sen exclusións teña un acceso permanente na toma de decisións que lle afectan no seu día a día".

Continúan dicindo que "por este motivo convocamos a toda a veciñanza de tódalas parroquias a participar na Asemblea pola Unidade". A cita era este venres 6 de marzo de 2015, na Casa da Cultura de Cangas.

Propuñan unha orde do día aberta á modificación:
  1. Presentación das bases e motivos desta convocatoria.
  2. Posibilidade de concorrer nas elección municipais.
  3. Presentación das distintas opcións xurídicas para concorrer ós comicios municipais. Punto informativo que non se resolverá de forma definitiva ata a seguinte asemblea.
  4. Abordar un código ético de cumprimento obrigatorio e ineludible para os membros da Asemblea pola Unidade e das posibles persoas que a representen.
Máis Información:

Sitio web:
https://asembleapolaunidade.wordpress.com/

Conta nofacebook:
https://gl-es.facebook.com/people/Asemblea-Pola-Unidade/100009078927705

Conta no twitter:
https://twitter.com/Asemblea2015

#asembleapolaunidade

Evento:
https://www.facebook.com/events/1567192990216852
_____________

sábado, xaneiro 31, 2015

Promoven unha 'Candidatura Cidadá Narón', para participar nas videiras eleccións municipais de Maio

Promoven unha 'Candidatura Cidadá Narón', para participar nas videiras eleccións municipais. | Francisco Porto, exconcelleiro polo BNG en Narón que foi candidato á secretaria Xeral de Podemos en Narón, xunto con outras persoas, promove unha Candidatura Cidadá para participar nas videiras eleccións municipais do 25 de maio deste ano 2015.

Con data do 29 de xaneiro de 2015, o propio Fran Porto, remite-nos unha nota comunicando a intención de promover dita candidatura, segundo el "cun claro ADN de Podemos".


Carta de Fran Porto:

Ante a proximidade da convocatoria electoral e conxuntamente  con varias persoas inscritas en  Podemos Narón, así como persoas alleas a este partido pero cun claro perfil próximo a Podemos, o que fora candidato a S.X. de Podemos Narón, Fran Porto, promove unha candidatura cidadá para as vindeiras eleccións municipais.

Trátase dunha  proposta nova, cunha candidatura de xente nova, preparada e, na maioría dos casos, afastada ata o de agora da política tradicional.

A  aposta na que se está a traballar pasa por  un novo xeito  de  entender o traballo e a comunicación cos veciños, nun claro contraste coa caduca permanencia  de moitos dos actuais munícipes, algúns xa políticos profesionais, con máis de 30 anos quentando as cadeiras municipais e outros cunha clara vocación de ser coma eles.

A necesidade de devolverlle  aos cidadáns a  capacidade diaria de participar nas decisións que lles afectan especialmente, e que sexan os verdadeiros  protagonistas  para  facer entre todos un Narón mellor, é o motor que alimenta a incorporación a esta candidatura das persoas que a compoñen.

Persoas que se comprometen a cumprir o código ético de Podemos, que se comprometen a non permanecer máis de dúas lexislaturas en caso de gobernar, que cesarán imediatamente no cargo no caso de seren imputados e que se rexirán polo baremo económico de Podemos nos seus cargos municipais. Unha candidatura cun claro ADN Podemos.

Traballar tódolos días para recuperar o prestixio da actividade política, afastando as sombras que  os actuais políticos botan  sobre ela, cun obxectivo claro de rexeneración democrática e relevo xeneracional, onde ninguén veña vivir da política, son os principais motivos que impulsan aos membros da candidatura a presentarse para recuperar a ilusión dun Narón, de todos, entre todos e  para todos.

Información baseada na enviada por:
Fran Porto
-fporsaa@yahoo.es-
30 de janeiro de 2015 13:54

_____________

luns, xaneiro 12, 2015

Outras maneiras de facer política local - O BNG organiza unha mesa redonda sobre políticas municipais coa presencia dos alcaldes de Allariz, Pontevedra e San Sadurniño, xunto ao candidato á alcaldia de Ferrol Iván Rivas - En Ferrol, o Martes 13 de Xaneiro


Os Alcaldes de Pontevedra, Fernández Lores e de Allariz, Francisco García, participan mañán en Ferrol nunha mesa redonda sobre políticas municipais. Os dous edís nacionalistas estarán acompañados do alcalde de San Sadurniño, Secundino García, e do candidato do BNG á alcaldía de  Ferrol, Iván Rivas. O acto comezará o martes 13 de xaneiro, ás 19,30hs na Galería Salgadelos.


Este acto é una oportunidade para achegarmonos á realidade local e ás iniciativas que o nacionalismo galego está a desenvolver naqueles concellos onde goberna como poden ser San Sadurniño, Allariz e Pontevedra entre outros. Defende o BNG que neles se están a desenvolver políticas baseadas na defensa dos servizos públicos, con medidas que promoven un modelo de xestión transparente, pulando pola participación cidadá e co criterio de manter unha actitude insubmisa ante o “dogma” do déficit que impón o PP.

Na mesa redonda abordaranse aspectos como a recuperación urbanística o, desenvolvemento do tecido económico local, con especial fincapé no comercio de proximidade ou a rede de transporte público, en definitiva, una achega  ao modelo de xestión nacionalista, pensado por e para mellorar a calidade de vida dos vecinos e veciñas das nosa vilas.

Fonte: RadioFusión.

Proceso Asembleas Abertas 'Construíndo Futuro':
http://www.construindofuturo.info/

Web oficial do BNG:
http://bng.gal/
_____________

domingo, novembro 02, 2014

De fondo as Eleccións Municipais de Maio de 2015: Sobre o asalto da praza ao palacio municipal


Desde Ártabra 21 convidamos a ler e analizar a editorial de Somos Ninguén (ideas para o común), publicada no seu sitio-e o pasado 13 de Outubro, as compañeir@s fan unha completa reflexión que consideramos de interese para quen rexeita o Capitalismo como modelo social, cultural e económico e aposta pola transformación social, por un outro mundo posíbel e necesario. Paga a pena parar-se con este texto que pasamos a transcribir a continuación. E se non é moito pedir, de paso, ler o moi actual 'Chamamento aos electores da Comuna de París de 1871' que está transcrito con anterioridade.

Sobre o asalto da praza ao palacio municipal

A aparición de iniciativas cívicopolíticas en distintas urbes e vilas de Galiza, dirixidas a que a praza entre tamén nos palacios municipais, é un síntoma de que a cidadanía se move, é crítica, non traga. Cualidades extraordinarias para aqueles pobos que rexeitan o neoliberalismo como cultura de vida, os narcóticos do bipartidismo e que receitan grande coalicións para resolver os problemas dos seus, non dos nosos.

Unha das reflexións máis interesantes xurdidas ao fío da efervescencia política que vive o país reside no compromiso dos movementos sociais de daren o paso de asumir responsabilidade política institucional e, por tanto, abrir a posibilidade de candidatarse para ocupar un espazo institucional. Unha vez adoptada esta decisión, a tarefa de base no eido sociopolítico realizada por distintos colectivos debe confluír nunha alternativa programática e práctica total ao poder estabelecido. Isto inclúe sopesar os escenarios máis que probábeis despois de maio de 2015, dende a política de alianzas -por acción ou por omisión- ate a procura de vías concretas na vida municipal para comezar a fuxida do capitalismo e da lóxica do lucro. A maiores, os concellos que estabelezan maiorías non neoliberais deberán adoptar -son imprescindíbeis para vida dos máis- decisións políticas que os colocarán en situación de insubmisión legal. Porque esa é a paisaxe real que debuxan os anos de proceso deconstituínte e de demolición de todos os marcos políticos con cheiro a pacto entre clases. Ten o movemento socio político realmente existente potencia abonda para se enfrontar á máis que probábel ofensiva do bloque dominante?

O debate arredor da participación dos movementos sociais na vida institucional parece estar abondo maduro para responder en clave afirmativa. Guanyem Barcelona ou a Marea Atlántica teñen o embrión nas prazas e nos espazos públicos onde levan anos combatendo a prol da cidadanía do común e cun alto grao de independencia partidista. Este último feito, a súa autonomía, dótaos dunha distinción positiva ante formulacións da esquerda e do nacionalismo excesivamente ligadas ás cúpulas dos partidos políticos e aos intereses inmediatos, adoito de mera auto reprodución. Porén, de consolidarse a decisión de participar nas eleccións municipais, haberá que afrontar outra cuestión: até que punto se hipotecarían os movementos sociais se as súas expresións asociativas se centran no eido político-institucional? A compatibilidade é posíbel pero tamén a fricción entre ambos espazos. Procurar fórmulas que desactiven esta dicotomía resulta unha cuestión non menor.

Esta nova ficha no taboleiro da esquerda galega obrigou ás organizacións políticas xa existentes a posicionarse. Deron respostas dispares. A sociedade civil -segundo a entendía Gramsci e non segundo a máis común acepción liberal- móvese a maior velocidade e con máis capacidade de invención ca as maiormente esclerotizadas cúpulas partidistas. Estas responden con boa vontade, no mellor dos casos, ou cun repregamento narcisista, no peor. Non entenden que a inestabilidade do capitalismo provoca mutacións profundas na existencia das persoas e, polo tanto, na política. Neste escenario, esvaécese aquel mundo en que a esquerda fiaba as súas posibilidades ao electoral e logo, unha vez nas institucións, administraban políticas salvíficas sen máis atadura ca a propia palabra dada e a militancia no partido. Agora os votos deciden tamén ser políticos e queren o poder. Para iso, formulan estruturas e mecanismos para garantir a participación do movemento cívico. Velaquí sen dúbida o gran reto que marcará a distancia coas outras ofertas electorais e servirá de baremo para coñecer se realmente é posíbel artellarmos na praxe unha democracia radical.

Nas mareas

A Marea Atlántica da Coruña foi pioneira en interpelar o pobo saltando calquera filtro partidista. Pero, ao mesmo tempo, obrigou aos partidos a intervir, porque a súa mensaxe radical e aberta afectaba as súas propias bases. As reaccións ao seu chamado resumen o campo do posíbel das estratexias partidistas.

Por unha banda, as declaracións de desprezo e altanería por parte do portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, revelan un entendemento aristocrático da cousa pública e unha visión de curto alcance sobre o que acontece na nación galega. Entregado e diluído nun discurso á vez sectario e moderado -todo dentro dunha orde, quen son estes que veñen alterar o que estaba ben como estaba-, con todo Vence foi desautorizado non se sabe moi por quen e pasou de avalar as teses dos alcaldes neoquintanistas aínda no Bloque ou de cuestionar mesmo as siglas da organización a ser máis papista que o papa. En calquera caso, non poucos militantes de base do BNG expresaron, e expresan distancias, coa postura da súa propia dirección.

As forzas integradas en AGE, o outro polo da esquerda nacional, tiveron posicións matizadamente diferentes, aínda que todas apostan pola participación individual en candidaturas de unidade popular. Pero a diferenza de ambas posturas son un retrato da desorientación practicamente absoluta da hipótese política denominada Fronte Ampla. O caso das mareas de Ferrol e de Vigo pode servir de exemplo perfecto para falar tanto de Esquerda Unida como de Anova. Desta última organización, en Vigo, atópanse entre os promotores da marea varios dos seus dirixentes locais (e o apoio explícito á metodoloxía aberta e non controlable cupularmente por parte da Coordenadora Local de Anova) que choca coa promoción dun presunto Gañemos Vigo -que nunca celebrou asemblea ningunha- por parte da deputada de AGE Chelo Martínez. No caso de Esquerda Unida existe unha comprensión do papel que debe xogar esta organización nos procesos de base no caso vigués que bate co intento de protagonizar e controlar a Marea Ártabra cunha rolda de prensa desacertada en absolutamente todo.

As mareas son procesos imprevisíbeis. Este carácter xera o temor nas cúpulas partidistas afeccionadas a pactar nas mesas, restaurantes e salóns privados. A incerteza alarma a aquelas organizacións que botan contas sobre as estruturas de control e financiamento derivadas da súa presenza municipal e da que tantos réditos extraen arestora.

A autonomía e soberanía das mareas debe ser un principio intocábel. É o xeito de garantir, ou de tratar de garantir, un proceso lonxe do control por arriba, da negociación de burócratas a nivel nacional. Ben se sabe que estas negociacións tamén poden existir no eido local, pero o peso e o protagonismo dos movementos sociais das localidades dificulta estes amaños. Esta soberanía non desemboca na inexistencia dun programa de mínimos que sirva de fío a todas as candidaturas cidadás. Por iso, o encontro recentemente celebrado na Coruña -que agardamos sexa o primeiro pero non o derradeiro- das distintas iniciativas parece un marco axeitado para poñer en común os retos, traballos e conclusións desta viaxe común. Sobre todo, é moi necesario atopar a fórmula xurídica para enfrontar a loita nas deputacións, verdadeiras máquinas de control dos concellos a partir da última reforma e secular niño de caciquismo. A contradición entre unha institución que a esquerda e os movementos de emancipación galegos sempre rexeitaron, por se tratar dun fórceps xurídico e político externo e funcional á dominación do Estado centralista, e a participación na mesma ha de aparecer. E o debate non se debe esquivar a forza de pragmatismo nin rexeitar de maneira doutrinaria. O que se reprime politicamente acaba sempre por emerxer.

A cartografía política do país mudou e desexamos que mude de vez co éxito das mareas, sempre e cando estas sexan expresións da vontade cívico política e non dos brazos de madeira ou dos pactos de salón. O desafío para os movementos sociais e de base é absoluto porque se son capaces de manter o combate institucional mentres sosteñen e conforman unha alternativa na sociedade civil, o salto furar nas estruturas últimas do sistema sería de xigante.

O resultado só se pode saber se arriscamos.

Editorial de Somos Ninguén. | 13.10.2014

Nota.- A Imaxe de cabeceira titúlase “O levantamento” (1931), exposto no MOMA de Nova Iorque. O pintor e muralista mexicano Diego Rivera, tras chegar da URSS logo dunha viaxe como membro do Partido Comunista de México, expresa neste mural o combate entre os traballadores que loitan polos dereitos sociais e laborais e o exército que reprime, como símbolo universal da loita de clases. A muller é representada, a xeito de homenaxe (é a protagonista do cadro) como unha das “soldaderas” mexicanas que loitaron na revolución mexicana.
_____________________

De fondo as Eleccións Municipais de Maio de 2015: Chamamento aos electores da Comuna de París de 1871


Se de municipalismo falamos, ben está lembrar o movemento municipalista por antonomasia, a Comuna de París de 1871. Velaquí o seu “Chamamento aos electores” que, salvo polo seu apelo exclusivo ao xénero masculino, segue de absoluta vixencia.



COMUNA DE PARÍS 1871 - CHAMAMENTO AOS ELECTORES.

Cidadáns,

non perdades de vista que os homes que vos servirán son aqueles que xurdirán electos por vós das vosas propias filas, vivindo a vosa propia vida, sufrindo os mesmos males.

Rexeitade tanto aos ambiciosos como aos arribistas; tanto uns coma outros non teñen en conta máis que os seus propios intereses e rematan sempre por considerarse indispensables.

Rexeitade igualmente aos charlatáns incapaces de pasar á acción, sacrificarán todo a un discurso, a un efecto oratorio ou a unha palabra enxeñosa.

Evitade tamén a aqueles que a fortuna favoreceu de máis, posto que dificilmente quen posúe unha fortuna está disposto a considerar ao traballador coma o seu irmán.

En fin, procurade homes de conviccións sinceras, homes do pobo, resoltos, activos, que teñan un sentido recto e unha honestidade recoñecida.

Dirixide as vosas preferencias a aqueles que non competirán polos vosos sufraxios, o verdadeiro mérito é modesto e corresponde aos votantes elixir aos seus representantes e non a aqueles que se postularen.

Cidadáns,

estamos convencidos de que, se tendes en conta estas observacións, inauguraredes por fin a verdadeira representación popular, teredes atopado a mandatarios que nunca se considerarán os vosos amos.

Chamamento do Comité Central da garda nacional aos electores parisienses.

Hotel de Ville, 25 de marzo de 1871.

Fontes: http://www.somosninguen.org/ | http://lallibertatdelsantics.blogspot.com.es.

luns, outubro 27, 2014

Por un municipalismo cidadán, ... Por Andrés Pedreño

Por Andrés Pedreño [*]
27.10.2014


É urxente construír un municipalismo cidadán que priorice a subsistencia e a calidade da vida cotiá cidadá por encima de calquera lóxica do beneficio privado.


O pasado 19 de setembro tivo lugar uno deses pequenos acontecementos que suceden na vida pública, do cal nin os seus propios actuantes teñen (temos) conciencia da innovación política que implica. Lola Sánchez, eurodiputada de Podemos, ante 300 persoas, nunha asemblea do Círculo Podemos de Murcia, en plena rúa (na praza dos Patos do Barrio de Vistabella), toma a palabra e conta á cidadanía o que estivo facendo no Parlamento Europeo desde que tomou acta de deputada tralas eleccións do pasado 25 de maio. Contou e someteuse ás preguntas que lle suscitaron os cidadáns que até alí se achegaron. Velaquí un acto de democracia absoluta, sinal inequívoco do novo signo dos tempos.

Reteño do seu "rendición de contas" o labor que está facendo na Comisión de Comercio para tratar de solicitar información sobre os tratados de libre comercio que a Unión Europea está negociando de forma pouco transparente (isto é, de costas aos cidadáns) con EEUU (TTIP polas súas siglas en inglés) e Canadá (CETA polas súas siglas en inglés). O que contou é tremendo e tremendamente importante.

Os inversores globais teñen un grave problema de diñeiro. Non saben que facer con tanto diñeiro como acumularon explotando aos pobos do mundo. A súa lóxica é obter diñeiro para conseguir máis diñeiro. Para iso necesitan lugares e sectores rendíbeis onde investir ese diñeiro. David Harvey: "para recuperar unha taxa de crecemento do 3% haberá que atopar novas oportunidades rendibles de investimento global para 1,6 billóns de dólares en 2010, cifra que aumentará ata achegarse aos tres billóns en 2030" (O Enigma do Capital, 2012). Un deses espazos onde agrandar o valor do diñeiro son os servizos públicos. Pero para iso tales servizos teñen que deixar de estar protexidos polo dereito público. Para convertelos en maquinaria de facer diñeiro teñen que deixar de ser servizos cuxa prioridade sexa a de satisfacer necesidades colectivas.

Desde fai décadas, os concellos seguiron esa lóxica: privatizar servizos e/ou externalizarlos para que empresas privadas se apropien dels ou os xestionen privadamente. É urxente reverter este proceso e construír un municipalismo que fronte aos inversores globais suscite unha práctica política que priorice a subsistencia e a calidade da vida cotiá cidadá por encima de calquera lóxica do beneficio privado e que extirpe o mal da corrupción política dos concellos. A revolución cidadá ha de apostar por tomar os concellos para recuperar para a colectividade cada un dos servizos públicos privatizados nesta longa noite do neoliberalismo corrupto en versión hispana (este capitalismo de amigos e mangantes).

Desde fai uns anos, desenvolveuse un moi interesante movemento cidadán pola remunicipalización dos servizos de augas. Pois en moitos concellos trátase dun servizo privatizado ou baixo control privado dalgunha das tres ou catro corporacións trasnacionais que controlan a auga a nivel global.

Coa crise, foron moitas as familias afectadas pola práctica das empresas municipais de augas de ameazalas con cortarlles o fornezo de auga potábel porque acumularan dous non pagos. Estes non pagos débense ao feito de que a crise quitoulles o traballo, desposuír das axudas públicas, empuxoulles á pobreza. Ante esta situación, o movemento cidadán dixo: 1) a auga non é unha mercancía, nun mínimo antropolóxico necesario para a vida digna; 2) os servizos municipais de auga non deben estar en mans privadas e temos que recuperalos como bens públicos; e 3) as tarifas do auga deben rexerse como taxas e non como prezos privados, pois pola contra as empresas privadas farán da auga un negocio subíndonos todos os anos a factura da auga con razóns arbitrarias relativas á súa estrutura de custos.

As multinacionais da auga neste país adiantáronse ao que Lola Sánchez explicou que vai suceder co Tratado de Libre Comercio da Unión Europea e EEUU (TTAIP). aproveitaron a situación de ruína e débeda de moitos concellos para presionar aos alcaldes para que privaticen os servizos municipais de auga e para obter vantaxosos contratos de xestión a cambio de adiantar unha avultada cantidade de diñeiro por períodos de tempo longos a 20 ou 25 anos -o denominado 'canón concesional'-, diñeiro adiantado que as empresas recuperan incrementando as tarifas da auga aos cidadáns.

O municipalismo ou a recuperación cidadá dos concellos reapropiaran-se para o municipio de cada un dos servizos privatizados ou externalizados en todos estes anos. Pero non é suficiente. Os servizos municipais deben ser bens públicos e tamén bens comúns. E en canto bens comúns que satisfán necesidades colectivas deben estar baixo control cidadán. Si deixámosllos en exclusiva aos profesionais da política, ao final haberá corrupción. Por iso necesitamos mecanismos de participación cidadá, controis cidadáns. O municipalismo ao que aspiramos é unha revolución política que pon os concellos ao servizo dos cidadáns e baixo o seu control e participación.

[*Andrés Pedreño Cabnovas, Profesor de Socioloxía da Universidade de Murcia e membro do círculo Podemos Murcia.

Publicado en eldiario.es. | 13.10.2014

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
14 de outubro de 2014 19:24
___________

xoves, setembro 25, 2014

Assembleia Aberta: Que deve fazer a esquerda independentista na comarca de Trasancos, diante do processo eleitoral para as Eleiçons Municipais 2015 ? - Esta Sexta Feira, 26 de Setembro, às 18:30hs, na Fundaçom Artábria


A esquerda independentista ao redor de Nós-UP, lança a sua Assembleia Aberta, diante do processo eleitoral para as Eleiçons Municipais 2015: "Que deve fazer a esquerda independentista na comarca de Trasancos".

Assembleia Aberta

A Sexta Feira, 26 de Setembro, às 18:30hs, na Fundaçom Artábria, en Esteiro (Travessa de Batalhons nº 7 rés-do-chao).

Promove: Nós-Unidade Popular.
_________

mércores, setembro 17, 2014

Manifesto municipalista - Tomar os concellos implica ante todo transformalos e fortes doses de insumisión ao actual ordenamento institucional


Apuntar os retos e límites do municipalismo non impide recoñecer a enorme potencia democratizante da aposta municipalista. O proceso de revolución democrática xa en curso require das súas propias pancas e motores de movemento. A cuestión municipal, como ao longo do século XIX, pode xogar un papel relevante. O que segue son apenas unhas notas, que sen renunciar a un certo utopismo, apuntan algúns elementos da estratexia e os contidos posíbeis para reconstruír as bases da democracia local.


1.- Tomar os concellos non para xestionar e representar, senón para facer política e democracia.

Os vellos anarquistas, os mesmos que inspiraron a idea dos municipios libres, distinguiron entre “a arte de gobernar” e a “política”. O primeira era a disciplina e a práctica orientada á conservación do poder por unha clase específica. A segunda consistía no exercicio colectivo que empurraba a transformación.

O maior límite do municipalismo está en recoñecerse unicamente como exercicio de bo goberno. Honestidade, compromiso, responsabilidade serán seguramente algunhas das palabras que máis se repetirán. Palabras importantes pero que moi pronto quedarán reducidas ás súas acepcións máis estreitas, cando non a un uso claramente cínico, se non afrontan o feito de que as marxes da democracia municipal, polo menos baixo as súas actuais condicións, son máis ben pequenas.

Por iso, tomar os concellos implica ante todo transformalos, supón aceptar o reto da revolución política, e por riba fortes doses de insumisión ao actual ordenamento institucional.

Neste terro, resulta imprescindíbel reclamar, e logo impor:
(a) Unha auditoría da débeda municipal. As altas taxas de endebedamento restrinxen de forma severa, por veces total, as marxes de actuación dos concellos. É preciso determinar as condicións nas que se xerou a débeda municipal, quen son os seus responsábeis, a que proxectos responde e segundo que cálculo de necesidades. Este proceso debera conducir a determinar que débedas son lexítimas e cales ilexítimas, isto é, aquelas que definitivamente non se van pagar. Igualmente debera verificarse quen son os responsábeis de tales débedeas, tanto na clase política como entre empresarios e financeiros.

(b) A recuperación dos bens públicos e comúns expropiados en forma de vendas, externacionalizacións e partenariados público-privados. De xeito parecido ao que ocorre coas facendas locais, é preciso revisar e avaliar a previas xestión dos bens e servizos municipais, recuperar todos os que poden ser xestionados de forma cooperativa e/ou directa e esixir responsabilidades por aqueles nos que a xestión pudera ter sido fraudulenta e despilfarradora.

(c) A denuncia da connivencia da vella clase política coas oligarquías locais, ancoradas fundamentalmente no sector da construción, o turismo e as finanzas – (antigas) caixas de aforro especialmente-. Ante todo, é preciso romper o pacto de silencio que fai que toda nova lexislatura comece co acordo implícito de non sacar os trapos suxos da anterior.
2.- Os concellos democráticos como experimento dunha nova institucionalidade democrática.

O principio de autonomía municipal ten sido sometido a un dobre proceso de anulación. Legal, en primeira instancia: a reforma prevista reduce a soberanía e as competencias municipais a uns límites estreitos, para os que non se dispón ademais de financiación suficiente. Pero tamén económica: o que resta da autonomía municipal quedou subordinada a unha política orientada estruturalmente ao desenvolvemento inmobiliario.

Calquera política que se propoña reinventar a democracia local ten que considerarse un proxecto de mudanza institucional. A “cuestión municipal”, que no século XIX percorreu as loitas pola democracia en todo o Estado, volve así ocupar o centro da cuestión democrática.

Aquí algunhas medidas que se consideran imprescindíbeis:
(a) Imposición de plenos abertos, total transparencia das decisións e tribunais cidadáns de contas públicas. Ningunha decisión poderá pasar sen a súa correspondente publicidade. Os plenos será públicos e as súas actas convintemente dadas a coñecer por medios telemáticos verificábeis. Todos os actos e decisións dos responsábeis políticos terán que ser públicos. De igual modo, deberán ser sometidos a control cidadán os obxectivos e resultados das súas decisións.

(b) Control estrito dos representantes electos e redución ao mínimo de aqueles que non resulten estritamente necesarios. Liquidación dos cargos de confianza. O goberno municipal debe quedar reducido á mera administración e a decisión política convertida nun exercicio público, colectivo e democrático.

(c) Elección directa de alcaldes e representantes sobre unidades mínimas de poboación que non superen os 10.000-15.000 electores, de tal xeito que se poda facer efectiva a realidade dunha democracia de cercanía. Nas poboacións de maior tamaño establecerase a elección de cargos a nivel de barrio e distrito.

(d) Instauración de mecanismos de decisión e elección directa sobre os principais ámbitos de competencia municipal. Os “procesos participativos” tenderon a converter os procesos plebiscitarios e as asembleas municipais nunha mera operación de lexitimación da gobernanza. Así, por exemplo, uns “orzamentos participativos”, ou mellor discutidos e decididos entre a cidadanía, non se corresponden coa estimación dunha porcentaxe mínima do orzamento (normalmente o 5%) que se abre a un proceso aparente de decisión directa. Antes ben, trátase de que os principais ámbitos de decisión sexan sometidos a decisión pública e democrática.

(e) Implementación de sistemas de decisión onde se inclúa a posibilidade de participación individual e colectiva por medios tanto analóxicos como dixitais. Trátase de adoptar sistemas que permitan un monitoreo permanente da toma de decisións así como a vinculación das decisións políticas a novos modelos de deliberación e mandato por parte da sociedade.
3.- Federalismo ou morte.

As mudanzas nun único municipio, por profundas que sexan, corren o risco de fundaren unha pequenísima illa ameazada de ser engulida por un océano institucional, político e económico obediente a outras lóxicas. A posibilidade de que o municipais sirva á transformación democrática reside na súa capacidade para compoñer un proceso amplo e expansivo de cambio político. A súa forza reside non só na condición exemplarizante de cada experiencia, senón na súa articulación como “movemento (contra) institucional” capaz de producir transformacións nas estruturas políticas.

A negociación da débeda, o fortalecemento da autonomía municipal, a recuperación da democracia local dependen da federación desas experiencias municipalistas nun suxeito político e institucional con capacidade ofensiva.

Algunhas liñas que apuntan nesta transformación institucional son:
(a) A promoción dunha nova lei municipal que recoñeza en toda a súa amplitude o principio de autonomía municipal e a descentralización de todas as competencias que sexa posíbel desenvolver a escala municipal.

Igualmente deberá quedar establecida e garantido financiamento suficiente para o desenvolvemento dos servizos e competencias municipais, sen prexuízo da equidade e do necesario reparto da riqueza territorial.

(b) O recoñecemento do principio de subsidiariedade alá onde se poda. Trátase de conseguir que os niveis administrativos superiores ao municipio queden supeditados á decisión dos propios municipios, de tal xeito que a liña de mando e estruturación da administración se constrúa de abaixo arriba e non de arriba a a abaixo.
Deste xeito, o ámbito de decisión central e primeiro tenderá a ser o municipal, sendo só competencia de ámbitos superiores aqueles servizos e decisións que non sexa posíbel resolver a escala dos municipios. A nova arquitectura institucional poderíase así comprender coma unha vasta federación de municipios, nos que os órganos centralizados de decisión estarán sempre sometidos a control e supervisión municipal.

Entre as federacións de municipios que compoñan as rexións e os Estados existirá un compromiso de reparto e equidade no acceso aos servizos e os dereitos que deberán ser garantidos polos niveis de goberno superiores.

4.- Por unha economía democrática de base municipal.

O municipalismo libertario entendeu o municipio como a unidade mínima da organización económica, o seu proxecto resumíase na comunalización (municipalización) das estruturas inmediatas de produción e distribución. O desenvolvemento do sistema mundo capitalista fixo cada vez máis utópicos os proxectos de economía democrática de base local: sinxelamente as unidades económicas mínimas xa non coinciden con territorios discretos e relativamente autosuficientes. No marco da cadea de produción globalizada, as estruturas de produción son cada vez menos recoñecíbeis en unidades territoriais pequenas. Non obstante, son moitas as actividades e servizos que se poden desenvolver a escala municipal e que poden ser a base para unha transformación económica proporcións maiores. Os dous principios da da economía municipal que poden servir de panca para o desenvolvemento desta nova economía democrática son a recuperación dos bens públicos como bens comúns e o desenvolvemento dun tecido empresarial de matriz cooperativa que se encargue da súa xestión.

Para iso sería preciso impulsar:
(a) O recoñecemento legal, garantía, mellora e ampliación dos bens público-comúns. Incluiranse neste capítulo todos os bens recursos de propiedade municipal, que salvo en contadas ocasións que o xustifiquen, pasarán a ser bens de dominio público baixo xestión municipal ou cooperativa. Estes bens deberán incluír desde os actuais bens demaniais (montes de utilidade pública, ribeiras de ríos, lagos costas, mar, etc…) até o solo, as infraestruturas e os servizos de propiedade municipal.

Tales bens serán inalienábeis e intransferíbeis, propiedade común das xentes de cada municipio. Os gobernos locais só terán un control limitado a determinados aspectos da súa administración e regulación, non sendo de propiedade municipal, senón pública e común.

(b) O desenvolvemento dun tecido empresarial municipal de xestión cooperativa e baixo estrito control cidadán. Os recursos agora xestionados polas empresas municipais (como a auga, os sistemas de transporte, as infraestruturas), en tanto pasen a ser bens público-comúns, poderán ser xestionados por empresas de matriz cooperativa, resultado da organización produtiva dos habitantes de cada municipio. Os contratos destas empresas con municipio deberán ser obxecto de vixilancia e regulación cidadá.

As bases que constituirán a xestión cooperativa do tecido económico do municipio son: a equidade nas condicións de traballo, a democracia interna, o principio de cooperación e de igualdade de xénero, así como o respecto dos equilibrios medioambientais e das relacións de interdependencia humana.
5.- O municipalismo é ante todo movemento.

O dilema de toda democracia parece concentrarse en que esta non pode quedar reducida á súa forma institucional. Ou a democracia é verquida fora de si mesma, nunha vida rica e prolixa, ou tende a dexenerar nunha sorte de formalismo xurídico que a ninguén importa.

As revolucións políticas, ao igual que case todos os procesos de democratización, teñen sido sempre resultados de movementos masivos.

Estes non só serviron de vehículo para demandas democráticas senón que en moitas ocasións trouxeron consigo experimentos prácticos de nova democracia.

En demasiadas ocasións, non obstante, cando estes movementos chegaron a tomar posicións de gobernos acabaron por asimilarse ás institucións. Así, ao incorporarse ás estruturas de poder, os movementos democráticos tenderon a perder a súa autonomía, e o que é peor, a identificar a democracia coa súa propia integración nas institucións. Isto é o que en boa medida lle sucedeu ao movementos veciñais no período dos “concellos democráticos”. A asimilación institucional dos seus cadros e o recoñecemento das súas demandas acabou por baleirar as asociacións de veciños.

Lentamente estas foron languidecendo até quedar reducidas a un mero recordo do que foron. Por iso o municipalismo, e a democracia local, ao requerir dunha renovación constante da crítica, os obxectivos, as prácticas democráticas e os procesos de autoorganización á marxe das institucions, teñen que dispoñer dos medios e das garantías que fan da democracia local algo moito máis amplo e inaprensíbel que a vida institucional e o goberno local.

Algúns principios fundamentais poden ser:
(a) O respecto e a promoción dos espazos de autoxestión e de xestión cidadán directa. Estes espazos deberán ser recoñecidos e considerados como lugares necesarios para o exercicio democrático á marxe dos gobernos locais.

(b) A estricta relación da política de subvencións e axudas pecuniarias a asociacións e colectivos. Trátase de desmantelar o vello clientelismo que sostivo aos gobernos locais pero sen sustituilo por outro novo.

Deste xeito, aínda que os bens e os recursos municipais estarán sempre abertos ao uso cidadán, as axudas e subvencións monetarias serán reducidas ao mínimo. Estas deberán estar sempre xustificadas e discutidas democráticamente. Trátase de artellar unha xestión verdadeiramente colectiva dunha riqueza municipal que tenderá a ser maior a medida que aumenten os recursos municipais (tanto monetarios como físicos) e o patrimonio público-común.

(c) O estabelecemento de canles e medios de comunicación comunitarios, completamente abertos á cidadanía sen supervisión e control dos representantes electos.
Plubicado en Somos Ninguén. | 03.08.2014
_____________

luns, setembro 15, 2014

Movimentos sociais apresentam plataforma política para debate eleitoral - Documento de muito interesse paga a pena parar-se é ler


Mais de 60 organizações e movimentos sociais de todo o Brasil apresentaram neste mês, à sociedade e aos candidatos nas eleições, a plataforma política para o debate no processo eleitoral de 2014.

A “Plataforma Política dos Movimentos Sociais – Para resolver os problemas do povo brasileiro” surgiu da análise de movimentos e organizações sobre o desvirtuamento do processo eleitoral, que passou do que deveria ser espaços de debates e afirmações de projetos dos partidos e candidatos, para a “venda” destes como mercadorias, em propagandas e marketing.

Para os movimentos, “os processos eleitorais devem ser espaços de debate e afirmações de projetos, que impliquem uma concepção de sociedade e de Estado, pautem as rupturas necessárias para enfrentar as grandes questões estruturais da sociedade, além de apontar a natureza de nossos problemas e as soluções necessárias”.

Entre os principais pontos abordados, os movimentos discorrem sobre uma reforma do sistema político “que elimine o ‘voto’ do Poder Econômico nas eleições e nas definições das políticas públicas”; a democratização dos meios de comunicação “com a implementação das propostas aprovadas na Conferência Nacional de Comunicação”; a democratização da Educação “com a universalização do acesso à educação em todos os níveis”, entre outros.

Segue a íntegra do documento:

Plataforma Política dos Movimentos Sociais
Para resolver os problemas do povo brasileiro
Brasil, Setembro de 2014

Os processos eleitorais devem ser espaços de debate e afirmações de projetos, que impliquem uma concepção de sociedade e de Estado, pautem as rupturas necessárias para enfrentar as grandes questões estruturais da sociedade, apontem a natureza de nossos problemas e as soluções necessárias. Mas não é isso que percebemos.

Apesar das candidaturas expressarem projetos distintos para o Brasil, cada vez mais os processo eleitorais discutem menos política e se tornam grandes estratégias de marketing, vendendo os/as candidatos/as como mercadorias. Neste “jogo”, o poder econômico ganha de goleada subjugando a política e as instituições públicas aos seus interesses de classe, impedindo as transformações políticas, econômicas, Sociais, culturais e ambientais que interessam ao povo brasileiro.

É em razão desta análise que movimentos sociais e organizações de todo Brasil apresentam para a sociedade e para as candidaturas a sua plataforma política para debate no processo eleitoral de 2014. Defendemos que estes são pontos fundamentais pra começar a provocar as rupturas e avanços que tanto lutamos.

1. Reforma do Sistema Político que elimine o “voto” do Poder Econômico nas eleições e nas definições das políticas públicas; que fortaleça os programas partidários, que enfrente a sub-representação dos/as trabalhadores/as, das mulheres, dos jovens, da população negra, indígena e LGBT; que regulamente e efetive os mecanismos de Democracia Direta; e que convoque uma Constituinte Exclusiva e Soberana do Sistema Político. A Constituinte deve ter como prerrogativa central a soberania popular.

2. Democratização dos Meios de Comunicação: implementação das propostas aprovadas na Conferência Nacional de Comunicação e pela descriminalização dos veículos de mídia independente.

3. Democratização da Educação: com universalização do acesso à educação em todos os níveis, principalmente a educação infantil, ensino médio e superior; erradicação do analfabetismo de 14 milhões de trabalhadores/as; garantir a efetividade dos 10% do PIB para educação pública.

4. Programa Massivo de Moradia Popular, que supere o déficit de 8 milhões de moradias à curto prazo.

5. Investimentos Prioritários em Transporte Público de Qualidade, implementando a tarifa zero. Entendemos que é o transporte público que dá acesso a todos os outros direitos sociais constitucionalmente conquistados, como saúde, educação e cultura.

6. Redução da Jornada de Trabalho para 40 horas semanais.

7. Reforma Agrária, que de fato democratize a estrutura da propriedade fundiária e garanta terra a todos/as os sem-terra. Pela publicação do decreto que atualize o índice de produtividade, facilitando a desapropriação do latifúndio.

8. Por uma nova Política Agrária, que garanta a produção e a compra pela CONAB de todos os alimentos produzidos pela Agricultura Familiar. Incentivo a produção de alimentos agroecológicos. A nova política agrária tem que ter como central a soberania alimentar.

9. Por um Plano Nacional de Erradicação do Uso de Agrotóxicos e Transgênicos, em defesa dos bens naturais e da biodiversidade.

10. Reforma Tributária, que inverta o atual sistema que cobra mais dos que menos têm; que tribute a renda e riqueza e não o consumo; que cobre impostos sobre grandes fortunas, sobre herança e sobre transferência de lucros para o exterior; que elimine a Lei Kandir e o Imposto de Renda sobre o salário.

11. Por um Plano de Desenvolvimento da Indústria Nacional, em todos os municípios, com estímulo a Agroindústria Cooperativa e Economia Solidária. Este plano deve apontar para um novo modelo de desenvolvimento, baseado em novas formas de produção, distribuição e consumo.

12. Por Mudanças na Política Econômica, com o fim do superávit primário; que coloque a taxa de juros e de câmbio sobre o controle do Governo, não a autonomia do BancoCentral.

13. Pelo compromisso real com o pleno emprego. Pensar a política econômica como elemento essencial para o pleno emprego, garantia de melhores salários e trabalho decente. Contra qualquer tentativa de precarização do trabalho e dos direitos trabalhistas. Garantia de uma política para aos trabalhadores estrangeiros que se encontram no país em situações de violação de direitos humanos.

14. Pela retomada da Reforma Sanitária e pelas reformas estruturais que a Saúde precisa, com aumento do investimento no SUS, fortalecimento da Atenção Básica, popularização dos cursos de saúde, carreira SUS para os trabalhadores, fortalecimento das práticas integrativas e comunitárias e das políticas de promoção à saúde, com efetiva regulação e fiscalização dos planos de saúde, além de fortalecimento do controle social.

15. Democratização do Poder Judiciário, para que a sociedade brasileira tenha controle e possa implementar padrões democráticos na escolha e no mandato dos juízes de Instâncias superiores. Criar mecanismos reais de controle externo de todo o sistema de justiça.  Defesa que o sistema de justiça como um todo deva ter políticas que contemplem a diversidade étnica, racial etc.

16. Desmilitarização das PM´s: defesa de uma Policia desmilitarizada e uma nova concepção de política de segurança que não criminalize a pobreza e a juventude, principalmente negra.

17. Pelo fim do Genocídio da Juventude Negra e contra Projetos de Redução da Maioridade Penal.

18. Pelo fortalecimento do sistema público de Previdência, pelo fim do fator previdenciário que prejudica o direito à aposentadoria dos/as trabalhadores/as brasileiros/as.

19. Pelo fim das Privatizações e das concessões dos bens e serviços públicos. O Estado precisa ter instrumentos eficazes de controle das tarifas de água, energia elétrica, combustíveis.

20. Por Políticas de Enfrentamento ao Machismo, Racismo e Homofobia. Defesa da criminalização da homofobia, da união civil igualitária, implementação real da Lei Maria da Penha e politicas para a autonomia econômica e pessoal das mulheres, pela criação do Fundo Nacional de Combate ao Racismo.

21. Pela demarcação imediata das terras indígenas e titularidade e regularização das terras das comunidades quilombolas. Rejeição a todos os projetos e PEC’s em tramitação no Congresso contra os direitos indígenas e quilombolas. Pelo efetivo cumprimento da Convenção 169 da OIT.

22. Por uma Política Externa que priorize as relações com países do Sul, que enfrente o poder das “grandes potencias”, que crie nova ordem de governança mundial.  Pela criação do Conselho Nacional de Política Externa.

Assinam:

1. Articulação de Mulheres Brasileiras – AMB

2. Articulação dos Movimentos Sociais pela ALBA.

3. Articulação popular e sindical de mulheres negras de São Paulo. APSMNSP

4. Associação Brasileira de agroecologia- ABA

5. Associação Brasileira de ONG’S - ABONG

6. Associação de estudos, orientação e assistência rural – ASSESOAR

7. Associação de Moradores do Bairro Parque Residencial Universitário – AMPAR - Cuiabá

8. Associação de Mulheres Solidárias Criativas - AMSC

9. Central de Movimentos Populares do Brasil- CMP-BR

10. Central Única dos Trabalhadores- CUT

11. Centro Brasileiro de Estudos de Saúde - CEBES

12. Centro de Estudos e Pesquisas Agrárias do Ceará -CEPAC

13. Coletivo de Consumo Rural Urbano de Osasco e Região - CCRU-O.R

14. Coletivo de Mulheres e PLS´s - Casa Lilás - Pernambuco

15. Conselho Nacional do Laicato do Brasil – CNLB

16. Consulta Popular

17. Coordenação Nacional de Entidades Negras-CONEN

18. Diocese Anglicana de Esmeraldas - MG

19. União Nacional dos Estudantes- UNE

20. Educafro

21. Escola de governo - São Paulo

22. Escola de Participação Popular e Saúde

23. Federação dos Estudantes de Agronomia do Brasil-FEAB

24. Federação Paranaense de Entidades ambientalistas - FEPAM

25. Fora do Eixo

26. Fórum de reforma urbana em Alagoas

27. Fórum do movimento ambientalista – BRASIL

28. Fórum do movimento ambientalista de Minas Gerais

29. Fórum do movimento ambientalista de Santa Catarina

30. Fórum do movimento ambientalista do Paraná

31. Fórum do movimento ambientalista do Rio Grande do Sul

32. Fundação Campo Cidade e Coletivo de Bombeiros Civil do Estado de São Paulo- FCC

33. Instituto De Estudos socioeconômicos- INESC

34. Instituto Democracia Popular - Curitiba - PR

35. Levante Popular da Juventude

36. Marcha Mundial das Mulheres

37. Movimento Camponês Popular- MCP

38. Movimento das Comunidades Populares

39. Movimento de Mulheres Camponesas-MMC

40. Movimento de ação e identidade socialista – MAIS

41. Movimento dos Atingidos por Barragens-MAB

42. Movimento dos trabalhadores e trabalhadoras do campo-MT

43. Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem terra- MST

44. Movimento Ibiapabano de Mulheres - MIM (Ceará)

45. Movimento Nacional de Direitos Humanos (MNDH)

46. Movimento Nacional de Rádios Comunitárias

47. Movimento Nacional pela Soberania Popular Frente à Mineração - MAM

48. Movimento pela soberania Popular sobre a mineração- MAM

49. Movimento Popular de Saúde - MOPS

50. Movimento Quilombola de Sergipe

51. Movimento Reforma Já

52. Organização Cultural e Ambiental - OCA - Hortolândia - SP

53. Plataforma dos Movimentos sociais pela reforma do Sistema Político

54. Pólis

55. Rede Economia Feminismo - REF

56. Rede Fale

57. Sempreviva Organização Feminista - SOF

58. Sindicato dos Petroleiros de Duque de Caxias

59. Sindicato dos Produtores Orgânicos e Familiares do Paraná – SINDIORGÂNICOS

60. Sindicato dos Psicólogos de São Paulo - SinPsi

61. Sindicato dos Trabalhadores da Agricultura Familiar de Sumaré e Região - SINTRAF

62. Sindicato dos Trabalhadores em Educação de Pernambuco - SINTEPE

63. Sindicato dos Trabalhadores em Educação de Roraima (SINTER).

64. Sindicato Unificado dos Petroleiros do estado de São Paulo - SINDIPETRO

65. UNEAFRO

Fonte: http://www.mst.org.br/node/16520

________________________________