Amosando publicacións coa etiqueta Mobilizacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mobilizacións. Amosar todas as publicacións

luns, decembro 31, 2007

Malpica e Camelle manifestanse contra o Plano Acuicola da Xunta de Galicia, na defensa do noso litoral


O pasado domingo 30 de decembro de 2007, tiveron lugar duas mobilizacións contra o Plano Acuicola da Xunta de Galicia e na defensa do litoral. Pola importancia da noticia transcribimos o publicado no xornal Galicia Hoxe.


Camelle e mais Malpica din non ao Plan de acuicultura da Xunta
As vilas costeiras acolleron onte senllas protestas en contra da instalación de dúas macrogranxas ·· Os veciños queren "outro desenvolvemento e un mar limpo" ·· Esíxenlle á Consellería que reflexione

JESÚS TRILLO . CAMELLE Luns 31.12.2007

Os veciños téñeno moi claro: "Non, non e non!". Os pobos de Camelle e Malpica deixaron de novo onte constancia, con senllas manifestacións, do seu total rexeitamento e oposición ó plan acuícola que pretende levar a cabo a Xunta de Galicia.

Sobre as doce da mañá, unhas oitocentas persoas partiron do Museo do Alemán de Camelle, non sen antes levar a cabo unha ofrenda floral a Man. Durante o percorrido, que se prolongou ata a zona de Sabadelle, os asistentes corearon cánticos dos que se desprendían duras críticas para o presidente da Xunta, a conselleira de Pesca, o alcalde de Camariñas e a parlamentaria Marisol Soneira. A panxoliña máis repetida rezaba: "Anda, anda, anda / a Xunta é unha ladra / anda, anda, anda / déixanos sen nada".

Concluída a marcha, leuse un manifesto, no que os veciños deixaron patente que "nós somos os que temos o poder, e teñen que atendernos". Sosteñen os aldeáns que "debemos estar en pé de guerra contra estes energúmenos políticos". Este pobo, engadiron, "é coñecido en moitos sitios polo labor de Man, pero ignorado polos nosos gobernates". Consideran os afectados que o plan contempla para Camelle e Arou dúas instalacións nunha costa virxe, "de altísimos valores naturais e culturais". Entre os seus aspectos negativos estarían o "desastre paisaxístico e a vertedura de máis dun millón de metros cúbicos de augas contaminadas".

A presidente de Adega, Adela Curra, defendeu que a mellor piscifactoría é "o mar de ribeira, pois, a longo prazo, as granxas mariñas destrúen máis empregos dos que crean".

Á protesta de Camelle sumáronse tamén plataformas de afectados de Arou, Merexo, Quilmas e Corrubedo. Entre os que quixeron apoiar a iniciativa estaban tamén Xosé Manuel Beiras e Lidia Senra.

Por outra banda, sobre unhas duascentas persoas déronse cita tamén onte en Malpica, para protestar contra a planta que se prevé construír en Seiruga. Lamarcha foi desde o concello ata a lonxa. Ó seu termo, o portavoz dos veciños, Afonso Vidal, tras verter duras críticas contra a conselleira de Pesca, recordou que hai cinco anos a costa sufriu o chapapote do Prestige, e agora "volve outro barco, chamado Xunta de Galicia, que ten a Touriño como armador e a Carmen Gallego como patroa, sendo a súa carga as piscifactorías". Do mesmo xeito que o petroleiro, este buque "anda errático pola costa galega, pois en ningún porto queren tampouco a súa carga".

Enlace coa noticia orixinal no xornal Galicia Hoxe
______________

Na web de ADEGA:

Marea verde en Camelle: a herdanza de Man segue viva!

mareavc.jpgMilleiros de persoas démonos cita en Camelle en defensa da nosa costa e do noso mar. O Plano Acuícola da Xunta pretende asolagar este recanto da Costa da Morte baixo 318.000 m2 de formigón e lonas negras. A mensaxe foi clara: Camelle NON SE VENDE nen por 5 nen por 50 € o metro. Vai a Xunta expropiar pola forza 3 millóns de metros cadrados fronte á oposición da veciñanza? Vai Pesca a aprobar un Plano Acuícola insustentábel dende o punto de vista ambiental, social e económico só para contentar ao lobby do rodaballo? Como pode a conselleira afirmar que cumprirá todos os requisitos ambientais se hoxe nen sequera depuran os vertidos e guindan ao mar toneladas de químicos e antobióticos?. Se Man levantara a cabeza... [+ info]
___________________

domingo, novembro 04, 2007

Unha grande mobilización na Defensa do Litoral Galego e contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia tivo lugar en Corrubedo este domingo 4 de novembro

Galería Fotográfica da Marcha Nacional na Defensa do Litoral Galego, celebrada en Corrubedo o 4 de Novembro de 2007

Autora: Asociacion Veciñal "O Rosario - Inferniño" de Ferrol
-avvorosario@gmail.com-
http://www.ferrolnovo.blogspot.com/
4 de novembro de 2007 20:51


[Clicar acima da imaxe pa entrar na Galería de Diapositivos]
____________________

Enlaces Relacionados:

En "El Correo Gallego"

Miles de persoas manifiestan-se en Corrubedo en contra do Plano Acuícola da Xunta de Galicia
Beiras, Luís Tosar e Antón Reixa leeron un manifiesto contra a instalación de piscifactorías en zonas de alto valor ecolóxico

Marea verde en Corrubedo

Galería Fotográfica de R.Escuredo


PA21
Artigos sobre o Plano Acuícola da Xunta de Galicia publicados no Blog da PA21

En Galicia Hoxe

Berro contra o plan acuícola
A vila ribeirense acolle decenas de colectivos cidadáns, para amosar a súa oposición a un proxecto acuícola que "vende o mellor de nós mesmos" e lanzar un SOS polo territorio

Do soño de Touriñán á desfeita da Laxe Brava
___________________

venres, novembro 02, 2007

Artigos sobre o Plano Acuícola da Xunta de Galicia publicados no Blog da PA21

[corgo0.jpg]


  1. Aguiño: Contra Goliath, un artigo de Eduardo Rego publicado en Vieiros

    De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com- Para: artabra21@gmail ... lugares fermosos que temos na nosa costa, roza o Parque Natural de Corrubedo e ten unha paisaxe pouco

  2. Piscifactorías, canteiras e taparrabos

    De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com- Para: artabra21@gmail.com Data: 2 de novembro de 2007 11:17 Asunto: Artigo de Manolo Rivas Piscifactorías, canteiras e taparrabos MANUEL RIVAS 02/11/2007 El País En Noruega, un lugar como cabo Vilano tería a protección máxima. Sería intocábel.

  3. Informacións sobre a Marcha Nacional na defensa do Litoral Galego

    De: Plataforma Corrubedo -corrubedo@altermundo.org- Para: artabra21@gmail.com Data: 1 de novembro de 2007 09:51 Asunto: ACHÉGATE A CORRUBEDO, E BERRA FORTE... MARCHA ...

  4. Marcha a Corrubedo (Novo horario)

    De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com- Para: artabra21@gmail.com Data: 2 de novembro de 2007 16:56 Asunto: Marcha a Corrubedo (Novo horario) MARCHA EN DEFENSA DO LITORAL "Non o Plano Acuícola" Corrubedo, 4 de Novembro, ás 12 horas.

  5. 4 de novembro, tod@s a Corrubedo, á Marcha Nacional na Defensa do Litoral

    De: Plataforma Corrubedo -corrubedo@altermundo.org- Para: artabra21@gmail.com Data: 29 de outubro de 2007 21:18 Asunto: Corrubedo, 4N: NOTA DE PRENSA NOTA DE PRENSA MARCHA NACIONAL POLA DEFENSA DO LITORAL CORRUBEDO,

  6. Resumo do falado na reunión da "Rede Litoral Vivo" que se celebrou o 20 de outubro en Compostela

    De: Fusquenlla Para: artabra21@gmail.com Data: 22 de outubro de 2007 17:15 Asunto: ... ), Plataforma Medioambiental de Corrubedo (Ribeira), Ortigueira Sostible, Afectados/as Vertedoiro

  7. 4 de Novembro. marcha nacional contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia

    De: Plataforma Corrubedo -corrubedo@altermundo.org- Para: artabra21@gmail.com Data: 10 de outubro de 2007 19:57 Asunto: Corrubedo 4N, xa é oficial Corrubedo 4N, xa é ... a Xunta.

  8. Convite para unha manifestación nacional contra o Plano Acuícola convocada polas diversas Plataformas en Corrubedo, o 4 de novembro

    De: Plataforma Corrubedo corrubedo@altermundo.org Para: artabra21@gmail ... MANIFESTACIÓN NACIONAL CONTRA O PLANO ACUÍCOLA EN CORRUBEDO Saúdos: Achégovos o convite para unha ... /as e ADEGA. Tamén o manifesto.

  9. Novo artigo de Xosé Manuel Beiras: "Do Courel a Corrubedo. IV. Gas licuado"

    De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA Para: artabra21@gmail.com Data: 2 de Setembro de 2007 11:21 Asunto: Artigo de Xose Manuel Beiras "Do Courel a Corrubedo. IV. Gas licuado" GALICIA HOXE - 2/09/07 de catro a catro Do Courel a Corrubedo.

  10. Do Courel a Corrubedo I.- A terra e o home.

    De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com- Para: artabra21@gmail.com Data: 12 de Agosto de 2007 11:32 Asunto: Artigo de X. M. Beiras de catro a catro Do Courel a Corrubedo I.- A terra e o home XOSÉ MANUEL BEIRAS Si, a Corrubedo, non a Compostela.

  11. Unha pretendida instalación acuícola, considerada "estratéxica" pola administración, pon en perigo unha zona do litoral de Corrubedo

    De:lupe ces -lupeces@gmail.com- Bárbara primo -barbaraprimo22@yahoo ... administración autónomica, pon en perigo unha zona do litoral de Corrubedo, de importante valor natural, ecolóxico e paisaxístico. A XUNTA CASTIGA A CORRUBEDO.


__________


Corrubedo



Corrubedo

_______________

martes, outubro 30, 2007

4 de novembro, tod@s a Corrubedo, á Marcha Nacional na Defensa do Litoral

De: Plataforma Corrubedo -corrubedo@altermundo.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de outubro de 2007 21:18
Asunto: Corrubedo, 4N: NOTA DE PRENSA



NOTA DE PRENSA
MARCHA NACIONAL POLA DEFENSA DO LITORAL
CORRUBEDO, 4 DE NOVEMBRO DE 2007, 12 horas
NON AO PLAN ACUÍCOLA

[Para ampliar clicar acima do cartaz]

O catedrático Xosé Manuel Beiras, a actriz Patricia Vázquez, o actor Luís Tosar e mailo director e músico Antón Reixa, lerán o Manifesto de Corrubedo o vindeiro domingo como colofón á Marcha Nacional pola Defensa do Litoral en Corrubedo.

As organizacións convocantes da Marcha Nacional pola Defensa do Litoral, colectivos de veciños, veciñas e ecoloxistas, teñen todo preparado para a manifestación unitaria contra o Plan Acuícola que terá lugar o domingo 4 de novembro, ás 12 da mañá, no Porto de Corrubedo e á que se teñen adherido decenas de colectivos de todo o país. Para isto contarán coa inestimábel axuda de persoeiros da cultura e doutras disciplinas que se unen á cidadanía para reclamar “liberdade para o litoral galego”.

O percorrido da manifestación comezará á beira do peirao corrubedense baixo o lema “Pola túa costa, polo teu mar: Non ao Plan Acuícola” e discorrerá até o faro da localidade, lugar emblemático da costa galega, co que as organizacións queren chamar a atención sobre un problema que afecta ao litoral de todo o país, dende Ribadeo á Guarda.

Con esta mobilización os movementos sociais galegos queren esixir ao goberno da Xunta que paralice o Plan Acuícola actual, por consideralo inxusto socialmente, medioambientalmente e economicamente. O plan prevé 26 piscifactorías, ou fábricas de peixe, que os veciños e veciñas do país, xunto ás organizacións ecoloxistas, confrarías de pescadores e mariscadores e varias agrupacións sindicais e políticas consideran un grave erro que se fixo de costas á cidadanía.

CONVOCAN: ADEGA, Plataforma Medioambiental de Corrubedo, Plataforma Veciñal en Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas (Carnota), Plataforma pola Defensa do Litoral de Seráns (Porto do Son), Comisión de Propietarios/as Laxe Brava (Teira-Corrubedo), Plataforma Veciñal Xove-Lago, Plataforma Veciñal de Merexo (Muxía), Plataforma de Afectados/as de Arou (Camariñas), Plataforma de Afectados/as de Oia, Plataforma de Afectados/as de Foz, Agrupación de Mariscadoras/es de Corcubión, Cooperativa de Mergulladores/as da zona 5ª.

COLECTIVOS QUE APOIAN (a 20 de outubro): Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Greenpeace, Salvemos Monteferro, SOS Courel, Colectivo Fusquenlla, Ortigueira Sostible, Colectivo Arraianos, Asociación Sagres de Aguiño, Asociación Cultural Choiva Azeda (As Pontes), Asociación Natura Celtica (Cangas), BNG de Ribeira, Frente Popular Galega, CUT (Central Unitaria de Traballadores), Colectivo Nacionalista de Marín, Asociación Altofalante (Ribeira), Colectivo Ecoloxista Verduxo, Plataforma en Defensa do Patrimonio das Pontes, Asociación Amigos de Corrubedo, Plataforma Veciñal contra a piscifactoría de Baroña, Asociación Cultural "Fuco Buxán" de Ferrol, BNG do Barbanza, Asociación Pau da Luz (Corrubedo), Asociación Cultural Barcas do Minho (Chantada), CNT-Compostela, Amigos da Terra, Plataforma Ártabra21, Quercus (Portugal), PP de Ribeira, BNG de Porto do Son, Comité de defensa das Rías Altas, Asociación profesional XORNAGA (Xestión e Organización de Recursos Naturais de Galicia), Rede Litoral Vivo, Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño, Veciños das Mariñas (Oia), IPdR (Iniciativa Progresista de Ribeira), Foro Social Temos Dereito a Saber, 'O Ribeiro', Bouzas Móvete, Confraría de Pescadores de Corcubión.
________________

Ola a todo@s .- A Plataforma Artabra21 informa que o Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol, imos contratar un BUS para nos trasladar a CORRUBEDO a MANIFA CONVOCADA PARA O DÍA 4 DE NOVEMBRO.

Baixo o lema:
MARCHA NACIONAL POLA DEFENSA DO LITORAL
CORRUBEDO, 4 DE NOVEMBRO DE 2007, 12 horas
NON AO PLAN ACUÍCOLA
POLA TÚA COSTA
POLO TEU MAR

Está prevista a súa saida ás 09:30 hrs de frente ao edificio de Correos de Ferrol, na Praza de Galicia.

OS PREZOS ESTARÁN POR 8 OU 9 € , dependendo do número de persoas que vaiamos.

USAR ESTE CORREO [artabra21@gmail.com] para CONFIRMAR a VOSA ASISTENCIA.

Está por decidir se nos quedamos pola tarde para visitar a zona... OPINAR deste asunto

ANIMARVOS .

Saúdos

xosé mel sanxoán e Alexandre C.
__________________

martes, outubro 16, 2007

Homes galegos pola Igualdade: 21 de outubro en Compostela, mobilizando-nos contra a violencia de xénero

De: Homes Galegos pola Igualdade
homesgalegospolaigualade@yahoo.es

Para: artabra21@gmail.com

Data: 16 de outubro de 2007 22:46

Asunto: HOMES GALEGOS POLA IGUALDADE: CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA - 21 OUTUBRO - SANTIAGO DE COMPOSTELA



HOMES GALEGOS POLA IGUALDADE:
CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
- 21 OUTUBRO -
SANTIAGO DE COMPOSTELA


COLABORA PARTICIPANDO E DIFUNDINDO ESTA MENSAXE, É UN SINXELO PERO IMPORTANTE PASO PARA RACHAR COA VIOLENCIA

Homes Galegos pola Igualdade, convoca a toda a sociedade galega á

CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Domingo 21 de outubro ás 12:00 h., na Praza do Toural en Santiago.

A violencia masculina contra as mulleres ten unha magnitude inaceptable, milleiros de mulleres maltratadas e decenas de mulleres mortas se repiten anualmente, o que supón un ataque intolerable aos dereitos humanos e as liberdades democráticas no noso país.

Quenes cremos na xustiza social e na igualdade, temos a obriga moral e política de esixir unha resposta firme ás nosas institucións, pero tamén temos a obriga de apoialas e poñer todos os recursos que estean ao noso alcance.

É preciso que toda a sociedade participe activamente no cambio da xerarquía de valores, é necesario que non calemos, que nos fagamos responsables, xa que o silencio fainos cómplices de que esta situación se perpetúe.

Nese día Sevilla, Madrid, Barcelona, Málaga, León, Santiago, e posiblemente outras cidades estarán unidas por un mesmo obxectivo, por unha mesma causa.

Dende aquí, Homes Galegos pola Igualdade, convoca a toda a sociedade galega a unha concentración o Domingo 21 de outubro ás 12:00 h., na Praza do Toural en Santiago.

Na que invita á participación activa, ás persoas responsables políticas de Galicia que cada día máis introducen a perspectiva de xénero nas súas axendas, ás asociacións de mulleres que traballan dende hai décadas pola erradicación da violencia e o apoio ás vítimas, ás persoas que dende os seus entornos de traballo (Medios de comunicación, Universidades, Concellos, centros educativos, CIMs, Xulgados, Servizos Sociais, as Forzas e Corpos de Seguridade, etc) que todos os días poñen o seu gran de area, nesta, cada día máis tupida rede de persoas que loitan contra a violencia.

Pero particularmente queremos incentivar a participación dos homes que asumen o compromiso de enfrontarse a calquera conduta que supoña desconsideración ou maltrato de calquera tipo cara as mulleres e cara a infancia, porque somos os homes os primeiros que temos que rachar coa complicidade que temos cos homes que exercen violencia.

Grazas, vémonos en Santiago.

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Cómo criar un grupo de homes profeministas?:

Homes Galegos Pola Igualdade

Avda. Buenos Aires, 26 – 1º
36500 Lalín (Pontevedra)

Tels.: 661 181 725 – 609 827 021 - 619 861 242
609 276 501 - 661 582 721

correio-e:
homesgalegospolaigualade@yahoo.es
_______________

xoves, outubro 11, 2007

4 de Novembro. marcha nacional contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia

De: Plataforma Corrubedo
-corrubedo@altermundo.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de outubro de 2007 19:57
Asunto: Corrubedo 4N, xa é oficial



Corrubedo 4N, xa é oficial



Hoxe, 10 de outubro, presentamos publicamente en Compostela a MARCHA NACIONAL CONTRA O PLANO ACUÍCOLA convocada por plataformas sociais e colectivos de afectados/as de toda a costa galega. Baixo o lema POLA TUA COSTA, POLO TEU MAR: NON AO PLANO ACUÍCOLA faise un chamamento a todas as xentes de ben do país a berrar contra esta aberración ambiental, social e económica á que nos quere condear a Xunta. No Porto de Corrubedo, o domingo 4 de novembro de 2007 ás 12 da mañá.

NON LLE FALLES AO NOSO LITORAL, NON LLE FALLES AO PAÍS!

DIFUNDE ESTA MENSAXE!!


RECURSOS DE APOIO Á MARCHA:

PODEDES SEGUIR ENVIANDO ADHESIÓNS A:

corrubedo@altermundo.org

CONVOCAN: ADEGA, Plataforma Medioambiental de Corrubedo, Plataforma Veciñal en Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas (Carnota), Plataforma pola Defensa do Litoral de Seráns (Porto do Son), Comisión de Propietarios/as Laxe Brava (Teira-Corrubedo), Plataforma Veciñal Xove-Lago, Plataforma Veciñal de Merexo (Muxía), Plataforma de Afectados/as de Arou (Camariñas), Plataforma de Afectados/as de Oia, Plataforma de Afectados/as de Foz, Agrupación de Mariscadoras/es de Corcubión, Cooperativa de Mergulladores/as da zona 5ª, Asociación Altofalante (Ribeira).

COLECTIVOS QUE APOIAN (a 10 de outubro): Greenpeace, Salvemos Monteferro, SOS Courel, Colectivo Fusquenlla, Ortigueira Sostible, Colectivo Arraianos, Asociación Sagres de Aguiño, Asociación Cultural Choiva Azeda (As Pontes), Asociación Natura Celtica (Cangas), BNG de Ribeira, Frente Popular Galega, CUT (Central Unitaria de Traballadores), Colectivo Nacionalista de Marín.

ADHESIÓNS INDIVIDUAIS EN:

http://altermundo.org/
_______________

xoves, outubro 04, 2007

o convite para unha manifestación nacional contra o Plano Acuícola convocada polas diversas Plataformas en Corrubedo, o 4 de novembro

De: Plataforma Corrubedo
corrubedo@altermundo.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de outubro de 2007 13:57
Asunto: MANIFESTACIÓN NACIONAL CONTRA O PLANO ACUÍCOLA


MANIFESTACIÓN NACIONAL CONTRA O PLANO ACUÍCOLA EN CORRUBEDO

Saúdos:

Achégovos o convite para unha manifestación nacional contra o Plano Acuícola convocada polas diversas Plataformas de Afectados/as e ADEGA. Tamén o manifesto. Será o vindeiro domingo 4 de novembro ás 12h en Corrubedo. Pregámosvos que consideredes a oportunidade de apoiar a convocatoria e asinar o manifesto, e agardamos contar convosco ese día en Corrubedo.

A presentación pública do evento será este mércores 10 de outubro ás 12h no decurso dunha rolda de prensa no Clube Internacional de Prensa de Compostela (Av. da Coruña, 6, baixo, Compostela). Aínda que o prazo para recibir adesións manterase aberto até o mesmo día da manifestación, no acto de presentación daremos conta dos apoios recibidos, que figurarán nos cartaces.

POLA NOSA COSTA, POLO NOSO MAR,
NON AO PLANO ACUÍCOLA!

A COSTA É GALEGA, E NON DE NORUEGA!


Co patrocinio de:


luns, maio 21, 2007

Este domingo, 20 de maio, tivo lugar o paseo urbano polos despropósitos municipais

Mais de 4.500 m de percorrido pola cidade, o ponto de partida estaba na Praza de Sartaña, onde se colocou a primeira estiqueta reivindicativa, onde se sinalaba o despropósito municipal de usurpar a praza á veciñanza, para entregala a mans privadas, lease empresa amiga SERVIOCIO, tamén a acción desenvolvida pola veciñanza e por último a revindicación cidadá: Praza de Sartaña Sempre Pública. O representante do colectivo veciñal, J. Ramón Jove, dirixeu unhas palabras as persoas congregadas, antes o membro da Xunta Coordenadora da PA21, Mel Sanxoán, presentou o Paseo Urbano lembrando os seus obxectivos.

Comezou o roteiro, atravesando o barrio de Ultramar, As Pías e o barrio de Recimil que pretendía derrubar este goberno municipal, mais a tenacidade na loita veciñal e un pouco de cordura na Dirección Xeral de Urbanismo, impideu que se cometera un grande atentado urbanístico especulativo e unha agresión á veciñanza moradora do barrio. A etiqueta colocouse nas inmediacións da esquina [Rúa R. Carvalho Calero -Estrada de Castela], onde estaba o "Bambu Club". Foi elexida esa zona, pois é a designada para levar adiante o Plano Piloto de Rehabilitación. No lugar agardaba unha importante representación veciñal que na súa maioria non se puideron somar ao paseo pola súa avanzada edade. O acto foi moi emocionante e a veciñanza de Recimil moi agradecida. O representante do colectivo veciñal, Eloy Montero Romero, presidente da Asociación San Fernando, dirixeu unhas palabras, ás persoas congregadas, resaltando a importancia da solidariedade e o apoio mútuo entre veciñas e veciños.

Os pasos dirixironse até a Praza da Porta Nova, onde se colocou a terceira etiqueta, acima do polémico tunel, fronte aos edificios administrativos da Xunta de Galicia, onde contemplamos case sete anos de obras para unha grande desfeita, onde costruen o macro-edificio innecesario e ilegal, e toda unha chea de despropósitos que nos van costar moito diñeiro público a toda a cidadanía de Ferrol. O encargado de dirixir a palabra aos congregados foi Miguel Reimúndez, representante da PA21, nos convocates das mobilizacións na defensa dos espazos públicos.

O Baluarte de Canido, simbolizando toda a zona rural, foi o lugar elexido para colocar a cuarta e quinta etiqueta. Lindo lugar, cun pequeno parque e unha conservada mostra das murallas que no seu día rodearon Ferrol. A vista que abarca é preciosa, onde podemos contemplar parte da Ría e unha parte importante da zona rural ao leste da cidade. Alí mesmo colocaronse as etiquetas da Fraga de Menáncaro e as referentes aos casos de Cha-Brión, Os Corrais, Mandiá e Leixa. Como así viña sucedendo no transcurso do percorrido, esta vez foi a veciñanza do rural a que agardaba en Canido. Interviñeron Ramón Regueiro en representación da Comunidade Menáncaro e Xan Ramírez da Plataforma pola Defensa Patrimonial e Natural dos Montes de Brión e Leixa.

Na Rúa Insua, colocouse a sexta etiqueta para denunciar a espoliación que pretendían facer coa veciñanza expropiada para a construción dunha urbanización na zona. A veciñanza e a asociación veciñal non están contra a urbanización que parece ser ven mellorar a calidade de vida do barrio, polo tipo de vivendas, o parque de máis de 8.000 m2 e os locais comunitarios previstos, mais o que se reivindica é un prezo xusto polas vivendas expropiadas e un realoxo digno. Pola veciñanza afectada falou emocionado, Enrique Sequeiro que agradeceu as mostras de solidariedade e pideu unha solución xusta diante das expropiacións.

O paseo continuou até Ferrol-Vello, onde a beleza do lugar contrasta co abandono ao que está sometido o barrio, para o cal a Asociación Veciñal ten un plano que hai poucos días presentou ante a opinión pública. A reivindicación dun plano integral de rehabilitación do barrio é necesaria e urxente, non se pode agardar máis tempo para un saneamento e solución integral. Rematou o roteiro na Praza Vella, onde se colocou a sétima e última etiqueta cunha bateria de reivindicacións, destacando o saneamento integral da Ría e rexeitando a Planta de Gas que REGANOSA coa complicidade das administracións, pretende poñer en funcionamento dentro da Ría. O compañeiro Mel Sanxoán encargouse de resumir as revindicacións do Paseo Urbano fronte os Despropósitos Municipais do Goberno da dereita [PP-IF], cos juanes, Juncal e Fernández á cabeza, rematando o acto o membro do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Alexandre Carrodeguas, que chamou a seguir mobilizandose contra a regasificadora de REGANOSA: Planta de Gas fóra da Ría.

_______________________________________________________
Galerías Fotograficas do Paseo Urbano polos Despropósitos Municipais [20.05.2007]
  • Enlace coa Galería Fotográfica da PA21, fotos cedidas polo Colectivo Veciñal de Sartaña [Disponíbel en poucos días]
  • Enlace coa Galería Fotográfica da PA21, fotos cedidas polo Clube de Montaña de Ferrol [Disponíbel en poucos días]
_______________________________________________________

Enlace coa noticia nas versións dixitais dos medios:

Diario de Ferrol

El País, un artigo de Lorena Bustabad
_______________________________________

Espolio en Canido:
____________________________________________

mércores, abril 11, 2007

Convocada unha concentración en Ferrol o 26 de abril, xoves, ás 18:30 hs, na Praza do Concello de Ferrol

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos -defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra212gmail.com
Data: 11 de Abril de 2007 13:22
Asunto: Convocada unha concentración en Ferrol o 26 de abril, Xoves, ás 18:30, na Praza do Concello de Ferrol.

Convocada unha concentración en Ferrol o 26 de abril, Xoves, ás 18:30, na Praza do Concello de Ferrol, para esixir a paralización das obras do macro-edifio na Praza da Porta Nova.


Comunicamos que na Reunión da tarde de onte no local social de Fontelonga, Acordamos facer un CHAMAMENTO SOCIAL para realizar unha CONCENTRACIÓN CIDADÁ para o xoves día 26 de abril ás 6, 30 horas da tarde na Praza do Concello, coincidindo co PLENO ORDINARIO.

Ferrol a 11 de Abril de 2007.
Xosé M. Sanxoán

MOBILIZACION

CONCENTRACIÓN SOCIAL

Os CONVOCANTES en defensa dos espazos e prazas publicas, reunidos este martes á tarde do día 10 de abril no local social da Asociación Veciñal de Fontelonga .

Considerando as circunstancias que rodean a construción do EDIFICIO DA PRAZA DE PORTA NOVA , PRAZA DE ESPAÑA , analizamos :

1º.- Que o Goberno Local continúa e acelera a construción do EDIFICIO DA PRAZA DE ESPAÑA sen que se observe ningunha intención de buscar solucións ou alternativas que satisfaga e convenza a cidadanía.

2º.- Que OS CONVOCANTES seguemos sempre a defender unha PRAZA LIBRE DE EDIFICIOS e de todo IMPACTO VISUAL para goce e uso de toda a cidadanía .

3º.- Que ante o INFORME DESFAVORABLE da DIRECCIÓN XERAL DE URBANISMO DA XUNTA DE GALICIA , recomendando A PARALIZACION DE OBRAS, este Goberno omite este mandato nun claro desafío institucional.

4º.- Solicitar unha entrevista co Fiscal para nos informar se ten constancia de observar unha clara infracción urbanística e denunciar estes feitos solicitando a paralización xudicial das obras con caracter urxente.

5º.- Que ademais do mal gusto e feísmo en xeral desta Praza que toda a cidadanía ven observando :

A C O R D A M O S :

FACER UN CHAMAMENTO A TODA A CIDADANÍA DE FERROL, PARA REALIZAR UNHA CONCENTRACIÓN CIDADÁ DIANTE DO PAZO MUNICIAPAL , PRAZA DE ARMAS, O XOVES, DÍA 26 DE ABRIL A PARTIR DAS 6, 30 HORAS DA TARDE.

SOLICITAREMOS E MESMO ESIXIREMOS A PARALIZACION DAS OBRAS DOS EDIFICIOS DA PRAZA DE ESPAÑA- PORTA NOVA.

Ferrol a 10 Abril de 2007.

Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Cultural Fuco Buxán,
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Sociocultural Lopez Bouza
CC.OO Ferrol,
CIG-Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra21,
Terra Galega,
UGT-Ferrol,
USTG-Ferrol.

Máis sobre a manifestación do 6 de maio en Compostela

De: Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de Abril de 2007 00:17
Asunto: Nota da Plataforma Ártabra 21


Ola compañeir@s - Pronto faremos unha CONVOCATORIA da XUNTA COORDINADORA para debater e abordar estes temas tan importantes que será con toda probabilidade a vindeira semana, martes día 17 ás 7, 30 horas da tarde.

Ir traendo propostas concretas para a Coordinadora e tamén para a vindeira ASEMBLEA do día 24 no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galiza na praza de españa- porta nova.

Xa vos convocaremos e o lugar onde face-lo.

Saúdos

xosé mel sanxoán

Cremos que urxe unha reunión para decidir o apoio á manifestación do día 6 de maio. Lembrade que o día 22 deste mes terá lugar unha declaración pública en Santiago ante os medios de comunicación para dar conta desta mobilización e das asociacións convocantes.

Queremos saber cales dos grupos integrantes de Ártabra 21 asinan esta convocatoria.

Un saúdo

To (Fusquenlla)

__________________________________
[Fwd: [redelitoralvivo] [Fwd: manifetación día 6 de maio en santiago.]
Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com- 10 de Abril de 2007 23:21
Para: artabra21@gmail.com



---------- Mensagem encaminhada ----------
From: Xan Duro
To: redelitoralvivo@verdegaia.org
Date: Tue, 10 Apr 2007 18:42:58 +0200
Subject: [redelitoralvivo] [Fwd: manifetación día 6 de maio en santiago.]


-------- Original Message --------

Dende Cies Artesanais S. Coop. Galega, estase interesado en participar nesta manifestación, que consideramos de gran importancia, dado o estado no que se topan as nosas costas.

E por elo, que a fin de poder informar ós socios da cooperativa e a todos os interesados, necesitaríamos que nos enviedes o mais axiña posible os seguintes datos : lugar, hora, día e si é posible algún cartel da convocatoria.

Moitas grazas por todo, e ánimo.

Cies Artesanais S. Coop. Galega.

correo: c.naseiros@terra.es
teléfonos de contacto: 986228326 653750682 --3

--
Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
www.redelitoralvivo.info
www.plataformaferrocarril.org

domingo, abril 08, 2007

Cremos que é preciso empezar a organizar a mobilización de maio: propostas

De: Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de Abril de 2007 02:00
Asunto: Cremos que é preciso empezar a organizar a mobilización de maio.

Cremos que é preciso empezar a organizar a mobilización de maio.

Propoñémosvos que todas as páxinas web dos colectivos a favor da manifestación do día 6, inclúan nun lugar visible o anuncio de tal convocatoria. Podería ser unha mensaxe común como "*O DÍA 6 EN COMPOSTELA*" e a continuación unha mensaxe a decidir por cada un dos colectivos. Desde "*CONTRA A DEGRADACIÓN DO TERRITORIO*" ata " *POLA DEFENSA DO LITORAL*" pasando por "*POR UN URBANISMO SOSTÍBEL*", "*NON AO CEMENTO*" ou "*CONTRA AS PISCIFACTORIAS". *En fin, calquera idea que enlace con esta problemática que nos une.

Un saúdo.

______________________
De: Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de Abril de 2007 00:10
Asunto: Cremos que é preciso empezar a organizar a mobilización de maio.

---------- Mensagem encaminhada ----------
From:
To: "Fusquenlla"
Date: Sat, 7 Apr 2007 19:12:25 +0200
Subject: Re: Proposta

O movemento veciñal RondaNon de Sanxenxo, estaremos presentes na
manifestación do día 6 de maio. (Neste intres estamos completamente
desmovilizados, pero inda así intentaremos estar o maior número de persoas
posibles).

Co voso permiso pasamos a convocatoria a outros colectivos da zona.

Un Saúdo

RondaNon.

__________________
De: Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de Abril de 2007 00:12
Asunto: Cremos que é preciso empezar a organizar a mobilización de maio.

---------- Mensagem encaminhada ----------
From: "gonalo blanco vazquez" -gonza_bla@hotmail.com-
To: fusquenlla@sospontedeume.com, adega@adega.info, coordinacion@amigosdaterra.net, adencotea@yahoo.es, feg@jet.es, colectivoherpi@hotmail.com, asembleadosuido@yahoo.es, prensa@jovenesverdes.org, cesalnes@eresmas.com, info@amigosdaterra.net, osverdesgalicia@yahoo.es, feg@federacionecoloxista.org, ortigueirasos@yahoo.es
Date: Sat, 07 Apr 2007 13:55:38 +0000
Subject: FW: Proposta urbanismo

Referente os lemas da manifa eu optaria polo seguiente

POLA DEFENSA DO PATRIMONIO NATURAL E CULTURAL GALEGO, POR UN URBANISMO SOCIALMENTE XUSTO!!!

Englobando polo tanto o noso interese por manter o patrimonio natural e cultural-historico de Galiza, como tamén o as inquedanzas que temos no eido do acceso das clases sociais mais desfavorecidas como a mocidade do acceso a vivenda.

Porque non me gustan os outros lemas?

Contra a degradación do territorio--- no fai referencia o urbanismo, degradación do territoiro e por exemplo a contaminación dos rios, ou as muiños de vento mal postos nos montes, etc...

Pola defensa do litoral--- esquece a problematica do urbanismo no interior, a corrupción das grandes cidades, o feismo no rural, etc...

Non o cemento--- conviritiranos nos do non, desde logo que hai moito cemento que sobra e non so no urbanismo, autovias e asi..., pero tamén temos que saber medirnos e que moita xente non esta adecuadamente informada e polo tanto temos que causar interese polos valores que estamos a promover e cun lema como ese....., como que iamos estar marxinados polos medios.

Contra as piscifactorias--- é tamén un pouco fora de lugar e non engloba nin o 90 por cento da problematica que temos. E a verdade que ia despistar bastante.

Ben é a miña opinión...., e supoño que este ten que ser un tema a desenvolver entre todos.

gonzalo blanco.

saude e terra.
_____________________

domingo, abril 01, 2007

Acordada a mobilización en Compostela para o domingo 6 de maio

Mensaxens de Carmucha Otero e Manuel Domínguez do Colectivo Fusquenlla informando da reunión do pasado Sábado en Compostela, onde participou a Rede Litoral Vivo e outros grupos, para a convocatoria dunha mobilización nacional en repulsa pola degradación do territorio, contra a impunidade de empresarios e rexidores municipais, contra un urbanismo desordenado e agresor ao medio, reafirmamonos nun desenvovemento sostíbel e que un outro urbanismo é posíbel.
_____________

De: CARMUCHAOTERO@telefonica.net - CARMUCHAOTERO@telefonica.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 31-mar-2007 21:08
Asunto: mobilización en Santiago


Ola, vos resumo o que se decidíui hoxe na reunión de Santiago á que acudiron membros da Rede Litoral vivo e outros grupos. Farase un comunicado ós medios de comunicación o día 22 de Abril, día da Terra, en Santiago, onde se lerá un Manifesto( hai que redactalo) coas nosas reivindicacións e se informará da data da Manifestacón, que terá lugar o día 6 de Maio, antes das eleccións municipais. Se nomeou unha Xunta coordinadora que traballará na organización do evento. Supoñemos que os membros da Plataforma estarán dacordo, ; como o tempo apremia, conviría non esoerar á próxima reunión para darlle publicidade na páxina da Plataforma. Mentres, os diversos grupos poden debater o tema e mandar a súa opinión á páxina da Rede, para ir sabendo con qué forzas se pode contar. Hai que darlle cañae publicidade nos medios ó noso alcance.: prensa, televisión, boca a boca, o que se vos ocorra. E moi importante que non sexa un fracaso. Unha aperta.

_________________

De: manuel dominguez -manudominguez@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 01-abr-2007 20:31
Asunto: resumo xuntanza

---------- Mensaxe reenviado ----------
From: Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
To: destinatarios-no-revelados:;
Date: Sun, 01 Apr 2007 17:54:50 +0200
Subject: resumo xuntanza
Resumo o acordado na xuntanza de Santiago

A práctica totalidade de organizacións ecoloxistas galegas decidimos convocar unha manifestación o día 6 de maio en Santiago de Compostela.

Despois dunha xuntanza celebrada nesta mesma cidade, os grupos participantes acordamos por unanimidade - dous destes colectivos deben someter ás súas asembleas esta decisión - chamar á cidadanía a unha manifestación que sirva para amosar a nosa repulsa pola degradación do territorio, un feito que ameaza á propia identidade de Galiza. Outros grupos que escusaron a súa asistencia, amosaron o seu apoio ás decisións tomadas. Coincidíuse na necesidade de celebrar este acto reivindicativo e de denuncia dada o estado de deterioración na se atopa o territorio galego, tanto o litoral como o interior. Se o primeiro está ameazado pola construción e as piscifactorias, non o está menos o interior, que sufre a espoliación do Courel e da Terra Cha. Sen esquecer a deterioración dos cascos históricos, a destrución do patrimonio
arquitectónico, a desaparición dos espazos públicos e zonas verdes, e a edificación masiva que aporta especulación e depredación da paisaxe.

Existe unha grande sensibilidade social sobre as consecuencias irreversibeis que acarrea o descontrol das actuacións urbanísticas e a impunidade dos empresarios e alcaldes que os apoian. Temos agora a posibilidade de poñer freo á cementación de Galiza, de salvagardar o noso patrimonio natural, que é o mesmo que dicir o noso futuro.

Polo visto tamén hai unha convocatoria a nivel estatal para protestar o día 5 de maio polo urbanismo actual. Isto resalta aínda máis a importancia da nosa convocatoria.

Entre os asistentes estabamos:

Plataforma veciñal contra a piscifactoria de Baroña
Plataforma Quilmas
Amigos da Terra
Verdegaia
Fusquenlla
Salvemos Monteferro
Luita Verde
Ortigueira Sostible
Greenpeace
Foro Social de Cangas
Comisiao reunificasao GZ-Portugal
Plataforma Ártabra 21
Sociedade Galega de Historia Natural

A Federación ecoloxista galega escusou a súa asistencia por mor da asemblea que estaban a celebrar, pero amosou o seu apoio (perdón se me queda algún no tinteiro)

Pregámosvos deades a maior publicidade a este acordo e agardamos a vosa adhesión a fin de acadar unha resposta o máis ampla posíbel.

Formouse un comité para preparar a organización: mediso, prensa, apoios, etc. que realizará reunións cando sexa preciso.

O Día da Terra haberá unha presentación oficial ante os medisos de comunicación para informar dos pormenores e convocantes da marcha.

Podedes comunicarvos con Xan Duro -xanduro@usc.es- para calquera
información que precisedes.

Recibide un cordial saúdo.

venres, marzo 30, 2007

Mensaxens da Lista de Correios en orde cronolóxica: posíbel mobilización o 22 de abril, reunión en Compostela para o Sábado, 31 de Marzo, coordenadora

Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
30 de marzo de 2007 1:08

De: Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de marzo de 2007 0:36
Asunto: Galicia Hoxe e a xuntanza

Galicia Hoxe e a xuntanza


---------- Mensaxe reenviado ----------
From: Choiva Ázeda
To: fusquenlla@sospontedeume.com
Date: Fri, 30 Mar 2007 00:53:55 +0200
Subject: RE: Galicia Hoxe

Nós non poderemos asistir, pero cremos na necesidade dun catalizador de todas as enerxías que posibilite xerar unha forza mediática suficientemente ampla para ser atentida polos xestores públicos.

A nova de galicia-hoxe xa está na nosa bitácora.

Saúdos.

Se non che interesa recibir máis E-MAILS nosos, só tes que enviar un correo ca palabra BAIXA

choiva-azeda.blogspot.com
Asociación Cultural Choiva Azeda
AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ


Subject: Galicia Hoxe
Date: Thu, 29 Mar 2007 00:36:27 +0200
Galicia Hoxe e a xuntanza


___________________

De: Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-

Pra: artabra21@gmail.com
Data: 29 de marzo de 2007 13:56
Asunto: Mensaxens da Lista de Correios en orde cronolóxica: posíbel mobilización o 22 de abril, reunión en Compostela para o Sábado, 31 de Marzo, constitución dunha coordenadora galega e outros.

Mensaxens da Lista de Correios en orde cronolóxica: posíbel mobilización o 22 de abril, reunión en Compostela para o Sábado, 31 de Marzo, constitución dunha coordenadora galega e outros.

De: Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de marzo de 2007 1:16
Asunto: [redelitoralvivo] Confirmación de lugar e hora para a Xuntanza do 31]


---------- Mensaxe reenviado ----------
From: Xan Duro -xanduro@usc.es-
To: redelitoralvivo@verdegaia.org
Date: Thu, 22 Mar 2007 19:48:22 +0100
Subject: [redelitoralvivo] Confirmación de lugar e hora para a Xuntanza do 31

Ola de novo,

Confirmada a xuntanza o día 31 de marzo ás 12 na Galería Sargadelos de Compostela, Rúa Nova 16.

Esta xuntanza é non é exclusiva da Rede Litoral Vivo senón abertas a todos so colectivos que queiran asisitir. Divulgade o máximo posíbel a convocatoria.
Unha aperta e ate o sábado.

-----------------------------------------
Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
www.redelitoralvivo.info
www.plataformaferrocarril.org


____________________________________

---------- Mensaxe reenviado ----------
From: Xan Duro -xanduro@usc.es-
To: redelitoralvivo@verdegaia.org
Date: Sun, 25 Mar 2007 19:49:03 +0200
Subject: Re: RE : [redelitoralvivo] Confirmación de lugar e hora para a Xuntanza do 31

Ola María,

Sinto moito a coincidencia pero como estaba a semana santa polo medio non habia moito onde escoller. De calquera xeito se queredes enviar algunha suxestión, etc é ben recibida.
unha aperta
-----------------------------------------
Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
www.redelitoralvivo.info
www.plataformaferrocarril.org



María Peón wrote:

olá,

moito me temo que desde a APDR non poderemos participar desa xuntanza, xa que coincide coa Asamblea Xeral da FEG, supoño que algúns outros colectivos terán o mesmo problema... de tódolos xeitos, tampouco podemos confirmar a nosa participación na mesma até que celebremos a nosa asemblea, este xoves; imaxino que xa é tarde para mudar a data da xuntanza ¿?...

saúdos
María Peón (APDR)
_______________________

Orlando Álvarez Álvarez -orlandogregorio@mundo-r.com-
28 de marzo de 2007 19:21
Para: fusquenlla@sospontedeume.com

Os de SOS Courel non podemos asistir a xuntanza do 31 de marzo, pero queremos participar nestas iniciativas. Aínda que non somos litoral, dos montes do Courel baixan moitos ríos cara o Mar, e coas desfeitas que se están a facer por estos lares, cremos que cousa boa non pode baixar.

Adxuntamos fotos
Saúdos
Orlando
607 22 58 87


























__________________

Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
29 de marzo de 2007 13:56

---------- Mensaxe reenviado ----------
From:
To:
Date: Thu, 29 Mar 2007 10:44:51 +0200 (CEST)
Subject: REUNIÓN INTENTAREMOS IR.

MARCOS.
ASOCIACIÓN NA DEFENSA DO PARQUE ROSALIA DE CASTRO.LUGO

________________________

Proposta do LAZO VERDE para o día da Terra

Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
27 de marzo de 2007 18:24

---------- Mensaxe reenviado ----------
From: Fusquenlla
To: destinatarios-no-revelados:;
Date: Tue, 27 Mar 2007 18:15:20 +0200
Subject: [Fwd: Proposta do LAZO VERDE para o día da Terra]


---------- Mensaxe reenviado ----------
From: coordinacion@amigosdaterra.net
To: Rede Litoral Vivo , Fusquenlla
Date: Tue, 27 Mar 2007 19:08:36 +0200
Subject: Proposta do LAZO VERDE para o día da Terra

Estimados compañeiros da Rede.

Dende Amigos da Terra queremos reproducir para o día 22 a campaña do LAZO VERDE que Greenpeace, Amigos de la Tierra, SEO, ADENA e Ecoloxistas en Acción propoñen en Madrid para o día 21. Unha manifestación de grandes dimensión onde todos esteamos vinculados por un símpolo aséptico de intereses partidarios, sen etiquetas e que non dea pe a ningunha conxetura sobre a independencia dos que se manifestan.

De gran poder mediático e capaz de tocar a aquelas xentes as que habitualmente os grupos ecoloxistas non temos acceso. Provocar o efecto bola de neve, xerando a corrente de opinión que tantas veces pretendemos e tan poucas acadamos. Conseguir que a xente se decate do día que é. Crear un símbolo a reproducir todos os "Dias da Terra" a marxe da temática proposta.

Nos propoñevosvos este tema tamén na reunión do sábado 31 en Compostela, pero é importante que nos posicionemos e pasemos o concreto, xa que o tempo apremia.

Facédenos chegar as vosas impresións.

Victor Barro

--


______________________________________


Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
27 de marzo de 2007 23:42

---------- Mensaxe reenviado ----------
From: Anton Fortuna Rodriguez
To: redelitoralvivo@verdegaia.org
Date: Tue, 27 Mar 2007 22:01:05 +0200 (CEST)
Subject: RE: [redelitoralvivo] Proposta do LAZO VERDE para o día da Terra

Ola a todas e a todos

Mentres non desvirtue o motivo principal da manifestación do dia 22 en Santiago de Compostela; é decir, contra o Plan Acuícola da Xunta, entre outros problemas do litoral, pola miña parte non lle vexo obxeción.

Por outra banda, sería recomendabel elaborar unha faixa para a cabeceira da manifestación que aluda ao impacto das piscifactorias e do urbanismo na nosa Costa, dado que son problemas de actualidade.

Eu non poderei asistir ese dia á xuntanza da Rede Litoral, mais xa decidiredes.

Saudos!. Antón Fortuna (Verdegaia)

coordinacion@amigosdaterra.net di:

Estimados compañeiros da Rede.

Dende Amigos da Terra queremos reproducir para o día 22 a campaña do
LAZO VERDE que Greenpeace, Amigos de la Tierra, SEO, ADENA e Ecoloxistas
en Acción propoñen en Madrid para o día 21. Unha manifestación de
grandes dimensión onde todos esteamos vinculados por un símpolo aséptico
de intereses partidarios, sen etiquetas e que non dea pe a ningunha
conxetura sobre a independencia dos que se manifestan.

De gran poder mediático e capaz de tocar a aquelas xentes as que
habitualmente os grupos ecoloxistas non temos acceso. Provocar o efecto
bola de neve, xerando a corrente de opinión que tantas veces pretendemos
e tan poucas acadamos. Conseguir que a xente se decate do día que é.
Crear un símbolo a reproducir todos os "Dias da Terra" a marxe da
temática proposta.

Nos propoñevosvos este tema tamén na reunión do sábado 31 en Compostela,
pero é importante que nos posicionemos e pasemos o concreto, xa que o
tempo apremia.

Facédenos chegar as vosas impresións.

Victor Barro
--
__________________


Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
29 de marzo de 2007 13:56

---------- Mensaxe reenviado ----------
From: Celestino Quintela
To: redelitoralvivo@verdegaia.org
Date: Thu, 29 Mar 2007 11:55:40 +0200
Subject: Re: [redelitoralvivo] Proposta do LAZO VERDE para o día da Terra

Olá a todo o mundo!

Na C. Permanente da FEG parécenos moi ben e apoiamos a proposta de AdT do lazo verde.
Por outra banda, sinalar que a asemblea anual da feg vai ser o vindeiro 31 de marzo, polo que non poderemos estar na xuntanza.

Porén, gustaríanos sinalar algunha cousa en relación á posíbel organización dun acto-manifestación para o dia 22 de abril. A FEG é unha das diversas "Entidades Galegas pola redución dos residuos", e os comentarios van nesa liña:
- Gustaríanos que a faixa do acto-manifestación fose reutilizábel, ben porque o lema que nela estea impreso faga que esa faixa se poida empregar noutros actos-manifestacións da mesma natureza (futuras mobilizacións en defensa do litoral) ou porque a faixa estea feita do tipo faixa de lona sobre a que van letras-autocolantes que logo se poden despegar para sobre a mesma faixa cambiar o lema.

- Á hora de elaborar materiais de difusión do acto-manifestación, valorar a posibilidade de minimizar a presenza do material impreso, pois hoxe en día existe o boca a boca, e a via internet para difundir todo tipo de acción. Deste xeito poderemos realizar unha boa difusión pública do acto sen ter que consumir grandes cantidades de tintas e papel, papel que nalgún caso pode proceder de eucaliptos galegos. Adicionalmente, pódese recorrer á radio, aínda que por motivos económicos penso que pode estar fóra das nosas posibilidades.

Agardo que estes comentarios sexan considerados na xuntanza, aínda que non poidamos estar presentes físicamente.

Un saúdo,

Tino Quintela
Coordenador Xeral da FEG

*****************************************
Celestino Quintela Sabarís
M.Sc., PhD. Student
Department of Botany, Fac. of Biology
Universidade de Santiago de Compostela
Tel: (0034) 981 563 100, ext.: 13265
Email: campanho@usc.es
*****************************************