Amosando publicacións coa etiqueta Podemos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Podemos. Amosar todas as publicacións

xoves, febreiro 14, 2019

Podemos Galicia ante o bloqueo aos orzamentos xerais do Estado - O veto aos orzamentos aborta a posibilidade defender as emendas parciais para Galicia para mellorar as condicións de vida da cidadanía galega


Podemos Galicia ante o bloqueo aos orzamentos xerais do Estado


Podemos Galicia mantivo desde o primeiro momento unha posición clara para facer viable o cambio apostando por uns orzamentos sociais e comprometidos con Galicia. Consideramos exemplar desde o primeiro momento a posición do grupo de En Marea no Congreso como actor clave para alcanzar os orzamentos máis sociais, progresistas e feministas da historia recente ao tempo que fixeron a maior defensa de Galicia como único axente que plantou cara ao Goberno esixindo un trato xusto coa nosa comunidade. A apertura da negociación co goberno era unha boa oportunidade para alcanzar os orzamentos non só máis sociais senón tamén máis beneficiosos para Galicia.

O veto aos orzamentos aborta a posibilidade defender as emendas parciais para Galicia para mellorar as condicións de vida da cidadanía galega. Desde Podemos Galicia, e desde o grupo de En Marea no Congreso apostabamos por continuar negociando co Goberno para lograr o mellor acordo para o noso país. Hoxe votouse contra a subida do SMI, contra máis recursos en dependencia para as galegas e galegos, contra a eliminación do copago farmacéutico.

O rexeitamento aos orzamentos abre a porta a un adianto electoral, no que a Brunete mediática sacará toda a súa artillería para trasladar ao Goberno de España a fórmula andaluza. En Podemos Galicia non tememos ás urnas, sairemos a por todas, coa intención de aglutinar unha gran alianza política e social en clave de progreso, que actúe como muro de contención de quen quere atrasar o reloxo cincuenta anos.

Queremos para Galicia, e para o Estado, un Goberno de progreso, que sitúe no centro a axenda social, que recoñeza a plurinacionalidade e que atenda as necesidades de Galicia como corresponde. Que ninguén dubide que sairemos a gañar.

Hoxe é un día triste para a cidadanía progresista. Os orzamentos máis sociais da última década foron tombados polo bloque reaccionario. Podemos Galicia agradece o compromiso co cambio e con Galicia das deputados e deputadas do grupo de En Marea no Congreso que, electos baixo o mandato da Coalición En Marea, conformada por Esqueda Unida, Anova e Podemos Galicia, defenderon os intereses da cidadanía, das maiorías sociais do pais fronte a ofensiva conservadora traballaron durante meses para un acordo orzamentario histórico no social e que hoxe foi bloqueado polas forzas conservadoras.

Compostela, 13 de febreiro de 2019.-

Saúdos
Podemos Galicia

https://galiza.podemos.info/

Enviado por:
Prensa Podemos Galicia
-prensa@galicia.podemos.info-
13 de fevereiro de 2019 17:26

___________________

mércores, agosto 03, 2016

A consulta telemática de Podemos Galicia decide a confluencia coa Marea por esmagante maioría, desdecindo o votado pola súa Asemblea Autonómica o pasado venres 29 de Xullo


As bases de Podemos apostan en ir ás eleccións galegas en alianza con En Marea


A opción tivo un 75% dos apoios na consulta telemática. Carmen Santos indica que é un aval para crear unha “fórmula electotal á catalá” en referencia a En Comù Podem.

As bases deron un si rotundo a concorrer en alianza electoral con En Marea ao 25 de setembro. Un 75,6% dos votantes na consulta telemática organizada por Podemos Galiza votou a prol desta opción, un “apoio claro”, en palabras da secretaria xeral, Carmen Santos, que xa anunciou que se ía poñer en contacto coas “forzas irmás”, en referencia a Anova, Esquerda Unida e as marés. Santos interpreta que os resultados do referendo, no que tomaron parte 6.056 inscritos (o 27,6% do censo total e 44,3% do 'censo activo') son un mandato para pular por crear o que cualificou como “fórmula electoral á catalá”, referíndose a En Comú Podem. Desta forma, Podemos non se diluiría en En Marea, que desde a asemblea do pasado sábado é partido instrumental.

A secretaria xeral destacou que "gañou a opción que eu defendía", incidindo en que tivo 4.576 votos (75,6%) fronte aos 1.471 (24,3%) dos partidarios de concorrer en solitario como Podemos, unha opción que fica descartada embora ser a maioritaria na asemblea da pasada sexta feira, e que non era vinculante.

A consulta despexa só en parte o camiño cara ás autonómicas do espazo que constitúen Podemos e as marés. Santos volveu deixar claro que a liña vermella era a de que o seu partido non se ía diluír e que os resultados da consulta eran a favor de ir en alianza, non de se integrar nun partido instrumental. De aí a súa refrencia a En Comú Podem, coligazón onde os actores integrantes manteñen a súa identidade propia. Mais isto bate co aprobado en Vigo, na asemblea xeral da maré constituínte, e na que se apostou por transformar En Marea nun partido instrumental.

Candidato

Preguntada polo candidato, Santos reiterou que só apoiarán un que saia dunhas primarias. O Faro de Vigo informaba na edición desta cuarta feira que Luis Villares, o maxistrado do TSXG que leva semanas sonando como a persoa para liderar a candidatura, descarta ser candidato de En Marea se Podemos rexeita "o partido instrumental".

Publicado en Sermos Galiza baixo Licenza Creative Commons | 03.08.2016

Faite asinante do semanario Sermos Galiza | Apoiando ao xornalismo galego e en galego. | Ir á Web.
_____________

domingo, xullo 31, 2016

Na Asemblea de Podemos Galicia, celebrada este 29 de Xullo en Compostela, decidirom por esmágante maioría concurrir baixo a súa propia marca, ás vindeiras eleccións galegas que están previstas para Outono


Asemblea autonómica de Podemos Galicia


Podemos Galicia celebrou onte venres 29 desde as seis da tarde e ata preto da medianoite unha asemblea presencial autonómica coa que pechou o proceso de participación que a secretaria xeral de Podemos en Galicia, Carmen Santos marcou no documento político-organizativo co que foi elixida e que se abriu coas catro asembleas provinciais fai quince días. O encontro realizouse no hotel Apóstol Santiago da capital galega e contou con preto de 500 asistentes.

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, valorou á conclusión da reunión que "márchome moi satisfeita porque desde logo cando digan outras organizacións, que parece que lles molesta, o espírito participativo de Podemos, que vendemos participación pero que é mentira esta asemblea o que dá é unha proba clara de que podemos é unha organización diferente e que é unha organización que pode axuntar perfectamente a participación cunha dirección eficaz e eficiente".

Carmen Santos tamén manifestou a súa intención de asistir hoxe sábado á asemblea constituínte das mareas en común, algo que aínda que recibiu algunhas mostras de reticencias por parte dalgún dos presentes terminou por ser avalado. Carmen Santos indicou sobre a súa asistencia ao evento en Vigo que "eles (as mareas) son uns aliados fraternos, e queremos traballar con eles, pero queremos manter o noso proxecto que é lexítimo, e eses van á ser os termos nos que imos seguir traballando xuntos e tecendo alianzas".

Mediada a asemblea, a secretaria xeral dirixiuse aos presentes para anunciar a redacción definitiva da pregunta que se someterá aos 20.000 inscritos da formación morada en Galicia de maneira telemática e que se celebrará entre o día 31 deste mes e o 2 de agosto. Os termos da consulta foron recibidos moi calorosamente por todos os asistentes con berros de "Si se pode" e sobre a súa formulación tamén se manifestou Santos que indicou que: "pois o consenso da pregunta é que a dirección en todo caso estatal que autoriza este tipo de consultas recoñece a lexitimidade dende a secretaria xeral de formular a pregunta en consonancia co documento político organizativo votado polo inscritos".

Desenvolvemento da Asemblea

A Asemblea autonómica de Podemos iniciouse coa benvida do secretario xeral de Podemos en Santiago de Compostela, Victor Casas, á que seguiu a presentación do traballo realizado nas asembleas provinciais de fai 15 quince días.

A secretaria de participación, Begoña Hermida, presentou os datos relativos aos encontros provinciais celebrados fai quince días, que superaron os 500 participantes e dos que saíron máis de cen propostas distintas. Begoña Hermida resaltou algunhas das propostas en materia de participación, como as de máis asembleas telemáticas ou a participación da cidadanía nas áreas programáticas do partido.

A secretaria de Medio Rural de Podemos Galicia, Natalia Prieto, foi a encargada de presentar as propostas das bases de Podemos sobre como democratizar En Marea entre as que destacaron as que pedían que os representantes sexan elixidos por primarias, non por acordos de mesas de coordinación, ou que se esixa que a coalición cumpra cos mesmos requisitos que se autoimpón Podemos.

Ao Secretario de Mar da formación morada en Galicia, Rogelio Santos, tocoulle presentar a análise das propostas para integrar ás mareas municipais e aos movementos sociais no espazo de En Marea, que foron na liña de facilitar que as mareas municipais poidan incluír as demandas das súas cidades no programa electoral.

A militante do círculo de Podemos en Ames, Vanessa Martín, expuxo as propostas relativas aos sistemas de primarias nunha posible coalición, destacando a petición de primarias en cada un dos partidos.

Por último, a secretaria de economía de Podemos Galicia, Marlene Pérez, achegou as ideas das bases en materia de construción de programa colaborativo, nas que se fixo fincapé na importancia das memorias económicas e a viabilidade das propostas.

Tras a presentación dos resultados das asembleas provinciais, a secretaria de equidade e xustiza social, Ana Pérez, explicou o efecto da lei electoral nas circunscricións de Galicia, e o membro do consello cidadán autonómico, Angel Gey, membro tamén do colectivo Pleademar, fixo un relatorio sobre a participación dos movementos sociais no cambio político.

Tras as presentacións foi a quenda do debate, no que se deron máis de cincuenta intervencións de persoas da militancia sobre as distintas posibilidades que se abren na asemblea cidadá telemática que se inicia mañá domingo.

Este debate deu paso a unha votación, non oficial, na que se pretendeu pulsar o sentir dos presentes respecto das posibles opcións para concorrer aos comicios de outono. Aínda que máis da metade dos asistentes xa abandonaran a reunión, participaron na votación cento noventa e dous (192) persoas, das que cento cincuenta e seis manifestáronse a favor da concorrencia de Podemos ás eleccións coa súa propia marca, mentres que só trinta e seis (36) apostaron por facelo baixo a insignia de En Marea.

--

Prensa Podemos Galicia
Xosé Manuel Prieto
Oscar González
prensa@galicia.podemos.info

https://galicia.podemos.info/

Enviado por:
Prensa Podemos Galicia
-prensa@galicia.podemos.info-
30 de julho de 2016 04:24

________________

En Marea adoptará a forma electoral de partido instrumental para concorrer ás eleccións ao Parlamento de Galiza - Xosé Manuel Beiras é unha das 11 persoas que conforman a a Coordenadora provisional deste novo instrumento político


A maré concorrerá como partido instrumental ás eleccións galegas

Crear “un suxeito político galego”, definir un calendario de primarias para elixir candidato e unha metodoloxía eran tres dos obxectivos que se marcaba a asemblea da 'maré constituínte' que este sábado decorreu en Vigo. Unhas 2.500 persoas asinaron o manifesto dos alcaldes de Compostela, A Coruña e Ferrol que serviu de alicerce para este acto, que nas primeiras horas reunía por volta de mil persoas, segundo cifras das axencias.
Beiras avisa Podemos de que as "reivindicacións partidistas rachan a unidade" e di confiar en que "non o fagan"
Na sesión da mañá aprobouse que "En Marea adoptará a forma electoral de partido instrumental para concorrer ás eleccións ao Parlamento de Galiza". Unha fórmula que descarta Podemos Galiza. O nome electoral será escollido a proposta da xunta xestora. Tamén se acordou que as primarias resolveranse nun tempo menor a 20 días, aínda que falta por concretar o día que se iniciará o proceso. A asemblea decidiu permitir presentar listas de consenso mais o candidato non estará ligado a elas, senón que deberá facelo de forma individual.

A votación sobre o partido instrumental decorreu após unha polémica polo documento que establece a relación entre un eventual Goberno da Xunta, o partido instrumental e o grupo parlamentario, ao respecto do que un sector, algúns deles procedentes do colectivo Cerna, pedía pospoñer para máis tarde. Xosé Manuel Beiras tomou a palabra e urxiu crear o partido instrumental, propondo tamén un compromiso de todos os presentes de que se poderían modificar algúns aspectos.

Coordenadora provisional

A media tarde elixiuse a Coordenadora provisional deste novo instrumento político. Son 11 persoas, entre as que están, entre outras, Xosé Manuel Beiras (Anova), Rubén Pérez e Eva Solla (Esquerda Unida), Manuel Antelo (alcalde de Vimianzo e no BNG até hai unhas semanas), Iago Martínez (MareaAtlántica), Ledicia Piñeiro (Ourense en Común), Rafa Dopico (Anova), Victoria Esteban ou Manuel Barreiro. Na coordenadora hai 2 inscritas de Podemos, Mariajo Bóvenda e Carmen González.

Comité electoral


Tamén se aprobou un comité electoral, que será o órgano que tutele as eleccións primarias. A este órgano presentáronse dúas listas, unha delas vinculada a Cerna. Finalmente, foi a outra lista de nomes a que conformará a xestora. Millán Fernández, Nine Paz, Pablo Nieves, Martiño Ramos, Hermida Dios, Helena Cordero, Aníbal Ledo, Ronsel Pazos, Xermán Tobío, Dani Conde e María Xosé Fernández Pardo. Estas persoas non poden candidatarse.

Xulio Ferreiro (A Coruña), Jorge Suárez (Ferrol) e Martiño Noriega (Santiago de Compostela) foron os encargados de 'inaugurar' a asemblea constituínte, destacando que a vontade era a de poñer en valor o que une e poñer "punto e final" a esta etapa de gobernos de Feijóo. "Imos constituír un suxeito político transformador, inclusivo, que sexa quen de disputar a Feijóo" a maioría, proclamou Martiño Noriega, quen asegurou que será "un punto de inicio do suxeito político que devolverá a esperanza" a este país. Jorge Suárez asegurou que a estamos perante unha "xornada histórica" e que se abre "unha ventá de esperanza" . Pola súa parte, Xulio Ferreiro, manifestou que “hoxe imos construír esa unidade e ese suxeito político que vai devolver a ilusión á xente”.

Na asemblea participan simpatizantes e militantes dunha trintena de marés municipalistas, así como de Anova e Esquerda Unida. Tamén hai bases de Podemos, embora a liña vermella deste partido en Galiza sexa que non se diluirán nun novo suxeito político. Tamén asisten á mesma membros de Cerna e persoas como Carlos Aymerich ou Ana Luisa Bouza.

Podemos

A secretaria xeral de Podemos Galiza, Carmen Santos, apareceu na asemblea pola tarde. O seu partido decidrá entre este domingo e a terza feira o paso a dar. Os inscritos, por volta de 20.000 segundo a organización, votarán telematicamente se van ás eleccións galegas en solitario ou en alianza e coligazón con outras forzas. O que desbotan é diluirse nun partido instrumental.

Publicado en Sermos Galiza baixo Licenza Creative Commons | 30.07.2016

Faite asinante do semanario Sermos Galiza | Apoiando ao xornalismo galego e en galego. | Ir á Web.

---

Web de Mareas en Común:
http://mareasencomun.gal/

Web de Marea Constituínte:
http://mareaconstituinte.gal/

Web de En Marea:
http://enmarea.gal/

Web do Foro Galego:
https://forogalego.wordpress.com/

Web de Cerna:
http://www.cerna.org/

Web de Anova:
http://www.anova.gal/

Web de Esquerda Unida:
http://esquerdaunida.org/

Web de Podemos Galicia:
https://galicia.podemos.info/

A nova noutros medios: Buscar como Marea Constituínte. | Buscar como En Marea.

_______________

sábado, xullo 23, 2016

Tempo de impasse, ... Por David Rodríguez - "...estívose máis atendo á consolidación dunhas siglas que ao avance do movemento popular..."


Por David Rodríguez [*]
23.07.2016


Atopámonos no impasse que media entre a repetición dunhas eleccións xerais e a celebración dunhas autonómicas galegas. Unha repetición de eleccións que se demostrou nefasta para os intereses globais das esquerdas. Se a orixe desta repetición está na "xogada mestra" mediante a cal, en rolda de prensa, os gurús da complutense comezaron a repartir ministerios e a poñer como condición para botar ao PP das institucións o acceso ao goberno co PSOE, estamos en disposición de concluír que, en realidade, aquela foi máis ben unha "cagada mestra". Ter negociado á portuguesa a investidura do PSOE sen entrar no goberno suporía, hoxe, que o Partido Podre de Rajoy sería historia, que o PSOE e Ciudadanos estarían xestionando os recortes de Bruxelas e que o Bloque Popular estaría facendo unha oposición dura coa vista posta na seguinte, probablemente próxima, crise do réxime. Na miña lectura estívose máis atendo á consolidación dunhas siglas que ao avance do movemento popular e, con todo, é probable que tampouco o primeiro obxectivo vaia ser posible.

En todo caso, isto é pasado. De cara ao futuro, as eleccións do 26 X deixaron, polo menos, dúas cousas claras:

1. O asalto aos ceos, que -na enésima baixada de listón- desta volta pasaba polo sorpasso ao PSOE, fracasou. Os resultados do fenómeno Podemos, se non chega a ir no Estado en coalición con IU, serían aínda máis magros. Neste sentido, o 26X marca o comezo da fin da burbulla podemos. A partir de agora o eventual avance dese partido vaise deber a un traballo máis pedestre e desagradecido que á inercia da política espectáculo.

2. A "operación envolvente" para dar unha patada no cu a Anova (entendida esta non coma as siglas continxentes desta organización -ao fin e ao cabo o menos importante- senón como a expresión do proxecto político que considera que do proceso de Unidade Popular que arrancou con AGE debía nacer un suxeito político galego de esquerdas -polo tanto non necesariamente nacionalista, ollo-), tamén fracasou.

A este respecto, algo de memoria:

O bloqueo interesado da mesa de coordinación de En Marea para que esta se democratizase e territorializase inmediatamente despois das eleccións do 20 de decembro de 2016 permitiu que tomase corpo ese sucedáneo da Marea Atlántica chamado Mareas en Común. Cando, debido a este bloqueo, En Marea concorre de novo coa fórmula de coalición -cometendo o despropósito de pretender falar outravolta de grupo parlamentario propio ao tempo que nada se fixera na fórmula xurídica de concorrencia para que este tivese algunha posibilidade máis de levarse a cabo- Marea Atlántica ponse de perfil e, ao tempo, Mareas en Común comeza a enarborar o discurso democratista e horizontalista que a propia Marea Atlántica contribuíra a bloquear en En Marea.

Antes das xerais, e de cara ás autonómicas, EU, na boca de Yolanda Díaz, expresa a súa aposta por En Marea como fórmula de concorrencia ás xerais e por Mareas en Común como fórmula para as autonómicas. Ao tempo, Garzón, o líder de IU, exprésase en twitter no mesmo sentido: En Marea para as xerais, MeC para as autonómicas. Outro tanto fai Ada Colau, sen dúbida influenciada por Marea Atlántica. A guinda do pastel pona Xulio Ferreiro cando, en lugar de pechar campaña en Compostela con En Marea, decide pechala en Madrid con Unidos Podemos. A envolvente estaba lista. A consecución do sorpasso deixaría ao que representa Anova sen espazo vital. Mareas en Común sería o espazo para as autonómicas, un espazo onde se incluirían EU, Marea Atlántica e Podemos.

O fiasco dos resultados electorais torceu os plans. Agora podíase argüír que a baixada de votos de En Marea tiña que ver co ninguneamento do factor "galego", co desprezo á figura de Beiras etc. Marea Atlántica estaba noqueada despois de que o seu alcalde apostase tan fortemente por Madrid en detrimento de Santiago. Mareas en Común, rápido habería comezar a facer xestos para ofrecerse máis como "pata" que como "espazo central" da confluencia de cara as autonómicas.

Aí chega o escrito dos alcaldes. O manifesto convoca unha asemblea constituínte para o 30 de xullo. Constituínte, suponse que quere dicir, constituínte, porén, dánse xa como elementos de partida os documentos elaborados por Mareas en Común. Confórmase unha xestora da asemblea cuxa composición, polo que se vai coñecendo, é bastante cuestionable e dáse por suposta a existencia dun chamado "candidato de consenso".

A aparición do manifesto dos alcaldes introduce unha contradición extra no espazo Podemos, onde a loita interna de faccións leva a que os deputados de En Marea, que, paradoxalmente, nas negociacións en Madrid para decidir se En Marea irá ao mixto ou quedará no Grupo Confederal se comportan como auténticos patriotas de siglas podemitas, teñan que defender o espazo de confluencia fronte a Carmen Santos, antigamente partidaria da confluencia e hoxe depositaria das esencias do patriotismo de siglas podemitas. Un cúmulo de despropósitos e cambios de parecer que fan pensar máis nunha partida de trileiros do oeste que en xente que non deixa de dar a brasa co fetixe dos "códigos éticos".

O vindeiro 30 de xullo asistiremos ao final dun tempo político partidario en Galicia. O que se ventila -ou, o que para min se debería ventilar nesa data- non ten que ver só coas eleccións autonómicas. Unhas eleccións ás que o PP chega bastante mellor do que se podía aventurar hai uns meses. O que se decidirá nesa asemblea será se o que saia do longo proceso que arrancou con AGE en Galicia dará lugar a un suxeito político galego ou a unha franquicia de Podemos. Quere isto dicir que, á hora da verdade, e ante a profusión de siglas e chiringuitos variados á que asistimos nos últimos tempos, a cousa vaise polarizar arredor desta cuestión. Só agardo que o que se vende como asemblea constituínte, sexa efectivamente unha asemblea constituínte, sen grupos de facilitación e outros "enxeños" para pastorear ovellas. Se esa asemblea é realmente constituínte e non a enésima patada á pelota para que xente con ideas incompatibles concorran xuntas ás eleccións, todo o mundo terá que retratarse. A implosión, logo, deste espazo heteroxéneo e incoherente será inevitable. Se a implosión non se produce nesta asemblea, producirase despois das eleccións, o que se poderá ler coma unha fraude ao electorado.

O resto, trangalladas para, nunca mellor dito, marear ao persoal.

Publicado o 20 de Xullo de 2016 no blogue do autor: O Funambulista Coxo. A foto do cabezallo do artigo foi postada por Ártabra 21, tirada de Tempos Galegos.

[*] David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
21 de julho de 2016 01:38

_______________

domingo, maio 01, 2016

Podemos Galicia presenta as súas liñas de traballo de cara ás eleccións Autonómicas - O debate puxo de manifesto que as bases de Podemos apoian totalmente que o único espazo de confluencia posible é En Marea - E que se o proxecto de Mareas en Común quere apoiar o cambio en Galicia debe sumarse á democratización de En Marea


Podemos Galicia presenta as súas liñas de traballo de cara ás eleccións Autonómicas


Máis de 200 persoas de círculos de toda Galicia achegáronse ao longo do día a unha asemblea na que expresaron de xeito maioritario o rexeitamento á creación dun partido instrumental. | As bases apoiaron á dirección de Podemos en que o único espazo posible para a confluencia é En Marea. | Carmen Santos aposta pola participación en encontros temáticos e sectoriais para elaborar o programa electoral e afirma que “é lexitimo que Podemos Galicia queira liderar o cambio en Galicia pois iso é o que votaron os inscritos”.

A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, presentou hoxe en Ames, nunha asemblea aberta a todos os círculos, as liñas de traballo de Podemos Galicia de cara a elaborar o programa electoral para as eleccións Autonómicas e artellar a mellor campaña posible.

Santos incidiu na necesidade de abordar as principais problemáticas da nosa sociedade dun xeito verdadeiramente transversal (igualdade, emprego, vivenda, o rural, medio ambiente, etc.), coordinando entre diferentes secretarías os eidos de actuación e as propostas dos círculos sectoriais xa existentes e dos movementos cidadáns.

A secretaria xeral anunciou que se crearán encontros de participación temáticos nestes meses que permitan un desenvolvemento moito mais amplo das propostas e mellorar as canles de comunicación cos círculos e coa cidadanía en xeral.

Rendición de contas

Durante a asemblea presentáronse as diferentes secretarías que conforman o Consello de Coordinación galego. Ademais, os representantes electos nas cámaras estatais que veñen de disolverse, Ángela Rodríguez, Antón Gómez-Reino e José García Buitrón, aproveitaron a ocasión para facer unha rendición de contas insistindo no valor da súa actividade parlamentaria nestes meses e expuxeron as súas impresións acerca de como encarar os vindeiros compromisos electorais.

Varias das persoas que asistiron ao longo do día á asemblea manifestaron aos deputados e senador a necesidade de democratizar o espazo En Marea. O debate puxo de manifesto que as bases de Podemos apoian totalmente que o único espazo de confluencia posible é En Marea e que se o proxecto de Mareas en Común quere apoiar o cambio en Galicia debe sumarse á democratización de En Marea.

É lexítimo que Podemos Galicia queira liderar o cambio en Galicia, porque é o que votaron os inscritos e niso que están de acordo a maior parte dos asistentes hoxe aquí”, manifestou Santos ao remate da asemblea.

En  Ames, 30 de Abril de 2016

Olaya Sandoval
Responsable de Prensa Podemos Galicia
prensa@galicia.podemos.info

https://galiza.podemos.info/
facebook
twitter
youtube

Enviado por:
Prensa Podemos Galicia
prensa@galicia.podemos.info
30 de abril de 2016 20:44

________________

xoves, xaneiro 28, 2016

Podemos Galicia expresa o seu rexeitamento ao Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia por consideralo un intento flagrante de privatización das nosas rías


Podemos Galicia expresa o seu rexeitamento ao Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia por consideralo un intento flagrante de privatización das nosas rías

Podemos Galicia, a través da Secretaría do Medio Rural, quere expresar o seu rexeitamento ao Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia por consideralo un intento flagrante de privatización das nosas rías, e instamos a introducir mocións en contra da mesma nos plenos dos concellos da nosa costa.

O sector do mar de Galicia é estratéxico na economía local. O emprego directo e indirecto (empresas destinatarias dos nosos produtos, empresas provedoras de servizos e subministracións, actividades auxiliares de apoio, etc.) representa unha parte enorme e vital da economía galega. Únese a isto o valor social que adquire nos municipios costeiros pola capacidade de irradiar beneficios socioeconómicos a amplas capas da poboación, o que o converte nun mecanismo de distribución e reparto de riqueza no entorno local, que incentiva a implantación de actividades e pequenos negocios.

A baixada de cotas pesqueiras, o conflito das embarcacións do Cerco ou as distintas problemáticas relacionadas co marisqueo non son máis que diferentes patas dunha iniciativa central que é a privatización das rías galegas por parte da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

O Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia é un texto non consensuado, imposto dende a Administración co fin de implantar un sistema de cultivo industrial de peixe nas rías, aproveitando as súas características e deixando de lado ao sector pesqueiro e marisqueiro.

Para levar a cabo este proxecto é necesario desmantelar ante todo o tecido produtivo tradicional do mar. De aí os problemas que están a sufrir os mariñeiros, mariscadores e mariscadoras.

Queremos destacar que o que aquí se está a producir é un proceso de reconversión do sector do mar tan agresivo como o que se dera hai anos no sector naval. Lembremos os estaleiros e o sufrimento que todo aquelo provocou en moitas familias e démonos conta de que este contexto de crise faino aínda máis preocupante.

O problema medio ambiental que suporía a posta en vigor desta Lei non se avaliou. O tipo de industrias que permitiría son altamente contaminantes. Causan a eutrofización das zonas mariñas pola acumulación dos excrementos, do alimento non consumido, dos peixes mortos por confinamento ou enfermidade, etc., depositándose todo isto nos fondos e incrementando a concentración dos nutrientes da auga (nitróxeno e fósforo principalmente) durante a súa descomposición.

O incremento en nutrientes altera os ciclos naturais dando lugar a un descenso do osíxeno disolto que pode producir a morte de diversas especies que xa viven nestas rías. Esta eutrofización pode incrementar a presenza de dinoflaxelados nas augas, co que aumenta a probabilidade de ter mareas vermellas nas rías, máis das que estamos acostumados, producindo isto as alertas sanitarias conseguintes e a parada produtiva.

Tamén hai que ter en conta o uso de vacinas, antibióticos, funxicidas e bactericidas que se poden propagar na columna de auga, afectando iso ao resto de seres vivos que viven nas nosas augas e tamén aos usuarios das praias, co correspondente efecto no turismo.

Por si estas cousas fosen poucas, esta Lei non especifica se se poden ou non cultivar especies exóticas e incluso invasoras, o que pode producir danos irreversibles ao ecosistema mariño, dado que as especies foráneas poderían reducir e incluso aniquilar as especies naturalizadas das nosas rías. Tampouco parece que exista prohibición á hora de utilizar o espazo da Rede Natura, Parques Naturais, ZEPA, LIC, etc.

Non contentos con causar danos aos galegos e galegas que viven do mar, ás rías directamente, afectando á calidade da auga e á súa biodiversidade, este Anteproxecto de Lei ábrelle as portas completamente ao Tratado de Libre Comercio (TTIP), un escuro e clandestino tratado beneficioso para as multinacionais e prexudicial para a soberanía dos estados da Unión Europea. Por todo o exposto, Podemos Galicia dille NON ao Anteproxecto de Lei de Acuicultura proposto pola Xunta de Galicia.

Non estamos en contra da acuicultura, estamos en contra do modelo neoliberal que quere implantar o Partido Popular (PP), onde se poderá argallar un proxecto de acuicultura simplemente por desenvolvemento económico e xeración de emprego sen ter en conta o desenvolvemento social, as tradicións e xeito de vida e sen ter en conta o respecto polo medio ambiente e o entorno.

Podemos Galicia, preocupado ante esta situación, non só apoiará as mocións e propostas, que neste sentido presenten os nosos Círculos e Consellos Cidadáns Municipais (CCM) das zonas costeiras e agradece as xa introducidas nalgúns concellos, senón que propón a paralización inmediata de dita Lei e a constitución dunha mesa de diálogo entre todos os colectivos do litoral (pesca, marisqueo, turismo, sociedade civil).

Así mesmo pedir a protección para que non se poida instalar a acuicultura en espazos protexidos. Traballar en Bruxelas para declarar Galicia como Zona Dependente da Pesca e protexer os intereses dos nosos traballadores do mar.

Podemos Galicia mantén o seu posicionamento contrario ante calquera tipo de privatización na súa totalidade ou por partes do sector pesqueiro e marisqueiro.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2016

Luísa Vila Núñez
Responsable de Prensa Podemos Galicia
Contacto de prensa
prensa@galicia.podemos.info
https://galicia.podemos.info/

Enviado por:
Prensa Podemos Galicia
-prensa@galicia.podemos.info-
27 de janeiro de 2016 10:00

_________________

xoves, xaneiro 21, 2016

Grupo parlamentar: a renuncia da Marea, ... Por Xosé Mexuto


Por Xosé Mexuto [*]
21.01.2016


É-me difícil de entender por que En Marea non rexistou o seu grupo parlamentar como si o fixo Compromís, por que non deu a batalla, por que acabou optando por se inserir no grupo chamado confederal de Podemos, baixo a chefía de Pablo Iglesias.

A argumentación de que a solicitude de constitución do grupo parlamentar propio estaba condenada ao fracaso pola oposición da maioría da Mesa non se ten de pé: un non pode/debe renunciar ás primeiras de cambio a unha causa que xulga xusta e que, aliás, é un compromiso eleitoral. É isto o rupturismo? É esta á rebeldía? En política os símbolos son moi importantes, os de Podemos sábeno ben. Que simboliza esta manobra? Pouca firmeza perante o muro madrileño. É esta a afouteza coa que se tenciona asaltar o búnker?

Ítem máis: ao renunciar a constituír grupo, renúnciase aínda a petar nas portas do Tribunal Constitucional. Non me vale o contra-argumento de este ser un tribunal político controlado polas elites españolas. Xa o sabemos: mais do que se trata aquí é de se se quer ou non dar a batalla política até o final, de se se mantén ou non o compromiso adquirido co eleitorado.
"Un non pode/debe renunciar ás primeiras de cambio a unha causa que xulga xusta e que, aliás, é un compromiso eleitoral"
A decisión tórnase máis incomprensíbel se cabe ao contrastar coa de Compromís. A formación valenciana, que si rexistou o seu grupo proprio, axiu como axiu pola presión política exercida no seu seno polo Bloc Nacionalista Valenciá. Eles si se ativeron ao compromiso eleitoral.

Non enredo máis con esta cuestión. Os aspectos formais de apresentación da xogada -grupo confederal, non disciplina de voto ["non me imaxino ningunha votación neste Congreso en que teñamos unha posición diferente", dixo Errejón], etc- son pura maquillaxe. En Marea insírese nun grupo de ámbito estatal e iso é todo. Do ponto de vista da súa coherencia o lóxico tería sido rexistar o grupo proprio e, logo de ter sido rexeitado, ter ido ao mixto. Iso visualizaría En Marea como unha entidade propria, non enfeudada. O BNG estivo 20 anos no grupo mixto e sempre foi percibido como unha representación xenuinamente galega. En Marea vaino ser como un apéndice de Podemos: e non só, como xa a está a acontecer, pola inmensa maioría dos mass media, senón tamén pola grande maioría da populación galega.
"O que ten que explicar En Marea agora é por que se comprometeu en campaña a algo que non estaba na súa man conseguir, a algo que dependía de actores políticos non galegos"
Amigas e amigos, parafraseando Arsenio Iglesias, a política é moi difícil. Mais ás veces non o é tanto: Carolina Bescansa xa o anunciara no mes de agosto pasado: o do grupo parlamentario galego, indo Podemos dentro, non ía ser posíbel. O que ten que explicar En Marea agora é por que se comprometeu en campaña a algo que non estaba na súa man conseguir, a algo (que se tolerase a formación dun grupo participado por deputados de forzas políticas estatais) que dependía da vontade política de actores non galegos.

Nun artigo anterior lancei a pergunta de cantos deputadxs iría ter Podemos no Congreso. Desde esta terza feira 19 de xaneiro xa coñecemos a resposta.

Publicado no Sermos Galiza | 20.01.2018 | Onde recomendamos acceder para ler os comentarios.

[*] Xosé Mexuto. Barcelona 1966, xornalista e Director de Sermos Galiza. Foi xefe de imprensa do BNG no Congreso dos Deputados no período 1996-2003.  Traballou nas redaccións de El Ideal Gallego (1987-1988) e La Voz de Galicia (1989-1996). Foi tamén correspondente da axencia Efe na cidade d'A Coruña. Ten colaborado con A Nosa Terra e Xornal de Galicia. É coautor, con Jesús Flores, de "A Historia do Deportivo" (Edicións Xerais, 1993). En Xullo de 2006 deu ao prelo "A nación galega existe. Conversas con Francisco Rodríguez" (Edicións A Nosa Terra). | Seguir a @xosemexuto | Ler outros artigos no Sermos.

Enviado por:
Inácio GZ
inaciogz@gmail.com
20 de janeiro de 2016 18:47

__

domingo, xaneiro 10, 2016

Presentación do informe que o secretario xeral de Podemos Galicia, Breogán Riobóo Lois, realizou na tarde do sábado 9 de Xaneiro de 2016, ante o Consello Cidadán Galego (CCG) - Vídeo


Presentación do informe que o secretario xeral de Podemos Galicia, Breogán Riobóo Lois, realizou na tarde do sábado 9 de Xaneiro de 2016, ante o Consello Cidadán Galego (CCG).


https://youtu.be/f2puAR4WgBA

Luísa Vila Núñez
Responsable de Prensa Podemos Galicia
prensa@galicia.podemos.info
https://galicia.podemos.info/

Enviado por:
Prensa Podemos Galicia
-prensa@galicia.podemos.info-
10 de janeiro de 2016 01:31
___________

domingo, outubro 18, 2015

Podemos Galicia quenta motores -




Hoxe sábado 16 de outubro Podemos Galicia reúnese en Lalín para formarse e coordinarse cara as eleccións xerais. 

Este fin de semana Podemos Galicia reúnese en Lalín para iniciar os preparativos das próximas eleccións xerais. Neste encontro todas as persoas con cargo orgánico e/ou responsables de área do país teñen a oportunidade de compartir experiencias e coñecementos sobre organización, redes, análise e estratexia política.

A organización morada ven de realizar exitosamente asembleas por toda Galicia para a elaboración de “O Programa de Todxs”, espazo de debate presencial e colectivo sobre as demandas territoriais que afectan máis directamente e que poderán incluírse no programa electoral.

Nesas asembleas valoráronse distintas propostas e a cidadanía puido expresar a súa opinión sobre cales son as máis adecuadas ou necesarias.

Grazas ás máis de cen asembleas que se celebraron no país, xa se coñecen as preferencias da xente. Ditas opinións acompañadas dos estudos de viabilidade xurídica, técnica e económica, servirán para decidir as propostas que serán finalmente incluídas no programa electoral.

Na reunión deste fin de semana, Podemos Galicia espera artellar todas as ferramentas necesarias para acadar este obxectivo. Ao tempo que presenta a súa nova páxina web www. galiza.podemos.info, onde toda a cidadanía poderá a acceder a información relevante da formación, estando planificada a súa apertura a partir da semana que ven (informarase sobre o seu lanzamento oficial).

Alberte García, Secretario Xeral de Lalín, manifestou a súa satisfacción pola elevada afluencia e o nivel das exposicións e obradoiros.

Ángela Rodríguez, mais coñecida como Pam, Secretaria de Coordinación e Feminismos, móstrase agradecida pola alta participación da cidadanía na elaboración de propostas programáticas, que é, indica, síntoma do anhelo de cambio e a implicación da cidadanía galega.

A xente xa non lle val votar cada catro anos; quere participar activamente na política e controlar o seu destino” declarou Pam, de 26 anos, licenciada en filosofía e unha das principais bazas galegas da lista de Pablo Iglesias para as eleccións xerais,

Inés Mallada
Secretaria Voces Galegas
Responsable de Prensa Podemos Galicia
prensa@galicia.podemos.info

https://galicia.podemos.info/

Enviado por:
Inés Mallada
-prensa@galicia.podemos.info-
17 de outubro de 2015 18:23
____________

venres, xullo 03, 2015

A axenda que vai levar a cabo Pablo Iglesias en Galicia, hoxe en Ferrol desde as 18:30hs


A Ruta do Cambio


Aínda que nun primeiro momento contemplouse Nova York como SEGUINTE parada da Ruta, finalmente esta semana desprazaranse ata Galicia, unha rexión na que as forzas do cambio deron a volta ao panorama político o 24M, obtendo as alcaldías de cidades tan importantes como A Coruña, Santiago e Ferrol.

A continuación detallámosvos os actos e convocatorias nos que participará Pablo Iglesias nesta viaxe:

A Coruña, 12.00: reunión co Consello Cidadán de Podemos Galicia [Non hai convocatoria para medios].

A Coruña, 13.15: reunión con Yolanda Díaz (coordinadora nacional de Esquerda Unida) e Xosé Manuel Beiras (portavoz nacional de Anova).

Ao finalizar, farán declaracións para medios, ás 15.00 na Praza de Galicia (fronte ao Palacio de Xustiza).

A Coruña, 15.30: reunión con Xulio Ferreiro, alcalde por Marea Atlántica.

Os medios gráficos están convocados ás 16.20 para tomar imaxes do encontro. Cando este finalice, realizaranse declaracións. Todo isto na rúa Marqués de Pontejos, nº 7.

En Ferrol

Ferrol, 18.30: reunión con Jorge Suárez, alcalde por Ferrol en Común.

Os medios gráficos están convocados ás 19.00 para tomar imaxes do encontro. Cando este finalice, realizaranse declaracións. Todo isto no Concello (Praza de Armas).

Ferrol, 19.30: mitin. Será na Praza de Amboage (Rúa Arce, 19).

Participan: Susana López Verde, Ángela Rodríguez Martínez, Irene Montero, Breogán Riobóo, Pablo Iglesias.

Rogamos que os medios que queiran asistir CONFIRMEN asistencia no CORREO: prensa@galiza.podemos.info.

Sábado, 4 de xullo:

Santiago de Compostela, 9.00: reunión con Martiño Noriega, alcalde por Compostela Aberta.

Os medios gráficos están convocados ás 9.30 para tomar imaxes do encontro. Cando este finalice, realizaranse declaracións. Todo isto no hotel Virxe da Cerca (rúa da Virxe da Cerca, 27).

Vigo, 11.00: mitin. Será no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo (Avenida de Beiramar, 59).

Participan: José Manuel Prieto Martínez, Carmen Santos Queiruga, Irene Montero, Breogán Riobóo, Pablo Iglesias.

Os redactores están convocados a un encontro off the record con Pablo Iglesias antes do comezo do acto, ás 10.45, no backstage do auditorio.

Rogamos que os medios que queiran asistir confirmen asistencia no correo: prensa@galiza.podemos.info

Dende alí, o equipo de Pablo Iglesias volverá directo a Madrid para participar na celebración do Día do Orgullo LGTBI. Pablo Iglesias estará na cabecera da manifestación, que sae de Atocha ás 18.30.

Recordámosvos que, como sempre, poderedes seguir a actualidade deste intenso fin de semana, na páxina web www.pabloiglesias.org ou en redes sociais co hashtag #RutaDelCambio.

Así mesmo, no flickr https://www.flickr.com/photos/134160635@N07/sets/with/72157654656825298 iranse subindo as imaxes que tome o noso fotógrafo Dani Gago, que podedes utilizar CITANDO o seu autoría.

Venres, 3 de xullo.

Inés Mallada

Secretaria Voces Galegas | Responsable de Prensa Podemos Galicia. | @InesMallada |  prensa@galicia.podemos.info

Lembrar que se queredes seguir recibindo información sobre a Ruta do Cambio, tedes que inscribirvos aquí: https://participa.podemos.info/seguimiento-medios-ruta

Animámosvos a facelo!

Foto: Pablo Iglesias en Cadiz co novo Alcalde José María González, onde iniciaron "A Ruta do cambio". (Andalucia Información) | 19.06.2015.

Enlace de Referencia:
Ártabra 21: Pablo Iglesias chegará co seu equipo a Ferrol coa "Ruta do Cambio", o vindeiro venres 3 de xullo, ás 19:30hs na Praza de Amboaxe

Para que a información chegue a todos os recunchos Podemos acompañou o inicio desta ruta co estreo dunha nova web, desde a que se informa dos detalles das actividades e propostas que xurdan ao longo da caravana.

Contacto de prensa
prensa@galicia.podemos.info

https://pabloiglesias.org/

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/864279910294322/

Conta de Podemos Galicia no facebook:
https://www.facebook.com/podemosengalicia

Conta de Podemos Galicia no twitter:
https://twitter.com/Podemos_Galicia

Enviado por:
Podemos Narón
-podemos.naron@gmail.com-
2 de julho de 2015 22:28

Nova sobre "A Ruta del Cambio" en Galicia Boas noites: Achégote unha nova sobre a axenda que vai levar a cabo Pablo Iglesias en Galicia éstes días que está de visita. Agradezo enormemente toda a difusión que lle podas dar. Unha aperta, Isabel Allegue. Prensa e Redes.

_______________

xoves, xullo 02, 2015

Pablo Iglesias chegará co seu equipo a Ferrol coa "Ruta do Cambio", o vindeiro venres 3 de xullo, ás 19:30hs na Praza de Amboaxe


A Ruta do Cambio chega a Galiza, Pablo Iglesias e o seu equipo estarán en Ferrol este venres, para o día seguinte, sábado desprazar-se até Vigo, manifestan que o obxectivo desta campaña que vai acompañada dunha páxina web especifica dedicada ao candidato á presidencia do goberno do Reino de España, é " para coñecer de primeira man as propostas e inciativas dos e das galegas". Desde Podemos convidan a participar nos actos.

Pablo Iglesias chegará co seu equipo a Ferrol coa "Ruta do Cambio", o vindeiro venres 3 de xullo, ás 19:30hs na Praza de Amboaxe.

A ruta do cambio chega a Galicia


O próximo venres 3 e sábado 4 de xullo a “Ruta do Cambio” chega a Galicia (Ferrol e Vigo respectivamente) da man de Pablo Iglesias para sentarse a dialogar cos diferentes axentes tanto políticos como cidadás.

A formación ten a man tendida ao diálogo a todos os actores sociais, políticos e cidadás para buscar fórmulas para ampliar a ferramenta de Unidade Popular.

No marco da “Ruta do Cambio” o secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, estará o próximos 3 e 4 de xullo en Galicia (Ferrol e Vigo, respectivamenente) coa que a organización continúa cunha nova estratexia de apertura en busca da unidade popular cara as eleccións xerais tendo como foco a recollida das demandas tanto cidadás como de actores sociais.

Iglesias e o seu equipo, entre eles Rafa Mayoral,  xa percorreron Cádiz, Barcelona, Compostela, entre outros, co 'Foro do Cambio'  organizado para debater con distintos colectivos sociais propostas para mellorar a situación do país.

Devanditos encontros son un dos mecanismos marcados na asemblea de Vistalegre e nesa estratexia de buscar a unidade popular e non "pactos entre partidos" ou "sopas de siglas", senón "ser capaces de facer que Podemos sexa un instrumento para a xente".

Trátase de abrirse máis á xente e aos medios, de establecer unha "relación máis próxima", abrindo "portas e fiestras" e "ensinando" o que hai por dentro en Podemos.

Podemos non é un partido ao uso senón una ferramenta para a cidadanía.

"Non quero ser o candidato dun partido, senón de todos aqueles que entendan que hay oportunidade para o cambio" e "é posible", recalcou Pablo Iglesias, motivo polo que creen que é "tan importante" chegar aos concellos do cambio e a outros lugares que non acadaron durante a campaña electoral.

Con esta ruta, “Podemos abre o camiño para gañar para a maioría social as institucións do país apostando pola unidade popular que tanto éxito tivo nas últimas eleccións municipais e autonómicas e que amosaron que son posibles gobernos do cambio” según declarou Irene Montero. De feito un dos obxectivos desta “ruta” é coñecer de primeira man como están traballando e as primeiras medidas deses novos gobernos nos concellos como o da Coruña ou Ferrol.

Para que a información chegue a todos os recunchos Podemos acompañou o inicio desta ruta co estreo dunha nova web, desde a que se informa dos detalles das actividades e propostas que xurdan ao longo da caravana.

Contacto de prensa
prensa@galicia.podemos.info

https://pabloiglesias.org/

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/864279910294322/

Conta de Podemos Galicia no facebook:
https://www.facebook.com/podemosengalicia

Conta de Podemos Galicia no twitter:
https://twitter.com/Podemos_Galicia

Enviado por:
Inés Mallada
-prensa@galicia.podemos.info-
30 de junho de 2015 20:56
Podemos Narón
-podemos.naron@gmail.com-
30 de junho de 2015 22:42
_________________

domingo, abril 05, 2015

Austeridade ou estímulo? ... Por Giorgos Kallis - A estratexia económica de Podemos vai na boa dirección pero pode, e debe, ir máis aló ...

A estratexia económica de Podemos vai na boa dirección pero pode, e debe, ir máis aló ...

Austeridade ou estímulo?

Por Giorgos Kallis [*]
05.04.2015


Esta é a cuestión para economistas e gobernos tralas secuelas da crise. En Europa a austeridade non está funcionando nin economicamente nin moito menos socialmente, excepto para protexer a riqueza do 1%. En USAmérica evitouse o peor coas medidas de estímulo impulsadas pola débeda, pero a recuperación aínda está por chegar, o que indica un "estancamento secular". Tal como temos argumentado en "Decrecemento. Un vocabulario para unha nova era", o propio dilema austeridade vs. estímulo quedou obsoleto. Entramos nunha nova era na cal relanzar o crecemento, xa sexa por medio da austeridade ou do estímulo, non é posíbel nin sostíbel. O rápido crecemento da posguerra en Occidente é unha excepción histórica, resultado dunha reconstrución logo dunha catástrofe sen precedentes. Un crecemento anual do 2% duplica a economía en 35 anos. Ao paso ao que se están esgotando os recursos naturais baratos, cada vez faise máis difícil manter este ritmo. Do mesmo xeito, vai ser moi difícil que demanda e investimentos continúen dobrándose en cada xeración e, máis aínda, nas economías maduras. Na década de 1980 e 90 as altas taxas de crecemento puidéronse manter a base de burbullas, produtos financeiros ficticios e de débeda pública e privada, postergando as consecuencias para o futuro. Pero até si o crecemento continuado fose posíbel, non sería desexábel. É causa directa do cambio climático e por encima dun certo nivel de riqueza ten máis custos que beneficios sociais sen facernos máis felices. Con todo, para o economista Tim Jacksonla a cuestión central da nosa época non é austeridade ou estimulo, senón como garantir a prosperidade sen crecemento, noutras palabras, como facer que o decrecemento sexa estábel.

Neste terreo, non esperamos nada dos conservadores ou socioliberais que gobernan Europa. Ambos abrazaron, máis ou menos, a austeridade con algúns gastos para clientelas seleccionadas. A esquerda tradicional, socialista ou keynesiana, está tamén apegada á idea do desenvolvemento das forzas de produción. Os Verdes, nos lugares onde gobernan, como en Alemania, apostan polo mito do "crecemento verde". Noutros países onde son máis radicais, como en España ou en Grecia, onde si falan de decrecemento, teñen desafortunadamente unha escasa influencia electoral. Así que cando Podemos, un novo partido de esquerda radical formado por trintañeiros, nacido das Universidades e as prazas ocupadas e desde fai uns meses encabezando aa enquisas no Estado (o artigo está feito en Decembro de 2014), lanza a súa estratexia económica, tense curiosidade e esperanza por si se vai a apostar por algo distinto. No documento de Podemos, elaborado polos profesores Navarro e Torres, e publicado o pasado mes (Novembro, 2014), hai moitos elementos positivos desde a perspectiva da prosperidade sen crecemento, aínda que este non sexa o seu obxectivo.

En primeiro lugar, dá un forte respaldo á redistribución con impostos máis altos para o capital e as rendas altas, unha renda mínima garantida e límites ás diferenzas salariais dentro das empresas. Si o crecemento está chegando ao seu fin, asegurar un mínimo vital para todos e reducir a desigualdade é básico.

En segundo lugar, o documento apela aos impostos para frear as transaccións financeiras e a especulación en bolsa e propón unha serie de reformas no sistema bancario para desviar a capacidade de financiamento desde as burbullas cara ás necesidades reais das pequenas empresas e as clases traballadoras. Dirixir as finanzas cara ás necesidades reais con valor social engadido é un paso básico cara á prosperidade.

En terceiro lugar, apela ao debate democrático para reestruturar e cancelar parte da débeda privada e pública. De feito, como argumenta Federico Demaria, non se pode obrigar á economía a crecer artificialmente só para pagar as débedas que alimentaron o crecemento ficticio do pasado; parte da débeda ten que ser cancelada.

En cuarto lugar, o documento propón unha semana laboral de 35 horas. Nunha economía sen crecemento, só se poden crear máis postos de traballo si todos nós traballamos menos.

En quinto lugar, o documento chama a un cambio nos investimentos cara ás industrias limpas e as enerxías renovábeis, impoñendo unha moratoria a todos os megaproxectos en infraestruturas desorbitadamente custosos e corruptos. Isto é parecido ao que Naomi Klein chama "decrecemento selectivo". Tamén cambia o obxecto do investimento público cara ao coidado e a educación e chama ao apoio das cooperativas. Nunha economía de crecemento nulo ou baixo, as cooperativas teñen unha vantaxe natural: non requiren ganancias crecentes. E nun contexto de desemprego, os sectores intensivos en traballo dedicados ao coidado proporcionan máis emprego e de maior valor social.

Os grupos de traballo de Podemos nun proceso de consulta concretarán a implantación da estratexia. Unha cuestión crave é como se vai a reestruturar a débeda privada e pública. Non debe ocorrer, como ocorreu en Grecia ou Chipre, que sexan os acredores ou os debedores ricos quen se beneficien e os pequenos aforradores, españois ou estranxeiros, os que perdan. O documento chama tamén a mellorar a eficiencia do sector público pero, separadamente das boas intencións, non concreta ningunha nova alternativa de esquerdas aos recortes dos neoliberais, as privatización e a externalización. Pérdese unha oportunidade para tomar ideas e inspiración da florecente economía cooperativa no Estado, na que os grupos de axuda mutua organizan solucións adquiríbeis para a saúde, educación, alimentación, vivenda ou servizos. Estas solucións poderían rexenerar os servizos de benestar, reducindo os seus custos de mantendo e profundando no seu carácter público.

O estímulo ao consumo está no núcleo da estratexia, pero os autores fan fincapé en que buscan un consumo ecoloxicamente sostíbel. Non queren volver ao período anterior á crise cun crecemento impulsado pola débeda e destrutor do medio ambiente. Con todo, non está claro como nin por que van obter este resultado a partir da combinación de políticas proposta. Sen ningunha outra medida complementaria a redución da débeda e a mellora dos fluxos de crédito poden relanzar o crecemento insostíbel. A redución das horas de traballo pode liberar tempo para o consumo material. Que vai facer Podemos si de novo comeza un crecemento insostíbel? O paquete de medidas proposto necesita ser complementado coas seguintes medidas:
Primeiro, límites obrigados ao total do carbono e dos materiais empregados na economía española (incluíndo os incorporados nos produtos importados) e límites á presión ambiental, como o total de terras que poden ser urbanizadas, a auga utilizada na agricultura ou as novas instalacións turísticas permitidas.

Segundo, prohibición das mega-infraestruturas que debería estenderse a unha moratoria de todos os proxectos perxudiciais ao medio ambiente, como novas presas, minas ou promocións inmobiliarias (hai moitas vivendas baleiras que poden ocuparse antes de empezar a construír de novo).

Terceiro, é necesario aplicar controis máis estritos en materia de publicidade.

Cuarto e máis importante, necesítase un cambio na fiscalidade, reducindo os impostos sobre o traballo e redirixindo-os cara ao uso dos recursos, cun deseño favorábel ás rendas máis baixas.

A prosperidade sen crecemento non é o obxectivo da estratexia, pero pode ser o seu resultado. Os autores recoñecen que o investimento no coidado e a educación se cadra non van aumentar o PIB inmediatamente. Están seguros de que si o farán a longo prazo, pero non dan ningún argumento convincente do por que. Sexa o que sexa, coincido con Yayo Herrero en que temos que "saír da dicotomía keynesianismo-decrecimiento". As políticas públicas e os investimentos tamén van ser necesarias na transición cara ao decrecimento. Un "keynesianismo" verde non é unha mala cousa, aínda que como sostiven noutras partes, é improbábel que conduza ao crecemento. E as políticas de Navarro-Torres non son Keynesianas estritamente falando: eles non pretenden estimular calquera consumo, senón o consumo que satisfaga as necesidades básicas. En resumo, as políticas que propoñen son boas, independente do seu efecto sobre o crecemento. Pero si ignoramos o PIB, como eles correctamente fan no seu documento, entón necesitaremos novas métricas do benestar para avaliar o éxito desas políticas. E teremos que asegurar que os obxectivos de ditas políticas se poidan alcanzar no caso de que, tal como eu creo, o PIB ou a actividade económica, de forma máis xeral, se negue a crecer, o que significa que Podemos tería que manexarse cuns ingresos públicos estancados. Sen crecemento, unha cuestión crave é como se pode asegurar un estándar de vida digno para todos desde a, aínda considerable, riqueza común aínda que non crecente.

Neste contexto, será un erro si Podemos se rende na cuestión da Renda Básica. O informe de Navarro-Torres suxire, no seu lugar, unha renda mínima garantida para aqueles que non poidan atopar traballo. A vantaxe dunha renda básica universal como un dereito da cidadanía é que elimina o estigma do desemprego. Non é un factor disuasorio do traballo xa que a xente recíbea sen condicións e proporciona seguridade complementaria para aqueles que queiran traballar menos horas retribuídas e dedicar máis tempo á familia, ao coidado, ao lecer, ao desenvolvemento persoal, ao voluntariado ou ao traballo político. Os estudos preliminares mostran que unha renda básica mensual de 400 a 600 euros por persoa é factible no Estado sen cambios dramáticos nos impostos. Si a unha Renda Básica unímoslle o acceso a un paquete mínimo de recursos (enerxía, auga, alimentos e vivenda) necesarios para satisfacer as necesidades básicas a un custo baixo ou de balde garantido polo Estado, velaquí un novo contrato social. Un contrato que pode garantir a prosperidade de todas e todos sen crecemento.

[*] Giorgos Kallis, é profesor de ICREA do ICTA-UAB (Universitat Autònoma de Barcelona). de Ciencias Sociais e do Comportamento. O profesor é un científico ambiental que traballa en economía ecolóxica e ecoloxía política. A International Fellow Marie Curie no Grupo da Universidade de California en Berkeley Enerxía e Recursos antes de chegar a Barcelona Giorgos ten un PhD en Política Ambiental e Planificación da Universidade do Exeo, en Grecia, un máster en Economía pola Universidade Pompeu Fabra, e Máster en Enxeñaría Ambiental e un Bacharelado en Química pola Imperial College, de Londres.

Corre-e: giorgoskallis@gmail.com
conta de twitter: https://twitter.com/g_kallis

Intereses de Investigación

A investigación do profesor Giorgos Kallis, forma parte do campo interdisciplinar de estudos ambientais, é dicir, o estudo das causas sociais e biofísicos da degradación ambiental. Esta motivado por unha busca para atravesar divisións conceptuais entre o social e os dominios naturais como, por exemplo, a súa colaboración con R. Norgaard en Berkeley, onde avanzarons co concepto de co-evolución socio-ecolóxica (concept of socio-ecological coevolution). Esta interesado nas raíces político-económicos da degradación ambiental e a súa distribución desigual ao longo de liñas de poder, renda e clase. A súa investigación actual está motivada pola dupla crise económica e ecolóxica global. E explorar a hipótese de-crecemento sostíbel: a redución de escala económica suave para un futuro sostible, onde podemos vivir mellor con menos.

Publicado no Portal do Decrecimento e na revista dixital Sen Permiso. | 04.04.2015 e 28.12.2014

Documento de Podemos elaborado polos profesores Navarro e Torres, de 68 páxinas, en formato pdf, é un documento para o debate. |  "Un proxecto económico para a xente", na súa introdución di que "O presente texto é un documento realizado a petición de Podemos para que sirva como punto de partida para a discusión e elaboración dun Programa Económico de goberno co que concorra a unhas próximas eleccións xerais", | Acceder/Baixar.

Nota.- Sinpermiso electrónico ofrécese semanalmente de balde. Non recibe ningún tipo de subvención pública nin privada, e a súa existencia só é posible grazas ao traballo voluntario dos seus colaboradores e ás doazóns altruístas dos seus lectores e lectoras.
_____________

venres, abril 03, 2015

O Círculo Podemos de Neda convoca unha asemblea de presentación, onde vai poñer a consulta o apoio á candidatura veciñal MoveNeda nas vindeiras eleccións municipais de 2015


O Círculo Podemos de Neda convoca unha asemblea de presentación

O vindeiro venres día 10 de abril, no Centro Cívico de Neda as 20:00hs, se celebrará á presentación oficial do equipo de Podemos na localidade.

Na asemblea, ademáis de presentar ao actual secretario xeral, Jose Padín, o farán tamén os colaboradores actuáis, os grupos de traballo activos e as liñas e documentos que están a elaborar, tamén se realizará unha consulta á afiliación de Neda.
Esta vostede dacordo en que Podemos Neda apoie a candidatura veciñal MoveNeda nas vindeiras eleccións municipais de 2015?
A asamblea é aberta a todos os vecinos, afiliados ou non.

Correo-e:
podemosneda@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/CirculoPodemosNeda

Conta no twitter:
https://twitter.com/PodemosNeda

---

MoveNeda - Movemento Veciñal de Neda.
É unha iniciativa popular, aberta, participativa e asamblearia coa tarefa de impulsa-la concienciación e actividade politica dos veciños de Neda.

Correo-e:
mailto:moveneda@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/pages/Moveneda-Movemento-Veci%C3%B1al-de-Neda/1426695684294450

Conta no twitter:
https://twitter.com/MoveNeda


Informacóin baseada na enviada por:
Podemos Neda
-podemosneda@gmail.com-
3 de abril de 2015 16:37

_______________

luns, marzo 30, 2015

Convocatoria de Asamblea Urxente do Círculo de Podemos Narón, a celebrar o mércores 1 de Abril, ás 20:30hs, no local da Asociación Veciñal d'O Alto

Convocatoria e orde do día da Asemblea Urxente
Círculo Podemos Narón

Data: Mércores 1 de Abril de 2015
Hora: Ás 20:30hs.
Lugar: Local Social da Asociación Veciñal d'O Alto.

Puntos da orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, do acta da reunión anterior.
2. Información sobre a reunión do CCM co Consello local de Esquerda Unida de Narón e traslado de propostas ao Círculo.
3. Informe sobre o CC.
4. Actividades promovidas polo CCMN.
5. Rogos e preguntas.

Isabel Allegue.
Prensa e Redes de Podemos en Narón



Enviado por:
Podemos Narón
-podemos.naron@gmail.com-
30 de março de 2015 17:11
Un saúdo, Isabel Allegue. Prensa e Redes Podemos Naron.
__________

Podemos, Cidadáns e o pastoreo dos medios, ... Por Pascual Serrano


Por Pascual Serrano [*]
30.03.2015


A estas alturas xa case ninguén dubida de que a lúa de mel de Podemos cos medios chegou ao seu fin. Unha das preguntas máis recorrentes que se facían os cidadáns de esquerda era que explicación darlle ao feito de que medios con accionistas claramente de dereitas como La Sexta (Planeta) ou Intereconomía desen tanto protagonismo a Pablo Iglesias e a Podemos. Preguntado un alto directivo televisivo respondía: "é o home do momento e calquera programa que o teña dispara as súas audiencias" [1]. A iso engadíase que a primeira reacción desde o poder político era ignoralo ("Primeiro ignóranche, despois rinse de ti, logo atácanche", dicía Gandhi). Ignorarche desde o poder político inimigo si o mediático dáche protagonismo é o mellor que che pode suceder. Pero os atractivos televisivos son moi perecedoiros, xa todos e todas o sabemos. Si a imaxe vai resultando aburrida, e encima, algún poder político comeza a presionar ás televisións, a estrela pode empezar a apagarse. O seu tirón baixa, algunhas entrevistas defraudan (non se pode triunfar sempre) e a demanda televisiva cae. A iso engádese que o poder político comeza a atacar en clave pública e mediática (caso Monedero e caso Errejón). É entón cando os de Podemos entenden que tamén é bo limitar a súa presenza mediática, que de exitosa pode pasar a cansina e contraproducente.

O preocupante é que o patrimonio (sustento cidadán) adquirido por Podemos, no seu intento de que sexa o máis amplo posible, é demasiado heteroxéneo, demasiado ambiguo, sen un ideario definido. En realidade é o reflexo da propia sociedade, de aí o éxito fulgurante. Por todo iso é un apoio facilmente dirixíbel, pastoreábel, atreveríame a cualificar. Pastoreábel por quen mellor pastorean a unha cidadanía de ideoloxía indefinida (nin de dereitas nin de esquerdas) nunha sociedade da comunicación: os medios e especialmente a televisión. Bastaba buscar outra figura nova, que dese ben en pantalla, resolta e cun discurso minimamente rupturista para que seduza a unha poboación indignada cos políticos tradicionais. Ou sexa: Albert Rivera e Cidadáns. En realidade os medios estarían facendo o que mellor saben facer e que levan facendo toda a vida: substituír un cantante de moda que se apaga por outro novo, ou un presentador, ou un humorista, ou unha modelo... Si ademais se trata de cambiar un líder político posibelmente díscolo por outro máis centrado, que se axusta mellor ao ideario neoliberal dos propietarios das teles, os mercados e os bancos, a operación ponse en marcha coa precisión e eficacia dun reloxo suízo.

Seica non comprobamos sorpresivamente como os diarios tradicionais e as televisións envorcáronse co partido de Albert Rivera nas últimas semanas? O pastoreo resultou perfecto. Un sector da poboación que apoiaba a Podemos coa mesma profundidade ideolóxica coa que segue unha serie de televisión de moda ou unha marca de pantalóns, é pastoreado cara a Cidadáns polos mesmos medios que o convenceron con Podemos. E o que nos queda por ver.

A idea dos dirixentes de Podemos quizais non fose mala nin deshonesta: manterse nunha calculada ambigüidade ideolóxica, situándose só en cuestións básicas que puidesen unir a grandes sectores da poboación para lograr aglutinar en torno a eles unha masiva cantidade de votos. O problema é que a fórmula é tan sinxela e obviar que outros a poden copiar. E que cando vendes fume, o éxito non o garante o produto (o partido político co seu programa), senón o axente comercial (o medio que o anuncie). O máis preocupante é si apostando a esa carta perdemos unha oportunidade, e ao final todos terminamos perdendo a partida.

[*] Pascual Serrano (Valencia, 1964), xornalista e escritor, ensaísta, analista de medios e os seus grupos empresariais. Escribiu numerosos libros moi críticos cos medios de comunicación como grandes grupos empresariais. Foi cofundador do xornal dixital Rebelion.org, xornal senlleiro da media alternativa, coñecido e consultado millóns de veces en todo o mundo. Colabora con varios medios españois e latinoamericanos abordando medios de comunicación e política internacional. O seu último libro é A prensa morreu: viva a prensa! (La prensa ha muerto: Viva la Prensa!  - Editorial Península. Barcelona).

http://www.pascualserrano.net

Contas do xornalista en facebook e twitter.

Buscando a Pascual Serrano no buscador libre DuckDuckGo.

[1] No xornal dixital prprensa | 23 de marzo de 2015.
_____________