Amosando publicacións coa etiqueta Recimil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Recimil. Amosar todas as publicacións

luns, maio 20, 2013

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo, convoca á cidadanía, diante do Pazo Municipal de Ferrol, a unha concentración de apoio ás 114 familias que están esperando a que o goberno municipal lles adxudique e entregue unha vivenda no barrio de Recimil


Este Mércores 22 de Maio de 2013, ás 11:30hs, Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo, convoca á cidadanía, diante do Pazo Municipal de Ferrol, a unha concentración de apoio ás 114 familias que están esperando a que o goberno municipal lles adxudique e entregue unha vivenda no barrio de Recimil.

Unha Comisión de persoas afectadas, acompañada por membros da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, despois de case un mes de espera e ter que reiterar a solicitude, mantivemos unha xuntanza co Sr.Alcalde e a responsábel de Benestar Social, o pasado 10 de maio. O Sr. Alcalde, na reunión, non chegou a ningún compromiso con nós, non admitiu, a súa desidia nin despreocupación, só dixo que el era a máxima autoridade no Concello e que iría entregando algunhas vivendas, mais nunca nos prazos que nós marcabamos e menos comprometerse a un calendario concreto. Manifestou que entregar vivendas a todas as persoas que estaban na lista, sería aumentar o problema social que xa de por si ten o propio barrio.

Polo de agora só entregaron dúas vivendas, sen quentador nen cociña e unha delas en non moi boas condicións de habitabilidade. O que quere dicir que o Concello estivo todo este tempo "a velas vir", non estaba habilitando nengunha vivenda, só comezaron ao mobilizar-nos. Non pode ser tanta desidia e tanto engano. Este é un maltrato deste goberno municipal coas familias que están agardando pola vivenda.

As 114 familias que agardan por unha vivenda protexida, son persoas afectadas, porque a falta de sensibilidade, a falta de preocupación e o non asumir, o  goberno municipal, as súas responsabilidades, provócanlles un grande prexuízo económico e social. Algunhas familias están pagando alugueres por encima das súas posibilidades reais, outras xa deixaron de pagar, outras viven amontoadas con outros familiares, outras viven en condicións de insalubridade, todas agardando por unha vivenda municipal en Recimil.

As nosas accións están encamiñadas a conseguir unha morada onde poder vivir, demandamos unha solución xa.

O vindeiro Mércores 22 de Maio mobilizamo-nos para:
  1. Queixar-nos da desidia do goberno municipal á hora de poñer a disposición da cidadanía o parque de vivendas municipais baleiras e en condicións de ser habitadas.
  2. Queixar-nos de que non tiveran elaborado, aínda, o censo de vivendas municipais baleiras do barrio de Recimil.
  3. Queixar-nos de que unha vez baremadas as persoas e elaborada unha listaxe definitiva de 116 persoas admitidas, das 267 presentadas, non se puxeran a exposición pública até un ano despois a citada listaxe.
  4. Queixar-nos de que desde o 10 de xullo do pasado ano 2012 que rematou o prazo de exposición pública e da publicación definitiva da listaxe, non se adxudicara nin entregara ningunha vivenda, até que nos comezamos a mobilizar e denunciar ao goberno municipal pola súa desidia e xogar cos dereitos e vida das persoas.
  5. Demandar ao Concello o cumprimento das ordenanzas municipais en materia de vivenda, en canto ao deber de conservación dos inmóbeis da súa titularidade. Poñendo a disposición medios económicos suficientes (modificación orzamentaria se fose necesario), propios ou en convenio con outras administracións, para habilitar o parque de vivendas municipais.
  6. Demandar do Concello que exerza as facultades públicas de deslinde e determine dunha vez a situación exacta do parque de vivendas públicas municipais, e a posta en condicións de uso inmediata, como se dixo, das que recupera en canto quedan baleiras.
  7. Demandar a adxudicación e entrega das vivendas xa, segundo o disposto no punto 7 do Artigo 2.- do Regulamento sobre o procedemento de adxudicación das vivendas protexidas do barrio de Recimil. Vivenda que quede baleira debe ser adxudicada, e posteriormente entregada cando estea en condicións de habitabilidade.
  8. Demandar ao Goberno Municipal un calendario de entrega de vivendas, 30 antes de finalizar Xuño deste ano e o resto antes de comezar o curso escolar no mes de setembro.
  9. Demandar ao Goberno Municipal a constitución dunha Comisión de Seguimento, onde podamos estar representadas as persoas afectadas a través da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.
PARTICIPA !!

Ferrol, a 19 de Maio de 2013

Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna,
da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:
http://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosFerrolTerra/

Alimentos Solidarios Ferrolterra no facebook:
https://www.facebook.com/BancoDeAlimentosFerrolterra

______________________

sábado, febreiro 11, 2012

Demandan o acondicionamento das vivendas baleiras de Recimil para que poidan ser adxudicadas ao máis dun cento de familias que agardan a poder facer uso delas - Esquerda Unida

INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA

Ferrol, venres 10 de febreiro de 2012

ESQUERDA UNIDA PÍDELLE AO GOBERNO MUNICIPAL QUE REMATE A ADAPTACIÓN E ADXUDIQUE CON URXENCIA AS VIVENDAS BALEIRAS DE RECIMIL

“SEMELLA QUE A ÚNICA INICIATIVA QUE TEN O GOBERNO PARA RECIMIL É DERRIBAR O BAMBÚ E APURAR A DEGRADACIÓN MATERIAL DO BARRIO, EN TROQUES DE REHABILITAR E FACER DO BARRIO UN EXEMPLO”, SALIENTA YOLANDA DÍAZ

O Grupo Municipal de Esquerda Unida pregúntalle ao Goberno Municipal que iniciativas concretas está a desenvolver no barrio de Recimil, nas vivendas baleiras, en orde a acondicionalas para que poidan ser adxudicadas ao máis dun cento de familias que agardan a poder facer uso delas. EU tense interesado en numerosas ocasións en comisións informativas por un tema, o do acceso á vivenda social pública, da meirande importancia na actual situación de carestía social e a vaga de desafiuzamentos en curso.

Adiar un día máis a situación de impasse desta cuestión semella inaceptable. Esquerda Unida pregúntalle á concelleira de Benestar que vivendas están a ser acondicionadas e que previsión manexa para proceder a súa entrega. Demandamos un prazo firme comprometido por parte do Goberno Municipal para concluír un proceso que levantou expectación na cidadanía e que non deixa de sementar cada día que pasa máis e máis frustración. Un prazo para concluír os arranxos nas vievndas e poder proceder a súa adxudicación.

Esquerda Unida coñece da situación de falla de vivenda que golpea a nosa cidadanía e demándalle ao Goberno un esforzo por axilizar a resolución desta adxudicación que cubrirá unha parte desa demanda social que non atopa acceso a un ben fundamental, protexido pola Constitución.

Os datos dos desafiuzamentos na cidade non deixan dúbidas acerca da perentoriedade de artellar unha política de vivenda atenta ás persoas que necesitan deste ben fundamental e non poden acceder a el no chamado mercado de vivenda libre. Se no ano 2010 o total de desafiuzamentos acadou a cifra de 189, para este ano vai afectar a uns 350 familias ( ían 286 no terceito trimestre do ano).

Semella que a única iniciativa que ten o Goberno Municipal para Recimil é a do derribo do Bambú e apurar a degradación material do barrio, en troques de darlle un pulo con esas adxudicacións e acometendo o proceso de rehabilitación do barrio. Proceso rehabilitador que supón un estimable aforro económico e de sustentabilidade respeito a axenda oculta do PP de demolelo todo, e que permitiría desenvolver unha ambiciosa política pública de vivenda.


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
10 de fevereiro de 2012 13:34
Prezadas/os amigas/os: achegamos INFORMACIÓNS demandando que se remate a adaptación das vivendas baleiras de Recimil e se adxudiquen. Saúdos, Ramiro Marier
_________________

mércores, agosto 31, 2011

Outra vez Recimil, ... Por Amadeo Varela Rodríguez

Por Amadeo Varela [*]
31.08.2011


Tal como se esperaba, o novo goberno municipal do PP ataca de novo contra as Casas Baratas. Aos veciños xa non nos colle de sorpresa, pois desde fai trinta anos, algúns integrantes do Partido Popular ferrolán convertéronse na "besta negra" da nosa barriada. Metéuselles entre cella e cella o da derriba e non hai xeito de facerlles respectar os seus propios acordos. Eles fan os seus cálculos e só ven o beneficio que representaría semellante operación urbanística pero, beneficios para quen? Por suposto, a veciñanza non sairía beneficiada, por máis promesas imposibles que poñan sobre a mesa. Chegaron a dicir que aqueles veciños que non quixesen comprar as súas novas vivendas -con ascensor trasteiro e garaxe- seguirían pagando o mesmo que agora. Pero claro, tíñano todo ben pensado; calculaban que a operación derrubo e construción duraría dez anos e, calculaban tamén que ese sería o ciclo vital dos veciños: "Dentro de dez anos estarán todos mortos", dixéronnos nas nosas propias barbas. Contaban con iso para realizar un negocio redondo. Saben que cada vez somos máis vellos e con menos ánimos para defender os nosos fogares, nos que moitos investimos os aforros de toda unha vida de traballo. Pero nada disto resulta novo, como tampouco é nova a serie de mentiras e verdades a medias que se utilizan para desprestixiar o barrio e os seus moradores. Repiten ata a saciedade que son edificios construídos con malos materiais, pero non din cantos e cales son eses males materiais, nin cantos deles foron substituídos xa polos propios veciños. Chegan ao colmo de utilizar á xente nas súas argucias demagóxicas: "Os pobrecitos anciáns non teñen ascensores". Pero non din que eses anciáns sobreviven con pensións de 400 euros ou menos. Iso non interesa. Din que é máis caro rehabilitar que construír, pero a min as contas non me saen. Claro que eu non son arquitecto, pero só calculando o custo da derriba destes robustos muros de pedra de granito e o transporte dos cascallos, as cifras dispáranlleme. E non falemos do custo ecolóxico e moito menos do custo social. Iso tampouco interesa. Creo que sería importante coñecer a opinión de sociólogos e economistas, pois nese aspecto, os demoledores parecen non estar moi decatados. Véxase o exemplo do Bambú Club: "Rehabilitar ese edificio é tirar o diñeiro" din. ¡Vaia home! E eu que cría todo o contrario, é dicir, tirar o diñeiro é ter nun estado lastimoso ese edificio que, unha vez rehabilitado, podería proporcionar ao Concello -ou sexa, ao pobo- uns substanciosos ingresos que agora non dá, ademais da creación dalgúns postos de traballo que antes xa había. Certamente, as opinións son respectables, pero todas. Incluídas as da Delegación Local dos Arquitectos Galegos, que dedicaron a esta barriada o Día Mundial da Arquitectura no ano 2005, argumentando que a construción das Casas Baratas foi "o fito urbanístico máis importante de Ferrol no século XX" e que "coa construción desa barriada, Ferrol entrou na modernidade urbanística". Ou como a decisión da Comisión Provincial de Patrimonio, que decidiu manter a barriada no catálogo patrimonial, "polo seu indubidable valor histórico e urbanístico".

En fin, hai tantas cousas que dicir en defensa desta barriada, que farían esta carta interminable e que ademais non servirían para nada, pois os "demoledores", nunca atenderon a razóns nin atenderían agora, por moito que presuman de dialogantes. Chegan ao extremo de violar os seus propios acordos tomados por unanimidade no Parlamento Galego e no propio Concello, nos que votaron a favor da rehabilitación. Como se pode chegar a ese extremo de impudicia política? Como pode o pobo ferrolán votar a quen amenten, enganan e insultan aos veciños neste tema de Recimil? Non cabe suporlles a capacidade de facer o mesmo en calquera outro tema? Ata cando imos ter que soportar esta praga?

[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida".) publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
____________

martes, febreiro 01, 2011

Esperanza, ... por Amadeo Varela

Por Amadeo Varela [*]
01.02.2011


Quero enviar a miña mensaxe de ilusión dun Ferrol mellor, que moitos non chegaremos a ver, pero que a min paréceme imparable.

Aos que daban por perdida a fraga de Menáncaro, aos que contaban que non había solución para “a palangana” de Sartaña, aos que xa daban por feitos os edificios da Praza de España, aos que dicían que non se podería tirar a muralla, aos que profetizaron que as “Casas Baratas” non chegarían ó ano 2000, e a todos aqueles que por esas e outras razóns caeron no desánimo, quero recordarlles que, aínda que eses e outros temas non estean totalmente rematados, a realidade actual é ben distinta, grazas á loita das persoas que se enfrontaron á ilegalidade e á inxustiza.

Non sempre se gañan as batallas contra a especulación e os intereses bastardos daqueles que buscan ante todo o seu propio beneficio; mais cando a xente de ben esperta e se une para loitar por uns intereses comúns, a vitoria está asegurada. O difícil é facer espertar á xente. Para iso fan falta persoas honradas, mulleres e homes, capaces de organizar, dirixir e canalizar as protestas e as xestións.

Líderes que non se sintan atados polos intereses dos partidos políticos, que saiban dicir non no momento oportuno e que poñan por diante os intereses do pobo. Xa se sabe: “o pobo unido…”. Unidos, poderemos incluso botar a Reganosa fora da ría. Eu teño esa esperanza. Si.

Artigo publicado no xornal comarcal "Diario de Ferrol" o 31.01.2011

[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida".) publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
________________

martes, setembro 07, 2010

En Ferrol, denuncian o mal remate das obras no barrio de Recimil: a pesares da recepción polo Concello das mesmas, nunha evidente deixación do control e garantía que ten que exercer a administración pública local

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DENUNCIA O MAL REMATE DAS OBRAS ACOMETIDAS EN RECIMIL, CON BALDOSAS ROTAS, VERTEDURAS DE AUGAS, CABLES DA LUZ COLGANDO... A PESARES DA RECEPCIÓN DAS OBRAS POLO GOBERNO MUNICIPAL

ESQUERDA UNIDA ESIXE DO GOBERNO MUNICIPAL QUE IMPOÑA O ARRANXO DE TODAS ESTAS DESFEITAS

O Grupo Municipal de Esquerda Unida denuncia o mal remate das obras acometidas no barrio de Recimil. Choven estas críticas da propia veciñanza que ten que contemplar o desleixo e mal acabado das mesmas en diferentes rúas do barrio. Situación que semella inconcebible trala recepción das obras hai nada polo concello.

Pavimentos rotos e non repostos, xunto con continuas verteduras das canalizacións cos conseguintes problemas co subministro da luz na rúa Betanzos, ou a imaxe de cables do tendido eléctrico colgando na rúa Sotomayor, cos riscos que supón para os peóns, denotan que as cousas non se están a facer de maneira correcta polo Goberno Municipal.

Esquerda Unida denuncia a falla de control do Goberno Municipal para atender ao correcto remate das obras no barrio e para a subsanar estas eivas, que molestan ás veciñas e veciños e afean ao barrio en xeral. A nosa organización ten que lamentar o desinterese e mal facer do Goberno que recepcionou as obras hai apenas uns días sen comprobar o estado real das mesmas.

O noso Grupo Municipal esixe do Goberno Municipal que realice as xestións axeitadas para garantir a reparación do que non está ben rematado e, xa que logo, permita unha adecuada recepción das obras.

Ferrol, luns 6 de setembro de 2010

Grupo Municipal de Esquerda Unida

Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
6 de setembro de 2010 17:13
_________________

martes, abril 13, 2010

Esquerda Unida crítica, de novo, o atraso na aprobación do regulamento para a adxudicación das vivendas de Recimil, e noutro asunto saúda a nova edición da Poesía Salvaxe.

Informacións do Grupo Municipal Esquerda Unida

  • ESQUERDA UNIDA CRITICA O NOVO ATRASO NA APROBACIÓN DO REGULAMENTO DAS VIVENDAS DE RECIMIL
  • A VOCEIRA DO GRUPO MUNICIPAL, YOLANDA DÍAZ, ESIXE CELERIDADE DO GOBERNO MUNICIPAL PARA PÓR EN VIGOR A INICIATIVA DO NOSO GRUPO

O Grupo Municipal de Esquerda Unida ten que criticar o novo atraso na aprobación do regulamento das vivendas de Recimil. Na convocatoria da Comisión de Benestar para o vindeiro xoves, 15 de abril, non se contempla na orde do día a aprobación do regulamento para a adxudicación das vivendas de Recimil. Morren semanas e meses sen que se produzan resultados positivos neste campo.

Foi unha proposta do noso Grupo Municipal a elaboración dun regulamento para a adxudicación das vivendas municipais. Con esta medida pretendemos garantir a meirande transparencia e obxectividade na concesión duns bens públicos de propiedade municipal. Esquerda Unida está certa do enorme potencial social que posúe o parque de vivenda municipal de Recimil e considera indispensable a súa ordenación e regulamento.

Lamentamos que unha vez máis se adíe levar a Comisión o texto do regulamento. Lamentamos a tardanza e lle preguntamos ao Goberno acerca das razóns da mesma. O Noso Grupo considera que o Goberno Municipal está a desatender esta fronte social e a deixar que a situación no barrio se degrade a causa da súa inacción e tardanza.

O noso Grupo Municipal achegou a proposta de elaboración dun novo regulamento e ten presentado no proceso unha serie de emendas para mellorar o contido final da proposta. Non entendemos que na actual situación de crise económica e social, este Goberno non acelere o remate do documento e a súa entrada en vigor.

Son moitas as necesidades sociais, demasiados os anos de abandono por parte do Goberno Municipal neste eido, e para Esquerda Unida é unha cuestión urxente e importante, que merece un tratamento prioritario polo Goberno Municipal. Xa que logo, a Voceira do Grupo Municipal de EU, Yolanda Díaz, reclama do Goberno celeridade para pór en vigor esta iniciativa.


  • O GRUPO MUNICIPAL DE EU SÁUDA UNHA NOVA EDICIÓN DA POESÍA SALVAXE
  • ESTA ANOVADORA FÓRMULA CULTURAL CHEGOU DA MAN DE ESQUERDA UNIDA ÁS RÚAS DE FERROL NO ANO 2008

O Grupo Municipal de EU quere manifestar a súa ledicia pola nova edición, a terceira xa, da poesía salvaxe, que se vai celebrar esta semana nas rúas da nosa cidade. Esta iniciativa anovadora no eido cultural comezou no 2008 da man da anterior responsable da concellería de cultura, Yolanda Díaz, en consonancia co programa de renovación do panorama de actividades culturais do noso concello emprendido entón.

Achegar á rúa as expresións da cultura, erguer voces veraces e ceibes no espazo onde vivimos as persoas, sacar á poesía dos redutos pechados, foron a motivación central para comezar esta xeira, que felizmente se mantén e consolida co paso das edicións, poética que imos gozar nestas datas.

Esta semana vanse misturar nas rúas de Ferrol a celebración insubmisa da palabra poética coa evocación dun porvir republicano ao redor do 14 de abril. Para Esquerda Unida non é casual aventurar poesía e república no abril ferrolá, senón que ambos elementos conxugan a determinación e esperanza nun abrente creador de liberdade e igualdade.

Esquerda Unida anima á cidadanía a gozar dos encontros súbitos coas palabras feraces, nun abril poético e republicano, porque lingua e pobo conforman un todo creador invencible. Máis que nunca a poesía semella necesaria para resistir aos bárbaros que agreden, parapetados nas institucións da Xunta de Galicia, a nosa cultura, cultura universal a pesares da ollada prexuízosa coa que é maltratada polo PP.

Ferrol, 13 de Abril de 2010
Grupo Municipal de Esquerda Unida

Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/



Enviado por:
Grupo Municipal Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
13 de abril de 2010 15:11
Benquerid@s amig@s: achegamos dous Informacións do Grupo Municipal de EU. Nun primeiro Informacións facemos a crítica do novo atraso na aprobación do regulamento para a adxudicación das vivendas de Recimil, que se está a elaborar a proposta de EU e que acumula un retraso
inaceptable. O segundo Informacións saúda a nova edición, xa a terceira, da Poesía Salvaxe, anovadora iniciativa cultural que naceu no ano 2008 coa anterior responsable de cultura, Yolanda Díaz. Esquerda Unida vos anima a participar nela nestes días tinguidos de palabras veraces e ceos de tres cores, na conxunción afortunada que xungue Poesía e República, abrentes dun porvir emancipado. Un saúdo, Ramiro Marier
_____________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Os días 14,15,16 e 17 Abril 2010: Terceira Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol
_______________

domingo, decembro 27, 2009

Sacando caretas no asunto Recimil

Estimados compañeiros: ante a imposibilidade de respostar a quen se empeña en insistir sobre a conveniencia do derribo do meu barrio (e da miña casa), envíovos algo de información, para que saibades...

TAU Promociones S. A. y Recimil

Na sección de Ferrol da “Coz de Galicia” do Sábado día 19 de decembro, aparecían dúas opinións sobre o futuro do barrio de Recimil.

Unha delas a favor da rehabilitación, correspondente á Sra. Fernández Lemos, presidenta da Delegación en Ferrol do Colexio de Arquitectos de Galicia, coherente co posicionamento desta entidade, que xa no ano 2005 dedicara a Recimil o día mundial da Arquitectura, polos seus valores histórico-urbanísticos.

A outra a favor da derruba, correspondente ó Sr.Vázquez Liaño, Director do Grupo TAU, radicado en Coruña, e que se dedica a grandes operacións de derruba e reconstrución.

Da primeira non vou facer comentario, porque a opinión dos arquitect@s ferroláns é de sobras coñecida.

Da segunda quero facer unha serie de puntualizacións, para intentar que o persoal interesado no tema, teña o maior número de elementos de xuízo.


Por exemplo:

Di o Sr. Vázquez, que os arquitectos José Fonseca e outros, proxectaron a barriada desde Madrid, “interpretando equivocadamente las teorías e ideologías que formaban parte de las directrices del Plan Pedreira de 1929”. Pero resulta que José Fonseca foi un dos máis prestixiosos arquitectos do século pasado con numerosas e importantes obras en Madrid e que non parece posible que se equivocase na interpretación das intencións do proxecto Rey Pedreira, se temos en conta o parecido case exacto con aquel proxecto.

Fai referencia o Sr. Vázquez a unha opinión da Dirección Xeral de Patrimonio, redactada do seguinte xeito:

En opinión da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural non se pode afirmar que:"(...) El actual barrio de Recimil tenga los valores artísticos o antropológicos, en todo caso el valor histórico que pudiera tener es más teórico que real puesto que la propuesta original de Rey Pedreira fue desvirtuada y el valor cultural desde el punto de vista urbanístico, arquitectónico y social basado en el ideario del Movimiento Moderno se vio adulterado y trastocado en su realización y construcción";.

Aínda sen ter en conta que o paragrafo está intencionadamente cortado con ese entrecomiñado que no documento orixinal non existe, debería estar ben clara a intención dos redactores de non “mollarse”, pois se non poden afirmar que teña eses valores, tampouco os negan.

Mais este pequeno detalle non tería maior importancia se non fose que:

1).- O Grupo TAU xa tentou meterlle man á derruba do barrio no ano 1996, en contactos coa Asociación de Veciños, cun proxecto que lles puxo os pelos de punta ós técnicos que o viron. Temos os debuxos daquel proxecto, que trataremos de enviarvos noutro correo.

2).- En xaneiro do 2005, PP+IF aprobaron o “Expediente de desafección do barrio de Recimil de Ferrol”, documento no que apoiaron a súa petición á Xunta de descatalogación do barrio.

Este expediente, cheo de mentiras e verdades a medias que amosaban o descoñecemento que do barrio tiñan os autores, a máis de algún insulto para os veciños (degradación social, tráfico de drogas) foi redactado precisamente polo Grupo TAU, que seguramente era consciente da trapallada que estaba a facer, pois NON firmaron o citado Expediente, que resulta ser un panfleto anónimo, pois ningunha firma o avala.

E como soubemos que foi Tau quen o fixo? Porque temos o documento que xustifica o pago de 11.944,40 euros (15 – 12 – 2004) ó Grupo Tau Coruña S. L., como “Honorarios Expt. Desafección Barrio Recimil”.

Velaí o interese do Sr. Vázquez Liaño, (“profesional das derrubas”), en arrasar as Casas Baratas de Recimil.

Asociación San Fernando - Recimil.

Enviado por:
sanfernanadorecimil
-sanfernandorecimil@mundo-r.com-
24 de dezembro de 2009 19:48

_________________________

luns, decembro 07, 2009

Atentados urbanísticos en Recimil

A Asociación San Fernando, aínda recoñecendo que as obras actuais das Casas Baratas de Recimil, non colman as nosas aspiracións para a súa rehabilitación, entendemos que é un paso importante o que se está dando, xa que o tratamento de beirados e bajantes supón un importante freo á deterioración dos edificios, en espera da solución definitiva que sería a substitución das cubertas por outras novas.

En canto ao problema do pintado, que se afronta por vez primeira en máis de 60 anos, queremos facer constar a nosa protesta por este novo ataque á esperanza de humanización dos nosos fogares, a través dunha denuncia relativa ás cores da pintura, cando todos sabemos que se cometeron verdadeiros atentados urbanísticos coa nosa barriada, de moita maior entidade que un pintado máis ou menos vistoso, sen que ninguén se escandalizase por iso.

Por exemplo:

En pártea Norte do grupo I, correspondente á Praza de España, a edificación deixou un espazo no centro, para permitir a comunicación entre ambas as Prazas, a través dun conxunto de arcadas que servían de unión entre os edificios. Estas arcadas que comunicaban a Praza de Sevilla coa Praza de España, foron derrubadas no ano 1996 e substituídas por un horroroso procreo de ferro e plástico.

Isto é o que había




A actuación sobre a Praza de Sevilla e as arcadas, foi rexeitada pola maioría dos ferroláns, que non estaban de acordo co proxecto que arrasaba totalmente os xardíns e arboledo. A A. VV. recolleu nunha semana perto de sete mil firmas, en defensa das árbores, os xardíns, o parque de tráfico e as arcadas. Os pregos foron entregados no Concello, gobernado entón polo PP, que fixo caso omiso das firmas e só se conseguiu salvar varios das árbores máis valiosas, e a instalación dun novo parque de tráfico nunha parcela contigua á igrexa.

E isto é o que hai




Nos grupos II, III, e IV, as entradas ás vivendas estaban protexidas por anteportales sobresalientes das fachadas, dos que actualmente quedan moi poucos. Na fachada Norte, os tres grupos presentaban, cada un, dous pasos cubertos para comunicación coa Estrada de Castela; e nas súas fachadas Sur, os grupos III e IV, tamén tiñan dous pasos cubertos cada un, para a súa comunicación coa rúa Ramón e Cajal. O tempo e a falta de mantemento foron minando os tejadillos dos pasos e os anteportales, e os representantes municipais non tiveron mellor idea que eliminalos.

Non poderiamos dicir que fose só o PP o culpable de todos estes "atentados" urbanísticos, pero si que tiveron boa parte ?na desfeita?.

De calquera xeito, o feito de ?rasgarse as vestiduras? agora por culpa das tonalidades dun pintado que se realiza por primeira vez en máis de 60 anos, resulta, cando menos, ridículo.

Cantos anos gobernou o PP en Ferrol? Por que non fixo entón un pintado ao seu gusto?

Trátase de machucar ao goberno do PSOE ou de machucar aos veciños de Recimil?

É unha vinganza porque non puideron derrubar o barrio?

Ata cando teremos que sufrir os veciños das Casas Baratas o acoso insistente de certas persoas do Partido Popular de Ferrol?

A Asociación San Fernando.
Recimil a 5 de Decembro do 2009.

Enviada por:
sanfernanadorecimil
-sanfernandorecimil@mundo-r.com-
7 de dezembro de 2009 12:40

____________________________

Web da Asociación San Fernando para a Conservación do Patrimonio Histórico do Barrio de Recimil de Ferrol:

http://www.telefonica.net/web2/asociacionsanfernando/index.htm

_____________________________________

mércores, setembro 09, 2009

Proposta de elaboración dun regulamento de adxudicación de vivendas en Recimil,


INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA
Ferrol, 8 de setembro  de 2009
  • O  GRUPO MUNICIPAL DE  ESQUERDA UNIDA  RECLAMA A  ELABORACIÓN DUN REGULAMENTO PARA A ADXUDICACIÓN DAS VIVENDAS BALEIRAS DE RECIMIL
  • NO ENTANTO, ESQUERDA UNIDA ESIXE TRANSPARENCIA E OBXECTIVIDADE,  E QUE SE CUMPRA  O ACORDO DE LEVAR Á COMISIÓN AS  POSIBLES ADXUDICACIÓNS
O  Grupo Municipal de Esquerda Unida  entende que unha das tarefas imprescindibles   e urxentes para acometer o proceso de rehabilitación do barrio de Recimil é o da elaboración  dun novo e depurado  censo, porque o vello feito en tempos do PP necesita dunha actualización certa. O noso Grupo Municipal demanda do Goberno Municipal celeridade na elaboración do mesmo para non demorar máis do debido  outras actuacións rehabilitadoras que precisan desta actuación previa.

A tardanza en acometer esta acción compromete tamén a transparencia e obxectividade que debe rexer na adxudicación de vivendas no barrio.  Con data de 2 de  setembro, apróbase un decreto polo Negociado de Patrimonio no que se adxudica por contrato menor o Estudo da situación  legal e xurídica das vivendas e locais protexidos en Recimil. O anterior estudo data do verán de 2004 e nel recollíase un radiografía provisional do barrio pola cal unhas 236 vivendas ou locais carecían de título algún sobre istes, 156 vivendas estarían a utilizarse sen título en vigor, pero susceptibles de formalizar a situación, restando 731 locais ou vivendas  con título para habitalas.

Hai xa meses que na Comisión Informativa de Benestar  acordárase  que as adxudicacións que se fagan  nos casos de emerxencia social pasaran pola  Comisión para seren vistas polos  Grupos Municipais. Acordo que está sendo incumprido con pertinacia pola concellería de Benestar, que lonxe de traer os casos ao seo da Comisión os despacha – sen luz e transparencia algunha – como resolucións da  Alcaldía das que se da conta no Pleno.

Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal, reclama a  urxente elaboración dun Regulamento de adxudicación de vivendas en Recimil, que permita  fixar con obxectividade e transparencia as vivendas do barrio de Recimil.  Asemade e de xeito transitorio, o noso Grupo Municipal  esixe que sexan estudadas na Comisión as adxudicacións que se fagan neste ínterim. A transparencia e a obxectividade son esixencia dunha administración pública ao servizo real da cidadanía, salienta Yolanda Díaz.

O barrio de Recimil conta cuns acreditados valores urbanísticos e culturais, que fan deste conxunto un ben a preservar, máis cando se atopa nun dos supostos que contempla o ministerio para emprender nel accións rehabilitadoras, ao atoparse nun proceso de degradación. Recimil constitúe, para o noso Grupo Muncipal, unha oportunidade para desenvolver unha ambiciosa política social de vivenda pública en aluguer.

A  oportunidade e xusteza dun uso racional e social de Recimil revélase con particular forza cando vivimos intres dunha dureza social enorme, provocada pola  máis fonda crise económica dende a depresión dos anos trinta. Recimil é tanto un investimento de futuro polo que a nosa cidade ten que preservar e pular, canto unha ferramenta de redistribución social no eido do dereito á vivenda que a nosa sociedade  non pode desperdiciar.

Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
8 de setembro de 2009 15:20


Prezad@s amig@s: vaivos no arquivo un Informacións do Grupo Municipal de EU, que achega a proposta de elaboración dun regulamento de adxudicación de vivendas en Recimil, que garanta transparencia e obxectividade, asemade de urxir a reelaboración dun censo de vivendas e locais, prerrequisito que permita abordar as tarefas rehabilitadoras do barrio. Un saúdo, Ramiro Marier

_______________________________

venres, agosto 07, 2009

O mes de xuño pode considerarse como o punto de partida dunha nova situación para as Casas baratas de Recimil

A loita da veciñanza de Recimil polo seu barrio é unha das loitas senlleiras que asumiu Ártabra 21 no seu nacemento o 29 de maio de 2006, defeito membros do Colectivo Veciñal de Recimil foron os promotores da nosa organización, é por iso polo que nos aledamos de que as súas reivindicaccións vaian tomando corpo e o barrio saía beneficiado dunha merecida e importante intervención municipal.

[Recimil: dignidade, rúas anchas, mercado, centros escolares, arborado, un trazado considerado patrimonio histórico, ... só falta a súa rehabilitación]

Resumo do mes de Xuño do 2009: a actualidade das Casas Baratas de Recimil
O mes de xuño pode considerarse como o punto de partida dunha nova situación para as Casas baratas de Recimil.

O día 5, o Alcalde Sr. Irisarri presentou na Praza de Sevilla o proxecto de pintado da barriada.

Os días 6, 7, 9, 12 e 13, a prensa fíxose eco desta noticia, con comentarios para todos os gustos. Hai quen considera que isto é un lavado de face e que -durará dous ou tres anos-. En xeral as opinións coinciden que iso non é suficiente. Como de costume, os "demoledores" levan a voz cantante na exposición negativa.

Nós tratamos de ver as cousas desde o lado positivo, é dicir:

Por primeira vez en sesenta anos, vaise a facer algo importante no mantemento dos edificios da barriada.

O que algúns chaman "lavado de face", consiste en reparación de beirados, cambio de situación das canaletas de recollida de augas cara a fóra dos tellados, substitución de baixantes e acometida de auga potable, e reparación e pintado de fachadas, o que permitirá eliminar boa parte das causas de humidades nas vivendas. Lavado de face si, pero con "desinfección".

Aínda que entendemos que é un bo comezo, nós non podemos darnos por satisfeitos, porque é evidente que non é esa a solución definitiva. Con todo, mantemos a esperanza de que o próximo paso sexan os tellados, que ao noso xuízo deberían ser o primeiro, tal como pediramos ao Concello. E despois, os elementos comúns do interior, portais, escaleiras, etc.

O goberno municipal anunciou o comezo das xestións para elaborar un censo actual da barriada, que será realizado por unha empresa privada. Esa é outra das boas noticias que permitirá afrontar mellor o problema da rehabilitación total.

Por fin logo de moitos anos de abandono e marxinación comezamos a ver un débil punto de luz á saída do túnel. E algo nos di que estamos no bo camiño, porque os "demoledores" están que morden.

Estes e outros temas tratáronse o día 29 na nosa asemblea mensual.

A continuación presentamos o proxecto de pintado das Casas Baratas, no que se pode observar o contraste entre o aspecto actual e o que presentará unha vez pintados os edificios.

[Clicar acima da imaxe para ampliar]


Fonte: Colectivo Veciñal de Recimil
  • Información completa e moi interesante sobre o Barrio de Recemil e a loita veciñal, na Web da Asociación San Fernando para a Conservación do Patrimonio Histórico de Recimil Ferrol.
____________________

Enlace relacionado:
Irisarri asegura que o goberno local afrontará unha regularización seria e rigurosa do censo do barrio de Recimil
Luns, 15 de xuño de 2009
O alcalde afirma que nin mirará para outro lado, nin deixará caer o barrio nin elaborará informes para olvidalos no caixón. Anuncia a contratación dun censo de inquilinos para poder afrontar unha política de vivenda pública exemplar. Avanza que o Concello levará a pleno un baremo cos criterios de adxudicación de vivenda pública en Recimil [+info].

Carrusel de imaxes comparando o estado actual das vivendas e como quedaría despois do seu pintado

Imaxe da nova

_________________________

luns, marzo 30, 2009

Segundo o BNG Irisarri perdeu a mellor das oportunidades para rehabilitar o barrio de Recimil

BNG -bng@ferrol.es-
30 de março de 2009 12:07


  • O BNG valora positivamente o Convenio para o Bambú Club.
  • Xoán Xosé Pita, afirmou que Irisarri perdeu a mellor das oportunidades para rehabilitar Recimil.
Ferrol, 28 de marzo de 2009. A proposta de convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e o Concello de Ferrol é valorada positivamente polo grupo municipal do BNG. Para o portavoz nacionalista, Xoán Xosé Pita, “este convenio revela o compromiso do BNG co barrio de Recimil e demostra que a colaboración ofertada desde a responsabilidade nacionalista na Xunta non era unha oferta baleira de contido nin un exercicio retórico”. O portavoz municipal destacou que este convenio vaille permitir ao concello afrontar a redacción do proxecto básico e de execución das obras de rehabilitación do Bambú club.

Así mesmo desde o grupo municipal do BNG entenden que a rehabilitación deste inmoble debe servir de referente para a rehabilitación do resto do barrio. Xoán Xosé Pita indicou que con este convenio “ponse de manifesto que as reiteradas críticas que se fixeron ao BNG eran totalmente infundadas e respondían a estratexias de desgaste que só pretendían desprestixiar à Consellería de Vivenda que ten demostrado en numerosas ocasións a súa sensibilidade cos problemas de Ferrol e do barrio de Recimil en particular.”

Responsabilidade Municipal

Xoán Xosé Pita, é crítico coa xestión municipal na rehabilitación de Recimil e responsabilizou ao ao Alcalde da Cidade de ter deixado fuxir a mellor das oportunidades que tivo nunca o Concello para rehabilitar o barrio.

A indecisión do goberno de Vicente Irisarri e o retraso de máis de dous anos por tomar unha decisión firme sobre o futuro da barriada impediron materializar un acordo máis ambicioso. Pita afirmou que “Irisarri non estivo a altura das circunstancias”.

Pita indicou que o BNG gostaría dun convenio máis ambicioso pero lembrou que a Consellería de Vivenda, ao estar en funcións, fixo todo o que legalmente podía nestes momentos para colaborar co Concello de Ferrol.

O Concello por primeira vez en toda a historia do barrio coñecía a firme vontade da Xunta de colaborar activamente e inxectar os orzamentos precisos para contribuir a rehabilitación de Recimil. Pero o Concello de Ferrol por circunstancias que só o Goberno Local coñece demorou en exceso atender as chamadas á colaboración da Consellería de Vivenda.

A Nova Xunta debe asumir a rehabilitación

Para o BNG resulta evidente que a rehabilitación de Recimil, coa que estivemos e estamos comprometidos, require dun esforzo colectivo no que teñen que implicarse as administracións públicas que deben contribuir aportando os fondos económicos necesarios para esta tarefa.

Ese é un reto de toda a corporación municipal e da nova Xunta de Galiza, que debe asumir aqueles compromisos que redunden no beneficio da cidade de Ferrol e este é un deles.

Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol
______________________

domingo, marzo 15, 2009

O PP e as Casas Baratas

amadeo -avarela36@mundo-r.com- 15 de março de 2009 13:34

Con motivo do resultado das pasadas eleccións ó Parlamento galego, os veciños das Casas Baratas que non queremos o derribo, vémonos outra vez ameazados polos de sempre. Parece que o PP ten unha manía enfermiza polo derribo dos nosos fogares. Xa que logo, nunha xuntanza extraordinaria, a Asociación San Fernando decidimos sacar á luz pública algunhas das incoherencias dese partido político

Comezaremos este venres coa instalación dunha mesa na Praza de Armas, donde entregaremos o seguinte escrito:

O PP de Ferrol e as Casas Baratas de Recimil.

A .- Os intentos de compra das Casas Baratas

Ao longo da historia das Casas Baratas, os veciños protagonizaron varios intentos de compra das súas vivendas dos que destacan tres:

1.- Ano 1987. É Alcalde o Sr. Couce Doce. Goberna AP en maioría absoluta.

No Pleno do 10 de Outubro, o PSOE presenta unha moción para crear unha Comisión Institucional que estude o acceso á propiedade, para os veciños das Casas Baratas.

A moción apróbase por unanimidade de todos os grupos políticos do Concello (AP, CDS, PC e PSOE), pero o presidente da Comisión (AP), antes protagonista dun intento de derriba, boicotea o funcionamento da Comisión e anúlaa, rompendo o acordo unánime de forma unilateral e ilegal.

2.- Ano 1993. É Alcalde o Sr. Couce Pereiro. Gobernan PSOE e EU en coalición.

Tamén nun Pleno do 10 de Outubro, o BNG presenta unha moción para crear outra Comisión que estude a venda das Casas Baratas aos veciños.

De novo apróbase por unanimidade (BNG, EU, PP e PSOE). A Comisión funciona varios meses e logo dun informe favorable do Secretario Municipal, o Concello contrata unha Empresa para os traballos de división horizontal e valoración das vivendas, pero....

As eleccións repón no goberno municipal ao PP que, de forma unilateral, rompe de novo un acordo unánime e anula todo o feito.

3.- Ano 2000. É Alcalde o Sr. Belo Costa. Gobernan BNG e PSOE en coalición.

O grupo de goberno encarga un estudo para verificar a posibilidade de rehabilitación das Casa Baratas. Este estudo inclúe unha enquisa sobre a intención de compra dos beneficiarios titulares.

En abril do 20001 recíbese o informe encargado e o Concello comeza xestións coa Xunta gobernada polo PP, para a rehabilitación da barriada e a posterior venda das vivendas.

Hai un principio de acordo verbal entre o Alcalde e o Conselleiro Sr. Cuíña, para a intervención sobre "un bloque piloto", pero de novo entra a gobernar o PP en Ferrol e rebenta todo.


B.- A desafectación patrimonial.

En novembro do 2004 recíbese no Concello o "Expediente de Desafección do Barrio de Recimil, Ferrol". Trátase dun informe - de autoría anónima, pois ninguén o asina - infestado de erros e falsidades, que foi encargado polo grupo de goberno (PP - IF), con obxecto de utilizalo para eliminar a protección patrimonial que existe para as Casas Baratas, sen cuxo requisito a derriba non resulta posible.

Este informe é levado a un Pleno Extraordinario, o 12 de Xaneiro do 2005. O PP apoia co seu voto ese compendio de mentiras entre as que figuran descualificacións ao barrio - chamándolle "gueto" e "foco de delincuencia e drogas" ademais de insultar aos veciños, aos que considera "degradados". E apróbase cos seus 13 votos contra os 12 da oposición.


C.- A rehabilitación.

O 21 de Xuño do 2006, celébrase no Parlamento de Galicia un debate sobre Recimil, que finaliza co acordo unánime dos tres grupos parlamentarios - PP, PSOE e BNG ? que aproban unha "Proposición NON de Lei" para:

"Instar á Xunta de Galicia a que, xunto co Concello de Ferrol (...) adóptese unha intervención rehabilitadora e de renovación urbana do barrio de Recimil ..."

O 30 de Xuño do 2006, o Pleno Municipal aproba unha moción do Alcalde Sr. Juncal, que busca o consenso para solucionar o tema de Recimil.

A moción está redactada nos mesmos termos que a aprobada no Parlamento, e resulta aprobada por todos os grupos, con excepción de IF, que segue defendendo a derriba.


D.- As Eleccións Autonómicas.

Con motivo das eleccións Autonómicas do 2009, o PP presenta o seu programa, que no referente a Recimil propón conservar o "Grupo I" (Praza de Sevilla) e derrubar o resto.

E agora, co PP de novo para gobernar na Xunta, o PP ferrolán fai gala da súa prepotencia e ESIXE ao Alcalde PARTICIPAR no futuro de Recimil. Pero, en que futuro?

marzo de 2009.

Asociación San Fernando de Recimil
www.telefonica.net/web2/asociacionsanfernando
sanfernandorecimil@mundo-r.com
____________________

mércores, setembro 10, 2008

O futuro de Recimil

De: amadeo -avarela36@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data:10 de setembro de 2008 13:07
Asunto: O futuro de Recimil


O futuro de Recimil

O futuro de Recimil está tan negro como o de Menáncaro, Sartaña, etc.

O día 26 de xuño, Diario de Ferrol publicaba unha entrevista co concelleiro de vivenda e obras, Sr. Reimúndez, na que afirmaba que “después del verano comenzarán las obras en el edificio del antiguo Bambú Club” e que, “También se concretará un marco de rehabilitación en Recimil, que casi con total seguridad será un ARI”.

O longo da entrevista, se informaba do transcendental papel que xogará a Empresa Municipal de Vivenda e Solo que, ó parecer, estará en marcha en cinco ou seis meses. Segundo o concelleiro, “El valor de Recimil es altísimo y si lo administramos correctamente será una inyección importante de recursos económicos para la ciudad”.

Consultado o Sr. Reimúndez sobre este asunto, nos confirmou estas previsións, fixando para setembro o comezo das obras no edificio do Bambú e a case seguridade de solicitar o ARI para ol resto da rehabilitación do barrio.

Esta afirmación do edil de vivenda nos alerta sobre a posibilidade dun cambio ideolóxico no seno de EU/IU, sobre a cuestión das Casas Baratas, pois se antes defendía con toda firmeza o aspecto social da barriada, agora parece que se quere converter ó Concello nunha Empresa inmobiliaria a as nosas vivendas nun negocio rendible para a cidade.

É dicir, que despois de sermos estafados e espremidos cunhas rendas de aluguer carísimas nos primeiros anos de ocupación das vivendas, nos que os cartos recadados nas Casas Baratas empregábanse para outras necesidades do Concello, agora seremos os encargados de inxectar “importantes recursos” para a cidade. E mentres, perdóanselle intereses e contribucións a Navantia, Defensa, etc.
_____________________


luns, xuño 02, 2008

Recimil Informa

Recimil Informa

Resumo do mes de Abril do 2008

O mes de Abril tróuxonos novas decepcións sobre o tema da rehabilitación das Casas Baratas.

A primeira quincena caracterizouse pola ausencia de noticias. A pesar de que se fixeron varias xestións cos grupos políticos do goberno municipal, (PSOE e EU/EU), ninguén nos soubo responder á pregunta formulada nos nosos escritos, referente á posibilidade de presentación dunha moción para a retirada do Recurso presentado polo anterior goberno, sobre o asunto da reclamación de propiedade das vivendas. É un claro exemplo de incoherencia política por parte do grupo gobernante, que desde a oposición votaran en contra da presentación dese Recurso. (Ver Curiosidades de Tres en Tres). Con todo, as xestións proporcionáronnos unha cita para o día 21, co Concelleiro de Facenda Sr, Veloso (PSOE) .

Na segunda quincena, houbo abundancia de noticias con respecto ao tema da rehabilitación.

O día 19, D. de Ferrol publicaba un comentario sobre as intencións do goberno municipal, expresadas polo edil de obras, Sr. Reimúndez, no transcurso das xornadas sobre "Vivenda e Cidade", celebradas o pasado mes de Marzo, e que se concretaban na recuperación dos elementos comúns, deixando para unha etapa posterior as obras interiores.

A proposta consistiría na intervención "piloto" sobre un bloque de doce vivendas, que serviría de orientación para o resto dos edificios. Devandita intervención incluía como novidade, a habilitación dun baixo-cuberta para lavandería e trasteiro e a instalación de ascensor.

O día 21, o noso secretario entrevistouse co Sr. Veloso, a quen se reiterou a petición de retirada do famoso Recurso no tema da reclamación de propiedade das vivendas. O descoñecemento demostrado polo concelleiro sobre o tema das Casas Baratas foi total e absoluto, quedando moi sorprendido da información proporcionada polo noso representante e portavoz. Ante a súa petición de datos concretos, proporcionóuselle a denominación da nosa páxina Web, que visitou sobre a marcha, asombrándose da cantidade de información exposta e quedando en manternos informados.

O día 23, o diario ferrolán informa da presentación ao Pleno, por segunda vez, da proposta de solicitude de ARI para a barriada de Casas Baratas de Recimil. Sinala ademais, que se retoma esta proposta, xa presentada e retirada en novembro do 2007, tras o fracaso das conversacións coa Xunta de Galicia. Esas conversacións celebráronse segundo o xornal, o 18 de Febreiro e o 17 de Marzo, estando prevista unha terceira que non chegou a producirse.

Neste mesmo comentario incluíanse unhas declaracións do edil do BNG, Xoán Xosé Pita, que denuncia a falta de vontade de acordo por parte do Concello, apuntando a posibilidade dunha cesión de gran parte das vivendas á Xunta, posibilidade rexeitada repetidamente por EU/EU.

O día 24 aparece un comentario do PP, criticando a "inconsistencia" financeira do proxecto para Recimil, ao que consideran como o principal "reto urbanístico" da cidade, apostando por un proxecto integral a través dun convenio coas administracións autonómica e central e coa redución do número de vivendas en propiedade do Concello, acorde coas súas posibilidades de mantemento.

O día 24 é o da celebración do Pleno e nel, prodúcese de novo a retirada da solicitude de ARI para Recimil, ante a sorpresa de todos os presentes.

O día 25, D. de Ferrol recolle a noticia con grandes titulares. "O Alcalde sorprende ao Pleno coa retirada do punto sobre a creación dun ARI para Recimil".

Tras as consecuentes protestas e críticas dos edís da oposición, o Sr. Alcalde dixo que ?non imos meter a Recimil nun túnel sen saída? e apostando por "levantar ou pé do acelerador".

A nós parécenos que ademais de levantar o pé do acelerador, estase pisando o freo con forza.

O día 26, o D. de Ferrol publica unhas declaracións da portavoz de EU, dona Yolanda Díaz, nas que aseguraba que a retirada do ARI de Recimil non obedecía a desacordos entre os grupos de goberno, senón á solicitude dunha entrevista por parte da Consellería de Vivenda. Pola súa banda, o BNG estima que existe diferenza de criterio entre os dous socios de goberno e aproveita para transmitir aos veciños de Recimil o apoio do BNG para a rehabilitación do barrio.

O día 27 salta unha nova noticia: O edil de Vivenda, Sr. Reimúndez anuncia que en tres ou catro mese volverase a solicitar o ARI para Recimil e afirma que mantivo sete reunións coa Consellería. Ao longo da información recollida en "o outro diario", o concelleiro explica que será a nova "Empresa Municipal de Vivenda" a que acometerá o deseño do financiamento municipal, realizando os cambios necesarios para poder presentar o proxecto e financiamento conxuntamente.

O día 28 celebramos a nosa afeita asemblea mensual, na que informamos aos nosos asociados de todo este desconcerto, acordando seguir coas nosas xestións cos grupos gobernantes.

Para pechar o mes, o día 29 o BNG maniféstase en D. de Ferrol dicindo que "Reimúndez está desautorizado polo alcalde para falar de Recimil". Insiste o BNG no desinterese do goberno local por negociar coa Consellería unha solución máis ambiciosa para Recimil e critica o feito de non presentar un plan viable para a rehabilitación da barriada.

Pola nosa banda, a seguir esperando e, se podemos, coa vara dando?

Asociación San Fernando, nacida para defender el Patrimonio Histórico del Barrio ferrolano de Recimil
__________________

Enlace co artigo orixinal na web da Asociación San Fernando
_______________________

Historial das Casas Baratas do Barrio de Recimil de Ferrol
______________

xoves, xullo 19, 2007

Reunión no Concello para coñecer a opinión das entidades veciñais, con vistas a unha futura rehabilitación do barrio de Recimil

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de Julho de 2007 19:47
Asunto: Reunión no Concello para coñecer a opinión das entidades veciñais, con vistas a unha futura rehabilitación do barrio


Mañán venres, 20 de xullo, ás 17.00 horas, na sá de xuntas da quinta planta do edificio de servizos urbanísticos do Concello de Ferrol (na rúa María) está prevista unha xuntanza do Concelleiro de Obras con representantes da Asociación veciñal O Pilar, a Asociación San Fernando, representantes da dirección do Colexio Ibañez Martín e representantes do Mercado de Recimil.

É obxectivo desta xuntanza son coñecer a opinión das entidades veciñais, así como as necesidades do C.E.I.P. e o Mercado, con vistas a unha futura rehabilitación do barrio. Preténdese tamén trasmitir aos veciños con claridade a postura deste goberno municipal con respecto a este proceso de rehabilitación e acordar un calendario de xuntanzas para o seguimento deste proceso.

A introducción de novos tipos residenciais (residencias de estudantes, pisos titelados...), a recuperación dos baixos para novos usos ou a mellora das dotacións existentes (colexio e mercado), están na axenda desta Concellería á hora de deseñar o futuro do barrio.

Para achegar posturas ca Administración Autonómica con respecto a este tema está prevista unha primeira xuntanza o vindeiro xoves 26 ca Conselleira de Vivenda e Solo Teresa Táboas.

Miguel Reimúndez González

Concelleiro de Equipamento, Vivenda, Obras e Rehabilitación.