Amosando publicacións coa etiqueta Soberanía Alimentaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Soberanía Alimentaria. Amosar todas as publicacións

martes, novembro 03, 2020

Unha análise para o recoñecemento, a reflexión e a acción no día mundial da alimentación - Apostar polos mercados de produtos locais e de proximidade, xunto co apoio para as tendas de produtos producidos de maneira sustentábeis...


O 16 de Outubro foi o día mundial da alimentación, desde a delegación comarcal de Adega achegamos unha análise para a reflexión e a acción, na data sinalada, centrandonos no desperdicio de alimentos, algo que alcanza unhas dimensions terribeis. Achegamos dous enlaces con dous vídeos sobre temática da efeméride, moi interesantes e didáticos. Desde ADEGA pretendemos deste xeito intentar crear conciencia ambientalista, nun maior número de persoas na nosa sociedade.

Sen máis recibe unha fonda aperta ecoloxista.


Miguel Anjo González Garcia
Secretario Adega-Ferrolterra


DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

Este 16-O celebrase o día mundial da alimentación e desde ADEGA-FERROLTERRA, queriamos aproveitar para facer unha chamada de atención, no referido ao grave problema que supón o desperdicio de alimentos, que se produce en xeral, en todo o planeta. Nos próximos anos vai haber un aumento da demanda de alimentos, sobre todo polo crecemento da poboación, mais nun contexto onde o sistema de alimentación está fundamentado no agro-negocio, o cal está acabando coa fertilidade das terras, xunto co cambio climático (responsábel moi importante o Agro-negocio), todo isto vai ter consecuencia na diminución e aumento dos períodos de seca que con certeza vai producir que nunha agricultura, a cal, o 80% depende da irrigación por choiva, estea esta, nun futuro, en serios problemas, para seguir producindo alimentos. Ademais esta auga, na maioría dos países, destinase e secuestrase, para as grandes industrias, reducindo a auga das pequenas explotacións e do consumo humano. Con esta diminución dos recursos, xunto coa competencia producida polo cambio climático, por estes recursos, vai facer que se siga depredando o medio ambiente, tendo graves consecuencias, na seguridade alimentaria e nos medios de vida, de millóns de persoas en todo o planeta.

O desperdicio de alimentos supón o 30% dos alimentos producidos. Esta perdida prodúcese en todos os países e en todas as fases da vida dos alimentos. No referido ao consumidor, é máis agudizado nos países desenvolvidos (90-120kg por persoa- ano) que nos países en vías de desenvolvemento (8-15Kg por persoa- ano). Isto ven a supor, perto de mil cincocentos millóns de Tm de comida. No estado español tirase perto de 8Tm de comida ao ano segundo OCU (Espanha). Cabe sinalar, que o sistema económico é tamén moi responsábel desta perdida, xa que produce o rexeite de moitos alimentos, se non cumpren por exemplo uns determinados requisitos estéticos, ademais de facer da alimentación humana, o principal negocio lucrativo do planeta.

O DESPERDICIO DE ALIMENTOS TEN CONSECUENCIAS COMO:

1. Consumo de recursos: Os alimentos desde a súa produción-almacenamento- distribución- venta e consumo, consumen recursos de todo tipo, sen que ao final o alimento cumpra a súa función.

2. Ten efectos sobre o medio ambiente: Produce-se unha perdida de habitats quer terrestres quer mariños, sen que estes alimentos cheguen a ás persoas. A perdida de alimentos é tan grande no planeta, que supón perto do 30% das terras cultivadas. Ademais supón perto de 3.3 Gtm de gases de efecto invernadoiro ao ano.

3. Favorece as desigualdades: quer nos países en desenvolvemento quer nos países desenvolvidos. Nos primeiros en forma de menor soberanía alimentaria, máis fame, máis inseguridade alimentaria, máis pobreza extrema, maior diminución de ingresos e nos segundos, en forma de sobre-peso, problemas crónicos asociados a dieta etcétera.

4. Custes económicos: Perto de 700 mil millóns de $ en custes medio ambientais relacionados co cambio climático (deforestación, perdida de biodiversidade, etcétera). Perto do billón de $ en contaminación con agro-tóxicos. Custes non contábeis como por exemplo, os peixes que se descartan, a subida do prezo dos alimentos por este dispendio etcétera.

DESDE ADEGA-FERROLTERRA SOLICITAMOS:

Un cambio de paradigma no que atinxe a alimentación das persoas, onde se volva aos tempos do pasado inmediato, onde eran as pequenas produtoras as que alimentaban as cidades, as que alimentaban ao planeta. Apostar polos mercados de produtos locais e de proximidade, xunto co apoio para as tendas de produtos producidos de maneira sustentábeis, incluso subvencionado estes produtos, para que non haxa na sociedade desigualdades tamén no referente a alimentación, onde unhas parte da cidadanía teñan acceso pola súa situación económica aos alimentos de verdade e outra parte da cidadanía teñan que ir aos alimentos de peor calidade, pola súa situación económica. Cabe sinalar que perto do 90% das novas enfermidades, son producidas polo que comemos.

Máis no referente á perdida de alimentos, nós como consumidoras:

• Favorecer as compras a granel. Deste xeito compramos as cantidades necesarias.
• Escapar das ofertas, sobre todo as de 2x1. Polo xeral, as datas de caducidade do alimento están moi próximas.
• Facer a planificación das comidas como moi lonxe dunha semana.
• Conxelar os alimentos sobrantes.
• Reutilizar eses alimentos para facer outras comidas.
• Mercar aquilo que imos consumir.
• Esixir o etiquetado visíbel e claro, das datas de caducidade dos alimentos.

BIBLIOGRAFÍA:

OCU (ESPANHA).
FAO (Organización de Nacións Unidas para a Alimentación e aAagricultura).

Heroínas da Alimentación

O mundo está cheo de persoas heroínas da alimentación, desde agricultoras, xornaleiras, obreiras, ate condutoras, dependentas, praceiras, representantes de goberno ou voluntariado solidario, ..., aquelas persoas que malia desafíos distintos, como a actual pandemia de COVID-19, traballan duro para garantir que os alimentos cheguen das granxas ás nosas mesas. Celebremos os seus grandes esforzos este Día Mundial da Alimentación.



Día Mundial da Alimentación 2020 - Covid-19

Música: INFINITE-14667 | Artista: Julien Glabs, SACEM | JUST 160 Orchestral Ostinati and Arpeggios 2


Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Delegación de Ferrolterra
Apartado de correos 481;
15480 Ferrol, (A Coruña).
Correo: adegatrasancos@adega.gal
Páxina electrónica: www.adega.info

Enviado por:
Adega Trasancos
-adegatrasancos@adega.gal-
2 de novembro de 2020 08:45

_______

martes, abril 02, 2019

Construción colectiva, ruptura e desobediencia


Hai pouco máis de catro anos que os movementos sociais elaboraban a "Carta por unha soberanía alimentaria desde os nosos municipios". Unha proposta política acertada, posto que en maio de 2015, construíronse novos gobernos que apostaban por certa transformación e ruptura da política municipal. Foi un momento de euforia, de sentir que había unha oportunidade de cambio que ampliaría o autogoberno e a participación dentro e fóra das actuais institucións, que podía e debía apoiar a transición desde un modelo de agricultura capitalista e alimentación globalizada cara á soberanía alimentaria, revalorizando os criterios sociais, ambientais e de proximidade. E catro anos despois, onde estamos? É o momento de facer unha valoración crítica do que se conseguiu para poder avanzar cara a ese municipalismo transformador.

As estruturas e dinámicas locais non son alleas ao modelo neoliberal. A realidade municipal está condicionada por xerarquías, formas de toma de decisións e regulamentos moi consolidados e pensados para impedir que se poidan transformar. Son estruturas que, como explica o artigo introdutorio de David Algarra, favorecen un determinado modelo democrático e, por extensión, un sistema alimentario concreto. Este modelo de democracia representativa obriga a traballar en ciclos de catro anos, un tempo que se queda curto para abordar cambios de fondo. Pode, até, que sexamos algo inconscientes ao facer propostas municipais sen ter demasiado coñecemento deste funcionamento e das entrañas dos concellos. Dedicamos moito tempo a modificar normativas, ordenanzas, pliegos.., pero fixémolo desde un posicionamento algo submiso. Cantos concellos desobedeceron a lei Montoro? Cantos foron capaces de enfrontarse ao poder agroalimentario a través dos seus postos de decisión, por exemplo, nos mercados de abastos coñecidos como mercas? Que respaldo recibiron aqueles gobernos locais que si se atreveron? Neste número, dáse resposta a algunha destas preguntas a partir da análise dos avances nalgunhas cidades do Estado; pero, en calquera caso, parece claro que traballar para a soberanía alimentaria ten que supoñer, tarde ou cedo, desobedecer e impugnar a orde establecida.

Estámonos esquecendo de que as políticas alimentarias non só están para mellorar a alimentación, senón tamén para combater as inxustizas

Aínda somos unha minoría. E témolo que verbalizar. A alimentación, malia ser unha necesidade e un dereito, non aparece na axenda política da gran maioría dos municipios. Basta con revisar o orzamento que se dedicou á construción de sistemas alimentarios. Cantos concellos crearon unha concellaría ou comisión municipal para abordar de forma transversal as políticas alimentarias? Non habemos de conformarnos coas migallas, debemos esixir o pan enteiro.

Sendo todo ben complicado, pensamos que temos que ser máis autoexixentes. A proba témola en que moitos concellos apoderáronse do relato dos movementos sociais sobre a alimentación, pero transformaron pouco ou nada cos seus feitos e de forma sutil han ir baleirando de contido político algunhas apostas transformadoras para convertelas en algo ambiguo. Pasamos de defender a soberanía alimentaria a defender simplemente "sistemas alimentarios sostíbeis".

Analizar estas novas políticas obriga a saír das zonas de confort para evitar construír follas de ruta desde posicións privilexiadas. Non é o mesmo falar de políticas alimentarias desde a comodidade urbana que facelo desde a realidade labrega ou de quen traballa como temporeira. De que xeito se visibilizaron estas realidades nas políticas alimentarias que se desenvolveron? As axendas e proxectos que se poñen en marcha seguen tendo unha visión excesivamente urbanocéntrica onde a única prioridade é alimentar ás cidades agora con produtos ecolóxicos, pero a prioridade non sería unha alimentación urbana que favorecese ao territorio rural? Estannos marcando a axenda as modas que só teñen en conta ao individuo (eco, friendly, deseño...)? Estámonos esquecendo de que as políticas alimentarias non só están para mellorar a alimentación, senón tamén para combater as inxustizas? As respostas afirmativas supoñen beneficiar ás clases acomodadas e cronificar a precariedade da xente campesiña, das traballadoras de matadoiros, das repoñedoras das grandes superficies, as coidadoras, etc. Por todo iso, desde a nosa revista pareceunos fundamental abordar as políticas alimentarias dos pobos, a través dalgunhas experiencias e do conversatorio con tres alcaldes.

Non son críticas sen máis; pensemos que mentres falamos de democracia participativa, de procesos de cambio, de empoderamento, hai quen seguen facendo o seu traballo sen contemplacións. Os lobbies agroalimentarios non se senten ameazados polos gobernos, non necesitan de consellos alimentarios municipais, xa teñen os seus espazos de poder e decisión que, por certo, non pasaron polos plenos municipais.

Todo isto obríganos a preguntarnos desde onde se pode facer máis pola soberanía alimentaria, desde os movementos sociais ou desde os concellos? Está claro que os dous espazos son fundamentais, pero tamén é certo que, nalgúns territorios, os movementos pola soberanía alimentaria perderon capacidade de incidencia posto que a aposta municipalista acaparou o seu tempo e os seus recursos. Reactivar a súa capacidade de mobilización, de interpelar á sociedade, de visibilizar e motivar a multiplicación de proxectos que abran camiño e de transformar desde abaixo tamén é traballar por un municipalismo transformador.

info@soberaniaalimentaria.info

Editorial da Revista: Soberanía Alimentaria, Biodiversidade e Culturas, nº 34, sobre "Políticas alimentarias municipais: resultados e reflexións". | Ir á Web.


Imaxe: Mural realizado por Xoana Almar no 10º Festival do Desordes Creativas, en Ordes. Foto: Cestola na Cachola.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
31 de março de 2019 23:42


____________

mércores, abril 25, 2018

A revolta das mulleres e a soberanía alimentar, ... Por Iolanda Teixeiro Rei - As crises alimentarias ou de subsistencias, acompañadas das cíclicas pestes, foron unha constante na historia das sociedades clasistas agudizadas co capitalismo e a desposesión dos territorios e a vida comunitaria.


Por Iolanda Teixeiro Rei [*]

25.04.2018

A REVOLTA DAS MULLERES E A SOBERANÍA ALIMENTAR

A iniciativa dos nacionalistas, vimos de comemorar en Trasancos, no pasado marzal, o centenario da coñecida como Revolta das Pedradas ou Revolta das Mulleres, pois elas foron as protagonistas principais dos feitos. Ao que parece, os días 8 e 9 de marzo de 1918 iniciouse a primeira protesta na feira de Xuvia ao proibir o governador a saída de trigo para a bisbarra o que encareceu o pan e fixo que as mulleres iniciasen as protestas perante os negocios e comercios dos acaparadores. A única resposta foi a represión armada. Artéllanse o 10 as comisións de mulleres que, como protesta, coutan o suministro de alimentos e materias a Ferrol mirando a un tempo de negociar co governador mentres arremesan as pedradas contra os comerciantes responsabeis das persoas feridas. Axiña, os días seguintes, únense as mulleres de Ferrol e Serantes que sitian Ferrol cortando todos os accesos polas rúas, o porto e os camiños de ferro. Somando o apoio dos obreiros do estaleiro  e o arsenal que convocan un paro xeral. Pechan os comercios e ao berro de Temos fame! Abaixo os acaparadores! (lema tristemente actual) maniféstanse polas rúas. A represión con disparos fai que morran un neno e un mozo. Como di Francisco Rodríguez, seguen dez días de axitación e de represión sanguenta. En Maniños, as mulleres asaltan un comboio de fariña quitándolle toda a carga e repartíndoa. A escaseza e altos prezos dos alimentos básicos como a fariña, o trigo e o pan, motivada pola especulación dos acaparadores en plena guerra mundial, levaran ao povo de Trasancos a unha situación de desesperación e fame de tal calibre que as mulleres, responsábeis da subsistencia das familias, víranse abocadas a revoltarse contra tamaña inxustiza social. As forzas caciquís foron o albo das súas xustas reclamacións. E unha vez máis, como hoxendía, as pedras do povo erguéronse contra as balas do poder. O que despois aconteceu está a dispor de todos grazas á recuperación da memoria histórica de tales feitos divulgados en palestras, na hemeroteca e na estupenda monografía que nos brindou Sermos Galiza.

Mais tralo louvabel relato do pasado e os diversos actos de homenaxe por todo Trasancos, bótase en falla unha actualización de comparanza do acontecido na Revolta das Mulleres con miras no presente e proxeción de futuro.

Porque a Revolta das Pedradas ten certos paralelismos de ocupación colonial coa Intifada palestina nos territorios ocupados polo Estado de Israel. E non só polo feito de vermos o arrebolamento dunha pedra contra unha bala. Símbolo acaso lucidío do desmedido da inxustiza e da afouteza dun povo desesperado que non se rende.

As crises alimentarias ou de subsistencias, acompañadas das cíclicas pestes, foron unha constante na historia das sociedades clasistas agudizadas co capitalismo e a desposesión dos territorios e a vida comunitaria. A progresiva perda da soberanía alimentar está detrás de todas estas revoltas. Xa en 1892 o comunista libertario Piotr Kropotkin escrevía A conquista do pan amosando cómo o feudalismo e o capitalismo creavan miseria e escaseza no povo para privilexiar o engorde das clases nobre e burguesa, respectivamente. El defendía a necesidade dun sistema económico descentralizado baseado na axuda mutua e a cooperación voluntaria. Algo moi coñecido no sistema minifundiario galego rural se non fora polo acoso do poder e a globalización capitalista dos mercados.

Mais que ocorrería hoxe se, de sócato, por un suceso incontrolavel nun mundo hiperdependente da globalización selvaxe do Capital, pecharan hoxe os portos, as estradas e os camiños de ferro?. E se no canto de as mulleres revoltármonos contra a miseria á que hoxe nos sumeten os actuais acaparadores especulativos (banca e transnacionais) fora un colapso enerxético quen fixera inviabel o tráfico de mercadorías de primeira necesidade. E se ás grandes superficies deixaran de chegar as froitas tropicais, as peras chilenas, as laranxas mexicanas, os polbos marroquinos, os cereais alleos, e un longo etcétera de alimentos que deixamos de producir os galegos por térennos expropiado o territorio para lucro das transnacionais. Porque hoxe perdimos a nosa soberanía alimentar!. E só fica un ermo eucaliptal non comestivel. As hortas botáronse a perder co éxodo rural políticamente programado, coa especulación urbanística e coa política das grandes superficies que son o reino dos Monsanto, dos Novartis, dos DuPont, dos Advata...que nos impoñen selvaxes tratados de livre comercio como o TTIP e dirixen as políticas públicas alimentarias de todo o planeta. Adónanse das sementes e incluso dos recursos hídricos. Secuestrando o suministro mundial de alimentos, como moi ben aponta Vandan Shiva en Colleita roubada. Así que se hoxe fixeramos unha revolta das mulleres, contra quen arremesariamos as pedradas?.

[*] Iolanda Teixeiro Rei -Ferrol, activista ecoloxista e decrecentista, articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Sermos Galiza.



Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
20 de abril de 2018 11:16

_______________

xoves, decembro 10, 2015

A laxitude na regulamentación sobre organismos transxénicos na Unión Europea, unha esixencia dos EEUU para asinar o ACTI/TTIP - Dí Lídia Senra que "a Comisión Europea está a valorar unha estratexia para eludir os controis anti OXM's na UE" - Moi interesantes vídeos


Dí Lídia Senra que "a Comisión Europea  está a valorar unha estratexia para eludir os controis anti OXM's na UE". | A CE analiza a interpretación xurídica dalgunhas "Novas Técnicas de Reprodución" para valorar a posibilidade de excluílas da lexislación sobre OXM's. | A laxitude na regulamentación sobre organismos transxénicos na Unión Europea, unha esixencia dos EEUU para asinar o ACTI/TTIP.


Na última sesión da Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo presentouse a través dunha audiencia de "expertos" a posibilidade de que algunhas das  Novas Técnicas de Reprodución (NTR) de alimentos nas que a Comisión Europea está traballando [1], podan ser consideradas NTR e non OXM [2] dende o punto de vista xurídico e, polo tanto, non ter que ser sometidas a unha regulación que se percibe máis esixente.

Trátase, polo tanto,  da interpretación dun texto xa existente, a Directiva Europea 2001/18/EC, polo que, segundo explicou a representante da Dirección Xeral para a Saúde e a Seguridade Alimentaria, a Comisión non terá que abrir ningún proceso de codecisión canda o Parlamento, ao non haber nova normativa. A Comisión prevé convocar "un grupo de expertos, ó Parlamento e ás partes interesadas" en  febreiro do vindeiro ano.

"O movemento labrego internacional leva xa máis de vinte anos funcionando colectivamente, e non é a primeira vez que vemos como pretenden presentarnos a alimentación transxénica como se non o fora, ou poñer trabas á súa identificación", lembrou a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) e titular na Comisión de Agricultura para o Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), Lídia Senra. "Non podemos permitir que nos poñan organismos xeneticamente modificados nos nosos pratos sen nin sequera respectar o noso dereito a sabelo e a poder elixir", argumenta a eurodeputada galega.

De avanzar esta estratexia impulsada polo lobby pro OXM's [3] e algúns Estados membro [4] , "se xuridicamente non se considera como transxénico un organismo modificado xeneticamente, este pode pasar a ser producido, distribuído, empregado e/ou consumido na Unión Europea sen verse sometido ao control da lexislación comunitaria", moito máis estrita que noutros territorios como, por exemplo, os EEUU.

E é precisamente esta falta de similitude entre EEUU e a UE na regulación dun aspecto tan sensíbel como o dos OXM's, o que está a supor un dos puntos problemáticos na negociación de tratados de libre comercio como o TTIP (Transatlantic Trade and Investment Partnership/Asociación Transatlántica de Comercio e Inversión), polo que Lídia Senra non desbota "a posibilidade de que precisamente a Comisión Europea estea a tantear a opción de rebaixar os controis sobre transxénicos para facilitar as negociacións e posterior aprobación deste tratado".

Por outra banda, a intención da Comisión de avanzar nunha alimentación deseñada polas grandes corporacións en substitución da propia Natureza, avogando polo desenvolvemento de novas técnicas de produción de alimentos en lugar de apoiar a agricultura labrega, "ten ademais o interese engadido de ampliar o mercado de patentes cas que se enriquecen as grandes multinacionais da alimentación; en detrimento do campesiñado, do intercambio de sementes e do traballo e a loita por desenvolvermos unha agricultura agroecolóxica que proporcione elementos sans e de calidade á poboación, avanzando ao mesmo tempo cara a consecución da soberanía alimentaria para os pobos, que é o único xeito de non estar sometidas ás corporacións internacionais para poder comer", sentenciou a eurodeputada galega.

Bruxelas, 9 de Decembro, de 2015.

Audiencia da Comisión de Agricultura: Novas Técnicas para o Fitomelloramento

Anexos da nova:

INTERVENCIÓN LÍDIA SENRA
https://www.youtube.com/watch?v=FHq7seGCqc4

INTERVENCIÓNS
Comisión Europea
https://www.youtube.com/watch?v=ihI7VOgqPyQ
e https://www.youtube.com/watch?v=e8YheZi1-xM

ENLACE Á SESIÓN COMPLETA
http://www.europarl.europa.eu/ep-live/pt/committees/video?event=20151201-1500-COMMITTEE-AGRI

Notas.-

[1] Máis coñecidas polas súas siglas en inglés NBT, New Breeding Techniques, son obxecto de estudio da Comisión Europea dende o ano 2007, no que se constitúe un grupo de traballo específico "para avaliar se unha serie de novas técnicas de cultivo poderían caer ou non dentro do ámbito de lexislación sobre organismos xeneticamente modificados: http://ec.europa.eu/food/plant/gmo/legislation/plant_breeding/index_en.htm

[2] Baséanse nunha interpretación particular da Directiva Europea 2001/18/EC, segundo a cal, dende o punto de vista do lobby das NTR, estas novas técnicas ben poderían ter sido desenvolvidas pola propia Natureza, inda que nunca teña sucedido nin haxa previsión de que suceda.

[3] Un dos principais responsabeis de impulsar esta revisión da interpretación lexislativa por parte da Comisión Europea é o lobby pro transxénicos albergado na NBT Platform, con sede en Bruxelas. Este grupo de presión recoñece que o seu principal obxectivo é conseguir que as NTR non sexan rexidas por leis sobre transxénicos, especificando a folla de ruta da súa interesada incidencia político-económica nos seus documentos. O presidente deste grupo de presión, Edwin Hecker, foi uns dos encarregados de trasladar a súa análise nesta  audiencia realizada pola Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo.

[4] A Comisión apunta que a dúbida de se as NTR deben ser consideradas baixo a lexislación aplicada aos organismos xeneticamente modificados xurdiu a raíz das consultas dalgúns dos Estados membro no ano 2007: http://www.euractiv.com/sections/innovation-feeding-world/new-plant-breeding-techniques-innovation-breakthrough-or-gmos

Máis información:
Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.


Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE

-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
2 de dezembro de 2015 17:00
__________

xoves, marzo 12, 2015

Un tratado inmenso, ... Por Gustavo Duch - Tratado de Libre Comercio entre a Unión Europea e Estados Unidos (TTIP) - Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións

Gustavo Duch [*]
12.03.2015


Unha pregunta para vostede. Si fose parlamentario ou parlamentaria, de esquerdas ou de dereitas, non importa, rebaixaría as normativas alimentarias para dar permiso a que nos nosos mercados se poidan vender pollos que saíndo do matadoiro estiveron bañados, digo mergullados, en cloro, ou carne de vaca e porco tratada con ácido láctico?

Daría o seu voto favorable a retroceder uns anos e que nas granxas o uso de hormonas e antibióticos campe ás súas anchas?

Tería problemas éticos en facer máis flexible o uso de pesticidas nos nosos campos aceptando aqueles que se demostran son responsables da morte de millóns de abellas?

Ou de permitir doses máis altas daqueles que en combinación con tantos outros que xa están presentes, acaban combinados no noso sangue -como quen fai un cocktail- sen saber que efecto pode ter esta mestura?

Deixaríase convencer para que as etiquetas que informan do que conteñen o que compramos non tivesen que levar tantos datos, que en fin, total, ninguén llas le?

Aceptaría todo tipo de transxénicos nos nosos pratos?

Ou, e desculpe tantas preguntas, daría un paso atrás naquelas normativas que viñeron a "humanizar" un pouco o trato e o benestar dos animais de granxa?

Pois mire, parece ser que a resposta xeral é que non, que un parlamento no seu san xuízo, onde a precaución estivese presente, non aceptaría este tipo de cambios nas normativas hixiénico-alimentarias.

Desde fai máis dun ano, e polo xa demasiado habitual sistema de filtracións, tanto a sociedade civil europea ¡como o propio Parlamento Europeo!, coñecemos que o descrito podería suceder si saen airosas as negociacións secretas que entre a Comisión Europea e os EEUU están levando adiante para asinar un tratado que liberalice aínda máis as relacións comerciais entre as dúas beiras do Atlántico. As reaccións están sendo substanciais pois numerosas organizacións de todos os países europeos estamos traballando coordinadamente para impedir esta firma e, loxicamente, no Parlamento Europeo tanto pola presión cidadá no cogote, tanto por responsabilidade pública ou por haberse sentido ninguneados, non reina o clima propicio para aceptalo.

Entón, podémonos quedar tranquilos? As multinacionais que esperaban redobrar as súas ganancias nestas operacións soñadas rendéronse?

Pois non, claro que non. Como cita o informe "Exborrando Dereitos" de VSF-Xustiza Alimentaria Global, só o mencionado sector de aves de curral, calcula que si a través da firma da "Asociación Transatlántica para o Comercio e o Investimento (TTIP)", que así se chama o tratado, eliminásense as barreiras normativas que impiden que desde 1997 teñamos en Europa polos hormonados, con sobredoses de antibióticos e un baño de cloro para que reluzan, poderían estar comercializando máis de 500 millóns anuais de US $ á UE. E como isto é só un exemplo do moito diñeiro que soñan embolsar, xa poden vostedes imaxinarse que os lobbies da agroindustria están desde os seus despachos orquestrando unha nova estratexia.

Nova pero vella. Como dicía é obvio que será moi complicado que, con segredos ou non, se aprobe en Europa unha regulación, ou unha desregulación, que abre a porta a máis transxénicos, a máis pesticidas e todo sen etiquetar, así que están optando por esperar ao momento adecuado, cando os focos apáguense. Xa temos experiencias similares.

En concreto o deseño de acordo que promoven estes lobbies e que a Comisión Europea está aceptando, consiste en incluír entre os puntos do Tratado a figura dun "Consello de Cooperación Regulatoria". Co argumento de dispoñer dun espazo permanente e dinámico para abordar aquelas diferenzas que "de saída" xa existen, como aquelas que poidan ir aparecendo, e así ir atopando unha armonización de normativas, ponse en marcha un aparello fóra do control cidadán e até político onde se capacita a un grupo de técnicos a ir tomando as decisións que consideren. As bonitas noites de verán, cando a xente baila nas verbenas populares, será cando por multiconferencia decidirase o que comeremos, quen o producirá e como o producirán. Unha bomba nocturna á soberanía alimentaria dos nosos pobos.

O citado informe explica moi ben como nun dos últimos documentos filtrados, a propia Comisión Europea propón un funcionamento para este Consello de Cooperación Regulatoria que, sospeitosamente cal correa de trasmisión, recolle á perfección o desexado polos grupos de presión. Sintetizando, proponse que
  1. para tomar decisións a directriz principal sexa os seus resultados desde o punto de vista do comercio, imos que o que lles move é que se venda máis a costa de calquera outra cousa;
  2. que para tomar decisións hanse de contar coas achegas das partes interesadas, léase, as corporacións; e
  3. que quen negociarán e decidirán serán organismos técnicos que moitas veces xa foron denunciados porque a súa composición, despois de que as portas viren e virado, son de persoas moi próximas ás propias empresas interesadas.

Nestas rutas da neoliberalización hai unha lóxica esmagante. Canto máis grande é o mercado e máis aberto está, as leis da competencia fan que gañen aquelas que se fixeron grandes a base de explotar ao persoal, ao medio ambiente e fagocitar ás máis pequenas. Iso dicía, unha lóxica que esmaga.

Deixarémonos esmagar por un tratado tan inmenso?


Publicado no Blogue Palabre-ando. | 1 de marzo de 2015.

[*] Gustavo Duch Guillot, veterinario, escritor e activista social. Cofundador de Veterinarios Sen Fronteiras. Director da revista "Soberanía Alimentaria, Biodiversidade e Culturas", membro do Consello Científico de ATTAC España. Blogue Persoal e Twitter.

Diari ARA
Palabre-ando


Enviado por:
Fernández Sixto, Juan - Monturas (FE)
-jefernandez[arroba]navantia.es-
12 de março de 2015 08:14
___________________

martes, febreiro 17, 2015

Publica-se a segunda edición de 'O negocio da comida. Quen controla a nosa alimentación?', un moi interesante libro de Esther Vivas de Icaria Editorial


Sae á rúa a segunda edición de "O negocio da comida. Quen controla a nosa alimentación?" (El negocio de la comida. ¿Quién controla nuestra alimentación?) de Esther Vivas con Icaria editorial. O éxito de vendas e a repercusión mediática fixo que un mes e medio logo de publicar-se, a obra sexa reeditada.

En "O negocio da comida", a autora repasa os impactos do modelo agrícola e alimentario actual: fame nun mundo da abundancia de comida, alimentos quilométricos, desaparición do campesiñado, enfermidades vinculadas ao que comemos, invisbilización da muller rural, entre outros temas. O libro pon tamén nomes e apelidos ás principais empresas do sector como Mercadona, Coca-Cola, Telepizza, McDonald's, Panrico e saca á luz os seus "expedientes" máis negros.

Esther Vivas acaba sinalado que ante tanto "despropósito" existen alternativas e explica en que consisten experiencias como os grupos e as cooperativas de consumo agroecolóxico, a cociña "slow"? e km0, as hortas urbanas e os comedores escolares ecolóxicos. Sempre enmarcando estas iniciativas na demanda política da soberanía alimentaria e o consumo crítico.

O libro pode atopar-se en todas as librerías ou comprar-se online a Icaria Editorial.

Vídeo presentación:


http://youtu.be/NbJv7Izhrt4


Fonte: Esther Vivas.

_____

xoves, outubro 09, 2014

Juan Antón Mora presenta-nos en Esmelle: "O bosque de alimentos" - Xoves 9 de Outubro, ás 6 da tarde no local social da Asociación Veciñal - Vídeo - Enlaces


Juan Antón Mora en Esmelle, este Xoves 9 de Outubro, ás 6 da tarde, en Esmelle, no local social da Asociación Veciñal, propoñendo un debate no que trataran-se temas como a soberanía alimentaria e os Bosques de Alimentos, a aplicación do deseño de permacultura noutros ámbitos, estratexias para a substentabilidade e a autoxestión nas cidades, aproveitamento de espazos comúns e públicos ou os modelos de convivencia, ...


---

Hai persoas que dedican a súa vida a intentar demostrarnos que si se quere, pódese. Juan Antón é unha delas. Desde o seu bosque de alimentos de Alzira, Valencia, Juan suscítanos a súa alternativa para paliar o fame alí onde ataque. Dámosche entrada a súa casa para que coñezas un pouco máis a unha das figuras crave da permacultura ibérica.

Na cortometraxe dirixida polo recentemente falecido artista canadense Frédéric Back "The man who planted trees / L'homme qui plantait deas arbres" (1987) un pastor anónimo decide reforestar un esquilmado val situado nos Alpes, na rexión de Provenza. Ao longo de 40 anos e tras un proceso de observación do comportamento da natureza, o pastor Bouffier continúa plantando árbores, até converter a zona, xa na súa senectude, nun exuberante bosque.

Do mesmo xeito Juan Antón Moura (11 de Novembro de 1935) leva máis de 15 anos demostrándonos que a autonomía alimentaria é posible a través do seu bosque de alimentos situado entre os laranxais de Alzira (Valencia). Máis de 80 especies diferentes de árbores, arbustos e plantas pelexan e loitan por facerse un oco e florecer, sempre cunha única premisa: que dean un froito comestíbel. Porque para Juan "onde hai un bosque de alimentos non hai fame" e o fame é "o principal problema do mundo". Por iso cultiva todo tipo de especies, locais ou non, de tempada ou non, invasivas, trepadoras, oriundas de diferentes zonas climáticas do planeta. Porque o importantes é que fructifiquen e dean comida, así que para Juan Antón trátase de probar até atopar o equilibrio e si funciona, si un grupo de árbores parece levarse ben e prosperar, pois adiante. Para Juan a vida é acción, é facer, é crear e experimentar.

El e todo o que fai son o exemplo de que pode facerse si se quere facer, como cando logo dunha visita a Honduras onde foi a axudar a crear outro bosque comestíbel, coñeceu a un raparigo que traballaba limpando coches. Este contoulle que o que a Juan custáballe o seu paquete de tabaco diario supoñía practicamente a súa xornada de traballo e Juan non o dubidou, deixou o tabaco e comezou a aforrar diariamente o prezo do paquete e media que se fumaba. Co diñeiro que conseguiu aforrar durante anos comprou dúas hectáreas de terra no Congo e a través dunha ONG conseguiu iniciar un proxecto para crear un bosque de alimentos e unha vivenda. O proxecto non saíu como el esperaba e algunhas persoas con non moi boas intencións aproveitáronse da súa boa vontade (Juan explícao nas súas charlas conectándoo con outros conceptos sociais e de modelos de convivencia), pero el non deixa no seu empeño e a día de hoxe está desenvolvendo un novo proxecto aínda máis ambicioso e supervisado por el mesmo en Senegal, onde viaxará nas próximas datas.
Para Juan, "onde hai un bosque de alimentos non hai fame" e o fame é "o principal problema do mundo".
Nada máis entrar no bosque de alimentos de Alzira, un acórdase do gran permacultor e biólogo xaponés Masanobu Fukuoka e a súa "revolución dunha brizna de palla". Do mesmo xeito que Fukuoka, Juon Antón deixa que a natureza se mesture "ao seu aire" e limita a intervención humana ao mínimo para simplemente condicionar o resultado final de cara á optimización e o aproveitamento máximo do espazo. Para el existen dous tipos de agricultura, "a da dependencia" que nos constrinxe á utilización de produtos químicos externos para poder obter unha produción decente e a da propia natureza, que crea os seus propios alimentos e sostense sen a necesidade de intervención exterior, creando ecosistemas equilibrados. No seu bosque uno pode atopar desde plátanos até papaias, pasando por todo tipo de froitas, hortalizas e verduras de tempada e os inevitables laranxeiras, típicos na rexión.

De feito Juan Antón explica moi ben como o problema do monocultivo de laranxeiras fixo dano a toda a rexión, un campo privado dos seus propios recursos para rexenerarse logo de décadas de agroquímicos e no que constantemente deben combater as pragas con todo tipo de praguicidas. Son estas pragas recorrentes no horto de Juan? Non. Aplicando os métodos que Alwin Seifert, un paisaxista alemán , aínda que adscrito ao réxime nazi, fixo achegas de interese ao mundo da ecoloxía que expón no seu libro "Agricultura Sen Venenos" e baseándose nas súas observacións decatouse de que as propias árbores ocúpanse de extinguir as pragas perniciosas e de que a propia natureza encárgase de que sobrevivan as árbores máis resistentes e mellor adaptadas, as que teñen unha sabia máis amarga que non atrae ao pulgón, por exemplo.

Do mesmo xeito que Fukuoka, Juan Antón deixa que a natureza se mesture "ao seu aire" e limita a intervención humana ao mínimo para simplemente condicionar o resultado final de cara á optimización e o aproveitamento máximo do espazo

Juan leva anos invitando a todo aquel que queira comprobar todo isto cos seus propios ollos todo o que aquí se describe. Rara é a semana na que non recibe a algún visitante interesado polo ruído que está xerando a súa aposta decidida polos bosques de alimentos como camiño cara á autonomía alimentaria. Si estás perto de Alzira ou de paso el está encantado de recibir visitas e colaborar con quen estea disposto a sumar e a prender e, por suposto, a ensinarlle. Unha vez dentro da súa casa ao visitante tamén lle sorprenderá a variedade de especies que se aglutinan no invernadoiro ou as diferentes disposicións que en forma de hortos colgantes, maceteiros de toda índole ou enredadeiras asómanse por paredes e tellados. Pepinos, guindillas, tomates cherry teñen oco á beira dalgunha das variedades do popular kalanchoe.

Juan é en definitiva un permacultor dos pés á cabeza e un home sabio e bo que intenta axudar aos demais a través da súa experiencia, o seu coñecemento e o seu bosque de alimentos, estendendo a idea por toda a península e outras latitudes.

Unha vez dentro da súa casa ao visitante tamén lle sorprenderá a variedade de especies que se aglutinan no invernadoiro ou as diferentes disposicións que en forma de hortos colgantes, maceteiros de toda índole ou enredadeiras asómanse por paredes e tellados

Home de acción e viaxeiro incansábel son decenas os proxectos cos que colabora ou colaborou e centos as charlas e coloquios que ofreceu ou moderado.

Nese sentido, Larutanatural enorgullece-se especialmente de contar con el como un dos seus colaboradores e de poder levar o seu coñecemento xunto cos nosos compañeiros de Pumido ao Natural no val de Esmelle, en Ferrol (Galiza).

Publicado en 'La Ruta Natural'. | 04.10.2014 | Ir a Web.


http://youtu.be/AOk3am_6ewE

Enlace moi interesante | SideWays é unha webserie documental que propón episodios multimedias presentando iniciativas sociais inéditas. | A través de SideWays, queren dar a ver iniciativas positivas e orixinais, nas cales os seus creadores impulsan camiños solidarios e inovadores, a miúdo vinculados cunha utilisación intelixente da rede. |Ir a Web.

Información baseada na enviada por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
forosocialdeferrolterra@gmail.com-
Colectivo Pumido Natural
-pumidoaonatural@gmail.com>
7 de outubro de 2014 23:35
_______________

mércores, maio 08, 2013

O que debes saber sobre CARREFUR, ALCAMPO, EL CORTE INGLES... - Vídeo


Quen controla o que comemos? Que é a agroindustria e como funciona? Que relación garda coa fame no mundo? Que alternativas hai? Son algunhas das preguntas que Ester Vivas do Centro de Estudos sobre Movimentos Sociais (CEMS) da Universidade Pompeu Fabra, intenta explicar nestes 16 minutos moi clarificadores sobre o noso modelo alimentario.


__________

mércores, xuño 20, 2012

ATTAC protesta no Parlamento Europeu: contra a especulación financeira nas materias primas alimentarias que condena á fame a millóns de persoas no mundo


Protest at ECON Committee, European Parliament

ATTAC protestou no Parlamento Europeo, este Martes 19 Xuño de 2012. Asesión da Comisión de Asuntos de Assuntos Económicos e Financeiros foi interrompida por unha protesta deasociacións alenaas de ATTAC e Campact, integrado na campaña contra a especulación financeira nas materias primas alimentarias, que nos últimos anos condenou á fome varias rexións do planeta.


http://youtu.be/zzWuBno_PyM

Publicado en 19.06.2012 por beinternacionaleu Campact

Attac.de Protest Brussels |19.06.2012
http://beinternacional.eu

Situación alimentaria mundial segundo a FAO:

http://www.fao.org/worldfoodsituation/wfs-home/es/
________________________

martes, xuño 19, 2012

Os mitos do Sistema Agroalimentario - Esther Vivas - Vídeo


Esther Vivas desmonta un a un os mitos sobre os cales está construído o actual sistema agroalimentario.


http://youtu.be/9tmLmVB4olg


Visita http://esthervivas.com/

Colabora con AttacTV para que podan seguir producindo contidos.

ATTAC.TV

__________

venres, xuño 08, 2012

Fondo documental sobre Soberanía Alimentaria


Soberania Alimentaría.tv, é un fondo documental en temática de Soberania Alimentaria, loitas campesinas e conflictos no medio rural.

Acolle materiais de vídeo, de audio e de lectura e ofréceos todos eles sen ningún tipo de restrición para a súa libre descarga e difusión. Todos e cada un dos materiais dispoñibles foron cedidos desinteresadamente polos seus creadores e creadoras.

O obxectivo é xa que logo, constituír un fondo de referencia, que poida prover ás organizacións sociais e campesiñas dos materiais audiovisuais necesarios para levar a cabo as actividades de formación e sensibilización que planifiquen en temática de Soberanía Alimentaria.

Soberaniaalimentaria.tv é un proxecto conxunto do sindicato agrario vasco EHNE Bizkaia e a organización Bizilur, que conta co aval da Via Campesiña Internacional. As citadas organizacións non capitalizarán en ningún caso os materiais dispoñibles na web, soamente encargaranse da súa xestión e mantemento.

http://www.soberaniaalimentaria.tv/

Enviado por:
Paula
-pmeizoso@gmail.com-
8 de junho de 2012 10:49

http://trasancos.blogspot.com.es/
____________

xoves, maio 06, 2010

Día internacional do Comercio Xusto 2010: “O papel das grandes superficies nas condicións de vida das persoas produtoras”

Por segundo ano consecutivo AMARANTE, SINDICATO LABREGO GALEGO, VERDEGAIA, A GRADICELA e ARBORE únense para celebrar o Día Internacional do Comercio Xusto en Vigo que se celebrará co lema “Por un comercio xusto non Norte e no Sur”, o día 8 de maio en 4 cidades de Galicia.

Mercados transparentes de alimentación e roupa ou accións lúdicas sobres as condicións do téxtil serán algunhas das accións que se desenvolverán para achegar a cidadanía galega en Ourense, Vigo, Pontevedra e Santiago ás condicións de vida de moitas persoas do Norte e do Sur.

Esta ano a acción de reivindicación centrarase en analizar e reclamar a responsabilidade das grandes superficies nas condicións de vida de miles de persoas do Norte e no Sur, tanto no sector do campo como no do téxtil e o impacto ambiental que se producen co modelo empresarial destas grandes canles de distribución, que provocan grandes eivas humanas e medioambintais a nivel mundial.

Así no sector do téxtil (Amarante comenta)

Investigacións feitas pola Campaña Roupa Limpa en Asia descubriron como empresas como Carrefour ou Lidl que teñen unha liña ampla de roupa, - sendo Carrefour é o 4º comercializador de roupa de Europa- descubriron graves condicións de explotación nas miles de mulleres nas fábricas que cosen para estas transnacionais. Falamos de 60 a 80 horas semanais, 7 días á semana, 30 días seguidos en picos altos de produción, abusos físicos, verbais e sexuais son algunhas das condicións laborais. Testemuños como este se repetían en fábricas de Bangladesh, India.

Temos que traballar das 9 da mañá ata a 1 da madrugada. Non podemos elexir traballar sólo de día ou de noite. Esta xornada é así a diario, e iso durante 30 días ó mes” . Testemuño Traballadora dun provedor de Carrefour, na India. (Investigación da Campaña Roupa Limpa Internacional).

No sector da alimentación (Sindicato Labrego galego comenta)

Carrefour, Merdacona, Eroski, e Alcampo controlan máis do 50% do mercado de alimentación. Isto ten como unha das consecuencias a imposición de prezos dos alimentos que mercan ás persoas labregas onde a presión cada vez é máis grande que os prezos que marcan están levando a desaparición das explotacións agrarias por imposiblidade de vivir do que pagan. Isto están provocando unha maior diferencia entre o prezo que se paga ás persoas produtoras e os prezos de venta ás persoas consumidoras, tendo uns grandes beneficios estas grandes multinacionais.

Os mercados transparentes que se farán este sábado se poderán visibilizar estas diferenzas no que se paga ás produtoras co que paga as consumidoras.

A responsabilidade desta situación son as políticas agrarias tanto do Estado español como da UE que permite este tipo de actuacións e de modelo de produción que aumentan os beneficios das grandes corporacions agroalimentarias e de distribución. Dende o Sindicato Labrego Galego demanda un cambio na política agraria que teña en conta as persoas produtoras e da calidade dos produtos por riba dos intereses particulares das empresas.

A nivel ambiental (Verdegaia comenta)

O sistema de produción e consumo baseada nas grandes superficies ten un altísimo impacto ambiental ademais do social. Estes impactos veñen da man dos procesos e sistemas de produción industrial fundamentados nas grandes distancias e na química de síntese para manter a produción. Fabricar uns pantalóns vaqueiros de algodón cultivado cos métodos industriais convencionais precisa 350 gr de produtos tóxicos (asperxido de pesticidas, fertilizantes, etc.) [1] e dende a materia prima ate ter o produto no escaparate do centro comercial pode chegar a percorrer 65.000 km [2].

A situación das grandes superficies nos extraradio das cidades obriga aos consumidores e consumidoras a desprazarse, para o que o conxunto da sociedade realiza enormes investimentos en infraestruturas de transporte, contribuíndo así a agravar o problema do cambio climático. Segundo os datos para Galicia do Inventario de Emisións do Ministerio de Medio Ambiente (MMA), as emisións de gases causantes do cambio climático do transporte por estrada medraron o 81 % entre 1990 –ano base do Protocolo de Quioto- e 2004. Un estudo de Friends of the Earth indica que un supermercado provoca tres veces máis emisións de dióxido de carbono por metro cadrado de superficie de venda que unha tenda de barrio.

A nivel local do tecido económico (conclusións)

No 2006 existían xa no territorio español 359 hipermercados (8.000 m2) e 6.632 supermercados (870 m2) [3].

A apertura dun hipermercado ou centro comercial causa unha media de 276 perdas de postos de traballo e o peche do pequeno comercio nun radio de 12km. No 2007 se pechaban ó día 11 pequenos comercios de alimentación.

A moi citado beneficio económico de ter unha grande superficie na comarca queda desmintido cando se comproba a perda do tecido económico local do pequeno comercio, onde vemos como o que gastan as consumidoras/es nestes comercios o 50% retorna á economìa local, namentras que nas grandes superficies solo chega ó 5%.

Así, dende as demandas dos colectivos solicitamos:

mercados curtos de comercialización, outro modelo de política agraria e comercial que garantan as condicións laborais e de vida e do sustento das persoas traballadoras por riba dos intereses e os beneficios das multinacionais e as consideracións e que se mire polo impacto ambiental deste modelo insostible de comercialización.

[1] Moda sin tóxicos. Greenpeace
[2] El Viaje de un pantalón vaquero. Revista Integral
[3] Datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.


PROGRAMA

8 de Maio DÍA DO COMERCIO XUSTO
PROGRAMA DE ACTIVIDADES

PONTEVEDRA
Martes día 4 de Maio.- Mesa Redonda sobre o impacto negativo das grandes superificies ás 20,00 horas, na Galeria Sargadelos. Intervirán: Lidia Senra, dirixente do SLG, Ramon Rodriguez, da cooperativa de consumo de Pontevedra A Gradicela, e Adrian Serantes, responsable técnico de Amarante en Pontevedra.

Xoves día 6 de Maio, ás 20,00 horas, na Galeria Sargadelos, a Directora de AMARANTE Setem e responsable da CRL-Galicia, Fernanda Couñago, presentará a Iniciativa Salarios Dignos en Asia*. Presenta Eva Blanco, coordinadora de Amarante en Pontevedra.

Sábado 8 de Maio, Lugar: PRAZA 8 de MARZO (esquina rúa Peregrina ).Horario: De 11:00-14:00

Actividades:
  • MERCADO TRANSPARENTE con produtoras locais e produtos de Comercio Xusto, onde se denunciará a marxe de prezo abusiva coa que quedan os distribuidores comerciais.
  • MERCADIÑO DE TROCO con intercambio de produtos de segunda man de Roupa, Xoguetes,etc
  • DEGUSTACIÓNS de produtos de Comercio Xusto
  • ACTUACIÓN GRUPO MUSICA TRADICIONAL OS CHICHISOS
  • ACTIVIDADE TEATRAL

OURENSE
Sábado 8 de Maio,

Lugar: R/Saénz Díez.- No entrono do Centro Comercial Ponte Vella.Horario.- De 12 a 14

Realizarase un MERCADO TRANSPARENTE DE ROUPA no que se mostrarán as condicións laborais que sufren as traballadoras do sector têxtil

COMPOSTELA
Sábado 8 de Maio,

Lugar: Porta do Camiño, Praza 8 de Marzo (Rúa de San Pedro, no marco da Feira da Primavera). Hora: de 11 ata as 15hs

Actividades:
  • MERCADO TRANSPARENTE a cargo de labregas e labregos da comarca (SLG)
  • EXPOSICIÓN E DEGUSTACIÓN de produtos de Comercio Xusto (Amarante)
  • PASARELA-REIVINDICATIVA “A moda que incomoda” ás 13:00hs celebrarase a na que se conta coa colaboración da poetisa e conta contos Iolanda Aldrei.

VIGO
Sábado 8 de Maio.

Lugar.- Mediana de Gran Vía á Altura da Rúa Venezuela. Hora.- De 11 a 14

Actividades:
  • MERCADO TRANSPARENTE DE ALIMENTACIÓN coa colaboración de produtoras que vendes directamentae á Cooperativa de Consumo Consciente Árbore
  • MERCADO TRANSPARENTE DE ROUPA no que se mostrarán as inxustizas da deslocalización do sector têxtil e poderemos achegarnos á roupa de comervcio xusto
  • TEATRALIZACIÓN a través da DANZA da cadea de producción de roupa a as súas consecuencias nas condicións laborais.

Verdegaia
info@verdegaia.org
www.verdegaia.org

Enviado por:
Xan Duro
-xan.duro@usc.es-
6 de maio de 2010 19:58
_____________

xoves, febreiro 11, 2010

Os días 27 e 28 de Febreiro celebraranse en Santiago de Compostela as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar


Os días 27 e 28 de Febreiro celebraranse en Santiago de Compostela as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) con financiamento da Cooperación Galega. Será no Salón de Actos da Faculdade de Filosofía da USC, situada na Praza de Mazarelos. Nesta Praza, ademais, haberá unha Feira pola Soberanía Alimentar Domingo 28 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Para unha mellor organización das Xornadas prégase confirmación de asistencia en info(a)sobreaniaalimentar.info

Programa

Sábado 27 de Febreiro de 2010
  • 10:00 h. Apresentación das Xornadas e da ISAP

  • 10:30 h. Palestra:
    Soberanía Alimentar: Democratizando a Alimentación
    Carme Freire (SLG), Paul Nicholson (EHNE)

  • 12:00 h. Mesa Redonda:
    Vivir da Terra
    Charo Sánchez (O Grelo Verde), Fuco Barreiro (Monte Cabalar), Antonio Carral (O Alle)

  • 14:00 h. Pausa para xantar

  • 16:30 h. Palestra:
    Interferencias Globais Norte-Sul e Soberanía Alimentar
    Mónica Vargas (ODG – Observatorio de la Deuda en la Globalización)

  • 18:00 h. Palestra:
    Construíndo Soberanía Alimentar en América Latina: A experiencia de Chile
    Florencia Aróstica (ANAMURI – Asociación Nacional de Mujeres Rurales e Indígenas)
Domingo 28 de Febreiro de 2010
  • 10:30 h. Palestra:
    Enfriando o Planeta: Soberanía Alimentar e Mudanza Climática
    Ferrán Garcia (VSF/No Te Comas el Mundo)

  • 12:00 h. Mesa Redonda:
    Vivir do Mar
    Emilio Louro (Mar de Lira), Representante da Confraría de Cangas, Fermín Fernández (Algamar)

  • 14:00 h. Pausa para xantar

  • 16:30 h. Palestra:
    Construíndo Soberanía Alimentar en África: A experiencia de Mozambique
    Luís Mário Muchanga (UNAC – União Nacional Camponesa)

  • 18:00 h. Mesa Redonda:
    Vivir sen Devorar: Situación e Retos do Consumo Responsábel en Galiza
    Proxecto Amorodo/Lentura, Rede Galega de Consumo Consciente e Responsábel
Propaganda para a  divulgación:
Fernada Couñago Otero - Directora da Asociación Galega AMARANTE Setem para o Ecodesenvolvemento - Avenida Romero Donallo, 17 15706 COMPOSTELA
www.amaranteong.org
www.comercioxusto.com

Enviado por:
Amarante Central
-amarante@amaranteong.org-
9 de fevereiro de 2010 13:16
______________________________

martes, novembro 24, 2009

Xornadas de Promoción do Cooperativismo: 23, 25 e 27 de Novembro no Ateneo Ferrolán



A Cooperativa de Consumo Responsable "Xoaniña", organiza os vindeiros días 23, 25 e 27 de Novembro, unhas xornadas de Promoción do Cooperativismo no Ateneo Ferrolán.

PROGRAMA:

23 de novembro [Luns]: Proxectos cooperativos socio-culturais
  • Cooperativa Armeria. Cooperativa de usuarias/os, intercultural, , sen ánimo de lucro pensada como un espazo de convivencia , cultura e traballo.
  • Proxeción: “Fasinpat: Fábricas sen patrón”
25 de novembro [Mércores]: Proxectos sociais e cooperativos agro-ecolóxicos
  • Fundación Galicia Verde. Entidad sen ánimo de lucro, que ten como principal obxectivo promover un desenvolvemento rural máis xusto e sostible.
  • Proxecto Amorodo / Asociación LENTURA. Asociación que traballa nos concellos de Ames, Rois e Dodro para o fomento dunha agricultura sustentable de calidade máis próxima ao consumidor.
  • Cooperativa Rainha Lupa. Proxecto de producción ecolóxica que traballa en Quilmas, Carnota.
27 de novembro [Venres]: Proxectos cooperativos financieiros. Banca ética en Galicia.
  • Coop-57. Proxecto de banca ética cooperativa que opera a nivel estatal, cunha sección galega constituída por 16 entidades cooperativas galegas.
  • Fiare. Proxecto de banca ética que está a nacer en Galicia.

A Xoaninha:
cooperativaxoaninha.org


________________

sábado, abril 25, 2009

Xornadas soberanía alimentar no C.S. Atreu d'A Coruña

Programa das xornadas de soberanía alimentar que se levarán a cabo no Atreu

30 de Abril 09: Transxénicos e soberanía alimentar

Lidia Senra (Labrega sindicalista)

6 de Maio 09: Soberanía alimentar.

Tom Krucharz (Ecoloxistas en Acción e Verdagaia).

8 de maio 09: Encontro de cooperativas e asociacións de consumo da Galiza (Ourense, Compostela, Vigo, Lugo e Ferrol) e presentación Zocaminhoca (A Corunha)

15 de maio 09: "Alimentos transxénicos/alimentos ecolóxicos, ¿qué podemos comer?"

Ágatha Broeskamp (Horticultora ecolóxica e membra da Plataforma Antitransxénicos Tui) e César Lema (Productor ecolóxico e membro de Permacultura Galiza )

Todas as palestras serán no CS Atreu ás 20:30h.
_________________

martes, marzo 03, 2009

Xornada - Encontro - 6 de Marzo de 2009: Soberanía Alimentar

Elena López -elenuli@hotmail.com-
3 de março de 2009 16:38


Dende EMAÚS en colaboración coa Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos (ISAP) e a participación da Marcha Mundial de Mulleres e dun representante do Movimento Nacional Campesino e Indíxena de Arxentina (MNCI) entre outros…

Organizamos unha xornada-encontro que se centrará nas experiencias de colaboración entre organizacións e sectores diversos, tanto no eido local, como estatal e internacional, para a difusión e fortalecemento da Soberanía Alimentaria...
  • Data: venres, 6 de marzo.
  • Horario: das 10:30 ata as 19 horas.
  • Lugar: CIP (Club Internacional de Prensa): Avda. A Coruña, 6 baixo Santiago de Compostela.
Envío o programa e agradeceríamos a maior difusión posible...

SAÚDOS e MOITAS GRAZAS!
Charo Baamonde

Emaús Fundación Social
r/ San Francisco, 59
36202 Vigo
Tl/ Fax: 986 22 02 84
galicia@emaus.com
edgalicia@emaus.com

http://www.emaus.com/

Iniciativa pola Soberania Alimentar dos Pobos
"Cara a un Foro Galego pola Soberanía Alimentar"
http://soberaniaalimentar.info

________________

Baixar o Programa da Xornada - Encontro en formato - pdf- [Aquivos do Colectivo Ártabra 21]
______________

luns, abril 21, 2008

Os famentos saen de novo ás rúas: Volvemos ver en moitas cidades do mundo disturbios pola carestía dos alimentos

De: Alexandre -mpoulo@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 21 de abril de 2008 08:35

Asunto: Os famentos saen de novo ás rúas



ANÁLISE: A CUARTA PÁXINA
Os famentos saen de novo ás rúas
Volvemos ver en moitas cidades do mundo disturbios pola carestía dos alimentos. Isto revela ata que punto está podrecido o corazón da política e a economía de tantos países en vías de desenvolvemento.

POR RAJ PATEL 19/04/2008

Recentemente, os prezos dos alimentos experimentaron en todo o mundo unhas subidas extraordinarias. Tanto é así, que Nacións Unidas anunciou que necesitan 500 millóns de dólares antes de que transcorra un mes a fin de evitar que se produza unha fame negra xeneralizada. O pasado marzo, o prezo do arroz subiu nos mercados asiáticos un 30% nun só día. Esta e outras subidas de prezos son o resultado dunha tormenta perfecta na que se combinaron os efectos das malas colleitas, a escaseza de alimentos almacenados, a substitución de cultivos de alimentos por outros que producen biocombustibles, o aumento da demanda de carne, o prezo marca do petróleo, e a especulación financeira.
Os disturbios pola comida son un síntoma agudo da ausencia dunha verdadeira democracia.

En Haití prospera hoxe a industria das "galletas de barro", feitas con margarina, sal e arxila.

O aumento do custo dos alimentos chegou a ser tan grave que ata se inventou un nome para bautizalo: agroflación (agflation). Unha fea palabra, sen dúbida, cuxos efectos son aínda máis feos. E que produciu o regreso dunha das formas de activismo colectivo máis antigas do mundo: os disturbios rueiros dos famentos.

"Antes gañabamos 14 dólares á semana e chegábanos xusto para gañarnos a vida. Pero desde que subiron tanto os prezos, non nos alcanza para vivir. Limitámonos a existir". A muller que pronunciou esta frase podería ser cidadá de calquera dos países pobres onde, durante os últimos meses, producíronse disturbios rueiros provocados pola agroflación. Pero estas frases desesperadas foron pronunciadas en Nova York, o ano 1971, e díxoas unha das Mulleres Xudías do East Side que protestaban polos prezos inalcanzables que os alimentos tiñan naquel momento na cidade. As súas circunstancias atopan un eco na actualidade.

E é que a similitude entre as protestas históricas e as deste comezo do século XXI non é meramente cosmética. Vale a pena analizar os vínculos entre os prezos dos alimentos e a inestabilidade política. Moitas das protestas actuais ocorreron en países considerados como bastións da estabilidade. houbo revoltas en cidades de Mauritania, Senegal e Burkina Faso, por exemplo. Pero estes disturbios distribuíronse de forma irregular.

En Haití, un dos países máis pobres do hemisferio occidental, o fame propiciou nos últimos tempos a aparición de novas estratexias de supervivencia, froito dunha desesperación cada vez máis acentuada. Nas chabolas de Citei Soleil prospera hoxe a industria das "galletas de barro". É dicir, galletas feitas con margarina, sal e arxila. A xente cómellas porque non pode comprar nada mellor. Pero ata alí a xente terminou saíndo á rúa e enfrontándose ás forzas da orde.

Haití representa un caso extremo, pero a súa traxectoria parece unha versión acelerada do camiño que van ir seguindo decenas de países, moitos dos cales sufriron anos de crise alimenticia, sempre ao bordo da fame negra. Dado que os ingresos familiares neses países dedícanse no seu maior parte á compra de alimentos, é indubidable que é alí onde a agroflación terá efectos máis dolorosos.

Agora ben, os disturbios rueiros non se producen necesariamente nos países máis pobres. Exipto e a India, por elixir dúas dos países onde houbo recentemente manifestacións, ocupan unha posición intermedia.

Como explicar entón a explosión dos disturbios, se a súa causa non é o fame extrema? O historiador británico E. P. Thompson bríndanos algunha luz respecto diso. Analizando os disturbios provocados pola carestía dos alimentos na Inglaterra do século XVIII, localizou os dous factores cruciais que se suman para dar lugar ás revoltas. En primeiro lugar, o capitalismo trouxo consigo unha brutal diferenza entre o que a xente entendía como os seus dereitos e as cousas que en realidade conseguía. En segundo lugar, as protestas xurdían cando os famentos pensaban que esa era a única forma de facerse oír.

A suma destes dous criterios, a saber, a distancia moi marcada entre aquilo ao que un cre ter dereito e aquilo que en realidade obtén, por unha banda; e, por outro, o que non haxa mellor xeito de articular unha protesta política que mediante a protesta rueira, permite explicar os disturbios causados pola falta de comida en circunstancias diversas. Esta clase de disturbios foron frecuentes en Europa ata a metade do século XIX, pois entón Europa comezou a importar cereais procedentes das súas colonias para alimentar así ás súas masas de traballadores. Paralelamente, as protestas rueiras foron substituídas por outro tipo de actividades máis sofisticadas e coordinadas, como as folgas.

Os disturbios reapareceron en Estados Unidos xusto ao termo da Primeira Guerra Mundial. As mulleres estaban na primeira liña das manifestacións en Filadelfia, Chicago, Toronto e Nova York, por exemplo. Esas mulleres crían ter o dereito de alimentar ás súas familias. Cousa cada vez máis imposible, debido á forte inflación que se produciu ao terminar a guerra. Ademais, esas mesmas mulleres estaban excluídas da participación política e non tiñan máis alternativa que a protesta rueira. En canto as mulleres conseguiron o dereito a voto e comezou a producirse unha mellor redistribución dos bens, os disturbios pola carestía dos alimentos foron perdendo forza.

Así pois, a historia dinos que prestemos atención a ambos os factores, a distancia entre expectativas e realidades, por unha banda, e por outro a inexistencia dun auténtico sistema democrático. Prodúcense disturbios rueiros pola comida naqueles países onde as subidas rápidas dos prezos fan prohibitiva a compra de alimentos. E onde, ademais, o desenvolvemento agudizou as desigualdades económicas entre os seus propios cidadáns, o cal fai que crezan as expectativas á vez que as probabilidades de satisfacelas van diminuíndo. Son países onde o abismo entre expectativas e logros fíxose enorme. Ao mesmo tempo, os disturbios ocorren en países que só teñen sistemas de participación meramente formal, de maneira que os pobres non atopan modos eficaces de expresar o seu descontento.

Noutras palabras, os disturbios pola comida son un síntoma agudo da ausencia dunha verdadeira democracia, xunto cunha grave diminución da posibilidade de obter aquilo ao que os cidadáns cren ter dereito. Desde Haití ata a India, esta dobre deterioración ten unha causa común. Ambos son subproductos das políticas de desenvolvemento aplicadas con criterios neoliberais. Aínda que se fixo correr a especie de que xa non ten validez nin se segue aplicando, en realidade o chamado "consenso de Wáshington" segue vixente, e supuxo para os países en vías de desenvolvemento un recorte radical das axudas dos Estados aos pobres, e, ademais, unha profundización do hiato entre expectativas e realidades.

Ademais, as políticas de austeridade impostas a eses países requiren a intervención de gobernos capaces de ignorar as presións democráticas dos seus cidadáns. As institucións financeiras internacionais concédenlles créditos soamente se pon en marcha políticas de austeridade, por moito que se queixen os seus cidadáns. Esas mesmas institucións incentivan aos gobernos a acalar as protestas populares. De modo que, finalmente, en lugar dun debate democrático neses países apenas se se produce unha escenificación politicamente inocua da "participación" cidadá, o cal permite seguir pondo en práctica políticas de desenvolvemento contrarias á vontade das maiorías.

Frustradas as expectativas, e sen nada que permita aos cidadáns expresar as súas necesidades, a agroflación provoca unha conmoción social que pode conducir á revolta popular. O feito de que volvamos ver nas cidades do mundo disturbios ocasionados pola carestía dos alimentos mostra ata que punto está podrecido o corazón mesmo das economías e os sistemas políticos de moitos países en vías de desenvolvemento. E que descomunal é o fracaso das institucións internacionais que pretenderon levar o desenvolvemento económico e democrático tanto aos países onde hai disturbios como a aqueles onde non se produciron.

Raj Patel é autor de "Obesos e esfameados". O impacto da globalización no sistema alimentario mundial [Os Libros do Lince].
______________________

http://www.rajpatel.org/
____________

luns, abril 14, 2008

Raj Patel: "Tras unha barrita de chocolate hai nenos escravos"

De: Alexandre -mpoulo@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de abril de 2008 14:09
Asunto: "Tras unha barrita de chocolate hai nenos escravos" -A ENTREVISTA CON RAJ PATEL, ECONOMISTA E SOCIÓLOGO-



A ENTREVISTA CON RAJ PATEL, ECONOMISTA E SOCIÓLOGO
Raj Patel: "Tras unha barrita de chocolate hai nenos escravos"
Empezou protestando en Seattle e acabou escribindo "Obesos e esfameados". O impacto da globalización no sistema alimentario mundial ["Os Libros do Lince"].

Foto: JOSEP GARCÍA


NÚRIA NAVARRO

--Hai 800 millóns de esfameados e 1.000 millóns de obesos.
--A fame e o sobrepeso son síntomas do mesmo problema. Están vinculados entre si polas cadeas de produción que levan os alimentos desde o campo ata a mesa.

--Vinculados en que sentido?
--O control do sistema alimentario mundial está en mans dunhas poucas empresas. Unilever, que controla o 90% do mercado mundial do té; Cargill e supermercados como Wal- Mart, Tesco ou Carrefour. Eles véndennos comida que ten o que os nosos corpos desexan: azucres, graxas, sal.

--Se o desexan os nosos corpos ...
--Aparentemente, os súper ofrecen liberdade de elección, pero os nosos instintos están manipulados pola súa estrutura mesma. Fixouse en que hai panaderías á entrada?

--Si, señor.
--É un dos últimos inventos. Non as instalan porque gañen diñeiro vendendo pan, senón porque o cheiro a pan invita a entrar e a comprar máis.

--Así de fácil?
--Si. Xa dentro, inflúen a colocación dos produtos nos corredores, o tipo de iluminación, a música. Atópasche centos de cereais cunha porcentaxe de azucre elevadísimo, pero ninguén che anima a comprar froitas e verduras de tempada.

--Que non hai que botar nunca no carro da compra?
--Se quere morrer pronto, bote nel todos os produtos que teñan unha longa lista de ingredientes. Xa sabe, colorantes, conservantes, saborizantes, antioxidantes. Engada os conxelados, precocinados, fritidos de antemán, caramelos e chocolates.

--Suspende aos chocolates?
--Un dos principais produtores de cacao do mundo é Costa do Marfil. Sabemos con certeza que nas súas plantacións traballan nenos escravos. Así que, detrás dunha barrita, están eses nenos. Ademais, se mira a lista de ingredientes da barrita verá que aparece a lecitina.

--Estraña a lecitina.
--É un subproducto da soia que mantén a graxa e a auga unidos. En Brasil, hai 50.000 escravos agrícolas que traballan nos campos de soia. ¡Máis escravos para o chocolate!

--Volvamos ao súper. En concreto, aos departamentos de compras.
--Os campesiños dos lugares máis remotos do planeta son vítimas dos ditados deses departamentos de compras. O de Carrefour, por exemplo, é o que lle di aos payeses de Lleida: "Non produzades as vosas mazás, senón esas que brillan máis e aguantan mellor o transporte". ¡Non saben a nada!

--Empezo a dar solucións.
--Un paso enorme sería non comprar no súper. Os produtores da zona non son máis caros, ofrecen máis variedade e o diñeiro non se foxe fóra.

--Esa idea tropeza coas présas.
--Pois é algo a cambiar. En EEUU pódese consumir no coche, indo dun traballo a outro, unha ración de patacas fritidas con salsa de queixo dun fast food. ¡Ten 3.000 calorías! Unha alternativa é o slow food, un movemento que sabe que, para gozar da comida, necesítase tempo e diñeiro. Presionan sindicalmente para conquistar dúas horas para xantar e o aumento do salario min- nimo dos traballadores.

--Máis suxestións.
--tiveron casos de vacas tolas, non? Hai que cambiar a forma en que se produce a comida, porque a actual non é sostible. Necesítase unha caloría de combustible fósil por cada caloría de comida que producimos. Reinventemos o futuro.

--Alguén o intenta xa?
--En Brasil, por exemplo, o movemento dos sen terra tomou terras infrautilizadas e cultivan comida de verdade. Organízanse en comunidades, abren escolas e teñen unha taxa de desenvolvemento moi superior á dos programas trazados polo Goberno para a soia. E logo hai iniciativas pensadas para os nenos.

--Candidatos ao sobrepeso.
--As crianzas que viven en familias que gozan da comida crecen máis sans. Pola contra, polo menos en EEUU, están condenados a morrer cinco anos antes que os seus pais.

--¡Que espanto!
--En California púxose de moda o recreo comestible. Durante as horas de patio, os nenos cultivan un horto. Ven como crece o que comen.

--EEUU é capaz do mellor e do peor.
--Hai analistas que din que a guerra de Iraq é unha guerra vinculada á comida. "É a conquista do petróleo que comemos", din. O certo é que, antes de que entrase a axuda humanitaria a Bagdad, xa abriran un Burger King.

--España vai ben?
--É o segundo país da UE no que máis rápido creceu a obesidade, por detrás de Gran Bretaña. E é pola multiplicación dos fast food. Teñan moito coidado.
_______________

Enlaces relacionados:

Raj Patel subliña que "no mundo actual, os máis famentos e os máis obesos son pobres"

Eu, o supermercado
Raj Patel, en 'Obesos e esfameados' (Os Libros do Lince), analiza o impacto da globalización no sistema alimentario mundial e describe como cambiaron os hábitos alimenticios coa poderosa irrupción dos supermercados - Raj Patel 30/03/2008
_________________