venres, maio 19, 2017

O sábado 27 de Maio, volvemos a Madrid - As Marchas da Dignidade de Ferrrolterra organizan a viaxe - Autobus Ferrol-Madrid-Ferrol - Pan, Traballo, Teito e Igualdade


As Marchas da Dignidade Ferrolterra, acordamos organizar a viaxe a Madrid, para a grande mobilización do 27 de Maio, para encher de dignidade e rebeldía a capital do Estado. Columnas de diferentes lugares chegaremos a Madrid. A Columna Galega encontraremos-nos en Madrid con outras columnas das diferentes nacións e pobos do Estado.

Da Galiza, partirá o Tren da Dignidade, desde Coruña que se unirá a outro en Ourense nun só comboio camiño de Madrid. Desde Ferrol tamén partirá un autobús. Este sairía a mañá do mesmo sábado 27 de maio ás 6:30hs, desde o Monumento 10 de Marzo, á Solidariedade Obreira (No barrio de Recimil), pasando por Caranza, Fene e Cabanas. O prezo será de 35 euros (Ida/Volta). A data tope para apuntarse é o mércores 24 de maio, ás 7 da tarde.

Quen queira facer unha contribución voluntaria para apoiar a viaxe, pode face-la, dirixindo-se a calquera compañeira ou compañeiro ou escribindo unha mensaxe.

Para apuntar-se

Enviar mensaxe a:

marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com

Ou chamar por teléfono ao 645158113.

Quen poida e queira ir no tren, ten que facé-lo antes do sábado día 20 de maio e chamar ao teláfono 654 629 190  ou 696 903 890

Ou escreber no formulario de reserva "on-line":

https://goo.gl/forms/twgTLf6f4VvCPlZ43

--
MANIFESTACIÓN EN MADRID 27 DE MAIO ÁS 5 DA TARDE NEPTUNO-GRANVÍA.

Moi Importante:
Información sobre os percorridos da Columna Galega polas rúas de Madrid o 27 de Maio. | Ir á Web.

Manifesto Unitario | Ir á Web.

Marchas da Dignidade Ferrolterra

Contacto:
Correo-e: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  |
Blogue de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ |
Blogue Galego:http://marchasdadignidade.blogspot.com/ |
Web Estatal:http://marchasdeladignidad.org/ |
Blogue do Plan Comarcal de Choque contra o Paro, polo Emprego e a Renda Básica: http://asmarchaspoloemprego.blogspot.com.es/


PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!
___________

xoves, maio 18, 2017

A todo gas, liquado, ...Por Iván Rivas


Por Ivan Rivas [*]
18.05.2017


A decisión do BNG de absterse no Parlamento galego na iniciativa do PP para "adaptar" Reganosa ao subministro de gas licuado é mostra dunha absoluta incompetencia da que o ou a súa responsable debería dar explicacións públicas.

Sobre Reganosa pesan catro sentenzas xudiciais [1] que impedirían que esta planta seguise aberta se non é grazas a absolucións políticas como a que adoptou en 2016 un goberno do PP en funcións que lle facilitou os trámites e a eximiu de cumprir coa legalidade [2]. É por tanto obvio que non se pode modernizar o que é ilegal do mesmo modo que non lle podo dar unha altura máis á miña casa se non teño permiso para construír. Se ademais censuramos as axudas políticas que permiten o funcionamento e ubicación de ENCE debemos facer o mesmo con Reganosa por moito que o actual goberno mugardés se afeite cara arriba. E se alguén no BNG quere manter posicionamentos mornos respecto de problemas estruturais desta cidade é libre de facelo pero non contará coa complicidade do BNG de Ferrol.

Publicado no xornal comarcal Diario de Ferrol | 16 de Maio de 2017

[*] Iván Rivas Rico, -A Pontenova 1976, é arquitecto de profesión, concelleiro e portavoz do grupo municipal do BNG en Ferrol desde xaneiro de 2012, na anterior etapa e na actualidade. Foi candidato á Alcaldía polo BNG - Asembleas Abertas, para as eleccións locais do 24 de maio deste 2015. Ten conta no facebook: https://www.facebook.com/ivan.rivasrico .

---

Notas (De Ártabra 21).-

[1] Sentenzas | Perante o pasado ano 2016, ditaron-se tres sentenza e un auto do Tribunal Supremo, e xa en 2012 houbera outra sentenza da mesma instancia xudicial superior. A Terceira Sentenza firme contra Reganosa anulou a autorización para a construción da planta regasificadora en Mugardos, encostada ao complexo petroquímico do Grupo Tojeiro (Forestal del Atlántico e Imegasa). E unha cuarta sentenza a favor do movemento opositor a Reganosa, anulara o Plan de Emerxencias Exterior da planta de gas.

 [2] Exención do Goberno Español | Despois de declarada ilegal Reganosa, polas sentenzas firmes do tribunal supremo, polo entón goberno en funcións do estado (27.05.2016), resolveu eximir a planta de gas de someterse á avaliación ambiental e concedeu-lle a autorización de funcionamento, nun intento de burlar as sentenzas do alto tribunal, todo isto cun apoio mediático imperdoábel, da Xunta de Galicia e do Goberno Municipal de Mugardos (Hoxe cesado por unha moción de censura). O movemento opositor a Reganosa, con amplo apoio político, decidiu recorrer as resolucións gobernamentais sinaladas.



____________

Lídia Senra advirte dos efectos nocivos das actividades de economía azul no futuro dos océanos - A eurodeputada galega esixe unha gobernanza dos océanos que poña a protección dos caladoiros e ecosistemas por diante do lucro privado - A europarlamentaria pide a paralización de todos os proxectos de prospeccións de hidrocarburos e minarías nos fondos mariños


A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), considera que as actividades que engloban a chamada “Economía Azul” promovida pola UE -como a acuicultura industrial, a minaría submarina ou as prospeccións de petróleo, entre outras- “van implicar un menoscabo social, económico e ambiental para a pesca artesanal e a pequena escala e comprometerán seriamente o futuro dos caladoiros e, en definitiva, dos océanos”. Estas preocupacións van recollidas nas emendas que a eurodeputada galega ven de presentar a unha opinión da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, da que é membro. Esta opinión do Parlamento Europeo contribuirá á Axenda polo Futuro dos Océanos no contexto dos Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible de 2030, a poucas semanas de que se celebre unha conferencia de alto nivel da ONU sobre os océanos na cidade de Nova Iorque.

Para a eurodeputada galega, o impacto das actividades da Economía Azul que promove a UE deben centrar o debate sobre o futuro dos océanos e facelo dende unha perspectiva de protección dos caladoiros e ecosistemas fronte aos intereses privados de grandes multinacionais da minaría submarina, a explotación de hidrocarburos e a enerxía mareomatriz (mareas) e undimotriz (ondas). “A pesca artesanal e a pequena escala son sectores claves nas comunidades costeiras e garanten a soberanía alimentaria dos pobos, polo que deben ser protexidas fronte ao acaparamento a nivel mundial dos océanos para múltiples usos que acaban causando contaminación e afectando aos recursos pesqueiros”, sinalou. Por esta razón, Senra entende “que se deben paralizar todos os proxectos de prospeccións de hidrocarburos e minaría nos fondos mariños, como é o caso da mina Solwara 1, destinada a explotar xacementos de ouro e cobre en Papúa Nova Guinea, o primeiro gran proxecto de minaría nos fondos marinos e nunha zona hábitat de corais e numerosos cetáceos”. “Hai uns días coñecemos novos proxectos para a busca de hidrocarburos en augas do Gran Sol, un caladoiro no que tamén pesca a frota galega, e hai que ter presente que actividades coma estas serán sen dúbida graves, incertas e non atenderán a fronteiras”, engadiu a eurodeputada.

Senra, que se dirixiu recentemente á Comision Europea para preguntar pola incidencia destas actividades económicas sobre os recursos pesqueiros do Gran Sol, lembra que un recente estudo encargado pola Comisión de Pesca do Parlamento Europeo sobre o impacto do Crecemento Azul na UE sobre as pesquerías a pequena escala recoñece que este amplo sector incrementará a presión polo espazo nos océanos, converténdose nunha causa potencial de conflitos, e que os impactos sobre o medio ambiente serán previsiblemente negativos, entre eles cambios nas dinámicas costeiras, contaminación mariña e impacto sobre o fondo mariño. No caso das pesquerías locais, o estudo admite que os efectos ambientais da Economía Azul serían negativos para a pesca en xeral e, en concreto, para a que se realiza a pequena escala ou o sector artesanal. No caso da acuicultura, o estudo sinala posibles impactos na costa derivados da introdución accidental de especies invasoras e do uso de químicos e antibióticos nas granxas.

A vindeira conferencia da ONU sobre os océanos que terá lugar entre o 5 e o 9 de xuño en Nova Iorque será unha boa oportunidade de poñer sobre a mesa un debate que vai ser vital á hora de definir que océanos teremos no futuro e o porvir económico, social e medioambiental das nosas costas”, recalcou Senra. “Á hora de entender a situación dos mares e dos recursos pesqueiros temos que fixarnos na pesca, xa que é unha das principais actividades que se levan a cabo no mar, pero tamén pensar que a esta lle afectan gravemente outras actividades con moito impacto, como as que se propoñen na denominada Economía Azul, as políticas urbanísticas ou o transporte marítimo”.

Bruxelas, 18 de maio de 2017.

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez

Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
18 de maio de 2017 11:03

_____________

Nom chega trocar desprezo por desleixo: queremos Ferrol todo o ano em Galego - A Fundaçom Artábria perante o Dia das Letras galegas


Nom chega trocar desprezo por desleixo: queremos Ferrol todo o ano em Galego


Cada vez que nos achegamos a um novo Dia das Letras, as instituiçons públicas vestem as roupas da normalizaçom lingüística, com iniciativas amáveis para a língua, julgando que, com isso, já cumprírom o seu compromisso com o principal sinal de identidade do nosso povo.

Nom seremos nós, a Fundaçom Artábria, que lamentemos que se desenvolvam inciativas de todo o tipo, unidas polo simbolismo da exibiçom social do galego. Entre outras cousas, porque também a nossa entidade participa do importante número de atos culturais protagonizados polo nosso idioma nestes dias, em torno do 17 de Maio.

Porém, queremos também sublinhar a anormalidade que em si mesma representa essa sobre-exposiçom repentina do nosso idioma, ao nom ter correspondência com o que o resto do ano acontece: o galego malvive à sombra do espanhol, principal favorecido polas políticas institucionais deste País.

Seria fácil culpabilizar tal ou qual governo pola grave situaçom que o nosso idioma sofre, mas o certo é que som centenas as instituiçons públicas (municipais, provinciais, autonómicas…) e escassíssimas as que contam com qualquer cousa parecida com um planeamento anual com objetivos claros orientados à recuperaçom social do galego.

O Governo local de Ferrol, em maos do grupo Ferrol em Comum (FeC) nom é umha exceçom. Por mais que o atual governo se tenha apresentado às últimas eleiçons como representante da “nova política”, estamos já em condiçons de avaliar negativamente o continuísmo da sua política lingüística.

Nisso, o atual governo é tam “velha política” como os anteriores. Nom porque assuma as posiçons de desprezo que caracterizárom o governo anterior, mas si porque nengum deles, até hoje, tem aplicado umha política lingüística que vaia mais longe da galeguizaçom administrativa, no melhor dos casos. Bem pouco para as necessidades que como ferrolanos e ferrolanas conscientes detetamos na hora de exercermos a nossa galeguidade coletiva no nosso concelho.

Olhando para o passado, outros governos municipais chegárom a realizar diagnósticos e a propor medidas para Ferrol, mas poucas fôrom efetivadas e muitas delas abandonadas. Umha pobre bagagem que o atual governo nom está a superar.

Devemos, portanto, como entidade popular ferrolana, exercer a nossa responsabilidade social, denunciando a falta de apoio para a nossa língua ao longo do ano, também por parte do atual Governo ferrolano. Nom chega com trocar o desprezo polo desleixo: é imprescindível que as instituiçons públicas, neste caso o Governo e a Corporaçom municipal de Ferrol, assumam umha verdadeira e efetiva responsabilidade institucional na recuperaçom social do galego.

Como parte do tecido associativo ferrolano, a nossa entidade continuará a exercer um firme ativismo orientado a forçar umha mudança de fundo na política lingüística deste e de qualquer governo, como vimos fazendo há mais de duas décadas.

Fundaçom Artábria

Ferrol, 17 de maio de 2017

Dia das Letras Galegas

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

....

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
17 de maio de 2017 01:42

_________________

luns, maio 15, 2017

A APFSC e a UTE Copasa S.A., Ogmios S.L. e Geotunel asinan o contrato das obras do 'Acceso ferroviario ao Porto Exterior de Ferrol' [15/05/2017] Autoridade Portuaria


Ferrol, 15 de maio do 2017. O presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, José Manuel Vilariño Anca, e o representante da UTE Copasa S.A., Ogmios S.L. e Geotunel, José María Roig, asinaron esta mañá o contrato para a ejecución das obras do ?Acceso ferroviario ao Porto Exterior de Ferrol?, por un importe de 72.498.200? (IVA non incluído). A APFSC conta cun crédito do Fondo Financeiro de Accesibilidad Terrestre (FFAT)- asinado o pasado mes de xaneiro- por un máximo de 79M? para a ejecución de devanditas obras.
Trala firma do contrato, espérase que os traballos de preparación para o inicio das obras poidan comezar o próximo mes de xuño. O prazo de licitación e de adjudicación é de 46 meses, polo que se prevé que os accesos estean listos no horizonte do 2021.

Unha obra de gran envergadura
O proxecto do acceso ferroviario ao Porto Exterior de Ferrol consiste nun ramal que conectará en dobre ancho (ibérico e métrico) as dúas dársenas do porto de Ferrol, a interior e a exterior. O ramal arrinca en paralelo á rede ferroviaria existente no peirao Cerramiento Norte e conéctase coa dársena exterior a través dun trazado de 6,4 km dos que 5,6 discorren en túnel, que transcorrerá baixo os montes de Brión desde A Graña ata a explanada do Porto Exterior. O túnel contará coas medidas de seguridade exixibles, entre elas, unha galería de evacuación que discorre en paralelo á vía ferroviaria. O acceso conta, ademais, cunha ponte de 300 metros que salvará a ensenada da Malata, cuxo deseño minimiza as posibles afecciones sobre a mesma.

Desenvolvemento da obra
A adjudicataria empregará un sistema novedoso na ejecución das cimentaciones do viaducto no tramo que discorre sobre a explanada do Porto, previo á ponte sobre a ensenada da Malata. A ponte terá únicamente catro pilas sobre a canle, unha menos das cinco que como máximo permitía a Declaración de Impacto Ambiental (DIA).

Ademais, instalarase unha planta de machaqueo e hormigón para o aprovechamiento dos materiais resultantes da excavación do túnel, e a posterior ejecución de hormigones para os traballos de sostenimiento e revestimiento. A ejecución do túnel afrontarase desde os dous emboquilles, sen solape das fases de excavación na sección do túnel, e non se iniciará a excavación en túnel desde o emboquille este (A Graña) ata que non se concluíu a ejecución do viaducto. Isto permitirá minimizar as molestias aos veciños da Cabana e A Graña derivadas dos movementos de terras.

A adjudicataria non empregará o vertedero V-2, situado en Brión, evitándose deste xeito riscos aos túmulos e mámoas da zona, e reducindo tamén o número de expropiaciones.

Cos accesos ferroviarios o Porto Exterior de Ferrol busca pasar a ser un porto de importancia global, aumentar o seu volume de toneladas de tráfico de mercancías, o seu valor agregado bruto e xerar novos empregos, ampliando, ademais, a competitividad das industrias da zona.

http://www.apfsc.com/castellano/autoridad_portuaria/noticias/668/o_fic_ide=25142.html

____________

sábado, maio 13, 2017

Aposta polo Público - Fronte ao negocio privado, xestión pública - Conversa íntegra entre Martiño Noriega, alcalde de Santiago, e Óscar Puente, alcalde de Valladolid, sobre os desafíos e obstáculos para remunicipalizar... - Vídeo


O luns 24 de abril, deste ano 2017, tiña lugar este interesante acto, na Sala Capitol de Santiago de Compostela: "Aposta polo Público - Fronte ao negocio privado, xestión pública", en Conversas Abertas, levadas pola xornalista Valeria Pereiras. Neste vídeo, de case hora e media de duración, presenta-se a conversa íntegra entre Martiño Noriega, alcalde de Santiago, e Óscar Puente, alcalde de Valladolid, sobre os desafíos e obstáculos para remunicipalizar e recuperar os servizos públicos para a cidadanía.


https://youtu.be/lPSJbbQI1ZQ


PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!




Coordinadora Promotora da Plataforma:
  • Alexandre Carrodeguas.
  • Fernando Ramos Armesto.
  • Pablo Portero.
  • Bernardo Rego Gárate.
  • Lupe Ces.

correo-e:
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com

Blogue:
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
13 de maio de 2017 16:36
_________

Convocada a 11ª Márcha a Pé de Ferrol a Mugardos, para o venres 2 de xuño, contra o despropósito gasista de Reganosa - E organizado un Xantar Solidario, este sábado 20 de maio, en Sedes (Narón) - Participa !


11ª Márcha a Pé Ferrol-Mugardos


Venres 2 de Xuño, de 2017

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca, como cada ano desde 2007, a 11ª MARCHA A PÉ FERROL – MUGARDOS, denunciando a ilegal, perigosa, antieconómica e innecesaria Planta de Gas de REGANOSA, instalada – coa complicidade das Administracións – no centro das nosas vidas.

A pé, en carro, en bici… Acompáñanos na defensa da sostenibilidade da Ría e da Vida dos seus habitantes.

Saída, o venres 2 de Xuño, ás 17 hs, do Parque "Carmelo Teixeiro" en Caranza, Ferrol, e chegada á A.VV de Mehá, Mugardos, sobre ás 20 hs.


Xantar Solidario, sábado 20 de maio

O Comité Cidadán de Emerxencia, co fin de celebrar una xornada de convivencia  coas persoas que veñen apoiando as súas actividades  e de obter axuda económica coa que facer fronte aos gastos ocasionados polas demandas xudiciais contra a ubicación da Planta de Gas, organiza o sábado 20 de maio, ás 14,30 hs, un Xantar Solidario ao que convida a todxs xs amigxs e simpatizantes.

Lugar: RESTAURANTE “A Grella do Avó”, O Carballo, 21  SEDES – Narón.


Haberá música, cancións e boísima convivencia. Animádevos e axudaremos ao CCE na súa loita en defensa da Vida e da Ría.

Data tope de Reserva:  18 de Maio (Teléfs:  669208499  652201003  699548246).

Se non podes asistir tamén podes facer unha pequena doazón na conta 0049 3315 77 2894017995. Así poderemos continuar cos procesos xudiciais emprendidos en defensa da Ría e da Vida ameazadas pola Planta de Gas de Reganosa.
___

Sentenzas

Perante o pasado ano 2016, ditaron-se tres sentenza e un auto do Tribunal Supremo, e xa en 2012 houbera outra sentenza da mesma instancia xudicial superior. A Terceira Sentenza firme contra Reganosa anulou a autorización para a construción da planta regasificadora en Mugardos, encostada ao complexo petroquímico do Grupo Tojeiro (Forestal del Atlántico e Imegasa). E unha cuarta sentenza a favor do movemento opositor a Reganosa, anulara o Plan de Emerxencias Exterior da planta de gas.

Recursos

Despois de declarada ilegal Reganosa, polas sentenzas firmes do tribunal supremo, polo entón goberno en funcións do estado (27.05.2016), resolveu eximir a planta de gas de someterse á avaliación ambiental e concedeu-lle a autorización de funcionamento, nun intento de burlar as sentenzas do alto tribunal, todo isto cun apoio mediático imperdoábel, da Xunta de Galicia e do Goberno Municipal de Mugardos (Hoxe cesado por unha moción de censura). O movemento opositor a Reganosa, con amplo apoio político, decidiu recorrer as resolucións gobernamentais sinaladas.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org


Enviado por:

Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
13 de maio de 2017 11:06
_____________

venres, maio 12, 2017

A Fundaçom Artábria celebra o Dia das Letras, este sábado 13 de maio, com Os Verdia, Sés, Tito Calvinho e Brincavai de Paco Nogueiras - Umha ruada-normalizadora percorrerá várias ruas de Esteiro e da Madalena - A nossa entidade tem programada umha intensa jornada para este sábado, 13 de maio, com motivo do Dia das Letras


A nossa entidade tem programada umha intensa jornada para este sábado, 13 de maio, com motivo do Dia das Letras.

As atividades comezarám às 12.00hs, quando umha ruada-normalizadora percorrerá várias ruas de Esteiro e da Madalena corregindo o rueiro ferrolano de estes bairros.

Às 13.30hs decorrerá umha sessom vermute que contará com a música tradicional de Os Verdia. Posteriormente haverá jantar popular com umha ementa composta por Jamom Assado e Cachelos e à que nom é precisso apontar-se previamente.

Às 17.00hs chegará o primeiro prato forte do dia com o espetáculo Brincavai! De Paco Nogueiras que ponheram a todas as crianças que vam lotar o nosso Centro Social a dançar e cantar em galego.

Para assistir ao espetáculo era precisso ter recolhido convite, os quais se esgotarom ao segundo dia de estar disponíveis.

Serám às 22.00hs quando a amiga da Fundaçom Artábria, Maria Xosé Silvar, conhecida artisticamente como Ses subirá ao cenário do nosso Centro Social acompanhada por Tito Calvinho à guitarra. A bergantinhana repasará em acústico os seus temas mais conhecidos num concerto para o que já nom há bilhetes.

No dia 17 a Fundaçom Artábria participará dentro do bloco reintegracionista na mobilizaçom nacional convocada pola Plataforma Queremos Galego em Compostela. 

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

....

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado pola:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
11 de maio de 2017 17:03
_____________

André Abeledo, concelleiro de Esquerda Unida de Narón, defende a urxencia de que as gasolineiras de autoservicio sexan reguladas dende a Xunta de Galicia - Entende urxente que a Xunta de Galicia se dote dunha normativa clara en canto as gasolineiras desatendidas


Unha vez este tipo de gasolineiras chegaron ao noso concello dende EU Narón entendemos necesario posicionarnos e advertir dos riscos tanto para o consumidor como para as traballadoras e traballadores do sector.

Dende EU Narón tamén entendemos que os concellos, incluído o Concello de Narón, deben posicionarse para defender os intereses e protexer os dereitos da veciñanza, tanto dos que son usuarios das gasolineiras como das traballadoras e traballadores do sector, esixindo a urxente regularización do sector e o peche deste tipo de gasolineiras, como se fixo en comunidades autónomas como Valencia ou Madrid.

Abeledo defende que é preciso acabar con as coñecidas como “gasolineiras fantasma”, nas que os clientes deben servirse eles mesmos a gasolina ou diésel e pagar en máquinas de cobro automático, sen que teña a ninguén que poida dar instrucións ou vixiar a que se faga un correcto uso das mangueiras de repostaxe. Debese ter en conta o produto do que estamos a falar, posto que a gasolina é un combustible con un alto perigo de explosión ou incendio, o que fai vital contar con unha persoa cós coñecementos e a formación necesaria para a manipulación das mangueiras. 

Ademais aqueles usuarios que precisen axuda, ben sexa por descoñecemento ou por unha discapacidade deben ter dereito a que alguén lles preste este servizo.

André Abeledo indica tamén que este tipo de gasolineiras son unha competencia que poderiamos chamar “desleal” posto que o traballo tanto de dispensar a gasolina como de cobro da mesma a ten que facer o usuario, poñendo así en risco postos de traballo en outras gasolineiras do noso Concello que teñen que pagar nóminas ós seus empregados.

Abeledo indica que este modelo de gasolineira é un perigo para o usuario, discrimina as persoas con discapacidade, e pon en risco postos de traballo.


André Abeledo
entende urxente que a Xunta de Galicia se dote dunha normativa clara en canto as gasolineiras desatendidas.

GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.


Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
11 de maio de 2017 21:54

____

Tivo lugar en Ferrol unha concentración, como noutras cidades da Galiza, en repulsa polo asasinato de Javier un neno de 11 anos que se converte nunha nova vítima da violencia machista e de violencia contra a infancia, asasinado polo seu propio pai, Marcos Javier Mirás Montánez, supostamente, segundo fontes da investigación, para facer dano a súa exmuller, da que estaba divorciado e maltrataba - Vídeo do acto organizado pola Marcha Mundial das Mulleres


Javier un neno de 11 anos converte-se nunha nova vítima da violencia machista e violencia contra a infancia, asasinado polo seu propio pai, Marcos Javier Mirás Montánez, supostamente, segundo fontes da investigación, para facer dano a súa exmuller, da que estaba divorciado e maltrataba. Desde hai anos as organizacións feministas e contra os malos tratos a menores, veñen demandando que sexa a lei a que obrigue de xeito automático a negar a custodia aos maltratadores, e que tampouco poderán gozar dun réxime de visitas, autentica tortura para as crianzas que perante anos teñen que aguantar un réxime de visitas nos puntos de encontro ou pasar tempadas de fines de semana ou vacacións, cun maltratador.

A Marcha Mundial das Mulleres, como noutras cidades da Galiza, realizou unha acción de repulsa e denuncia, contra este asasinato machista.


https://youtu.be/WBYJLJMUEvY



https://youtu.be/s19G_Ehg6gY

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
http://www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
https://twitter.com/MMMGaliza


Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.
____________________________

domingo, maio 07, 2017

A Plataforma de Afectadas pola Hipoteca, publica un novo Kit - Acábase de aprobar o Real Decreto 5/2017 que modifica o Real Decreto 6/2012 (Coñecido como Código de Boas Practicas) e a Lei 1/2013 que decretou unha tímida moratoria de 2 anos para algúns casos de desafiuzamento


KIT RDL 5/2017 MORATORIA E ALUGUER SOCIAL

Acábase de aprobar o Real Decreto 5/2017 que modifica o Real Decreto 6/2012 (Coñecido como Código de Boas Practicas) e a Lei 1/2013 que decretou unha tímida moratoria de 2 anos para algúns casos de desafiuzamento.

Aínda que se anuncian como "medidas urxentes para reforzar a protección dos deudores hipotecarios", as modificacións teñen un alcance limitado e cosmético, de face á galería, pois non soluciona as carencias das versións anteriores e non aborda a situación actual de miles de persoas en urxencia habitacional.

A principal novidade é que este Real Decreto amplía os supostos de especial vulnerabilidade para a moratoria, a todas as familias con menores de 18 anos, independentemente do número ou idade, cuestión que desde a PAH xa denunciaramos mediante o recurso de inconstitucionalidade que suscitamos contra a Lei 1/2013.

Con todo, aínda que se teña unha situación "vulnerábel", mantense o requisito "económico", que obriga a demostrar que o esforzo no pago da hipoteca incrementouse nos últimos catro anos. Concretamente o artigo 1.3.b) que di "Que, nos catro anos anteriores ao momento da solicitude, a unidade familiar ha de sufrir unha alteración significativa das súas circunstancias económicas" e o complementa o punto 4 do mesmo artigo cando di: "A efectos do previsto neste artigo entenderase: Que se produciu unha alteración significativa das circunstancias económicas cando o esforzo que represente a carga hipotecaria sobre a Renda familiar se multiplique por 1.5".

Este requisito "económico" non ten en conta a cronificación da situación da pobreza que fai imposíbel o pago das cotas por dificultade acumulada tras varios anos de redución de ingresos, aínda que a cota se mantivo máis ou menos estábel. É habitual caer en non pagar a hipoteca por esgotamento no esforzo económico tras varios anos obtendo ingresos irregulares de aquí e de alá, con independencia da cota.

Cando se redactaron as moratorias orixinais, anos 2012 e 2013, este criterio podía ter certo sentido, pero entón as situacións de vulnerabilidade contempladas eran máis restritivas e, xa que logo, tampouco eran medidas reais e efectivas para a maioría das familias afectadas. Por iso, a medida chega tarde e mal, xa que miles de familias que se puideron beneficiar desde o ano 2013 até agora, xa non teñen opción, e hoxe en día, moitas delas viven pendentes de desafiuzamentos de alugueiro.

Outro aspecto que contempla a Lei é un alugueiro para as mesmas familias que teñen dereito á moratoria. A familia deberá afrontar, si quere acceder a iso, o pago da taxación da súa vivenda a fin de calcular o prezo da cota de alugueiro, que será dun máximo do 3% anual do valor actual da vivenda, pero non regula nin limita estes alugueiros en función da situación social e económica das familias que se poderían beneficiar. En conclusión, a medida establece un impedimento á vez que obriga a pagar a taxación que pode custar uns 400 euros ou máis, e deixa en mans das entidades financeiras o feito que sexa ou non unha medida efectiva para as familias que poidan pagar a taxación.

Este alugueiro establecerase por cinco anos (o anterior era só por tres) o que parece un incentivo para que as persoas con moratoria non esgoten o prazo total até maio de 2020, aínda que teñan dereito a iso.

Aportámosvos os documentos útiles para o seu respectivo uso:
  • Enlace ao modelo de Solicitude Moratoria | 2017 | Acceder/Baixar.
  • Enlace ao modelo de Solicitude Alugueiro Social | CBP 2017 | Acceder/Baixar.
  • Enlace ao modelo de Escrito Solicitude de suspensión de lanzamento por Execución Hipotecaria. | 2017 - Sen Advogad@ | Acceder/Baixar.
  • Enlace ao modelo de Escrito de suspensión de lanzamento por Execución Hipotecaria. | 2017 - Con Advogad@ | Acceder/Baixar.
  • Cadro comparativo das normas, en tres ámbitos de interese (coas reformas en amarelo e as principais modificacións en verde) | Acceder/Baixar:
    • Ámbito de aplicación da situación de vulnerabilidade.
    • Novo prórroga de prazo de suspensión de lanzamentos - Até 15 de maio de 2020.
    • Mecanismos de aluguer - Sobre inmóbeis obxecto de lanzamento suspensión.
Publicado na web da PAH (Estatal) | 03.05.2017. Os documentos atopan-se aloxados na base de datos do servidor da PAH.

Fonte: http://afectadosporlahipoteca.com/2017/05/03/kit-rdl-52017-moratoria-y-alquiler-social/

Nin Casas sen Xente, Nin Xente sen Casas !
Contra o abuso bancario !
Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada!
Pode-se !! Saúde e Vivenda Digna !!

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.


Correo-e:

forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol
____________

venres, maio 05, 2017

Este sábado 6 de maio, o Tramabus de Podemos chega a Reganosa, para denunciar o despropósito gasista instalado no corazón da nosa Ría


O sábado 6 de maio, ás 11:15hs o “Tramabus” de Podemos estará diante da Planta de Gas de Reganosa, en Mugardos, para chamar a atención sobre as corruptelas e o pelotazo económico que fai posible este disparate, que permite que unha Planta de Gas, perigosa, innecesaria e antieconómica se localice no interior da nosa Ría.

O Comité Cidadán de Emerxencia convida á cidadanía, para recibilo e acompañalo durante esta parada (Rúa Penedo, A Pedreira, Mugardos, diante dos tanques de REGANOSA).

O “Tramabus” posto en marcha por PODEMOS é un vehículo que recorre o país, decorado con figuras políticas e empresariais para denunciar aos responsables da corrupción “profundizando nos principais protagonistas da trama política e económica que configura o poder en España”: Bárcenas, Aznar, González, Pujol, Blesa, Inda, Rajoy, Rato, son algúns dos seus protagonistas.


Sentenzas

Perante o pasado ano 2016, ditaron-se tres sentenza e un auto do Tribunal Supremo, e xa en 2012 houbera outra sentenza da mesma instancia xudicial superior. A Terceira Sentenza firme contra Reganosa anulou a autorización para a construción da planta regasificadora en Mugardos, encostada ao complexo petroquímico do Grupo Tojeiro (Forestal del Atlántico e Imegasa). E unha cuarta sentenza a favor do movemento opositor a Reganosa, anulara o Plan de Emerxencias Exterior da planta de gas.

Recursos

Despois de declarada ilegal Reganosa, polas sentenzas firmes do tribunal supremo, polo entón goberno en funcións do estado (27.05.2016), resolveu eximir a planta de gas de someterse á avaliación ambiental e concedeu-lle a autorización de funcionamento, nun intento de burlar as sentenzas do alto tribunal, todo isto cun apoio mediático imperdoábel, da Xunta de Galicia e do Goberno Municipal de Mugardos (Hoxe cesado por unha moción de censura). O movemento opositor a Reganosa, con amplo apoio político, decidiu recorrer as resolucións gobernamentais sinaladas.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
4 de maio de 2017 00:03

__________

Presentación do libro Partes de ti, no Ateneo Ferrolán, este venres 5 de maio - Lecturas dramatizadas, proxecións de fotos e vídeos, música, baile, e charla con Edu Pereira e Al Vila



Presentación do libro "Partes de ti"

Venres día 5 de maio ás 20,30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán

Este venres día 5 de maio temos o pracer de anunciar que se presentará "Partes de ti" en Ferrol, nun lugar emblemático como é o Ateneo Ferrolán e rodeados dunha chea de amigos dos autores que seguro farán as delicias de todos os asistentes.

Actuarán:

Miguel Sincero, Javi Amor, Marian Rei, Carmen Blanco, Helga Méndez, Alberto Da Sinda, Fátima Blanco, Cristina Yañez e Lorena Herrera


Ao finalizar o show Al Vila e Edu Pereira atenderán todas as preguntas dos asistentes e farán unha firma de libros.

--

Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK: https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
4 de maio de 2017 17:42
______________

xoves, maio 04, 2017

Acto Público do BNG, na antiga Casa Hospicio, coa presencia de Ana Pontón: A prol da necesidade de dispor dun concerto económico-financeiro galego - O Concerto Galego: Un sistema de financiamento xusto para Galiza


Acto do BNG, na antiga Casa Hospicio, coa presencia de Ana Pontón: A prol da necesidade de dispor dun concerto económico-financeiro galego

O BNG está desenvolver por toda a nación unha serie de actos explicativos a prol da necesidade de dispor dun concerto económico-financeiro galego. O concerto é unha alternativa que garante que todos os ingresos pola carga tributaria que soportan as galegas e galegos sexan de xestión do Goberno de Galiza.

O verdadeiro autogoberno só é posíbel si se cobran todos os impostos na Galiza polo Goberno galego, posibilitando a suficiencia financeira necesaria para cubrir os gastos nos servizos fundamentais (sanidade, educación e protección social) e promover o desenvolvemento económico, social e cultural que o país necesita.

Así pois, este xoves 4 de maio ás 20:00 h terá lugar en Ferrol no salón de actos do antigo hospicio (r/ Mendéz Núñez,11 - a carón da praza de Amboaxe) un acto público no que intervirá a nosa Portavoz Nacional, Ana Pontón, e no que se abordará polo miúdo esta cuestión fundamental para o futuro de Galiza como nación.


Bloque Nacionalista Galego de Ferrol
bngferrol@gmail.com | bng@ferrol.es (Grupo Municipal)
O BNG de Ferrol no facebook  ou no twitter.
http://bng.gal/ferrol/ | http://adiante.gal/ | #Adiante.




Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
3 de maio de 2017 17:56

_____________

Presentación en Ferrol, do libro IBEX 35 de Rubén Juste, este xoves 4 de maio no Ateneo Ferrolán, da man de Fuco Buxán A-C. - Unha historia herética do poder en España


A asociación cultural Fuco Buxán presenta este xoves 4 de maio ás 19:30h, no Ateneo Ferrolán, dentro do ciclo "Democracia e Compromiso", o libo IBEX 35. Unha historia herética do poder en España polo seu autor Rubén Juste.

O autor é o sociólogo e articulista Rubén Juste. A obra fala de portas xiratorias, dos que mandan sen presentarse ás eleccións, das empresas do índice, dos persoeiros fundamentais, das privatizacións, das estratexias dos partidos en relación con elas... Todo isto tratando de dar resposta á pregunta: regula o Estado ás grandes empresas ou son estas as que controlan ó Estado? Como afirmou cínicamente Joan March “la riqueza no se crea ni se destruye, sólo cambia de bolsillo“.

ASOCIACIÓN CULTURAL FUCO BUXÁN: DIRECCIÓN: Rúa Armada Española, 32 baixo - 15406 - Ferrol (A Coruña) APARTADO DE CORREOS: 240 - C.P. 15400 - Ferrol TELÉFONO: 981325492 EMAIL:  fucobuxan@gmail.com A NOSA WEB: www.fucobuxan.net AXENDA: http://www.fucobuxan.net/p/axenda.html FACEBOOK: http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749 TWITTER: http://twitter.com/FucoBuxan GOOGLE+: https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts

Enviado por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
3 de maio de 2017 19:34
____________________

luns, abril 24, 2017

Ante a entrada na Ría de Ferrol do buque de maior envergadura dos chegados até agora, o LNG Al Utouriya, cargado con gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha concentración sonora, este martes 25 de abril, ás 8 da tarde na Praza Amada Garcia, diante do edificio da Xunta - Enlaces ás catro Sentenzas e outra documentación


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 MARTES 25 DE ABRIL, ÁS 8 DA TARDE (NOVO HORARIO)
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
NA PRAZA AMADA GARCIA

Este martes 25 de abril de 2017, está prevista a entrada na Ría de Ferrol, dun novo buque gaseiro, o LNG Al Utouriya, con bandeira de conveniencia das Illas Marshall, procedente do porto Ras Laffan (Qatar) que no caso de entrar, este sería o máis grande buque cargado con miles de toneladas de gas natural licuado, que atracaría no pantalán de Reganosa. Un buque de 315 metros de eslora, por 50 de manga, cun calado de 12,3 metros e unha capacidade de 215.000 m3. Podemo-nos imaxinar o volume de carga do buque, se até hai ben pouco o que permitía as normas de navegación interior da Capitanía Marítima, para os buques de grande porte era unha capacidade de 140.000 m3 [1], a capacidade do GNL Al Utouriya, está moi por encima do que antes se consideraba capacidade máxima de seguridade para a navegación dentro da Ría. Este buque de enorme porte, terá que entrar pola bocana da Ría e cruzar o angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso, canle de máis de 4.500 metros, até chegar ao pantalán de descarga do peirao de Punta Promontoiro, situado no termo municipal de Mugardos. Onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los días, aumentando exponencialmente esta ameaza, sempre que entra na Ría un buque LNG / GNL cargado e xa non digamos destas características, para a perigosa e ilegal planta regasificadora de Mugardos. Este buque fai o gaseiro número 223 que descarga en Reganosa, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

LNG Al Utouriya | Bandeira: Illas Marshall | Eslora: 315 m | Manga: 50 m
Calado: 12.3 m | Capacidade: 215 000 m3
Sentenzas

Perante o pasado ano 2016, ditaron-se tres sentenza e un auto do Tribunal Supremo, e xa en 2012 houbera outra sentenza da mesma instancia xudicial superior. A Terceira Sentenza firme contra Reganosa anulou a autorización para a construción da planta regasificadora en Mugardos, encostada ao complexo petroquímico do Grupo Tojeiro (Forestal del Atlántico e Imegasa). E unha cuarta sentenza a favor do movemento opositor a Reganosa, anulara o Plan de Emerxencias Exterior da planta de gas.

Recursos

Despois de declarada ilegal Reganosa, polas sentenzas firmes do tribunal supremo, polo entón goberno en funcións do estado (27.05.2016), resolveu eximir a planta de gas de someterse á avaliación ambiental e concedeu-lle a autorización de funcionamento, nun intento de burlar as sentenzas do alto tribunal, todo isto cun apoio mediático imperdoábel, da Xunta de Galicia e do Goberno Municipal de Mugardos (Hoxe cesado por unha moción de censura). O movemento opositor a Reganosa, con amplo apoio político, decidiu recorrer as resolucións gobernamentais sinaladas.

Concentración sonora

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada dun novo buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, como ven sendo habitual sempre que entra un gaseiro cargado na Ría de Ferrol, convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, este martes ás 8 da tarde (Novo Horario) en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

[1] Cinco normativas desde 2007 a 2012, a medida que se ían denunciando incumprimentos por parte do movemento opositor ao despropósito gasista de Reganosa, a normativa ía cambiando. | Ir a Doc.

Tras as sentenzas do Tribunal Supremo, que declaran ilegal a Reganosa, esiximos o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRAN AS SENTENZAS DO TRIBUNAL SUPREMO XA!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !
  • PECHE XA !
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Catro Sentenzas firmes e un Auto do Tribunal Supremo contra Reganosa:
  • Sentenza 1966/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do do Contencioso Administrativo - Sección Quinta - 26.07.2016 | Recurso de Casación Número: 2070/2014 | Anulando o Plan de Emerxencias Exterior de Reganosa e o Decreto 144/2007, do 9 de Xullo, da Xunta de Galicia | 16 páxinas en formato PDF. | Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia. | Acceder/Baixar.
  • Auto de Aclaración do Tribunal Supremo, con data de 25 de maio de 2016, onde desestimou "o incidente de nulidade de actuacións..." promovido pola representación da empresa Regasificadora do Noroeste S. A. (REGANOSA), contra a Sentenza. Auto que denega o Recurso de REGANOSA á citada sentenza que declara a nulidade da Autorización Administrativa Previa - Recurso de Casación 599/2013. | Acceder/Baixar.
  • Sentenza 889/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 25.04.2016 | Estima o recurso contra sentenza do TSJM e declara nula a resolución que aproba o proxecto de execución de instalación de Reganosa. | Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia. | Acceder/Baixar.
  • Sentenza 695/2016 do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 28.03.2016 | Estimar recurso contra sentenza do TSJM, polo que debe ser anulada a Autorización Administrativa Previa para a instalación de Reganosa. | Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia. | Acceder/Baixar.
  • Sentenza do Tribunal Supremo. | Sala do Contencioso-Administrativo. Sección Quinta. 11.05.2012| Recurso de Casación Núm. 4512/2008 | Ratificando a sentenza do TSXG que anula aresolución do pleno do concello de Mugardos onde se modificaba o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos para facilitar a instalación de Reganosa, mais sen que esta modificación puntual fora sometida a avaliación de impacto ambiental. | Recorrían Reganosa e o Concello de Mugardos. | Acceder/Baixar.
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
21 de abril de 2017 21:59
_______________