Chamada á Acción: May Day 2012
Multiples, diversas, coordenadas e en rede, son moitas accións pequenas grandes, de todo tipo, nun só sentido nunha só dirección. "
Ocupa-o todo" din. A seis meses da ocupación inicial en Wall Stree na Cidade de Nova York, a mobilización xeral do movimento opositor nos USAmérica colle forza e desexos de cambio.
Manifestacións, mitins, debates, accións, ocupacións, ... todo ferve de costa a costa de norte a sur. O Movimento Popular USAmericano impulsa-se para diante contra os recortes e as políticas "
de austeridade para a Calse Traballadora e de despilfarro desmedido para a burguesía", van ter contestación nas rúas de toda IUSAmérica este 1º de Maio. 2012 vai quedar na historia do movimento obreiro e popular, como un ano significativo de Loita contra o Capialismo do Desastre e da Guerra; e pola Xustiza, a Igualdade e a Fraternidade.
Quentando motores “Preparando a Primavera”
Este Venres, 16 de Marzo de 2012 manifestacións anticapitalistas de USAmérica comezaron unha nova marcha en Nova York e noutras cidades como inicio dun movimento polo “
1º de Maio” (
May Day), a Gran Folga, polo dereito á Saúde, polo dereito ao Traballo, polo dereito ao Ensino, polo dereito á Vivenda, polo dereito á Auga, polo dereito a circular libremente, polo dereito á Libre Expresión, ... polo dreito á LIBERDADE.
Achegad@s e simpatizantes do movimento “
Occupy Wall Street” (
OWS) marcharon este venres, 16 de Marzo de 2012, desde a Praza da Liberdade até Wall Street. Unha andaina baixo o lema “
Preparando a Primavera” foi a primeira dunha serie de marchas que se levarán a cabo camiñando ao “
1º de Maio”, ao "
Día de Loita" ao día da grande "
Folga Xeral".
Este é o primeiro día que inicia a semanal das marchas de Wall Street, marchas preparatorias do que vai ser a mobilización da primavera, unha grande protesta de primavera. Será masiva e histórica e terá lugar ao redor de Nova York e en toda USAmérica o Primeiro de Maio.
Loitar contra “a cobiza capitalista, a arrogancia e o poder”
A nova onda de manifestacións de protesta ten como obxectivo loitar contra “
a cobiza capitalista, a arrogancia e o poder”, e deu renda solta aos comentarios que apuntan a que as autoridades estadounidenses están perdendo a paciencia polas manifestacións ao longo de toda USAmérica. En todas partes hai unha manifestación, en todas partes xurde unha acción, unha ocupación, estan fartos de tanto roubo, de tanta cobiza, de tanta, miseria, de tanta guerra, ...
Baixo o lema “
Somos o 99 por cento” lembran que só o 1% amasan a maior fortuna dos USAmerica e do mundo.
Comezo dun proxecto de acción de práctica teórica de oito semanas da Folga Xeral
Hoxe Domingo 18 de Marzo de 12 de mediodía as dúas da tarde, hora de Nova York celebrou-se un mitin, en Liberty Square, de
Paddy Quick e
Bárbara Bowen: "
Como podemos combater a austeridad?". Era o comezo dun proxecto de acción de práctica teórica de oito semanas organizado por "
Occupy University" no que se pretende analizar os motivos da convocatoria do "
May Day" e a Folga Xeral,
Bárbara Bowen e Paddy Quick iniciaron un debate do que significan e o porque das políticas de austeridade e recortes económicos e sociais, como tamén de como combatelas. Todo isto esta tendo lugar por todos os territorios e cidades e pobos USAméricanos, a diferentes escalas e intensidades. Ocultado, todo, intencionadamente polos medios de comunicación convencionais privados-comerciais.
A seis meses de do inicio do movimento “Occupy”
Foi o 17 de Setembro do pasado 2011, cando o movimento “Occupy” iniciou a acampada no distrito financeiro de Nova York baixo o lema de “
Occupy Wall Street”, para denunciar a corrupción, a violencia, a pobreza e desigualdade social, provocada por unhas cantas cobizosas samesugas. Estendendo-se perante os días e meses posteriores até a costa do Pacífico.
Seguidores de Occupy retoman Liberty Square, para celebrar os Seis Meses de #OWS -Occupy Wall Stree.
Hoxe, Domingo 18 de Marzo de 2012, tiveron lugar importantes manifestacións de Solidariedade en Portland, Chicago, e máis lugares.
Onte, no aniversario dos 6 meses da ocupación orixinal de Wall Street, #OWS volveu ás súas orixes. Tras un fin de semana de manifestacións en Wall Street -
repleto de exercicios de adestramento para esta primavera, a marcha do Día de San Patricio, tendas de campaña flotantes, e bailando nas rúas -
Liberty Square foi ocupada novamente por miles de seguidores de Occupy.
Violencia institucional, violencia policial.
Por desgraza, e tamén traéndonos recordos de 15 de novembro, a Policía de Nova York desaloxou violentamente unha vez máis, mentres abrazabamos vellos amigos da ocupación e celebrabamos a chegada da Primavera ao parque. Segundo o New York Times, houbo detencións “
record”, e máis feridos, durante o ataque. Polo menos unha persoa foi hospitalizada. En LiveStream púidose ver manifestantes pacífic@s abordad@s, golpead@s con puños e porras, pisotead@s, esmagad@s, e empuxad@s contra os coches, sen outro motivo que estar sentados nun parque público e protestar pacificamente contra a desigualdade. No seguinte vídeo (ao redor do min 3:40) observa como a policía de Nova York golpea a cabeza dun médico contra o cristal dunha fiestra e rómpeo.
Seis Formas De Prepararse Para a Folga Xeral do 1º de Maio
O pasado 10 de Marzo, sobre 60.000 persoas manifestáronse en Madison para conmemorar o primeiro aniversario do drástico pasaxe protagonizado polo gobernador
Scott Walker, cando desmantelou os dereitos de negociación colectiva dos empregados públicos. O ataque de
Walker durante o pasado ano aos dereitos laborais provocou masivas protestas chegándose a ver centos de miles de persoas ocupando o edificio institucional da capital de Wisconsin. As súas accións prediseñaron o movimento "
Occupy Wall Street" e inspirou a moitos outros a mobilizarse contra a desigualdade económica, a inxustiza política, e a tiranía do 1% á que nos someten políticos e banqueiros por igual.
"
Este é só un exemplo de que a xente de todo o mundo está resistindo activamente os ataques contra o 99%. Este ano viuse a maior folga xamais rexistrada na India, centos de miles de persoas manifestándose pola democracia en Bahrein, folgas xerais en Montreal e no, polo de agora,Reino de España, onde os estudantes unha vez máis están ocupado espazos públicos en protesta polas medidas de austeridade e os recortes impostos pola élite bancaria europea. Levantamentos masivos nas rúas de Moscú, e nos Estados Unidos o movemento crece moito máis. Os medios de comunicación tradicionais sinalan que o movemento Occupy perdeu forza, pero máis ben é todo o contrario. Durante os meses máis fríos do ano, en Estados Unidos houbo unha inercia revolucionaria que non se vira en décadas".
"
Este inverno, reorientamos as nosas enerxías en crear lazos coas comunidades locais, en salvar os nosos fogares dos bancos corruptos, e en salvar os nosos postos de traballo das codiciosas corporacións. Tamén traballamos na construción e ampliación de nosa infraestructura horizontal. Este #GlobalSpring, tomaremos as rúas de novo. Ocuppy Wall Street fixo un chamada a unha folga xeral o 1 de Maio. Facemos un chamamento a todos os que apoian a xustiza económica e a verdadeira democracia participativa: Non ir á oficina, nin a clase, nin traballar en casa. Non ir de compras. Nin ao banco - e o máis importante, TOMAR As RÚAS!"
Occupy May Day
Estan-se preparando. "
A planificación estase xa realizando en decenas de cidades. Organizando de traballadores e traballadoras, grupos de dereitos prol inmigrantes, artistas, acampad@s, líderes relixiosos e demais, uníronse para que estea todo listo. Agora, necesitámosche a ti. Segue lendo para saber como podes participar!"
O dia 1 de maio, tamén coñecido como o Día Internacional dos Traballadores, é a conmemoración anual da masacre de 1886 de Haymarket en Chicago, cando a policía de Chicago disparou contra uns traballadores durante unha folga xeral en defensa da xornada de oito horas. En moitos países, o 1 de maio é un día de festa. Con todo, nos Estados Unidos, a pesar do éxito final que tivo a campaña de oito horas, este día non se recoñece oficialmente como festivo. Con todo, o 1 de Maio é unha data importante nos EE.UU. En 2006, grupos prol dereitos de inmigrantes saíron ás rúas en proporcións sen precedentes, baixo o lema "
Día sen Inmigrantes", nunha folga xeral cuxo obxectivo era demostrar o poder económico dos inmigrantes en Estados Unidos. Polo menos un millón de persoas manifestáronse en Chicago e nos Angeles. No resto de cidades de EE.UU fixérono centos de miles.
May day chicago 2006
Agora, en resposta ao chamamento de Occupy Los Angeles, Occupy Chicago, Occupy Oakland, e outras Asembleas Xerais e grupos afines, o movimento Occupy prepárase para mobilizar unha Folga Xeral o 1 de maio en solidariedade coas loitas que están en marcha para defender os dereitos das traballadoras e traballadores, inmigrantes e outras comunidades que resisten a opresión. Xa foron apoiadas por decenas de “
ocupacións” de cidades e pobos de Estados Unidos, Canadá e Australia.
Nada disto sería posible sen o apoio dos organizadores que todos os días ofrecen voluntariamente o seu tempo para facer crecer o movemento contra a avaricia de Wall Street e contra a corrupción política.
Os ocupy sinalan seis cousas que se poden ir facendo:
[1] Colabora coa Asemblea / Ocupación local: Aínda hai centos de grupos de Occupy que celebran reunións e eventos periódicamente. O máis probable é que haxa unha preto de ti. (E si non o hai aínda - É moi fácil iniciar unha!) As Asembleas Xerais están abertas a todos, e todos teñen voz no proceso de planificación. Así que busca o teu grupo máis próximo e ve a unha Asemblea Xeral! Si aínda non apoiaron a folga xeral, proponlo ao grupo e empezade a planificar a manifestación, repartindo pasquines, e formando grupos de acción directa.
[2] Corre a voz polas Redes sociais: Segue #M1GS, @OWSMayDay, @OccupyWallSt, and @OccupyGenStrike en Twitter. Tamén confirma en Facebook e segue facebook.com/OccupyGeneralStrike. Tamén podes buscar na túa cidade os eventos específicos, como os de Chicago e Detroit.
[3] Forma un Grupo de Afinidade: Pode realizar accións pola súa conta. Todo o que necesitas son uns cantos amig@s. Os grupos de afinidade son grupos de persoas que se coñecen entre si e se4 unen de forma autónoma para unha acción en particular. Atopa persoas que estean interesadas en axudarche cun proxecto que teñen en mente – pode ser facer flyers para distribuír, ou pechar nun banco de Wall Street na túa cidade natal. Sexa creativo, e ponche a traballar! (Truco: OccuPrint recolle, imprime e distribúe carteis en todo o mundo do movimento Occupy, e teñen unha chea de carteis incribles de folga xeral)
[4] Apoia a convocatoria de folga da Conferencia Xeral: InterOccupy alberga periódicamente chamamentos para organizar as actividades de 1º de Maio. Bota unha ollada o seu calendario e únete!
[5] Fala cos Sindicatos: Debido ás leis federais, á maioría dos sindicatos prohíbeselles organizar folgas por motivos políticos. Con todo, tanto sindicatos como grupos obreiros seguen sendo algúns dos nosos máis firmes aliados. Durante a folga xeral do ano pasado en Oakland, moitos sindicatos animaron aos seus traballadores a tomarse o día libre ou asistir ás manifestacións despois do traballo. Pouco despois de que Occupy Oakland pechase os portos, en solidariedade a folga de estibadores, a empresa cedeu ás demandas do sindicato cun novo contrato. Ponche en contacto cos sindicatos locais e organizacións de traballadores, dálles a coñecer os plans para unha folga xeral, deben saber en que estamos traballando e como poden axudar, e anímalles a que dean a coñecer aos seus membros o 1 de maio e que participen na organización directamente.
[6] Organiza o teu lugar de traballo, o teu Campus, ou a túa Comunidade: Si es un traballador sindicado, anima ao teu sindicato para que apoie a Folga Xeral. Haxa sindicato ou non, podes animar aos teus compañeiros e compañeiras de traballo a que se tomen un día de enfermidade. Si non podes permitirche o luxo de perder un día de paga, non pasa nada, haberá celebracións, manifas e accións directas ao longo do día. Convida á túa comunidade a asistir. Si es estudante nunha escola secundaria ou na universidade, difundir a mensaxe de abandonar a clase o 1 de maio. Si non traballas nin estudas organízache cos teus amigos!
Máis información: [
MayDayNYC.org] | [
OccupyMay1st.org] | [
StrikeEverywhere.net] | [NYC Xeral Assembly - May Day]
Contacto en Nova York:
mayday@nycga.net
http://www.maydaynyc.org
_______________