O Goberno segue mirando para outro lado mentres os desafiuzamentos por alugueiro seguen subindo. | Os datos do primeiro trimestre de 2019, presentados polo Consello Xeral do Poder Xudicial, reafirman a alarma social que levamos tempo denunciando.
DISTRITO DE FERROL
Lanzamentos practicados nos xulgados de primeira instancia e instrución de
Ferrol no ano
2016:
➤ Consecuencia proc. Execución hipotecaria: 60
➤ Consecuencia proc. Lei Arrendamentos Urbanos: 75
➤ Outros; 3
➤ Total Lanzamentos practicados:
138
Lanzamentos practicados nos xulgados de primeira instancia e instrución de
Ferrol no ano
2017:
➤ Consecuencia proc. Execución hipotecaria: 40
➤ Consecuencia proc. Lei Arrendamentos Urbanos: 98
➤ Outros; 7
➤ Total Lanzamentos practicados:
145
Lanzamentos practicados nos xulgados de primeira instancia e instrución de
Ferrol no ano
2018:
➤ Consecuencia proc. Execución hipotecaria: 20
➤ Consecuencia proc. Lei Arrendamentos Urbanos: 99
➤ Outros; 1
➤ Total Lanzamentos practicados:
120
CONXUNTO DE DISTRITOS DE GALIZA
Lanzamentos practicados nos xulgados de primeira instancia e instrución de
Galiza no ano
2016:
➤ Consecuencia proc. Execución hipotecaria: 766
➤ Consecuencia proc. Lei Arrendamentos Urbanos: 1.544
➤ Outros: 74
➤ Total Lanzamentos practicados:
2.384
Lanzamentos practicados nos xulgados de primeira instancia e instrución de
Galiza no ano
2017:
➤ Consecuencia proc. Execución hipotecaria: 757
➤ Consecuencia proc. Lei Arrendamentos Urbanos: 1.639
➤ Outros: 97
➤ Total Lanzamentos practicados:
2.493
Lanzamentos practicados nos xulgados de primeira instancia e instrución de
Galiza no ano
2018:
➤ Consecuencia proc. Execución hipotecaria: 410
➤ Consecuencia proc. Lei Arrendamentos Urbanos: 1.245
➤ Outros: 54
➤ Total Lanzamentos practicados:
1.709
Na Galiza segundo os datos que publica o servizo de estatísticas do Consello Xeral do Poder Xudicial (
CGPJ),
os desafiuzamentos baixaron de forma considerábel (
O 31,44%, respecto do ano anterior). Non é o caso do
distrito xudicial de Ferrol (
Baixou un 17,34% respecto do ano anterior), aínda que a tendencia non é a da media do
Estado, as cifras amosan unha problemática sen resolver, a pesar da
perda de poboación da comarca e mais concreto en Ferrol, o problema da
vivenda segue sen resolver-se nunhas comarcas onde as vivendas baleiras
estiman-se en máis de 20 mil. Só no concello de Ferrol, estiman-se unhas
10.000 vivendas, onde a demanda de vivenda social, segundo o
rexistro do IGVS, ronda as 600 familias.
A nivel de todo o territorio do Estado, as cifras son aterradoras e no
primeiro trimestre de 2019 levamos xa 15.559 desafiuzamentos. O 65,9 % (
10.224) son xa derivados pola crecente burbulla especulativa cos prezos do alugueiro,
iso que non contemplan os desafiuzamentos silenciosos, os provocados por non renovación ao non poder afrontar as subidas non asumíbeis, o 27,9 % (
4.341) derivouse de execucións hipotecarias e os 994 restantes obedeceron a outras causas.
Aínda que nun principio estariamos falando dun descenso do 2,2% respecto ao primeiro trimestre de 2018, cabo destacar que, en comparación co mesmo período, os desafiuzamentos por alugueiro aumentaron un 5,2%. O descenso vén provocado pola caída das execucións hipotecarias por décimo quinto trimestre consecutivo. Comparando as cifras coas do primeiro trimestre do ano pasado, produciuse un descenso do 19,2%.
Recordamos que non son cifras alentadoras, todo o contrario,
xa que se producen grazas á moratoria e á espera da sentenza sobre o Vencemento Anticipado, que teñen arquivados e paralizados os desafiuzamentos por hipoteca.
Unha moratoria que termina en maio do 2020, que afecta a máis de 100 mil familias e que como non se amplíe e se comece a poñer solucións, -
como a aplicación do Dictame DESC, unha modificación da LCI do Vencimiento Anticipado e da Responsabilidade Limitada, unha reforma da LAU que contemple a regulación dos prezos do alugueiro, eliminar os beneficios fiscais ás SOCIMIS e fondos voitre e frear a venda a estes especuladores da vivenda en mans da banca mobilizándoa para ampliar o parque público de vivenda- nun ano estas cifras pasarán a ser terroríficas.
Si desglosamos os datos por comunidades autónomas, Catalunya (
con 3.557, un 22,9 % do total) segue liderando o ranking da vergonza, seguida de Andalucía (2.499), Comunidade Valenciana (
2.119) e Madrid (
1.730).
Si se teñen en conta unicamente os derivados do non pago do alugueiro, Catalunya ocupa tamén a primeira posición (
2.335, o 22,8 %), seguida por Andalucía (
1.422), Madrid (
1.365) e Comunidade Valenciana (
1.254).
Nos derivados de execucións hipotecarias Murcia -
a única na que seguen producíndose máis desafiuzamentos por hipoteca que por alugueiro-, foi a quinta comunidade con maior número de execucións hipotecarias iniciadas neses tres meses (
291), tras Catalunya (
1.092, o 21,4 % do total nacional), Andalucía (
1.065), a Comunidade Valenciana (
706) e Madrid (
415).
Desde a PAH e outros colectivos polo dereito á vivenda digna,
levamos 10 anos denunciando as políticas ao servizo da especulación e a falta de vontade política dos distintos gobernos que se foron sucedendo para reverter a situación, lexislar ao servizo das familias, en lugar de deixalas na rúa. As nosas propostas son claras, de xustiza e de sentido común e non imos a desfalecer até
lograr unha lexislación que garanta o dereito á vivenda para todas e que este deixe de ser tratado como unha mercancía ao servizo dunha poucas.
Agora estamos nun novo momento de cambio de Goberno ao que esiximos a altura política para cambiar as regras do xogo e non quedarse en medidas insuficientes de puro maquillaxe como nos ten afeitas.
pasou o tempo de medias tintas, ou se aposta pola cidadanía cun Plan de Choque fronte á urxencia residencial ou se está co mercado especulativo.
#StopDesafiuzamentos
⏩ Ficheiro das estatísticas do Consello Xeral do poder Xudicial. | Datos de Lanzamentos practicados por Partidos Xudiciais 2013 - 2018. |
Baixar.
Fonte: Propia, da PAH e do CGPX.
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferroterra
forosocialdeferrolterra@gmail.com
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
@StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra
---