mércores, febreiro 20, 2008

Crónica: a mobilización social que volve

De: Alexandre -mpoulo@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de fevereiro de 2008 22:35
Asunto: Crónica: a mobilización social que volve



Crónica: a mobilización social que volve
19-02-2008

O pasado domingo 17 de febreiro medio cento de colectivos de ámbito fundamentalmente local e comarcal (a excepción das organizacións de carácter ambientalista) lograron axuntar, nunha manifestación na capital galega, a preto de 10.000 persoas, baixo o rotundo lema de “Galiza non se vende”. Esta mobilización é se cadra, e até o día de hoxe, o maior toque de atención que sectores sociais que propiciaron o cambio político-institucional en Galiza lle dan ao actual goberno bipartito da Xunta. Así, o lema máis coreado da marcha foi “Galiza non se vende, goberne quen goberne”, toda unha declaración de principios para esta iniciativa mobilizadora.


Mensaxe de esquerdas e nacionalista

Aínda que as reivindicacións destes colectivos sexan en si moi heteroxéneas, xa que van desde o rexeitamento do Plan Acuícola que pretende desenvolver o Goberno galego até a defensa de enclaves como o Courel, pasando pola oposición á instalación de Reganosa na ría de Ferrol ou aos proxectos urbanísticos na costa do Morrazo, na mobilización víase un fío condutor común: a defensa da Terra, do territorio, fronte aos abusos que se veñen cometendo desde as esferas do mundo empresarial ou do propio poder político. Un discurso non excesivamente articulado, mais que si se pode situar nos parámetros da esquerda transformadora (denuncia do papel das multinacionais, cuestionamento das políticas neoliberais, etc.) e mais no nacionalismo emancipador (defensa da identidade propia...).

Nese sentido, rastréxase perfectamente o pouso que deixou na sociedade galega a experiencia da plataforma Nunca Máis e e do seu pulo mobilizador tras a marea negra do Prestige de finais do ano 2002. A mobilización do día 17 bebe desas augas e volve situar nun primeirísimo plano o papel da autoorganización social e dun sentimento de país como o que no seu día fora quen de xerar a devandita plataforma.


O PSOE incapaz de encaixar a mobilización

O PSOE, por boca do propio Pérez Touriño e mais de Pachi Vázquez, conselleiro de Medio de Ambiente, non tardou en responder as demandas cidadás, acusando de “oportunistas” aos promotores da mobilización. Unha resposta que é obvio que non agocha o malestar nas fileiras socialistas ante as críticas á súa xestión de Goberno, sobre todo en áreas como Pesca, Medio Ambiente e Política Territorial. Son conscientes, ademais, e de aí a súa actitude chulesca nas súas declaracións, de que boa parte da xente que se mobilizou son persoas e colectivos da base social do nacionalismo e, polo tanto, pouco se poden ver afectadas as súas posibilidades electorais no noso país nos vindeiros comicios de marzo.


Silencio na dirección do BNG

Pola súa vez, o BNG garda un estraño mutismo(*) a respecto da devandita mobilización. A súa dirección política semella sorprendida polo evidente éxito da convocatoria e é sabedora de que ese éxito mobilizador está motivado polo traballo social –en plataformas veciñais- de persoas estreitamente vinculadas á organización frontista. De feito, máis alá das caras públicas do BNG das que se facían eco os medios, como as dos agora “críticos” X. M. Beiras ou Camilo Nogueira, tamén se advertía a importante presenza de militantes desta organización de menor relevancia pública, mais que desenvolven traballo militante en diversas localidades ou comarcas do país.

Fronte a esta realidade, foi clamorosa a ausencia dos pesos pesados do BNG na mobilización, a diferenza do que acontecía antes da súa chegada ao goberno coas convocadas, por exemplo, por Nunca Máis. E este é un factor que tampouco non pasou desapercibido para os manifestantes, que mesmo expresaban o seu desamparo ante este feito, xa non tanto coas consignas (que tiñan como destino preferente a Pérez Touriño e á súa conselleira de Pesca, Carmen Gallego) senón cos comentarios que se deixaban sentir tanto na propia mobilización como nos foros de internet.


Custos, a curto prazo, ao nacionalismo político

Polo tanto, seguramente sexa o BNG a forza máis damnificada a curto prazo polos ánimos concitados tras a mobilización promovida pola plataforma ‘Galiza non se vende’, co risco que isto supón para as expectativas políticas da devandita forza nacionalista, que depende máis que ningunha outra do esforzo dos seus militantes e achegados.

A tradución política disto sería unha perda, aínda relativa, nos apoios electorais ao BNG nas vindeiras eleccións a Cortes Xerais e máis posibelmente nos comicios autonómicos do ano 2009 (se finalmente o PSOE non decide unilateralmente un adianto electoral, tras as eleccións de xuño). Esta posíbel perda de votos do BNG iría ao saco da abstención, xa que nin Izquierda Unida –cun importante despregue de cadros políticos na manifestación- nin as opcións existentes hoxe no independentismo organizado (FPG e NÓS-UP, que nin sequera foron quen de presentar listas aos devandito comicios) parecen estar en disposición de recoller o descontento que se está a xerar nun sector importante do nacionalismo que tradicionalmente viña apoiando ao BNG.


Reflexión da dirección nacionalista

Porén, a día de hoxe, é impredicíbel a lectura que a dirección da organización nacionalista vai facer desta mobilización, aínda que resultaría inexplicábel que non xerase ningún tipo de reflexión nos cadros políticos que conforman o actual equipo dirixente do BNG, con Anxo Quintana á cabeza.

De non o facer, e de non actuar en consecuencia, a dirección do BNG cometería unha grave irresponsabilidade que contribuiría a afondar no que algúns sectores e colectivos denominan como a ‘deriva’ na que se vén sumindo esta forza política, acentuada se callar aínda máis polo seu acceso a responsabilidades de goberno na Xunta de Galiza.

Galiza, 19 de febreiro de 2008

(*) A prensa escrita do día 20 de febreiro recolle as delirantes palabras de Francisco Rodríguez, membro da Executiva do BNG e que viña desenvolvendo o seu traballo político como deputado no Congreso dos Deputados, descualificando por completo os obxectivos da mobilización e as persoas e colectivos que se manifestaron, chegando mesmo a utilizar o adxectivo "desleal" para definir o seu proceder.

martes, febreiro 19, 2008

O Valedor amoesta aos alcaldes polas antenas de telefonía ilegais

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de fevereiro de 2008 17:21
Asunto: Brona do Valedor do Pobo


PREOCUPACIÓN CIDADÁ

O Valedor amoesta aos alcaldes polas antenas de telefonía ilegais

A institución que dirixe Benigno López denuncia que os concellos confírmanlle que estas estacións non contan con licenza, pero non fan nada para que deixen de funcionar ·· Segundo o seu último informe, só en 2006 tivo constancia de nove municipios nos que se daba esta situación

NATALIA SEQUEIRO - SANTIAGO
18.02.2008


Unha reacción moi morna ou condescendiente. Así cualifica o Valedor do Pobo a resposta da maior parte de concellos galegos cando lles traslada a preocupación dos cidadáns pola instalación de antenas de telefonía móbil próximas ás súas vivendas. Na memoria anual de 2006, remitida recentemente ao Parlamento, Benigno López recórdalles aos alcaldes que todas as instalacións deben contar cunha licenza para o seu funcionamento. A pesar diso, subliña o Valedor, "é frecuente atopar concellos que confirman os motivos da queixa dos cidadáns, isto é, que a antena non conta con permiso municipal".

Desde finais dos 90, numerosos colectivos veciñais de toda Galicia dirixíronse ao Valedor do Pobo preocupados pola proximidade das antenas aos seus domicilios ou ás escolas dos seus fillos. Os cidadáns consideran molestas estas instalacións e temen que poidan causar enfermidades no barrio. "Un dos exemplos máis claros de preocupación social polas repercusións das infraestruturas na saúde e na calidade de vida atopámolo no considerable número de queixas recibidas pola proximidade de antenas de telefonía móbil a vivendas", sinala o informe.

A institución que dirixe Benigno López sinala que "os riscos asociados ao progreso social deben vir acompañados das suficientes garantías e controis que permitan minimizar o perigo". Segundo o Valedor, é necesario aplicar o principio de precaución ou prevención, no caso de que non se estea seguro de que os avances técnicos sexan inocuos.

Só en 2006 -o ano do último informe publicado pola institución encargada de supervisar a actividade das administracións públicas galegas- o Valedor tivo constancia de que en nove municipios funcionaban antenas sen licenza municipal. Estes, segundo recóllese no informe, foron Culleredo, Ferrol, Santiago, Tui, Chantada, Ares, Vigo, Porto do Son e Redondela.

O Valedor pon de manifesto que os concellos adoitan escudar a súa responsabilidade e pasarlle a pelota a outras administracións. Foi o caso de Santiago ou Chantada. Nas súas comunicacións á oficina que dirixe Benigno López, os responsables municipais xustificaron o seu permisividad alegando que nas antenas situadas en chan rústico, a competencia recae na Consellería de Política Territorial. No informe, o Valedor recórdalles aos alcaldes que segundo a Lei 9/2002 de ordenación urbanística de Galicia e segundo o Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas, (Raminp) son os concellos os que deben evitar os funcionamentos irregulares. "Pero o certo é que as antenas continúan funcionando", conclúe o Valedor.

O CASO

Culleredo

No informe, do ano 2006, o Valedor do Pobo explica o caso de Culleredo. Tras recibir unha queixa dirixíronse ao Concello para comunicarlle o funcionamento irregular de antenas. Este resolveu paralizalas, pero, con todo, non executaba a orde e seguían funcionando.
_____________

ANTENAS-PERIGO-MOVIL
RADIACIÓNS ELECTROMAGNÉTICAS FÓRA DE FERROL.
"ANTENAS DE TELEFONÍA NON"



http://www.espacioblog.com/antenas-peligro-movil/blog

_________________

Algo pasa na Quintana ..., por Antón Xil

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de fevereiro de 2008 17:39
Asunto: ALGO PASA NA QUINTANA.../ POR Antón XIL



ALGO PASA NA QUINTANA.../ POR Antón XIL

A multitudinaria manifestación do domingo en Santiago deixa un pouso de consecuencias impredecibles para os vindeiros comicios xerais. Desde logo o éxito da participación debe provocar entre os máximos responsables do goberno bipartito certo exercicio de reflexión e, incluso, autocrítica posto que moitos dos que se concentraron na Praza da Quintana axudaron a que PSOE e BNG compartan hoxe tarefas de goberno.

Unha boa parte da masa social que sustenta o respaldo electoral da esquerda e dos nacionalistas decidiron darlle un toque de atención, en forma de manifestación, aos membros do goberno bipartito para esixirlles que asuman (non na teoría, senón na práctica) moitos dos postulados das plataformas cívicas que promulgaron o cambio nos despachos oficiais de San Caetano.

O corpo reivindicativo dos manifestantes xirou ao redor dos tradicionais postulados que identificaron, ata o de agora ao BNG, en maior medida, e ao PSOE. De feito, líderes históricos do nacionalismo galego, como Xosé Manuel Beiras e Camilo Nogueira, non só se deixaron ver na mobilización senón que participaron de xeito moi activo, o cal da bo exemplo de que algo está a pasar no seo da esquerda.

Desde logo os milleiros de persoas que se deron cita na Praza da Quintana pouco tiñan que ver, nas súas querenzas ideolóxicas, con Núñez Feijóo e o Partido Popular; máis ben ao contrario, o que lle dá un valor especial a esta convocatoria que pouco, ou máis ben nada, gustou entre os estrategas electorais das dúas forzas políticas do bipartito; sobre todo polas consecuencias impredecibles que isto pode traer de cara aos comicios do 9 de marzo: Desde o abstencionismo do sector "máis concienciado" do nacionalismo ata un voto de castigo cara a opcións minoritarias e sen tradución práctica en escanos, o cal evidenciaría que as cousas en Galicia non se estarían a facer de maneira satisfactoria para os sectores sociais tradicionalmente máis combativos.

Se a esquerda real, a que se mobiliza, comeza a ter dúbidas serias sobre o grao de transformación que está a liderar o goberno bipartito, parecería ser este un motivo importante para que Quintana e Touriño se poñan as pilas se queren seguir gobernando o país...
_________________

luns, febreiro 18, 2008

Oposición ao proxecto de enlace entre a AP9 en Neda e a Autoestrada Ferrol-Vilalba (AG64)

De: SGHNFERROL -sghnferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de fevereiro de 2008 19:03
Asunto: Nota de Prensa


Prégase a súa difusión

Oposición ao proxecto de enlace entre a AP9 en Neda e a Autoestrada Ferrol-Vilalba (AG64)

O pasado venres 1 de febreiro tivo lugar no local da Fundaçom Artábria, en Ferrol, unha reunión entre os grupos ecoloxistas da comarca (Adega-Trasancos, SGHN-Ferrol e Verdegaia) e veciños/as de Neda, para tratar sobre o proxecto de construción dunha vía de alta capacidade de conexión da AP-9 (enlace Neda) coa AG-64 (enlace S. Sadurniño).

Os/as reunidos/as en dita mesa coincidimos en rexeitar este proxecto, por entender que actualmente carece de sentido, xa que o concello de Neda, coas infraestruturas que existen na actualidade, está perfectamente conectado coa autoestrada AG64 (Ferrol-Vilalba) por medio de alomenos estas tres opcións:

o Usando a AP9 dirección Ferrol e desviándose cara ao Polígono do Río do Pozo.
o A estrada AC-641 e a súa continuación na estrada AC-642.
o A través do enlace entre Vilar do Colo e a estrada Cabanas - As Pontes.

A vía rápida proxectada causaría consideraveis prexuízos no Concello, fraccionando pola metade o seu territorio, e atravesando ao seu paso zonas de interese ambiental, paisaxístico, agrario e forestal. Por unha parte está a afectación ás Fragas do Río Belelle, que forman parte da proposta de ampliación da Rede Natura 2000 presentada pola Xunta de Galicia (non hai que esquecer que se trata dunha das fragas máis importantes da provincia). Por outro lado, afecta tamén ao Lugar de Importancia Comunitaria “Río Castro”, que xa forma parte desta rede de espazos protexidos.

Á variedade de ecosistemas existentes no concello debemos engadir unha interesante zona de marismas de fondo de ría na franxa litoral.

Estes argumentos son os que decidiron a algunhas entidades ecoloxistas a demandar figuras de protección para os puntos de maior interese ambiental, e ao concello de Neda que axustase as súas previsións de desenvolvemento a estas circunstancias, primando por riba doutras opcións as actividades relacionadas co sector turístico e hosteleiro, así como o mantemento das actividades xa existentes. Este proxecto daría ao traste con estas pretensións.

O interese económico que puidera servir de argumento para levar adiante o proxecto esvaécese totalmente ante os danos económicos que produciría no concello, ao quedar afectadas propiedades de gran valor. Estes efectos negativos veríanse agravados pola alta densidade poboacional dalgunhas zonas atravesadas polo trazado.

Ante estas ameazas, entendemos que non se pode realizar este proxecto sen a máis mínima consideración nin previsión das afeccións que pode causar ao patrimonio do concello.

A execución do Plan Xeral de Ordenación Municipal obrigaría a unha axeitada orientación de territorio acorde coa Lei do Solo. Entre tanto é absurdo concebir unha obra de tal envergadura e consecuencias tan nefastas, máxime cando estamos a falar dun dos concello ambientalmente mellor conservados da comarca. Non vemos a razón de anteceder esta obra ao PXOM.

Non podemos deixar de lado tampouco os prexuízos que esta obra causará a propiedades privadas, directamente por expropiacións de predios e, indirectamente, por contaminación acústica, modificación dos cursos de augas superficiais e freáticas, o que inclúe cegado de fontes, desvío de regos, etc. Sen esquecer que unha elevada porcentaxe da poboación residente hoxe en día elixiu esta magnífica paraxe como un modelo de vida alternativo á vida urbana.
______________

Proxeción do filme "Vajont: Presa Mortal", no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño en Ferrol, este mércores 20 de febreiro

De:Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 18 de fevereiro de 2008 17:07

Asunto: Proxección Película




Organiza:
fuco buxán, Asociación Cultural
Colabora:
A. VV. Ensanche "A"
Mércores, 20 de Febreiro, ás 20 h.
Centro Cultural Carvalho Calero
(Praza do Inferniño – Ferrol)
Entrada libre
Proxección da película de Renzo Martinelli
(Italia-Francia, 2001)
VAJONT: PRESA MORTAL

A COMPAÑÍA prometíalles prosperidade e o Estado precisaba dunha enerxia abondosa e barata, mais…. ¿Qué está a suceder cando seguridade e vida nunha comarca quedan subordinadas a intereses espúreos de empresarios sen escrúpulos, cando unha administración corrupta cede e cando unha parte importante da poboación non escoita a quenes alertan sobre a sinrazón?.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
___________

Ficha Técnica:
Título orixinal: Vajont - La diga del disonore
Xénero: Drama
País: Italia, Francia
Duración: 116 minutos
Dirección:
Renzo Martinelli
Interpretación:
Michel Serrault
Daniel Auteuil
Laura Morante
Jorge Perugorría
Anita Caprioli
Leo Gullotta
Philippe Leroy
Jean-Christophe Brétigniere
Nicola Di Pinto
Federica Martinelli
Eleonora Martinelli
_____

domingo, febreiro 17, 2008

Os Bombeiros de Boston alertan sobre devastación da cidade por accidente nun gaseiro [17.02.2008]

De: Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 17 de fevereiro de 2008 21:48
Asunto: Os Bombeiros de Boston alertan sobre devastación da cidade por accidente nun gaseiro



OS BOMBEIROS DE BOSTON ALERTAN SOBRE DEVASTACION DA CIDADE POR ACCIDENTE NUN GASEIRO

ENVIA: www.f-cape.org Colectivo universitario opositor á planta de gas (GNL) da ría de Ferrol

Remitimos artigo de prensa publicada hoxe día 17 de febreiro do 2008, en The Boston Channel

Nota: En vermello aclaracións de www.f-cape.org, tradución de www.f-cape.org

Boston: Un gaseiro cargado de Gas Natural Licuado (GNL) (o Catalunya Spirit) axitou Boston. O servizo de gardacostas de EE.UU. (USCG) asistiu a un gasero que estaba á deriva a pasada semana na zona de Cape Cod. (Massachusetts, tal como informamos anteriormente).

Os bombeiros de Boston aproveitaron este incidente para arremeter onte (sábado) contra o alcalde Tom Menino. Aseguran os bombeiros que a cidade non está preparada para atender un desastre provocado por un accidente con GNL.

"A devastación na cidade de Boston sería peor que a rexistrada en Nova Orleans polo Katrina", dixo Ed Kelly, presidente da Unión de Bombeiros de Boston. Un furacán en forma dun lume masivo é o que os bombeiros de Boston predín se un petroleiro de GNL explota. Eles dixeron que a cidade non está preparada. "O Corpo de bombeiros de Boston ten un barco contraincendios para responder a tal desastre, cuxo barco foi construído a finais dos anos 60, e non é fiable" dixo Kelly. " O alcalde non fixo nada para implantar un plan de urxencia para mitigar a traxedia". O Concello recoñeceu o perigo dunha explosión.

"O transporte de gaseiros con GNL polo porto de Boston expón un risco inherente á cidade de Boston" dixo nun comunicado de prensa Donald McGough, da Oficina de Estado de Urxencias. "O alcalde Menino foi claro sobre a súa oposición a esta situación. "

O alcalde de Boston realizou diversas declaracións en contra da planta de GNL de Everett, situada no porto de Boston, e con maior insistencia despois do ataque terrorista ás Torres Xemelgas de Nova York. Durante as eleccións pasadas de EE.UU.-fai catro anos- Os demócratas fixeron a súa convención en Boston e durante as semanas (anterior e posterior) a esta convención prohibiuse entrar aos gaseros entrar no porto. O mesmo candidato á presidencia John Kerry manifestou a súa oposición a algunha das plantas propostas en EE.UU., como é o caso de Fall River xa que a el aféctalle.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!

Máis Info:
http://www.thebostonchannel.com/news/15321770/detail.html

Saludos,
www.f-cape.org
__________

Video da noticia
_______

Rotundo éxito da manifestación Nacional de Compostela da Rede "Galiza Non Se Vende" [17.02.2008]

Rotundo éxito da manifestación Nacional de Compostela da Rede "Galiza Non Se Vende" [17.02.2008]

Sobre unhas 10.00 persoas participaron este domingo 17 de febreiro, nunha Manifestación Nacional en Compostela, na defensa do noso litoral, dos nosos ríos, dos nosos montes, dos nosos bairros, ... na Defensa da Terra.

A manifestación tiña como un dos seus obxectivos denunciar as políticas continuistas do goberno bipartito. Máis de 60 colectivos e organizacións sociais e ecoloxistas denuncian a aplicación desas políticas que só benefician a un puñado de especuladores e demandan un cambio radical ao goberno da Xunta de Galicia.

Ver a noticia na web da Rede "Galiza Non Se Vende":
Masiva asistencia á manifestación contra a destrución do territorio

A noticia en Vieiros:
Milleiros de persoas berran "Galiza non se vende"


Creative Commons License
Vieiros está baixo unha licenza Creative Commons.

A Noticia en Galicia-Hoxe
Os cidadáns censuran o bipartito co berro de "Galiza non se vende"
___________

Enlaces Relacionados:
________

Para baixar as Fotos da Galería con resolución alta, entrar en:
Galería manifestación 17-F da Rede "Galiza Non Se Vende"

Manifestación Nacional en Compostela da Rede "Galiza Non Se Vende" [17.02.2008]
_________

sábado, febreiro 16, 2008

Manifesto 17 de Febreiro de 2008 da Rede Galiza Non Se Vende

NA DEFENSA DO NOSO LITORAL,
DOS NOSOS MONTES,
DOS NOSOS RÍOS,
DOS NOSOS BARRIOS,
... NA DEFENSA DA TERRA


MANIFESTO 17 DE FEBREIRO DE 2008
GALIZA NON SE VENDE !!


Desde A Guarda a Ribadeo, desde O Courel á Terra Cha, un terremoto de especulación e depredación da terra e do mar está destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade de Galiza, a nosa cualidade de vida, a das xeracións vindeiras e mesmo ó planeta.

O litoral galego está a sufrir un proceso especulativo de urbanización e privatización sen precedentes que destrúe a paisaxe e dana irreversiblemente os nosos recursos pesqueiros e marisqueiros. A artificialización da costa, a erección de pavorosos ecomonstros ao longo do litoral e a continua construción de recheos (que, as máis das veces, constitúen terreo barato para empresas que nada teñen que ver co mar), únense a uns niveis de contaminación nunca até agora rexistrados nas nosas rías e a un Plan de Portos Deportivos absurdo que pretende crear en Galiza máis amarres que os que ten toda a costa oeste de Italia, multiplicando por catro os que existen en Francia por cada quilómetro de litoral: Privatización do que é de todos para disfrute e negocio duns poucos.

Por iso, en Cangas do Morrazo, combativas compañeiras e compañeiros, levan dous anos impedindo coa súa presencia diaria diante das máquinas, as obras dun aberrante porto deportivo e da urbanización correspondente, Bouzas resístese á ampliación do monstruoso recheo, e con loitas similares estamos defendendo a costa de Teis, de Baiona, de Sada, de Cedeira, de Nigrán, de Bueu, de Ortigueira, de Miño, de Pontedeume...

A esas desfeitas temos que unir un Plano Acuícola devastador que significa a destrución de centos de hectáreas das zonas mellor conservadas do noso litoral para a construción de múltiples e enormes piscifactorías, para proveito de dúas empresas transnacionais.

E aquí estamos para defender Corrubedo, Quilmas, Corcubión, Merexo, Camelle, Arou, Seráns, Oia, e até 20 proxectos máis de destrución.

Porque o noso mar, as nosas rías limpas e saneadas, son a mellor e a máis productiva e verdadeira piscifactoría. A que desde sempre foi fonte permanente de riqueza para este pobo, de riqueza socialmente compartida, posto de traballo para miles de homes e mulleres: a pesca e o marisqueo tradicionais e sustentábeis que estas empresas e este abandono ameazan destruír.

Os nosos ríos viven un proceso de degradación e sobre explotación hidroeléctrica que está matando a súa biodiversidade.

Nada se aprendeu do terrible accidente de Brenntag que provocou un vertido de graves consecuencias ambientais e sociais no río Umia. Os vertidos ao río Tambre e ao río Sar en Compostela e Rois, ao río Gallo en Cuntis, a macabra celebración do día mundial do medio ambiente co vertido ao río Alvedosa en Redondela, ou o desastre do Xallas causado pola empresa de Villar Mir, son só algúns exemplos.

Reclamamos o desmantelamento do encoro de Caldas e a paralización das obras do salto da Hermida en Cuntis polo alto risco sanitario que significan e para unha verdadeira recuperación integral do río Umia

Denunciamos o abandono total do rural.

Esiximos políticas non dependentes de axudas, que favorezan aos agricultores e incentiven a produción galega de calidade e a prezos xustos; que prohiban os transxénicos e que rexeiten o “biodiésel” por ser aínda máis contaminante e por someter o rural aos imperativos das transnacionais.

Denunciamos o abandono dos montes pragados de eucaliptos e as políticas que favorecen os lumes. Son víctimas ademais dun desaforado Plano Eólico que non ten en conta áreas de alto valor ecolóxico nin mesmo protexidas.

Defendemos a Serra da Groba, o seu riquísimo patrimonio arqueolóxico e aos seus cabalos salvaxes de pura raza galega que un parque eólico quere destruír. Defendemos a Serra do Xistral, a Serra de Careón e a Serra do Suído... Defendemos os montes para que sigan sendo montes.

Por outra banda en Galiza temos dúas das centrais térmicas máis contaminantes de Europa e exportamos máis do 40% da enerxía eléctrica que aquí se produce, a maioría dela xerada queimando carbón importado de Indonesia. Así aumentamos a nosa pegada ecolóxica e contribuímos como poucos ao cambio climático, ao tempo que ficamos coa choiva aceda, a contaminación e moitos outros males que esas empresas producen.

Todos estes Planos (piscifactorías, portos deportivos, parques eólicos indiscriminados ou campos de golf), non significan ningunha mellora para a cidadanía. Xeran un número ridículo de postos de traballo e a riqueza que producen vai parar só aos petos das grandes empresas, dos grandes capitais, sen repercutir practicamente nada no tecido económico e social do país. Pero si destrúen, degradan e usurpan o que é de todas e todos ou de ninguén: o ambiente, os recursos naturais, a paisaxe e o territorio.

E xa non nos tragamos a mentira recorrente dos postos de traballo cando significa crear sete e destruír tres mil

Outro destes Planos da Xunta, o da Minaría, é un triste modelo de espoliación do territorio. Significa a destrución dun dos nosos tesouros naturais máis valiosos e queridos, un tesouro que chegara intacto ata nós: A Serra do Courel.

Pero tamén defendemos á Terra Cha e a moitas outras comarcas de Galiza que sufrirían as consecuencias desta depredación.

Un rosario de industrias perigosas segue a espallarse polo país.

E se dicimos industria perigosa temos que dicir ben alto: Reganosa.Reganosa, na Ría do Ferrol, é un exemplo sangrante de temeridade, irresponsabilidade e desprezo pola cidadanía.

Ence segue, ano tras ano, contaminando gravemente a Ría de Pontevedra. Agora falan de trasladala ás Pontes, onde tamén queren tapar cun lago artificial a ferida que a central térmica deixou na terra, un lago que porá en perigo ao Eume e ás súas fragas. A celulosa sería o monstro do lago.

O proxecto de Parque de Residuos no Ribeiro sinala o rumbo polo que nos queren levar. E a lista podería seguir e seguir. Beneficios para uns poucos e inseguridade, lixo e destrución para tod@s.

O modelo de transporte e de mobilidade que se está a perpetuar e fomentar é o do vehículo privado motorizado diante dun transporte público colectivo actualmente misérrimo, provocando máis emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera, fragmentando o territorio e artificializando os solos..

A continua construción de autovías e vías de alta capacidade supón un forte impacto no territorio e nunca resolven definitivamente o problema da saturación dun tráfico sempre crecente. E iso sábeno ben os compañeiros e compañeiras de Noia, de Outes, de Redondela, do Morrazo...

Quen vexa o ridículo mapa dos ferrocarrís de Galiza: Catro raias mal trazadas constitúen toda a nosa “rede ferroviaria”. Lonxe de tentar remedialo, agora queren vendernos o AVE como solución. Un negocio tamén destrutor do territorio, elitista, enerxeticamente insustentábel e que de ningún modo solucionará o problema da vertebración do país. saberá do que estamos falando

Por se todo isto fora pouco, os Concellos das nosas vilas e cidades andan a debuxar Planos Xerais de Ordenación que, lonxe de defender o tecido vilego tradicional e mellorar a calidade de vida da cidadanía, consisten en ver quen constrúe e destrúe máis. Un alarde de urbanismo salvaxe que na maioría dos casos pretende duplicar, senón máis, o número de habitantes nun prazo de dez ou quince anos. Pouco ou nada se fala neses planos de servizos, transporte público, carril bici, depuradoras... Construír e destruír a contorna rural é o único lema, sen respectar nin sequera os humedais catalogados pola propia Xunta, nin os cauces dos ríos, nin as praias...

Rexeitamos o modelo de saneamento que as diferentes administracións seguen a potenciar, inzando o país de macrodepuradoras que non son a solución ás necesidades reais das nosas vilas e cidades.

Reclamamos a separación das augas para o seu tratamento e a instalación de mini-depuradoras nos lugares axeitados, fuxindo da marxe litoral, ben dimensionadas e atendendo ás normativas correspondentes, e políticas de control e redución do consumo de auga.

Que non se repita a dura experiencia da veciñanza de Coruxo, onde despois de 10 anos, a luita continua!!

A legalidade urbanística e ambiental é sistemática e impunemente vulnerada coa complicidade das distintas administracións, cando non pola súa propia actuación e iniciativa. O patrimonio histórico, os nosos petroglifos, mámoas e monumentos líticos son presa da destrución máis feroz.

O país reborda de obras, actuacións e proxectos ilegais protexidos e bendicidos polos nosos gobernantes. As sentenzas firmes de derrubo, mesmo as do Tribunal Supremo, nunca son executadas, aumentando a sensación de impunidade e de burla e desprezo á cidadanía.

E que dicir da clase política: cómplices silenciosos e coautores da catástrofe. Uns e outros, todos eles, préganse como nunca á avaricia dos grandes intereses económicos que subvencionan aos seus partidos e subornan as ideas que din representar. Por iso, coa voz dos seus amos, pretenden enganarnos con palabras como progreso, desenvolvemento, crecemento... engadindo sempre, como unha xaculatoria hipócrita, a palabra “sostible”. En realidade o crecemento é só para aqueles que lles pagan. Os recursos de Galiza (e os do planeta) son limitados, e esta carreira de depredación e espolio é un camiño que non leva a ningures. Ou que leva só a hipotecar o futuro dos nosos fillos e a deixar miseria como herdanza ás próximas xeracións.

Quedamos só nós, a cidadanía, o pobo autoorganizado, para defender unha vez máis esta Terra de tanta desfeita.

E por iso estamos aquí.

  • Para amosar que aínda mantemos intacta a nosa dignidade de pobo que non quere morrer.

  • Para denunciar que Galiza está a ser transformada nun deserto de monocultivos forestais, formigón e polución.

  • Para esixir o cumprimento das leis.

  • Para defender a paisaxe, a natureza, a Terra, a nosa identidade e a nosa forma de vida.

  • Para converter este domingo nun día radiante de esperanza para a terra dos nosos pais e dos nosos fillos, para a vida e para o noso ameazado planeta.

GALIZA NON SE VENDE !!
___________

http://galizanonsevende.org/
________________

Enlace relacionado:

Todo preparado para a Manifestación do domingo 17 de febreiro de 2008
____

Todo preparado para a Manifestación do domingo 17 de febreiro

Este domingo 17 de febreiro, ás 12 do mediodía, na Alameda de Santiago de Compostela, a Rede "Galiza Non Se Vende", convoca a toda a cidadanía a participar nunha Manifestación Nacional para demandar un inmediato cambio de rumbo na política medioambiental, industrial e de ordenación do territorio da actual Xunta de Galicia que en moitos dos seus aspectos mostrase continuista coa fragista. Somos cada vez máis as organizacións e persoas que demandamos este cambio e traballamos por el desde diferentes ámbitos. Na nosa Comarca as organizacións que participamos na Rede, asumimos como principal a oposición ao desprósito gasístico de REGANOSA dentro da Ría, este domingo berraremos con forza PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
  • Porque a Ría non se vende.
  • Porque o mundo non está á venda e Galiza tampouco.
  • Porque as persoas e o ambiente deben estar por riba do lucro.
  • Porque é imprescindíbel deseñar e implementar xa un ordenamento territorial baseado na sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social.
  • Porque para isto é necesaria unha cidadanía forte e autoorganizada que sensibilice, presione e achegue alternativas.
Terra viva e vida digna para tod@s!
Todas e Todos a Compostela este Domingo 17 de Febreiro !!
__________________

Enlaces relacionados:

A Xunta Coordenadora da Plataforma Ártabra 21, contra a mal chamada "Ordenanza da Convivencia"

A Xunta Coordenadora da Plataforma Ártabra 21, reunida o pasado Xoves 14 de febreiro, acordou manifestar publicamente o seu rexeitamento á “ORDENANZA DE MEDIDAS PARA FOMENTAR E GARANTIR A CONVIVENCIA CIDADÁ NO ESPAZO PÚBLICO DE FERROL” , por cosiderar que restrinxe a Liberdade de Expresión, dado que pretende penalizar económicamente e de xeito abusivo, un dos métodos de comunicación que utiliza habitualmente o movimento cidadán, cultural, veciñal e social da cidade, para publicitar as súas demandas, actividades e reivindindicacións. A ordenanza só se pode calificar de represiva, reaccionaria e restrictiva de dereitos da cidadanía.

A Plataforma Ártabra 21, decidimos solicitar ao Concello que paralice o proceso de aprobación que está en marcha e inicie un proceso de consultas cos colectivos, asociacións e organizacións que conforformamos o movimento cidadán e veciñal de Ferrol.

A PA21 está disposta a mobilizar ao movimento cidadán, cultural, veciñal e social da cidade, para combater semellante intento de coartar a liberdade de expresión e de restrinxir os dereitos á cidadanía. E lamentamos profundamente que isto se faga desde un goberno municipal que se fai chamar así mesmo "progresista".
_______

Enlaces relacionados:

Borrador da ordenanza de medidas para fomentar e garantir a convivencia cidadá no espazo público de Ferrol
[16.01.2008 - en formato PDF]

Seguridade somete ás aportacións das entidades veciñais a futura ordenanza de convivencia
[13.02.2008]

NÓS-Unidade Popular ante o rascunho da "Ordenança de convivência cidadá"
[15.02.2008]

Surden as primeiras críticas ao borrador da ordenanza da convivencia
[Diario de Ferrol 17.02.2008]

Esquerda Unida rechaza la creación de agentes cívicos propuesta por su socio
[Diario de Ferrol 20.02.2008]

NÓS-Unidade Popular, pola retirada da falsa “Ordenança de Convivência”
[21.02.2008]

___________

venres, febreiro 15, 2008

NÓS-Unidade Popular ante o rascunho da "Ordenança de convivência cidadá"

De: Nosup-trasancos
-nosup-trasancos@nosgaliza.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de fevereiro de 2008 17:03
Asunto: NÓS-Unidade Popular ante o rascunho da "Ordenança de convivência cidadá"



NÓS-Unidade Popular ante o rascunho da "Ordenança de convivência cidadá"

Encaminhamos em anexo a posiçom de NÓS-Unidade ante o rascunho de "ordenança de convivência cidadá" que pretende aprovar o governo municipal de Ferrol o próximo dia 28 de Fevereiro e que atenta gravemente contra os direitos de liberdade de expressom.

Querem calar a voz dos movimentos sociais

Nom à nova “Ordenança de Convivência Cidadá” copiada polo PSOE e IU ao Partido Popular

É difícil defender posiçons contrárias à convivência, e nom seremos nós quem o fagamos. Por isso o governo municipal de Ferrol decidiu dar à nova Ordenança que pretende eliminar a presença pública dos movimentos sociais das ruas de Ferrol o nome de “Ordenança de Convivência Cidadá”. Um nome enganoso que oculta medidas contrárias à livre expressom dos vizinhos e vizinhas organizadas e do activismo social, no meio de outras medidas contra o vandalismo.

Umha ordenança, a proposta polo concelheiro de Participaçom Cidadá, Javier Galán, e a concelheira de Segurança Cidadá, Sandra Rios, que proibirá pendurar faixas, colar cartazes ou repartir folhetos, etc.

Umha ordenança cheia de imposiçons, deveres, restriçons e de sançons económicas, e carente dos direitos correspondentes às pessoas que fazemos uso das nossas ruas, entre outras cousas, para informar de eventos culturais ou realizar reivindicaçons concretas que nos afectam como ferrolanos e ferrolanas.

Umha ordenança que nasceu da iniciativa do governo anterior, formado polo PP e IF, e que o novo retoma de maneira acrítica, assumindo medidas concretas contra o exercício das liberdades civis no nosso concelho.

Especialmente chamativa é a participaçom de Izquierda Unida nesta proposta de ordenança que leva o mesmo nome e mui parecidos conteúdos que a “Ordenança de Convivência” imposta polo Partido Popular no concelho de Cáceres no ano passado. Ali, IU fijo frente a um texto que, como este, tinha um marcado carácter repressivo e contrário à livre expressom e actividade dos movimentos sociais.

Em Ferrol, agora que está no governo, IU propom-nos um texto infumável que mistura e persegue por igual o vandalismo urbano e as actividades dos movimentos sociais nas nossas ruas.

Vejamos alguns exemplos do que poderá acontecer se se aprova a mal chamada “Ordenança de Convivência”

Sim, vejamos alguns exemplos das arbitrárias sançons económicas incluídas no novo texto. No artigo 21 di que pola colocaçom de cartazes, rótulos, pancartas, autocolantes, papéis colados ou outras formas de publicidade, em lugares nom “expressamente habilitados para o efeito pola autoridade municipal”, serám impostas multas de entre 120 e 750 euros. O mesmo pola colocaçom de “cartazes e faixas em edifícios e instalaçons municiapais ou em qualquer espaço público ou elemento da paisagem ou o mobiliário urbano ou natural, sem autorizaçom expressa do concelho”.

Ponhamos alguns exemplos que seriam sancionáveis por esse conceito:

1. A Fundaçom Artábria costuma anunciar o seu Festival da Terra e da Língua por meio de faixas e cartazes feitos à mao ou de imprensa em diferentes pontos do concelho. Em nengum caso causam qualquer desperfeito ou dano em elementos urbanos, mas aplicando as normas impostas na nova Ordenança, Artábria teria que pagar entre 120 e 750 de multa cada vez que figesse isso.

2. O Comité de Emergência promove a distribuiçom de faixas vermelhas com a legenda “Planta de Gás Fora da Ria”, que som colocadas por muitas pessoas em diferentes espaços públicos do concelho, como forma de protesto contra Reganosa. Com a nova Ordenança na mao, também o Comité deveria ser multado com entre 120 e 750 euros.

3. A vizinhança de Sartanha mantivo durante vários anos a sua oposiçom ao projecto de piscina numha praça do bairro, colando amiúde cartazes feitos à mao em diferentes pontos do bairro para denunciar o projecto especulativo do anterior governo. Com a nova Ordenança aprovada, essas acçons propagandísticas mereceriam multas de entre 120 e 750 euros cada umha.

4. A vizinhança de Menáncaro e os colectivos ecologistas da comarca mantivérom durante meses umha faixa reclamando o fim do projecto de construçom de chalés numha zona de grande valor natural do nosso concelho. Se estivesse aprovada a nova Ordenança, essa acçom reivindicativa e cívica custaria entre 120 e 750 euros aos vizinhos e vizinhas de Menáncaro.

5. Organizaçons políticas como Uniom Libertária ou a que assina este texto, NÓS-Unidade Popular, realizam habitualmente campanhas de denúncia mediante a colagem de cartazes e faixas em paredes sem valor patrimonial ou artístico do nosso concelho. Com a nova Ordenança, também essas acçons propagandísticas serám punidas com multas de entre 120 e 750 euros.

6. Poderíamos continuar com a colagem de cartazes com informaçons sobre actos culturais por parte de associaçons vicinais ou culturais de Ferrol. Todo isso vai ficar proibido e duramente perseguido com fortes multas.

Mas os disparates da nova proposta de Ordenança nom ficam aí: o artigo 21 proíbe também “rasgar, esparexer, arrincar e botar no espaço público cartazes, anúncios, faixas e objectos similares”. A partir daí, as pessoas físicas ou jurídicas (entidades) que assinam os cartazes ou folhetos que aparecerem esparexidos no chao serám responsáveis e multadas com entre 120 e 750 euros.

Assim, se um colectivo pom umha mesa de reparto de propaganda, poderá ser multado se aparecerem no chao folhas das que distribui entre as pessoas que circulam pola zona, com umha multa de entre 120 e 750 euros.

No caso de murais ou pintadas, a nova Ordenança nom se limita a proteger edifícios ou muros privados ou de valor artístico e/ou patrimonial. Em lugar disso, no artigo 18 proíbe qualquer mural ou pintada, reivindicativo ou artístico, em qualquer espaço urbano, sem mais excepçom que a que contar com licença de um proprietário ou do próprio concelho. E aí as multas som ainda mais elevadas, indo dos 750 aos 3.000 euros.


Portanto, um mural realizado num muro abandonado e deteriorado, sem nengumha funçom concreta, será punido com umha multa de, como mínimo, 750 euros, mesmo sem que haja nengum tipo de reclamaçom ou denúncia por parte da pessoa proprietária. Só porque assim o determina esta antidemocrática Ordenança.

Conclusom: nom é a Ordenança da Convivência, é a ordenança para calar a voz dos movimentos sociais

Nom estamos a falar de ciência ficçom. Estes casos estám a dar-se já em concelhos que aprovárom ordenanças semelhantes às que agora nos proponhem o PSOE e IU em Ferrol. Assim acontece, por exemplo, em Compostela, onde som contínuas as denúncias e fortes multas contra associaçons de todo o tipo por fazerem publicidade das suas actividades.

Queremos insistir num facto importante: a Ordenança mistura o vandalismo urbano e o legítimo activismo das entidades sociais e vicinais. As sançons e proibiçons enchem as suas páginas sem que contenham como co-relato nem umha só enumeraçom de direitos sobre os usos dos espaços públicos do concelho.

Jogando com a nossa vontade de melhorar a habitabilidade do nosso concelho, o governo municipal promove um texto que permitirá actuaçons repressivas de maneira arbitrária contra o tecido associativo que considere incómodo ou crítico, enquanto os grandes partidos e as empresas privadas poderám continuar a lançar as suas mensagens publicitárias em espaços exclusivos de pago nas melhores ruas da cidade.

De NÓS-Unidade Popular consideramos fundamental que os movimentos sociais de Ferrol fagamos frente a esta agressiva proposta de Ordenança que, ao contrário do que di o seu nome, nom vai melhorar a convivência. Só vai promover a perseguiçom contra quem se move e reivindica na rua, um direito que devemos proteger frente a quem quer reduzir a democracia à emissom do voto umha vez cada quatro anos.

Que fazer?

Segundo os prazos previstos, a nova Ordenança será discutida em audiência com as associaçons vicinais no dia 14 de Fevereiro, onde serám recolhidas as suas sugestons. No dia 18 de Fevereiro, passará pola Comissom Informativa de Segurança, e no plano de 28 de Fevereiro irá a um Pleno Ordinário onde se votará o texto definitivo.

É necessário dirigir-se aos responsáveis políticos desta Ordenança e pedir-lhes a sua retirada. Especialmente, devem ser retirados os artigos 18 e 21, que atacam directamente a actividade de numerosas associaçons e entidades culturais, sociais, sindicais e políticas do concelho. Mas o conjunto da Ordenança é contrária a umha regulaçom democrática ao carecer de qualquer mençom aos direitos concretos das pessoas e à sua garantia, limitando-se a enumerar deveres e regimes sancionadores, com astronómicas multas em muitos casos injustificadas.

Umha leitura mais demorada da Ordenança permitirá sem dúvida umha crítica mais precisa e ampla, mas o silêncio com que está a ser levado o procedimento impediu-nos analisá-la com tempo. Convidamos-vos a fazer a vossa própria leitura e tomar a iniciativa contra este disparate jurídico que atenta contra os direitos democráticos da maioria.

Ferrol, Fevereiro de 2008

NÓS-Unidade Popular
_________

Quen queira copia da ordenanza referenciada ou o do documento de posición de Nós-Up ante a mesma, pode solicita-lo a:
nosup-trasancos@nosgaliza.org
______________
________

Homenaxe a Carmelo Teixeiro en Caranza [15.02.2008]

mércores, febreiro 13, 2008

Carta perdida: A catástrofe de Reganosa

Opinión

De: amadeo -avarela36@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de fevereiro de 2008 23:26
Asunto: Carta perdida: A catástrofe de Reganosa




A catástrofe de Reganosa

Algunhas cadenas de televisión nos ofrecen a cotío reportaxes documentais de graves acidentes, baixo os títulos de “Grandes Catástrofes” ou “Segundos Catastróficos”, nos que, unha vez estudiadas as circunstancias dos desastres polos especialistas correspondentes, aparece case sempre como causante a concatenación de feitos que, aisladamente resultarían inofensivos.

Un pedazo de ferro aparentemente inofensivo, esquecido nunha pista dun aeroporto, ocasionou o desastre dun “Concord”: Un neumático do tren de aterraxe estalou, a llanta da roda ó tocar no chan fixo saltar chispas que, dalgún xeito, prenderon lume nun depósito de combustible.

Nunha cidade de Norteamérica, o contacto entre dúas tuberías de distintos materiais provocou unha pequena corrosión teóricamente imposible. A corrosión perforou a tubería de combustible, que durante moito tempo espallou gas polo subsolo da cidade; o cheiro alertou ós cidadáns, mais ninguén atopou a causa. Un día de moito calor produciuse unha serie de explosións que case borraron do mapa á cidade enteira.

Un inestable vaso plástico de café, verteu o seu líquido nos controles dun gran avión: O inofensivo café filtrouse polo medio dos conductores eléctricos e fixo curtacircuito entre dous terminais, provocando o sinal erróneo de avaría nun dos motores, inducindo ó piloto a desconectalo. Pouco despois, sucedeu o mesmo co segundo motor, o que obligou ó piloto a desconectalo tamén e tentar unha aterraxe de emerxencia que rematou en desastre total.

Noutro avión, algún operario esqueceu un pedazo de cinta plástica utilizada para protexer os sensores nas operacións de limpeza. Os sofisticados circuitos electrónicos, faltos da sinal dos sensores, transmitiron informacións erróneas e contradictorias de altitude e velocidade. Os pilotos estiveron voando practicamente a cegas durante certo tempo, e o desastre foi o resultado final.

Despois dos minuciosos estudios para averiguar as causas destes e outros accidentes, a conclusión final establece como desencadenante dos feitos a estupidez humana e moitas veces os intereses económicos.

Segundo estas conclusións, un desastre na estación regasificadora de Reganosa no pode tardar, tendo en conta que xa se produciron os primeiros fallos debidos á estupidez humana: o emplazamento da planta, pola teimosía de Fraga e Tojeiro; o consentimento das Autoridades e dos Políticos, polos intereses económicos; a apatía resignada dun pobo afeito a aturar todas as desgracias que lle botan enriba.

A cadea de despropósitos xa comezou. É cuestión de tempo que se vaian engadindo os seguintes elos: unha válvula atascada, unha tormenta imprevista, unha “agulla rocosa” no canal…

¿Pesimista? Non. Hai cousas que se ven vir.

Amadeo Varela Rodríguez
avarela36@mundo-r.com
______

martes, febreiro 12, 2008

15 de febreiro Homenaxe a Carmelo Teixeiro

De: Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de fevereiro de 2008 19:33
Asunto: 15 de febreiro Homenaxe a Carmelo Teixeiro



Organizada polo
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol


O Venres, 15 de Febreiro, ás 12 h.
no Parque próximo a Ermida de Santa María de Caranza


Celebrarase unha
HOMENAXE A CARMELO TEIXEIRO.


Con invitación expresa a toda a cidadanía

Plantaránse tres árbores, monumento vivo a súa lembranza.
Intervirá un orador e un representante da súa familia
e recitaránse uns poemas,
Rematando cunha interpretación musical.
A continuación sairán do espigón próximo varias embarcacións
que trasladarán a súa familia, mariscadores, compañeiros e amigos
ó centro da Ría, onde serán depositadas as súas cinzas.

Blog solidario coa veciñanza de Meá

Prégase participación e difusión.

______________

Enlaces relacionados:

_____


______________

Blog solidario coa veciñanza de Meá

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade:
C/C en BBVA
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
0182-0181-59-0201548440

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
Codigo BIC: BBVAESMMXXX
IBAN
ES96 0182 0181 5902 0154 8440

_________
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

O gaseiro "Catalunya Spirit" está á deriva perto de Boston - EE.UU.

De: Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de fevereiro de 2008 10:43
Asunto: O gaseiro "Catalunya Spirit" está á deriva perto de Boston - EE.UU.



O gaseiro "Catalunya Spirit" está á deriva perto de Boston - EE.UU.

Segundo as axencias de noticias o gaseiro "Catalunya Spirit" está á deriva a 35 millas ao leste de Chatham (Massachussetts). O gasero perdeu toda a potencia propulsiva cando se dirixía ao porto de Boston para descargar a carga de GNL na terminal de EVERETT. O gasero procedía das plantas de TRINDADE TOBAGO. O buque leva a bordo a 29 tripulantes.

O servizo de gardacostas dos EE.UU. (USCG) xa están na zona co seu buque "Cutter Escanaba" para axudarlle nas comunicacións. O armador do buque pediu a asistencia de dous remolcadores cando se iniciou a situación de alerta. Onte á tarde pediu outros dous máis dada a situación de mal tempo.

Este buque é de recente construción aínda que xa se lle detectaron serios problemas no illamento de tres dos seus tanque nunha inspección rutineira en Navantia, ao parecer debido ao fenómeno Sloshing dentro dos tanques.

Este accidente reforzará sen dúbida a opinión do USCG de que non ten efectivos suficientes para atender accidentes en buques gaseiros nas proximidades das costas de EE.UU. Recentemente o USCG emitiu un informe negativo para a navegación dos gaseros na bahía de Narrangasett onde o concello de Fall River está presentando unha batalla legal e política para unha empresa gasera NON consiga situar unha planta preto desta cidade.

Pola súa banda o GAO -Ofcina de Control do Congreso USA- emitiu un informe requirindo ao FERC -Comisión reguladora de enerxía de USA- que non autorice ningunha planta nas proximidades en tanto os expertos en GNL non se poñan de acordo sobre os perigos destas plantas.

O palacio gobernamental -Statehouse- de Massachussetts vai votar nuns días unha proposta de lei que prohibe situar estas planta a menos dunha milla de distancia de zonas habitadas.

Ler máis en:

http://wbztv.com

http://www.marinelog.com
http://www.bostonherald.com
http://wormius.blogspot.com

Saúdos

Envía www.f-cape.org
Colectivo Universitario Opositor a Planta de Gas (GNL) da ría de Ferrol (Galicia)
________________________

Día 15 de febreiro en Cedeira: Presentacion "Muros d Silencio"

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de fevereiro de 2008 20:48
Asunto: Presentacion "Muros d Silencio" e Razón Socialista en Cedeira



Presentacion "Muros d Silencio" e Razón Socialista en Cedeira


Organiza
fuco buxán
Asociación Cultural

ACTO PÚBLICO:

Presentación do libro:
"Muros de Silencio".
Corrupción e ameaza na Ría de Ferrol. O caso REGANOSA.

Presentación do nº 23 da Revista:
"Razón Socialista"

Venres, 15 de febreiro, ás 20 h.
AUDITORIO MUNICIPAL
DE CEDEIRA

Presenta:
Xosé Luis Vergara
Alcalde de Cedeira

Interveñen:
Manuel A. Rodríguez Carballeira
Presidente da A.C. Fuco Buxán
Enrique Barrera Beitía
Historiador
José Torregrosa
Director da Revista "Razón Socialista"

Entrada libre. Prégase difusión.

--
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

luns, febreiro 11, 2008

17 de febreiro, Manifestación Nacional en Compostela na defensa da Terra, do noso litoral, dos nosos ríos, dos nosos montes, dos nosos bairros, ...

O vindeiro domingo 17 de febreirode 2008, vai ter lugar unha Manifestación Nacional en Compostela, con saída as 12 do mediodía desde a Alameda.

As organizacións que forman parte da Rede "Galiza Non se Vende" nesta Comarca, mantivemos unha reunión hai unhas semanas no Ateneo Ferrolán, onde decidimos centrar a reivindicación na oposición á Planta de Gas que REGANOSA localizou, coa complicidade institucional e política, dentro da Ría de Ferrol.

Desde a Comarca, as organizacións e colectivos [ADEGA, Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Colectivo Fusquenlla de Pontedeume, Plataforma Ártabra 21, Sociedade Galega de Historia Natural -SGHN- e VERDEGAIA] que formamos parte da Rede decidimos contratar un ou dous Auto-Buses dependendo dademanda que haxa. Os precios obscilarán entre 5 e 6 €, tamén dependendo do número de persoas. Para apuntarse podes enviar unha mensaxe ao correio-e da PA21 [artabra21@gmail.com] ou chamar aos telefones 690612737 [Alexandre] ou ao 649024612 [Mel]. Os autobuses teñen previsto a súa saída ás 09:30 hrs desde a Praza de Galiza frente ao edificio de Correios de Ferrol e o seu regreso ao terminar os actos en Compostela.


Cuña dos companñeiros e compañeiras de
Rádio FilispiM - 93.9FM



Descarga a entrevista en MP3


MANIFESTO DA CONVOCATORIA

A nosa vida non se entende sen o territorio: sobre el temos a nosa vivenda, por el nos desprazamos, del tiramos alimento e enerxía, nel deitamos os nosos residuos, traballamos, pasamos o noso tempo de lecer… e facémolo desde hai séculos, nel está a nosa historia.

O territorio que habitamos conta con paisaxes fermosas ou singulares e alberga, ademais, moitas outras formas de vida, acubilla biodiversidade.

O territorio condiciona as nosas vidas, mais tamén temos unha cada vez maior capacidade de modificalo. Combinando desleixo e unha estrema ambición depredadora, levamos décadas destruíndoo e xustificámonos argumentando que é para xerar emprego, para nos desenvolver, para vivir mellor…

Este uso insustentábel do territorio está destruír a paisaxe e o noso patrimonio cultural, está a empobrecer a biodiversidade, está a empeorar a nosa calidade de vida e a hipotecar a das xeracións futuras, para, como moito, enriquecer a unha minoría. Galiza perde poboación ao tempo que estende o seu solo artificializado. Urbanismo caótico, infraestruturas de transporte irracionais, piscifactorías, campos de golf, portos deportivos, encoros, parques eólicos indiscriminados, paseos marítimos e fluviais ríxidos, recheos, monocultivos de especies exóticas e invasoras, nulo respecto polas figuras de protección ambiental e os espazos naturais protexidos… teñen unha cousa en común: a inexistencia dun ordenamento territorial ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto. Estamos a atinxir un elevado nível de destrución do territorio, mais aínda temos capacidade para reaxir. Aínda é posíbel deseñar e desenvolver unha política de ordenamento territorial guiada pola sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social: que respeite a paisaxe e o patrimonio, que nos permita convivir cunha rica biodiversidade, que mellore a nosa cualidade de vida sen hipotecar a das xeracións futuras. Sabemos que a xeración de emprego de cualidade, o aceso a unha vivenda digna e o gozo do noso tempo de lecer non é incompatíbel coa sustentabilidade, senón todo o contrario, e por iso demandamos un inmediato cambio de rumbo. Somos cada vez máis as organizacións e persoas que demandamos este cambio e traballamos por el desde diferentes ámbitos. Porque o mundo non está á venda e Galiza tampouco. Porque as persoas e o ambiente deben estar por riba do lucro. Porque é imprescindíbel deseñar e implementar xa un ordenamento territorial baseado na sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social. Porque para isto é necesaria unha cidadanía forte e autoorganizada que sensibilice, presione e achegue alternativas.

Terra viva e vida digna para tod@s!
_________________

Enlace co Manifesto, se queres podes assiná-lo:

MANIFESTO NA DEFENSA DA TERRA


Enlace coa web da Rede "Galiza Non Se Vende"

http://galizanonsevende.org/
______________

xoves, febreiro 07, 2008

Centos de persoas despiden a Carmelo Teixeiro ... Concentración contra a entrada na Ría dun novo Gaseiro ... A Revolta consigue outro 1º Prémio


Pasadas as 6 da tarde, do 6 de febreiro, no cemiterio de Catabois, tiña lugar o enterro de Carmelo Teixeiro, nun acto onde centos de persoas rendiron unha merecida homenaxe ao que foi Coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia desde a súa constitución o 17 de Xullo de 2001.

Despois dunha cerimonia relixiosa, pois Carmelo era creente, interviron "Lalán", no nome da Asociación Cultural "Fuco Buxán" e Monse Garel no do Comité Cidadán de Emerxencia, que falaron con emotivas palabras, valorando a entrega e o compromiso do compañeiro Carmelo. Logo no nome da familia interviu o fillo maior Juan Ramón que agradeceu as mostras de apoio e recoñecimento, para pasar a expresar con palabras a lembranza do seu pai, a dor que sentían e a esperanza de que se consigan os obxectivos polos que loitaba Carmelo.

O venres 15 de febreiro, vai ter lugar un acto de recoñecimento a Carmelo Teixeiro, onde se van plantar tres carballos no bairro de Caranza que simbolizarán o seu compromiso e entrega, así como tamén, o mesmo día, espaciranse parte das súas cinzas pola Ría de Ferol. Mais adiante informara-se con concreción dos Actos.

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Hoxe, tiña lugar con moito suceso, unha nova concentración sonora, no Porto de Ferrol, contra a entrada do gaseiro "Cheikh el Mokrani", cargado con GNL para REGANOSA. Este é un buque mono-casco e máis pequeno que os anteriores, e dase a circunstáncia que na relación de buques metaneiros compatíbeis coas terminais da península, non figura como compatíbel coa terminal de Mugardos, cousa que teremos que investigar, así como a responsabilidade, se a hai, da Autoridade Portuaria neste asunto. Coa entrada na Ría do "Cheikh el Mokrani", xa son 14 os buques que entraron, poñendo en perigo a seguridade e a vida de miles de persoas.


O pasado Martes de Antroido, 5 de febreiro, A Revolta de Trasancos, cunha comparsa de 65 persoas conseguia o 1º Prémio á Comparsa mellor valorada deste Antroido 2008. Non publicaríamos esta noticia hoxe aquí, se non fose porque "A Revolta Chalaneira e os seus gases ..." representa a Loita das lanchas de Mariscador@s e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, contra a ilegal e perigosa REGANOSA e os seus ameazantes gaseiros cargados de GNL. O pasado sábado A Revolta tamén foi o 1º Premio en Narón. Que a loita contra a Planta de Gas sexa paseada por toda a comarca, aindaque sexa en forma de comparsa e cançons, é moi importante.
___________

Enlaces relacionados:

Morreu Carmelo Teixeiro, Coordenador do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol
_______________