mércores, novembro 26, 2008

O "Grande Anel Verde", do Concello de Ferrol incluirá a "Fraga de Menáncaro", segundo Angel Mato, Concelleiro de Urbanismo

A Comunidade Menáncaro e as organizacións ecoloxistas veñen mantendo contactos coa Concellería de Urbanismo desde hai tempo e de forma periódica, nun exercicio de controlo democrático da marcha da execución dos acordos plenarios e compromisos electorais e de goberno, referidos a protexer a Fraga de Menáncaro das mans especuladoras e conserva-la como espazo natural de alto valor ecolóxico e pasaxístico. O pasado Xoves, 19 de Novembro foi a última reunión mantida, onde se informou dos pasos que se ían a dar, de propor o estudo para a limitación dun espazo protexido e a conseguinte modificación do PXOM [Plano Xeral de Ordenación Municipal]. Hoxe sae no medios a noticia, polo que pola importancia da mesma, a transcribimos a continuación.

Menáncaro, carvallo centenario [Miguel Angel Fernández]

O Concello de Ferrol propón unha zona verde de 110.000 metros cadrados na fraga que PP e IF querían urbanizar

O BNG xa votou a favor do proxecto na Comisión de Urbanismo, pero o PSdeG necesita de máis apoios para sacalo adiante no pleno

FERROL, 25 Nov. (EUROPA PRESS) -

O goberno local de Ferrol, presidido en minoría polo PSDEG, levará ao pleno municipal a paralización durante un ano da concesión de licenzas de parcelamiento, edificación e derriba nun área de 110.000 metros na contorna da Fraga de Menáncaro, como paso previo á modificación do plan urbanístico para preservar a zona e crear un "gran anel verde".

O PSdeG levou á Comisión de Urbanismo de hoxe a paralización da concesión de licenzas e o estudo sobre o ámbito urbanístico dun "eixo verde" que se estenderá desde a ensenada da Malata ata o Val de Mandiá, con ramificacións cara aos lugares da Bailadora e de Pazos, seguindo o río Sardiña, un das últimas contornas fluviais respectados polo crecemento urbanístico.

A Fraga de Menáncaro, que se incluirá no "anel verde" anunciado hoxe polo concelleiro de Urbanismo, Anxo Mato, converteuse nun dos principais conflitos cidadáns para a anterior coalición municipal formada por PP e Independentes por Ferrol. O seu proxecto de urbanización da zona con 80 chalés e un hotel de luxo provocou airadas protestas veciñais e foi finalmente anulado en agosto de 2007, tras as eleccións municipais e a vitoria dos socialistas, polos votos do PSOE, de EU e do BNG.

O valor da fraga está avalado por informes da Consellería de Medio Ambiente e da Dirección Xeral de Patrimonio, que constatan a presenza de ata 12 especies en perigo de extinción -sobre todo anfibios e réptiles-, de aves como falcóns peregrinos, de carballos e castiñeiros centenarios, e de elementos patrimoniais como muíños e mámoas ou castros en vías de catalogación.

NECESIDADE DE APOIOS

A suspensión de licenzas durante un ano e a aprobación do estudo sobre o "eixo verde" foron votados a favor na Comisión de Urbanismo polo PSOE e o BNG. Os outros tres grupos políticos, PP, EU e IF, reserváronse para o pleno. Os socialistas precisarán o apoio dalgunha destas formacións ante a súa situación en minoría, con nove concelleiros de 25, que non liquida o apoio dos nacionalistas, con só dous edís.

Os dous puntos serán abordados no pleno municipal desta semana, como paso previo á modificación puntual do Plan Urbanístico para a zona e a súa adaptación á Lei do Só de Galicia. Anxo Mato fixa o prazo de 12 meses para concretar, co visto e prace da Consellería de Política Territorial, uns cambios que permitirán crear "espazos públicos de esparexemento e lecer" con rutas peonís ou para bicicletas, similares aos que existen nas contornas fluviais de Ourense ou Lugo.

O goberno local confía en dispor de investimentos procedentes do Ministerio de Medio Ambiente ou da Unión Europea, para avanzar nun proxecto de "urbanismo compatible coa preservación da contorna" co que se aproveitará a "oportunidade" que para a Administración supón o chegar a tempo de evitar un prexuízo que sería irreparable", segundo afirmou Anxo Mato.

O Concello encargará tamén unha valoración sobre as indemnizacións ás que terá que facer fronte debida ao cambio de cualificación puntual do chan. En todo caso, Mato sostén que, como na contorna da Fraga de Menáncaro "a propiedade do chan non vai cambiar", a Administración local tan só tería que facerse cargo dos traballos técnicos realizados no proxecto de urbanización.

Enlace coa noticia orixinal
______________

Blogs da Comunidade Menáncaro:
http://menancaro.blogspot.com/
http://fragademenancaro.blogspot.com/
http://menancaroexpress.blogspot.com/

Correio-e da Comunidade Menáncaro:

menancaro@gmail.com
______________

Vindeiras convocatorias do Foro Social Galego

De: Foro Social galego
-forosocialgalego@forosocialgalego.org-

Para: artabra21@gmail.com
Data: 25 de novembro de 2008 20:39 Asunto: Vindeiras convocatorias do Foro Social Galego



Presentación do
Foro Social Galego

en Ferrol

Benquerid@s amig@s, nos vindeiros días teremos as seguintes citas:

Palestra sobre o FSGal en Ferrol (venres, 28 de novembro)
PRESENTACIÓN DO FORO SOCIAL GALEGO
Dirixida a movementos sociais, persoas a título individual e medios de comunicación
VENRES 28 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón do Ateneo na rúa Magdalena de Ferrol.

Xuntanza preparativa do voluntariado do Foro, tanto voluntari@s en xeral como xornalistas voluntari@s
Día: 29 de novembro, sábado.
Hora da convocatoria: 11:00h
Lugar: Centro Cultural de Vite, Rúa Pintor Carlos, 4 (tamén Carlos Maside). Vite - Santiago (achégase plano de situación do centro).

NOTA: Os gastos de desprazamento para acudir a esta xuntanza, así como os ocasionados para acudir ao FSGal e a manutención durante o evento correrán a cargo da organización do Foro Social Galego. Logo de celebrado o FSGal a Comisión de Finanzas será a encargada de reembolsarvos os ditos gastos.

Se tedes problemas para acudir, e seguides interesados/as en colaborar durante o FSGal enviade unha mensaxe para que vos teñamos en conta se é posíbel.
É moi importante que confirmedes asistencia

Sen máis,
Un saúdo
Consello do FSGal
http://forosocialgalego.org/index.php
________________

martes, novembro 25, 2008

Un ano na rede de "Canido Sostible"


O pasado mércores, 19 de Novembro de 2008, o Blog "Canido Sostible" celebrou o seu 1º aniversario. Este Blog, escrito na nosa lingua, ten un grande valor, só hai que navegar no seu contido, para reafirmar-se no dito. E agradábel atopar na rede traballos como o desenvolvido neste Blog que pretende ser "A recuperación da memoria histórica dun barrio combativo".

Ánimo e adiante !
Saúde e Liberdade !

http://canidosostible.blogspot.com/
_________________

luns, novembro 24, 2008

O 36 buque cargado con GNL para REGANOSA, ten previsto entrar na Ría este Martes 25 de Novembro, ante isto unha nova acción de protesta está convocada

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de novembro de 2008 10:36
Asunto: Martes 25 novbro. CONCENTRACION Gaseiro nº 36




Martes 25 Novembro. CONCENTRACION Gaseiro nº 36



Prevista a entrada na Ría do gaseiro nº 36

O Comité Cidadán de Emerxencia

Convoca unha

CONCENTRACIÓN

Diante do Edificio da Xunta de Galicia
(Praza Amada García – Ferrol)

Martes, 25 de novembro, ás 7 da tarde.


Características do buque:

"LNG Bilbao Knutsen" – Bandeira: España - Eslora.- 284.4 m –
Manga.- 42.50 m Calado Máxinmo.- 12.30 m -
Capacidade.- 138.188 m3


¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !
--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

domingo, novembro 23, 2008

Manifesto 25N do 2008, no Día Internacional Contra a Violencia Machista

[Para ampliar clicar acima da imaxe]

25 de Novembro Día Internacional Contra a Violencia Machista: Concentración en Ferrol

O martes 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista, ás 20 horas na Praza 8 de Marzo (entre a rúa Rubalcaba e a rúa Almendra) de Ferrol, a Coordenadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra convoca unha concentración de repulsa da violencia machista que vivimos día a día no noso país.

Esta concentración é unha máis de todas as convocadas polas distintas coordenadoras locais da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza, que estamos a programar diferentes actos reivindicativos para rematar con esta lacra que provoca a morte e o maltrato físico e psicolóxico de moitas mulleres en todo o mundo.

Baixo un lema común, “Sementando un futuro sen violencia machista”, un ano máis a Marcha Mundial das Mulleres sae a rúa berrando que outro mundo é posible se sementamos na nosa vida valores que fagan desaparecer o sistema patriarcal que alimenta a violencia machista.

A Marcha Mundial das Mulleres elaborou, nesta ocasión, un manifesto para esixir o fin da violencia contra as mulleres e reclamar de toda a cidadanía a súa implicación na construcción dunha sociedade educada en igualdade.

Coma se dunha horta se tratase, queremos sementar todos os valores que conseguirán rematar coas desigualdades que xeneran a violencia machista: autoestima, respecto, diversidade, tolerancia, coeducación, paridade, solidariedade, xustiza, paz… e rematar coas malas herbas que invaden a nosa horta impedindo o crecemento das nosas froitas: menosprecio, prepotencia, desigualdade, opresión…

O próximo martes, 25 de novembro, estaremos na Praza 8 de Marzo sementando un futuro sen violencia machista e repartindo sementes entre todas e todos os asistentes para garantir e continuar co coidado da nosa horta e do noso futuro.

Rogamos a maior difusión desta convocatoria e esperamos a vosa asistencia.

Coordenadora Comarcal de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres.

________

Situación da Praza Oito de Marzo, en relación á Praza do Concello de Ferrol:

[Para ampliar clicar acima da imaxen]

_________

Manifesto:

Sementando un futuro sen violencia machista

_________

Marcha Mundial das Mulleres

marchagaliza@feminismo.info

http://www.feminismo.info

______________

O 25 de Novembro no Teatro Jofre, tertulia e presentación da obra de Teresa Moure: "Unha primavera para Aldara"

De: bartoleta teatro -bartoletaferrol@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de novembro de 2008 11:59
Asunto: TERTULIA "O Teatro Jofre e os seus protagonistas"




Organizado pola Asociación “Amigos do Jofre” :

TERTULIA "O Teatro Jofre e os seus protagonistas"

TERTULIA-PRESENTACIÓN

da obra de Teatro "Unha primavera para Aldara" de Teresa Moure e Cía. Teatro do Atlántico

Obra a representar no Teatro Jofre, o venres 28 de Novembro

Data.- Martes 25 de Novembro 2008 ás 20:00 h.
Lugar.- Sala do Ambigú do Teatro Jofre

Participarán na TERTULIA:

TERESA MOURE.- Autora do texto
XULIO LAGO.- Dramaturxia, Dirección de escena e deseño de Iluminación
MARIA BOUZAS.- Actriz, encarna o papel de ALDARA
BELÉN CONSTENLA.- Actriz, encarna o papel de D. NUNO

Información máis completa aquí, nun ficheiro en formato -pdf-

Entrada libre

Visita a nosa páxina web en :
http://spaces.msn.com/members/bartoletaferrol
_______________

Mesa redonda-coloquio a celebrar o próximo martes día 25 de Novembro en Caranza: "A defensa medioambiental: Unha visión plural"

De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
ADEGA - Trasancos
Para: artabra21@gmail.vom
Data: 23 de novembro de 2008 13:05
Asunto: NOTA INFORMATIVA: MESA REDONDA.DEFENSA MEDIOAMBIENTAL.25.nov.2008.C.Civico Caranza



Remitimos esta nota informativa referente a unha mesa redonda-coloquio a celebrar o próximo martes día 25 de Novembro, en Ferrol, ás 8 da tarde no Salón de Actos do Centro Cívico de Caranza, có título "A defensa medioambiental: Unha visión plural", por se tedes a ben informar dela.

Atentamente:

Antonio García J
Vogal de Adega-Trasancos
Telefonos 981324707 e 625878352
correo-e: angaji@yahoo.com
Ferrol


Nota. Informacións adicionais.

* Na web de ADEGA no sitio http://www.adega.info/

* Suso L Piñeiro, Pte Adega-Trancos:639288263; e Antonio Gª: 625878352

MESA REDONDA – COLOQUIO

A DEFENSA MEDIOAMBIENTAL: UNHA VISIÓN PLURAL

CENTRO CÍVICO. CARANZA. FERROL

25 NOVEMBRO 2008 ÁS 8 DA TARDE

COA PARTICIPACIÓN DE:
  • ADEGA. Fins Eirexas. Secretario Executivo: “A contaminacion do Eume e da lagoa d’As Pontes”
  • Lápis Verdes. Camilo Casal. Presidente de Lapis Verdes Colectivo de educación ambiental. “Enerxía Nuclear”
  • Comité Cidadán Emerxencia para a Ría de Ferrol. Luz Marina Torrente. “Movilización cidadá contra a planta de gas de Mugardos”
  • Plataforma afectados polígono Vilar do Colo. Suso Oca. Directivo da Plataforma: “Polígonos industriais ou polígonos especulativos?
  • SGHN. Paulino Gasalla. Ex-Presidente da Sociedade Galega Historia Natural. “Contaminación lumínica”
  • Moderará Suso L. Piñeiro [Presidente de Adega-Trasancos]
_______________

Unha mirada desde o Sur

Por Amy Goodman

Evo Morales sabe acerca de "cambios nos que un pode confiar". Tamén sabe o que pasa cando se forza a unha elite poderosa a que faga cambios que non quere.

Morales é o primeiro presidente indíxena de Bolivia, o país máis pobre de América do Sur. Asumiu a presidencia en xaneiro de 2006. Enfrontándose á poderosa oposición interna, nacionalizou os xacementos de gas natural de Bolivia, o que transformou a estabilidade económica do país e, curiosamente, enriqueceu á mesma elite que criticara nun principio devandita decisión.

Con todo, a reacción violenta da oposición chegou ao seu punto álxido en Setembro. Nunha entrevista en Nova York esta semana, Morales díxome: "O sector opositor, a dereita -decide facer un golpe de estado civil- Non puideron".

Como resposta a esta situación, os presidentes das nacións de Sudamérica reuníronse en Chile para realizar un cume de urxencia, liderada polas presidentas Michelle Bachelet, de Chile, e Cristina Kirchner, de Arxentina. O grupo fixo unha declaración pública de condena á violencia e de apoio a Morales.

Na entrevista, Morales tamén dixo: "E quero mostrar o meu respecto nos Estados Unidos á comunidade internacional. Todo o mundo condenou o atentado á democracia, atentado contra o estado de dereito, menos o goberno dos Estados Unidos. Menos o embaixador dos Estados Unidos. É impresionante".

[Acceder ao interesante artigo completo, no Blog "Difundindo Democracy Now! desde Galiza"]


Boletíns Informativos
Democracy Now!
http://www.democracynow.org/
Democracia Xa!
Difundindo Democracy Now! desde Galiza
http://democracia-xa.blogspot.com/

____________

sábado, novembro 22, 2008

26N: Galiza libre de transxénicos!

O vindeiro Mércores, 26-N, ás 11:30 am todas/os ao Parlamento Galego!!!
Debate da Proposición non de lei para a declaración da Galiza zona libre de transxénicos.

Representantes da Plataforma Galega Antitransxénicos acudirán ao debate.
Mentras, no exterior, organizarase unha acción-protesta (pancartas, disfraces...) para deixarmos ben claro que o povo galego rexeitamos a manipulación xenética da Nosa Terra.

Estamos perante dunha oportunidade histórica. Tods sabemos o muito que hai que traballar para cambiar as cousas, desta vez estamos a tempo de paralas antes de que sucedan.

A nosa terra zona libre de transxénicos, todas/os nós somos responsábeis desta loita.

21 de novembro de 2008 22:59
serxio regos garcia -garciadktc@hotmail.com-
__________________

venres, novembro 21, 2008

NÓS-Unidade Popular nom vai participar na manifestaçom de apoio ao Plano Ferrol

De: nosup-trasancos@nosgaliza.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de novembro de 2008 13:47
Assunto: NÓS-Unidade Popular nom vai participar na manifestaçom de apoio ao Plano Ferrol


A esquerda independentista galega tem-se manifestado sempre contrária a qualquer mobilizaçom conjunta entre todos os agentes políticos, sociais e sindicais, por supor umha desnaturalizaçom dos objectivos reivindicativos que pudessem ter. Por princípio, trabalhadores e empresários, oposiçom de esquerda e governo de direita, feministas e agressores, nacionalistas galegos e imperialistas espanhóis… sectores opostos nom podem coincidir nas suas reivindicaçons nem manifestar-se juntos, pois, nesse caso, contra quem iriam dirigidas as suas demandas?

No caso do Plano Ferrol, a manifestaçom convocada para este domingo, dia 23 de Novembro, responde a esse esquema da confusom de interesses e de ocultaçom da luita nacional e de classses, com o apoio expresso do PP, de IF, de IU e de governos municipais do PSOE como o que preside, em Ferrol, Vicente Irisarri.

Junto a eles, empresários e sindicatos, unidos por nom sabemos que interesses comuns, reivindicarám infraestruturas frente a nom se sabe quem, já que as instituiçons a quem dirigem as suas supostas reclamaçons som governadas por parte dos participantes na manifestaçom deste domingo.

Frente a iniciativas confusas como a representada pola Associaçom Impulsionadora do Plano Ferrol (AIPF), NÓS-Unidade Popular defende umha plataforma de classe que situe no centro do debate social o direito a produzir da nossa comarca, com destaque para a construçom naval civil de titularidade pública, proibida por motivos políticos das elites económicas espanhola e europeia, contrários aos interesses da classe trabalhadora galega.

A defesa da mais estrita independência de classe e a perspectiva da defesa dos direitos nacionais galegos, com total claridade e transparência, é a melhor garantia para evitarmos o esmorecimento definitivo da nossa comarca e do nosso país.

Assembleia Comarcal de Trasancos de NÓS-Unidade Popular

Ferrol, 21 de Novembro de 2008
___________________

O luns 24 de Novembro, conferencia en Ferrol de Elsa Sánchez de Osterheld: "Testemuño dunha avoa da Praza de Maio"

De: BNG -bng@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de novembro de 2008 12:31
Assunto: Acto público.O testemuño dunha avoa da praza de maio


Acto público: Testemuño dunha avoa da Praza de Maio.

A Dirección Xeral de Xuventude, está a desenvolver un ciclo de conferencias por todo o país que abordan diversas cuestións de caracter sociaL a vindeira terá lugar en Ferrol e abordará

O TESTEMUÑO DUNHA AVOA DA PRAZA DE MAIO

O Vindeiro Luns 24 de novembro a partir das 20 horas estará en Ferrol na Galeria Sargadelos Elsa Sánchez de Osterheld

Máis información nos documentos anexos.

[Para ampliar clicar acima da imaxe]

[Para ampliar clicar acima da imaxe]
____________

A Asociación Cometa vai protestar este Sábado 22 de Novembro, no Paseio Marítimo de Caranza, recollendo firmas contra o proxecto de Canceira Municipal

De: Asociación Cometa -correo@asociacioncometa.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de novembro de 2008 21:37
Asunto: Recollida de firmas




Recollida de firmas


Continuando coa loita por un refuxio en Ferrolterra e o fín da matanza de animais abandonados, este sábado a Asociación Cometa recollerá firmas no paseo de Caranza. Se non chove estaremos alí a partir das 4 e media da tarde e, ademais da recollida de firmas, aproveitaremos a ocasión para facer oir a nosa protesta contra a rehabilitación da Canceira de Mougá, unha mostra máis da falta de sensibilidade cara aos animais que padecen os nosos gobernantes.

Os animais necesitan o teu apoio, agora máis que nunca. Achegate o sábado e axúdanos a demostrar que non están sos.

Un saúdo

Asociación para un COMportamento ÉTico cos Animais COMETA

Tlfno. 617 040 992

correo@asociacioncometa.com

www.asociacioncometa.org
_______________

xoves, novembro 20, 2008

Asemblea Extraordinaria da Plataforma Ártabra 21: Martes, 25 de Novembro de 2008

Estamos CONVOCADOS PARA CELEBRAR UNHA NOVA ASEMBLEA XERAL EXTRAORINARIA o último MARTES do mes de Novembro, día 25, ás 6 da tarde no ATENEO FERROLÁN.

Lembrarvos que adiantamos a Asemblea nunha hora para comezar ás 6 da tarde, pois decidimos adherirnos aos actos do Día internacional contra a violencia machista, convocados pola Marcha Mundial das Mulleres que terán lugar na "Praza 8 de Marzo" de Ferrol, ás 8 da Tarde.

Orde do día

1.- ACORDO DE DISOLUCIÓN.

2 .-Reformulación dunha nova entidade e Xunta Xestora, se procede.

3 .-Destino dos fondos e recursos económicos.

A Asemblea .-
___________


Enlaces relacionados:


Relación de colectivos, asociacións e organizacións que forman parte da Plataforma Ártabra 21

Documento Constituinte
_________________

martes, novembro 18, 2008

O 27, 28 e 29 de Novembro e 1 de Decembro: II Xornadas de Sensibilización VIH-SIDA en Ferrol

De:lazos Pro Solidariedade -comiteantisidaferrol@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de novembro de 2008 19:39
Asunto: II XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE VIH/SIDA EN FERROL 27,28 E 29 DE NOVEMBRO DE 2008


II XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE VIH/SIDA EN FERROL 27,28 E 29 DE NOVEMBRO E 1 DE DECEMBRO DE 2008

Estimados/as amigos/as:

A Asociación LAZOS-Comité antisida de Ferrol celebra este ano as segundas xornadas de sensibilización sobre VIH/SIDA en Ferrol os próximos días 27, 28 e 29 de Novembro e 1 de Decembro de 2008. O lugar de celebración será, do mesmo xeito que o ano anterior, na Escola Universitaria de Enfermería e Podoloxía da Coruña-Campus Ferrol.

Por este motivo invitámosvos a participar nas xornadas, sendo conveniente inscribirse para iso.

Achégase programa preliminar.

Persoa de contacto para as xornadas: Carlos Varela Tfno:667968807

O comité organizador

Ficheiros anexos en formato -pdf-:
--
Comité antisida LAZOS, de Ferrol.
C/Fernando VIN, 18 Baixo. C.P. 15403 Ferrol.
Tlfno.981 350 777
Horario de atención ó público
de 10:30 hrs a 13:30 hrs.
Só luns tarde: 17:00 a 19:30 horas.

___________

Nova acción de protesta, este mércores 19 de Novembro, ante a entrada na Ría de Ferrol do 35 buque cargado con GNL para a ilegal e perigosa REGANOSA

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de novembro de 2008 10:45
Asunto: mércores 19 CONCENTRACION entrada gaseiro nº 35



Mércores 19 de Novembro CONCENTRACIÓN entrada gaseiro nº 35


Con motivo da entrada na nosa Ría do Gaseiro nº 35 rumbo a Reganosa
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
Convoca unha CONCENTRACIÓN
Mércores, 19 de Novembro,
ás 7 da tarde
Praza Amada García (Edificio Xunta de Galicia)

Trátase esta vez dun buque con 32 anos de antiguedade, e inactivo durante 23 deles.

Vaise facendo habitual o emprego de vellos buques, primando o economizar gastos de transporte a costa da seguridade dos habitantes da Ría.

Características do buque:

"LNG Lagos" – Construcción: 17.12.1976 (32 anos e 23 inactivo) – Bandeira : Bermudas - eslora: 274,42 m. – manga: 42 m. - Calado: 11,8 m. – capacidade: 122.255 m3

--
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
_____________

Ampliado o prazo de adhesión para movementos no Foro Social Gal

De: Foro Social galego
-forosocialgalego@forosocialgalego.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de novembro de 2008 12:50
Asunto: Ampliado o prazo de adhesión para o FSGal


FORO SOCIAL GALEGO


Ampliado prazo de adhesión de colectivos con dereito a espazo na Carpa de movementos até fin de mes (30 de novembro). O resto de adhesións, xa sexan de movementos ou persoas a titulo individual, poderanse facer até os mesmos días de celebración do FSGal, tamén na carpa da organización.

O Foro Social Galego amplia o prazo de adhesión de colectivos até fin de mes (30 de novembro). Esas adhesións, amais de dar dereito a dúas acreditacións por colectivo, dan tamén dereito a gozar dun espazo na CARPA DE MOVEMENTOS SOCIAIS, que se vai instalar no Burgo das Nacións os días 6 e 7 de decembro.

O resto de adhesións –de colectivos sen dereito a espazo na carpa e de persoas a titulo individual– poderanse facer até os propios días do FSGal e tamén na carpa da organización. As adhesións por colectivo, que amais de dar dereito ás acreditacións e espazos na carpa sirven sobre todo para apoiar o proceso autofinanciado do FSGal, son de 100 euros. As de persoas a titulo individual de 10.

Para facer a adhesión antes dos días do FSGal, o que facilita enormemente o traballo da organización, cómpre cubrir o formulario na web do FSGal: http://forosocialgalego.org/index.php?option=com_facileforms&Itemid=33 e facer o correspondente ingreso a nome do Foro Social Galego na Caixa Galicia; Nº de conta: 2091 - 0319 - 22 – 3040016156

MÁIS INFORMACIÓN


No FSGal desenvolveranse 12 actividades autoorganizadas polos movementos sociais adherentes, así como dous debates plenarios (sobre a lusofonía e sobre perspectivas do altermundialismo), máis de 12 horas de proxección continua de documentais de carácter social e a presentación de 14 iniciativas, campañas, etc. promovidas por movementos sociais. Do mesmo xeito, o FSGal contará cunha programación cultural, enchida de concertos, teatro, circo, obradoiros, etc.
O Foro ocupará durante tres días o Campus Norte da Universidade de Santiago, incluíndo o Auditorio de Galiza, o Burgo das Nacións e maila Facultade de Filoloxía. No Burgo instalarase a CARPA DOS MOVEMENTOS SOCIAIS, así como espazos comúns de xantar e troula. Ver mapa de espazos do FSGal: http://forosocialgalego.org/images/materiais/planofsgal.jpg

––––––––––
Comisión de Comunicación
Consello do Foro Social Galego
http://www.forosocialgalego.org
__________________

Conferencia Camilo Nogueira e presentación Razón Socialista: martes, 18 de Novembro

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de novembro de 2008 16:05
Asunto: Novembro 18: Conferencia Camilo Nogueira e presentación Razón Socialista




Novembro 18: Conferencia Camilo Nogueira e presentación Razón Socialista


Organizado pola
Asociación Cultural "Fuco Buxán"
Martes, 18 de Novembro, ás 20 horas
Galería Sargadelos de Ferrol

Conferencia:

CAMILO NOGUEIRA ROMÁN



"Capitalismo : Crise global"

No marco da conferencia farase a presentación do número 25 de
"RAZÓN SOCIALISTA"
A Revista de fuco buxán.

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

_________________

Norge Batista, en concerto no Ateneo Ferrolán

De: Ateneo Ferrolán -bettinakorten@freenet.de-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de novembro de 2008 10:43
Asunto: Norge Batista, en concerto no Ateneo Ferrolán



Norge Batista, en concerto no Ateneo Ferrolán

Ateneo Ferrolán, Sábado 29 de Novembro ás 2o,30 h.

ENTRADA:
Público: 5 €
Socios e Socias do Ateneo: 3 €

Norge Batista, o cabaleiro da trova, naceu nas Tunas, provincia situada no oriente de Cuba, no ano 1969. Desde os 13 anos de idade, xa se atopaba vinculado ao mundo da música e ao facer artístico de Cuba.

No ano 1988 pasa a ser membro da Asociación Irmáns Saiz (AHS), proxecto que agrupa e fai coñecer ás novas promesas da cultura e artes cubanas.
No ano 1998 ten a honra de converterse en membro da asociación máis importante na historia das artes e a cultura cubana, a Unión Nacional de Escritores e Artistas de Cuba (UNEAC), sendo tamén membro da Sociedade Cultural "José Martí".

Ata hoxe ten 2 discos editados polo selo AYVA MUSICA, "Búscame Adentro" baixo a produción de Eduardo Ramos, baixista e director musical do grupo de Pablo Milanés, e "Algo Crece" cuxa produción musical estivo a cargo do recoñecido compositor José Aquiles. O consolidar o primeiro éxito que lle trouxo o seu primeiro álbum, a fidelidade daqueles seguidores das súas cancións e as letras que se identifican coa súa obra e atopan nela a paixón pola "canción intelixente" e a excelencia na interpretación musical.

Na actualidade está pendente de editar o seu terceiro disco. Compartiu escenario cos grandes trobadores cubanos como Vicente Feliú, Frank Delgado, Raúl Torres, Elíades Ochoa ou con outros cantautores como Ismael Serrano, Rafael Amor ou Quintín Cabrera. Percorreu importantes escenarios de España, Portugal, Suíza ou Bélxica, ademais dos máis importantes do seu país.

[+ info no Blog do Ateneo Ferrolán]

http://9000804453549207470-a-1802744773732722657-s-sites.googlegroups.com/site/ateneoferrolan/Home/banner_rehabilitacion.gif?attredirects=0


Ateneo Ferrolán
Fundado en 1879
“Un Lugar de Encontro para a Cultura”

http:// www.ateneoferrolan.org
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970 Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303
___________

luns, novembro 17, 2008

VII Xornadas Libertarias en Ferrol 2008: do 17 e o 21 de Novembro

De: Unión Libertaria -unionlibertaria@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de novembro de 2008 12:06
Asunto: XORNADAS Libertarias Ferrol



[Clicar acima do cartaz para ampliar]

XORNADAS Libertarias Ferrol

Pregamos a difusión da seguinte convocatoria:

VII Xornadas Libertarias en Ferrol

Celebraranse entre o 17 e o 21 de Novembro no Espazo Libertario de Ferrol na Av. de Esteiro 10 Baixo ás 20:00h
Programa:
  • Luns17:
Miguel Íñiguez fará a presentación da Enciclopedia Histórica do Anarquismo Español.

  • Martes 18:
Crise, autoxestión e iniciativas sociais
Participan: Cooperativa cultural Ferrolterra-Eume, cooperativa de consumo A Xoaniña, Ferroltroca, Radio Filispim, Masa Crítica

  • Mércores 19:
Carmen Blanco presentará o monográfico da revista Unión Libre "A voz das vítimas do 36"

  • Xoves 20:
Acto homenaxe ás victimas do franquismo diante do antigo cemiterio de Canido

  • Venres 21:
Charla coloquio con Lucio Urtubia, albanel e militante anarquista protagonista do documental "Anarquista, atracador y falsificador pero sobre todo... albañil"

Unionlibertaria. Ferrol

http://www.unionlibertaria.org



_____________

Do 19 ao 21 de Novembro: Xornadas "Economía social, alternativa ao capitalismo"

De: ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de novembro de 2008 13:26
Asunto: Xornadas "Economía social, alternativa ao capitalismo"



Lugar: Ateneo Ferrolán, Rúa Magdalena 202-204.
Hora: 19:00hs.

Organiza: A Xoaniña S. Coop. Galega.
Colabora: Consellería de Traballo. Xunta de Galicia.

A Cooperativa Xoaniña, organiza unhas xornadas no Ateneo Ferrolán co obxectivo de que sirvan para que as persoas de Ferrolterra –e moi especialmente os socios e socias da Xoaniña– poidan achegarse ao que representa a Economía Social (1º día); que sirva tamén para coñecer outras iniciativas galegas similares á nosa (2º día); e por último presentaremos os proxectos actuais da cooperativa para o debate interno e a aportación de ideas (3º día).

Mércores 19.- Emprego en tempos de crise.

  • Participan: UGACOTA (Unión Galega de Cooperativas de Traballo Asociado) BRIANTE, Asociación para a Economía Social (Narón)
  • Fórmulas cooperativas para todo tipo de proxectos.
Xoves 20.- Experiencias galegas no cooperativismo de consumo.
  • Participan: ÁRBORE, Cooperativa de Consumo Consciente (Vigo) EIRADO, Cooperativa de Consumidores Responsables (Compostela)
  • Presentación das iniciativas e da Rede Galega de Consumo Responsable.
Venres 21.- Consumo responsable en Ferrolterra.
  • Participan: A XOANIÑA, Cooperativa de Consumo Responsable (Ferrol)
  • Presente e futuro da Xoaniña, debate e presentación de proxectos.
Mais información:

Continua a semana da ciencia no Centro Cultural "Carvalho Calero"

De: asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de novembro de 2008 12:54
Asunto: SEMANA DA CIENCIA.- C.C. CARVALHO CALERO



SEMANA DA CIENCIA.- C.C. CARVALHO CALERO

[Clicar acima do cartaz para ampliar]

Continuando este ciclo de charlas e actos da SEMANA DA CIENCIA, a Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, CONVIDA a toda a cidadanía a unha charla que impartirá o profesor da Universidade da Coruña, CARLOS ÁLVAREZ, A CIENCIA NA SEGURIDADE VIAL no salón de actos do Centro Cultural Municipal CARVALHO CALERO, este mércores-18 ás 7 horas da tarde.

Será unha charla sobre á aportación da CIENCIA AO SERVIZO DA SEGURIDADE VIAL.
Haberá proxecións de videos interesantes como exercicio didáctico na comprensión e entendemento da importancia da SEGURIDADE VIAL.

19 de novembro

Ás 19.00 hs.-
A ciencia na seguridade vial.

Carlos Álvarez
Universidade Da Coruña
C.C. Carvalho Calero

Ferrol a 17 de Novembro de 2008.

asdo. Xosé M. Sanxoán - Secretario
asdo. Ana Jesús López - Presidenta

--
ASOCIACIÓN VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog : orosario-inferninho.blogspot.com

_________________

venres, novembro 14, 2008

Video do Peche da Rede "Galiza Non Se Vende", na sede da Consellería de Medio Ambiente e ..., en Compostela, editado polo xornal "A Nosa Terra"



Compostela, a 13 de Novembro de 2008, no sexto aniversario do afundimento do Prestige
_________

xoves, novembro 13, 2008

Última hora sobre o peche, de Galiza Non Se Vende, en edificios administrativos da Coruña, Vigo, Ourense, Compostela, Ferrol, Mugardos e Rivadavia

Coincidindo co sexto aniversario da maior devastación ecolóxica que tivo lugar no noso país, a rede Galiza Non Se Vende alerta dun novo "Prestige" que navega polas augas dos mercados capitalistas ata as consellarías da Xunta, se ben este é máis destrutor que o anterior. Para denunciar esta ameaza medioambiental, activistas de GNSV pecháronse esta mañá en diversos edificios públicos de Coruña, Vigo, Ferrol, Ourense, Compostela, Mugardos e Ribadavia e fixeron entrega do manifesto no Concello de Cangas

Baixo o lema "Goberne quen Goberne: Galiza non se Vende" os activistas queren denunciar as políticas continuístas que seguen vendendo o País a intereses escuros, depredando, aplicando modelos traídos doutros lugares, provocando que Galicia perda de vez a súa idiosincrasia e se afiance nunhas prácticas económicas, agrícolas, paisaxísticas, medioambientais, enerxéticas, territoriais, alimentarias, relacionais, etc… que nada teñen que ver coas necesidades do País e das súas xentes, coa vida digna de quen hoxe habita a Terra e de quen poda vir despois.

Dous activistas foron detidos en Vigo polas forzas de seguridade que actuaron violentamente contra os pechados. Todos eles foron identificados pola policía e negoúselles o dereito a presentar un escrito no rexistro. O peche dos activistas foi pacífico en todo momento e non se comprende a actitude violenta da policía que chegou a rachar a pancarta de Galiza Non Se Vende.


Consellaría de Medio Ambiente. Compostela


Concello de Ourense


Ed. Adminsitrativos Xunta de Galicia. Vigo


Ed. Admin. Xunta de Galicia. A Coruña


Concello de Ferrol


Concello de Ribadavia


Concello de Mugardos

___________

Enviado por:

Xan Duro

xan.duro@usc.es

13 de novembro de 2008 17:03
Tesouraría. Comisión Permanente de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
www.cospesnaterra.info

____________

A rede Galiza non se Vende péchase simultáneamente en edificios administrativos de A Coruña, Vigo, Compostela, Ferrol, Mugardos e Ribadavia

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 13 de novembro de 2008 10:50

Asunto: Peche de hoxe nos Concellos de Ferrol e Mugardos




Peche de hoxe nos Concellos de Ferrol e Mugardos


Hoxe xoves 13 de Novembro 6º aniversario do afundimento do Prestige, unha representación do Comité Cidadán de Emerxencia Para a Ría de Ferrol, está a realizar un peche nos Pazos do Concello de Ferrol e Mugardos entre ás 10 e as 13 horas, coincidindo con outras movilizacións en moitos Concellos de Galicia Organizados pola REDE GALIZA NON SE VENDE En demanda de solución saos problemas e agresións medioambientais que estamos a padecer.

Nesta Comarca, de xeito especial pola ameaza da Planta de Gas de Reganosa e do perigo do tráfico ilegal de gaseiros na nosa Ría.

¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

______

Galería de Fotos dos Peches na Galiza
[Á medida que van enviando fotos estas van-se engadindo á galería]


__________


Hoxe, ás 10 da mañán, activistas dos colectivos integrantes da Rede Galiza Non se Vende, inciciaron peches simultáneos nos seguintes edificios administrativos:

- Ferrol: Edificio do Concello. Contacto para a prensa: Rafael Pillado tfno. 664 330 624
- Mugardos - Edificio do Concello. Contacto para a prensa: Luz Marina 699 548 246
- Vigo: Edificios Administrativos da Xunta. r/ Concepción Arenal. Contacto para a prensa: Xosé Reigosa. 647965193
- Compostela. Consellería de Medio Ambiente. Contacto para a prensa: X. García 648717652
- A Coruña. Edificio Administrativo da Xunta en Monels. Contacto para a prensa: Alfonso: 606816047
- Ribadavia. Concello de Rivadavia. Contacto: María Ogando. 680118479

Baixo o lema "Goberne quen Goberne: Galiza non se Vende" os activistas queren denunciar as políticas continuístas que seguen vendendo o País a intereses escuros, depredando, aplicando modelos traídos doutros lugares, provocando que Galicia perda de vez a súa idiosincrasia e se afiance nunhas prácticas económicas, agrícolas, paisaxísticas, medioambientais, enerxéticas, territoriais, alimentarias, relacionais, etc… que nada teñen que ver coas necesidades do País e das súas xentes, coa vida digna de quen hoxe habita a Terra e de quen poda vir despois.

Manifesto 13 NOVEMBRO. Rede Galiza non se Vende

Hai seis anos un barco-lixo carregado de fuel-lixo viaxaba de Europa a África. Un accidente fronte às costas galegas foi transformado en catástrofe por gobernantes incapaces e autoritarios, agachados tras a propaganda e a mentira. A cidadanía saíu á rúa como nunca antes fixera. Non se podía repetir esa destrución ambiental. Non se podía repetir esa forma de gobernar.

Apoiada naquela vaga de dignidade cidadá, a mudanza acabou por chegar ao goberno autonómico. Custou traballo ventilar aquela apodrecida Elsinor. Agora, seis anos máis tarde, o pantasma do pai de Hamlet vaga desacougado polos corredores pedindo vinganza. Mudou o goberno, pero... mudaron as políticas?

Non é a primeira vez que se conmemora tan fatídico día. Hoxe tamén hai acto oficial: forma parte dun ritual cínico, no que só se bota a vista atrás para seguir tirando proveito daquela traxedia á que non se debería chamar accidente. Claro que non debemos esquecer. Nós tampouco esquecemos. Non esqueceremos nunca como centos de milleiros de galeg@s berramos NUNCA MÁIS, convencidos de que de alí en diante algo había mudar definitivamente.

Que pouco aprendemos daquela experiencia! Neste novo 13 de Novembro denunciamos que temos dentro un perigo moitísimo maior, con efectos que son calquera cousa menos “accidentais”.

Porque se gravísimos, case irreparables, foron os danos provocados por aquela catástrofe, non menores son os que cabe agardar das políticas continuístas que seguen vendendo o País a intereses escuros, depredando, aplicando modelos traídos doutros lugares, provocando que Galicia perda de vez a súa idiosincrasia e se afiance nunhas prácticas económicas, agrícolas, paisaxísticas, medioambientais, enerxéticas, territoriais, alimentarias, relacionais, etc… que nada teñen que ver coas necesidades do País e das súas xentes, coa vida digna de quen hoxe habita a Terra e de quen poda vir despois.

Pero ben lonxe de marcar claramente distancias coas viciadas e denostadas políticas anteriores, o goberno “bipartido” da Xunta de Galicia seguíu apostando por un vergonzoso continuísmo, caendo nas mans do capitalismo máis depredador en vez de apostar decididamente por estudar e aplicar modelos de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social acordes coas demandas de Galicia e d@s galeg@s. Mesmo a actual crise pon de manifesto a febleza de todo o sistema económico que, baixo a etiqueta de progreso, o que fai é vender os nosos recursos ás grandes transnacionais, hipotecando o noso futuro e atacando as bases da nosa propia soberanía.

Denunciamos con toda contundencia:
  • Recheos inxustificados e alarmante contaminación urbana e industrial nas rías
  • Degradación dos ríos por contaminación e encoros
  • Plan acuícola devastador de costa virxe
  • Plan de portos deportivos privatizador e destrutor da costa
  • Plan eólico deseñado para os intereses empresariais
  • Plan de minaría destrutor do rural e cuestionábel rehabilitación de zonas mineiras mediante a construción de megalagos (Meirama, As Pontes)
  • Degradación continuada do Courel, Ancares e Trevinca
  • Urbanismo masificador e salvaxe
  • Industrias perigosas e contaminantes: Reganosa, Ence, Endesa, Elnosa, Alcoa, Megasa, Meirama, SOGAMA, Ferroatlántica, Carballeda de Avia, etc.
  • Plan de residuos destrutor de chan rústico e ambientalmente inviabel
  • Proliferación desmesurada de polígonos industriais sen planificación
  • Plan de vivenda protexida especulativo pensado para os promotores
  • Plan de estradas sobredimensionado e irracional
  • Plan Vigo Íntegra deseñado para as construtoras
  • Directrices de Ordenación do Territorio ilegais feitas sen contar coa participación cidadán
  • Modelo de transporte insostible e destrutor (TAV, transporte privado..)
  • Abandono do rural, eucaliptización e desmantelamento da agricultura e gandería
  • Intento de desmantelamento do sector pesqueiro ( Lei de Pesca)
  • Desprotección insultante do medio natural e da Rede Natura
  • Degradación acelerada da paisaxe, desaparición de espazos singulares (Fragas do Eume, Covas do Folón, Gándaras de Budiño..)
  • Falta de compromiso real na recuperación dos núcleos históricos das vilas
  • Desprezo ao patrimonio cultural (V.A.C. Costa da Morte, A-76, destrución de castros..), despilfarro no Gaiás
  • Plans urbanísticos masificadores e especulativos e áreas metropolitanas depredadoras e desestruturadoras do territorio
  • Control interesado dos medios de comunicación e amordazamento das opinións críticas
  • Desprezo ao ben común, parcialidade interesada cara ao gran capital
  • Cultivo do clientelismo electoral
  • Parcialidade do estamento xudicial e desprotección do débil
E fronte a isto esiximos un cambio de rumo inmediato que poña a sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social no centro das políticas, que sitúe ás persoas e ao ambiente por riba do lucro, que dialogue e avance na democracia participativa e reflexiva... Que supere o actual sistema (auto)destrutivo e a súa acumulación de crises, construíndo unha Terra viva e unha vida digna para tod@s.

Goberne quen goberne, Galiza non se vende!

Terra viva e vida digna para tod@s!
__________________

mércores, novembro 12, 2008

Manifestación en Ferrol, o Xoves 13 de Novembro, convocada pola CIG: “Por un novo modelo económico e social, a crise que a pague o capital”

Por un novo modelo económico e social, a crise que a pague o capital

Con manifestacións simultáneas nas sete cidades de Galiza e A Mariña culmina a primeira etapa da campaña que a CIG puxo en marcha para denunciar aos responsábeis da actual situación de crise económica e as repercusións que terán, para a clase traballadora, as medidas adoptadas até o de agora polos distintos gobernos. Unha campaña na que se demanda que se poñan as bases para desenvolver un novo modelo socioeconómico e que se adopten medidas para que a crise a paguen os que a provocaron e non a maioría social.

Ferrol: Xoves 13 de Novembro, saída ás 19:30 da Avenida de Esteiro a altura da Praza da Paz "José Couso".

Tamén haberá manifestacións en : Viveiro [A Mariña], A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.

O capitalismo neoliberal e as organizacións políticas que fomentaron a súa implantación son, segundo explicou o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, os principais responsábeis da actual situación de crise económica.

Por iso a CIG considera inadmisíbel que se estean a pór grandes cantidades de recursos públicos en mans dos mesmos que provocaron a crise para que sigan especulando na bolsa e que se favoreza aínda máis a concentración no sector bancario no canto de destinar eses cartos a reforzar e fomentar a economía produtiva. “É un atentado que debería estar tipificado como delito contra a clase traballadora”.

Nacionalización da banca

Fronte á decisión adoptada polo goberno español de desviar cartos públicos para soster ás entidades financeiras e reproducir o actual sistema, a CIG propón a nacionalización da banca, creando un Banco Público Galego que permitira canalizar os recursos públicos cara o sector produtivo e cara á protección das economías familiares.

Os orzamentos da Xunta

Para a CIG os orzamentos da Xunta son pouco ambiciosos e pouco expansivos e deberían ir a un déficit maior. A previsión é dun máximo do 1% do PIB e “habería que endebedarse máis para fomentar a economía produtiva e contrarrestar a falta de investimento privado facilitando o acceso ao crédito para a pequena e mediana empresa”.

Contrarreforma fiscal

A CIG aposta tamén por unha contrarreforma do sistema de fiscalización. Nos últimos anos derivouse cara un modelo de fiscalidade claramente regresivo, incrementando os impostos indirectos, que son os que pagamos todos independentemente dos ingresos, fronte aos directos.

[+ Info na web da CIG]

_____________