xoves, xaneiro 22, 2009

Cesk Freixas, cantor de intervençom catalám, no nosso Centro Social neste sábado

 Fundaçom ArtábriaDe: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data:
22 de janeiro de 2009 15:56
Asunto: Cesk Freixas, cantor de intervençom catalám, no nosso Centro Social neste sábado


Coincidindo com a sua visita ao nosso país, o jovem cantor catalám Cesk Freixas visita o nosso Centro Social para trazer-nos boa música de intervençom em catalám. Além de em Ferrol, o músico catalám estará em Ourense e em Compostela. No caso da Fundaçom Artábria, o concerto será a partir das 22h30.

Além da música ao vivo, teremos petiscos e vídeos sobre a realidade social catalá desde as 20h. Esperamos contar com a vossa presença, contando aliás com que a entrada é gratuita.

O cantor Cesk Freixas representa um projecto político-musical que fai da poesia, a sonoridade e o protesto sinais de identidade, com influências reconhecidas de Alejandro Filio, Silvio Rodríguez, Ovidi Montllor, Jorge Drexler e Ismael Serrano, entre outras.

Fundaçom Artábria
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921

Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net
Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival

___________________

Em Março, viajamos a Lisboa. Vés connosco?

 Fundaçom ArtábriaDe: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de janeiro de 2009 15:57
Asunto: Em Março, viajamos a Lisboa. Vés connosco?



Depois do sucesso da experiência no ano passado, quando co-organizamos com o Departamento de Português da Escola de Idiomas de Ferrol umha viagem para conhecer Guimarães e o Porto, neste ano repetimos a fórmula para chegarmos mais longe: quatro dias em Lisboa, no mês de Março.

Tal como no ano passado, participamos na organizaçom de umha viagem para conhecer um novo lugar no vizinho Portugal. Desta vez vai ser a capital, Lisboa, entre os dias 19 e 22 de Março, de quinta a domingo.

A viagem será de autocarro e o prazo de inscriçom para sócios e sócias da Artábria conclui no dia 6 de Fevereiro ou antes, no momento em que o autocarro estiver lotado.

O preço aproximado da viagem será de 185 euros, incluindo a dormida num hotel de três estrelas e o almorço (nom o jantar, merenda e ceia).

Visitaremos, entre outros lugares, Sintra, Estoril, Cascais, a Torre de Belém, o Mosteiro dos Jerónimos e o Castelo de São Jorge. Também, no caminho, pararemos para visitar Coimbra, Alcobaça e Óbidos.

Para a inscriçom, os sócios e sócias da Artábria podedes passar polo balcom do Centro Social, pagando no momento da mesma.

Continuaremos a informar sobre as novidades que se forem produzindo nesta actividade, que já está em andamento.

Fundaçom Artábria
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921

Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net
Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival

___________________

Solicitude ao Valedor do Pobo e ao Parlamento Europeo, desetimación polígono industrial no espazo natural de Leixa - Ferrol

De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
Adega - Trasancos
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de janeiro de 2009 18:17
Asunto: Solicitude ao Valedor do Pobo e ao Parlamento Europeo, desetimación polígono industrial no espazo natural de Leixa (Ferrol)



Solicitude ao Valedor do Pobo e ao Parlamento Europeo, desetimación polígono industrial no espazo natural de Leixa - Ferrol


Estimados señores-as:

Remitímoslles a seguinte nota de prensa por se teñen a ben informar dela ou notificar sobre o asunto no seu medio informativo.

Atentamente

Antonio García Jiménez
Vogal de ADEGA-Trasancos

Apdo Correos 481
15480 Ferrol (A Coruña)
angaji@yahoo.com
Tlf 981324707//625878352


Ferrol 20.1.2009

[Clicar acima da imaxe para ampliar -Anexo III-]

ASUNTO: Enviado ao Valedor do Pobo e ao Parlamento Europeo cartas e documentación para intentar a protección do espazo natural de “San Pedro de Leixa” ante o proxecto de realización dun polígono industrial nesa zona.

REMITE: ADEGA (Asociacion para a Defensa Ecolóxica de Galiza). Delegación de Trasancos.

PUNTOS BÁSICOS DA SOLICITUDE:

A) A paraxe natural de S. Pedro de Leixa e das zonas mellor conservadas do interior do concello de Ferrol, (con espazos incluídos no catálogo de benes protexidos do PXOM) e está ameazado polo proxecto de realización do “Polígono Industrial de Leixa

B) Se tal polígono industrial se levase a cabo provocaría:
  • Importantes danos na fauna da zona. (Nesta ubicación atópanse máis de 40 especies entre mamíferos, reptiles, aves, peces, ou anfibios da zona estarían englobadas dentro da Directiva Hábitats 92/43/CEE ou directiva Aves (Directiva79/409) etiquetadas de “interese especial” ou “vulnerable)
  • Importante afectación aos bosques de ribeira da zona, a Fraga da Pega (ainda que se intenta manter no proxecto final),comunidade de Ripsilvas, etc
  • Importante afectacíon ao sistema fluvial (Regos de Leixa e de Fonteiroa)
  • Probable interacción coa rede hospitalaria publica da Area Sanitaria de Ferrol ( o polígono industrial de Leixa, en caso de levarse a cabo, estaría totalmente adxacente ao Hospital Novoa Santos e ao Hospital Básico de Defensa (ver Anexo III), e moi preto da zona están o Hospital Arquitecto Marcide e o Centro de Minusválidos có evidente perigo que supón ter un polígono industrial, con posible tránsito o almacenamento de mercadurías perigosas cerca de estos hospitais)
C) A comarca de Ferrolterra é a comarca galega con máis superficie de chan industrial (pódense revisar as hemerotecas e datos oficiais), cos polígonos industriais de Narón (nas súas catro fases), Fene, superficie industrial en Ferrol (asteleiros, portos interior e exterior, superficie industrial de A Gándara e do propio S. Pedro,..) e moita desta superficie industrial está totalmente baleira ou semibaleira na actualidade . Ademais dase a circunstancia que o polígono industrial rio do Pozo en Narón IV fase está en intimo contacto coa zona onde querese facer o polígono industrial, e na actualidade dito polígono de Narón está baleiro

ARQUIVOS ADXUNTOS:

ANEXO I: Carta enviada ao Valedor do Pobo cos aurgemento da solicitude de desestimación “Polígono Industrial Leixa [En formato -pdf-].

ANEXO II: Alegacións previas enviadas en 2007 ao proxecto do polígono industrial en S. Pedro de Leixa - Ferrol [En formato -pdf-].

ANEXO III: Esquema do proxecto ubicación polígono industrial de Leixa e núcleos hospitalarios adxacentes e inmediatos [En formato -jpg-].

Nota. Se precisan información adicional (outras alegacións, copia do propio proxecto, carta remitia ao Parlamento Europeo, cartas remitidas a Conselleria Vivenda, Alcaldía de Ferrol, etc) poden solicitarno-lo

Atentemente:

Asinado:
  • Antonio García Jiménez - Vogal de ADEGA-Trasancos angaji@yahoo.com Tlf .981324707 e 625878352
__________

Enlaces relacionados:

Presentadas alegacións ao Proxecto Sectorial do parque empresarial de Leixa e ao Estudo de impacto Ambiental

Enlace Alegacións e Mapa-croquis

A SGHN oponse a que o polígono industrial de Leixa destrúa espazos naturais

Alegacións ao “Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto sectorial do parque empresarial San Pedro de Leixa (Ferrol)” (D.O.G. 9.1.2007)

Proposta de resolución para a Asembleia Xeral da PA21, do vindeiro 27 de marzo, sobre Cha de Brión e Leixa

A comarca de Ferrolterra é a comarca galega con máis superficie de chan industrial - Puntualizacións medioambientais sobre Leixa e Mandía


Noticias relacionadas:

La Sepes estudiará construir y gestionar con sus fondos el ...
La Sepes estudiará construir y gestionar con sus fondos el polígono de Mandiá. La entidad planea incluso levantar naves industriales para que sean ...

El PP reclama al Gobierno gallego que agilice los polígonos ...El PP ha reclamado al Gobierno gallego que «agilice» la tramitación para poder iniciar las obras en los polígonos industriales de Leixa y de Mandiá, ...

Ayuntamiento de Ferrol
2 Jul 2008 ... Portuaria proponen al Sepes hacerse cargo del polígono de Mandiá ... y arquitectura industrial que hagan posible un polígono realmente ...


IGAPE - Touriño presenta el Plan de Desarrollo Integral de ...
20 Mar 2007 ... “Estamos en condiciones de cambiar la historia e... de Mandiá y casi completada la 4ª fase del polígono de Río do Pozo, ... iniciar una

_____________

mércores, xaneiro 21, 2009

Convocada Asemblea Comarcal de ADEGA - Trasancos o Sábado 24 de Xaneiro de 2009

De: Antonio Gª -angaji@yahoo.com-
Adega - Trasancos
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de janeiro de 2009 18:46
Asunto: Asemblea Comarcal da Delegación de Trasancos de ADEGA


Convocada Asemblea Anual Comarcal de ADEGA-Trasancos o Sábado 24 de Xaneiro de 2009, ás 17 hs. no Centro Cívico de Caranza [na nosa delegacion], Avda Castelao s/n. Ferrol
  1. Valoración da nosa actividade, ideas, proxectos,...
  2. Elección nova directiva [Estades tod@s convidados a participar, e se alguén quere participar na nova directiva, presentar candidatura alternativa,etc, encantad@s].
Hai unha candidatura única provisional [non pechada] e aberta a quen queira sumarse. De entrada:

  1. Presidente: Suso L Piñeiro
  2. Vicepdte: Humberto Fidalgo
  3. Secretario: Nés López
  4. Tesourero: Antón Muñiz
  5. Vogalia-Social: Suso Oca
  6. Vogalía Ríos e contaminación: Conchi Ferreiro
  7. Vogalía Saúde: Marica Schez Andrade
  8. Vogalía Fene: Xavier Fernández
  9. Vogalía Patrimonio e Arqueoloxia: Serxio Perille

@s soci@s que queran participar na nova directiva ou presentar outra candidatura: contactar co secretario Nés López [Tlf 649779774] ou presidente: Suso L. Piñeiro [Tlf: 981431549], ou enviar carta ao noso Apdo Correos 481 . 15480 Ferrol

Na web de ADEGA, mais información da nosa Delegación:
http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=category&sectionid=14&id=65&Itemid=145

Nota.- Como o centro cívico de Caranza, as veces está pechado as fins de semana(nós temos chaves...) se alguen chega tarde e está pechado:
  • a) chamar ao timbre que esta na porta adxacente , ou
  • b) dar un toque de mobil ao algun destes telefonos: Nés - 649779774, Suso L Piñeiro - 639288263 / Antonio 625878352.
Vai en arquivo adxunto un borrador de actividades destes 2 anos. Se poidedes; poñer algunha que falte, suxerencias, cousas que sobren o falten, etc [Antonio Gª -angaji@yahoo.com-]

Memoria de Actividades da Delegación de ADEGA - Trasancos, nos Arquivos Ártabros:
http://arquivosartabros.blogspot.com/2009/01/memoria-de-actividades-da-delegacin-de.html

Web de Adega - Trasancos
_____________

Memoria de Actividades da Delegación de ADEGA - Trasancos

MEMORIA DE ACTIVIDADES DA DELEGACIÓN DE ADEGA-TRASANCOS
de Xaneiro de 2007 a Xaneiro de 2009

2007
  • Participación en la Plataforma del Transporte Sustentable. Ferrol 2007
  • Participación na Plataforma Artabra 21.
  • Constitución e integración na plataforma “Comunidade Menáncaro” 2007
  • Participación en los diversos foros da Axenda 21 local .2007 e de Participación Cidadá.
  • Integración no Consello de Medioambiente. Concello de Ferrol
  • Actividades reivindicativas contra a Planta de Gas de Mugardos, dentro da Asamblea Cidadán.
  • Radio Filispin: Programa “O Souto” de Adega-Trasancos. Presentado e editado por Nés López. Temporada 2007
  • -Reunions e solicitudes á Xunta de Galicia para a protección da Fraga de Menáncaro. (proxexto parado)
  • -Denuncia do proxecto de realización de un campo de golf na zona de Covas, afectando ao LIC “Costa Ártabra”.(proxecto parado)
  • Defensa e actuacions de defensa Parcelaria Covas.
  • Roteiro pola fraga do rio Eume. Marzo 2007
  • Denuncia irregularidades urbanización A Saiña en Valdoviño, e desmonte en zona LIC de Valdoviño. Febreiro 2007
  • Reportaxe-entrevista a Suso L Piñeiro ó presidente de Adega-Trasancos en La Voz de Galicia. Feb.2007
  • Declaración no Dia Mundial dos Humedais. Solicitude protección Humedal de Mandiá. Febrero 2007.
  • Mesa Redonda e Exposición: A Costa Galega: Unha Riqueza a Defender. Fene. Febreiro 2007. Circulo Mercantil. Intervinieron Suso López,, Suso Oca de Adega
  • e Adega Figueroa por parte de Adega
  • Mesa Redonda e Exposición: A Costa Galega: Unha Riqueza a Defender. Mugardos. Marzo 2007. Intervinieron Suso López,, Suso Oca de Adega e Adela Figueroa por parte de Adega
  • Mesa Redonda: O Cambio Climático e medios de comunicación.. Galería Sargadelos. Organización: Fuco Buzán. Interviño Antonio Gª. Febreiro 2007.
  • Mesa Redonda: Pontedeume. Marzo 2007: Medio ambiente e os dereitos das persoas. Organizou Ateneo eumés. Interviño: Nés López. Secretario Adega
  • Xornada de Limpeza de Litoral: 24-marzo.2007. Doniños. Organizou S. Foundation. Colabora ADEGA
  • Mesa Redonda : Piscifactorías: Ventaxas e Inconvintes. Marzo 2007. Galería Sargadelos. Organizou ADEGA, participación de Humberto Fidalgo e Elena Carquijero.
  • Mesa Redonda : Piscifactorías. A Coruña. Maio. 2007 : participación de Humberto Fidalgo.
  • Publicación en la revista CERNA (Revista Galega de Ecoloxía e Meio Ambente), varios traballos en el año 2007-8 sobre temas medioambientales de la zona, planta de gas, Valdoviño,etc, : Humberto Fidalgo, Carlos Outeiro..:
  • Denuncias irregularidades obras de planta de gas Mugardos. Marzo.2007-8 Humberto. Varios medios de comunicación. Roldas prensa 2007 e 2008
  • -Exposición sobre Medio-Ambiente promovida por ADEGA. Obras de Xaquin Marín. Casa da Cultura Fene 2007
  • Día Forestal Mundial. Organizou ADEGA plantación de árbores na ribeira do rio Cádavo, Fene. 22.3.2007.Coordenan: Anton Muñiz e Icia Outeiro…
  • Charla-Coloquio: “Medioambiente e 3ª idade”. Maruxa Espìño. 30.3.2007. Caranza-Ferrol
  • Denuncia construcción ilegal en Valdoviño. Carlos Outeiro. Feita denuncia e demolición ulterior da mesma trala denuncia. Marzo.2007
  • Colaboración na Paralización do Proxecto de Urbanización na Fraga de Menáncaro. 2007. Nota de prensa , roda de prensa e participación no pleno do concello de Ferrol, na “Irregular” aprobación por parte Concello de Ferrol do Plano de Sectorización de Menáncaro. Abril. 2007.
  • Reunions ulteriores có Presidencia de Goberno en Compostela e nota de prensa. Paralisación definitiva. Nov 2008
  • Denuncia construcción irregular no DPMT na Frouxiera, Valdoviño. 2007 Notas de prensa, denuncia á administracions, etc. Carlos. 2007
  • Mesa Redonda e Exposición: A Costa Galega: Unha Riqueza a Defender. Caranza. Xullo 2007 Coordina Suso Oca
  • Problemática actual da ría de Ferrol. Xuxo Piñeiro. Publicación en “Ferrol Hoy”. Marzo. 2007.
  • Día da bicicleta. Tema “Ferrol patrimonio da Humanidade”. Organiza Concello e RadioVoz. Colabora, entre outras entidades: ADEGA-Trasancos. 29.4.2007
  • Colaboración tarefas vixiancias de montes cara o Lume dentro do plan “Defensa do Monte Galego”. Ano 2007. Coordenación : Suso Oca
  • Reunións varias da Comunidade Menáncaro representando a ADEGA, Abril-marzo 2007
  • Idem: Plataforma Artabra 21; Plataforma para a Defensa de Brion e Leixa e Plataforma polo Transporte Sostibel.
  • Publicación: Los vertido ilegales en la comarca. Diario de Ferrol. Suplemento dominicial: Nordesía. mayo 2007. Carlos
  • Publicación “Paisaxes con encanto. “. Diario de Ferrol. Suplemento Nordesía. Xuño. 17.6.2007. Coa participación do Presidente de Adega-Trasancos.
  • Asesoramento a diversos partidos políticos antes das eleccions locais 2007 sobre o plantexamento medioambiental de Adega e propostas de mellora. Febreiro-Maio.2007
  • Roteiro á Illas Cíes (en rlon coa Assemblea ADEGA-nacional). Abril, 2007
  • Manifestación Santiago 6.5.2007 “Rede Litoral Vivo” “Pola Defensa do Territorio. Rolda de prensa previa 4.5 (Ateneo)
  • Bloqueo entrada do gaseiro “Galicia Spirit” na entrada ria Ferrol Concentracións ,, declaracions en medios, roldas de prensa 8-11.maio
  • Manifestacions, movilización, caceroladas,etc, contra la planta de gas e entrada gasieros na ria de Ferrol 12.5.2007- nov 2008
  • Mesa Redonda e Exposición: A Costa Galega: Unha Riqueza a Defender. E Voluntariado do Lume. Neda. Xuño. Intervinieron Suso López,, Suso Oca , Carlos Outeiro . La Voz de Galicia 22.6.2008
  • Dia Mundial do Medio Ambiente : Charla en Biblioteca Pontedeume: O Cambio Climático. Antonio Gª. 13.6.2007
  • Mesa Redonda e Exposición: A Costa Galega: Unha Riqueza a Defender. Urbanismo e Medio ambiente. E Voluntariado do Lume. Valdoviño. Agosto.2007. Intervinieron Suso López, Suso Oca, Carlos Outeiro
  • Mesa Redonda: Voluntariado do Lume. Neda. Setembro.2007. Intervinieron Suso Oca ,
  • Nota de prensa: Solicitude inclusión de Monteventoso e Prioriño no convenio Defensa. Rede Natura. Diario Ferrol 7.9.2007
  • Propostas ante a Xunta de Galiza, da inclusión de novos Espazos para Rede Natura. Actuación conxunta coa SGHN e Verdegaia. Setembro 2007. Noticias nos medios. Diario Ferrol e La Voz de Galicia. 29.8.2007
  • Nota de prensa: Dilixencias do TSXG contra Cuiña por verquidos ilegais en S. Sadurniño. Diario Ferrol 7.8.2007
  • Participación na actividade “Limpeza de fondos mariños”. Mugardos . Setembro. 2007
  • Participación nos XVIII encontros pedagóxicos de Ferrolterra. “A sostenibilidade da natureza : un futuro que educar”. Ferrol .Setembro. 2007
  • Manifestación “Planta de Gas Fora da Ria”. Ferrol 30.9.2007. Diario de Ferrol 1.10.2007
  • Denuncia do “recheo” da mina de As Pontes con auga do Eume para facer unha lagoa artificial. Setembro-Outubro. 2007
  • Denuncias e notas de prensa da afectación das obras do gaseoducto, as Fragas do Eume. Outubro.2007. La Voz de Galicia. 12.10.2007
  • Programa de Compostaxe caseiro en Ferrol, Valdoviño e S. Sadurniño. Diario Ferrol 12.9.2007. Varias reportaxes e novas na prensa 2008 (actividade levada dende ADEGA nacional: Desirée, .etc
  • Denuncias das actuacions con maquinaria pesada nos vieiros do rio Belelle. Outubro 2007.
  • Denuncia e solicitude ó concello de Ferrol, de que se incorporen e protexan zonas de Defensa incluidas na Rede Natura 2000. Notas de prensa. Diario de Ferrol e La Voz de Galicia. 20.9.2007 Setembro 2007. Carlos
  • Denuncia ante a fiscalía e nota de prensa de posible trato de favor irregular por parte da Xunta de Galiza áos propietarios de Reganosa. Humberto Fidalgo. Outubro.2007
  • Apoio á veciñanza de Mugardos pechada no concello de Mugardos en protesta pola planta de gas de Ferrol , colaboración nas actividades, participación peche, etc.
  • Marcha Ferrol-Mugardo de apoio á veciñanza de Mugardos pechada o concello. Diario de Ferrol 8.10.2007
  • Denuncia e colaboración na paralización do proxecto de campo de golf en Covas. Setembro 2007
  • Participación nos encontros Eco-Pedagóxicos. Ferrol. Setembro 2007. Concha Borrerias, Antonio Gª.
  • Denuncia contra o recheo do porto de Cedeira (21.10.2007)
  • Denuncia e nota de prensa: Urbanización “irregular” en Ortigueira. 23 Outubro 2007 , Noticias na prensa
  • Participación nas mesas de estudo e seguimento dos Biocombustibles. Conchi Borreiras e Nés. Ferrol setembro-outubro 2007
  • Participación no foro “Enerxía e Sostibilidade”. Universidade de Coruña-Campus . Outrubro 2007
  • -Protestas ante o xuntanza Foro Gasista Mundial. Planta de Gas Reganosa. 18.10.2008(Diario Ferrol 18.10.2007)
  • Nota de prensa apoio á instalación da SGHN no novo local de Ferrrol. Casa do Coronel. 24.10.2007
  • Denuncia Verquidos no Rio do Tronco (Narón): Diario de Ferrol 3.11.2007.
  • Artigo no Diario de Ferrol. Suplemento Nordesía: “Ríos de Ferrol. A visión ecoloxistas” 4.11.2007. Coa participación do Secretario de Adega-Trasancos.
  • Manifestación Nacional en Corrubedo contra o Plano de Acuicultura. Gran exito de asistencia e repercusión nos medios.
  • -Denuncia de afectación do rio Eume polo gaseoducto dende a planta de gas. Diario de Ferrol. 12.10.2007
  • Denuncia “tala ilegal” en Rede Natura en Valdoviño. 5.11.2007 en conxunto con outros colectivos.
  • Denuncia ante a Fiscalía de “pelotazo” cós terreos da actual Reganosa. Nov 2007.
  • Denuncia verquidos ilegais de Rico S,.A. en Cabanas. (Diario Ferol 15.11.2008) Paralisado.
  • Denuncia “tala ilegal” na “Frouxeira”. Valdoviño. Diario Ferrol 6.11.2007

2008
  • Denuncia diante da Conselleria de Medio Ambiente dos danos na zona dunar de “A Frouxeira” (Valdoviño) . Diario Ferrol 16.1.2008
  • Monografia “Ferrolterra Protexida”. Nordesía. Diario de Ferrol. 17.2.2008. (Coa participación do Secretario de Adega-Trasancos)
  • Programa de Compostaxe caseiro. Ferrol. Diario de Ferrol 11.2.2008
  • Alegacions ó “Plan Enerxético Galego”. Diario de Ferrol: 22.1.2008
  • Constitucion e participación de marchas ciclistas “Masa Crítica”. Diario de Ferrol 29.1.2008
  • Denuncia da prórroga de concesions ilegalis na costa. Diario de Ferrol. 15.2.2008
  • Participación na manifestacion “Galiza non se vende”. Compostela. Febreiro. 2008 (La Voz de Galicia 18.2.2008. Rolda de prensa previa. Diario de Ferrol 13.2.2008
  • Contaminación na Costa Galega. Entrevista ó Secretario Executivo de Adega. “La Voz de Galicia” 29.1.2008
  • Protesta e alegacions ó enlace da AP-9 por Neda. Feb.2008 (La Voz de Galicia 20.2.2008
  • Denuncia polo recheo da lagoa da mina das Pontes. Feb. 2008 . Diario de Ferrol. 21.2.2008. La Voz de Galicia 19.2.2008
  • Mesa Redonda: As Rias Galegas: Riqueza a Defender. Xaneiro 2008. Ferrol
  • Marchas ciclistas: Masa critica. 2007/2008
  • Denuncia retraso colector depuradora Ferrol. Marzo. 2008
  • Denuncia irregularidades limpeza nas praias de Fene. 2008. Diario Ferrol 13.3.2008
  • Exposición “Art Natura”. Fene. Febreiro-Marzo 2008
  • Encontro cós Pintores. Art Natura. Fene, 12.Marzo. 2008 . diario Ferrol 13.3.2008
  • Encontro cos Fotográfos. Art Natura. Fene. 13. Marzo. 2008
  • Encontro cos Escritores. Art Natura. Fene. 14.Marzo.2008
  • Dia da Arbore. 2008. Plantacion de varias arbores en Fene. Marzo.2008
  • Roteiro nocturno polo Rio Belelle. Marzo.2008 . La Voz de Galicia. 29.3.2008
  • Participacion en “Caceroladas e Manifestacions” po-las entradas de gaseiros á pranta de gas de Mugardos. Xaneiro-Novembro.2008. Diario Ferrol e La Voz.
  • Denuncia “Irregularidades contables” de Reganosa có Grupo Tojeiro e a Xunta: La Voz de Galicia: 6.3.2008
  • Denuncia o Plano Acuicola. Diario Ferrol 6.3.2008
  • Solicitude á Xunta de Galicia de prohibición de caza de aves agacha e arcea. Diario Ferrol 25.3.3008
  • Monográfico: “A contaminación Invisible”. Diario de Ferrol 30.3.2008. Suplemento Nordesía
  • Denuncia que a lagoa da mina de Endesa en As Pontes, pode incrementar a actividade sísmica. Diario Ferrol 2.4.2008
  • Depuración das Cidades Galegas. Adega. La Voz de Galicia. 7.4.2008
  • Alegacións o Proxecto de AAI de Forestal Atlántico para verquer na Ria de Ferrol. Abril. 2008
  • Xornadas “Agrocombustibles a debate”. Vicerectorado Campus Esteiro. Ferrol 4-11-18-25 Abril. 2008. En colaboracion : ADEGA, SGHN, Verdagia e Xoaniña. Diario Ferrol 29.3.08; 12.4.08 ; La Voz de Galicia 4.4.2008
  • Reunión coa veciñanza Neda. Impacto medioambiental do enlace AP-9 sobre o “Val da Mourela e o Belelle”. Abril. 2008.La Voz 9.4.2008. Reunión có alcalde: 9.5.08
  • Xornada “Limpando as Nosas Rias”. Organizou ASOAR-ARMEGA. Colaborou ADEGA-Trasancos. 3.5.08. Mesa Redonda sobre “Contaminación na Ria”. Coa participacion de ADEGA
  • Apoio á manifestacion prevista 18.5 en defensa da lingua
  • Reunión coa veciñanza de Ferrol-Vello pola contaminación por descargas de clinker e outros graneis. 8.5.08
  • -Actividades en relacion có aniversario chegada 1º gaseiro á pranta de gas. Manifestación 9.5.08
  • Nota de prensa, e cartas Conselleira Vivenda e Alcaldia: Daños polo proxecto polígonos industriais Mandiá e Leixa. La Voz e Diario Ferrol 1.8.20080
  • Traballo de campo, medición pH diferentes partes rio Eume e afluentes. Declaracions na prensa e reportaxes (agosto e setembro 2008): Humberto (La Voz. Diario, Correo Gallego..).
  • Elaboracion cuaderno sobre problematica ambiental ria de Ferrol (Suso)
  • Concentracion contra obra “ilegal” na Saiña(Valdoviño) 9.9.2008 (Diario, La Voz, El Pais)-
  • Presencia no Pleno de Valdoviño pola obra ilegal na Saiña: 15.9.08. Declaracions de Carlos (Diario e La Voz de Galicia: 16.9)
  • Roteiro polas dunas de Corrubedo. Setembro.2008
  • Concetracions-caceroladas entradas buques gaseiros : todo o ano
  • Participacion Mesa Redonda “Puntos negros na comarca”: Fervesteiro: Nés Lopes
  • Consitucion plataforma afectados Polígono Industrial Vilar do Colo. e o seu entorno (integrado por Adega e outros colectivos). La Voz de Galicia e Diario de Ferrol 19.9.2008 (Suso e Xabier)
  • Nota prensa protesta polo inicio da activiadade nas industrias do porto exterior da producción de agrocombustibles a partires de produccións tras deforestacións bosques primarios. La Voz. Setembro.2008
  • Entrevista Fiscal Medioambiente: asunto As Pontes, Eume: 19.9.2008, Humberto
  • Charla-Coloquio: Problematíca do rio Eume e Lago d’As Pontes. Pontedeume. 19.9.2008. Participacion Concha Ferreiro
  • Protesta-paralización circulación camiones ao porto exterior con transporte de clinker e mercadurías perigosas no seu paso por Valón. Setembro.2008 (Serxio, Antonio)
  • Participación na actividade “ A limpar o mundo”. Esmelle. Ferrol 20.9.2008
  • Participación na actividade “Limpeza fondos mariños”. Mugardos. 27.9.2008
  • Actividades da Plataforma de afectados polo polígono industrial de Vilar do Colo (Adega entidade do mesmo)(Fene): Actividades varias: roteiro, concentración, denuncias, presenza en plenos. 3.10-2008. La Voz (Suso’s, Xabier, Serxio, Nés,..)
  • Limpeza “Proxecto Rios” 2.10.2008: Rios Baa(Fene) e Belelle(asociación Néboa). Diario Ferrol e La Voz 3.10.2008
  • Participación na xornada de “Limpandos as nosas rías”. Fene 11.10.2008. Mesa Redonda en Fene. Participacion de Suso
  • Participación nas marchas ciclistas Masa Critica y na Masa critica galega. 27.9.2008
  • Denuncia niveles moi elevados metales pesados no Eume. El Pais , La Voz e Diario Ferrol 22.10.2008
  • Participación no Congreso Galego de Medio Ambiente. Coruña 27-31.10.2008
  • Denuncia danos eventuais polo tratamento do embalse do río Eume con carbonato cálcico. La Voz e Diario Ferrol. 2.11.2008
  • Proceso Participacion Cidadá. Concello Ferrol. abril-novembro.2008 Suso e Serxio
  • Monitorización Plan de Compostaxe Casero. 3 ao 10.11.2008. (actividade dende Adega- nacional, Desirée, Martiño,..)Localia. TVG. La voz 3.11.2008
  • Participación nas actividades cientficas do Lobo en Galiza. Coruña. 8.11.2008
  • Denuncia irregularidades contables Reganosa: La Voz de Galicia/Diario Ferrol. 8.11.2008
  • Integración na “Rede do troco”. Outubro.2008
  • Mesa redonda:Movementos asociativos. Esteiro. Novembro 2008. particip Adega Nés López
  • Envio a Fiscalía Medioambiente “Determinacion analitica niveles de metais pesados no Eume” (en colaboracion coa Univ Coruña) Novem.2008
  • Mesa redonda “ A defensa medioambiental: unha visión plural”. 25.11.2008. Participación Adega: Suso Oca, Fins Eixeira, S. L.Piñeiro
  • Intregración de ADEGA no Consello de Medioambiente Concello Ferrol. 27.11.2008
  • Participación nas marchas ciclistas “masa crítica” e no “mercadiño do troco”. Decembro.2008

2009
  • Convocatoria e participación nas concentracións de apoio ao pobo palestino. Xaneiro 2009
  • Convocatoria e participación nas protestas-concetracions pola entrada “ilegal” de novos gaseiros na ría de Ferrol. Xaneiro 2009
  • Envio de cartas e informes ao Defensor do Pobo e Parlamento Europeo para intentar desestimar ao proxecto polígono industrial en S. Pedro de Leixa (Ferrol), 19.2009

Ferrol, Xaneiro de 2009
_____________

Proposta concentraçom "Por Palestina" o 23 Janeiro

 Fundaçom ArtábriaDe: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de janeiro de 2009 22:55
Asunto: Proposta concentraçom Palestina 23 Janeiro


Car@s companheir@s,

Depois do sucesso da manifestaçom nacional do domingo em Compostela, e tendo em conta que o exército israeli segue em Gaza propomos marcar já umha nova concentraçom para a próxima sexta-feira, 23 de Janeiro, às 20h na praça de Amada Garcia

Propomos adiar a realizaçom do mural na praça de Sam Amaro por imposibilidade de que chegue o permiso a tempo

Rogamos que respondades com a maior brevidade a esta proposta, para começar a publicar a convocatória, no correio-e correiodeartabria@gmail.com ou no telefone 659 306 973 (Rebeca)
--
Fundaçom Artábria
Morada: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone do Centro Social: +34 981369099
Fax do Centro Social: +34 981369920
Telefone do café-bar: +34 981369921

Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival

_____________

O Sábado 24 de Xaneiro de 11 a 13 horas en Radio Filispim -93.9 da FM -, terá lugar a octava edición de O Recuncho

De: Iago Montes Martínez -opafuco@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de janeiro de 2009 14:33
Asunto: O Recuncho nº8



O Recuncho nº8

Estimad@s compañeir@s, este sábado 24 de Xaneiro de 11 a 13 horas en Radio Filispim, terá lugar a octava edición de O Recuncho.

Neste programa seguiremos prestando unha gran relevancia aos sucesos acontecidos en Palestina, falando en directo vía telefónica con Mohammed Safa, representante da OLP en Galicia.

Estivemos na manifestación en contra dos ataque sionistas de Israel en Palestina xunto con 15.000 persoas, e tivemos a oprtunidade de falar con cidadáns árabes que estaban na manifestación, con representantes do grupo de xudeus antisionistas, con Antón Reixa ou con Yolanda Díaz.

Falaremos do homenaxe a Amada García.

En directo, no plató, Cholo, creador do portal de internet Komunikando.net , punto de encontro na música galega non subvencionada, e tamén socio e parte activa do Colectivo OPAII.

Tamén vía telefónica, falaremos con Dolores, vicepresidenta de Asociación Dereito a Morrer Dignamente, a cal nos falará da homenaxe realizada a Ramón Sampedro.

Sen máis os esperamos o sábado.

Un saúdo, dende O Recuncho.
--
"O recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán
en Radio FilispiM, 93.9 FM

www.recunchofuco.blogspot.com
_____________

Experimentos con transxénicos na Galiza¡¡

De: Elena López -elenuli@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de janeiro de 2009 16:01
Asunto: Experimentos con transxénicos na Galiza¡¡



Experimentos con transxénicos na Galiza¡¡
  • Amigos da Terra presenta alegacións a ensaios ao aire libre en 67 municipios de todo o Estado
  • O Goberno Español tramita novos ensaios con transxénicos perigosos para a saúde
O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño sacou a información pública 11 solicitudes de campos experimentais de millo transxénico das empresas Monsanto, Pioneer e Procase nun total de 67 municipios de todo o país [1]. Entre estas solicitudes, atópanse as de novos ensaios ao aire libre con transxénicos con demostrados danos á saúde. A liberación ao medio ambiente de transxénicos experimentais supón un grave perigo para o medio ambiente e a saúde pública. E seguir experimentando con millos modificados xeneticamente con potenciais danos para a saúde non ten xustificación posible. Amigos da Terra presentou alegacións a todas as solicitudes para que sexan denegadas.

Un ano máis, as multinacionais dos transxénicos solicitaron realizar ensaios con transxénicos en campos experimentais ao aire libre. 67 municipios de Andalucía, Aragón, Castilla-La Mancha, Castilla y León, Madrid, Estremadura, Navarra, Galiza e Catalunya, poden albergar novos ensaios de organismos modificados xeneticamente cuxos posibles danos para a saúde e o medio ambiente non foron avaliados nunha superficie total de máis de 500.000 metros cadrados.

David Sánchez, responsable de agricultura e alimentación de Amigos da Terra afirmou: "Demostrouse moitas veces que é imposible controlar a dispersión do pole destas plantas transxénicas, que poden contaminar cultivos destinados á alimentación até a varios quilómetros de distancia. O risco para a saúde pública é evidente".

Unha das variedades de millo transxénico para as que se volveu a solicitar autorización [NK603xMON810] foi o centro da polémica os últimos meses ao decubrir-se que o seu consumo expón graves riscos para a saúde. Un estudo, patrocinado polo Goberno de Austria, concluíu que os ratos alimentados con este millo transxénico tiveron menos descendencia que os alimentados con millo non transxénico. E que este efecto pódese atribuír á diferente alimentación [2].

"Intentar seguir cultivando variedades con demostrados danos á saúde é unha mostra máis da pouca ética destas empresas. E sería unha irresponsabilidade imperdoable por parte do Goberno seguir favorecendo os intereses destas multinacionais por encima da saúde pública e autorizar estes novos ensaios" engadiu Sánchez.

Para máis información:
  • Teresa Rodríguez Pierrard, Prensa de Amigos da Terra: 680 936 327 - 913069900
  • David Sánchez Carpio, Responsable da área de Agricultura e Alimentación de Amigos da Terra, 913069921 - 691471389

Notas:

[1]
Pódense consultar as solicitudes presentadas polas empresas na web do Ministerio http://www.mma.es/portal/secciones/participacion_publica/calidad_contaminacion/liberac_procedimiento.htm
Unha listaxe dos municipios afectados está dispoñible en:
http://www.tierra.org/spip/IMG/pdf/Localizacion_ensayos_maiz_transgenico_09.pdf
[2] Máis información e o estudo científico completo en:
http://www.tierra.org/spip/spip.php?article666

Plantación millo transxénico
Empresa Pioneer
Millos transxénicos:
1507 1507xNK603 1507x59122
59122
59122x1507xNK603
NK 603
NK603xMON810

Coruña:
Santa Uxía de Ribeira
Mesía
Lugo:
Villalba
Chantada
_____________

Esquerda Unida achega na súa proposta para os vindeiros orzamentos unha partida específica para a zona rural ferrolá

Esquerda UnidaDe: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de janeiro de 2009 16:14
Asunto: Orzamento 09 zona rural



Car@s amig@s: vaivos no arquivo a nota de prensa de EU en relación a
partida de zona rural para o vindeiro orzamento. Grazas por atendela.
Un saúdo, Ramiro Marier

Ferrol, mércores 21 de xaneiro de 2009

  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA RECLAMA UNHA PARTIDA ORZAMENTARIA PROPIA PARA A ZONA RURAL NO VINDEIRO ORZAMENTO
  • YOLANDA DÍAZ, VOCEIRA DE EU, CONSIDERA INDISPENSABLE UN ESFORZO ORZAMENTARIO COA VECIÑANZA DO RURAL
  • ESQUERDA UNIDA LAMENTA A FALLA DE COMPROMISO DO GOBERNO COAS NECESIDADES DO RURAL FERROLÁ

O Grupo Municipal de Esquerda Unida achega na súa proposta para os vindeiros orzamentos unha partida específica para a zona rural ferrolá, ao obxecto de procurar ir pechando a fenda que en servizos e equipamentos ten o rural coa zona urbana. A función de redistribución que cumpre o gasto público – neste caso o vindeiro orzamento municipal - ten que xogar ese papel en particular na nosa cidade para a veciñanza da zona rural. Esquerda Unida sosterá na negociación do orzamento como conditio sine qua non a súa inclusión. Necesidades dabondo hai - o movemento veciñal así o está a facer constar – para que se recoñeza nas partidas orzamentarias deste ano.

Esquerda Unida atende con elo o que sentimos é unha demanda certa da movemento asociativo veciñal da zona rural.

Na Memoria do Anteproxecto de orzamentos para 2009, Esquerda Unida detectou que non había consignada ningunha partida específica para a zona rural, o que entendemos a partires da experiencia destes anos que semella un erro notable. As particularidades da zona rural demandan unha partida específica que as poida atender con claridade e celeridade.

Esta eiva da Memoria do Antrepoxecto semella indispensable subsanala, ao obxecto de poder avanzar na elaboración dun orzamento que poida contar co respaldo de Esquerda Unida e sexa satisfactorio para a cidadanía da zona rural.

A partida propia para a zona rural cobra unha meirande relevancia diante da situación – criticada xa por EU – do desaproveitamento dos fondos de investimento local para xerar unha inxección extraordinaria nos ámbitos máis desatendidos da rural. Varias medidas recollidas por Esquerda Unida para seren atendidas con cargo ao Fondo seguen a ser desbotadas polo Goberno. Nin o entendemos nin o compartimos, e tornamos a reclamar diálogo, consenso e acordo.
_____________

martes, xaneiro 20, 2009

O Sábado 31 de xaneiro: Fito Mansilla en concerto no Ateneo Ferrolán

De: Ateneo Ferrolán -bettinakorten@freenet.de-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de janeiro de 2009 19:03
Asunto: Fito Mansilla en concerto no Ateneo Ferrolán



Fito Mansilla en concerto no Ateneo Ferrolán

Sábado día 31 ás 20 horas.

Destacan nel dúas vertentes: Por unha banda, unha firme aposta encamiñada cara ao pop e o rock, onde imperan as melodías rotundas e elegantes. E por outro, o intimismo máis espido, que flúe do sentir dun home que sempre quixo amar a corazón aberto - sen vacinas contra a dor -, respirar a realidade a bocanadas e vivir a pé de beirarrúa, para sentir o pulso da cidade, o belo caos que nos circunda.

www.myspace.com/fitomansilla
www.morganbritos.net


Ateneo Ferrolán
Fundado en 1879
“Un Lugar de Encontro para a Cultura”

http:// www.ateneoferrolan.org
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970
Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303

_____________

Do libro “O natural é político” de Teresa Moure

De: Xoán Fernández "O Bom" -jefernandez@navantia.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de janeiro de 2009 07:26
Asunto: Do libro “O natural é político” de Teresa Moure -Ed. Galaxia-



Este duro retrato non é unha invención literaria senón unha relación de agravios. O vertixinoso cambio de Galiza nas últimas décadas non é dourado nin completamente elixido pola súa poboación: ao tempo que se acentúan as diferenzas sociais, o país hipoteca a súa natureza como un recurso máis que non se dosifica para que cheque ás xeracións vindeiras. Non creo que sexa esaxerado nin alarmista concluír que todos os problemas amentado (e algúns máis), así unidos, están a ocasionar neste país encantado unha crise ecolóxica sen precedentes: os restos da fraga salvaxe que cubriu o territorio véndese como canteiras no Courel; xunto ás impresionantes dunas de Corrubedo instálase unha piscifactoría, ou na ría pechada e calma de Ferrol colócase unha regasificadora

Do libro “O natural é político” de Teresa Moure -Edicións Xerais-.
Insospeitado libro no que o seu punto de vista da ecoloxía non te deixará indiferente.

Teresa Moure fala de "O natural é político"


Teresa Moure, discurso nos Premios Xerais 2007 "O carácter revolucionario da escrita e das palabras"


____________

Enlaces relacionados:
_______________

luns, xaneiro 19, 2009

Actividades do Ateneo Ferrolán: do 19 ao 24 de Xaneiro

De: a_ferrol@teleline.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de janeiro de 2009 12:05
Asunto: ACTIVIDADES no Ateneo - Do 19 ao 24 xaneiro




20 XANEIRO, MARTES ás 19:00hs. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán; a entrada é de balde.

Dentro do Ciclo:

Martes de cine no Ateneo, ciclo de "Cine obreiro"

"LA HUELGA"

ANO: 1924
DURACIÓN: 82 min.
DIRECTOR: Sergei M. Eisenstein
GUIÓN: Sergei M. Eisenstein, Valeri Pletniov, I. Kravchinovski
MÚSICA: Película muda
FOTOGRAFÍA: Eduard Tissé (B&W)
REPARTO: Maxim Straukh, Grigori Alexandrov, Mikahil Gomorov, I. Ivanov, I. Klukin
SINOPSE: Os obreiros dunha importante empresa da rusia zarista están descontentos e decididos a ir á folga. O director da empresa comunica as súas sospeitas a altos funcionarios políticos e estes envían aos seus informadores. Prodúcense reunións conspirativas dos traballadores. A tensión disparase cando un obreiro suicídase ao ser acusado inxustamente dun roubo.


Bases para o XIX certame fotográfico do Medio Ambiente 2009

O Ateneo Ferrolán, con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, organiza, como cada ano desde 1991, un concurso fotográfico para afeccionados e profesionais.

Podes descargar aquí as bases


Exposición dos Irmáns Suárez Picallo

O ano 2008 foi declarado institucionalmente por parte do Concello de Sada como o ano dos Irmáns Suárez Picallo.

Coa finalidade de dar a coñecer as traxectorias destes dous sadenses ilustres, Ramón e Xohán Antón, creouse unha comisión encargada de organizar unha serie de actos.

A exposición Irmáns Suárez está composta por 10 paneis biográficos, seis dedicados ás 3 grandes etapas vitais de Ramón Suárez Picallo (a infancia e a emigración a Arxentina, a II República e a Guerra Civil e o exilio), dous nos que se reflicte a súa relación emocional coa súa Sada natal e outros dous nos que se recolle a biografía do seu irmán Xohán Antón, galeguista e agrarista asasinado no 1936.

Esta EXPOSICIÓN estará no ATENEO FERROLÁN (2ª planta) dende o 16 ao 30 de xaneiro.

A casa do poeta, espectáculo poético-musical

Seguindo a liña da "Volta ás Rías Galegas en verso" e de "Elaborando o meu delirio", presento a nova xira que levará A casa do poeta polos pobos da nosa terra, recuperando as vellas tradicións trobadorescas e levando a cultura ás rúas, as prazas, sempre que o tempo acompañe, senón refuxiarémonos en teatros, librarías, bares... Convertendo este proxecto nun espectáculo en movemento, que eleve a poesía e outras artes tamén con menos repercusión ao lugar que lle corresponde, amosando un anaco máis da diversidade cultural de Galicia.

Sábado 24 de xaneiro ás 20:00hs., no Ateneo Ferrolán

A casa do poeta son:
JUAN CARBALLO poemas
MONCHO NÚÑEZ cancións

www.juancarballo.insomnioweb.com

__________
Ateneo Ferrolán
Fundado en 1879
“Un Lugar de Encontro para a Cultura”

http:// www.ateneoferrolan.org
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970
Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303

__________

Galiza con Palestina: Así foi a manifestación Nacional do 18 de Xaneiro de 2009

Este Domingo, 18 de Xaneiro de 2009, tivo lugar unha multitudinaria Manifestación Nacional "Por Palestina", colectivos, asociacións, sindicatos e organizacións políticas galegas convocaron unha mobilización contra a agresión sionista á Franxa de Gaza, desde este blog queremos difundir a mobilización histórica da solidariedade galega co Pobo Palestino.

Galería de imaxens da Manifestación Nacional Por Palestina
[Fotos: Colectivo Ártabra 21]



Enlace coa Galería de Diapositivos con maior resolución
[Fotos: Colectivo Ártabra 21]

Manifesto completo - Audio
[Audio: Vieiros]



Vídeo entrevistas
[Video: Vieiros]


[Clicar acima da imaxen para ver o vídeo]

____________________





Blog Solidario do Colectivo Ártabra 21 con Palestina:
http://ferrol-por-palestina.blogspot.com/
_____________

domingo, xaneiro 18, 2009

Manifesto Unitario para a Manifestación Nacional Por Palestina do Domingo 18 de Xaneiro de 2009

De: Educación e Paz
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de janeiro de 2009 12:20
Asunto:Manifesto Unitario para o Domingo 18



Benqueridas amigas e amig@s:

Achego copia do Manifesto Unitario aprobado finalmente na reunión de onte, día 15, que será lido no remate da Manifestación do domingo, na Praza da Quintana de Compostela, así como a relación de organizacións convocantes por orde alfabética.

Agradecemos a máxima difusión posible.

Cordialmente,

Seminario Galego de Educación para a Paz
FUNDACION CULTURA DE PAZ
www.sgep.org

COMUNICADO UNÁNIME:

GALIZA CON PALESTINA
NON AO MASACRE!
ALAMEDA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA DOMINGO, DÍA 18 DE XANEIRO, ÁS 12:00 HORAS

A actual intervención do exército israelí na franxa de Gaza non é máis que a continuación da política de exterminio do pobo palestino que o sionismo ven practicando dende que logrou que o peor imperialismo europeo e norteamericano inventara o Estado de Israel. Estamos, unha vez máis, diante dun episodio de violencia indiscriminada e bárbara, unha auténtica matanza, contra a poboación civil, e contra as súas organizacións de resistencia.

Esta non é unha guerra, non existen exércitos enfrontados, nin igualdade de forzas. Esta é unha agresión militar por parte dun estado IMPERIALISTA armado e financiado por Norteamérica e Europa, que conta cun poderosísimo exercito e ataca por terra, mar e aire a un pobo sen outra defensa que o heroísmo e sacrificio dos seus mal armados milicianos, e que nin sequera ten a posibilidade de fuxir.

Os verdugos teñen nome coñecido e as vítimas tamén, cóntanse por miles, entre as mortes e as persoas feridas. A vulneración dos dereitos humanos, a violación sistemática da legalidade internacional, dos acordos de paz e das resolucións das Nacións Unidas teñen un nome inequívoco, o Estado Sionista de Israel.

Trátase, xa que logo, dun auténtico masacre, sen escrúpulo moral algún, sen respecto pola poboación máis indefensa, as persoas anciáns, nenas e nenos, mesmo cooperantes internacionais. Tampouco respectan nin as mesquitas, hospitais ou mesmo escolas, as escolas das Nacións Unidas, con identificación oficial, con coordenadas coñecidas e transmitidas, onde estaban refuxiados do horror centos de cativos e cativas palestinas. O sionismo non coñece límites.

O exército e o goberno israelí, sabémolo ben, son expertos tamén na ocultación da verdade, contan con axentes moi poderosos. Resulta escandaloso que manifesten que as accións militares actuais son resposta ao lanzamento de foguetes caseiros desde Gaza. Menten coma sempre!!! ¿non sabemos que Israel rompe as treguas sistematicamente? ¿acaso non coñecemos a política de asasinatos selectivos das persoas dirixentes palestinas, practicada por Israel nos últimos anos? ¿De destrución das vivendas e das súas familias?

Xa coñecemos que tipo de loita é, balas contra pedras, tanques e mísiles contra a poboación civil, ocupación militar dos territorios palestinos, máis colonizacións fronte dos acordos de paz.

Son centos e miles : as palestinas e os palestinos asasinados; as presas e os presos; as torturadas e os torturados nas cadeas israelís; as mortes como consecuencia do bloqueo, as persoas que a diario son vexadas e inspeccionadas.

En ningún caso a morte de civís está xustificada, nin a violación sistemática dos dereitos humanos, nin a ocupación militar dos territorios palestinos, nin a vulneración permanente das resolucións das Nacións Unidas. O estado de Israel non ten credibilidade algunha.É probablemente o estado do mundo que máis ten violentado a legalidade internacional, negado unha solución política a un conflito que se dilata inxustificadamente no tempo. Cada vez quedan menos persoas no mundo que podan crer as mentiras israelís. Indigna pensar que a brutal ofensiva militar israelí actual teña que ver coa súa propia axenda electoral. Traficar mortes por votos fai que abominemos aínda máis do sionismo e das súas prácticas.

Esiximos das institucións da comunidade internacional, da UE e do Estado Español que obriguen a Israel a deter o masacre, a cesar inmediatamente todos os ataques e bombardeos sobre os territorios e a poboación palestina, a propiciar un alto o fogo inmediato e a levantar o bloqueo de Gaza abrindo todos os pasos internacionais para que poida chegar axuda urxente aos homes e mulleres da castigada Franxa de Gaza.

O pobo galego está co pobo palestino, apoia e recoñece o seu dereito á existencia e a ter un estado propio, a elixir libremente a súa representación e que esta sexa recoñecida pola comunidade internacional, incluído Hamás, e finalmente, apoia o regreso das persoas palestinas refuxiadas aos seus fogares.

O estado español, a UE, a comunidade internacional no seu conxunto, ata agora cómplices do sionismo ou pasivos ante a traxedia palestina, teñen a obriga moral e política de impoñer a Israel o respecto escrupuloso polas resolucións de Nacións Unidas, con toda firmeza, con medidas de boicot comercial, con ruptura inmediata das relacións diplomáticas e coa expulsión da embaixada sionista. Desde logo, non podemos seguir a tolerar que Israel ocupe territorios, masacre á poboación civil palestina; non podemos tolerar que se siga comprando e vendendo armas aos sionistas como está a facer España e outros estados que se sentan no Consello de Seguridade da ONU.

Galiza enteira reclama a persecución xurídica nos tribunais internacionais dos criminais israelís, civís e militares, responsables desta matanza indiscriminada, un auténtico crime contra da humanidade.

E esiximos ademais:
  • Que se impulsen políticas activas de solidariedade en favor de Palestina.
  • Que a Xunta de Galicia se pronuncie contra Israel e a favor do pobo palestino.
  • Que se declaren á embaixada e o Goberno Israelí non gratos en todo o territorio galego no seu conxunto; e concello por concello,
  • E que os medios de comunicación e a prensa internacional informen con imparcialidade e non a favor do sionismo .
¡ALTO A AGRESIÓN! ¡VIVA O POBO PALESTINO! ¡VIVA PALESTINA!
_________________________

sábado, xaneiro 17, 2009

Domingo 18 de Xaneiro, desde Ferrol, sairán autobuses para Compostela, para participar na Manifestación Nacional Por Palestina

De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de janeiro de 2009 15:33
Asunto: Domingo 18: Autobuses a Manifestación por Palestina en Santiago




Domingo 18: Autobuses a Manifestación por Palestina en Santiago


O Domingo 18, sairán autobuses gratis ás 10,30 h. da Praza do 10 de Marzo de Ferrol, organizado por C.I.G. para asistir a:

MANIFESTACION NACIONAL GALEGA

EN SOLIDARIDADE CON PALESTINA

Domingo 18/01/2009 ás 12h. na Alameda

Santiago de Compostela

ORGANIZACIONES CONVOCANTES (POR ORDEN ALFABÉTICO):

A Ghentahla do Pichel, Acsur Galiza, Adiante, AGIR, Alternativa dos Veciños de Oleiros, Arraianos, Asemblea Republicana de Vigo, Asociación Francisco Villamil, Asociación Galaico, Árabe Jenin, Assembleia Aberta do Local Social Baiuca Vermelha, Aturuxo, AXEMPOL, BNG, BRIGA, CC.OO de Galicia, Ciberirmandade, CIG, CIMO- Castelao ( Coordinadora de Independentes do Morrazo), CNT, Colectivo dos Mozos Comunistas, Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña, Comité de Defensa das Rías, Comités Abertos, Concello de Oleiros, Coordinadora de Crentes Galegos, Coordinadora Galega de ONGDs, Coordinadora Galega pola Paz, Corrente Vermella, COSAL, CUT, DSI, Encontro Irmandiño, Esculca, Esquerda Unida, Foro Galego de Inmigración, FPG, Fuco Buxán
Fundación Araguaney, Fundación Galiza Sempre, Galiza Nova, Galiza por Palestina, Iniciativa polos Dereitos Humanos, Isca, Marcha Mundial das Mulheres, Médicos do Mundo, Movemento pola Base, Mundo Sen Guerras, Nós Unidade Popular, OSPAAAL-GALICIA, Partido Comunista dos Pobos de España, Partido Humanista de Galicia, PCG, PCPG, Pen Clube de Galicia, Plataforma Alternativa, Pola Esquerda, Seminario Galego de Educación para a Paz, Sindicato de Estudantes, Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG), Socialismo Libertario, Solidariedade Internacional, UGT Galicia, Viraventos, Xustiza e Sociedade

___________
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

____________

xoves, xaneiro 15, 2009

Asemblea Ordinaria da Rede Galiza Non se Vende en Compostela: Sábado 17 de Xaneiro de 2009

Ola a tod@s

Esta mensaxe é só para lembrarvos que este sábado día 17 celebrarase a Asemblea Ordinaria da Rede Galiza Non se Vende.

A importancia da asistencia de tod@s a esta reunión é grande, pois temos diante a manifestación nacional en Compostela o día 15 de febreiro: falta menos dun mes.

Polo tanto agardámosvos o sábado, ás 10 da mañá na Xentalha do Pichel.

Saúde

A Comisión Coordinadora.

PROPOSTA DE ORDEM DO DIA:
  1. Manifestaçom do 15 de fevereiro, cartazes, roldas de prensa (ver de fazer varias em distintas cidades), campanha de faixas nas pontes e pintadas por todo o pais anunciando a mani, ver de fazer camisolas e autocolantes para vender antes da mani.
  2. Caravana, comentar como vai a organizaçom e possibilidade de faze-la em mais lugares.
  3. Feches e multas, valoraçom dos feches, e ver de denunciar desde a rede o intento de criminalizaçom, a perseguiçom e a represom mediante o envio indiscriminado de multas a membros dos colectivos sociais e ambientalistas.
  4. Assessoria juridica: Quedou-se, na assembleia passada em fazer umha lista de correio na que estariam advogad@s, licencia@s em direito e entendid@s no tema para assessorar e encaminhar os trabalhos jurídicos. Contar como vai o tema.
  5. Revista: Rosa de Casa Encantada e Lorena de Palhas@s em Rebeldia encargarom-se de fazer a prova do nº cero.
  6. Renovaçom da metade da Comissom coordenadora
  7. Varios: Plano eólico, Macrodepuradora do Lagares...
______________

Sen palabras

13/01/09 11:56


mércores, xaneiro 14, 2009

Interesante artigo de Xoan Rubia sobre Reganosa e o Plano de Emerxencia, no Blog do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de janeiro de 2009 11:15
Asunto: Artigo de Xoan Rubia "PLAN DE EMERXENCIA" e comentarios deo CCE


Artigo de Xoan Rubia "PLAN DE EMERXENCIA" e comentarios deo CCE

Interesante artigo pubricado no "Diario de Ferrol" o pasado domingo, 11 de Xaneiro: "PLAN DE EMERXENCIA" por Xoán Rubia.

Comentarios do Comité Cidadán de Emerxencia sobre este tema e sobre a opinión do Conselleiro da Presidencia Sr. Méndez Romeu, máximo responsable da protección Civil en Galicia.

Pódese ler en : http://comitecidadan.org

________________

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

____________________

Esquerda Unida e os Orzamentos Municipais de Ferrol

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com

Data: 13 de janeiro de 2009 14:20
Asunto: Nota de prensa de EU en realción cos vindeiros
orzamentos municipais


Nota de prensa EU, orzamentos municipais

Estimad@s amig@s:Achégase nota de prensa de EU en realción cos vindeiros
orzamentos municipais. Grazas pola vosa atención. Un saúdo, Ramiro Marier

Ferrol, martes 10 de xaneiro de 2009

ESQUERDA UNIDA DESMINTE QUE HAXA ACORDO ORZAMENTARIO

YOLANDA DÍAZ, VOCEIRA DE EU, RECLAMA RIGOR E VONTADE NEGOCIADORA

EU ESIXE QUE SE CONSIGNE NO VINDEIRO ORZAMENTO A PARTIDA DOS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS

O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere expresar a súa vontade de acadar un acordo político encol dos vindeiros orzamentos. Froito desta determinación elaborouse unha exhaustiva análise da Memoria do Anteproxecto, en realidade unha emenda á totalidade elaborada para modificar epígrafes fundamentais do Anteproxecto, que EU entende plagado de insuficiencias e eivas. Esquerda Unida achegou unha exhaustiva batería de propostas para reacualificar o Anteproxecto e convertilo nunha proposta válida para a esquerda social e política ferrolá e para o conunto da cidadanía, achegas que contemplan a incorporación dunha partida para orzamentos participativos, unha partida específica para a zona rural, unha ambiciosa proposta de política de persoal ou un amplo catálogo de investimentos que tanto melloran a nosa cidade canto contribúen a reactivar a necesaria re,etc. A proposta orzamentaria de Esquerda Unida – coñecida da opinión pública – melloraría de xeito sustancial o Anteproxecto de ser aceptada.

Mais a nosa proposta orzamentaria dista de ser aceptada. Esquerda Unida e o Goberno mantiveron unha reunión de traballo antes do nadal, xunta desenvolvida nun ambiente construtivo malia rexistrar as notables diferenzas entre ambolos dous grupos. Na xuntanza Esquerda Unida demandou do Goberno Municipal que plasmara en números a súa receptividade diante da nosa proposta. Temos que constatar que seguimos á espera da súa resposta.

Esquerda Unida quere instar ao Goberno Municipal a retomar a negociación diante das notables diferenzas que separan hoxendía a proposta do PSOE da proposta de Esquerda Unida.

Esquerda Unida ten que afirmar que desgraciadamente non hai acordo sobre os orzamentos, nin estamos a piques de conquerilo. O retraso na aprobación do vindeiro orzamento ten un único responsable, aquel que ao cesar aos concelleiros e concelleiras de EU xerou un goberno en minoría, abrindo a porta aberta a un posible retorno ao goberno pola porta de atrás da dereita política.

Exemplo das diferenzas que nos separan son as declaracións do concelleiro de facenda, nas que afirma a innecesariedade de consignar no orzamento a partida adicada aos orzamentos participativos, partida que para a nosa organización política é unha conditio sine qua non.

Esquerda Unida lembra non quere abondar neste comunicado nas diverxencias nos capítulos de persoal, aspecto indispensable para poder desenvolver ambiciosas políticas públicas; ou que aínda non se debateu a partida e a relación adicada aos investimentos. Semella, pois, que restan demasiados aspectos sen resolver como para que o Goberno Municipal perda o tempo con declaracións que somentes sirven á confusión e a mistificación.
____________

luns, xaneiro 12, 2009

Próxima aprobación do Regulamento de Participación Cidadá

De: Participación Cidadá -participacion@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de janeiro de 2009 11:50
Asunto: Próxima aprobación do Regulamento


Próxima aprobación do Regulamento de Participación Cidadá


Estimados/as veciños/as,

Dende a Concellería delegada de Participación Cidadá infórmase da reunión mantida coa Secretaría Xeral para a aprobación do Borrador do Regulamento de Participación Cidadá. Achégase a nova versión, para a súa tramitación ante a comisión informativa, coas explicacións das modificacións na redacción.

En breve convocaremos unha sesión do GAP para informar destes avances e proceder a activar todos os pasos previstos.

Atentamente,

Área de Participación Cidadá
Maica Rodríguez Freire, Técnica en Participación Cidadá
Praza de Armas, s/n. 2º andar. 15402 Ferrol
696.112.691 / 981.944.000 Ext. 219
participacion@ferrol.es


_______________

Modificacións incorporadas ao último borrador do Regulamento de Participación Cidadá, unha vez revisado polo Secretario Xeral os días 17 e 18 de decembro e que realiza unha serie de modificacións en relación á versión anterior de 28.10.2008 (Ver Anexo I). Esta versión (18.12.2008) será a que se eleve á Comisión Informativa, para a emisión de informe xurídico e tramitación ante o Pleno Municipal para a súa aprobación inicial.
Poden-se consultar as modificacións realizadas nos Arquivos Ártabros.
_________
Borrador definitivo do regulamento de Participación Cidadá
* Achegas incorporadas polo “Grupo de Análise e Proposta”, Comisión Política e Foro Cívico
* Recomendacións xurídicas da Secretaría Xeral do Concello de Ferrol
* Período de traballo: maio a decembro de 2008
[Versión 18.12.2008, previa á Comisión Informativa de Participación Cidadá]
Podese consultar o Borrador definitivo que se vai levar ao Pleno Municipal, para a súa aprobación, nos Arquivos Ártabros.
______________________