sábado, abril 14, 2012

Crise 2.0, ... Por Robin Blackburn


"CRISE 2.0" é o título dun extenso e moi clarificador ensaio publicado no nº 72, xaneiro-febreiro 2012, da edición en español da
New Left Review (novembro-decembro 2011 na edición orixinal inglesa), por Robin Blackburn, un dos máis prestixiosos colaboradores e membro do consello editorial da revista. Nunha primeira parte (I. Unha crise retroalimentada) analisa as 'medidas de resgate' aplicadas até agora tanto nos USA coma na 'Eurozona' e fai un lúcido "balance das múltiples afliccións do mundo da Crise 2.0, na que os governos, fogares e corporacións financeiras están a tentar aminoraren ou 'desalavancaren' as suas débedas": unha política da que "o resultado ten sido estancamento, desemprego, destrución do benestar e instalación nos governos de coalicións tecnocráticas carentes dun mandato eleitoral". Na segunda (II. Diagnósticos e remedios) pasa revista ás "respostas predominantes" convencionais, ás dalgunhas "voces disidentes" dentro do proprio stablishment (como a da chamada 'vía cara adiante'), e máis a algunha "máis radical", como a do 'salario mínimo global' proposta por Richard Duncan no seu libro do 2009 'The Corruption of Capitalism'. Finalmente, Blackburn formula as suas proprias propostas -sexan orixinais ou asumidas- a partir dunha toma de posición que fica esplicitada nas frases coas que remata a introdución do seu ensaio: "A medida que se profundice a crise, acentuaráse a necesidade e a urxencia de propostas construtivas para unha saída xenuina cara a esquerda. (...) Argumentarei que as estratexias de resistencia terán que defrontar as causas subxacentes da crise -sobrecapacidade global, demanda deficiente e criación anárquica de crédito- para seren eficaces. Propoño unha expansión xeralizada da demanda agregada global baseada na suba dos salarios nos países onde son máis baixos, o alivio da débeda nos países pobres e ricos, novos plans de protección social, e unha arquiteitura financeira orientada á utilidade pública".

Por consideralas de especial interese para nós, e maiormente no contexto circunstancial das agresións políticas que estamos a aturar dos actuais governos central e autonómico do PP, escolmamos e reproducimos a seguida as seccións III e IV, e máis o colofón, deste lúcido e criativo ensaio de
Blackburn. (N. do T.).


III. AUDITORÍA DA DÉBEDA SOBERÁN.

A Crise 2.0 leva implicado descarregar as débedas contraídas polos bancos sobre os xubilados, estudantes, profesores, coidadores e desempregados ao capitularen os governos perante os posuidores de bonos e as axencias de calificación, resgatando íntegramente a algúns prestamistas que non o merecían. Recoñecer e reducir as perdas é unha parte esencial do proceso de recuperación, mais resulta preferíbel un proceso deliberado e selectivo a unha resposta ad hoc á crise, incluíndo unha auditoría da débeda pública que conducise a un repudio selectivo, eliminando enteiramente as "débedas odiosas" (adóitanse definir así as contraídas por un governo sen o consentemento dos seus cidadáns e con obxectivos que van contra os intereses diles, mentras que os acreedores si que son conscientes desas condicións). Unha auditoría permite documentar o proceso polo que aumentou a débeda, e identificar cáles acreedores están lexitimados para cobrar e cáles non. No 2007, o presidente ecuatoriano Correa nomeou unha comisión para que realizase unha auditoría integral da débeda pública (CAIC), formada por economistas internacionais e expertos legais, co fin de establecer a lexitimidade, legalidade e adecuación das negociacións e renegociacións das débedas ecuatoriáns (créditos concedidos a Ecuador) dende 1976. Atopáronse numerosas irregularidades e ilegalidades, algunhas das cales databan da renegociación establecida polo plan Brady de 1995. O governo de Correa, armado con esa auditoría, conseguíu rebaixar as débedas aos bancos estadounidenses de 3,2 miliardos de dólars a menos de 1.000 millóns.

Se outros países emprendesen análoga investigación, poderían descubrir presións indebidas, o soborno de funcionarios públicos e a corrupción de lexisladores (os préstamos 'de transición' impostos aos países europeus do leste a condición de privatizaren os seus sistemas de pensións poderían ser un bó exemplo). Poderían tamén descubrir débedas contraídas en termos tan onerosos que mesmo pagándoas varias veces non se darían saldado. Do mesmo xeito que a crise das 'hipotecas lixo' se viu moi intensificada polas práticas do "sistema bancario na sombra", as subseguintes crises de débeda soberán víronse exacerbadas por pasivos ocultos dos governos, nomeadamente os que disfroitaban de garantías "implícitas". En Les dettes illégitimes, o economista francés François Chesnais extende a noción de "débeda odiosa", argumentando que a débeda pública debera ser repudiada como ilexítima se foi contraída para realizar "doacións ao capital" -por exemplo, investimento público en activos de propriedade pública estatal como aliciente para a sua privatización, ou déficit fiscal resultante de baixos níveis de imposición directa, alí onde os ingresos por impostos foron sustituídos deliberadamente por débeda. O venerábel principio do "xubileo" consagrado na Biblia prescrebe a cancelación de tódalas débedas cada cincuenta anos. Porén, aínda fica marxe para a discriminación, poisque ás veces os ricos deben diñeiro aos pobres e son plenamente responsábeis de teren contraído certas débedas. Se Italia repudiase tódolos seus bonos, iso perxudicaría a moitos pequenos aforradores, dado que millóns deles posúen o 14% do total. Quen defenden solucións radicais deben tomar precaucións para non empurraren involuntariamente á pequena burguesía nos brazos dos fascistas (o repudio pode excluír, madia leva, a eses aforradores, aos fondos de pensións xenuinos e ás institucións de beneficencia).

Unha creba soberán que impuxese perdas aos grandes financeiros e non aos aforradores humildes podería ser unha opción axeitada nun caso coma o de Grecia. Grandes franxas da débeda grega deberían certamente seren entendidas como "odiosas" -por exemplo, os grandes créditos concedidos polos bancos franceses ao governo de Karamanlis entre 2005 e 2009 para finanzar a compra de avións de caza franceses, ou as grandes sumas gastadas na preparación dos Xogos Olímpicos do 2004. A creba soberán impón un alto prezo: aos países que atreizoan a confianza dos 'mercados' resúltalles difícil ou imposíbel durante certo tempo endebedárense de novo. A creba da Arxentina no 2001 paralisou a actividade económica: perdéronse moitos empregos, centos de empresas pecharon, e os aforros de milleiros de familias esvaíronse. Os intentos de utilizar o troco para resucitar a economía resultaron demasiado trambilicados e a miudo ineficaces. No entanto, o movemento dos piqueteros e unha vaga de ocupacións de fábricas permitiron a algunhas empresas sobrevivir até recibiren a axuda do governo de Kirchner no 2003. Arxentina demostrou que hai vida despois da creba, e tamén negociacións. Repudiou débedas por un total de 81 miliardos de dólars, e ao cabo dun tempo o seu governo, que arelaba recuperar as condicións comerciais normais, ofreceu aos seus acreedores 35 céntimos por dólar. A maioría dos acreedores do país, conscientes do feble estado da economía arxentina, aceptaron a oferta, malia ser moi severa esa rebaixa comparada con outras crebas. Após unha considerábel devaluación, o peso arxentino estabilizouse nun tipo de cámbio competitivo; as exportacións agrarias remontaron, e durante as presidencias de Néstor Kirchner e Cristina Fernández os ingresos e o emprego recuperáronse.

No caso de Grecia, a devaluación non sería posíbel, agás que o país optase por saír do euro e voltar ao dracma. Mais noutros aspectos xa está a sufrir a catástrofe que, segundo a doutrina convencional, lle ocasionaría o repudio da débeda. Os intentos de evitar a creba levan provocado xa un colapso económico, e o país leva fóra dos mercados internacionais de capitais dende a primavera do 2010. Un repudio parcial faría máis sostíbel a débeda restante, e Grecia podería seguir endebedándose internamente, como o facía até o 2001. Un comentarista [Stergios Skaperdas] ten sinalado: "Se Grecia tivese suspendido pagos a comenzos do 2010, a débeda grega tería sido sostíbel a longo prazo cunha rebaixa imposta aos posuidores de bonos considerábelmente menor do 50% do total adebedado. [...] En troques, o que fixo a troika foi fornecer a Grecia créditos para cubrir o seu déficit orzamentario sen crebar, a cámbio de recortes orzamentares cada pouco máis draconianos, aumentos de impostos e cambios institucionais de dubidoso valor [...]. O efecto desa política foi unha veloz espiral descendente da economía. E dado que a débeda segue a medrar e o país segue a se empobrecer cada vez máis, a débeda é cada vez menos sostíbel. A relación entre débeda e PIB pasou do 115 ao 160 % en menos de dous anos".


IV. UTILIDADE PÚBLICA.

Para solucionar os problema financeiros compriría abordar o establecemento de bancos e sistemas crediticios de utilidade pública alén dos centros nacionais, devolvendo recursos a cada localidade, por unha banda, e cooperando cos socios rexionais e globais pola outra. A propriedade pública básica é unha condición necesaria pero non suficiente, poisque as autoridades públicas podense ver tentadas aos seus proprios excesos especulativos. Un sistema financeiro de utilidade pública tería como núcleo bancos, axencias reguladoras e fondos sociais de propriedade e contabilidade pública. As axencias reguladoras deberían informar e daren poder aos cidadáns individuais e ás redes rexionais ou locais. Pola contra, o modelo neoliberal entrega bens e programas sociais públicos ás corporacións privadas e promove unha mercantilización xeral da sanidade, a educación, as pensións e o meio ambiente.

Ao tempo que se estimulan a propriedade social e as finanzas locais, compriría establecer salvagardas estritas para isolar a eses fondos fronte ás presións comerciais e especulativas. Os bancos e mútuas construtoras (sociedades de préstamos inmobiliarios) locais ou provinciais teñen demostrado que poden fornecer bós servizos a condición de impedirlles un "alavancamento" dende fóra, mentras que axiña se enguedellan en distintos problemas cando se ven "liberadas" -ou sexa, desreguladas ou privatizadas- e se lles permite actuar como bancos comerciais. As empresas industriais alemás, por exemplo, téñense beneficiado durante moito tempo dos Landesbanken de propriedade semipública do país; mais durante a última década, máis ou menos, algúns deles caíron na tentación de especularen con complexos derivados hipotecarios, e como consecuencia sufriron grandes perdas. Este fenómeno é outro exemplo dos perigos de desregular e semiprivatizar as redes de finanzamento público. Outros casos son as asociacións de crédito e aforro estadounidenses, Fannie Mae, moitas antigas mútuas británicas privatizadas, como o Trustee Savings Bank, e as caixas de aforro españolas. Todas elas funcionaran ben durante décadas como institucións de propriedade pública ben reguladas, e todas caíron en dificuldades desque se desregularon, privatizaron ou descentralizaron.

Os recursos e as empresas públicas débense reabastecer continuamente para non caíren baixo o abalón da acumulación privada. O economista sueco Rudolf Meidner propuxo en 1976, dende a Confederación Sindical Landsorganisationen i Sverige, o cobro dunha cuota anual ás principais corporacións, cada unha das cales debía emitir cada ano novas participacións equivalentes ao 20 % dos seus beneficios, que serían distribuídas nunha rede rexional de fondos sociais. Esa proposta ten a vantaxe de que recada unha parte do valor de tódalas participacións, inclusive as resgardadas en paraísos fiscais, e logo as recibidas pola rede de fondos sociais manteríanse a longo prazo, utilizando os dividendos que xerasen para obxectivos específicos como a provisión de pensións. En varios países -en particular Noruega, Australia e China- téñense criado fondos soberáns ou "fondos de futuro" que levan actuado como amortecedores durante a crise. Eses fondos pódense investir de varias maneiras -promovendo a capacidade produtiva, as vivendas sociais ou a proteción do meio ambiente- e con eles constituense activos a longo prazo utilizábeis en caso de acontecementos impredicíbeis (desastres naturais) ou predicibeis (envellecimento da povoación). Nalgúns países, fondos de xubilación e de pensións publicamente xestionados desempeñan tamén ese papel; os seus xestores invisten en desenvolvemento ou en infraestruturas sociais, pero son cada pouco máis conscientes de que deben fomentar a sustentabilidade meioambiental. Nos USA e na UE, en troques, os principios do libre mercado e os grupos de presión privados teñen provocado o retroceso dos programas de investimento público de longa duración.

Os defensores da empresa pública e da planificación social do século XXI teñen que redeseñalas para evitaren os seus fracasos históricos. Durante os últimos anos lévanse visto chamativos éxitos do desenvolvemento económico meiante patrocinio público, malia levaren aparellados algúns problemas serios. A industria nos Parques da Ciencia de Taiwan e a produción agrícola no cerrado semiboscoso do Brasil permitiron a eses países convirtírense nos principais fornecedores do mundo en varias das liñas de produción elexidas para o seu desenvolvemento por axencias públicas criadas hai duas ou tres décadas, utilizando estratéxicamente as subvencións públicas para criar entidades viábeis máis que para cubriren o déficit operativo. No caso brasileiro desempeñou un papel crucial a Empresa Brasileira de Pesquisa Agropecuária (EMBRAPA), que conseguíu reabilitar o solo do cerrado, outrora un terreo a monte cuberto de maleza. Certo é que, malia o seu éxito, os programas patrocinados públicamente no Brasil e en Taiwan suscitaron problemas meioambientais inaceptabeis, que porén non deberan ser insolúbeis se as autoridades públicas e as novas entidades produtivas tivesen que responder polo seu impacto ambiental perante as comunidades locais.

Infelizmente, o éxito de semellantes programas convírteos tamén en alvos cobizábeis para a privatización, e obsérvanse as crecentes manobras de diversas corporacións para se faceren cárrego deles. As demandas da economía do coñecemento levan favorecido a socialización dos custes da investigación, do que é un excelente exemplo a rede de investigación alemá Fraunhofer, cun persoal de 18.000 empregados e un orzamento anual de 1,65 miliardos de euros. Esa rede pública leva realizado unha contribución vital ao éxito das Mittelstand (ou medianas empresas) alemás. China ofrece exemplos tanto positivos coma negativos de empresariado estatal. A enorme escada da intervención de Pekin afectou á economía global, cousa que nunca se puidera dicir nen sequer da organización comercial máis podente. Na maioría dos países grandes ou medianos as autoridades públicas tamén teñen a vantaxe potencial do tamaño -unha consideración decisiva nunha crise tan fonda como ésta.

Os obxectivos de calquer programa novo de desenvolvemento deberan ser estimular o crecemento impulsado polo investimento, fomentar a sustentabilidade, dar azos á formación dos recursos humanos e proporcionar un aumento da produtividade. Con ese feixe de obxectivos trataríase de desmercantilizar importantes áreas da vida social, ofrecendo a todos e cada un libre acceso a unha educación e coidados sanitarios decentes, e máis a posibilidade de opinaren e decidiren en última instancia sobre o control dos recursos económicos. Un sistema financeiro de utilidade pública, valedor de redes de fondos sociais e sostido por elas, podería reconectar as finanzas co contexto social e democratizar o seu funcionamento. O modelo socialista tradicional de economía "nacionalizada" e planificada tivo algúns éxitos, e aínda se podería aproveitar nalgunhas áreas. Resulta razonábel que as redes ferroviarias, a enerxía eléctrica, as conducións de auga e outros monopolios naturais sexan de propriedade e xestión públicas, mais o modelo de economía 'de mando' ficou atrás. Se os mercados son axeitadamente controlados, regulados e socializados poden desempeñar aínda un papel útil e inclusive valioso. A propriedade social dos fondos de pensións -e máis a sua xestión con criterios de responsabilidade social- poden engadir unha dimensión extra a todo iso. Aos reguladores nacionais e internacionais resultaríalles difícil disporen de toda a información necesaria para supervisaren unha miríada de axentes económicos. Os investidores institucionais de propriedade pública poderían engadir outra caste de "regulación dende abaixo" para complementaren a "regulación dende arriba". Poderían, por exemplo, aproveitar os seus poderes como accionistas para fomentaren un salario mínimo no sector exportador dos países con baixo PIB per capita. O crédito público debera investir nunha economía verde e tentar reducir a dimensión da pobreza global e sufragar os custes do coidado dos anciáns. O desbarate e incertidume dos intercambios globais e dos fluxos de capital debe ser corrixida e regulada de xeito que a totalidade dos cidadáns e comunidades ás que atinxen dispoñan de información e poder ao respeito.

O programa que levo esbozado resulta en moitos sentidos antitético do que se asocia con Hayek, Friedman e a economía "de libre mercado"; pero inclusive esa escola ten aceptado a necesidade, en condicións estremas, dun estímulo financeiro, utilizando 'helicópteros' para verquer moreas de diñeiro en todas direicións. No entanto, na prática os 'helicópteros' só lles botan diñeiro aos bancos. Se emitir diñeiro é de interés público, por qué non debería recibilo todo o mundo?. Por qué non deberían os 'helicópteros' botar diñeiro aos pobres, ou a toda a povoación?. Nunha sociedade tan desigual como ésta, poñer diñeiro nas mans dos que máis o precisan sería a millor maneira de estimular a demanda. Ademáis da introdución dun salario mínimo nos sectores exportadores, o alivio da débeda aos fogares máis necesitados nos países capitalistas avanzados sería non só valioso en si mesmo, senón que contribuiría tamén a xerar unha meirande demanda agregada e unha perspectiva de crecemento xeral. O actual exceso da débeda dos fogares induce estancamento. O economista australiano Steve Keen propón unha estratexia radical de destrución da débeda: "os governos deberían dar á xentes unha cota igual de diñeiro. os que teñen débedas estarían obrigados a pagalas e os que non as teñen poderían gastar o diñeiro como quixesen. O resultado sería un nível de débeda máis baixo e maior capacidade de gasto". Unha estratexia aínda máis radical consistiría simplesmente en cancelar tódalas débedas, ou todas aquelas que non sobardasen determinado nível, pero os máis austeros poderían estar en desacordo e os bancos sufrirían unha pancada. A prima cívica paritaria de Keen sería benvida por todos como unha maneira positiva de reducir a débeda que atranca a recuperación.

Como espricaba o "inspector xeral" do TARP [Troubled Asset Relief Programme, ou 'programa de alivio de activos en dificultades', criado nos USA en 2008] Neil Barofsky, un resgate "dende abaixo" que reducise as cárregas dos pobres e mal pagados tería sido máis eficaz -e máis axeitado para a utilidade pública- ca os resgates amistosos dos bancos "dende arriba". Os programas de alivio da débeda tamén deberían abranguer aos debedores de créditos estudantís. Na Gran Bretaña prevése que a débeda dos estudantes acade os 70 miliardos de libras no 2015, e aínda é máis xigantesca nos EEUU, onde axiña acadará o nível de un billón de dólars -só un chisco por debaixo da débeda total das tarxetas de crédito. Seguindo o esprito da finanzarización, convídase aos estudantes e graduados con débedas a xestionalas nunha variedade moi complexa de fórmulas, mais aqueles que fagan unha escolla desafortunada poderánse atopar sometidos a un afogo financeiro: no 2009, cáseque o 9 % deles tiñan varios pagos atrasados, con consecuencias funestas para a sua calificación de crédito. A necesidade de pagaren esas débedas distorsiona as opcións que afrontan os estudantes e ten un efecto de freo sobre a demanda.

Cómprenos reconstruir un concepto do público que, malia non estar esclusivamente definido pola propriedade pública, deixe espazo abondo para ela, para a regulación nacional, a redistribución de ingresos, e uns servizos sociais decentes, como corresponde ao século XXI, época do capitalismo globalizado e a economía do coñecemento. Dende o ponto de vista do conxunto da humanidade, unha "industria nacionalizada" representa un interés parcial; cando inviste no estranxeiro, o equilibrio do interés público tería que dividirse entre cando menos dous "públicos" e a miudo moitos máis, do mesmo xeito que dentro de cada país compre acadar un equilibrio entre os intereses dos empregados dunha empresa estatal por unha banda e os do conxunto dos cidadáns pola outra. O "interés público" ficaría millor determinado por unha multiplicidade de institucións e práticas que ofrecese una amplo acceso á información, o debate e a decisión. Entramentras os Estados disfroiten de soberanía, desempeñarán un rol vital chave en facilitaren -ou denegaren- tal responsabilidade democrática e en afrontaren o desafío da crise. Se os resgates esixen grandes cantidades de diñeiro público, como xa ficou ben claro, daquela calquer resultado positivo debería incrementar o potencial das institucións públicas, do mesmo xeito que o gran fondo de pensións noruegués é un legado do resgate dos bancos do país polo governo en 1988.

[....]

Veño de situar a crise no contexto dos desequilibrios e a desigualdade, e de propór unha vía de desenvolvemento baseada nun salario vital, boas condicións de traballo, educación para todos, un nível decente de atención sanitaria, igualdade de xénero e elevada capacidade laboral. O impulso necesario á demanda tería que vir non só de salarios máis altos, senón tamén de investimentos en infraestruturas e tecnoloxías verdes, así como no finanzamento de pensións decentes, coidados sanitarios, educación e sistemas de benestar. No que atinxe aos governos e ás empresas, o obxectivo debera ser seguiren a "autoestrada" da vantaxe competitiva baseada en millorar os níveis existentes de educación, capacidade e protección social, e fuxiren dos "camiños viciñais" que basean a vantaxe competitiva no traballo escravo, as diferencias de xénero e o rebaixe dos custes sociais.

Este enfoque tenta humanizar a cadea global de transaccións mercantís utilizando acordos internacionais, a lexislación nacional, "códigos de conduta" multiaxente, dereitos laborais e negociación colectiva, representación da comunidade, regras de transparencia e compromisos éticos dos axentes empresariais e financeiros. A produción e venda de mercadorías supón a reprodución da forza de traballo, e o traballo asalariado combínase con traballos de mantemento non pagados. O apoio aos traballadores que se encarregan dese mantemento non pagado empata coa necesidade de asegurar unhas condicións de traballo decentes. Finalmente, os acordos económicos deberían pretender algo semellante ao pleno emprego, e que o crecemento económico non se basee no destrago ou ruína dos recursos do planeta.

Semellante estratexia está nidiamente moi lonxe das axendas dos Estados e das clases políticas que agora governan o mundo; mais as suas actuacións só conseguiron até agora profundizar e perpetuar a crise. Se agora empiorase, cunha nova recesión ou algo pior nas economías do Atlántico e un golpe de freos en China, pode esborrallarse todo. En tal caso -e, de feito, en calquera perspectiva a longo prazo- resulta vital que se elaboren dende agora mesmo propostas construtivas para unha saída xenuina da crise cara a esquerda.

Traducido por Xosé M. Beiras.

Fonte: encontroirmandinho.org
__________________

Chapuza, mentira e traizón, ... Por Juan Torres López

Por Juan Torres López [*]
14.04.2012


A ninguén lle pode estrañar que o Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, saíse pola porta do garaxe do Senado para non ter que dar contas aos medios de comunicación das últimas medidas económicas que adoptou e concretamente do recorte adicional de 10.000 millóns de euros en educación e sanidade. Non estraña porque até o truán máis descarado sentiría vergonza si tivese que xustificar unha chapuza tan grande, unha mentira tan evidente e unha traizón aos intereses do Estado tan covarde.

É unha chapuza monumental que unha semana logo de presentar os Orzamentos Xerais do Estado, e logo de negar pola mañá que se iría nesa dirección (por non falar das promesas que se lanzaban cando se trataba de criticar ao anterior goberno) anúnciese un xigantesco recorte presupostario adicional en sanidade e educación.

Si transcorresen uns meses quizá se podería argumentar que se trata dun cambio de conxuntura, dunha necesidade adicional, MAIS

Como xustificar unha rectificación tan grande cando case se pode contar en horas o tempo transcorrido desde a presentación das contas do Estado?

Como pode seguir no seu posto sen morrerse da vergonza e dimitir un Ministro de Facenda que preparou nin máis nin menos que os Orzamentos Xerais do Estado con semellante falta de perspectiva e de rigor?

Que se pode esperar dun Executivo que actúa cunha estratexia tan errada, cunha percepción tan alicorta das necesidades da economía e a sociedade española?

Como se pode soster un Goberno que dunha semana a outra considera que a educación e a sanidade española necesitan 10.000 millóns de euros menos?

Salvo, está claro, que ese Goberno non se estexa pensando no que necesita o Estado e a poboación á que serve, senón o que lle esixen intereses estranxeiros ou particulares que actúan á sombra até dos propios axentes que, polo que se ve, manteñen nese Consello de Ministros.

O anuncio do recorte responde tamén a unha mentira que é bastante fácil descubrir.

Reducir os orzamentos de educación e sanidade nesa cifra tan extraordinaria non vai contribuír decisivamente a reducir o déficit público.

Ducias de estudos empíricos demostraron que unha diminución do gasto público supón unha caída practicamente inmediata e moi importante do Produto Interior Bruto, cuxa magnitude depende do tipo de economía e das partidas concretas en que se materialice pero que no caso español e dándose en materia de educación e saúde podería ser de entre o 60 e o 75 ou 80%. Tamén sabemos que ao caer o PIB diminúe loxicamente a recadación impositiva porque hai menos actividade económica, menos beneficios, menos soldos e menos transaccións que gravar. A magnitude final desta diminución tamén depende de diversas circunstancias (da estrutura impositiva, do peso dos impostos no PIB) pero non sería esaxerado dicir que nun país como España a disminución do PIB producida por un recorte de 10.000 millóns de euros no gasto en sanidade e educación podería supoñer unha diminución de máis de 4.000 millóns nos ingresos fiscais do Estado. E non só iso, senón que ao aumentar o desemprego, aumentarán os subsidios do paro e posiblemente outras transferencias ás familias, nunha cantidade máis difícil de estimar pero que seguramente non fose inferior a 1.000 ou 1.500 millóns de euros.

É verdade que, ao diminuír a provisión pública de servizos de educación e saúde que conleva ese recorte, unha determinada porcentaxe da poboación optaría por adquirilos no sector privado, de modo que o efecto que acabo de sinalar, vería-se compensado, aínda que é evidente que non sería realista pensar que o fixese na mesma magnitude. En definitiva, e deixando separadamente o efecto distributivo e a connotación ética que sen dúbida tería o recorte, o certo é que o seu efecto final sobre o déficit é bastante máis reducido do que pretende alcanzar o goberno. Digamos que aínda que é boa noticia para os provedores privados de servizos educativos e sanitarios, é unha medida que seguirá sendo insuficiente para os especuladores que o que están facendo é apostar con vantaxe e a tiro fixo sobre o feito evidente de que con estas políticas de austeridade (e con formas de actuar como as do Partido Popular na oposición e no goberno) non se vai a poder reducir decisivamente o déficit público español.

E é precisamente esta última circunstancia a que me leva a unha consideración final, pero que non é a menos importante. A actuación do goberno paréceme que supón unha auténtica traizón ao Estado ao que debería defender. Para que diaños serve que nos gastemos miles de millóns de euros no Ministerio de Defensa si resulta que os verdadeiros ataques que sofre a nosa poboación non veñen de forzas militares senón dos mercados, e os nosos gobernos, en lugar de facerlles fronte para defendela, se pregan ante eles de xeito tan covarde?

Poderíase argumentar con razón que recorremos aos mercados para financiar os nosos gastos (e até que algúns destes foron innecesarios e inxustificables e que a nosa economía necesita reformas profundas para evitar que se repitan no futuro) e que é lóxico que os mercados sexan os que impoñan entón as súas condicións MAIS
Aceptaremos sen máis que os grupos financeiros que dominan os mercados nos manipulen para alzar artificialmente o prezo da débeda ou que impoñan os dereitos que poidan ou non gozar os nosos cidadáns e as medidas de política económica que adoptará o noso goberno?

Non xeraron así unha débeda odiosa e ilexítima á que temos o dereito de repudiar?

Non teñen os nosos gobernos o deber moral e político de denunciar o que está ocorrendo, de reclamar ás autoridades europeas que igualmente a condenen e a repudien, en lugar de limitarse a aceptar os ditados dos terroristas financeiros?

Debemos limitarnos sen máis a pertencer a un club que permite que iso suceda, que nos arruína e que institucionaliza o saqueo das arcas públicas polos bancos e os especuladores privados, como sucede cando se permite que o Banco Central Europeo practicamente regale aos bancos todo o diñeiro que queiran para que resolvan os seus quebrantos patrimoniais especulando e comprando débeda dos gobernos deixando sen financiamento ás economía, en lugar de que o proporcionen aos Estados e estes garantan o funcionamento normal das empresas e da economía no seu conxunto? As enciclopedias e dicionarios din que traizoar á Patria é colaborar ou asociarse con elementos non gratos ou inimigos defraudando así aos nacionais e prexudicando os seus intereses, non é evidente entón que a traizoa o Goberno que renuncia a defender a soberanía nacional e que dana aos seus cidadáns con tal de contentar a quen dominan os mercados?

Publicado en Sistema Digital o 12 de abril de 2012

[*] Juan Torres López, Granada -1954, Doutor en CC. Económicas e Empresariais, exerce na Universidade de Sevilla como catedrático de Economía Aplicada do Departamento de Teoría Económica e Economía Política. Escritor, investigador, analista de política económica e activista social. Manten unha páxina web "Ganas de Escribir" -www.juantorreslopez.com- e coordena a páxina web dedicada a información económica -www.altereconomia.org-

Enviado por:
juantorres@us.es
-juantorres@us.es-
1 de abril de 2012 10:01
_________________

venres, abril 13, 2012

O Encontro Irmandiño fai un chamamento a sociedade galega, e de Ferrolterra en especial, para que acuda a concentración que o domingo 15 de abril, ás 12 da mañá ten convocada a Plataforma para a defensa das Fragas do Eume

O Encontro Irmandiño fai un chamamento a sociedade galega, e de Ferrolterra en especial, para que acuda a concentración que o domingo 15 de abril, ás 12 da mañá ten convocada a Plataforma para a defensa das Fragas do Eume, fronte ao concello da Capela.

Queremos manifestar a nosa INDIGNACION, contra os lumes, e contra as políticas levadas a cabo dentro das Fragas, dende a creación mesma do Parque Natural.

Queremos polo tanto acompañar aos propietarios das Fragas, donos de mais do 90% das mesmas, para que se lles escoite nas súas demandas que teñen plantexadas dende a creación do Parque.

Ao mesmo tempo facemos nosa a táboa reivindicativa da Plataforma para a defensa das Fragas do Eume, salientado o escandaloso feito de que durante 3 kms, o río estea seco, e as distintas administracións dende hai 30 anos, miren para outro lado.

Xuntos todos queremos pedir a retirada da Lei de Montes en tramitación parlamentaria, por ser un arma en beneficio dos monopolios e primar o monocultivo do eucalipto na Galiza.

O Encontro Irmandiño acudirá a esta concentración, na defensa das Fragas do Eume, e levando no ánimo o anceio dos vellos galeguistas cal era a defensa da TERRA.

Galiza 12 de abril de 2012

Mario López Rico
Comisionado para a Comunicación
Encontro Irmandiño






Enviado por:
Xosé Manuel Pazo Blanco
-manolopazo@gmail.com-
13 de abril de 2012 03:49

_________________

Iniciativa parlamentar para tentar que o Goberno nomee a dirección de Navantia

INFORMACIÓNS  DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA

Ferrol,  venres 13 de abril  de 2012

ESQUERDA UNIDA LEVA UNHA INICIATIVA AO PARLAMENTO PARA  QUE O GOBERNO NOMEE AOS NOVOS RESPONSABLES PÚBLICOS DE NAVANTIA
A QUE AGARDAN, PREGUNTA JAVIER GALÁN, LOGO DE INCUMPRIR EN DÚAS OCASIÓNS O NOMEAMENTO E CANDO VAN  PRETO DUN MILLAR DE DESPEDIMENTOS EN FERROLTERRA

O Grupo Municipal de Esquerda Unida presenta unha iniciativa no Congreso dos Deputados para arrancar do Ministerio os novos nomeamos da direccións dos estaleiros públicos, en particular do Presidente do grupo Navantia.

Semella razoable que diante dunha situación laboral e social explosiva, o Goberno de Rajoy saia da parálise interesada e nomee aos interlocutores públicos  para dirixir Navantia. De non facelo e co saco dos orzamentos baleiros, Rajoy pode tentar pasar a historia da infamia tentando estrangular económicamente a Navantia.

A que agardan?, se pregunta Javier Galánque necesitan máis para nomear aos responsables públicos de Navantia, logo de incumprir en dúas ocasións o compromiso de designalos e cando van preto dun milleiro de despediementos en Ferrolterra das auxiliares de Bazán? “, sinala o edil de EU.

Esquerda Unida con esta iniciativa tenta axudar a clarexar os interlocutores inmediatos do grupo empresarial público que atravesa unha conxuntura decisiva. Os danos que xa se están a causar ás traballadoras e traballadores e ás súas familias cae no  ámbito das responsabilidades dun PP insensible ao drama social que se produce de cote.

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
13 de abril de 2012 14:59
Prezadas/os amigas/os: achegamos un INFORMACIÓNS do Grupo sobre unha iniciativa parlamentar para tentar que o Goberno nomee a dirección de Navantia, en particular ao seu presidente. Saúdos, Ramiro Marier

___________________

Carlos Casanueva: A Revoluçom Bolivariana e a Luita Revolucionária em América Latina - Em Ferrol na Fundaçom Artábria o 25 de Abril

A próxima quarta-feira, 25 de abril, decorrerá na Fundaçom Artábria umha palestra ministrada por Carlos Casanueva, secretário-geral do Movimento Continental Bolivariano, e que levará por legenda "A revoluçom bolivariana e a luita revolucionária na América Latina".

A Fundaçom Artábria, como entidade internacionalista, quer dar a conhecer com esta palestra informaçom de primeira mao dos atuais processos revolucionários na Pátria Grande de Bolivar. O ato começará às 20.30hs.

Quem é Carlos Casanueva?

Nasceu em 1966 em Talca, no Chile.

Internacionalista, professor de História. Militante do Partido Comunista do Chile, fai parte na clandestinidade da resistência à ditadura de Pinochet entre 1984 e 1990.

Membro do Comité Central do PCCH durante o período 2006-2010 como parte da Comissom de Relaçons Internacionais. Foi secretário político do Comité Regional do PCCH na cidade de Arica, Chile, de 2006 a 2008 onde presidiu a Federaçom de Estudantes da Universidade de Tarapacá (FEUT).

Assesor da concelharia municipal de Arica entre 2006 e 2007 e diretor de meio ambiente em 2007.

Assessor da Presidência Alterna do Parlamento Latino Americano (PARLATINO), Caracas, Venezuela entre 2008 e 2010.

Professor de Geopolítica na Universidade Bolivariana da Venezuela em 2009 e 2010.

Coordenador Internacional dos Guardians Latino-americanos pola Defesa do meio ambiente do PARLATINO entre 2007 e 2010.

Atualmente é assessor no Municipio Girardot, Maracay, Estado de Aragua, Venezuela.

Tem participado em diversos foros, seminários e congressos na América Latina.

Forma parte da equipa de redaçom da revista Tiro al Blanco da República Dominicana e da Rosa blindada na Argentina.

Membro fundador em 2003 do Movimento Continental Bolivariano (MCB), atualmente exerce as funçons de secretário-geral.

--
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia | Código de Identificaçom Fiscal (CIF):  G15645518 | Morada:  Travessa de Batalhons nº7   Esteiro | 15403 Ferrol - GALIZA | Telefone do Centro Social:  +34 981 35 29 86.
Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net
Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
13 de abril de 2012 15:17

Juan Carlos Monedero fala sobre a Revolución Bolivariana - Vídeo


Juan Carlos Monedero, Doutor en Ciencias Políticas e Sociología, analiza a Revolución Bolivariana no marco do décimo aniversario do errado Golpe de Estado contra o Presidente de Venezuela, Hugo Chávez, en 2002.



http://youtu.be/SAeNcK7syIE
_______________

Miles de Traballadores e traballadoras do Naval saen á rúa para denunciar a situación dos estaleiros e esixir solucións - A CIG mobiliza-se unha vez máis contra a Reforma Laboral


Onte foi un día cargado de mobilizacións, a situación dos estaleiros de Navantia da Ría de Ferrol, foi a protagonista xunta as mobilizacións de miles de traballadores e traballadoras das factorías, tanto da empresa principal como de auxiliares. A falta de carga de traballo que se leva denunciando perante varios anos, agora xa é unha realidade a moi curto prazo, onte mesmo nas faixas que hai penduradas nas portas dos estaleiros contabilizaban-se máis de 800 despidos nos últimos meses - 220 no último mes. Estamos falando dunha Comarca onde o desemprego supera as 20.000 persoas, de cada cinco persoas que están capacitas e teñen actitude para traballar, unha figura no rexistro do servizo público de emprego como demandante.

Miles de persoas ocuparon a Praza do Concello, diante do Pazo Municipal que pechou as súas portas antes de que chegara a marea humana. Como a través da historia, as autoridades consideraron que tanto obreiro xunto e unido era un perigo. Un perigo para quen? Este día José Manuel Rey Varela e os seus do PP, consideraron que a Casa do Pobo, non era do Pobo, senón deles, por iso pecharon as portas e reforzaron a defensa das súas poltronas con considerábel forza policial.

Na Praza Pública, celebrouse a Asemblea Cidadá que estaba convocada polo Comité de Empresa, para explicar á cidadanía o que está pasando cos estaleiros. Tantos acordos parlamentares en Compostela e dos diferentes plenos dos concellos das comarcas, son papel mollado, a implicación institucional e política case nula. Os políticos do dereitista Partido Popular (PP), din unha cousa aquí e cando chegan a Madrid votan todo o contrario, mais que un compromiso, é unha traizón, unha venda. Tanta hipocrisía política tería-lles que pasar factura xa: Dimisión!, Dimisión!, debería figurar nas proclamas obreiras.

Pola tarde, estaba planificada unha reunión ampla con representantes políticos e alcaldes e concelleiros dos diferentes concellos das Comarcas que aínda que o Concello prevía realiza-la no Torrente Ballestes, os representantes sindicais acordaron que a xuntanza fora Tamén na Praza Pública deixando patente que as portas do pazo Municipal, a Casa do Pobo, estaba pechada para as traballadoras e traballadores do naval.

Os representantes sindicais de Navantia conseguiron arrincar aos alcaldes das comarcas o seu compromiso, para que en poucos días, se despracen, até Madrid, onde estarán eles, para esixir solucións á SEPI.

Enlace, para máis información nun moi interesante reportaxe de Montse Mayoral no Diario de Ferrol.

Fotos de Susete'70


Por outra banda milleiros de galegos e galegas volveron manifestar nas rúas do país a súa oposición á reforma laboral do Partido Popular. Coincidindo co debate das emendas á totalidade no Congreso dos Deputados, a CIG celebrou concentracións nas sete cidades de Galiza para esixir a súa retirada. A central denuncia que se trata dunha reforma pensada para facilitar o despedimento e favorecer a competitividade, pola vía de reducir salarios e rebaixar as condicións laborais substituíndo emprego fixo por precario, e considera que só coa mobilización se poden frear as políticas de recortes de dereitos laborais e sociais do PP. En Ferrol foron varios centos de traballadores e traballadoras que se concentraron na Praza do Concello, para rexeitar a Reforma Laboral do Capital Financeiro e Transnacional |Máis Info|.
______________

O IGE publica hoxe na súa páxina web os datos do Índice de prezos ao consumo (IPC) do mes de Marzo de 2012

O índice xeral de Galiza correspondente ao mes de marzo de 2012 creceu un 0,7% con respecto ao mes anterior, o mesmo que no conxunto do Estado. A suba dos prezos con respecto a marzo de 2011 foi do 2,0%, unha décima máis que no conxunto do Estado.

A variación interanual da inflación subxacente (índice xeral sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos) foi dun 1,2%, unha décima menos que a rexistrada en febreiro e a mesma que a rexistrada a nivel estatal.

En termos de taxa interanual, son os grupos de “Transporte” (4,9%), “Alimentos e bebidas non alcohólicas” (2,4%) e “Vivenda” (3,8%), cunha achega de 1,7 puntos, os que repercuten máis positivamente na subida do 2,0% do índice xeral.

Cadro 1.- VARIACIÓNS PORCENTUAIS DO IPC XERAL

Sobre mes anteriorSobre mes anterior Acumulado no anoSobre ano anterior
IPC xeral Galiza0,7-0,72,0
IPC xeral España0,7-0,31,9
Fonte: INE. Índices de Precios de Consumo

Con respecto ao crecemento interanual do mes anterior (2,1%), o índice xeral diminuíu 0,17 puntos. O grupo de “Alimentos e bebidas non alcohólicas” foi o que máis contribuíu a este descenso.

Imforme completo en formato pdf

Servizo de Difusión e Información Estatística
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
Instituto Galego de Estatística
15703 Santiago de Compostela
Telf: 981 541589 de 9 a 14 horas, Fax: 981 541323
contacto: http://www.ige.eu/web/peticioninfo.jsp?paxina=005006001&idioma=gl
web: http://www.ige.eu


Enviado polo:
IGE
-ige.novidades@ige.eu-
13 de abril de 2012 11:42
_

domingo, abril 08, 2012

Julio Anguita: 'Combates deste Tempo' - Vídeo


"A isto chamámolo democracia por unha convención lingüista pero é simplemente unha burla". Nesta entrevista, Julio Anguita fálanos da incompatibilidade do sistema actual coa idea verdadeira de democracia e fálanos de conceptos como a política, a corrupción, o decrecimento e as utopías.

Julio Anguita - Combates de este tiempo from ATTAC.TV on Vimeo.



Enviado por:
ATTAC.TV
-attactv@gmail.com-
8 de abril de 2012 20:18
____________________

Concentración en protesta pola entrada na Ría do LNG 'STX Frontier' para Reganosa - Fotos e Vídeo


Ante a entrada do buque gaseiro "LNG STX Frontier" na Ría, este Domingo 8 de Abril de 2012, cargado con miles de toneladas de gas natural licuado, para a ilegal e perigosa Planta de Gas de Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol realizou unha acción de protesta e denuncia, cunha Concentración sonora, ás 7 da Tarde, en Ferrol, na Praza de Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


http://youtu.be/LjH7AxOFIY8


Galería de Fotos de Susete'70

Información baseada na enviada por:

suso
-susopazos@yahoo.es-
8 de abril de 2012 21:02
_________________

Semana da República 2012, organizada pola asociación 'Memoria Histórica Democrática'



Memoria Histórica Democrática
Semana da República 2012

Actividades organizadas en colaboración co Concello de Narón

Cea da República, o 14 de abril no restaurante Giusseppe (A Gándara, Narón).

Como ven sendo habitual, a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática promove a cea conmemorativa polo aniversario da proclamación da II República en Ferrolterra, motivo polo cal convidamos a todas as persoas, asociacións e colectivos que queiran participar na cea de fraternidade que terá lugar no restaurante Giusseppe na Gándara (Narón) - (Antiga “Casa Juanito”), celebraremos con tod@s @s que decidades acompañarnos ese día a CEA DA REPÚBLICA.

Este ano a cea de celebración inclúe unha actuación do actor Cándido Pazó que nos amenizará a velada cun monólogo humorístico.

Os vales para asistir á cea-actuación están á venda a través da A.C. Memoria Histórica Democrática (Bea ou Suso) ou no Pazo da Cultura de Narón.

Prezo: 25 euros, confirmación de asistencia antes do 12 de abril.

Para facer reservas poñerse en contacto no correo
memoriahistoricademocratica@gmail.com
Ou no telf 637 567 497

Avance de outras actividades

Mércores 18 de abril - Emisión do documental de Xosé Abad «O segredo da Frouxeira». Coloquio con Xosé Abad e Enrique Barrera.

Xoves 19 de abril - Homenaxe no cemiterio de San Mateo aos mariñeiros do vapor «Mar Cantábrico» enterrados na foxa común do camposanto.

Mércores, 25 de abril - Conferencia de Enrique Barrera no café-teatro sobre os veciños de Ferrolterra, Eume e Ortegal que estiveron nos campos nazis de exterminio.

Xoves 26 de abril - Conferencia no café-teatro (por determinar).

Organiza a Asociación Memoria Histórica Democrática


___________________

Accións de Esquerda Unida para evitar o peche do estabelecemento comercial chamado café-bar 'O Carballo' - Por outra banda, está formación política, informa que está elaborando as emendas para Ferrol aos orzamentos xerais do Estado, diante do 'orzamento provocación de Rajoy'

O Grupo Municipal de EU Ferrol, piden a reunión da comisión municipal para evitar desafiuzamentos e a intervención do Alcalde para evitar o desafiuzamento do pequeno estabelecemento comercial chamado café-bar 'O Carballo', apoiando as mobilizacións que se convocan pola plataforma para este vindeiro martes; doutra banda, informan que EU está a elaborar as emendas para Ferrol aos orzamentos xerais do Estado, diante do orzamento provocación de Rajoy.

INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA

Ferrol, sábado 7 de abril de 2011

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA RECLAMA A MEDIACIÓN DO ALCALDE NO CASO DO DESAFIUZAMENTO DO PEQUENO NEGOCIO SITO NO  BARRIO DE  CARANZA
YOLANDA DÍAZ PIDE A REUNIÓN DA COMISIÓN PARA EVITAR DESAFIUZAMENTOS

O  Grupo Municipal de EU   quere manifestar de xeito público a necesidade de que o concello, pola mediación do propio alcalde, se involucre na resolución do caso de desafiuzamento que afecta a un pequeno negocio ( bar Carballo ) e a varios traballadores no barrio de Caranza. Semella necesario que alcaldía deixe de ser un espectador pasivo e se comprometa a actuar como noutras vilas e cidades do país se ten feito, caso de Cangas, e desta maneira contribúa a defender á veciñanza no mantemento dunha pequena actividade económica.

Hai un ano, o concello pronunciábase cunha moción plenaria a prol de aprobar un mecanismo que evitase a situación de desafiuzamentos que se estende como un regueiro de pólvora social na nosa comarca e cidade. O PP pronunciárase a favor de deter ese regueiro de desafiuzamentos: hoxe toca demostralo cunha actuación de mediación e mediante a convocatoria da comisión de seguimento destas situacións, que pode arbitrar unha solución de compromiso que garanta o non peche do estabelecemento sito no barrio de Caranza. Hoxe toca defender na práctica ese  apoio dado á moción presentada por EU entón.

Yolanda Díaz pide a reunión do instrumento municipal para mediar e evitar situacións dramáticas no eido social, caso deste desafiuzamento que a maiores se quere levar adiante contra un acordo verbal que a parte vén cumprindo con rigurosidade.

Esquerda Unida quere chamar a atención que hoxe temos a posibilidade de evitar un novo peche dun pequeno negocio, que suporá máis paro e depresión da actividade na nosa cidade, outrosí do peche doutro baixo comercial diante da inacción do Goberno Municipal.

Esquerda Unida apoia as primeiras mobilizacións da plataforma en defensa  dos traballadores do bar Carballo, que o martes concentrarase diante das oficinas do BBVA no Callao, na defensa dunha causa xusta, que EU non pode deixar de apoiar.

O inxusto comportamento da entidade bancaria BBVA semella non ter en conta os esforzos desenvolvidos para manter aberto un pequeno negocio que ten supón o posto de traballo de 4 persoas. Para Esquerda Unida o mantemento do emprego e o respecto a un acordo verbal coa entidade bancaria vale máis que tentar facer caixa contra varias persoas traballadoras, veciñas da nosa cidade.

* * *

EU TRABALLA NA PRESENTACIÓN DUN CONXUNTO DE EMENDAS QUE GARANTAN RECURSOS SUFICIENTES PARA ATENDER AS NECESIDADES PERENTORIAS DE FERROL
SANEAMENTO, SECTOR NAVAL, FERROCARRIL, PORTO EXTERIOR E VIVENDA CENTRAN A DEMANDA DE RECURSOS PÚBLICOS ESTATAIS PARA A NOSA CIDADANÍA

O Grupo Municipal de Esquerda Unida  está a traballar na elaboración dun completo programa de emendas que permitan acadar novos recursos públicos estatais para atender as necesidades perentorias que ten Ferrol, e que o actual proxecto orzamentario defrauda con rotundidade.

Aspectos centrais do traballo da formación política de esquerdas e ecoloxista son o saneamento, o sector naval, o ferrocarril e a conexión co porto exterior, asemade da vivenda e a rehabilitación, ámbitos nodais do desenvolvemento de Ferrol e que o proxecto gubernamental deixa sen consignacións orzamentarias ou con partidas testemuñais,  que non serven para atender ás necesidades reais da nosa cidade.
EU vai desenvolver  o traballo parlamentar de emenda e fará da consecución destas axudas públicas un elemento definitorio do noso apoio á proposta  de orzamentos xerais do Estado.

As emendas do Grupo Parlamentar de EU supoñen tanto un elemento necesario para o futuro da nosa cidade canto un estímulo económico necesario para producir a dinamización económica sustentable e xa que logo un reforzo nas políticas sustentables  de creación de emprego.

Neste proceso de elaboración de propostas para Ferrol, EU acentuará o traballo de relación co tecido asociativo da cidade encol de completar o abano de propostas para Ferrol e a súa cidadanía.


Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
7 de abril de 2012 21:00

Prezadas/os amigas/os: achegamos dúas INFORMACIÓNS do Grupo Municipal de EU Ferrol, nas que pedimos a reunión da comisión municipal para evitar desafiuzamentos e a intervención do alcalde para evitar o desafiuzamento do pequeno estabelecemento comercial chamado café-bar 'O Carballo', apoiando as mobilizacións que se convocan pola plataforma para este vindeiro martes; doutra banda, informamos que EU está a elaborar as emendas para Ferrol aos orzamentos xerais do Estado, diante do orzamento provocación de Rajoy. Saúdos, Ramiro Marier

___________

Teresa Salgueiro em "Senhora do Almurtão" - Vídeo

A sua carreira iniciou-se inesperadamente, em 1986, quando dois dos fundadores do grupo (Rodrigo Leão e Gabriel Gomes) a descobriram quando cantava com um grupo de amigos numa mesa ao lado da deles, numa tasca do Bairro Alto, em Lisboa. Depois da sua primeira audição com Pedro Ayres Magalhães, outro dos fundadores dos Madredeus, Teresa Salgueiro passou a ser a voz e, nas palavras de Magalhães, "a maior inspiração da música do grupo".

Teresa Salgueiro é uma soprano de vasta extensão vocal, tendo um talento inato para a música. Pode dizer-se que sua voz apesar de ter amadurecido continua a ter características típicas de uma soprano. Sua formação musical deu-se ao longo dos primeiros anos de vida do Madredeus, quando cursou por dois anos aulas de canto, mas os compromissos internacionais do grupo acabaram por impedir que a cantora prosseguisse com uma educação musical formal.|+ Info na Wikipedia|.


http://youtu.be/pXq_8tjl_Zs



Enviado por:
Juan Fernández Sixto
7 de abril de 2012 22:32
_______________

'Cando as barbas do teu veciño vexas cortar, pon as túas a remollar' - O maior sindicato de docentes de Inglaterra, Irlanda do Norte, Escocia e País de Gales rexeitan o plano gubernamental conservador-liberal do Reino Unido para privatizar a educación pública



Os plans do goberno liberal-conservador do Reino Unido para privatizar a educación pública atopan o rexeitamento do sindicato de docentes Nasuwt, un dos maiores de Inglaterra, Escocia, Irlanda do Norte e País de Gales que este sábado celebrou o seu congreso en Birmingham.

Nese encontro, os participantes adoptaron unha moción que prevé o incremento das medidas de forza, incluídas as folgas, contra os programas de recortes sociais e privatizaciones impulsados polo gabinete do primeiro ministro David Cameron.

Segundo medios de prensa, o outro gran sindicato de profesores británicos, NUT, podería votar un recurso similar durante o seu congreso anual en Torquay, con data aínda sen precisar.

O documento aprobado este sábado polo gremio Nasuwt cualifica as medidas en contra do sector como un “feroz ataque en detrimento dos docentes”.

Como parte dos recortes, o executivo do Reino Unido prevé modificar o sistema de pensións no ámbito educacional.

A proxectada reforma contempla maiores contribucións á seguridade social e un aumento da idade de xubilación, nun momento no que os salarios permanecen estáticos, e ata, vulnerables á disminución.

O sindicato tamén rexeita a iniciativa de converter institutos de secundaria e algunhas escolas de ensino primario en academias patrocinadas polo sector privado.

A fins do pasado ano, case un millón de traballadores públicos, incluídos os profesores, saíron ás rúas nunha folga de 24 horas para denunciar as medidas impostas polo Goberno.

Esa foi a mobilización con máis respaldo rexistrada nos últimos anos na nación europea desde a época da exprimeira ministra Margaret Thatcher (1979-1990), de acordo con fontes sindicais.

O sector estatal de Reino Unido perdeu nos últimos tres anos uns 45.000 postos de traballo, incluídos 32.000 empregos en escolas, pese á promesa oficialista de protexer a educación.

Ideoloxicamente os recortes impulsados ​​para o financiamento da educación están poñendo a supervivencia de moitas institucións en perigo e danar as oportunidades de vida dos nenos e novos.

Os participantes na Conferencia Anual da NASUWT, o maior sindicato de profesores, que se celebra en Birmingham, aprobaron unha moción de relevo o impacto dos ataques do goberno de coalición de financiamiento da educación.

Chris Keates, Secretario Xeral de NASUWT , dixo:

"Entre 1997 e 2010, os niveis de gasto en educación aumentou en máis do 5% ano tras ano".

"Agora os analistas independentes predixeron que durante a vixencia deste goberno, o gasto en educación reducirase nun 3,5% por ano".

"O impacto adverso destes cortes estase facendo sentir en cada instituto, colexio e escola no Reino Unido".

"Os servizos especializados de apoio están desaparecendo. Mestras e mestres talentosos e persoal de apoio enfróntanse á redundancia".

"Recursos didácticos estanse convertendo en actividades de enriquecimento de estira e restrínxense están".

"A povisión nos próximos anos, para moitos centros de educación, é enfrontar-se ao se peche".

"Estes recortes non son unha clase de medicina desagradable, pero necesaria para curar o Reino Unido dos seus males económicos, mais ben son un intento impulsada pola ideoloxía dos provedores privados para facer-se coa educación pública. Trátase de  que en última instancia, as crianzas e a mocidade pagan o prezo".

Enlaces de interese:
http://www.nasuwt.org.uk/

Fonte: propia e de librered.net
_____________________

sábado, abril 07, 2012

1ª Andaina Polo Río Baa - 14 de Abril de 2012


Exibir mapa ampliado

1ª Andaina Polo Río Baa
14 de Abril de 2012 -Sábado.

O roteiro transcorre polos montes de Prismos, un lugar dunha grande riqueza medioambiental e etnográfica onde se conxuga a beleza das súas paisaxes coa existencia de vestixios ancestrais nos que se conservan tradicións milenarias.

Hai anos, antes da chegada do Polígono Industrial, era doado facer rotas a pé polas beiras do río Baa seguindo os múltiples carreiros que a veciñanza utilizaba para transitar entre as distintas parroquias da zona ou para achegarse ás súas terras.

Naqueles tempos, cando aínda non había tres coches por cada casa, a xente usaba estas vías de comunicación para poderse achegar ao médico, para ir ás feiras ou para axudar á familia ou veciñanza nas labores agrarias que eran a base fundamental da economía familiar.

Esta andaina pretende ser o inicio da recuperación deses camiños case esquecidos que só as do lugar temos na nosas memoria


ITINERARIO

O roteiro discorrerá polos concellos de Fene e Cabanas, cunha lonxitude aproximada duns 3,5 Km.

Comezaremos na pista que transcorre paralela á autoestrada, e que une o Polígono Industrial de Vilar do Colo coa estrada que une Limodre e Laraxe.

Dende aquí partiremos cara a Marco de San Lourenzo, onde faremos un pequeno alto para comentar a historia deste pedrón así como as tradicións que o rodean.

Logo continuaremos o percorrido cara o Castro de Prismos, un dos castros mellor conservados de Galicia, onde faremos unha segunda parada para falar sobre esta construción pre-romana.

Unha vez rematada a charla, partiremos cara o río Baa ata chegar ao Muíño de Petra onde faremos unha última parada para comer e falar do alto valor ecolóxico e paisaxístico que, inexplicablemente, aínda non goza de ningunha figura de protección.

Para rematar coa andaina, voltaremos cara o punto de partida.

Distancia: 3,5 Km
Data: 14 de Abril de 2012
Hora de Saída: 11:00 da mañá
Hora Prevista Chegada: 16:30
Lugar de Encontro: Na pista que transcorre paralela á autoestrada, e que une o Polígono Industrial de Vilar do Colo coa estrada que une Limodre e Laraxe.

Lugares de Interese (onde se fará unha parada para comentar as peculiaridades da zona):
  • -Marco de San Lourenzo.
  • -Castro de Prismos
  • -Muíño de Petra
  • -Humidais do Río Baa

Prevese facer unha parada no muíño

Teléfonos de Contacto:
Xavi: 651884692
César: 649243611
Antonio: 608247955
Alexandre: 690612737
Serxio: 662428976

Plataforma de Afectados polo Polígono Industrial de Vilar do Colo.

|ADEGA - Plataforma en Defensa dos Camiños - SGHN - Verdegaia|

Achegamos díptico e cartaz para quen quixer copiar e difundir:

Cartaz en formato pdf

Díptico en formato pdf

Información baseada na enviada por:
Carlos Vidal Ojea
___________________

venres, abril 06, 2012

O goberno do, polo de agora, Reino de España elimina dos orzamentos a partida destinada ao Plan Nacional sobre a Sida

Nos orzamentos xerais do Estado, para este exercicio 2012, eliminouse a partida destinada ao Plan Nacional sobre a Sida. Deste departamento dependen a maior parte dos programas de prevención do VIH que realizamos as organizacións da sociedade civil. Todo fai prever que a decenas de miles de persoas, sobre todo a aquelas máis vulnerables, se lles privará dun dereito. O dereito a preservar a súa saúde. O dereito a non infectarse de VIH

Carlos Varela
Presidente de Lazos Pro Solidariedade Comité antisida de Ferrol


LAZOS pro Solidariedade-Comité antisida de Ferrol Asociación de afectados/as polo VIH e as drogas Vogal territorial de Galicia en CESIDA.
Dirección web: http://comitelazos.blogspot.com
Dirección sede: Avda. Dr Fleming 8-10 Baixo
15401 Ferrol ( A Coruña )
Tfno./Fax 981350777
Tfno. Móvil :698147975


Enviado por:
Elena Casal Mera (Google+)
-elenacasalmera@gmail.com-
5 de abril de 2012 23:34
_____________

Unha mina en Pico Vello - TVE-La 2 recupera “Unha mina en Pico Vello”: domingo 8 de abril ás 13:45 horas


A raíz do incendio sufrido nas Fragas do Eume os pasados días, o programa de La 2 El Escarabajo Verde recupera o próximo domingo 8 de abril ás 13:45 horas a reportaxe “Unha mina en Pico Vello” no que se aborda o proxecto da creación dunha mina a poucos metros do Parque Natural Fragas do Eume.

A emisión da reportaxe é un bo momento para lembrar que as Fragas do Eume non só sofren as consecuencias dunha mala xestión forestal,  que favorece a proliferación de eucaliptais e a incidencia dos lumes.  Vénse tamén ameazadas pola autorización da Xunta de Galiza a proxectos como o enchido do oca da mina de As Pontes (detraendo auga do Eume e convertendo a mina nun lago con acusados problemas de acidez e presenza de metais pesados); o encoro no Eume, xestionado por ENDESA, que a día de hoxe non está a respetar o caudal ecolóxico no referido ás cantidades da agua que turbina, así como a acumulación de lodos tóxicos no seu fondo.  Por último, salientamos a aposta da Xunta de Galiza por proxectos inviables e dañinos dende o punto de vista ambiental, social e económico no entorno das Fragas do Eume como a mina de andalucita no Lugar de Pico Vello.

Aproveitamos para pedir a todas aquelas persoas que visitan o Parque Natural das Fragas do Eume durante estes días que sexan moi coidadosas e que eviten en todo momento sairse dos camiños habilitados para non contribuir ao deterioro ou erosión daqueles lugares afectados polo incendio.

http://www.verdegaia.org/

ferrol@verdegaia.org

Enviado por:
ferrol@verdegaia.org
-ferrol@verdegaia.org-
6 de abril de 2012 12:42
______________

Enlace relacionado:
http://picovello.blogspot.com.es/
__________________

Campana, ... Por Amadeo Varela



Por Amadeo Varela [*]
06.04.2012


Unha das cousas que máis me impresionaron de neno, cando estudaba a Historia de España, foi o episodio da “Campana de Huesca”, segundo o que, o Rei de Aragón, Ramiro II “El Monje”, para reprimir unha revolta dalgúns dos seus nobres, ameazou con facer unha campá que se oíse en todos os recunchos do reino. A sonora campá foi feita coas cabezas dos revoltosos dispostas en círculo coa do máis destacado no centro, a xeito de badalo. Parece que isto sucedeu aló polo século XI, pero o sistema está aínda hoxe totalmente vixente. É dicir, cando xurde unha protesta contra o poder establecido, sexa cal sexa a súa entidade ou categoría, a solución normalmente empregada é sempre a mesma: “cortar” unhas poucas cabezas, entre elas a do “reivindicador” máis destacado. Así se fixo e se fai en procesos anti-dictatoriales e anti-caciquiles, ou en conflitos nas empresas, utilizando o despido de traballadores como medio disuasorio, sen que o método varíe moito dun a outro país, dunha a outra empresa ou dunha a outra situación política, aínda que pode ser distinta a intensidade da represión.

Algo disto é o que está a ocorrer cos mariscadores da ría de Ferrol, cos que se quere facer unha campá, cuxo badalo non sería outro que o expatrón da confraría Bernardo Bastida. Non sei cal será o desenlace deste “folletón” barato que se pretende montar, dicindo que uns pequenos barquiños marisqueiros impediron a entrada na ría dun monstruoso gaseiro. ¿É posible que alguén poda crer que ao gaseiro lle foi impedida a entrada? É como se dixéramos que unhas poucas pulgas impediron a entrada do raposo no galiñeiro. Outra cousa é desobedecer as ordes das autoridades, ordes que puideran non ser ben escoitadas ou ben interpretadas nun momento de grande confusión e excitación xeral. E todo iso sen entrar a discutir (porque non o permiten) a lexitimidade dunhas ordes que naquelas circunstancias poderían ser cualificadas como absurdas e sen sentido, xa que as forzas da orden público deben estar para defender aos cidadáns e non aos intereses privados de empresarios ou políticos. Porque non se trataba de terroristas, senón de cidadáns aterrorizados, ante a ameaza de perder o seu medio de vida e, se cadra, a vida mesma, pois non hai que esquecer a ameaza latente que representa a planta de gas de Mugardos.

A non entrada do gaseiro sirve agora para tentar de escarmentar a toda a cidadanía cunha especie de “campana de Huesca”, xa que co castigo a Bastida e a uns poucos mariscadores castigaríase tamén a todos aqueles opositores a esa decisión tan inxusta como ilegal de situar a nefasta planta gasística no lugar que agora ocupa.

A pesar de todo, pase o que pase, eu seguirei berrando: “Planta de Gas -  Fora da Ría”.

[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida".) publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
_______________

O 'STX Frontier', un enorme buque gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL/LNG anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Domingo 8 de Abril - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, desta vez na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia


CONCENTRACIÓN EN FERROL,
NA PRAZA AMADA GARCIA
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA
ÁS 7 DA TARDE, DO DOMINGO 8 DE ABRIL

O LNG 'STX Frontier', un buque gaseiro de grande porte, pois ten 288,90 metros de eslora por 44,03 de manga e un calado de 11,50 m, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa, ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Domingo 8 de Abril de 2012. Esta entrada dun buque cargado con gas natural licuado para Reganosa, supon xa a 116, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Domingo, ás 7 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Nunha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.


Características do buque.-
Nome: STX Frontier, bandeira: Singapore,  eslora: 288,60 m, manga: 44,03 m, puntal: 26,2 m, calado: 11,50 m, capacidade: 153.600 m3.
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
5 de abril de 2012 23:20
---

Para apoiar e colaborar co Comité Cidadán:

APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

Adega denuncia as cargas “innecesarias e perigosas” de gas natural licuado na planta regasificadora de mugardos -Reganosa, no corazón da Ría de Ferrol

|O 'Catalunya Spirit" cargando no peirao de Punta Promontorio, o 5 de Abril de 2012|

ADEGA-Ferrolterra denuncia

Este pasado martes |2012-04-03 ás 14:10|, atracou na planta de gas REGANOSA o buque gaseiro "Catalunya Spirit" con 135.000 m3 de gas natural licuado. Este gas procedente de Trinidade e Tobago, descargouse na planta este mércores para ser de novo a cargar de novamente hoxe no mesmo barco e con destino descoñecido.

A carga e descarga do gas natural son manobras que entrañan un alto risco.

No caso da planta de REGANOSA, situada no interior da Ría de Ferrol, os riscos son aínda maiores debido a dificultade que supón a navegación de estes grandes buques por unha estreita canle de entrada de 5km de lonxitude. Para estas operacións de entrada e atraque dos gaseiros precísase da axuda de 4 remolcadores e só se poden realizar en condicións óptimas de visibilidade, que non sopren ventos de mais de 15 nos e coincidindo coa preamar.

Resulta inexplicable que as autoridades permitan estas cargas e descargas que non aportan outra cosa que un risco gratuíto para a veciñanza e un alto custo en cartos para o sistema gasista, que pagamos todos e todas, e por riba repercutirá no encarecemento do gas.

Non sería máis doado, máis barato e máis seguro que o "Catalunya Spirit" continuase rumbo a o porto destino sen ter que descargar e volta a cargar os 130.000 m3 de gas.

Que se esconde detrás destes ilóxicos, caros e perigosos trafegos de gas?

Ferrol Terra, 5 de abril de 2012

Humberto Fidalgo, Directiva de ADEGA-Ferrolterra e representante no Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

|O cruceiro'MS Saga Sapphire',con máis de 1000 persoas a bordo saíndo do Porto Interior de Ferrol, mentres se produce a irresponsábel carga e descarga do 'Catalunya Spirit' en Reganosa|

Interesantes preguntas fai Suste'70 no seu Blogue:
http://ferrolsuso.blogspot.com.es/2012/04/o-que-esconde-xunta-de-feijoo-s-galegs.html

Fotos de Susete'70.

Información baseada na enviada por:
suso
-susopazos@yahoo.es
5 de abril de 2012 18:40
http://ferrolsuso.blogspot.com/
___________

Máis Fotos da Folga Xeral do 29 en Ferrol - Por Fuco Buxán AC


A Asociación 'Fuco Buxán' remite-nos un lote de fotos da pasada Folga Xeral do 29M. Ese día de Loita foi un dos máis importantes na historia recente do movimento obreiro. É por iso polo que publicamos o documento gráfico que ven completar o xa existente na rede. A magnitude da folga tamén está reflexada nesta galería que achegan as compañeiras e compañeiros de 'Fuco'. Saúde e Liberdade! a Loita Continua!

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
6 de abril de 2012 01:57
___________

Enlace relacionado:
http://29demarzode2012folgaxeral.blogspot.com.es/
__________________