venres, xuño 08, 2012

Manifesto contra a Lei Orgánica de Saúde sexual, reprodutiva e de interrupción voluntaria do embarazo


Ante o anuncio por parte do Goberno de reformar a actual Lei orgánica 2/2010 de Saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, as organizacións de mulleres abaixo asinantes MANIFESTAMOS:

- A nosa total indignación ante o retroceso no recoñecemento dos dereitos sexuais i reprodutivos das mulleres que suporía a posible reforma da lei.

- A nosa absoluta negativa a aceptar un recorte na liberdade e autonomía das mulleres en relación á súa sexualidade e a decidir sobre a súa maternidade. Se non podemos decidir non somos libres.

- O noso desacordo co fondo argumental -retrógrado, manipulador e ideolóxico- polo que se quere levar a termo a reforma.

- A nosa repulsa porque a vulneración dos dereitos das mulleres convértase no selo ideolóxico da dereita.

Por todo iso:

DENUNCIAMOS que a perda de dereitos en saúde sexual e reprodutiva exporía a un maior risco a saúde e a propia vida das mulleres. AFIRMAMOS, pola contra, que o goberno está obrigado, de acordo á normativa europea e internacional, a referendar a protección e seguridade xurídica en materia de dereitos sexuais e reprodutivos.

DENUNCIAMOS Que “violencia de xénero estrutural” é a coacción e a limitación no uso das liberdades individuais. AFIRMAMOS, pola contra, a inquebrantable vontade das mulleres a vivir unha vida libre de Violencia e de coaccións.

DENUNCIAMOS que o recorte nas liberdades das mulleres sexa debido á presión da xerarquía eclesiástica e grupos ultraconservadores. AFIRMAMOS, pola contra, a necesidade dunha sociedade laica e democrática libre de imposicións relixiosas.

DENUNCIAMOS a lamentable argumentación decimonónica que salienta como único dereito da muller o da maternidade sen libre elección. AFIRMAMOS, pola contra, o noso dereito a decidir sobre os nosos corpos e as nosas vidas e non de acordo a un prototipo de feminidade que discrimina ás mulleres.

DENUNCIAMOS a arbitrariedade no manexo e uso do concepto “dereitos” e que a aceptación dos dereitos humanos das mulleres é incompatible coa súa regulación no código penal. AFIRMAMOS, pola contra, que onde hai ?dereitos? non hai ?supostos? e que o exercicio dun dereito non é punible.

DENUNCIAMOS que a negación dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres leva o retroceso en cuestións tan básicas como a educación sexual ou a mellora no acceso á anticoncepción, incluída a de urxencia. AFIRMAMOS, pola contra, que Si hai dereitos específicos da mulleres en saúde sexual e reprodutiva e debe haber, xa que logo, dereito a prestacións específicas na carteira nacional básica de servizos sanitarios.


Coordinadora de Organizaciones Feministas de Zaragoza
Federación de Planificación Familiar de España
Federación de Mujeres Jóvenes
Federación de Asistencia a Mujeres Violadas CAVAS
Asociación en Defensa de la Sanidad Pública ADSP
Federacióm de Mujeres Arena y Laurisilva
Federación de Asociaciónes de Mujeres Separadas y Divorciadas
Dones en Xarxa
FADEMUR Mujeres Rurales
Federación de Asoc Madres Solteras
Federación Mujeres Progresistas (FMP)
Federación María Laffitte
Fundación Mujeres
Asociación de Mujeres Juristas THEMIS
UGT-Secretaria Confederal Mujer
CCOO- Secretaria Confederal de la Mujer
UNAF
COGAM
Mujeres en Red
Plataforma Andaluza de Apoyo al Lobby Europeo de Mujeres.
Plataforma Catalana de Suport al Lobby Europeu de Dones
Eleusis
Enclave Feminista
ACAI
ACIAB Red Mujeres Latinoamericana y Caribe /España
AMES . Asociación de Mujeres por un Envejecimiento Saludable
Asociación Mujeres Solidaridad y Cooperación
Asociación Mujeres OPAÑEL
Asociación de Mujeres Progresistas de Tenerife
Asociación de Mujeres Vecinales
Asociación de Derechos Humanos de las Mujeres- DEHMUME.
Católicas por derecho a decidir
Ciudad de Mujeres
Centro Cultural de la Mujer
Plataforma Violencia Cero / Malaga
Grupo de Mujeres de Vallecas
UTO-UGT DE LA ONCE EN ARAGÓN
Asociación Planificación Familiar de Madrid  APFM
AMALTEA
AMPI de Alcobendas
Asoc.San Martín de Porres
Asociación Agora Fuenlabrada S XXI
Asociación de Mujeres “Puntos Subversivos”
Asociación de Mujeres Fasnieras AFAM
Asociación de Mujeres Gara
Asociación de Mujéres Jóvenes Ágora Violeta
Asociación de Mujeres PANDORA
Asociación Eleanor Roosevelt
Asociación Mararía
Asociación Musabem
Asociación para el Desarrollo Integral de las Mujeres MERCEDES
MACHADO
Asociación para la Defensa de la Imagen Publica de la Mujer
Asociación Sabina
Asociación Social y Cultural para las Mujeres Mararía
Asociación Solidaridad con Madres Solteras/ Canarias
Plataforma de Mujeres en la Diversidad de la CM
Red Ecofeminista
Red Feminista de Hombres y Mujeres Castilla La Mancha
Red de Salud de las Mujeres Latinoamericanas y el Caribe, RSMLAC
Fundación AMFE
Dator Medica
Clinica El Bosque
CRECUL Comité de culturas lesbiana
Concejalas79
Fundación AMFE
Fundación Mujeres
Grupo de Mujeres de Vallecas
Grupo Mujeres de Carabanchel
Integración de Pueblos y Culturas
Marea Violeta / Malaga
Mas mujer + igualdad
Mujeres de Centro
Mujeres Fuenlabrada
Mujeres para la Salud
Mujeres Safo
Nosotras mismas Chamberí
Otro Tiempo
SEDOAC (Servicio Doméstico Activo)
SOMOS LGTB+ Aragon
Asociación de Mujeres Nerea
Fademur-Aragón
Aramur
Asociación Foro De Mujeres Progresistas De Ejea
Asociación La Estanca El Gancho
Asociación De Mujeres La Val
Astarteia
Asociación  8 De Abril
Asociación La Verde Doncella
Foro De Mujeres Progresistas La Vicora
Asociación Cultural De Mujeres Santa Agueda
Asociación De Mujeres La Corona
Asociación De Mujeres La Fragua
Asociación De Mujeres El Cuco
Asociación De Mujeres El Arco
Asociación De Mujeres Juana Jimenez
Asociación De Mujeres Virgen Del Alba
Asociación La Milagrosa
Asociación De Mujeres La Carra
Asociación De Mujeres Virgen De Los Navarros
Asociación De Mujeres Camino Real
Asociación Las Fozinas
Asociación De Mujeres El Poyo Del Cid
Asociación De Mujeres Virgen Del Carmen
Asociación De Mujeres La Corona
Asociación De Mujeres San Blas
Asocicion De Mujeres La Bardena Negra
Mujeres Progresistas De Cariñena Pilar Pitarh
Asociación Circulo de Opinión Juan Sancho
Clínica La Almozara
Aa.Vv Cerro De Los Molinos
Aa.Vv Chasa
Aa.Vv Las Eras-La Fuente
AMPI Fuenlabrada
Asoc. Mujeres Creativas Rosa Montero
Asoc.Trece Rosas
Asoc. Mujeres Jovenes Pandora
Asoc. Sophias
CEMF
CODIF
COMDI
Creciendo Juntas
Aa. Vv.Fuensur
Germinal
Grupo De Apoyo A Familias Monoparentales
Mirando Al  Futuro
Mujeres Parque Miraflores
Secretaria De Mujer De Iu Fuenlabrada
Victorias
Asoc. Matices
Aa.Vv Provincias


XII Sesión Vermú para fechar a programación de Rádio FilispiM, por este curso 2011/1012

O vindeiro sábado 16 de xunho de 2012 na Traseira do Mercado de Caranza-Ferrol decorrerá a XII Sesión Vermú para fechar a programación de Rádio FilispiM, por este curso 2011/1012. A hora de comezo da Sesión Vermú está prevista para as 12:00 h. do mediodía e se prolongará até as 15:00 h.

Programa de radio en directo no 93.9 FM e vía streaming en: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg, donde todos os programas de Rádio FilispiM avaliarán como ten sido este curso radifónico na libre e comunitaria de Trasancos que emite dende Ferrol.

Actuará o grupo folc da comarca ALÉN DE ANCOS -> http://www.reverbnation.com/alendeancos

Riquísimos pinchos filispinianos acompañados dun delicioso vermú.

Entrada de BALDE!

Colabora coa radio libre, mercando o material promo da Rádio FilispiM [chapas, camisolas...].

Máis info en: http://opaii.blogspot.com/

Sombras, ... Por Xosé María Dobarro Paz

Por Xosé María Dobarro [*]
08.06.2012


Na mañá de onte acudín á entrada do Teatro Jofre para escoitar a lectura do “Manifesto das Asociacións Culturais de Ferrol”, asinado por ducia e media delas, documento co que, unha vez escoitado e lido de vagar, coincido basicamente. Como desde hai moitos anos estou afastado do asociacionismo cultural ferrolán –no que a directivas se refire– ignoro as razóns polas que non asinaron o manifesto algunhas agrupacións. Se cadra hai máis, pero boto en falta o respaldo de “Toxos e froles”, “Sociedad Filarmónica Ferrolana”, “Sociedad Artística Ferrolana” e “Medulio”. Entendo que a cuarta non figura por carencia de vida e as tres primeiras por afinidade ideolóxica co goberno, ese que, na súa política do diálogo de ordeno, mando e fago saber, permite que “presuntamente” se saquen a labazadas dignos e educados usuarios das bibliotecas. Exceso de celo á marxe, quen ten a culpa de que poidan pasar estas cousas son os de arriba. Se non nos ensinan educación, se non sabemos comportarnos, pouco hai que facer. O señor Wert, o tesoiras da educación, que case parece un mago na arte do birlibirloque, anda coa supresión da educación para a cidadanía –a besta negra de toda a reacción ultracatólica– para sustituíla por outra materia que, dixo, non sexa “susceptible de adoutrinamento ideolóxico”. Será porque ese xa o poñen directamente eles, ou ¿que outra cousa son, senón, as materias de relixión? Todo apunta a que os nosos mandóns, tan “ilustrados” eles, non viron, nin polo forro, obras cumes da narrativa universal contemporánea, v.g., El siglo de las luces do excelso Carpentier. Élles así, ¿que lle imos facer?

Estribillando | Publicado en Diario de Ferrol | 08.06.2012

Dosier de Prensa da comparecencia ante os medios.

[*] Xosé María Dobarro Paz (Ferrol, 1950), é catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade da Coruña.
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
8 de junho de 2012 13:02

Artigo sobre o Manifesto das Asoc. Culturais de Ferrol

____________

Piden 5 anos de cadea para os sindicalistas da CIG Antolín Alcántara e Víctor García [Video]

O xuízo contra Antolín Alcántara e Víctor García constata a obsesión da Fiscalía por criminalizar os dirixentes da CIG.
A petición de cinco anos de cadea mantívose ao remate dun proceso penal quedou visto para sentenza despois de sete horas de sesión.
O xuízo celebrado o 7 de xuño de 2007 contra Antolín Alcántara e Víctor García constatou a obsesión do Ministerio Fiscal por conseguir a condena dos dous dirixentes da CIG que participaron na folga do Metal de 2007. O proceso penal no que están acusados de desordes públicos e danos pola ocupación do edificio da Xunta en Vigo quedou visto para sentenza tras máis de sete horas de sesión sen que a fiscal rebaixase a petición de cinco anos de cadea, a pesar de non quedar acreditada a súa responsabilidade.

Varios centos de persoas concentráronse dende primeira hora da mañá ás portas dos Xulgados vigueses para trasladarlles a súa solidariedade aos acusados. Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva, e García, ex responsábel do Naval, accedían entre aplausos ás dependencias do Xulgado do Penal número 2 pasadas as 9.30 horas rodeados por un amplo despregue policial que impediu o acceso de parte dos concentrados/as ao interior das instalacións.

Sete horas despois, o xuízo quedaba visto para sentenza sen que a fiscal reducise a petición de cadea, que é de 2,6 anos para cada un deles por cada un dos dous delitos que se lles imputan, desordes públicos e danos, a pesar de que en ningún momento quedou constatada a súa participación nos feitos. Para a CIG isto demostra a “obsesión” do Ministerio Fiscal por criminalizar o movemento obreiro, en especial os dirixentes da CIG.

Pola sala desfilaron arredor de 20 testemuñas, entre policías, gardas xurados , ex responsábeis políticos e sindicalistas, e reproduciuse o contido das gravacións feitas polas cámaras de seguridade do edificio autonómico. En ningún momento quedou acreditada a participación dos acusados nin nos desordes públicos non nos danos que se lle imputan.

Neste senso expresouse o secretario comarcal da central nacionalista en Vigo. Serafín Otero incidiu en que “a actitude da Fiscalía supón un ataque ao sindicalismo e á democracia xa que quedou perfectamente evidenciado que non existe nada contra eles”, polo que se amosou convencido de que “se tiveran dignidade retirarían todos os cargos”.

O propio Antolín Alcántara explicou que “durante o xuízo quedou perfectamente claro que este proceso é unha persecución a dous sindicalistas; pretenden darlle un golpe de graza ao movemento obreiro nun momento tan duro para que non haxa contestación social”. Neste senso, asegurou que “comezaremos a crer nesta Xustiza se, no caso de ter que ir a prisión, nos acompañasen persoas como Rodrigo Rato ou o presidente do BBVA”.


Integrantes da mesa de negociación

Tanto Alcántara como García explicaron que se atopaban no edificio para participar na mesa de negociación do convenio coa patronal e que en ningún momento a intención dos manifestantes foi acceder ao edificio da Xunta. “Estabamos a piques de chegar a un acordo e estaba claro que non nos interesaba que tiveses escusas para botarse atrás”, indicaron. Atribuíron o sucedido a que un pequeno grupo perdeu a paciencia ao saber que a xuntanza non se ía celebrar porque un representante da patronal se atopaba atrapado co seu coche nun atasco.

O único que quedou acreditado durante o xuízo foi que a cuantificación dos desperfectos fíxose sen o máis mínimo rigor (non existen facturas das reparacións nin se desglosaron os conceptos que sumaban 30.000 euros), polo que a fiscalía non tivo máis remedio que rebaixar a petición de indemnización a 6.000 euros. Con todo, a letrada da Xunta non accedeu a modificar a súa petición.

Xunto a Alcántara e García sentábase no banco dos acusados un traballador do sector naval que tamén foi acusado pola Policía española de retirar unha bandeira española do edificio da Xunta e “tirar e queimar contenedores pola rúa”.

Mais informaciíon en: http://www.galizacig.com/

Onte 7 de Xuño o naval volveu saír á rúa - Fotos


As traballadoras e traballadores do naval da ría de Ferrol, volveron a mobilizar-se polo emprego. Case catromil na rúa, cortaron os accesos a Ferrol pola autopista desde o porto interior. Nos procesos asemblearios que tiveron lugar no interior dos estaleiros debateu-se sobre a necesaria unidade sindical e de clase para conseguir os obxectivos. o vindeiro domingo está convocada unha Manifestación Comarcal. Que partirá ás 12 do mediodía desde o Inferniño.

Fotos de Susete'70

Enviado por:
suso
-susopazos@yahoo.es-
7 de junho de 2012 13:42
_____

Fondo documental sobre Soberanía Alimentaria


Soberania Alimentaría.tv, é un fondo documental en temática de Soberania Alimentaria, loitas campesinas e conflictos no medio rural.

Acolle materiais de vídeo, de audio e de lectura e ofréceos todos eles sen ningún tipo de restrición para a súa libre descarga e difusión. Todos e cada un dos materiais dispoñibles foron cedidos desinteresadamente polos seus creadores e creadoras.

O obxectivo é xa que logo, constituír un fondo de referencia, que poida prover ás organizacións sociais e campesiñas dos materiais audiovisuais necesarios para levar a cabo as actividades de formación e sensibilización que planifiquen en temática de Soberanía Alimentaria.

Soberaniaalimentaria.tv é un proxecto conxunto do sindicato agrario vasco EHNE Bizkaia e a organización Bizilur, que conta co aval da Via Campesiña Internacional. As citadas organizacións non capitalizarán en ningún caso os materiais dispoñibles na web, soamente encargaranse da súa xestión e mantemento.

http://www.soberaniaalimentaria.tv/

Enviado por:
Paula
-pmeizoso@gmail.com-
8 de junho de 2012 10:49

http://trasancos.blogspot.com.es/
____________

Fuco Buxán valora a VII Asemblea Galega de Inmigración



Valoración da VII Asemblea Galega de Inmigración

O domingo 27 de Maio realizouse a VII Asemblea Galega de Inmigración e Emigración de Retorno.

Que buscabamos con esta Asemblea?

O endurecimiento das políticas migratorias, o recorte de dereitos, a crise económica, os diferentes discursos políticos, non fan máis que acentuar as desigualdades, e golpean máis directamente ás e os máis débiles.

Na historia das sociedades europeas, a desigualdade e a carencia dunha economía viable, foron o caldo de cultivo para impulsar o auxe da extrema dereita e manifestacións de índole fascista ou xenófobas, que lles botan a culpa aos inmigrantes de todas estas problemáticas .

No ano 2011, España preside a Unión Europea, e con ela a 4ta Reforma da Lei de Estranxeiría, que endurece aínda máis a xa existente. Controis policiais, identificacións arbitrarias, internamentos nos CIES, e o regulamento do DOGA de setembro /9 / 2012 e o do goberno Nacional, que deixa en réxime de exclusión aos inmigrantes irregulares. Por iso entendemos que as persoas migrantes estamos chamadas á construción dun mellor sistema social, a xogar un importante papel,a non converternos en simples espectadores ou convidados de pedra .

A Asemblea abre entón un espazo de reflexión e desenvolvimento de solucións comúns nun contexto de crise social, política e económica.

Con catro mesas de diálogo, de traballo, con catro temas específicos: Reparto de alimentos polos colectivos, restrición no acceso ao sistema sanitario, cambios na lesgislación de empregadas de fogar, e persecución policial .

Logo xuntámonos para transmitir os resultados do traballo, e ali coñecemos o de todas as mesas.

Foi unha xornada que comezou ás 10 da mañá, cunha acolleita de saúdos en distintos idiomas, un xantar onde a Casa Okupa de Coruña fíxonos unha paella e unha macedonia e onde compartimos tamén o que cada un levamos.

Terminamos cunha manifestación desde o CAMPO DE MARTE, PRAZA MARÍA PITA, ata o OBELISCO, onde se leu un manifesto.

Susana Alaníz
Área de Inmigración da A.C. Fuco Buxán
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
8 de junho de 2012 00:19

_______________

En defensa dos nosos montes en defensa do noso agro - Este sábado e Domingo, 9 e 10 de Xuño, a cita é en Compostela - Manifestacións Nacionais por un agro vivo, racional e sustentábel - Na nosa Comarca tamén hai tres citas moi importantes: a defensa do Río Baa, a Asemblea Cidadá sobre Reganosa e a manifestación comarcal polo sector naval

Este fin de semana en Compostela van ter lugar dúas manifestacións nacionais en defensa do noso agro. Na nosa Comarca temos tamén varias citas moi importantes: a Segunda Andaina polo Río Baa, sobre as 10:45 horas, no Polígono Vilar do Colo, na defensa dun río ameazado, sobre todo pola presencia duns residuos tóxicos almacenados a intemperie; e ás 12 do mediodía unha Asemblea Aberta á Cidadanía para informar e debater sobre a última Sentenza do Tribunal Supremo sobre Reganosa que anula a modificación do PXOM, por carecer de Declaración de Impacto Ambiental que amparou a construción de Reganosa, desta vez na Praza do Concello de Ferrol, diante do Pazo Municipal. ADEGA tamén estará presente nestas dúas mobilizacións, polo medio ambiente, pola nosa seguridade e pola vida. E o domingo 10 de Maio a mobilización comarcal polo sector naval, ás 12 do mediodía desde o Inferniño.

9 de xuño, sábado - MANIFESTACIÓN POR UNHA LEI GALEGA DE MONTES MULTIFUNCIONAL E SUSTENTÁBEL

Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, convidámoste desde ADEGA, FRUGA, CIGA e ORGACCMM a acompañarnos na manifestación que terá lugar o sábado, día 9 de xuño ás 12h na estación do tren, en Santiago de Compostela "Por unha lei de montes de Galiza". SeÉ unha oportunidade para reivindicar un futuro para os nosos montes e contra a privatización, o monocultivo e a falta de políticas de prevención contra os lumes forestais que establece a nova lei de montes.

As nosas reivindicacións:
  • O recoñecemento dos montes comunais e dos seus dereitos.
  • A non privatización dos montes para intereses especulativos.
  • A non privatización da loita contra os lumes e a non derrogación da lei de prevención de incendios.
  • A non forestación das terras agrarias.
  • A non invasión do monte con cultivos enerxéticos.
  • Que o monte galego sexa multinfuncional e sostible.

Convoca: Organización Galega de Comunidades de Montes; Apoian: ADEGA, CIG, FRUGA (Alianza por un medio rural galego vivo).

BUSES DENDE LUGO: Desde Lugo (no caso de acadar un número mínimo de persoas), sairá un autobús de diante do edificio dos sindicatos, na ronda da muralla, ás 10 da mañá. É imprescindible apuntarse, chamando aos teléfonos 982.815678 ou 681.027859 (Lois). O prezo será de 5 euros, do resto do custe faranse cargo as organizacións convocantes.


10 de xuño, domingo - MANIFESTACIÓN CONTRA AS FUMIGACIÓNS EN COMPOSTELA

Únete ao enxamio que percorrerá Compostela este domingo 10 de xuño contra as fumigacións!

A Plataforma contra as fumigacións, da que fai parte ADEGA, vai defender un país sen pesticidas este domingo nas rúas de Compostela. As voces de abelleiros, labregos, ecoloxistas, e máis de 40 organizacións sociais de todo o país van crear un zunido imposible de calar! Agora non poderán borrar as nosas voces como fixeron con centos de protestas na súa páxina de Facebook.

 A Xunta de Galiza terá que escoitar o clamor en contra dunhas fumigacións que van contra o sentido común, contra as leis e o que é máis importante, contra o futuro da agricultura, dos ecosistemas e da saúde de milleiros de galegas e galegos que viven nas decenas de puntos que xa están marcados no mapa militar desta guerra contra a nosa soberanía alimentar e para maior gloria da auténtica praga: o eucalipto!

En Internet xa somos case 100.000 persoas a dicirlle NON ás fumigacións e SI á vida das abellas, vítimas na primeira liña deste ataque frontal contra a supervivencia da natureza da que nos alimentamos e da que somos parte intergrante. Agora xuntaremos milleiros de voces tamén nas rúas da capital de Galiza para deixarlles claro aos que poñen o diñeiro e asinan as autorizacións, que non imos permitilo e que coa comida e a auga que consumimos nós e os nosos fillos non se xoga. Co noso monte non se xoga! Nin unha pinga dese veleno na nosa auga, na nosa terra!

Xa o dicían os nosos vellos: se morren as abellas, morremos nós!

Máis información: local nacional (981 570099),  na nosa web: www.adega.info ou en Facebook

Máis información:

http://fumigacionsnon.org/


Enviado por:
ADEGA
-adega@adega.info-
8 de junho de 2012 00:06
ADEGA-Informa: vindeiros eventos e actividades
__________________

gzvideos STOP FUMIGACIÓNS TÓXICAS - Manifestación Nacional - 10/06/12 #fumigacionsNON


___________________________

Festival do Río Castro - 7 de Xullo de 2012



XIX FESTIVAL DO RÍO CASTRO EN NARAHÍO

O Castelo de Narahío - San Sadurniño

7 de Xullo às 12:00 até 8 de Julho às 03:00
   
Narahio

Pola mañá desde as 12:00 horas.
  • 12 da mañana chegada de merendas.
  • 15:30 xogos tradicionais para nenos e nenas ca Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
  • 17:30 Tetro Ghazafelhos interpretando a obra "Non é País para Cabaleiros"
  • 18:30 Capionato de deporte Popular ,Tiro de corda, serrado de tronzador , chave.
Pola Noite a partir das 22:30 horas.
  • Escola de Música Tradicional do Concello de San Sadurniño
  • Habelas Haina.
  • Tanto Nos Ten.
  • Sacha na Horta
______________________

xoves, xuño 07, 2012

David Rodríguez: Palabras para a guerra en curso - Retomando a Palabra (Libro) - Descarga

David Rodríguez [*]

Palabras para a guerra en curso 

Entrevista a David Rodríguez en El País:
“De todas as tarefas que impón o neoliberalismo rampante, David Rodríguez (Vigo, 1975) escolleu a das palabras. O primeiro e decisivo campo de batalla. A linguaxe política, mais non a que enmascara o secuestro da democracia, senón aquela á que se refería Jacques Rancière en O tempo da igualdade. A dos guerreiros e os artesáns que, ao se apoderaren das palabras que non estaban destinadas a eles, crean un suxeito novo, o suxeito 'pobo'. Por aí quere ir Retomando a palabra (Estaleiro, 2012), unha escolma do blog que mantén na rede dende 2005 como O Funambulista Coxo. Oitenta artigos nunha caixa de ferramentas sen tornos nas portas nin grillóns na lingua. (…)”. Publicado o 30 Marzo 2012.

Fonte: axendaaelg.blogaliza.org


RETOMANDO A PALABRA
David Rodríguez
2012 |

Este Retomando a palabra. Das guerras culturais
ao crac financeiro pretende ser un máis de tantos esforzos dedicados a unha tarefa colectiva e urxente: a de rozar a linguaxe que nos dá acceso á realidade. Unha linguaxe que está a monte desde hai décadas. Na cal o boureo dos fentos e as xestas impiden escoitar o rumor das árbores. Unha linguaxe maltratada polas silvas da manipulación, da descontextualización e da subversión; e tan abandonada que os toxos da renuncia, do oportunismo e da desmemoria case
que a engolen de vez, e a nós con ela.

[*] David Rodríguez Rodríguez (Vigo, 1975) mantén o blogue http://ofunambulistacoxo.blogspot.com desde o ano 2005. É autor das obras de teatro radiofónico O Bambán e Nunca me esquecerei de ti (gañadora e finalista respectivamente do I e IV Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural). Escribiu o poemario Lapidarias. Os versos escuros e participou no libro colectivo Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural.

Pode-se descargar o libro en formato pdf.

Fonte: estaleiroeditora.blogaliza.org/
_______________

Campaña Stop Israel Nuclear - Un millóns de voces na ONU - Pode-se asinar a petición

Campaña Stop Israel Nuclear

UN MILLÓN DE VOCES NA ONU

(Pode-se asinar a petición)

Desde que en 1974 a ONU aprobara a Resolución 3263 (XXIX), instando o establecemento no Oriente Medio dunha zona libre de armamento nuclear e outras armas de destrución masiva, foron numerosas as ocasións en que as Nacións Unidas e outros organismos internacionais reiteraron o mesmo chamamento… e outras tantas as que fracasaron no seu propósito. A última, en 2010, cando a Conferencia de Revisión do Tratado de Non Proliferación Nuclear  (NPT) instou a convocatoria dunha conferencia en 2012 para pór en marcha o proceso e a iniciativa foi, mais unha vez, boicotada por Israel e os EUA.

A declaración do Oriente Medio como zona libre de armamento nuclear implicaría a adhesión de Israel ao TNP en calidade de estado non nuclear e a ubicación de todas as súas instalacións sob o control da Axencia Internacional de Enerxía Atómica (AIEA), ao igual que xa fixeron o resto dos estados da rexión.

Se  Israel abrise as súas instalacións ao escrutino dos inspectores da AIEA, o Consello de Seguranza da ONU (CS) podería coñecer a real envergadura do perigo que eses arsenais supostamente secretos representan e estaría obrigado a tomar as medidas necesarias para eliminar a ameaza que paira sobre a fráxil paz da zona.

No entanto nada é como debería. Coa súa insensata e interesada irresponsabilidade, o CS  deixa a Israel as mans libres para aumentar a súa potencia nuclear fora de calquera control, abstense de urxir o cumprimento das súas propias resolucións e revela a súa incapacidade para conxurar unha catástrofe de consecuencias facilmente previsíbeis.

Mais esta pasividade irresponsábel e os turbios intereses que a determinan non han de ser obstáculo que impida a cidadanía tomar nas súas mans a salvaguarda da paz e reclamar ao Consello de Seguranza, con voz plural e unánime, que tome as medidas precisas para obrigar Israel a abrir os seus arsenais ao escrutinio da AIEA.

Enlaza co Texto que se enviará á ONU.

Blogue da Campaña Stop Israel Nuclear:

 www.stopisraelnuclear.org


trabalho@bds-galiza.org
trabalhogz@stopisraelnuclear.org


Enlace de interese:

http://www.bds-galiza.org/


Enlaces relacionados:

ARMAS NUCLEARES | O FÍSICO NUCLEAR ISRAELÍ MORDECHAI VANUNU PASOU PRETO DE 20 ANOS NO CÁRCERE | O home que destapó o arsenal israelí | O recente cume nuclear estivo marcada por novas advertencias a Irán polos seus plans atómicos. Con todo, o arsenal nuclear israelí, segredo ata as denuncias de Vanunu, continúa sendo un tabú. [Ir a Diagonal]

Dobre rasero do Leviatán | Carlos Miguélez Monroy | Poucos días logo de comprar o seu sexto submarino nuclear alemán, Israel suaviza o seu discurso sobre un ataque preventivo contra Irán. Cada “arma do xuízo final” como se denomina a estes navíos custa 700 millóns de euros. [Ir a CSCAWEB]


Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
7 de junho de 2012 21:16
http://lupeces.blogspot.com/
_________

Rolda de Prensa onde se presentou o Manifesto das Asociacións Culturais de Ferrol ante a actitude despreciativa e de rexeitamento, mostrada polo Concelleiro de Cultura, Manuel-Reyes García Hurtado, co asociacionismo cultural de Ferrol


Hoxe, 7 de Xuño, pasadas as once e media da mañá unha numerosa representación de asociacións do mundo da cultura, comparecían ante os medios, para dar unha rolda de prensa, nos soportais do Teatro Jofre, onde se presentou un Manifesto das Asociacións Culturais de Ferrol. Guillermo Ferrández, foi a persoa que deu lectura ao manifesto unitario. Nunas declaracións posteriores no final do acto reiterou a súa idignación polo que está acontecendo no eido da cultura nesta cidade na que se multa a quen reivindica a figura de de Ricardo Carvalho Calero e policía municipal golpea a usuarios da biblioteca pública
.

Ante a actitude despreciativa e de rexeitamento, mostrada polo Concelleiro de Cultura, Manuel-Reyes García Hurtado, hacia as distintas asociacións culturais de Ferrol, concedendo entrevistas a horas intempestivas (7:00 e 8:00h) e mostrando, en ditas entrevistas, unha actitude nada dialogante, todo o contrario ao que debería ser nun cargo político elexido democráticamente pola cidadanía, as Asociacións Culturais de Ferrol, de tódolos ámbitos da cultura, vímonos obrigados a facer unha autoconvocato-ria de reunión, a que asistiron a case totalidade das asociacións locais, para tratar sobre este tema. En dita reunión, todos os presentes, coíncidiron no mesmo análisis.

É polo que nesa reunión, acordouse elaborar un Manifesto de repulsa da política cultural municipal e que sería sometido á corrección das distintas asociacións e posteriormente apoiado e firmado pola gran maioría.


MANIFESTO DAS ASOCIACIÓNS CULTURAIS DE FERROL

Ferrol, 7 de Xuño de 2012

Considerando a cultura, e mais en tempos escuros como os que estamos a vivir, como o medio polo cal as persoas e os pobos que habitan o mundo, fan posíbeis os días.

Considerando que só a través da cultura é posible enchermos de sentido a vida, achamos absolutamente evidente o papel esencial das Asociacións Culturais.

Por iso cumpre te-las en conta, respeitá-las, considerá-las á hora de deseñar a vida cultural, neste caso dunha cidade, deseño que xamais poderá ser somente un traballo burocrático, falando da vida como falamos, e sempre enraizado na base desta sociedade.

Isto só o poden levar cabo as Asociacións Culturais.

É por todo isto, polo que se nos fai intolerábel a caprichosa deriva cultural da que fai gala a Concellería de cultura da nosa cidade, e obrando en consecuencia, o conxunto das asociación culturais de Ferrol manifestamos a nosa preocupación pola incompetencia inusual do edil de cultura, á hora de desenvolver unha política cultural que recolla o sentir da cidadanía, representada en grande medida polas diferentes asociacións de sobrada e recoñecida traxectoria na nosa cidade.

O intento do concelleiro de deprestixiar o tecido asociativo cultural ferrolá no é máis do que unha manifestación da profunda iigorancia dun home que non sabe trazar as liñas mestras do camiño da cultura na nosa cidade e tenta facer valer o lema despótico de que “A Cultura son eu”.

A cultura cidadán fai parte dos sinais de identidade dun pobo e a través dela conservan-se en moitos casos as tradicións e os costumes do mesmo. Por iso a desconsideración e o desprezo da Concellería de cultura cara as nosas actividades é ben preocupante e lamentabel.

O profundo deterioramento das relacións entre o asociacionismo cultural e o edil de cultura, fai necesaria a figura dunha persoa técnica en cultura, que facilite o diálogo e sexa quen de canalizar as distintas inquedanzas culturais da cidadanía.

De non ser así pensamos que a ruptura poderá ser definitiva e daría-se o caso, por vez primeira na democracia, que un goberno municipal non escoitase o sentir popular á hora de deseñar a súa política cultural.

Esiximos, portanto, a restauración do diálogo das Asociación co Concello a través de técnicas/os en cultura e reprobamos a conduta anti-democrática, impropia dun concelleiro, que oculta a súa incapacidade por trás de xestos autoritarios que sen dúbida, avergoñan a quen os escoitar.

Non obstaculizar as súas iniciativas, facilitar os medios e os instrumentos necesarios para facer realidade os proxectos é unha das funcións que as institucións deben asumir. Manter un dialogo permanente, escoitar-nos.

Estes e non outros son os motivos deste manifesto que subscribimos as asociacións da cidade de Ferrol que a seguir detallamos:

A.C. LEFRE DE CALDERETA
A REVOLTA DE TRASANCOS COLECTIVO SOCIOCULTURAL
ASOCIACION AMIGOS DO TEATRO JOFRE
ASOCIACIÓN BARTOLETA
ASOCIACIÓN CULTURAL CONXEITO
ASOCIACIÓN CULTURAL O MAXOLO
ASOCIACIÓN FUCO BUXAN
ASOCIACIÓN LENDO POESÍA (POESÍA SALVAXE)
ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL LÓPEZ BOUZA
ASOCIACIÓN TEATRAL ESTUDIO DE TEATRO N+1
ASOCIACIÓN TEATRAL MAX TEATRO
ATENEO FERROLAN
CLUBE DE PRENSA
COLECTIVO OPAII - RÁDIO FILISPIM
FUNDAÇÓM ARTABRIA
LICEO RUBIA BARCIA
MAQUINARIAS TEATRO


Enviado por:
Asociacións Culturais Ferrol
-asocculturaisferrol@gmail.com-
7 de junho de 2012 12:34

________________

O filósofo esloveno, Slavoj Žižek, participou na campaña da Syriza e dixo que a coligazón da esquerda radical grega é hoxe "a única oportunidade para a Europa"


Interesantísimo video subtitulado do filósofo esloveno Slavoj Žižek participando nun acto da Syriza. A obra de Slavoj Žižek integra o pensamento de Jacques Lacan co de Marx e Hegel, e nela destaca unha tendencia a exemplificar a teoría coa cultura popular. 


Tirado de Esquerda.net 
 
Slavoj Žižek:
http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/1d/Slavoj_Zizek_in_Liverpool_2.jpg/200px-Slavoj_Zizek_in_Liverpool_2.jpgNascido na antiga Jugoslávia, em Liubliana, hoje capital da Eslovénia), doutorou-se em Filosofia na sua cidade natal e estudou Psicanálise na Universidade de Paris. Žižek é conhecido por seu uso de Jacques Lacan numa nova leitura da cultura popular, abordando temas como o cinema de Alfred Hitchcock e David Lynch, o leninismo e tópicos como fundamentalismo e tolerância, correcção política, subjectividade nos tempos pós-modernos e outros.
Em 1990, candidatou-se à presidência da República da Eslovénia.
Žižek é professor da European Graduate School e pesquisador sénior no Instituto de Sociologia da Universidade de Liubliana. É também professor visitante em várias universidades estadunidenses, entre as quais estão a Universidade de Columbia, Princeton, a New School for Social Research, de Nova Iorque, e a Universidade de Michigan.

Este sábado 9 de Xuño Segunda Andaina Reivindicativa polo Río Baa

Clicar acima da imaxe para ampliar


2º ROTEIRO REIVINDICATIVO POLO RÍO BAA

A mesa constituída en torno á problemática do depósito dos áridos almacenados nas inmediacións do Polígono de Vilar do Colo, proseguirá este próximo sábado día 9 de Xuño, coas actividades en defensa do entorno natural afectado por estes residuos perigosos, especialmente no que afecta  á conca do río Baa , espazo natural privilexiado, que transcurre polos concellos de Cabanas, Fene e Mugardos ,todo isto de un gran valor paisaxístico e ecolóxico.

Coa finalidade de demandar unha vez máis a súa retirada. Hai que ter en conta que a día de hoxe nin siquera se levaron a diante as disposicios esixidas no seu dia pola consellería: afastamento do domininio público, gávias perimetrais, cubertas dos acopios e  reducción nun cincuenta porcento do volume  dos materiais. 

Esta actividade consistirá nunha andaina que constará de dous tramos:

Primeiro Tramo: aqueolóxico- patrimonial, visitaremos restos prerrománicos onde arqueólogos e outras persoas especialistas, intervirán, dando unha visión socio-histórica do entorno.

Segundo Tramo: natural-reivindicativo, incidiremos especialmente na necesidade da restitución da rede fluvial afectada polas mega-infraestructuras industriais promovidas por este modelo económico e político insustentable. Intervirán especialistas en arquitectura y territorio que incidirán na necesidade de respecto ao medio.

Durante o percorrido realizarán-se actividades para nenos e nenas sobre medio natural e patrimonio

Facemos un chamamento á as istencia a esta Andaína para  protexer e poñer en valor este entorno natural, e seguir reivindicando a retirada  dos áridos contaminantes. O punto de encontro para a saída do roteiro é a estación de servizo do Polígono Vilar do Colo, ás 10,45h.

A mesa que promove este roteiro, está constiutida por PLATAFORMA DE AFECTADOS POLO POLÍGONO INDUSTRIAL DO VILAR DO COLO. PLATAFOMA DE DEFENSA DOS CAMIÑOS, ADEGA, VERDEGAIA, S.G.H.N.

Blogue:
Andainas polo Río Baaa na Comarca de Bezoucos

http://riobaa.blogspot.com.es/
______________

Acordo no conflito de Mercadona, satisfactorio mais sen readmisión


Despois dunha loita sindical moi importante que vai quedar nos apuntes da historia do movimento obreiro ferrolán como exemplar, con acertos e erros, máis exemplar, o compañeiro despedido chegou a un acordo satisfactorio coa empresa que non contempla a readmisión, o cal respectamos. Desde Ártabra 21 enviamos parabéns ao Comité de Empresa que deu mostras de conciencia de clase e valor, para afrontar un conflito deste calibre, tendo enfronte á empresa modelo, da grande patronal, de controlo das relacións laborais, a paz social e o antisindicalismo militante. Os membros do Comité achegan-nos un comunicado público, con mostras de agradecemento polo noso apoio e solidariedade que polo seu significado e importante contido, pasamos a trancriber. Unha vez máis parabéns.


Comunicado dos membros do Comité  de Empresa de Mercadona na provincia de A Coruña

Membros do “Comité  de Empresa de Mercadona na provincia de A Coruña” queremos agradecer o apoio incondicional da “Unión Comarcal de CCOO de Ferrol” para a resolución do conflito aberto con Mercadona po lo despido do noso compañeiro Alberto.

Consideramos que tanto os membros do “Comité de Empresa” como a “Unión Comarcal” estivemos a altura das circunstancias dando contestación a actitude "anti -Folga de Mercadona o 29 de Marzo.

Finalmente o traballador e a empresa chegaron a un acordo económico satisfactorio para o compañeiro. Isto na nosa opinión non menoscaba o mais mínimo a actitude valente e digna de Alberto, pero as presións de todo tipo as que se veu sometido fixeron que finalmente tomase esta decisión, que os membros do comité respectamos e entendemos.

Este acordo non tería sido posible sen a resposta na rúa dada por os sindicatos, os partidos políticos, as organizacións sociais, e os cidadáns que se uniron as mobilizacións de protesta convocadas por CCOO esixindo a readmisión do noso compañeiro.

As catro mobilizacións foron fermosas mostras da grandeza do movemento obreiro na Comarca de Ferrol, un pobo digno, solidario e combativo deu unha resposta clara, contundente e necesaria os abusos deste goberno e da patronal.

O mobilizarnos estabamos esixindo a readmisión do compañeiro pero tamén  defendiamos os nosos dereitos, dereitos que son de todos/as, dereitos que temos hoxe por que outros loitaron por conseguilos, dereitos que pertencen tamén os que veñen detrás, dereitos po los que temos a obriga de loitar hoxe para que maña non o teñan que facer os nosos fillos/as, para que non teñan que sangrar, suar e chorar por recuperar o que hoxe nos están roubando.

Cando este goberno marioneta da “patronal” e dos “mercados” aprobou unha reforma brutal que acaba con o “dereito laboral” so nos deixou un camiño os traballadores/as a “acción sindical”, e niso estamos!, a Comarca de Ferrol como berce do movemento obreiro na Galiza deu un paso adiante nesta loita secundando as mobilizacións no conflito con Mercadona, e deu ademais un exemplo de unidade sindical e irmandade social.

Hoxe defendemos o noso compañeiro Alberto en Mercadona porque se vulneraron os seus dereitos fundamentais,  e maña estaremos onde faga falta, en calquera empresa, defendendo os traballadores/as que vexan atacados os seus dereitos.

Nin nos vendemos, nin nos rendemos, nin nos vai a paralizar o medo, cumpriremos sempre con o noso compromiso con os traballadores/as. Os membros do comité e delegados de CCOO que facemos este comunicado queremos dar as grazas a todos/as os que se mobilizaron con nos e nos deron o seu apoio.

Consideramos que este exemplo de UNIDADE SINDICAL e IRMANDADE SOCIAL e demasiado importante para deixalo perder, creemos firmemente que este e o camiño a seguir na defensa do noso futuro, o furo da nosa terra ten que ser o de un futuro mellor para os nosos fillos/as.  Que aqueles que queren acabar con TODO entendan que os trouxemos o mundo libres e non imos permitir que os convertan en escravos asalariados.

GRAZAS A TODOS/AS!

Ferrol 06/06/2012
(Membros do Comité de Empresa de Mercadona en A Coruña)

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
6 de junho de 2012 23:15
Grazas po lo voso apoio. André A.F


Enlaces relacionados:
Ártabra 21: A cuarta Acción Obreira "Pola readmisión de Alberto, en defensa do Dereito a Folga e da Liberdade Sindical", tivo lugar en Mercadona de San Valentín, no concello de Fene - Fotos e enlaces

Ártabra 21: Nova concentración en Mercadona, desta vez en San Valentín-Fene, pola readmisión de Alberto, pola liberdade sindical - Hoxe Xoves 31 de Maio

Ártabra 21: Terceira Acción Obreira "Pola readmisión de Alberto, en defensa do Dereito a Folga e da Liberdade Sindical", tivo lugar en Mercadona d'A Gándara, en Narón - Vídeos e Fotos

Ártabra 21: Nova acción obreira contra Mercadona "pola liberdade sindical - non aos despidos" - 12 de Maio de 2012

Ártabra 21: A #PrimaveraGlobal en Ferrol e a Loita polos Dereitos Fundamentais en Mercadona

Ártabra 21: O Colectivo Ártabra 21 denuncia represalias laborais en Mercadona contra traballadores e traballadoras que exerceron o dereito a Folga o pasado 29M - Solidariedade coas traballadoras e traballadores despedidos
____________________

mércores, xuño 06, 2012

Rolda de Prensa sobre a Sentenza do Tribunal Supremo que ven confirmar a anulación da modificación do PXOM de Mugardos que permitiu a construción de Reganosa sen Declaración de Impacto Ambiental - Fotos e Vídeo - Nota de Prensa, Audios e Fotos remitidas polo Comité


Membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, analizaron a Sentencia do Tribunal Supremo que ven confirmar outra do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia -TSXG- que anulaba a modificación do plano xeral de ordenación municipal de Mugardo (PXOM), sentencia recurrida por Reganosa e o propio Concello de Mugardos que terán que pagar as costas do xuizo.

"Segundo conclúen as sentenzas, a modificación puntual do PGOM que amparou a construción de Reganosa en Punta Promontoiro debería incluír unha declaración de impacto ambiental (DIA), ademais da declaración de efectos ambientais (DEA) coa que xa contaba. Non cabe recurso á sentenza do Tribunal Supremo".

Na mesa estaban o coordenador do Comité Cidadán, Manuel Rodríguez Carballeira, e outras persoas membros do mencionado Comité, Humberto Fidalgo, Luz Mariña Torrente e Carlos Vázquez, acompañados na sala por outras persoas membros do Comité Cidadán de Emerxencia.

Fotos da galería: Susete'70.


http://youtu.be/JHs-n8Ae7vU


Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org



Enlaces relacionados
:

En Mugardos (A Coruña) | O TS anula o cambio do PGOM que permitiu a construción de Reganosa | O Comité Cidadán de Urxencia subliña que "todas as autorizacións concedidas e licenzas deben quedar anuladas" | FERROL, 6 Jun. EUROPA PRESS|

Reganosa construíuse ilegalmente | A prensa galega silencia unha sentencia do Supremo que derruba o cambio do PXOM, que permitiu a planta de gas en Mugardos. Os veciños din que xa é "ilegalizábel", o edil do BNG négao | Por Galicia Confidencial | Mugardos | 06/06/2012

NOTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXECIA:

Ante a rotunda e irrevocable sentenza do Tribunal Supremo que declara ilegal a ubicación de Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, celebrou hoxe unha Rolda de Prensa, na que fixo público o Comunicado adxunto.

Enlace aos álbums fotográficos:

Documentos:
RECURSO CASACIÓN Num.: 451212008 SENTENZA TRIBUNAL SUPREMO | SALA DO CONTENCIOSO·ADMINISTRATIVO SECCIÓN: QUINTA 11.05.2012

T.S.X.GALICIA A CORUÑA SENTENZA: 00311/2008 - COH/AD SEC.2 22.04.2008

Nota de prensa do Comité Cidadán sobre a Sentenza do Supremo 06.06.2012
_______________

O Supremo anula o cambio do PXOM de Mugardos que amparou a Reganosa O Concello aprobou fai apenas dous meses a revisión do plan xeral para blindar a regasificadora . "A sentenza non cuestiona a legalidad da planta", sostén, o alcalde do BNG, Xosé Fernández Barcia



O Tribunal Supremo acaba de anular a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) aprobada en 2003 pola que o Concello de Mugardos amparou a concesión das licenzas de Reganosa. A sentenza do Supremo ratifica así o fallo dictado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en 2008 e desestima o recurso de apelación presentado por Reganosa ao esixir unha declaración de impacto ambiental que non incluíu a revisión urbanística de fai nove anos. Pero na práctica, o auto do Alto Tribunal non se traduce en parón algún da actividade na planta de gas nin na execución de obras ou cambios de uso, segundo fontes xudiciais, xa que a raíz da sentenza do TSXG o Concello de Mugardos promoveu a finais de 2010 unha nova modificación do PXOM que somete a Reganosa a unha avaliación ambiental para así blindar a regasificadora levantada na ría de Ferrol.

"O Supremo non cuestiona a legalidade da planta, senón o procedemento", expón o alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia. O Alto Tribunal, segundo explica o rexidor, entende que o Concello debeu facer na modificación do PXOM en 2003 unha declaración de impacto ambiental a raíz do cambio da normativa estatal en 2009, que así o esixe.

"Pero ese traballo xa o fixemos", apunta Barcia, en relación á aprobación fai apenas dous meses no pleno municipal da declaración de impacto ambiental da planta de gas. "Con esta nova modificación do plan de ordenación municipal cúmprense todos os requisitos, xa non queda a máis mínima sombra de dúbida", sentencia o alcalde de Mugardos, que augura que nun prazo de 15 a 20 días, a avaliación ambiental terá o visto bo definitivo da Xunta.

Desde Reganosa, eludiron pronunciarse sobre a sentenza ditada polo Supremo.

Proceso

Foi en setembro de 2010 cando o Concello de Mugardos iniciou os trámites para modificar o seu PXOM co obxectivo de que Reganosa se adaptase á normativa ambiental para así cumprir co plan estatal de ampliación de produción e aprobar medidas de control de riscos de accidentes graves na contorna da planta de gas. Esta modificación supuxo na práctica blindar a Reganosa ante unha sentenza como a que acaba de ditar o Tribunal Supremo e que ratifica o fallo de 2008 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) pola cal se anulou a anterior modificación do plan xeral de 2003.

Para evitar que o fallo ditado finalmente polo Supremo deixase a regasificadora da ría de Ferrol fóra de ordenación -o que supón a prohibición de obras maiores e cambios de uso e carrexaría unha desvalorización da fábrica- tomou medidas preventivas.

Varias entidades veciñais presentaron un recurso contra a aprobación da modificación de 2003 e o TSXG deulles a razón en 2008 ao entender que ese cambio puntual do PXOM non incluía a declaración de impacto ambiental, un trámite que os xuíces consideraron imprescindible xa que o obxectivo era permitir que ese chan clasificado xa como industrial permitise almacenar gas. Por iso, o Concello de Mugardos púxose a traballar a finais de 2010 para substituír o plan anulado por outro novo e tramitou a avaliación de impacto ambiental. Finalmente, a modificación do PXOM foi aprobada nun pleno celebrado o pasado mes de abril cos votos a favor de BNG, PP, PSdeG e o voto en contra de Esquerda Unida.

Os colectivos que promoveron as denuncias sobre a legalidade de Reganosa teñen previsto analizar hoxe en roda de prensa o contido da sentenza, que ao seu xuízo si cuestiona a legalidade da planta de gas na ría de Ferrol.

Escrito por R. PRIETO en "La Opinión de A Coruña" | 06.06.2012

_________________

Qué pasa con Navantia? Moi interesante programa do Colectivo Opaii, en Radio Filispim, no 93.9 da FM, realizado o pasado 1 de Xuño e que agora podes escoitar en Ártabra 21

Neste programa están no estudio Cholo e Iago, acompañados por dous convidados: Xaquín García Sinde, do Militante, Corrente Marxista Revolucionaria; e Álex Aneiros, traballador das auxiliares amais de vocalista do grupo "La Sentina".

Fan un repaso do que está a suceder coa industria naval en Ferrol. Ademais cóntannos as particulariedades da loita sindical referente a Mercadona e o despedimento de Alberte, e brevemente da man de Ártabra 21, ADEGA e Fuco Buxán a actualidade local.

Escoita o Programa:


Tamén propoñen participar, na próxima cuña deste espazo radiofónico, gravándo a frase "o programa do colectivo". Podes facelo como queiras, pausado, gritando, sorrindo, co teu computador, co móvil ... e con quen queiras. Unha vez o teñas gravado, envía o teu audio a filispina@gmail.com e aparecerás na cuña "en colectivo" do Programa do Colectivo.

Escoita a cuña que anuncia a iniciativa:

____________

O Tribunal Supremo falla: ¡Reganosa ilegal! - O Comité Cidadá de Emerxencia convoca unha Rolda de Prensa


O Tribunal Supremo desestima a apelación de Reganosa e, tal como fixera o TSXG, anula a modificación do Plan Xeral de Mugardos que serviu de base para a licencia de obras da Planta de Gas  de Reganosa.

O Tribunal Supremo da a razón ao Comité Cidadán de Emerxencia, que desde hai once anos mantén unha loita incansable contra a localización da planta de gas no interior da Ría.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convida aos Medios de Comunicación a unha Rolda de Prensa.

O Tribunal Supremo falla contra Reganosa

Mércores, 6 de xuño, ás 12,30 hs,
Local da Asociación Veciñal de Esteiro
Rúa Fernando VI - Bloque 1 - baixo - FERROL

--

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org

Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
5 de junho de 2012 20:00

_______________

Ante a dramática situación" económica e laboral que padece a Comarca e a falta de respostas dos gobernos dereitistas do PP, a CIG-Ferrol convoca unha 'Xornada de Loita Comarcal' para o Xoves 28 de Xuño - Volve reiterar a CCOO e UGT que se sumen á mobilización Comarcal


Convocan unha 'Xornada de Loita Comarcal' "
en resposta á dramática situación sociolaboral que vive a bisbarra, cunha taxa de desemprego das máis altas do estado, un tecido industrial cada vez máis feble, unha ría sen sanear e unha sector naval –principal motor económico da zona- en situación agónica, di a central sindical nacionalista e de clase".

Pasadas as 12 do mediodía de onte, 5 de Xuño de 2012, nos locais da CIG de Ferrol, tiña lugar unha rolda de prensa dos dous cosecretarios comarcais da CIG-Ferrol (Xesús Anxo López Pintos e Manel Grandal). O obxectivo era dar a coñecer, á opinión publicada a decisión da Dirección Comarcal da CIG, de convocar unha Xornada de Loita, para o vindeiro 28 de Xuño. Un "Día de Loita", foi como lle chamou Pintos. "Nós non somos un sindicato institucional, somos un sindicato de confrontación". "Nada de diálogo, este xa se acabou, ... estamos fartos de que nos enganen, con promesas que nunca se cumpren, ...", "... non queremos facer unha procesión", "... estamos nunha loita de clases".

Pintos fixo mención á situación da Comarca, o naval de fondo, EREs semanais, a loita dos traballadores e traballadoras de Einsa polos postos de traballo. E os 75 de Privilege de Narón que están agardando unha resposta da Xunta. E dedicou-lle especial atención ao desmantelamento do sector pesqueiro, lembrou que el foi mariñeiro, "as cofradias de Cariño e Cedeira son submisas ante o desmantelamento da frota pesqueira das vilas mariñeiras" dixo o sindicalista.

Cualificou, Pintos de "dramática" a situación que vive a Comarca, polo que hai que dar-lle unha resposta. O vindeiro 10 de maio, este domingo "estaremos cos compañeiros e compañeiras do naval" referindo-se á Manifestación Comarcal convocada polo Comités de Empresa de Navantia (Fene e Ferrol) e os delegados e membros dos comités de empresa das compañías auxiliares. O sindicalista da CIG definiu ao sector naval como "estratéxico para esta Comarca", engadiu. "se desaparece o sector naval, afundimo-nos todos".

Pintos, comentou que a intención da CIG era lograr a unidade de acción con CCOO e UGT e que, por este motivo, mantiveron xuntanzas, por dúas veces, con representantes das dúas centrais sindicais, propoñendo-lles a convocatoria conxunta dunha Folga Comarcal. A resposta das outras dúas centrais foi declinar sumarse á mesma, "manifestando que non o vían", comentou Pintos. Tanto Pintos como Grandal,  reiteraron o seu chamamento á unidade e tamén ás bases destes sindicatos para que participen nos actos previstos. Mais Pintos foi máis alá, facendo un chamamento ás bases de CCOO e UGT, para que obriguen ás "cupulas das súas centrais a secundar o día de loita comarcal". Os sindicalistas manifestan que a CIG estaría disposta a cambiar a data se fora necesario, máis como máis tardar antes do 7 de Xullo, non deixa-lo para despois do verán como propoñen as centrais de ámbito estatal.

Grandal, sinalou a grave situación que se vai criar logo da botadura do buque australiano 'ALHD Adelaide', o vindeiro 4 de Xullo, falta menos dun mes. Vai ser un día significativo para esta Comarca, "... non nos queda mais remedio que nos mobilizar",  "... nesta Comarca son necesarias políticas activas de emprego". Pola contra o que nos dan, "parecese a como facían cos enfermos na idade media", "... sacaban-lle o sangue", ... esta comarca xa non pode máis, languidece, "mais seguen a sacar-nos o sangue" o pouco que nos queda para seguir vivindo, o que necesitamos son "políticas activas de emprego", dixo o sindicalista.

Antes da celebración da rolda de prensa no salón de actos da CIG, realizaban unha asemblea un cento de delegados do metal que debatían sobre a situación nos estaleiros e as vindeiras mobilizacións. Quentaban os motores para os vindeiros días.

A Xornada de Loita Comarcal

Na súa intervención, Manel Grandal manifestou que a CIG solicitou formalmente a convocatoria de 5 horas de folga, para o citado 28 de Xuño, entre as 9 da mañá e as 2 da tarde. O día da Xornada de Loita Comarcal, a CIG  promoverá un paro parcial de varias horas, para posibilitar varias marchas desde os polígonos industriais e comerciais, de Vilar do Colo en Fene, pasando por Navantia; e desde Río do Pozo, en Narón, pasando por Catabois e A Gándara, para rematar nunha grande Manifestación ás 12:30 horas. "queremos ocupar as rúas o maior tempo posible, ... non podemos permitir máis sangrías laborais" Grandal, lamentou non poder ofrecer aínda os cartaces e octavillas da convocatoria.

Valoración dos últimos datos do desemprego na Comarca

Unha xornalista pediu-lle aos dous sindicalistas que valorasen os últimos datos feitos públicos sobre o desemprego e máis concretamente sobre os datos referidos á Comarca que en concreto baixou o índice en 0,45 décimas, a media do Estado baixou en 0,63.

Os sindicalistas manifestaron que a baixada en varias décimas do índice de desemprego, non era significativo. É máis, consideraron que o mes de maio é un mes que normalmente o desemprego baixa. Mais debería ser, por norma, como pasa noutros lugares que a baixada fose no sector servizos, non sendo así na zona. Sendo no sector industria no que baixa, polo que o motivo pode ser que paradoxicamente sexa o naval quen provoca esta situación dun pouco máis de emprego, pois están contratando persoas para a construción da 'cama' sobre o que van trasladar o 'ALHD Adelaide' -referindo-se ao buque construído en Navantia que vai ser trasladado a Australia nun megabuque, (pois este buque vai-se rematar de construír nas antípodas de Ferrol) traballo para un par de meses.
______________

Reganosa outra vez , ... Por Perfecto Conde Muruais

Por Perfecto Conde Muruais [*]
06.06.2012


Lendo hoxe praza.com entérome de que o Tribunal Supremo desestimou a apelación que Reganosa presentou contra a sentencia do tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 22 de abril de 2008, que anulaba a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos que serviu de base para licenciar as obras da pranta de gas de Roberto Tojeiro.

Sen dúbida o de Reganosa é un dos episodios industriais máis controvertidos e significativos da Galicia das últimas décadas. A planta regasificadora foi construída en plena ría de Ferrol e a menos de 1.000 metros de importantes núcleos de poboación, contra a opinión do Concello de Ferrol, daquela gobernado polo alcalde nacionalista Xaime Bello, e coa oposición de numerosos veciños da comarca, asociacións ecoloxistas e veciñais, etc.

O caso constituíu, ademais, un rechamante exemplo de como se moven ás veces intereses moi contraditorios no colo dos partidos políticos de Galicia. Así, mentres que o equipo municipal que gobernaba daquela en Ferrol (unha coalición de nacionalistas e socialistas) loitou contra a implantación da regasificadora no lugar que ocupa actualmente (propoñían que se instalase no que agora é o porto exterior de Ferrol), dirixentes do BNG, como o que despois foi conselleiro de Industria, Fernando Blancohoxe imputado xudicialmente por asuntos que non teñen que ver coa planta de gas–, ou o mesmo máximo dirixente da UPG, Fancisco Rodríguez, favoreceron todo o que puideron os intereses do promotor da mesma, Roberto Tojeiro, e dos seus socios, entre os que estaba a daquela chamada Caixa Galicia.

[*] Perfecto Conde Muruais, xornalista galego.

Fonte: Croques
perfectoconde@gmail.com
______________

A loita do sector naval ferrolán polo seu futuro - Manifestación Comarcal o Domingo 10 de Xuño



Este Domingo 10 de Xuño de 2012, ás 12 do mediodía desde o Inferniño, vai ter lugar unha grande Manifestación Comarcal en apoio á loita das traballadoras e traballadores do sector naval ferrolán polo seu futuro.

Os sindicatos con representación no sector naval de Ferrol, tanto das empresas auxiliares como da principal (CCOO, UGT, CIG e USTG) convocaron unha mobilización cidadá na que se esixirá aos gobernos dereitistas do PP, tanto ao do, polo de agora, Reino de España e o da Xunta de Galicia que cumpran os seus compromisos de carga de traballo.

As traballadoras e traballadores do naval están fartos de promesas e acordos incumpridos un tras outro. Foron moitas as veces que se alertaron do previsíbel descenso de carga de traballo nos Estaleiros da Ría. Desde Abril do pasado ano, as advertencias foron reiteradas. Pasou un ano sen resultados, nin respostas. Os concellos da comarca e mesmo o Parlamento Galego ten varios pronunciamentos e declaración en defensa do sector naval galego, máis o PP apoiaba unha cousa aquí e outra en Madrid, mesmo o deputados galegos dese partido dereitista. Outra das esixencias é o da construción do dique flotante para reparacións que suporía unha importante carga de traballo para os próximos meses.

Unha nova mobilización terá lugar, antes, está previsto que sexa o vindeiro xoves 7 de Xuño.

O día 20 de xuño, CCOO e UGT, convocarán unha manifestación en Ferrol, coincidindo con outras moitas a nivel estatal.

O día 28 de Xuño, a CIG convocou unha Xornada de Loita que consistirá nun paro parcial de varias horas, marchas desde os polígonos industriais e comerciais, de Vilar do Colo en Fene, pasando por Navantia, desde Río do Pozo, en Narón, pasando por Catabois e A Gándara, para rematar nunha grande Manifestación ás 12:30 horas.

Centrais Sindicais:

_______________

luns, xuño 04, 2012

Listado da Selección do XXII Certame Fotográfico sobre Medio Ambiente 2012 - Inauguración o martes 5 de xuño de 2012, no Sala de Exposicións da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao


Listado da Selección do XXII Certame Fotografía Medio Ambiente 2012.

Noraboa a tod@s!

INAUGURACIÓN: martes día 5 de xuño de 2012
HORA: 20 horas.
LUGAR: Sala de Exposicións da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao.

O Xurado cualificador do XXII CERTAME FOTOGRAFÍA DE MEDIO AMBIENTE 2012, organizado polo Ateneo Ferrolán, integrado por RODRIGO RAMOS ARDA (Fotógrafo), OVIDIO ALDEGUNDE ÁLVAREZ (Fotógrafo) e XOAN PORTO (Fotógrafo) e actuando como secretaria sen voto, CRISTINA MEIZOSO ALONSO, reunido o día 31 de maio de 2012, toma os seguintes acordos:

Seleccionar un total de 50 fotografías para a exposición fotográfica e entrega de Premios.
  • ALBERTO PORRES VIÑES – TARRAGONA
    MAR EN CALMA
    INMENSIDAD
  • ANA ISABEL PERNAS TARACIDO, CARIÑO (A CORUÑA)
    CATIVEIRO
  • CARLOS CRUZ LOPEZ, FERROL
    PAISAJE ARTIFICIAL
  • EDUARDO PEREIRA GORGOZO, NARÓN
    XIRASOLES E FABRICAS
    OLLADA DE NAI
  • FERNANDO ROMÁN AREÁN, MILLADOIRO - AMES (A CORUÑA)
    BOLBORETA
    CASTIÑEIRO
  • GUILLERMO LLORCA FREIRE, FERROL
    INVERNÍA
  • IVÁN FERNÁNDEZ TABOADA, FERROL
    CONSTRUCCIONES QUE TOCAN EL CIELO
  • JESÚS PAZOS LAVANDEIRA,  FERROL
    PASTOREO
    ENFERMA TERMINAL
  • JORDI REIG PURGIMON, SOLSONA (LLEIDA)
    ROELLA
    OCELL
  • JORGE MEIS DÍAZ, FERROL
    NUBES
    AGUA DE LLUVIA
  • JOSÉ ARDÁ BLANCO, LIMODRE - FENE
    (DE)LIRIOS
  • JOSE FRANCISCO RODRIGUEZ NIETO, NARON
    EL ULTIMO ARBOL
  • JOSE JUAN BUJONES COUCE, O BURGO - CULLEREDO (A CORUÑA)
    EL GUARDIÁN DEL MAR
  • JOSE LUIS GARCÍA GARCÍA, MÁLAGA
    AMANECER
    SEGOU
  • JOSE MEIS MEAÑO, MABEGONDO - (A CORUÑA)
    PAISAJE PRIMITIVO (FERROLTERRA)
    DIALOGOS ARBOREOS
  • JOSÉ ROMERO PARADELA, A CORUÑA
    GOLPE DE MAR
  • JUAN ANTONIO PALACIOS GARCÍA, EIBAR (GUIPÚZCOA)
    OTZARRETA
    AMANECER EN DEBA
    SAKONETE
  • JUAN MANUEL HERNÁNDEZ LÓPEZ, COLLADO - VILLALBA (MADRID)
    BOSQUE ANIMADO
    PAPAMOSCAS CERROJILLO
    BUITRES NEGROS
  • LUIS BOTANA PÉREZ, FERROL
    ESTRELLAS DE MAR
  • MANUEL LÓPEZ FRANCÉS, VILLENA - ALICANTE
    PESCA EN CIUDAD DE ÁGILAS
    4 CAMINO A LA PLANTACIÓN
    MANOS QUE TRABAJAN, NO SON MANOS, SINO ALHAJAS
  • MARIO LLORCA LOUREIRO, SANTIAGO DE COMPOSTELA
    EL MUNDO DIMINUTO
  • MARIO PEREDA BERGA, MADRID
    IN.S.O.S.TIBLE
  • MIGUEL ALEJANDRO AGREDA ROJAS, QUÉBEC - CANADA
    A LA INTEMPERIE
  • MIGUEL ANGEL FERNÁNDEZ PÉREZ, FERROL
    CABALIÑO DE DEUS
  • PABLO COVELO FIGUEIREDO, VIGO
    SÓLTATE
  • PABLO GUTIERREZ VARGA, FERROL
    ACORRALADOS
  • RAFAEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, MÁLAGA
    TRIUNFO DE LA NATURALEZA
  • RAMÓN SEQUEIRO FERREÑO, FERROL
    ENRREDO
  • ROBERTO MARÍN RICO, FERROL
    ABERRACIÓN
  • ROBERTO ZALDÍVAR EZQUERRO, LOGROÑO
    PAISAJE CONTAMINADO
    HERIDA ABIERTA
  • VICTOR RAMOS CANCELA, FERROL
    ANGRY BIRD
  • VICTOR RIVERA JOVE, FERROL
    INDECISIÓN
    MI RINCÓN
  • XAN XE CORRAL PAZ,  FENE
    PAISAXE DUNHA CADEIRA ESPIDA
    A FRAGA QUEIMADA
Un lugar de encontro para a cultura
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879
http://www.ateneoferrolan.org
http://www.ateneo-ferrolan.blogspot.com/
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 | Fax: 981 354 098 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

Enviado por:
Ateneo Ferrolán
4 de junho de 2012 14:00
_____________________

Manifestación na Defensa da Sanidade Pública - Santiago de Compostela, Domingo 3 de Xuño de 2012 - Fotos



Fotos: Susete'70.

---

Para contactar coa Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Área Sanitaria de Ferrol:

plataformadspferrol@gmail.com
http://plataformadspferrol.blogspot.com/

No local social da Asociación Veciñal de Esteiro
Rúa Fernando VI, Bloque I baixo.
Ferrol 15403 - Telef. 981933223.

PARÉMOSLLES OS PES XA, AGORA !!
NON ESPEREMOS A QUE DESMONTEN A SANIDADE PÚBLICA !!
NON AO PECHE DO CONSULTORIO !!
POR UNHA SANIDADE PÚBLICA, UNIVERSAL E GRATUITA !!

Sos Sanidade Pública

Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
____________________