martes, outubro 08, 2013

A sentenza contra a Planta de Xixón e o caso Reganosa - O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid ditou resolucións contrarias, polos mesmos motivos, nas demandas contra Reganosa, cuxos incumprimentos son moito máis graves


O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid ditou sentenza considerando ilegal a regasificadora do Musel (Xixón), aceptando un recurso presentado en 2008 por EQUO-Os Verdes de Asturias, contra a resolución do Ministerio de Industria que autorizaba a súa construción.

A decisión xudicial baséase no feito de que a instalación non respecta a legalidade ao estar construída a menos de dous quilómetros de núcleos habitados, incumprindo o estipulado no Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas (RAMINP).

A Planta regasificadora, xa finalizada, non foi conectada á rede por decisión do Goberno central, que o considerou innecesario, dado que non ten demanda de subministración e que as máis próximas, Bilbao e Reganosa están a funcionar moi por baixo da súa capacidade, non obstante Enagás, "está a cobrar" a amortización por "retorno do investimento" que se carga á factura dos usuarios da rede de distribución de gas.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol congratúlase por esta sentenza, á vez que manifesta a súa sorpresa por canto o mesmo Tribunal Superior de Xustiza de Madrid ditou resolucións contrarias, polos mesmos motivos, nas demandas contra Reganosa, cuxos incumprimentos son moito máis graves:
  • A distancia de Reganosa aos núcleos de poboación (Mugardos, Ferrol, O Seixo, etc..) é moito menor.
  • Reganosa está practicamente encostada a un perigoso complexo petroquímico.
  • Carece de Declaración de Impacto Ambiental e de Plan de Emerxencia.
  • Imposiblidade de cumprimento da normativa de seguridade, caso de emerxencia,  para os gaseros cargados de GNL.
  • A Planta do Musel está en mar aberto, mentres Reganosa está situada no interior dunha ría cun complicado acceso.
O CCE manifesta unha vez máis o seu propósito de seguir loitando en defensa da legalidade, do sostemento da Ría e da vida dos seus habitantes.

¡ REGANOSA: PECHA XÁ !

Valoración da sentenza nos medios de comunicación:
O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Para contactar:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
______________

Todo um mês de atividades para festejar o 15º aniversário - Fundaçom Artábria, Ferrol: Travessa de Batalhons nº7 Esteiro



Todo um mês de atividades para festejar o 15º aniversário

Depois do XIII Festival da Terra e da Língua as atividades da Fundaçom Artábria continuam. O mês de outubro vem carregado de atividades para festejar os quinze anos do nosso coletivo.

Quinze anos de trabalho pola defesa da cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos do nosso País.

É com este motivo, que organizamos umha série de atividades para dar conteúdo ao programa previsto para celebrar esta data tam assinalada. Ei-lo!

Sexta-feira 4 de outubro desde as 20.30hs iniciamos o nosso aniversário com a primeira cita gastronómica. Chouriços e espetos grelhados da mao do nosso Master-Chef Carlos Louro.

Na sexta-feira 11 de outubro o Mago Fiz (re)voltará à Fundaçom Artábria com o seu espetacular espetáculo de magia. Será às 22hs e a entrada gratuíta.

Teresa Moure apresentará o seu último trabalho o poemário "Eu violei o lobo feroz" na quinta-feira, 17 de outubro, às 20.30h.

Na sexta-feira 18 de outubro, às 22.30hs, chegam desde a comarca de Trasancos o grupo de ska Tardepiache. Com certeça darám muita festa! Ah e é de graça!

E ao dia seguinte, 19 de outubro, continuamos com a música. Desta vez decorrerá no Centro Social umha das nossas míticas foliadas artábras com a presença dos grupos: Ferozes da Galgueira, Xente Nova e Alén de Ancos. Traz o teu instrumento e soma-te à festa!

No sábado 26 de outubro decorrerá a ceia do 15 aniversário. A ementa será Polvo à Feira, Presunto à feira com cachelos. De sobre-mesa bolo de aniversário. O preço da ementa é de 12 euros e já podes fazer a tua reserva no Centro Social.
E depois da ceia... Bingo musical de medo!!!

Para finalizar as atividades do aniversário celebraremos a noite do Sahmain (31 outubro) com um obradoiro de cabaças, liscos e castanhas. Os contos desde o campo-santo com Raulinsteim do Metal fecharám umha noite de honra aos defuntos.
--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
....
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia. |Código de Identificaçom Fiscal (CIF):  G15645518.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
7 de outubro de 2013 16:25
______________

A Asociación Veciñal de Esteiro denuncián a eliminación da participación cidadá por parte dos gobernantes municipais

A Asociación Veciñal de Esteiro na reunión da Xunta Directiva celebrada, como cada luns, o día 7 de outubro tomamos o acordo de DENUNCIAR a eliminación total da Participación Cidadá no Concello de Ferrol.

Non se reúne o Consello da Veciñanza, os Consellos Sectoriais , algúns aínda non están constituídos. As Asembleas de Barrio non volveron a convocarse desde a súa constitución . Non se puxo en marcha unha institución fundamental como é o Valedor Veciñal e tamén desapareceron os Orzamentos Participativos.

Non se convoca a Comisión de Seguimento do Urban , non se da participación á veciñanza , agás para presentar alegacións que as mais das veces non son tidas en conta,  cando se elaboran Ordenanzas Municipais.

Tómanse decisións , como a de facer peoniles máis rúas, escoitando so os intereses de determinados colectivos, sen falar do modelo de cidade e sen establecer planos de mobilidade e de circulación alternativos.

Está claro que o actual Goberno Municipal non cree na participación cidadá.

As relacións dos responsables políticos, agás honrosas excepcións, coas entidades asociativas, cando menos coas veciñais, é cada vez máis menos fluídas e nalgún caso, como coa Concellería de Urbanismo, inexistente.

Por se non fose dabondo o non contar coas entidades veciñais, o Goberno Municipal aínda se está disposto a tomalas  máis de broma e menosprezalas moito máis. Sucede este ninguneo co chamado Plan de Barrios, que está na súa segunda fase.

Ningún responsable político municipal, nin tampouco ningún funcionario municipal, agás o de limpeza, se pon en contacto coas entidades asociativas para que elaboren un memorando coas demandas e deficiencias que hai no barrio . O que se fai é mandar unha semana antes da nova visita do Alcalde ao respectivo barrio aos responsables das empresas que traballan para o Concello polos locais veciñais para que lles digamos que necesita o Barrio e logo durante tres ou catro días as empresas de xardíns, alumeado, obras e servizos se encargan de amañar unha pequena parte de esas deficiencias, para que o Alcalde da cidade, como en “Bienvenido Mr. Marshall”, apareza un xoves ou un venres rodeado dos medios de comunicación a “vender” todo o que fixeron neses catro días.

Previamente á visita, o día anterior, se invita á Asociación Veciñal de ese Barrio para que acompañen ao Alcalde e tamén se avisa aos representantes da Asemblea de Barrio e poida contarlles a grande labor que leva feito en catro días no Barrio.

Esta Asociación non imos deixarnos manipular e non aceptamos que en lugar de cidadáns o Sr. Rey Varela pretenda tratarnos como súbditos  polo que non imos participar na farsa  que o Alcalde da cidade ten organizada para esta semana en Esteiro, polo tanto a Xunta Directiva da AV de Esteiro  non imos acompañar ao Alcalde como se fósemos o seu séquito ou o seu coro de figurantes.

Se o Sr. Varela quere estar en campaña electoral permanente, non o vai facer utilizando á Asociación Veciñal de Esteiro que  DEMANDAMOS  que se recupere xa a Participación Cidadá e se respecten os dereitos da cidadanía en xeral e do tecido asociativo en particular.

Cando o Alcalde de Ferrol,  calquera membro do Goberno Municipal ou Grupo Municipal queira reunirse coa Asociación Veciñal de Esteiro, a nosa entidade os recibirá gustosamente, pero pretender utilizarnos como figurantes nunha cerimonia permanente da confusión non o imos tolerar e non imos participar.

Sr Rey Varela paséese canto queira por Esteiro pero non conte con nós. Non pretenda vendernos os traballos aos que está obrigado a facer o Goberno Municipal como unha concesión da Súa Graciosa Maxestade aos súbditos de Esteiro.

A Participación Cidadá non é iso.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro

Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/

Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
8 de outubro de 2013 07:57

_____________

O Concelleiro de Esquerda Unida, Javier Galán, demanda que o Convenio con Defensa, pase por un proceso de participación cidadá - Dende EU reclamamos unha exposición pública dese convenio, para que non se repita o acontecido coas obras do saneamento

O CONSELLO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA DENUNCIA QUE O CONVENIO CON DEFENSA AGOCHA TRAS A OPACIDADE INFORMATIVA PRÁCTICAS ESPECULATIVAS.

Javier Galán, voceiro do grupo municipal, demanda que o texto do Convenio, que vai ser levado ao pleno de outubro, segundo información coñecidas pola prensa e non polo goberno, sexa posto a disposición das forzas da oposición, colectivos veciñais e o tecido asociativo para o seu análise, crítica e estudo do uso dos terreos incluídos no mesmo.

Dende logo, a nosa formación rexeita de plano calquera convenio que implique un desembolso económico, e sempre rexeitaremos a política de malvender os bens públicos para pagar irresponsabilidades político financeiras, máis aínda cando existe un titular orixinario dos bens que Defensa pretende vender para pagar a débeda orixinada polas operacións humanitarias, isto é, a guerra. Ese titular orixinario é a cidadanía de Ferrol, que dende tempos inmemoriais tivo que soportar lugares de paso restrinxido, unha cidade costeira pechada ao mar e ver como edificios militares caen paulatinamente, deteriorados pola falta de uso, e agora, por un convenio exprés, paga a factura do ministerio da soldadesca vasala da OTAN.

Segundo Javier Galán é máis que censurable que o alcalde de Ferrol xa atribúa usos a espazos militares, falando de albergues, zonas de ocio, polígonos industriais, etc, sen que o Pleno de Ferrol, supostamente o órgano soberano para o que o PP esixe tanto respecto, haxa aprobado convenio algún e, polo tanto, pode considerarse como unha práctica ilexítima ou un pacto de amigos que tan só necesita o visto e prace dos doce máis un concelleiros da maioría absoluta do Concello de Ferrol, sen que a oposición e, o que é peor, a cidadanía teñamos nada que dicir.

Dende EU reclamamos unha exposición pública dese convenio, para que non se repita o acontecido coas obras do saneamento e a EDAR, que estiveron expostas na cidade de Ourense,  que desa exposición pública naza unha opinión colectiva e participada como cidade, a través de alegacións, de como debe ser o convenio e qué usos se lle debe dar aos terreos e propiedades incluídas.

O alcalde de Ferrol, que agora semella ser o adalid da unidade respecto ao tren  ao porto exterior, (pese a que o día anterior publicamente considerara a ridícula partida de 500.000 euros suficiente), non aplica o mesmo conto cando hai posibilidade de obter rendibilidade económica a terreos que acabarán xestionados por conglomerados empresariais amigos, como acontece con todo o que antes era público e de todos e todas, e agora é dalgún empresario que o xestiona a través de servizos deficitarios e subemprego precario.

Grupo Municipal de Esquerda Unida.

Ferrol a 5 de outubro de 2013

Grupo Municipal de Esquerda Unida

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
7 de outubro de 2013 17:14 Cco: artabra21@gmail.com

Bo día. Adxuntamos nota do grupo municipal de EU sobre as prácticas opacas do goberno municipal e do ministerio de Defensa. Saúdos, Secretaría de Comunicación Esquerda Unida - errol

_________________

Ve-La Luz fala co presunto maltratador de Cabanas


VE-LA LUZ FALA CO PRESUNTO MALTRATADOR DE CABANAS

Ante as declaracións vertidas polo presunto maltratador J.S.C aos medios de prensa e conversación mantida pola Presidenta de Ve-la luz co mesmo.

Ve-la luz quere deixar constancia dos seguintes datos que cre importantes para dar veracidade non só aos datos deste caso senón aos centos deles que non son representados ante a opinión pública:
1º Sandra recibiu máis de tres decenas de denuncias por parte do Sr. J.S.C por "Dexación de deberes familiares" que é igual a incumprimento de visitas, das cales só foi condenada dúas veces. Isto quere dicir que só dous xuíces e/ou fiscais de máis 30, interpretaron que Sandra incumpría e non como o resto que interpretaron a realidade "que Sandra simplemente protexía ao seu fillo como se reflicte na Convención dos dereitos do neno no seu art. 19".

2º Non existe ningunha condena firme dos procesos que nomea o Sr. J.S.C por vexacións a el, aínda que si recoñecemos que hai unha sentenza en primeira instancia sobre outro tema e persoas que foi recorrida ante a Audiencia. Neste asunto Sandra non asistiu á vista, algo moi normal debido ao proceso brutal ao que se lle someteu que non fixo máis que perpetuar o maltrato recibido e que recibe.

3ºA desacreditación do proceso e xustificación por parte de presunto agresor das imputacións que lle levaron a ter unha orde de liberdade provisional, sorprenden: Di que está imputado por catro delitos e con Liberdade provisional tras unha instrución de dous anos debido a: "Que hai unha persoa que non sabe o día no que se produciron as agresións" ¡¡Dálle máis importancia ao día que á agresión!!! Nin o alcalde , nin as plataformas que apoiaron á vítima teñen nin idea - ¡¡Temos a documentación e até a enviada polo Sr. J.S.C!!! Di que non sabe como a nai ten aínda a custodia do menor, o mesmo que é o seu fillo e fai máis de dous meses que non pasa a pensión alimenticia pero recoñecendo que o neno está ben coidado. (Algo habitual nestes casos).
Durante a conversación mantida con Vázquez resalta a profesión, oportunidades varias, unha charlas co Fiscal "Roma" mediante o Punto de encontro de Ferrol e a clarividencia de saber que non será condenado aínda que se lle imputen a día de hoxe catro delitos de Violencia de xénero (Art. 153. 1, 153.3 e 617.2) .

En relación ao desafiuzamentos di non coñecer ao comprador pero ante a posibilidade de que puidese abrirse un proceso penal, coméntanos que o comprador non ten antecedentes e que os antidisturbios actuarán nuns días desafiuzando a Sandra e o seu fillo.

A asociación Ve-la luz recibiu documentación do Sr. J.S.C e unha chamada na que nos instaba a que fósemos imparciais solicitando que enviásemos un comunicado pola nosa banda á prensa tras analizar a documentación e así o estamos facendo. En relación ao desafiuzamento Sandra instou unha demanda de reclamación de cantidades que ante a falta de forma produciu unha absolución e na actualidade existe outro proceso de venda fraudulenta onde até a data non se puideron probar as formas e xeitos nas que se produciu a venda recoñecendo unha simulación na reclamación de cantidades.

En relación á habitabilidade do domicilio nas medidas provisionais outorgadas polo xulgado de violencia de Ferrol presentouse fai xa varios meses un documento baseado en "Fallo dun erro material da sentenza" continuando á espera de resolución posto que o domicilio habitual da familia sempre foi Cabanas e non Pontedeume como así intenta xustificar como todo o resto Sr. J.S.C.

¡¡Non permitamos que nada nin ninguén as silencie!!!

Asociación Ve-la Luz

COMUNICADO:
VE-LA LUZ FALA CO PRESUNTO MALTRATADOR DE CABANAS

Enviado por:
Asoc. Velaluz Violencia de Xénero
velaluz.galicia@gmail.com
8 de outubro de 2013 01:48

http://www.asociacionvelaluz.es/

_________________

Foto de Marta Coral en ferrol360.es

Unha reportaxe de interese no xornal dixital ferrol360.es:

Aprazado o desafiuzamento dunha muller en Cabanas tras unha concentración sen incidentes ante a súa vivenda | MARTA CORRAL / R. S. | Cabanas / Ferrol | Luns 7 outubro 2013 | 22:22 | Desde as dez da mañá deste luns preto de medio centenar de persoas concentráronse en Cabanas ante a vivenda dunha muller que recibira unha notificación de desahucio co propósito de impedir o seu execución. [Entrar na WEB].
_________________

A solidaridade parou un desafiuzamento en Cabanas


A solidaridade cidadán parou esta mañá un desafiuzamento en Cabanas.

Un representante do xulgado e unha dotación de tres vehiculos da Garda Civil achegaronse á vivenda ubicada na Urbanización Los Llanos no piñeiral da Magdalena en Cabanas. Máis de medio cento de cidadáns secundaron o chamamento da asociación Ve-la luz e sentáronse pacificamente diante do domicilio de Sandra M. Diante da situación, o representante xudicial desistiu de proceder ao lanzamento pero advertiu que se poderá intentar de novo calquera día, sen aviso previo. A asociación Ve la luz explicou as circunstancias deste caso, asociado á violencia de xénero, segundo denuncian. A presidenta de Ve-la luz, Gloria Vázquez, califica o feito como a venganza do maltratador.

Sandra M. e a sua irmá herdaron a casa dos seus pais. Foi vivir a ela cando casou. Despois de casar, enganada, asinou un documento privado co seu home, no que o recoñecia tamén como propietario da vivenda. Tras denunciar malos tratos, iniciou o proceso de divorcio. Nese período o ex-home vendeulle a vivenda de xeito fraudulento a un amigo, segundo a entidade. O novo propietario ordena agora executar o lanzamento, a pesar de que está recurrida a venda por fraude.
A asociación Ve la luz fala dun caso claro de indefensión da víctima e acusa ao sistema de perpetuar o maltrato.

O ex-home está na actualidade procesado por maos tratos, pendente de xuizo.  Segundo indicou esta mañá a irmá de Sandra, a ela concedeuselle a custodia do fillo que naceu na vivenda de Cabanas. Somentes ese feito, tería que valer para paralisar o lanzamento. Gloria Vázquez insiste na indefensión dos menores, víctimas tamén de maos tratos, e denuncia os lugares de encontro que denominou "pateras".

A Asociación Ve la luz anunciou esta mañá en Cabanas que encetará unha folga de fame a semana que ven ata que os fiscais non protexan ás mulleres maltratadas e aos seus fillos. O Foro Social Ferrolterra e representantes políticos de AGE, BNG e PSOE sumáronse á protesta.

Publicado en RadioFusión  | 07.10.2013
_____________

domingo, outubro 06, 2013

Concentración en Cabanas ante a emerxencia dun inminente lanzamento de vivenda, como consecuencia dunha situación sostida de violencia machista - Este Luns 7 de Outubro de 2013, ás 10 da mañá, en Cabanas, na Urbanización 'Los Llanos' nº3


EMERXENCIA: LANZAMENTO DUNHA VIVENDA EN CABANAS


Concentración e apoio a Sandra, o Luns, 7 de Outubro, ás 10 da mañá fronte ao Areal da Praia de Cabanas, urbanización Los Llanos, nº3.

LEE E DIFUNDE A CONVOCATORIA

Onte pasaron-nos unha notificación de que se ía producir un lanzamento de vivenda en Cabanas, Urbanización Los Llanos nº3 (Na zona fronte ao piñeiral da Praia da Madalena, á beira do Hotel Iberia).

Nós xa coñeciamos algo sobre este asunto, no que tivera que intervir o Valedor do Pobo, para que a esta muller a quixeran empadroar no Concello de Cabanas, pois o Secretario negaba-se. Mais o asunto non volveu saltar á luz até onte, onde a exposición da situación durou sobre seis horas, coa presencia da nosa avogada, un concelleiro de Cabanas e nós.

O asunto non é só o lanzamento da vivenda. Este desafiuzamento é consecuencia dunha situación de VIOLENCIA MACHISTA, a cal confirmamos a través da Asociación Ve-la Luz.

Sandra, que é así como se chama a persoa que van desafiuzar da súa casa, ten unha sentenza de divorcio logo de máis dun ano de espera, onde ten a custodia do seu fillo de tres anos de idade. Ten interposto unha demanda por venda fraudulenta da vivenda familiar, contra o seu ex-marido (o arquitecto Jorge Salgado Cortizas) que vendeu a vivenda familiar a un amigo, o farmacéutico ferrolán Antonio Torres Fernández que é a persoa que demandou a Sandra e solicita o desafiuzamento da vivenda.

O ex-marido, esta procesado por violencia de xénero, a espera de xuízo.

Sandra vive co seu fillo na casa, mais tamén coa súa nai e a súa irmá que son as que a protexen dun contorno de acoso constante.

Sandra necesita a axuda, a protección e o apoio que a maquinaria xudicial non lle facilita, frente ao seu agresor, e para parar un lanzamento inxusto.

Convocan: Stop-Desafiuzamentos (Adherida ás PAHs) - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra e a Asociación Ve-la Luz
(Asociación Galega para a defensa de mulleres e neñ@s vítimas da Violencia de Xénero e/ou abusos). E as compañeiras e compañeiros de Stop-Desafiuzamentos de Compostela.

Inácio (Comunicación)
645 158 113

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Redes Sociais:
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/613904661993569/

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
4 de outubro de 2013 22:08
http://redesocialdeferrolterra.blogspot.com.es/

______________________

venres, outubro 04, 2013

Por unha Galiza sen lumes - Manifestación nacional en Compostela


"POR UNHA GALIZA SEN LUMES, POR UN RURAL CON FUTURO"

MANIFESTACIÓN NACIONAL
DOMINGO, 6 DE OUTUBRO
ÁS 12 DO MEDIODÍA
DESDE A ALAMEDA DE
SANTIAGO DE COMPOSTELA
A sociedade galega alza a voz novamente contra a barbarie dos incendios e contra a política rural e medio ambiental que leva ao progresivo desmantelamento do noso medio tradicional e ao consecuente abandono da terra que cada ano acaba pasto dos lumes e da especulación.

BASTA XA de deixar o monte galego ao abandono, pasto do lume, ao desleixo e á especulación, pois o rural pode e ten que ter futuro, un futuro que se a Xunta non está disposta a liderar, e prefire seguir sen investir un só euro e sen adoptar unha soa medida concreta para recuperar o monte e atallar o problema de escorrentías que se aveciña, debe apartarse definitivamente do camiño e deixar que sexa a comunidade local coa axuda de voluntariado a que tome a iniciativa.

Dende ADEGA apoiamos esta iniciativa e convocamos a socias/os e simpatizantes a acudir masivamente este domingo a Compostela para esixir UNHA GALIZA SEN LUMES E UN RURAL CON FUTURO. Busca a nosa faixa no paseo central da Alameda.

Polo Monte Pindo, polos nosos espazos naturais aldraxados, polo teu país, acode a Compostela este domingo 6 de outubro ás 12 na Alameda!

Máis info: local nacional (981 570099),  na nosa web: www.adega.info , en Facebook e Twitter.

Enviado por:
ADEGA
-adega@adega.info-

4 de outubro de 2013 12:50
________________

Enlace relacionado:
Evento no facebook
UNHA GALIZA SEN LUMES E UN RURAL CON FUTURO
https://www.facebook.com/events/327274247419072/
______________________

Xornadas Feminista en Ferrol Terra: 'Feminismo en Obras' - Sábado 5 de Outubro, no Centro de Día 'Manuela Pérez Sequeiros' de Narón


FEMINISMO EN OBRAS


05-10-2013 Centro de día “Manuela Pérez Sequeiros” NARON

O titulo destas xornadas feministas significa localizar e derrubar o que xa non serve, deseñar e levantar novos espazos,  en definitiva traballar para seguir construíndo feminismo entre todas,  abrir un tempo de reflexión sobre o que leva percorrido o feminismo e atopar o novo camiño.

En primeiro lugar, recoñecer os perigos, ver os ataques continuos ós que está sometido o feminismo, moito máis nestes momentos de retroceso ideolóxico.

En segundo lugar comprender cal é situación real, social e económica das mulleres nos diferentes ámbitos da vida. Por exemplo nos servizos, como nos afectan os recortes amparados na crise, privatizacións e desmantelamento. Soberanía alimentaria e consumo responsable. Nos espazos, planeamento–organización das cidades dende unha perspectiva de xénero.

En terceiro lugar faremos un repaso á nosa saúde e os nosos, ultimamente moi atacados, dereitos reprodutivos.

E por último, mulleres a través das vivenzas nas institucións, partidos políticos, sindicatos e movementos sociais expoñerannos as súas alianzas e alternativas para o futuro do feminismo.
PROGRAMA- Sábadao 5 de Outubro de 2013 - Narón
  • 10,00h.  Apertura e presentación das xornadas.
  • 10,30h. Mesa “Ataques ao feminismo, retroceso ideolóxico” | Relatoras : Belén Puñal e Teresa Moure.
  • 12,00h. Descanso media hora.
  • 12,30h. Mesa “Situación das mulleres nos servizos, nos espazos e no consumo” |  Relatoras: Eva Solla,  María Novas e  Isabel  Vilalba.
  • 14,30h. Xantar.
  • 16,30h. Mesa  “Saúde e dereitos reprodutivos” |  Relatoras: Lola Ferreiro e  Natalia Domínguez Galán.
  • 18,00h.  Mesa   “Feminismo en obras: alterativas e alianzas” | Relatoras: Carme Adán,  Lidia Senra,  Chus Boo e  Paloma Rodriguez.
  • 21,00h. Remate das xornadas.

Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
www.feminismo.info
nacional@feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
twitter.com/MMMGaliza

"PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA POBREZA E A VIOLENCIA MACHISTA"

Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:
______________

xoves, outubro 03, 2013

O Grupo de Traballo da Comisión Social de Seguimento do proceso de construción do sistema de saneamento e depuración da ría de Ferrol, contesta aos responsábeis de acuaEs


O pasado 24 de Setembro saía publicado no xornal comarcal 'Diario de Ferrol' , unha nova onde a sociedade estatal de augas acuaEs (empresa principal para a construción da rede de saneamento) comentaba a eficacia dos mal chamados "tanques de tormentas":
"A sociedade estatal Acuaes destacou a 'efectividad' dos tanques de tormentas, uns depósitos subterráneos, explican, completamente estancos aos que chegan os novos colectores xerais e que recollen as augas contaminadas captadas polas redes de alcantarillado da cidade. 'Actualmente non se entende unha rede moderna de saneamiento urbano sen a construción deste tipo de tanques', aseguran desde o organismo. Nos momentos en que non chove ou o fai con pouca intensidade, explican, a auga que chega ao tanque bombéase ata o interceptor e de aí á EDAR, manténdoo baleiro. Si aumenta a intensidade das choivas as augas contaminadas acumúlanse no tanque e permanecen alí ata que pare de chover, momento en que o interceptor admite que se lle bombeen desde o tanque de tormentas. Deste xeito, evítase que un gran volume de augas contaminadas se verta ao medio sen necesidade de sobredimensionar os novos colectores.
No caso de que a duración ou intensidade das choivas sexa moi elevada e se exceda a capacidade de almacenamento do tanque, a auga sobordar por un vertedeiro cara ao medio receptor.
No caso dos tanques que se construirán en Ferrol e Narón, para reducir por completo o risco de proliferación de cheiros tanto no interior como no exterior dos mesmos, instalarase un sistema de ionización de aire do interior do edificio, para neutraliza-los
".
Desde o Grupo de Traballo da Comisión Social de Seguimento do proceso de construción do sistema de saneamento e depuración da ría de Ferrol, contestou-se-lles co seguinte comunicado:

En relación co artigo publicado en Diario de Ferrol o pasado martes día 24, onde se recolle unha información procedente de acuaEs achega do plano de saneamento que se está a desenvolver na zona norte da ría de Ferrol, desexaríamos facer unhas precisións sobre esta información debido a varias inexactitudes vertidas nesa información así como certas incongruencias atopadas na documentación do proxecto.

O sistema a utilizar, o de rede unitaria onde se mesturan as augas fecais coas pluviais. Este sistema non é nin moito menos mais vantaxoso ou moderno que o de redes separativas. Procedese así, porque a cidade non foi capaz de estender as redes separativas a pesar de exixir aos construtores e arquitectos, desde hai moitos anos, a separar as descargas de augas das vivendas en construción.

Aínda que é certo que os tanques de tempestades son novas infraestruturas a utilizar nas redes de saneamento, tanto en redes separativas como unitarias, tamén é certa que a súa dimensión deberá ser tal, que sexa capaz de almacenar temporalmente as augas pluviais de polo menos 20 minutos de chuvias torrenciais (máximas) para entón enviar á EDAR cando a súa capacidade o permita. O caso é, que a capacidade dos tanques que se prevé instalar no saneamento de Ferrol apenas teñen capacidade para recoller esas augas uns 3 minutos de, exceptuando o tanque de Cadaval que si cumpre para as hectáreas de terreo impermeábel contempladas no proxecto.

Non son nada coherentes os dados de partida e os estudos analizados sobre este modelo que se citan no proxecto. Se atendemos ao estudo levado a cabo pola Universidade de A Coruña sobre a contaminación bacteriana da ría observamos que para non excederse do limite máximo de bacterias entéricas (coliformes) se procedeu a un estudo en base a 6 escenarios mediante o programa infoWorks e que comentamos como segue:
a) Os 6 escenarios se fan en base a diferentes dimensións de tanques. Sorpréndenos que no modelo non se variasen de tamaño aqueles tanques con residuais mais contaminantes (área urbana de Ferrol) e ademais co agravante de que son zonas mais impermeábeis. b) as analistas estiman que para non sobrepasar ese límite máximo de coliformes son precisos 78.000 m3 de capacidade total. Sen embargo a capacidade total do proxecto apenas pasa de 20.000 m3.

b) O proxecto asigna uns 100 m3 de capacidade de tanque por hectárea neta (impermeábel) o que supón uns 150.000 m3 totais de retención tendo en conta que as Hectáreas totais son 1.500 segundo o proxecto.
c) Citouse nos medios que o número de días de vertidos se estima en 20. Non obstante e segundo o proxecto se poden apreciar até 350 vertidos totais e no gráfico (infoWorks) de vertidos de Cadaval e para 20.000 m3, o número de días de vertidos son uns 60. Ademais o tanque do Cadaval se dimensiona para 10.000 m3.

d) Sorpréndenos que o tanque "estrangulamento" de A Ra non dispoña de capacidade de almacenamento. Tampouco non nos semella críbel que estando o tanque case ao final do interceptor se estimen dous vertidos ao ano tendo unha previsión de recepción de fluxo de 14 m3/s e de impulsión só 5 m3/s, ademais dispoñendo de dous macro tubos de alivio de 1.800 mm de diámetro.
Rexeitamos a manipulación que se fai cando se informa que os vertidos van ao "medio" ou ao "receptor" cando realmente se debe dicir Á RÍA DE FERROL ou cando se informa que os tanques vanse ionizar para reducir ou eliminar os malos olores coa intención de convencer que a localización deste tipo de tanques nun parque público rodeado de vivendas é totalmente compatíbel aínda que sexa indesexábel.

Como conclusión entendemos que se debe continuar coa construción do interceptor, pero ampliando aquelas partes do mesmo que mostran unha falta de sección adecuada, redimensionar os tanques para que recollan por separado os fluxos de tempo seco e de chuvia (20 ou 30 minutos de inicio das chuvias mais fortes esperadas), bombas diferenciadas para cada tipo de tanque, relocalizar o tanque Esteiro 2 xunto ao Esteiro 1, ou unir ambos na zona de Navantia-centro de CI da Armada.

Esta disposición de tanques permitiría poder completar no futuro a disposición de redes separativas nas rúas de Ferrol, Narón e Neda segundo se establece nunha planificación ao respecto. desta forma conseguiríamos rexenerar a nosa ría até un estado limpo e san para o ben da cidadanía e dos mariscadores e tal como moitas persoas aínda poden lembrar.

Asinan o comunicado: ADEGA, Comisión de Medio A.VV. Recimil, SGHN e Verdegaia

_____________

Queixa, das organizacións ecoloxistas e ambientalistas galegas, ante o Valedor do Pobo pola non celebración das obrigadas reunións das xuntas consultivas dos parques naturais e do Observatorio Galego de Educación Ambiental durante o ano 2012


Os colectivos integrantes da Federación Ecoloxista Galega, a Sociedade Galega de Historia Natural e a Sociedade Galega de Educación Ambiental presentan unha queixa ante o Valedor do Pobo pola non celebración das obrigadas reunións das xuntas consultivas dos parques naturais e do Observatorio Galego de Educación Ambiental durante o ano 2012. Este comportamento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ademais de contrario á lexislación en materia ambiental, supón unha merma dos dereitos de representación e información que asisten aos colectivos ecoloxistas e, por extensión, ao conxunto da cidadanía.

As xuntas consultivas dos parques naturais son os órganos colexiados que, segundo o disposto no artigo 42 da Lei 9/2001, colaboran na xestión dos espazos naturais protexidos e canalizan a participación das persoas propietarias e daquelas persoas que representan os diferentes intereses sociais e económicos. Así mesmo, están adscritos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.

O Decreto 265/2007, de 28 de decembro, establece a composición das xuntas consultivas, quedando integradas, entre outros axentes, por un/unha representante das asociacións que figuren inscitas no Rexistro de asociacións protectoras do medio ambiente da Xunta de Galicia.

A pesar da relevancia destes órganos de cara a unha axeitada participación pública na xestión dos espazos naturais protexidos, durante o ano 2012 non se celebraron as pertinentes reunións con carácter ordinario en cinco dos órganos mencionados:
  • Xunta Consultiva do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.
  • Xunta Consultiva do Parque Natural das Fragas do Eume.
  • Xunta Consultiva do Parque Natural de O Invernadoiro.
  • Xunta Consultiva do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.
  • Xunta Consultiva do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.
A non celebración de reunións ou a celebración cunha periodicidade superior a un ano supón tamén o incumprimento de diferentes artigos que regulan as funcións que cumpren as xuntas consultivas: informar anualmente das memorias de actividades e resultados, aprobar os orzamentos, aprobar, modificar e revisar os plans relativos ao espazo protexido e os instrumentos de planificación, etc.

Así mesmo, está a incumprirse reiterandamente a convocatoria do Observatorio Galego de Educación Ambiental, o órgano colexiado de participación, consulta e asesoramento en relación co desenvolvemento da Educación Ambiental en Galicia.

A queixa presentada ante o Valedor do Pobo vén motivada no feito de que a non celebración das reunións supón unha merma dos dereitos de representación e información ao conxunto de asociacións ambientalistas galegas.

O incumprimento da periodicidade nas convocatorias doutros organismos consultivos (Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Observatorio Galego da Biodiversidade e Consello da Rede de Parques Naturais de Galicia) está xa a ser investigado polo Valedor do Pobo debido a unha queixa presentada pola asociación ADEGA en nome dos colectivos ecoloxistas.

A pesar da lexislación e dos acordos parlamentarios, o día a día na xestión dos espazos naturais protexidos e dos órganos de participación está baseado na falta de información, en impedir a participación aos axentes sociais interesados e no desinterese por parte da Consellería, o que ten como resultado que só dous dos seis parques naturais existentes conten cun Plan Rector de Usos e Xestión. 

Máis información:

Federación Ecoloxista Galega. T. 691 527 277.

Sociedade Galega de Historia Natural. T. 698 141 384.

Sociedade Galega de Educación Ambiental. T. 618 868 612.

Enviado por:
ferrol@verdegaia.org
-ferrol@verdegaia.org-
3 de outubro de 2013 10:2

________________

martes, outubro 01, 2013

A actual crise non deixa títere con cabeza. Os recortes chegan xa a todos os ámbitos, até ao chamado o gran alicerce do Estado de Benestar - Interesante documentario en V-Televisión : "Informe V" Sa, sa, ... A saúde da Sanidade Galega- Vídeo

«Informe en V» Sa, sa (cap.2-28/09/13)

A actual crise non deixa títere con cabeza. Os recortes chegan xa a todos os ámbitos, até ao chamado o gran alicerce do Estado de Benestar. Informe en V analizou o pasado sábado a saúde da sanidade galega. Médicos, políticos, expertos e pacientes explicarán en que están afectando os recortes no orzamento sanitario. Podemos xogar con nosa saúde? Cal pode chegar a ser a factura de reducir o orzamento nos nosos coidados? Chegará a sanidade de todos a mans da empresa privada? Todas as respostas, en Informe en V.


http://www.vtelevision.es/informativos/informeenv/2013/09/29/0031_90_189227.htm


Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/


Información baseada na enviada po:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
1 de outubro de 2013 08:27
_____________

luns, setembro 30, 2013

O grupo de Traballo da Comisión Social de Seguimento por un saneamento inegral para a Ría de Ferrol, remite un documento a todos os partidos políticos con representación no Paralmento Galego


Informe remitido aos grupos políticos


Porque o noso único obxectivo é o saneamento integral da ría, e isto implica defender a utilización eficaz do diñeiro que se está a investir construindo unhas infraestructuras eficaces e con futuro que non virtan nunca mais augas fecais á ría, mesturadas ou non. entendemos que quen xestiona diñeiro público ten que dar conta do que fai con el e utilizalo con eficacia, garantindo ademais o futuro, non só do investimento realizado senón do obxectivo do mesmo, e dicir, o saneamento integral da ría sen mais vertidos. é por iso que enviamos este documento a todos os partidos políticos con representación no paralmento galego para que o asuman e defendan.

Acceder ou baixar o Informe.

ASINANTES: ADEGA, SGHN, Verdegaia, Comisión de Medio da A.VV. Recimil.

Enviado por:
Pablo Iglesias
-cidadansversustanquestormentas gmail.com-
30 de setembro de 2013 11:57

http://cidadansversustanquesdetormentas.blogspot.com.es/
___________

Vivir dignamente é un dereito - Interesante Vídeo que nos envian desde Coia - Vigo


"Vivir dignamente é un dereito”, é o berro compartido que, desde a última imaxe do seguinte vídeo, nos fala do contido da campaña que desenvolvinmos a ODS-Coia e a Parroquia Cristo da Vitoria de Coia durante o 2013 cun dobre obxectivo: denunciar o crecente empobrecemento que padecemos unha gran parte da cidadanía e esixir ás administracións públicas que cumpran coa súa obriga de garantir os dereitos sociais de todas as persoas a través da implantación da renda básica.

Foi gravado durante a festa d'A Bouza 2013.

Agardamos que o disfrutedes!


Vivir dignamente - Bouza 2013
from arealidade on Vimeo.

O vídeo neste enlace: https://vimeo.com/74489629
---
OFICINA DEREITOS SOCIAIS - COIA (ODS-Coia)
odscoia.arkipelagos.net | dereitossociais@gmail.com |@odscoia | tel: 696 618 732
Atendemos os luns de 17h00 a 19h00 nos locais da parroquia do Cristo da Victoria en Coia (rúa Baiona 9, Vigo).

Enviado por:
Oficina Dereitos Sociais - Coia
-dereitossociais@gmail.com-
29 de setembro de 2013 23:41

_________________

Boas prácticas bancarias?, ... Por José Manuel Pena - Stop Desafiuzamentos de Barbanza refórzase cun analista financieiro e pide máis axuda á sociedade civil

Por José Manuel Pena [*]
30.09.2013


Cláusulas abusivas, produtos tóxicos, comisións de usura, préstamos hipotecarios contrarios á boa fe e á honestidade, falta de sensibilidade e acoso constante a familias humildes, foron algunhas das prácticas inhumanas utilizadas por parte da maioría das entidades financeiras do noso país. Agora chámanos, poderosamente, a atención que a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) diga que había alertado sobre algunhas destas prácticas abusivas, inxusta e ilegais ... . Xa está ben de que algunhas entidades e organismos públicos se sigan rindo da boa fe dos cidadáns.

Si se sabía que, a maioría das entidades financeiras, impoñían un trato desleal, nada equitativo e con cláusulas abusivas contrarias á ética e ás boas prácticas bancarias, por que non se tomaron as medidas correctoras e sancionadoras correspondentes contra todas estas entidades ao obxecto de evitar o prexuízo aos consumidores a través do evidente desequilibrio dos dereitos e obrigacións das partes que se derivan de calquera contrato bancario?.

Segundo sentenzas de varias audiencias provinciais e tribunais supremos do noso país sinalan, neste sentido, claramente que "a realidade demostra que os borradores das escrituras dos préstamos bancarios son efectuados polas propias entidades financeiras, sen intervención algunha dos clientes, quen comparecen ante os fedatarios públicos (notarios) para asinar o que xa está redactado de antemán pola entidade bancaria, sen posibilidade algunha de discutir, nin menos aínda de modificar diversas cláusulas so pena de quedarse sen préstamo".

Por outra banda, xa a orde de 1.994 sobre transparencia das condicións financeiras dos préstamos hipotecarios, na súa exposición de motivos, sinala que a súa finalidade primordial é garantir a adecuada información e protección de quen concerte préstamos hipotecarios. Até o momento, por carecer da necesaria sensibilidade social, quedábase, todo, en papel mollado e as entidades financeiras seguían aumentando a súa conta de resultados a costa dos pequenos aforradores e as familias humildes deste país de pandeireta, subvencións e picaresca.

[*] José Manuel Pena, é portavoz da plataforma cidadá STOP - Desafiuzamentos de Barbanza.


Enviado por:
jose manuel pena
-j.mpena@hotmail.com-
30 de setembro de 2013 10:32

_____________

Nova de interese desde Ribeira (Barbanza).


Stop Desafiuzamentos de Barbanza refórzase cun analista financieiro e pide máis axuda á sociedade civil    

A Plataforma Stop Desafiuzamentos da Barbanza presentou en roda de prensa ao analista financieiro Julio César Calvo, co que se reforzan para dar resposta ás numerosas peticións de axuda, a nivel consultivo pero tamén de solidariedade, de moitas familias afectadas por execucións hipotecarias. O voceiro desta plataforma, José Manuel Pena, iniciou a presentación laiándose da primeira víctima mortal en Barbanza, a consecuencia dos desafiuzamentos, dun veciño de Boiro, nunha desgraza que ocorreu hai uns dous meses.

Unha vez superado agosto, un mes de parálise en moitos niveis da administración española, a Plataforma "Stop Desafiuzamentos" comeza setembro con varias notificacións de xulgados de Ribeira a familias con fillos menores, con poxa de vivendas en novembro e a presentación de dúas dacións en pago.

Outra dos integrantes deste colectivo solidario e sen ánimo de lucro, Charo Iglesias, falou da necesidade de que outros colectivos sociais e mesmo asociacións de consumidores da Comarca da Barbanza se impliquen máis en apoiar a estas familias, algunhas das cales non viven exclusivamente a triste situación das súas hipotecas senón que carecen do más básico para subistir e rexeitan acudir aos departamentos de servicios sociais e a outras ong's como Cáritas, Cruz Vermella ou El Oraj.

Julio César Calvo, o analista financeiro que se suma a esta plataforma, anunciou a presentación de varias demandas, ante as propias entidades financeiras, por nulidade de hipotecas, grazas á súa colaboración con outros profesionais do dereito de todo o país e a axuda desinteresada de catedráticos senlleiros de universidades españolas como a de Carlos III ou a de Alcaldá de Henares. "Trata-se de defender ás familias da maquinaria 'exterminadora' dalgunas entidades financeiras que buscan o enriquecemento inxusto e ilícito a costa da dor e o sufrimento das familias humildes", explicou Julio César Calvo.

Por outra banda, agradecen dende Plataforma todas e cada unha das doazóns de produtos para entregar ás familias que eles atenden, e en concreto louvan a xenerosidade da empresa "Calzados Horacio" de Ribeira, que cedeu chourizos e 16 botellas de aceite.

Publicado en Certo Xornal | Ribeira | 7 de Setembro de 2013.
_______________

sábado, setembro 28, 2013

Móllate polos nosos ríos: VI limpeza simultánea - Limpeza na nosa Comarca


Queremos uns ríos limpos, queremos poder disfrutar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade da necesidade de que estes estean ben conservados. Se a túa entidade, concello, centro de ensino, ... está interesado en participar nesta nova actuación ponte en contacto con nós.

Telefonos: 981 57 00 99 | 616 238 050 (Ramsés).
Correo-e: ramses@adega.info
Web: http://limpeza.proxectorios.org

Grazas á colaboración de 50 entidades o pasado ano, estimamos que se retiraron máis de 10 Tn. de lixo de orixe diverso e participaron un total de 521 voluntari@s de 34 concellos en toda Galicia. O máis importante é que ano tras ano conseguimos concienciar un pouco máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de residuos como premisa para a conservación da súa saúde.

Este ano queremos volver a contar coa vosa axuda para levar a cabo a VI xornada de limpeza simultánea en ríos. Como en anos anteriores, o Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar e tamén repartiremos as tradicionais camisetas para o voluntariado.

Xornadas limpeza ríos nas comarcas, próximo fin de semana.

Dentro do programa Proxecto Rios, vai realizarse en varios puntos de Galicia a próxima fin de semana, unha xornada de limpeza en varios concellos.

En concreto na nosa comarca, ademáis de facerse limpeza en San Sadurniño, Mañón, ... están as seguintes convocatorias:
  • Ferrol | 28 de Setembro (sábado), ás 11:00hs,  no Río Sardiña | Punto encontro: estacionamento campo futbol | Contacto: Nes - 649779774
  • Fene | 29 de setembro (domingo), ás 10:00hs, no Río Cádavo. | Punto encontro: Concello Fene | Contacto: Andrés - 669829326
  • Neda | 5 de Outubro (sábado), 16:00hs hs, na Ponte de Xubia |Contacto: María - 646156421
Contactos adicionais:
  • Nés Lópes. Presidente de Adega-Ferrol | 649779774
  • Xandro García. Secretario de Adega-Ferrol | 660859493
  • Antonio García. (angaji@yahoo.com)
Mái info na web:
http://adega.info

Enviado por:
Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
26 de setembro de 2013 16:34

_______________

Por unha vida digna, libre e desexada. Non á contrareforma da lei de aborto! - O Sábado, 28 de setembro desde a Estación de tren Compostela, Manifestación Nacional


O Sábado, 28 de setembro 17:30h desde a Estación de tren Compostela, Manifestación Nacional.

Manifesto 28 de Setembro
Por unha vida digna, libre e desexada. Non á contrareforma da lei de aborto!

Na Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto xuntámonos máis de 65 organizacións e aínda cando cada organización ten o seu propio punto de vista respecto da regulación da Interrupción Voluntaria do Embarazo, todas defendemos que o acceso á IVE tense que realizar en condicións de seguranza e legalidade, adoptando as medidas necesarias para que a decisión da muller poida facerse efectiva.
Con motivo do 28 de Setembro, Día Internacional pola despenalización do aborto, sumámonos á loita coas nosas irmás feministas do resto de territorios do Estado e do mundo e facemos un chamado á mobilización cidadá para esixir respecto aos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres así como para afirmar que non permitiremos que a lei actual de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo se reforme de modo restritivo e a nosa defensa do aborto libre e do dereito a decidir.

Reclamamos o acceso ao aborto legal, seguro e gratuíto como unha demanda de dereitos humanos, de xustiza social e de saúde pública. As mulleres somos suxeitas de dereitos con plena capacidade para tomar decisións de acordo ás nosas realidades e proxectos de vida, incluíndo a decisión de abortar ou de ser nais, de ter fillos/fillas ou non.

As mulleres somos persoas autónomas, responsables, libres e iguais e, como tales, exiximos o dereito a decidir sobre os nosos corpos e vidas.

Exiximos que todos os actores sociais e o Estado respecten a nosa autonomía sexual e reprodutiva, e que se nos achegue a información e os medios para exercela sen riscos. Isto debe abarcar: acceso universal a métodos anticonceptivos modernos e seguros, incluíndo anticoncepción de emerxencia; educación sexual laica; acceso a abortos seguros, legais e na sanidade pública; condicións sociais e estruturais adecuadas para vivir unha maternidade voluntaria, protexida e gozosa, se optarmos por ela. Só desta forma serán respectados os dereitos consagrados no sistema internacional de dereitos humanos.

Denunciamos que o contexto de crise está a ser aproveitado por ideoloxías conservadoras e ultracatólicas, co PP e o Ministro de Xustiza Gallardón á cabeza, para impornos un programa ideológigo moi claro. A restrición do dereito ao aborto é unha medida máis de ataque aos nosos dereitos sexuais e reprodutivos. Por unha banda pretenden prohibir abortar a aquelas mulleres que non queren ser nais e, doutra, Ana Mato, ministra de Sanidade, exclúe a mulleres sen parella e a parellas de lésbicas do acceso á reprodución asistida no sistema público sanitario. Isto súmase á inaceptable exclusión ao acceso ao sistema público sanitario de migrantes en situación irregular, paradas de longa duración e outras mulleres precarizadas, o que lles impide ser atendidas nos servizos de xinecoloxía.

A contrarreforma prevista deixará ao Reino de España á marxe das recomendacións da Organización Mundial da Saúde, que advirte que a restrición do aborto só produce máis mortalidade materna no mundo. Os abortos clandestinos matan a máis de 70.000 mulleres ao ano, segundo a OMS. Isto implica un grave dano á saúde física e mental das mulleres e constitúe unha violación aos seus dereitos humanos fundamentais, en especial o dereito á vida, á saúde, á autodeterminación das mulleres, á igualdade e á non discriminación, a estar libres de torturas e danos, á liberdade de pensamento e relixión, e ao control da súa propia fecundidade.
As leis restritivas inflúen pouco ou nada no número de abortos que se realizan, pero si determinan se estes se fan en condicións de risco ou non. Coa aprobación da contrareforma sumariamos á lista de países onde o aborto está restrinxido ou penalizado pola lexislación, e onde se producen a gran maioría dos abortos clandestinos, obrigando especialmente a mulleres con poucos recursos e/ou mozas a interromper o embarazo de forma pouco segura.

A contrarreforma prevista polo Partido Popular deixaríanos, ademais, lonxe da lexislación vixente na maioría dos países de Europa Occidental, á que, polo visto, debemos pertencer en todo salvo no referido aos nosos dereitos.

Novamente, a práctica do aborto será fonte de inseguridade xurídica para as mulleres e para o persoal sanitario e de inequidade territorial e social. A nova lexislación suporá unha titorización intolerable sobre a decisión das mulleres e unha forma de criminalización do dereito que nos asiste a todas nós a decidir sobre a nosa maternidade, é dicir, sobre os nosos corpos e as nosas vidas.

Denunciamos as poucas garantías dadas ás mulleres na súa decisión de abortar e tamén na de ser nais, con recortes en axudas á maternidade, en educación, en bolsas para comedores escolares, co aumento da malnutrición infantil. Sumados aos recortes en dependencia, sanidade e un longo etc. que nos fai preguntarnos de que vida falan cando falan da vida.

Exiximos sanidade pública e de calidade. Porque se o aborto é unha intervención de carácter sanitaria, ten que se realizar nas mesmas condicións que o resto de prestacións sanitarias: en centros públicos e garantindo a accesibilidade, calidade e confidencialidade, con todas as garantías sanitarias.

O Goberno actual é ANTI-VIDA. Porque o Goberno que di protexer a vida, ao mesmo tempo elimina prazas en escolas infantís públicas, quere privatizar os servizos públicos, sométenos a cortes atroces en axudas á dependencia, sanidade, educación e comedores escolares, o que fai imposible a conciliación da vida persoal e laboral.
A lei eliminará o suposto de malformación grave fetal ao mesmo tempo que os gobernos do Partido Popular arrasan co investimento en políticas relacionadas coa dependencia. O Goberno do PP fala de protexer a vida durante as semanas de xestación, pero abandona á súa sorte ás persoas unha vez que chegaron ao mundo.
O Partido Papular, ese que dí defender a vida, deixa as agresións e os asasinatos machistas fora da visibilización política ao anunciar a nova política de estatísticas sobre violencia de xénero. Xa non van ser contabilizadas as mulleres que pasen menos de 24 horas no hospital.

Os feminismos somos PROVIDA. Porque ser Pro-vida é loitar por ter unha boa vida e non condenar ás persoas a situacións que fagan que esta non mereza a pena ser vivida.

Estamos aquí para dicirlle ben alto ao PP e ás ideoloxías ultracatólicas e fascistas que estamos unidas e en pé. Que non nos van calar nin con multas nin con reformas de códigos penais que pretenden restrinxir o noso dereito a nos manifestarmos na rúa.
Estamos aquí para berrar ben forte que non imos permitir que recorten os nosos dereitos e que xuntas neste 28 de setembro damos comezo a un novo curso de rebeldía feminista.

SÁBADO 5 DE OUTUBRO: XORNADA FEMINISTA EN FERROL TERRA

Para a semana que entra, terán lugar,  en Ferrol Terra, unha xornada feminista que baixo o título "FEMINISMO EN OBRAS", organiza a Marcha Mundial das Mulleres. Está interesante xornada está prevista para o Sábado día 5 de Outubro no Centro de Día Municipal 'Manuela Pérez Sequeiros' de Narón (Inscrición e Programa aquí).

Para máis info, sobre esta proposta de Lei e a Loita contra a mesma na:

Web oficial da Plataforma:
http://feminismo.eu/PlataformaAborto/

A sanidade e os servizos sociosanitarios en risco de desmantelamento


OS SERVIZOS DE SAÚDE E SOCIO-SANITARIOS EN RISCO DE DESMANTELAMENTO

O Goberno de Rajoy, fiel aliado das políticas da Unión Europea, deseñadas polo Fondo Monetario Internacional, Banco Mundial e a Organización Mundial do Comercio, en beneficio dos grandes bancos, Fondos de Investimento e grandes multinacionais, está embarcado nunha xigantesca manobra de desmantelamento dos servizos públicos básicos de todo o Estado, que abarca as pensións, a educación pública, a sanidade ou os servizos de atención á vellez e a discapacidade.

Os datos aportados por prestixiosos investigadores dos sectores afectados explican que se pretende recortar gasto público suprimindo as prestacións aos sectores de baixo nivel económico da poboación e de escasa capacidade de pago (o 60% dos asalariados que gañan menos de 1.000 euros ao mes, os maiores de 65 anos que supoñen o 20% da poboación e perciben unha pensión media de 850 euros mensuais, ou os mozos que soportan un 57% de paro) e crear unha rede de servizos en poder das grandes multinacionais e fondos de investimento que prestarán estes servizos con carácter lucrativo mediante diñeiro público e as achegas dos beneficiarios con capacidade adquisitiva (1/3 da poboación).

O Goberno sabe que pode perder as próximas eleccións polo que está acelerando a aplicación destas medidas en todos os servizos e CCAA, para deixar todo ben atado e obrigar ao goberno que gañe a aceptar unha situación de feitos consumados sen posibilidade de marcha atrás.

1.- Reforma do Sistema de Atención á Dependencia:

O goberno enviou á UE o "Programa Nacional de Reformas. Reino de España 2013", para demostrar a súa vontade de seguir pola senda da redución do déficit público, que contempla tres grupos de recortes á Lei de Dependencia

Preténdense recortar 599 millóns de euros en 2012, 1.108 millóns en 2013 e 571 millóns en 2014.
  • Modificación e simplificación dos procesos de valoración das persoas dependentes e os servizos prestados.
  • Supresión a retroactividade no pago das prestacións económicas (contemplado pola Lei para que as persoas con dereitos a prestacións trala valoración da mesma cobrasen desde o momento en que se lles recoñecerá o dereito)
  • Potenciación da colaboración público privada (para favorecer a penetración de empresas multinacionais).
  • Atraso na incorporación ao sistema das persoas beneficiarias con menor grado de dependencia.
  • Recorte da prestación económica dos coidadores non profesionais, que se rebaixa entre o 15 e o 30% (188 millóns) e deixar de pagar a seguridade social aos coidadores non profesionais, familiares no seu maior parte (300 millóns anuais).
  • Incremento da aportación dos beneficiarios (copago) nun 50% (recorte de 339 millóns de euros en 2013).
  • Adecuar as prestacións ás necesidades reais dos dependentes (revisión das valoracións xa realizadas de face a reducilas)
  • Priorizar os servizos profesionais (a cargo de empresas multinacionais) sobre as prestacións económicas (a cargo de familiares) para o que se planta unha revisión dos procesos. (recorte de 489 millóns de euros).
A Reforma do Sistema de Atención á Dependencia supón un recorte de 2.220 millóns de euros en tres anos e deixado sen atención a 256.000 discapacitados, aínda que o obxectivo final é desmantelar todo o dispositivos previsto pola Lei (como anunciou Rajoy no seu programa electoral) para permitir as multinacionais de servizos sociosanitarios apropiarse destes servizos, como fixeron xa no Reino Unido.

2.- Lei para a Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local:

Pretende recortar de 1.800 millóns de euros anuais nos servizos sociais que prestan os concellos (servizos de apoio á familia, de prevención e inserción social, vivendas tuteladas, centros de día, infantís e de atención a persoas con discapacidade, comedores de persoas maiores ou servizos de promoción da muller e de atención e acolleita a inmigrantes), deixando sen atención 1.167.784 persoas. A isto hai que engadir outros servizos como as 567 residencias que atende a 30.117 persoas maiores ou 2.718 vivendas tuteladas.

A Lei contempla retirar as competencias en servizos sociais ás entidades locais (máis de 2,5 millóns de beneficiarios deixarán de recibir servizos sociais dos concellos) para trasladalas a Comunidades Autónomas que carecen de capacidade económica polos recortes introducidos nos seus orzamentos pola Ley de Estabilidad Presupuestaria, e ás que non lles quedará máis opción que pechar estes servizos e privatizar os máis rendibles para o sector privado

3.- Recortes en Asistencia Sanitaria Pública:

Redución de máis de 7.000 millóns de euros a través da redución da actividade dos servizos asistenciais; a pechadura de centros e reducións de persoal; a Ley 16/2013 introduzo os  copagos a pensionistas, enfermos que precisan próteses, traslados en ambulancia ou medicamentos especiais; a supresión do dereito á asistencia aos mozos maiores de 26 anos que nunca han cotizado (57% do total), amas de casa divorciadas e a 900.000 inmigrantes, e están previstos recortes na carteira de servizos que abran paso aos seguros privados complementarios.

Estas medidas han ir acompañados de privatizacións nos servizos como as concesións de obra pública; o financiamento e xestión privada de hospitais e centros de saúde; privatización de hospitais, servizos de laboratorio e de diagnóstico por imaxe; a cesión ás multinacionais e fondos de investimento das plataformas informáticas, teléfonos de información, centrais compras ou a planificación e xestión dos recursos dos Servizos de Saúde Autonómicos.

Entre as consecuencias de etas medidos cabo destacar a limitación de acceso a medicamentos, incremento das listas de espera, aumento da mortalidade por enfermidades evitables ou a redución da esperanza de vida.

A última medida que podemos considerar de extremada crueldade é que os enfermos con cancro e outras patoloxías graves, deberán pagar as medicinas que se lles fornezan nos hospitais, algo inhumano e irracional xa que non supoñerá ningún aforro relevante para o sistema. Probablemente a intención do Goberno coa súa aplicación é xerar temor e desmoralización da poboación e convencer á UE da vontade para aplicar as medidas de austeridade que esta lle esixe.

Esta política supón que a maior parte da poboación, e especialmente a máis necesitada de asistencia e axuda sanitaria e social, vai quedar desprotexida fronte a enfermidade e a discapacidade, mentres que unha minoría social con gran capacidade económica e de pago, fará un uso intensivo e irracional duns recursos que quedarán en mans de bancos e grandes fondos de investimento internacional

É necesario e urxente articular unha alianza social e profesional en sanidade e servizos sociais que paralice o máis pronto posible esta estratexia do Goberno de Rajoy e a Troika (UE, Banco Mundial e Fondo Monetario Internacional), antes de que sexa demasiado tarde. Á mesma deberán estar invitados todas a organizacións cidadás, de usuarios, profesionais, sindicais, políticas, ONGs, concellos, grupos parlamentarios, movementos sociais, pequenos empresarios, etc., superando e aparcando as lexítimas discrepancias políticas ou ideolóxicas.

Consideramos que o primeiro paso debería se runa Gran Convención para elaborar un Manifesto en Defensa dos Servizos Sociais Públicos, definir uns obxectivos e unha estratexia consensuados e aprobar un calendario de grandes mobilizacións. Non queda moito tempo.

Manuel Martin Garcia
mmargar1951@gmail.com
mobil 669704177

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
26 de setembro de 2013 23:51

______________

Reflexións, ... Por Juan Carlos Monedero - Interesante vídeo


Juan Carlos Monedero
, foi profesor universitario en Berlín, Londres, Medellín, México e Venezuela. Actualmente, imparte clases de Ciencias Políticas e Sociología na Universidade Complutense de Madrid. Foi responsable de formación do Centro Internacional Miranda de Caracas e asesor do goberno de Venezuela. En 2010 foi relator central na conmemoración do Día Internacional da Democracia na asemblea xeral de Nacións Unidas en Nova York. Nesta entrevista, o director do departamento de sociedade civil global do Instituto Complutense de Estudos Internacionais, aborda temas como o proceso constituiente, as recentes protestas brasileiras e a necesidade de reapropiarse da linguaxe. Juan Carlos Monedero tamén participa no faladoiro político A Tuerka (Canle 33), no diario madrileño Público e atende o blog www.comiendotierra.es.


Reflexións - Juan Carlos Monedero por attactv

____________________

Esquerda Unida pide a convocatoria do Consello da Veciñanza así como que se activen todos os mecanismos institucionais que garanten o acceso á información e toma de decisións participadas no desenvolvemento e seguimento do plan Urban

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA ESIXE A CONVOCATORIA DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO PLAN URBAN E DO CONSELLO DA VECIÑANZA
O GRUPO MUNICIPAL DENUNCIA QUE SOLICITOU REUNIRSE COA OFICINA TÉCNICA DO PLAN URBAN SEN RECIBIR RESPOSTA DO CONCELLEIRO LANGTRY.
JAVIER GALÁN CONSIDERA QUE O ALCALDE MESTURA DELIBERADAMENTE MANTEMENTO ORDINARIO CON OBRAS DO URBAN PARA AUTOBOMBO E PROPAGANDA DO SEU PLAN DE BARRIOS.

O grupo municipal de Esquerda Unida, favorable como é ao desenvolvemento do plan Urban e, polo tanto, á implementación dun plan de mobilidade para (entre outros) o barrio da Magdalena que inclúa a peonalización, esixe do goberno municipal que proceda consonte coa normativa comunitaria e informe exhaustivamente ao órgano de participación das medidas que está a tomar. O plan Urban, ao contrario do que pensa o goberno municipal non é un plan de obras e , tamén por contra do que se cren, obriga a compartir a toma de decisións coa cidadanía, e non darlle un uso interesado que pretenda suplir as carencias do programa político que está a aplicar o partido popular en Ferrol: nula preocupación polo emprego, desprezo á veciñanza, servizos sociais ineficaces.

Resulta obsceno politicamente, que un proxecto comunitario sexa empregado polo goberno municipal para convocar aos medios de comunicación e presentalo como propio sen rubor nin escrúpulos, ademais de unha indecencia política é un acto irresponsable que pon en perigo a subvención mesma do Urban, xa que o requisito de participación veciñal e esencial para o seu desenvolvemento.

Por outra banda, EU permanecerá vixiante a que o plan de mobilidade non sexa outro engano, e que pola porta de atrás se introduzan elementos de distorsión para favorecer a empresas amigas, como moito nos tememos que vai acontecer co parking da Praza de Armas. O obxectivo de EU dunha cidade consolidada pasa pola necesaria rehabilitación de Ferrol Vello, Canido e A Magdalena, pero non só a través do Urban coa rexeneración de rúas e a potenciación do comercio, senón por un proxecto ambicioso de rehabilitación de vivendas, a través de compra de inmobles, fomento do emprego cooperativo na súa rehabilitación e usos públicos e sociais da inxente cantidade de edificios abandonados.

Ferrol 18 de setembro de 2013.

Grupo Municipal de Esquerda Unida

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
27 de setembro de 2013 14:13

Bo día. Remitimos a nota de prensa do grupo municipal de Esquerda Unida pola que pedimos a convocatoria do Consello da Veciñanza así como que se activen todos os mecanismos institucionais que garanten o acceso á información e toma de decisións participadas no desenvolvemento e seguimento do plan Urban. Xuntamos o documento completo. Grazas. Saúdos, Jorge Suárez Secretario de Comunicación CPL- Esquerda Unida.

_________________

Declaración polo Día da non violencia, ... Polo Seminario Galego de Educación para a Paz


DÍA DA NON VIOLENCIA, 2 DE OUTUBRO
DECLARACIÓN INSTITUCIONAL POLO DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA

Mércores, 2 de Outubro de 2013

Con motivo da conmemoración, o vindeiro Mércores, 2 de Outubro, do DIA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA, proclamado por Nacións Unidas, no aniversario do nacemento de Mahatma Gandhi, e co obxecto de chamar a atención das persoas, institucións, organizacións non gobernamentais, sociedade civil en xeral e, particularmente, dos centros educativos, sobre o valor da nonviolencia, da paz, do diálogo e da negociación, como instrumentos para abordar a resolución pacífica dos conflitos e a mellora da convivencia, o Seminario Galego de Educación para a Paz, fai tamén un chamamento ás forzas políticas parlamentarias galegas para que atopen vías de entendemento e concordia sobre as violencias que existen na sociedade que estamos a vivir e sobre a súa prevención e erradicación.

Ningunha acción violenta, directa, estrutural ou cultural, pode estar xustificada nunha sociedade democrática. A violencia, en ningunha das súas formas, pode admitirse nun estado de dereito como método para acadar obxectivos políticos, sociais ou culturais. A non violencia activa, a desobediencia civil, a obxección de conciencia ou a insubmisión pacífica fronte a leis ou políticas inxustas están lexitimadas e deben ser contempladas no ordenamento xurídico nunha sociedade autenticamente democrática e avanzada. Porque a non violencia é moito máis que non ser violentos, é buscar e promover alternativas para reducir o sufrimento e o dano entre os seres humanos.

Polo mesmo, a apoloxía da violencia, en calquera das súas formas, por acción ou omisión, do franquismo, do fascismo, do nazismo, do terrorismo, do belicismo, da desigualdade, do sexismo,  do racismo, da xenofobia, non son aceptables nunha formación política democrática e, en consecuencia, non poden ser amparadas nin toleradas, polo que deberan ser perseguidas de oficio.

De acordo coa Resolución A/RES/61/271, da Asemblea Xeral do 15 de Xuño de 2007, das Nacións Unidas, debemos reafirmar hoxe a relevancia universal do principio da non violencia e promover tódolos esforzos, individuais e colectivos, para construír unha Cultura de Paz, tolerancia e comprensión entre os pobos.

Por último, o Seminario Galego de Educación para a Paz reitera o chamamento para que o Relatorio Conxunto do Parlamento Galego co fin de aprobar unha Lei de Fomento da Cultura da Paz de Galicia, constituída oficialmente na anterior lexislatura, se faga efectiva no actual período de sesións, e como proba inequívoca de que as forzas políticas parlamentarias galegas comparten principios e obxectivos en materia de paz e non violencia.
 
Seminario Galego de Educación para a Paz
FUNDACIÓN CULTURA DE PAZ
www.sgep.org
Tfno: 981-554053

Enviado por:
Educación e Paz
-paz@sgep.org-
27 de setembro de 2013 17:55

_________________________