Apuntar os retos e límites do municipalismo non impide recoñecer a enorme potencia democratizante da aposta municipalista. O proceso de revolución democrática xa en curso require das súas propias pancas e motores de movemento. A cuestión municipal, como ao longo do século XIX, pode xogar un papel relevante. O que segue son apenas unhas notas, que sen renunciar a un certo utopismo, apuntan algúns elementos da estratexia e os contidos posíbeis para reconstruír as bases da democracia local.
1.- Tomar os concellos non para xestionar e representar, senón para facer política e democracia.
Os vellos anarquistas, os mesmos que inspiraron a idea dos municipios libres, distinguiron entre “a arte de gobernar” e a “política”. O primeira era a disciplina e a práctica orientada á conservación do poder por unha clase específica. A segunda consistía no exercicio colectivo que empurraba a transformación.
O maior límite do municipalismo está en recoñecerse unicamente como exercicio de bo goberno. Honestidade, compromiso, responsabilidade serán seguramente algunhas das palabras que máis se repetirán. Palabras importantes pero que moi pronto quedarán reducidas ás súas acepcións máis estreitas, cando non a un uso claramente cínico, se non afrontan o feito de que as marxes da democracia municipal, polo menos baixo as súas actuais condicións, son máis ben pequenas.
Por iso, tomar os concellos implica ante todo transformalos, supón aceptar o reto da revolución política, e por riba fortes doses de insumisión ao actual ordenamento institucional.
Neste terro, resulta imprescindíbel reclamar, e logo impor:
(a) Unha auditoría da débeda municipal. As altas taxas de endebedamento restrinxen de forma severa, por veces total, as marxes de actuación dos concellos. É preciso determinar as condicións nas que se xerou a débeda municipal, quen son os seus responsábeis, a que proxectos responde e segundo que cálculo de necesidades. Este proceso debera conducir a determinar que débedas son lexítimas e cales ilexítimas, isto é, aquelas que definitivamente non se van pagar. Igualmente debera verificarse quen son os responsábeis de tales débedeas, tanto na clase política como entre empresarios e financeiros.2.- Os concellos democráticos como experimento dunha nova institucionalidade democrática.
(b) A recuperación dos bens públicos e comúns expropiados en forma de vendas, externacionalizacións e partenariados público-privados. De xeito parecido ao que ocorre coas facendas locais, é preciso revisar e avaliar a previas xestión dos bens e servizos municipais, recuperar todos os que poden ser xestionados de forma cooperativa e/ou directa e esixir responsabilidades por aqueles nos que a xestión pudera ter sido fraudulenta e despilfarradora.
(c) A denuncia da connivencia da vella clase política coas oligarquías locais, ancoradas fundamentalmente no sector da construción, o turismo e as finanzas – (antigas) caixas de aforro especialmente-. Ante todo, é preciso romper o pacto de silencio que fai que toda nova lexislatura comece co acordo implícito de non sacar os trapos suxos da anterior.
O principio de autonomía municipal ten sido sometido a un dobre proceso de anulación. Legal, en primeira instancia: a reforma prevista reduce a soberanía e as competencias municipais a uns límites estreitos, para os que non se dispón ademais de financiación suficiente. Pero tamén económica: o que resta da autonomía municipal quedou subordinada a unha política orientada estruturalmente ao desenvolvemento inmobiliario.
Calquera política que se propoña reinventar a democracia local ten que considerarse un proxecto de mudanza institucional. A “cuestión municipal”, que no século XIX percorreu as loitas pola democracia en todo o Estado, volve así ocupar o centro da cuestión democrática.
Aquí algunhas medidas que se consideran imprescindíbeis:
(a) Imposición de plenos abertos, total transparencia das decisións e tribunais cidadáns de contas públicas. Ningunha decisión poderá pasar sen a súa correspondente publicidade. Os plenos será públicos e as súas actas convintemente dadas a coñecer por medios telemáticos verificábeis. Todos os actos e decisións dos responsábeis políticos terán que ser públicos. De igual modo, deberán ser sometidos a control cidadán os obxectivos e resultados das súas decisións.3.- Federalismo ou morte.
(b) Control estrito dos representantes electos e redución ao mínimo de aqueles que non resulten estritamente necesarios. Liquidación dos cargos de confianza. O goberno municipal debe quedar reducido á mera administración e a decisión política convertida nun exercicio público, colectivo e democrático.
(c) Elección directa de alcaldes e representantes sobre unidades mínimas de poboación que non superen os 10.000-15.000 electores, de tal xeito que se poda facer efectiva a realidade dunha democracia de cercanía. Nas poboacións de maior tamaño establecerase a elección de cargos a nivel de barrio e distrito.
(d) Instauración de mecanismos de decisión e elección directa sobre os principais ámbitos de competencia municipal. Os “procesos participativos” tenderon a converter os procesos plebiscitarios e as asembleas municipais nunha mera operación de lexitimación da gobernanza. Así, por exemplo, uns “orzamentos participativos”, ou mellor discutidos e decididos entre a cidadanía, non se corresponden coa estimación dunha porcentaxe mínima do orzamento (normalmente o 5%) que se abre a un proceso aparente de decisión directa. Antes ben, trátase de que os principais ámbitos de decisión sexan sometidos a decisión pública e democrática.
(e) Implementación de sistemas de decisión onde se inclúa a posibilidade de participación individual e colectiva por medios tanto analóxicos como dixitais. Trátase de adoptar sistemas que permitan un monitoreo permanente da toma de decisións así como a vinculación das decisións políticas a novos modelos de deliberación e mandato por parte da sociedade.
As mudanzas nun único municipio, por profundas que sexan, corren o risco de fundaren unha pequenísima illa ameazada de ser engulida por un océano institucional, político e económico obediente a outras lóxicas. A posibilidade de que o municipais sirva á transformación democrática reside na súa capacidade para compoñer un proceso amplo e expansivo de cambio político. A súa forza reside non só na condición exemplarizante de cada experiencia, senón na súa articulación como “movemento (contra) institucional” capaz de producir transformacións nas estruturas políticas.
A negociación da débeda, o fortalecemento da autonomía municipal, a recuperación da democracia local dependen da federación desas experiencias municipalistas nun suxeito político e institucional con capacidade ofensiva.
Algunhas liñas que apuntan nesta transformación institucional son:
(a) A promoción dunha nova lei municipal que recoñeza en toda a súa amplitude o principio de autonomía municipal e a descentralización de todas as competencias que sexa posíbel desenvolver a escala municipal.Deste xeito, o ámbito de decisión central e primeiro tenderá a ser o municipal, sendo só competencia de ámbitos superiores aqueles servizos e decisións que non sexa posíbel resolver a escala dos municipios. A nova arquitectura institucional poderíase así comprender coma unha vasta federación de municipios, nos que os órganos centralizados de decisión estarán sempre sometidos a control e supervisión municipal.
Igualmente deberá quedar establecida e garantido financiamento suficiente para o desenvolvemento dos servizos e competencias municipais, sen prexuízo da equidade e do necesario reparto da riqueza territorial.
(b) O recoñecemento do principio de subsidiariedade alá onde se poda. Trátase de conseguir que os niveis administrativos superiores ao municipio queden supeditados á decisión dos propios municipios, de tal xeito que a liña de mando e estruturación da administración se constrúa de abaixo arriba e non de arriba a a abaixo.
Entre as federacións de municipios que compoñan as rexións e os Estados existirá un compromiso de reparto e equidade no acceso aos servizos e os dereitos que deberán ser garantidos polos niveis de goberno superiores.
4.- Por unha economía democrática de base municipal.
O municipalismo libertario entendeu o municipio como a unidade mínima da organización económica, o seu proxecto resumíase na comunalización (municipalización) das estruturas inmediatas de produción e distribución. O desenvolvemento do sistema mundo capitalista fixo cada vez máis utópicos os proxectos de economía democrática de base local: sinxelamente as unidades económicas mínimas xa non coinciden con territorios discretos e relativamente autosuficientes. No marco da cadea de produción globalizada, as estruturas de produción son cada vez menos recoñecíbeis en unidades territoriais pequenas. Non obstante, son moitas as actividades e servizos que se poden desenvolver a escala municipal e que poden ser a base para unha transformación económica proporcións maiores. Os dous principios da da economía municipal que poden servir de panca para o desenvolvemento desta nova economía democrática son a recuperación dos bens públicos como bens comúns e o desenvolvemento dun tecido empresarial de matriz cooperativa que se encargue da súa xestión.
Para iso sería preciso impulsar:
(a) O recoñecemento legal, garantía, mellora e ampliación dos bens público-comúns. Incluiranse neste capítulo todos os bens recursos de propiedade municipal, que salvo en contadas ocasións que o xustifiquen, pasarán a ser bens de dominio público baixo xestión municipal ou cooperativa. Estes bens deberán incluír desde os actuais bens demaniais (montes de utilidade pública, ribeiras de ríos, lagos costas, mar, etc…) até o solo, as infraestruturas e os servizos de propiedade municipal.5.- O municipalismo é ante todo movemento.
Tales bens serán inalienábeis e intransferíbeis, propiedade común das xentes de cada municipio. Os gobernos locais só terán un control limitado a determinados aspectos da súa administración e regulación, non sendo de propiedade municipal, senón pública e común.
(b) O desenvolvemento dun tecido empresarial municipal de xestión cooperativa e baixo estrito control cidadán. Os recursos agora xestionados polas empresas municipais (como a auga, os sistemas de transporte, as infraestruturas), en tanto pasen a ser bens público-comúns, poderán ser xestionados por empresas de matriz cooperativa, resultado da organización produtiva dos habitantes de cada municipio. Os contratos destas empresas con municipio deberán ser obxecto de vixilancia e regulación cidadá.
As bases que constituirán a xestión cooperativa do tecido económico do municipio son: a equidade nas condicións de traballo, a democracia interna, o principio de cooperación e de igualdade de xénero, así como o respecto dos equilibrios medioambientais e das relacións de interdependencia humana.
O dilema de toda democracia parece concentrarse en que esta non pode quedar reducida á súa forma institucional. Ou a democracia é verquida fora de si mesma, nunha vida rica e prolixa, ou tende a dexenerar nunha sorte de formalismo xurídico que a ninguén importa.
As revolucións políticas, ao igual que case todos os procesos de democratización, teñen sido sempre resultados de movementos masivos.
Estes non só serviron de vehículo para demandas democráticas senón que en moitas ocasións trouxeron consigo experimentos prácticos de nova democracia.
En demasiadas ocasións, non obstante, cando estes movementos chegaron a tomar posicións de gobernos acabaron por asimilarse ás institucións. Así, ao incorporarse ás estruturas de poder, os movementos democráticos tenderon a perder a súa autonomía, e o que é peor, a identificar a democracia coa súa propia integración nas institucións. Isto é o que en boa medida lle sucedeu ao movementos veciñais no período dos “concellos democráticos”. A asimilación institucional dos seus cadros e o recoñecemento das súas demandas acabou por baleirar as asociacións de veciños.
Lentamente estas foron languidecendo até quedar reducidas a un mero recordo do que foron. Por iso o municipalismo, e a democracia local, ao requerir dunha renovación constante da crítica, os obxectivos, as prácticas democráticas e os procesos de autoorganización á marxe das institucions, teñen que dispoñer dos medios e das garantías que fan da democracia local algo moito máis amplo e inaprensíbel que a vida institucional e o goberno local.
Algúns principios fundamentais poden ser:
(a) O respecto e a promoción dos espazos de autoxestión e de xestión cidadán directa. Estes espazos deberán ser recoñecidos e considerados como lugares necesarios para o exercicio democrático á marxe dos gobernos locais.Plubicado en Somos Ninguén. | 03.08.2014
(b) A estricta relación da política de subvencións e axudas pecuniarias a asociacións e colectivos. Trátase de desmantelar o vello clientelismo que sostivo aos gobernos locais pero sen sustituilo por outro novo.
Deste xeito, aínda que os bens e os recursos municipais estarán sempre abertos ao uso cidadán, as axudas e subvencións monetarias serán reducidas ao mínimo. Estas deberán estar sempre xustificadas e discutidas democráticamente. Trátase de artellar unha xestión verdadeiramente colectiva dunha riqueza municipal que tenderá a ser maior a medida que aumenten os recursos municipais (tanto monetarios como físicos) e o patrimonio público-común.
(c) O estabelecemento de canles e medios de comunicación comunitarios, completamente abertos á cidadanía sen supervisión e control dos representantes electos.
_____________