domingo, febreiro 07, 2016

A velutina avanza- A praga da avespa asiática afecta xa máis da metade dos concellos galegos


A avespa asiática esténdese sen remedio por toda Galicia e alcanza xa, segundo os últimos datos actualizados da Consellería de Medio Rural, máis da metade dos concellos. Nun total de 160 municipios foron detectados niños da vespa velutina, cen localidades máis que hai ano e medio e uns sesenta máis que seis meses atrás. Son, malia todo, unhas cifras moi optimistas ao basearse tan só nas denuncias que chegan á Xunta e non incluír outras moitas localidades onde tamén se detectaron enxames que non foron comunicados.
A praga é especialmente agresiva na Mariña, o Ortegal, Ferrolterra, Eume e o Baixo Miño
Así o aclaran os expertos e a Asociación Apícola Galega (AGA), que aseguran que mesmo na provincia interior de Ourense é habitual xa ver niños de avespa asiática en varias localidades, aínda que tan só sete delas estarían afectadas pola praga segundo os datos actualizados por Medio Rural a finais de 2015. Especialmente grave é a situación, no entanto, nas comarcas da Mariña, o Ortegal, boa parte de Ferrolterra, Eume e a área da Coruña, ademais do Baixo Miño e a zona de Vigo en Pontevedra. Nesta provincia, tan só doce dos seus 62 concellos non contarían coa presenza de niños de velutina, mentres que na da Coruña un total de 82 dos seus 93 concellos estarían afectados.

Segundo informara Belén do Campo, directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, ata o pasado mes de novembro máis de 3.200 niños de avespa asiática foran retirados pola Xunta en 2015, unha minoría do total tendo en conta os eliminados polos municipios, polos propios veciños ou por empresas particulares, os que ninguén foi quen de alcanzar por estar a demasiada altura -ata 50 metros- ou todos aqueles que nin sequera se localizaron. Só con cen trampas adicionais que Medio Rural levou ás zonas máis afectadas recolléronse preto de 80.000 avespas asiáticas neste 2015. A media de avisos diarios á Xunta alertando da presenza de niños non baixa de 24.
A avespa asiática afecta especialmente as abellas pero crea graves prexuízos no sector froiteiro e forestal, ademais de inseguridade cidadá
E a problemática apunta a ser maior coa chegada da primavera e logo dun outono pouco frío. É unha praga que non se detén desde que en 2012 se avistasen os primeiros exemplares desta avéspora asiática. Unha especie que provoca a redución da biodiversidade -nomeadamente pola afectación nas abellas-, causa serios prexuízos económicos no sector apícola e froiteiro e crea riscos de picaduras en traballos forestais, así como inseguridade cidadá.
A plataforma de concellos afectados insiste en "máis medios, coordinación e persoal cualificado" para loitar contra a praga
Máis de 40 concellos moi afectados, AGA e representantes doutros sectores que sofren as consecuencias uníronse nunha plataforma que censurou a "inacción" da Xunta e reclamou unha serie de medidas urxentes baseadas en máis medios e na coordinación entre municipios e Xunta. Manuel Varela, un dos impulsores do colectivo e concelleiro de Medio Ambiente en San Sadurniño, insiste na necesidade na "coordinación" comarcal e da implicación do Executivo autonómico para supervisar os traballos para "reducir niños, achegar material e facer campañas informativas". Máis aínda agora e antes de que chegue a primavera. "De pouco serve que un concello faga as cousas ben se ao lado hai outro que non as fai e tamén está afectado polos niños", explica quen insiste na necesidade de "persoal cualificado e con preparación" para, por exemplo, atopar e identificar os enxames, unha das tarefas fundamentais e máis complexa.
Alternativa dos Veciños destina parte dos fondos que lle asigna a Deputación a facer campaña informativa sobre a ameaza da avespa asiática
Desde a Deputación da Coruña, por exemplo, traballouse nunha serie de axudas para achegar material aos concellos, que xa poden pedir subvencións para a compra de traxes especiais e pértegas, e traballa agora na coordinación coa Xunta para formar grupos comarcais destinados á extinción dos niños. Fora Alternativa dos Veciños quen presentara no pleno provincial unha moción para que o organismo colaborase na erradicación desta especie invasora.

Agora, o partido representado na Deputación polo seu presidente e alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, decidiu destinar parte dos fondos que a institución provincial lle asigna mensualmente a cada grupo para a súa actividade política e social a levar a cabo unha campaña informativa sobre a ameaza da avespa velutina. Inclúe anuncios en radio e valados publicitarios.

Reportaxe de Miguel Pardo publicado en Praza Pública | @depunteirolo | Xoves 7, Xaneiro 2016 | Tamén en elDiario.es.

Nota.- No mapa concellos afectados segundo a Consellaría do Medio Rural - Xunta de Galicia.

Información baseada na enviada por:
Comunidade Montes do Cha
-comunidade-montesdocha@hotmail.com-
6 de fevereiro de 2016 11:36

_________

venres, febreiro 05, 2016

Reganosa de Fondo: O Supremo declara ilegal a Planta de Gas do Musel, localizada na ampliación do porto de Xixón

Localización de Reganosa na Ría de Ferrol

Localización da planta do Musel na ampliación do Porto de Xixón
e tanques da mesma planta regasificadora de Enagas

O Supremo declara ilegal a Planta de Gas de Xixón


O Tribunal Supremo acaba de declarar ilegal -como a Reganosa- a localización da Planta de Gas do Musel (Xixón), por estar situada -como Reganosa- a menos de 2.000 metros de núcleos de poboación, incumprindo por tanto o RAMINP (Regulamento de Actividades Molestas Insalubres Nocivas e Perigosas), normativa vixente no momento do inicio do Expediente de Construción.

A denuncia foi promovida polos Verdes de Asturias/EQUO en 2009 e tivo sentenza favorable do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid que foi recorrida polo Ministerio de Industria e ENAGÁS pero que agora ratifica o Supremo.

Construída por ENAGAS cun investimento de 382 millóns de euros nunca entrou en servizo, nin hai perspectivas, por non considerala necesaria o Sistema Gasístico.

A pesar diso leva percibidos desde 2012, 125 millóns dos fondos públicos cos que o  sistema (a través das peaxes do gas que pagan os consumidores) retribúe á planta asturiana os seus custos financeiros e os do seu mantemento.

Outro disparate e outro fraude como o de REGANOSA, tamén ilegal, tamén perigosa (con distancias aínda máis reducidas á poboación e o risco engadido do tráfico de gaseiros na ría) e tamén innecesaria e tamén un gravame para o recibo dos consumidores polas retribucións do sistema gasístico.

O QUE DI ESTA SENTENZA:

"... resulta aplicable en todos aqueles casos nos que o procedemento de autorización desta clase de instalacións iniciouse antes da entrada en vigor dunha Lei autonómica que excluíse a súa aplicación no territorio de que se trate, aínda que a resolución de autorización e declaración de utilidade pública produciuse xa baixo a vixencia desa Lei, o que concorre neste suposto, primeiro coa autorización administrativa previa de 2008 e logo, coa definitiva, de 2010".

REGANOSA iniciou o trámite ou solicitude para construír unha regasificadora na ría de FERROL en Marzo de 1.999.  O RAMINP derrógase en Galicia o 2007 Oito anos despois !

Polo tanto, o mesmo Tribunal e a mesma Sala, emitiu no caso de Reganosa unha sentenza distinta, desestimando o que agora admite no caso de Xixón, a pesar da maior diferenza temporal e da maior gravidade e proximidade a poboación da Planta de Mugardos.

Cuestión que pode considerar o Tribunal nas próximas sentenzas pendentes de emitir, relativas á Autorización Administrativa Previa e á Autorización de Construción. Sería de Xustiza.

Parabéns a cidadanía de Xixón e

¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA !

---
A nova nos medios e outros enlaces:

* O Supremo confirma a ilegalidade da obra da regasificadora do Musel, ...  por José Simal. | Valida a prohibición de que se construíse a menos de 2.000 metros dun núcleo de poboación. | O Ministerio de Industria ten tres meses para executar o fallo, que levaría parello a demolición da instalación, ou explicar por que non o fai. | Xornal El Comercio - Asturias. 02.03.2016 | Ir a Web.

* O Tribunal Supremo ratifica a sentenza que declarou ilegal a regasificadora. | M. C. | O futuro da regasificadora do Musel está no aire despois de que a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo ratifique que a súa construción foi ilegal, ao estar a menos de dous quilómetros de núcleos habitados, tal como esixía a normativa vixente cando comezou a tramitarse o expediente para autorizar a planta. | Xornal La Nueva España 02.03.2016 |Ir a Web.

* Tras ratificar o Supremo a ilegalidade da regasificadora de Enagás. | Enagás volverá pedir permiso para legalizar El Musel. | O litixio, instado polos Verdes de Asturias, terminou no Supremo. | O Alto Tribunal ratifica que as autorizacións incumpriron no seu día un antigo regulamento. | O regulamento xa foi derrogado. | Carmen Monforte. Madrid. 03.03.2016 | Ir a Web.

* ¡Conseguido! O tribunal supremo confirma que a regasificadora do Musel é ilegal. | EQUO Asturias | El alto tribunal confirma a sentenza do Tribunal Superior de Madrid e declara que a regasificadora de Xixón construíu-se vulnerando a lei. Esta regasificadora que custou máis de 380 millóns de euros e na que aínda durante o ano 2015 se estiveron dilapidando millóns de euros ao conectala co gasoduto estatal, é ilegal ademais de inútil. | 03.03.2016 | Ir a Web.

>>> Consultar Sentenza do TS sobre a Planta Regasificadora de El Musel de 29 de Febreiro de 2016, 32 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

--
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
4 de março de 2016 17:36

________________

Mañán sábado 6 de Febreiro lembramos a Carmelo e Vitoria, e a todos os que nos deixaron desde que comezou a loita contra o desproposito gassista de Reganosa


Ás 12 do mediodía, deste sábado 6 de Febreiro de 2016, lembraremos a Carmelo e Vitoria, e a todos os que nos deixaron desde que comezou a loita contra o despropósito gasista de Reganosa,  loita mantida nos últimos anos en defensa da Ría e da vida, contra a ameaza permanente da Planta de Gas.

O 5 de Febreiro de 2008, ugrupo de persoas convocadas polo CCE, íamos a unha nova cacerolada de protesta pola entrada dun novo gaseiro na Ría, cando nos chegou a nova da morte de Carmelo. O vento do nordés non permitiu que atracara en Reganosa. O último alento de Carmelo xuntouse ao nordés para demostrar unha vez mais a loucura e sinrazón da localización de REGANOSA no medio dunha Ría onde se pon en perigo a vida de miles de persoas e a riqueza marisqueira. Seguimos contando co teu alento Carmelo, Vitoria, José, Tito, Tino, ... Luis.

Cúmprese o VIII Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Con este motivo, o CCE convoca, a toda a cidadanía, a celebrar un acto na súa lembranza e na da súa compañeira Victoria Fernández Paredes (falecida o 8 de novembro do 2013).

O Acto, que consistirá nunha ofrenda floral e intervencións poético musicais, terá lugar o citado sábado no Parque que leva o seu nome "Carmelo Teixeiro" de Caranza.

Moi interesante vídeo sobre a construción da ilegal e perigosa planta de gas de Reganosa:
Ferrol polo mar e pola vida.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


_______

Por+Vida fai un chamamento no Día Mundial da Loita contra o Cancro; " Unha terceira parte da poboación do estado padecerá cancro algunha vez na súa vida"


POR+VIDA
Sobre o 4 de febreiro
DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA O CANCRO


Este xoves 4 de febreiro foi o Día Mundial da Loita contra o Cancro. E nós coma todos os anos, dende a fundación desta asociación no 2011, queremos chamar a atención aproveitando esta data na que os medios e a cidadanía poñen unha especial énfase. Para nós todos os días do ano son de loita contra esta enfermidade onde temos que aprender a vivir coa mesma e concienciar a sociedade pois todas as persoas son vítimas potenciais. E dicimos isto cos datos publicados pola Sociedade España de oncoloxía médica (SEOM) onde nos contan que unha terceira parte da poboación do estado padecerá cancro algunha vez na súa vida, na que agardan un 246.713 novas diagnoses, un 12,6 por cen máis que no 2012. Estas cifras xustifícanse polo aumento do envellecemento na poboación pola exposición de factores medio ambientais e a eficacia das técnicas de diagnose.

Os cancros máis habituales coas cifras do ano 2012 foron os colorrectais (14,98 %) que afectaron a ambos sexos, seguidos do de próstata (12,92 %), pulmón (12,39 %), mama (11,7 %) e vexiga (6,4 %).

Considera o SEOM ao cancro como un problema sanitario de primeira orde pois constitúe un dos principais motivos de ingreso hospitalario e a segunda causa de morte despois das enfermidades do aparato circulatorio.

Nós tomamos as recomendacións médicas e a experiencia para difundir e mellorar a as nosas vidas e as da cidadanía con hábitos saudables (comer sano, non fumar, práctica de actividade física constante adaptada as necesidades e a natureza de cada persoa), realización de probas de control e detección precoz desta enfermidade que poden atallar antes e dun xeito efectivo a enfermidade antes de que chegue a un estado avanzado.

Tampouco imos deixar escapar a oportunidade de volver a lembrar as nosas reivindicacións e peticións urxentes ante o tema sanitario que nos afecta:

  • Políticas de prevención eficaz que inclúan a educación para a saúde.
  • Unha atención integral e multidisciplinar aos enfermos, a dotación dos recursos humanos e materiais suficientes para ser tratados coa dignidade á que temos dereitos como pacientes.
  • A eliminación dos copagos sanitarios e a dispensación dos tratamentos recomendados polos oncólogos sen inxerencias dos cargos político-administrativos.
  • Aquí denunciamos as restricións do uso de fármacos oncolóxicos e a falla de transparencia da Administración Sanitaria Galega ao respecto.enormes retrasos con que a Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios aproba o financiamento dos novos fármacos, despois de seren autorizados pola Unión Europea (no caso do TDM1 foi de 600 días, cando a UE recomenda un máximo de 180 días), e os enormes retrasos con que a Comisión de Farmacoterapia de Galicia os reaproba na nosa Comunidade despois de ser autorizados polo Ministerio de Sanidade (aproximadamente 2 anos no uso ampliado da Abiraterona). Isto implica que moitos enfermos galegos morrerán sen poder beneficiarse destes tratamentos, máis investimentos en investigación;
  • Non esquecemos as nenas e nenos enfermos de cancro que teñen dereito a máis apoio educativo.

Iniciamos esta semana coa difusión nas redes sociais de imaxes coas nosas mensaxes. Hoxe faremos un reparto de froita no concello de Fene á xente moza onde queremos transmitir os hábitos saudables da comida.

Un saúdo,
--
por + vida
Asociación oncohematolóxica
pormaisvida2011@gmail.com
pormaisvida2011.blogspot.com

Enviado por:
Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA
-pormaisvida2011@gmail.com-
3 de fevereiro de 2016 16:30
_____________

Charla "Anteproxecto da Lei de Acuicultura e Contaminación Mariña da Ria de Ferrol", con a eurodiputada Lidia Senra e o parlamentario Juan Fajardo, este sábado 6 de febreiro, ás 11:30 hora


Charla "Anteproxecto da Lei de Acuicultura e Contaminación Mariña  da ria de Ferrol".

A A. C. Fuco Buxán en nome dun grupo de mariscadores de Ferrolterra convoca a unha charla organizada para o vindeiro sábado día 6 de febreiro, ás 11:30 horas da mañá, na Galería Sargadelos de Ferrol, sobre o Anteproxecto da Lei de Acuicultura e Contaminación Mariña da ria de Ferrol, unha charla na que interviràn a eurodeputada Lidia Senra e o parlamentario autonómico Juan Fajardo.

Asociación Cultural Fuco Buxán: Dirección: Rúa Armada Española, 32 baixo - 15406 - Ferrol (A Coruña) Apartado Correos: 240 - C.P. 15400 - Ferrol Telefono: 981325492 Email:  fucobuxan@gmail.com Visita a nosa web: www.fucobuxan.net Blog:   Pensamento Crítico http://opinionsfuco.blogspot.com.es/  Facebook http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749 Twitter: http://twitter.com/FucoBuxan Google+: https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts

Enviado por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
4 de fevereiro de 2016 01:43

_________

Mês de Entruido, na Fundaçom Artábria, com gastronomia, monicreques, música, fotografía... - Hoje sexta-feira, 5, apresentaçom da nova entidade reintegracionista de ámbito nacional, a Associaçom de Estudos Galegos


Mês de Entruido com gastronomia, monicreques, música, fotografía...


No próximo fim de semana abrimos as atividades de fevereiro na Fundaçom Artábria com a apresentaçom na sexta-feira, 5 de fevereiro, da nova entidade reintegracionista de ámbito nacional, a Associaçom de Estudos Galegos.

O ato dará início às 20.30hs e no mesmo intervirám Beatriz Bieites, professora do Departamento de Português da EOI de Compostela; Paulo Painceiras, ativista cultural na Gentalha do Pichel e impulsionador das Escolas Semente; e Maurício Castro Lopes, primeiro presidente da Fundaçom Artábria e atual professor de Português na EOI de Ferrol.

Sábado, 6 de fevereiro, decorrerá a já clássica ceia de Entruido. O preço da ementa é de 15 euros, 12 para sóci@s ou se vinheres disfarçad@, e consisitirá em: Sopa, Lacom com Grelos, pam, sobremesa de Entruido, água e vinho. O início da ceia está programado para as 22.00hs.

Haverá prémios aos melhores disfarces. Podes inscrever-te ao balcom do café-bar ou no correio-e: correiodeartabria@gmail.com

No 12 de fevereiro, sexta-feira, decorrerá o lançamento de Seique, o novo livro de Susana Sánchez Arins, editado pola Através Editora. A apresentaçom começará às 20.30h e contaremos com a presença da autora.

"Seique, é umha historia familiar. Umha micro-história da repressom. Um relato descarnado da brutalidade franquista. Contado, por umha vez, do lado da familia dos vitirmários. Sem concessom. Com toda a dureza. Com toda a dureza. seique reflexiona sobre o jeito como a história se desescreve. Sobre a violência. Sobre a repressom fascista que ficou agachada por se exercer no ámbito familiar próprio e, subretodo, contra as mulheres. E sobre a necessidade de reivindicar que quem causou tanto dano nom tem direito ao anonimato. Mesmo que seja da família de umha. Porque de nada serve o silêncio".

No dia 13 de fevereiro, sábado, às 20.30h, inauguramos a exposiçom fotográficada ferrolana Iris Cabezas "Vida e Media". Som 16 imagens cuja temática é umha linha da vida, procurando ensinar umha transiçom à voltade momentos e sentimentos.

Iris Cabezas é umha joven de 20 anos, que como diz "está comezando neste mundo" e esta é a sua primeira exposiçom. Em palavras da fotógrafa "espera que algum dia alguém veja umha fotografía dela e diga, esta chica chamava-se Iris".

A exposiçom poderá visitar-se até 11 de março em horário de abertura do Centro Social (10.30-13.30h e de 17.30 a 22.00).

Na sexta-feira 19 de fevereiro, chegará desde Compostela a companhia "Titeres Cascanueces" para nos trazer o espetáculo infantil de monicreques "O dianho na maleta". A atuaçom está marcada para as 19.00hs e a entrada éde graça.

A música chega 20 de fevereiro, sábado, da mao do músico ferrolano Jamie Fifthring, que acompanhado da sua banda, apresenta no nosso Centro Social o seu novo EP "The Pilgrimage".

O concerto será às 22.30h e a entrada é gratuita.

No domingo, 21 de fevereiro, às sócias e sócios junto a todo aquel que quiger botar umha mao temos umha cita com umha jornada de manutençom do nosso local, com o fim de arrumar as salas de reunions, biblioteca, limpar o café-bar, pintar paredes... e assim termo-lo um bocadinho mais arrumadinho. A jornada de limpeza começará por volta das 11:00hs;

Na sexta-feira 26 de fevereiro, as amigas da Associação Cultural O Beco da Língua organizam a II Luso-petiscada, com um novo obradoiro e ementa degustaçom ainda por concretizar, em que voltarám a trazer sabores da lusofonia ao Centro Social.

Fechamos as atividades do mês, sábado 27 de fevereiro, com a apresentaçom da "Proposta de aglutinaçom normativa" da AGAL. No ato intervirá o novo presidente da entidade reintegracionista, Eduardo Sanches Maragoto. O ato está marcado para as 19.00hs.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!



A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:

Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
4 de fevereiro de 2016 17:01
_____________

mércores, febreiro 03, 2016

Aylan xa non os fai chorar, ... Por Javier Gallego Crudo


Por Javier Gallego Crudo [*]
03.02.2016


Europa será a tumba dos refuxiados. Os gobernos europeos decidírono así, que sexa a tumba, o campo de concentración, humillación e conxelación. Hai 10 días, unha nai de 35 e o seu fillo de só 5 anos, morreron de frío preto de Lesbos. Este fin de semana outros 39 refuxiados, incluíndo 10 nenos, morreron afogados nun novo naufraxio ao longo da costa de Turquía. As imaxes dos seus corpos mortos na costa repítense cada semana, incesante, como unha pingueira de sangue. Están deixando-os sangrar. Non só a súa morte non conta, senón que lles desconta problemas. Cada cadáver é un refuxiado menos para se preocupar. Cada neno morto, unha boca a menos para alimentar. Aylan non os fai chorar.

Axiña os líderes europeos esqueceron as súas bágoas de crocodilo polo neno sirio que se afogou, como unha boneca de pano, nas costas de Europa. Axiña comprobouse que as súas promesas de axuda, eran simplemente unha foto para calmar a alarma social. Nós tragámolo coa mesma facilidade con que o mar engole refuxiados. Non só o esqueceron e decidiron que eles non van facer nada sobre isto, é peor: eles tamén comezaron a perseguir os cidadáns, os voluntarios e organizacións que tentan axudar aos náufragos, a Europa está estudando acusalas de complicidade coa mafia. Europa quere cargar coa culpa, a quen lle está a quitar o morto de enriba.

Non queren nin iso. Quérenos mortos para non ter que preocuparse, e o que non queren é que a axuda da xente os poña en evidencia, que poña en evidencia que 309 persoas perderon a vida no mar só en xaneiro, e 3.700 afogaron no 2015. Morren coma chinches, que é o que son para Europa, un problema que laia e proe. Cústame utilizar á lixeira certas palabras, pero non se pode negar o que é: é xenocidio por omisión de socorro. Non é só unha inmoralidade humana, tamén é ilegal. Se tamén perseguen aos que dan axuda, deberiamos chamalo, xa sen cortarse, xenocidio activo.

Ás veces hai que utilizar as palabras tabú, esas polas que te chaman demagogo populista porque os sinalas. O que fai Europa aos refuxiados é fascista, é nazi. Temos demasiado recente a Historia para esquecela. Dinamarca envíaos a campos de concentración (que eles chaman "campos de internamento", de xeito que as palabras os oculten) e confisca os seus bens para subasta-los, excepto aqueles con valor sentimental. Como se sacarlles todo non afectara aos seus sentimentos. Países Baixos, Suecia e Finlandia anunciou deportacións masivas. Europa, pel ferida polas guerras máis brutais, os crimes máis crueis e o exterminio máis atroz, repite a súa historia negra. Heil UE!

A maiores untaron a Turquía con 3.000 millóns para conter aos refuxiados, mentres ameazan a Grecia con botala para fóra do espazo Schengen, se non impide que os refuxiados acaden as súas costas, como se iso fose posible nun país de cen illas. Nada dun programa de emerxencia para deter a sangría e resolver unha crise humanitaria de proporcións demenciais. Hai que conter a praga, expulsar ás ratas e lanzalas ao mar. Agardan que o mar os trague e borre os vestixios do crime. Pero o mar cúspelles unha e outra vez as probas do crime.

Tamén a nós. Non podemos facer como os bañistas italianos que seguían tomando o sol, aínda que as ondas deixaran un cadáver na praia. Debemos mobilizarnos para apoiar aos que están mobilizados para salvar vidas. Hai que volver a moverse, como se fixo cando morreu Aylan. Non podemos facer chorar a esta Europa, pero podemos facerlles sentir vergoña e preocupación. Avergoñarse de terlle perdido a pista a 10.000 nenos refuxiados, que poden estar en mans da mafia. Unha Europa que deixa 10.000 nenos afondar no nada, é unha Europa que naufragou.

Aylan non os fai chorar. Agora é Aylan o que chora por eles.

[*] Javier Gallego Crudo. Xornalista e músico. Director do programa radiofónico Carne Cruda. No twitter.

O autor no buscador libre DuckDuckGo.

Publicado en eldiario.es. ____________________

O Parlamento Europeo aprobou hoxe unha resolución criticando a falta de compromiso da CE no desenvolvemento de políticas de igualdade - Lídia Senra insta á CE a aplicar “con urxencia” unha política “seria e coherente” en materia de igualdade


Lídia Senra
insta á CE a aplicar “con urxencia” unha política “seria e coherente” en materia de igualdade. | O Parlamento Europeo aprobou hoxe unha resolución criticando a falta de compromiso da CE no desenvolvemento de políticas de igualdade. | AGEe esixe que se realice unha revisión das actuais políticas de igualdade europeas a fin de detectar os motivos da falta de avances.


Na tarde de onte o Parlamento Europeo debateu en sesión plenaria unha pregunta oral relativa á falta de responsabilidade da Comisión Europea ao non estar desenvolvendo o Compromiso estratéxico para a igualdade de xénero 2016-2019. Dito texto, lonxe de respostar á Resolución do PE (9 de xuño 2015) que facía fincapé na necesidade de que a Comisión Europea (CE) establecera unha nova estratexia que dera continuidade á finalizada no 2015, é identificado na pregunta oral debatida hoxe como “un mero documento de traballo dos servizos da Comisión (...) nin a Comisión o adoptou nin ter valor interinstitucional algún”.

Diante deste desleixo en materia de igualdade por parte da CE, a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, co-asinante da resolución conxunta aprobada durante as votacións desta mañá en relación á denuncia feita pola citada pregunta oral, reivindicou hoxe en Estrasburgo que unha política “seria e coherente” en materia de igualdade non pode demorarse máis. “Mentras estamos permanentemente falando –recriminou-, non só non estamos revisando para nada o sesgo machista [1] co que se están aplicando as políticas actualmente, se non que nin se quera se están a desenvolver os propias estratexias acordadas”.

Segundo a enquisa realizada pola Axencia Europea para os Dereitos Fundamentais no ano 2014 sobre violencia machista na UE [2], un 33% das mulleres consultadas sufriron violencia sexual e física, o 18 % do total das mulleres da UE teñen sido obxecto de acoso a partir dos 15 anos de idade, 21 millóns indicaron ter sufrido agresións ou “incidentes” sexuais por parte dun adulto antes de cumprir os 15 anos. Trátase dunha situación gravísima, que se manifesta no día a día en que máis da metade de todas as mulleres que viven na UE teñen medo, e modifican os seus propios hábitos para evitar certos lugares ou situacións, por temor a ser vítimas de agresións físicas ou sexuais.

Fronte a esta situación, “o desleixo da Comisión Europea resulta non só indignante, senón mesmo alarmante”, denunciou a eurodeputada galega, “instamos á urxencia, isto non pode esperar”. “Demandamos un compromiso real de examinar xa as políticas existentes agora mesmo, tanto a nivel de igualdade como de prevención da violencia”, apremiou, “Que é o que está pasando para que nestes momentos esteamos en retroceso en materia de dereitos?”.

Asemade, Senra sinalou tamén claves da desigualdade económica entre homes e mulleres, e lembrou que “fai apenas uns meses [3] denunciamos xa no PE que a diferenza salarial entre mulleres e homes na UE é do 16,4 %; ademais doutras claves como que as mulleres representan so o 17,8 % dos consellos de administración das grandes empresas e empregan nas tarefas domésticas máis do triple de tempo que os homes. A que está agardando a Comisión?”.

A deputada de AGEe concluíu esixindo no Pleno do Parlamento Europeo “un compromiso inmediato de analizar de xeito urxente que é o que esta a pasar cas políticas de igualdade e prevención da violencia para que non esteamos vendo avances”.

Estrasburgo, 03 Febreiro 2016.

[1] Este aspecto foi analizado no Parlamento Europeo a través da xornada “O sesgo machista nas políticas públicas”, organizado por AGEe o pasado mes de novembro.
[2] Resumo amplo das conclusións da enquisa: http://fra.europa.eu/sites/default/files/fra-2014-vaw-survey-at-a-glance_es_0.pdf.
[3] Durante o debate sobre Aplicación do Principio de Igualdade de Oportunidades e Trato entre Homes e Mulleres (Directiva 2006/54/CE), [NdP081015AGEe] Austeridade e violencia machista, exemplo do desleixo da UE e dos Estados en materia de igualdade.

Máis información:

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
3 de fevereiro de 2016 15:16

_____________________

luns, febreiro 01, 2016

#sempreenGZ - Vídeo de interese


Unha celebración do "Sempre en Galiza", a obra máis senlleira de Daniel Rodríguez Castelao, no 70º aniversario da súa publicación. Realizado polo Consello da Cultura Galega.

#sempreenGZ é unha iniciativa para difundir a obra cumio do pensamento político de Daniel Rodríguez Castelao. Hai 72 anos, o seu libro "Sempre en Galiza" presentábase no Royal Albert Hall de Bos Aires e desde entón convertiríase nun libro senlleiro que marcaría a visión colectiva da sociedade, da cultura e da historia de Galiza.


https://youtu.be/qVZfl-6QHW4


Páxina do Consello da Cultura galega para conmemorar o 70 aniversario da publicación do "Sempre en Galiza":
http://consellodacultura.gal/sempreengz/site/index.php

Canle do Consello da Cultura Galega: Acceder.

Web oficial: http://consellodacultura.gal/ .
_____________________

"Audacia camaradas", André Abeledo, sindicalista, concelleiro en Narón por EU e militante comunista, difunde un "Chamamento para un Encontro de Marxistas"

CHAMAMENTO PARA UN ENCONTRO DE MARXISTAS

Este manifesto é ante todo un chamamento ao encontro das comunistas e os comunistas da Galiza, unha chamada o debate e a organización, un manifesto aberto, un intento de construír un espazo que sirva como punto de encontro para todas e todos, vai dirixido a aos que nos consideramos comunistas, defendemos a vixencia da loita de clases e a necesidade de que os comunistas sexamos a vangarda e a punta de lanza na loita contra o capitalismo, que é o verdadeiro inimigo da clase obreira.

Precisamos da unidade comunista para ser a ferramenta capaz de construír un futuro socialista, é necesario un gran fronte da esquerda rupturista onde os comunistas temos a obriga de ser un verdadeiro suxeito político fundamental para a clase traballadora.

Este manifesto nace das achegas de comunistas de distintos partidos e organizacións e tenta ser tan só un primeiro paso neste camiño.

Pola miña parte o subscrito e o difundo.

Saúde e Socialismo.

Audacia camaradas.

André Abeledo Fernández [*]


CHAMAMENTO PARA UN ENCONTRO DE MARXISTAS

Son tempos de incerteza para o pobo traballador galego. Na actualidade, e maila o que nos din os gobernos da burguesía, a crise económica e institucional acentúase, atizándonos con desemprego, inmigración, precariedade laboral, etcétera. A isto súmaselle o feito de que a polarización política das clases dominantes sitúa a loita obreira nun papel secundario.

Ante estas constatacións, consideramos que é de suma importancia ofrecer unha alternativa que profundice nun cambio radical do modelo de producción imperante, do capitalismo. É dicir, que a mudanza tan necesaria teña como eixe principal a Revolución Socialista, a superación da explotación humana.

Mais é certo, nas circustancias actuais as mulleres e os homes que sempre defendimos, e seguimos facéndoo, os obxetivos antes mencionados, non estamos en condicións de afirmar que estamos unidas e fortes, non existe unha independencia política e ideolóxica do proletariado, un Partido Comunista Unificado. A división do Movemento Comunista, e a súa desorientación, é unha realidade obxetiva que se nos plantexa de primeira orde para as revolucionarias e os revolucionarios.

Por todo iso, comprendendo o urxente da situación a que nos enfrontamos, chamamos a propiciar un ENCONTRO DE MARXISTAS que impulse a coordinación (nas diferentes frontes de traballo inmediato, especialmente no movemento obreiro) e o debate honesto (unha verdadeira confrontación ideolóxica que fuxa de dogmatismos), recuperando así o rearme teórico e ofrecendo espazos de traballo práctico, porque non renunciamos a nosa posición de comunistas, nin nunca o faremos. En definitiva, porque creemos con plena seguridade nun futuro digno para a clase obreira e os sectores de extracto popular.

Finalmente, convocámosvos a preparar o mais axiña posible unha ASAMBLEA ABERTA A NIVEL NACIONAL co fin de tratar todas as cuestións arriba mencionadas, avanzando nestas inaprazables tarefas para que as posicións das e dos que defendemos o marxismo e o leninismo teñan o peso suficiente e a forza que lle corresponde nas vindeiras loitas contra a oligarquía e as súas políticas de rapiña.

CONTACTO:
encontrodemarxistas@gmail.com

[*] André Abeledo Fernández, é un activista sindical, social e político de Ferrolterra. Traballador e membro do Comité de Empresa de Mercadona; e coordinador de Esquerda Unida de Narón. Contas de André no facebook e no twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
30 de janeiro de 2016 23:01
__________

venres, xaneiro 29, 2016

O lastre das herdanzas fai que a carga fiscal en Narón sexa un 26% mais alta, di Eliximos Narón


O problema dos orzamentos e que nacen con herdanzas que os volve ineficaces para corrixir a traxectoria do concello:

Unha herdanza de hipotecas bancarias, subscritas baixo gobernos de TEGA, que levamos pagando dende o pasado decenio e que seguiremos sen terminar de pagar ata o próximo decenio.

Outra herdanza en “hipotecas de servizos” xa que comparado coa media dos restantes concellos galegos con poboación entre 20.001 a 50.000 habitantes estamos a pagar:

o Un 33,3% mais na “Recollida, xestión e tratamento de residuos” (uns 607.000 euros mais). Medido en euros por habitante un 48,5% mais, 61,5 €/hab. en Narón fronte aos 41,4 €/hab. da media.

o Un 107,5% mais na “limpeza viaria” (uns 618.000 euros mais). Medido en euros por habitante un 131,2% mais, 30,2 €/hab. en Narón fronte aos 13,1 €/hab. da media. Os servizos de limpeza tamén lastran outras contas como as de:
  • o Funcionamento de centros de ensino con gastos dun 56,3% por riba da media.
  • o Instalacións deportivas con gastos un 18,8% por riba da media. Medido en euros por habitante un 132,3% mais.
  • o Xestión do patrimonio, con cifras desorbitadas.

Un total de 1.428.000 euros dos que con unha xestión directa poderíanse aforrar o 33%, e dicir, uns 470.000 euros.

Si están votando contas xa levamos un sobrecustos de 1,7 millóns de euros.

Pero hai outras herdanzas como unha mala xestión dos recurso humanos e externalización de todo tipo de traballos que ademais de ter un sobrecusto implica un perda do coñecemento e unha descoordinación de tarefas.

Si miramos como estamos a pagar isto temos que os ingresos de Narón son de 731,7 €/hab. fronte a 675,7 €/hab. (un 8,3% mais) de concellos similares, pero o peso destes ingresos e moito mais alta sobre os veciños que sobre outras fontes, xa que as tres voces mais importantes que suman o 90% dos ingresos son:

Impostos Directos, un 24,9% mais que concellos similares (314,7 fronte 232,7 €/hab.), subindo principalmente o IBI Rustico + 108,4%, o IBI Urbano +31,8%, e Incr. do Valor Terreos Natureza Urbana +64,1%

Taxas e outros ingresos, un 28,6% mais que concellos similares (188,6 fronte 135,5 €/hab.) si contamos tamén as taxas de auga e sumidoiros que van ás contas de COSMA. Transfer. correntes, un 8,8% menos que concellos similares (250,2 fronte 253,3 €/hab.). A conclusión e que os naroneses teñen unha carga fiscal por riba dun 26% mais alta que os veciños de outros concellos galegos similares.

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán 15570 Narón (A Coruña)
Telf.: 981337700 - Ext.: 1066 - Móbil: 673141822 /
E-mail: grupomixto_ene@naron.es

Grupo no facebook: https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/
Web: http://eliximos.esy.es/


Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
4 de janeiro de 2016 11:00

____________________

xoves, xaneiro 28, 2016

A eurodeputada Lídia Senra levará á Comisión Europea a decisión do goberno do PP en funcións que vén de ampliar a actividade de ENCE na Ría de Pontedeume


Lídia Senra: "É vergoñento ver ao PP apurando favores co sector privado á costa da saúde e o medioambiente". | Confírmase o denunciado polas organizacións que se entrevistaron ca CE en decembro: moitas veces o peor inimigo é a Administración. | AGEe contactará inmediatamente á Dirección Xeral de Medioambiente da Comisión Europea para informar do acontecido con ENCE.


O pasado 2 de decembro distintos colectivos e organizacións que loitan pola defensa das rías e ríos da Galiza participaron en Bruxelas nun encontro con Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) e Jose Manuel Servert, representante da Comisión Europea pertencente á unidade adicada ao seguimento de infraccións e cuestións xurídicas. Nesa xuntanza subliñouse como un dos principais axentes responsábeis da mala situación das nosas rías e ríos precisamente á propia Administración.

"Ver un goberno en funcións tomando a decisión de conceder 60 anos máis de licenza a unha fábrica contaminante é un claro exemplo de como o Partido Popular xestiona as cuestións meidoambientais actuando igual que o raposo 'coidando' das galiñas", valorou hoxe a eurodeputada de AGEe dende Bruxelas.

"O PP xa non é que non faga políticas para mellorar a calidade de vida das persoas, senón que directamente fai políticas en contra de todas e todos nós", criticou, "é vergoñento velos apurando o intercambio de favores co sector privado á costa da saúde da poboación e da riqueza da Ría".

Como trasladou no mes de decembro en Bruxelas a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR), e reiterou hoxe Senra,  "se de verdade se quere acadar o saneamento e recuperación da Ría o camiño é a eliminación definitiva de ENCE".

Aliás, se pensamos nas fontes de emprego vinculadas ao aproveitamento racional da Ría, "na actualidade está catalogada como Zona C por culpa da contaminación de ENCE, o que supón a perda de moitos postos de traballo, especialmente o das mulleres que exercen a actividade marisqueira", como nos explicaron as representantes da Agrupación de Mariscadoras a Pé da Confraría de Pescadores de San Telmo de Pontevedra, presentes tamén na xuntanza mantida ca Comisión Europea.

Lembremos ademais que esta fábrica foi construída no ano 1958 baixo ditadura franquista, expropiando forzosamente as terras e reprimíndoa forte contestación da cidadanía, unha oposición social con especial protagonismo das mulleres mariscadoras, que eran conscientes da máis que posíbel desaparición dos seus postos de traballo [1].

Dende AGEe poremos en coñecemento da Comisión Europea, a través do propio Servet, o feito de que o goberno do PP en funcións vén de ampliar a actividade desta empresa contaminante.

Bruxelas, 27 Xaneiro 2016.

[1] Libro branco de ENCE


Máis información:

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
27 de janeiro de 2016 16:43

_____________________

Podemos Galicia expresa o seu rexeitamento ao Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia por consideralo un intento flagrante de privatización das nosas rías


Podemos Galicia expresa o seu rexeitamento ao Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia por consideralo un intento flagrante de privatización das nosas rías

Podemos Galicia, a través da Secretaría do Medio Rural, quere expresar o seu rexeitamento ao Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia por consideralo un intento flagrante de privatización das nosas rías, e instamos a introducir mocións en contra da mesma nos plenos dos concellos da nosa costa.

O sector do mar de Galicia é estratéxico na economía local. O emprego directo e indirecto (empresas destinatarias dos nosos produtos, empresas provedoras de servizos e subministracións, actividades auxiliares de apoio, etc.) representa unha parte enorme e vital da economía galega. Únese a isto o valor social que adquire nos municipios costeiros pola capacidade de irradiar beneficios socioeconómicos a amplas capas da poboación, o que o converte nun mecanismo de distribución e reparto de riqueza no entorno local, que incentiva a implantación de actividades e pequenos negocios.

A baixada de cotas pesqueiras, o conflito das embarcacións do Cerco ou as distintas problemáticas relacionadas co marisqueo non son máis que diferentes patas dunha iniciativa central que é a privatización das rías galegas por parte da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

O Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia é un texto non consensuado, imposto dende a Administración co fin de implantar un sistema de cultivo industrial de peixe nas rías, aproveitando as súas características e deixando de lado ao sector pesqueiro e marisqueiro.

Para levar a cabo este proxecto é necesario desmantelar ante todo o tecido produtivo tradicional do mar. De aí os problemas que están a sufrir os mariñeiros, mariscadores e mariscadoras.

Queremos destacar que o que aquí se está a producir é un proceso de reconversión do sector do mar tan agresivo como o que se dera hai anos no sector naval. Lembremos os estaleiros e o sufrimento que todo aquelo provocou en moitas familias e démonos conta de que este contexto de crise faino aínda máis preocupante.

O problema medio ambiental que suporía a posta en vigor desta Lei non se avaliou. O tipo de industrias que permitiría son altamente contaminantes. Causan a eutrofización das zonas mariñas pola acumulación dos excrementos, do alimento non consumido, dos peixes mortos por confinamento ou enfermidade, etc., depositándose todo isto nos fondos e incrementando a concentración dos nutrientes da auga (nitróxeno e fósforo principalmente) durante a súa descomposición.

O incremento en nutrientes altera os ciclos naturais dando lugar a un descenso do osíxeno disolto que pode producir a morte de diversas especies que xa viven nestas rías. Esta eutrofización pode incrementar a presenza de dinoflaxelados nas augas, co que aumenta a probabilidade de ter mareas vermellas nas rías, máis das que estamos acostumados, producindo isto as alertas sanitarias conseguintes e a parada produtiva.

Tamén hai que ter en conta o uso de vacinas, antibióticos, funxicidas e bactericidas que se poden propagar na columna de auga, afectando iso ao resto de seres vivos que viven nas nosas augas e tamén aos usuarios das praias, co correspondente efecto no turismo.

Por si estas cousas fosen poucas, esta Lei non especifica se se poden ou non cultivar especies exóticas e incluso invasoras, o que pode producir danos irreversibles ao ecosistema mariño, dado que as especies foráneas poderían reducir e incluso aniquilar as especies naturalizadas das nosas rías. Tampouco parece que exista prohibición á hora de utilizar o espazo da Rede Natura, Parques Naturais, ZEPA, LIC, etc.

Non contentos con causar danos aos galegos e galegas que viven do mar, ás rías directamente, afectando á calidade da auga e á súa biodiversidade, este Anteproxecto de Lei ábrelle as portas completamente ao Tratado de Libre Comercio (TTIP), un escuro e clandestino tratado beneficioso para as multinacionais e prexudicial para a soberanía dos estados da Unión Europea. Por todo o exposto, Podemos Galicia dille NON ao Anteproxecto de Lei de Acuicultura proposto pola Xunta de Galicia.

Non estamos en contra da acuicultura, estamos en contra do modelo neoliberal que quere implantar o Partido Popular (PP), onde se poderá argallar un proxecto de acuicultura simplemente por desenvolvemento económico e xeración de emprego sen ter en conta o desenvolvemento social, as tradicións e xeito de vida e sen ter en conta o respecto polo medio ambiente e o entorno.

Podemos Galicia, preocupado ante esta situación, non só apoiará as mocións e propostas, que neste sentido presenten os nosos Círculos e Consellos Cidadáns Municipais (CCM) das zonas costeiras e agradece as xa introducidas nalgúns concellos, senón que propón a paralización inmediata de dita Lei e a constitución dunha mesa de diálogo entre todos os colectivos do litoral (pesca, marisqueo, turismo, sociedade civil).

Así mesmo pedir a protección para que non se poida instalar a acuicultura en espazos protexidos. Traballar en Bruxelas para declarar Galicia como Zona Dependente da Pesca e protexer os intereses dos nosos traballadores do mar.

Podemos Galicia mantén o seu posicionamento contrario ante calquera tipo de privatización na súa totalidade ou por partes do sector pesqueiro e marisqueiro.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2016

Luísa Vila Núñez
Responsable de Prensa Podemos Galicia
Contacto de prensa
prensa@galicia.podemos.info
https://galicia.podemos.info/

Enviado por:
Prensa Podemos Galicia
-prensa@galicia.podemos.info-
27 de janeiro de 2016 10:00

_________________

mércores, xaneiro 27, 2016

O Ateneo nas redes: Axudas a difundir a nosa actividade? - Na Biblioteca-Hemeroteca: Exposición de libros sobre Ferrol, Galiza e outras curiosidades




O Ateneo nas redes. Axudas a difundir a nosa actividade?

Axudas a difundir a nosa actividade e crecer en seguidores e seguidoras na rede social?

Síguenos, clika no gústame, comparte e difunde!

No Twitter: @ateneoferrolan
A nosa paxina no Facebook:
https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/

#SomosCultura #SalvemosoAteneo


Exposición de libros sobre Ferrol, Galiza e outras curiosidades.
#Ferrol #galiza #Cultura
na nosa Biblioteca-Hemeroteca.
Entrada libre.

--
Enviado por Blogger a Ateneo Ferrolán o 1/20/2016 06:08:00 p.m.

--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK: https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/

Faite soci@! Colabora con nos!

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
22 de janeiro de 2016 17:45

21 de janeiro de 2016 19:13
___________

A enorme débeda sanitaria do goberno de Feijóo pon en risco a sanidade galega, denuncia a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública


Enorme débeda sanitaria de Galicia. |
A enorme débeda sanitaria do goberno de Feijóo pon en risco a sanidade galega.

Co plan de pago a provedores de Montoro sáldase, no ano 2012, a práctica totalidade da enorme débeda sanitaria que as CCAA acumularan nos primeiros anos da crise económica, que só en tecnoloxía sanitaria e medicamentos hospitalarios ascendía a 11.600 millóns de euros.

A este plan non se suman o País Vasco nin Navarra, cunha débeda relativamente escasa (88 millóns e 25 millóns respectivamente), nin tampouco Galicia, malia unha avultada débeda sanitaria de 458 M de euros, seguramente porque Feijóo quixo evitar o conseguinte control do Ministerio de Facenda sobre a Xunta.

De novo as facturas das CCAA volven acumularse, e requiren novos desembolsos estatais, debido a que as empresas sanitarias son "un saco sen fondo". Así, entre Xaneiro e Outubro de 2015 orixínase unha débeda que roza os 8.000 millóns de euros, a un ritmo mensual de 763.

Nese período a Xunta acumula unha débeda sanitaria de 368 millóns de euros, aos que haberá que sumar os máis de 500 de débeda anterior e os compromisos anuais das súas innecesarias e desastrosas privatizacións (72millóns/ano do canon do hospital de Vigo, 75 millóns/ano do concerto con Povisa e as custosas externalizacións de servizos sanitarios e non sanitarios).

A avultada débeda farmacéutica e tecnolóxica xerada en 2015 é especialmente preocupante, xa que reflicte o control da industria sobre as decisións do sistema sanitario.

A cesión da xestión da investigación pública do Sergas á industria farmacéutica e da xestión da alta tecnoloxía ás multinacionais tecnolóxicas, unido á rápida e continuada aprobación de fármacos a prezos cada vez máis estrambóticos para o mesmo proceso, incrementarán aínda máis a débeda sanitaria, o que levará a un círculo vicioso de novos recortes e privatizacións e á insostenibilidade do SNS.

Cada día é máis evidente a necesidade dun cambio de rumbo na política sanitaria e no goberno de Galicia

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

22 de xaneiro do 2016

--
Foto de Avantar, baixo unha licenza de Creative Commons. Rolda de prensa d@s representantes da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública e de SOS Sanidade Pública, despois de remitir por correo á Comisión Europea a denuncia contra o proceso de licitación do Hospital de Vigo por presunto incumprimento do Dereito Comunitario do Reino de España na persoa do Goberno da Xunta de Galicia (02.09.2015).

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
22 de janeiro de 2016 18:00

___________________

Eliximos Narón pide ao tripartito un Plan Anual de Estatística do Concello - E por outra banda critica os orzamentos municipais: “A Narón pan e circo”, esa é a política do tripartito


Eliximos Narón pide ao tripartito un Plan Anual de Estatística do Concello.

Dende Eliximos, consideramos que o uso anual regular de estatísticas sobre a situación social e económica é unha ferramenta útil e moi necesaria para un coñecemento obxectivo do Concello.

Esta ferramenta pódese usar cara ao futuro para priorizar e dirixir as actuacións, inversións e recursos do Concello a aqueles aspectos que mais o requiran, e tamén de cara ao pasado para coñecer os efectos e a eficacia de ditas accións levadas a cabo polo Concello.

Ao mesmo tempo, as estatísticas obxectivamente elaboradas, tratadas e publicadas son unha importante ferramenta de transparencia sobre o Concello.

Eliximos presentou hoxe unha moción instando a o Tripartito a poñer en funcionamento esta ferramenta, para o cal e necesario un Plan consensuado no que se recollan os aspectos a estudar, a relación de estatísticas a elaborar que permitan dito estudo, e unha dotación orzamentaria para o Plan nos presupostos para este ano 2016 que están pendentes de se aprobar.

---

“A Narón pan e circo”, esa é a política do tripartito.


Os políticos romanos decidiron que a política de "pan e circo" era a forma máis efectiva de subir e manterse no poder. Esta era a práctica romana de prover pan gratis aos cidadáns romanos así como custosas formas de entretemento (o teatro, as carreiras e as loitas) como medio para gañar a súa confianza e, sobre todo, de mantelos afastados dos asuntos políticos.

A pesar do paso dos séculos esa práctica, adaptada aos nosos días, segue vixente e é a política do goberno de Narón. Neste caso o "pan" ven a ser a asistencia social para garantir a subsistencia, mentres que o "circo" son as festas, os deportes e as actuacións culturais.

Así o reflexan os orzamentos con:

 Asistencia social primaria: 2,5 millóns de euros (no mesmo orde que a media outros concellos galegos no rango dos 20.000 a 50.000 habitantes 1 ).

 Festas populares e festexos: 215.000 €, un 18,2% mais que concellos similares (5,4 fronte 4,1 €/hab.).

 Deporte: 1,91 millóns de euros €, un 21% mais que concellos similares (48,4 fronte 35,9 €/hab.).  Equipamento y promoción cultural: 2 millóns de euros €, un 215,8% mais que concellos similares (50,4 fronte 14,3 €/hab.).

En total, Festas + Deportes + Cultura = 4,1 millóns de euros €, 1,73 millóns (un 72,2%) mais que concellos similares (104,3 €/hab. fronte aos 54,3 €/hab. dos demais concellos).

Pola contra, as actuacións de carácter económico dos tres sectores 2 levan 371.000 euros, fronte a 1.458.000 doutros concellos similares, un -74,6% (9,4€/hab. fronte aos 14,3 €/hab. dos outros).

Os gastos en fomento do emprego de 253.000 euros tamén se encontran un -55,5% por debaixo dos concellos similares.

En resumen, a aposta política do tripartito e "pan e circo" que levan 6,6 millóns de euros (aínda que moito mais "circo" que "pan") fronte as actuacións de carácter económico e fomento de emprego que levan 1,7 millóns de euros.

Dende Eliximos entendemos que cada cousa ten que ir na súa medida, e que as actuación de carácter económico e o fomento do emprego deberían ter un maior peso para que os naroneses teñan traballo e, por tanto, poidan ganar o pan.

Notas.-
[1] As comparativas son tamen coa media distes concellos.
[2] Agricultura, Gandería e Pesca; Comercio, turismo e PYMES; Transporte público; Infraestruturas, I+D+I+d, e Outras actuacións de carácter económico.

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán 15570 Narón (A Coruña)
Telf.: 981337700 - Ext.: 1066 - Móbil: 673141822 / E-mail: grupomixto_ene@naron.es
Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/

Web:
http://eliximos.esy.es/




Enviado por: ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
26 de janeiro de 2016 11:1522 de janeiro de 2016 15:13
_________________

Homenaxe a Amada García e os sete compañeiros fusilados polos fascistas o 27 de xaneiro de 1938, hoxe Mércores, 27 de Xaneiro, no Castelo de San Felipe, ás 5 da Tarde


Mércores 27, ás 17 hs, San Felipe, Homenaxe Amada García


Organizado pola Asociación Memoria Histórica Democrática:

O Mércores, 27 de Xaneiro, ás 17 hs, no Castelo de San Felipe, Homenaxe a Amada García e os sete compañeiros fusilados polos fascistas o 27 de xaneiro de 1938, por defender a legalidade republicana.

Amada García era natural e veciña de Mugardos, estaba casada con Gabriel Toimil Dopico e tiña unha filla. Foi fusilada no Castelo de San Felipe o 27 de Xaneiro de 1938. Esta bastante estendida a idea de que foi fusilada por bordar unha bandeira do Partido Comunista de España, o que é falso. A realidade é que era unha muller politicamente moi activa e boa oradora, unha líder natural, polo que acadou as antipatías dos sectores máis conservadores da sociedade mugardesa.

Cando se produce o golpe de estado dos militares, as autoridades locais de Mugardos organizan a resistencia cos escasos medios que estaban á súa disposición. Neses días, Amada García estivo no concello dando ánimos e colaborando na medida das súas posibilidades, como moitos outros veciños.

Coa vitoria dos militares sublevados, estes deteñen e xulgan a un elevado número de veciño/as do concello (causas 42/37 e 379/37). Precisamente, unha das mulleres acusadas era Amada García Rodríguez.

"Amada García foi detida estando embarazada, facendo que máis tarde o Consello de Guerra aprazase a aplicación da sentenza de morte á que foi condenada, ata o nacemento do fillo seu fillo Gabriel. Á espera dese momento, estivo confinada no Cárcere de Mulleres de Ferrol, logo o 31 de outubro de 1937 ao Hospital de Caridade de Ferrol, onde pariu. 88 días despois, o 27 de xaneiro de 1938, foi conducida ao castelo de San Felipe. Alí foi executada, por un pelotón de fusilamento, canda ela foran executados o mesmo día outras sete persoas da nosa bisbarra: Antonio Eytor Cañizo, José María Montero Martínez, Ángel Roldos Gelpi e Juan José Teijeiro Leira de Mugardos; Jaime González Pérez e Ramón Rodríguez López de Ares; e Germán López García de Cabanas".

http://www.memoriahistoricademocratica.org/

Asociación Cultural Fuco Buxán |  Rúa Armada Española, 32 baixo - 15406 - Ferrol (A Coruña) Apartado Correos: 240 - C.P. 15400 - Ferrol | Telefono: 981325492  | Email:  fucobuxan@gmail.com | Visita a nosa web: www.fucobuxan.net | Blog "Pensamento Crítico" http://opinionsfuco.blogspot.com.es/  | Facebook: http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749  | Twitter: http://twitter.com/FucoBuxan Google+: https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts

Enviado por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
26 de janeiro de 2016 23:08

___________________

Enlace relacionado:

Homenaxe a Amada García e Día internacional das vítimas do Holocausto -27 xaneiro de 2016.
_________________________

martes, xaneiro 26, 2016

Charla - Debate sobre o Tratado Trasántlantico de Comercio e Investimentos (TTIP) , coa eurodeputada Lídia Senra e Xosé Ramón Cendán, dirixente do Sindicato Labrego Galego, este Venres 29 de Xaneiro


Charla - Debate sobre o Tratado Trasántlantico de Comercio e Investimentos (TTIP).


Cómo afecta os acordos do Tratado Trasantlántico de Comercio e Investimentos (TTIP) ao noso futuro agrícola, gandeiro, á calidade da nosa alimentación, aos noso dereitos laborais, a nosa saúde, etc ...?

Que contará coa presenza de:

Lídia Senra, membro do Parlamento Europeo en Estrasburgo.

Xosé Ramón Cendán, dirixente do Sindicato Labrego Galego.

E que terá lugar o vindeiro Venres, día 29 de Xaneiro, de 2016, ás 20:00 horas.

Local social da Veiga, Narahío
.
Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/584053778414958/

Asociación Veciñal "O Castelo" de Narahío (San Sadurniño).

Correio-e:
ocastelonarahio@gmail.com

Conta no Facebook:
https://www.facebook.com/ocastelodenarahio/


QUE É O TRATADO TRANSATLÁTICO DE COMERCIO E INVESTIMENTO -TTIP?


O Tratado Transatlántico de Comercio e Investimento é un extenso tratado sobre o libre comercio que se está negociando en secreto entre a Unión Europea e os Estado Unidos dende o 2013. O obxectivo é levar acabo conversas o máis rápido posible e sen que os detalles cheguen á opinión pública, coa esperanza de poder cerrar as negociacións antes de que a cidadanía de Europa e os Estado Unidos descubran o que a amenza real de este tratado.

Como xa recoñeceron, tantos os funcionarios Europeos como os de Estados Unidos, o obxectivo principal de este tratado non é estimular o comercio eliminando os impostos que se cobran sobre as importacións, xa que estes son tan baixos que que xa non se poden reducir mais. O principal fin é como eles mesmos recoñeceron é eliminar as “barreiras” reguladoras que limitan os beneficios potenciais das corporacións transnacionais a os dos lados del Atlántico. Agora ben, estas “barreiras” son en realidade algunhas das nosas normativas mais prezadas en materia de dereitos sociais e medio ambiente, como os dereitos laborais, as normas de seguridade alimentaria (incluidas as restricións a os OGM), as regulacións sobre o uso de substancias químicas tóxicas, as leis de protección da privacidade en internet e incluso as novas garantías no ámbito bancario introducidas para previr outra crises financeira como la de 2008. Noutras palabras, non podería haber mais en xogo.

Ademais o seu programa desregulador, o tratado tamén anhela crear novos mercados abrindo o sector dos servizos públicos e a contratación pública a empresas transnacionais, o que ameaza con provocar novas olas de privatizacións en sectores clave como la sanidade ou a educación.

O Castelo de Narahío
18 de Xaneiro de 2016

Información baseada na enviada pola:
A.A.V.V. Narahío O Castelo
-ocastelonarahio@gmail.com-
23 de janeiro de 2016 19:56

_________

Unha vez máis a veciñanza de Baralhobre vai-se concentrar na ribeira, para reivindicar a recuperación das antigas instalacións de Fondomar - Mércores, día 27 de Xaneiro ás 17.30hs


CONCENTRACIÓN VECIÑAL EN BARALLOBRE

O Colectivo Veciñal de Barallobre comunica que o vindeiro Mércores, día 27 de Xaneiro ás 17.30hs, convocamos a cidadanía para unha concentración nos arredores das antigas instalacións de Fondomar na Ribeira de Barallobre co obxecto de reivindicar a recuperación desta zona.

Daremos conta e información a veciñanza das iniciativas realizadas por esta Comisión, así como debateremos as propostas presentadas nesta mobilización.

Colectivo Veciñal de Barallobre.-

Enviado por:
RIBEIRA BARALLOBRE
-ribeira.barallobre@gmail.com-
23 de janeiro de 2016 11:26

________

Enlaces relacionados:

Ártabra 21: Proposta veciñal para a Rehabilitació0n da Ribeira de Barallobre - Concentración de Apoio este martes 27 de Outubro ás 7 da tarde

Ártabra 21: Nova concentración en Barallobre para reivindicar a recuperación da ribeira da parroquia fenesa - Venres, día 27 Novembro ás 17:30hs, na contorna das antigas instalacións de Fondomar
______________