sábado, xuño 17, 2006

Enlaces recomendados por compañeir@s da Plataforma

Enlace acordado pola Xunta Coordenadora da PA21, na súa reunión do 24.01.2007

Non á Marea de Cemento : SOS parque Rosalia

A asociación constitúese formalmente en maio de 2006, pero xa leva traballando dende hai uns catro meses atrás como plataforma. Somos un grupo numeroso de cidadáns indignados polo que se quere facer a carón do Parque de Rosalía e deciden coordinar esforzos. A maioría de nós vivimos preto da zona afectada, e evidentemente os primeiros en decatarnos do que alí se pretendía facer. Isto levounos tempo asimilalo porque non podíamos crer o que os planos nos mostraban. Pouco a pouco foise recabando información sobre a futura urbanización e foi entón cando se decidiu dalo a coñecer a máis persoas que puidesen ignoralo, xa que isto afecta a tódolos cidadáns lucenses. - Os nosos obxectivos: Preservar o espazo natural do Parque de Rosalía e o seu entorno para futuras xeracións . - Conservar os sinais de identidade turísticos e paixaxísticos que se divisan dende a Pérgola: o meandro do río Miño, as carballeiras e leiras do seu entorno. - Harmonizar os tres espazos máis significativos da cidade: a muralla, a zona monumental e as costas do Parque de Rosalía.

http://www.parquerosalia.es
Asociación na Defensa do Parque de Rosalía de Castro e o seu Entorno. LUGO. Xaneiro de 2007

_________________

Enlaces recomendados por Xan Ramírez:


Sitio na rede de CIUDADANOS CONTRA LA ESPECULACIÓN URBANÍSTICA: Grupos vecinales e ecologistas apoiados por sindicatos agrupados baixo o nome de CIUDADANOS CONTRA LA ESPECULACIÓN URBANÍSTICA. Esta é unha unha organización que quere facer pública a protesta sobre o que está ocorrendo coa vivenda e a especulación urbanística na comunidade de Madrid.
http://www.contraespeculacion.org/


Asociación Veciñal SALVEMOS LAS ROZAS [Madrid]
http://www.salvemoslasrozas.org/


BOS DÍAS, NIGRÁN , sitio na rede da luita veciñal no Concello de Nigrán e da Plataforma "SALVEMOS MONTEFERRO", que ante as graves agresións xa sufridas no entorno natural de Monteferro (Nigrán) e fronte as accións anunciadas e propostas no proxecto de obras presentado polo Concello de Nigrán e a Deputación, ca conivencia da Comunidade de montes de Panxón, un grupo de persoas sensibilizadas co problema, particulares e membros de distintas Asociacións de Vigo e Val Miñor constiuiron a Plataforma.
http://salvemos.mundoserver.org/inicio.html


mércores, xuño 14, 2006

Roteiro pola Fragas do Río Belelle



A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) é unha asociación ecoloxista democrática, independente e sen ánimo de lucro que traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida. ADEGA avoga por un modelo de desenvolvemento ecoloxicamente sustentábel e socialmente xusto, por un modelo de desenvolvemento sen destrucción ambiental que reduza as desigualdades dentro de cada país e entre países.

ADEGA é a asociación de defensa ambiental máis activa e con maior implantación do noso país, cunha experiencia de traballo de máis de 25 anos. Centramos o noso traballo en Galiza sen por iso deixarmos de ter unha visión global da problemática ambiental e de exercermos na medida das nosas posibilidades a solidariedade coas loitas ambientalistas doutros pobos.

ADEGA entende que a diversidade biolóxica ten o seu reflexo na diversidade cultural e que ámbalas dúas deben ser preservadas. Isto supón no noso caso asumir un compromiso coa defensa da cultura e a lingua propias de Galiza.

ADEGA forma parte da Federación Ecoloxista Galega (FEG) que agrupa á maioría das asociacións ecoloxistas galegas, da Oficina Europea do Ambiente (OEA), a federación constituída polas organizacións de defensa do ambiente máis importantes da Unión Europea, da Federación Transporte e Medio Ambiente Europea, da Plataforma Nunca Máis, da Coordenadora para a Defensa dos Ríos (COGADER) e da Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).



<< Voltar ao Blog da Plataforma Ártabra 21

venres, xuño 09, 2006

Urxente: proposta do Colectivo Veciñal de Recimil

Ferrol a 8 de xuño do 2006.

Estimados compañeiros e compañeiras da Plataforma Ártabra 21.-

Os veciños das Casas Baratas de Recimil estamos a sufrir o continuo acoso do grupo de Goberno Municipal, que non desaproveita ocasión de manipular a opinión pública, para acadar o apoio da xente desinformada que, neste asunto, é unha grande maioría.

No acoso destaca sobre todo, La Voz de Galicia, que case nunca ofrece noticias a favor da rehabilitación, aproveitando calquera cousa para favorecer a operación derribo, comezando por silenciar a nosa existencia e os varios escritos que lles mandamos.
Agora a táctica dos "demoledores" consiste en insistir sobre a "opinión da maioría dos ferroláns" e sobre "o custo da rehabilitación".

No caso da "maioría", aprovéitanse da desinformación da xente, á que bombardean continuamente co grande beneficio que suporía para a cidade (¿?) a derruba do noso barrio. Nembargantes, a realidade é que os de IF son agora os únicos defensores do seu "proxecto", despois de que o novo concelleiro do PP, o arquitecto Sr. Evia, afirmara que non lle gustaba o "invento", e de que o Sr. Caselas, da A.VV confesara publicamente, no debate organizado polos Xeógrafos, que non cre nos políticos e que prefire a "restauración".

Respecto dos cartos, esaxeran descaradamente as cifras. Por exemplo, di o Alcalde que fan falta 70 millóns de euros para rehabilitar as casas. Botemos contas: 70 millóns multiplicados por 166.386 son, 11.647 millóns de pesetas, que divididos entre mil vivendas, serían máis de ONCE MILLÓNS E MEDIO DE PESETAS POR VIVENDA.

Tendo en conta, que non hai que pagar solar, nin alicerces, nin muros e tabiques, que xa están feitos, e aínda que houbese que facer todo o demais, que non é o caso, a cantidade semella disparatada. Pero a intención é facerlle crer á xente, que queremos arruinar ó Concello.

Unha vez feitas estas aclaracións, desexamos vos presentar unha proposta de resolución para nos defender deste rabioso ataque, sempre tendo en conta os principios da nosa Plataforma, e a necesidade de que a actuación sexa o suficientemente rápida para que teña valor informativo.

= Proposta de Resolución =

A Plataforma Ártabra 21, integrada por 17 colectivos organizacións e asociacións, consonte os nosos principios de defensa dunha política xusta, democrática, participativa e responsable cara o futuro da humanidade, e segundo os nosos obxectivos xerais en contra da privatización dos espazos públicos e da especulación inmobiliaria, declaramos o noso rexeitamento á derruba do Barrio de Recimil de Ferrol, e o noso apoio á súa rehabilitación, por resultar menos agresiva para o medio ambiente, e como preservación do noso patrimonio cultural.

Esta Resolución fundaméntase nas opinións de organismos e persoas de recoñecido prestixio neste tema, como son o Colexio de Arquitectos, o Colexio de Xeógrafos, ou a Comisión Provincial de Patrimonio Histórico.

¿Non se podería pedir a opinión das asociacións membros da Plataforma vía internet, e proceder rapidamente a publicar a Resolución, se resulta aprobada? Se agardamos á próxima Asamblea, xa será tarde. Ou actuamos axiña, ou a nosa Plataforma perde grande parte da súa eficacia, cara a influir na opinión pública.
Asinado: Colectivo Recimil.


Nota.-

Diante da excecionalidade do asunto, pedimos a todas as persoas da Plataforma, colectivos e organizacións que intenten tomar unha decisión o mais axiña posíbel diante da proposta do Colectivo Recimil e se pronuncien, para poder asumir a proposta de resolución como propia e pode-la difundir por todos os medios ao noso alcance.


Escreber un correio-e a artabra21@gmail.com

manifestando a vosa posición.

martes, xuño 06, 2006

Acción en Compostela contra a Planta de Gas de REGANOSA

Colagem composto por acción en Compostela [05.06.2006] + Reganosa desde o satélite
[Clicar na foto para ampliar]


Integrantes do Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol manifestáronse hoxe na Praza do Obradoiro de Compostela contra a imposición da Planta de Gas que REGANOSA está construindo en Ponta Promontorio, no Concello de Mugardos.

Os compañeiros e compañeiras intentaron entregar ao Presidente Touriño unha réplica da planta que se está construindo en Mugardos. Denunciaron o risco real que significa a planta dentro da Ría e a gran manipulación informativa que se esta desenvolvendo ao redor de todo o que significa o proxecto industrial relacionado con o tande ENDESA/REGANOSA.


Noticia nos medios convencionais de comunicación:

Integrantes do Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol manifestaronse hoxe na Praza do Obradoiro
[05.06.2006 - El Correo Gallego]


Sitios en internet por un outro desenvolvimento económico e industrial, din non á imposición da Planta de Gas de REGANOSA dentro da Ría de Ferrol:

Sítio en internet do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol
http://comitecidadan.bitacoras.com/

Sítio en internet contra a Planta de Gas de REGANOSA
http://reganosanom.blogspot.com/

Boletin Informativo nº 12 do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
http://www.fucobuxan.com/PDFS/_Boletin_n__12 pdf

Manifesto da Asemblea Cidadá do 15 de Abril de 2004
http://www.geocities.com/cociudem/manifest.htm

Outro sitio en internet contra a Planta de Gas de REGANOSA
http://galice.net.free.fr/galice.net/planta_gas

E outro sitio en internet contra a Planta de Gas de REGANOSA
http://www.f-cape.org

Denuncia ante a Comisión das Comunidades Europeas por incumprimento do direito comunitario
http://www.geocities.com/cociudem/zona.htm

Manifesto da Asembleia Cidadán do 15 de Abril de 2004
http://www.geocities.com/cociudem/manifest.htm

As razons para dizerlle non á Planta de Gas de REGANOSA
http://reganosanom.blogspot.com

Clicar na foto para ampliar

22 de Xuño, Xoves, reunión da Coordenadora da Plataforma Ártabra 21

A Coordenadora da Plataforma Ártabra 21, terá unha segunda reunión, antes de se celebrar a Asemblea Xeral, esta reunión será o Xoves, 22 de Xuño ás 19:30 hs, no local do Clube de Montaña de Ferrol, que está na Rúa Coruña nº 102 1ºD. Lembrar que por ser unha Coordenadora provisional até a vindeira Assemblea do día 27, esta é aberta a caqueira persoa da Plataforma que queira participar.

Polo de agora a reunión do 22 celebrarase coa seguinte proposta de orden do día:

- Leitura e aprobación da Acta anterior.
- Praza de Sartaña e contactos co Colectivo Veciñal, resultado dos contactos.
- Novos contactos e propostas de incorporación á Plataforma.
- Como levar as contas, resultado das xestións.
- Preparación da Asemblea Xeral do 27 de Xuño.

Nota.-
Se hai algunha proposta ou comentario que facer, enviar un correio-e ao da Plataforma [artabra21@gmail.com] ou mellor utilizar a sección postar um comentario neste ou noutro artigo, utilizando o Blog como un ponto de encontro e comunicación.

Concurso de desenho do logotipo/anagrama da Plataforma Ártabra 21

AVISO.-
Na pasada Asemblea do 27 de xuño, celebrada no centro Cultural torrente Ballester, acordouse adiar a decisión sobre o logotipo para a Asemblea Xeral a celebrar o 26 de Setembro, polo quen teña máis propostas pode facelas chegar á Xunta Coordenadora o mais axiña posíbel. Para a próxima reunión, poñeremos unha data tope e acordaremos un xeito para escollelo.

Propostas de logos chegadas até o dia de hoxe: [Entrar]


Con motivo da constitución da Plataforma, esta Coordenadora convoca un, imoslle chamar "concurso"[*], para dotar á Plataforma Ártabra 21 dun logotipo ou anagrama reprentativo, que se rexerá polas seguintes bases:

1ª Poderán participar todas as persoas ou colectivos que queiran.

2ª Os deseños poderán entregarse no soporte que se queira, mais é preferíbel en soporte informático. Ainda que o logo/anagrama sexa a cor tamén estaría ben apresenta-lo, en escala de grises, pois posibelmente que muitas das publicacións da plataforma sexan en blanco e negro.

3ª Os deseños poderán entregarse dos seguintes xeitos: através de correio-e a artabra21@gmail.com, na reunión da Coordenadora do dia 22 de Xuño que se celebrará ás 19:30 hs no local social do Clube de Montaña, no 1ºD do nº 102 na Rúa Coruña de Ferrol ou a algunha das persoas que forman parte da Coordenadora.

4ª Todas as propostas de logotipo/anagrama levaranse a Asemblea Xeral do 27 que será a que tome a decisión.

5ª O prazo final, para entregar os deseños será o mesmo dia da celebración da Asemblea Xeral, mas para unha mellor valoración das prostas, seria conveniente que estexan antes do 22 deste mes.

[*] Non estamos falando dun concurso propiamente dito, só estamos a facer unha chamada para quen queira colaborar, sen ánimo de lucro, coa Plataforma, o faga. Trata-se de facer unha proposta dunha imaxen que a represente e faga a mellor interpretación posíbel do que pretende ser a Plataforma.

Nota.-
Se hai algunha proposta ou comentario que facer, enviar un correio-e ao da Plataforma [artabra21@gmail.com] ou mellor utilizar a sección postar um comentario neste ou noutro artigo, utilizando o Blog como un ponto de encontro e comunicación.

sábado, xuño 03, 2006

27 de Xuño Asembleia Xeral da Plataforma

O próximo 27 de Xuño terá lugar unha Asemblea Xeral Ordinaria da Plataforma Ártabra 21, para tratar os pontos da orde do dia que elaboremos entre todas as organizacións, plataformas, colectivos e persoas a título individual, que conformamos a Plataforma.

A Coordenadora, xa mantivemos unha reunión o pasado xoves 1 de Xuño, para: dar leitura a algúns correios-e que nos enviaran; valorar a Asemblea do 29 de Maio; acordar editar este blog como medio de expresión da plataforma; ... e ordear cal vai ser o camiño até a próxima Asemblea do 27 de Xuño.

Atenderemos a novos colectivos e organizacións que pediron a súa entrada na Plataforma, asunto que, como case todos, teremos que ratificar na vindeira Asemblea; faremos unha proposta de cuota; abriremos unha conta bancaria ou libreta, abriremos a Plataforma á criatividade de quen queira contribuir con unha proposta de logotipo/anagrama da mesma; falaremos con o Colectivo Veciñal de Sartaña, para elaborar unha actividade na que a Plataforma poda colaborar, ... e outros pontos.

Mas o importante é que se vaian facendo propostas, ou ben enviando propostas ao correio-e da Plataforma [artabra21@gmail.com] ou mellor utilizando a sección postar um comentario neste ou noutro artigo, utilizando o Blog como un ponto de encontro e comunicación.

A PRÓXIMA ASEMBLEA SERÁ O MARTES 27 DE XUÑO ÁS 19:30, NO CENTRO CÍVICO E CULTURAL TORRENTE BALLESTER, NA RÚA DO HOSPITAL DE FERROL

xoves, xuño 01, 2006

Escolma de noticias saídas nos medios convencionais [Xuño 2006]

Acta da Asembleia Constituinte [29.05.2006]

Manuel Domínguez -manudominguez@yahoo.es-
1 de xuño de 2006 23:01
Para: artabra21@gmail.com

Primeira acta da constitución da Plataforma Ártabra 21.
Ferrol, 29 de maio de 2006

-Presentación da Mesa.

-Xustificación da Plataforma: necesidade de recolle-las aspiracións cidadáns baixo a inspitación das conclusións da Axenda 21. Tema fundamental nos debates previos foi a incorporación ou non dos partidos políticos, cuestión que foi finalmente resolta no sentido de acepta-la sua incorporación.

-Lectura do documento constituinte.

-Turno de intervencións: *Cebral, de Galiza Solidaria, declara que lle faltan ó
documento referencias á situación de Astano, á sua posición como asteleiro público.
*Camilo, de Lapis Verdes, pregúntase polos colectivos que van a integra-la Plataforma. Plantexa a necesidade
de escoller entre os conceptos sostíbel e sustentábel, e pon en dúbida algúns aspectos organizativos.
Compróbase a necesidade de aceptar un documento de mínimos para, nun futuro, enmendar sobre a marcha o texto e a dinámica de funcionamento da Plataforma.
*Xan, da Plataforma pola Defensa dos Montes de Brión e Leixa, defende a validez da Axenda 21 fronte ás actitude do Concello de Ferrol. A Plataforma ven a recoller os puntos fundamentais da Axenda. Tamén defende a validez do documento constituinte polo seu carácter dinámico e participativo.
*Lola (?) amosa a sua disconformidade coa planta de gas de Reganosa.
*Fontao, da Asociación Veciñal Santa Mariña, proclama a necesidade de acadar unha auténtica democracia
participativa e critica a privatización dos espazos públicos.
*Xan López, de Artábria, insiste na necesidade de profundizar democráticamente e critica o risco de
protagonismo que pode adquirir, dentro da Plataforma, a cidade de Ferrol fronte a problemática das vilas da
comarca.
*Xan Martínez, de Xoaninha, aplaude a iniciativa, pero critica os principios organizativos, sobre todo, a
forma de convoca-las asembleas. Condiciona de integración na Plataforma á aprobación do documento
polo seu colectivo.
*A representante do Comité de Emerxencia para a Rïa de Ferrol pregúntase pola oportunidade da sua integración na Plataforma, tema que di será obxecto de discusión interna.
*Victorina, do Colectivo Sartaña, sorpréndese polas aparentes contradiccións amosadas por parte da Federación de Asociacións Veciñais de Ferrol *Señor maior (?) defende a necesidade de que a Plataforma asuma as reivindicacións dos pequenos colectivos e critica que a Plataforma se presente como
unha organización que non pretende tomar iniciativas, senon so respaldar as que tomen os colectivos que a constitúen.

-Votación para a aprobación do documento e constitución da Plataforma Ártabra 21 54 votos a favor e unha abstención.

-Presentación de resolucións:

1ªResolución para apoiar ós veciños da praza de Sartaña que se manifestan contrarios ó centro de ocio.
-54 votos a favor e unha abstención-

2ªResolución en contra da ubicación da planta de gas de Reganosa e apoio á concentración do día 3 de xuño.
-55 votos a favor-

-Nomeamento da Xunta Coordinadora: X. M. Sanxoán, I. Martínez, X. Ramírez, Carlos, Cebral e M. Domínguez.

Coméntase por último a necesidade de dispoñer dun logo e dun presuposto.

-Apróbase a data de convocatoria de reunión da próxima asemblea para o día 27 de xuño no centro cultural Torrente Ballester de Ferrol._____

martes, maio 30, 2006

Documento Constituinte

DOCUMENTO CONSTITUINTE DA PLATAFORMA ÁRTABRA 21


PREÁMBULO

A cimeira de Rio de Janeiro de 1992 concluíu coa necesidade de que a cidadanía tomase parte nas decisións que atinxen a sustentabilidade dos asentamentos humanos.

Posteriormente na Carta das Cidades Europeas Cara a Sustentabilidade (Carta de Aalborg-1994), partindo dunha realidade caracterizada polo esgotamento enerxético do planeta, a destrución sistemática do medio ambiente natural e un paulatino empeoramento da calidade de vida, as cidades europeas apostan por percorrer un camiño cara a substitución das actuais fontes de enerxía de orixe fósil por fontes de enerxía renovábeis, pola mellora da calidade de vida e a protección do medio ambiente.

Neste camiño trazado na Carta de Aalborg defendíase a PARTICIPACIÓN CIDADÁ coma un dos eixes imprescindíbeis para acadar estes obxectivos.

Na actualidade, máis dunha década despois da Carta de Aalborg, vemos como no noso entorno urbano e natural inmediato, lonxe de camiñar na liña proposta por este documento, as diferentes administracións teiman en levar a termo proxectos que atentan en contra da calidade de vida da cidadanía, (e moitas veces tamén en contra da súa propia seguranza), depredando e degradando o patrimonio cultural e natural herdado, desenvolvendo políticas territoriais, urbanísticas e enerxéticas insustentábeis.


DECLARACIÓN DE PRINCIPIOS

Analisada e debatida a actual situación política e social, as diferentes asociacións, colectivos e organizacións temos a necesidade de nos xuntar e nos organizar motivada polos abusos das administracións e indefensión dos cidadáns, decidimos fundar unha PLATAFORMA aberta, DEMOCRÁTICA sen condicións, que integre a toda a cidadanía baixo o nome de ÁRTABRA 21.

Xurdimos pois a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sostíbel, responsábel cara ao futuro da humanidade, respeituosa e defensora do medio natural.

Entendemos que a nosa acción en prol dos obxectivos expresados ten que ser democrática, transparente e pública, levando parello un esforzo de información e difusión das nosas propostas, co fin de que o que nós defendamos sexa representativo da opinión e dos intereses da maioría da cidadanía.

Para garantir o desenvolvemento efectivo destes principios democráticos, a tomada de decisións será en asemblea pública e aberta a calquera organización que ACEPTAR e ASINAR os obxectivos xerais aquí enunciados.

A PLATAFORMA ÁRTABRA 21, estará composta por Asociacións, Entidades, Organizacións e persoas a título individual.

Esta plataforma será totalmente independente, definindo através deste DOCUMENTO e posteriores Resolucións Asembleares as súas políticas propias, non estando baixo a influencia nin dependencia de organización ningunha, partido político, entidade ou asociación, declarándose ademais aconfesional.

Será prioritaria para a plataforma ÁRTABRA 21 os principios fundamentais cara a IGUALDADE o sostemento da PAZ e SOLIDARIEDADE, denunciando as actitudes que fagan apoloxía da guerra, violencia, xenofobia, machismo, ... etc.

O ámbito de actuación da PLATAFORMA é a zona coñecida por COSTA ÁRTABRA .


OBXECTIVOS XERAIS

A defensa de políticas a prol da xustiza social deberán estar apoiadas na formulación realista de alternativas sempre e cando isto for posíbel. Así entre outras apoiamos:

- As políticas baseadas no transporte público e nos modos non contaminantes fronte as que defenden a prioridade do vehículo privado.

- As dotacións e servizos públicos Asistenciais, Sanitarias, Culturais, Deportivas, Sociais, Docentes.

- Os espazos públicos como centro da vida das cidades e vilas fronte a exclusividade dos centros comerciais e a privatización dos espazos e servizos públicos.

- O dereito a unha vivenda digna fronte a especulación inmobiliaria.

- As fontes de enerxía renovábeis e aforro enerxético fronte aos combustíbeis fósiles.

- A preservación do patrimonio cultural material ou inmaterial, da biodiversidade e dos espazos naturais fronte á depredación e destrución por motivacións e intereses económicos.

- A defensa da igualdade fronte a marxinación e a exclusión social.

- A defensa da continuidade histórica do territorio e o necesario entendemento das súas estruturas económica e medioambiental como apoio necesario para un desenvolvemento sustentábel.

- A defensa da lingua e cultura Galega, utilizando o Galego como lingua oficial do Plataforma.

- Promover, apoiar e conseguir a INICIATIVA POPULAR e maiores cotas de PARTICIPACIÓN CIDADÁ .

A defensa do dereito a unha información veraz e obxectiva fronte a manipulación mediática .


MÉTODO E PRINCIPIOS ORGANIZATIVOS

O funcionamento da plataforma, baséase no compromiso individual e colectivo moral de participación para lograr a consecución de obxectivos.

Esta plataforma está aberta a entidades, organizacións e persoas de xeito individual que soliciten a súa integración, que será ratificada pola asemblea.

Faranse Asembleas todos os últimos martes laborais de cada mes.

Constituirase unha Xunta Coordenadora, formada por 2 coordenadores e 2 responsábeis de actas e contas, estes serán renovados de xeito alternativo cada asemblea.

Para as xuntanzas urxentes, a Xunta Coordenadora fará a convocatoria o máis rápido posíbel.

Para cada evento ou tema concreto nomearase un Comité organizador Permanente , até rematar este feito.

As asembleas acordarán por Resolucións os principios xerais que rexerá a PLATAFORMA, o método para un funcionamento áxil e dinámico, e as actuacións concretas a desenvolver
Non poderá exercer de portavoz da Plataforma Ártabra 21 a mesma persoa dúas veces consecutivas.

Esta declaración de principios poderá ser revisada en cada Asemblea, previa presentación por escrito do texto a engadir ou corrixir.

Ferrol , Costa Ártabra a 29 de Maio de 2006.

Logos












111