domingo, xaneiro 07, 2007

Nova reunión para decidir e preparar unha nova manifestación, contra o macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos
-defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
6 de xaneiro de 2007 11:18
Para: Plataforma Ártabra 21 -artabra21@gmail.com-


NOTA DE PRENSA, das asociacións veciñais e outras entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España].-

O Goberno Municipal do Concello de Ferrol, está construindo na Praza da Porta Nova [Praza de España], un macro-edificio de uso e lucro privado, nun espazo público que é de toda a cidadanía, que é parte do noso patrimonio arquitectónico-cultural, a nosa praza principal de Ferrol. Van destrozar, ainda máis, a Praza coa presencia dun macro-edificio que a presida, destinado a ser centro comercial, de servizos e lezer privados, duns de 7.500 m2 de superficie, que van poñer en mans dunha empresa para que o xestione como mellor lles conveña, usurpando o que é de todos para beneficio privado.

Na Praza de España, o Concello de Ferrol está a executar unha obra ilegal nun espazo público, nunha praza. Unha obra ("hito urbano" lle chaman, como se a praza non puidese ser un fito urbano sen edificio), que de consumarse suporía hipotecar unha parte do espazo público máis importante da cidade ata dentro de 75 anos. ¿Qué pasará se dentro de dez anos o edificio deixa de ter uso?, ¿teríamos que aguantar a súa ruína durante outros 65 anos ou indemnizar ao concesionario?

Unha obra ilegal que pon en evidencia que mentres a cidadanía ten que cumprir o Plan Xeral, a administración que é garante do seu cumprimento, o Concello de Ferrol, pode pasar olimpicamente do cumprimento desta norma na Praza de España. Din que o fito urbano é legalizable, porque no futuro pódese adaptar o Plan Xeral ao que alí se constrúa. Este goberno municipal está a inventar un novo urbanismo no que son os plans os que se adaptan ás obras e non as obras aos plans. Unha sorte de Far West, no que manda o máis forte. Un territorio no que a cidadanía cumpren as normas mentres a administración as adapta á súa conveniencia.

Na praza de España o negocio está claro, máis o beneficio non. ¿Onde está a necesidade de construír un edificio de 21 m de altura, de uso privado, sobre un espazo público?, ¿quen necesita un edificio de oficinas no medio dunha praza cando na cidade hai centos de oficinas baleiras? ¿Quen necesita un novo centro comercial que arruíne o pequeno comercio da Madalena, un dos recursos máis importantes da cidade? Eles saberán. Nós, dende logo non vemos tal beneficio.

Non queremos que nos sigan roubando o noso patrimonio público. Non queremos un urbanismo que consista na subasta e liquidación do patrimonio público, dos espazos conquistados e mantidos durante anos, xeración tras xeración, co esforzo de todos e todas.

O pasado día 3 deste mes de decembro, manifestamonos en Ferrol, de novo, as asociacións e entidades que promovimos esa mobilización, pretendemos seguir mobilizandonos até acadar os nosos obxectivos que son: que se paralicen as obras e que o goberno municipal busque outras alternativas que non sexa a construcción dese macro-edificio na superficie da Praza, que a Praza quede aberta e limpa para uso e gozo de toda a cidadanía.

Este Luns, dia 8 de xaneiro, ás 19:00 hs nos locais da Asoc. Vec. de Esteiro "Fontelonga" que é o lugar onde se veñen facendo regularmente as xuntas das asociacións e organizacións convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España], está convocada unha nova reunión para decidir e preparar unha nova manifestación.

--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.




ACORDOS MAIS RELEVANTES DA REUNION DAS ASOCIACIÓNS E ENTIDADES CONVOCANTES DAS MOBILIZACIÓNS NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, CONTRA O EDIFICIO DA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA].-

Data: 08.01.2007

Hora: 19:00 hrs

Lugar: Local social da Assoc. Vec. de "Fontelonga"

Assistentes: A.V. de Ferrol Vello, Colectivo Veciñal de Sartaña, Esquerda Unida - IU , Ateneo Ferrolán, Colectivo Veciñal de Recimil, A.V. de Santa Mariña, A.V. de San Xoán- O Bertón, Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol, A.V. O Rosario - Inferniño, USTG - Unión Sindical de Traballadores de Galicia - Ferrol, A.V. de "Fontelonga", Plataforma Ártabra 21


Reunidas as persoas representantes das diferentes entidades nos locais da Assoc. Vec. de Esteiro "Fontelonga", ACORDAMOS o que segue:

1º - Ratificar a incorporación ás entidades convocantes do sindicato comarcal da Unión Sindical de Traballadores de Galicia - USTG [
ustg@ustg.es] .

2º .- Modificar a data da MANIFESTACION Popular- NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, CONTRA O MACRO-EDIFICIO DA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA], para o Domingo, 21 de Xaneiro, ás 12 do mediodía, diante do Edifício Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada Garcia.

3º .- Comunicar a Subdelegación do Goberno o cambio de día de celebración da MANIFESTACION Popular. [ Mel]

4º .- Aprobar a propaganda proposta, con algunha modificación de última hora: deseño e cantidades [8.000 folliñas en A5 con o texto da convocatoria, 500 cartaces en A4 e outros 500 en A3]. Aprobase facer un reparto por organizacións convocantes e zonas. [ J.R. Jove e Inácio]

5º.- Solicitar permiso para utilizar a megafonia para convocar [Mel], e megafonear varios días da última semana [ Mel e Miguel López].

6º .- Convocar Rolda de Imprensa para o venres, Sexta-Feira, dia 12 de Xaneiro, às 12:30 hrs na Galería Sargadelos.[Mel]
As persoas que podan estar ese día a esa hora que asistan a Rolda de Prensa, mas quedaron comprometidos: Eliseo Zaera, Mel Sanxoán, Vicente Couce e Fontao.
Mel quedou encargado de avisar a Fran o do Centro Comercial Aberto da Magdalena.

7º .- Despois de celebrada a Rolda de prensa, as diferentes organizacións convocantes, enviarán comunicados de adhesión e apoio a MANIFESTACION Popular.

8º .- Carlos , os Verdes , quedou en conseguir unha megafonía para ler o MANIFESTO ao final do ACTO do Domingo 21 de Xaneiro.
Miguel López, coordinará a megafonía .

9º .- Facer unha faixa para a cabeceira da MANIFESTACION Popular con a seguinte lenda: NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, NON AO MACRO-EDIFICIO DA PRAZA DA PORTA NOVA [PRAZA DE ESPAÑA]. [Miguel López e Inácio]

10º.- O Manifesto Cidadán, redactado por Miguel Raimúndez da PA21, segue sendo válido, mas quedou-se de reenviar a todas as entidades convocantes para a sua revisión. Se há algum contributo ou proposta de modificacion , comunicala por correo-e a:
defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com

11º .- Enviar unha nota de Prensa o venres, Quinta-Feira, dia 18 de Janeiro, recordando a convocatória da MANIFESTACION Popular do Domingo 21 de Xaneiro. [Mel]

12º .- Acción Sorpresa na Praza da Porta Nova [Praza de España],venres, Sexta-Feira, dia 19 de Xaneiro, às 16:30 hrs, diante do Edifício Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza de Amada García. Para ese día ten que estar a faixa feita, para utilizar na Acción.


13º .- Acordamos repartos de propaganda:

* Sábado, dia 13 de Xaneiro, as 11 da mañá no Feirón do Inferniño, xunto ao Palco.
* Mércores, Quarta-Feira, dia 17 de Xaneiro, ás 12 do mediodía no Mercado de Recimil.
* Xoves, Quinta-Feira, día 18 de Xaneiro, ás 7 da Tarde , nos arcos na Praza do Concello.
* Venres, Sexta-Feira, día 19 de Xaneiro, logo de facer a Acción SORPRESA pola tarde.

=============================================

--
SAUDOS

Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.
USTG-Ferrol

Entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, solicitaron entrevista con diferentes organismos da administración autonómica

De: Convocantes en defensa dos espazos públicos
-defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
6 de xaneiro de 2007 11:40
Para: Plataforma Ártabra 21 -artabra21@gmail.com-


NOTA DE PRENSA.
Miguel Angel Reimúndez González no nome das asociacións veciñais e outras entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España], solicitou entrevista con diferentes organismos da administración autonómica.



AO DIRECTOR XERAL DE PATRIMONIO CULTURAL, D. FELIPE JOSÉ ARIAS VILAS.
CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

Solicitou unha entrevista, co fin de coñecer de primeira man a postura da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural con relación ao edificio que o Concello de Ferrol está a promover na Praza de España e o seu impacto negativo no Barrio da Madalena (declarado B.I.C.) ou o Barrio de Recimil (incluído no Inventario de Bens Culturais de Galicia).

Esta edificación, de levarse a cabo, alteraría gravemente a imaxe urbana tanto do Barrio da Madalena (resolta con edificios racionalistas de interese) como da fronte do Barrio de Recimil á Praza de España. Por isto entendemos que esta Dirección Xeral deberíase pronunciar negativamente sobre a modificación puntual do PXOM que o Concello está a tramitar para dar cobertura legal a unhas obras que, hoxendía, non se axustan á legalidade urbanística.


Á DIRECTORA XERAL DE FOMENTO E CALIDADE DA VIVENDA, DONA ECARNA OTERO CEPEDA.
CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

Solicitou, unha entrevista, co fin de coñecer de primeira man a postura da Dirección Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda con respecto ao repetido anuncio por parte do Concello de financiar as obras de urbanización da superficie con cargo ao Convenio de Reurbanización da Madalena e Ferrol Vello, asinado hai uns meses entre o Concello de Ferrol e a Consellería de Vivenda.

Entendemos que esto suporía un grave incumprimento de dito convenio, pois na relación de espacios públicos incluidos non figura a Praza de España, e sí moitas rúas e prazas da Madalena e Ferrol Vello nas que as obras de reurbanización aínda están pendentes.


AO DIRECTOR XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL, D. JOAQUÍN LUCAS BUERGO DEL RIO
CONSELLERÍA DE MEDIOAMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

Solicitou unha entrevista, co fin de coñecer de primeira man a postura da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con respecto á construcción dun edificio dotacional de 7.000 m2 construidos e 21 m de altura, adicado a usos terciarios e comerciais, na Praza de España en Ferrol.

Tanto a Lei 9/2006, que somete a avaliacion ambiental planes e proxectos, como a "Estrategia de Evaluación del Medio Ambiente Urbano" do Ministerio de Medio Ambiente, que cuestiona a implantación de usos terciarios exclusivos no centro das cidades consolidadas, xunto ca gravísima alteración que o edificio que se está a construir producirá na imaxe da cidade, entendemos que dan pé a un pronunciamento negativo da Dirección Xeral de Medio Ambiente á hora de avaliar a idoneidade do proxecto promovido polo Concello de Ferrol.


AO DIRECTOR XERAL DE URBANISMO, D. RAMÓN SAÚL LUEJE ESPINA
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

Solicitou unha entrevista, co fin de coñecer de primeira man a postura da Dirección Xeral de Urbanismo con respecto ás obras da Praza de España en Ferrol.

Estas obras están a recibir unha forte contestaciòn social, e xa son, a día de hoxe, 23 os colectivos cidadáns (plataformas, aavv., sindicatos, partidos políticos e as. culturais) os que se opoñen a esta obra por considerala ilegal (realízanse en contra do planeamento urbanístico vixente) e por supoñer de facto unha apropiación inxustificada, por parte dunha empresa privada, do espacio público máis importante da cidade.

Entendemos ademáis que a situación dos cidadáns que se opoñen a esta obra é de total indefensión, por ser a administración municipal a que incumple o seu propio Plan Xeral de Ordenación Urbana, ao promover dito edificio sobre un sistema xeral viario, e agora promove unha modificación puntual do Plan Xeral co fin de adaptalo a estes fins.

Tendo en conta que é a CPTOPT o organismo no que descansan en última instancia as competencias de disciplina urbanística da Comunidade Autónoma, entendemos que un pronunciamento desta Consellería a favor de dita modificación puntual suporía un grave precedente, ao sancionar unha modificación puntual dun Plan Xeral de Ordenación Municipal que se realiza co único fin de adaptar a norma a unha obra, cando o que é de xustiza é que sexan as obras as que se adapten a norma vixente.

Reclamamos tamén da Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Dona María José Caride unha tutela efectiva da legalidade urbanística, instando ao Concello de Ferrol á paralización das obras, e se este requerimento non se cumprira no prazo indicado, a executar subsidariamente as competencias que garantan a legalidade urbanística, segundo o previsto no artigo 230 da LOUPMRG.

--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:

Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.

xoves, decembro 28, 2006

Concentracion anti-actual-ubicación-Planta de Gas o 30 de Decembro no Inferniño

Os Verdes: Concentracion anti-actual-ubicacion-Planta de Gas o 30 de Decembro no Inferniño ás 19 h

calareo
28 de diciembre de 2006 23:18
Para:Plataforma Ártabra 21 -artabra21@gmail.com-


O vindeiro sábado, día 30 de Decembro, unha vez máis, convocamos a todos os cidadáns de Ferrolterra á Concentración que terá lugar no Inferniño, ás 7 da tarde, co fin de expresar o noso rexeitamento á ubicación da Planta de Gas de Reganosa, fronte a Ferrol.

Para tal fin dispoñeremos de face ao publico asistente dun video que lles mostrará o accidente ocorrido no ano 98 en Australia, preto de Sidney, e que obrigou a evacuar, en escasos minutos, a mais de 40.000 persoas. Foi por mor dun escape e posterior explosión nun almacén de tanques de Gas Natural Licuado, que contiñan 800 Tm do mesmo. Un dos tanques saíu disparado a varios Km de distancia, e véselle no video impulsado como un foguete espacial.

Expoñemos estas imaxes con datos, para unha mellor valoración do risco destas instalacións pois en Reganosa haberá 300.000 Tm, ou sexa case 400 veces mais.

¿Haberá tempo de evacuar ás 100.000 persoas da contorna da ría ferrolana en caso de escape ou accidente en Reganosa...? ¿Quen asumirá entón a responsabilidade pola catástrofe...?

Entre todos, aínda estamos a tempo de evitar unha catástrofe se non queremos participar nas responsabilidades derivadas dun accidente na mesma por causa de non mostrar o noso rexeitamento a tempo. Esta é un labor que todos nós facemos en conciencia, e que seguiremos facendo ata que se recoloque a planta.

Saúdos cordiais e Feliz Ano.

Carlos A. Lareo, Portavoz de Os Verdes-Grupo Verde de Ferrolterra

http://www.osverdes.org
Tfno. 619 083 499

xoves, decembro 21, 2006

Acordos da PA21, na súa reunión do martes 19 de decembro, no Ateneo Ferrolán

A Asemblea da Plataforma Artabra21, na súa reunión do martes día 19 no Ateneo Ferrolán, acorda :

- RATIFICAR o acordado polas Asociacións Veciñais e organizacións CONVOCANTES, ademais do apoio dos sindicatos CC.OO, CIG, UGT, de realizar unha NOVA MANIFESTACIÓN CONTRA A CONSTRUCION DUN EDIFICIO DENTRO DA PRAZA DE PORTA-NOVA - PRAZA DE ESPAÑA PARA O DÍA 14 DE XANEIRO, nos mesmos termos, condicións e percorrido que a realizada o pasado día 3 de Decembro-06.

- Aprobamos a realizacion dunha INICIATIVA POPULAR, o abeiro da lei reguladora de rexime local e medidas para a modernización do goberno local 57/2003 de 16 de decembro, artigos 18 e 70 bis, para UNHA RECOLLIDA DE SINATURAS DE TODOS/AS OS/AS VECIÑOS/AS CENSADOS NA CIDADE DE FERROL.

Solicitamos a PARTICIPACIÓN CIDADÁ para acadar 6.600 sinaturas/firmas, 10% do CENSO, co fin de apresentalas no Concello de Ferrol e asi poder reabrir un novo debate deste tema en SESION PLENARIA.
Ferrol a 21 de Decembro de 2006.
Pola Asemblea.
A Xunta Coordinadora.
asdo.
José R. Jove
Ernesto Lopes
Miguel Reimundez
Xosé M. Sanxoan

________________________________

Achegamos escrito de recollida de asinaturas.
A xunta coordinadora da futura Plataforma Ártabra21 , comunica


-INICIATIVA POPULAR-


A PLATAFORMA ARTABRA21, integrada por Asociacións Veciñais, Asociacións Ecoloxistas, Partidos, Organizacións, Colectivos e os veciños e veciñas do Concello de Ferrol abaixo asinantes , no lexítimo exercicio do DEREITO A PARTICIPACIÓN CIDADÁ , MANIFESTAN:

Que facendo uso do precitado dereito de configuración democrática , efectúan O CONCELLO DE FERROL e ó abeiro do establecido nos artigos 18 e 70 bis da Lei 57/2003 , de 16 de decembro, de MEDIDAS PARA A MODERNIZACIÓN DO GOBERNO LOCAL , a seguinte PROPOSTA DE INICIATIVA POPULAR:

1º .- PARALIZACIÓN DAS OBRAS que se está a construír dun EDIFICIO ILEGAL dentro da PRAZA DE PORTA NOVA- PRAZA DE ESPAÑA.

2º .-Esixir do ALCALDE E CONCELLEIROS A MÁXIMA PRIORIDADE PARA REMATAR a TAPA de SUPERFICIE da PRAZA, libre de todo IMPACTO VISUAL para GOZO PEONIL DA CIDADANÍA.

NOME

APELIDOS

D.N.I

SINATURA










































- SR. ALCALDE –PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL -

mércores, decembro 20, 2006

Sobre as inconsistencias do BNG

Opinión

De: os verdes
-osverdesferrol@yahoo.es-
Data: 20-dec-2006 1:35

O pasado día 14 de Decembro o responsable de pesca do BNG, Bieito Lobeira, esixíalle ao PSOE o cumprimento do seu compromiso de retirar os depósitos quimicos de O Ferrazo no porto de Villagarcía, así como a eliminación do transporte marítimo de hidrocarburos na zona, porque segundo el: ¿A ría de Arousa é unha bomba de reloxería?. Recordemos que son 80.000 m3 de produtos petrolíferos a menos de 1.200 mts de Villagarcía.

En Ferrolterra, en cambio, os responsables do BNG, con Francisco Rodríguez á cabeza, están promoviendo a ubicación da Planta de Gas de Reganosa a escasos 100 metros de casas habitadas, vulnerando a lei -e o sentido común- que esixe apartar estas industrias das proximidades da poboación. Recordemos que conterán 600.000 m3 de GNL, e estarán a 800 mts do centro de Mugardos e a 1.900 de Ferrol.

Os Verdes-Grupo Verde queremos denunciar a política inconsistente e plagada de contradicións do BNG, que está levando aos cidadáns de Ferrolterra a converterse nos habitantes sobre os que pende a mais grave ameaza para a vida das persoas e a riqueza natural de toda Europa.

A contorna da ría, ata hai pouco privilexiado, convértese a partir de agora -pola complicidade do BNG con Reganosa-, nunha auténtica BOMBA DE RELOXERÍA, susceptible de arrasar mais de 4 Km á redonda (100.000 habitantes), como sinalan os estudos internacionais dos peritos en dispersión de gas natural licuado.

Porque, entre todos, aínda estamos a tempo de deter este despropósito. Acode ás concentracións verdes os dias 30 de cada mes no Inferniño ás 7 da tarde.

Carlos A. Lareo, Portavoz de Os Verdes-Grupo Verde de Ferrolterra
http://www.osverdes.org
Tfno. 619 083 499

luns, decembro 18, 2006

Importantes propostas de modificacións da Acta da reunión da Xunta Coordenadora da PA21, celebrada o pasado 12 de decembro.

O pasado 12 de decembro, tivo lugar unha reunión da Xunta Coordenadora da PA21, nos locais da Asoc. Vec. de Esteiro "Fontelonga", despois dunha reunión das entidades convocantes das mobilizacións contra o macro-edificioda da Praza da Porta Nova [Praza de España].

Nesta reunión referenciada, informouse dos acordos da reunión das entidades convocantes e se acordaron outros asuntos, entre os que están a preparación da orde do día da vindeira Asemblea Xeral Ordinaria que está previsto que se celebre nos locais do Ateneo Ferolán o martes, 19 de decembro, ás 19:00 hrs.

__________________________

Modificacións propostas, Acta referenciada e convocatoria da VI Asemblea Xeral da PA21:

______________________

Plataforma Artabra 21 A Plaraforma da Costa Artabra, Ortegal e Eume -artabra21@gmail.com-
17 de Dezembro de 2006 23:31

Para: aaaa@bbb.com

A Xunta Coordinadora , en reunión o pasado día 12, acordou propoñer a Asemblea do vindeiro martes unha RECOLLIDA DE SINATURAS , adxunto impreso conforme a lei de Rexime Local e modernizacion da administracion local.

Engadir este apartado ao ponto 4 da ORDE DO DIA DA ASEMBLEA , respecto a vindeira MANIFA DO DÍA 14 DE XANEIRO.

Ferrol a 17 de Decembro de 2006

A Xunta Coordinadora

asdo.
mel sanxoan


Proposta do companñeiro mel sanxoan de encabezamento do escrito para recollida de sinaturas:

A PLATAFORMA ARTABRA21, integrada por Asociacións Veciñais, Asociacións Ecoloxistas, Partidos, Organizacións, Colectivos e os veciños e veciñas do Concello de Ferrol abaixo asinantes , no lexítimo exercicio do DEREITO A PARTICIPACIÓN CIDADÁ , MANIFESTAN:

Que facendo uso do precitado dereito de configuración democrática , efectúan O CONCELLO DE FERROL e ó abeiro do establecido nos artigos 18 e 70 bis da Lei 57/2003 , de 16 de decembro, de MEDIDAS PARA A MODERNIZACIÓN DO GOBERNO LOCAL , a seguinte PROPOSTA DE INICIATIVA POPULAR:

1º .- Que non se constrúa ningún EDIFICIO nin CAFETARÍAS dentro da Praza de España. Porta Nova.

2º .-Esixir do ALCALDE E CONCELLEIROS A MÁXIMA PRIORIDADE PARA REMATAR a TAPA da SUPERFICIE da PRAZA, libre de todo IMPACTO VISUAL para GOZO PEONIL DA CIDADANÍA.

___________________________

Modificacións acta Xunta Coordinadora do día 12

amadeo -avarela36@mundo-r.com-
14 de diciembre de 2006 13:37
Para: artabra21@gmail.com

Coido que o borrador da acta da reunión da Coordinadora pode inducir a confusión entre os nosos acordos e os dos convocantes da MANIFA. Para mellor entendemento e para evitar malentendidos, propoño modificar os puntos 2º e 3º:

No punto nº 2.- Estado de contas.-

O Tesoireiro José R. Jove informa de que, despois da recadación efectuada ata día de Hoxe, e dos gastos de pancarta, carteis, etc., queda un saldo a favor de 86 euros.

No punto nº 3.- Proposta de ratificación...

a).- A Xunta Coordinadora comunicará á Asemblea do día 19, a decisión dos convocantes da Manifa do día 3 – 12 - 2006, de repetir a convocatoria para o 14 – xaneiro 2007, nos mesmos termos que a anterior, e proporá a participación da nosa Plataforma.

b).- Con respecto a este asunto, a Coordinadora acordamos:

1.- Propoñer á Asemblea a nosa participación na representación dos Convocantes para entrevista co Concelleiro de Urbanismo o día 27 de ás 5 da tarde.

2.- Informar da decisión dos Comerciantes de A Magdalena de non participar nas mobilizacións.

3.- Informar da decisión dos Convocantes de solicitar entrevistas con responsables da Xunta de Galicia relacionados co tema da Praza de España.

4.- Informar do acordo dos Convocantes de solicitar entrevistas con diferentes asociacións, organizacións, entidades, etc.para pedir o seu apoio á MANIFA.

5.- Informar do acordo dos Convocantes sobre o cartel da Manifa, co lema: Na defensa... e Non ao edificio...

6.- Informar do acordo dos Convocantes de encargar 4.000 panfletos e 300 carteis para repartir na cidade.

7.- Informar do acordo dos Convocantes de utilizar a megafonía a partir do día 8 de xaneiro, facendo un chamamento...

Como sempre, a redacción desta proposta pódese modificar, mais penso que é imprescindible manter a idea de diferenciar os nosos acordos dos acordos dos Convocantes. Sinto non poder estar o día 19. Un saúdo.

____________________________________
XUNTA COORDINADORA
12 de Decembro de 2006

A Xunta Coordinadora, reúnese no Local da Asociación Veciñal de Fontelonga a partir das 8 da tarde , estando os representantes Ignacio Allegue, Amadeo Varela, Miguel Reimundez , José R. Jove e Xosé M. Sanxoán.

1º .- ACTA, queda PENDENTE.

2º .- Estado de CONTAS.- José R. Jove informa que se producíron gastos en concepto de carteis e panfletos na MANIFA de 152, 00 € , quedando un SALDO de 86, 00 €.

Apunta que hai aínda varias entidades- colectivos que non ingresaron as COTAS do 2ºSEMESTRE-06, manifestando a Xunta Coordinadora cal é o motivo de non facelas efectivo e de continuar así haberá que facer un chamamento a responsabilidade, que de persistir haberá unha REPROBACIÓN na vindeira ASEMBLEA .

3º .- Proposta de RATIFICACIÓN DE MANIFESTACIÓN para o día 14 de XANEIRO-07.-

A Xunta Coordinadora proporá a vindeira ASEMBLEA do día 19 unha convocatoria de MANIFESTACIÓN para o día 14 de XANEIRO, nos mesmos termos que a primeira do día 3 de Decembro co resto de convocantes.

* Acordamos que irá unha REPRESENTACIÓN dos CONVOCANTES, a ENTREVISTARNOS CO CONCELLEIRO DE URBANISMO , o vindeiro día 27 de Decembro ás 5 da tarde.

* Os Comerciantes do Centro Aberto A Magdalena, DECIDIRON en Xunta Directiva NON PARTICIPAR NAS MOBILIZACIÓNS.

* Solicitamos unha REUNIONS con Responsables da Xunta de Galiza, Directores Xerais e Delegados de Urbanismo, Medio Ambiente, Patrimonio...

* Solicitamos unha serie de entrevistas con organizacións para apoiar a Manifestación coma son Coordinadora Veciñal da Zona Rural, Federación Roi Xordo, PSOE, BNG, Comerciantes do Mercado..etc.

* Cartel da MANIFESTACIÓN CO LEMA:

NA DEFENSA DOS ESPAZOS PUBLICOS

NON AO EDIFICIO DA PRAZA DE ESPAÑA-PORTA NOVA.

* Encargar 4.000 panfletos e 300 ? carteis de cada para efectuar REPARTOS.

* MEGAFONIA a partir do día 8 de xaneiro , facendo un chamamento de compromiso e un esforzo de todos/as durante ista semana cara os REPARTOS DE PANFLETOS, CARTEIS..etc.

4º .- Aprobación dunha DECLARACIÓN en canto ó acontecido na SESION PLENARIA no Concello de Ferrol do día 17 de Novembro a respecto dos RECURSOS XUDICIAIS CONTRA A PLANTA DE GAS .-

Estase facendo a Redacción do Documento.

5º .- Aprobación dunha DECLARACION respecto o ACORDO da pasada Asemblea de NON ENVIAR NOTICIAS AO GRUPO VOZ.-

Presentará Xosé Mel Sanxoán un Manifesto.

6º .- Acordamos a redacción da ORDE DO DIA para a vindeira Asemblea do día 19 de Decembro a celebrar no Ateneo Ferrolán.

7º .- Suxestións e preguntas.- Non hai.

Ferrol a 12 de Decembro de 2006.

A Xunta Coordinadora.-

Asdo.
Miguel Raimundez
Amadeo Varela
José R. Jove
Carlos Gª Seoane
Ernesto Lopes
Xosé M. Sanxoán


______________________

Convocatoria da VI Asemblea Xeral da Plataforma Ártabra 21 martes, 19 de decembro

Na última Asemblea Xeral celebrada en Caranza, o pasado 28 de Novembro, quedou convocada a celebración da VI Asemblea Xeral, para o 19 de dezembro ás 19:00 hs no Ateneo Ferrolán.

A orde dodía da convocatoria será elaborado pola Xunta Coordenadora na próxima reunión.

CONVOCATORIA ASEMBLEA
19 de Decembro de 2006

CONVOCATORIA de ASEMBLEA XERAL para o vindeiro martes día 19 de Decembro-06, a partir das 7 da tarde no Ateneo Ferrolán.

ORDE DO DÍA:

1º.- Lectura e aprobación da ACTA anterior.

2º.- Estado de CONTAS.

3º.- MANIFESTACIÓN do pasado día 3 de Decembro contra a política urbanística Municipal.-
- Análise e avaliación.

4.- Proposta de RATIFICAR NOVA MANIFESTACION para o DOMINGO 14 de Xaneiro.
-Información, debate e propostas.

5º.- Aprobación dun MANIFESTO respecto actuación dos Representantes Municipais do Concello de Ferrol no pasado PLENO do día 17 a respecto de retirar os RECURSOS XUDICIAIS contra a Planta de Gas.

- Aprobación dunha DECLARACION de NON ENVIAR NOTICIAS AO GRUPO VOZ.

6º .- REDE LITORAL VIVO.? -
Informe

7 º.-Incorporacións de entidades e organizacións a Plataforma PA21.
Asociación Veciñal de STª. MARIÑA.-
Asociación Ecoloxista AMIGOS DA TERRA -CEDEIRA

8º.- Suxestións e preguntas.-

9º.- Nomeamento DATA e LUGAR DA VINDEIRA ASEMBLEA.


Ferrol a 13 de decembro de 2006.

A Xunta Coordinadora.
Asdo.
Amadeo varela
Ernesto Lopes
José R. Jove
Miguel Reimundez
Carlos Gª Seoane
Xosé M. Sanxoán

Rehabilitar Recimil

Opinión
De: Olga Fra -olgafra@yahoo.es-

Os preliminares para a rehabilitación do barrio de Recimil están en marcha. Leva a iniciativa a Consellería de Vivenda. E isto produce certa vergoña, porque é a maior proba da deixación de funcións dun goberno local que non cre que paga a pena facer política no municipio e para o municipio.

¿Quen ten e quen debe ter a iniciativa na rehabilitación de Recimil? Son os concellos quen solicitan as Áreas de Rehabilitación Integral e tamén quen preparan a memoria-programa de actuacións. Neste caso, en contra do establecido, a Consellería de Vivenda realiza o estudio de viabilidade. É anómalo e preocupante que o Concello de Ferrol, ademais propietario, non sexa o promotor da iniciativa. Aínda así, debería adoptala e liderala de inmediato, matizándoa como máis lle satisfaga. Non importa que en tempos o goberno municipal non apostara pola rehabilitación. Recimil é a súa responsabilidade a todos os niveis: está en xogo a capacidade do Concello de Ferrol para asentar o seu propio patrimonio de vivenda e solo, utilizalo para atraer poboación nova e, por suposto, resolver con sensibilidade o problema que el mesmo creou e fixo padecer aos habitantes de Recimil durante tanto tempo. Oímos a cotío amargas queixas dirixidas desde o goberno local a outras administracións. Non se trata neste caso de reclamar para Ferrol infraestructuras, portos, polígonos industriais, todas elas causas honorables nas que o alcalde terá voz pero non voto. É fácil esixir sobre o que é competencia doutros. Aquí trátase de desenvolver as funcións propias, con todas as vantaxes e poucos inconvintes, e cóntase co devecido apoio dunha consellería. Por iso é escandaloso que o goberno municpal pase, lonxe de representar un papel activo e rehabilitarse tamén el nas funcións que lle toca exercer. É de esperar que, con este desinterese, un día decida ceder Recimil enteiro á Xunta, xestión e todo. ¿Verémolo anunciar que por fin se librou do problema?

Esta idea tantas veces repetida é anacrónica e irresponsable. Pensemos por qué a Consellería de Vivenda non fuxe de Recimil. Encaixa na súa política ata o lucimento, xa que Recimil ten condicións para ser un referente na recuperación de barrios. Pero ademais, en boa lóxica, valora os réditos económicos que a rehabilitación e xestión de Recimil poden darlle. Por ámbalas dúas razóns debemos reivindicar que o Concello de Ferrol tome a iniciativa na rehabilitación de Recimil: ¡isto é o que lle corresponde! Ben sei que se pode dicir berrando, porque o goberno municipal non quere comprender que a política pública de vivenda é unha das súas obrigas.

Olga Fra Gálvez
é arquitecta.

Artigo orixinal no Diario de Ferrol

xoves, decembro 14, 2006

EU pide unha "saída digna" para a Praza da Porta Nova - Praza de España

O Diario de Ferrol de hoxe publica unha nova de interese, referente a actuación municipal no asunto do macro-edificio da Praza da Porta Nova - Praza de España, a raíz dunhas declaracións da portavoz municipal de Esquerda Unida - IU, Yolanda Díaz, no concello de Ferrol.

Diario de Ferrol
Ferrol | Xoves, 14 de Decembro de 2006

FERROL
EU pide unha "saída digna" para a praza de España
A portavoz de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, expresou onte o seu apoio ás movilizaciones contra o edificio da praza de España e mostrouse disposta a recorrer á vía xudicial se non se paralizan as obras. Rexeitou así mesmo calquera "saída falsa" acordada entre a Dirección Xeral de Urbanismo e o Concello.

REDACCIÓN > FERROL

A portavoz do grupo municipal de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, expresou onte o seu apoio ás manifestacións convocadas en contra do edificio da praza de España á vez que deixou clara a posición desta formación política no sentido de que as citadas obras son ilegais. A edil pediu ao alcalde, Juan Juncal, que lidere unha nova política en torno a este proxecto buscando, coas empresas que están traballando na zona, algún tipo de solución negociada que permita dar "unha saída digna" ao problema económico que supoñería deixar agora sen executar o edificio previsto.

Como se recordará, o acordo entre o Concello e a empresa adjudicataria das obras contemplaba a construción dun túnel entre a avenida do Rei e a de Vigo para o paso subterráneo de vehículos sen custo algún para a institución municipal, a cambio da concesión durante 50 anos da explotación do edificio de 21 metros de altura que se está levantando na zona e que suscitou unha polémica que ata chegou á vía xudicial. A federación vecinal "Roi Xordo" puxo en coñecemento da Fiscalía as irregularidades que, ao seu xuízo, déronse no proceso de adjudicación, entre elas que o chan sobre o que se constrúe o inmueble está cualificado no Plan Xeral de Ordenación Municipal como sistema viario.

Contencioso > Agora, Esquerda Unida anuncia tamén a súa intención de recorrer a un contencioso-administrativo no caso de que o proxecto siga adiante tal e como está concibido e de que o alcalde non rectifique, como solicita esta formación política. Yolanda Díaz manifestou que o seu grupo non está disposto a admitir "unha saída falsa", en relación a un posible acordo entre a Dirección Xeral de Urbanismo -en cuxo tellado está agora a pelota da recalificación da zona- e a concejalía que dirixe Guillermo Evia.

Para a portavoz de Esquerda Unida, o Concello ten a posibilidade de negociar algún tipo de solución coa empresa afectada e, neste sentido, referiuse a que "hai necesidades noutros puntos dá cidade como ou Bertón, ou ou mercado de Caranza".

En relación cos usos comerciais previstos para o inmueble, Yolanda Díaz considerou que hai lugares máis adecuados e engadiu que é preciso "buscar espazos alternativos para ter unha rendabilidade económica e, sobre todo, social".

Legalidade > A portavoz de EU insistiu na necesidade de facer valer a legalidad, recordou que se vulneraron o procedemento administrativo e o Plan Xeral, ademais de establecerse unha concesión "abusiva". Esta formación política defende a paralización das obras e recorda que hai 23 asociacións que xa expresaron o seu rexeitamento ás obras, que suscitan ademais -dixo Díaz- unha forte contestación social. Neste contexto, a concejala considera que a única "saída digna" é a paralización das obras.

Critica finalmente que desde o Concello déase "a calada por resposta" ás voces contrarias ao edificio da praza de España e continúese falando de datas de finalización: o 22 de decembro para o túnel e marzo do próximo ano para o resto da praza.

Noticia orixinal publicada no Diario de Ferrol [14.12.2006] :
http://www.diariodeferrol.com

Proxecto para a construcción dun túnel na autovía Ferrol-Vilalba que evitaría a destrucción do Círculo Lítico da Mourela


Decembro 10, 2006
ADEGA PRESENTA UNHA ALTERNATIVA PARA SALVAR O CÍRCULO LÍTICO DA MOURELA - AS PONTES

ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio de As Pontes veñen de presentarlle á Xunta un proxecto para a construcción dun túnel na autovía Ferrol-Vilalba que evitaría a destrucción do Círculo Lítico da Mourela, un conxunto megalítico único en Galiza. A D. X. de Patrimonio xa amosou o seu apoio a esta alternativa, viábel técnica e económicamente. Só falla que a D. X. de Obras Públicas amose a mesma sensibilidade na conservación da nosa herdanza cultural.

As obras da autovía Ferrol-Vilalba están arestora paradas á altura do polígono industrial dos Airíos (As Pontes) á espera de que Patrimonio remate as prospeccións arqueolóxicas na zona. Sería lamentábel que, unha vez máis, a conservación da nosa herdanza cultural ficara nun segundo plano, e que os servizos arqueolóxicos da Xunta tiveran que limitarse a levantar acta da desfeita, facendo de forenses dun patrimonio sacrificado a maior gloria das infraestruturas.

O proxecto desta obra, que data do ano 2000, non considerou como se merecía o excepcional valor deste xacemento, único en Galiza e "descoberto" por Federico Maciñeira a principios do século XX. No estudo de impacto, redúcense considerábelmente os perímetros de protección, considerando só de xeito illado algunhas das mámoas da necrópole e ignorando o círculo lítico que se dá por desaparecido. O trazado da autovía proxéctase pois sobre este elemento, a pesares de figurar nas normas subsidiarias da provincia da Coruña e estar catalogado polo Concello de As Pontes.
Alén disto, o polígono industrial anexo (os Airíos) acabou por destruir no seu momento (1996) parte do conxunto, incluíndo outro círculo lítico máis pequeno e algunhas mámoas situadas ao nordeste do monumento maior. Arestora, este importantísimo conxunto megalítico é só a sombra do que foi no pasado, e dos dous círculos líticos (ou cromlechs), monumentos moi raros en Galiza, é certo que pouco queda xa. Pero trátase das nosas pedras e da herdanza dos devanceiros á que non podemos nen debemos renunciar.

Por iso, dende ADEGA e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio das Pontes coidamos que cómpre facer todo o posíbel para conservar este monumento. E persuadidos disto, vimos de presentar á administración un proxecto para evitar a consumación da desfeita. Trátase dun túnel que, aproveitando os desmontes xa feitos, pasaría baixo o conxunto megalítico. Esta obra é técnica e económicamente viábel (non supera a marxe legal de incremento do orzamento) e conta co visto bó da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, que nun primeiro momento xa expuxera unha alternativa similar á CPTOP.

A decisión está, xa que logo, nas mans da CPTOP. ADEGA e a Plataforma coidamos que sería un erro imperdonábel non considerar sequera esta alternativa. É obriga das administracións tentar harmonizar a conservación do noso patrimonio (natural, cultural, arqueolóxico...) co desenvolvemento económico e social. Niso consiste o desenvolvemento sustentábel. O contrario suporía perpetuar as políticas depredadoras e insolidarias das que en Galiza en xeral e nas Pontes en particular xa tivemos dabondo.

ADEGA
http://www.adega.info/

MÁIS INFORMACIÓN
http://www.amigus.org/mourela.php

Acta da reunión da Xunta Coordenadora da PA21, celebrada o 12 de Decembro de 2006

Plataforma Artabra 21 A Plaraforma da Costa Artabra, Ortegal e Eume -artabra21@gmail.com-
17 de Dezembro de 2006 23:31

Para: aaaa@bbb.com

A Xunta Coordinadora , en reunión o pasado día 12, acordou propoñer a Asemblea do vindeiro martes unha RECOLLIDA DE SINATURAS , adxunto impreso conforme a lei de Rexime Local e modernizacion da administracion local.

Engadir este apartado ao ponto 4 da ORDE DO DIA DA ASEMBLEA , respecto a vindeira MANIFA DO DÍA 14 DE XANEIRO.

Ferrol a 17 de Decembro de 2006

A Xunta Coordinadora

asdo.
mel sanxoan


Proposta do companñeiro mel sanxoan de encabezamento do escrito para recollida de sinaturas:

A PLATAFORMA ARTABRA21, integrada por Asociacións Veciñais, Asociacións Ecoloxistas, Partidos, Organizacións, Colectivos e os veciños e veciñas do Concello de Ferrol abaixo asinantes , no lexítimo exercicio do DEREITO A PARTICIPACIÓN CIDADÁ , MANIFESTAN:

Que facendo uso do precitado dereito de configuración democrática , efectúan O CONCELLO DE FERROL e ó abeiro do establecido nos artigos 18 e 70 bis da Lei 57/2003 , de 16 de decembro, de MEDIDAS PARA A MODERNIZACIÓN DO GOBERNO LOCAL , a seguinte PROPOSTA DE INICIATIVA POPULAR:

1º .- Que non se constrúa ningún EDIFICIO nin CAFETARÍAS dentro da Praza de España. Porta Nova.

2º .-Esixir do ALCALDE E CONCELLEIROS A MÁXIMA PRIORIDADE PARA REMATAR a TAPA da SUPERFICIE da PRAZA, libre de todo IMPACTO VISUAL para GOZO PEONIL DA CIDADANÍA.

___________________________

Modificacións acta Xunta Coordinadora do día 12

amadeo -avarela36@mundo-r.com-
14 de diciembre de 2006 13:37
Para: artabra21@gmail.com

Coido que o borrador da acta da reunión da Coordinadora pode inducir a confusión entre os nosos acordos e os dos convocantes da MANIFA. Para mellor entendemento e para evitar malentendidos, propoño modificar os puntos 2º e 3º:

No punto nº 2.- Estado de contas.-

O Tesoireiro José R. Jove informa de que, despois da recadación efectuada ata día de Hoxe, e dos gastos de pancarta, carteis, etc., queda un saldo a favor de 86 euros.

No punto nº 3.- Proposta de ratificación...

a).- A Xunta Coordinadora comunicará á Asemblea do día 19, a decisión dos convocantes da Manifa do día 3 – 12 - 2006, de repetir a convocatoria para o 14 – xaneiro 2007, nos mesmos termos que a anterior, e proporá a participación da nosa Plataforma.

b).- Con respecto a este asunto, a Coordinadora acordamos:

1.- Propoñer á Asemblea a nosa participación na representación dos Convocantes para entrevista co Concelleiro de Urbanismo o día 27 de ás 5 da tarde.

2.- Informar da decisión dos Comerciantes de A Magdalena de non participar nas mobilizacións.

3.- Informar da decisión dos Convocantes de solicitar entrevistas con responsables da Xunta de Galicia relacionados co tema da Praza de España.

4.- Informar do acordo dos Convocantes de solicitar entrevistas con diferentes asociacións, organizacións, entidades, etc.para pedir o seu apoio á MANIFA.

5.- Informar do acordo dos Convocantes sobre o cartel da Manifa, co lema: Na defensa... e Non ao edificio...

6.- Informar do acordo dos Convocantes de encargar 4.000 panfletos e 300 carteis para repartir na cidade.

7.- Informar do acordo dos Convocantes de utilizar a megafonía a partir do día 8 de xaneiro, facendo un chamamento...

Como sempre, a redacción desta proposta pódese modificar, mais penso que é imprescindible manter a idea de diferenciar os nosos acordos dos acordos dos Convocantes. Sinto non poder estar o día 19. Un saúdo.

____________________________________
XUNTA COORDINADORA
12 de Decembro de 2006

A Xunta Coordinadora, reúnese no Local da Asociación Veciñal de Fontelonga a partir das 8 da tarde , estando os representantes Ignacio Allegue, Amadeo Varela, Miguel Reimundez , José R. Jove e Xosé M. Sanxoán.

1º .- ACTA, queda PENDENTE.

2º .- Estado de CONTAS.- José R. Jove informa que se producíron gastos en concepto de carteis e panfletos na MANIFA de 152, 00 € , quedando un SALDO de 86, 00 €.

Apunta que hai aínda varias entidades- colectivos que non ingresaron as COTAS do 2ºSEMESTRE-06, manifestando a Xunta Coordinadora cal é o motivo de non facelas efectivo e de continuar así haberá que facer un chamamento a responsabilidade, que de persistir haberá unha REPROBACIÓN na vindeira ASEMBLEA .

3º .- Proposta de RATIFICACIÓN DE MANIFESTACIÓN para o día 14 de XANEIRO-07.-

A Xunta Coordinadora proporá a vindeira ASEMBLEA do día 19 unha convocatoria de MANIFESTACIÓN para o día 14 de XANEIRO, nos mesmos termos que a primeira do día 3 de Decembro co resto de convocantes.

* Acordamos que irá unha REPRESENTACIÓN dos CONVOCANTES, a ENTREVISTARNOS CO CONCELLEIRO DE URBANISMO , o vindeiro día 27 de Decembro ás 5 da tarde.

* Os Comerciantes do Centro Aberto A Magdalena, DECIDIRON en Xunta Directiva NON PARTICIPAR NAS MOBILIZACIÓNS.

* Solicitamos unha REUNIONS con Responsables da Xunta de Galiza, Directores Xerais e Delegados de Urbanismo, Medio Ambiente, Patrimonio...

* Solicitamos unha serie de entrevistas con organizacións para apoiar a Manifestación coma son Coordinadora Veciñal da Zona Rural, Federación Roi Xordo, PSOE, BNG, Comerciantes do Mercado..etc.

* Cartel da MANIFESTACIÓN CO LEMA:

NA DEFENSA DOS ESPAZOS PUBLICOS

NON AO EDIFICIO DA PRAZA DE ESPAÑA-PORTA NOVA.

* Encargar 4.000 panfletos e 300 ? carteis de cada para efectuar REPARTOS.

* MEGAFONIA a partir do día 8 de xaneiro , facendo un chamamento de compromiso e un esforzo de todos/as durante ista semana cara os REPARTOS DE PANFLETOS, CARTEIS..etc.

4º .- Aprobación dunha DECLARACIÓN en canto ó acontecido na SESION PLENARIA no Concello de Ferrol do día 17 de Novembro a respecto dos RECURSOS XUDICIAIS CONTRA A PLANTA DE GAS .-

Estase facendo a Redacción do Documento.

5º .- Aprobación dunha DECLARACION respecto o ACORDO da pasada Asemblea de NON ENVIAR NOTICIAS AO GRUPO VOZ.-

Presentará Xosé Mel Sanxoán un Manifesto.

6º .- Acordamos a redacción da ORDE DO DIA para a vindeira Asemblea do día 19 de Decembro a celebrar no Ateneo Ferrolán.

7º .- Suxestións e preguntas.- Non hai.

Ferrol a 12 de Decembro de 2006.

A Xunta Coordinadora.-

Asdo.
Miguel Raimundez
Amadeo Varela
José R. Jove
Carlos Gª Seoane
Ernesto Lopes
Xosé M. Sanxoán

A censura da Voz de Galicia contra Os Verdes de Ferrolterra por pedir a reubicación da planta de gas de Reganosa

A censura de La Voz de Galicia contra Os Verdes de Ferrolterra por pedir a reubicacion da planta de gas de Reganosa
13 de diciembre de 2006 16:59
De: calareo
Para: PA21 -artabra21@gmail.com-

Achégovos o comunicado para todos os medios de España con respecto á actitude da Voz de Galicia e Reganosa. Non se ven as direccións ás que os envíe, pero son moitas e axencias de prensa inclusive.

Por suposto mandeillo en primeiro lugar á Voz.
Porque hai que dicir as cousas como son.
Saúdos
_________________

calareo escribeu:

Data: Wed, 13 Dec 2006 16:42:31 +0100 (CET)
De: calareo -calareo@yahoo.es-

Asunto: A censura da Voz de Galicia contra Os Verdes de Ferrolterra por pedir a reubicación da planta de gas de Reganosa

Para: medios de comunicación -aaa@bbb.ccc-

CC: redac.coruna@lavoz.com, redac.coruna@lavoz.es, redac.ferrol@lavoz.com,
redac.ferrol@lavoz.es, redac.lugo@lavoz.com, redac.lugo@lavoz.es,
redac.orense@lavoz.com, redac.ourense@lavoz.es,
redac.pontevedra@lavoz.com, redac.pontevedra@lavoz.es,
redac.santiago@lavoz.com, redac.santiago@lavoz.es,
isidoro.valerio@radiovoz.es, radiovoz@grupovoz.com, denuncias@lavoz.es,
cart.director@lavoz.es
__________________

Estes artigos son só unha mostra, pero xunto a outros publicados por diversos medios de prensa (proximamente tambien en TVE e Intervíu), recórdannos aos ferrolanos que aínda existen bastantes medios libres -polo menos neste tema- , que actúan co código deontolóxico na man, á marxe dos intereses creados.
__________________

http://www.laopinioncoruna.es/Carta=1477

http://www.elcorreogallego.es/Noticia=52077

http://www.galicia-hoxe.com/Noticia=54129

http://www.marinacivil.com/ida=2776

http://www.galiciadigital.com/id=4038

http://www.xornal.com/id=20061025114829

http://es.news.yahoo.com/obras-reganosa.html
__________________

Comunicado de Os Verdes-Grupo Verde de Ferrolterra, de 13 de Decembro de 2006:

A TODOS Os MEDIOS DE PRENSA DESTE PAÍS

Xa falta menos para as eleccións. E polo tanto, falta menos para que o pobo de Ferrol coñeza públicamente a actitude prol-Planta de Gas de La Voz Galicia, como iremos denunciando en todos os nosos próximos actos políticos.

E é que, La Voz, se quedo afónica? e desde fai anos vén silenciando sistemáticamente todos os actos do movemento contra a Planta de Gas de Reganosa en Mugardos, entre eles a denuncia dos Profesionais de Urxencias e Urxencias de Ferrol e por suposto as do recentemente creado grupo político Os Verdes -Grupo Verde de Ferrolterra.

Queremos empezar a denunciar este feito públicamente ante todos os medios, pois salvo La Voz de Galicia, os demais si que nos dais cobertura informativa.

Os ferrolanos teñen dereito á información libre, sen censuras de ningún tipo. Por suposto, que a censura que nos practican non está ao nivel da que La Voz fixo con Ignacio Ramonet, cando recibiu nesta cidade o premio José Couso á liberdade de prensa, pero -sendo doutro calibre- é a mesma actitude intolerante e interesada.

Queremos denunciar unha vez mais que La Voz será corresponsable de calquera accidente que suceda en Reganosa, xa que oculta todo tipo de datos con respecto aos seus riscos e sobre a contaminación que producirá na ría ferrolana. Reiteramos: LA VOZ SERÁ CORRESPONSABLE, e os seus directivos e/ou xornalistas -que calan e outorgan- o serán igualmente.

Queremos que se saiba o seu silencio cómplice con Reganosa. E non pararemos ata que todo Ferrol coñeza a actitude sectaria e tendenciosa deste xornal connosco e coa planta de gas. Queremos recordar que non estamos contra Reganosa, senón só contra a súa ubicación, situada en pleno núcleo urbano e vulnerando todos os criterios mínimos e as leis.

Porque, entre todos, aínda estamos a tempo de evitar unha catástrofe.

Saúdos cordiais.

Carlos A. Lareo, Portavoz de Os Verdes-Grupo Verde de Ferrolterra
www.osverdes.org

sábado, decembro 09, 2006

Guerrilleiros das Fragas rexeita o modelo de recuperación de Endesa

O Diario de Ferrol na súa edición do Sábado, 9 de decembro de 2006, publica unha nova de interese que pasamos a transcreber literalmente.



Guerrilleiros das Fragas rexeita o modelo de recuperación de Endesa

O grupo ecoloxista Guerrilleiros das Fragas reclama "medidas correctoras que garantan unha restauración apropiada" da mina de lignito das Pontes, explotada por Endesa ao longo dos últimos corenta anos e que será clausurada o 31 de decembro de 2007. Esta é a principal conclusión das xornadas organizadas por esta entidade o pasado 2 de decembro, nas que participaron Aníbal Gil, por parte da compañía eléctrica, Felipe Macías, da Universidade de Santiago, e Francisco dá Silva, tenente de alcalde do Concello pontés.

REDACCIÓN > FERROL

As críticas céntranse especialmente no modelo de restauración proposto por Endesa para recuperar a contorna natural da zona, e que consiste no reencho do oco da mina para a súa conversión nun longo artificial cunha superficie superior á da cidade da Coruña. Nos parámetros que manexa a compañía que preside Manuel Pizarro, Guerrilleiros das Fragas cre que se poden producir efectos medioambientales totalmente contrarios aos desexados.

Exemplos > A presenza de grandes cantidades de minerales piríticos, propios de toda explotación de lignito, así como de sulfuros asociados, xeran unha oxidación ante a auga, o que derivará en "cantidades espectaculares e provocaríase a oxidación cun aumento considerable dá acidez dá auga".

A "degradación" fluvial, o incremento de metais pesados, que pode propiciar a toxicidade do auga, e a contaminación de acuíferos e cursos de auga superficiais figuran como reacción principal ao enchido do oco, segundo a organización ecoloxista, que ilustra estas consecuencias con actuacións similares desenvolvidas noutros países, e máis concretamente en Estados Unidos. "Todos lestes casos de desfeitas ambientais reflicten a perigosidade desta actuación, mal chamada restauración, xa que pode producir un ambiente totalmente incompatible coa vida", argumentan.

Modelo > O colectivo cre que non se estudaron "todas as posibilidades que garantan unha restauración apropiada" e que o feito de que Endesa obteña catro millóns semanales de beneficio mediante a produción do complexo pontés debe, tamén, garantir que unha parte destes repercutan "nunha real restauración e restitución dous valores naturais destruídos pola explotación". Guerrilleiros dás Fraga pregúntase se o modelo urbanístico derivado do proxecto satisfai aos ponteses.

Notícia orixinal:

Diario de Ferrol

Ligazons relacionadas:

Amigus das Pontes: a SGHN denuncia
Reconversión da Mina ao ar libre de Carmaux en Francia
Ollo, ENDESA tamén se dedica ao negocio inmobiliario
Xornadas: Restauración Mina das Pontes, 2 de decembro
Despois das Xornadas
ENDESA dicía o 17 de Xuño de 2003

venres, decembro 08, 2006

Acordos mais relevantes da reunión das entidades convocantes da manifestación do pasado 3 de decembro

Acordos convocantes
MANIFESTACIÓN.


C
onvocantes en defensa dos espazos públicos
-defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
8 de Dezembro de 2006 13:21


ACORDOS MAIS RELEVANTES
Da reunión celebrada o pasado Martes, día 5 de Decembro, no local social da Asoc. Vec. de Esteiro "Fontelonga", às 7 da tarde, para facer unha avaliación da mobilización na defensa dos espazos públicos, contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España].


Están os representantes de: A.V. O Rosario-Inferniño, A.V. San Xoán-Bertón,A.V . de Esteiro "Fontelonga", Asociación San Fernando de Recimil, Esquerda Unida-IU, Nós-Unidade Popular, Centro Comercial Aberto da Magdalena", Colectivo Veciñal Sartaña, A. V. de Ferrol-Vello, Plataforma Ártabra 21 [Ateneo Ferrolán, Comunidade Menáncaro e Fundaçom Artábria] .

Asuntos constatados, valorados e acordados:

1º Valorase positivamente a manifestación do pasado domingo 3 de Decembro .

2º Constatase que este asunto ten un grande interese para os medios de comunicación, pois tanto antes como despois da manifestación prestaron un importante desplegue informativo

3º Informouse da rolda de imprensa que se celebrou con anterioridade a manifestación na Galería Sargadelos e do acto, posterior a manifestación, de entrega no REXISTRO MUNICIPAL do MANIFESTO CIDADÁN e dunha solicitude de Reunión Urxente coa Alcaldia e a Concellaría de Urbanismo.

4º Abreuse unha turna de críticas polo deficiente reparto de propaganda, pola normativa na que estaba escrita a faixa de cabeza da manifestación e polo xeito como se estaban enviando os correios como convocantes.

5º Acordouse abrir un correio-e dos convocantes das mobilizacións onde como asinantes vaia a relación completa de entidades que a convocan. Sendo este o único correio-e que se utilice a nível unitario para convocar, comunicar e enviar notas de imprensa. [Abre Inácio e xestiona Mel]

6ª Acordou-se convocar unha nova manifestación para o Domingo, 14 de XANEIRO-07, ás 12 do medio-dia, no mesmo lugar, con recorrido pola Rúa Real abaixo ate a Praza do Concello.

7º Acordou-se manter unha certa intensidade na denuncia da actuación do Governo Municipal no asunto do macro-edifício da Praza, editando octavillas, utilizando a megafonia e preparar unha acción reivindicativa na PRAZA antes da manifestación do día 14 de Xaneiro . [Octavilhas e cunhas Inácio, Megafonia Mel e Miguel L. - Avv.de Fontelonga]

8º Acordou-se solicitar permiso ao concello, para andar coa megafonia por Ferrol e comunicar a Subdelegación do Goberno a convocatoria da manifestación do 14 de Xaneiro. [Mel]

9ª Acordouse facer unha nova rolda de reunións coas entidades e organizacións que estando en contrario do macro-edifício, non participaron na Manifestación, para intentar sumalos as Convocatorias.
[BNG,PSOE, A.V.Caranza, F.AA. VV. Roi Xordo, Asoc. Comerciantes Mercado da Magdalena, Comerciantes NovoFerrol, Comerciantes Recimil, Asoc. Hosteleria, AA.VV.Zona Rural, ... ] [Miguel Lopez - Avv. Fontelonga]

10º Acordouse solicitar reunións con outros organismos oficiais -autonómicos para manifestarlles o noso desacordo coas actuacións municipais no asunto da Praza e chamalos a que esixan a PARALIZACIÓN DAS OBRAS . [Miguel R. - Colectivo de Ferro-Velho]

Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela
Ramón Saúl Lueje Espina
Director Xeral
Tel.: 981 544 355 - Fax: 981 544 343

Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Deporte
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela
Felipe José Arias Vilas
Director Xeral
Tel.: 981 544 877 - Fax: 981 544 830

Dirección Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda da Consellería de Vivenda e Solo
Área Central. Praza de Europa, s/n - 15781 Santiago de Compostela
Encarna Otero Cepeda
Directora Xeral
Tel: 981 541 910 - Fax: 981 541 927

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n E-15781 Santiago de Compostela
Joaquín Lucas Buergo del Río
Director Xeral
Tel.: 981 541 055 - Fax: 981 541 100

11º Estudar a posibilidade dun Recurso Contencioso Administrativo. -

12ª Convocar unha nova reuniom para o dia 12 de Decembro, Martes, ás 19:00 hrs, nos locais da A.V. Fontelonga. [Mel]

Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España ]:

Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
Centro Comercial Aberto da Magdalena,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.

__________________________________________________
Saúdos

asdo.-

Inacio M.Orero
Xosé M. Sanxoán

información da Asemblea da PA21 do 28 de novembro

INFORMACION-PRENSA

A Plataforma Ártabra21 informa que o pasado día 28 novembro, celebrou unha ASEMBLEA no Centro Cívico de CARANZA ás 19 30 horas , ante unha representación do 90% das súas organizacións e entidades.

* Informamos do estado de contas e varias xestións realizadas ante a proximidade da MANIFESTACIÓN do vindeiro día 3 de decembro ás 12 horas.

* Realizamos contactos con varias organizacións para que se sumen a convocatoria da Manifestación , sendo case todas positivas en canto a apoiar ou participar coma son o caso de varias Asociacións Veciñais, Sindicatos, Asociacións Culturais..etc., lamentando significadas ausencias.

* Estimamos moi oportuno a celebración dunha charla -debate prevista no Carvalho Calero co lema “OUTRA POLITICA URBANISTICA É POSIBLE”, que daremos a coñecer e debater polos afectados de Colectivo SARTAÑA, Colectivo de RECIMIL, Comunidade de MENANCARO, colectivo MONTE CHA DE BRION E LEIXA, Colectivo FERROL- VELLO.

* Faise unha valoración e análise do acontecido no PLENO do día 17 de Novembro a respecto da retirada dos RECURSOS XUDICIAIS que ten posto o Concello de Ferrol contra a PLANTA DE GAS.

A moción foi presentada polo goberno local do PP e aprobada cos seus votos e os VOTOS DO BNG.

Prodúcese unha segunda votación para retirar TODOS OS RECURSOS que teña o Concello co resultando a favor do PP , coa ABSTENCIÓN DO BNG e PSOE.

Suscitase un debate coa conclusión que este feito é consecuencia dunha política errática distas dúas forzas políticas da oposición , antepoñendo políticas baseadas nos intereses por riba da defensa da ría e a seguridade dos seus habitantes.

Lembramos que o problema da PLANTA DE GAS débese a un cambio de actitude POLÍTICA do BNG – PSOE, facendo un recoñecemento de tres bos concelleiros que tiveron que abandonar a política municipal, Mª LUISA SABIO, XERMÁN LASTRA e FRA MOLINERO.

Faise unha LOUVANZA da intervención FIRME E DOCUMENTADA DA REPRESENTANTE DE EU-IU, YOLANDA DÍAZ.

-Acordamos redactar un COMUNICADO , REPROBANDO A ACTITUDE DO CONCELLO POLA RETIRADA DOS RECURSOS.

- ACORDAMOS ingresar e formar parte da REDE “LITORAL VIVO”, que consiste nunha rede de Intercambio de información e experiencias das distintas PLATAFORMAS OU ENTIDADES na DENUNCIA DOS ATENTADOS ECOLOXICOS contra a COSTA GALEGA.

Será a representante da Asociación Ecoloxista de VERDEGAIA a portavoz da Plataforma Ártabra21 na rede LITORAL VIVO.

- ACORDAMOS NON ENVIAR MAIS NOTAS INFORMATIVAS ao GRUPO VOZ- A COZ DE GALICIA no que se refire a noticias da PLATAFORMA ÁRTABRA21 e as súas organizacións que a conforman, motivado ao trato informativo, PARCIAL, MANIPULADOR e mesmo con practicas de CENSURA , dependendo dos intereses de empresa por riba do interese informativo, segundo alegan ante as súas audiencias.


Ferrol a 8 de decembro de 2006.

Saúdos

Plataforma Ártabra21

Asdo.
José R. Jove
Amadeo Varela
Xosé M. Sanxoán

Enmendas de NÓS-UP ao proxecto de Regulamento interno da PA21.

emendas ao regulamento

Nosup-trasancos -nosup-trasancos@nosgaliza.org-
8 de diciembre de 2006 4:16
Responder a: Nosup-trasancos -nosup-trasancos@nosgaliza.org-
Para: artabra21@gmail.com

Encaminhamos emendas ao regulamento da PA-21.
Recebei um saudaçom revolucionária

EMENDA DE ACRÉSCIMO APÓS O APARTADO DE FINANÇAS:

DA LÍNGUA

- A Plataforma Ártabra-21 utilizará exclusivamente a língua galega para todas as suas comunicaçons internas e externas em qualquer das suas normativas.

- O material editado pola PA-21 (cartazes, panfletos, faixas ...) será ao 50% em cada umha das normativas (RAG e AGAL).

- A Plataforma Ártabra-21 usará em todo momento umha linguagem nom sexista.

- A Plataforma Ártabra-21 utilizará em todo momento umha linguagem nom discriminatória.

DO SÍTIO WEB

- A Plataforma Ártabra-21 contará com um sítio web na rede para socializar a traves da internet a sua actividade.

- A Plataforma Ártabra-21 defende a utilizaçom do software livre.

martes, decembro 05, 2006

12 de decembro, reunión da Xunta Coordenadora da PA21

O vindeiro martes, 12 de decembro, terá lugar unha reunión da Xunta Coordenadora , ás 18:00 hrs. no local da Asoc.Veciñal de Esteiro "Fontelonga", para preparar a vindeira Asemblea Xeral do martes 19 de decembro que se celebrará no Ateneo Ferrolán.

Convocatoria da XUNTA COORDINADORA

12 de Decembro de 2006.


Convocatoria da XUNTA COORDINADORA para o vindeiro Martes, día 12 de Decembro-06, ás 7,45 horas da tarde, no LOCAL SOCIAL da Asociación Veciñal FONTELONGA .

Orde do día

1 .- Lectura e aprobación da ACTA anterior.

2 .- Estado de contas-

- Solicitude Ateneo para celebrar ASEMBLEA día 19 de Decembro.

3 .- CONVOCATARIA de MANIFESTACIÓN -DÍA 14 DE XANEIRO-07.

Manifesto.

Publicidade.

Xornadas de traballo, repartos e accións.

Entrevistas.

4 .- MANIFESTO respecto a SESION PLENARIA do día 17 de novembro a respecto a dos RECURSOS XURIDICOS da Planta de gas.


5 .- DOCUMENTO respecto o ACORDO ASEMBLEARIO de non enviar Notas de PRENSA ó Grupo VOZ.

6.- ORDE DO DIA da vindeira ASEMBLEA de data 19 de Decembro.

Novas incorporacións.

7.- Suxestións e preguntas.-

Ferrol a 10 de Decembro de 2006.

Asdo. - A Xunta Coordinadora.
Amadeo Varela
Ernesto Lopes
Miguel Reimundez
José R. Jove
Carlos Gª Seoane
Xosé M. Sanxoán

luns, decembro 04, 2006

Entrega do Manifesto Cidadán e solicitude de reunión urxente no Concello de Ferrol

Hoxe, luns 4 de decembro, ás 12 do mediodia, unha representación das 17 entidades [asociacións veciñais, comerciantes, sindicatos, partidos políticos, federación de ANPas de Ferrolterra e a Plataforma Ártabra 21] que convocaron a manifestación do pasado domingo 3 de decembro, pola defensa dos espacios públicos e de oposición ao macro-edificio na Praza da Porta Nova [Praza de España], presentaron no registro do Concello de Ferrol, un escrito co que se lle achegaba a Alcaldía cópia do MANIFESTO CIDADÁN que ven representar as DEMANDAS da manifestación popular celebrada o domingo. No mesmo escrito solicitábase unha reunión urxente com esa Alcaldia e o Concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia, para presentar ditas demandas e argumentar a nosa posición ao respecto.

Posteriormente a delegación das 17 entidades convocantes da manifestación, desplazaronse ás inmediacións do despacho do Alcalde, para facerlle entrega personalmente do Manifesto Cidadán e da solicitude de reunión urxente, mais este non saíu para recebir á delegación,enviando ao seu secretario partícular, para recebir o escrito.

Membros da delegación, foron entrevistados por moitos medios de comunicación que estaban espectantes a como se vai desenvolvendo este asunto, con tantas implicacións, políticas, urbanísticas, económicas e xudiciais. Pois a irresponsábel
actuación do goberno municipal, pode ter importantes repercusións económicas para as arcas municipais, en consecuencia para o património e o diñeiro de toda a veciñanza de Ferrol.


domingo, decembro 03, 2006

Com olhos de mirar

opiniom

De: lupe ces
-lupeces@gmail.com-

3 de dezembre de 2006 22:00
Para: artabra21@gmail.com

Umha intensa chuvia e um mar de paraugas caracterizarom às case trescentas pessoas que desafiarom o tempo humido e desapacível que se vivia em Ferrol para manifestar o seu desacordo coa construcçom dum macro edifício na chamada Praça de Espanha. A defesa do espaço público e a luita contra a especulaçom está rexurdindo em muitas vilas e cidades onde a cidadania está a tomar consciencia da necessidade de organizar-se para frear um jeito de acçom política que desde os concelhos mete na mesma ecuaçom, benestar e progreso com cemento e beneficio. O que sucedeu hoje nas ruas de Ferrol era ademais um exercicio de simbolismo colectivo, por um lado a unidade do movimento vecinhal que fai albergar esperanças dumha melhora na nossa qualidade de vida; por outra banda o Memorial de Adolfo Ross, que também desafiando a chuvia enchia de esforço desportivo a comarca, reivindicando na acçom de Adolfo, ao salvar a vida de três pessoas ainda que ao final perdeu a súa, um valor colectivo tam necessário como é o da solidariedade, um valor que fala do “por mim, por ti, por todas e todos nós”, um valor que nos iguala e nos protege dando-nos seguridade, seguridade da boa, da que conta de verdade, porque sabemos que quando o necessitamos contamos co resto como o resto pode contar com nós. Se Ferrol consigue manter esse xermolo de uniom e solidaridade veremos realmente despontar a nossa cidade, converte-la num lugar ainda melhor para viver.

Lupe Ces
http://lupeces.blogspot.com/

Baixo a chuvia: pequena crónica da manifestación do 3 de decembro

Este 3 de decembro, tivo lugar a manifestación convovada pola nosa Plataforma e por 16 entidades máis: asociacións veciñais, comerciantes, sindicatos, partidos políticos e a federación de ANPas de Ferrolterra.

A convocatoria discurreu á hora prevista, eran as 12 do mediodía, baixo unha chuvia intensa que non cesou perante todo o percorrido. Pese ao desapacíbel do tempo, foron moitas as persoas que acudiron á chamada, baixo un mar de paraguas e outro mar baixo os pés. Mais a chuvia non impideu que os berros de si aos espazos públicos e non á súa privatización, se escoitaran polas rúas de Ferrol. O non ao edificio na Praza da Porta Nova [Praza de España], deixouse escoitar con insistencia. Para rematar na Praza do Concello leuse o Manifesto da Cidadanía que xa forma parte do noso programa de acción.

Este luns, ás 12 do meidiodía unha representación da manifestación cidadán, entregará no resgistro do concello o Manifesto dirixido ao Alcalde da cidade, xunto con unha solicitude de reunión de urxencia.

O martes, ás 7 da tarde, nos locais da asociación veciñal de Esteiro "Fontelonga", terá lugar unha reunión das organizacións convocantes, para valorar a mobilización e posibeis novas accións.


Enlace coa Galería Fotográfica da Manifestación


A convocatoria da mobilización nos medios de comunicación:










Enlaces relacionados: