mércores, novembro 07, 2007

Algúns artigos de opinbión ao redor de Corrubedo 4N


De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de novembro de 2007 18:15
Asunto: Algúns artigos de opinbión ao redor deCorrubedo 4N



----- Original Message -----
From: Plataforma Corrubedo
To: corrubedo total
Sent: Wednesday, November 07, 2007 9:04 AM
Subject: Algúns artigos de opinbión ao redor deCorrubedo 4N


O rodaballo, por Xosé Ramón López Boullón


U-las estrelas vermellas?, por Manoel Santos

Do soño de Touriñán á desfeita da Laxe Brava, por Caetano Díaz

Raio verde en Corrubedo, por Xosé Luís Groveiro

Corrubedo: camiño da dignidade, por Plataforma Medioambiental de Corrubedo

Piscifactorías, canteiras e taparrabos, por Manuel Rivas
________________

A manifestación do día 4 de novembro de 2007 en Corrubedo
Documento coa valoración da Comisión de Propietarios e Propietarias da Laxe Brava


Os grupos convocantes á manifestación do pasado día 4 de novembro en Corrubedo, e en particular esta Comisión de Veciños, consideramos un éxito absoluto a convocataria tanto en número de persoas como diversidade dos grupos que asistiron e amosaron o seu máis rotundo rexeitamento a este Plan, que non pode ser amañado de ningún xeito con medidas cosméticas. Desde aquí queremos agradecer sinceiramente a tódolas persoas e colectivos participantes o seu apoio á defensa desta nosa terra. Que o bipartito tome boa nota.

Como era xa inevitable, despois de tantos meses de silencio, as reaccións á marcha non se fixeron esperar e a máis salientable é a da sempre previsible Sra. Conselleira de Pesca, Carme Gallego. Nunha nota de prensa da Consellería, Pesca comprométese coas “actividades acuícolas respectuosas e en harmonía co medio ambiente” (sic), afectando exclusivamente nun 1.8% a espazos Rede Natura. Afirmamos que este goberno carece de credibilidade e autoridade para obrigar ás multinacionais acuicolas ao respecto medioambiental, tal e como o demostra o feito de que máis da metade das plantas actualmente en funcionamento na Comunidade non dispón nin do preceptivo permiso de verquidos de Auga de Galicia e polo tanto están a producir de xeito irregular. Ademáis, a Sra. Gallego utiliza Rede Natura como un pretexto, establecendo a regla do “todo vale” fóra do citado territorio protexido. Recordemos que Rede Natura sólo afecta a un 11% do territorio de Galicia, cando en troques outras comunidades protexeron máis do 40% da súa superficie.

O método para habilitar terreno para as acuícolas, unha expropiación forzosa de máis 3 millóns de metros cadrados, seguida dunha recalificación brutal de terras do noso litoral que por unha decisión administrativa multiplican varias veces o seu valor, responde ao que popularmente coñecemos como un pelotazo, pelotazo acuicola promovido por unha Consellería en favor dos intereses particulares dunhas poucas multinacionais. Esiximos á Sra. Conselleira que de unha vez por todas se pronuncie sobre este feito irregular e de enorme gravedade, e que tanta alarma causa entre os nosos cidadáns, pois transmite a sensación de arbitrariedade e favoritismo na acción do goberno autonómico.

Lembre a Sra. Gallego que o documento estratéxico sobre o Fondo Europeo de Pesca (FEP) para o periodo 2007-2013 (ver link no noso blog) aposta polas pequenas e medianas instalacións para o desenrolo da acuicultura en terra firme, e por dúas razóns fundamentáis: para minimizar os riscos medioambientais (contaminación química, eutrofización, contaminación biolóxica, etc.), problema que a Unión Europea recoñece e demanda que o sector arranxe; e por outra banda, porque as pequenas instalacións contribúen en maior medida á xeneración de postos de traballo locais, un dos obxectivos dos fondos FEP. Pois ben, a postura deste goberno, é a de conceder todo o protagonismo ás macropiscifactorías, instalacións que non se constrúen en ningún lugar de Europa agás Galicia, e que incumplen na forma e no fondo a estratexia europea para este sector. Ou sexa, que a Sra. Gallego cede ás presións do lobby acuícola namentres desprecia tanto a estratexia europea para a acuicultura como os intereses de Galicia.

Afírmase na nota de prensa de Pesca, que o proceso de aprobación do documento contou co visto bo das Consellería de Pesca, Política Territorial, Medio Ambiente, Cultura e Medio Rural. Esiximos en favor da transparencia que se fagan públicos os informes destas Consellerías, e fundamentalmente os que fan referencia aos impactos mediaombientais das instalacións (Medio Ambiente), á declaración de incidencia supramunicipal (Política Territorial), o de afectación ao Patrimonio (Cultura) e ao agro (Medio Rural). Tal e como incluímos nas nosas alegacións, entendemos que estas instalacións non se axustan á normativa vixente sobre a declaración de incidencia supramunicipal - entre outras cousas - vía imprescindible para a expropiación forzosa.

Por outra banda, o Sr. Fernando Otero, voceiro da Asociación de Productores de Rodaballo de Galicia (AROGA), ven de sinalar que o Plan de Pesca é xurídicamente intachable, feito do cal desde esta Comisión discrepamos. Entendemos que o sector da acuicultura industrial confunde a “seguridade xurídica” que os empresarios reclaman con toda xusticia para a súa actividade, coa impunidade ante a lei, cousa moi distinta. E ahí está para demostralo feitos como o das xa mencionadas dos verquidos sen autorizacións ou de instalacións como a de Oia (Pontevedra), cunha sentencia firme de derrubo por parte dun xuíz a causa dun exceso de edificabilidade, e que este plan pretende legalizar e agasallar ademáis cunha macro-ampliación.

Preguntámonos cómo AROGA pode pedir seguridade cando mesmo desde o seu Presidente e xerente de Stolt Sea Farm, Pablo García (ver entrevista na Voz de Galicia, sección Barbanza do 06/09/2006) situou aos propietarios que non cedesen as súas terras para as piscifactorías entre a disxuntiva de venta ou “expropiación forzosa”, nunha actitude que lesiona un dereito fundamental do noso ordeamento xurídico como é a propiedade privada. Seguridade xurídica para as empresas e inseguridade para o resto dos cidadáns, ¿é esto o que pide AROGA?

Por último, sinala o Sr. Otero que os retrasos no Plan bloquean 250 millóns de euros. Parecen preocupadas as empresas exclusivamente nos seus millóns, sen ter en conta que os 390 millóns de subvencións que van a recibir proceden finalmente de tódolos cidadáns, e polo tanto temos o dereito de discrepar da súa utilización e por outra banda fiscalizar o emprego destes cartos. Que AROGA pense aínda que sexa por un intre no impacto social, medioambiental, cultural e paisaxístico da súa actividade e non sólo nos crudos beneficios. Parece que o concepto de “responsabilidade social corporativa” non chegou aínda a este sector. Mágoa.


Comisión de Propietarios de Laxe Brava
Visita o noso blog
http://salvemoslaxebrava.blogspot.com/

En Teira, Corrubedo , a 6 de novembro de 2007.

Plataforma Corrubedo
-corrubedo@altermundo.org-
_______________________
ADEGA: Crónica da Marcha Nacional de Corrubedo

Corrubedo 4-N: Marea de Dignidade

Este pasado día 4, milleiros de persoas démonos cita en Corrubedo para defender a costa da barbarie depredadora das transnacionais do peixe que queren ocupar máis de 3 millóns de m2 dos nosos espazos costeiros millor conservados. Os máis de 50 colectivos cívicos reclamamos á Xunta a retirada dun Plano Acuícola insolidario e insustentábel e máis atención aos nosos recursos naturais. Sra. Conselleira: A COSTA É GALEGA E NON DE NORUEGA!.

Esta marcha nacional non é o final dunha loita na que ADEGA e os diversos colectivos de afectados levan xa meses. Logo das charlas e xornadas informativas por todo o litoral, e da presentación de máis dun milleiro de alegacións ao Plano Sectorial, a Conselleira de Pesca non pode seguir ignorando por máis tempo o clamor popular contra un proxecto miope, insustentábel e lesivo para o país.

Por iso, vimos de solicitarlle outra volta a retirada do Plano Acuícola e a apertura dunha mesa de negociación con todos os sectores afectados: confrarías, colectivos veciñais, asociacións cidadás, ecoloxistas, patronal do peixe plano, partidos políticos e sindicatos.

O obxectivo é definir as prioridades para a millora e o desenvolvemento do sector acuícola galego, que representa ao 98% da producción e do emprego, fronte ao escaso 2% da acuicultura industrial en terra. Sanear o litoral, recuperar os caladoiros, pechar o ciclo produtivo do marisco, controlar as canles de distribución, regular a actividade das bateas, eliminar as prácticas pesqueiras insustentábeis e potenciar a producción de calidade deberían ser as prioridades dun Plano Acuícola que atenda ás necesidades do país e non ao lucro das transnacionais do peixe de cemento.

Fins Eirexas

http://www.adega.info

Clica para ver algunhas fotos do acto
________________

Entidades ecoloxistas denuncian mala praxe nunha tala próxima á Frouxeira


Pola importancia da noticia transcribimos o publicado no xornal comarcal "Diario de Ferrol", onde as organidacións ecoloxistas denuncian unha nova agresión ao contorno "protexido" da Frouxeira en Valdoviño. Unha vez máis lamentamos que ditas organizacións non nos enviaran o comunicado unitario ao Blog da PA21.

Diario de Ferrol
Ferrol | Martes, 6 de Novembro de 2007

Entidades ecoloxistas denuncian mala praxe nunha tala próxima á Frouxeira
Tres entidades proteccionistas da comarca uníronse para denunciar unha serie de actuacións próximas á praia da Frouxeira en Valdoviño, onde crece unha especie de vexetación estritamente protexida e que foi destruída ao realizar labores de talla e poda no terreo.

REDACCIÓN > FERROL

As entidades Sociedade Galega de Historia Natural, Verdegaia-Ferrol e Adega-Trasancos, denuncian que nunha extensa superficie situada en pártea suroeste do areal da Frouxeira, en Valdoviño, realizáronse nos últimos días unha serie de actuacións no terreo que "atentan gravemente" conta a integridade dun espazo que as entidades ecoloxistas catalogan como de "elevado valor ecolóxico".

A parcela en cuestión, esténdese ao oeste do río Magno, na zona de transición entre a vexetación arbórea e a dunar.

Actuacións > Desde as asociacións indican que as actuacións na contorna da Frouxeira motivo da protesta foron a talla de vexetación arbórea de salgueiros nun área de dominio público do río Magno e na zona de Policía, nunha franxa de 20 metros, tal e como denuncian as entidades ecoloxistas. Outra das agresións á natureza que se fai pública desde as asociacións foi a talla de piñeiros nun espazo de duna gris, é dicir, o que vén ser a zona postdunar. Ademais, denuncian os restos desta talla non se recolleron e permanecen esparexidos neste espazo. Tamén se procedeu, segundo indican, ao rozado, arado en profundidade e plantación de eucaliptos nunha zona húmida, integrada na súa maioría por unha vexetación mono específica de "Cladium mariscus", unha "valiosísima" especie de humidal de escasa presenza en Galicia, afirman desde o colectivo.

As citadas actuacións realizáronse nun hábitat protexido pola Unión Europea. Ademais hai que engadir, indican desde as entidades proteccionistas, que se trata dun dos cinco humidais galegos protexidos polo Convenio Internacional de Ramsar, ratificado polo Goberno español en 1982, coa finalidade de protexer os humidais de importancia internacional, a súa flora e fauna e sobre todo polo que significan eses espazos como hábitat de aves acuáticas. Este convenio, destacan as asociacións, obriga aos países asinantes a tomar as medidas necesaria par salvagárdaa destes lugares.

Ademais, a zona en cuestión pertence á Rede Natura 2000 e forma parte do Lugar de importancia Comunitaria Costa Artabra.

As tres entidades ecoloxistas esixen ás autoridades competentes que tomen as medidas sancionadoras oportunas e obríguese á reparación dos danos provocados para devolver o espazo á súa situación orixinal.

Enlace coa noticia orixinal no Diario de Ferrol
______________________

martes, novembro 06, 2007

Valoración da Plataforma Medioambiental de Corrubedo ao respecto da Marcha Nacional pola Defensa do Litoral do 4 de novembro

De: Plataforma Corrubedo
-corrubedo@altermundo.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de novembro de 2007 18:45
Asunto: Valoración da Plataforma Medioambiental de Corrubedo ao respecto da Marcha Nacional pola Defensa do Litoral do 4 de novembro


CORRUBEDO 4N: CAMIÑO DA DIGNIDADE
Valoración da Plataforma Medioambiental de Corrubedo ao respecto da Marcha Nacional pola Defensa do Litoral do 4 de novembro


Dende a Plataforma Medioambiental de Corrubedo, un dos moitos colectivos que onte, 4 de novembro, marcharon en Corrubedo contra a desfeita irreversíbel que pode supor o Plano Acuícola da Xunta, queremos manifestar o noso orgullo por formarmos parte da Galiza digna, da mesma que se move polo amor a terra e da mesma que se ergue por fin e para sempre nun berro colectivo contra a violación do mellor de nós, que son as nosas paisaxes, os nosos mares, os nosos cantís, as nosas tradicións, a terra galega toda.

Non imos entrar na tradicional danza de cifras post-mobilización porque calquera pode percibir que onte, en Corrubedo, no cabo verde, houbo milleiros de persoas. Foi un éxito sen precedentes nunha vila tan pequena como esta que onte, dalgún xeito, foi a capital da dignidade dun país. Todas e todos os que se achegaron onte a Corrubedo, os que encheron de orgullo térreo as rúas desta pequena vila mariñeira, eran galegas e galegos dignos cuio único obxectivo é amosar que cando o poder político non cumpre co pobo, sexa cal for a súa cor, cando os apoltronados do Hórreo traizoan o país, aí está o poder popular, a nación, para lembrarlles que é en nós, nos do común, onde reside a soberanía desta Galiza nosa. Sen nós, non hai goberno e sen nós non hai país.

E nós, o pobo soberano, o que vive a pé de rúa, dixemos onte en Corrubedo non só que o Plano Acuícola da Xunta é inaceptábel, indecente e indigno, senón que o camiño autodestrutivo emprendido polo noso goberno, non é o noso camiño. Cando milleiros de persoas de todo o país, dende Ribadeo á Guarda e dende O Courel a Corrubedo, conflúen nun afastado cabo como o noso; cando tanta xente gasta horas e horas do seu tempo en ir berrar a un dos fins da terra nosa, é que algo acontece. Cando asociacións veciñais, pobos enteiros, sindicatos, colectivos ecoloxistas, confrarías de pescadores, asociacións de mariscadoras e mergulladores, intelectuais e artistas, marchan xuntos e sen fisuras nunha causa común, é que algo moi grave acontece.

E abofé que algo moi grave acontece. O ritmo de destrución de ecosistemas, paisaxes e mesmo aldeas e tradicións é escandaloso. Nada xustifica roubar a terra ao pobo para entregarlla a empresas depredadoras. Nada xustifica privatizar o litoral ao máis puro estilo colonialista. Nada xustifica ir contra a vontade de todo un pobo.

Onte, en Corrubedo, o país galego díxolles aos seus gobernantes que xa abonda, que queremos outro modelo de desenvolvemento, que queremos conservar o pouco que nos queda, que antes cás siglas políticas, antes cós intereses económicos, está a vontade da nación, a dignidade deste curruncho do noroeste peninsular que onte, para ben ou para mal, comezou unha loita unitaria pola dignidade porque aqueles en quen confiou o seu goberno mudaron en cegos e xordos. Si, este 4 de novembro, no afastado cabo do ollar largacío que é Corrubedo, o pobo galego dixo: Galiza non se vende. E xa non pararemos, por dignidade. Parabéns a todas e todos e adiante, pois este é o camiño.
_____________

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA

avvfontelonga@mundo-r.com
Para: artabra21@gmail.com
Data: 6 de novembro de 2007 18:08
Asunto: manifestación en corrubedo


_________________


__________________

Dende Ribeira envían testimonio da manifestación en Corrubedo.
Saúdos

http://www.riveira.net/barplaza/corrubedo.htm

Non te perdas os videos.
_____________

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha Asemblea Cidadá para o venres 9 de novembro [Nova data]

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, na súa última reunión da Mesa de Traballo decideu convocar a XVII Asemblea Cidadá, para o vindeiro venres, 9 de novembro de 2007, ás 19:30 hrs nos locais do Ateneo Ferrolán.

Pasou moito tempo desde a última Asemblea Celebrada nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol Vello, para preparar a Manifestación do pasado 30 de Setembro. polo que hai asuntos que son necesarios tratar, como a análise do estado da situación actual; como está o peche da veciñanza na Casa do Concello de Mugardos, pasados máis de 100 días desde o 23 de xullo; a visita de técnicos doutras terminais regasificadoras situadas en diferentes países do mundo; as visitas escolares á planta con fins propagandísticos; o pelotazo urbanístico coas parcelas onde se localiza a planta; a finalización da acta de funcionamento en probas; a entrada do noveno buque gaseiro pola noite con apenas visibilidade; os apoios sindicais e de intelectuais e profesionais; a consulta ao CNE; as respostas do Alcalde de Mugardos ás solicitudes da Subdelegación do Goberno da Coruña; as novas proposta de mobilizacións; ...
_____________
A todas as entidades cidadás e persoas, integradas na Asamblea Cidadá de Ferrolterra




XVII ASAMBLEA CIDADÁ

VENRES 9 DE NOVEMBRO DE 2007,
Ás 19:30 hrs
Salón de Actos
ATENEO FERROLÁN

A finais de setembro Reganosa deu por finalizadas suas obras e solicitou o acta de posta en servizo. Por primeira vez para unha Planta de Gas, o Ministerio de Industria está pedindo un terceiro informe os organismos que habían sido consultados anteriormente da autorización de construcción.

Nos ultimos meses a administración central aceptou nosa proposta, que desdce fai mais de un ano viñamos facendo, de solicitar novos informes os organismos que habian sido consultados anteriormente, para que digan se Reganosa ten resoltos os condicionados dos seus informes, entre outros as distancias suficientes ata a poboación e a saida o mar aberto dos gaseiros en caso de emerxencia durante a descarga en Punta Promontorio ou non seu tránsito polo interior dá Ría .

Por ilo desde o CCE remitironse senllos escritos a Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta, Autoridade Portuaria de Ferrol, Ministerio de Defensa e a Comisión Nacional dá Enerxia, organismos que puxeron mais condicionados, para que verifiquen se Reganosa, logo de que ten solicitada o acta de posta en servizo, ten resoltos ou cumprimentados os devanditos condicionados.

Dado que a Administración Central aceptou revisar os condicionados impostos a Reganosa, e que algunos son imposibles de resolver coa sua ubicación dentro da Ría de Ferrol, abrigamos serias esperanzas que non se lle sexa aprobada o acta de posta en servizo ou de funcionamento definitivo.

ORDE DO DÍA

Punto único.- Informe de situación.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

___________________
Nota.- Nesta páxina, até houbo tres datas diferentes para a convocatoria da Asemblea Cidadá, polo que tedes que disculpar a confusión que se pode estar causando. O asunto foi que nun principio a data acordada na Mesa de Traballo do propio Comité, foi a do xoves 8 de novembro, mais para esa data estaba prevista a celebración da Asemblea Xeral da Asociación Veciñal de Ferol Vello que contribui con moitas persoas á Asemblea Cidadá, polo que se decideu cambiar para o mércores 7, mais nesa data está previsto que se celebre no Ateneo Ferrolán, un obradoiro da Cooperativa de Consumo Responsábel "A Xoaninha" e unha conferencia moi atractiva e importante, de MARCOS ARRUDA (Coordinador xeral do Instituto de Políticas Alternativas para o Cono Sur, Brasil). "Riqueza, pobreza e ecoloxía", e BERNARD CASSEN, fundador de ATTAC e director xeral de Le Monde Diplomatique: "Como a clase mundial de súper-ricos está destruíndo o planeta", ao que moita xente tiña comprometida a súa asistencia, polo que o Comité Cidadá de Emerxencia decideu que a Asemblea Cidadá tivera lugar o vindeiro venres dia 9 de novembro nos locais do Ateneo Ferrolán, ás 19:30 hrs.

luns, novembro 05, 2007

Interessante Audio da secçom "Tertulia de Sabios" do programa "La Ventana da SER"

De: mirandomundo@gmail.com
Para: artabra21@gmail.com
Data: 5 de novembro de 2007 19:23
Asunto: Interessante Audio da secçom "Tertulia de Sabios" do programa "La Ventana da SER"



José Luis Méndez Romeu
A planta de gas de Reganosa centrou a secçom Tertulia de Sabios do programa radiofónico La Ventana que conta coa preséncia de Santiago Carrillo, Miguel Herrero de Miñón, Rodolfo Irago, Pere Portabella e Xosé Lois Méndez Romeu, Conselheiro de Presidéncia da Xunta de Galicia.

Audio desta semana: Segunda-Feira [Luns] 5 de Novembro

Enlace Original

Luz Marinha Torrente
A semana passada também falárom do tema Reganosa, e entrevistárom a Luz Mariña, presidenta da Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá", integrante do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, vecinha fechada na Casa do Concelho de Mugardos.

Audio da semana passada: Segunda-Feira [Luns] 29 de Outubro

Enlace Original

___________________
Trasancos Mirando o Mundo
mirandomundo@gmail.com
http://trasancos.blogspot.com/
______________

domingo, novembro 04, 2007

Unha grande mobilización na Defensa do Litoral Galego e contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia tivo lugar en Corrubedo este domingo 4 de novembro

Galería Fotográfica da Marcha Nacional na Defensa do Litoral Galego, celebrada en Corrubedo o 4 de Novembro de 2007

Autora: Asociacion Veciñal "O Rosario - Inferniño" de Ferrol
-avvorosario@gmail.com-
http://www.ferrolnovo.blogspot.com/
4 de novembro de 2007 20:51


[Clicar acima da imaxe pa entrar na Galería de Diapositivos]
____________________

Enlaces Relacionados:

En "El Correo Gallego"

Miles de persoas manifiestan-se en Corrubedo en contra do Plano Acuícola da Xunta de Galicia
Beiras, Luís Tosar e Antón Reixa leeron un manifiesto contra a instalación de piscifactorías en zonas de alto valor ecolóxico

Marea verde en Corrubedo

Galería Fotográfica de R.Escuredo


PA21
Artigos sobre o Plano Acuícola da Xunta de Galicia publicados no Blog da PA21

En Galicia Hoxe

Berro contra o plan acuícola
A vila ribeirense acolle decenas de colectivos cidadáns, para amosar a súa oposición a un proxecto acuícola que "vende o mellor de nós mesmos" e lanzar un SOS polo territorio

Do soño de Touriñán á desfeita da Laxe Brava
___________________

venres, novembro 02, 2007

Marcha a Corrubedo (Novo horario)

De: Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 2 de novembro de 2007 16:56
Asunto: Marcha a Corrubedo (Novo horario)



MARCHA EN DEFENSA DO LITORAL
"Non o Plano Acuícola"
Corrubedo, 4 de Novembro, ás 12 horas.
Desde FERROL
Saída de autobuses (Correos - Praza de Galicia)
ás 8,45 horas *
Regreso ó remata-la manifestación. Prezo aprox. 7 €
Reserva : Telefº 690 612 737
Mais información: http://comitecidadan.org
* Tíñase anunciada a saída para as 9,30 h., máis, polas obras na autovía do Barbanza, farase outra ruta alternativa que precisa sair ás 8,45 h. Prégase desculpas.

--
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
______________

Enlace relacionado:

Convocatoria e máis información

_______________________

Artigos sobre o Plano Acuícola da Xunta de Galicia publicados no Blog da PA21

[corgo0.jpg]


  1. Aguiño: Contra Goliath, un artigo de Eduardo Rego publicado en Vieiros

    De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com- Para: artabra21@gmail ... lugares fermosos que temos na nosa costa, roza o Parque Natural de Corrubedo e ten unha paisaxe pouco

  2. Piscifactorías, canteiras e taparrabos

    De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com- Para: artabra21@gmail.com Data: 2 de novembro de 2007 11:17 Asunto: Artigo de Manolo Rivas Piscifactorías, canteiras e taparrabos MANUEL RIVAS 02/11/2007 El País En Noruega, un lugar como cabo Vilano tería a protección máxima. Sería intocábel.

  3. Informacións sobre a Marcha Nacional na defensa do Litoral Galego

    De: Plataforma Corrubedo -corrubedo@altermundo.org- Para: artabra21@gmail.com Data: 1 de novembro de 2007 09:51 Asunto: ACHÉGATE A CORRUBEDO, E BERRA FORTE... MARCHA ...

  4. Marcha a Corrubedo (Novo horario)

    De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com- Para: artabra21@gmail.com Data: 2 de novembro de 2007 16:56 Asunto: Marcha a Corrubedo (Novo horario) MARCHA EN DEFENSA DO LITORAL "Non o Plano Acuícola" Corrubedo, 4 de Novembro, ás 12 horas.

  5. 4 de novembro, tod@s a Corrubedo, á Marcha Nacional na Defensa do Litoral

    De: Plataforma Corrubedo -corrubedo@altermundo.org- Para: artabra21@gmail.com Data: 29 de outubro de 2007 21:18 Asunto: Corrubedo, 4N: NOTA DE PRENSA NOTA DE PRENSA MARCHA NACIONAL POLA DEFENSA DO LITORAL CORRUBEDO,

  6. Resumo do falado na reunión da "Rede Litoral Vivo" que se celebrou o 20 de outubro en Compostela

    De: Fusquenlla Para: artabra21@gmail.com Data: 22 de outubro de 2007 17:15 Asunto: ... ), Plataforma Medioambiental de Corrubedo (Ribeira), Ortigueira Sostible, Afectados/as Vertedoiro

  7. 4 de Novembro. marcha nacional contra o Plano Acuícola da Xunta de Galicia

    De: Plataforma Corrubedo -corrubedo@altermundo.org- Para: artabra21@gmail.com Data: 10 de outubro de 2007 19:57 Asunto: Corrubedo 4N, xa é oficial Corrubedo 4N, xa é ... a Xunta.

  8. Convite para unha manifestación nacional contra o Plano Acuícola convocada polas diversas Plataformas en Corrubedo, o 4 de novembro

    De: Plataforma Corrubedo corrubedo@altermundo.org Para: artabra21@gmail ... MANIFESTACIÓN NACIONAL CONTRA O PLANO ACUÍCOLA EN CORRUBEDO Saúdos: Achégovos o convite para unha ... /as e ADEGA. Tamén o manifesto.

  9. Novo artigo de Xosé Manuel Beiras: "Do Courel a Corrubedo. IV. Gas licuado"

    De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA Para: artabra21@gmail.com Data: 2 de Setembro de 2007 11:21 Asunto: Artigo de Xose Manuel Beiras "Do Courel a Corrubedo. IV. Gas licuado" GALICIA HOXE - 2/09/07 de catro a catro Do Courel a Corrubedo.

  10. Do Courel a Corrubedo I.- A terra e o home.

    De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com- Para: artabra21@gmail.com Data: 12 de Agosto de 2007 11:32 Asunto: Artigo de X. M. Beiras de catro a catro Do Courel a Corrubedo I.- A terra e o home XOSÉ MANUEL BEIRAS Si, a Corrubedo, non a Compostela.

  11. Unha pretendida instalación acuícola, considerada "estratéxica" pola administración, pon en perigo unha zona do litoral de Corrubedo

    De:lupe ces -lupeces@gmail.com- Bárbara primo -barbaraprimo22@yahoo ... administración autónomica, pon en perigo unha zona do litoral de Corrubedo, de importante valor natural, ecolóxico e paisaxístico. A XUNTA CASTIGA A CORRUBEDO.


__________


Corrubedo



Corrubedo

_______________

Verdegaia convoca para o vindeiro domingo 11 de novembro un roteiro polo Río Sor, no concello de Mañón






De: Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal

-ferrol@verdegaia.org-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 1 de novembro de 2007 00:44

Asunto: Verdegaia convoca para o vindeiro domingo 11 de novembro un roteiro polo Río Sor, no concello de Mañón


[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Verdegaia convoca para o vindeiro domingo 11 de novembro un roteiro polo Río Sor, no concello de Mañón.

Trátase dunha magnífica ocasión para achegarse a un espazo natural pouco coñecido pero moi ben conservado, onde se pode disfrutar dunha paz e unha paisaxe difíciles de igualar. Ademais da excelente calidade das súas augas, o Río Sor ofrece aínda excelentes manchas de fraga de ribeira autóctona.

O percorrido comezará na parroquia de Grañas do Sor, no lugar coñecido como Ribeira do Bispo, e continuará sempre seguindo o percurso do río ata a zona recreativa de Ponte Segade, onde terá lugar o xantar. Pola tarde continuará a andaina ata chegar á fervenza de Augas Caídas onde rematará, completando un percorrido total de 14, 5 km cunha dificultade considerada como media-baixa.

Para dita actividade a asociación poñerá a disposición dos participantes un bus que partirá da escalinata de Correos en Ferrol o domingo 11 ás 9:30 h, estando prevista como hora de volta as 7 da tarde. O prezo será de 4 € para os/as non socios/as e de 2,50 € para os/as socios/as. O número de prazas é de 30 e o prazo de inscrición rematará o día 8 de novembro. Cómpre levar o xantar e ropa e calzado axeitados.

As persoas interesadas en participar nesta actividade poden facer a súa reserva chamando aos teléfonos 981320235 ou 661636946.
--
Núcleo Comarcal de Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal
ferrol@verdegaia.org

...

http://www.verdegaia.org
______________

O Observatorio do Gas Natural Licuado traenos unha noticia de Canada: A oposición ao proxecto de regasificadora de Rabaska - Quebec

De: Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de novembro de 2007 20:57
Asunto: OBSERVATORIO DEL GAS NATURAL LICUADO



OBSERVATORIO DEL GAS NATURAL LICUADO

Estimad@s amig@s.

Hoxe enviámosvos unha noticia de Canadá e que demostra que os grupos de presión económico-enerxético funcionan da mesma forma en todos os sitios, é dicir, están pegados aos políticos e moi separados das leis e dos intereses dos cidadáns. En fin, gozar da noticia.
[O DOMINGO DIA 4 ESTAREMOS TAMÉN NA MANIFESTACIÓN DE CORRUBEDO. GALICIA NON SE VENDE !!]

OBSERVATORIO DO GAS NATURAL LICUADO (GNL)

HOXE ESCOLLEMOS UNHA NOTICIA DE CANADA

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Leer en:
http://www.theglobeandmail.com
______________


________________
UN video curto da Marcha do 22 de Setembro contra a planta regasificadora de Rabaska.
____________
TRADUCCIÓN:

QUEBEC (Canadá) - O pasado domingo día 28 de outubro máis de 1000 cidadáns da área de Rabaska marcharon cara a Quebec para manifestarse en contra da localización dunha planta de almacenaxe e regasificación de gas natural licuado (GNL) que se propón situar nunha zona agrícola moi apreciada en Canadá. A familia billonaria Desmarais *), de Montreal, converteuse no albo desta manifestación que foi organizada polos opositores á planta de Rabaska, unha cidade próxima a Quebec, os cales argumentan que fará dano ao medio ambiente e aos campos de explotación agrícola. (*) Aquí chamaríase . . . . . )

Os manifestantes marcharon cara á Asemblea Nacional de Quebec, acusando ao goberno de Mr. Charest de vender a Power Corporation de Canadá, controlada pola familia Desmarais e un importante accionista do proxecto Rabaska (é Gaz de France). O goberno de Quebec aprobou o proxecto a semana pasada logo de recibir a luz verde en xullo do panel de medio ambiente federal-provincial.

"O goberno liberal de Quebec, no seu afán por aprobar o proxecto, sabe que está vivindo un tempo de prestado e o control do proxecto Rabaska pola familia Desmarais agora parece comprometido", dixo a portavoz de Greenpeace Jocelyn Desjardins á multitude enfervorecida. Greenpeace foi unha das 25 asociacións medio ambientalistas e de grupos culturais que compoñen unha gran coalición que persegue mobilizar á opinión pública de Quebec contra o proxecto Rabaska, a segunda terminal de gas natural da provincia que se aprobou este ano. A outra, en Gros-Cacouna *) preto de Riviere du Loup, 250 quilómetros ao leste da cidade de Quebec, recibiu do goberno a súa aprobación o pasado mes de xuño. ( * Por certo esta planta tamén ten unha importante oposición dos residentes da zona)

O goberno declarou que os terminais de gas natural licuado, ou GNL, axudarán a diversificar as subministracións de enerxía da provincia e facelo menos dependente da Western Canadian Gas Natural *) e do petróleo pesado altamente contaminantes, un dos principais contribuíntes ás emisións de gases de efecto invernadoiro na provincia. (* Igualito que aquí, que simpáticos! O coco na nosa zona chámase Enagás).

Un portavoz de Quebec-Kyoto, un grupo medio ambientalista que persegue o cumprimento do Protocolo de Kyoto sobre as emisións de gases de efecto invernadoiro, sostén que, en efecto, as terminais de GNL aumentan a dependencia da provincia dos combustibles fósiles. Daniel Breton dixo que a diminución da demanda de petróleo pesado será substituída por un maior uso de gas natural. Acusou ao goberno de Quebec *) de traballar en aras de intereses talles como de Power Corporation e de entregar o control da enerxía da provincia a empresas privadas. (*Igualito que aquí, ou sexa a Xunta).

"Temos que parar aos políticos mezquinos *) que venden a nosa democracia ao mellor ofertante" , dixo Breton á multitude. "As persoas como os ex primeiros ministros Jean Lesage e René Lévesque deixáronnos un patrimonio precioso. Non podemos darnos o luxo agora de desperdicialo só para satisfacer o capricho dos poderosos grupos de presión." (* igual que aquí?).

A coalición espera presionar ao goberno para que retire a súa decisión tal como fíxoo cando, logo de grandes presións, forzaron ao primeiro ministro Jean Charest en 2004, a descartar a proposta de Suroît Gas de situar unha planta de cogeneración en Beauharnois, preto da estación de Montreal. A de onte foi a primeira manifestación do que será unha serie de marchas de protesta a celebrar nos próximos meses, din os organizadores.

O proxecto, Rabaska de 840 millóns de dólares, está programado para empezar a construción na próxima primavera e entrará en funcionamento a finais de 2011. No consorcio do proxecto participa Gaz Métropolitan de Montreal, Enbridge Inc de Clagary e a poderosa multinacional francesa Gaz de France.

A través dos seus intereses no xigante enerxético francés Suez SA, que recentemente se fusionou coa empresa pública francesa Gaz de France, Power Corporation posúe unha participación importante no proxecto Rabaska. A fusión de Suez e Gaz de France situou á familia Desmarais como o principal comprador e vendedor de gas natural en Europa e un líder global do gas natural licuado, considerado como o de máis rápido crecemento do sector da enerxía.

A seguridade segue sendo unha importante preocupación para os opositores ao proxecto, sinalando que nos últimos meses, tres proxectos de terminais de GNL nos Estados Unidos, dous en California e un en Massachusetts, foron rexeitadas en gran medida debido a preocupacións de seguridade.

"Quebec *) non debería converterse nunha estación de servizo dos Estados Unidos", dixo Camil Bouchard, crítico medio ambientalista do partido Québécois. (* E Galicia tampouco, con respecto á "meseta" e ao resto de España).

O Sr. Bouchard móstrase reticente a unirse ao coro de protesta en contra de Power Corporation, e dixo que o seu partido estaba en contra de atacar aos líderes económicos na provincia. O orador pon de cheo a culpa sobre os ombreiros do Goberno, argumentando que a Xunta de Enerxía de Quebec *) debe examinar as necesidades futuras de gas natural da provincia antes de aprobar terminais de GNL. ( * Aquí tamén, ou sexa a Xunta)

Datos da planta en:
http://www.rabaska.net

Uns videos sobre a planta en:
http://www.rabaska.net

Nota: Nun dos vídeos vese a un técnico de laboratorio que aparentemente bebe GNL. Non é verdade, é un truco de circo, pois o que bebe este señor é AUGA. Este vídeo puxéronllo a uns políticos nacionalistas e concelleiros de Mugardos para convencerlles das virtudes do Gas natural. Algúns, din, créronllo.

Envía: www.f-cape.org Colectivo universitario opositor á planta de gas da ría de Ferrol
________________

Aguiño: Contra Goliath, un artigo de Eduardo Rego publicado en Vieiros

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 2 de novembro de 2007 09:18
Asunto: Aguiño: Contra Goliath, un artigo de Eduardo Rego publicado en Vieiros


Aguiño: Contra Goliath
11:31 29/10/2007
Eduardo Rego

Aguiño é un dos moitos lugares fermosos que temos na nosa costa, roza o Parque Natural de Corrubedo e ten unha paisaxe pouco corrente en Galicia. Se un se sitúa na parte costeira que vai do peirao a Punta Couso, sorprenderase ao atopar unha paisaxe de arrecifes, coa Illa de Salvora, a uns poucos centos de metros, que parece transportarnos a outras latitudes.

É xusto nese espazo onde esta previsto situar a macrodepudradora á que os veciños e a Asociación Sagres se opoñen (co apoio de ADEGA e ADENA) . Veciños que, no seu día, se mobilizaron para frear a marea negra do Prestige que, xunto cos mariñeiros do Grove e dos demais pobos pesqueiros da Ría de Arousa, levounos a construír aquela barrrera, cos seus barcos e apeiros, que simbolizou a acción decidida da cidadania fronte á ineficacia da Administración e cuxas imaxes foron difundidas por algunhas televisións.

Agora, a Consellería de Medio Ambiente, en Penisqueira, xunto a Punta Couso,-zona que fora protexida polo Ministerio de Medio Ambiente para reducir o impacto do chapapote- decide construír a EDAR. Xusto a uns poucos centos de metros onde o Ministerio de Medio Ambiente acaba de mercar a Illa de Salvora.

Un agasallo envelenado? do alcalde do PP

Os veciños están a favor da depuración das augas residuais (Depurar si, pero non así), pero queren minimizar o seu impacto (defenden outro modelo de pequenas depuradoras) e cuestionan o lugar escollido. As principais razóns pola que se decide esa localización, das catro que propón o “Anexo nº 3: Estudo de Alternativas” (pódese baixar de internet e é de 5 folios), é que os terreos son municipais e non necesitan expropiarse e, ademais, non se prevé rexeitamento social; nas outras alternativas, si, segundo fan constar na memoria. Nin unha soa palabra sobre efectos ambientais, en ningunha das alternativas; unicamente a referencia aos malos cheiros que poida producir.

Os terreos, proponos e cédeos o Concello, gobernado polo PP e a Consellería de Medio Ambiente dá o visto e prace, sen entrar noutras cuestións. Fai uns días, despoís de varios meses de espera, e da mobilización dos veciños de Aguiño e da Asociación Sagres – á que non convidaron a asistir nin como testemuña- o conselleiro reuniuse cos representantes dos partidos políticos no Concello e concedeu un prazo ao alcalde para que propoña outro lugar alternativo.

Excepcional valor ambiental

O lugar no que se pretende situar é de excepcional valor ambiental, a 250 metros de zona declarada de Interese Comunitario en 1997, a 500 metros do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Está previsto que sexa declarada (pendente de firma, nada máis), polo Convenio de Protección do Atlántico Nordeste, en “Área Mariña Protexida”; os arrecifes rochosos mergullados son de interese comunitario; non respecta os límites legais de distancia mínima de 2000 metros a núcleos habitados de poboación; o emisario, de só 250 metros- dentro dunha enseada- verterá as augas (industriais e urbanas, que deberían ir separadas) en profundidades de tan só 4 metros, e non leva a augas profundas, nunha importante zona de bancos marisqueiros e pesqueiros, de percebe, polbo e sementes para as bateas de toda a ría.

Estamos perante dunha das zonas de maior valor mediambiental de Galicia, as Illas Atlánticas e o Parque Natural de Corrubedo, nas que xunto ca prevista macrodepuradora se quere cercar con duas piscifactorias. A consellería ten elaborado un anteproxecto para esixir ás instalacións industriais e ás infraestruturas que se vaian proxectar no futuro un informe de impacto sobre a contorna para evitar que afecten a especies endémicas ou poñan en perigro zonas de especial valor natural á vez que considera imprescindible contar coa participación cidadán.

Para que tanta retórica, se nunha das zonas de Galicia que conta con máis figuras de protección medioambiental, a consellería, para a instalación dá EDAR (de preto de 100€ de custo), non cre necesario realizar unha Avaliación de Impacto Medioambiental nin Avaliación Estrátexica de Sostenibilidade como piden a Asociación Sagres, ADEGA e ADENA.? Que modelos de depuradoras quere implantar no territorio?. Dá igual, cal sexa o territorio?.

É a súa obriga crear as infraestruturas e os equipamentos necesarios para procurar o saneamento da ría pero é, tamén, a súa obriga, facelo compatible coa preservación das zonas de interese ambiental. Por que non intentar facer as cosas ben, agora, que se pode?. Haberá que esperar a que a fagan e despois convertela noutra REGANOSA?

___________________
ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

________

Enlace co artigo orixinal en Vieiros, recomenmdamos entrar, pois podense ver e facer comentarios
________________

Piscifactorías, canteiras e taparrabos

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 2 de novembro de 2007 11:17
Asunto: Artigo de Manolo Rivas



Piscifactorías, canteiras e taparrabos
MANUEL RIVAS 02/11/2007 El País

En Noruega, un lugar como cabo Vilano tería a protección máxima. Sería intocábel. Un lugar sagrado. Talvez habería alí unha Escola da Beleza. Un espazo de arte onde foran buscar alí os pintores a Luz do Oeste, como en Noruega Edvard Munch e os seus amigos do "círculo bohemio" ían a Asgardstrand, no fiordo de Oslo, á procura da Luz do Norte. Mais en cabo Vilano o que hoxe pintaría Munch non sería o seu Melankoli senón unha variación d'O berro.

Os postos de traballo "na nosa terra" non poden facer desaparecela

O cabo Vilano era un Elsinor da natureza na Costa da Morte. Sempre o imaxinei como un espazo hamletiano, cun Hamlet que non morrera, a pasar a vellez no asilo dun faro, na súa lighthouse, a casa luminosa, no alto dos cantís, alimentando un corvo mariño con doncelas, o fermoso peixe que ten anos de macho e anos de femia, coas fermosas cores do arco iris na pel. Un Hamlet a pasear cara o Cemiterio dos Ingleses e a praia de Trece, sabedor xa de que o seu tío, o usurpador, era o seu verdadeiro pai, e o seu pai, un espectro túzaro e cornudo.

O caso é que cabo Vilano era un gran espazo de fermosura e fabulacións. Se a imaxinación é a escuma da memoria, Vilano de Galicia era un froito belo e dramático da imaxinación da natureza. Agora o que vemos alí é o escenario d' O berro. A ollada que se espanta, o rostro que se desqueixa, o corpo desgonzado, ante o estrago do lugar senlleiro. Cabo Vilano de Galicia é agora un exemplo de violencia catastral e contaminación da ollada. Primeiro, emprazouse xusto alí un parque eólico. Que puntería na colocación dos chismes do vento! Eu estou moi a prol das enerxías alternativas, mais isto ten moito de enerxía e nada de alternativa: sempre apuntan ás mellores paraxes. Semella que en vez de libros de enxeñería o que se consulta aquí é El pasajero en Galicia de Álvaro Cunqueiro. Onde di "marco incomparable", alí vai dereitiño o dedo indicador: "Póñame aí uns Chismes para modernizar a paisaxe".

Pois en Vilano puxeron uns Chismes de moito nabo. Antes un chisme era un chisme. Mais agora un chisme é un Chisme. Medraron moito por mor da maquinaria pesada. Pero o peor aínda estaba por chegar. Aquí haiche moito bardallas patriótico, pero logo venden Galicia e España a cachos. Por vender, venden até a bandeira da que tanto laretan. O que chegou a Vilano foi unha desas granxas mariñas que ocupou grande parte da beiramar. No país dos Chismes, hai Chismes verticais e hainos horizontais. Os Chismes entoldados da piscifactoría, en cor verde podre, transformaron Vilano nun espazo psicótico. Porque tamén a paisaxe padece. Tamén a terra berra. A súa psique e a nosa están moi conectadas. Xa Freud deixou claro que hai unha íntima conexión entre o malestar humano (o da cultura) e o malestar da terra.

Había moita esperanza en que o cambio político operado en Galicia supuxera unha etapa curativa. Para a xente e para a natureza. Houbo sinais, síntomas positivos dunha nova política. Mais atopámonos de novo co poder dos Chismes. Disque é un partido transversal este dos Chismes. Home, algúns Chismes haberá que poñer, pero non imos facer de Galicia o país dos Chismes. Chismes nos ríos, Chismes nos montes, Chismes na beiramar. Viva o PCH, o Partido dos Chismes! Estes Chismes ademais son mutantes. Onde hoxe hai un Chisme entoldado, un campo de concentración de rodaballos, vai ti saber o que hai mañá.

Galicia é un lugar de míticas cidades afundidas polas augas. Agora estamos a vivir unha segunda etapa máxica. A desaparición de lugares míticos por mor da Invasión dos Chismes. Dirán os guías turísticos do futuro: "Aquí había lugares moi fermosos. Quilmas, Merexo, Corrubedo, Vilano... Mais perdémolos cando a Idade do Chisme".

Hai xente moi fachendosa co plan de acuicultura porque dis que vai facer de Galicia o Primeiro Produtor Mundial de Peixes Planos en Catividade. É unha satisfacción paradoxal: hai empresas que queren facer aquí o que non lles deixan, por exemplo, en Noruega. E aínda hai que darlle as grazas, ceder as terras e pagarlle subvencións de agasallo, en vez de poñer as cousas claras coa lei de común: "O que queira rodaballo, ten que mollar o carallo!".

Tamén hai xente moi contenta porque somos o Primeiro Produtor de Lousas. Home, é un xeito de velo. O que somos é o Primeiro Exportador de Montañas Rochosas. En Folgoso do Courel asistimos por enésima vez, coa compracencia e indolencia administrativa, a ese escandaloso espectáculo de política-lixo: utilizar os veciños ou os traballadores como carne de canón mediática na defensa do indefendíbel. A canteira da Campa é unha vergoña na Galicia e na Europa de hoxe. En Ancares e Courel perdeuse moito tempo. E agora hai poderosos intereses que se permiten aplicar o aforismo de Lec: "O descoñecemento da lei non exime do seu cumprimento; o coñecemento, si".

Non parece moi moral poñer a necesidade da xente como escudo. A xente que defende o seu traballo sempre ten razón, mais hai negocios que non son razonábeis para o interese común.

Os postos de traballo "na nosa terra" non poden consistir en facer desaparecer a nosa terra. Isto si que sería realismo máxico. Unha vantaxe futurista. Unha vez que desaparece a montaña, pois xa non debate. Nin parque. Nin montaña. Nin traballo. Nin nada. Pola parte de Valdeorras, hai territorios que desapareceron. Home, non é que desaparecera a paisaxe. Creouse unha nova. Onde antes había montañas agora hai cráteres inmensos. Non aparecen no mapa, pero iso aínda lle dá máis carácter. É a Galicia que se foi. Montañas que marcharon para non volver. Ti vas cara a montaña para unha ascensión mística e o que atopas é a boca do inferno. E no inferno dis que hai moito traballo. Veña a fornear día e noite. Hai que facer país, si, pero sen desfacer o país. É admirábel o que costa desfacer un país. O traballiño que dá. Hai que visitar os cráteres de Galicia. Alí descubriremos unha extraordinaria Monumentalidade do Baleiro. Espazos pre-arquitectónicos dun maximalismo minimalista. Caspar David Friedich situou a Holderlin nun penedo por riba das nubes para pintar o romanticismo. Un emblema de hoxe sería o solitario ser humano no epicentro dunha inmensa pedreira baleira na Galiza.

Vivimos tempos en que se fala de millóns como area. Hai unha manchea de institucións e organismos que peneiran orzamentos. Non vai sendo hora de poñer en marcha un plan B para Galicia? Que falar de parque natural no Courel signifique falar de postos de traballo dignos. Que ninguén diga que lle van poñer taparrabos, agás se quere desfilar na pasarela Noovo na feiticeira colección A sedución tribal do potente deseñador José Castro.

___________________
ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

________

Enlace co artigo orixinal
_______________

Mercando Vontades: Sanidade e Industria deron a dedo máis de dous millóns en axudas aos medios

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 2 de novembro de 2007 12:01
Asunto:Mercando vontades

Galicia Confidencial

Sanidade e Industria deron a dedo máis de dous millóns en axudas aos medios

A Consellería de Sanidade repartiu 1,2 millóns de euros entre os empresarios da comunicación mediante subvencións directas, á marxe do DOG. Pola súa banda, a Consellería de Industria entregou 800.000 euros polo mesmo procedemento, a concesión a dedo de subvencións a través de convenios. Estas son as principais cifras da terceira entrega que publica Galiciaconfidencial sobre os convenios da Xunta cos medios, despois de adiantar o cómputo total e explicar as subvencións concedidas polos departamentos de Touriño e Quintana.

O actual equipo directivo da Consellería de Sanidade repartiu máis de 1,2 millóns de euros entre os medios mediante subvencións directas. Fíxoo a través de 23 convenios, case todos eles asinados en dúas quendas. En termos xerais, na primeira quenda, en outubro de 2006, Sanidade repartiu o dobre de cartos que na segunda, en marzo deste ano.

Cartos a cambio de “accións comunicacionais”
A través destes protocolos, o departamento que dirixe a socialista María José Rubio financia que os medios informen das súas actuacións. O obxectivo dos acordos é, na maioría dos casos, “a difusión das actividades das iniciativas sobre saúde pública e educación sanitaria que desenvolva a Consellería” ou “o desenvolvemento das accións comunicacionais da Consellería de Sanidade a través dos medios de comunicación”.

Todos os principais grupos de comunicación do país lograron un anaco do pastel, aínda que esta Consellería entregou as cantidades máis grandes aos tres principais xornais en papel: La Voz, El Correo e Faro.

Convenios Sanidade

En conxunto, o Grupo Prensa Ibérica é o máis beneficiado. Faro de Vigo (150.000 e 75.000 €) e La Opinión (50.000 e 27.500 €) asinaron dous convenios cada un, por un total de 302.500 €.

En segunda posición está o Grupo Voz cun total de 255.000 euros. La Voz de Galicia apañou un convenio en cada unha das quendas (150.000 e 75.000 €), ao igual que RadioVoz (20.000 e 10.000 €). O Grupo Editorial Compostela logrou unha cantidade similar (220.000 €) en dúas axudas para El Correo Gallego (150.000 e 70.000 €).

Un chanzo por debaixo queda o Grupo Progreso. E é que El Progreso de Lugo conseguiu só a metade de subvencións cos xornais referidos antes (65.000 e 32.500 €), pero hai que sumarlle os dous acordos co Diario de Pontevedra (55.000 e 27.500 €). O Grupo La Región tamén apaña unha cantidade importante, a través de tres cabeceiras –Atlántico Diario (40.000 e 20.000 €), La Región Internacional (12.000 €) e La Región de Ourense (80.000 €).

AGN, con 60.000 € a través de dous protocolos (30.000 e 30.000 €); Editorial La Capital (55.000 €); a Cadea COPE (45.000 €) e Cadena Noroeste (10.000 €) son os outros receptores das axudas directas da Consellería de Sanidade.

Industria quintuplica á Vicepresidencia
Entre os departamentos nas mans do BNG, a Consellería de Innovación e Industria é un dos que máis cartos repartiu en axudas directas, máis de 800.000 €. Isto supón cinco veces máis cartos que os entregados pola Vicepresidencia de Quintana.

A gran maioría destes acordos busca que os xornais destaquen as actuacións da Xunta no eido da Innovación e Desenvolvemento, unha das areas de actuación que controla Industria.

O departamento de Fernando Blanco favoreceu especialmente ao Grupo El Progreso, que levou case a metade do total de convenios. Tres convenios –dous con El Progreso de Lugo (1 e 2) - e outro con Diario de Pontevedra suman 365.000 €.

Convenios Industria

La Voz de Galicia apañou dous protocolos, un de tipo xeral por 150.000 € e outro para para a “edición, publicación e posterior distsribución dunha revista impresa en papel e en formato electrónico dedicada á Moda Galega” por 111.360 €. En total o Grupo Voz suma 261.360 €.

Con cantidades moi inferiores están La Región de Ourense (65.000 €), Editorial La Capital (60.000 €), ABC (30.000 €) e Editoral Compostela (27.500 €).

Curiosamente, este último grupo –a matriz de El Correo Gallego e Galicia Hoxe- firmou o convenio moi singular, pois é o único no que un medio de comunicación aporta máis cartos (44.500 €) que a administración (42.000 €). No resto de protocolos os medios non aportan un peso, só reciben cartos a cambio de informar positivamente sobre as consellerías.

Os convenios non son todo
En todo caso, estes acordos das consellerías de Sanidade e de Industria son unha pequena parte dos cartos públicos repartidos ao empresarios da información mediante convenios. O total de axudas a dedo é de máis de 6 millóns de euros.

Para aproximarse a todos os cartos que dá a Xunta aos medios, aos convenios habería que sumarlles, polo menos, as axudas polo galego, a publicidade institucional e os importantes contratos por “xestionar” delegacións que en realidade son da TVG.

Para non afogar aos lectores cunha montaña de datos, detallamos nesta terceira entrega as axudas de dous departamentos que reparten máis cartos, un nacionalista e outro socialista. Galiciaconfidencial quere mostrar así que os dous socios do bipartito, PSdG e BNG, subvencionan xenerosamente aos empresarios da información á marxe no DOG.

Para poder interpretar o alcance das subvencións directas, Galiciaconfidencial recomenda ler a primeira información sobre os convenios.

___________________
ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

________

Enlace co artigo orixinal no Blog Galicia Confidencial, recomedamos entrar, pois poden-se facer comentarios e o Blog en si, é de moito interese

_________________

Informacións sobre a Marcha Nacional na defensa do Litoral Galego

De: Plataforma Corrubedo
-corrubedo@altermundo.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de novembro de 2007 09:51
Asunto: ACHÉGATE A CORRUBEDO, E BERRA FORTE...


MARCHA NACIONAL POLA DEFENSA DO LITORAL
POLA TÚA TERRA, POLO TEU MAR
NON AO PLANO ACUÍCOLA
VINDE BERRAR A CORRUBEDO, VINDE LOITAR POLO MAR, VINDE DEFENDER A TERRA

Facemos un chamamento a todos os colectivos, organizaciónS e persoas a título individual do país noso a acudir en masa a Corrubedo o vindeiro domingo, 4 de novembro, para amosar a nosa oposición á expropiación e venda da nosa costa, do noso litoral virxe, ás empresas depredadoras.

A concentración será no Porto de Corrubedo, para logo discorrer a Marcha cara o Faro, emblema litoral que este domingo debe ser a capital galega da dignidade do pobo, da defensa do noso.

INFORMACIÓNS PARA ACHEGARSE AO CABO

* A Vía Rápida da Barbanza está cortada, polo que é importante saír con tempo para chegar ás 12:00 ao Porto de Corrubedo. Aos que se acheguen da Galiza Norte aconsellámoslles ir pola estrada Santiago-Noia e desviarse a Corrubedo un chisco antes de chegar a Ribeira. Os que veñan da Galiza Sur terán que coller a vella estrada Padrón-Ribeira, pasando por Boiro e a Pobra do Caramiñal. Sendo domingo pola mañá o tráfico é pouco, pero cando menos se emprega media hora máis do normal en chegar a Corrubedo.

* Aparcadoiros: a entrada ao cabo de Corrubedo ten unha recta ben longa con arcéns suficientemente anchos para aparcar vehículos. Non se poderá aparcar no porto, polo que haberá que deixar os coches e autobuses nesa estrada ou na estrada do faro. Haberá policía local para regular este eido.

* Corrubedo é un pobo pequeño e os seus servizos son limitados. No entanto existen algúns negocios de hostelería á entrada do pobo e tamén no porto. Ribeira está a só 7 quilómetros.

Engadimos nota de prensa dos veciños e veciñas de Laxe Brava referente o debate acontecido no día de onte (30 de outubro), no Parlamento de Galicia no que o deputado do Grupo Socialista Sr. Lage Tuñas dou resposta a unha moción sobre o Plan Sectorial da Acuicultura de Galicia actualmente en trámite.

COLECTIVOS QUE PARTICIPAN: Adega, Plataforma Medioambiental de Corrubedo, Plataforma Veciñal en Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas (Carnota), Plataforma pola Defensa do Litoral de Seráns (Porto do Son), Comisión de Propietarios/as Laxe Brava (Teira-Corrubedo), Plataforma Veciñal Xove-Lago, Plataforma Veciñal de Merexo (Muxía), Plataforma de Afectados/as de Arou (Camariñas), Plataforma de Afectados/as de Oia, Plataforma de Afectados/as de Foz, Agrupación de Mariscadoras/es de Corcubión, Cooperativa de Mergulladores/as da zona 5ª, Greenpeace, Salvemos Monteferro, SOS Courel, Colectivo Fusquenlla, Ortigueira Sostible, Colectivo Arraianos, Asociación Sagres de Aguiño, Asociación Cultural Choiva Azeda (As Pontes), Asociación Natura Celtica (Cangas), BNG de Ribeira, Frente Popular Galega, CUT (Central Unitaria de Traballadores), Colectivo Nacionalista de Marín, Asociación Altofalante (Ribeira), Colectivo Ecoloxista Verduxo, Plataforma en Defensa do Patrimonio das Pontes, Asociación Amigos de Corrubedo, Plataforma Veciñal contra a piscifactoría de Baroña, Asociación Cultural "Fuco Buxán" de Ferrol, BNG do Barbanza, Asociación Pau da Luz (Corrubedo), Asociación Cultural Barcas do Minho (Chantada), CNT-Compostela, Amigos da Terra, Plataforma Ártabra 21, Quercus (Portugal), PP de Ribeira, BNG de Porto do Son, Comité de defensa das Rías Altas, Asociación profesional XORNAGA (Xestión e Organización de Recursos Naturais de Galicia), Rede Litoral Vivo, Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño, Veciños das Mariñas (Oia), IPdR (Iniciativa Progresista de Ribeira), Foro Social Temos Dereito a Saber, 'O Ribeiro', Bouzas Móvete, Confraría de Pescadores de Corcubión, Comite Cidadan de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
--
Manoel Santos
Plataforma Medioambiental de Corrubedo
corrubedo@altermundo.org
Tel.: 686 021 933

__________

De: BRASILIA LOURO LAGO -comitedefensariasaltas@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de novembro de 2007 20:48
Asunto: ¡TODO O MUNDO A CORRUBEDO!



¡TODO O MUNDO A CORRUBEDO! ¡RETIRADA DO PLAN ACUÍCOLA SEN CONDICIÓNS! ¡A COSTA NON SE VENDE NIN SE REGALA ÁS MULTINACIONAIS! ¡ISTO SÓ É DESTRUCCIÓN IRREVERSÍBEL! ¡NÓN Á CORRUPCIÓN E A ESPECULACIÓN INDUSTRIAL!

ESIXIMOS O CUMPRIMENTO DA LEI DE COSTAS (ARTIGOS 32 E 25) E , POLO TANTO , NON DEBEN ESTAR ESTAS MACROEMPRESAS NA FRANXA COSTEIRA DOS 500M. NIN NOS ESPAZOS PROTEXIDOS, ZONAS HÚMIDAS OU PRAIAS (ARTIGO.25) NIN TAMPOUCO NAS ZONAS CUN SIGNIFICATIVO PATRIMONIO CULTURAL, (LEI DE PATRIMONO DA XUNTA E DO ESTADO) XA QUE HAI ALTERNATIVAS HOXE ( ARTIGO 32) COMO NOS RECOÑECEU O XEFE, SR. OTERO HAI MÁIS DE ANO E MEDIO CANDO FALAMOS CON ÉL E NOS PROPUXO QUE LLE DÉRAMOS ALTERNATIVAS, FORA DESA FRANXA E, POR ISO, A PRINCIPIOS DE MARZO FIXEMOS OS ECOLOXISTAS E ALGUNHAS PLATAFORMAS QUE COMEZABAN ESTA LOITA UNHA XUNTANZA EN QUILMAS (CARNOTA) ONDE SE DECIDIU UNS IMPORTANTES CRITERIOS DE REXEITAMENTO DE TODO TIPO DESTAS EMPRESAS OU DAS SÚAS AMPLIACIÓNS.
NOS AS ASINAMOS COMO ENTIDADE POIS A FOLLA ORIXINAL PERDEUSE SEGUNDO O QUE NOS COMUNICARON DENDE A PLATAFORMA DE QUILMAS E ADXUNTÁMOLAS ÁS NOSAS DURAS ALEGACIÓNS CONTRA TODO O PLAN ACUÍCOLAt ESPECIFICANDO TAMÉN QUE NAS TERRAS AGRÍCOLAS OU DE IMPORTANCIA PRODUCTIVA TAMPOUCO DEBERÍAN INSTALARSE ESTAS EMPRESAS (Galiza está na cola do estado deste tipo de terras e iso é alarmante, pois todo pobo debe garantir a súa suficiencia alimentaria) A PETICIÓN DALGUNHAS PLATAFORMAS E MOITOS VECIÑOS/AS.

É CONVINTE QUE CADA ENTIDADE QUE AÍNDA NON O FIXO TEÑA A OPORTUNIDADE DE COÑECER ESTES CRITERIOS OBXECTIVOS, INDEPENDENTES E CIENTÍFICOS QUE GARANTEN DE VERDADE A PROTECCIÓN DOS ESPAZOS NATURAIS (INCLUÍDA A COSTA VIRXE E CALQUERA ESPAZO CON ALGUNHA PROTECCIÓN) , DA PAISAXE, PATRIMONIO CULTURAL, DAS TERRAS AGRÍCOLAS-GANDEIRAS , DOS LUGARES DE INTERESE MARISQUEIRO-PESQUEIRO, CIENTÍFICO OU EDUCATIVO , TURÍSTICO ETC. ADEMÁIS DE QUE SE TEÑA EN CONTA COMO CRITERIO DE REXEITAMENTO A POBOACIÓN AFECTADA QUE NON QUEIRA ESTE TIPO DE EMPRESAS. ISTO É REFERENTE Á TÓDOLOS LUGARES COSTEIROS DE GALIZA POIS NOS SE TRATA DE QUITALAS DUNS SITIOS E METELAS NOUTROS DE IGUAL IMPORTANCIA OU MELLOR.

É NECESARIO QUE TODOS TEÑAMOS UNS CRITERS COMÚNS E ESIXAMOS A RETIRADA URXENTE DESTE PLAN.

NON SE DEBE NEGOCIAR NADA NIN COA XUNTA NIN COAS EMPRESAS XA QUE ÉSTES CRITERIOS DE SENTIDO COMÚN E BASEADOS NA NORMATIVA VIXENTE NON SE RESPECTAN NO PLAN ACUÍCOLA QUE É ABUSIVO, SOBREDIMENSIONADO E ARRASARÍA ATA CON MOITOS DOS MELLORES ESPAZOS PROTEXIDOS, PAISAXÍSTICOS, CULTURAIS E PRODUCTIVOS DO NOSO LITORAL ADEMÁIS DE NUMEROSAS PRAIS VIRXES OU POTEXIDAS, CANTÍS, ZONAS HÚMIDAS ETC , ENVENENARÍA O NOSO MAR ACABANDO COA NOSA RIQUEZA PESQUEIRA E MARISQUEIRA , AGRÍCOLA E TURÍSTICA, XERARÍA MOI POUCOS POSTOS DE TRABALLO PERDÉNDOSE MOITÍSIMOS MÁS (ACTUALMENTE HAI 352 POSTROS DESTE TIPO DE MACROEMPRESAS QUE COMO MOITO SE DUPLICARÍAN)E SÓ ENRIQUECERÍA ÁS MULTINACIONAIS DO SECTOR E, A MEDIO PRAZO , ÁS CONSTRUCTORAS E PROMOTORAS QUE ENTRARÍAN " A SACO" NOS MELLORES SITIOS DO LITORAL CANDO ESTAS EMPRESAS SE FORAN OU TIVERAN LUGAR AS POSIBLES DESLOCALIZACIÓNS, OU NO SEU CASO, REMATASEN AS CONCESIÓNS CO CONTO QUE XA DESTRUÍRAN A COSTA COMO NÓS ALEGAMOS NAS ALEGACIÓNS E DENUNCIOU PÚBLICAMENTE O ABOGADO , SR. SABÍN QUE TRABALLA AXUDANDO A DISTINTAS PLATAFORMAS.

POR ÚLTIMO É NECESARIO COMPAÑEIROS/AS ORGANIZARNOS PARA PARAR AS OBRAS (VECIÑOS/AS E ECOLOXISTAS) QUE NOS QUEREN IMPOR ADEMÁIS DE LEVAR A CABO DISTINTAS MOVILIZACIÓNS, XA QUE ESTÁN VIOLANDO O MARCO XURÍDICO VIXENTE; NIN LERON NIN CONTESTARON DUN XEITO FUNDAMENTADO COMO OBRIGA A LEI AS MILES DE ALEGACIÓNS PRESENTADAS ; ESTÁN TRAMITANDO O TEMA DUN XEITO UNILATERAL, PASANDO DO POBO, ESPECIALMENTE DAS POBOACIÓN AFECTADA; XA A PRIMEIROS DE SETEMBRO A CONSELLEIRA DE PESCA ANUNCIOU NOPS MEDIOS DE COMUNICACIÓN QUE TAN PRONTO TIVERAN AS AUTORIZACIÓNS DAS DEMÁIS ADMINISTRACIÓNS OU INSTITUCIÓNS APROBARÍAN O BAORRADOR ; A XUSTIZA AMBIENTAL NON EXISTE OU POLO MENOS NÓS NON TIVEMOS O GUSTO DE COÑECELA; O ANTERIOR XEFE DO SEPRONA DA COMANDANCIA DA CORUÑA QUE SE COMPROMETEU ANTE NÓS A PARAR ESTE TIPO DE OBRAS CANDO COMEZASEN ( INCLUSO NOS DIXO QUE O AVISÁSEMOS PORQUE ERA UN DELITO XA QUE NON SE PODÍAN FACER NOS ESPAZOS PROTEXIDOS ETC.), NON ESTÁ DENDE HAI POUCO NO SEU POSTO E A XUSTIZA MOI POUCAS VECES MANDA PARAR CAUTELARMENTE AS OBRAS , ESTÁ MOI POLITIZADA ATA O TRIBUNAL CONSTITUCIONAL COMO PODEDES COMPROBAR NESTES DÍAS COAS RECUSACIÓNS E AS FISCALÍAS NON FUNCIONAN E INCUMPREN O SEU COMETIDO.

UNHA APERTA.

COMITÉ DE DEFENSA DAS RÍAS ALTAS

___________

Nota dos veciños de Laxe Brava sobre o debate do día 30 outubro 2007 no Parlamento de Galicia


Tras o debate acontecido no día de onte (30 de outubro), no Parlamento de Galicia no que o deputado do Grupo Socialista Sr. Lage Tuñas dou resposta a unha moción sobre o Plan Sectorial da Acuicultura de Galicia (en adiante PSAG) actualmente en trámite, a Comisión de Propietarios de Laxe Brava, desexa manifestar o seguinte:

* Insistimos unha vez máis en que o argumento utilizado polo Sr. Lage, idéntico ao da Sra. Conselleira de Pesca, de que o PSAG “compatibiliza o liderato na acuicultura coa defensa do territorio” é un argumento baleiro e falaz, que tenta ocultar un modelo industrial intensivo en consumo de recursos naturais e máis propio de épocas preindustriais que de unha economía desenvolvida e moderna como é a galega. A pretensión de colocar a Galicia nun “liderato mundial na cría de peixes planos”, nunha actuación típica de políticas acomplexadas e propagandísticas, terá como resultado – de levarse a cabo – o liderato para Galicia pero en outros eidos de moi distinto tipo: en destrucción de litoral, con esa nova Marea Negra de 3 millóns de metros cadrados de formigón armado; en despilfarro de cartos públicos, cos máis de 390 millóns de euros en subvencións; en ridículo número de postos de traballo (275 como moito según os nosos cálculos); en repulsa social, cos milleiros de sinaturas e máis de 1000 alegacións ao proxecto; e en incalculables perdas en termos medioambientais, patrimoniais e paisaxísticos.

* Neste mesmo debate os dous grupos que sustentan ao actual goberno da Xunta, PSdeG- PSOE e BNG, apoiaron o PSAG sen fisuras. Polo tanto, queremos responsabilizar directamente da desfeita á que nos conduce o PSAG a todos e cada un dos membros destes dous grupos presentes onte no Parlamento de Galicia, e por extensión ás agrupacións políticas que representan. A acción de goberno implica aos dous partidos que forman o bipartito e por iso ámbolos dous son responsables das iniciativas lexislativas aprobadas no Parlamento ou no Consello da Xunta.

* Consideramos inaceptables por equívocas ás chamadas á negociación que nestas últimas datas se están a invocar desde certos representantes políticos. Chegou a hora de asumir responsabilidades e rexeitar con contundencia o PSAG, sen contemporizacións nen panos quentes. A estas persoas, recordarlles que non se pode nadar e gardar a roupa ao mesmo tempo, e que non se pode negociar con quen ameaza e coacciona con expropiacións forzosas. Desde esta Comisión sólo aceptaremos a retirada unilateral e sen condicións do PSAG.

* A tramitación deste plan está a caracterizarse polas actitudes cobizosas das multinacionais acuicolas – auténticas redactoras do plan na sombra - e pola prepotencia e opacidade deste goberno. Por este camiño, sólo conseguirán que non reafirmemos no noso propósito de loitar en contra do PSAG en tódolos ámbitos dentro da máis estricta legalidade, e abocar á acuicultura industrial á súa xudicialización se non nos deixan outra alternativa.

* Por último, desexamos invitar a tódalas persoas a manifestarse o vindeiro día 4 de novembro ás 12 da mañá en Corrubedo en contra desde Plan. Que o clamor popular faga reflexionar aos políticos.

Comisión de Propietarios de Laxe Brava

En Teira, Corrubedo , a 31 de outubro de 2007.
___________

Marcos Arruda e Bernard Cassen no Ateneo Ferrolán o vindeiro mércores, 7 de novembro

De: lupeces@gmail.com
cooperativaxoaninha@cooperativaxoaninha.org
rivera@briante.org
Para:artabra21@gmail.com
Data: 2 de novembro de 2007 20:11
Asunto:Fwd: A Xoaninha _ Novas


A Xoaninha _ Novas

Estimadas/os compañeiras/os :

Ateneo Ferrolán, 7 de Novembro temos una conferencia moi interesante

Día 7 , de novembro 2007, mércores| Ferrol. ás 19:30 hrs

Conferencia: MARCOS ARRUDA (Coordinador xeral do Instituto de Políticas Alternativas para o Cono Sur, Brasil). "Riqueza, pobreza e ecoloxía", e BERNARD CASSEN, fundador de ATTAC e director xeral de Le Monde Diplomatique: "Como a clase mundial de súper-ricos está destruíndo o planeta"

Por iso propoño quedar despois de que remate a converencia sobre as 20.30h

- Xornadas de promoción do cooperativismo: o 7 de novembro imos quedar ás 19:30h no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena) para falar cuestións relacionadas co cooperativismo: creación dunha cooperativa, tipos de cooperativas, viabilidade económica, economía capitalista e economía social, etc. Queremos adaptar os temas tratados aos intereses do público asistente, polo que agradecemos que as persoas interesadas (está aberto a todo o mundo) avisen na cooperativa.

Un saúdo.

Manolo Rivera

--
Lupe Ces Rioboo
981946412/652201003
http://lupeces.blogspot.com/

________________