xoves, xullo 24, 2008

O 25 de Xullo ás 8 da tarde nova convocatoria para protestar pola entrada dun gaseiro cargado con GNL para REGANOSA

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de julho de 2008 13:23

Asunto: Convocatoria do CCE ante a chegada do 25 gaseiro



Convocatoria do Comité Cidadán ante a chegada do 25 gaseiro


Ante a Chegada do 25º gaseiro cargado de GNL a Reganosa,
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
Convoca
CONCENTRACIÓN – CACEROLADA - MANIFESTACIÓN
Ante o Edificio da Xunta de Galicia
(Praza de España - Ferrol)
Venres, 25 de Xullo, ás 8 da tarde.

Acude e difunde
--
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

Características do buque:

Nome: CASTILLO DE VILLALBA
IMO: 9236418
Sinal de chamada: EBYS
Porto de Registro: Santa Cruz de Tenerife
Bandeira: España
Tipo: LNG
Tonelaxe Bruto: 90.835
Armador: Empresa Naviera Elcano S.A.
Ano de Construción: 2003
Asteleiro: IZAR Construcciones Navales S.A.
Ciudade: Puerto Real
País: España
Número de casco: 87
Eslora: 284,40 mts
Manga: 42,50 mts
Puntal: 25,40 mts
Calado: 11,40 mts
Velocidad: 21 nudos
___________

Unha existosa segunda marcha a pé até Mugardos



Moitas foron as persoas que secundaron a chamada do Comité Cidadán, para protestar contra a Planta de Gas que REGANOSA, coa complicidade da administracción, "La Voz de Galicia" e partidos políticos [BNG, PP e PSOE], instalou no corazón da nosa Ría. A marcha iniciouse pasadas as cinco da tarde desde o Parque "Carmelo Teixeiro" en Caranza, 17 km separaban aos marchistas do seu obxectivo. "Planta de Gas fora da Ría !!" e "A Ría é nosa e non de REGANOSA !!, foron os berros mais coreados. No transcurso uníronse máis persoas, en san Valentín, Perlio, Barallobre, ..., Estruendosos berros diante dos xigantes de cemento en Punta Promontorio e logo a entrada en Mugardos con berros de razóns e combate contra a corrupción e o despropósito gasístico. Rematada a marcha, un festival agardaba no Campo dos Carneiros, liscos e chourizos, cervexa e auga, agardaban pol@s marchistas e moita máis xente que se achegou até o festival reivindicativo e conmemorativo. A Revolta de Trasancos introduciu o festival que continuou coas importantes, emocionantes e sabias palabras do compañeiro Lalán, Coordenador do Comité Cidadán e Luz Mariña, Presidenta da Asociación Veciñal "O Cruceiro de Meá", asociación propagonista dos 111 días de peche na casa do Concello de Mugardos, do cal se cumpria un ano do seu inicio, 111 días de loita, solidariedade e dignidade. Tamén pronunciáronse palabras de lembranza para aqueles que morreron e que estiveron fortemente compromentidos coa causa do Comité Cidadán: Tino Deibe, Carmelo Teixeiro e José Gabeiras. Logo actuou o grupo de San Sadurniño Balakandra, Amacuca do Roxal, Maria Manuela de Caranza e o punto final puxérono os mugardeses Satán y Coplán. Lembranza, Protesta, Divertimento e Reivindicación deronse a man este 23 de Xullo de 2008 en Mugardos. A Loita Continua !! Planta de Gas Fora da Ría !!
_____________

Enlace para ver diapositivos da Marcha e o Festival

Enlace para baixarse as fotos dunha galería pública

II Marcha a Pé a Mugardos e Festival Reivindicativo Conmemorativo
__________
Fotos na web do Comité Cidadán de Emerxencia
Fotos da Galería de Suso
_______________

A noticia nos medios:

GZNación
El Correo Gallego
Galicia Hoxe
La Opinión de A Coruña

En pouco tempo máis ...
______________

domingo, xullo 20, 2008

Nova acción propagandística do Comité Cidadá de Emerxéncia: "o día 23, eu marcho a Mugardos"


Distintos monumentos e esculturas da cidade, convertíronse en axentes publicitários da II Marcha a Pé que o Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol ten convocada para o próximo 23 deste mes de Xullo. Esta campaña de sensibilización que se completa coa colocación de centos de cartaces nas rúas da comarca, ten como obxectivo lembrar o perigo permanente que supón as instalacións de REGANOSA, a entrada de gaseiros por unha das rías galegas máis sinuosa, e exixir o cumprimento das sentencias xudiciais que veñen dando a razón desde o ano 2004 ao Comité Cidadá de Emerxencia. Esta II Marcha a Pé a Mugardos coincide co primeiro aniversario do peche da veciñanza de Meá na Casa do Concello. Desde as nove da noite, no Campo dos Carneiros (ao pé das Casas Baratas de Mugardos), un festival musical porá peche a esta xornada lúdico reivindicativa. O festival contará coa actuación do grupo de Gaitas da Revolta, Amacuca, Balakandra, María Manuela e Satan y Coplan.
__________

Ver diapositivos ampliados da acción do Comité Cidadán
____________

[Para ampliar clicar acuima da imaxe]

Diante das novas ameazas de REGANOSA o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convocou unha serie de mobilizacións, para denunciar a nova situación que aumenta a ameaza do despropósito gasístico sobre a poboación desta comarca. Esta nova mobilización coincide co primeiro aniversario do peche da veciñanza de Meá na casa do Concello que durou 111 días de loita, solidariedade e dignidade.

Difunde a convocatoria do Comité Cidadán:

Baixa, copia e difunde
[Os cartaces a cor ou en B/N en formato pdf nos seguintes enlaces]

http://CartazA3BN-2008MarchaMugardos23deXul.pdf

http://CartazA3Cor-2008MarchaMugardos23deXu.pdf
_______

Blog das novas ameazas [Boletín nº 14]:

http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/
____________


Visualizar o mapa ampliado
_____________

Galiza Non Se Vende convoca reunión para coordenar mobilizacións

Ola a tod@s .- Temos unha PROPOSTA da REDE GALIZA NON SE VENDE para estudar a posibilidade de facer unhas MOBILIZACIÓNS NOS CONCELLOS DE GALIZA en vindeiras datas para denunciar a situacion do país na crecente especulación do territorio, nosas costas, ao marxe da prioritaria denucia da situación especial desta comarca e o estado de nosa RÍA DE FERROL.

A REUNIÓN terá lugar o vindeiro MARTES, día 22 de Xullo ás 8 h. da tarde no LOCAL dos compañeir@s de Unión Libertaria na Avda. de Esteiro.

Ferrol a 19 de xullo de 2008

Alexandre Carrodeguas
Xose M Sanxoán
________________

venres, xullo 18, 2008

Sembrando incendios no Courel

De: S.O.S Courel -soscourel@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 4 de julho de 2008 16:50

Asunto: Sembrando incendios no Courel




Sembrando incendios no Courel

Difunde !!!

A Xunta de Galicia decidida a acabar co Courel !!

Desobedecendo de xeito temerario a lexislación europea e utilizando fondos comunitarios, a Xunta de Galicia está arrasando o Courel con plantacións piñeiros para destruír a Rede Natura 2000 e aumentar o risco de incendio.

Nos montes da Escrita, no Taro Branco, en Froxán, entre as devesas, ....por toda a Serra
  • Utilizan maquinaria pesada para destruír os hábitats propios do Courel, destrúen a cuberta vexetal e expoñen o chan a erosión, coa conseguinte acidificación e morte das augas dos ríos.
  • Coa ocupación do monte por plantacións masivas de piñeiros, estase a desbotar definitivamente calquera oportunidade para as explotacións gandeiras, apícolas, froiteiras, ...
  • Achegan as plantacións de piñeiros a soutos, devesas, prados, cultivos .... co que aumenta o risco de incendiar este espazo protexido.
  • Non se respectan e destrúense os elementos arqueolóxicos e históricos: mámoas, castros, covas, paisaxe tradicional, camiños tradicionais, .....
  • Engánasenos aos veciños: cando pedimos castiñeiros, faias, teixos, carballos, careixeiras, freixos, pradairos, ..... dísenos que só están permitidos os pinos.
  • Lonxe de habilitar cortalumes con franxas de frondosas e prados de regadío, insístese coa fabricación de “autovías” de terra morta que parcelan toda a Serra, nunha orxía de desfeita paisaxística sen precedentes no Courel.
Mirando o rumbo do Courel, calquera se pode preguntar para que serve toda a literatura ambiental, de sostibilidade e paisaxística con que se adorna a Propaganda Institucional que nos recorda cada día o ben que vai este País.

Visto o trato que nos está dando a Xunta, e despois de avisalos reiteradamente, varías asociacións do Courel, estamos preparando unha nova queixa ante a Comisión Europea por incumprimento da normativa comunitaria e por posible fraude aos Fondos da UE.

Así viaxa o Courel cara o Parque natural. Santa Eufemia en dúas fases:

1ª Fase

2ª Fase

A propósito da destrucción do Courel, mañá sábado, día 5 de xullo, en “La Vanguardia”, con referencia na portada , sairá unha reportaxe de tres páxinas adicada ao Courel. http://www.lavanguardia.es

Saúdos

SOS Courel, xullo de 2008

Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel
NIF G27362474
607 22 58 87
soscourel@mundo-r.com

_______________

sábado, xullo 12, 2008

Escritos dirixidos á Ministra de Fomento, ao Director Xeral da Mariña Mercante e ao Capitán Marítimo de Ferrol: incidente do LNG Rivers

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de julho de 2008 12:13
Asunto: Demanda de explicacións sobre o incidente do LNG Rivers



Escritos dirixidos á Ministra de Fomento, ao Director Xeral da Mariña Mercante e ao Capitán Marítimo de Ferrol

Asunto: Manobra de entrada do gasero "LNG Rivers" o día 2 de xullo de 2008 na Ria de Ferrol

[Clicar acima da imaxe para ampliar]

Sra. Dª Magdalena Alvarez Arza
Ministra de Fomento 28071
Madrid

Manuel A. Rodríguez Carballeira, DNI ..., con enderezo a efectos de notificacións en ..., coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, formado por un gran número de asociacións cidadás, culturais, e ecoloxistas, ao amparo do artigo 35 da lei 30/1992 de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións publicas,

EXPÓN:

O pasado 2 de xullo sobre as catro da tarde o buque gasero "LNG Rivers" de 288 m de eslora cargado com 135.000 m3 de gas natural tivo serios problemas para entrar em a ría de Ferrol.

Esa tarde o vento sopraba do Sur e había marusía. A marea alta era ás 4:34 PM cunha altura de 3.80 m. O buque estábase achegando á costa sen que estivesen os prácticos a bordo. Sen saber se a causa foi unha mala enfilación ou a forza combinada do vento e o mar que empuxaban o buque cara á costa, a realidade é que pouco despois de subir os prácticos o buque en vez de continuar a manobra de entrada virou en redondo, cando estaba perto de Punta Coitelada, pasando moi perto da costa e por encima dos baixos "Merloeiras", con puntos de calado entre 11 e 16 m (BMVE).

Posteriormente renovaron a manobra tomando a enfilación correcta, comezando desde un punto mais afastado da costa. Moita xente presenciou a inusitada manobra mentres estaban pescando ou paseando pola costa.

Como queira que este tipo de manobras con este tipo de buque supón un risco tanto para a navegación marítima na canle de acceso á ría de Ferrol, así como para os habitantes das súas marxes é polo que,

SOLICITO,

que me facilíten todos os detalles relativos á manobra efectuada: Posición do barco e hora exacta de cando subiron os prácticos, diámetro do circulo de evolución deste buque para a velocidade que tiña em ese instante, momento e posición exactos en que tomaron remolque cada remolcador, rexistro detallado dos datos da derrota seguida polo buque durante o xiro en redondo e posterior derrota de entrada até o fondo da ría e atracada no peirao de Reganosa.

Ferrol, a 10 de xullo de 2008

Asinado. Manuel A. Rodríguez Carballeira
___

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
___

Enlaces relacionados:

Gaseiro en perigo [02.07.2008]

Diapositivos e mapas [02.07.2008]
__________

Campanha da CiberIrmandade: Amnistía Internacional e os dereitos do "galego"

De: Inácio M. Orero -inaciogz@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de julho de 2008 00:41
Assunto: Campanha da CiberIrmandade: AMNISTIA INTERNACIONAL e os dereitos do "galego"


Campanha da CiberIrmandade: AMNISTIA INTERNACIONAL e os dereitos do "galego"

AMNISTIA INTERNACIONAL E OS DEREITOS DO "GALEGO"

Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado.

Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Grazas por colaborar

CiberIrmandade da Fala

Un povo, unha rede, unha fala
________________

web de Amnistia Internacional:
http://www.es.amnesty.org/
______________

Programa completo VIII Festival da Terra e da Língua -18 e 19 de Julho, Moinho de Pedroso, Narom-

De: Fundaçom Artábria -artabria@artabria.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de julho de 2008 13:42
Assunto: Programa completo VIII FESTIVAL DA TERRA E DA LÍNGUA (18 e 19 de Julho, Moinho de Pedroso, Narom)



Programa completo VIII FESTIVAL DA TERRA E DA LÍNGUA (18 e 19 de Julho, Moinho de Pedroso, Narom)

Progama

Sexta-feira 18 de Julho

21h Apresentaçom do Festival

21.15h Actuaçom de Os da Ria

23.00h Concerto
- Chámalle Xis! (Fussiom. Galiza)
- Ulträqäns (Spiz-Folk. Galiza)
- Cuchufellos (Ska, Reggae, Speed-Folk. Galiza)

Sábado 19 de Julho

12.00h Apertura da exposiçom "Na defesa do território" com projeçons de videos no Moinho.

17.00h Campeonato de Matraquilhos com a colaboraçom de Siareir@s Galeg@s

18.00h Festivalzinho. O festival para as crianças com:
- Monicreques com a obra "A rua das pantasmas"
- Mágia com o pequeno gram Mago Fiz
- Recolhendo Jogos Populares: Bilharda.

20.00 Forum de Debate "Na defesa do território"
- Fins Ereixas (Secretário Executivo de ADEGA)
- Xosé Maria Vilaverde (Coordenador Geral de VERDEGAIA)
- Orlando Álvarez (Porta-Voz de SOS Courel)
- Manuel A. Rodríguez Carballeira (Coordenador do Comité Cidadao de Emergência para a Ria de Ferrol)

22.30 Pregom a cargo de Antón Masa, Presidente da Associaçom pola Defesa da Ria de Ponte Vedra (APDR)

23.00 Concerto
- Machina (Metal. Galiza)
- Amaiur (Euskal Herria)
- Dandy Fever (Ska, Rock Steady. Galiza)

Apresentaçom

Na defesa do território é a legenda escolhida na oitava ediçom (já oito!) do nosso Festival, depois de 12 meses marcados especialmente polo bulir dos movimentos sociais e populares galegos em torno de umha grande problemática comum a todo o território, mas diversificada em mil agressons localmente dirigidas polo capital e as instituiçons públicas ao seu serviço.

Estamos a falar das novas feridas abertas no território galego, os tam numerosos projectos especulativos, lucrativos e elitistas levados avante por Reganosas, Caixas Galicia, Conselherias da Indústria, Conselharias do Ambiente, Governos municipais, Endesas, partidos empoleirados no poder político, Pescanovas, Pizarreiras, Eólicas… nom é um problema novo. Na segunda metade do século XX começou a fase abertamente predadora e destrutiva dos recursos naturais e da economia galega. Lembremos a imposiçom da papeleira de ENCE em Ponte Vedra, ainda no franquismo; lembremos Meirama e as Encrobas; as luitas contra as auto-estradas; contra a nuclear de Jove; contra a eucaliptizaçom do País; nom esqueçamos a betonizaçom da costa protagonizada por sucessivos petroleiros de maneira periódica; o último, até hoje, um pesadelo chamado Prestige…

O início do século actual, portanto, nom tem sido melhor. A causa ambiental está fundida na Galiza com o desenvolvimento social e cultural, com a nossa sobrevivência como povo com direito à existência. A nossa língua é parte dos nossos recursos sócio-ambientais, tam ameaçada como a base material da nossa identidade e das nossas potencialidades como naçom justa e sustentável.

O transporte e o seu protagonismo na emissom de CO2 causante da mudança climática é a melhor mostra da loucura do crescimento económico sem fim em que o mundo rico está envolvido. A reduçom das nossas rias a depósitos de resíduos e zonas industriais sem mais controlo que o marcado polas empresas espoliadoras com a cumplicidade das instituiçons, a prova de que os que marcam o caminho do desenvolvimento na Galiza só aspiram ao lucro imediato e a defender os negócios dos de sempre.

Contra a maré especulativa no solo urbano, nas urbanizaçons selvagens e no saque total do território, que ameaça com deixar os nossos filhos e as nossas filhas sem um futuro digno de ser vivido, cada vez mais sectores sociais se organizam autonomamente para defender o património de todos e de todas. A nossa comarca vive durante estes anos iniciais de século XX umha luita importante contra um desses projectos paradigmáticos do modelo energético que nom nos interessa: o insustentável, perigoso e alheio aos interesses da Galiza e da humanidade, representado por Reganosa, umha empresa que representa essa cumplicidade criminosa entre empresas privadas, capital financeiro e instituiçons públicas vendidas aos interesses das elites.

Nom nos vai ser possível incluir, como quereríamos, todos os conflitos socioambientais activados na Galiza da primeira década do século XX. A grande quantidade de agressons e luitas impedem-nos fazê-lo, mas sim faremos um público reconhecimento desse movimento popular posto em pé para frear os ataques ao património ambiental, cultural e socioeconómico do nosso país.

Esse é o objectivo desta oitava ediçom do Festival da Terra e da Língua. Esperamos contar contigo para, entre todos e todas, conhecermos, debatermos e apoiarmos as nossa luitas comuns, desde a montanha ao mar, por umha Galiza que nom se vende, polo mundo que queremos construir: habitável, igualitário e justo.

Como sempre desde 2001, vemo-nos no Moinho de Pedroso!
________________

MAIS INFORMAÇOM NA NOSSA PÁGINA WEB:
WWW.ARTABRIA.NET
____________

O Ateneo Ferrolán e a Guía da Arquitectura "A Madalena", editada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

De: ATENEO FERROLAN
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de julho de 2008 12:10
Asunto: SOBRE A GUÍA DA ARQUITECTURA A MADALENA




SOBRE A GUÍA DA ARQUITECTURA A MADALENA


Con motivo da publicación dunha “Guía da Arquitectura A Madalena” editada polo C.O.A.G (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia), a Xunta Directiva deste Ateneo Ferrolán que ten a súa sede nun edificio emblemático do século XVIII no Barrio da Madalena e PROPIEDADE DO CONCELLO DE FERROL quere MANIFESTAR:

o seu ASOMBRO ao non aparecer dito edificio na mencionada guía tendo en conta que trátase dun espléndido edificio do século XVIII (1762), no número 202-204 da rúa Magdalena sendo un dos edificios máis representativos do Barrio da Magdalena. Os seus balcóns de ferro forxado, de gusto rococó, son o elemento decorativo e expresivo do elevado rango desta edificación. Magnificamente restaurado e habilitado para albergar a sede social dunha das institucións culturais máis antigas da cidade de Ferrol e para o desenvolvemento das súas actividades culturais dentro do histórico Barrio da Magdalena.

Sendo ademáis esta guía do C.O.A.G elaborada coa documentación aportada por Miguel Angel Reimúndez e Manuela Mosquera e fonte de documentación do propio Arquivo Municipal de Ferrol, polo que parécenos un erro non ter incluído este edificio que, lembramos está pendente da súa REHABILITACIÓN e é propiedade do Concello, por tanto é de TOD@S.

Desexando se subsanen estos erros en próximas publicacións,

A XUNTA DIRECTIVA do ATENEO FERROLÁN
ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879)
www.ateneoferrolan.org
_______________

Cidade da Cultura igual a caixa rexistradora a beneficio das grandes fortunas

De: Xan Carlos Ansia Xan Carlos Ansia
Para: artabra212gmail.com
Data: 12 de julho de 2008 11:48
Asunto: CIDADE DA CULTURA IGUAL A CAIXA REXISTRADORA A BENEFICIO DAS GRANDES FORTUNAS



CIDADE DA CULTURA IGUAL A CAIXA REXISTRADORA A BENEFICIO DAS GRANDES FORTUNAS

As empresas que antes subvencionaban os Coros e Danzas do franquismo, que fletaban autocares para ir á Praza de Oriente e que actualmente explotan e esquilman sen doerlles aos seus intereses os recursos naturais de Galiza, van e caen do cabalo en Monte Pío e parece van invertir todos os seus aforros e traballar desinteresadamente pola cultura galega.

Consideramos vergonzoso que unha consellería do BNG favorezca e aplauda esta entrega a empresarios avidos de lucro e aumentar as suas ganancias da Cidade da Cultura, un mostruo que nos leva costado aos cidadáns galegos mais de 500 millóns de euros. Si tan interesante era o proxecto porque non o costearon desde a primeira palada de cemento os señores de inditex, fenosa, reganosa, etc?

Agora cando o desembolso do erario público esta feito e completado entran ver si poden ter ganancias os señores empresarios ou é que entregan os cartos a fondo perdido e como donación por remorderlles a conciencia as ganancias que teñen conquerido coa explotación dos recursos naturais de Galiza.

Tamén é vergonzoso o silencio subvencionado da xente da cultura e dos intelectuais galegos. EStán de acordo en entregar a Cidade da Cultura ao interes crematístico destes empresarios e banqueiros. Vense representados nas obras culturais que lle preceden a estes inversores interesados (picaderos, festas gastronomicas, plantas de gas, encoros, grandes areas comerciais,coros e danzas franquistas,etc).

Touriño e Anxela Bugallo priman o lucro e os intereses empresarias mentras a cultura galega adolece de inversións e abandonanse o patrimonio monumental e histórico.

Tanta comisión de sabios, mesas de intelectuais e reunións con artistas, para ao final do mandato do bipartito facer o que xa tiña pensado Pérez Varela, convertir a Cidade da Cultura nun mega centro comercial, donde poder facer catro operas internacionales desas de "Carmiña Burana" á semana.

A Plataforma Cultura Si, Mausoleo Non chama á mobilización cidadán, excluidos os que teñan accións e intereses comercias nestas grandes empresas inversoras ou posibilidades de montar unha tienda no Gaias ou terrenos urbanizables na zona, para denunciar o desprezo do goberno bipartito coas necesidades da poboación que representan e que neste momento de crise económica, non están precisamente en entregarlle o construido no Gaias as grandes fortunas galegas para que se siguen enriquecendo.

CONSUMASE A ENTREGA DA CIDADE DA CULTURA AO CAPITAL BANCARIO

A MAIOR INVERSIÓN EN CULTURA DO GOBERNO BIPARTITO VAI SER XESTIONADA BAIXO INTERESES COMERCIAIS E BANCARIOS

TOURIÑO BALEIRA DE CONTIDO E DE ORZAMENTO Á CONSELLERÍA DE CULTURA, PARA DARLLE TODO O PODER DE INTERVENCIÓN Á BANCA

O Presidente Touriño co aplauso de Anxela Bugallo ven de efectivizar a fuxida do sector público da xestión da Cidade de Cultura. A inversión de mais de 500 millóns de euros que xa vai derrochada no Gaias, con cartos dos impostos de todos os cidadáns, NON vai estar dirixida e controlada por profesionais e técnicos da xestión cultural. O flamante goberno bipartito que se di de esquerdas e progresista, culmina a obra de Manuel Fraga, nomeando a un xestor bancario para que a privatización da Cidade da Cultura se convirta nun negocio lucrativo para as elites patronais e grandes inversores multinacionais.

Queda santificada a conversión do Gaias nun macro centro comercial da Cultura, donde o consumismo e os souvenirs sexan a norma de actuación e a programación vaia centrarse en eventos de nulo contido cultural e si moito espectaculo mediocre e de baixo perfil. Moi pronto podremos ver pasando pola Cidade da Cultura a Isabel Pantoja, Manolo Escobar ou aos Del Rio coa sua Macarena.

A Plataforma Cidadán Cultura Si, mausoleo Non, temos que rechazar esta deriva ideoloxica do que no seu momento se nos publicitou como goberno de esquerdas para rematar nun apendice bancario que ven de entregar o que é maior parte do orzamento da Consellería de Cultura á xestión privada, con nengunha garantia de promocionar e difundir o feito cultural galego. Dado este paso consideramos que non ten sentido a continuidade de Anxela Bugallo ao fronte dun departamento que perde toda capacidade de xestionar a Cidade da Cultura e que asiste de convidada de pedra á entrega a entidades privadas e de ostentoso afan de lucro, do que supostamente representa mais de mitade do orzamento da Consellería de Cultura, que queda valeira de contido e de orzamento.

Unha vez mais consideramos necesario reclamar a disolución deste proxecto seudocultural que é a Cidade da Cultura e esiximos responsabilidades por tanto despilfarro e inversión públicas que van beneficiar os negocios duns poucos inversores empresariais.

10 de xullo de 2008
O Portavoz de Cultura Si Mausoleo NON
Xan Carlos Ansia. 658656957

http://culturasimausoleonon.blog.com/
_______________

mércores, xullo 09, 2008

Como participar no Foro Social Galego que vai ter lugar entre os días 5 e 7 de Outubro deste ano 2008 en Santiago de Compostela

De: Foro Social Galego
-forosocialgalego@forosocialgalego.org-

Para: artabra21@gmail.com

Data: 9 de julho de 2008 07:54

Asunto: Foro Social Galego: como participar



Foro Social Galego: como participar


DECÁLOGO: QUE É E COMO PARTICIPAR NO PROCESO DO FSGAL
[Documento explicativo]

1-. O FSGal non é unha nova entidade nin representa a sociedade civil ningunha. É un proceso, un espazo de intercambio, busca de propostas e artellamento de loitas dos movementos sociais galegos en oposición ao mundo gobernado polo capital financeiro, ao neoliberalismo. Ninguén ten dereito nin representatividade para falar en nome do FSGal, pois este non representa a ninguén nin podería respostar unitariamente a toda a diversidade de movementos galegos. O proceso do FSGal baséase na horizontalidade, na transparencia e na diversidade.

2-. Por mandato da Asemblea de Movementos Sociais do Día de Mobilización e Acción Global do 26 de xaneiro formouse un Consello do FSGal. As organizacións e persoas a título individual que participan voluntariamente nel tampouco representan a ninguén. O Consello só se encarga de facilitar os espazos para o FSGal e de xestionar o programa de actividades que propoñan os movementos sociais. Calquera organización disposta a traballar polo desenvolvemento do FSGal e asistir ás xuntanzas organizativas do mesmo pode solitar a súa entrada no Consello. Contacto: comunicacion@forosocialgalego.org

3-. No FSGal preténdense facer un conxunto de actividades, dende debates, conferencias, mesas redondas ou calquera proposta dos movementos participantes a actividades lúdicas e reivindicativas que, amais de servir de intercambio entre movementos sociais sirvan tamén para axudar á visibilización das loitas sociais no conxunto da sociedade galega. O FSGal é pois un espazo aberto.

4-. O FSGal precisa, loxicamente, dun orzamento para se desenvolver. As contas da organización serán transparentes e en todo intre de libre acceso para os movementos sociais integrantes do foro. Para asegurar a independencia con respecto a institucións e empresas o FSGal pretende autofinanciarse por medio dos movementos que nel participan. Deste xeito, estableceuse unha cota de apoio ao proceso que permite tamén a acreditación para participar nel. A dita cota é de 100 euros por organización e de 10 euros por persoa a título individual. As cotas son incluíntes e manifestan a decisión das organizacións de axudar ao desenvolvemento deste espazo de intercambio; non son excluíntes, de xeito que as organizacións ou persoas que non poidan axudar económicamente poden facelo tamén con traballo, achega de ideas, etc. Ninguén debería sentirse excluído por non poder achegar as cotas e depende da propia responsabilidade e independencia de cada entidade ou movemento saber até onde pode chegar.

As adhesións ao FSGal poden facerse en:
http://forosocialgalego.org/adhesions

5-. No FSGal tamén poderán participar voluntarias e voluntarios da organización e a sociedade civil en xeral, que poderá acceder de balde aos espazos libres.

6-. Como proceso horizontal serán os movementos sociais adheridos ao FSGal os que propoñan as actividades do mesmo. O Consello encargarase só de elaborar despois o programa, que para meirande facilidade decidiuse enmarcar en catro eixes temáticos:

1. Modelo económico e límites do crecemento
2. Soberanía e diversidade fronte a uniformización e imperialismo
3. Vida e Traballo
4. Defensa das Liberdades e dos Dereitos Sociais


Para desenvolver estas actividades precisarase asímesmo un orzamento para satisfacer as necesidades técnicas, locais, etc. que precisen quen os organice. Deste xeito existe unha cota de inscrición de actividades de 100 euros que achegarán os movementos organizadores. Esta cota pagarase entre as organizacións que propoñan a actividade, pois para impulsar o artellamento de alianzas e a non dispersión de actividades cada proposta deberá facerse en asociación con outras tres organizacións, salvo no caso de plataformas, redes, coordinadoras, etc. xa formadas por varios colectivos. A proposta e inscrición de actividades pode facerse en: http://forosocialgalego.org/até o 31 de outubro de 2008.

7-. O Consello do FSGal irá fornecendo de información sobre os mecanismos organizativos do FSGal en todo momento na web:
http://forosocialgalego.org


Dentro do consello definíronse tres comisións de traballo que en todo intre renden contas ao Consello:

1. Comisión de Finanzas
2. Comisión de Contidos e Programa
3. Comisión de difusión e Comunicación


Para comunicarse coa organización, resolver dúbidas, etc. existen unha serie de contactos electrónicos:

Comisión de finanzas (adhesións):
finanzas@forosocialgalego.org
Comisión de contidos e programa (proposta de actividades):
programacion@forosocialgalego.org
Comisión de Difusión e Comunicación:
comunicacion@forosocialgalego.org
Voluntariado:
voluntariado@forosocialgalego.org
Cuestións xerais (xestión web):
forosocialgalego@forosocialgalego.org

8-. Material de difusión. Para difundir o proceso creáronse unha serie de primeiros materiais de difusión (cartaces, trípticos, autocolantes), así como banners para difusión electrónica, etc.

Para recoller material poden dirixirse aos enderezos anunciados na web http://forosocialgalego.org ou preguntar en comunicacion@forosocialgalego.org

Os materiais dixitais poden obterse en:
http://forosocialgalego.org/materiais

9-. Na web do FSGal abreuse un espazo participativo, O FORO DO FORO http://www.forosocialgalego.org/foro para a libre opinión sobre o proceso, busca de alianzas, propostas, etc.consello

10-. A participación no FSGal tamén poderá ser como voluntaria ou voluntario. Na web do FSGal irá aparecendo información ao respecto. Poder ir apuntándote en: http://forosocialgalego.org/apuntarse

Apertas e moitas grazas
__________________________
Comisión de Difusión e Comunicación
Consello do Foro Social Galego

PRIMEIRO FORO SOCIAL GALEGO (FSGal)
Pensar e construír alternativas desde Galiza Do 5 ao 7 de Decembro de 2008
Santiago de Compostela
________________



Forum Social Mundial

FSM 2009

Carta de Principios



_________________

O BNG afirma que o Goberno Local foxe do debate sobre a Lei de Memoria Histórica

De: Correo electronico BNG -bng@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de julho de 2008 12:36
Asunto: Informacion Iniciativas BNG



Informacion Iniciativas BNG

O BNG afirma que o Goberno Local foxe do debate sobre a Lei de Memoria Histórica

O Grupo municipal do BNG considera que o goberno local de Ferrol foxe do debate sobre a Lei de Memoria Histórica e non se quer posicionar sobre a proposta nacionalista de instar á Consellería de Educación a mudar o nome dos centros públicos de ensino que conservan a denominación franquista.

A Concelleira do BNG, Elia Rico, afirmou que a negativa do Goberno Local a incluir na Orde do Dia da Comisión Informativa de Cultura, a proposta formulada polo BNG evidencia a falla de vontade política do bipartito, PSOE-IU, para asumir unha reivindicación avalada pola Lei de Memoria histórica.

Como se lembrará o BNG solicitou por escrito a inclusión na Orde do Dia da comisión de Cultura, educación e Deporte dun punto que propiciara un posicionamento do Pleno do Concello de Ferrol instando á Consellería de Educación a mudar o nome dos centros que manteñen a denominación franquista e que son: o C.E.E. Carmen Polo, C.E.I.P. Ibáñez Martín,e o I.E.S. Marqués de Suanzes.

Elia Rico, indicou que para calquera demócrata resulta penoso constatar a pervivencia destes nomes en edificios público e máis se falamos de centros educativos que deben estar alleos á exaltación dun réxime que privou de liberdade a moitas persoas polo que non se comprende o veto do Goberno Local á propiciar o debate da nosa proposta.

O BNG conclúe que o bipartito ferrolá impide aos grupos da oposición formular propostas, fora do Pleno da corporación, cando estas abordan cuestións que non son do agrado do goberno local.

Ferrol a 5 de xullo de 2008
____________

Reunión do grupo de traballo para a reforma do Regulamento de Participación Cidadá para este xoves día 10 de Xullo

De: Participación Cidadá -participacion@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de julho de 2008 08:53
Asunto: recordatorio xuntanza gap



recordatorio xuntanza gap

Espero que teñades un bo día. Un saúdo Loly

Estimada amiga, estimado amigo

Como ben sabes está convocada a seguinte reunión do grupo de traballo para a reforma do Regulamento de Participación Cidadá para este xoves día 10. A xuntanza comezará ás 19:30 na Casa da Xuventude e ten previsto unha duración de dúas horas. Calquera dúbida ou proposta podes poñerte en contacto co Departamento de Participación Cidadá ou coa equipa técnica de Cidadania (rosa.munhiz@cidadania.coop)

Un saúdo e grazas
Concellaría de Participación Cidadá
Concello de Ferrol
_____________

martes, xullo 08, 2008

Fascismo espanhol à solta por Ferrol: ataque ao local comarcal de NÓS-Unidade Popular

De: Nosup-trasancos
-nosup-trasancos@nosgaliza.org-

Para: artabra21@gmail.com

Data: 6 de julho de 2008 16:52

Assunto: Fascismo espanhol à solta por Ferrol: ataque ao local comarcal de NÓS-Unidade Popular


Fascismo espanhol à solta por Ferrol: ataque ao local comarcal de NÓS-Unidade Popular


Na noite do dia 5 de Julho, elementos fascistas aproveitárom a escuridade da noite para pintar com esvásticas nazis a fachada do local comarcal de NÓS-Unidade Popular em Ferrol, enchendo-a de manchons de pintura em diferentes pontos. Nom é a primeira vez que exaltados de extrema-direita atacam a sede da nossa organizaçom, nem é NÓS-UP a única entidade atacada periodicamente na nossa comarca.

Nos últimos tempos, pintadas reivindicando a espanholidade da Galiza junto a símbolos nazi-fascistas proliferam polas paredes da comarca de Trasancos, sem que as autoridades ditas 'democráticas' pareçam preocupar-se. A exibiçom de símbolos espanhóis e filofranquistas nas celebraçons da vitória espanhola no recente campeonato de futebol europeu parece ter dado vida aos fascistas que pululam por Ferrol fazendo apologia do fascismo e, de quando em quando, protagonizando agressons a locais e pessoas.

A compreensom policial e institucional aos 'incontrolados' fascistas actua como elemento de cumplicidade com as agressons fascistas, o que obriga os sectores populares a exercer a autodefesa activa, como já tem acontecido no passado.

NÓS-Unidade Popular exige medidas para que o fascismo espanhol deixe de actuar impunemente nas nossas ruas e de atacar os locais e as pessoas que participam activamente nos movimentos sociais da nossa comarca.

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular
Ferrol, 5 de Julho de 2008
_____________

Solidariedade coa Sociedade Galega de Historia Natural

De: Ateneo Ferrolán
-administrador@ateneoferrolan.e.telefonica.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de julho de 2008 11:04
Asunto: SOLIDARIEDADE coa SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL -


SOLIDARIEDADE coa SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL
ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) www.ateneoferrolan.org

O ATENEO FERROLAN manifesta a sua SOLIDARIEDADE coa Sociedade Galega de Historia Natrual e RECLAMA que sexan REHABILITADOS OS EDIFICIOS HISTORICOS QUE SON PROPIEDADE DO CONCELLO antes de que realmente ocurra unha desgraza. Hai que lembrar que os edificios onde estan situadas estas duas entidades teñen un PROXECTO DE REHABILITACION APROBADO NO ANO 2002 E SEGUIMOS A ESPERA.

EXECUCIÓN XA do PROXECTO APROBADO de AMPLIACIÓN e REHABILITACIÓN DA SEDE DESTA ENTIDADE CULTURAL CENTENARIA

Axuntamos Carta enviada a primeiros de ano, e anteriormente en varias ocasions, a todos os Grupos Municipais e Noticia publicada en xullo de 2002, fai 6 anos, nos medios de comunicacion.

Estimado Sr.:

O motivo deste escrito é reiterarlle o solicitado na carta do pasado día 21 de novembro (sen resposta) e o xa exposto nos anos 2005 e 2006 á anterior corporación e que levamos máis de catro anos reclamando sen recibir resposta nin actuación efectiva para resolver os graves problemas e anomalías que existen no edificio, xa transmitidas e comunicadas en varias ocasións e por diferentes medios por parte desta Xunta Directiva e polos nosos veciños da Asociación DYA:

O Ateneo Ferrolán está situado nun edificio emblemático restaurado do século XVIII no histórico Barrio da Magdalena, como Vostede ben sabe, pero ten un deterioro importante na súa estructura que pon en perigo enseres, traballadores e a seguridade do edifico histórico en si, como patrimonio, a saber:

- Desmantelamento e rotura do tellado (desván) que está no 3º piso (encima de DYA e da oficina do Ateneo) o que provoca, a parte da inseguridade por medo ó derrube, inundacións e goteiras que afectan á propia Asociación DYA, á nosa Biblioteca-Hemeroteca, nos aseos, na cabina do salón de actos, ......

- Onde está ubicada a nosa Biblioteca e a ÚNICA HEMEROTECA de Ferrolterra, sempre que chove (pouco ou moito) SE INUNDA, perigando así dito PATRIMONIO e arriscando á seguridade das TRABALLADORAS e do público en xeral por mor a que se veñan os pisos abaixo pola auga filtrada e almacenada.
  • O ATRASO NA EXECUCIÓN DO PROXECTO DE RESTAURACIÓN E MELLORA DE USOS PARA O ATENEO FERROLÁN, DO EDIFICIO Nº 202-204 DA RÚA MAGDALENA.

  • PROXECTO DE REHABILITACIÓN APROBADO NO ANO 2003 que daría solución a toda a grave situación na que nos atopamos, pero que tamén está paralizado dende entón sen ningunha explicación .........

  • PROXECTO, ENCARGADO E PAGADO AO ARQUITECTO D. ALFREDO ALCALÁ, DO QUE DÁBAMOS CONTA AOS SOCIOS/AS E PÚBLICO EN XERAL NA REVISTA “ATENEA” Nº 15 (ABRIL 2004) CO SUXESTIVO TÍTULO “UN ATENEO PARA O SÉCULO XXI”, CONTANDO COA APROBACIÓN DO ANTERIOR CONCELLEIRO DE URBANISMO PARA FACELO.
Polo exposto lle SOLICITAMOS que tome as medidas oportunas enviando ós técnicos necesarios para levar a cabo as actuacións que se precisen.

Eliseo Zaera Ríos

Presidente

Máis de 5 anos despois o ATENEO FERROLÁN segue a espera de que se acometan as obras de REHABILITACIÓN na súa sede.

Falta de espazo ........ Non podemos esquecer a IMPORTANCIA da nosa Biblioteca – Hemeroteca que vai ser posta en valor pola Fundación Barrié de la Maza.

Noticias relacionadas:

Asinado hoxe o convenio co Concello

O IGVS DESTINARÁ MÁIS DE 21 MILLÓNS DE EUROS Á REHABILITACIÓN DA ZONA VELLA DE FERROL

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2002.- O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e presidente do IGVS; José Cuiña, e o alcalde de Ferrol, Xaime Bello, asinaron hoxe o convenio de colaboración para a rehabilitación do casco vello de Ferrol.

O convenio establece a colaboración entre o IGVS e o Concello de Ferrol para a realización de obras de urbanización e reurbanización dos barrios da Magdalena-Ferrol Vello por un importe de 21.035.423 euros.

O IGVS aportará a totalidade dos fondos destinados ás actuacións previstas, divididos en seis anualidades correspondentes ós anos 2002 a 2007.

Pola súa parte, o Concello de Ferrol encargarase da elaboración dos proxectos e a contratación e seguimento das obras, así como da contratación dos facultativos e técnicos que se encarguen da dirección das mesmas. Asemade, adquirirá o inmoble situado no número 220 da rúa Magdalena, para a súa cesión en propiedade ó Real Coro Toxos e Froles, que o destinará á súa nova sede social.

As obras a realizar consisten na reurbanización viaria e mellora das infraestructuras das rúas de Ferrol Vello, a devandita adquisición do número 220 da rúa Madalena e a rehabilitación dos edificios do antigo Hospicio e do Ateneo Ferrolán.
_____________

http://www.ateneoferrolan.org

____________

luns, xullo 07, 2008

Marcha e Festival, o 23 de Xullo, no primeiro aniversario do peche da veciñanza de Meá na Casa do Concello de Mugardos

[Para ampliar clicar acuima da imaxe]

Diante das novas ameazas de REGANOSA o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convocou unha serie de mobilizacións, para denunciar a nova situación que aumenta a ameaza do despropósito gasístico sobre a poboación desta comarca. Esta nova mobilización coincide co primeiro aniversario do peche da veciñanza de Meá na casa do Concello que durou 111 días de loita, solidariedade e dignidade.

Difunde a convocatoria do Comité Cidadán:

Baixa, copia e difunde
[Os cartaces a cor ou en B/N en formato pdf nos seguintes enlaces]

http://CartazA3BN-2008MarchaMugardos23deXul.pdf

http://CartazA3Cor-2008MarchaMugardos23deXu.pdf
_______

Blog das novas ameazas [Boletín nº 14]:

http://na-defensa-da-ria-de-ferrol.blogspot.com/
____________


Visualizar o mapa ampliado
_____________

venres, xullo 04, 2008

Gaseiro en perigo

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de julho de 2008 18:11
Asunto: Gaseiro en perigo


Gaseiro en perigo



O pasado 2 de xullo ás 4 da tarde o buque gaseiro "LNG Rivers", de 288 metros de eslora cargado con 135.000 m3 de gas natural, tivo graves problemas para entrar na Ría de Ferrol. Esa tarde o vento sopraba do sur e había mareira no mar. O barco que aínda non tiña os prácticos a bordo achegábase perigosamente á costa. A enfilación para poder entrar na Ría de Ferrol non era a correcta, e tanto o vento como o mar abatían cada vez maís ao barco contra a Ponta Coitelada. Neses momentos logran subir a bordo dende un remolcador os prácticos do Porto de Ferrol e inician unha perigosa manobra virando en redondo o barco. Catro remolcadores permanecen a expectativa, pero sin ter suxeito ao barco. O gaseiro na súa virada pasa moi perto da costa, a menos de 300 metros, e case por riba dos baixos das "Merloeiras ".

Finalmente o "LNG Rivers" consigue alonxarse da costa e tomar a enfilación correcta para penetrar na Ría de Ferrol.

Despois de media hora de arriscadas manobras e loitando contra o reloxo, xa que a marea comenzaba a baixar o "LNG Rivers" amarrado a catro remolcadores entra na Ría.

A Capitania Marítima debe dar explicacións do que sucedeu aquela tarde. Estas situacións non fan outra cousa que confirmar o que este CCE vén manifestando desde fai máis de 8 anos: A localización da Planta de Gas no interior de Ría, incumprindo toda a normativa de seguridade, en canto a distancias aos núcleos de poboación e ao tránsito continuado dos gaseiros sen garantía de poder abandonar a Ría polos seus propios medios ante calquera situación de emerxencia.

Unha vez máis queremos chamar a atención das autoridades competentes, para que acaten as resolucións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e poñan fin a este despropósito e a esta ameaza permanente, sobre a riqueza e o potencial laboral de nosa Ría e sobre as vidas das persoas que a habitamos.

PLANTA DE FAS FORA DA RÍA ¡!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
____________

Proxección de "Animal", no Ateneo Ferrolán, hoxe, Venres 4 de Xuño, ás 7 da tarde

O venres día 4 de xullo ás 19 horas.
Salón de Actos do Ateneo Ferrolán.

Unha longametraxe de ficción que inclúe unha metraxe documental sobre as torturas e posterior agonía á que é sometido o toro bravo, reaccións adversas do público que asiste ás corridas, principalmente estranxeiro, que acude á praza de toros “enganado” por unha ofensiva e mal chamada Festa Nacional e que vaille incluída nus packs turísticos onde non se fai verdadeiro fincapé na natureza sádica e cruel do “evento”, declaracións de expertos veterinarios que expoñen o sufrimento do animal desde que entra na praza ate que é vilmente sacrificado (estres, medo, dolor, etc). Sen embargo non é “Animal” A película, só un documental, moi ao contrario, utiliza elementos reais para implicar ao espectador e situalo na trama do filme.

No proxecto Animal, tamén realizarase unha longametraxe para televisión no que se inclúen todos os documentos recollidos para a longametraxe e non incluídos finalmente neste así como opinións de rostros populares animalistas e anti-taurinos (actores, escritores, políticos, deportistas, filósofos, periodistas e xente anónima cuxo testimonio creemos que é de especial interese)

Animal foi presentada no Festival de Cine Fantástico de Sitges 2007, fora de concurso, e tivo unha enorme aceptación ao encherse a sala onde se produzo a estrea.

A través da campaña “Galicia, mellor sen touradas”, a Asociación Animalista LIBERA! e a plataforma internacional Stop Our Shame, estrearán a película en diferentes espazos de Galicia, como unha clara contraprogramación de verdadeira cultura ao espectáculo taurino que ten lugar cada ano en certas cidades galegas.

Todas as estreas de Animal en Galicia son gratuítas.
www.animallapelicula.com
_________


_________

Ateneo Ferrolán
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
e-mail: a_ferrol@teleline.es
Telf.: +34 981 357 970
Fax: 981 354 098
Dirección Postal:
Rúa Magdalena 202-204, 1º.
CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303

luns, xuño 30, 2008

O 2 de Xullo, de novo concentración en Ferrol, para protestar pola entrada na Ría do "LNG RIVERS" cargado con GNL para REGANOSA

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 30 de junho de 2008 18:07
Asunto: Concentración, mércores 2 xullo, 8 tarde (24º Gaseiro)



Ante o anuncio da entrada na Ría do "LNG RIVERS", o 24º Gaseiro cargado de GNL para Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Convoca
Mércores, 2 de Xullo, ás 8 daTarde
CONCENTRACIÓN CACEROLADA
Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol
e posterior MANIFESTACIÓN até o Concello.


comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!



Situación do Buque en navegación polo Atlántico
[Actualizandose]:

http://www.sailwx.infoposition

Características do buque:
Longueur: 288,75 m
Largeur: 48,00 m
Tonnage brut: 114 354 ums
Port en lourd
Tirant d' eauété: 12,30 m
Tirant d' air max: 53,00 m
Propulsion: Turbine
Puissance: 31 500 kW
Vitesse: 19 nds
N° IMO: 9216303
Pavillon: Bermuda
LGN: 60.000 T.
Nunha reparación en Brest [Bretaña] Estado Francés
http://www.marine-marchande.net/LNGRivers
___________________

domingo, xuño 29, 2008

Falando do “Manifiesto”

Hai uns día, o 23 deste mes de xuño, un grupo de intelectuais españois [Sabater, Pombo, Carlos M. Gorriararn y Carmen Iglesias,...], presentaban un manifesto público en defensa do castelán que ao seu entender está en perigo por mor do avanzo das linguas periféricas nas administracións das comunidades autónomas con lingua propia. Choveron adhesiós que non imos relacionar, pois longa é a lista, quen teña interese neste enlace do buscador google podeas observar. Por certo, no mesmo enlace podese ver que xa hoxe hai 258.000 páxinas en español que conteñen a frase “Manifiesto por la lengua común”. En só cinco días, xa se están pedindo firmas de adhesión.

Polo seu interese e para comezar reproducimos este artigo que o profesor Xosé Maria Dobarro, publica no xornal comarcal "Diario de Ferrol".

TEMPOS E LUGARES

OUTRA VOLTA

XOSÉ MARÍA DOBARRO (*)

O pasado luns presentouse no Ateneo de Madrid, día no que aparecía íntegro nas páxinas de El Mundo e El País, cando menos, un texto denominado “Manifiesto por la lengua común”, asinado por dezaoito denominados intelectuais, condición que eu non son quen para recoñecerlles ou negarlles. O que si lles nego é a razón que pretenden ter. Comezan por recoñecer a súa preocupación desde hai uns anos pola “situación institucional de la lengua castellana” que xera neles unha “inquietud estrictamente política”. Quede claro. O autor, ou autores, deste manifesto establecen unha serie de premisas, so apariencia de verdades obxectivas, que se me antollan falaces. Podería estar todo o mundo de acordo -se cadra con algún pequeno matiz acerca do que é ou non é español por parte dalgúns- con que “Todas las lenguas oficiales en el Estado son igualmente españolas y merecedoras de protección institucional como patrimonio compartido”, inclusive coa continuación deste parágrafo “pero sólo una de ellas es común a todos, oficial en todo el territorio nacional y por tanto sólo una de ellas -el castellano- goza del deber constitucional de ser conocida y de la presunción consecuente de que todos la conocen”, evidentemente porque o coñecemento do español é unha realidade. Xa que logo ¿por que falar de presunción? ¿Preténdese dicir que hai persoas nalgunhas zonas do Estado que descoñecen esa lingua? ou, maliciosamente, ¿sospéitase que de seguir así as cousas no futuro podería habelas?

Tamén poderiamos estar de acordo en que só unha das linguas españolas oficiais é “universalmente oficial en nuestro Estado democrático”, mais xa non, a non ser que se nos explique moi ben o porqué, con que “contar con una lengua política común es una enorme riqueza para la democracia”. Como nada se nos di, un non pode menos que pensar que, segundo os manifestantes, non é demócrata de todo quen non comparta este aserto. Por suposto que “son los ciudadanos quienes tienen derechos lingüísticos, no los territorios ni mucho menos las lenguas mismas”. O que xa non parece tan así é que se nos pretenda convencer de que en determinadas nacións do Estado traten de imporse cousas “en detrimento del castellano (y mucho menos se puede llamar a semejante atropello “normalización lingüística”)”. Nunca vin atropelo ningún -en calquera caso tería sido en sentido contrario, isto é, por parte do español. Velaí o caso dun solicitante de traballo nun hotel vigués rexeitado, e iso que falaba un lote de idiomas- por utilizar o galego como veículo expresivo. Mais esa empresa é privada e o manifesto fala de institucións públicas. Sinceramente, nunca vin que nas chamadas comunidades bilingües se impuxese nada. É unha evidencia que quen quixer desenvolver a súa vida cotiá e profesional en español pode facelo sen problema ningún. O que si podería xerar problemas é querer impor a toda costa este seu modelo. Mais, en todo caso, sempre atopará apoio incondicional de xentes como os asinantes deste manifesto. Nas ditas comunidades bilingües os máis desfavorecidos seguen a ser os que utilizan habitual e espontaneamente o idioma naturalmente xerado nese territorio.

Mais a guinda deste pastel é a premisa cuarta. O texto non ten desperdicio: “Ciertamente, el artículo tercero, apartado 3, de la Constitución establece que las distintas modalidades lingüísticas de España son un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección”. Nada cabe objetar a esta disposición tan generosa como justa, proclamada para acabar con las prohibiciones y restricciones que padecían esas lenguas. Cumplido sobradamente hoy tal objetivo, sería un fraude constitucional y una auténtica felonía utilizar tal artículo para justificar la discriminación, marginación o minusvaloración de los ciudadanos monolingües en castellano en alguna de las formas antes indicadas”. Esaxera que algo queda. A xornalista de El Mundo -xornal que apoia incondicionalmente o manifesto- que cobre diariamente as novas relacionadas con este texto vía claramente desde o primeiro día que se trataba dunha cuestión política: “Aunque algunos de ellos están vinculados a UPyD, entre todos representan el espectro ideológico-político español al completo (o que non é certo)”. Tanto é así que cada día aparecen novas de que o PP de aquí e acolá se está aderindo a el e asumíndoo como propio. Son novas ganas de seguir dando a tabarra. ¿Ulo cambio congresual? Mexar fóra de tempo, lugar e testo.

(*) Catedrático da Universidade da Coruña
_____________

Enlaces relacionados:
__________

Reunión da PA21 para tratar a situación da Sanidade Pública en Ferrol Terra

O vindeiro Mércores 2 de Xullo, ás 8 da tarde no Mesón Anosa Terra na Praza de Sartaña, terá lugar unha reunión da PA21 para tratar a situación da Sanidade Pública en Ferrol Terra.

Contaremos coa presencia do compañeiro Miguel López, presidente da asociación veciñal "Fontelonga" de Esteiro, representante veciñal na Comisión Comarcal de Participación Cidadá na Área de Saúde de Ferrol Terra.

Algúns enlaces de interese:
____________

venres, xuño 27, 2008

28 de Xuño "Día do Orgullo Gay, Lésbico e Transexual" 2008

Transcrición dunha nova publicada no xornal comarcal Diario de Ferrol o pasado mércores 25 de xuño de 2008

Suso Pérez Lago, Yolanda Díaz e Bea Rodríguez na rolda de prensa celebrada onte
Foto de Dani Alexandre


Cultura impulsa a liberdade sexual con actividades para o Día do Orgullo Gay


REDACCIÓN > FERROL - Dario de Ferrol

Pese a que as leis garanten, en teoría, dereitos fundamentais para o ser humán, “a realidade é moi distinta” en aspectos como o dereito á libre sexualidade. Así se expresou hoxe a concelleira de Cultura de Ferrol, Yolanda Díaz, ao presentar as actividades do Día do Orgullo Gay.

Yolanda Díaz compareceu onte en rolda de prensa xunto cos representantes de Galentendo (Colectivo para a Normalización da Diversidade Sexual de Ferrolterra) Suso Pérez Lago e Bea Rodríguez para informar dos actos programados para o vindeiro sábado, día 28, con motivo do Día do Orgullo Gay. A festa, impulsada pola Concellería de Cultura, dará comezo as dez da noite no pub Run Run da rúa Real cunha degustación de pinchos e a entrega de agasallos aos asistentes para dar paso, a partir das once, a un concerto de pop-electrónico do grupo pontevedrés Austria. Ás doce da noite a festa trasladarase ao Manchita Cosa coa participación do DJ Pink Phanther, para, pasadas as tres da madrugada, retornar ao Run Run, cunha nova sesión de pinchadiscos protagonizada por Alaxendre DJ & Video Home Fuck DJ.

Yolanda Díaz subliñou o papel reaccionario dalgúns estamentos, como a Igrexa Católica e os centros de poder do país, ao auspiciar unha linguaxe profundamente sexista e descalificatoria con respeto do colectivo de gays e lesbianas. A concelleira aportou datos para demostrar ata que punto a liberdade e diversidade sexual están lonxe de ser un dereito plenamente recoñencido. Según dixo, as lecturas máis elocuentes danse incluso nas idades más temprás, como se pon de manifesto en que o 28% dos alumnos consultados no país consideran que a homosexualidade é unha enfermidade e outro 32% estima “normal” tratar de xeito despreciativo a gays e lesbianas.

Díaz lembrou tamén a iniciativa que, neste senso, Izquierda Unida ten presentado á Mesa do Congreso dos Deputados, consistente nunha proposición non de lei sobre a atención educativa da diversidade afectivo-sexual e contra a homofobia no sistema educativo. Según esta formación política, o sistema educativo vai con retraso respecto a unha realidade social e legal na que esta diversidade ten “unha crecente aceitación que non se reflicte nos nosos colexios e institutos”.

A proposta céntrase en demandar a elaboración dun programa de apoio aos centros educativos e ao personal docente para que teñan acceso a recursos e información para atender a diversidade sexual e combater os casos de acoso homofóbico.

Pola súa banda, Suso Pérez Lago, vicepresidente de Galintendo, agradeceu expresamente o apoio da Concellería de Cultura á actividade, que ten por obxecto, dixo, “normaliza-la diversidade sexual e aportar un grao de area na procura do recoñecemento de gays e lesbianas”.

Pérez Lago pideu o respeto de aqueles que non acepten outras formas de vivir a sexualidade e invitou a todos á festa, na que haberá entrada libre.
_________

Colectivo para a Normalización da Diversidad Sexual de Ferrolterra.
Galentendo é unha asociación para a defensa dos dereitos de gais e lesbianas e para fomentar a liberdade sexual, no ámbito da comarca ferrolán.


Para contactar:


galentendo@gmail.com

COLECTIVOS e enlaces LGBT en Galiza
__________________

Festival do Río Castro en Naraío - San Sadurniño

De: damch@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de junho de 2008 13:03
Asunto: Festival do Río Castro en Naraío - San Sadurniño



Festival do Río Castro en Naraío - San Sadurniño

O día 5 de xullo a partires das 22:00h

entrada de balde

concierto de:

KoGiTo
ska feito na GaliZa
+
O SoNoRo MaXíN
+
BaLaCaNDRa
+
PRaDaiRo

Concurso de Merendas, Xogos Infantis, Animación e Espetáculo, Campionato de Deporte Popular


Organiza:

Asociación Veciñal "O castelo" Naraío - San Sadurniño
_____________

O BNG conmemora o 72 aniversario do 1º estatuto de Galiza

De: Correo electronico BNG -bng@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de junho de 2008 12:46
Asunto: O BNG CONMEMORA O 72 ANIVERSARIO DA 1º ESTATUTO DE GALIZA



Información Iniciativas BNG

O BNG CONMEMORA O 72 ANIVERSARIO DO 1º ESTATUTO DE GALIZA

O Consello Local do BNG de Ferrol vai conmemorar o 72 aniversario do 1º estatuto de Galiza coa celebración dun acto político a celebrar o vindeiro sábado dia 28 de xuño, as 12 horas, no Cantón de Molíns.

O BNG acordou facer este acto político como homenaxe as persoas que dunha forma ou outra traballaron por que Galiza tivese un Estatuto de Autonomía, ao amparo da legalidade constitucional republicana. O BNG quer lembrar neste acto que e a capacidade de iniciativa política tomada polos nacionalistas da época, é o reflexo dunha forte vontade nacional que fixo posíbel que moitos anos máis tarde tivesen que recoñecer a lexitimidade histórica de Galiza como nacionalidade, xa na actual etapa democrática.

O BNG decidiu lembrar este feito nun lugar, o Cantón de Molíns, onde se atopan os monumentos que lembran a dúas persoas que se significaron nesta ardua tarefa de sacar adiante a redacción do Estatuto de Autonomía de Galiza: o artista Camilo Díaz Baliño e o presidente e fundador da Irmandade da fala de Ferrol, Xaime Quintanilla.

Desde o consello Local realizaremos unha ofrenda floral na Placa que lembra a memoria de Xaime Quintanilla ante a ausencia lamentábel do busto de Camilo Díaz Baliño, usurpado do seu pedestal ante a pasividade municipal por restituir a súa imaxe no lugar que lle corresponde na alameda ferrolá.

Como se lembrará o 28 de xuño de 1936, fai 72 anos, os galegos e galegas votaban afirmativamente a que o noso país puidera dispor do seu Estatuto de Autonomía, que seria máis tarde tomado en consideración polas Cortes Españolas, no seu desterro en Montserrat, polo teimudo traballo de Castelao na defensa dos nosos dereitos nacionais.

Ferrol a 27 de xuño de 2008

Consello Local do BNG de Ferrol.
________

O Consello Local de Esquerda Unida - Ferrol, presenta un Blog de marcado interese informativo político nas actuacións desta forza no Concello

De: Esquerda Unida-Ferrol -polaesquerda@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de junho de 2008 12:10
Asunto: O CONSELLO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA – FERROL, presenta un BLOG de marcado interese informativo político nas actuacións desta forza no Concello de Ferrol



CONSELLO LOCAL – Ferrol

O CONSELLO LOCAL DE ESQUERDA UNIDA – FERROL, presenta un BLOG de marcado interese informativo político nas actuacións desta forza no Concello de Ferrol.

Este BLOG servirá para que a cidadanía reciba unha información directa das actuacións de ESQUERDA UNIDA-FERROL e que poda contrastar as diferentes interpretacións e veracidades informativas.


Noso obxectivo é informar de todas as reivindicacións políticas do CONSELLO LOCAL e as diversas actuacións políticas do noso GRUPO MUNICIPAL DO CONCELLO DE FERROL.

Outra política de esquerdas é posible.




Para que podas contactar con noso Blog :

correo-e : polaesquerda@gmail.com

Ferrol a 24 de Xuño de 2008.

Asdo. O CONSELLO LOCAL EU – FERROL

________