luns, setembro 26, 2011

Galería Fotográfica das mesas e asembleias do Foro Social de Ferrol Terra da xornada do Sábado 24 de Setembro de 2011 - Áudios da restransmisión en directo de Rádio Filispim das catro mesas da Xornada de mañá e tarde


A Galería Fotográfica pertence á Xornada do Sábado 24 de Setembro de 2011 do Foro Social de Ferrol Terra na que se desenvolveu catro mesas e dúas asembleas:

"O Movemento 15-M , que hai de novo? - Os medios convencionais e o 15-M. Aportacións ao altermundismo. O cuestionamento do modelo 'democrático' actual, apuntalar ou transformar? As ensinanzas do 15-M", presentada por Lupe Ces Rioboo, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulheres. E na que interviñeron: Sechu Sende, escritor, profesor e activista de Aulas Indignadas e Comprometidas; Martinha Suárez Martínez, activista da #acampadaferrol; Jordi Calvo Rufanges, economista, activista social e investigador sobre os movimentos sociais.

"Son posíbeis outros medios de comunicación? - Forzar os medios ao cambio, ou cambiar de medios? Hai alternativas?", presentada por Xesús Manuel Díaz Suárez, activista sindical e do movimento veciñal, na que interviñeron: Lois Rodríguez Martínez, cofundador da Asociación de Medios en Galego; Belén Puñal Rama, xornalista, investigadora, foi redactora da revista Tempos Novos; Mariano E. Fernández Cabarcos, Coordenador Legal da Rede de Medios Comunitarios (ReMC).

"Ferrol Terra noutro modelo produtor e enerxético - A enerxía necesaria. De que vivimos e de que queremos vivir. Soñar a comarca desde o decrecemento", presentada por Manuel R. Carballeira, coordenador do Comité Cidadá de Emerxencia, na que interviñeron: Xoán Ramón Doldán García, profesor de economía aplicada e ecoloxista; Manuel Rivera Iglesias, presidente da Asociación de Economía Social Briante e promotor da Cooperativa intercultural Armeria; Isabel Vilalba Seivane, activista sindical agraria, do movimento internacional agrario 'La Via Campesina'.

"Como podemos frear a perda de dereitos? - É posíbel frear a ofensiva capitalista? Con que ferramentas contamos e cuais temos que construír? Unidades ou confluencias? Poder político ou poder mobilizador?", presentada por Xoán Lorenzo Lourido, activista social, vinculado a Nova Escola Galega e ao STEG, na que interviñeron: Merche Díaz López, da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, sindicalista; Silvia Bermúdez Pérez, sindicalista da CIG, licenciada en dereito, vinculada á FESGA; Xesús Díaz Díaz, ex-secretario xeral de CCOO-Galicia; Vitoria Iglesias Morales, activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres.

O Colectivo Opaii! de Rádio Filispim está restramitindo en directo o Foro Social. A continuación publicamos os audios das catro primeiras mesas: un sobre "O Movemento 15-M , que hai de novo? ...", e outro sobre "Forzar os medios ao cambio, ou cambiar de medios? Hai alternativas?", "Ferrol Terra noutro modelo produtor e enerxético" e "Como podemos frear a perda de dereitos? - É posíbel frear a ofensiva capitalista? ...", máis adiante publicaremos todos os audios incluidos os das asembleais, pode-se acceder aos mesmos no sitio na rede do Colectivo: http://opaii.blogspot.com/


O Consello Local do FSdeFerrolTerra, tamén publicará na rede, os vídeos das Mesas, do cal daremos conta, no momento da súa edición e o notificaremos por correo-e a todas as persoas inscritas no Foro e a aquelas que no-lo soliciten.


Áudios


Xornada de Mañá


Mesa 1: "O Movemento 15-M , que hai de novo? - Os medios convencionais e o 15-M. Aportacións ao altermundismo. O cuestionamento do modelo 'democrático' actual, apuntalar ou transformar? As ensinanzas do 15-M"



Descargar o audio


Mesa 2: "Son posíbeis outros medios de comunicación? - Forzar os medios ao cambio, ou cambiar de medios? Hai alternativas?"



Descargar o audio


Xornada de Tarde


Mesa 3: "Ferrol Terra noutro modelo produtor e enerxético - A enerxía necesaria. De que vivimos e de que queremos vivir. Soñar a comarca desde o decrecemento"



Descargar o audio


Mesa 4: "Como podemos frear a perda de dereitos? - É posíbel frear a ofensiva capitalista? Con que ferramentas contamos e cuais temos que construír? Unidades ou confluencias? Poder político ou poder mobilizador?"



Descargar o audio
___________

As actuacións musicais no Foro Social de Ferrol Terra do venres 23 de Setembro de 2011 - Vídeos

Foro Social de Ferrol Terra
Ferrol, 23, 24 e 25 de Setembro de 2011

Actuación Musical

O venres 23 de Setembro de 2011, unha vez rematada a manifestación deu comezo un pequeno concerto, no mesmo lugar onde finalizou a manifestación. O concerto de "Voces Indignadas e Comprometidas", contará coa participación de: Jorge Mirancos, Fefi, Manolo Bacallao,  e  Memela d'As Cantareiras de Trasancos..

A continuación presentamos os videos das actuacións:

Memela d'As Cantareiras de Trasancos



"Manolo Bacallao"



"Fefi"



Jorge Mirancos



Cantando os catro Grândola Vila Morena



Canle do Foro Social de Ferrol Terra:
http://www.youtube.com/user/FSdeFerrolTerra


Enlaces relacionados con "Así foi o Foro social de Ferrol Ferra":

Galería Fotográfica das mesas e asembleia da xornada do Domingo 25 de Setembro de 2011 - Áudios da restransmisión en directo de Rádio Filispim das dúas últimas mesas da Xornada

Galería Fotográfica das mesas e asembleias da xornada do Sábado 24 de Setembro de 2011 - Áudios da restransmisión en directo de Rádio Filispim das catro mesas da Xornada de mañá e tarde

Galería Fotográfica dos actos do 23 de Setembro de 2011- Manifestación e Concerto - Áudio da retransmisión en directo desde Rádio Filispim
______________

O LNG "Gemmata", un buque gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL/LNG anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 26 de Setembro - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, desta vez na Praza de Amboaxe


CONCENTRACIÓN NA PRAZA DE AMBOAXE,
NO BARRIO DA MADALENA 

LUNS 26 DE SETEMBRO, ÁS 8 DA TARDE

O LNG "Gemmata", buque de grande porte, cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa,  ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 26 de Setembro de 2011. Esta entrada, supon xa a 101, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Luns, ás 8 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar na Praza de Amboaxe, no barrio da Madalena en Ferrol Centro. Nunha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.


Características do buque:
Nome: Gemmata - Bandeira: Singapur - Eslora: 290 m, Manga: 46,28 m - Calado: 11.36 m - Puntal: 25.5 m, Capacidade: 138.104 m3,
  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
24 de setembro de 2011 08:56
---
APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


______________________

A doutrina do Shock - Baseado no libro de Naomi Klein - Documentario Subtitulado

Naomi Klein nunha conferencia na Universidade de Loyola, Chicago.

'Un estado de shock non é só o que nos sucede cando ocorre algo malo, é o que nos pasa cando perdemos a nosa narrativa, a nosa historia, cando nos desorientamos.

Un período de crise como o que estamos vivindo é un bo momento para pensar na historia'.

Pouco máis de 78 interesantes minutos que paga a pena parar-se a ver, a situación actual da chamada "Crise" e como no-la presentan, algo máis que un parecido.


WebIslam


"Baseada no libro de Naomi Klein, “A doutrina do shock” trata do auxe do chamado “capitalismo do desastre”. Este insta os gobernos a aproveitar períodos de crises económicas, guerras, desastres naturais, ataques terroristas e epidemias, para saquear os intereses públicos e levar a cabo todo tipo de reformas a favor do libre mercado. Medidas tan desapiadadas que só puideron imporse mediante o medo, a forza e a represión. A película rastrexa as orixes deste capitalismo salvaxe nas teorías radicais do Premio Nobel de Economía Milton Friedman e a súa posterior implementación en todo o mundo, desde as ditaduras en Chile ou Arxentina dos anos 70, á Gran Bretaña de Margaret Thatcher, a Rusia de Yeltsin, ou as non tan afastadas invasións neoconservadoras en Afganistán e Iraq" [da web de Fiare Galiza].

“A doutrina do shock” no  buscador de Google.

Fonte: http://www.webislam.com/?idv=2599
_________________

indignad@s e Comprometid@s polo dereito á vivenda


Na tarde deste último Domingo do mes de Setembro, de moito calor e humidade sobre un centenar de persoas manifestaban-se polo dereito a vivenda, convocatoria que a nivel estatal realizaba a Plataforma de Afectados pola Hipoteca, e en Ferrol apoiada pola Asemblea local do Movimento 15-M e a Rede de Converxencia Social "Praza Pública". Foron numerosas mobilizacións en pobos e cidades de todo o Estado. En Ferrol con saída ás 6 da tarde desde a Praza da Porta Nova [Praza de España] partiu a mobilización polo dereito á vivenda, stop aos desafiuzamentos, pola dazón en pago [cancelación da hipoteca coa entrega das chaves], polo aluguer social, ... despois dunha hora de percorrido polas rúas de Ferrol, rematou cunha concentración na Praza do Concello, renomeada pol@s indignad@s e Comprometid@s da #acampadaferrol como "Praza 15-M", onde tiveron lugar varias intervencións.

Foto cedida polo compañeiro José Álvarez Crucio, do Colectivo Ártabra 21.
_________________

Novo programa d'O Recuncho en Rádio Filispim, no 93.9 da FM e a través de internet, este Martes 27 de Setembro


Este Martes 27 de Setembro de 2011, de 18:30 a 19:30 horas, no 93.9 da FM: "O Recuncho" nº 65, o programa semanal da A. C. Fuco Buxán en Rádio Filispim.

En Internet no 93.9 FM Ràdio FilispiM [ou neste mesmo sitio de Ártabra 21]. 

Cos seguintes contidos:
  • No estudo: Juan C. Valle “Karlotti”, falará de “Lendo Poesía” a tertulia literaria.
  • O Espertar da Razón, de José Torregrosa: Amnistía Internacional.
  • O Foro Social Ferrolterra.
  • Os Libros, por Víctor G. Novás.
  • Sección Poética: León Felipe.
  • Música e Novas de Fuco Buxán
Audición en directo, en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg

Todos os programas en : http://recunchofuco.blogspot.com

Teléfono para participar en directo: 981371040

E-mail: opafuco@gmail.com
--
"O recuncho", o programa da asociación cultural Fuco Buxán
en Radio FilispiM, 93.9 FM

http://www.recunchofuco.blogspot.com

http://fucobuxan.net/

Enviado por:
Miguel Castro Serantes
-opafuco@gmail.com-
25 de setembro de 2011 23:39
__________________

Propaganda, ... Por Amadeo Varela

Por Amadeo Varela [*]
26.09.2011


De vez en cando, os responsables da Planta de Gas de Mugardos, aparecen nos medios de comunicación acompañados de grupos de invitados, para louvar as excelencias das instalacións e dos seus sistemas de seguridade e, os beneficios que estas aportan a Galicia e a os galegos. Un día son os alumnos dun colexio, outro os compoñentes dunha coral ou rondalla, outro un grupo de profesores, ou de deportistas, ou calquera outro colectivo, que son utilizados como propaganda gratuíta, como unha demostración da bondade e eficiencia da planta. A min paréceme que toda esa “parafernalia” propagandística é froito da mala conciencia de aqueles que saben que as cousas fixéronse mal e incluso diría que ilegalmente.

Eu non entro a discutir temas dos que non teño suficientes coñecementos, pero hai detalles que non precisan de títulos universitarios para poder opinar con certas garantías. Por exemplo, se Reganosa é boa para os galegos, a min aínda non me chegaron os beneficios, aínda que si me chegou a preocupación; se alguén opina que o impacto ambiental non é negativo, ou non sabe o que é ambiental, ou cre que a xente é parva; e se alguén di que non é perigosa, que me explique por que en USA e en Italia negan os permisos para semellante industria e por que un de cada catro buques gaseiros tiveron que pospoñer a súa entrada na ría polas difíciles condicións marítimas. Por outra parte, pregunto eu: ¿A Planta de Gas fora da ría, non sería igual de boa para os galegos?

Entendo que tras toda esa propaganda agáchase un solapado intento de descualificar a aqueles que, insistentemente, fan oír a súa voz reclamando o traslado de Reganosa para fora da ría. Hai sitio mellor para poñela e eles sábeno. Polo tanto, que deixen de intoxicar á opinión pública, porque o pobo de Ferrol é apático e resignado e aguanta, como si estivese durmido todo o que lle botan, pero non é parvo e puidera ser que se canse de tanta tomadura de pelo. Claro que iso é bastante difícil, así que seguiremos dicindo que chove mentres… Oxalá que non sexa unha traxedia o que nos faga espertar.


[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida".) publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
____________

Nota informativa da Administración do blogue Ártabra 21


O pasado 24 de Setembro, foi atacado o noso blogue a través dunha vulnerabilidade localizada no contador de visitas externo, instalado no noso blogue desde hai anos ao inicio da súa publicación, introducindo código de contido sospeito que facía rebotar, a través dun 'script' que instalou un 'robot', a 'software malicioso' que está hospedado en dous dominios fóra do noso blogue, o que obrigou a bloquear o noso blogue, pouco máis de 24 horas, como medida seguridade.

En ningún momento foi instalado no noso blogue 'software malicioso' (malware), nen por nós nen por terceir@s.

Eliminado o 'script' e reparada a vulnerabilidade, volvemos a estar na rede.

Saúde !

Ferrol, 26 de Setembro de 2011

Administración de Ártabra 21


______________

sábado, setembro 24, 2011

Foro Social de Ferrol Terra - Galería Fotográfica dos actos do 23 de Setembro de 2011 - Audio da retransmisión en directo desde Rádio Filispim


Deu comezo o Foro Social de Ferrol Terra, este 23 de Setembro, cunha manifestación e unha actuación músical

Máis dun cento de persoas transcorreron polas rúas de Ferrol, baixo o lema "Outra Comarca, outra Democracia, outra Vida", a manifestación partiu de Esteiro e rematou no Cantón de Ferrol onde, varias persoas, leron un manifesto e posteriormente comezou a actuación músical, con voces indignadas e comprometidas como as de Memela  d'As Cantareiras de Trasancos, Manolo Bacallao, Fefi e Jorge Mirancos.

Audio de Rádio Filispim:



Descargar o audio

Fonte do Áudio: http://opaii.blogspot.com/2011/09/programa-especial-manifestacion-foro.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter

Fonte: http://forosocialdeferrolterra.blogspot.com/
______________________

mércores, setembro 21, 2011

Programa do Foro Social de Ferrol Terra que se vai celebrar os días 23, 24 e 25 de Setembro

PENSANDO EN GLOBAL, ACTUANDO NO LOCAL
Foro Social de Ferrol Terra
Ferrol, 23, 24 e 25 de Setembro de 2011
Salón de actos do Campus de Esteiro - Ferrol da UDC

O Venres 23 de Setembro, está previsto celebrar unha Manifestación ás 19:00 hs. e posteriormente unha Actuación Musical de 20:30 a 23:00 hs. onde participaran voces indignadas e comprometidas.

Nota: A manifestación non estará convocada polo Foro Social, senón polas organizacións promotoras do Foro [*] e quen se quixera somar.


Programa para o Foro Social de Ferrol Terra.

A dinámica do Foro será, exposición de dous temas, con descansos de 15 minutos, e debate deses temas en asemblea.

A continuación relacionamos as distintas mesas de exposición cos seus relatores e relatoras. Hai que lembrar que as mesas teñen como obxectivo introducir-nos no tema de debate e achegarnos a outras experiencias, ou a visións globais que nos permitan logo, na asemblea, realizar un debate frutífero que serva para os obxectivos do Foro Social: fomentar diálogos, propiciar dinámicas de colaboración, criar alternativas e redes para a acción local.


SÁBADO 24 de Setembro


09:30 hs.

O Movemento 15-M , que hai de novo?
Os medios convencionais e o 15-M. Aportacións ao altermundismo. O cuestionamento do modelo “democrático” actual, apuntalar ou transformar? As ensinanzas do 15-M.
  • Presenta a Mesa: Lupe Ces Rioboo, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulheres. 
Mesa:
  • Sechu Sende, escritor, profesor e activista de Aulas Indignadas e Comprometidas. 
  • Martinha Suárez Martínez, activista da #acampadaferrol.
  • Jordi Calvo Rufanges, economista, activista social e investigador sobre os movimentos sociais.

10:45 hs.

Descanso 15 minutos


11:00 hs.

Son posíbeis outros medios de comunicación?
Forzar os medios ao cambio, ou cambiar de medios? Hai alternativas?
  • Presenta a Mesa: Xesús Manuel Díaz Suárez, activista sindical e do movimento veciñal.
Mesa:

12:15 hs.

Descanso 15 minutos


12:30 hs.

ASEMBLEA


14:30 hs.

Xantar (1 hora e 30 minutos)


16:00 hs.

Ferrol Terra noutro modelo produtor e enerxético.
A enerxía necesaria. De que vivimos e de que queremos vivir. Soñar a comarca desde o decrecemento.
  • Presenta a Mesa: Manuel R. Carballeira, coordenador do Comité Cidadá de Emerxéncia.
Mesa:
  • Xoán Ramón Doldán García, profesor de economía aplicada e ecoloxista.
  • Manuel Rivera, presidente da Asociación de Economía Social Briante e promotor da Cooperativa intercultural Armeria.
  • Isabel Vilalba, activista sindical agraria, do movimento internacional agrario 'La Via Campesina'.

17:15 hs
.

Descanso 15 minutos


17:30 hs.

Como podemos frear a perda de dereitos? É posíbel frear a ofensiva capitalista? Con que ferramentas contamos e cuais temos que construír? Unidades ou confluencias? Poder político ou poder mobilizador?
  • Presenta a Mesa: Xoán Lorenzo Lourido, activista social, vinculado a Nova Escola Galega e ao STEG.
 Mesa

18:45 hs
.

Descanso 15 minutos


19:00 hras a 21:00 hras.  

ASEMBLEA

 
DOMINGO 25 de Setembro


09:30 hs
.

Outros concellos, outras realidades. Que institucións queremos? É posíbel outra política, outra xestión municipal? Cara un poder popular constituínte?
  • Presenta a Mesa: Magdalena González, presidenta da Asociación Veciñal de Prioriño, activista pola democracia participativa.
Mesa:

10:45 hs
.

Descanso 15 minutos


11:00 hs
.  

Que cousa é vivir ben? Como queremos vivir? A vida individual e a vida colectiva. Que cambiar e que conservar para ter unha boa vida?
  • Presenta a Mesa: Bárbara Primo, activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres.
Mesa:
  • Tareixa Ledo Regal, socióloga, activista feminista, especialista en Terapia do Reencontro, vinculada ao Sindicato Labrego Galego.
  • Manuel Miragaia Doldán, activista social, escritor e filósofo.
  • Manuel Monereo Pérez, advogado, escritor e investigador do Centro de Estudos Políticos e Sociais (CEPS).

12:15 hs
.

Descanso 15 minutos


12:30 a 14:30 hs
.  

ASEMBLEA

-------

[*] Promoven e organizan un grupo de entidades da Comarca que veñen participado no Consello Nacional do Foro Social Galego, como son a Marcha Mundial das Mulleres; A.C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra 21; Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol; Foro Galego de Imigración; Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia. Entidades ás que se sumaron o Colectivo OPAII -Ondas Para Activación Información Independente | Rádio Filispim no 93.9 da FM -radio libre e comunitaria da comarca de Trasancos; a Asociación Veciñal de Esteiro.; e a  Rede de Converxencia Social "Praza Pública". E a nivel persoal Lucia Vizoso Amado, Alexandre Carrodeguas, Francisco Maceira Rodríguez e Begoña Maira Benítez.

Fonte: http://forosocialdeferrolterra.blogspot.com/
______________

Manifesto do Foro Social de Ferrol Terra que acompaña á manifestación e ao concerto que se vai celebrar na tarde do Venres 23 de Setembro de 2011

MANIFESTO

Outra Comarca,
outra Democracia,
outra Vida


A unha comarca profundamente afectada polo desemprego, a destrución medio ambiental, como sucede coa nosa Ría, e a perda de poboación, chegan a diario mensaxes que falan de crise, de que hai que facer sacrificios, de que non hai recursos. Chegan a diario mensaxes de que a impunidade da corrupción e o cansazo, se teñen instalado en moitas institucións, onde a democracia leva tempo perdida entre corredores. Chegan a diario mensaxes que falan de seres humanos que, a milleiros, son vítimas da fame ou das guerras. Chegan a diario mensaxes que falan de que un anaco de terra ou de ceo perdéronse para sempre, na ambición destrutora e contaminante.

Algo ou alguén, está interceptando outras mensaxes, que non dan chegado.

As mensaxes que explican como facer realidade o reparto da riqueza. As mensaxes, que nos indican outros modelos económicos e sociais, onde nos poñamos a salvo do capricho e a voracidade dos chamados mercados. As mensaxes que explican como resgardar e conquistar os dereitos, que como persoas, nos corresponde exercer e gozar. As mensaxes que denuncian o secuestro das institucións e os mecanismos que rouban o poder delegado nas mesmas.

Son estes, días nos que amencemos con dereito á sanidade, á educación, a prestacións sociais, a pensións... e, entre lusco e fusco, nolos arrebatan, nunha permanente chantaxe.

Son estes, días nos que as palabras seguridade, tranquilidade, futuro... só existen nos cartaces publicitarios, e non acompañan dereitos básicos como a vivenda, a alimentación, o traballo.

Sabemos quen está ditando as normas desta orden antisocial, deste capitalismo que se lanzou á conquista dos nosos dereitos para convertelos en oportunidades de negocio.

Sabemos que os bancos, as grandes corporacións, e as institucións das que se serven, Fondo Monetario Internacional, Banco Mundial, Organización Mundial do Comercio, Banco Central Europeo e Comisión Europea, son contrarios ao noso dereito á vida e non dubidan un día tras outro, en violar o equilibrio que a propia vida precisa para desenvolverse, nesta comarca e no planeta.

Tamén sabemos que son moitos e moitas os que traballan, responden e se organizan para frear e subverter esta situación. Aínda que ás veces poda parecer, que deambulen sen verse, sen atoparse. Semella que non nos ouvimos . Que non recoñecemos a quen, coma nós, non quere este sistema inxusto e destrutor. Cada quen, desde a súa identidade, desde as diferenzas. Aínda non somos quen de saír do noso propio espazo para incorporarnos a espazos colectivos cada vez máis amplos e dinámicos que sexan quen de “parar a maquinaria”.
Temos que saber que, no pequeno espazo desta comarca, non estamos sós. De Norte a Sur, de Leste a Oeste, un grito unánime recorre o planeta. Un grito que chama a parir unha nova era, unha oportunidade para a Paz, para a Xustiza, para a Democracia, para a Igualdade e para a Liberdade. Unha nova e última oportunidade para a nosa comarca, para o planeta e para as xentes e criaturas que o habitamos. Unha nova e última oportunidade de xestar un outro mundo.

Nós, cidadáns e cidadás reunidos no Foro Social de Ferrol Terra, comprométemo-nos a que estes dous días de reflexión, debate e propostas para acción, sexan un impulso eficaz para a asunción de valores como a complementariedade, e a colaboración. Un espazo para a consolidación do traballo colectivo. Para ser quen, de construír outra COMARCA, outra DEMOCRACIA e outra VIDA.

Ferrol Terra, 23 de setembro de 2011

forosocialdeferrolterra@gmail.com

http://forosocialdeferrolterra.blogspot.com/


Actos

Manifestación
Venres 23 de Setembro, ás 19:00 hs.

Baixo o lema "Outra Comarca, outra Democracia, outra Vida", terá lugar unha manifestación, en Ferrol, dos movimentos sociais, que partirá ás 7 da tarde desde o Campus de Esteiro, entre o edificio do Vicerreitorado e o Pavillón Deportivo, na esquina da Rúa San Ramón con Doutor Vázquez Cabrera. A Manifestación que transcorrerá por diversas rúas de Ferrol, rematará no Cantón, diante do Palco da Música, onde terán lugar diferentes intervencións.
[Ver Mapa]

Actuación Musical
Venres 23 de Setembro, ás 20:30 hs.

Unha vez rematada a manifestación dará comezo un pequeno concerto, no mesmo lugar onde finaliza a manifestación. O concerto de "Voces Indignadas e Comprometidas", contará coa participación de: Jorge Mirancos, Fefi, Manolo Bacallao, María Manuela  e As Cantareiras de Trasancos.


Foro
Sábado e Domingo, 24 e 25 de Setembro, desde as 09:00 hs.

PENSANDO EN GLOBAL, ACTUANDO NO LOCAL
Foro Social de Ferrol Terra
no Salón de actos do Campus de Esteiro - Ferrol da UDC.

PROGRAMA DO FORO  -


Fonte: http://forosocialdeferrolterra.blogspot.com/

______________

Rolda de Prensa da Comisión Organizadora do Foro Social de Ferrol Terra


Foi presentado o Foro Social de Ferrol Terra, en Rolda de prensa no Pazo Municipal do Concello, hoxe Mércores 21 de Setembro, ás 12 do mediodía. Foro Social que terá lugar o Venres 23 -en diferentes rúas e prazas de Ferrol, e o 24 e 25 -Sábado e Domingo, no Campus Universitario de Esteiro da UDC. Baixo o lema: "Outra Comarca, outra Democracia, outra Vida" transcorrerá a manifestación e o Concerto do Venres 23-S e “Pensando no global, actuando no local”, será o lema do Foro que terá lugar o Sábado 23 en sesións de mañá e tarde e o Domingo 25 en sesión de mañá.

As compañeiras Susana Alaníz de A.C. Fuco Buxán e Bárbara Primo da Marcha Mundial das Mulleres, acompañadas dunha representación das entidades e persoas organizadoras, presentaron ante deferentes medios de comunicación, O Programa e Obxectivos do Foro Social.

O "Foro Social de Ferrol Terra" pode ser o espazo que nos permita ás organizacións e activistas, un encontro de reflexión en común e unha oportunidade para criar dinámicas de colaboración. Esta colaboración fai-se imprescindible, frente á ofensiva que o capital nos ten preparado para este outono en Europa, e que tamén na nosa comarca, ten a súa expresión nos distintos proxectos que emanan das novas corporacións, e que debemos afrontar.

Audio cedidido por Rádio Filispim -93.9 da FM- e agora en directo na Rede.



Descargar o audio

Fonte: http://forosocialdeferrolterra.blogspot.com/
_________________

Esquerda unida análisa os 100 primeiros días do goberno dereitista do PP e demanda a escolarización dunha alumna do barrio de Esteiro

Informacións do Grupo Municipal de Eesquerda Unida

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DEMANDA A ESCOLARIZACIÓN DUNHA ALUMNA DO BARRIO DE ESTEIRO

ESQUERDA UNIDA URXE AO GOBERNO MUNICIPAL A ESIXIR DA CONSELLARÍA O ENVÍO URXENTE DAS NECESIDADES DE APOIO EDUCATIVO QUE PRECISA PARA A SÚA ESCOLARIZACIÓN

Esquerda Unida quere demandar unha acción urxente por parte do Goberno Municipal diante das autoridades educativas da Consellaría para garantir a escolarización dunha nena no CEIP de Esteiro. A nosa organización fai pública esta situación para urxir á Consellaría a garantir a axeitada escolarización da pequena.

A alumna ten recoñecidas polo Equipo de Orientación Específico unhas “necesidades específicas de apoio educativo”. A solicitude da pequena aceptouse polo Equipo de Orientación e informouse ao centro escolar pola Comisión de Escolarización en data de 24 de maio. Xa choveu por certo. A pequena ten recoñecidas unhas necesidades específicas de apoio educativo derivadas dunhas discapacidades.

O noso Grupo Municipal é coñecedor das xestións realizadas polo CEIP de Esteiro para conquerir da Consellaría os reforzos educativos que precisa a nena. Reforzos educativos que no día de hoxe aínda non se fixeron realidade. E namentras, pasan os días e non chegan estes reforzos educativos a remitir pola Consellaría, coa inaceptable consecuencia que a pequena está na casa sen poder incorporarse ao centro escolar, ou o que é o mesmo se está a vulnerar o seu dereito a educación. Coa engádega dun notabilísimo transtorno a ela e a súa familia.

Yolanda Díaz xa lle trasladou ao Goberno Municipal a problemática e a urxencia de proceder con celeridade e determinación para que a Consellaría resolva de inmediato o persoal de reforzo que precisa a escolar. Temos que lamentar que as demandas e reivindicacións que nestes días levan ao profesorado á folga se condensan e precipitan en situacións dramáticas como a que hoxe denunciamos.

A veciñanza da nena a amosou a súa solidariedade coa pequena e a familia e está a realizar múltiples xestións encamiñadas a obter da Consellaría os recursos para a continuación da súa escolarización así como para o seu acceso ao centro CEIP de Esteiro.

Pedimos en resumo que o Goberno Municipal mova ficha diante da Consellaría para que xa nestea semana se poda incorporar á escola esta pequena.

Ferrol, 21 de setembro de 2011


O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA CARACTERIZA COMO A BRIGADA DA DEMOLICIÓN E A MENTIRA A ACTUACIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL

OS RETROCESOS NAS POLÍTICAS DE MULLER, A DESAPARICIÓN DA PARTICIPACIÓN CIDADÁ, A ARBITRARIEDADE CLIENTELAR NO REPARTO DAS SUBVENCIÓNS, O PARÓN EN CULTURA, UN URBANISMO QUE TEIMA POR DARLLE VOLTAS E PERDER CARTOS NA PRAZA DE ESPAÑA, O ABANDONO EN MATERIA DE LINGUA E CULTURA GALEGA...EN RESUMO DESFACER PROXECTOS E RECORTAR DEREITOS

O Grupo Municipal de Esquerda Unida lamenta ter que caracterizar a actuación do Goberno Municipal ao bordo dos cen días como a propia dunha brigada de demolición e mentira. Cun discurso falaz e propagandístico téntase dinamitar os proxectos e avances do anterior mandato, algúns cun marcado carimbo de Esquerda Unida.


Os retrocesos e invisibilidade na política de igualdade a prol da muller, a parálise en materia cultural, a caída os infernos da participación cidadá, os repartos clientelares e obscurantistas das axudas para as entidades sociais, os axustes que caen no lombo da feble solidariedade, un urbanismo atento a darlle voltas e perder máis cartos na Praza de España namentras se deixa caer a casa de Carvalho Calero, a perda das axudas en materia de normalización lingüística e os coqueteos con Galiza Bilingüe, a erosión do ensino público coa entrega de cartos á escola privada para as bolsas de comedor escolar... en resumo un desfacer de proxectos e un recorte de prestacións que van contra os intereses da mairía da cidadanía de Ferrol, salienta nun repaso sucinto Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal de EU.

Un breve repaso polas actuacións prioritarias do Goberno e polas súas inaccións e silencios deixa en evidencia o carácter negativo desta actuación:

Na área de muller vimos de coñecer que non acometerán a ampliación da Casa de Acollida, circunstancia que se suma á perda absoluta do perfil diferenciado das políticas a prol da igualdade e incluso a entrega de cartos a entidades que labouran contra os dereitos das mulleres, caso da Rede Madre.

A Participación Cidadá xa perdeu unha comisión informativa propia e os xestos do Goberno indican o nulo compromiso co estabelecemento dos mecanismos de participación aprobados no anterior mandato sexa o Novo Regulamento de Participación, sexa unha versión descafeinada dos orzamentos participativos: ambas cuestións semellan incompatibles coa forma de gobernar da dereita política.

Forma de gobernar que ten unha expresión paradigmática nos criterios ( ocultos e ideolóxicos ) para proceder o reparto das subvencións de Benestar. Onte no Pleno quedou en evidencia que ese reparto serve a un xeito de facer política clientelar, que se fixa na cor das directivas e entidades e non nos proxectos ou o seu impacto social na cidade.

A arte da mentira política para xustificar recortes que desfán proxectos e servizos que necesita a cidadanía: os plans de accesibilidade, o recortes en materia de educación e benestar ou a imprecisión no caso das débedas serven ao PP para recortar dereitos e maniatar o quefacer do tecido asociativo crítico e alternativo.

Un urbanismo vello, que decide enterrar maís cartos na praza de España, outros 700.000 euros en troques de deixar caer a casa do profesor Ricardo Carvalho Calero.

Un desleixo certo no eido da lingua e cultura do noso país: a desatención ao equipamento cultural para Ferrol Vello e a cidade que suporía a casa de Carvalho Calero á calada por resposta do Goberno diante da perda das axudas anuais da Xunta de Galicia para pular pola normalización do galego.
Unha educación que deixa a un centenar de nenas e nenos sen praza nunha escola infantil pública e que desvía cartos públicos, eses que son tan necesarios e escasos, para adicalos a privada baixo a fórmula das bolsas de comedor. O compromiso enunciado para realizar a escola de Esteiro seguirémolo con rigurosidade dados os antecedentes.

Unha cultura paralisada, sen criterios que entreguen coherencia e planificación ás actividades e despoxada do asesor cultural: o aforro minúsculo que elimina a Ferrol do mapa cultural galego. Matan o proxecto de reforma do Centro Torrente.

Un PP que na súa primeira medida económica de alcance elimina dun plumazo a cantidade disposta no orzamento para construír o local social de Canido, a ampliación da Casa de Acollida, as partidas comprometidas para a millora da accesibilidade, ou parte da partida para mantemento de edificios, entre elas e de maneira senlleira afecta a Recimil.

O golpe sobre as dotacións previstas para Zona Rural, que supón deixar o descuberto o interese do PP polas parroquias: tendente a cero.

Se destrúe e se recorta só cando van cen días. Esquerda Unida urxe ao Goberno Municipal a cambiar a deriva de imposición por outra que asuma como propios os proxectos de cidade herdados e unha defensa prioritaria do tecido asociativo da cidade, para que reciba as axudas en atención a calidade dos proxectos e das intervencións, non da presunta cor política da entidade.

Ferrol, martes 20 de setembro de 2011


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
21 de setembro de 2011 15:18
Prezad@s amig@s:
Remitimos dúas INFORMACIÓNS do Grupo Municipal con a valoración crítica dos primeiros cen días de goberno do PP na cidade e coa demanda de escolarización inmediata para unha pequena que a causa dunha discapacidade necesita uns apoios educativos específicos que a Consellaría aínda non garantiu.
________________________

venres, setembro 16, 2011

100 gaseiros, 100 concentracións, 100 persoas - Non a Reganosa - Vídeo - Galería Fotográfica - Audio - Enlaces


E xa son 100 os buques gaseiros que entraron na nosa Ría cargados con gas natural licuado, poñendo en perigo a nosa seguridade, a nosa vida e a Ría. Tamén foron 100 as accións de protesta e denuncia que se levan realizando cada vez que un gaseiro entra cargado dentro da Ría, para descargar en Reganosa, aumentando exponencialmente, deste xeito, o xa de por si perigoso despropósito que conforma o tándem Forestal del Atlántico-Reganosa. E foron 100 as persoas que onte se mobilizaban nunca concentración sonora, no Porto de Ferrol, contra a Planta de Gas, esixindo a paralización da perigosa actividade tan próxima aos núcleos de poboación, esixindo o desmantelamento dunha Planta ilegal, innecesaria e perigosa.

Sería unha irresponsabilidade e insensatez deixar de mobilizar-se contra este despropósito gasista tan corrupto como perigosos, é por iso que o Comité Cidadán de Emerxencia, continua na loita utilizando todos as frentes, a xudicial, a administrativa, a político a mobilización cidadá, a denuncia pública, ...a loita continua.

Onte 15 de Setembro de 2011, convocadas polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, un numeroso grupo de persoas concentrouse pola tarde no Porto de Ferrol, frente a praza onde estaba a antiga fábrica de xeo, para rexeitar a entrada na nosa Ría dun buque gaseiro. O "LNG Ogun", buque baixo bandeira de conveniencia das Bermudas, de grande porte -mais de 285 m de eslora- e con miles de toneladas de GNL/LNG nos seus tanques, fixo o número 100, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007. O "LNG Ogun", fixo o número 100, dos que, cargados de gas natural licuado, atracan en Mugardos, no perirao de Punta Promontorio, para descargar na perigosa e ilegal Reganosa, poñendo en perigo as nosas vidas e a nosa Ría.

Irregularidades da entrada do "LNG Ogun"

Segundo a "RELACIÓN DE BUQUES METANEROS COMPATIBLES COAS TERMINAIS DE REGASIFICACIÓN", actualizada na web do Xestor Técnico do Sistema Gasista -ENGAS, o "LNG Ogun" no é compatible coa terminal de Reganosa en Mugardos. Na citada páxina -actualizada, pódense consultar os buques que son compatibles con cada unha das terminais de regasificación. Quen quixer, pode descargar o arquivo en formato PDF.

Por outra banda as normas de navegación de grandes buques gaseiros pola Ría de Ferrol, restrinxe a entrada de buques cunha capacidade superior aos 140.000 m3 e 300m de eslora que é o límite que se considera para un "gran buque gaseiro" -na normativa vixente, segundo os datos técnicos públicados o buque metanero "LNG Ogun" ten unha capacidade superior, pois é de 149.600 m3.

Intervención de Manuel A. Rodríguez Carballeira -Lalán, Coordenador do Comité Cidadán


Fonte: Canle de Ártabra 21

  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!

...........
APOIO ECONÓMICO
O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade
CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA
Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
15 de setembro de 2011 23:55
___________________

Enlace de referencia:
100 Gaseiros cargados con GNL na Ría

Galería Fotográfica:
https://picasaweb.google.com/101751370694013578251/100PROTESTALEXITIMA#

Enlace de interese:
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.

Seguimento do "LNG Ogun":
http://aprs.fi/info/i/310542000

Compartillar audio da intervención de "Lalán":
https://docs.google.com/leaf?id=0B5Gwc-gBZgsuMmFjYjVlZTAtMjQ5MS00MzdkLWJhNTktYWFkMTBhODJkZWE0&sort=name&layout=list&num=50
___________________________

martes, setembro 13, 2011

100 Gaseiros cargados con GNL na Ría



O próximo xoves día 15 de Setembro de 2011, ten prevista a súa entrada na Ría o gaseiro “LNG Ogun” cargado con mais de 50.000 Tons de GNL e que fai o nº 100, dende a posta en marcha da planta de Reganosa, o CCE ten realizado outras tantas concentracións de denuncia. Dende entón o 24% dos gaseiros viron frustrada a entrada na data prevista. A difícil entrada na Ría de Ferrol esixe unhas condicións metereolóxicas e de visibilidade que non sempre se deron. O interior da Ría non e un lugar axeitado para a localización da Planta.

A produción de Reganosa non acada o 40 % da súa capacidade. A dirección da empresa comezou unha “nova liña de negocio” que, consiste en utilizar a planta como simple depósito para especular no mercado do gas. Á planta de Reganosa están a chegar gaseiros que deixan a súa carga e que unha vez almacenada nos tanques, revendese a outro gaseiro que leva o gas a outro pais.

Esta é unha actividade non contemplada na Autorización, que aumenta os riscos de accidente, xa que son as cargas e descargas de gas xunto o difícil tráfico pola entrada da Ría, os momentos que implican maior risco de accidente. A falla de actividade como regasificadora, mostra o fracaso de Reganosa como proxecto económico e a súa inutilidade como infraestrutura para o pais.

¿Onde quedaron as moreas de postos de traballo que ia crear, o relanzamento da comarca etc etc.?, o propio Concello de Mugardos dende entón non deixa de perder poboación ao tempo que medra o paro.

Ao contrario, os efectos da regasificación “sistema mais económico” segundo os promotores -perto de 200 millóns de m³ de auga van esterilizados- déixanse sentir no ecosistema, na baixada das capturas do marisco e polo tanto nos postos de traballo dos mariscadores.

Clicar acima da imaxe para ampliar

A planta de Reganosa supón un perigo, unha ameaza para a cidadanía, a enerxía acumulada nos tanques de Reganosa equivalen a 1800 Kilotons, unha instalación ilegal que carece de Declaración de Impacto Ambiental, que incumpre a lei Sevesso, o PXOM de Mugardos e a lei de costas etc etc ... Agora, catro anos despois da posta en funcionamento, o Concello de Mugardos pretende modificar o PXOM para “legalizar a Planta”, a Xunta de Galicia di que a finais deste ano completará o Plan de Emerxencia.

Hoxe, pode constatarse a falsidade dos datos aportados no seu momento polos promotores, para acadar a Autorización da CNE. Os ciclos combinados construídos para “Xustificar” a necesidade da planta -cuxa inversión foi de 700 millóns de euros- so traballan ao 30 % da sua capacidade.

Os cidadáns pagamos a factura desta burbulla enerxética que, so beneficia aos promotores, a través das tarifas do gas e da electricidade sometidas a constantes incrementos e a inxección en Reganosa de recursos públicos por parte da xunta de Galicia.

Tras catro anos de funcionamento, Reganosa como proxecto económico resultou un fracaso. Pagamos 60 millóns de euros ó ano por una instalación ILEGAL, PERIGOSA, DEFICITARIA E INNECESARIA.

Non existe pois, motivo algún que poida xustificar manter operativa unha planta de gas como a de Reganosa, que supón, ademais de unha ameaza para a poboación, un alto custe medio ambiental, económico e social.

Os gasodutos de Tui e Llanera, sen actividade de entrada desde a posta en servizo de Reganosa, teñen a capacidade suficiente para subministrar gas, tanto para os ciclos combinados como para o consumo convencional.

O CCE chama á cidadanía a unha concentración o próximo xoves dia 15 de Setembro ás 20:00 h no Peirao de Ferrol para denunciar a entrada ilegal do gaseiro i esixir o cese da actividade de Reganosa.

Planta de Gas fora da Ría!
Ferrol a 13 de Setembro de 2011

Blog solidario coa veciñanza de Meá

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org



Enviado por:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
13 de setembro de 2011 17:05
______________

A nosa Colleita para Somalia - Galería Fotográfica


Así foi, en fotos, a iniciativa solidaria "A nosa Colleita para Somalia", celebrada en Vigo o pasado 10 de Setembro, na que colaboraron artistas e persoas de forma individual, e que tivo por obxecto recadar diñeiro para Médicos sen Fronteiras que manten un operativo de axuda humanitaria no Corno de África.

Galería Fotográfica:
https://picasaweb.google.com/105779470894168747323/ANosaColleitaParaSomalia?feat=content_notification

Fotos: Suso Pazos - Susete'70

Enlace relacionado:

Iniciativa solidaria "A Nosa colleita para Somalia" - Vigo 10 de Setembro de 2011
_______________

domingo, setembro 11, 2011

O "LNG Born", un buque gaseiro cargado con miles de toneladas de GNL/LNG anuncia a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Martes 13 de Setembro - O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, desta vez na Praza do Inferniño


CONCENTRACIÓN NA PRAZA DO INFERNIÑO,
DIANTE DO PALCO DA MÚSICA

MARTES 13 DE SETEMBRO, ÁS 8 DA TARDE

O "LNG Borno", cargado con miles de toneladas de GNL/LNG para a ilegal e perigosa Reganosa,  ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Martes 13 de Setembro de 2011. Esta entrada, supon xa a 99, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007. O gaseiro que faría o 100, "LNG Ogun", agarda-se para o vindeiro Xoves 15 de Setembro.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha acción de protesta e denuncia, consitente nunha Concentración Sonora, o mesmo Martes, ás 8 da Tarde, mais desta volta a Concentración terá lugar na Praza do Inferniño, diante do Palco da Música. Nunha nova forma de acción, rotando as mobilizacións por diferentes lugares e barrios, dun xeito itinerante, co obxectivo de chegar coa protesta a un número maior de persoas. Ademais de difundir entre a poboación, en sintese, 10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas ?.


  •  POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  •  CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  •  PLANTA DE GAS FORA DA RÍA   !!


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
11 de setembro de 2011 18:41
---
APOIO ECONÓMICO

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade

CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

Para axudas económicas pode-se ingresar na conta corrente aberta no Banco Santander ao nome de:
Luz Marina Torrente e outros

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
00493315772894017995

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
ES 71 00493315772894017995

Blog solidario coa veciñanza de Meá

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org


______________________

venres, setembro 09, 2011

Iniciativa solidaria "A Nosa colleita para Somalia" - Vigo 10 de Setembro de 2011

O 10 DE SETEMBRO CELEBRARASE EN DETRÁS DO MARCO A INICIATIVA SOLIDARIA “A NOSA COLLEITA PARA SOMALIA”

Haberá unha poxa de obras de arte, doadas polos seus autores, e o diñeiro recadado será entregado a Médicos sen Fronteiras. Vigo, 8 de setembro de 2011. O sábado 10 de setembro celebrarase no café “Detrás do Marco” a iniciativa solidaria “A nosa colleita para Somalia”, na que colaboran artistas e persoas de forma individual, e que ten por obxecto recadar diñeiro para Médicos sen Fronteiras.

A idea xurdiu a través do facebook e un grupo de persoas solidarias que se puxeron de acordo para crear “A nosa colleita para Somalia”. Pouco a pouco a iniciativa foi medrando grazas a incorporación de xente que se sumou á proposta. A idea era utilizar o arte, nas súas diferentes ramas, para recadar fondos a favor de Médicos sen Fronteiras. Tras poñerse en contacto coa ONG e obter a súa autorización, comezaron os contactos e os primeiros sorprendidos foron os propios organizadores ante a masiva resposta. Así, máis de 60 artistas (pintores, escultores, artesáns, ourives, deseñadores, poetas e fotógrafo,…) doaron obras para proceder a súa poxa.

As obras estarán expostas durante todo o día no local Detrás do Marco e todos os visitantes poderán adquirir as obras aos prezos marcados polos doantes, entre os que hai consagrados e coñecidos artistas, polo que sen dúbida tamén poderán gozar coa exposición, pola súa calidade.

Pola tarde haberá unha serie de concertos acústicos que dinamizarán o evento. Así tamén colaboran nesta iniciativa B.B. David (Jazz), Silvia Womami (cantautora), Doce Vita (música de cine arranxada para jazz) e Walter César (cantautor uruguaio) que porán a música na rúa e lograrán crear un ambiente aínda máis especial nesta iniciativa solidaria.

O acto rematará coa poxa das obras que non foron vendidas durante o día. Será a partir das oito da tarde con prezos de saída que quedan como seguen:

Para obras de prezo marcado ata 300 euros o prezo de saída será de 100 euros, e para obras de prezos superiores a 300 euros, a saída está marcada a 150 euros. Se algunha obra non se vende será devolta ao seu dono. Ao remate da poxa, entregarase todo o diñeiro recadado a Médicos sen Fronteiras.

Teléfonos de contacto para facer entrevistas:
Iria – 625 502 525
Dores – 696 080 798
E se necesitades máis información, o meu teléfono é o de sempre:
Mila - 619044591

Enviado por:
Mila Alonso
-prensa.detrasdomarco@gmail.com-
8 de setembro de 2011 16:04
_________________

Presentación, en Ferrol, do Atlas de anfibios e réptiles de Galicia

Atlas de anfibios e réptiles de Galicia

O vindeiro Venres 16 de Setembro de 2011, a Sociedade Galega de Historia Natural presentará en Ferrol o “ATLAS DOS ANFIBIOS E RÉPTILES DE GALICIA”.

O acto terá lugar, ás 20:30 horas, no Salón de Actos do novo local da SGHN, ”Casa do Coronel”, na Praza de Canido.


Despois de seis anos de traballo, por fin saíu á rúa o Atlas dos Anfibios e Réptiles de Galicia, editado pola Sociedade Galega de Historia Natural, que ven a ser unha actualización do primeiro Atlas de Vertebrados de Galicia referido aos nosos herpetos. Gracias ao esforzo de 120 altruístas colaboradores para a obtención de 5.426 datos de anfibios e 3.224 de réptiles.

A obra está composta por un limiar do presidente da S.G.H.N. Serafín González Prieto, unha introdución de Xosé Lois Rey Muñiz e Moisés Asensi Cabirta na que se especifica a metodoloxía do Atlas e unhas primeiras conclusións, un texto de Santi Bas López, que foi un dos coordinadores do primeiro Atlas, referido aos vinte anos de período inter-atlas, e finalmente os textos das catorce especies de anfibios e vinteseis de réptiles da nosa xeografía, realizados por Manuel Arzúa Piñeiro, Moisés Asensi Cabirta, César Ayres Fernández, Martiño Cabana Otero, Xabier Prieto Espiñeira e Xosé Lois Rey Muñiz.

Os textos das especies están estruturados en seis apartados: Distribución mundial; distribución en Galicia; comparativa co anterior Atlas; hábitat; poboación, ameazas e conservación; catalogación. A representación está feita de tal forma que nun só mapa aparecen os datos do presente Atlas, os datos do Atlas anterior e os datos bibliográficos.

O prezo de cada exemplar é de 9,95 € máis gastos de envío, e os interesados terán que pedilos ao enderezo electrónico sghn@sghn.org.

[+ info na web do SHNG na sección de Herpetoloxía]

Sociedade Galega de Historia Natural
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o medio natural galego
Delegación de Ferrol
"Casa do Coronel"  Praza de Canido, s/n 15402 - Ferrol
Apartado de Correos n1 356 ; 15480 FERROL
Tfno. (24 horas) e fax 981 35 28 20
mobil 616 388 935
web: http://www.sghn.org
correo-e: ferrol@sghn.org
Blog da Delegación de Ferrol:
http://sghnferrol.blogspot.com


Enviado por:
SGHN-FERROL
-ferrol@sghn.org-
8 de setembro de 2011 18:35
____________________

domingo, setembro 04, 2011

Gaspar Llamazares no Congreso, o 30 de Agosto e intervención de Francisco Jorquera, do 2 de Setembro, en contra do #reformazo - Vídeos de moito interese - Mobilización o 4 de Setembro


Mañá Domingo está convocada unha mobilización estatal contra do #reformazo que se acaba de aprobar en trámite parlamentario no congreso dos Diputad@s. A Asemblea de Ferrol do Movimento 15-M, tamén ten convocado unha concentración para mañá Domingo 4 de Setembro de 2011, na Praza do Concello, ás 8 da Tarde. Participa non faltes !!

----

Intervención de Gaspar Llamazares:

Intervención do diputado de Esquerda Unida, no debate de toma en consideración da proposición de reforma constitucional o 30 de agosto de 2011. Congreso de Deputados, Madrid.



Fonte: http://youtu.be/yLgR4Dnibt4



Francisco Jorquera di non ao #reformazo
:

O parlamentario do Bloque Nacionalista Galego -BNG, critica a reforma nas formas e no contido. Moi importante intervención no Congreso de Deputados, en Madrid, o día da votación, 2 de Setembro de 2011.



Fonte: http://youtu.be/JMk8H6RGhkI

O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, expresou o "total e absoluto rexeitamento do BNG, tanto polo contido como pola forma antidemocrática" da reforma da Constitución pactada entre PP e PSOE, e demandou un referendo. En sinal de protesta, os parlamentares do BNG aos que se uniu senador nacionalista, abandonaron o hemiciclo no momento das votacións.

Salientou o feito de que con esta reforma o modelo social definido pola Constitución será "papel mollado". Jorquera puxo sobre a mesa a proposta do BNG explicada na súa emenda de totalidade para que se reformen os artigos 131 e 133 da Constitución para desenvolver unha política tributaria xusta e equitativa que asegura o mantemento dos servizos públicos e as prestacións sociais. Defendeu o papel da iniciativa pública na actividade económica. Sen obviar o importante papel das CC.AA que teñen unha dupla finalidade: equilibrar e armonizar o desenvolvemento territorial e sectorial, e estimular o medre da renda e da riqueza e a súa máis xusta distribución.

Fonte: http://www.youtube.com/user/TELEBNG

Fonte: http://sagara1977.wordpress.com/

Fonte: http://www.youtube.com/user/TheSagara1977 -

Soraya Sáenz de Santamaría defende o dogma neoliberal do equilibrio financeiro:

Neste Canle Sagara1977 podese-se ver tamén á deputada dereitista do PP, Soraya Sáenz de Santamaría, defendendo a proposición de reforma da Constitución para introducir o dogma neoliberal do equilibrio financeiro. Madrid, Congreso de Deputados, 2 de Setembro de 2011.

Canle de vídeo interesante onde se poden ver outras intervención de interese, co a de Unxue BarKos deputada de Nafarraoa Bai e moitos outros.

Utópico terminando o prólogo
Blog experimental de Samuel García Arencibia
A reforma da Constitución no péndulo da Historia

Vídeo divulgativo: Reforma da Constitucion: "Golpe de Estado Neoliberal"



Fonte: http://youtu.be/4jbWqAjrBRM
_______________

Cúspeo - Vídeo de moito interese, un documento que hai que ver e difundir, feito por alumn@s de ESO



Fonte: http://youtu.be/FK2WeC_53fM

Andaina produtións presenta ...

"Cúspeo"

Unha produción de alumn@s de ESO do CPR Andaina - Culleredo
http://www.andaina.com


Dirixido por:
Carla Orodruín
Delio Balsa
Yerai Folgar
Ana Pumares

Con:
Sara Vidal [en Alex]
Yerai Folgar [en Gabi]
Antonio García [en Xalo]
Ana Sánchez [Amiga 1]
Paula Helen [Amiga 2]
Paula [Amiga 3]
Germán [Amigo 2]
Jorge [Amigo 3]
Martina [Mala 1]
Aitana [Mala 2]
Andrea [Mala 3]
Yanira [Caro]

Delio Balsa [Edición e Montaxe]
Ana Pumares [Cámara]

Xabier Álvarez
Paula Fernández
Vanesa García
Ester Vázquez
Angel Rubio
Carla Orodruín

Guión:
Yerai Folgar
Paula
Paula Helen
Ana Pumares
Paula
Ana Sánchez
Delio Balsa
Sara Vidal
Carla Orodruín

Música:
Hipera-Snail
JB Suis Comme JB Suis - Marful
Noutro Lugar - Loretta Martin

Agradecementos:
Esquipo Docente
Equipo de Normalización Língüística
E Alumnado de ESO do CPR Andaina
A Snail e Marful pola Música

Idea Orixinal:
Comisión de Tempos de Lecer

Agradecemento especial:
Foro Metropolitano d'A Coruña, por facilitar o material

Material empregado:
Ordenador portátil
Videocámara Sony
Sofware Sony Vegas

Corto Andaina de 10 min. 8 seg.
_____________