sábado, decembro 29, 2012

Stop-Desafiuzamentos manifestou-se en Ferrol contra os desafiuzamentos e o acoso bancario


Stop Desafiuzamentos (Comisión Dereito a unha Vivenda Digna),  que forma parte da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, realizou unha Manifestación, en Ferrol, este Venres 28 de Decembro, contra os desafiuzamentos e o acoso financeiro.
A mobilización, estaba encadrada dentro dunha convocatoria xeral que de forma coordinada, acordamos as diferentes plataformas e colectivos que actuamos na Galiza, tendo lugar manifestacións e concentracións, na Coruña, Compostela, Vigo, Ribeira, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Eran ás 7 da Tarde
, cando comezou a xuntarse un número importante de persoas na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo que a Xunta de Galicia ten en Ferrol. A manifestación saía minutos despois  pasando pola Rúa Real, para rematar diante do Pazo Municipal, na Praza do Concello, onde Lucía Vizoso, da Marcha Mundial das Mulleres, deu lectura ao Manifesto Unitario, logo pasou-se a micro-aberto, onde varias persoas tomaron a palabra.

Co lema "Nin casas sen xente, nin xente sen casas", transcorreu polas rúa de Ferrol, a manifestación promovida pola Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra. Ademais de varias entidades veciñais e sociais, a manifestación contou co apoio expreso da CIG. Con forza e convicción, partiu a manifestación clamando por alugueiros sociais e contra a inxustiza dos desafiuzamentos que condenan ás persoas a exclusión social e á pobreza. Desafiuzmentos que tamén matan, "Non é un suicidio, é un banquicidio", era un dos berros da marcha popular. Trece  rostros en papel acompañaban a manifestación, eran os do Alcalde, José Manuel Rey Varela, e o resto d@s concelleir@s do Partido Popular -PP, que no Pleno Municipal de Novembro, rexeitaron as mocións que pedían que: o Concello de Ferrol instara ao Goberno de Rajoy, á derrogación da Lei Hipotecaria e a reforma lexislativa que acabaran coa lacra dos desafiuzamentos e co acoso financeiro; e outra serie de medidas sociais para solucionar o drama dos desafiuzamentos. Daquela, atendendo ás nosas demandas, só aceptara unha bolsa de pisos baleiros de Recimil para familias sen recursos e que antonte, ao mesmo tempo que Stop-Desafiuzamentos facía a súa rolda de prensa, anunciou, no seu desequilibrado "Plan de oportunidades", rehabilitar unhas escasas 10 vivendas, para o que orzamentaron 300.000 euros.

A marcha popular, pasou pola rúa Real e subiu pola Rubalcava, para rematar ante o Pazo Municipal, na Praza do Concello. A cada consigna coreada seguía un redobre de tambor. Xa na Praza comezou-se coa lectura do manifesto que entre outras cousas se dixo-se:
... "Poderiamos falar de cifras. Na Galiza desde 2008 ordenáronse 7.367 execucións, das cais -en datos de Xullo- 5.994 remataron en desafiuzamentos. Máis de 400.000 execucións hipotecarias efectuáronse dende 2007, a nivel de Estado. Poderiamos falar do número de suicidios que esta situación xerou, ou nomear o artigo 47 da Constitución española. Poderiamos... Pero nesta xornada preferimos falar de inxustiza social, dos culpábeis deste sistema asasino e das solucións que nos permitan ter unha vivenda digna"...

... "Inxustiza social, porque levamos anos escoitando a palabra CRISE, palabra que foi empregada como arma culpabilizadora contra as familias que inxustamente somos acusadas de vivir por riba das nosas posibilidades. As familias desafiuzadas non son culpábeis senón vítimas, dun sistema financeiro atroz que prima a acumulación de capital por riba dos dereitos individuais e colectivos de todas e todos nós "...

... "Os culpábeis desta situación non son entes abstractos. Non son primas de risco, nin subidas ou baixadas do Euribor. Os culpábeis son os executeores das políticas neoliberais e os banqueiros que durante décadas só se preocuparon de encher o peto, sen pensar nin un intre no tipo de crecemento económico que estaban a xerar. Esta burbulla inmobiliaria estoupou pero non nos mollou a todos por igual. Mulleres, migrantes, menores, obreiros e obreiras, somos os que estamos a pagar os atropelos dos Aznar, Botíns, BBVs, Zapateros e Rajoys" ...
Por último cedeu-se o micro a todas as persoas que quixeron expresar a súa opinión, análise ou indignación. Reforzar o movimento popular, cun chamado a participar nas asociacións e organizacións da localidade; a narración en primeira persoa da realidade vital dunha vida sen dereito ao traballo nen á vivenda; a necesidade de complementarse e abandonar a dinámica de competitividade entre as organizacións de esquerdas, ou a crítica ante a ausencia de moitos dos traballadores e traballadoras de Navantia, Sanidade ou Ensino que vendo ameazados os seus dereitos, non están a incorporarse na defensa colectiva de todas e todos os afectados por esta situación. Estas foron algunhas das ideas vertidas nesta rolda de intervencións a micrófono aberto que fechou esta mobilización cidadá.

A noticia no Diario de Ferrol.

A noticia en La Voz de Galicia (Non a publica na súa edición dixital).

Fotos de Susete'70.
_____________

venres, decembro 28, 2012

O grupo Municipal de Esquerda Unida denuncia actitude oscurantista e prepotente do goberno municipal de Ferrol


NOTA INFORMATIVA

Tal e como se relatou sucintamente na nota informativa emitida por este grupo, onte pola noite con carácter urxente, Esquerda Unida explicacou hoxe en roda de prensa no Concello os motivos do seu abandono do pleno de onte  día 27 de decembro.

A primeira explicación posible podería ser a indicación de que realmente non foi , en sentido estricto, un abandono senón unha actitude coerente co voto contrario ao recoñecemento do carácter "urxente" requerido para introducir catro puntos na orde do día ás 22:20 horas, sin medios de comunicación presentes e coa sesión finalizada.

O grupo municipal de Esquerda Unida ven denunciando a actitude oscurantista e prepotente do goberno municipal en todas as áreas e procedementos e considera que concurrindo neste caso algún asunto de especial gravidade a gota colmou o vaso:

Un dos puntos de inclusión por vía urxente é o referido ao proceso de disolución do IMFACOFE e a este respecto queremos puntualizar:

O  IMFACOFE non é unha administración paralela. Iso que coloquialmente se denomina "chiringuitos", aludindo ás entidades (moitas delas de dereito privado) creadas polos sucesivos gobernos da era Fraga, son intrumentos de xestión de cartos públicos creados para sortear o control democrático da xestión. Pola contra e a pesar de que na documentación que sae dos fornos do goberno municipal a concellería de Facenda denomina continuamente "administración paralela" o Instituto Municipal de Facenda e Cobros do Concello de Ferrol é Administración pública e foi a solución que gobernos municipais anteriores (e, en concreto o encabezado por Xaime Bello e sendo María Luisa Sabio concelleira de Facenda) consideraron a solución máis acaída para sair do marasmo no que estaba o concello de Ferrol en materia de recadación.

Cómpre recordar que a  creación do IMFACOFE é producto dun acordo plenario no que se acorda asumir a xestión directa ,por parte da administración pública ,da recadación de tributos até o momento nas mans dun Recadador externo.

Até o día de onte estaba pendentes as contas do antigo recadador correspondentes ao período 1995/2001 motivo polo que no ano 2008, e tendo en conta que isto conlevaba que o Instituto público tiña tamén pendentes de aprobación as súas contas, o Consello de Administración do Instituto e o Concello -Pleno aprobaron unhas normas de rendición de contas de ingresoso con caráter trimestral (pleno de 26 de xuño de 2008). É dicir, a situación era coñecida.

Non é de recibo:
  • Que o goberno municipal siga a día de hoxe sen ofrecer, non xa unha explicación das supostas melloras económicas da supresión do IMFACOFE e aluda a un suposto aforro de 400,000 euros, senon un mínimo esquema da alternativa que, necesariamente, ten que barallar, e que implicaría cando menos o esencial dun plan de xestión integral do sistema tributario municipal: estructura organizativa e xestión públicas, recursos humanos conformados por empregados públicos ao servizo da administración municial, aplicacións e sistemas de información e nova organización correspondentes a unha xestión integral de dereito público, procesos no marco do dereito público, etc.
  • Que propoñan unha disolución do IMFACOFE practicamente con tramite de emerxencia despois de teren adiado todo o protocolo administrativo-político conducente á disolución.
  • Que a documentación referida a puntos, que nin siquera figuraban na orde do día, fora entregada poucas horas antes do pleno e entre estes puntos figuraran cousas como: proposta de anulación de valores por falta de identificación dos suxeitos pasivos por 4,389,374,83 e proposta de aprobación das contas do recadador- axente executivo no período 1995/2001.
O Grupo Municial  non vai a ser cómplice dun tratamento oscurantista e opaco dun asunto desta natureza nin vai colaborar na pretensión do Sr. Alcalde e o seu concelleiro delegado de Facenda de tramitar a disolución dun Instituto público como se fose un chiringuito da era Fraga. O sr. Alcalde foi concelleiro de Facenda no período 2003/2007 xusto no momento no que se tiña que ter tomado as decisións conducentes á corrección das anomalías. Agardamos polas explicacións públicas que  polo de agora non quere dar.

Ferrol, 28 de decembro de 2012

Esquerda Unida - Ferrol
Rúa do Sol 124 entrechán esquerda, Ferrol


eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
eu-ferrolcomarca@esquerdaunida.org

facebook
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
http://www.esquerdaunida.org/


Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
28 de dezembro de 2012 13:10

Adxunto se envía nota informativa da roda de prensa do Grupo Municipal de Esquerda Unida no Concello de Ferrol. Saúdos, Xesús.

____________

Quen se lucra cos refugallos a costa da nosa saúde? - A ecuación dos residuos do PP, outra volta confirmada por estudos científicos: Sogama+Incineración=Cancro

SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente), a entidade semipública que xestiona o 82% dos refugallos urbanos do país mediante a incineración e o vertido é unha das empresas máis contaminantes de Galiza, e tamén unha das máis perigosas para a saúde. Un recente estudo do Instituto de Saúde Carlos III de Madrid, publicado na revista Environmental International, conclúe que a poboación que reside preto das incineradoras ten un maior risco de padecer cancro. Porén, e malia a que este sistema é máis nocivo, caro, contaminante e insolidario que a compostaxe, o PP persiste en defendelo contra toda lóxica. A pregunta é: Quen se lucra cos refugallos a costa da nosa saúde?

NOTA: Por desgraza, esta nova non é unha brincadeira!

As incineradoras, como a situada no “complexo ambiental” de SOGAMA en Cerceda, revélanse segundo os expertos como potentes emisores de substancias carcinóxenas: Dioxinas, arsénico, cromo, benceno, hidrocarburos aromáticos policíclicos, cadmio, chumbo, tetracloroetileno, hexaclorobenceno, niquel e naftaleno, entre outros centos de tóxicos.

Segundo o rexistro estatal de emisións e fontes contaminantes (PRTR) SOGAMA verteu á auga e á atmosfera uns 15 kg de mercurio, 13,7 de arsénico, 5,5 de cadmio, e 21 ,4 de fenois no último periodo declarado. E isto só é a punta do iceberg: Neste rexistro, non se recollen as emisións monóxido de carbono, dióxido de xofre, outros metais pesados alén do mercurio, nen tampouco as dioxinas e furanos, substancias moi tóxicas producidas pola incineración. Na incineradora quéimanse tamén produtos farmacéuticos (máis de 4.000Tm ao ano), prática perigosa para a saúde polas emisións das substancias químicas procedentes dos medicamentos.

Entre os tumores que, segundo o estudo do Instituto Carlos III, poden producirse debido a cercanía das incineradoras atópase o de estómago, o de pulmón, o de pleura, o de ril e o de ovario. Ademais estes cancros poden manifestarse con maior probabilidade nas persoas que viven a menos de cinco kilómetros destes emprazamentos, tal é o caso de numerosos veciños de Cerceda, parroquias de Carral, Ordes…

A ciencia dá outra volta máis argumentos para abandonar a incineración como sistema para o tratamento dos residuos. Ademais de ser unha fraude de lei é un desbaldimento económico, unha hipoteca ambiental e un risco certo para cidadanía, destrúe máis portos de traballo dos que cria. Irónicamente SOGAMA ten como lema “Traballamos, educamos e actuamos por un futuro sostible” É este o futuro que nos prometen?

Dende o movemento ecoloxista levamos décadas reclamando un novo modelo de xestión de residuos para Galiza, un sistema descentralizado baseado na redución, a separación dos residuos orgánicos (que para SOGAMA non son reciclábeis!!), e a compostaxe, para camiñarmos, como o resto de Europa, cara unha sociedade da reciclaxe. Ti tamén podes colaborar a conquerir este obxectivo asinando e recollendo apoios para a ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) contra a incineración e a prol da compostaxe. Aínda tes tempo de asinala!

Non fiques parad@ adgardando a seres envelenad@!

Contacta:
Maria R. Lafuente, vogal de residuos de ADEGA (628378804)

Máis información: local nacional (981 570099),  na nosa web: www.adega.info , en Facebook e Twitter.

Iniciativa Lexislativa Popular.

Fonte: ADEGA.

Enviado por:
ADEGA
-adega@adega.info-
28 de dezembro de 2012 11:04

______________

mércores, decembro 26, 2012

O vindeiro xoves 27 de Decembro às 10:30 na Praza de Armas está convocada unha concentración en defensa dos postos de traballo no Diario de Ferrol


O vindeiro xoves 27 de decembro, às 10:30 na Praza de Armas, está convocada unha concentración en defensa dos postos de traballo no Diario de Ferrol.

O persoal do Diario de Ferrol denuncia o “progresivo desmantelamento” que está a sufrir o xornal

No último ano e medio a empresa despediu a catro traballadores/as e ten intención de suprimir a sección de infografía

O cadro de persoal do Diario de Ferrol vén de denunciar o progresivo desmantelamento que está a sufrir este xornal. Neste medio, “o único que leva o nome da cidade polo mundo adiante”, traballaban hai un ano e medio 31 persoas, ademais do director. A día de hoxe, explican os delegados de persoal, quedan 27 traballadores/as e a intención da empresa é suprimir unha sección -infografía- composta actualmente por tres persoas. Destas, unha será despedida e outras dúas trasladadas ao centro da Coruña, co conseguinte prexuízo económico que iso conlevaría para os afectados.

O argumento que sostén esta decisión, errada a xuízo do cadro de persoal, é a necesidade de centralizar, previa redución, o servizo. “Os traballadores/as deste xornal somos conscientes, pois é o noso día a día, da terríbel situación na que se atopan cada vez máis empresas e cada vez máis persoas. Somos, xa que logo, conscientes das dificultades que atravesa a nosa empresa, froito, nomeadamente, da caída dos ingresos por publicidade en todo o sector”, sinalan nun comunicado.

Pero, subliñan, tamén é certo que nos seus trece anos longos de andaina, os resultados  económicos deste xornal foron positivos, en non poucos casos moi positivos, até o pasado 2011. Entón pechouse o exercicio cun pequeno desaxuste. “A empresa esgrime  perdas acumuladas de todo o grupo para propor e impor unha serie de recortes e 'axustes' baseados unicamente no despedimento ou reubicacación de compañeiros, sen sequera contemplar outras medidas menos traumáticas que poderían, co mesmo esforzo que o persoal vén realizando desde hai tantos anos, aliviar esa carga”. Por exemplo, a decisión de centralizar o servizo de Infografía na Coruña non melloraría a situación económica da empresa de ningún xeito; en troques, si mermaría substancialmente os gastos dos compañeiros/as afectados, que terían que facer fronte, do seu propio peto, a este traslado.

Esa mesma decisión levaría ao xornal a perder autonomía e a proximidade que vén caracterizando a relación directa cos anunciantes desde a fundación mesma de Diario de  Ferrol. Na mesma liña, puntualizan que esa decisión tampouco suporía mellorar a difícil situación económica da empresa porque actualmente as novas tecnoloxías e os novos sistemas implantados pola empresa permiten traballar en remoto, non só desde A Coruña, como defende e pretende a empresa, senón tamén, por suposto, desde Ferrol.

Para “atallar este deriva”, os traballadores/as do Diario de Ferrol solicitaron o apoio dos diferentes grupos municipais, pois o xornal “é unha referencia informativa para esta comarca. Ferrolterra está a sufrir un aumento brutal do paro -por riba das 20.000 persoas- que atinxe, por suposto, aos medios de comunicación. O peche da delegación local de Radiotelevisión de Galicia ou de Cadena Dial, ademais de despedimentos noutros medios de comunicación ao longo dos dous últimos anos, ameaza a pluralidade informativa dunha comarca que non se pode permitir o luxo de xerar aínda máis desemprego”, aseveran.

Fonte: Avantar

Enviado por:
Pedro Fernandez
-kensabegz@gmail.com-
25 de dezembro de 2012 23:03

_________

luns, decembro 24, 2012

Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra, convoca unha Manifestación, para o Venres 28 de Decembro


A Comisión Dereito a unha Vivenda Digna - Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra,  que forma parte da Rede de Apoio Mutuo, acordou convocar unha Manifestación, en Ferrol, o Venres 28 de Decembro, ás 7 da Tarde, con saída desde a Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, pasando pola Rúa Real, para rematar diante do Pazo Municipal, na Praza do Concello, onde se lerá un Manifesto Unitario, logo pasara-se a micro-aberto.


Mobilizaremo-nos para
:


Demandar
  • a paralización dos desafiuzamentos
  • o recoñecemento por lei da dación en pago, acompañada da opción do alugueiro social
  • a creación dun parque de vivenda pública para garantir o dereito á vivenda
Denunciar o fraude hipotecario e

Reclamar o dereito a unha vivenda digna.

Esta mobilización, está encadrada dentro dunha convocatoria xeral que de forma coordinada, acordamos as diferentes plataformas e colectivos que actuamos na Galiza.


E a nivel local:
Por un parque público de vivenda municipal, para alugueiro social e para situacións de emerxencia. Censo de vivenda municipal, Xa !

Pola creación dun Punto Comarcal de Atención e Defensa, onde a cidadanía afectada por unha ameaza de desafiuzamento, poda atopar un lugar de información, asesoramento e defensa, financiados polas diferentes administracións públicas e en colaboración co colexio de advogad@s.

Mas tamén facemos nosas as reivindicación da Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca que se concretan en
:

a) Parar os desafiuzamentos, tanto das familias hipotecadas como dos avalistas, ata que se atopou unha solución á súa situación. E garantir aos afectados o acceso a xustiza gratuita para poder defenderse nos procesos de ejecución. En calquera caso garantir que ningunha persoa quédese en situación de desamparo habitacional: un Estado democrático respetuoso dos Dereitos Humanos non pode permitir que miles de familias quédense na rúa á vez que millóns de pisos permanecen baleiros á espera de ser un negocio rendible.

b) Regular a dación en pago, de maneira que si o banco executa a hipoteca e quédase a vivenda, a débeda queda liquidada, como sucede noutros países da UE ou en EEUU. É un abuso bancario que estean expulsando á xente das súas casas e encima esíxanlles o pago de 20, 50 ou ata 100 mil euros.

c) Conversión do parque de vivendas hipotecadas de primeira residencia en parque público de aluguer social. Que a administración force ás entidades financeiras a asumir os prezos reais das vivendas facendo que os bancos renuncien a unha porcentaxe significativa da débeda hipotecaria para que, a continuación, a administración compre a vivenda a prezo de vivenda protexida de réxime xeral e o antigo propietario poida permanecer nela como inquilino de vivenda protexida, a condición de que cumpra os requisitos establecidos para ser beneficiario da mesma. Así non só se axudaría ás familias hipotecadas, senón que gañaría toda a sociedade ao aumentar o parque de vivenda pública en aluguer. Unha versión desta medida estase aplicando xa no País Vasco, polo que se trataría de estendelo ao resto de comunidades autónomas.

d) Realización dunha Auditoría social sobre o funcionamento do mercado hipotecario. Existen indicios fundados que nos indican que a cidadanía foi obxecto dunha grande fraude que debe ser investigado para poder establecer as responsabilidades de entidades empresariais, bancarias, así como das institucións públicas. A mesma auditoría debería aclarar onde han ir a parar os beneficios millonarios que se xeraron durante o boom inmobiliario.

e) Establecer os mecanismos, as reformas e as políticas necesarias para que o acceso a unha vivenda adecuada non volva ser xamais un negocio para uns poucos e unha escravitude para as familias traballadoras. No caso do mercado hipotecario, establecer por lei que o pago da cota mensual hipotecaria en ningún caso sexa superior ao 30% dos ingresos da persoa ou unidade familiar, a un prazo máximo de 20 anos.


Blogue:

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:

facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Evento no facebook:

http://www.facebook.com/events/572492036099900/

Baixar Cartaz da convocatoria:

https://docs.google.com/open?id=0B137ZqzfFFqMUDhKZlRHeEdNYmM

Baixar volantina da convocatoria
:

https://docs.google.com/open?id=0B137ZqzfFFqMaXpOR1lqTFpTdUE

______________

De fochanca en fochanca, de burato en burato, por Ferrol, contra o Malgasto do diñeiro público


Un "flashmob" sobre as fochancas da cidade.

O Colectivo Cidadán Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos, apoiado pola Plataforma contra ou Malgasto do Diñeiro Público, da Asociación Grupo Diversidade Funcional de Ferrol e Comarcas e da Asociación Veciñal de Esteiro, organizou unha especie de "flashmob" que contou coa presencia de Bob Esponxa e o Señor Cangrexo. A cada fochanca visitada, das centos que hai repartidas por todos os barrios e parroquias da cidade, se lle deu un uso especial, desde unhas pinturas de Sorolla, pasando por un personaxe dunha das traxedias de Shakespeare,  un mergullador, mariscadoras, espeleólogo, pescador@s, lavar a roupa, lectura de libros, ..., nunha das fochancas até deu para pescar uns lirios, noutra plantar unha árbore do natal e noutra as tartarugas e hipopótamos atoparon un bon lugar para ben vivir. No transcurso do percorrido puidemos observar a cantidade de barreiras arquitectónicas que dificultan o tránsito pola cidade de persoas con diversidade funcional, mesmo un grande burato na beira rúa, en Esteiro, foi unha das escenas elixidas. As fochancas cobraron vida perante case tres horas de percorrido, rematando en Caranza, na que se denominou "O burato de Rey Varela", onde celebramos o seu primeiro aniversario, con tres meses de atraso. Unha queimada puxo punto final ao percorrido reivindicativo.

O obxectivo desta acción foi o de poñer en evidencia o Malgasto do Goberno Municipal do Partido Popular, con José Manuel Rey Varela á cabeza, que van de "Austeridade" e se dedican ao malgasto desmesurado do diñeiro público en proxectos sobre proxectos, nos que xa había proxectos. O máis vergoñento de todos, o da "Praza de España", é unha coladeira de millóns de euros, aos que queren somar outro millón máis en volver a remodelar  e levantar a Praza para facer un caprichoso "Pulmón Park", cando os barrios e mesmo o centro da cidade necesitan con urxencia ese diñeiro.

Cando chegou Rey Varela e o Sr. Evia ao poder municipal, mandaron paralizar o remate da Praza e encargaron un novo proxecto, para o que destinaron 58.000 euros máis -todo suma. Coa agravante de que xa pasaron máis de 18 meses e a Praza segue sen rematar. Foron varias as persoas que sufriron un accidente por este motivo. E os irresponsábeis seguen tan panchos, anunciando que o proxecto inicial que dicían que ía custar 700.000 euros, máis os 58.000 xa citados do novo proxecto, agora hai que sumar-lles outros 216.000 euros de axustes. E o que queda por sumar, non o dubidedes.

En Maio deste ano, os irresponsábeis municipais, anunciaban que unha empresa privada accedería a un novo contrato para o mantemento de rúas e estradas de Ferrol, por catro anos e que estaría dotado con 2,8 millóns de euros. A empresa  adxudicataria dispoñería xa que logo cada ano de 700.000 euros para levar a cabo as reparacións dos viales municipais. Sobre uns 2.000 euros diarios para acabar coas fochancas e buratos, que a día de hoxe é un dos principais problemas das rúas e estradas de Ferrol, xunto ás barreiras arquitectónicas que aínda perduran. Onde vai a execución deste pomposo plano de actuación, onde está o equipo municipal de Rey Varela ?

Os colectivos contra o malgasto do diñeiro público, alertan da necesidade que hai de atender situacións de emerxencia social cada vez máis importantes. Rehabilitar o parque municipal de vivendas ten que ser unha prioridade. Elaborar e executar planos de creación de emprego. E sobre todo non malgastar o diñeiro que fai falta para atender as necesidades máis urxentes, das persoas, barrios e parroquias.

Fotos do Colectivo Cidadán Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos

____________________

sábado, decembro 22, 2012

A violencia machista vovel a asasinar a unha muller na nosa Comarca - A Matilde Herrero Barcia arrebataron-lle a vida onte en Ferrol - Concentración Domingo 23 de Decembro na Praza do Concello



Concentración contra a violencia machista, mañá Domingo 23 de Decembro de 2012.

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA:

CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DA NOSA VECIÑA "MATI" -MATILDE HERRERO BARCIA.

A nosa veciña, "Mati", de 42 anos, foi asasinada polo seu excompañeiro, onte en Ferrol Vello.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rúa para rexeitar o cruel asasinato de "Mati" e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.

Dise do Feminismo que é a revolución silenciosa do século XX. Mais non podemos dar a razón a quen afirma que esta é unha revolución sen sangue. Neste novo século, como no anterior, esta revolución segue a engrosar a súa listaxe de mártires [+info]

EN NOME DE TODAS AS MULLERES ASASINADAS CANDO PRETENDÍAN RECONQUISTAR A SÚA PROPIA VIDA E POR TODAS ÁS QUE ESTAMOS A SUFRIR VIOLENCIA NON PODEMOS CONSENTIR NINGÚN PASO ATRÁS.

CONCENTRACIÓN
CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
DOMINGO 23 DE DECEMBRO ÁS 8 DA TARDE
NA PRAZA DO CONCELLO DE FERROL
DIANTE DO PAZO MUNICIPAL


Para contactar coa Marcha nesta Comarca:
Marcha Mundial das Mulleres
Coord. Ferrolterra: 696732735
Comunicación: 698159764

http://www.feminismo.info

 "PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA" 


Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Enlaces de interese:

Enviada por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
22 de decembro de 2012 16:55
_______________

O Domingo imos de fochas con Bod E$ponxa - Flashmob, de burato a burato, de Ferrol a Caranza


FLASHMOB" DANDO "USO ÁS FOCHAS DE FERROL


Mañá domingo, 23 de Decembro de 2012, Bob Esponxa e os seus amigos escenificarán e darán USO ás Fochas de Ferrol, estes sairán ás 11:00 h. dende o Cantón (Altura da fonte) e finalizarán no barrio de Caranza, no que terá lugar unha degustación gratuíta dunha boa Queimada.

Con este "FLASHMOB" queremos facer visible o estado de desleixo das nosas rúas, así como impedir o malgasto millonario en obras ridículas por parte do actual goberno do PP.

Como a obra proxectada para a Praza de España, prevista inicialmente nun valor de 700.000 euros, e que antes de ser executada xa nos anuncian que se incrementa en 216.000 euros, para situarse en 916.000 euros. Aos que hai que sumar os 56.000 euros que costou o proxecto.

Coa que está a caer, co padecemento de familias, desafiuzamentos, colas nos comedores sociais, e con máis de 20.000 desempregad@s na bisbarra, e o PP de Ferrol tira polo desaugadoiro un diñeiro imprescindible para paliar estas situacións. Instamos o Goberno do Sr José Manuel Rey Varela, a que recapacite e dea marcha atrás neste proxecto. Queremos que ese diñeiro se destine á contratación de desempregad@s en contratos de media xornada, e en función dá carga familiar ou precariedade que poidan estar a pasar.

Organizan e colaboran “Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos”, “Plataforma contra o Malgasto” e a “Asociación Veciñal de Esteiro” .

Convidase a participar a toda a cidadanía

Fonte: http://recuperaciondeespazospublicos.blogspot.com.es/2012/12/flashmob-dando-uso-as-fochas-de-ferrol.html
______________

Repugnáncia à Igualdade, ... Por Lupe Ces


Por Lupe Ces [*]
22.12.2012

Matilde Herrero Barcia, foi finalmente assassinada tras sofrer case umha década de situaçons de violência que denuncias, detençons e ordes de afastamento, nom puiderom evitar. Matilde foi abatida quando saia do trabalho, aguardada coma umha presa polo seu caçador.

Atrás ficaram arrependimentos envoltos em promessas nom cumpridas; atrás ficaram perdons construídos em trampas de fracassos, responsabilidades, compaixom e autoculpa.

O machismo mata. É mesmo tam destrutivo, que  mata também ao machista. Na sociedade de “eres o que possuis”, “tanto tens, tanto vales”, muitas mulheres som simbolicamente, e também fisicamente, convertidas numha propriedade mais. Até tal punto, o machismo construí o pensamento e a acçom de muitos homens, que a sua auto-estima e estabilidade emocional, depende única e exclusivamente da continuidade dessa possessom.

Mal-ensina-se-nos a amar, a enamorar-nos... e somos analfabetas e analfabetos na gestom do desamor. No espelho no que temos que olhar-nos, aparece a historia feliz onde deves comer perdizes. A historia onde todo é para sempre. E seguimos a confundir romanticismo com tenrura, ciumes com amor, controlo com cuidado.

O feminismo sabe desde hai tempo, que este tempo de Natal é de alto risco para as mulheres. Nom só polo número de assassinadas, também porque os valores machistas, associados a crenças religiosas, imponhem o modelo de família tradicional na maneira de viver estas datas. Umhas festas onde a convivência forçada, o trabalho extra, e o rol de facilitadoras que se supom às mulheres, som um caminho de poucos dias, mas de custosa peagem.

Neste tempo, onde as cores grises volvem a tingir a realidade social que puxava por nascer multicolor, nom podemos instalar-nos ante o assassinato de mulheres, com a resignaçom que nasce da ignoráncia ou da análise errada das causas do acontecido. O privado é político. Nada do que ao nosso redor sucede,  é alheo às decisons colectivas ou às decisons impostas. Cumpre sinalar aos culpáveis, cumpre despejar o caminho de obstáculos, cumpre ailhar ao machismo organizado nas instáncias políticas, religiosas e sociais. Essas instáncias que vomitam sobre a vida das pessoas leis Wert ou privatizam a Justiça. Se nos quere vender que a soluçom à pobreza está na caridade, e nom no reparto da riqueza. Do mesmo jeito que  se nos quere vender também que a erradicaçom da violência machista descansa só na vitimizaçom das mulheres que a sofrem, e nom no exercício pleno, na vida de todas as mulheres e nenas, do direito à Igualdade. Esse direito, ao que o poder financeiro, a Igreja católica e o Partido Popular sintem tanta repugnáncia.


[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1953, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres. Forma parte do Colectivo Ártabra 21.

Blogue persoal: Caranza free opiniom

__________

xoves, decembro 20, 2012

Concentración celebrada hoxe na defensa dos dereitos civís e unha saída ao sistema capitalista


Mobilización en Ferrol da Alianza Social Galega, deste Xoves 20 de Decembro. No resto de Galiza tiveron lugar 11 mobilizacións máis en diferentes cidades e vilas.

Enlace relacionado:
Ártabra 21: 20 de Decembro Mobilización Xeral da Alianza Social Galega - Concentración en Ferrol

Fotos de Susete'70.
_____________

O concelleiro Evia, as fochas de Ferrol e as políticas do Malgasto do Goberno Municipal do Partido popular


O pasado martes, 11 de decembro, apróximadamente ás 15:30 horas na Trincheira e xusto antes de virar para a rúa Nova de Caranza, unha vez máis e van ......., un coche tivo un grave percance nunha das enormes fochas que hai.  Veu a Policía Local e levantaron acta do sinistro e procederon a sinalizar con conos e con balados a focha. Esto sucedeu o Martes día 11 de decembro.

Ao día seguinte , o mércores día 12 de decembro, detrás de Facenda e tamén na Trincheira foi colocado outro balado diante doutra enorme focha alí existente e xa provocou moitos percances.

No día de hoxe, xoves día 20 de decembro, a pesar do enorme das fochas, da gravidade da situación e do perigo para os moitos coches que circulan pola Trincheira e dos moitos percances que xa ocorreron a situación segue sen arranxarse e as fochas seguen medrando.

Un exemplo máis da "eficacia, eficiencia e compromiso" que o Concelleiro de Urbanismo e Obras Sr. Guillermo Evia e o seu "asesor" Rodriguez Silvar ,teñen para coa cidade de Ferrol e coas rúas e beirarruas nos últimos 18 meses.

Seguramente o Sr. Evia está preparando unha rolda de prensa e fará unha presentación infográfica, como nos ten acostumados, para que virtualmente os milleiros de fochas que hai na cidade de Ferrol , tanto na zona urbana como na rural, queden arranxadas. Eso sí virtualmente arranxadas.

Cando van a quedar sen gastar case dous millóns de euros do orzamento de 2012, parece que non hai en que gastalos, o Sr Evia prefire ter Ferrol como un campo minado e prefire facer novos proxectos, cada ocorrencia do Sr Evia acaba convertida nun proxecto, co conseguinte malgasto do diñeiro público, onde xa había proxectos. Parque Municipal, Super Mazá, Bambú Club, Rúa do Sol e Praza de España. Na Praza de España, a pesar da oposición da maioría da cidadanía, pretende malgastar 700.000 euros e tela outro ano máis en obras.

Demandamos, unha vez máis, ao Alcalde da cidade, o cese inmediato do responsable de Urbanismo e Obras, que en 18 meses de inactividade ten máis que demostrada a súa ineptitude e a súa escasa dedicación ao traballo público en favor da cidade de Ferrol

Xunta Directiva da AV de Esteiro


Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/




Enviado por:
avesteiro
-avesteiro@galicia.com-
20 de dezembro de 2012 17:19

______________

O malgasto do goberno municipal de Ferrol non ten fin, agora suben a licitación da enesima remodelación da Praza de España até 916.000 Euros


A Xunta de Goberno, do Concello de Ferrol acordou entre outros malgastos, que a Praza de España saia a licitación por 916.000 euros, 200.000 máis do que anunciaran nun principio.

O alcalde, José Manuel Rei Varela, e o concelleiro de Urbanismo, Guillermo Evia, manifestaron que na reunión da Xunta de Goberno Local, que tivo lugar hoxe pola mañá, acordou dar-lle para diante ao 'Pulmón Park' da Praza de España, unha remodelación máis que nos vai custar ás veciñas e veciños de Ferrol, un millón de euros que hai que sumalos aos máis de 17 millóns (Declarados) que se levan gastados na famosa Praza, en obras desde hai máis dunha decada. Di o concelleiro Evia que a execución da Praza pode estar lista para finais do 2013.

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Nova xuntanza do tecido asociativo de Ferrol para abordar as accións contra o Malgasto do Goberno dereitista do PP na cidade

Ártabra 21: Presentación dunha Moción contra o 'Malgasto do Goberno Municipal' - Reunión coas asociacións de comerciantes - Hai outras necesidades, xa basta de malgastar máis diñeiro público na Praza de España - Recollida de sinaturas, este Martes 20 de Xuño, para solicitar unha 'Consulta Popular'
______________

A pirámide da cobiza en Corcoesto: un megaproxecto mineiro da transnacional Edgewater apadriñado por Alberto Nuñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia, e o Partido Popular, non podía ser menos


A pirámide da cobiza en Corcoesto

Santiago, 20-12-2012

Cando se trata de megaproxectos, como o de minería de ouro que Edgewater Exploration Ltd quere poñer en marcha en Corcoesto, é moi difícil para a meirande parte da xente facerse tan sequera unha idea aproximada das magnitudes de que se fala.

Pero unha imaxe vale máis que mil palabras, velaquí o que suporá conseguir cada quilo de ouro de Corcoesto.

Nota.- Clicar acima da imaxe para ampliar.

Fonte: www.sghn.org

__________

Apertura do Museo de Historia Natural da SGHN, no barrio ferrolán de Canido

A partires do vindeiro día 26 de decembro o Museo de Historia Natural da SGHN abrirá as súas portas ao público en xeral. A SGHN non vai facer ningún tipo de inauguración oficial das instalacións, posto que estas reúnen unha serie de defectos e obras aínda por realizar que dificultan e as veces imposibilitan a realización do traballo altruísta que aquí se desenvolve. O feito de que a cuberta estea sen rematar; que chova dentro da sala de exposicións e da de audiovisuais; que as persoas con dificultade funcional non poidan acceder á exposición por no estar en funcionamento o elevador (rematado de instalar hai máis de dous anos), impídenos facer unha apertura coma se merece o aquí exposto.

Aínda así consideramos que vai sendo hora, levamos seis anos en obras, de que o pobo de Ferrol, e todo aquel que o desexe, poda acceder a ver os fondos museísticos nos que a SGHN leva traballando dende hai case trinta anos.

Durante as vacacións de Nadal o horario será só polas mañás de 9:30 a 13:30 de luns a venres agás os dias 24 e 31  que estará pechado.

Para contactar coa Delegación ferrolá da Sociedade Galega de Historia Natural:
  • Casa do Coronel. Praza de Canido s/n. 15401 Ferrol.
  • Apartado de Correos nº 356. 15480 Ferrol.
  • Teléfonos: 881 931 315 - 881 931 314 - 698 141 384.
  • ferrol@sghn.org
Enviado por:
MUSEO
-museo@sghn.org-
20 de dezembro de 2012 18:27

_________________

Corcoesto. Un pouco de ouro e moito, moito arsénico - Unha reportaxe da SGHN sobre o proxecto mineiro apadriñado polo deritista Partido Popular e a Xunta de Galicia, presidida por Alberto Nuñez Feijóo



CORCOESTO: un pouco de ouro e MOITO, MOITO ARSÉNICO


Santiago, 17-12-2012

Coincidindo case coa Declaración de Impacto Ambiental positiva que a Consellería de Medio Ambiente (rapidísima neste caso e lentísima en calquera iniciativa de defensa ambiental) acaba de outorgar á explotación mineira de ouro pola compañía canadiana Edgewater Corporation, SGHN ven de ter acceso a un artigo de investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e a Universidade de Vigo sobre os niveis de arsénico na bacía do río Anllóns (Costas et al., 2011) que aínda non estaba publicado na data das alegacións presentadas por SGHN ao dito proxecto mineiro.

Mentres que as concentracións habituais de arsénico en:

  • Rochas son de 0,5 a 2,5 mg/kg (Kabata-Pendias e Pendias, 1984) cun promedio na codia terrestre de 1-2 mg/kg (Matschullat, 2000), na área mineira de Corcoesto hai zonas de arsenopirita semimasiva con ata 100 g/kg (Costas et al., 2011), é dicir un 10% de arsénico, valores unhas 50.000 veces superiores aos habituais.
  • En solos non contaminados raramente sobrepasan os 10 mg/kg de arsénico (Krysiak e Karczewska, 2007) en Corcoesto hai zonas con ata 4 g/kg en horizontes superficiais de solos (Devesa-Rey et al., 2008), é dicir unhas concentracións 400 veces máis altas que as normais.
Segundo os datos do artigo científico de Costas e colaboradores (2011):
  • As concentracións de arsénico nas augas do río Anllóns aumentan 2,1 veces ao atravesar a zona de arsenopiritas na parte media da bacía (zona mineira de Corcoesto) ata acadar os 3,96 microgramos/litro achegándose:
  • Ao límite inferior (4,5 microgramos/litro) dos ríos europeos contaminados (Plant et al., 2003)
  • Á metade do máximo admitido para augas potables establecido pola Unión Europea (Directiva 98/83/CE), a Axencia de Medio Ambiente dos EEUU (USEPA, 1975) e a Organización Mundial da Saúde (OMS/WHO, 2001). Ao mesmo tempo as concentracións de arsénico particulado nas augas increméntanse 1,7 veces.
  • O río Anllóns aporta anualmente alomenos 850 kg de arsénico ao estuario, a meirande parte do cal procede da zona de arsenopiritas de Corcoesto. Tendo en conta a superficie das respectivas bacías, a cantidade de arsénico que o Anllóns descarga anualmente no seu estuario (0,83 kg/s/km2) é maior que as de grandes ríos europeos que atravesan zonas moi poboadas e industrializadas (Támesis, Sena, Loira, Garona e Ródano: 0,44–0,64 kg/s/km2).
  • As concentracións de arsénico nos sedimentos do esteiro do Anllóns varían de 15 a 308 mg/kg, e poden clasificarse como contaminados (Hakanson, 1980) xusto despois da antiga área mineira de Corcoesto e ao comezo da zona estuarina. Dita contaminación “debe ser consecuencia de rápidos picos de fluxo do río Anllóns que poden transportar sedimentos de maior tamaño de partícula procedentes da zona mineira”. De acordo coas directrices de calidade de sedimentos (Long et al., 1995), as concentracións de arsénico en 6 dos 12 puntos analizados no esteiro igualan (1 caso) ou sobrepasan considerablemente (5 casos) o valor de 70 mg/kg a partires do cal sempre se observan efectos e polo tanto poden supoñer un risco ambiental.

Imaxe: Mapa da parte media e inferior da bacía do río Anllóns e o seu esteiro. Indícanse con círculos amarelos os puntos onde Costas e colaboradores (2011) atoparon que a concentración de arsénico en sedimentos comeza a aumentar, xusto augas abaixo da zona mineira, e con círculos vermellos as estación de mostraxe onde se iguala (o de máis á esquerda) ou sobrepasa (restantes) o contido en arsénico para considerarse contaminados.

Aínda que en parte poida ser unha consecuencia natural da existencia de arsenopiritas na zona, alguns datos de Costas et al. (2011) apuntan a que as zonas de sedimentos máis contaminados son consecuencia directa da antiga explotación de ouro que agora se quere reactivar. Ao respecto convén salientar que fronte a minería a pequena escala, a míudo subterránea, practicada no pasado na zona de Corcoesto, o proxecto da compañía canadiana Edgewater Exploration Ltd pretende explotar a ceo aberto unha superficie de 773,6 ha, con posterior trituración das rochas e tratamento das mesmas con cianuro para extraer o ouro e logo con sosa cáustica e ácido clorhídrico para eliminar o cianuro e corrixir o pH. Xa que logo, o proxecto incrementaría enormemente a superficie de terreo exposta á intemperie e, polo tanto, a meteorización das rochas e a solubilización do arsénico que conteñen. Ademais, xeneraríanse anualmente 100.000 toneladas de residuos do procesado de rochas con cianuro/sosa/clorhídrico que, aparte de extraer o ouro, sen dúbida algunha acelerarán moitísimo a solubilización doutros elementos das rochas, entre eles o arsénico.

Por todo o devandito, o proxecto de minería de ouro a ceo aberto da compañía Edgewater Exploration Ltd podería agravar a actual contaminación das augas do río Anllóns e os sedimentos do seu esteiro ata niveis inaceptables para a saúde humana e a conservación do ecosistema, incluidos os Lugares de Interese Comunitario existentes na zona (LIC ES1110015 Río Anllóns) e as súas inmediacións (LIC ES1110005 Costa da Morte; ZEPA ES0000176 Costa da Morte). Á vista do cal SGHN ven de solicitar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (ver PDF):

  • Que en aplicación do principio de cautela se anule a Declaración de Impacto Ambiental positiva para o proxecto Concesións de explotación “Emilita” nº 1221, “Ciudad de Landró” nº 1454 e “Ciudad del Masma” nº 1445, que forman o coñecido como “Grupo mineiro de Corcoesto” (Cabana, Coristanco e Ponteceso; A Coruña).
  • Que, no caso de non desbotarse o proxecto, se esixa a elaboración dun novo Estudio de Impacto Ambiental que inclúa unha simulación dos efectos sanitarios, económicos e ecolóxicos dos peores accidentes posibles:
  • A rotura das dúas balsas mineiras con vertido total ao cauce do río Anllóns da cantidade máxima de residuos que conteñan, incluindo necesariamente o cianuro empregado na extracción do ouro e o arsénico contido nas rochas.
  • O verquido accidental das máximas cantidades de produtos tóxicos e perigosos almacenadas nas instalacións mineiras: 50 toneladas de cianuro, 50 toneladas de sosa cáustica e 30 toneladas de ácido clorhídrico.
  • O verquido accidental de produtos tóxicos e perigosos (cianuro, sosa cáustica e ácido clorhídrico) durante o seu transporte ás instalacións mineiras.
  • Dita simulación é imprescindible á vista dos precedentes noutros casos de minería metálica a ceo aberto, por exemplo a rotura da balsa mineira en Aznalcollar: a Junta de Andalucía e a Confederación Hidrográfica do Guadalquivir gastaron 132 millóns de euros de cartos públicos en limpar a contaminación provocada pola empresa sueca Boliden, que pretende non pagar nada ou só o 1% dos danos (máis...)
  • Que, no caso de non desbotarse o proxecto, se esixa á empresa a contratación dun seguro de responsabilidade civil, nunha compañía de seguros radicada na Unión Europea e suxeita á lexislación da UE, para facer fronte a todos os danos previsibles de acordo coa simulación do punto anterior, na liña do establecido pola Directiva 2004/35/CE e a Lei estatal 26/2007 sobre responsabilidade medioambiental en relación coa prevención e reparación de danos medioambientais.

Fotografías: Dúas imaxes do esteiro do río Anllóns.

BIBLIOGRAFÍA CITADA:

Costas M, Prego R, Filgueiras AV, Bendicho C. 2011. Land–ocean contributions of arsenic through a river–estuary–ria system (SW Europe) under the influence of arsenopyrite deposits in the fluvial basin. Science of the Total Environment 412-413: 304-314.

Devesa-Rey R, Paradelo R, Díaz-Fierros F, Barral MT. 2008. Fractionation and bioavailability of arsenic in the bed sediments of the Anllóns River (NW Spain). Water, Air & Soil Pollution 195: 189–99.

Directiva 98/83/CE del Consejo, de 3 de noviembre de 1998, relativa a la calidad de las aguas destinadas al consumo humano.

Hakanson L. 1980. An ecological risk index for aquatic pollution control. A sedimentological approach. Water Research 14: 975-1001.

Kabata-Pendias A, Pendias H. 1984. Trace elements in soils and plants. Boca Raton, FL: CRC Press- 315 pp.

Krysiak A, Karczewska A. 2007. Arsenic extractability in the areas of former arsenic mining and smelting, SW Poland. Science of the Total Environment 379: 190–200.

Long ER, Macdonald DD, Smith SL, Calder FD. 1995. Incidence of adverse biological effects within ranges of chemical concentrations in marine and estuarine sediments. Environmental Management 19: 81–97.

Matschullat J. 2000. Arsenic in the geosphere - a review. Science of the Total Environment 249: 297–312.

OMS/WHO. 2001. Guidelines for drinking-water quality: arsenic in drinking water. Fact sheet 210. Geneva: World Health Organization.

USEPA. 1975. Preliminary assessment of suspected carcinogens in drinking water. Report to Congress. EPA number 560475003.

Fonte: http://www.sghn.org/

___________

NÓS-Unidade Popular propom intervençom pública urgente contra a deterioraçom do pavimento em Ferrol



As constantes denúncias de pessoas que sofrem os efeitos do buracos que se espalham polas ruas, estradas e passeios do concelho de Ferrol nom fam reagir um Governo municipal paralisado polo afám de falsa austeridade concretizada num generalizado corte de serviços e gasto público.

O lamentável estado físico do concelho reflete um problema mais de fundo, resultante das políticas dos diferentes governos municipais, agravada polo atual, e caraterizada polas privatizaçons e polo total desprezo por qualquer atençom aos serviços básicos e às obrigaçons dos poderes públicos para garantizá-los.

Enquanto a equipa de José Manuel Rei nom é capaz nem de garantir umhas mínimas condiçons de segurança para viandantes e veículos que circulam polo nosso concelho devido à progressiva deterioraçom e abandono do pavimento, centenas de milhares de euros estám a ser malgastados no financiamento de atividades privadas, como temos visto nos últimos meses.

É o caso, por exemplo, dos quase 230.000 euros entregados ao Racing de Ferrol, empresa privada em maos de amigos dos nossos governantes, ou dos 700.000 euros anunciados para a interminável remodelaçom da Porta Nova, onde o próprio PP desfijo parte das obras previamente realizadas por outros governos de maneira caprichosa e com cargo às contas públicas das ferrolanas e dos ferrolanos.

Entretanto, o PP volta a agitar o espantalho privado como suposto salvador da insustentável situaçom da manutençom física do concelho. Mais umha vez, assistimos à renúncia d eum poder público a assumir as responsabilidades, preferindo cedê-las ao lucro privado mediante adjudicaçons que sem dúvida ajudarám a manter bem untadas as contas do próprio PP e dos seus dirigentes.

A incompetência e o abandono nom podem ser mais a escusa para abrir as portas a novas privatizaçons de serviços.

NÓS-Unidade Popular reclama a reparaçom imediata do pavimento das ruas de Ferrol mediante o envolvimento direto do concelho e do pessoal diretamente ao seu serviço, procedendo à contrataçom pública no caso ser necessário completar as dotaçons atuais na área de reparaçons e manutençom.

Manter cuidado e em boas condiçons os espaços do nosso concelho som um investimento necessário que só vai redundar num benefício social. A falácia da austeridade nom deve continuar a servir de coartada para o abandono, as privatizaçons e a precariedade que, também em Ferrol, nom deixam de aumentar.

Ferrol, 18 de dezembro de 2012

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular
http://nosgaliza.org/

Enviado por:
nosup-trasancos@nosgaliza.org
-nosup-trasancos@nosgaliza.org-
18 de dezembro de 2012 13:41

______________

Vídeo reivindicativo no que a Asociación Veciñal de Meá felicita o vindeiro 2013


http://youtu.be/gsZszIUyn8c

A Asociación de veciñ@s o Cruceiro de Mehá, deséxavos felices festas.

Asociación Plataforma de veciños O Cruceiro de Mehá
Página Web: http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
e-mail: ocruceiromeha@yahoo.es
Teléfono asociación  699548246
Presidenta: Luz Marina Torrente



Enviado:

o cruceiro o cruceiro
-ocruceiromeha@yahoo.es-
19 de dezembro de 2012 16:27
_______________

mércores, decembro 19, 2012

A CNT emite un novo comunicado de prensa en apoio os traballadores do Ateneo Ferrolan

Novo comunicado de prensa en apoio os traballadores do Ateneo Ferrolan

COMUNICADO DA CNT

Dende o SOV CNT – FERROL apoiamos a inciativa da Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán que, a través dos seus traballador@s e ante a negativa do PP do Concello de Ferrol a facilitarlles as chaves da súa sede que ocupan dende hai 30 anos, optaron por entrar no edificio coa chave que sempre tiveron e que por dereito utilizaron.

Logo de máis de 2 anos de obras, os traballadores, por fin, poden reincorporarse aos seus postos e desenvolver a súa actividade con normalidade a espera da devolución do seu Patrimonio (que é de tod@s) e que semella queiran secuestrar desde o goberno do Sr. Rey Varela.

O edificio aberto ao público e á cidadanía logo da súa rehabilitación, pódese visitar e comprobar que a idea de compartir espazos coas asociacións afíns ao PP, a SAF e a AVV Zona Centro, só débese as ganas deste goberno de controlar e afastar o asociacionismo da cidade e non pola demagoxia utilizada do aforro económico.

O Partido Popular, no uso da súa maioría absoluta no Concello de Ferrol, pretende no próximo pleno do día 27 de decembro distribuír arbitrariamente os espazos do Ateneo, do mesmo modo que pretende facer desaparecer o seu nome asociado ao edificio e tutelar as actividades culturais desta entidade con máis de cen anos de historia na cidade de Ferrol, (so a ditadura franquista conseguiu pechar ao Ateneo). Ademais, entregará a unha empresa privada, como é EULEN (tamén familiar e afín ao PP), o servizo de vixilancia, mantemento, ... gastos do edificio que ate agora eran cubertos polo propio Ateneo.

Feitos que semellan provir do desexo non só, de acalar e controlar o tradicional desenvolvemento cultural da entidade en favor de Ferrol e da cultura galega, senón que tamén demostra o desexo do PP e desta dereita de privatizar a cultura, poñendo así en perigo os postos de traballo.

Dende a CNT estaremos atentos as manobras que dende o goberno do PP fagan con esta entidade, co patrimonio e cos traballadores apoiando ás reivindicacións e accións que por dereito plantexen ante o desmantelamento da cultura en xeral que na aplicación destas políticas están a levar a cabo.

Secretaria de Prensa e Propaganda.

Ferrol 15 de decembro de 2012

http://www.cntgaliza.org/

Enviado por:
ferrol@cntgaliza.org
-ferrol@cntgaliza.org-
19 de dezembro de 2012 17:05

_______________

Unha manifestación contra o peche e privatización de Paradores, transcorreu polas rúas de Ferrol


Unha manifestación de protesta polas pretensións da Dirección Xeral de Paradores de pechar (privatizar?) o establecemento de Ferrol, despedindo a toda a todas as traballadoras e traballadores.

A manifestación transcorreu por diferentes rúas do centro de Ferrol, desde o propio Parador até a Praza do Concello, diante do Pazo Municipal, onde a representante sindical dirixiu-se ás persoas congregadas, clamando pola defensa dos postos de traballo e argumentando contra o peche do Parador de Ferrol e do resto dos paradores ameazados. Moitos representantes sindicais, políticos e do movimento social participaron na convocatoria.

Fotos de Susete'70.
_____________

Manifestación na defensa dos postos de traballo no Parador de Ferrol - Non á privatización

HOXE DÍA 19 DE DECEMBRO CONCENTRACIÓN E MANIFESTACIÓN NO PARADOR DE FERROL

Concentración ás 17:00 horas diante do Parador de Ferrol, seguida dunha manifestación, con saída dende alí ata o Concello.

Si tocan a un nos tocan a todos/as, defendamos o emprego digno e con dereitos!

En PARADORES estamos con os traballadores contra os especuladores, estamos contra a privatización do sector publico, contra a mentira, únete a loita na rúa!

A COMARCA DE FERROL CON OS TRABALLADORES DE PARADORES!

PRIVATIZACIÓN=ESPECULACIÓN







Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
19 de dezembro de 2012 13:01

___________

O vindeiro Venres, 21 de Decembro, xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna

O vindeiro Venres, 21 de Decembro, ás 17:00hs, en Caranza no local de Fuco Buxán, reuniremos a quen quixer participar, nunha xuntanza aberta de STOP-Desafiuzamentos - Comisión Dereito a unha Vivenda Digna, da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, para abordar todos o temas pendentes de lanzamentos de vivenda, novos casos, as entrevistas co Valedor do Pobo e a coordinación con outras plataformas, froito do cal está convocada unha mobilización para o vindeiro 28 de Decembro que temos que preparar.

Nas últimas semanas as compañeiras e compañeiros da Rede de Apoio Mutuo que máis se moven no asunto dos desafiuzamentos, mantiveron unha actividade relevante. Non só por ter que afrontar o reto do pasado Pleno Municipal de Ferrol, onde unha das nosas compañeiras interveu no nome do noso colectivo, senón por ter que atender casos concretos de ameazas de lanzamentos de vivenda, mobilizar-nos, contactar con outras plataformas da Galiza para encetar certa coordinación e participar nunha xuntanza que convocou o Valedor do Pobo, interesado polas reivindicacións dos nosos colectivos cidadáns. Xuntanza que vai ter unha segunda sesión o vindeiro Xoves 20 de decembro, ás 11 da mañá, na sede desa institución, en Compostela.

Da coordinación con outras plataformas, xurdiu a convocatoria dunha mobilización nacional, para o Venres 28 de Decembro, en diferentes comarcas galegas. Para o cal esta-se preparando un manifesto coas principais demandas que nos unen na loita por unha vivenda digna. Antes, este 20 de Decembro, o mesmo día no que nos desprazaremos a Compostela, pola tarde, está convocada en toda Galiza até 12 mobilizacións xerais, convocadas pola recen constituída Alianza Social Galega, onde as nosas principais reivindicacións estarán presentes nas rúas e nos comunicados da convocatoria e finais da mobilización. En Ferrol, terá lugar unha concentración, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, ás 19:30hs, do, xa citado, Xoves 20 de Decembro.

Así recolle as nosa reivindicacións o Manifesto da Alianza Social Galega:
"Son máis de nove mil as familias desafiuzadas en Galicia desde que comezou a crise. Persoas que pertencen aos colectivos sociais máis afectados pola situación, que perden a súa vivenda e que, na maior parte dos casos, ven embargadas as nóminas, ingresos ou propiedades ao seu nome. Familias e persoas condenadas á exclusión social polos abusos das entidades financeiras e por un Goberno cómplice".

"Esta situación só pode cambiar cunha modificación da Lei hipotecaria e da Lei de axuizamento civil para regular a dación en pagamento retroactiva, paralizar os desafiuzamentos e promover o alugamento social. Fronte a esta necesidade, o Goberno aproba un decreto insuficiente que non contén solucións estruturais e exonera as entidades financeiras das súas responsabilidades na inadecuada xestión dos préstamos".

"Urxen medidas transitorias integrais, mentres non se modifique a lexislación en materia de execución hipotecaria, como a suspensión temporal dos procesos de execución en marcha".
Lembra, non faltes á xuntanza aberta deste Venres 21 de Decembro, necesitamos a túa colaboración e axuda. Participa na Rede de Apoio Mutuo.

Blogue:

http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

No facebook:

facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Enviado por:
Foro Social de Ferrol Terra FSdeFerrolTerra
-forosocialdeferrolterra@gmail.com-
19 de dezembro de 2012 01:30

_____________________



20 de Decembro Mobilización Xeral da Alianza Social Galega - Concentración en Ferrol


A Alianza Social Galega, convoca unha mobilización xeral na Galiza en 12 cidades e vilas do noso territorio. O pasado 13 de Decembro celebraba unha Rolda de Prensa para facer publica a mobilización e os obxectivos que persegue, a través dun Manifesto Unitario, onde se reivindican saídas alternativas á crise que non pasen polas retalladas drásticas que se lle están a dar a dereitos e servizos públicos básicos para a cidadanía.

CONCENTRACIÓN EN FERROL


Día: Xoves 20 de Decembro de 2012.
Hora: 19:30hrs.
Lugar: Praza Amada Garcia - Diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia

Desde Ártabra 21 aledamo-nos destas iniciativas e que por fin dirixentes políticos e sindicais, vexan na unidade de acción contra o dereitista Partido Popular e as súas políticas emanadas da troika (FMI, BCE e CE), como moi necesaria, para combater ao Capitalismo Financeiro e ás grandes transnacionais que nos saquean, matan e empobrecen, coa súas políticas neoliberais.

Este é o manifesto que suscriben máis de máis de sesenta entidades que integran e pretendemos integrar a Alianza Social Galega:



MANIFESTO UNITARIO

As organizacións e entidades que conformamos a ALIANZA SOCIAL GALEGA para dar unha resposta colectiva ás nefastas políticas antisociais que, seguindo os ditados da Unión Europea, do Fondo Monetario Internacional, do Banco Central Europeo e da patronal máis neoliberal, están desenvolvendo os Gobernos de Galicia e o Estado, denunciamos hoxe os novos recortes impostos polo Partido Popular que van traer máis paro, o empobrecemento da poboación e o aumento da exclusión social.

O Goberno de Mariano Rajoy celebra o seu primeiro ano de goberno impoñendo novos recortes nas pensións e na educación, privatizando a xustiza e condenando á pobreza extrema as familias e persoas desafiuzadas; en definitiva, ditando normas que nos fan retroceder varias décadas en liberdades e dereitos sociais e laborais.

UN NOVO RECORTE ÁS PENSIÓNS

Non satisfeito co recorte aplicado ás pensións nada máis chegar ao Goberno, Mariano Rajoy non só se desmente a si mesmo e mais os membros do seu Goberno que días atrás anunciaban a revalorización das pensións, senón que incumpre a Lei xeral da seguridade social no relativo á garantía de revalorización das pensión ao aprobar a non revalorización de pensións na desviación do ipc en 2012 e modificar a Lei do fondo de reserva.

A decisión do Goberno de non actualizar as pensións segundo o diferencial entre a suba de prezos ata o 30 de novembro, un 2,9%, e o incremento dun 1% aboado a principios de 2012 implica que unha pensión media en Galicia de 700 euros se reduciu en 260 euros o ano pasado, aos que hai que sumar os 260 que perderá este ano. É, polo tanto, unha medida inxusta cun dos colectivos máis vulnerables, o de pensionistas, e tamén ineficaz, enmarcada na continuada política de axustes que está a intensificar os negativos efectos da crise, deprimindo a demanda interna e repercutindo intensamente na actividade económica e o emprego.

RECORTES E RETROCESO NOS SERVIZOS PÚBLICOS DE ENSINO E SANIDADE

O Goberno prosegue a súa política de destrución do sistema educativo público cos recortes e coa nova reforma educativa (lomce) que combate os principios de comprensión, equidade e calidade, para consolidar un ensino dual mediante a estratexia de abandonar á súa sorte a educación pública e potenciar a privada concertada, ao tempo que converte o sistema educativo nunha carreira de obstáculos, insuperables para quen ten máis dificultades de aprendizaxe e menos recursos económicos.

O anteproxecto presentado, imbuído de afán privatizador e mesmo subvencionador de centros que segregan alumnado por razón de sexo, serve de máscara para afondar nunha reforma ideolóxica do sistema educativo segregadora, elitista e selectiva. Supón un retroceso na xestión democrática dos centros, impón reválidas para conseguir o título de eso e bacharelato, desbota a educación en valores e amosa un desprezo total polo galego e pola conformación plurinacional, plurilingüística e pluricultural do Estado.

Rexeita aspectos como a equidade, a igualdade de oportunidades, a atención á diversidade, a atención individualizada; e incrementa as ratios e as horas lectivas do profesorado, que repercutirán no empeoramento da calidade do ensino e no abandono e fracaso escolar.

Reforza a confesionalidade, é contrario ao ensino laico e mantén o ensino de relixión no currículo escolar.

A privatización da sanidade levada a cabo polo Goberno do PP, coa única intención de poñela nas mans das empresas privadas para o seu lucro (Capio, Ribera de Saúde…), conduce á destrución do sistema sanitario como un servizo público en que se garanta o dereito universal á prestación sanitaria de toda a poboación, sen ter en conta a súa renda económica. O pagamento dos medicamentos polos pensionistas así como o transporte en ambulancias, as próteses e as cadeiras de rodas para as persoas con discapacidade; a supresión do dereito á asistencia de quen non cotice, como os mozos e mozas de máis de 26 anos, certos colectivos de mulleres, inmigrantes ou persoas en exclusión social; e o anuncio de copagamento polos servizos que se exclúan da carteira de servizos son as primeiras consecuencias destas medidas.

Séguese a privatizar hospitais, abandónanse os novos centros de saúde e desmantélanse as áreas sanitarias en función dun modelo privatizador enfocado ao beneficio económico empresarial que deteriora a calidade da atención, dá cabo do dereito á asistencia universal e equitativa e conduce a unha sanidade de ricos e pobres.

NON Á XUSTIZA CLASISTA

A Lei de taxas xudiciais recorta o acceso ao servizo público da xustiza e supón un claro retroceso do Estado de dereito ao limitar gravemente para amplos colectivos sociais, e en moitos casos deixalos fóra, as posibilidades reais de accederen á xustiza.

A Lei de taxas expulsa as persoas sen recursos da Administración de Xustiza porque se impoñen unhas taxas que só poderá pagar unha minoría ao establecer, por exemplo, que unha persoa con ingresos de 1.200 euros pague as mesmas taxas que outra que gañe 100.000 euros; ou que unha familia de dúas persoas con traballo e cobrando o salario mínimo deba pagar taxas; por non falar de que un recurso contra un despedimento vaille custar o mesmo ao traballador ca se quen recorre é a propia empresa.

A Lei de taxas é o inicio do desmantelamento do servizo público da xustiza e ataca o dereito constitucional á tutela xudicial efectiva.

REFORMA DA LEI HIPOTECARIA

Son máis de nove mil as familias desafiuzadas en Galicia desde que comezou a crise. Persoas que pertencen aos colectivos sociais máis afectados pola situación, que perden a súa vivenda e que, na maior parte dos casos, ven embargadas as nóminas, ingresos ou propiedades ao seu nome. Familias e persoas condenadas á exclusión social polos abusos das entidades financeiras e por un Goberno cómplice.

Esta situación só pode cambiar cunha modificación da Lei hipotecaria e da Lei de axuizamento civil para regular a dación en pagamento retroactiva, paralizar os desafiuzamentos e promover o alugamento social. Fronte a esta necesidade, o Goberno aproba un decreto insuficiente que non contén solucións estruturais e exonera as entidades financeiras das súas responsabilidades na inadecuada xestión dos préstamos.

Urxen medidas transitorias integrais, mentres non se modifique a lexislación en materia de execución hipotecaria, como a suspensión temporal dos procesos de execución en marcha.

SOLUCIÓN PARA AS VÍTIMAS DAS ESTAFAS BANCARIAS

En setenta mil se estima en Galicia a cifra de persoas afectadas pola estafa das preferentes e subordinadas. Moitas familias saqueadas pola cobiza do capital financeiro esperan do poder político unha solución que sexa a devolución íntegra dos seus aforros, en moitos casos, de toda unha vida de traballo. Resulta inadmisible que nun Estado que se declara social de dereito rescaten a banca e deixen ao pairo as persoas, os mesmos que urdiron a trama e perpetraron o maior desfalco da historia do noso país en beneficio dos especuladores e incompetentes. Polo tanto, esiximos tamén a protección do aforro popular a través da creación dunha banca pública galega orientada ao desenvolvemento do tecido económico de maneira racional e sostible, que cumpra cos obxectivos sociais que nunca deberon abandonar as caixas de aforro de Galicia.

NON AO RECORTE DAS PENSIÓNS!

NON Á PRIVATIZACIÓN DA EDUCACIÓN E DA SANIDADE!

NON Á XUSTIZA CLASISTA E DISCRIMINATORIA!

NON AOS DESAFIUZAMENTOS!

INTEGRANTES: A Mesa pola Normalización Lingüística; ACSUR Galicia; Asemblea de Cooperación pola Paz; Asociación Fuco Buxán; Asociación Galega de Historiadores; Asociación Galega de Mariscadoras/es; Asociación Monte Pindo Parque Natural; Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA); Asociación Sociocultural Namentras; Asociación Sociopedagóxica Galega; Confederación Intersindical Galega (CIG); COGAVE; Colectivo Encontro Benestar Social; Colexio de Educadores/as Sociais de Galicia; Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña; Comités Abertos de Facultade; CONFAPA Galicia; Confraría Pescadores Poboa do Caramiñal; Coordinadora Galega de ONG; Escola Viva; Fed. ANPAS Compostela; Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura; Federación de Asociacións de Mulleres Rurais; Federación de Profesionais e Autónomos/as de Galicia; Federación Galega do Medio Ambiente; Federación Galega de Bandas de Música Populares; Federación Provincial APAS Lugo; Federación Rural Galega; Fundación 10 de Marzo; Fundación Castelao; Fundación Defensa dos Consumidores; Fundación Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical na Galiza; Fundación Galicia Sempre; Fundación Luís Tilve; Fundación Paz e Solidariedade; Iniciativa Estudantil Galega; Iniciativa Galega Pola Memoria; Instituto de Cooperación ao Desenvolvemento de Galicia ISCOD; Instituto Galego da Historia; Liga Estudantil Galega; Mesa Galega de Educación no Rural; Movemento polos Dereitos Civís; Nova Escola Galega; Plataforma en Defensa do Ensino Público; Plataforma en Defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais; Plataforma Galega Defensa do Ensino Público; Plataforma polo Emprego; Plataforma Queremos Galego; S. N. de CCOO de Galicia; Seminario Galego de Educación para a Paz; Sindicato de Estudantes; Sindicato de Xornalistas; Sindicato Labrego Galego; Sindicato Traballadores Ensino Galicia; SOS Sanidade Pública; UGT-Galicia; Unión de Autónomos de Transporte por Carretera y Mar; Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos; Unións Agrarias; USTG; Xustiza e Sociedade

MANIFESTO FUNDACIONAL

Na segunda reunión celebrada 18 de Outubro, elaborou-se o Manifesto Fundacional que conten as principais propostas da Alianza.
___________