xoves, febreiro 13, 2014

Esquerda Unida contesta á presentación e anuncio da existencia dun inminente Plan Especial de Protección e Rehabilitación de Ferrol Vello


O grupo municipal de Esquerda Unida esixe do goberno do PP que o debate sobre o Plan especial de Protección e Rehabilitación de Ferrol Vello non sexa un mero trámite. | “Se de verdade se quere acometer unha rexeneración urbana ligada á recuperación económica do barrio e aá conservación patrimonial nós dámoslle a benvida xa que levamos moito tempo esixindo cousas así. Agora ben, isto significa investimento público e participación cidadá na toma de decisiónsafirma Javier Galán.

O grupo municipal de Esquerda Unida saúda con satisfacción a modificación da perspectiva coa que o goberno do PP viña traballando até o momento no caso de Ferrol Vello e os seus problemas urbanísticos. Así, como de maneira reiterada vimos sinalando e como se ven propoñendo dende instancias veciñais e profesionais de Ferrol (por exemplo, dende o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e desde a Federación Veciñal Roi Xordo) hai que traballar pola rexeneración urbana como concepto inclusivo e que vai alén da mera rehabilitación. Hai , neste sentido, que contemplar medidas encamiñadas á dinamización comercial e outras que fagan compatible a rehabilitación coa rexeneración económica.

En principio, sobre o papel todo está ben e o grupo municipal de Esquerda Unida saúda as declaracións do concelleiro Evia sobre a necesidade de ir máis aló da rehabilitación de inmobles e “poñer en valor o espazo urbano, realizando un traballo coordinado entre administracións, os técnicos e os veciños”. A pregunta é: como? Con que medidas? Cal é o presuposto? Vaise convocar os órganos de participación cidadá?. Ou vai ser todo como está a acontecer co URBAN, que está executado como se fose un plan de obras, ou como o Plan de mobilidade que só se tira del por parcelas e á conveniencia? Realmente estas son as preguntas e as cuestións que ten que responder o concelleiro Evia. Non as referidas ao traballo dos técnicos, non ao rigor ,que se supón, para a catalogación e os seus criterios. A cuestión é a revitalización integral do barrio non un problema urbanístico puntual. Se de verdade estamos dispostos a pronunciar as palabras e a darlles o valor que denota o seus significados non nos podemos  (auto)enganar. Se pola contra  é certo todo o que se di entón  é unha emenda á totalidade á política desenvolvida até agora. Benvida en todo caso.

Esquerda Unida agarda impaciente a entrega do documento xa que será a primeira información da que dispoña para poder , man a man, traballar en pos dunha rexeneración integral, participada e que “poña en valor o espazo urbano”. Polo ben común. Polo interese xeral. Contra a especulación.

Ferrol 13 de febreiro de 2014

Acompañamos a nota con dúas de hai un ano onde xa Esquerda Unida reclamaba o que agora se pretende así como denunciaba o que, inevitablemente, tiña que acontecer de seguir o goberno polo rego no que estaba: ruínas.


NOTA INFORMATIVA GRUPO MUNICIPAL ESQUERDA UNIDA DO 28 DE XANEIRO DE 2013.


O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA OBSERVA CON PREOCUPACIÓN O ESTADO DE ABANDONO DUNHA IMPORTANTE CANTIDADE DE INMOBLES NA NOSA CIDADE E ESIXE DO GOBERNO MUNICIPAL DILIXENCIA NA UTILIZACIÓN DOS RECURSOS PREVENTIVOS DISPOÑIBLES PARA ACTUAR NESTES CASOS.  | ESQUERDA UNIDA REITERA QUE CÓMPRE GRAVAR AS VIVENDAS DESHABITADAS  CON FÓRMULAS FISCALMENTE PROGRESIVAS  DE FORMA QUE INCIDA ESPECIALMENTE NOS  GRANDES PROPIETARIOS E SEXA DISUASORIA FRONTE Á RUÍNA E A ESPECULACIÓN. | O GRUPO MUNICIPAL DE E.U. ENTENDE QUE ADEMAIS ESE IMPOSTO DEBE DESTINARSE Á REFORMA E ADECUACIÓN DE VIVENDAS SOCIAIS DO CONCELLO, FUNDAMENTALMENTE  RECIMIL, PARA QUE CUMPRAN A FUNCIÓN SOCIAL QUE RECLAMAN MOITAS FAMILIAS NA CIDADE | O CONCELLO DEBE DAR EXEMPLO: SITUACIÓNS COMO AS AGORA VIVIDAS CO BAMBÚ  CLUB OU COA CASA NATAL DE RICARDO CARVALHO CALERO DEBEN ATOPAR SOLUCIÓN E NON REPETIRSE NO FUTURO.

O grupo municipal de Esquerda Unida entende que o Concello ten recursos legais uteis para combater as numerosas incidencias que se veñen producindo nos últimos anos en inmobles abandonados da nosacidade. Incendios, derrubes, non son só un gran perigo para os cidadáns de Ferrol senón que ademais supoñen unha merma fundamental para o patrimonio da  cidade. A ordenanza municipal vixente, aprobada por unanimidade, debe aplicarse con rigor contribuíndo así a previr posibles accidentes e contribuíndo a loitar contra a especulación que en moitos casos é o fondo último do deterioro dos nosos edificios.

Esquerda Unida non pode darse por conforme coas reiteradas desculpas en forma de incapacidade para discernir cal é ou non un inmoble deshabitado á hora de gravar os citados edificios. O goberno dispón de diferentes formas de control da legalidade que ten que exercer, sen máis. Unha cidade como Ferrol, cunha merma constante de habitantes e con moitos cidadáns en situación realmente precaria, debe acometer os problemas e tomar decisións políticas que lle permitan  actuar no campo da vivenda. Fiscalizar aspectos como o sinalado pode ser unha ferramenta fundamental para dinamizar a habitabilidade daqueles barrios que presentan agora unha densidade demográfica realmente pobre así como para poder obter recursos que destinar a xestionar adecuadamente o parque de vivendas sociais propiedade do Concello.

O grupo municipal de Esquerda Unida esixe ao goberno municipal a defensa do patrimonio existente na cidade. Situacións de feitos consumados como as recientemente vividas coa Fábrica de Lápices ou como a que agora nos toca afrontar co Bambú Club non deben producirse. Trátese dun edificio de propiedade privada ou pública calquera perda no catálogo de construcións singulares ou de interese en Ferrol debe considerarse como unha merma irreparable para o conxunto da cidadanía.

Ferrol, 28-xaneiro-2013


COMUNICADO DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DE EU FERROL DO 21 DE FEBREIRO DE 2013

Esquerda Unida apoia a asemblea aberta da cidadanía convocada para mañá en Ferrol Vello. O futuro do barrio ben o merece. | “Non pode ser que nesta situación de emerxencia o proxecto para o malgasto na praza de España continúe” afirma Javier Galán.

O grupo municipal de Esquerda Unida Ferrol denuncia a política de abandono e especulación que o Goberno Municipal do PP mantén sobre o barrio e a veciñanza de Ferrol Vello. Mañá o goberno municipal promoverá  a contratación das obras da praza de España por un importe superior ao millón de euros nun contexto marcado polo desleixo do quefacer municipal e autonómico sobre o futuro dun barrio como Ferrol Vello  que se suma ao caso de Recimil  barrio catalogado e protexido,  polo menos nominalmente, pola Dirección Xeral de Patrimonio. Ao igual que nas vivendas de Recimil seica  o futuro de Ferrol Vello é  o derrubo.“A piqueta e a especulación son as marcas de fábrica do goberno do PP en relación co barrio de Recimil”, decía Javier Galán á altura de xaneiro deste ano cando se anunciaba o derrubo do Bambú Club. Daquela ,coma hoxe, se recortan  as partidas para o mantemento do barrios, se bloquean e impiden na práctica a entrega do cento de vivendas baleiras , ou se mete a piqueta; todo menos desenvolver un  plan de actuación que contribúa a reverter o proceso de degradación material e social do barrios, que este goberno semella estar interesado en profundar, quizabes na busca dun pretexto para lanzar unha operación especulativa de gran formato. Porque o PP aposta máis pola especulación que por garantir o acceso a unha vivenda digna na nosa cidade.

Esquerda Unida lamenta o malgasto do potencial enorme que teñen os barrios de Ferrol para desenvolver unha política pública de vivenda social en aluguer.

O Grupo  lamenta a  inacción do Goberno Municipal e apoia decididamente a iniciativa da asociación veciñal de Ferrol Vello de impulsar unha asemblea da cidadanía. Esquerda Unida como organización e os seus concelleiros estarán mañá na asemblea e participarán a carón dos veciños e veciñas no debate e sobre o futuro do barrio de Ferrol Vello.

Ferrol, 21 de febreiro de 2013

--
Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda
15403 - Ferrol

Telf: 981944035
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
13 de fevereiro de 2014 14:09

Boas. Enviámosvos nota de prensa do grupo municipal de Esquerda Unida pola que se contesta á presentación e anuncio da existencia dun inminente Plan Especial de Protección e Rehabilitación de Ferrol Vello do que non se teñen máis noticias que as declaracións do concelleiro Evia. Non hai novidade dada a peculiar política informativa e de (nula) participación do goberno do PP mais neste caso anúnciase unha proposta que de ser tomada en serio implica unha modificación radical do que se ven facendo até agora. Acompañamos a nota con dúas de hai un ano onde xa Esquerda Unida reclamaba o que agora se pretende así como denunciaba o que, inevitablemente, tiña que acontecer de seguir o goberno polo rego no que estaba:ruínas. Grazas e un saúdo, Secretaría de Comunicación. Consello Político Local - EU Ferrol

__________________

Foto: Urban cidades
__________________________

Análise da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública sobre a privatización Sanidade Pública Galega

A Privatización  ilexítima do Servizo Galego de Saúde -SERGAS

O goberno de Feijóo está aproveitando a crise para xustificar a diminución do gasto sanitario público, a base de recortes e copagos, pero o gasto en privatizacións non fai más que aumentar.

Orzamento SERGAS 2010: 3.633 M de euros (Gasto real 3866 M.

Orzamentos do SERGAS 2014: 3.326 M de euros, 380 millóns de euros menor  (-10,5%) que o orzamento de 2010, e 540 M de euros (-16%) que o gasto real nese ano 2010. O orzamento en privatización para 2014 ascende a 1.624 M de euros (50% dos orzamentos) e a pesar dos copagos, o gasto en farmacia e material sanitario ascende a  1.335 M de euros. Outros 289 millóns se van en concertos e empresas públicas de xestión privada. O orzamento en persoal para 2014 é de 1.466 M (14% inferior a 2010) Queda 5% para todo o demais (investimentos, funcionamento).

Feijóo pretende levar a cabo os investimentos comprometidos antes das próximas eleccións e non pode tirar indefinidamente dos salarios dos profesionais e dos petos dos cidadáns, así que cede a xestión do SERGAS as empresas privadas vinculadas favorecendo a os seus, pola porta de atrás para non alertar e dar aparencia de normalidade. A poboación descoñece as consecuencias destas decisións, sanitarias e económicas, e o incremento desbocado dos compromisos de gasto presentes e futuros do goberno galego.

Tras rematar a privatización dos servizos non sanitarios, sen reparar na forte vinculación que existe entra e a súa labor e a calidade da asistencia, o principal obxectivo do goberno de Feijóo nos últimos anos é a privatización da asistencia sanitaria, acudindo a chamada colaboración público privada, a “CPP”.

A CPP, según o Consello de Contas, permite realizar investimentos públicos sen que se vexa afectada a débeda pública, trasladando a orzamentos futuros un volume de cartos que pode ser ilimitado, sen control parlamentario, e polo tanto, moi exposto ao fraude. Para paliar este risco, se aproba un  RD (BOE 24 de maio de 2010) que obriga á realización previa dun informe sobre as repercusións orzamentarias deste tipo de proxectos. Feijóo licita o NHV o 10 de maio de 2010, cando xa coñecía a inminencia da publicación deste RD, que o proxecto PFI do NHV nunca superaría. As últimas privatización teñen nomes rocambolescos: socio tecnolóxico, xestión de espazos... seguramente para non ter que dicir CPP e saltarse o informe preceptivo que avale as privatizacións.


Privatización dos hospitais e dos Servizos sanitarios
:

1- NHV CAM e Bankia afúndese e a obra non pode continuar por falta de liquidez,  faltan 250 millóns (80% do custe) e o goberno consegue 140 M de diñeiro público (30 M do ICO e 110 M do BEI) e 110 M  de novas entidades financeiras rescatadas ou moi beneficiadas cos cartos públicos: Caixabank e NGB, BBVA e o Santander. O NHV será financiado de forma maioritaria, directa ou indirectamente, con diñeiro público, pero a Xunta seguirá pagando durante 20 anos,  46,5 M/ano pola construción (930 M) e 26,5 M/ano pola xestión dos servizos non sanitarios que xa están externalizados, que o SERGAS deberá pagar dobremente (530 M).

Construír o hospital PFI de Vigo costa 310 M de euros pero  supoñerá un custo anual de 175 millóns de euros durante 20 anos sumados o canon don novo hospital, o de Galaria e o de Povisa, que se manterán artificialmente, de forma innecesaria.

Con estes 3.500 M de euros públicos poderíamos financiar o Novo Hospital como xa estaba proxectado e o seu funcionamento durante os 20 anos (107M euros/ano en 2014) funcionamento incluíndo os servizos e gran parte do persoal de Povisa, ao asumir todos os servicios de referencia e dado o maior ratio de persoal cama dos hospitais públicos.

Malia dita asombrosa cifra, que multiplica mais que 10 veces o custo de construción,  a poboación do Área Sur non dispoñerá dun hospital de referencia. Este feito supoñerá unha xestión irracional e absurda da asistencia sanitaria pública onde por un lado se fala de “Areas Integradas” e polo outro se fabrican “reinos de taifas” que dificultan moito a avaliación da asistencia e dos resultados en saúde, ou a articulación de programas comunitarios, e está detrás da “subasta” de pacientes que está ocorrendo actualmente na Sanidade galega. Unha mostra desta irracionalidade e o “Vía Crucis” na asistencia sanitaria de moitos pacientes galegos, que teñen que acudir ata a 9 centros sanitarios diferentes para tratarse de patoloxías comúns.

2- Persistencia da xestión privada da asistencia sanitaria de Galaria S.A. que seguirá facturando millóns de euros de fondos públicos, a pesar de que, segundo o Consello de Contas de Galicia, a súa actividade está sobredimensionada e as súas contas son pouco claras, furtando ao NHV de servizos tan relevantes como a hemodinamia e Ciruxía cardíaca, a Radioterapia e Medicina Nuclear e a Resonancia Magnética.

3-A Xunta e a súa consellería de Sanidade acaban de renovar o concerto co hospital Povisa (do Grupo Nosa Terra) por outra década, fronte as recomendacións do valedor do pobo e do Consello de Contas. A cápita aprobada para no novo concerto con Povisa é de 540 euros, 108 euros menos que a media (Táboa I) pero non inclúe, ao contrario que nos hospitáis públicos, o diñeiro que Povisa recibe por os servizos nos que é referencia. Ademais Povisa non atende aos pacientes desprazados e carece de moitos servizos relevantes que ten que asumir o CHUVI, sen ningunha merma do canon para o hospital privado, como Ciruxía Torácica, Psiquiatría, obstetricia, tuberculose e outras patoloxías respiratorias, Coidados paliativos e a hospitalización a domicilio dos pacientes do Morrazo.

Por outra parte, a LE de Povisa e de 180 días, o dobre da do CHUVI e 5 veces maior que a do CHOP, así que o novo concerto poderiamos cualificalo de temerario, xa que segundo a nova lei de garantías a máxima demora é de 45 días para unha consulta e 60 días para unha IQ, que Povisa non poderá cumprir.

Por outra banda, é difícil explicar a LE de Povisa tendo en conta a súa alta taxa de ciruxía, con 109 IQ/1000 habitantes, 58% máis alta que a media do SERGAS e da enorme afluencia ás súas consultas, 31% maior (sen obstetricia nin psiquiatría que suman de media un 15% do total das consultas dos hospitais) Ante estes datos non podemos obviar que Povisa compatibiliza a atención dos pacientes do SERGAS coa atención aos seus pacientes privados co mesmo persoal sanitario e a falta de transparencia do Grupo non permite coñecer os resultados desagregados das distintas memorias asistenciais e económicas nin polo tanto asegurar que o diñeiro público só emprégase para financiar aos pacientes do SERGAS.


4- Ampliación do hospital do Salnés por 8 M de euros adxudicada á multinacional francesa Cofely-Suez, socia de La Caixa/Adeslas  (Hisusa Holding).

5- A Xunta licita por terceira vez, ata que as  condicións foron do agrado das empresas concesionarias, a ampliación e xestión privada do CHOU ata o ano 2029. A primeira fase (41 M/223) foi adxudicada a ACS/ Indra /La Caixa.

6- Centros de saúde móbiles de xestión privada para o rural para substituír aos fixos, xa que temos demasiados en Galicia segundo o goberno. Aínda non adxudicados pero xa hai 17 empresas privadas interesadas segundo Feijóo, que confesa así a súa intención de privatizar a Atención Primaria.

7- Privatización da Alta Tecnoloxía (AT) por 88 millóns de euros coa figura chamada “socio tecnolóxico” de modo que as mesmas empresas que fabrican os equipos (General electric, Siemens e Philips) son os que deciden que equipos comprar e en que hospitais, públicos ou privados, deben situarse (non a RT do HULA nin do NHV e si a dos centros  privados, Centro oncolóxico de Galicia -COG) e Galaria.

A privatización da AT supón unha grave perda para o SERGAS e os seus profesionais e un grave perxuízo para os pacientes. Segundo moitas publicacións, a xestión mercantilista está detrás da utilización inadecuada e da radiación innecesaria. Un informe de aseguradoras alemás constata que no ano 2011 operáronse 2 millóns de persoas máis que en 2005 e advirten que este feito está relacionado con a xestión dos centros sanitarios mediante a CPP, que operan en moitos casos só para obter maiores ingresos.

Segundo o Consello de Contas, Galaría fai o dobre de RM que o CHUAC para un Área similar, e moitas son repeticións no mesmo paciente e segundo un estudio da FADSP con datos do MSPSI, as CCAA con máis de 60% de RM de xestión privada teñen unha taxa 75% superior de exploracións que a media das restantes CCAA. En Galicia o 70% dos equipos de RM e o 62% dos equipos de RT son de xestión privada. A nosa taxa de RM supera nun 50% a media estatal (Táboa 2).


E inexplicable polo tanto que o goberno galego deixe a xestión da alta tecnoloxía en mans das empresas fabricantes, que mostran nos pregos a súa interese por instalar en Galicia tecnoloxías moi avanzadas “que permitirán diagnosticar lesións case invisibles ao ollo humano” como o TAC de 128 cortes e os Mamógrafos con Tomosíntese, que non só emiten máis radiación ionizante senón que poden perxudicar gravemente a saúde. Unha revisión publicada polo Centro Nórdico Cochrane en xuño de 2012  conclúe que por cada muller diagnosticada  precozmente de cancro de mama en 2.000 mamografías realizadas, outras 10 mulleres serán diagnosticadas e tratadas con ciruxía e/o RT e QT por un cancro de mama inexistente.

A inversión de 88 M en AT e de todo punto esaxerada. En primeiro lugar porque non hai que incrementar a dotación, que xa e elevada (Táboa 3) senón sustituir os equipos vellos ou simplemente cambiar o software, unha solución moi axeitada, máis sustentable e tres veces máis barata. Ademais os equipos actualizados ou novos requiren moito menos tempo por paciente, incrementando moito a eficiencia da sala. Publicacións recentes apostan por controlar a utilización das tecnoloxías e comezan a rebaixar o número de sesións de RT para o cancro, non convencemento de que en medicina moitas veces “menos é máis” e xa consideran suficientes 3 semanas en vez de 5 semanas para RT de cancro de mama, o que reduce un 40% a utilización dos equipos para esta patoloxía frecuente. Por outra parte os equipos públicos non están utilizados ao 100% (para deixar espazo no mercado a xestión privada).

8- Servizos de Protección Radiolóxica tamén en mans de Galaria e General Electric a pesar de que os seus equipos de TAC e de mamografía foron denunciados polos radiólogos estadounidenses debido a radiación excesiva.

9- Privatización da hemodiálise 25,5 millóns de gasto para o SERGAS pola derivación de pacientes a centros privados, a pesar de dispoñer de 14 centros hospitalarios públicos de  Galicia. Só o “superdotado”  Hospital Xeral de Galicia (CHUS) gasta10 M de euros en concertos para hemodiálise a pequenos centros privados vinculados.

              Táboa 3

10- O SERGAS privatiza a esterilización da súa instrumental, que ocupa a 167 profesionais, durante 12 anos por 160 millóns de euros. A xestión mercantilista deste servizo esencial pode supoñer graves riscos para a saúde.

11- Institutos Biomédicos de investigación do SERGAS, principalmente financiados polo SERGAS (7,6 M de euros para 2014) están participados pola IF. O Instituto Biomédico de Vigo está coxestionado pola multinacional farmacéutica Janssen (Johnson & Johnson) o I. Biomédico de Santiago participa do Campus Vida, mediante un convenio entre a Universidade, o SERGAS, a Banca e a Industria Sanitaria privada, que a cambio de pequenas colaboracións controla a investigación e a docencia en materia de saúde, dificultando calquera investigación non acorde os seus intereses.

12- O Centro Oncolóxico de Galicia (COG) de xestión privada, presidido por o empresario da multinacional francesa do aluminio Pechiney. Con todo, accede ao rexistro de cancro da poboación, ademais de xestionar ensaios clínicos co obxectivo de probar novos medicamentos para o cancro en pacientes galegos. Este tipo de ensaios tamén se levan a cabo no Hospital San Rafael da Coruña, vinculado a IF.

13- O golpe definitivo ao I+D+i do Servizo Galego de Saúde e a nova Lei de Racionalización do Sector público, que permitirá non só legalizar o patrocinio privado de todos os Servizos do SERGAS, incluíndo os máis sensibles, senón que pretende que sexa a fonte principal de financiamento das actividades e instalacións de dous novos organismos estratéxicos: A Axencia de Docencia, Formación, Investigación, Innovación e Avaliación de Tecnoloxías e Servizos Sanitarios e a Axencia Galega de Sangue e Tecidos furtando definitivamente aos profesionais do SERGAS a docencia e a avaliación das tecnoloxías. Desta forma influirán nas Guías de Práctica Clínica e na Información sobre fármacos e tecnoloxías, e dicir sobre a “evidencia científica” ademais da cesión de servizos tan sensibles como as doazóns de sangue, coordinación de transplantes de órganos e o almacenaxe de células, tecidos e mostras biolóxicas.

14- Para finalizar o desmantelamento do SERGAS Feijóo e Mosquera están organizando a privatización da xestión dos procesos asistenciais e dos profesionais. Para iso, a Xunta pretende converter os Centros de Saúde e os servizos clínicos hospitalarios en empresas con autonomía de xestión, que poderán competir entre si, e aos que a Consellería asignará un orzamento pechado anual que deberán xestionar os propios profesionais, que poderán beneficiarse dos aforros obtidos en persoal, material ou actividade asistencial. Os servizos poderán adquirir personalidade xurídica propia, abrindo o camiño á súa xestión privada e á laboralización dos empregados públicos, para o que xa existe respaldo legal, debido a unha modificación do Estatuto Marco aprobada pola Ministra Mato.


E mais privatizacións

15- Servizo de ambulancias adxudicada por 236 millóns de euros por 4 anos á UTE “Ambulevante” a mesma UTE Levantina á que adxudica Fabra o transporte de ambulancias na Comunidade Valenciana, denunciada pola súa vinculación ao PP.

16- A oxixenoterapia segue xestionada por oximesa (praxair) a cambio de 10 M de euros, a pesar de defraudar ao fisco 146 M de euros, segundo recoñece a propia empresa.

17- Historia Clínica Electrónica (IANUS) e receita Electrónica, adxudicadas a Indra empresa pública privatizada por Aznar e Rato. A decisión da Xunta de estender a HC electrónica a todos os centros sanitarios privados, vinculados a aseguradoras, supón a desprotección de datos moi sensibles da poboación.

18- Telecomunicacións do SERGAS: Adxudicada por 3 anos e 28 millóns de euros a Telefónica, a empresa que recentemente ficha a altos dirixentes do PP e a Rato (200.000 euros) malia a súa imputación no caso Bankia. Actualmente está gobernada por Bankia, La Caixa e BBVA.

19- Teleasistencia nos fogares para “R” Comunicacións, empresa galega vendida por NGB a CVC-Capio, fondo de investimento imputado no fiasco da privatización da sanidade madrileña.

20- A empresa que custodiaba as Historias Clínicas do CHOP cando se queimaron, “Severiano Servizo Móbil” foi contratada para a loxística, que antes se realizaba con 200 traballadores propios que se han ter que recolocar, mentres a empresa privada contrata a dedo a outros 156 traballadores, que o SERGAS tamén costeará a través do canon acordado de 88 millóns de euros.

21- Ibérica de Mantemento SA: Empresa zaragozana contratada para realizar o mantemento de equipos sanitarios, que se realizaba con persoal propio, coa conseguinte perda de postos de traballo no SERGAS.

22- Privatización dos servicios non sanitarios que xestionaba Galaria como: os plans de eficiencia enerxética (o do CHUS adxudicado a CLECE e Gas natural por 50 M de euros para 8 anos) e a Cita Previa “saúde en Liña” cedida por Feijóo ao fondo de investimento Netaccede e NGB.

23- Residencias para maiores Geriatros, vendidas por NGB ao fondo de investimento Magnum e a o Grupo Eulen, cuxa apoderada é a irmá de Feijóo.

24- Limpeza e enerxía: Grupo Norte, vinculado á inmobiliaria en creba Martinsa-fadesa, cuxa débeda foi unha das causas principais do crack de NGB. Ferrovial, imputada no caso Palau e recentemente condenada pola ínfima calidade das súas construcións e Clece/ACS de Florentino Pérez, vinculada a Indra, nomeada nos papeis de Bárcenas e empresa construtora da nefasta curva do accidente de Angrois.

25- Catering: Empresa Mediterranea-Arturo, do fondo de investimento Portobello (do Santander, BBVA, CAM e  Bankia) e de Arturo Fernández, vicepresidente da CEOE, imputado no caso Bankia e acusado de defraudar a facenda e pagar aos seus traballadores con diñeiro negro.


Os conflitos de Interese

Núñez feijóo e o máximo responsable do desmantelamento do SERGAS é da selección de empresas insolventes e incumpridoras, como a UTE do NHV, ademais de ceder a xestión de Servizos públicos a unha empresa coa que ten vínculos familiares.

Rocio Mosquera, Conselleira de Sanidade, blinda o concerto singular de Povisa por outra década e era directiva do Grupo Nosa Terra antes de chegar a Xunta. A súa filla traballa en PWC, empresa multinacional de consultaría que asesora (mediante un informe desaparecido, que costou a Xunta 220.000 euros) a elección da UTE insolvente do NHV. O seu marido foi elixido xefe de servicio de Ciruxía do CHUS sendo Mosquera a Directora Xeral do SERGAS, xefatura que perde recentemente por “desviación de poder” segundo unha sentencia do TSXG

A empresa seleccionada pola Xunta para asesorar a implantación da xestión clínica en Galicia é EFQM, axencia europea cuxa presidenta en España é o responsable de PWC (IBM) a empresa que almacena o maior número de datos sanitarios e non sanitarios a nivel mundial.

Agustín Hernández, o Conselleiro de Infraestructuras e asiduo das portas xiratorias, pasando da empresa constructora do NHV a postos de responsabilidade en obras públicas en múltiples ocasións.

José Manuel Romay Beccaría, exconselleiro de sanidade é actual presidente do consello de Estado, cargo que compatibiliza coa pertenza ao consello de Administración da Fundación renal Álvarez de Toledo (FRIAT) segundo a súa páxina WEB, empresa moi vinculada ao PP é concertada  para hemodiálise co SERGAS.
Enrique Castellón: ex director xeral do SERGAS con o PP é actualmente vicepresidente da FRIAT.

A farmacéutica galega Zeltia está vinculada ao PP (Ana Palacio e a irmán de Dores Cospedal son directivas de Zeltia) Zeltia comercializa o Yondelis en Europa e está asociada a CF Johnson & Johnson (Janssen en España) que comercializa o Yondelis en EEUU (desconsellado para o cancro de ovario pola FDA por 14 votos contra 1).

Janssen coxestiona os institutos biomédicos, onde recaba información e inflúe sobre as prioridades da investigación

Isabel Oriol: Presidenta da AECC, propietaria do 72% do COG. Toma a decisión de privatizar os cribados de mama de Madrid e Castilla La mancha e cederllos a CVC-Capio, fondo de capital risco vinculado ao PP e imputado no fiasco da privatización madrileña. NGB vende a capio a empresa galega de telecomunicacións “R” tamén beneficiada coa privatización do SERGAS.

Galaria SA: empresa pública de xestión privada e opaca, presidida por unha exdirectiva de Deloitte e NGB, é utilizada como paso intermedio para ceder os servizos sanitarios as empresas privadas vinculadas, como “Saúde en Liña”, Xestión enerxética, Control de calidade e Alta tecnoloxía.

Rodrigo Rato: ex ministro en distintos gobernos do PP. Privatiza a empresa INDRA da SEPI cando era ministro de Aznar. Posteriormente Rato (Bankia) pasa a ser o seu principal accionista. Tralo crack de Bankia, Indra tamén sanease con diñeiro público, pero segue en posesión da xestión privada, millonaria, da Historia Clínica Electrónica e da Receita electrónica no SERGAS e controla os datos sanitarios dos galegos.

As caixas de aforros rescatadas con máis de 50.000 M de euros de cartos públicos: NGB, La Caixa, a CAM e Bankia (Ribera Salud). Son as principais beneficiarias da privatización galega. Coxestionan o NHV, o Grupo Nosa terra, as ampliacións dos hospitais CHOU e Salnés, Saúde en Liña, Cátering, telecomunicacións é Geriatros

O Consello de Administración do Fondo de Investimento Aforro 2000, onde están incluídas as empresas do Grupo Nosa Terra (Povisa) está formado por representantes de NGB, La Caixa, a CAM e Bankia, é dicir as entidades financeiras que forman a UTE do NHV son á súa vez copropietarias do Grupo Nosa Terra, e poderán xestionar o reparto da sanidade pública viguesa como mais lles conveña, coa colaboración de “saúde en Liña” e da concesionaria das ambulancias “Ambulevante


As consultoras como colaboradoras necesarias


En Galicia, malia que poucos as coñecen e ninguén as votou, estas consultoras están detrás do crack bancario e do seu rescate financiado con recortes e privatizacións, desta consultora provén o ministro de economía Luís de Guindos, o presidente do FROB e o secretario de Estado do Ministerio de Facenda, o da amnistía fiscal.

PWC publica tódolos anos un informe sobre “os dez temas candentes da sanidade española” coas recomendacións privatizadoras que Feijóo e Rajoy cumpren ao cento por cento.

PWC selecciona a UTE insolvente do NHV. O presidente do organismo público de crédito ICO, que aproba o préstamo de 30 M de euros para que Acciona poda seguir participando no financiamento “privado” do NHV tamén provén de PWC.

PWC (EFQM) asesora a implantación da xestión clínica en Galicia. E asesora e outorga as acreditacións de calidade nos hospitais do SERGAS e nas universidades Públicas.

Deloitte e PWC asesoraron a fraudulenta fusión de ambas Caixas galegas para formar NGB, que supuxo a perda de 9000 millóns de euros públicos e a cesión dos servizos públicos que xestionaban a empresas privadas vinculadas. Deloitte non veu ningún problema en Caixa Madrid, na saída a bolsa de Bankia nin nas contas de Bancaja nin do Banco de Valencia, ocultando buracos multimillonarios. Deloitte asesora a creación de Criteria, o banco da Caixa que é copropietario de Adeslas. O presidente de Netaccede (Cita Previa) é o exdirectivo de Deloitte Marcelino Otero, ata fai pouco presidente do Club Financeiro de Vigo, tamén auditado por Deloitte, co amparo de Silveira, presidente de Povisa. A empresa auditora de Geriatros é Deloitte e Galaria está presidida por unha directiva que provén de Deloitte. As contas de Povisa ata o ano 2011 as auditaba Deloitte e actualmente BDO, a mesma consultora imputada polo xuíz por falsear as contas de Pescanova, polo que non é descartable que a Xunta ceda a atención hospitalaria de parte da poboación do área de Vigo a unha empresa insolvente ou cun futuro pouco claro, para ser de novo rescatada con fondos públicos tras blindar a súa posición estratéxica no futuro sanitario vigués, como xa pasou coas caixas galegas.

A privatización do SERGAS é antidemocrática, xa que foi decidida unilateralmente polo goberno de Feijóo en contra das recomendacións dos organismos de control e da poboación e está plagada de conflictos de interese. As empresas favorecidas son caixas de aforros rescatadas con cartos públicos, fondos de investimento, constructoras insolventes e grandes empresas sanitarias, tecnolóxicas e de comunicacións vinculadas ao PP, e nas que moitos dos seus directivos están imputados pola xustiza. A oposición política, as organizacións comunitarias, sindicais e profesionais, os medios de comunicación e a poboación de Galicia saberán conseguir no parlamento, na rúa e nos tribunais de xustiza si é necesario, a paralización deste desmantelamento ilexítimo e seguramente ilegal do noso Servizo Galego de Saúde.
---


Análise da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública sobre a privatización Sanidade Pública Galega.


Un saúdo.
Manuel Martín
Portavoz Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
669704177
mmargar1951@gmail.com

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
12 de fevereiro de 2014 11:11
 http://www.plataformadspferrol.blogspot.com

______________________

martes, febreiro 11, 2014

Moi interesante debate - Democracia: que é unha democracia real? con Alberto Garzón e Pablo Iglesias - Vídeo do debate e coloquio 1h. 51min. de duración


Democracia: que é unha democracia real? con Alberto Garzón e Pablo Iglesias.

Presenta o actor Juan Diego Botto e Modera a xornalista Olga Rodríguez.


http://youtu.be/eDYDSQlF0go

Madrid, 6 de Febreiro de 2014

Fonte: Canle de TV do xornal dixital 'ElDiario.es'.


Enviado por:
Inacio GZ
-inaciogz@gmail.com-
10 de fevereiro de 2014 18:33
http://espazoartabro.blogspot.com/
______________

luns, febreiro 10, 2014

Convocan unha Asemblea Aberta a todas as persoas que queiran organizar a Marcha da Dignidade en Caranza - A xuntanza terá lugar o luns 17 de febreiro ás 5 da tarde na traseira do Mercado Municipal de Caranza


CONVOCATORIA ABERTA
A TODAS AS PERSOAS
QUE QUEIRAN ORGANIZAR
A MARCHA DA DIGNIDADE
EN CARANZA

O 22 de Marzo, van confluír en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para dicir basta xa!, á política do goberno e da Troika. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está unindo a moitas persoas afectadas polas políticas inxustas e empobrecedoras dos diferentes gobernos corruptos. Hai un apoio moi importante do movemento sindical e político alternativo e anticapitalistas e dos movimentos sociais.

Un grupo de 6 persoas xuntámonos para promover esta convocatoria para conformar a Columna de Caranza da #Marcha da Dignidade a Madrid do vindeiro 22 de Marzo de 2014.

PARTICIPA NA ASEMBLEA !
VEN O LUNS 17 DE FEBREIRO, ÁS 5 DA TARDE NA TRASEIRA DO MERCADO DE CARANZA.

O 22 de Marzo, desde Caranza, tamén iremos a Madrid!!

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/631575860265557/

Enlace para acceder ou baixar o cartaz da convocatoria.


A #Marcha pola Dignidade desde Galiza:

Correo-e:
galiciaenmarcha@gmail.com


Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/214972025353768/?ref=ts&fref=ts


Columna Galega:
https://www.facebook.com/pages/Columna-Galega-marchaamadrid/803867402962384

No twitter:
https://twitter.com/marcha22mGalici

Manifesto:
https://drive.google.com/file/d/0By24jKds2T1PMDZqT25sb3U0Z2M/edit?usp=sharing


A #Marcha da Dignidade a nivel de Estado:

Na wiki15M:
http://wiki.15m.cc/wiki/Madrid_22-M,_Marchas_de_la_Dignidad

Web oficial:
http://marchasdeladignidad.org/

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasdelaDignidadMadrid22M



Vídeos de interese:

Rafael Mayoral. abogado da Plataforma de Afectados pola Hipoteca y STOP Desafiuzamentos.
http://www.youtube.com/watch?v=8bxW0v...

Pablo Iglesias, profesor de ciencias políticas na Universidade Complutense de Madrid e presentador de 'La Tuerka TV' e 'Fort Apache TV'.
http://www.youtube.com/watch?v=7P4HjZ...

José María Carrillo ao cante e Yuyi guitarra de "Gente del Pueblo" http://www.youtube.com/watch?v=ErMx30...

Diego Cañamero, portavoz sindicato andaluz de Traballadoras/es http://www.youtube.com/watch?v=L66bVi...

Rafael Juan Ruiz, Campamento 'Dignidad de Córdoba'.
http://www.youtube.com/watch?v=R6ncyL...

José Coy, membro de plataforma de Personas Afectadas pola Hipoteca de Murcia.
http://www.youtube.com/watch?v=5ktNfh...
Licença de atribuição Creative Commons (reutilização permitida)


Enviado por:
André M. Ces
-andre.martinez.ces@gmail.com-
10 de fevereiro de 2014 15:45

_______________

Asemblea Aberta, en Ferrol, en prol das Letras Galegas 2015 para o profesor Carvalho Calero, a celebrar o mércores 12 de febreiro, ás 7 da tarde no IES Concepción Arenal


LETRAS GALEGAS 2015 PARA O PROFESOR  CARVALHO CALERO (1910-1990)


Por obra da Sociedade Cultural Medúlio don Ricardo recibiu en Ferrol a súa primeira homenaxe pública en 1981, na que quedou manifesta a súa fidelidade á causa de recuperar para o seu país a súa propia cultura. Seguiron outras homenaxes, foi obxecto de simposios e congresos. .. Nomeado fillo predilecto de Ferrol en 1990; unha rúa, un centro de ensino e outro cultural desa cidade levan o seu nome  e alí se celebrou no ano 2010 o último congreso sobre el.

Don Ricardo Carvalho Calero, o primeiro profesor de galego na Universidade galega, pai lingüístico de varias xeracións,  foi vítima dun interesado esquecemento por manter a súa dignidade persoal e por entender que o noso idioma forma parte do sistema lingüístico do galego-portugués, opción diferente, pois, á oficial. Usando das súas palabras (1985) certas elites entenden que non deben realzar a personalidade dun disidente ... Que nen como estudoso nen como pensador sobre os problemas culturais da nosa terra atinxo a altura.

Como sinalaba a prensa do pasado día 29, mantívose ata hoxe, andados 24 anos do seu pasamento,  unha das ausencias máis clamorosas no eido das conmemoracións e homenaxes ás grandes figuras da cultura do país. Van tres ocasións nas que non prosperou a proposta de que a RAG dedicara as Letras Galegas a D. Ricardo Carvalho Calero, esgrevio galeguista que ao longo de seis décadas e un pouco desenvolveu un inmenso  labor poético, narrativo, ensaístico, académico, lingüístico, xornalístico, docente, ..., a prol de Galiza e da lingua e cultura galegas. Sen desmerecer a ninguén, entendemos que é tempo de que os grandes méritos do profesor Carvalho Calero sexan recoñecidos por una academia na que ingresara o 17 de maio do 1958.

Matinando no que vai exposto, o día 28 de xaneiro ousamos dar un primeiro paso, un chamamento na prensa a entidades culturais e veciñais, centros docentes, equipas de normalización lingüística, ..., de Ferrolterra, ás que hoxe convocamos a unha:

ASEMBLEA ABERTA
LETRAS GALEGAS 2015 PARA O PROFESOR CARVALHO CALERO
IES CONCEPCIÓN ARENAL DE FERROL
19 HORAS DO  MÉRCORES 12 DE FEBREIRO DO 2014



RICARDO CARVALHO CALERO
(Ferrol, 30 de outubro de 1910. Santiago, 25 de marzo de 1990)
-Membro do Seminario de Estudos Galegos (SEG) dende 1927.
-Primeiro presidente da Federación Universitario Escolar (FUE) en Compostela, 1931.
-Publica “Vieiros”, poesía, A Coruña, 1931.
-Licenciado en Dereito pola universidade de  Santiago, 1931.
-Membro da Xunta de Goberno da Universidade de Santiago no curso 1931-1932.
-Asinante de varios manifestos a prol dun galeguismo de esquerdas, 1931, 1932, 1933, 1936.
-No Partido Galeguista dende a súa fundación en 1931.
-Coredactor do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galiza, 1931.
-Cofundador do Grupo Galeguista de Ferrol, 1932.
-Funcionario do concello de Ferrol, 1933.
-Voda con Mª Ignacia Ramos Díez, outubro do 1933.
-Publica “O silenzo axionllado”, poesía, Santiago, 1934.
-Licenciado en Filosofía e Letras pola universidade de Santiago, 1936.
-Mitins a prol da Fronte Popular cara as eleccións de febreiro do 1936.
-Compromisario na elección do Presidente da República, maio do 1936.
-Mitins a prol do SI no referendum estatutario galego do 28 de xuño do 1936.
-Opositor en Madrid a cátedra de instituto, xullo do 1936.
-Miliciano na defensa da república no 6º Batallón da 36 Brigada Mixta, agosto do 1936.
-Ingreso na Escuela Popular de Guerra (Paterna, Valencia), xaneiro do 1937.
-Tenente  do exército republicano destinado no exercito de Andalucia, abril do 1937.
-Confirmado polo goberno republicano como profesor de instituto, xullo do 1937.
-Prisioneiro dos franquistas, abril do 1939.
-Consello de Guerra: 12 anos e un día de condena por galeguista e oficial republicano.
-Liberdade condicional en maio do 1941.
-Depurado como funcionario municipal de Ferrol e prohibición de exercer no ensino público.
-Clases en academias de Ferrol (Cervantes, Dafonte, Jorge Juan, ...), 1942-1949.
-Director do colexío Fingoi de Lugo, 1950-1964.
-Publica “Anxo da terra”, poesía, Pontevedra, 1950.
-Cofundador da editorial Galaxia, 1950.
- Publica “A xente da barreira”, novela, Santiago, 1951.
-Publica “poemas pendurados dun cabelo”, Lugo, 1952.
-Doutor en filoloxía románica, Madrid, 1954.
-Membro de número da Real Academia Galega (RAG), 1958.
-Publica “Salterio de Fingoi”, Vigo, poesía, 1961.
-Publica a “Historia da Literatura Galega Contemporánea. I”, ensaio, Vigo, 1963.
-Primeiro profesor de galego (encargado de curso) na universidade de Santiago, 1965.
-Anulada a prohibición política profesor de español nun instituto de Santiago, 1965.
-Primeira edición (acadou sete) da “Gramática elemental del gallego común”, Vigo, 1966.
-Publica “Sobre lingua e literatura galega”, ensaio, Vigo, 1971.
-Publica “Catro pezas”, teatro, Vigo, 1971.
-Por encargo da RAG elabora as “Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego”, 1971.
-Catedrático de Lingüística e Literatura Galegas da universidade de Santiago, 1972.
- Publica a “Historia da literatura galega contemporánea (1808-1936)”, ensaio, Vigo, 1975.
-Publica “Estudos rosalianos”, ensaio, Vigo, 1979.
-publica “Libros e autores galegos-I”, ensaio, A Coruña, 1979.
-Presidente da comisión redactora das “Normas ortográficas do idioma galego”, 1980.
- Dimite por desacordo coa redacción definitiva das “Normas ...”, 1980.
- Xubilación como catedrático en 1980.
-Publica “Pretérito imperfecto (1927-1961)”, poesía, Sada, 1980.
-Membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), 1980.
-Membro fundados da Associaçom galega da lingua (AGAL), 1981.
-Publica “Problemas da lingua galega”, ensaio, Lisboa, 1981.
-A A. C. Medúlio de Ferrol ofrécelle a primeira homenaxe pública, 1981.
-Publica “Futuro condicional (1961-1980)”, poesía, Sada, 1982.
-Publica “Libros e autores galegos-II”, ensaio, A Coruña, 1982.
-Publica “Teatro completo”, Sada, 1982.
-Publica “da fala e da escrita”, ensaio, Ourense, 1983.
-Medalla Castelao, 1984.
-Rexeita formar parte do Consello da Cultura Galega, 1984.
-Presidente do “Congreso Internacional de Estudos sobre Rosalía de Castro”, Santiago, 1985.
-Publica “Cantigas de amigo e outros poemas”, A Coruña, 1986.
-Publica a novela autobiográfica “Scorpio”, Premio da Crítica, 1987.
-Publica “Escritos sobre Castelao”, ensaio, Santiago, 1989.
Publica “Estudos sobre literatura galega”, ensaio, Sada, 1989.
-Publica “Do galego e da Galiza”, ensaio, Santiago, 1990.
-Publica “Reticencias ... (1986-1989)”, poesía, Santiago, 1990.
-Nomeado Fillo Predilecto de Ferrol, xaneiro do 1990.
-En 1992, despois da súa morte foi editado “Unha voz na Galiza. Artigos de xornal (1933-1989)”.
-Nomeado Fillo Ilustre de Galicia polo Parlamento galego, 1996.


Enviado por:
Anova Ferrol
-ferrolanova@gmail.com-
10 de fevereiro de 2014 15:28

http://anovaferrol.blogspot.com.es/
_____________

Foto: Vieiros - Unha pintada, demandando as Letras para Carvalho Calero, feita en Lugo polo CS Mádia Leva
__________________________

O Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego -BNG, propón á militancia ir ás eleccións europeas en coalición con EH-Bildu e CUP


O Consello Nacional, máximo órgano entre asembleas, aprobou propor á militancia concorrer ás eleccións europeas de maio nunha coalición con EH-Bildu e Candidatura d´Unitat Popular (CUP). Esta proposta pasa agora a ser debatida e votada nas asembleas comarcais, para que sexa a militancia a que finalmente decida a alianza do BNG de cara a cita electoral do 25 de maio. “O proceso empeza nas bases e remata nas bases”, explicou o portavoz nacional, Xavier Vence.

O Consello Nacional valorou que esta alternativa mantén a opción dunha candidatura conformada con forzas políticas nacionalistas de esquerda das tres nacións e, sobre todo, considera que é a coalición que mellor garante que Galiza acade unha voz forte en Europa para a defensa dos seus intereses de país e para a construción doutro modelo de Europa, social e dos pobos.

Preguntado polos xornalistas en relación a posibles acordos co Anova, Vence salientou “que a proposta que o BNG fixo desde o principio segue encima da mesa” pendente de que esta forza política decida cales serán os seus aliados de cara as eleccións europeas.

Igualmente, o CN tamén aprobou, sen ningún voto en contra, a candidatura do BNG ás eleccións europeas, que encabezará Ana Miranda, eurodeputada na presenta Lexislatura, da que o portavoz nacional subliñou o seu “traballo brillante e sen descanso” en defensa dos sectores produtivos e dos colectivos sociais agredidos pola crise. “Defendeu sen arrugarse os intereses de Galiza en Europa e iso o recoñece tanto a nosa militancia como a maioría dos galegos e galegas”, indicou.

Como número dous da candidatura figura o portavoz municipal da Coruña, Xosé Manuel Carril, de tres a xornalista Olaia Rodil, Xesús Domínguez, portavoz dos estafados polas preferentes, de número catro; Alba Fidalgo, activista contra os abusos bancarios, de cinco, Suso de Toro, escritor e ensaista, de seis, seguidos de Isabel Risco, actriz; Manuel Moreira, médico e portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública; Victoria Louro, activistas do movemento feminista e Cesar Rodríguez, traballador do sector naval de Vigo. (Axúntase candidatura completa).

Unha “candidatura da cidadanía” na que están presentes representantes dos colectivos e plataformas sociais máis activos contra a política de recortes e privatización do PP, dos sectores económicos máis afectados polas políticas de Bruxelas, e figuras referencias da cultura e a lingua galegas.

Tamén quedou aprobado o comité nacional electoral, que será coordinado polo secretario de organización, Bieito Lobeira.

Galego, lingua oficial na UE

O Consello Nacional tamén deu luz verde ás liñas básicas do programa electoral que, explicou Vence, ten como “mensaxe central” dotar de “voz directa a Galiza en Europa”, rachando co papel dependente do noso país ao Estado español, tamén ante as institucións comunitarias.

Neste sentido, subliñou que o programa do Bloque defenderá o galego como lingua oficial en Europa e proporá a xestión directa por Galiza de todos os fondos que lle correspondan, en especial os fondos estruturais e os dedicados as políticas agraria e pesqueira e á investigación e innovación, así como a parte que lle corresponda do fondo de cohesión.

Do mesmo xeito, o programa electoral recollerá a participación directa desde Galiza na elaboración de políticas vinculantes que afecten aos seus sectores produtivos, nomeadamente a PAC e PPC, así como o outorgamento da plena capacidade de aplicación e xestión das mesmas no noso territorio.

En definitiva, o BNG “como forza útil para Galiza en Europa”, como xa ten demostrado nesta lexislatura, “ser o valedor dos intereses dos sectores produtivos da economía galega, para frear a destrución a que os aboca o actual modelo da UE”, indicou Vence.

A cidadanía ten o 25 de maio unha oportunidade de axustar contas coa Troika e coas forzas políticas que aplican as súas consignas gobernando a favor dos lobbies financeiros e en contra da maioría social”, concluíu Vence.

Candidatura do BNG ás Europeas 2014

Fonte: http://www.bng-galiza.org/

Enviado por:
Inacio GZ-inaciogz@gmail.com-
10 de fevereiro de 2014 18:33
http://espazoartabro.blogspot.com/


_________________________

NÓS-UP é favorável a concorrer às eleiçons europeias com forças de libertaçom nacional dos povos e contra a UE dos mercados e dos Estados

Nos últimos nove meses -tal como já temos informado mediante vários comunicados-, NÓS-UP mantivo contatos permanentes e regulares com forças políticas galegas e de outros povos do Estado espanhol, visando configurar umha candidatura rupturista para as eleiçons europeias de 25 de maio.

A nossa opçom prioritária sempre foi configurar umha candidatura galega e de esquerda pola saída da UE, tal como foi transmitido em julho de 2013, descartando umha aliança eleitoral com forças de obediência espanhola.

Porém, as possibilidades da participaçom da esquerda independentista e socialista galega numha candidatura sob estes eixos sempre estivérom condicionadas pola negativa a integrar-nos numha formulaçom orgánica onde nom se visibilize a presença do projeto recovolucionário da esquerda independentista que NÓS-UP representa e ter como parceiros a ERC.

NÓS-Unidade Popular pode flexibilizar ao máximo o seu programa político mediante concessons favoráveis a atingir um pacto nacional.

Devemos procurar umha convergência de mínimos que permita estruturar umha candidatura em defesa da economia produtiva galega, contra os constantes ataques à nossa construçom naval, setor pesqueiro e agrário, assim como ao meio natural através da mineraçom selvagem. Devemos igualmente articular a resposta às políticas impostas por Bruxelas e Madrid em plena crise, que conduzem aos despejos, aos roubos dos banqueiros às/aos aforradores, ao corte de serviços sociais fundamentais como a saúde ou a educaçom, etc.

Mas NÓS-UP, tal como acordou na sua VII Assembleia Nacional de 30 de novembro, nom poderia concorrer com umha força que dá cobertura a um governo que aplica umha política neoliberal contrária à maioira social catalá, que dá cobertura à brutalidade da repressom policial dos Mossos de Esquadra e que mesmo pode incorporar-se ao governo presidido por Artur Mas.

Descartada a presença de ERC nas negociaçons e acordos em curso, manifestamos a nossa disponibilidade para fazer parte dumha candidatura com forças amigas dos povos oprimidos polo imperialismo espanhol.

NÓS-UP é pois favorável a que a esquerda independentista galega participe com voz própria numha candidatura sob um programa rupturista onde estejam presentes EHBildu e a CUP, aberta à incoporaçom de organizaçons de outras latitudes do Estado espanhol.

Assim o temos manifestado à CUP e a Sortu: é necessário vertebrar umha candidatura anticapitalista e feminista promovida polas organizaçons de libertaçom nacional da Galiza, Países Catalans e País Basco.

Fazemos entom um apelo à CUP e a Sortu para concorrermos conjuntamente às eleiçons europeias mediante um programa contra a Europa dos mercados e dos Estados. Um programa aberto à incorporaçom de todas aquelas forças politicas e movimentos sociais que coincidamos taticamente na necessidade de vertebrar eleitoralmente em cada um dos nossos povos a rebeldia frente o caduco regime espanhol.

Posteriormente ao multilateral acordo atingido, é necessário poder coordenar as diversas expressons do nacionalismo e do independentismo galego sob umha formulaçom integradora e um programa conjunto.

Direçom Nacional de NÓS-UP

Galiza, 10 de fevereiro de 2014

NÓS-Unidade Popular | Correio-e: nacional@nosgaliza.org | nosup.imprensa@gmail.com | Telefones: Porta-Vozes: 659 306 973 (Rebeca Bravo), Responsável Nacional de Imprensa: 616 868 589 (Carlos Morais),
Responsável Nacional de Organizaçom: 669 778 474 (Bruno Lopes Teixeiro) | Sede Nacional: Rua Costa do Vedor 47, rés-do-chao. Compostela. Galiza | web: www.nosgaliza.org | twitter: @nosgaliza .

Enviado por:
NÓS-Unidade Popular NÓS-UP
-nosup.imprensa@gmail.com-
10 de fevereiro de 2014 18:33

__________________

Ivan Rivas, Fernando Branco e Xosé Manuel Golpe Acuña, participaran, en Ferrol este martes 11 de febreiro, nun Acto do BNG sobre o Sector Eléctrico e a Tarifa Eléctrica

ACTO INFORMATIVO: "O SECTOR ELÉCTRICO E A TARIFA DA LUZ"

O Bloque Nacionalista Galego -BNG, organiza este acto informativo que terá lugar o vindeiro martes, 11 de febreiro, ás 20 horas na Galería Sargadelos de Ferrol, co obxectivo de analizar, entre outras cousas, como funciona o sistema eléctrico e porque os galegos e as galegas pagamos pola electricidade igual que outras zonas do Estado cando somos produtores de enerxía.

Participarán:
  • Ivan Rivas Rico | Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol.
  • Fernando Branco Parga | Ex-Deputado do BNG, foi presidente da Comisión de Industria e Enerxía no Parlamento Galego.
  • Xosé Manuel Golpe Acuña | Asesor enerxético.
Así mesmo se non sabes entender a factura da luz no BNG explicámoscho.

Participa e Difunde! Entrada libre

Telf: 981.94.40.31
Fax: 981. 94.52.35
bng@ferrol.es

BNG-Ferrol
Rúa Naturista López Seoane, nº 13 baixo
15403 Ferrol
ferrol@bng-galiza.org
Telf.: 981 364 058
Fax: 981356 700
Resp. comarcal:
Mercedes Tobío Rodríguez


Web:
http://www.bng-galiza.org/ferrol/
Correo-e:
bngferrol@gmail.com
Facebook:
https://www.facebook.com/bng.ferrol
Twitter:
https://twitter.com/bngferrol


Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
10 de fevereiro de 2014 13:39

____________

domingo, febreiro 09, 2014

Así foi o acto de lembranza de Vitoria e Carmelo en Caranza este 9 de febreiro de 2014 - Fotos e Vídeos


Acto de lembranza de Vitoria e Carmelo en Caranza


O Mércores, 5 de Febreiro, cumpría-se seis anos do falecemento do noso ben querido Carmelo Teixeiro, primeiro Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Con este motivo, o Comité Cidadán de Emerxencia organizou unha ofrenda floral que se celebrou, na súa lembranza, o 9 de Febreiro de 2014, ás 12 horas, no parque municipal de Caranza que leva o seu nome: "Parque Carmelo Teixeiro".


Neste acto colocou-se unha nova placa, con versos de José Torregrosa, na que tamén se fai unha lembranza de Victoria Fernández Paredes compañeira de Carmelo, falecida o pasado 8 de novembro de 2014, compañeira de vida e de loita a favor de todas as causas sociais, e que mantivo unha especial vinculación con este Comité Cidadán de Emerxencia.

Amigas, amigos, familiares, compañeiros e compañeiras de loita, deron-se cita nunha fria e chuviosa maña deste domingo de inverno. Estrela Gómez Viñas interpretou ao violín, 'Negra Sombra' e unha aria de Bach. Polo Comité Cidadán interveu o seu coordinador Manuel Rodríguez Carballeira "Lalán", que fixo unha semblanza de Vitoria e Carmelo, dos seus valores, do seu compromiso, ... así como da súa, e a nosa, loita en defensa da Ría e contra a construción da planta de gas, que Reganosa ten instalada no corazón da nosa Ría.


http://youtu.be/eK0ByI7vgkY


http://youtu.be/c6Z0xhDing4


http://youtu.be/K4WLBOFl2Oc

  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!
10 razóns que respostan á pregunta: Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

_______________

Actos de interese para os vindeiros días de boca a boca ... Axenda Aberta de Ferrol Terra

DE BOCA A BOCA ... AXENDA ABERTA

Domingo 9 de Febreiro

12:00hs - ACTO DE LEMBRANZA DE VICTORIA E CARMELO EN CARANZA.
O Mércores, 5 de Febreiro, cumpría-se seis anos do falecemento do noso ben querido Carmelo Teixeiro, primeiro Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Con este motivo, o Comité convida a toda a cidadanía a participar na ofrenda floral que se celebrará na súa lembranza o vindeiro Domingo 9 de Febreiro de 2014, ás 12 horas, no parque municipal de Caranza que leva o seu nome: "Parque Carmelo Teixeiro" (Entre a Ermida de Caranza, Rúa Cartaxena e Avenida do Mar).

Neste acto colocarase unha placa en lembranza da súa compañeira Victoria Fernández Paredes, falecida o pasado 8 de novembro de 2014, compañeira de vida e de loita a favor de todas as causas sociais e que mantivo unha especial vinculación a este Comité Cidadán de Emerxencia.

Máis info en:
http://cociudem.wordpress.com/

Luns 10 de Febreiro

20:00hs - ASEMBLEA DO ATENEO FERROLÁN.
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Benquerido socio e socia:

Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará no Salón de Actos do Ateneo, o luns día 10 de febreiro de 2014 ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20,30 horas en segunda, coa seguinte

ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior.
2.- Presentación e aprobación das contas da directiva saínte ano 2013.
3-. Presentación e aprobación orzamento ano 2014.
4.- Presentación e aprobación plan de saneamento ano 2014.
5.- Presentación e aprobación plan de actividades ano 2014.
6.- Ruegos y preguntas.

Nota: Arquivos á disposición d@s soci@s na secretaría do Ateneo Ferrolán.

Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo,

Ferrol a 24 de xaneiro de 2014
Asdo.- Eliseo Fernández Fernández
Presidente

Máis info:
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117
Mércores 12 de Febreiro

20:00hs - PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL: "ARDE MADRID" NO ATENEO FERROLÁN.
O mércores día 12 de febreiro ás 19,30 h. terá lugar no salón de actos do Ateneo Ferrolán a Presentación do Documental: “ARDE MADRID”.

Participa nesta presentación o autor Antón Caeiro.

ARDE MADRID comeza como unha viaxe. Unha viaxe ao pasado, ao pasado duns nenos que viviron a súa infancia e adolescencia no medio dunha batalla que ía decidir o seu futuro naquel presente dos anos trinta. ...

Máis info:
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117

20:00hs - [ACTO PÚBLICO EN FERROL] POLA SOBERANÍA, O FUTURO E A DEMOCRACIA - RUPTURA COA UNIÓN EUROPEA.
[Acto público en Ferrol] Pola soberanía o futuro e a democracia: Ruptura coa Unión Europea. 

En Ferrol, na Galería Sargadelos (Esquina Rúas Maria e Rubalcava).

Coa intervención de Antolín Alcántara, membro da Executiva Confederal da CIG.

Web do Movimento Galego ao Socialismo:
http://mgs-galiza.org/

Máis info:
https://www.facebook.com/events/635245103204005/

Se queres enviarnos unha convocatoria ou simplemente poñerte en contacto con nós, envíanos un mail a axendaaberta@gmail.com

http://axendaaberta.blogspot.com.es/

||||||||||||||||||||||||||||

sábado, febreiro 08, 2014

Carta Petición a José J. Almunia da Comisíon da Competencia da UE Bruselas - Bélxica: que non se autorice a venda de NCGBANCO a Banesco


Ola, acabo de asinar esta petición a José J.Almunia comisario europeo da  Comisón da Competencia da Unión Europea, para "QUE NON SE AUTORICE A VENDA DE NCG BANCO A BANESCO", anímasche a asinala?

Esta petición é moi importante, e sería estupendo contar coa túa axuda. Fai clic aquí para saber máis sobre a petición e para asinala:

Moitas grazas,

Miguel Quinteiro



Texto da Carta:

D.José Joaquín Almunia Amann
Vice-Presidente, Comisario responsable de Competencia
Comisión Europea, Edificio Berlaymont11ª planta,
Rue da Loi/Wetstraat 200 - 1049 Bruxelas -Bélgica.
E-mail do seu asistente: Marga.espino@ec.europa.eu, Fax : 32 (0)2 298 0997


Estimado señor,
Como persoa censada no estado español, coa identificación e firma ao pé, sabendo que a esa Comisión debe determinar si a operación de venda da entidade denominada 'Nova Galicia Banco' (produto da fusión forzada das Caixas de Aforro galegas) axústase á normativa europea establecida polo T. F. da UE, desexa manifestar:

Que me considero co dereito e a obrigación de aportar a miña opinión respecto de a evolución dun proceso que, segundo o meu entender, vulnerou normas respecto de a competencia entre entidades de servizos FINANCEIROS, nunha trama para controlar as tarifas aplicables, en base á absorción, de forma revolta e desordenada, de entidades competitivas legalmente establecidas, arrebatando os seus patrimonios e destruíndo as súas estruturas de utilidade pública.

A venda efectuada non pode ser recoñecida como válida. Tanto a fusión entre ambas Caixas galegas (con oficinas en toda España) como o seu posterior conversión en banco privado: foron decididas por uns órganos de goberno constituidos sen garantías democráticas, en representación de Clientes, traballadores e entidades fundadoras, aos que non se informou nin consultou sobre a auténtica situación das entidades, nin de posibles alternativas a aplicar. As evidencias máis destacadas da trama, na consecución de obxectivos espurios, son:
  • Connivencia de financeiros e organizacións políticas para lexislar de forma en que a liberdade de circulación de capitais, as normas de boas prácticas bancarias, o control e revisión das operacións financeiras, reconvértanse en factores de especulación e dominio do mercado financeiro, ata en elementos de fraude fiscal.
  • Vulnerar as normas de "libre competencia" nun "mercado cativo", reconvertendo o que sería un Servizo Público, nunha pesada carga para as persoas e PYMES, ao reemprazar ás Caixas de Aforro (que xestionaban sobre o 50% dos depósitos e desde unha perspectiva de servizo público) por un banco especulativo, grazas á complicidade de políticos e medios de comunicación
  • Alterar as normas das Caixas, suplindo as directrices por recomendacións interesadas e así chegar a implantar xeitos e formas orientadas á especulación e explotación abusiva dos recursos financeiros, quebrantando a formación dos seus órganos de goberno, ao deteriorar os procesos democráticos.
  • A liquidación de contratos de responsables de derívaa das entidades, con pingües indemnizacións segundo acordos tomados en plena crise, evidenciando a intención de silenciar testemuños e gañar vontades.
  • Os usuarios das Caixas perderon, coa conversión, a súa participación nos Órganos de Goberno da entidade, o que supón un claro prexuízo non compensado, agudizando os prexuízos causados por un expolio planificado.
  • Non se pediron responsabilidades aos electos para os Órganos de Goberno das Caixas, que optaron por introducir estratexias contrarias aos intereses das persoas e entidades a quen representaban, aos que nin consultaron nin tiveron en conta á hora de decidir operacións financeiras inadecuadas e perxudiciais, así como fusiones e conversións inadmisibles para o interese público, poñéndose ao servizo do Lobby bancario, patrocinador dun oligopolio prexudicial para o interese común, vulnerando as normas da competencia e dereitos dos usuarios.
  • Non se debe admitir que unha Caixa de Aforros patrocine a súa destrución, renunciando aos obxectivos que xustificaron o seu fundación ao ofrecer un servizo público sen ánimo de lucro, que agora desaparece, prexudicando a competitividade.
Enténdese que as normas sobre a libre competencia deben referirse aos dereitos dos concorrentes como ofertantes pero tamén, e principalmente, aos dereitos dos usuarios e consumidores, en cuxo interese deben de impedirse os oligopolios e que se destrúan entidades con estratexias legais e reguladas segundo o interese común, para un desenvolvemento integrado na súa contorna, como o eran as Caixas, ás que habería que sanear, pero nunca suprimido.

É, por todo iso que lle reclamo a atención para o resgardo público ante a citada operación, esperando do informe de competencia que restableza e adecúe os seus términos, salvagardando os dereitos das partes, abrigo e fun-damentalmente o interese, socialmente compartido, da presenza activa das Caixas de Aforros. Atentamente,

Firma:

Enviar copia a: aducab@gmail.com


Miguel Quinteiro:

correo-e:
maqmaq@gmail.com

facebook:
https://www.facebook.com/maquintei

google+:
https://plus.google.com/102549454941742718201/posts

youtube:
http://www.youtube.com/user/maqnmaqn


A mesma petición podela facer en:
http://www.peticiones.org/que-no-se-autorice-la-venta-de-ncg-banco-a-banesco-que-esta-pendiente-informe-comision-sobre-la-competitividad-de-la-u-e-1522.html

________________

O Foro Galego de Inmigración ante os tráxicos e moi graves sucesos de Ceuta do pasado xoves 6 de Febreiro de 2014


Solidariedade máis fonda coas vítimas e as súas familias | Derrogación da Lei de Estranxeiría | Constitución dunha comisión de investigación no Parlamento Español e a intervención da autoridade xudicial  competente | Destitución inmediata do Ministro do Interior  do Goberno de España.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
COMUNICADO DE PRENSA URXENTE ANTE A TERRIBLE TRAXEDIA DE CEUTA

O Foro Galego de Inmigración ante a terrible traxedia acontecida en Ceuta o xoves día 6 de Febreiro, quere facer público o seguinte COMUNICADO URXENTE :
1.- Amosar a nosa solidariedade máis fonda coas vítimas e as súas familias, que son as últimas coñecidas dunha situación que ten provocado  centenares ou milleiros de vítimas nos últimos anos, moitas veces en augas territoriais españolas.

2.- Esixir a derrogación da Lei de Estranxeiría, xa que este marco legal é o que permite ás políticas represivas nas fronteiras do Estado Español , ao tempo que impide mecanismos de entrada no territorio español razoables, seguros e acordes cos dereitos humanos  e coa propia Constitución.

3.- Esixir a constitución dunha comisión de investigación no Parlamento Español e a intervención da autoridade xudicial  competente , para determinar as responsabilidades políticas e penais derivadas dos feitos denunciados, de carácter moi grave,  seguintes:
* A denegación de auxilio por parte da Garda Civil, que no caso de que haxa persoas no mar en situación de perigo, ten a obriga de ocuparse do seu inmediato salvamento como primeira prioridade. A denegación de auxilio, que parece evidente nos feitos, debería ter unhas consecuencias políticas e penais inmediatas.
 * A maiores, a denuncia das vítimas, de que a Garda Civil efectuou disparos sobre as persoas que estaban na auga coa suposta intención de “pinchar” os seus flotadores, de comprobarse a súa veracidade, esixiría as máis contundentes responsabilidades políticas e penais, xa que sería un feito que contradí os máis elementais principios dun estado democrático, e trataríase dun feito absolutamente intolerable para calquera persoa decente.
4.- Tendo en conta ademais que esta mesma semana unha ONG de Melilla denunciou de forma incontestable, a través dun vídeo, a práctica, supoñemos que habitual, de “devolver” de forma absolutamente ilegal polo valo fronteirizo de Melilla a persoas inmigrantes que xa entraran no territorio español, esiximos a destitución inmediata do Ministro do Interior  do Goberno de España. Non comprendemos que teña o “estómago” suficiente para manterse un minuto máis nese cargo ante a gravidade dos feitos acontecidos estes días na Fronteiras españolas de Ceuta e Melilla.

Santiago de Compostela, a 7 de Febreiro de 2014

Foro Galego de Inmigración
Para máis información:
Miguel Fernández Blanco
662307019

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
www.forogi.wordpress.com

Enviado por:
susana beatriz alaníz gonzález
-sual259@hotmail.com-
7 de fevereiro de 2014 23:06

___________

Enlace con noticias de prensa relacionadas:

O Goberno sacódese a responsabilidade das mortes en Ceuta | Eduardo Muriel |La Marea - 07.02.2014 |Acceder.

O Goberno admite o uso de material antidisturbios na traxedia de Ceuta | La Marea - 06.02.2014 |Acceder.

_________________

O mércores día 12 de febreiro ás 19,30 h. terá lugar no salón de actos do Ateneo Ferrolán a Presentación do Documental: 'Arde Madrid'

O mércores día 12 de febreiro ás 19,30 h. terá lugar no salón de actos do Ateneo Ferrolán a Presentación do Documental: “ARDE MADRID

Participa nesta presentación o autor Antón Caeiro:

http://www.dailymotion.com/video/xhz3v5_teaser-arde-madrid_creation

http://elpais.com/diario/2011/04/16/galicia/1302949099_850215.html

MEMORIA

ARDE MADRID comeza como unha viaxe. Unha viaxe ao pasado, ao pasado duns nenos que viviron a súa infancia e adolescencia no medio dunha batalla que ía decidir o seu futuro naquel presente dos anos trinta.

É tamén unha viaxe física polo subsolo da cidade que os retivo a lombos do  transporte que lles comunicou e que, ao mesmo tempo, deulles refuxio: o metro de Madrid.

Angeles García-Madrid sae da súa casa e intérnase no subterráneo do que van saír as historias da infancia.

Moitos dos seus fantasmas pasados volverán a este presente co fin de non volver a esquecer.

como vas esquecer?. Non podes esquecer.
Que se conformen e agradezan... aos
que correspondan, aos que vivan ou aos
fillos ou aos netos, que non houbese
mais odios, que non fósemos capaces
de corresponder cos mesmos odios e
os mesmos... que nos trataron

Cando volve saír á rúa o país cambiara e só queda a visita ao lugar ao que foron a vivir boa parte de os seus amigos e que serve tamén como final do documental: o cemiterio do Leste.

Polo medio van estar as vivencias persoais, daquel día a día, moitos deles interminables, que foi, dende aquel fatídico 18 de xullo de 1936, aquel outro, non peor para moitos, do 1 de abril de 1939.

Eduardo Haro Tecglen, Concha Carretero, Vicente Ibáñez, Manuel Sánchez, Carmen Ortiz, Maruja Borrel, Martín Blanco, Felisa Trampal, Carlos Sánchez, Nieves Torres, Cristobal Yagüe, Jesusa Martín e Julia Redondo son as persoas cuxos testemuños quedan reflectidos no documental ao longo dos 57 minutos que duran.

Pero moitos outros deron o seu testemuño para este traballo realizado na cidade de Madrid e que comezamos en xaneiro de 2005. Pouco despois, en outubro de ese mesmo ano, morre Haro, deixándonos unha parte da súa conversación sen rematar.

Seguimos en 2006, outra vez en inverno, sen ningún tipo de produción que nos mantivese, só co empeño persoal e económico de cada unha das persoas involucradas.

En 2009/2010 damos o grande paso que nos vai permitir rematar o traballo grazas ás axudas de Presidencia para os proxectos sobre Memoria Histórica.

A historia central, a infancia perdida, seguía sendo a mesma pero a forma de contala ía a dar un xiro. Todo se converte en íntimo. A cámara achégase a primeiros planos das testemuñas e alí, eles, debullan os seus testemuños, dolorosos no seu maioría. Só unhas imaxes de arquivo van servindo de apoio e, ao mesmo tempo de transición.

E, sobre todo iso esa viaxe que vai realizando Angeles no metro.

Por iso cando sae dese viaxe-sono á infancia encóntrase co final do sono daqueles anos.

Á mañá seguinte o meu irmán Luís e eu iamos polo paseo do Prado cando me  encontro cun camarada e xa entrando as tropas viñan por Atocha e nós iamos por onde o museo do Prado un pouco mais arriba e mais arriba e encóntrome con tal Angel Vaquedano, que eramos moi amigos, moi amigo do meu irmán, da miña casa... un gran camarada. E me encóntroo e di Concha, que pensas?... " eu " que queres que te diga?... penso nos que caian, nos que... non aguanten o que veñen - digo- e leven aos demais -digo- Aos de dereitas non os temo, pero temo aos de esquerdas que fraqueen. Esa é a miña idea". Despedímonos cun bico e un abrazo... e non volvín saber nada del.

Metodoloxía

Uns debuxos realizados polos nenos durante a permanencia nas colonias tras a súa evacuación de Madrid tras os bombardeos de novembro do 36, eran a base primordial do proxecto.

Tras unha lectura das entrevistas este elemento de xogo que ía desfacer eses debuxos infantís en imaxe animada foise diluíndo ao non poder mostrar toda a historia vivida durante aqueles tres anos.

As propias persoas, cos seus testemuños, os seus xestos e silencios, estaban a tomar protagonismo ante a nova idea ou concepto do documental.

Ao achegar a cámara a un primeiro plano, practicamente, todo o ámbito diluíase e a nosa mirada quedaba fixa na persoa e nas súas palabras.

Ese foi o camiño a seguir.

Antes a imaxe prevalecía, agora era a palabra, o sentimento. Todo íase encher de voz e gramos de silencio.

Só algúns planos foinos imposible adaptalos a esta nova idea xa que foran gravados con moita anterioridadeteméndonos que puidese pasar algo irreversible que nos impedise recoller o testemuño.

Con todo iso fomos creando unha historia baseada en testemuños orais que ten como fondo unha derrota, non en o político, que tamén en algúns casos, senón no humano, o físico, o persoal.

Durante a preparación das entrevistas realizáronse unha serie de preguntas que non seguían metodoloxía algunha, dependía mais da persoa a a que se estaba a recoller o testemuño.

A partir de aí e para que o testemuño sexa fluído, optamos por a conversación mais que pola pregunta.

Respéctanse os silencios e as pausas nas que os entrevistados relaxan as emocións que estes recordos fanos avivar.

Tras distintas idas e vindas dende Galicia a Madrid  recollemos unha cantidade de material que temos que sintetizar e que, desgraciadamente, moito do temos que desbotar.

Por sorte o novo concepto de soporte (DVD) permítenos presentar o traballo editado e os descartes, debidamente montados, como material extra.

SINOPSE

Historia da vida vivida por uns nenos durante o asedio a unha cidade por espazo de tres anos: Madrid durante a guerra civil.

Historia dunha infancia perdida no medio de rescaldos, fame e sangue.

CRETOS

guión e realización
antonio caeiro

entrevistas
suso oreiro e antonio caeiro

cámaras
pedro garcía, javier martínez e
xan lourenzo

música
juan carlos porto
edición
ou faiado e rafael molina

interveñen (por orde de aparición)
concha carretero
haro tecglen
angeles garcía-madrid
vicente ibáñez
manuel sánchez
carmen ortiz
maruja borrel branco
felisa trampal
carlos sánchez
nieves torres
cristobal yagüe
jesusa martín
julia redondo

produción madrid
javier m. vaquero

outros entrevistados
emilia e. valverde
julia manzanal
ricardo fombuena
manuel corona
esteban fernando
enrique alba
clotilde

documentación
margarida teijeiro

arquivos
xeneral da administración
histórico do pce
fundación domingo malagón
biblioteca nacional
particulares

colaboraron
fundación domingo malagón
fundación trece rosas
foro pola memoria
metro de madrid

agradecementos
txema rodríguez xullo rodríguez
nieves oliveira javier ruiz eloy
lozano césar díaz lola campos
pedro barrero pedro santín rosa
mª arteded josé mª pedreño
mr. misto

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
7 de fevereiro de 2014 19:25

________________