xoves, setembro 18, 2014

Unha nova Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra terá lugar este xoves 18 de Setembro, no Ateneo Ferrolán


XI Asemblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra

Nova Asamblea Aberta das Marchas da Dignidade de Ferrolterra, que terá lugar o xoves 18 de Setembro, no Ateneo Ferrolán, ás 19:30hs.

Esta Asemblea é aberta a todas as persoas que queiran participar, mais pregamos especial asistencia de todas aquelas asociacións, organizacións, partidos, etc ... adheridos a este movemento, xa que se debatirán puntos fundamentais sobre a mobilización que se planea celebrar o vindeiro 29 de Novembro en Santiago de Compostela.

Os puntos a debatir serán os seguintes:

1.- Elección de moderador/a.

2.- Definición e reparto de tarefas relacionadas coa mobilización do 29-N

3.- Proposta de engadido ao manifesto redactado para a mobilización do 29-N. Coa fin de axilizar, incluímos a proposta realizada por Alberto Espiñeira.

Versión curta. A engadir despois do párrafo do 50 % de paro xuvenil.
Un paro que nunha sociedade industrializada é unha decisión máis política que económica, tendo en conta que as máquinas e a industria xeran ter maís tempo libre, e en vez de repartir tempo libre, o que se fai é repartir paro.
Versión longa. A engadir tamén despois do párrafo do 50 % de paro xuvenil.
Un paro que é unha negación do dereito ó traballo, e que nunha sociedade industrializada é unha decisión máis política que económica, tendo en conta que as máquinas e a industria xeran ter maís tempo libre, e en vez de repartir tempo libre, o que se fai é repartir paro, e iso é unha decisión política, o repartir as cousas de isa maneira.
De novo o paro é outra estafa, nos medios de comunicación dise que a economía ten que medrar por riba do 2,5% para que se xenere emprego, e polo que se ve, se non hai crecemento ten que haber xente que non teña nin pan, nin traballo, nin teito, nin a dignidade que iso conleva.
E podemos facer a seguinte reflexión, ¿non será que o problema está no reparto que fan da riqueza, e de como manexan a mesma para someter a xente?, pero non, botanlle a culpa a un parámetro económico, que lle chaman o 2,5 %.
Proposta inicial de Manifesto: : Acceder/Baixar.
4.- Rogos e preguntas.

Non faltes, participa !!


Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com  | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego: http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
 | Conta no facebook:
https://www.facebook.com/MarchasDignidade | No twitter:
https://twitter.com/galizaMarcha22M | Web Estatal: http://marchasdeladignidad.org/.

PAN, TRABALLO E TEITO - Á RÚA, QUE XA É HORA!!!

Información baseada na enviada por: Marchas Dignidade
-marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com-
17 de setembro de 2014 23:54
______________

mércores, setembro 17, 2014

Apupan ao Rei, a Feijóo, a Wert e a Vázquez por inaugurar o curso nun centro público mentres se desmantela o sistema educativo - Vídeo


A CIG-Ensino denuncia que se limitou o dereito de manifestación durante a visita do monarca español ao centro Ben-Cho-Shey de Ourense

CIG-Ensino denunciou esta mañá, no decurso da concentración convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público coincidindo coa inauguración do curso escolar no centro Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar, a hipocrisía das institucións que participaron no acto: Monarquía, Xunta, Ministerio e Consellaría de Educación.


Veñen inaugurar o curso, nun centropúblico, institucións que son precisamente as artífices do seu desmantelamento”, afirmou Anxo Louzao.

O secretario nacional da CIG-Ensino denunciou ademais que malia ter solicitado e concedido, en tempo e forma, o permiso de concentración, a policía impediu ás persoas congregadas diante do centro Ben-Cho-Shey colocarse en fronte do propio colexio.

Louzao explica que as e os asistentes á mobilización foron desprazados varios metros para que cando pasara a comitiva “os señores monarcas non nos viran”.

Pero o máis grave é que un grupo dunhas 40 ou 50 persoas foron retidas a un quilómetro de distancia e non se lles permitiu avanzar até que non pasaron os reis. Unha actuación policial coa que a CIG-Ensino considera que se conculcaron os seus dereitos fundamentais, nomeadamente o dereito á liberdade de expresión.

A pesar disto, a Plataforma conseguiu o seu obxectivo, desenmascarar este tipo de actos que Louzao cualificou como “propagandísticos, cargados de cinismo e hipocrisía”, ao que engadiu que “non nos pasa desapercibido que sexa a monarquía española quen veña inaugurar o curso a Galiza porque tanto esta institución, como o ministro de Educación,ou a consellaría, están ao servizo da españolización, da defensa dos intereses do ensino privado, clasista e confesional”.

Para a CIG-Ensino é “unha tomadura de pelo, un sarcasmo e unha provocación” que se inaugure ademais o curso nun concello e nun centro “ao que se lle negou no seu día a ampliación dunha unidade e porén simultaneamente,se concertaba con dous centros privados no mesmo concello”.

O portavoz da plataforma e secretario nacional de CIG-Ensino tamén considerou outra provocación que para o acto oficial se escollera precisamente un centro que leva o nome de Ben-Cho-Shey, “unha persoa da historia do noso país que tiña ideais diametralmente opostos ao que poden representar as institucións e persoas que están inaugurando este curso”, dixo.

Con esta mobilización a Plataforma e a CIG tiñan ademais como obxectivo denunciar a posta en marcha dun curso escolar conflitivo, pola supresión de 63 unidades no ensino público mentres se amplían en 79 as unidades no privado concertado e pola aplicación da LOMCE, que introduce novos recortes na ensinanza pública, pon en tea de xuízo a igualdade de oportunidades e o dereito á educación.

A este respecto Louzao denunciou o “cúmulo de despropósitos” da consellaría, pola publicación dos currículos cando xa estaba comezado o curso e a actitude do propio conselleiro de Educación “sobre o que pesa máis o seu posicionamento ideolóxico, a súa submisión absoluta aos mandatos de Madrid e a defensa dunha visión retrógrada e reaccionaria do ensino que o seu deber de estar ao servizo dun sistema educativo galego de calidade, que defenda a normalización lingüística e que garanta unha praza e un ensino de calidade a todas e todos os cidadáns galegos”.

Publicado en CIG-Ensino | 16.09.2014

__________________

A-pagar a Luz - Vídeo - Analizamos o modelo enerxético, os seus desequilibrios, as súas irritantes peculiaridades... Pero tamén as alternativas posibles, viables e reais hoxe e aquí


Analizamos o modelo enerxético, os seus desequilibrios, as súas irritantes peculiaridades... Pero tamén as alternativas posibles, viables e reais hoxe e aquí. Preguntámoslle ao economista Adrián Dios e a Angel Montero, un dos impulsores da primeira cooperativa enerxética galega.

O sector enerxético e os seus desequilibrios son fonte de queixa histórica. As continuas subas do prezo da luz fronte ao incalculable potencial produtor do noso País é unha das principais situacións de afogamento económico que podemos constatar hoxe en día. Afondamos na análise do sector, nas súas contradicións e tamén en alternativas posibles e reais hoxe e aquí.

Adrián Dios é economista, intenso coñecedor do sector enerxético e pedagóxico especialista nun mundo no que, como el explica, os beneficios caen do ceo. Ángel Montero é un dos impulsores da primeira cooperativa enerxética galega, mirándose ao espello do que é plenamente habitual no resto de Europa. Contrastamos a teoría e a práctica para evidencia que é posible entender para mudar.

Quinteiro é un proxecto comunicativo de comarca do Umia.

Canle: Quinteiro do Umia.

Sitio-e de Quinteiro: http://quinteirodoumia.wordpress.com/.


http://youtu.be/LuhQ_hZeVLg


Publicado por Quinteiro do Umia| 16.09.2014.

A Nosa Enerxía Soc. Coop. Galega:
http://nosaenerxia.com/

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
17 de setembro de 2014 16:05

________________

Representación Audiovisual "Falando Claro" de Pepe Sendón, este xoves día 18 de setembro ás 20hs no Ateneo Ferrolán


O xoves día 18 de setembro no salón de actos do Ateneo Ferrolán ás 20 h.
Representación Audiovisual "FALANDO CLARO" un traballo de PEPE SENDÓN sobre a figura de Claro José Sendón Lamela.

A historia do anarquista de Louro, Claro José Sendón Lamela (1897-1937)


Somos Cultura. Salvemos o Ateneo

Soci@s: 4 € /// Non Soci@s: 6 €

--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.

www.ateneoferrolan.org
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 |
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117
Séguenos en Twitter: @ateneoferrolan

Campaña de APOIO e DEFENSA do Ateneo. Patrimonio da cidade
APOIA e DIFUNDE!
https://www.facebook.com/pages/Salvemos-o-Ateneo/1430118530577463?ref=hl
http://salvemosoateneo.blogspot.com.es/p/o-ateneo.html

Faite soci@! Colabora con nos!
Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-secretaria@ateneoferrolan.org-
17 de setembro de 2014 17:22
____________________

A Alternativa Galega de Esquerda reclama á Xunta que actúe para protexer os fondos da biblioteca e da hemeroteca do Ateneo Ferrolán


O Concello de Ferrol xoga a asfixiar a histórica agrupación cultural malia que os materias que atesoura pertence á rede de bibliotecas de Galicia e contan cunha figura especial de salvagarda


As obras de mellora do edificio cedido polo Concello de Ferrol ao Ateneo da cidade, realizadas entre 2010 e finais de 2012, desembocaron nun ataque do Partido Popular á unha das institucións culturais senlleiras da cidade, por extensión, do país. Os seus importantes fondos de hemeroteca e biblioteca -con coleccións de máis de 450 cabeceiras e 7.500 volumes, respectivamente- atópanse en mans da empresa Mudanzas Félix, que reclama 39.000 euros pola súa almacenaxe durante o tempo que durou a reforma. O concello, gobernado polo PP e cun alcalde mergullado na Operación Pokemon, négase a pagalos, aínda que adquirira o compromiso previo de facelo. “O Ateneo, fundado en 1879, sempre tivo problemas en épocas de ditaduras e de réximes autoritarios. Agora é o PP de Ferrol, de xeito sibilino, que ataca a institución”, expuxo esta mañá o seu presidente, Eliseo Fernández, en rolda de prensa no Parlamento de Galicia coa viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda Yolanda Díaz e o deputado Xabier Ron.

Precisamente o grupo parlamentario de Díaz e Ron esixiu á Xunta que asine un convenio de colaboración co Ateneo que “garanta as condicións materiais necesarias para que os fondos da biblioteca hemeroteca teñan condicións óptimas de preservación e consulta nas dependencias” da agrupación. Mañá, na comisión parlamentaria de cultura, Alternativa Galega de Esquerda defenderá unha proposición non de lei (pnl, no documento anexo) neste sentido. ”Pedimos este convenio coa Xunta”, explicou Yolanda Díaz, “para que sufrague o gasto do almacén e os materiais do Ateneo volvan ao seu lugar. Se o PP non o acepta, será unha actitude delitiva, e non só en termos metafóricos”. A biblioteca do Ateneo de Ferrol está declarada polo Goberno autónomo como de “titularidade privada de especial interese” e dende 1996 intégrase na Rede de Bibliotecas de Galicia. “Todo este asunto”, denunciou o parlamentario Xabier Ron, “tamén amosa a incompetencia do responsábel de Cultura na Xunta, o señor Anxo Lorenzo, que a preguntas dos xornalistas respondeu que non coñecía o tema”.

Eliseo Fernández ofreceu datos da efectiva mestura de ineficacia e mala vontade do Partido Popular das administracións local e nacional. “Os 39.000 euros que reclama Mudanzas Félix serían menos se o concello cumprise o seu compromiso e pagase nada máis rematar as obras no Ateneo, a comezos de 2013”, lembrou. A reforma do edificio, situado no histórico barrio da Ilustración, a Magdalena, custou un millón de euros así que, engadiu Fernández, “non se entende que o concello non pague agora os 39.000 euros que o Ateneo non ten”. O alcalde ferrolán, Jose Manuel Rey Varela, nin sequera recibiu á dirección do Ateneo, malia que esta llo solicitou en repetidas ocasións, xa dende antes de que estourase o problema actual. “O que vemos é como o PP aposta por aparatosas infraestruturas culturais baleiras”, concluíu o presidente do Ateneo, o historiador Eliseo Fernández, antes de remachar: “Nós pedimos sensibilidade, comprensión e xustiza”.

Antes da chegada do Partido Popular á alcaldía ferrolá, un convenio municipal contribuía ao funcionamento do Ateneo ferrolán. Ese convenio desapareceu. Unha manifestación cidadá percorreu onte as rúas de Ferrol en apoio á histórica agrupación cultural.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2014

Foto: o historiador e presidente do Ateneo Ferrolán Eliseo Fernández, a viceportavoz de AGE Yolanda Díaz e o deputado Xabier Ron.

ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA
Gabinete de comunicación do grupo parlamentario
Tania Porta e Daniel Salgado
606 675 524 / 619007734
tania.porta@parlamentodegalicia.es
daniel.salgado.garcia@parlamentodegalicia.es
prensa@alternativagalega.com
twitter.com/alternativagz
http://www.facebook.com/AlternativaGalega
http://www.youtube.com/user/HaiAlternativa?feature=mhee

Enviado por:
Paula
-pmeizoso@gmail.com-
17 de setembro de 2014 13:32

_______________

Manifesto municipalista - Tomar os concellos implica ante todo transformalos e fortes doses de insumisión ao actual ordenamento institucional


Apuntar os retos e límites do municipalismo non impide recoñecer a enorme potencia democratizante da aposta municipalista. O proceso de revolución democrática xa en curso require das súas propias pancas e motores de movemento. A cuestión municipal, como ao longo do século XIX, pode xogar un papel relevante. O que segue son apenas unhas notas, que sen renunciar a un certo utopismo, apuntan algúns elementos da estratexia e os contidos posíbeis para reconstruír as bases da democracia local.


1.- Tomar os concellos non para xestionar e representar, senón para facer política e democracia.

Os vellos anarquistas, os mesmos que inspiraron a idea dos municipios libres, distinguiron entre “a arte de gobernar” e a “política”. O primeira era a disciplina e a práctica orientada á conservación do poder por unha clase específica. A segunda consistía no exercicio colectivo que empurraba a transformación.

O maior límite do municipalismo está en recoñecerse unicamente como exercicio de bo goberno. Honestidade, compromiso, responsabilidade serán seguramente algunhas das palabras que máis se repetirán. Palabras importantes pero que moi pronto quedarán reducidas ás súas acepcións máis estreitas, cando non a un uso claramente cínico, se non afrontan o feito de que as marxes da democracia municipal, polo menos baixo as súas actuais condicións, son máis ben pequenas.

Por iso, tomar os concellos implica ante todo transformalos, supón aceptar o reto da revolución política, e por riba fortes doses de insumisión ao actual ordenamento institucional.

Neste terro, resulta imprescindíbel reclamar, e logo impor:
(a) Unha auditoría da débeda municipal. As altas taxas de endebedamento restrinxen de forma severa, por veces total, as marxes de actuación dos concellos. É preciso determinar as condicións nas que se xerou a débeda municipal, quen son os seus responsábeis, a que proxectos responde e segundo que cálculo de necesidades. Este proceso debera conducir a determinar que débedas son lexítimas e cales ilexítimas, isto é, aquelas que definitivamente non se van pagar. Igualmente debera verificarse quen son os responsábeis de tales débedeas, tanto na clase política como entre empresarios e financeiros.

(b) A recuperación dos bens públicos e comúns expropiados en forma de vendas, externacionalizacións e partenariados público-privados. De xeito parecido ao que ocorre coas facendas locais, é preciso revisar e avaliar a previas xestión dos bens e servizos municipais, recuperar todos os que poden ser xestionados de forma cooperativa e/ou directa e esixir responsabilidades por aqueles nos que a xestión pudera ter sido fraudulenta e despilfarradora.

(c) A denuncia da connivencia da vella clase política coas oligarquías locais, ancoradas fundamentalmente no sector da construción, o turismo e as finanzas – (antigas) caixas de aforro especialmente-. Ante todo, é preciso romper o pacto de silencio que fai que toda nova lexislatura comece co acordo implícito de non sacar os trapos suxos da anterior.
2.- Os concellos democráticos como experimento dunha nova institucionalidade democrática.

O principio de autonomía municipal ten sido sometido a un dobre proceso de anulación. Legal, en primeira instancia: a reforma prevista reduce a soberanía e as competencias municipais a uns límites estreitos, para os que non se dispón ademais de financiación suficiente. Pero tamén económica: o que resta da autonomía municipal quedou subordinada a unha política orientada estruturalmente ao desenvolvemento inmobiliario.

Calquera política que se propoña reinventar a democracia local ten que considerarse un proxecto de mudanza institucional. A “cuestión municipal”, que no século XIX percorreu as loitas pola democracia en todo o Estado, volve así ocupar o centro da cuestión democrática.

Aquí algunhas medidas que se consideran imprescindíbeis:
(a) Imposición de plenos abertos, total transparencia das decisións e tribunais cidadáns de contas públicas. Ningunha decisión poderá pasar sen a súa correspondente publicidade. Os plenos será públicos e as súas actas convintemente dadas a coñecer por medios telemáticos verificábeis. Todos os actos e decisións dos responsábeis políticos terán que ser públicos. De igual modo, deberán ser sometidos a control cidadán os obxectivos e resultados das súas decisións.

(b) Control estrito dos representantes electos e redución ao mínimo de aqueles que non resulten estritamente necesarios. Liquidación dos cargos de confianza. O goberno municipal debe quedar reducido á mera administración e a decisión política convertida nun exercicio público, colectivo e democrático.

(c) Elección directa de alcaldes e representantes sobre unidades mínimas de poboación que non superen os 10.000-15.000 electores, de tal xeito que se poda facer efectiva a realidade dunha democracia de cercanía. Nas poboacións de maior tamaño establecerase a elección de cargos a nivel de barrio e distrito.

(d) Instauración de mecanismos de decisión e elección directa sobre os principais ámbitos de competencia municipal. Os “procesos participativos” tenderon a converter os procesos plebiscitarios e as asembleas municipais nunha mera operación de lexitimación da gobernanza. Así, por exemplo, uns “orzamentos participativos”, ou mellor discutidos e decididos entre a cidadanía, non se corresponden coa estimación dunha porcentaxe mínima do orzamento (normalmente o 5%) que se abre a un proceso aparente de decisión directa. Antes ben, trátase de que os principais ámbitos de decisión sexan sometidos a decisión pública e democrática.

(e) Implementación de sistemas de decisión onde se inclúa a posibilidade de participación individual e colectiva por medios tanto analóxicos como dixitais. Trátase de adoptar sistemas que permitan un monitoreo permanente da toma de decisións así como a vinculación das decisións políticas a novos modelos de deliberación e mandato por parte da sociedade.
3.- Federalismo ou morte.

As mudanzas nun único municipio, por profundas que sexan, corren o risco de fundaren unha pequenísima illa ameazada de ser engulida por un océano institucional, político e económico obediente a outras lóxicas. A posibilidade de que o municipais sirva á transformación democrática reside na súa capacidade para compoñer un proceso amplo e expansivo de cambio político. A súa forza reside non só na condición exemplarizante de cada experiencia, senón na súa articulación como “movemento (contra) institucional” capaz de producir transformacións nas estruturas políticas.

A negociación da débeda, o fortalecemento da autonomía municipal, a recuperación da democracia local dependen da federación desas experiencias municipalistas nun suxeito político e institucional con capacidade ofensiva.

Algunhas liñas que apuntan nesta transformación institucional son:
(a) A promoción dunha nova lei municipal que recoñeza en toda a súa amplitude o principio de autonomía municipal e a descentralización de todas as competencias que sexa posíbel desenvolver a escala municipal.

Igualmente deberá quedar establecida e garantido financiamento suficiente para o desenvolvemento dos servizos e competencias municipais, sen prexuízo da equidade e do necesario reparto da riqueza territorial.

(b) O recoñecemento do principio de subsidiariedade alá onde se poda. Trátase de conseguir que os niveis administrativos superiores ao municipio queden supeditados á decisión dos propios municipios, de tal xeito que a liña de mando e estruturación da administración se constrúa de abaixo arriba e non de arriba a a abaixo.
Deste xeito, o ámbito de decisión central e primeiro tenderá a ser o municipal, sendo só competencia de ámbitos superiores aqueles servizos e decisións que non sexa posíbel resolver a escala dos municipios. A nova arquitectura institucional poderíase así comprender coma unha vasta federación de municipios, nos que os órganos centralizados de decisión estarán sempre sometidos a control e supervisión municipal.

Entre as federacións de municipios que compoñan as rexións e os Estados existirá un compromiso de reparto e equidade no acceso aos servizos e os dereitos que deberán ser garantidos polos niveis de goberno superiores.

4.- Por unha economía democrática de base municipal.

O municipalismo libertario entendeu o municipio como a unidade mínima da organización económica, o seu proxecto resumíase na comunalización (municipalización) das estruturas inmediatas de produción e distribución. O desenvolvemento do sistema mundo capitalista fixo cada vez máis utópicos os proxectos de economía democrática de base local: sinxelamente as unidades económicas mínimas xa non coinciden con territorios discretos e relativamente autosuficientes. No marco da cadea de produción globalizada, as estruturas de produción son cada vez menos recoñecíbeis en unidades territoriais pequenas. Non obstante, son moitas as actividades e servizos que se poden desenvolver a escala municipal e que poden ser a base para unha transformación económica proporcións maiores. Os dous principios da da economía municipal que poden servir de panca para o desenvolvemento desta nova economía democrática son a recuperación dos bens públicos como bens comúns e o desenvolvemento dun tecido empresarial de matriz cooperativa que se encargue da súa xestión.

Para iso sería preciso impulsar:
(a) O recoñecemento legal, garantía, mellora e ampliación dos bens público-comúns. Incluiranse neste capítulo todos os bens recursos de propiedade municipal, que salvo en contadas ocasións que o xustifiquen, pasarán a ser bens de dominio público baixo xestión municipal ou cooperativa. Estes bens deberán incluír desde os actuais bens demaniais (montes de utilidade pública, ribeiras de ríos, lagos costas, mar, etc…) até o solo, as infraestruturas e os servizos de propiedade municipal.

Tales bens serán inalienábeis e intransferíbeis, propiedade común das xentes de cada municipio. Os gobernos locais só terán un control limitado a determinados aspectos da súa administración e regulación, non sendo de propiedade municipal, senón pública e común.

(b) O desenvolvemento dun tecido empresarial municipal de xestión cooperativa e baixo estrito control cidadán. Os recursos agora xestionados polas empresas municipais (como a auga, os sistemas de transporte, as infraestruturas), en tanto pasen a ser bens público-comúns, poderán ser xestionados por empresas de matriz cooperativa, resultado da organización produtiva dos habitantes de cada municipio. Os contratos destas empresas con municipio deberán ser obxecto de vixilancia e regulación cidadá.

As bases que constituirán a xestión cooperativa do tecido económico do municipio son: a equidade nas condicións de traballo, a democracia interna, o principio de cooperación e de igualdade de xénero, así como o respecto dos equilibrios medioambientais e das relacións de interdependencia humana.
5.- O municipalismo é ante todo movemento.

O dilema de toda democracia parece concentrarse en que esta non pode quedar reducida á súa forma institucional. Ou a democracia é verquida fora de si mesma, nunha vida rica e prolixa, ou tende a dexenerar nunha sorte de formalismo xurídico que a ninguén importa.

As revolucións políticas, ao igual que case todos os procesos de democratización, teñen sido sempre resultados de movementos masivos.

Estes non só serviron de vehículo para demandas democráticas senón que en moitas ocasións trouxeron consigo experimentos prácticos de nova democracia.

En demasiadas ocasións, non obstante, cando estes movementos chegaron a tomar posicións de gobernos acabaron por asimilarse ás institucións. Así, ao incorporarse ás estruturas de poder, os movementos democráticos tenderon a perder a súa autonomía, e o que é peor, a identificar a democracia coa súa propia integración nas institucións. Isto é o que en boa medida lle sucedeu ao movementos veciñais no período dos “concellos democráticos”. A asimilación institucional dos seus cadros e o recoñecemento das súas demandas acabou por baleirar as asociacións de veciños.

Lentamente estas foron languidecendo até quedar reducidas a un mero recordo do que foron. Por iso o municipalismo, e a democracia local, ao requerir dunha renovación constante da crítica, os obxectivos, as prácticas democráticas e os procesos de autoorganización á marxe das institucions, teñen que dispoñer dos medios e das garantías que fan da democracia local algo moito máis amplo e inaprensíbel que a vida institucional e o goberno local.

Algúns principios fundamentais poden ser:
(a) O respecto e a promoción dos espazos de autoxestión e de xestión cidadán directa. Estes espazos deberán ser recoñecidos e considerados como lugares necesarios para o exercicio democrático á marxe dos gobernos locais.

(b) A estricta relación da política de subvencións e axudas pecuniarias a asociacións e colectivos. Trátase de desmantelar o vello clientelismo que sostivo aos gobernos locais pero sen sustituilo por outro novo.

Deste xeito, aínda que os bens e os recursos municipais estarán sempre abertos ao uso cidadán, as axudas e subvencións monetarias serán reducidas ao mínimo. Estas deberán estar sempre xustificadas e discutidas democráticamente. Trátase de artellar unha xestión verdadeiramente colectiva dunha riqueza municipal que tenderá a ser maior a medida que aumenten os recursos municipais (tanto monetarios como físicos) e o patrimonio público-común.

(c) O estabelecemento de canles e medios de comunicación comunitarios, completamente abertos á cidadanía sen supervisión e control dos representantes electos.
Plubicado en Somos Ninguén. | 03.08.2014
_____________

martes, setembro 16, 2014

Jornada internacionalista pola independência da Escócia - O 18 de Setembro na Fundaçom Artábria


A próxima quinta-feira, 18 de setembro, a Escócia vivirá umha jornada histórica, no que decidirám o seu futuro livres.

Na Fundaçom Artábria queremos acompanhar à naçom irmá neste dia com umha jornada internacionalista que dará começo à volta das 19.30h.

Haverá petiscos escoceses e faremos um seguimento dos resultados do referendum num ecram ligado a algumha das canles da Escócia.

No caso de ganhar o sim, como desejamos, festejaremos a independência da pátria de Willian Wallace.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!



A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

http://www.artabria.net

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
16 de setembro de 2014 18:01
____________________

XVI Aniversário da Fundaçom Artábria com completo programa de atividades


Neste mês de setembro, a Fundaçom Artábria cumpre o seu décimo sexto aniversário. Dezaseis anos de trabalho pola defesa da nossa cultura, os valores solidários e os direitos históricos do nosso País.

E com este motivo que organizamos umha série de atividades para dar conteúdo ao completo programa previsto para celebrar esta data tam assinalada. Ei-lo.

Na sexta-feira, 26 de setembro, teatro da mao da companhia Histéria que trazerám a obra Berlim. Será a partir das 22.00h e a entrada gratuita.

No sábado 27 de setembro às 22.00h dará início o espetáculo cómico de Fiz.

Na sexta-feira, 3 de outubro, decorrerá o II Concurso Ártabro de elaboraçom de tortilha de patacas. Será a partir das 21.30h.

O sábado 4 de outubro chega a primeira cita musical do nosso XVI Aniversário, desde a Corunha aterrizam em Ferrol os Ulträqäns que trazeram as suas melodias electro-folque-dance-tradicionais construídas com ladridos em semicorcheas e ouvidos de fusas e parafusa. O concerto começará às 22.00h.

As crianças também terám a sua jornada especial o dia 10 de outubro com o "Aniversário infantil". Jogos, música e surpresas nesta atividade para as mais pequenas.

O 11 de outubro desde as 22.00h decorrerá no nosso Centro Social umha das conhecidas Repichocas Ártabras. Traz o teu instrumento e participa.

O 16 de outubro, visita a Fundaçom Artábria um gram amigo do nosso projeto. Xurxo Souto apresentará o seu último livro "Contos do Mar de Irlanda".
Isabel Risco, ganhadora do prémio Mestre Mateu à melhor actriz do 2014 apresentará no nosso Centro Social no dia 17 de outubro o seu monólogo "Nabiza Girl". Será às 22.00h e a entrada de graça.

Mais umha apresentaçom literária decorrerá o dia 23 de outubro. Manuel Cráneo e Alfredo López "Tokio" apresentarám a banda desenheada "A causa do crime", ambientada na primeira greve geral em Vigo. A apresentaçom dará início às 19.30h.

O 24 de outubro, os cines Duplex de Ferrol acolherám a estrea mundial do documentário "15 anos da Fundaçom Artábria". A projeçom está marcada para as 20h. Posteriormente haverá petiscos no nosso Centro Social.

Fecharemos o programa do aniversário ao grande. O 25 de outubro decorrerá no nosso Centro Social umha ceia de confraternizaçom a um preço de 12 euros (10 euros para @s associad@s) e posteriormente poderemos disfrutar da música de Blues do País.

Para apontar-te à ceia-concerto deverás fazê-lo antes do 22 de outubro no balcom do nosso Centro Social ou escrevendo para correiodeartabria@gmail.com. As vagas som limitadas.

Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net
 
Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
 ....
 A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Código de Identificaçom Fiscal (CIF):  G15645518.

http://www.artabria.net


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
16 de setembro de 2014 13:33

_________________

luns, setembro 15, 2014

Movimentos sociais apresentam plataforma política para debate eleitoral - Documento de muito interesse paga a pena parar-se é ler


Mais de 60 organizações e movimentos sociais de todo o Brasil apresentaram neste mês, à sociedade e aos candidatos nas eleições, a plataforma política para o debate no processo eleitoral de 2014.

A “Plataforma Política dos Movimentos Sociais – Para resolver os problemas do povo brasileiro” surgiu da análise de movimentos e organizações sobre o desvirtuamento do processo eleitoral, que passou do que deveria ser espaços de debates e afirmações de projetos dos partidos e candidatos, para a “venda” destes como mercadorias, em propagandas e marketing.

Para os movimentos, “os processos eleitorais devem ser espaços de debate e afirmações de projetos, que impliquem uma concepção de sociedade e de Estado, pautem as rupturas necessárias para enfrentar as grandes questões estruturais da sociedade, além de apontar a natureza de nossos problemas e as soluções necessárias”.

Entre os principais pontos abordados, os movimentos discorrem sobre uma reforma do sistema político “que elimine o ‘voto’ do Poder Econômico nas eleições e nas definições das políticas públicas”; a democratização dos meios de comunicação “com a implementação das propostas aprovadas na Conferência Nacional de Comunicação”; a democratização da Educação “com a universalização do acesso à educação em todos os níveis”, entre outros.

Segue a íntegra do documento:

Plataforma Política dos Movimentos Sociais
Para resolver os problemas do povo brasileiro
Brasil, Setembro de 2014

Os processos eleitorais devem ser espaços de debate e afirmações de projetos, que impliquem uma concepção de sociedade e de Estado, pautem as rupturas necessárias para enfrentar as grandes questões estruturais da sociedade, apontem a natureza de nossos problemas e as soluções necessárias. Mas não é isso que percebemos.

Apesar das candidaturas expressarem projetos distintos para o Brasil, cada vez mais os processo eleitorais discutem menos política e se tornam grandes estratégias de marketing, vendendo os/as candidatos/as como mercadorias. Neste “jogo”, o poder econômico ganha de goleada subjugando a política e as instituições públicas aos seus interesses de classe, impedindo as transformações políticas, econômicas, Sociais, culturais e ambientais que interessam ao povo brasileiro.

É em razão desta análise que movimentos sociais e organizações de todo Brasil apresentam para a sociedade e para as candidaturas a sua plataforma política para debate no processo eleitoral de 2014. Defendemos que estes são pontos fundamentais pra começar a provocar as rupturas e avanços que tanto lutamos.

1. Reforma do Sistema Político que elimine o “voto” do Poder Econômico nas eleições e nas definições das políticas públicas; que fortaleça os programas partidários, que enfrente a sub-representação dos/as trabalhadores/as, das mulheres, dos jovens, da população negra, indígena e LGBT; que regulamente e efetive os mecanismos de Democracia Direta; e que convoque uma Constituinte Exclusiva e Soberana do Sistema Político. A Constituinte deve ter como prerrogativa central a soberania popular.

2. Democratização dos Meios de Comunicação: implementação das propostas aprovadas na Conferência Nacional de Comunicação e pela descriminalização dos veículos de mídia independente.

3. Democratização da Educação: com universalização do acesso à educação em todos os níveis, principalmente a educação infantil, ensino médio e superior; erradicação do analfabetismo de 14 milhões de trabalhadores/as; garantir a efetividade dos 10% do PIB para educação pública.

4. Programa Massivo de Moradia Popular, que supere o déficit de 8 milhões de moradias à curto prazo.

5. Investimentos Prioritários em Transporte Público de Qualidade, implementando a tarifa zero. Entendemos que é o transporte público que dá acesso a todos os outros direitos sociais constitucionalmente conquistados, como saúde, educação e cultura.

6. Redução da Jornada de Trabalho para 40 horas semanais.

7. Reforma Agrária, que de fato democratize a estrutura da propriedade fundiária e garanta terra a todos/as os sem-terra. Pela publicação do decreto que atualize o índice de produtividade, facilitando a desapropriação do latifúndio.

8. Por uma nova Política Agrária, que garanta a produção e a compra pela CONAB de todos os alimentos produzidos pela Agricultura Familiar. Incentivo a produção de alimentos agroecológicos. A nova política agrária tem que ter como central a soberania alimentar.

9. Por um Plano Nacional de Erradicação do Uso de Agrotóxicos e Transgênicos, em defesa dos bens naturais e da biodiversidade.

10. Reforma Tributária, que inverta o atual sistema que cobra mais dos que menos têm; que tribute a renda e riqueza e não o consumo; que cobre impostos sobre grandes fortunas, sobre herança e sobre transferência de lucros para o exterior; que elimine a Lei Kandir e o Imposto de Renda sobre o salário.

11. Por um Plano de Desenvolvimento da Indústria Nacional, em todos os municípios, com estímulo a Agroindústria Cooperativa e Economia Solidária. Este plano deve apontar para um novo modelo de desenvolvimento, baseado em novas formas de produção, distribuição e consumo.

12. Por Mudanças na Política Econômica, com o fim do superávit primário; que coloque a taxa de juros e de câmbio sobre o controle do Governo, não a autonomia do BancoCentral.

13. Pelo compromisso real com o pleno emprego. Pensar a política econômica como elemento essencial para o pleno emprego, garantia de melhores salários e trabalho decente. Contra qualquer tentativa de precarização do trabalho e dos direitos trabalhistas. Garantia de uma política para aos trabalhadores estrangeiros que se encontram no país em situações de violação de direitos humanos.

14. Pela retomada da Reforma Sanitária e pelas reformas estruturais que a Saúde precisa, com aumento do investimento no SUS, fortalecimento da Atenção Básica, popularização dos cursos de saúde, carreira SUS para os trabalhadores, fortalecimento das práticas integrativas e comunitárias e das políticas de promoção à saúde, com efetiva regulação e fiscalização dos planos de saúde, além de fortalecimento do controle social.

15. Democratização do Poder Judiciário, para que a sociedade brasileira tenha controle e possa implementar padrões democráticos na escolha e no mandato dos juízes de Instâncias superiores. Criar mecanismos reais de controle externo de todo o sistema de justiça.  Defesa que o sistema de justiça como um todo deva ter políticas que contemplem a diversidade étnica, racial etc.

16. Desmilitarização das PM´s: defesa de uma Policia desmilitarizada e uma nova concepção de política de segurança que não criminalize a pobreza e a juventude, principalmente negra.

17. Pelo fim do Genocídio da Juventude Negra e contra Projetos de Redução da Maioridade Penal.

18. Pelo fortalecimento do sistema público de Previdência, pelo fim do fator previdenciário que prejudica o direito à aposentadoria dos/as trabalhadores/as brasileiros/as.

19. Pelo fim das Privatizações e das concessões dos bens e serviços públicos. O Estado precisa ter instrumentos eficazes de controle das tarifas de água, energia elétrica, combustíveis.

20. Por Políticas de Enfrentamento ao Machismo, Racismo e Homofobia. Defesa da criminalização da homofobia, da união civil igualitária, implementação real da Lei Maria da Penha e politicas para a autonomia econômica e pessoal das mulheres, pela criação do Fundo Nacional de Combate ao Racismo.

21. Pela demarcação imediata das terras indígenas e titularidade e regularização das terras das comunidades quilombolas. Rejeição a todos os projetos e PEC’s em tramitação no Congresso contra os direitos indígenas e quilombolas. Pelo efetivo cumprimento da Convenção 169 da OIT.

22. Por uma Política Externa que priorize as relações com países do Sul, que enfrente o poder das “grandes potencias”, que crie nova ordem de governança mundial.  Pela criação do Conselho Nacional de Política Externa.

Assinam:

1. Articulação de Mulheres Brasileiras – AMB

2. Articulação dos Movimentos Sociais pela ALBA.

3. Articulação popular e sindical de mulheres negras de São Paulo. APSMNSP

4. Associação Brasileira de agroecologia- ABA

5. Associação Brasileira de ONG’S - ABONG

6. Associação de estudos, orientação e assistência rural – ASSESOAR

7. Associação de Moradores do Bairro Parque Residencial Universitário – AMPAR - Cuiabá

8. Associação de Mulheres Solidárias Criativas - AMSC

9. Central de Movimentos Populares do Brasil- CMP-BR

10. Central Única dos Trabalhadores- CUT

11. Centro Brasileiro de Estudos de Saúde - CEBES

12. Centro de Estudos e Pesquisas Agrárias do Ceará -CEPAC

13. Coletivo de Consumo Rural Urbano de Osasco e Região - CCRU-O.R

14. Coletivo de Mulheres e PLS´s - Casa Lilás - Pernambuco

15. Conselho Nacional do Laicato do Brasil – CNLB

16. Consulta Popular

17. Coordenação Nacional de Entidades Negras-CONEN

18. Diocese Anglicana de Esmeraldas - MG

19. União Nacional dos Estudantes- UNE

20. Educafro

21. Escola de governo - São Paulo

22. Escola de Participação Popular e Saúde

23. Federação dos Estudantes de Agronomia do Brasil-FEAB

24. Federação Paranaense de Entidades ambientalistas - FEPAM

25. Fora do Eixo

26. Fórum de reforma urbana em Alagoas

27. Fórum do movimento ambientalista – BRASIL

28. Fórum do movimento ambientalista de Minas Gerais

29. Fórum do movimento ambientalista de Santa Catarina

30. Fórum do movimento ambientalista do Paraná

31. Fórum do movimento ambientalista do Rio Grande do Sul

32. Fundação Campo Cidade e Coletivo de Bombeiros Civil do Estado de São Paulo- FCC

33. Instituto De Estudos socioeconômicos- INESC

34. Instituto Democracia Popular - Curitiba - PR

35. Levante Popular da Juventude

36. Marcha Mundial das Mulheres

37. Movimento Camponês Popular- MCP

38. Movimento das Comunidades Populares

39. Movimento de Mulheres Camponesas-MMC

40. Movimento de ação e identidade socialista – MAIS

41. Movimento dos Atingidos por Barragens-MAB

42. Movimento dos trabalhadores e trabalhadoras do campo-MT

43. Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem terra- MST

44. Movimento Ibiapabano de Mulheres - MIM (Ceará)

45. Movimento Nacional de Direitos Humanos (MNDH)

46. Movimento Nacional de Rádios Comunitárias

47. Movimento Nacional pela Soberania Popular Frente à Mineração - MAM

48. Movimento pela soberania Popular sobre a mineração- MAM

49. Movimento Popular de Saúde - MOPS

50. Movimento Quilombola de Sergipe

51. Movimento Reforma Já

52. Organização Cultural e Ambiental - OCA - Hortolândia - SP

53. Plataforma dos Movimentos sociais pela reforma do Sistema Político

54. Pólis

55. Rede Economia Feminismo - REF

56. Rede Fale

57. Sempreviva Organização Feminista - SOF

58. Sindicato dos Petroleiros de Duque de Caxias

59. Sindicato dos Produtores Orgânicos e Familiares do Paraná – SINDIORGÂNICOS

60. Sindicato dos Psicólogos de São Paulo - SinPsi

61. Sindicato dos Trabalhadores da Agricultura Familiar de Sumaré e Região - SINTRAF

62. Sindicato dos Trabalhadores em Educação de Pernambuco - SINTEPE

63. Sindicato dos Trabalhadores em Educação de Roraima (SINTER).

64. Sindicato Unificado dos Petroleiros do estado de São Paulo - SINDIPETRO

65. UNEAFRO

Fonte: http://www.mst.org.br/node/16520

________________________________

Tres consideracións e dúas preguntas sobre o Ateneo Ferrolán

Reunido o Colectivo Ártabra 21 e informado da situación que está sufrindo o Ateneo Ferrolán na nosa cidade, quere manifestar publicamente o apoio a esta entidade nos seguintes termos:
1º O PP, no seu día, cos seus votos no Pleno aprobou e promoveu a rehabilitación do edificio do Ateneo. Para levar a termo esta rehabilitación se lle esixiu ao Ateneo o traslado do seu patrimonio. Este traslado e almacenamento realizouno unha empresa privada (Mudanzas Félix), no lugar de utilizar recursos municipais, e o Ateneo asinou o contrato de arrendamento dos contedores coa seguridade de que os custes estaban incluídos nos orzamentos da rehabilitación.

2º Hai máis dun ano que o Ateneo ven demandando ao Concello que asuma responsablemente a débeda adquirida polo traslado e custodia do patrimonio do Ateneo. Esta débeda non parou de medrar desde que finalizaron as obras de rehabilitación. Ante a denuncia presentada no xulgado por Mudanzas Félix, para esixir do Ateneo o pago de 39.000 euros en concepto de aluguer de contedores, cumpre que o Concello, como responsábel e promotor da rehabilitación do edificio, asuma a súa responsabilidade e poña fin a esta situación.

3º A actuación por parte do PP até este momento, só se pode clasificar como de acoso á entidade Ateneo Ferrolán. A rehabilitación do edificio realizouse sen local alternativo onde desenvolver as súas actividades; se lle reclúe na parte alta do edificio, agora rehabilitado, que levaba sendo a sede da entidade desde case 30 anos, e agora se pretende, mediante á privatización da xestión, outorgada á multinacional EULEN, acabar cun modelo de autoxestión cultural, que permitía un espazo de liberdade e independencia aberto a toda a cidadanía e ao tecido asociativo da nosa cidade, e non supoñía custe nas arcas municipais.
O Colectivo Ártabra 21 estaría moi interesado en que o Sr. Alcalde respondera a estas dúas preguntas:
As entidades de Ferrol, teñen que, a partir de agora, estar alerta e  sospeitar que as melloras que se leven a cabo por parte do concello, nos edificios de propiedade municipal que utilizan, vanlles supoñer prexuízos económicos e xudiciais como lle ocorre ao Ateneo Ferrolán?

En que parte do programa electoral se recollen todas estas actuacións, incluíndo o acordo coa empresa EULEN, que no nome da austeridade, privatizan servizos que resultan máis caros para a cidadanía que a xestión pública e as iniciativas sociais de autoxestión?
Reiterar o noso apoio à concentración que convoca o Ateneo Ferrolán, co apoio dunha parte moi importante do tecido asociativo e cultural da cidade, para este martes 16 de setembro na Praza do Concello, ás 8 da tarde, para esixirlle ao goberno municipal que asuma as responsabilidades contraidas e se encargue dos gastos do traslado e almacenamento do patrimonio da entidade por mor das obras de rehabilitación do edificio que realizou o Concello.

Ferrol, 14 de setembro, de 2014

Colectivo Ártabra 21

Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Ferrol Terra de Trasancos e Bezoucos
  
Correo-e: artabra21@gmail.com
Sitio-e: http://artabra21.blogspot.com/
___________________

Acto Público da UPG para presentar un novo número extra da revista Terra e Tempo, coa presencia do seu secretario Xeral Néstor Rego - 50 preguntas, 50 argumentos para a Soberanía de Galiza


A UPG PRESENTA EN FERROL UN NOVO VOLUME DA REVISTA TERRA E TEMPO

"50 PREGUNTAS, 50 ARGUMENTOS PARA A SOBERANÍA DE GALIZA"
A Unión do Pobo Galego organiza un acto público en Ferrol que terá lugar este mércores 17 de setembro ás 20.00 na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32 Baixo) no que presentará o último número, o 171, da revista Terra e Tempo.

Este novo volume da revista Terra e Tempo, trátase dun exemplar que leva por título “50 preguntas, 50 argumentos para a Soberanía de Galiza” é unha obra coral na cal participan cincuenta persoas de ámbitos, xeracións e formacións diversas que abordan e tentan dar explicacións a diversas cuestións relacionadas con Galiza e coa situación política na que se atopa o noso país en todos os seus frentes: político, económico, social, cultural etc.

Este acto será presentado polo Secretario de Zona da UPG en Ferrolterra, Manuel Rei Romeu e contaremos coa presenza de Rubén Cela, Coordenador do volume e Néstor Rego, Secretario Xeral da UPG.

Sen máis recebede un cordial saúdo en nome da UPG.

Ferrol 15 de setembro de 2014.

asdo. Pedro Fernández

http://www.uniondopovogalego.org/

http://www.terraetempo.com/

Enviado por:
Pedro Fernandez
-kensabegz@gmail.com-
15 de setembro de 2014 16:22

___________________

Citas da III Semana de Custodia do Territorio n'As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo - En Betanzos o 20, 21, 24, 27 e 28 de Setembro


Como en anos anteriores, a finais deste mes celebraremos unha nova edición da Semana de Custodia. Ademais de programar conferencias e actividades de voluntariado, nesta ocasión incorporamos unha novidade: a eco-regata, unha competición lúdica que inclúe actividades infantís paralelas. Xa que logo, esperamos que a oferta desta edición volva a animar a participar a todo tipo de público, tanto adultos coma cativos.

Non seremos os únicos en organizar actividades en torno á custodia do territorio: toda Europa programa eventos similares no marco da LandLife Week.
Nesta ocasión o tema central son os retos de conservación ós que nos enfrontamos na bisbarra de As Mariñas e a posibilidade de acometelos mediante a custodia do territorio. Ten como fin que a cidadanía coñeza algunhas das especies de animais e plantas presentes no territorio da reserva da biosfera que precisan da nosa atención e coidados, por estaren ameazadas.

O obxectivo é fomentar na bisbarra unha cultura de conservación da biodiversidade, de xeito que tanto os estamentos oficiais coma os particulares teñan en conta as necesidades vitais das distintas especies antes de acometer actuacións ou realizar actividades no medio natural. Grazas a senlleiros investigadores, achegarémonos á vida das xoias que conforman o tesouro natural que se agocha en As Mariñas.

Igual que nas edicións anteriores, está organizada conxuntamente pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos e por Fragas do Mandeo. O financiamento corre totalmente a cargo de Mariñas-Betanzos, pois Fragas do Mandeo destina o 100% das doazóns que recibe a mercar montes de interese ambiental e, xa que logo, non dispón de medios económicos propios para actos deste tipo. Tamén colabora GADISA, que proporciona o avituallamento nas xornadas de voluntariado.

Por favor, descarga o programa e o cartel e compárteos no teu entorno persoal e redes sociais: así axudarás a que todos teñan a oportunidade de participar.

Para apuntarte nas xornadas de voluntariado e na eco-regata, ponte en contacto coa organización no teléfono 981 669 541 ou envía un correo electrónico a info@marinasbetanzos.org. Deste xeito terás un seguro de accidentes e recibirás indicacións detalladas por adiantado.

Xornada sobre o papel da custodia do territorio na conservación: Para inaugura-la Semana temos programado un conxunto de charlas que levan por título Custodia do territorio e conservación: Retos na preservación da biodiversidade mariñán. Trala presentación a cargo do alcalde de Betanzos, D. Ramón García, e do presidente da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, D. José Antonio Santiso, faremos un breve resumo dos logros acadados por Fragas do Mandeo nos seus catro anos de andadura.

A primeira das conferencias correrá a cargo do Dr. Javier Amigo, botánico da Universidade de Santiago de Compostela, que nos permitirá coñece-la flora máis ameazada na nosa bisbarra e os hábitats nos que prospera. A continuación intervirá o Dr. Pedro Galán, zoólogo da Universidade da Coruña, que se centrará nos anfibios e réptiles que están nunha situación máis delicada. Trala pausa de media mañá, a Dra. Paz Ondina, bióloga da Universidade de Santiago de Compostela, falará do complexo ciclo vital do escaso mexillón de río e da súa dependencia dos peixes migradores. Para remata-la xornada, o ornitólogo D. Sergio París, da Sociedade Galega de Ornitoloxía, expoñerá a situación preocupante de varias especies de aves da bisbarra e do que podemos facer por elas.

Data: Sábado 20 de setembro, de 9:30 a 14:00 horas.
Lugar: Salón azul do Liceo de Betanzos.

Voluntariado en Ponte do Porco: Iniciarémo-las actividades de voluntariado ambiental coa eliminación das especies exóticas invasoras que ameazan a biodiversidade da praia da Alameda e, de paso, retiraremos todo o lixo que poidamos. Empezamos hai tres anos erradicando a uña de gato (Carpobrotus edulis) e os plumeiros (Cortaderia selloana), dos que aínda segue saíndo algún. Nesta ocasión atacaremos tamén o eixerón (Conyza canadensis). Igual que en anos anteriores, contamos coa colaboración do Concello de Miño. Por favor, ponte en contacto connosco previamente no caso de quereres participar. Máis datos na folla informativa.

Data: Domingo 21 de setembro, de 9:30 a 14:00 horas.
Lugar: Praia da Alameda (Ponte do Porco, Miño).

Conferencia A ameaza das especies exóticas invasoras nas Mariñas: O profesor de botánica da Universidade da Coruña Dr. Jaime Fagúndez explicará como as especies exóticas invasoras teñen chegado a se-la segunda causa en importancia de perda de biodiversidade a nivel planetario, incidindo nas plantas e animais que están producindo maior impacto na nosa bisbarra e a maneira de dete-lo seu avance.

Data: Mércores 24 de setembro, ás 20:00 horas.
Lugar: Salón azul do Liceo de Betanzos.

Eco-regata na ría de Betanzos: No canto de loitar por se-lo máis veloz, nesta competición lúdica a rivalidade será por coida-la ría. As embarcacións, apoiadas en terra polos seus equipos, afanaranse por ver cal é a que máis lixo recolle e a que atopa o refugallo máis singular. A saída e a meta estarán no porto de Betanzos, onde haberá comida, bebida, música e actividades infantís. Colaboran Amigos dos Ríos de Betanzos, Club de Piragüismo, Asociación Ría do Pedrido, Asociación Regato dos Mouros, Lar de Unta e Casa Castillo Betanzos. Ponte en contacto connosco se queres participar, aínda que non teñas lancha. Máis datos na folla informativa.

Data: Sábado 27 de setembro, de 15:00 a 20:30 horas.
Lugar: Porto de Betanzos.

Limpeza simultánea de ríos: Imos achegarnos ó río Mendo para participar na sétima edición da limpeza simultánea de ríos de toda Galicia que coordina o Proxecto Ríos. Iniciarémo-la limpeza na ponte dos Cabalos, para continua-la ruta pola beira do río até a ponte de Taibo, recollendo todo canto refugallo atopemos. Son 6 km de espazo natural protexido que merece ser conservado en óptimas condicións. O traxecto non é dificultoso, pero é conveniente levar calzado e roupa axeitada, ademais de luvas. Por favor, ponte en contacto connosco previamente no caso de quereres participar. Máis datos na folla informativa.

Data: Domingo 28 de setembro, de 9:30 a 14:00 horas.
Lugar: Partiremos dende o centro de saúde de Betanzos.

A Semana de Custodia significa algo máis que un evento cultural. É a oportunidade para que as persoas preocupadas polo patrimonio natural da nosa bisbarra nos poñamos a traballar conxuntamente en accións directas e eficaces.
Rompe coa indiferenza e móvete pola nosa biodiversidade: ¡Participa!

Fonte:  http://www.fragasdomandeo.org/


Enviado:

Asociación Custodia Bosque Atlantico BETULA
-custodia.betula@gmail.com-
9 de setembro de 2014 23:19
______________________

A marcha polo clima non se detén, ... Por Amy Goodman, coa colaboración de Denis Moynihan - O domingo 21 de setembro realizarase unha Acción Global dos Pobos polo Clima


Por Amy Goodman, coa colaboración de Denis Moynihan [*]
15.09.2014


"Existen leis inxustas", escribiu Henry David Thoreau no seu ensaio de 1849 titulado "Do deber da desobediencia civil". Thoreau, un pacifista e naturalista, preguntábase na súa obra: "Contentarémonos con obedecelas, trataremos de enmendarlas e obedecémolas até que o conseguimos ou as transgrediremos desde un comezo ?". A súa resposta foi simple: "Transgridan a lei".

Iso é precisamente o que fixeron Ken Ward Jr. e Jay O'Hara 164 anos máis tarde, o 15 de maio de 2013. Navegaron nun pequeno barco pesquero chamado "Henry David T." até un lugar da costa de Massachusetts, perto da planta Brayton Point, unha enorme central eléctrica de carbón construída en 1963 que é a maior fonte de emisións de carbono da rexión. Ancoraron alí e bloquearon o acceso ao peirao, impedindo que un buque descargase 40.000 toneladas de carbón. Colgaron carteis no bote coa lenda "O carbón é absurdo" e "350", en referencia ao grupo internacional de acción polo clima 350.org. O seu nome alude ao nivel de concentración de dióxido de carbono na atmosfera, 350 partes por millón (ppm), que os científicos consideran é o máximo aceptable para evitar que o cambio climático provocado polo home se converta en catastrófico. Ward e O'Hara lograron impedir descárgaa de carbón. Desde o bote chamaron á policía local e máis tarde foron arrestados pola Garda Costeira de Estados Unidos.

O'Hara, un velero cuáquero de Cabo Cod, explicou: "Acusáronnos de catro delitos: de alterar a orde, de conspirar para alterar a orde, de manexo neglixente dun buque a motor e de non impedir a colisión dun bote". Por todo iso afrontaban unha posible pena de varios anos de prisión. Invocaron a "defensa por necesidade" ao recoñecer que incumpriron a lei, argumentando que o fixeron para evitar un mal peor, é dicir, a queima de carbón que aumenta o quencemento global. O luns 8 de setembro, finalmente compareceron ante o tribunal. O Fiscal de Distrito do Condado de Bristol, Sam Sutter, ofreceulles un acordo: retirar os cargos penais no seu contra a cambio de que se declarasen culpábeis dun delito civil e fosen condenados ao pago dunha multa. Pero o fiscal Sutter foi até máis lonxe, bastante máis lonxe: cruzou a praza que está fronte ao tribunal e pronunciou un breve discurso que sorprendeu aos dous acusados e ás ao redor de cen persoas que estaban alí apoiándoos:
"A decisión que adoptamos Robert Kidd, o vicefiscal de Distrito a cargo do caso, e eu, foi unha decisión que sen dúbida tivo en conta o costo para os contribuíntes de Somerset, pero foi adoptada pensando nos seus fillos, nos nenos do Condado de Bristol e nos demais nenos. O cambio climático é unha das peores crises que o noso planeta enfrontou en toda a súa historia. Na miña humilde opinión, os líderes políticos non fixeron o suficiente respecto diso. Éncheme de esperanza que logremos forxar un acordo que comprace a ambas partes e que parece satisfacer á policía e ás persoas que están aquí para apoiar aos acusados. Ademais, compráceme enormemente que alcancemos un acordo que simboliza o compromiso da Oficina do Fiscal de Distrito do Condado de Bristol de asumir un papel de liderado con respecto a este tema".
A incrible mostra de liderado político do fiscal de distrito Sam Sutter sen dúbida chega nun bo momento. Esta semana, a Organización Meteorolóxica Mundial (OMM) publicou o seu último boletín sobre os gases de efecto invernadoiro, no que dá a coñecer estatísticas preocupantes achega da aceleración do cambio climático. "A cantidade de gases de efecto invernadoiro na atmosfera alcanzou un novo récord en 2013", informou a Organización Meteorolóxica Mundial. A concentración actual de dióxido de carbono é de 396 partes por millón. A OMM tamén advertiu que "O índice actual de acidificación dos océanos parece non ter precedentes, polo menos nos últimos 300 millóns de anos". O outro acusado da acción fronte á planta Brayton Point, Ken Ward, ex director executivo de Greenpeace Estados Unidos, sinalou a urxencia coa que considera o cambio climático: "Este verán aprendemos que a capa de xeo da Antártida occidental estase derrubando de forma inevitable, o que significa tres metros por encima do nivel do mar. Iso, para min é realmente todo o que necesitaba saber. É dicir, é un acontecemento simbólico. De agora en máis, todo empeorará. Deberiamos estar adoptando medidas de urxencia en todas partes e a primeira medida de urxencia é deixar de utilizar carbón".

Henry David Thoreau é sobre todo coñecido polo seu libro "Walden", no que describe o ano que viviu nunha cabana que construíu en Walden Pond, perto de Concord, Massachusetts. Thoreau opúxose á invasión de Estados Unidos en México en 1847 e era un firme opositor da escravitude. Para protestar contra estas políticas violentas, decidiu que non pagaría os impostos. Cando o enviaron a prisión por iso, recibiu unha visita do seu amigo, o poeta Ralph Waldo Emerson. Segundo conta a historia, Emerson preguntoulle: "Henry, que estás facendo aquí dentro?", ao que Thoreau respondeu: "Waldo, que estás facendo ti alí fóra?". O ensaio de Thoreau sobre a desobediencia civil foi unha das primeiras expresións modernas da táctica non violenta da non cooperación. As súas palabras e as súas accións inspiraron a millóns de persoas, entre elas a Gandhi e a Martin Luther King Jr.

O domingo 21 de setembro realizarase na cidade de Nova York a Marcha dos Pobos polo Clima. Os organizadores prevén que será a maior marcha polo clima na historia. O seu eslogan é: "Para cambialo todo, necesitamos de tod@s". Sam Sutter dixo que participará, do mesmo xeito que os dous activistas aos que condenou. Pregunteilles ao fiscal de distrito e aos acusados si marcharán xuntos. Sorriron. O fiscal Sutter respondeu: "Por que non? Pódenme chamar. Dareilles o meu número de celular". Jay O'Hara coincidiu: "É unha boa idea".

Escoitar en Espanhol:
http://traffic.libsyn.com/democracynow/amycolumn2014-0912-es.mp3

© 2014 Amy Goodman

Tradución ao español do texto en inglés: Mercés Camps. Edición: María Eva Blotta e Democracy Now! en español, spanish@democracynow.org

Texto traducido, ao Galego, por Ártabra 21, apoiando-se nos recursos públicos de tecnoloxía lingüística desenvolvidos polo Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo.

[*] Amy Goodman é a condutora de Democracy Now!, un noticiero internacional que se emite diariamente en máis de 800 emisoras de radio e televisión en inglés e en máis de 450 en español. É co-autora do libro "Os que loitan contra o sistema: Heroes ordinarios en tempos extraordinarios en Estados Unidos", editado por Le Monde Diplomatique Cono Sur.

Publicado o 12 de setembro de 2014 en  Democracy Now.

Enviado por:
Democracy Now! en Español
-boletin@democracynow.org-
13 de setembro de 2014 08:26

__________

Sitio na rede da Acción Global:
http://peoplesclimate.org/pt/
________________________

domingo, setembro 14, 2014

A 'Marea Ártabra' presentouse en Ferrolterra, para construír, dende abaixo, alternativas de gobernos municipais nas comarcas do noroeste galego




Construír, dende abaixo
A 'Marea Ártabra', iniciativa política que pretende "construír, dende abaixo," unha alternativa cidadá nas vindeiras Eleccións Locais de Maio de 2015,  presentou-se en Ferrol este sábado 13 de Setembro, pasadas as 12 do mediodía na Galería Sargadelos.  Montserrat Garel e Miguel Castro, presentaron a marea cidadá no nome das 72 persoas que asinan inicialmente o manifesto. Acompañaron o acto numerosas persoas, entre as que se encontraban, maioritariamente, asinantes do manifesto que se presentou na rolda de prensa. Activistas sociais e culturais, artistas, escritores, traballadores/as do ensino, ecoloxistas, antigos sindicalistas e concelleir@s que hai tempo estiveron sentad@s nas bancadas do Pazo Municipal ferrolán, apoian á 'Marea Ártabra'. Tamén estiveron presentes unha importante representación das organizacións políticas que xa amosaron o seu apoio á marea cidadá (ANOVA-IRMANDADE NACIONALISTA, ESQUERDA UNIDA e ESPAZO ECOSOCIALISTA GALEGO).

Alternativas de gobernos municipais nas comarcas
Na propia posta en escena, amosaba-se as aspiracións de que a 'Marea Ártabra' sexa a referencia para as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. Na foto do xornalista Raúl Salgado publicada en Ferrol 360, observa-se que ao redor das palabras 'Marea Ártabra', aparece o nome dos diferentes concellos (Ares, Cariño, Narón, As Pontes, ...) das comarcas que conforman o noroeste galego.

Unitaria
Na convocatoria manifestan que a 'Marea Ártabra' é a súa "resposta a tanta agresión", e o seu "berro a tanto silencio contido", seguen: "Setenta e dúas voces, setenta e dúas cidadás e cidadáns van poñer a palabra que vai rachar co silencio que nos queren impoñer, o chamamento para a incorporación á marea cidadán que cómpre artellar. Setenta e dúas memorias nunha soa: a memoria e a voz do pobo da comarca de Ferrolterra".

Anunciada a primeira Asemblea Cidadá
A primeira Asemblea Cidadá Aberta da 'Marea Ártabra' será o xoves 2 de Outubro, ás 8 da tarde no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño.

Como asinar o manifesto e unirse á 'Marea Ártabra'
Pode-se asinar o manifesto de apoio cubrindo un formulario no seu sitio na rede: Acceder.

Para contactar
Presentou-se o manifesto que se pode ler nun blogue que abriron no seguinte enderezo: http://mareaartabra.blogspot.com.es/  ou mareaartabra.org. Tamén hai un enderezo de correo electrónico: mareaartabra@gmail.com.

A Marea Ártabra nas redes sociais
:
Logo da marea cidadá:
A noticia nalgúns medios:
  • Ferrol 360 | A Marea Ártabra emerxe en Ferrol e xa apunta ás municipais de maio | RAÚL SALGADO | @raulsalgado | Ferrol | Sábado 13 setembro 2014 | 13:07 | Ir á Web.
  • Praza Pública | A Marea Ártabra chama a cidadanía a "tomar a palabra" nunha "oportunidade única" | Redacción | @prazapublica | Sábado 13 setembro 2014 | Ir á Web.
  • La Voz de Galicia | Marea Ártabra busca «aire novo» para Ferrolterra | A asemblea constituínte celebrarase o 2 de outubro coa mirada posta nas eleccións municipais | ANA F. CUBA FERROL / LA VOZ 13/9/2014 16:44h | Ir á Web.
  • Diario de Ferrol | Marea Ártabra toma forma e inicia a súa andadura cara ás municipais | REDACCIÓN FERROL | Actualizado 14 Setembro 2014 - 00:17 h. | Ir á Web.
Algunhas fotos que circulan polas redes sociais

___________

Ante o anuncio da entrada do gaseiro LNG 'Mourad Didouche', cargado con gas para a ilegal e perigosa Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha concentración no peirao de Curuxeiras este Luns 15 de Setembro, ás 8 da Tarde


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 LUNS 15 DE SETEMBRO, ÁS 8 DA TARDE
NO PEIRAO DE CURUXEIRAS
FERROL VELLO

O LNG 'Mourad Didouche', un vello gaseiro de máis de 34 años de antigüidade, con bandeira de Alxeria, é un buque de grande porte, de 274.42m de eslora, 42m de manga e de calado 13.30m. Cunha capacidade de 126.130 m³ de GNL. Son miles as toneladas de gas natural licuado, para a ilegal e perigosa Reganosa. Este buque metaneiro ten anunciado a súa entrada na Ría de Ferrol, para este Luns 15 de Setembro de 2014. Esta entrada, supón xa a 179, desde que o fixera o LNG "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada do buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, o mesmo Luns ás 8 da Tarde, en Ferrol, no Peirao de Curuxeiras, no Porto de Ferrol.


Hai máis de dous anos (11 de maio de 2012) que se ditou a Sentenza polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel.

Tras a Sentenza do Tribunal Supremo, que declara ilegal a localización de Reganosa, temos que esixir o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRA A SENTENZA DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!
10 razóns para preguntar-se ... Por que Reganosa ten que saír da nosa Ría e das nosas Vidas?

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE ERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Rifa en apoio do Comité Cidadán (Sorteo: 26 de Setembro)

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
13 de setembro de 2014 15:49
_______________