xoves, xaneiro 21, 2016

Grupo parlamentar: a renuncia da Marea, ... Por Xosé Mexuto


Por Xosé Mexuto [*]
21.01.2016


É-me difícil de entender por que En Marea non rexistou o seu grupo parlamentar como si o fixo Compromís, por que non deu a batalla, por que acabou optando por se inserir no grupo chamado confederal de Podemos, baixo a chefía de Pablo Iglesias.

A argumentación de que a solicitude de constitución do grupo parlamentar propio estaba condenada ao fracaso pola oposición da maioría da Mesa non se ten de pé: un non pode/debe renunciar ás primeiras de cambio a unha causa que xulga xusta e que, aliás, é un compromiso eleitoral. É isto o rupturismo? É esta á rebeldía? En política os símbolos son moi importantes, os de Podemos sábeno ben. Que simboliza esta manobra? Pouca firmeza perante o muro madrileño. É esta a afouteza coa que se tenciona asaltar o búnker?

Ítem máis: ao renunciar a constituír grupo, renúnciase aínda a petar nas portas do Tribunal Constitucional. Non me vale o contra-argumento de este ser un tribunal político controlado polas elites españolas. Xa o sabemos: mais do que se trata aquí é de se se quer ou non dar a batalla política até o final, de se se mantén ou non o compromiso adquirido co eleitorado.
"Un non pode/debe renunciar ás primeiras de cambio a unha causa que xulga xusta e que, aliás, é un compromiso eleitoral"
A decisión tórnase máis incomprensíbel se cabe ao contrastar coa de Compromís. A formación valenciana, que si rexistou o seu grupo proprio, axiu como axiu pola presión política exercida no seu seno polo Bloc Nacionalista Valenciá. Eles si se ativeron ao compromiso eleitoral.

Non enredo máis con esta cuestión. Os aspectos formais de apresentación da xogada -grupo confederal, non disciplina de voto ["non me imaxino ningunha votación neste Congreso en que teñamos unha posición diferente", dixo Errejón], etc- son pura maquillaxe. En Marea insírese nun grupo de ámbito estatal e iso é todo. Do ponto de vista da súa coherencia o lóxico tería sido rexistar o grupo proprio e, logo de ter sido rexeitado, ter ido ao mixto. Iso visualizaría En Marea como unha entidade propria, non enfeudada. O BNG estivo 20 anos no grupo mixto e sempre foi percibido como unha representación xenuinamente galega. En Marea vaino ser como un apéndice de Podemos: e non só, como xa a está a acontecer, pola inmensa maioría dos mass media, senón tamén pola grande maioría da populación galega.
"O que ten que explicar En Marea agora é por que se comprometeu en campaña a algo que non estaba na súa man conseguir, a algo que dependía de actores políticos non galegos"
Amigas e amigos, parafraseando Arsenio Iglesias, a política é moi difícil. Mais ás veces non o é tanto: Carolina Bescansa xa o anunciara no mes de agosto pasado: o do grupo parlamentario galego, indo Podemos dentro, non ía ser posíbel. O que ten que explicar En Marea agora é por que se comprometeu en campaña a algo que non estaba na súa man conseguir, a algo (que se tolerase a formación dun grupo participado por deputados de forzas políticas estatais) que dependía da vontade política de actores non galegos.

Nun artigo anterior lancei a pergunta de cantos deputadxs iría ter Podemos no Congreso. Desde esta terza feira 19 de xaneiro xa coñecemos a resposta.

Publicado no Sermos Galiza | 20.01.2018 | Onde recomendamos acceder para ler os comentarios.

[*] Xosé Mexuto. Barcelona 1966, xornalista e Director de Sermos Galiza. Foi xefe de imprensa do BNG no Congreso dos Deputados no período 1996-2003.  Traballou nas redaccións de El Ideal Gallego (1987-1988) e La Voz de Galicia (1989-1996). Foi tamén correspondente da axencia Efe na cidade d'A Coruña. Ten colaborado con A Nosa Terra e Xornal de Galicia. É coautor, con Jesús Flores, de "A Historia do Deportivo" (Edicións Xerais, 1993). En Xullo de 2006 deu ao prelo "A nación galega existe. Conversas con Francisco Rodríguez" (Edicións A Nosa Terra). | Seguir a @xosemexuto | Ler outros artigos no Sermos.

Enviado por:
Inácio GZ
inaciogz@gmail.com
20 de janeiro de 2016 18:47

__

Banco de Alimentos: Combater a fame coas sobras?, libro de Jordi Gascón e Xavier Montagut


BANCO DE ALIMENTOS
Combater o fame coas sobras?
Jordi Gascón e Xavier Montagut


Enfrontar o fame coas sobras non é eficaz nin para loitar contra a pobreza alimentaria, nin para reducir o desperdicio.

O Banco de Alimentos anímanos a "seguir a comida" que distribúe e descubrir como termina no usuario. O libro, en cambio, propón "seguir o diñeiro" co que se adquiren os produtos que reparte o Banco de Alimentos. Unha perspectiva distinta que nos descobre a súa simbiótica relación coa gran industria agroalimentaria: o seu principal beneficiario.

O discurso dominante xustifica manter unhas subvencións que disparan unha carreira competitiva que leva á sobreprodución e ao desperdicio de alimentos e recursos, pero que beneficia a grandes corporacións, cadeas de supermercados e latifundistas en detrimento do pequeno campesiño. Para iso, o discurso sitúa as solucións no terreo dos consumidores, aos que acusa de non saber consumir adecuadamente.

O Banco de Alimentos®, que se ofrece como solución para aproveitar os alimentos desperdiciados e sobreproducidos, participa nesta política encubridora.

Nun contexto de crise, con sectores da poboación padecendo pobreza alimentaria e malnutrición, as medidas paliativas son imprescindíbeis. Pero ademais de que non terían que ser a estratexia principal da política pública, esas medidas poden ter consecuencias contraproducentes dependendo de como se susciten. Vímolo na práctica dos Banco de Alimentos®: reproducen lóxicas asistencialistas que favorecen o desempoderamiento, a perda de autonomía persoal e a estigmatización dos seus "usuarios".

Pero hai alternativas. A crise impulsou unha sociedade sensíbel aos problemas dos seus conciudadáns e con desexos de actuar fronte á pobreza alimentaria, o exceso de consumo e o desperdicio de alimentos. Ao mesmo tempo que se reivindican estes dereitos, estanse desenvolvendo nos barrios e pobos iniciativas que, coa participación dos propios afectados, buscan respostas inmediatas que faciliten solucións duradeiras. Solucións que non diferencian entre activistas e usuarios, e que proporcionan alimentos e medios para conseguilos co propio traballo dos afectados, como os hortos ou a distribución de alimentos reivindicativas e autoxestionadas.

Ficha.-
Asaco, 26
Análise contemporáneo

Consumo e decrecimento
Cooperación
Economía
Economía solidaria
Soberanía alimentaria
ISBN: 9788498886917
Ano Publicación: 2015
páxinas: 88
PVP: 9 €
Enlace anexo (doc formato pdf)
Índice e introdución

Web de Icaria Editora. | Ir á Web.

Enviado por:
Anna Monjo
amonjo@icariaeditorial.com
20 de janeiro de 2016 17:24

_______________

mércores, xaneiro 20, 2016

Lídia Senra: "O Mercado Único Dixital desprazará inda máis ao comercio local e eliminará postos de traballo", a eurodeputada galega adverte de que a UE está a impulsar o Digital Single Market como "unha das pezas clave para avanzar na negociación do TTIP"


Lídia Senra: "O Mercado Único Dixital desprazará inda máis ao comercio local e eliminará postos de traballo". | AGEe critica que a UE adique os seus esforzos a fomentar o consumismo e modelos comerciais que expulsan ás traballadoras/es. | Senra adverte de que a UE está a impulsar o Mercado Único Dixital como "unha das pezas clave para avanzar na negociación do TTIP".


Dende onte e até o vindeiro xoves 21 de xaneiro o Parlamento Europeo desenvolve sesión plenaria en Estrasburgo [ORDE DO DÍA DO PLENO]. Entre os debates celebrados durante o día de hoxe, a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, quixo subliñar a importancia da discusión desenvolvida arredor da proposta da Comisión Europea de concretar o Mercado Único Dixital [RESOLUCIÓN].

Nunha estratexia económica que nos remite ao incremento do consumismo e á preponderancia da economía financeira sobre a real, a Comisión Europea estableceu como un dos obxectivos principais desta lexislatura deseñar un espazo comercial, "que consiste fundamentalmente en eliminar as barreiras ás transaccións efectuadas en liña", é dicir, o Mercado Único Dixital.

"O mercado dixital único significa o expoñente máximo da liberalización comercial intracomunitaria aumentando inda máis a deslocalización produtiva", advertiu a eurodeputada de AGEe. Aliás, dar pulo a esta proposta cando inda non está garantida a neutralidade na rede, non se están facendo apenas esforzos dende a UE por fomentar o software libre e adoecendo dunha fenda dixital enorme dentro dos Estados e entre os países membro, "revela que este mercado é unha proposta de negocio feita á medida para os grandes capitais; pensando nas grandes transnacionais e nas empresas, non nas persoas ou nas PEMES", analizou en alusión á falta de proporcionalidade da que adoece dende o seu nacemento a proposta do Mercado Único Dixital.

"Se a día de hoxe a Unión Europea non só non foi quen de establecer unhas regras de mercado xustas no mundo real, senón que é un dos principais axentes impulsores da liberalización salvaxe, que cabe agardar dun Mercado Único Dixital que xa de entrada está a ser deseñado por grandes poderes económicos, algúns dos cales están xa organizados como lobby para defender os seus propios intereses?", cuestionou Lídia Senra.

Xa dende o seu inicio, o prantexamento deste espazo comercial non está a resultar integrador con respecto a opcións actuais de importante valor social, como o pequeno comercio ou os mercados locais, "nesta proposta fálase mesmo de establecer redes de puntos de recollida para a paquetería transfronteiriza; onde queda neste esquema o pequeno comercio? Por que deberiamos establecer redes de recollida en vez de manter a compra a través dos comercios físicos e, sobre todo, do comercio local?". "É máis", abondou a eurodeputada, "onde ficou a preocupación da UE pola emisión de gases de efecto invernadoiro derivados do irracional e masivo transporte de mercadorías actual?".

Xusto nos mesmos días nos que o Foro de Davos está a presentar un estudo no que prevé a perda de alomenos 7 millóns de postos de traballo nos vindeiros cinco anos, fundamentalmente debido á dixitalización e robotización da produción e do comercio, "A UE prefire seguir encamiñando os seus esforzos a fomentar o consumismo e a crear novos escenarios comerciais, o menos regulados posíbel, onde operar transaccións económicas". "Ademais, atrévense a argumentar que creará postos de traballo, obviando por completo que son moitísimos máis os que eliminaría", reprochou Senra.

Aliás, xorden tamén moitas dúbidas ao respecto das condicións de traballo que se darían neste espazo produtivo, xa que a proposta da Comisión mantén presente a necesidade da "competitividade" neste eido comercial, é dicir, empregar o dumping social e medioambiental para que o produto final teña un valor asequíbel. Até o momento, o exemplo paradigmático deste tipo de comercio é o xigante da venda por internet, Amazon, que é tamén un xigante da explotación laboral.

Para Senra, "non é casual que a UE estea a dar pulo a esta proposta comercial xusto cando está a negociar o TTIP cos Estados Unidos e ten o CETA negociado con Canadá[1]; é unha das pezas clave". "Todo o que signifique homologar a lexislación comercial dos Estados membro facilita a cacarexada 'armonización' á baixa que pretenden establecer entre as partes negociadoras", sinalou a eurodeputada.

Finalmente, advertiu Lídia Senra, "resulta tamén preocupante que se presente como un dos principais obxectivos deste mercado dixital a construción dunha 'economía de datos' vinculada ao sector das enerxías, servizos financieiros, e mesmo a saúde, fundamentándoa na connivencia público-privada".

Estrasburgo, 19 Xaneiro 2016.

[1] Os servizos de telecomunicacións e o comercio electrónico son capítulos do texto consolidado no acordo con Canadá (CETA), están sendo abordados nas negociacións do acordo cos Estados Unidos (TTIP) e figuran entre os puntos que potencialmente poden ser incluídos no acordo multilateral de comercio en servizos (TiSA). Máis información: http://trade.ec.europa.eu/doclib/press/index.cfm?id=1230.

Máis información:
Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.



Enviado:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
19 de janeiro de 2016 17:35
____________

Esquerda Unida de Narón leva o pleno de Ordinario de Xaneiro unha moción para esixir que a Igrexa Católica pague o IBI


O déficit que España ten e a caída da actividade económica, é consecuencia dunha inadecuada xestión das institucións públicas, do espolio desenrolado polos mercados, os especuladores e os bancos, da permisividade para a circulación de diñeiro negro e polo enorme fraude fiscal existente, todo elo recae, exclusivamente, sobre as costas da cidadanía, que sofre: un agonístico paro, co aumento da pobreza, un perigoso recorte de innumerables e básicos dereitos sociais, o aumento do IRPF, xunto a baixada unilateral dos salarios e o aumento de diversos impostos, incluído o imposto de bens inmobles (IBI). 

Esta irregular situación, agravase coas exencións fiscais das que desfrutan diversas entidades, en especial a igrexa católica (que é a maior posuidora de bens inmobles) e outras confesións.

O fraude fiscal e a exención de impostos como o do IBI e outros, grava enormemente as nosas arcas municipais, feito que consideramos enormemente inxusto.

De acordo con o anterior, sometese a consideración do Pleno a aprobación dos seguintes acordos:
  1. Instar ao Goberno do Estado a revisar e modificar os acordos internacionais asinados coa Santa Sede en 1976 e 1979, para adecuarse ao carácter aconfesional do Estado español, e que supoñan a supresión dos privilexios dos que goza a Igrexa Católica no Estado e nomeadamente permita a suxeición ao IBI do seu patrimonio.
  2. Mentres non se leve a cabo a revisión contemplada no primeiro punto, negociarase coa Igrexa católica unha compensación aos Concellos por estar exenta do pagamento do IBI.
  3. Instar ao Parlamento de Galiza e á Xunta de Galiza a que fagan propios os punto anteriores, e xa que logo, insten ao Goberno do Estado a suprimir os privilexios dos que goza a Igrexa Católica e mentres non se leve a cabo, soliciten da Igrexa Católica unha compensación aos concellos galegos.
  4. Instar ao Goberno municipal a realizar un censo municipal dos inmóbeis pertencentes á Igrexa Católica e a outras confesións relixiosas.

Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón



ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.

Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.

Foto: Casa do Concello | Galipedia.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
19 de janeiro de 2016 13:25

_____________

martes, xaneiro 19, 2016

Concentración para denunciar os asasinatos das activistas kurdas en Turquía - Na Coruña o xoves 21 de Xaneiro, ás 8 da Tarde fronte ao consulado turco


CONCENTRACIÓN DENUNCIA ASASINATOS POLÍTICOS ACTIVISTAS KURDAS


O 8 de xaneiro de 2016 realizouse o funeral de tres loitadoras e compañeiras, Pakize Nayir, Fatma Uyar e Sêve Demir, asasinadas polas forzas de seguridade do goberno turco o 4 de xaneiro en Silopi.

Nós, da Marcha Mundial das Mulleres sentímonos en particular moi golpeadas por este crime.Unha delas, Séve Demir, coordinou os eventos de lanzamento dá 4ª acción internacional da Marcha Mundial das Mulleres en Nusaybin.

Como parte da acción internacional, a Caravana feminista europea foi lanzada no territorio kurdo, estivemos no interior da Turquía para apoiar e reforzar ás mulleres kurdas na súa loita pola autonomía e autodeterminación sobre os seus corpos e os seus territorios. Tamén dando visibilidade ás alternativas construídas pola resistencia das mulleres ao sistema capitalista, colonial e patriarcal.

Para denunciar este asasinato político  chamamos a toda a cidadanía a  protestar fronte ao Consulado de Turquía na Coruña (Linares Rivas, 6) este xoves 21 de Xaneiro ás 20h.
--
'As mulleres decidimos'
Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza

Comunicaçom:
http://www.feminismo.info
--
"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres


Que é a Marcha ?

A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e  a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións oriéntanse cara un cambio político, económico
 e social. Os mesmos que se articulan ao redor da mundialización das solidariedades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecemento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos
sociais progresistas.

Información baseada na enviada por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
19 de janeiro de 2016 20:59

______________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: Tres feministas e activistas kurdas foron asasinadas o pasado día 5 durante unha intervención das forzas policiais turcas no distritio de Silopi, Lidia Senra pide á Comisión Europea que reaccione xa e que lle esixa ao Goberno Turco que estes asasinatos non queden impunes e que respecte as liberdades civís e os dereitos humanos do Pobo Kurdo
___________________

Chamamento a unidade ... Por Miguel A. Quinteiro


Por Miguel A. Quinteiro [*]
19.01.2016


Logo do encontro da Estrada ...

Chamamento a unidade...

A unidade tense con concretar antes das eleccións: Definir un programa común, atendendo os problemas reais e transcendentes (Banca Pública, privatizacións e dereitos sociais, Lei electoral e Constitución)

O "sistema" que manexa os medios de comunicación pretende entreter a cidadanía, provocando divagacións sobre anécdotas ou asuntos periféricos, cando o que e imprescindible e concretar un programa que se axuste as necesidades reais das persoas... Reformas da normativa financeira, evitar a explotación de recursos sociais de forma privada, enerxía, finanzas e servizos sociais, públicos, xestionados como servizo pero nunca como negocio... O dereito a referendo, a potenciación da actividade Asemblearia, nun exercicio de transparencia, e imprescindible.

Así a constitución de Asembleas Populares, ante as que os partidos e opcións políticas poidan debater os seus programas, Chámense Mareas, Plataformas Municipalistas, ou simplemente, Asembleas Populares, nun exercicio de transparencia, información e debate, consolidando un sistema de democracia real, onde os políticos poidan dialogar co pobo.

Así pois o BNG ten que ser invitado a unirse a este proxecto de unidade, tamén os que traballaron polo "encontro", que entendo so os de marea.gal, así como outros grupos da esquerda, para construír un FORO onde participar de forma unitaria, necesitamos unha maioría nos órganos lexislativos, para que o sistema sexa recoñecido legalmente.

E dicir, unha vez consolidado o sistema Asembleario, como elemento decisivo de participación cidadá e transparencia, os partidos poden recuperar a súa independencia, nun debate político competindo nun foro participativo e preparatorio para unha estratexia de acción política.

Iso implica que a Plataforma/Asemblea/Marea ten queestar organizada de forma estable, cos seus órganos de xestión e recursos financeiros (por cotas dos seus membros, ou fondos subvencionados, como entidade de utilidade pública) coun carácter de permanencia, aberta a participación da cidadanía, en base a un código ético, xa amplamente definido nas plataformas municipais ou mareas...

Haberá que debater como se estrutura, en canto que podería ser en base a Asembleas locais, ou de bisbarra, que logo deleguen en encontros s nivel provincial ou de nacionalidade, pero sempre sometendo a toma de decisións a votacións das bases, nun referendo interno...

[*] Miguel A. Quinteiro -22 de abril de 1940 A Estrada, é un activista social, promotor da economía social e solidaria, construtor do movimento cooperativo e deseñador de aplicacións informáticas colaborativas para o movimento social. Foi traballador da banca, na actualidade xubilado. Membro destacado do asociacionismo contra os abusos bancarios e contra o roubo das caixas de Aforros. Cofundador de ACOUGA - Asociación Galega de Consumidores e Usuarios de Galicia. Participante no 15M, promotor das ideas de que a esquerda ten que ser colaborativa, cooperativa e solidaria. Cofundador da  Activista contra o pago da débeda odiosa. Membro de Attac (Asociación pola Taxación das Transaccións Financeiras e Axuda aos Cidadáns). | Mora en Gondomar concello da comarca de Val Miñor.|Facebook, Twitter e Youtube. | correo-e: maqmaq@gmail.com.|

Relacionado: Encontro da Estrada
As mareas municipais toman a iniciativa para a confluencia nas eleccións galegas, ... reportaxe de David Lombao en Praza Pública | @davidlombao | Ir á Web.

Foto do Encontro da Estrada| 16.01.2016 | Marea Atlántica.

Enviado por:
Miguel Quinteiro
-maqmaq@gmail.com-
18 de janeiro de 2016 12:47
___________

sábado, xaneiro 16, 2016

Alerta: o vindeiro domingo 17 de xaneiro terá lugar un voo de deportación con destino a Nixeria, denuncia a Coordinadora de Ferrolterra do Foro Galego de Inmigración, membro de STOP Deportacións


A Coordinadora de Ferrolterra do Foro Galego de Inmigración, como membro de STOP Deportacións, faise eco da confirmación de que o vindeiro domingo 17 de xaneiro terá lugar un voo de deportación con destino a Nixeria.

Recentemente celebramos que os concellos de Ferrol e Narón aprobaran en sesión plenaria unha moción que os declara libres de CIEs, e os compromete a non realizar identificacións nin redadas raciais. Aínda así, temos que lanzar esta alerta sabedoras de que nos próximos días se producirán redadas policiais por parte doutros corpos de seguridade, coa fin de capturar persoas desta nacionalidade, e sen que teñan cometido delito algún, que podan encher as prazas vacantes neses vergoñentos avións da compañía Air Europa. Unha compañía que cobra máis de 12 millóns de euros ó ano por este desprezable negocio. Temos que lembrar que o Protocolo para as Repatriacións dos corpos de seguridade permiten prácticas brutais, como o uso de golpes, violencia, mordazas, sedantes, etc. Osamuyi Aikpitanyi, de nacionalidade nixeriana, morreu asfixiado nun destes procedementos de deportación no ano 2007.

Esta alerta non ten por obxectivo atemorizar á poboación, senón todo o contrario: aportar información a tódolos veciños e veciñas para que podan actuar e organizarse colectivamente, por exemplo, denunciando intensamente as redadas policiais das que sexan testemuña -xa que soen producirse en espazos públicos e nos medios de transporte-, intensificando a campaña de Boicot a Air Europa, despregando redes de coidado entre veciñas e veciños, difundindo esta mensaxe nas redes sociais, e imprimindo o cartaz que incluímos neste comunicado para realizar pegatinas para colocar en estacións de tren, autobús, etc …

Animamos a toda a cidadanía a colaborar para conseguir que estas prácticas, lonxe por completo dos dereitos constitucionais e humanos, teñan cumprido fin. Para iso, convidámolos a participar no boicot ás empresas que o fan posible, evitando viaxar con Air Europa, Swift Air, Halcon Viajes, Viajes Ecuador, Latitudes, Iberrail, Touring Club e Travelplán, así como aloxarse nos Hoteis Be Live.

Un saúdo,

Susana Alaniz, Foro Galego de Inmigración – Coordinadora Ferrolterra

Email - ferrol.forogalegoinmigracion@gmail.com
Facebook - https://www.facebook.com/forodeinmigracionferrolterra2015/

Enviado por:
Foro Inmigracion Ferrol
-ferrol.forogalegoinmigracion@gmail.com-
16 de janeiro de 2016 17:53

___________________

Un Plan B para Europa - Signatarios e Enlaces


Partindo da humillación que a Comison Europea infrinxiu ao pobo grego o 13 de xullo de 2015, unha iniciativa, liderada por figuras representativas da esquerda europea e internacional, impulsan o que se ven chamando "un plan B" para sacar a Europa do austericidio. Desde Ártabra 21 consideramos de interese esta iniciativa polo que nos propoñemos difundi-la.

No manifesto feito público o 12 de setembro, no Festival da Humanidade este movemento afirma que "... devemos aprender com este golpe de Estado financeiro. Este euro tornouse o instrumento de dominación económica e política da oligarquía europea, escondido atrás do Goberno alemán e que se regocixa por ver a Sra Merkel facer todo o 'traballo suxo' que os outros gobernos non son capaces de facer. Esta Europa só produzo violencia dentro e entre as nacións: o desemprego en masa, dumping social feroz, insultos atribuídos aos líderes alemáns contra a Europa do Sur e repetidas por todas as « elites », incluíndo as daqueles países. A Unión Europea alimenta o ascenso da extrema-dereita e tornouse un medio de anular o controlo democrático sobre a produción e distribución da riqueza en toda a Europa".

Explican neste manifesto a necesidade de ter un plan coordinado para facer frente á oligarquía europea que se esconde atrás de Berlín e Frankfurt. "Precisamos do noso propio Plano B para disuadir as forzas mais reaccionarias e anti-democráticas da Europa. Para reforzar a nosa posición contra o seu compromiso brutal con políticas que sacrifican a maioría a favor dos intereses de unha pequena minoría. Mais tamén para reafirmar o principio simples de que a Europa non é nada mais do que os europeos e que as moedas son ferramentas de apoio á prosperidade compartida, e non instrumentos de tortura ou armas para asasinar a democracia. Se o euro non pode ser democratizado, se continúan a usalo para estrangular o pobo, vamos levantarnos, vamos ollar nos seus ollos e vamos dicirlles: Vamos encontrar unha forma de asegurar aos europeos un sistema monetario que traballe com eles, e non a súa costa".

O movemento está traballando en alternativas técnicas que permitan facer frente á tiranía do euro: "Moitas ideas xa están na mesa: a introdución de sistemas de pagamento alternativos, moedas alternativas, dixitalización de transaccións en euros para contornar a falta de liquidez, sistemas de intercambio complementarios en torno de unha comunidade, a saída do euro e a conversión do euro en moeda común".

Aseguran que ningunha nación europea pode avanzar para a súa liberación isoladamente: "A nosa visón é internacionalista. Temos de traballar xuntos nun plano B tendo en conta as características de cada país".

O movemento ten organizado a realización dunha conferencia europea os días 19, 20 y 21 de febreiro en Madrid, e chama publicamente a participar nos debates, grupos de traballo e exposicións que alí se organicen. Asemade pódese asinar o manifesto neste enlace | Ir a web.

Contactos:
info@planbeuropa.es
Conferencia Europea en Madrid
(Xornadas 19, 20 e 21 de Febreiro en Madrid):
http://planbeuropa.es/jornadas-febrero/
Web: http://planbeuropa.es/
Facebook: https://www.facebook.com/EuroPlanB/
Twitter: https://twitter.com/Euro_PlanB

@s signatári@s:
  1. Jean-Luc Mélenchon, deputado europeu, co-fundador do Parti de Gauche (França)
  2. Stefano Fassina, deputado, ex-Vice-Ministro da Economia e Finanças (Itália)
  3. Zoe Konstantopoulou, presidente do Parlamento Grego (Grécia)
  4. Oskar Lafontaine, ex-ministro das Finanças, co-fundador do Die Linke (Alemanha)
  5. Yanis Varoufakis, deputado, ex-Ministro das Finanças (Grécia)
  6. Fabio De Masi, Member of the European Parliament, Die Linke (Alemanha)
  7. Sabine Lösing, Member of the European Parliament, Die Linke (Alemanha)
  8. Nicole Gohlke, Member of the German Parliament, Die Linke (Alemanha)
  9. Christine Buchholz, Member of the German Parliament, Die Linke (Alemanha)
  10. Ralf Krämer, Sozialistische Linke’s conferiencier, Die Linke (Germany)
  11. Alban Werner, Sozialistische Linke’s co-spokeperson, Die Linke (Alemanha)
  12. Vincent Decroly, Coordinator, Vega (Belgium)
  13. Soren Sondergaard, Member of the Danish Parliament, Red Green Alliance (Denmark)
  14. Nikolaj Villumsen, Member of the Danish Parliament, Red Green Alliance (Denmark)
  15. Rina Kari, Member of the European Parliament, Folkebevægelsen mod EU (Denmark)
  16. Javier Couso, Member of the European Parliament, IU (Spain)
  17. Marina Albiol, Member of the European Parliament, IU (Spain)
  18. Carlos Sanchez Mato, Madrid City Council, Ahora Madrid (Spain)
  19. Esther Lopez Barcelo, Madrid economic adviser, former Member of the Parliament, Ahora Madrid (Spain)
  20. Nikolao Chountis, Member of the European Parliament, Unité Populaire (Grécia)
  21. Paul Murphy, Member of the Irish Parliament, Socialist Party (SP) (Ireland)
  22. Ruth Coppinger, Member of the Irish Parliament, Socialist Party (SP) (Ireland)
  23. Joe Higgins, Member of the Irish Parliament, Socialist Party (SP) (Ireland)
  24. Stefano Fassina, Member of the Italian Parliament, Futuro a Sinistra (Itália)
  25. Francisco Louça, Coordinator, Bloco de Esquerda (Portugal)
  26. Miloslav Ransdorf, Member of the European Parliament, KSCM (Czech Republic)
  27. Luka Mesec, Member of the Slovenian Parliament, Iniciativa za demokratični socializem (Slovenia)
  28. Barbara Spinelli, Member of the European Parliament (Itália)
  29. Domenico Moro, Partito della Rifondazione Comunista – Sinistra Europea, Italia
Enlace ao Manifesto en diferentes linguas | Ir á Web.
____________

Os retos do nacionalismo en 2016, ... Por Xavier Vence Deza


Polo seu interese político, transcribimos o Discurso de Xavier Vence Deza, porta-voz nacional do BNG na Homenaxe a Castelao do pasado 9 de Xaneiro de 2016, en Rianxo. Pois o BNG é unha peza clave na esquerda política e social da Galiza. Nas pasadas eleccións do 20 de Decembro do 2015, sufriu unha derrota electoral de moi importantes consecuencias, ao perder a súa representación nas Cortes Xerais do polo de agora Reino de España. Representación que viña sustentado desde había 20 anos. Desta vez o BNG apostou por unha candidatura de unidade a través de Nós Candidatura Galega que obtivo só 70.464 votos un 4,32% dos votos validos emitidos na Galiza e cero deputad@s. Cando en 2011 o Bloque Nacionalista Galego obtivera 184.037 votos o 11,18% dos votos válidos, cun resultado de 2 deputadas. Mentres En Marea que mesmo competía co BNG, arrebatando-lle máis de 100.000 votos, mais que ía máis aló dentro do "Espazo Podemos" (Como así o define Xosé Manuel Beiras), tivo 408.370 votos e o 25,04% dos votos validos emitidos a nivel galego, cun resultado de 6 deputa@s (Fonte). Mas que pola matemática parlamentaria e a composición da Mesa do Parlamento, sumado á fórmula de non renunciar ás siglas que elixiron as cúpulas de Anova, EU, Podemos e o Encontro Cidadá por unha Marea Galega para presentar-se, parece ser que se van a quedar sen poder constituír grupo parlamentario propio. Co que isto significa de pancada política e anímica para as centos de miles de persoas que votaron a "candidatura do cambio e a confluencia", para ter un grupo parlamentario galego que representara a Galiza no Parlamento español.

Por Xavier Vence [*]
16.01.2016


Coma cada ano vimos aquí a Rianxo para render homenaxe a memoria do noso rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, grande patriota morto no exilio de Bos Aires e enterrado no cemiterio da Chacarita tal dia coma hoxe fai agora 66 anos.

Castelao deixounos unha inmensa obra literaria, artística e política, pero sobre todo deixounos o exemplo dunha vida de compromiso. Hai 100 anos aquel Castelao aínda novo, con 29 anos, deu un paso cara a un compromiso inquebrantábel con Galiza e o seu pobo, que foi agrandando día a día, até o seu último alento, sobrepoñéndose ás máis duras probas da represión, persecución, fracasos, desilusións, traizóns e exilio.

Do seu traballo iniciado hai cen anos con Risco e Losada Diéguez e cos Irmáns Vilar Ponte, Lugrís, Porteiro e tantos outros sairía adiante en 1916 a fundación das Irmandades da Fala, que afirman as nosas aspiracións nacionais e dan os primeiros pasos cara a creación do nacionalismo político organizado, coa Asemblea Nacionalista de Lugo en 1918 e, co nacemento Partido Galeguista en 1931, a caída da ditadura de Primo de Rivera.

Este ano será, pois, un bo ano para recordar e revivir Castelao, celebramos o Centenario das Irmandades da Fala, celebraremos o Ano Castelao coa programación especial que o noso compañeiro Leal pilota desde a Deputación de Pontevedra.

Para redondear a homenaxe ás persoas comprometidas no ronsel de Castelao temos un ano das Letras adicado ao noso poeta primordial, Manuel María, o que nos deixou milleiros de páxinas de palabras fermosas convertidas en consignas para o eterno combate:
o idioma é a vida
o coitelo da dor
o murmurio do vento
a palabra de amor
falando de Castelao, quedo con aquela súa “Invocación a Castelao” no libriño “Cantos rodados ...” publicado en 1976:
Home cabal/conciencia comunal/
forte penedo/contra a noite e o medo/...
Fe poderosa/que estea á patria nosa/...
Facho puro/alumando o escuro/
Castelao/Pai e irmao/
Verba de luz inxel:/Daniel!
Castelao, Bóveda, Manuel María exemplifican un século de loita, un século de sementeira e de organización, cos consabidos hiatos das dúas ditaduras, para darlle a este pobo autoestima e recoñecemento e, sobre todo, vontade de futuro. Futuro digno para as súas xentes, traballo na terra, democracia e plena capacidade para cultivar sen ataduras todas as dimensións da nosa cultura.

Construír unha nación con pleno recoñecemento institucional non é tarefa fácil nin apta para mentes cativas e tampouco para mentes ansiosas.

Son moitos os que queren que o nacionalismo desapareza, uns esmagándoo e outros por dilución. Persisten, pero tan persistente como o seu empecinamento é a nosa teimosa vontade de afirmación. Non nos dobregarán os que veñen de fronte, con todas as armas do poder, da represión, da potente maquinaria mediática, pero tampouco nos van despistar os cantos de serea da dilución. O nacionalismo é unha das realizacións máis importantes dos últimos 100 anos. É unha das fortalezas que ten este país. E seguirao sendo!!

Som@s os herdeir@s de Castelao e continuadores desta longa xeira secular que arela a construción dunha nación no mundo.

Desde Madrid non o entenden. Non o entenden nin os de sempre nin tampouco os “novísimos” que creen que iso do nacionalismo son cousas de sentimentos arcaicos, identitarios, ideoloxismos ou gañas de amolar, que no mellor dos casos non quedará máis remedio que aturar e como concesión condescendente “haberá que escoitar”.

Non entenden que o nacionalismo é algo máis  esencial: é a vontade de loitar polo futuro da xente dentro do noso país, polos intereses materiais da maioría, para compartir unha calidade de vida digna.

Unha nación que non sucumba á exclusión masiva da xente nova, que saia do pozo dese precariado que queren converter en miserento horizonte estrutural para a maioría.

Nós queremos una nación onde a xente nova teña un horizonte laboral digno no agro, no mar, nas fábricas, no comercio, nos servizos ou na investigación.

Unha nación con servizos públicos, educación e sanidade públicas, gratuítas e de calidade.

Non queremos ver como a emigración do noso aforro, da nosa electricidade, das sedes das nosas empresas, dos nosos impostos, etc levan detrás a emigración da nosa xente moza e de todo o seu talento.

Para darlle a volta a todo isto Galiza precisa que o nacionalismo avance na sociedade e avance electoralmente. Por todo iso temos que chegar ao corazón da xente, temos que “petar na ialma do pobo”, como nos propuña Castelao.

Este ano pasado tivemos eleccións municipais e as Xerais e este o ano teremos as galegas e, ao mellor, as xerais de novo.

Nas municipais demostramos que alí onde goberna o nacionalismo conseguimos referendar o respaldo da xente, como aquí en Rianxo. Parabéns a Adolfo e a todas e todos os que tedes a alta encomenda de facer país desde os concellos!

Pero, desde logo, nas Xerais saímos moi mal. A aposta por una candidatura nacional galega de unidade non frutificou coa ambición buscada, porque non podiamos aceptar subordinacións a forzas estatais, que outros aceptaron e preferiron antes que a nosa compañía. E con Nós-Candidatura Galega non conseguimos o respaldo necesario. É una experiencia e un resultado que nos obriga a repensar moitas cousas, repensar o que vén acontecendo na última década tanto no país coma no nacionalismo.

Temos que adoptar medidas audaces e valentes porque non podemos renunciar a ter unha presenza importante nas institucións nas que se decide o futuro do noso país e da nosa maioría social.

Acreditamos firmemente no proxecto nacionalista que representa o BNG, é necesario para o futuro deste país e temos que darlle a forma concreta, poñelo ao dia e a ton co que nos pide a sociedade, a nosa base social, para sermos vistos como a ferramenta útil pola maioría social da nosa nación.

Certo que tampouco lles saíu redonda a xogada aos poderes económicos do estado que tramaron a “operación 2+2” e investiron millóns de euros e miles de horas de platós en prime time para garantir, co auxilio de Ciudadanos, a continuidade dun goberno do PP queimado e corrupto, para completar o seu eufemístico Plan de Reformas, que xa sabemos que é realmente un plan para recortar, privatizar, precarizar e recentralizar todo.

Non lles saíu ben e van ter que reintentalo. Nós imos estar aí para impedilo e teremos que ver a mellor forma de facelo. Porque, ademais, Galiza ten que estar aí para defender os seus intereses nacionais, tamén en Madrid.

Pero hai que ser claros, amigos e amigas, o futuro do noso proxecto xógase aquí, nas galegas de 2016 e temos que conseguir a complicidade de boa parte da sociedade galega.

As galegas de 2016 teñen que marcar un punto de inflexión. Este país ten a obriga de derrotar o PP e nós, o BNG, imos estar aí.

Cómpre traballar con intelixencia, ilusión e xenerosidade para derrotar ao PP e poñer couto aos anos máis lesivos para a maioría social galega e para o autogoberno. É unha prioridade inverter o proceso de centralización en marcha e sentar as bases para unha mudanza cualitativa. Non vai ser fácil pero non é imposíbel. Derrotar o PP ten que ser a prioridade absoluta na conxuntura na que estamos, porque o precisa o país e porque o propio proxecto nacionalista xógase moito nesa cita.

O nacionalismo ten moitos flancos abertos. Movémonos nun escenario moi convulso social e politicamente. A sociedade móvese entre a frustración e a indignación. Hai un inxente esforzo das elites e das súas potentes máquinas de adoutrinamento para amainar esa indignación e “orientala” do xeito menos perigoso para os seus intereses estratéxicos. Nese contexto, a aínda recente fragmentación do nacionalismo e a da esquerda española crean un panorama tremendamente entrambilicado e cambiante. Hai contextos onde a criatividade nas alianzas e a unidade de acción son a mellor garantía para avanzar.
 
Nesta realidade fuxidía e complexa hai que tomar decisións valentes na Asemblea Nacional para reforzar o proxecto que representa o BNG e convén recordar as palabras de Alexandre Bóveda, o estratega con Castelao da unidade e organización do nacionalismo na República e do pacto do 36:
No camiño que nos trazamos, hai moitas dificultades que vencer; hai moitos rodeos que dar; haberá que bolinear moitas vegadas. Mais que ninguén perda a súa fé, que ninguén abandone a esperanza de chegar a termo. As voltas do camiño poden semellar retrocesos, mais son pasos adiante que ninguén terá forza dabondo para nos obrigar a desandar” (A.B.)

O BNG ten que dar pasos neste ano para reforzarse como ferramenta útil que é da nosa nación. Imos xogar con serenidade pero con ambición para sermos motores dun cambio en profundidade, ben amarrado aos intereses do noso país e das nosas xentes. Conseguilo esixe un esforzo redobrado para crear complicidades e flexibilidade por parte de todos para sumar. É o tempo da política, poñendo o país por diante, abeirando ensimesmamentos e rutinas paralizantes. Toca navegar de bolina. Traballaremos con paciencia pero sen desmaio con ese norte, “petando na ialma do pobo”, como nos pedía Castelao, desde todos os recunchos da sociedade, desde os concellos, gañándonos a confianza e o apoio da xente; co traballo na rúa e nos parlamentos; coas alianzas que sexan precisas para avanzar, bolineando, pero avanzando.

Escoitando e aprendendo do noso pobo e da experiencia desas outras nacións irmáns que, como Escocia ou Cataluña, despois de “petar na ialma do pobo” durante anos con nacionalistas á fronte do autogoberno van agora coas velas inchadas rompendo ondas no océano da liberdade.

Que Castelao e Bóveda nos iluminen na nosa travesía!!!

Viva Galiza Ceibe
Rianxo, 9 de xaneiro de 2016


Artigo publicado no seu blogue persoal o domingo, 10 de xaneiro de 2016.

[*] Xavier Vence Deza (Rodeiro en 1961) é Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, escritor, comentarista político, ... Foi director do Idega no período 1991-95. Profesor invitado en diferentes universidades estranxeiras, formou parte de diversos comités de expertos de organismos internacionais. É coordinador do grupo de investigación ICEDE e da área de Economía do Seminario de Estudos Galegos. Publicou máis dun centenar de artigos e libros en revistas profesionais de ámbito galego e internacional sobre economía da innovación e políticas tecnolóxicas, sistema galego de innovación, disparidades rexionais na UE, industria, servizos, mercado de traballo, sistemas produtivos e planificación estratéxica, desenvolvemento local ... Na actualidade é Portavoz Nacional do BNG.

Enviado por:
inácio GZ
inaciogz@gmail.com
15 de janeiro de 2016 20:30

________________

Conferência de imprensa em defesa dos direitos civis e políticos - Manifestaçom em Compostela o domingo 24 de Janeiro



Conferência de imprensa em que mais de 30 agentes sociais e políticos galegos convocam umha mobilizaçom nacional em defesa dos direitos civis e políticos para todas e contra a ilegalizaçom de facto da organizaçom política Causa Galiza.

NOM À ILEGALIZAÇOM DAS ORGANIZAÇONS POLÍTICAS
Polos Direitos Civís e políticos para Tod@s!
MANIFESTAÇOM NACIONAL
Domingo 24 de Janeiro, às 12 do médio-dia, na Alameda de Compostela.

Polda de imprensa celebrada em 9 de Janeiro de 2016.

Segue-nos em Facebook.

Segue-nos em Twitter em @Coletivo_24J


https://youtu.be/OKpVNJvEmSQ

Publicado em 11 de jan de 2016

Enviado por:
Caranza Inácio
inaciogz@gmail.com
15 de janeiro de 2016 15:46

___________

venres, xaneiro 15, 2016

Convocado un acto de homenaxe a Victoria e Carmelo, polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, o sábado 6 de Febreiro - Vídeos


Homenaxe a Victoria e Carmelo
6 de febreiro de 2016


O sábado 6 de febreiro, o Comité Cidadán de Emerxencia celebrará o VIII Aniversario do falecemento de Carmelo Teixeiro Menéndez, primeiro Coordinador deste Comité e o II da súa compañeira Victoria Fernández Paredes (falecida o 8 de novembro do 2013).

Con este motivo, convídase a toda a cidadanía, a celebrar un acto na súa lembranza, que consistirá, como xa é costume, nunha ofrenda floral e intervencións poético musicais, e terá lugar, ás 12 do mediodía, no Parque Carmelo Teixeiro, Caranza – Ferrol.

Agradeceremos así a Victoria e Carmelo o seu exemplo de solidariedade e entrega a todas as causas sociais, a súa militancia sindical, política e social de toda unha vida e sobre todo a loita mantida nos últimos anos en defensa da Ría e da vida, contra a ameaza permanente da Planta de Gas de Reganosa.

Ferrol polo mar e pola vida
https://www.youtube.com/watch?v=tvgqQFwTGds

Tres carballos para Carmelo
https://www.youtube.com/watch?v=4tea-BGn2y4

Foto: @ComitCEmerxenc | A Compañeira Estrela Viñas na homenaxe de 2015.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
15 de janeiro de 2016 13:43

____________________


https://youtu.be/udNDWsASLfI

2015 foi un ano máis de loita e compromiso.
A loita continua contra a ilegal e perigosa Reganosa.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
____________________________

xoves, xaneiro 14, 2016

Tres feministas e activistas kurdas foron asasinadas o pasado día 5 durante unha intervención das forzas policiais turcas no distritio de Silopi, Lidia Senra pide á Comisión Europea que reaccione xa e que lle esixa ao Goberno Turco que estes asasinatos non queden impunes e que respecte as liberdades civís e os dereitos humanos do Pobo Kurdo


AGEe diríxese á CE para denunciar o asasinato de tres activistas kurdas e coñecer a posición da UE. | Tres feministas e activistas kurdas foron asasinadas o pasado día 5 durante unha intervención das forzas policiais turcas no distritio de Silopi. | AGEe interpela á CE sobre o feito de que, malia a situación de violencia, a UE finaciou a Turquía para reter poboación refuxiada no seu territorio.


O pasado 5 de xaneiro a policía do presidente turco Recep Tayyip Erdoğan torturou e asasinou a tres mulleres feministas e activistas kurdas. As víctimas foron Seve Demir, integrante do Parlamento polo Partido das Rexións Democráticas (DBP) e promotora do lanzamento da IV Caravana Internacional Feminista da Marcha Mundial das Mulleres dende o Kurdistán; Pakize Nayır, pertencente á Asamblea do Pobo de Silopi e Fatma Uyar, activista do Congreso das Mulleres.

Estes asasinatos tiveron lugar na rexión de Silopi -provincia de Sirnak, no norte do Kurdistán-, baixo toque de queda dende decembro, debido á intensificación da ofensiva militar de Erdoğan sobre as rexións kurdas dende que perdeu a maioría en xullo de 2015 debido á entrada do Partido Democrático do Pobo (HDP) no Parlamento. Erdoğan ten decretado o estado de emerxencia até en 54 ocasións en 18 cidades e distritos.

Con estes crimes o Goberno turco pretende intimidar ao conxunto da poboación kurda, e moi concretamente á mocidade, que se mantén na vangarda da resistenza contra o rexime violento de Erdoğan.

Fronte a esta situación, rexistramos unha pregunta [1] dirixida á Comisión Europea na que a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, solicitou saber que accións pensa tomar a Comisión Europea para "esixir ao Goberno turco que estes asasinatos non queden impunes e que respecte as liberdades civís e os dereitos humanos do pobo kurdo".

Asemade, á vista da grave situación de violencia incentivada polo propio Goberno en Turquía, preguntamos á Comisión se considera razoábel ter entregado o pasado mes de novembro 3.200 millóns de Euros ao Goberno Erdoğan para que reteña no seu territorio a milleiros de personas que, precisamente, están fuxindo da guerra. Tamén queremos saber se a Comisión conta con mecanismos para garantir que parte deste financiamento non está a ser empregado tamén para atacar a la poboación kurda.

Senra chamou ademais a atención sobre as responsabilidade da Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores, Federica Moguerini, a quen instou a "reaccionar xa" para que o Goberno turco poña fin á masacre da poboación kurda e ao toque de queda. "Non podemos consentir que a Unión Europea siga apoiando a dictadura do Goberno turco", aseverou.

Bruxelas, 13 Xaneiro 2016.

Máis información:
Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.

[1] Pregunta dirixida á Comisión Europea | Acceder/baixar.

Enviado por:
MONTOTO VAZQUEZ Vera
-vera.montotovazquez@europarl.europa.eu-
13 de janeiro de 2016 11:17
_____________

Como noutras cidades da Galiza, en Ferrol está convocado un acto de repulsa e denuncia ante un novo asasinato machista, desta vez pola morte violenta de Caridad no concello de Narón - Este Venres 15 de Xaneiro de 2016, ás 8 da tarde na Praza do Concello


CONCENTRACIÓN DE REPULSA DIANTE DUN NOVO ASASINATO MACHISTA

A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN DE REPULSA POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE CARIDAD PÉREZ CASTRILLÓN

O VENRES 15 DE XANEIRO ÁS 20:00H NA PRAZA DO CONCELLO DE FERROL, DIANTE DO PALACIO MUNICIPAL.

Unha vez máis sairemos á rúa para amosar a nosa indignación polo asasinato dunha muller por violencia machista. Caridad foi asasinada polo seu marido pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

Sairemos novamente para rexeitar este cruel asasinato e denunciar unha vez máis a violencia machista instalada na nosa sociedade.

É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista.

Non consentiremos que a violencia machista continúe asasinándonos!!!!

-- "As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres

Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións oriéntanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan ao redor da mundialización das solidariedades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecemento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.

Información baseada na enviada por:
Marcha Mundial Ferrolterra
-mmmferrolterra@gmail.com-
14 de janeiro de 2016 11:47

______________

Erades Companheiras, ... Por Lupe Ces


Por Lupe Ces [*]
14.01.2016


Agora sei o motivo polo que ti Marina, nom querias utilizar as palavras que puderam sair dos meus dedos para enlaçar-te na longa ringleira que formais todas vós, neste Feminicídio, reconvertido neste sítio, em Santa Companha que nos interpela aló onde imos, para sentir-mo-nos ainda mais ocas de palavras e de ideias suficientes para dar-vos justiça e acougo, e pôr definitivamente o último elo nesta grande cadeia.

Nom querias começar a andar porque che faltava ela, Caridad. O 29 de Dezembro o vento soprou para as duas, dumha esquina a outra do país, de Narom a Mos. O seu corpo e o teu. O teu sangue e o dela. O ruído do teu corpo roto e o ruído batendo do coraçom dela, até apagar-se, coma o teu. O 29 de Dezembro fostes duas, a um tempo. O 29 fizestes-vos companheiras.

Nos rueiros e caminhos de Narom escoitam-se frases de alivio. A tinta do jornal fala do golpe mitigado na povoaçom ao constatar que ninguém de fora vinhera fazer o mal. Paradoxa! O mal está dentro, e tam enraizado entre nós, que semelha que é menos mal que outros afastados ou alheios.

Nota.- Caridad Pérez Calderón (Narón) e Marina Rodríguez Barciela (Mos) forom assassinadas o 29 de dezembro de 2015.

[*] Lupe Ces Rioboo -Caranza Ferrol 1958, é mestra, activista social, integrante da Marcha Mundial das Mulleres e da Rede Social de Ferrol Terra. Forma parte do Consello Editorial de Altermundo e do Colectivo Ártabra 21. Participa nas Marchas da Dignidade. Blogue persoal: Caranza free opiniom.

_______________

Convocada a Asemblea Plenaria da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol, para o venres 22 de Xaneiro


Asemblea Plenaria da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Ferrol


Convocatoria
PLENARIO - ASEMBLEA
Sanidade Pública

Día: Venres 22 de Xaneiro.
Hora: ás 18:30hs.
Lugar: En Ferrol, no local da Asociación Veciñal de Esteiro (rúa Fernando VI, Bloque I baixo - Telefono 981933223.)         
  
Orde do día:
1.- Aprobación, se procede, ACTA anterior,
2.- Situación actual desta Plataforma,
     * Estado de Contas.
3.- Debate estado actual da Sanidade Pública.
4.- Renovación Comisión Permanente.
     * Voceir@s.
     * Secretaría.
5.- Suxestións e preguntas.

Ferrol, a 11 de Xaneiro de 2016.-
Saúdos.
Pola Comisión Permanente.
Secretaría.

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
12 de janeiro de 2016 11:38

_______________

martes, xaneiro 12, 2016

Martes de Cine no Ateneo Ferrolán co Ciclo "Haxa Paz", todos os martes ás 7 da tarde


Todos os martes ás 19 h.
Martes de Cine no Ateneo Ferrolán co Ciclo "Haxa Paz"


Martes día 12 de xaneiro ás 19 h. – “Feliz navidad”

Ano 2005  Duración 115 min.   País Francia
Director Christian Carion
Reparto Diane Kruger, Benno Fürmann, Daniel Brühl, Guillaume Canet, Gary Lewis,
Xénero Drama

Sinopse
Baseada nunha historia real sucedida durante o Nadal de 1914, a principios da Primeira Guerra Mundial (1914-1918), cando en diferentes zonas do fronte soldados alemáns, franceses e escoceses enterraron as súas diferenzas e os seus mortos e celebraron a Noiteboa xuntos.

Martes día 19 de xaneiro ás 19 h. – “La vida es un milagro”

Ano 2004  Duración 155 min. País  Serbia y Montenegro
Director: Emir Kusturica
Reparto Slavko Stimac, Natasa Tapuskovic, Vesna Trivalic, Vuk Kostic, Aleksandar Bercek, Stribor Kusturica
Xénero Comedia.

Sinopse
Bosnia, 1992. Luka, un enxeñeiro serbio de Belgrado, instalouse nunha casa illada coa súa muller Jadranka, cantante de ópera, e o seu fillo Milos. Luka está a se preparar para construír unha vía ferroviaria que fará da rexión un paraíso turístico. Pero, cegado polo seu traballo e polo seu natural optimismo, Luka non presta atención aos persistentes rumores dunha guerra civil inminente.

Martes día 26 de xaneiro ás 19 h. – “El puente”

Ano 1959   Duración 105 min.  País  Alemania del Oeste (RFA)
Director Bernhard Wicki
Reparto Folker Bohnet, Fritz Wepper, Michael Hinz, Frank Glaubrecht, Karl Michael Balzer,
Xénero Bélico

Sinopse
Alemania, 1945. Últimos meses da Segunda Guerra Mundial. O conflito pódese dar case por concluído, pois o país foi invadido polas tropas aliadas. Xa non quedan soldados adultos que defendan as posicións, tan só adolescentes. Nunha pequena cidade, un grupo de mozos recibiu a orde de protexer unha pequena ponte. Enardecidos ante a idea de defender ao seu país, e entusiasmados pola ideoloxía nazi de "sangue e honra", os mozos dispóñense a cumprir as ordes recibidas

Martes día 2 de febreiro ás 19 h. – “In the loop”

Ano 2009  Duración 106 min.  País  Reino Unido
Director Armando Iannucci
Reparto Chris Addison, Tom Hollander, Peter Capaldi, Anna Chlumsky, Gina McKee
Xénero Comedia

Sinopse
Todo empeza cando o Presidente dos Estados Unidos e o Primeiro Ministro británico deciden iniciar unha guerra. Non todo o mundo cre que sexa unha boa idea. Pero cando Simon Foster, o Secretario de Estado Británico, apoia accidentalmente a guerra en horario de máxima audiencia na televisión, gáñase sen querelo moitos amigos en Washington DC.


Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK: https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/

Faite soci@! Colabora con nos!

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
11 de janeiro de 2016 19:19

_________________

luns, xaneiro 11, 2016

Diante dos Xulgados de Ferrol tivo lugar unha concentración de apoio a Marcos Guerreiro e contra a estafa e os abusos bancarios, mentres se celebraba unha vista oral pola demanda contra a financeira UCI


Mentres se celebraba unha vista oral no Xulgado de Instrucción nº4 de Ferrol, pola demanda interposta por Marcos Guerreiro contra a financeira UCI (Unión de Créditos Inmobiliarios), entidade participada polo Banco Santander e BNP (Banca Nacional de Paris), diante do edificio dos Xulgados de Ferrol tivo lugar unha concentración de apoio ao compañeiro Marcos e contra os abusos bancarios.


A vista oral de hoxe 11 de xaneiro de 2016, trataba sobre unha demanda contra a aplicación do índice de referencia de préstamos hipotecarios (IRPH) presentada por Marcos Guerreiro, contra a financeira UCI, entidade coa que ten subscrito un contrato de préstamo hipotecario. Despois da vista oral de hoxe, onde as partes presentaron a documentación e expuxeron os seus argumentos ante a demanda, o xuízo quedou fixado para o vindeiro 23 de Febreiro, ás 12:30hs.

Concentración

O mesmo Marcos Guerreiro, convocou unha concentración diante do edificio dos Xulgados de Ferrol, apoiada pola Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca (PAH) de Ferrol e Comarca e Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, á convocatoria sumaron-se as Marchas da Dignidade e tamén participaron o Alcalde e concelleir@s da corporación municipal de Ferrol (Jorge Suárez, Iván Rivas, Beatriz Sestayo, Álvaro Montes, Eva Espiñeira, ...), e membros das organizacións políticas BNG, Ferrol en Común, PSdeG-PSOE, e a deputada de En Marea recen elixida Yolanda Díaz. Concentración contra a estafa e os abusos bancarios, e que reivindicaba o dereito a unha vivenda digna e adecuada.

Marcos Guerreiro explicou o seu propio calvario hipotecario que ven relatando aos medios de comunicación e a políticos de referencia que participaron na recente campaña electoral, ao cal lles pedía un cambio lexislativo que evitara as estafas e abusos bancarios e protexera ás persoas fronte ás grandes corporación financeiras. E agradeceu o apoio recibido na súa loita contra a estafa do IRPH (Índice de Referencia de Préstamos Hipotecarios) que é un índice opaco e manipulábel como así recoñece o propio Banco de España, mais que o segue mantendo como un dos índices de referencia para os contratos hipotecarios. O propio Marcos denunciaba que a súa hipoteca, a pesar de pagar, seguía subindo, mesmo que pedindo 116.000 euros chegou a deber 121.000.

Enlace de referencia:

Relato e enlaces de interese | Xuízo en Ferrol, este 11 de Xaneiro, contra a financeira UCI (Banco Santander e BNP), polo abusivo índice hipotecario IRPH | 09.01.2016 | Ir a post no noso sitio.

A nova nos medios:

* IRPH: Feita a hipoteca, feita a trampa. | Interesante artigo de Marcos Pérez Pena | Praza Pública. | 11.01.2016 | Ir á Web.

* Vista oral nun xulgado de Ferrol. | Denuncia a aplicación dun índice "opaco" no seu préstamo hipotecario. | O xuízo, fixado para o 23 de febreiro, trala concentración de apoio e en protesta contra as prácticas da financeira. | E.P. FERROL | El Correo Gallego | 11.01.2016 19.05h. | Ir à Web.

* Concentración ante unha denuncia contra entidades bancarias por abuso hipotecario. | Galicia Ártabra Digital | 11.01.2016 | Ir à Web.

* Díaz sinala en Ferrol que casos como o de Marcos Guerreiro "mostran estafa" | Luns, 11 Xaneiro 2016 16:16 | Noticias Galicia | Ir à Web.

Contra o abuso bancario !

Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada!

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.
Correo-e: forosocialdeferrolterra@gmail.com
Blogue: http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
Facebook: https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra
Local: Avda. Castelao S/N. | Local de Arméria Soc. coop. Galega | Traseira do Mercado Municipal de Caranza | 1406-Ferrol


______