mércores, abril 06, 2016

Segunda Sentenza en firme do Tribunal Supremo contra Reganosa. Un paso importante na defensa da legalidade, a Ría e a vida das persoas da súa contorna - Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol - Convocatoría de Rolda de Prensa


Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol ante a Segunda Sentenza en firme do Tribunal Supremo contra Reganosa


O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, reunido no día de hoxe para facer unha valoración da recente Sentenza do Tribunal Supremo sobre Reganosa, acordou emitir o Comunicado que a continuación transcríbemos.

Asemade acordou a celebración dunha Roda de Prensa, coa participación de Dona Patricia Gabeiras, Avogada do CCE, para analizar con detalle a situación actual e comunicar a posición do Comité tras esta Sentenza.

A Rolda de Prensa está convocada para o mércores, 13 de Abril, ás 18:00 hs, no salón de actos do Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena, 202-204).


¡PLANTA DE GAS: PECHE XÁ!

Comunicado

Segunda sentencia en firme do Supremo contra Reganosa. Un paso importante na defensa da legalidade, a Ría e a vida das persoas da súa contorna.

1º.- O Tribunal Supremo en sentencia firme, ven de anular a Autorización   Administrativa Previa concedida pola Dirección de Política Enerxética e Minas (Goberno Central) o 3 de xuño de 2002 para planta de gas de Reganosa, por carecer do deseño urbanístico axeitado.

Xa en maio de 2012 o Supremo, en sentencia firme, anulaba a modificación do plan xeral que serviu de base para concesión de construción da planta de gas de Reganosa.

2º Van transcorridos 12 anos dende que o Tribunal Superior de Galicia determinara   nunha primeira sentencia (23-xuño-2004), a ilegalidade da planta por carecer da Declaración de Impacto Ambiental..

3º Esta nova sentenza do Supremo amosa o asalto á legalidade perpetrado polos promotores de Reganosa para impor a relocalización da planta de gas no interior da nosa Ría. Un proceso só posible pola implicación tanto do Goberno Central (Aznar), como da Xunta de Galicia (Fraga), lembramos a inclusión da Xunta no accionariado de Reganosa, e o convenio coas cláusulas de confidencialidade asinado polo Grupo Tojeiro e o entón presidente Fraga, en xullo do 2000, no que se recolle o compromiso da Xunta coa súa localización, e a resolución dos “problemas de viabilidade económica ou administrativa” que tivese Reganosa.

A planta de gas que tiña prevista a súa construción no Porto exterior, relocalizouse no interior da Ría, soamente para favorecer unha operación especulativa a prol do Grupo Tojeiro, que lle reportou aproximadamente 30 millóns de euros.

4º Cumpre desmentir as  afirmacións de Reganosa de que a sentenza confirma que “en cuestións de seguridade e medio ambiente” a compañía procedeu correctamente. O que a actual sentenza di exactamente é que “non cabe admitir o recurso de casación respecto do manifestado na sentenza que se recorre, do 12 novembro de 2012, ao non achegar ningunha argumentación adicional”. Se revisamos o contido da sentenza de 2012, orixe deste recurso agora resolto, atopamos que a sentenza só se apoia no informe da Consellería de Industria de novembro de 2001 (socio da propia Reganosa). Nel, lonxe de confirmar a adecuación do proxecto á normativa en canto a requisitos de seguridade, condiciona o cumprimento presente, a futuros cumprimentos. A frase utilizada é: “o emprazamento é adecuado a condición de que durante a construción, posta en marcha e explotación da mesma, se sigan as disposicións e medidas correctoras que nos aspectos de seguridade e impacto ambiental cada fase do proxecto esixa”. Estes “cumprimentos condicionados ao futuro” é factor común en case todos os informes supostamente favorables, elaborados polas  administracións implicadas e que serviron para ir sorteando obstáculos no procedemento de autorización.

5º Tampouco di a verdade Reganosa cando afirma que está sometida ao control da administración europea en materia de seguridade, xa que as institucións europeas limítanse a preguntar ao estado español se a tramitación seguiu as canles previstas, pero sen analizar o fondo de cada cuestión sobre os incumprimentos que desde o Comité Cidadán vimos denunciando desde o ano 2001, coas alegacións ao proxecto básico.

A planta de gas de Reganosa, é unha instalación perigosa, cunha enerxía equivalente a 1800 Kilotons (equivalente a 120 bombas atómicas como a de Hirosima);  localizada a escasos 100m do núcleo urbano de Mehá; a 800m do arsenal militar; a carón do complexo petroquímico de Forestal; e, conxuntamente cos gaseiros cargados con GNL que entran nunha Ría pechada, incumpre toda a lexislación medio ambiental e de seguridade industrial, constituíndo unha ameaza para a vida da poboación de Ferrolterra.

Ademais a Planta de gas de Reganosa é deficitaria, pagámola os cidadáns e cidadás, e a maiores, é un factor da destrución medio ambiental da Ría, ao arrefriar e esterilizar un inxente volume de auga de mar, que non estaba no proxecto inicialmente aprobado.

Reganosa e a Xunta de Galicia empéñanse en pretender presentar como algo útil unha planta innecesaria. Para iso están a promover fornecer gas natural á planta de Alcoa mediante máis de 800 camións cisterna anuais. O razoable sería promover a construción dun gasoduto co que a calquera planta de España o gasoduto do Magreb podería fornecer o gas que necesitase no futuro, aumentando a garantía da subministración, en lugar de convertelo en cliente cautivo da planta de Mugardos. Ademais, a solución proposta leva a incrementar o tráfico de mercadorías perigosas por estrada (máis de 2,4 camións cisterna diarios) e o consecuente deterioro.

6º A Planta de Reganosa é incompatible co medio da nosa Ria. O Tribunal Supremo ven de sentenciar tamén a ilegalidade da planta de gas asturiana do Musel, polo incumprimento das distancias mínimas de 2000m aos núcleos de poboación, esixidas polo RAMINP, sendo no caso de Reganosa esas distancias aos núcleos de poboación máis pequenas.

7º Tendo en conta que esta sentenza anula a autorización administración previa, que serviu de fundamento para as autorizacións posteriores da instalación, o razoable sería paralizar inmediatamente a actividade e promover o seu desmantelamento.

Lamentamos que a pesares das sentenzas do Supremo, continúe a actividade da planta de Reganosa, un caso flagrante da corrupción político-financeira, que só se explica pola implicación dos diferentes gobernos da Xunta dende 1999. Todos estes feitos nunca acadaron a consideración da fiscalía a pesar das denuncias do Comité

O CCE esixe o cese da actividade desta instalación e que se permita a entrada do gas a través de gasoduto, tal como viña sucedendo antes de 2007.

Ferrolterra, a 5 de abril de 2016

¡PLANTA DE GAS: PECHE XÁ!

Sentenza 695/2016 do Tribunal Supremo. Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 28.03.2016 | Acceder/Baixar.

Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Enviado por:
comitecidadan
-comitecidadan@gmail.com-
5 de abril de 2016 21:51

________________

martes, abril 05, 2016

A mantenta da Sentenza do Tribunal Supremo que anula a resolución que outorgaba a Reganosa autorización administrativa previa para a súa instalación en Mugardos


Estamos loitando contra un xigante. Un proxecto como o de Reganosa é ILEGAL, construído con corrupción política é económica. Foi un pelotazo urbanístico de moitos millóns de euros en plusvalías para o Grupo Tojeiro [1]. Prometía miles de postos de traballo e quedaron en poucas ducias. E a Xunta de Fraga implicada até os ósos, comprometendo-se nun documento segredo [2] a aprobar e axilizar todos os permisos necesarios. Tanto o BNG, como o PSOE cumpriron un papel nefasto neste asunto, o Grupo Tojeiro convenceu-nos das bondades do proxecto gasista que chegaron a cualificar de estratéxico para Galiza, mesmo cando tiveron poder político actuaron en beneficio de Reganosa. Agora parece ser que rectificaron a súa postura política e están dispostos a dar algún paso atrás no seu apoio ao despropósito gasista instalado no corazón da nosa Ría. O Grupo Tojeiro comprou vontades, na política e nos medios, nom o esquezamos. Moitos socios importantes de REGANOSA, abandonaron a sociedade (ENDESA, GAS NATURAL FENOSA, BANCO PASTOR, CAIXANOVA, CAIXAGALICIA...), agora está sostida fundamentalmente pola Xunta de Galicia e polo Grupo  Tojeiro (Gadisa, Forestal del Atlántico, SA, ...). Irregularidades nas actuación das administracións. O Grupo Voz defende Reganosa cunha traxectoria de mentiras e manipulacións da que algún día terá que dar conta.

A maioría dos medios de comunicación convencionais intentan desviar o asunto de Reganosa do principal, resaltando que é un tema urbanístico subsanábel. Cando a realidade destacábel é que Reganosa foi declarada unha vez máis ILEGAL en sentenzas do Tribunal Supremo. Son dúas sentenzas firmes, pois foi anulada na primeira sentenza (2012) ao fallar estimar o recurso contencioso Administrativo contra o acordo de 31 de Xaneiro de 2003, polo que se aprobaba definitivamente a modificación puntual n°3 do PXOM do Concello de Mugardos. E na segunda e última sentenza (2016) anula a autorización administrativa previa para a instalación de Reganosa en Mugardos.

O que se anula na sentenza, en definitiva, despois de varios percorridos en administracións e xulgados, é a resolución da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas de 3 de Xuño de 2002, onde se lle concedía a Reganosa a autorización administrativa previa para a instalación da planta regasificadora en Mugardos [3]. Con unha serie de condicionandos que incumpre. Entre eles que fora conforme á normativa urbanística que nom o era. Mais o que se anula é a autorización.

Con respecto o asunto medio ambiental hai outras sentenzas do TSXG que nos dan a razón. Está por saír unha sentenza do Tribunal Supremo que ten que decidir sobre un recurso interposto por Reganosa, precisamente contra unha das sentenzas do TSXG que nos dá a razón.

Non esquecer que os medios convencionais informan ao ditado de Reganosa que paga. A súa estratexia é quitar-lle ferro á Sentenza. A nosa dar-lle a enorme importancia que ten. Desde Ártabra 21, non temos mais que dar os parabéns ao comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol, polo seu accionar consecuente e constate, contra este despropósito ilegal e perigoso que ameaza as nosas vidas coa súa presencia e aumentada exponecialmente sempre que entra un gaseiro para descargar ou cargar miles de toneladas de gas natural licuado, no complexo petroquímico de Punta Promontorio.

Sentenza 695/2016 do Tribunal Supremo. Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 28.03.2016 | Acceder/Baixar. (Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia)

Sentenza do Tribunal Supremo. Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Quinta. 11.05.2012| Recurso de Casación Núm. 4512/2008 | Acceder/Baixar. (Recorrían Reganosa e o Concello de Mugardos).


Anexo explicativo do percorrido até chegar a esta sentenza
.

* Sentenza 695/2016 do Tribunal Supremo. Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 28.03.2016

* Que resolve sobre un Recurso de casación Núm.: 008/599/2013.

* Contra a Sentenza 0000035/2004 do T.S.J.MADRID CON/ADM SEC. 6 de Madrid.

Trata-se dunha Sentenza (695/2016) que resolve un Recurso de Casación (599/2013) interposto por varias entidades en representación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ante o Tribunal Supremo, contra unha Sentenza (994/2012) ditada pola Sección Sexta da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, de 12 de Novembro de 2012. Ditada para resolver sobre un Recurso Contencioso-Administrativo (35/2004), contra unha resolución, do 6 de Novembro de 2003, asinada polo Subsecretario de Economía que desestimaba un recurso de alzada, do Comité Cidadán de Emerxencia que interpuxera contra a resolución da Dirección Xeral de Política Energética e Minas de 3 de xuño de 2002 (BOE do 24 do Xullo de 2002), onde se lle concedía a REGANOSA, Autorización Administrativa Previa para a instalación da planta regasificadora en Mugardos.


Porque se interpuxo o recurso nun xulgado de Madrid ?


O Recurso Contencioso-Administrativo (35/2004), contra unha resolución, do 6 de Novembro de 2003, asinada polo Subsecretario de Economía, foi interposto ante o Tribunal Superior de Justicia de Madrid, porque o organismo que ditou a resolución de Autorización Administrativa Previa e o organismo que resolveu desestimando o recurso de alzada que o Comité interpuxera contra a mencionada Autorización, teñen a súa sede en Madrid.


A importancia do Pleno Extraordinario do Concello de Ferrol celebrado o 17 de Novembro de 2006.


E importante lembrar o sucedido o 17 de Novembro de 2006, cando o pleno do Concello de Ferrol decidiu non presentar recurso contra unha Sentenza da Sección Oitava da mesma Sala do Contencioso-Administrativo do mesmo TSJM que trataba sobre o mesmo asunto que agora veu fallar contra Reganosa o Tribunal Supremo, mais daquela a Sentenza do TSJM ditada o 17 de Outubro de 2006, ficou firme ao renunciar a corporación municipal ao recurso.

O relato

Sendo Alcalde Juan Juncal, do Partido Popular, ten lugar un Pleno Extraordinario do Concello de Ferrol o 17 de Novembro de 2006, trataba-se de poñer dous asuntos a debate e aprobación:

* Un.- Que o Pleno aprobara non recorrer ao Tribunal Supremo a sentenza nº 1242 do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSJM), que desestima un contencioso interposto por este Concello contra a Autorización Administrativa Previa a Reganosa aprobada no ano 2002.

* E dous.- Que o Concello de Ferrol se retire de todos contenciosos que ten presentados contra Reganosa.

Esta sería a terceira vez, que Juan Juncal levaba ao Pleno o asunto, sen te-lo conseguido nas anteriores ocasión, mais desta vez contaba co apoio das cúpulas políticas que mandaban no PSOE e BNG en Compostela.

Os tentáculos do poder real penetran nos partidos

Foi o 10 de Novembro de 2004, no Parlamento Galego, cando o PP e PSdeG-PSOE votaron conxuntamente unha moción do PPdeG para que o Concello de Ferrol se retirase dos contenciosos contra Reganosa. O BNG presentou outra proposta que foi rexeitada. "Iso ocorreu dous días antes daquel pleno municipal de 12 de novembro de 2004 donde Juncal por segunda vez levou ao Pleno a súa Moción e o Concelleiro Eduardo Fra Molinero (PSdeG-PSOE) desbaratou o plan votando distinto o que lle dixeran desde a executiva Galega. O BNG tamén votou en contra da Proposta de Juncal", comentaba Carmelo Teixeiro nun artigo publicado en Ártabra 21.

Dous anos máis tarde, as cousas foron cambiando, polo visto as direccións dos partidos chegaron a algún acordo, a planta xa estaba na fase final da construción. E os tentáculos do poder chegaron a penetrar en todas as organización con representación parlamentaria. O lobby d'As Pontes que mandaba na CIG e no BNG desa localidade, apertou de tal xeito que a súa posición chegou a ser a oficial de ambas organizacións, a sindical e a política. Só así se pode entender o sucedido no Pleno Municipal, celebrado o 17 de Novembro de 2006, dous anos despois do acordo Parlamentario do 10 de Novembro de 2004. Juan Juncal xa sabía, nesta terceira vez que presentaba a súa Moción, que desde o PSdeG-PSOE e o BNG ían a apertar con forza aos seus respectivos representantes na corporación municipal que aseguraran unha maioría suficiente, ademais contaba con Manuel Bustabad que en Xuño xa abandonara a disciplina de IF e non foi a este Pleno Extraordinario.

O BNG, preferiu sacrificar a súa representación institucional e a potente organización política nas comarcas a cambio de que? Iso só o saben os que estiveron compartindo mesa e mantel co vello Tojeiro.

Nas Eleccións Locais de Maio de 2007, hai un cambio político no Concello de Ferrol, onde Esquerda Unida e PSdeG-PSOE acadan un acordo de goberno. Os dous partidos deixaron clara a súa discrepancia con respecto a Reganosa, mais queda excluída toda referencia á regasificadora. O partido que en anos anteriores se mostrara moi belixerante coa planta de gas e que participaba mais a carón do movemento opositor à regasificadora de Mugardos, mesmo que fixera bandeira deste feito, pasa a renunciar na institución a contribuír na loita contra Reganosa. Perante ano e medio, paralelamente goberna o bipartito BNG/PSOE en Compostela aceptan unha política de feitos consumados agora que a Reganosa está construída, pasan a defender a política mantida polo PP na Xunta, cualificando o valor estratéxico da planta de gas no deseño económico da Comunidade. É o goberno bipartito xunto á empresa gasista, quen recorre algunhas das sentenzas do TSXG que fallaran contra o despropósito gasista de Reganosa.

Antecedentes

No ano 2002, sendo Alcalde de Ferrol Xaime Bello Costa (BNG),  o Pleno decidiu presentar dous contenciosos en relación con Reganosa. 

* Un primeiro contencioso do concello de Ferrol correspondeu o TSXG, cuxa sala primeira emitiu a sentenza de 23 de xuño de 2004 favorable o Concello de Ferrol, e que anula a tramitación ambiental de Reganosa, con unha abundante argumentación legal. Foi recurrido o Tribunal Supremo pola Xunta e por Reganosa en xullo de 2004.

* E un segundo contencioso do Concello de Ferrol e contra a Autorización Administrativa previa de 3 de xuño de 2002, aprobada pola Direccion General de Política Energética y Minas. Foi desestimado pola sentencia 1242 do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSJM).

O Pleno do 31 de xullo de 2003, sendo xa Alcalde Juan Juncal Rodríguez (PP), acordou continuar coas actuacións iniciadas, mais con posterioridade non presentou novas actuacións. Hai que ter en conta que o PP non contaba coa maioría suficiente para impoñer a paralización das actuacións, pois só tiña 7 dos 25 representantes municipais. Pois os outros 6 concelleiros que lle daban a maioría no Pleno e mesmo participaban no goberno municipal, eran de Juan Fernández, do partido localista Independentes de Ferrol (IF) que sempre se manifestou contra a localización da Planta de Gas dentro da Ría. Mesmo a proposta do BNG, presentou-se unha Moción contraria á localización de Reganosa dentro da Ría e para que a regasificadora se localizara no Porto Exterior, aprobada cos 17 votos de BNG, EU, IF e PSOE.

Notas.-

[1] Xunto aos terreos da concesión portuaria de Punta Promontorio, o Grupo Tojeiro adquiriu uns terreos non aptos para o uso industrial para instalacións de almacenamento de hidrocarburos no seu momento pero que posteriormente foron recualificados polo concello de Mugardos en 1999 e 2003. Pelotazo urbanístico que posibilitou ao Grupo Tojeiro ser unha parte preferente no conxunto societario da empresa regasificadora. Hai que ter en conta que foi precisamente a modificación nº3 do PXOM de Mugardos que foi declarada nula polo TSXG (2008) e que ben a confirmar agora esta sentenza do TS (2016), confirmada a súa vez por outra anterior do TS (2011) a que posibilitou o despropósito gasista.

[2] O 20 de xullo de 2000 asínase un convenio de colaboración -con cláusula de confidencialidade- entre o Grupo Tojeiro, a Xunta de Galicia (Goberno Fraga), Endesa, Unión Fenosa, Caixanova e Sonatrach (empresa estatal alxerina provedora de gas natural) que se constitúen "como unha Asociación de Promotores para o Desenvolvemento da Planta de Regasificación de gas natural licuado a construír en Mugardos, na bahía de Ferrol" (Convenio, 20-07-00: 4).

[3] Miércoles  24  julio  2002 | BOE núm. 176 - 6032 | MINISTERIO DE ECONOMÍA | Resolución de la Dirección General de Política Energética  y  Minas  por  la  que  se  otorga a   ́Regasificadora  del  Noroeste,  Sociedad Anónima (REGANOSA) autorización  administrativa previa para la instalación de una planta de recepción, almacenamiento y regasificación de gas natural licuado en Mugardos (A Coruña). | Acceder/Baixar.
_____________

domingo, abril 03, 2016

Confesión de Parte: Digamos non ao crime e impunidade fascista, ... Por Rafael Ortega - Documentario - Vídeo - O presidente da República Bolivariana de Venezuela, Nicolás Maduro Moros, chamou este sábado 2 de Abril aos pobos do mundo a ver o documentario


Documental de Rafael Ortega Mata [*] e Venezolana de Televisión C. A. sobre os feitos punibles e crimes confesados pola dereita nacional na Lei de Amnistía proposta na Asemblea Nacional (2016)
.

Realizado polo xornalista Rafael Ortega. | Maduro invita a ver documental "Confesión de Parte": Digamos non ao crime e impunidade facsista.


No material audiovisual, Ortega mostra fragmentos do texto do proxecto de lei da dereita onde se evidencia, cruel e insólitamente, a confesión de todos os crimes cometidos que pretenden ser "amnistiados ampliamente" por esa maioría parlamentaria da nova asemblea

O presidente da República Bolivariana de Venezuela, Nicolás Maduro Moros, chamou este sábado aos pobos do mundo a ver o documentario "Confesión de Parte", que desmonta a Lei de Amnistía impulsada pola maioría opositora na Asemblea Nacional (AN), a través da cal se busca promover a impunidade no país.

"O mundo enteiro debe ver este documentario do novo cineasta de Venezuela ... digamos: Non ao Crime e Impunidade Fascista", publicou o Xefe de Estado a través da súa conta na rede social Twitter @NicolasMaduro.

No material audiovisual, Ortega mostra fragmentos do texto do proxecto de lei da dereita onde se evidencia, cruel e insolitamente, a confesión de todos os crimes cometidos que pretenden ser "amnistiados amplamente" por esa maioría parlamentaria da nova asemblea.

O audiovisual, desenmascara as intencións da dereita venezolana de aprobar o proxecto de Lei de Amnistía e Reconciliación Nacional, que foi aprobado onte na súa primeira discusión pola Asemblea Nacional (AN).

#ConfesionDeParte.

No facebook.

2 de Abril de 2016 |



https://youtu.be/6qssni0sTic


[*] Rafael Ortega Mata, xornalista venezolano. |Canle en Youtube: Acceder. | Interesante artigo en Aporrea.org: Ir a Web. | Twitter @ROrtegaVTV | Instagram.

Enviado por:
Manuel Angel Rodríguez Carballeira
-lalan1954@gmail.com-
3 de abril de 2016 13:21

_____________

Moción aprobada polo Pleno do Concello de Narón para a conmemoración do 14 de Abril, e a proclamación da II República que saíu aprobada cos votos favorables de BNG, EU NARÓN, PSOE e TEGA


MOCIÓN DE ESQUERDA UNIDA DE NARÓN PARA A CONMEMORACIÓN DO 14 DE ABRIL, E A PROCLAMACIÓN DA II REPÚBLICA.

ESTA MOCIÓN SAÍU APROBADA COS VOTOS FAVORABLES DE EU NARÓN, TEGA, PSOE E BNG.


ELEXIMOS SE ABSTIVO E O PP VOTOU EN CONTRA.

O CONCELLEIRO DE “EU NARÓN” ANDRÉ ABELEDO, NO PLENO DE MARZO DO CONCELLO DE NARÓN DEFENDENDO A MOCIÓN DO 14 DE ABRIL E A REPÚBLICA.

Miguel Hernández, ese gran poeta comunista que rematou a súa luminosa vida no mes de marzo de hai 74 anos nunha cadea fascista, deixounos dito: “Xamais renunciaremos nin ao máis vello dos nosos soños”.

O 14 de abril de 1931-teñamos ben presente que como consecuencia da vitoria nas eleccións municipais das forzas republicanas, cuestión nada banal que adoita esquecerse- proclamouse a II República. Cúmprense, pois, 85 anos do que foi o primeiro réxime democrático da nosa historia, dun sistema que instaurou un verdadeiro Estado de Dereito e proclamou a primeira constitución democrática de España. Esta Constitución plasmou o principio de igualdade dos españois perante a lei, ao definir España como “unha república de traballadores de toda clase que se organiza en réxime de Liberdade e de Xustiza”. O principio de soberanía popular, estableceu o sufraxio universal para homes e mulleres maiores de 23 anos. En economía a propiedade privada quedou suxeita aos intereses da economía nacional. Constituíuse un “Estado integral, compatible coa autonomía dos Municipios e as Rexións”. O principio de laicidade establecía que “o Estado, as rexións, as provincias e os Municipios, non manterán, favorecerán, nin auxiliarán economicamente ás Igrexas, Asociacións e Institucións relixiosas”, recoñecendo, ademais, o matrimonio civil e o divorcio, así como o ensino primario laico, gratuíto e obrigatorio, e con liberdade de cátedra.

A II República promoveu o avance na transformación da nosa sociedade, na defensa das liberdades individuais e colectivas, e na consecución da xustiza social.

Este sistema democrático acabou coa derrota na Guerra Civil para dar paso a máis de 40 anos de franquismo, de represión e de retrocesos.

O 14 de abril ten que ser unha data reivindicativa para reclamar o dereito á República e facer unha homenaxe a todos os alcaldes e concelleiros dos concellos daquel período, así como condenar o golpe de estado franquista contra a II República. Moitos dos que estamos hoxe aquí de vivir en aquel momento histórico houbésemos sido paseados.

Quen esquece a súa historia esta condenado a repetila”, dixo hai séculos Marco Tulio Cicerón, gran verdade histórica que precisamos ter na memoria.

Porque a mal chamada Guerra Civil non foi unha guerra ad usum, senón a resposta a un golpe de estado perpetrado por militares traidores perpetrado ao ditado da oligarquía que temía perder os seus privilexios; un golpe de estado contra un goberno lexitimo xurdido das urnas; un golpe de estado covarde que provocou unha guerra brutal, onde os golpistas do chamado bando Nacional contaron con a inestimable axuda dos gobernos fascista Benito Mussolini e nazi de Adolf Hitler, que puxeron tropas e armamento de todo tipo ao servizo dunha causa que acabaría masacrando unha boa parte do pobo español, nun verdadeiro xenocidio ideolóxico que acabaría enchendo de cadáveres, moitos deles aínda sen identificar, todo o territorio español. Mais, convén lembrar aquel pe dun dos debuxos de guerra de Castelao: “Non enterran cadáveres, enterran semente”.

Algúns din que cando falamos de memoria, xustiza e reparación se reabren feridas, pero, como se vai reabrir o que nunca se pechou?; como se pode perdoar cando nunca se pediu perdón? Teñamos presente que na Alemaña negar o holocausto é delito. Non se debe esquecer sen máis.

Por Narón, polo noso concello tamén pasou a besta fascista. As cifras contan unha pequena parte do horror e o terror que se viviu, pero só temos datos estimados, tan só coñecemos a punta do iceberg da barbarie, posto que algúns aínda teiman en perder a Memoria.

Temos documentados un total de 93 asasinados en Narón, unha parte deles mariñeiros que se mantiveron fieis á República, á legalidade, cando o golpe. No Val foron fusilados e enterrados no cemiterio 48 mariñeiros do acorazado "España” e do vapor "Domine”. En San Mateo foron fusilados e enterrados no cemiterio 17 mariñeiros do “Mar Cantábrico”.

Nove veciños de Narón foron fusilados, quince foron paseados e asasinados nas nosas cunetas, un foi apaleado ata a morte, dous morreron en enfrontamento armado, outro morreu en prisión...

Estas 93 persoas foron asasinadas, pero tamén están os represaliados, os que foron depurados, os desterrados, os escapados e exiliados, os presos, os multados...

Como terrible anécdota do terror das hordas Nacional Católicas do Franquismo, destas beatas persoas que loitaban por “Deus” e “España”, esta o feito de que o día 26 de Decembro, supoño que para celebrar o Natal, no Val foron fusilados máis de 20 mariñeiros do citado acorazado "España”.

O próximo día 13 de Abril Memoria Histórica acompañada por todas e todos os que queremos ter Memoria fará no cemiterio do Val e no de San Mateo unha ofrenda floral en homenaxe a todas e todos os represaliad@s.

Honor e Gloria aos nosos mártires.

Saúde e República. A pola terceira.

https://youtu.be/ec9XsLY8XEE vía @YouTube


Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón


Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.

Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
1 de abril de 2016 16:57

____________

Ciberacción: Retírense de Auga Zarca - Xustiza para Berta Cáceres


[Ciberacción] Retiren-se de Auga Zarca

Durante anos, os críticos do proxecto da represa Auga Zarca en Honduras foron branco dunha campaña de violencia, intimidación e asasinato aberto.

Logo, o 2 de marzo, Berta Cáceres -crítica da represa, ganadora do Premio Goldman e nai de catro fillos- foi brutalmente asasinada na súa casa.

¡Xa é suficiente! A represa de Auga Zarca e a campaña de ameazas, violencia e asasinato aberto contra as persoas críticas do proxecto ten que parar.

Ecoloxista en Acción esixe que construtores e financiadores internacionais da represa retírense inmediatamente do proxecto da presa Auga Zarca, e non se involucren en proxectos en terras indíxenas Lencas de Honduras.

Asinar a peticiónVentana nueva

Fonte: Ecoloxistas en Acción | 08.03.2016.

Outros artigos relacionados en ecoloxistas en Acción:
Xustiza para Berta Cáceres. | Ir a Web.
_____________

sábado, abril 02, 2016

Alberto Nuñez Feijóo anuncia o agardado que se volverá a presentar como candidato do Partido Popular a presidir a Xunta de Galicia, nas eleccións autonómicas previstas para Outubro deste ano 2016


Alberto Nuñez Feijóo, actual presidente da Xunta de Galicia, anuncia o agardado, que se volverá a presentar como candidato do Partido Popular a presidir o goberno da Comunidade Autónoma, nas eleccións previstas para Outubro deste ano 2016, despois de 8 anos presidindo o goberno galego. Todo está listo para a farsa. Atados todos o cabos e coa falacia da "comunidade autónoma virtuosa e cumpridora". Todo está preparado, partidas importantes dos orzamentos para dar publicidade aos supostos logros de cada unha das consellarías. Un Partido Popular en caída, mais sen unha oposición capaz de aproveitar a situación de declive político dun Partido Popular corrompido nas súas entrañas por multitude de escandalosos casos de latrocinio, ao estilo dunha organización criminal para delinquir e saquear as arcas públicas, o diñeiro de tod@s.

Feijóo, volverá ser candidato ás eleccións autonómicas na Galiza, simulando un grande sacrificio persoal e criando unha grande expectación perante semanas, e sobre todo nos últimos días, ao poñer unha data para anunciar a súa decisión, na xuntanza da dirección política do partido na Galiza que se xuntaba hoxe sábado 2 de Abril, nun hotel compostelán. Comunicaba a decisión visibelmente emocionado, cando anunciaba que vai intentar seguir capitaneando o goberno encargado da aplicación das políticas económicas neoliberais deseñadas baixo directrices e programas das grandes corporacións transnacionais do capital financeiro e industrial que pretenden controlar aos gobernos e institucións en todos os países do mundo. E a Esquerda segue perdida na intemperie, a modo como escribía Eduardo Galeano, no seu artigo escrito en 1990 .

A nova nalgúns medios galegos:

Sermos Galiza. |APÓS MESES DE XOGAR AO DESPISTE. | Feijóo pon fin á súa estratexia de precampaña e anuncia a súa terceira candidatura á Xunta | M. Obelleiro 02 Abril 2016 11:01 h. | Ir a Web.

Praza Pública. |Feijóo escenifica o 'sacrificio' de volverse presentar: "Galicia paga a pena sempre". | David LombaoDavid Lombao | @davidlombao    | Miguel PardoMiguel Pardo | @depunteirolo. | Ir a Web.

Galicia Confidencial. | Feijóo repetirá como candidato á Xunta. O presidente do PPdeG confirma aos seus compañeiros que a súa "difícil decisión" é volver a loitar pola presidencia do Goberno Galego. Non parece que vaia haber adianto electoral.| Feijóo convoca a todos os conselleiros e ex-conselleiros. | Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/04/2016 | Actualizada ás 12:10 | Ir a Web.
___________

Eliximos Narón denuncia a irracionalidade das taxas do lixo, situación á que califica como unha "montaña rusa de taxas por superficie ocupada"


Eliximos Narón denuncia a irracionalidade das taxas do lixo.

No pleno de Marzo o tripartito de Narón quixo rectificar os seus propios erros de xestión pero desaproveitou a ocasión de corrixir a irracionalidade das taxas de recollida de refugallos.

O motivo da revisión era o de evitar que algúns tipos de establecementos non pagasen case o dobre ao pasar de 119 m² a 121 m². Pero a rectificación non foi para todos, e entón a pregunta que xorde é por que os outros si deben pagar esa diferenza?.

Na taxa dos refugallos hai outras cousas ilóxicas, así os custos por m² para un supermercado de 121 m² son un 95% mais que outro de 119 m², para os de 399 m² son un 41% inferiores para logo volver a subir a un 292% mais para os 401 m².

Despois desta montaña rusa de taxas por superficie ocupada por os supermercados encontrámonos que talleres mecánicos, comercios, tendas, panadarías, oficinas e bancos pagan o mesmo independentemente do seu tamaño.

Tendo en conta que unha parte moi importante da factura e para o tratamento do lixo, non entendemos razoable que unha vivenda de 1 habitante pague o mesmo que outra de 4 ou 5 habitantes.

Tampouco se entende que unha vivenda con un 1 habitantes este a pagar un 662% máis que un xeriátrico por persoa, e que un hotel de 3 estrelas pague un 261% mais que unha residencia xeriátrica por habitación.

Pero o colmo da actuación do Goberno é que, na súa nova rectificación, aparecen mais novos erros dos que había, pois deixan con dobre taxa ou sen ela (nun baleiro legal) a distintos tipos de industrias e establecementos para distintas franxas de superficie dos seus locais. Erro que o alcalde prevé corrixir no período de alegacións. Outro novo parche ou chapuza.

Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán 15570 Narón (A Coruña)
Telf.: 981337700 - Ext.: 1066 - Móbil: 673141822 /
E-mail: grupomixto_ene@naron.es
Grupo no facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/
Web: http://eliximos.esy.es/


Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
1 de abril de 2016 09:14
_____________________

Juan Manuel Fajardo e Lída Senra, parlamentario galego e eurodiputada, valoran en rolda de prensa a visita, a Galiza, da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo


AGE logra que por primeira vez a Comisión de Pesca do Parlamento Europeo visite Galiza de forma íntegra. | Senra destaca a importancia de que mariscadoras, sector do mexillón, das artes menores, do cerco e da pesca artesanal fosen escoitados. | Fajardo tacha de “indecente” á conselleira por interecambiar cotas pesqueiras galegas por intereses do PP noutros lugares de Europa.


Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquera Verde Nórdica (GUE/NGL), acompañada polo voceiro de AGE en materia pesqueira no Parlamento galego, Juan Manuel Fajardo, ofreceu este venres pola mañá unha roda de prensa na Cámara Galega para dar conta da visita que esta semana realizou a delegación da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo a Galiza. Durante a intervención, Senra destacou que “é a primeira vez que se dá algo así”.  E é que segundo o rexistro do propio Parlamento Europeo, dende polo menos o ano 2000, que é desde que se teñen datos rexistrados, a Comisión de Pesca non fixera ningunha visita íntegra a Galiza como fixo esta semana. Si é certo que ten estado no 2007 e no 2012, pero visitando só a Axencia de Control, pero unha visita de varios días con reunións coas diferentes partes do sector pesqueiro galego nunca se dera.

Lídia Senra explicou que esta viaxe comezou a organizarse en setembro do 2014, cando tras chegar ela ao Parlamento Europeo como eurodeputada e en pleno conflito do cerco, abriuse o prazo para que os grupos fixeran propostas. “Propuxen que a Comisón de Pesca visitara Galiza, xa que somos o primeiro país en importancia pesqueira na UE”, explicou.

A eurodeputada comentou que na organización puido haber fallos, pero destacou a importancia de que fose a primeira vez que unha visita así se realizara. “O máis importante é poñer en valor que tiveron moita presenza neste encontro diferentes sectores pesqueiros, moita presenza das mariscadoras, do sector do mexillón, das artes menores e da pesca artesanal”, dixo.

Lídia Senra explicou que nas xuntanzas que se prolongaron durante martes, mércores e xoves en Vigo, Vilagarcía, A Illa de Arousa e Santiago púxose enriba da mesa a cuestión da limpeza e a rexeneración das rías, “que está facendo perigar moitos postos de traballo”. “Tamén a insuficiencia e o reparto das cotas e o reparto, que está poñendo en perigo a supervivencia de miles de familias que viven da pesca”. O sistema de análise das biotoxinas e a fraude no etiquetado do mexillón foron outros dos temas que se trataron, igual que a necesidade de que as capturas accidentais saian do reparto de cotas, cuestión que xa foi levada a Europa por AGEe a través dunha emenda e que xa foi aceptada.

Pola súa banda, Juan Manuel Fajardo incidiu en que “é a primeira vez no que vai de século que a Comisión de Pesca visita Galiza. Parece mentira que tivera que chegar AGE para que isto fose posible. Isto demostra a capacidade que temos para incidir”.

O deputado galego denunciou que o 20% do emprego pesqueiro perdeuse desde que chegou Alberto Núñez Feijóo á Xunta e arremeteu contra a actitude do Goberno galego do PP en materia pesqueira. “Acaba de gañarse unha sentencia contra a fraude da etiquetaxe do mexillón e a Xunta segue mirando para o outro lado. É un argumento máis para que dimita a conselleira. Hai que defender o sector do mexillón, non se pode vender como galego mexillón de fora e iso está a pasar coa complicidade da Xunta”, incidiu.

Fajardo deixo claro que desde AGE “imos defender que a pesca artesanal saia do sistema de cotas”. “Fronte a iso, nesta visita o PP estaba máis interesado en falar de Anfaco e de multinacionais que en falar daqueles mariñeiros galegos que saen ao mar todos os días”. O deputado anunciou que AGE emprenderá unha campaña en defensa do produto galego e non do produto de fora que se está vendendo como galego e “cando tomemos a Xunta, o goberno será un goberno que se preocupará polo sector tradicional e a pesca galega, non como agora”.

Fajardo tachou de “indecente” á conselleira de Pesca porque, dixo, “está intercambiando cotas de pesca dos galegos por outros intereses do PP noutras nacionalidades de toda Europa”.

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

Equipa de Comunicación AGEe.
lidia.senra@europarl.europa.eu

http://ageuropa.gal/

twitter  Facebook

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
1 de abril de 2016 13:04
______________

venres, abril 01, 2016

Manuela Carmena, Alcaldesa de Madrid, en Ferrol para presentar o seu libro "Por qué las cosas pueden ser diferentes", este sábado 2 de Abril, ás 12 do mediodía no Centro Cívico de Caranza - Outra programación dentro do ciclo "Democracia e Compromiso"

Dende a xunta directiva da A.C. Fuco Buxán queremos convídalo/a a asistir ao vindeiro acto que a nosa asociación organiza dentro do Ciclo [Democracia e Compromiso]:

MANUELA CARMENA CASTRILLO (MADRID, 9 DE FEBREIRO DE 1944) É XURISTA, XUÍZ EMÉRITA E POLÍTICA ESPAÑOLA, ALCALDESA DE MADRID DESDE O 13 DE XUÑO DE 2015. O SÁBADO 2 DE ABRIL ÁS 12:00 HORAS, NO CENTRO CÍVICO DE CARANZA FERROL.

A Asociación Cultural Fuco Buxán vén de celebrar varios actos dentro do Ciclo [Democracia e Compromiso] que permitiron achegar diferentes informacións en ámbitos moi diversos e necesarios de poñer en coñecemento da sociedade ferrolá. A Asociación Cultural Fuco Buxán iniciou un ciclo que pretende indagar nas claves e contribuír ao debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidamos e convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas.

Ata o de hoxe, organizamos os seguintes actos do [Ciclo Democracia e Compromiso]:

  • Ensino: Conferencia – Coloquio de Vicente Álvarez Areces.
  • Conferencia de Pablo Álvarez Fernández: Polo Dereito á Enerxía.
  • Conferencia de Nieves Santomé: "REFUXIADOS E INMIGRANTES".
  • Conferencia - Coloquio de Manolo Lago: "Balance da Lexislatura. Milagre Económico?"
  • Presentación do libro “O último día de Terranova” de Manuel Rivas.
  • Conferencia "Democracia alegre contra el miedo triste" Juán C. Monedero Fernández.
  • Presentación do libro “Código Rojo” de Luís Gonzalo Segura.

E temos previsto realizar os actos que seguen:

  • Manuela Carmena Castrillo (Madrid, 9 de febreiro de 1944) é xurista, xuíz emérita e política española, alcaldesa de Madrid desde o 13 de xuño de 2015. Conferencia o sábado 02 de abril ás 12:00 horas no Centro Cívico de Caranza Ferrol. [Ciclo Democracia e Compromiso].
  • Antón Losada Trabada (Jove, 1966) periodista, escritor, político. Conferencia o xoves 21 de abril ás 20:00 horas no Ateneo Ferrolán. [Ciclo Democracia e Compromiso].
  • Xoves 7 de abril no Ateneo Ferrolán Asemblea ordinaria de socios e socias da A. C. Fuco Buxán, ás 18:00 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 horas en segunda convocatoria. Posterior Debate Aberto a toda a cidadanía a partir das 20:00 horas.

Por outra banda, sinalar que para unha asociación como a nosa supón un serio esforzo -sobre todo económico- conseguir o amable desprazamento ata Ferrol de tódolos conferenciantes.

Por este motivo, pedimos a vosa colaboración:

  • Difundindo os actos previstos
  • Facendo unha doazón: nos actos que desenvolvemos, sempre imos acompañados dalgunha das nosas producións como asociación -chapas, libros, documentais en DVD, ou o último número da nosa revista FUCO BUXÁN- coas que agasallaremos a vosa xenerosidade en función da cantidade doada. Por outra banda, tamén é posible contribuír facendo un ingreso na conta: ES75-2080-0222-8230-4001-5401
  • Seguíndonos nas redes sociais: poderás atoparnos en Facebook, Twitter e na web.
  • Inscribíndovos como socios e socias, contribuíndo ó crecemento da asociación e ó seu sostemento, tanto no económico como na súa actividade.

Así mesmo, convidamos a toda a cidadanía a participar no Debate Aberto que terá lugar o xoves 7 de abril ás 20:00 horas no Ateneo Ferrolán. Despois da nosa asemblea ordinaria de socios e socias queremos realizar un Debate Aberto a cantas persoas o desexen, un Debate que lles permita expresar a súa opinión e realizar as propostas que consideren, ademais, para situar os problemas da comarca nun primeiro plano. Agardamos vervos alí!

CICLO [DEMOCRACIA E COMPROMISO]

Asociación Cultural Fuco Buxán: Dirección: Rúa Armada Española, 32 baixo - 15406 - Ferrol (A Coruña) Apartado Correos: 240 - C.P. 15400 - Ferrol Telefono: 981325492 Email:  fucobuxan@gmail.com Visita a nosa web: www.fucobuxan.net Blog:   Pensamento Crítico http://opinionsfuco.blogspot.com.es/  Facebook: http://www.facebook.com/pages/Fuco-Bux%C3%A1n/118931821452749 Twitter: http://twitter.com/FucoBuxan Google+: https://plus.google.com/u/0/108716477794009532670/posts

Enviado por:
A.C. Fuco Buxán Fuco Buxán
-fucobuxan@gmail.com-
29 de março de 2016 23:3

____________

A outra REGANOSA: O Tribunal Supremo declara ilegal a planta de gas do Musel (Xixón), ... Por Raquel Rivera Fernández

Localización da Planta de Gas no porto del Musel en Xixón

A localización de Reganosa na Ría de Ferrol

Por Raquel Rivera Fernández [*]
01.04.2016

A todos os que creemos que este planeta é un legado que transmitiremos ás xeracións vindeiras tal como nolo transmitiron a nosa -si non mellorado, isto é, aos que creemos no concepto de "desenvolvemento sostíbel", acuñado alá polo 1987 no Informe Brundtland, o Tribunal Supremo acaba-nos de dar unha gran alegría. O Alto Tribunal fallou, en sentenza de 29 de febreiro, en contra da localización da planta de gas do Musel (Xixón) por estar situada "do mesmo xeito que no caso da planta galega REGANOSA" a menos de 2.000 metros de núcleos de poboación, incumprindo así o RAMINP (Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas, e perigosas, aprobado por Decreto 2414/61 - Buscar: gal ou/e es), normativa vixente no momento do inicio do expediente de construción (2006).

Esta histórica sentenza é froito dunha primeira denuncia contra a licenza de construción da planta, interposta pola coalición formada polos Verdes de Asturias/EQUO en 2009, que iniciou un proceso que obtivo unha primeira sentenza favorable do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid. Esta sentenza foi recorrida polo Ministerio de Industria e ENAGAS, acolléndose á entrada en vigor, o 1 de xaneiro de 2007 da Lei 11/2006, de 27 de decembro, de acompañamento dos orzamentos do Principado de Asturias, en cuxo artigo 4 introducíase un apartado que deixaba "sen aplicación no territorio do Principado de Asturias a esixencia de que as instalacións fabrís insalubres ou perigosas afástense 2.000 metros do núcleo máis próximo de poboación agrupada", como establecía o citado RAMINP. Outro argumento que se empregou no recuso de casación foi que a solicitude de licenza de construción ante a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas presentouse con posterioridade, en abril de 2007.

Agora o Supremo desestima o recurso de casación interposto polo Estado e ENAGAS e dá a razón á coalición ecoloxista. Así, e segundo a sentenza recorrida, o Ministerio de Industria ten tres meses para botar abaixo a planta ou, en caso de non facelo, dar as explicacións pertinentes.

A planta, ademais, supón un exemplo de mala xestión e malgasto de caudais públicos e privados: ENAGAS investiu a frioleira de 382 millóns de euros por un proxecto que nunca deu servizo -nin parece que nunca o dará-, ao non ser necesario, e recibiu 125 millóns de euros do erario público.

O caso asturiano é paralelo ao galego de REGANOSA, unha planta tamén ilegal, perigosa, innecesaria e gravosa para os consumidores, segundo o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, en cuxo nome vén defendendo Patricia Gabeiras a nulidad da gasificadora desde 2001, dentro da súa actividade prol bono publico.

[*] Raquel Rivera Fernández , é Licenciada en Dereito, e na actualidade pertence ao departamento de comunicación do Estudo Xurídico de Gabeiras & Asociados.

Fonte: http://gabeirasyasociados.com/la-otra-reganosa-tribunal-supremo-declara-ilegal-planta-gas-musel-gijon/ | 31.03.2016
_____________

Apresentaçom do livro "Las brujas de la noche" da autoria do jornalista, politólogo e escritor Alberto Cruz, este sábado 2 de Abril na Fundaçom Artábria - Também projetaremos em ecrám gigante o dérbi galego que jogarám o Celta de Vigo e o Desportivo da Corunha


Sábado, 2 de abril, a apresentaçom do livro "Las brujas de la noche" da autoria do jornalista, politólogo e escritor Alberto Cruz.

"Las brujas de la noche" é um apaixonado percurso pola história da Uniom Soviética através de um surpreendente regimento de mulheres pilotos de guerra. Da mao da vida quotidiana das duzentas sessenta e três mulheres do 46 Regimiento "Taman" e de sua progressiva incorporaçom às mais duras e arriscadas tarefas militares, percorre-se a desoladora invasom nazi, que penetra até Stalingrado, e em frente à qual o Exército Soviético oferece umha vontade férrea de resistência, até a última casa, até a última bala, até o último morto, mas sem poder deter a ofensiva alemá.

O ato dará início às 20.00hs.

No mesmo sábado, às 22.05 projetaremos em ecrám gigante o dérbi galego que jogarám o Celta de Vigo e o Desportivo da Corunha.

Toda a Programaçom da Fundaçom Artábria para o mês de Abril 2016. | + Info.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

....

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
31 de março de 2016 17:14
_____________

Programaçom da Fundaçom Artábria para o mês de abril


Livros, futebol, exposiçons, música, gastronomia e contos para crianças é a ementa de atividades para este mês de primavera.


A programaçom começa no próximo sábado, 2 de abril, com aapresentaçom do livro "Las brujas de la noche" da autoria do jornalista, politólogo e escritor Alberto Cruz.

"Las brujas de la noche" é um apaixonado percurso pola história da Uniom Soviética através de um surpreendente regimento de mulheres pilotos de guerra. Da mao da vida quotidiana das duzentas sessenta e três mulheres do 46 Regimiento "Taman" e de sua progressiva incorporaçom às mais duras e arriscadas tarefas militares, percorre-se a desoladora invasom nazi, que penetra até Stalingrado, e em frente à qual o Exército Soviético oferece umha vontade férrea de resistência, até a última casa, até a última bala, até o último morto, mas sem poder deter a ofensiva alemá.

O ato dará início às 20.00hs.

No mesmo sábado, às 22.05 projetaremos em ecrám gigante o dérbi galego que jogarám o Celta de Vigo e o Desportivo da Corunha.

Já na sexta-feira, 8 de abril, às 20.00hs, José Alberte Corral Iglesias apresentará na Fundaçom Artábria o seu último trabalho: o livro de relatos "A pena do vigia".

15 de abril, inauguraremos a exposiçom de imagens "25 de abril: sempre!". Umha série de fotografias que trarám a Revoluçom dos Cravos ao nosso Centro Social.

Sábado 16 de abril, chega a primeira cita musical do mês com um concerto de Thrash Metal com os grupos da comarca Sacrament (de Ferrol) e Raze (das Pontes). A entrada é de graça e o concerto começa às 22.30hs.

Na sexta-feira, 22 de abril, haverá contacontos para crianças da mao de Helga Méndez e a sua "Palabra de sombreiro". A entrada é livre e o início está marcado para as 19.00hs.

No dia 23 de abril, chega a já tradicional ceia comemorativa do "25 de abril" organizada mais um ano junto a Associação Cultural O Beco da Língua.

A ementa constará de entradas várias, arroz caldoso, vinho minhoto e sobremesa. Terá um custo de 15 euros, 12 euros para sóci@s da Fundaçom Artábria e do Beco da Língua.

Após a ceia, aproximadamente às 23.30h, e com entrada livre, Eugenia Sanmartim e Sergio Galego trarám músicas do Brasil e outras terras para fechar esta jornada lusófona.

29 de abril, sexta-feira, decorrerá a apresentaçom da nova ediçom galega da obra de V.I. Lenine "O Imperialismo, fase superior do capitalismo" publicada polo Diário Liberdade coincidindo com o 1º Centenário da sua elaboraçom.

A apresentaçom será a cargo do historiador Carlos Velasco e de Maurício Castro, do Coletivo Editor do Diário Liberdade.

Fechamos o mês de abril com música. Será no sábado 30 às 23hs, quando os locais Weather Underground apresentem o seu primeiro disco. A entrada é de graça.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

....

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:

Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
31 de março de 2016 17:14
_____________

xoves, marzo 31, 2016

Charla con Con Eliseo Fernández e Bernardo Máiz : "Situando o Ateneo no seu contexto Histórico", hoxe xoves 31 de Marzo ás 7 da tarde


Actos 40 aniversario
Charla: "Situando o Ateneo no seu contexto Histórico"
Con Eliseo Fernández e Bernardo Máiz
Xoves, 31 de marzo ás 19 h. no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán


--
Un lugar de encontro para a cultura.
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.:  +34 981 357 970 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK: https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
30 de março de 2016 13:17
___________

Xorndas, "da Risga á Renda Básica das Iguais", en Compostela, este sábado 2 deAbril - Programa


2 abril - Xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais"

Prestacións de 400€ concedidas con meses de atraso e despois dunha morea de trabas burocráticas e controis por parte dos servizos sociais. No mellor dos casos, acceder a un contrato de sete meses de contía inferior ao salario mínimo interprofesional, tras o cal non está permitido renovar o cobro da prestación. Ou a caridade.

Estas son as respostas dispoñibles a día de hoxe para facer fronte á situación de emerxencia social que afecta a unha de cada catro persoas en Galiza (o 23,8% da poboación que se atopa en “risco” de pobreza ou exclusión). Para moitas máis, que sufrimos as dificultades de soster a vida cada día mais non cumprimos os requisitos de pobreza establecidos, as opcións pasan polo mercado laboral precarizado.

As xentes de Baladre deixamos a un lado os termos difusos (cambio, progreso, transversalidade, reformismo, benestar....) para abordar propostas concretas que garantan o dereito a unha vida digna e contribúan a procesos de transformación radicais.

Para iso organizamos unhas xornadas de reflexión e debate nas que partiremos dunha radiografía do actual escenario do capitalismo depredador, examinando o papel que xoga a pobreza e as consecuencias desta para aquelas persoas que se atopan nas posicións de maior vulnerabilidade e exclusión, poñendo o foco na situación das mulleres.

O contraste farémolo con propostas que xorden desde a economía social e da loita polos dereitos sociais e polo reparto da riqueza. Unha loita que pasa por informar, visualizar e denunciar. Mais tamén por deconstruír o empobrecemento como un fracaso individual e por crear vínculos políticos desde os que arrancar o dereito a vivir dignamente.

PROGRAMA

Xornadas: “Da RISGA á Renda Básica das iguais”. Sábado 2 abril - A Gentalha do Pichel (r/Santa Clara 21 - COMPOSTELA).

10:00 - Presentación da xornada.

10:15 a 11:45 - “Planeta carroña. O capitalismo actual e as súas consecuencias”, a cargo de J. M. Busqueta (Seminari Taifa).

12:00 a 14:00 - “O seu benestar e o noso malestar”:

- “A función da pobreza no capitalismo”, a cargo de Albert Sales (sociólogo e profesor de universidade Pompeu Fabra).

- “A Galiza máis excluída”, a cargo de Leticia Castro (educadora social).

Xantar

16:00 a 17:00 - “L'Olivera, 42 anos de economía social”, a cargo de Clara Griera (Cooperativa L'Olivera).

17:00 a 18:30 - “Da RISGA á Renda Básica das iguais”, a cargo de Mari Fidalgo e Manolo S. Bayona (Baladre).

18:30 a 19:30 - “Os Puntos de Información e Denuncia e Asembleas de empobrecidas-precarias”:

- Ruth López (Punto de Información Erletxea en Irún).

- Beatriz Lorenzo (ODS-Coia).

19:30 - Lectura das propostas recollidas na xornada.

--
OFICINA DEREITOS SOCIAIS - COIA (ODS-Coia)
odscoia.arkipelagos.net | odscoia@riseup.net |@odscoia | tel: 696 618 732 - 679 758 663
Estamos os luns de 17h00 a 19h00 en Coia, nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Vigo).

Enviado por:
Oficina Dereitos Sociais - Coia
-dereitossociais@gmail.com-
31 de março de 2016 09:50
_________________

martes, marzo 29, 2016

Terror, ... Por Amadeo Varela

Por Amadeo Varela [*]
29.03.2016


Despois dos atentados de París e Bruxelas, parece que a xente se decata de que estamos en guerra. Atrás quedaron os atentados das Torres Xemelgas ou de Madrid, e os de tantos outros que son unha clara mostra de que a guerra é continua e permanente. Pero ninguén se lembra de Santa Bárbara ata que trona. E nembargante, hai unha guerra declarada entre os que controlan a economía mundial e o resto da Humanidade, que produce estragos entre os máis pobres e indefensos, con centos de milleiros de mortos de fame. E ninguén se alporiza. E non se convocan manifestacións nin minutos de silencio, que terían que ser manifestacións sen fin e silencio total todo o ano. Porque vivimos nun estado de terror latente, no que o estoupido dunha bomba parece un mal menor, sempre que lle toque ao do lado, claro. E pasa o tempo, fanse recordatorios, acéndense velas e póñense flores; e todo se esquece ata a próxima. E nada se fai para atallar a raíz do mal. Hipocresía? Impotencia? Non sei.

Publicado no Diario de Ferrol | 28.03.2016

[*] Amadeo Varela Rodríguez -Ferrol 1936, foi traballador de BAZAN, é o autor de "Recordos do vello Racing" publicado no 2000, "Bazan e Ferrol - Unha simbioses perfecta?" (a historia dunha época, "... detrás de cada barco que nace, hai moitas horas de esforzo. Nesa tarefa, miles de traballadores foron gastando a súa saúde e a súa vida") publicado no 2003 e coautor de "Retallos da Memoria II" ("Memorias de neno" sobre a súa vida de pequeno nunha familia republicana perseguida), publicado no 2009. Autor de numerosas cartas e artigos na prensa local. Autor de sitios na rede sobre Ferrol. Cofundador da Asociación San Fernando para defender o Patrimonio Histórico do barrio ferrolán de Recimil contra a súa pretendida demolición, membro do Colectivo Recimil co que promoveu a Plataforma Ártabra 21 e a Plataforma en Defensa dos Espazos Públicos. Na actualidade forma parte do Colectivo Ártabra 21.
____________

Non ao racista e infame Acordo entre a UE e Turquia, ... Por Celso Posada Fernández

Por Celso Posada Fernández [*]
29.03.2016


O Acordo entre a UE e Turquía, aprobado o pasado Venres 18 de Marzo, e un acordo profundamente cruel, inhumano, ilegal, inmoral, antidemocrático, xenófobo e racista, xa que vulnera flagrantemente os dereitos humanos e atenta gravemente contra as vidas e a dignidade das persoas refuxiadas. Persoas que están sufrindo e morrendo escapando das guerras, da fame, da miseria e en busca dunha vida digna e dun futuro mellor.

O partido politico socialista e republicano Decide en Común, opoñémonos e rexeitamos rotundamente o acordo entre a UE e Turquia porque e profundamente racista, xenófobo, inmoral e inhumano porque atenta gravemente contra a dignidade, contra as vidas e porque vulnera flagrantemente os dereitos humanos das persoas refuxiadas.

Decide en Común esiximos tanto o goberno español, como os gobernos europeos que retiren inmediatamente este infame e inhumano acordo da UE con Turquía un país cun goberno o de Erdogan autoritario e antidemocrático que vulnera flagrantemente os dereitos humanos e que esta exterminando o pobo Kurdo. Decide en Común esiximos ao goberno español e os gobernos europeos politicas de acollida e de dereito a asilo para as persoas refuxiadas, así como que defendan unha pasaxe segura e os dereitos humanos das persoas refuxiadas e inmigrantes. Decide en Común opoñémonos e rexeitamos rotundamente esta Europa Neoliberal, insolidaria, antidemocrática e dos mercaderes na que vivimos na que se rescata infamemente aos bancos e se levan a cabo políticas austericidas e neoliberais mentres cada día se vulneran flagrantemente os dereitos humanos das persoas refuxiadas e inmigrantes e da maioria social.

Decide en Común seguiremos traballando conxuntamente e cooperativamente cos partidos de esquerdas, cos sindicatos de clase e cos movementos sociais para construír unha Europa Social, democrática, solidaria e dos/as cidadáns/ás onde se respecten os dereitos humanos, a vida e a dignidade das persoas refuxiadas, inmigrantes e da maioría social. E onde os valores e principios que imperen sexan os de o respecto os dereitos humanos, a igualdade de oportunidades, os da igualdade real entre mulleres e homes, os da xustiza social, os da solidariedade internacional e os do respecto a dignidade das persoas e pobos.

Decide en Común facemos un chamamento a toda a cidadanía europea a que sigan rexeitando, opoñéndose e mobilizándose rotundamente contra o infame e racista acordo entre a UE e Turquía e a que sigan defendendo os dereitos humanos, as vidas e a dignidade das persoas refuxiadas e inmigrantes. Decide en Común dicimos alto e claro: "Ningún ser humano e ilegal; Non ao Acordo entre a UE e Turquia;  Pasaxe Segura; Dereito Asilo paras persoas refuxiadas;  Non a Europa do Capital por outra Europa Solidaria e Socia".

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. Activista e Coordinador en Galicia do partido Socialista, Republicano e de esquerdas "Decide en Común" e Secretario de Ensino e de Cultura da Executiva Federal; integrante da Plataforma Somos Esquerda. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre. Foi membro do PSOE, candidato a liderar o partido a nivel provincial, até formou parte da súa Executiva Comarcal da que dimitiu. A situación socioeconómica e política, e a súa participación activa nos movementos sociais, levou-no a abandonar o PSOE e colaborar na refundación dun novo partido socialista e republicano. É membro de STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, da Asociación de Mobilidade Humana para a Colaboración e o Desenvolvemento (de apoio ás persoas inmigrantes e refuxiadas) e participa nas Marchas da Dignidade e na Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o TTIP. Está no facebook e un blogue persoal.

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
28 de março de 2016 18:28
___________

Os vindeiros 29, 30 e 31 de Marzo unha delegación da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo visitará Galiza


Visita delegación da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo a Galiza: 29, 30 e 31 de marzo


Co obxectivo de coñecer o funcionamento da Política Pesqueira Común (PPC) na Galiza, dende este martes 29 e até o xoves 31 de marzo unha delegación integrada por seis eurodeputados/as da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo (PE) -da cal a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Lídia Senra, é suplente para o Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea, desprazarase á Galiza.

Esta delegación foi asumida pola Comisión de Pesca á instancias de Lídia Senra, quen xa no ano 2014 [1] realizou a proposta de levar adiante unha supervisión da aplicación da PPC na Galiza, "á vista da preocupante perda de empregos que está a sufrir o sector pesqueiro galego e dos problemas que para o noso País está a xerar o sistema de reparto de cotas".

A eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, amosouse satisfeita de que finalmente o Parlamento vaia acudir "a comprobar in situ como un país como o noso, cunha fonda tradición pesqueira, está a loitar non só para manter os postos de traballo do sector, senón tamén para protexer a nosa biodiversidade, valorizar a nosa cultura como pobo pesqueiro e defender o dereito a obter alimentos do mar sans e a través da xente, e non vendendo a nosa costa a cachos ás multinacionais como pretendía facer o Goberno da Xunta ca Lei de Acuicultura que o sector lles obrigou a paralizar".

A primeira xornada, martes 29, transcorrerá na cidade de VIGO, onde as deputadas/os europeas manterán xuntanzas dende as 16.30hrs [2] con CONXEMAR -Asociación Española de Maioristas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura-, ARVI -Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo- e ANFACO-CEDOPESCA -Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos-Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca.

O segundo día, mercores 30, comezará ás 9.00hrs [3] cunha reunión con ASOAR-ARMEGA -Asociación de Armadores e Artes Menores de Galicia- e xeiteiros en Vilagarcia de Arousa, onde tamén manterán un encontro con mariscadoras da Ría de Pontevedra e Illa de Arousa, representantes do Consello Regulador do Mexillón, da Comisión do Mexillón e do INTECMAR -Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.

Logo desprazaranse a Lira, onde durante unha hora visitarán as instalacións da controvertida planta de rodaballo da multinacional de orixe norueguesa Stolt Sea Farm. A continuación visitarán a Reserva Mariña Lira-Carnota "Os Miñarzos".

Declaracións para os medios de comunicación (Canutazo): mércores 30 ás 12.30hrs. diante da sede do INTECMAR (Rúa do Peirao, s/n, Vilagarcia).

Os seis eurodeputados/as darán por finalizada esta delegación o XOVES 31 en Santiago de Compostela, onde manterán distintas xuntanzas a partir das 09.15hrs. [4] co Comité Executivo da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, a Comisión Sectorial do Cerco, ACERGA -Asociación de Armadores do Cerco de Galiza- e a Consellaría de Pesca da Xunta de Galicia.

Declaracións para os medios de comunicación (Canutazo): xoves 31 ás 13.00hrs. diante da sede da EGAP (Rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela).

Bruxelas, 27 Marzo 2016.

Notas.-

[1] Inicialmente esta delegación estaba prevista entre o 16-18 de Febreiro de 2015, sendo finalmente adiada até marzo 2016.

[2] As xuntanzas terán lugar na sede de ANFACO, Crta. Colexio Universitario, 16, Vigo.

[3] As xuntanzas de Vilagarcía serán no INTECMAR, Rúa do Peirao, s/n.

[4] O último día as xuntanzas serán na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

Equipa de Comunicación AGEe.
lidia.senra@europarl.europa.eu

http://ageuropa.gal/

twitter  Facebook

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
27 de março de 2016 16:54
______________

Foto: Diario Maritimo. | ACERGA en loita polo seu futuro. 1 Novembro 2015.
__________________________