domingo, xuño 19, 2016

A débeda: a gran ausente no debate do 13X e na campaña electoral, ... Por Yago Álvarez


Máis de 100 activistas e políticos asinan un manifesto por unha auditoría pública. | A débeda: a gran ausente no debate do 13X e na campaña electoral

Encaramos a recta final desta segunda campaña electoral e, por fin, puidemos ver un debate no que se enfrontaron os catro candidatos dos partidos maioritarios. Durante o bloque dedicado a debater temas económicos faláronse moitos dos asuntos que preocupan á cidadanía española, pero, como ocorreu nas pasadas eleccións, volveuse a obviar un tema económico que afecta dun xeito transversal aos demais: a débeda.


Por Yago Álvarez [*]
15.06.2016


A débeda: a gran ausente no debate do 13J e na campaña electoral

"Todos contra Rajoy na parte de economía", proclamaron os medios durante o día de onte ao falar sobre este tramo do debate no que Sánchez, Rivera e Iglesias recriminaron os continuos recortes que sufrimos durante os catro últimos anos, a precarización do mercado laboral, as cifras de crecemento ou o exceso de déficit público. Pero ningún deles nomeou a grave situación de endebedamento na que se atopa o país.

O nivel de débeda é sen dúbida a cifra macroeconómica máis escandalosa da nosa economía. A que sufriu unha maior desviación nos últimos catro anos. A débeda do Estado español incrementouse nuns 350.000 millóns de euros, pasando de estar en torno ao 60% a comezos de 2012 ao 100% do PIB na actualidade. A partida dos Orzamentos do Estado para o pago dos intereses da débeda é de 33.490 millóns de euros en 2016, a terceira maior partida só detrás do pago das pensións e as transferencias ás comunidades autónomas. Dita cantidade é catro veces máis dos 8.000 millóns que nos pide recortar Bruxelas para equilibrar o noso déficit e superior a ese crecemento do 3% do PIB "que equivalería a 30.000 millóns" do que tanto alardea o Goberno.

Máis aló das cifras económicas, o pago desta débeda foi o único motivo polo que se modificou a nosa Constitución desde que se asinou en 1978. Algo que non ocorreu con ningunha das outras cuestións e problemas que abarcan un gran espazo nos debates e campañas electorais, como a cuestión de Cataluña ou o dereito á vivenda.



Fálase dos recortes, pero non do que os causa

Unha das principais armas arreboladizas que usaron contra Rajoy os outros tres candidatos foron os recortes. As cifras e porcentaxes de diminución das partidas de sanidade, educación, I D, protección social ou as dedicadas a políticas de igualdade foron vertidas polos tres candidatos a modo de acusación sobre o presidente en funcións. Novamente, ningún deles falou de cal é a partida dos Orzamentos do Estado que nunca deixou de aumentar nos últimos anos.

Na gráfica podemos observar como creceu a partida dedicada ao pago de intereses ao mesmo tempo que os recortes diminuían as partidas das que tanto se falou no debate. En 2012, gastámonos 26.696 millóns de euros, 28.574 millóns en 2013, 33.372 millóns en 2014, 33.000 millóns en 2015 e para este ano 2016, tal e como indicabamos anteriormente, presupostáronse 33.490 millóns de euros.

Por que ningún partido fala da débeda?

O tema da débeda parece que segue sendo completamente tabú nos discursos, mitines e debates políticos, por non falar das "auditorías cidadás", término que só oímos na campaña electoral de Podemos ás eleccións europeas fai dous anos. Como se explica no artigo "Por que a débeda non aparece no CIS", a débeda non está entre as nosas preocupacións porque as elites financeiras e políticas encargáronse de separala das súas consecuencias no noso imaxinario. Esta estratexia reflíctese claramente nas campañas electorais, nas que os partidos políticos eluden completamente o tema restando importancia a un asunto que, como xa vimos, afecta transversalmente a toda a poboación.

"Si non é polas nosas políticas, estariamos como Grecia"

Algúns dos candidatos aproveitaron a difícil situación de Grecia para atacar ao candidato de Unidos Podemos e así sacar rédito político dos abrazos entre Iglesias e Alexis Tsipras durante a campaña electoral grega. Debuxaban un escenario no que España acabaría na mesma situación que Grecia si gobernase Unidos Podemos.

A situación de Grecia e España ten varios factores en común en canto aos seus niveis de débeda, pero con catro anos de distancia. Os dous países sufriron un bipartidismo cheo de corrupción e malgasto que os levou a uns niveis de débeda insostíbeis. A débeda de Grecia, nas eleccións xerais de fai cinco anos, era a equivalente ao 100% do seu PIB, exactamente a que ten España agora mesmo. En Grecia, unha "gran coalición" do bipartidismo adoptou os novos recortes austericidas que a Troika esixiu, igual que os 8.000 millóns de euros que Bruxelas xa pediu que España recorte, algo que Mariano Rajoy prometeu facer nunha carta enviada ao xefe da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker. Catro anos de goberno do bipartidismo grego aplicando as receitas de austeridade e de privatizacións levaron a débeda do país heleno ao 180% do seu PIB, algo que podería ocorrer en España cun goberno que non reverta as políticas de austeridade e nin realice unha auditoría da débeda. O presidente en funcións afirmou durante o debate que si non fose polas políticas aplicadas polo seu partido nos últimos catro anos "estariamos como Grecia", pero as cifras da débeda indican que continuar con estas políticas estanos levando exactamente pola mesma sorte que os gregos, pero deste paralelismo tampouco falou ninguén durante o debate dos candidatos nin durante a campaña.

Coa intención de introducir a problemática da débeda no debate político, a Plataforma da Auditoría Cidadá da Débeda (PACD) publicou o manifesto "O novo goberno do Estado español debe auditar a débeda pública con activa participación cidadá", que arrinca coas firmas de máis de 100 activistas, políticas e políticos entre os que se atopan Carlos Sánchez Mato, concelleiro de Economía e Facenda da cidade de Madrid; Eric Toussaint, portavoz do Comité pola Anulación da Débeda do Terceiro Mundo; Lidia Senra, eurodeputada por Alternativa Galega de Esquerda, ou Miguel Urbán Crespo, eurodeputado por Podemos. O manifesto, aberto para toda persoa que o queira asinar, farase chegar a todos os partidos políticos a última semana de campaña.

Publicado en El Salmon Contracorriente. | 15 de Xuño de 2016

[*] Yago Álvare Barba, Licenciado en Capitalismo (tamén chamado Administración e Dirección de Empresas) na Universidade Politécnica de Valencia. Activista e voluntario en movementos sociais e ONG como SETEM ou Economistas Sen Fronteiras promovendo as finanzas éticas, o comercio xusto e outras economías máis xustas. Membro activo da Plataforma da Auditoría Cidadá da Débeda. | Autor do blog O Economista Encabuxado (El Economista Cabreado) e membro fundador do medio de economía crítica e social O Salmón Contracorriente (El Salmón Contracorriente).
_____________

Ante a entrada na Ría de Ferrol, dun novo buque gaseiro, o LNG Castillo de Villalba, cargado con gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha concentración sonora, este luns 21 de Xuño, ás 8 da tarde na Praza Amada Garcia, diante do edificio da Xunta


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 LUNS 20 DE XUÑO, ÁS 8 DA TARDE
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA
NA PRAZA AMADA GARCIA

Un novo buque o "LNG Castillo de Villalba" cargado con miles de toneladas de gas natural licuado, ten previsto a súa entrada na Ría de Ferrol para descargar na ilegal e perigosa Reganosa. Un buque de grande porte con unha capacidade de carga de ducias de miles m³ de GNL (LNG). O buque entrará pola bocana da Ría e cruzará o angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso, canle de máis de 4.500 metros, até chegar ao pantalán de descarga do peirao de Punta Promontoiro, situado no termo municipal de Mugardos. Onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los días, aumentando exponencialmente esta ameaza, sempre que entra na Ría un buque destas características, cargado para a perigosa e ilegal planta regasificadora de Mugardos. Este buque fai o gaseiro número 211 que descarga en Reganosa, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Este é o segundo buque que entra na Ría, despois de que o Tribunal Supremo ditara a súa Terceira Sentenza firme contra Reganosa que anulou a autorización para a construción da planta regasificadora en Mugardos, encostada ao complexo petroquímico do Grupo Tojeiro (Forestal del Atlántico e Imegalsa).

Denuncia no Xulgado

Ante este feito ilegal e perigoso, tres entidades integradas no Comité Cidadán de Emerxencia, presentaron ante o Xulgado de Ferrol unha Denuncia, responsabilizando a persoas concretas de contratar, facilitar e permitir este atentado contra a seguridade das persoas e que unha planta regasificadora declarada ilegalizada por tres sentenzas firmes do Tribunal Supremo, mesmo a segunda confirmada, a maiores, por un Auto Aclaratorio do mesmo tribunal.

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada dun novo buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, como ven sendo habitual sempre que entra un gaseiro cargado na Ría de Ferrol, convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, este luns ás 8 da tarde (Novo Horario) en Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


Van catro anos, desde que o 11 de Maio de 2012 se ditou a primeira Sentenza firme polo Tribunal Supremo, onde a planta xa foi declarada ilegal, en sentenza inapelábel. O 15 de Setembro de 2014, foi admitido a trámite, polo Tribunal Supremo, o Recurso de Casación contra a decisión da Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos que denegan a nulidade do novo PXOM en execución da mencionada Sentencia. E agora os pasado 28 de Marzo e 25 de Abril des 2016, dita-se a Segunda e Terceira sentenzas firmes do Tribunal Supremo contra o despropósito gasista de Reganosa, anulando a autorización previa de instalación e a autorización para a construción da mesma respectivamente.

Tras as sentenzas do Tribunal Supremo, que declaran ilegal a Reganosa, esiximos o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRAN AS SENTENZAS DO TRIBUNAL SUPREMO XA! 
  • POLA DEFENSA DA VIDA, A NOSA SEGURIDADE E A RÍA  !!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA  !!
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !!
  • PECHE XA!!
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA  !!

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
18 de maio de 2016 18:22
_______________

sábado, xuño 18, 2016

Manifestación en Ferrol, como noutras cidades da Galiza e en miles de todo o mundo, por unha pasaxe segura para as persoas refuxiadas, por un forte 'Non ás guerras' e contra as fronteiras criminais - Este domingo 19 de Xuño, ás 12 do mediodía, desde a Praza Amada Garcia, diante do Edificio da Xunta


Este domingo 19 de Xuño, a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas en Ferrolterra, convocou unha Manifestación en Ferrol, como noutras cidades da Galiza e en miles de todo o mundo, por unha pasaxe segura para as persoas refuxiadas e inmigrantes, por un forte 'Non ás guerras' e contra as fronteiras criminais.

A manifestación de Ferrol, vai saír desde a Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, este domingo 19 de Xuño, ás 12 do mediodía.

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, foi constituída o pasado 20 de Abril, en Santiago de Compostela, a nivel galego, e a ela están adheridos máis de 70 colectivos, asociacións, ONGD, sindicatos, partidos políticos e persoas individuais. O seu obxectivo é denunciar publicamente a inhumana xestión da crise das persoas refuxiadas levada a cabo polas diferentes institucións e gobernos da Unión Europea.

En Ferrolterra a Rede constituíu-se o 25 de Maio entre entidades xa adscritas a esta rede e outras novas de ámbito local. Presentada publicamente o pasado 31 de Maio nun emotivo acto que contou coa coa presenza de Alberto Ameneiros, veciño da comarca que retornara había escasos días do campo de Idomeni, en Grecia.  Alberto Ameneiros, non só informou da traxedia que viven miles de persoas, senón trouxo unha mensaxe desde os campos de refuxiadas cun único desexo de poder gozar do dereito a vivir en paz e de seren tratadas como seres humanos.

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, convoca estas mobilizacións o 18, 19 e 20 de Xuño declarado Día mundial das persoas refuxiadas [*].

Baixo o lema 'Non ás guerras. Rachemos coas fronteiras' A Coruña, A Guarda, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo sairán ás rúas para esixir rutas legais sen condicións; o cumprimento dos convenios internacionais en materia de asilo e refuxio; que se revise en profundidade a política migratoria e exterior europea; e o respectos dos dereitos humanos das persoas que se viron obrigadas a fuxir da guerra, a violencia e a fame.

Web de referencia da Rede:
http://www.rederefuxiadas.org/

@GalRefuxiadas

Manifesto subscrito polas organizacións adscritas á Rede o pasado 20 de Abril de 2016 | Acceder/Baixar.

[*] O 4 de decembro de 2000 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas na Resolución 55/76 decide que, a partir do ano 2001, o día 20 de xuño sexa o Día Mundial dos Refuxiados. | + Info.
____________________

Davide Salvado este sábado 18 de Junho, às 22:30hs na Fundaçom Artábria


Davide Salvado, umha das vozes mais carismáticas do nosso país, estará o próximo sábado 18 de Junho no cenário do nosso Centro Social apresentando o seu último trabalho em solitário: "Lobos". O concerto começará às 22.30hs e a entrada é de 4 euros, 2 euros para pessoas associadas à Fundaçom Artábria. O bilhete também estará disponível em venda antecipada no café-bar do Centro Social, a um preço de 2 euros.

Após o concerto haverá foliada, anima-te e traz o teu instrumento.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
artabria@artabria.net-
17 de junho de 2016 14:47

____________

Encontro con Fernando Urruticoechea, economista e interventor xeral municipal no concello de Orihuela, este martes 21 de Xuño, ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán - Sobre a Remunicipalización centrada na problemática da nosa cidade en canto ao contrato eléctrico, a xestión do lixo e da auga.


A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, organiza o próximo martes 21 de Xuño, ás 7 da tarde, no Ateneo Ferrolán (rúa Madalena. 202-204), un encontro con Fernando Urruticoechea[*], economista e interventor xeral municipal no concello valenciano de Orihuela (Alacante), de máis de oitenta mil habitantes.


"A corrupción é unha trama xigantesca na cal fai falta repartir moitas migallas"

O interventor
Fernando Urruticoechea foi entrevistado no programa "Salvados" de Jordi Évole, o 3 de Novembro de 2013, sobre a corrupción no concello de Castro Urdiales en Cantabria, onde manifestaba que esta estaba ligada á construción. Aseguraba que para que uns poucos se poidan levar case todo "fai falta que haxan migallas", refírese aos contratos do día a día, de lixos, xardinería... onde "todo o mundo pilla". | + Info.

Noutro programa de televisión, LaSextaColumna, emitido o 22 de Xaneiro deste ano 2016, dicia-se que 
Fernando Urruticoechea era 'o Superinterventor', outro dos superherois de do programa que se emite os venres pola tarde en laSexta. No titular da reportaxe manifestaba-se que "O seu poder é detectar a corrupción nada máis entrar a un Concello. En 30 anos supervisou sete consistorios e viu de todo: contratos a dedo, plans urbanísticos sen sentido, facturas ilegais...". | +Info.

Xa estivera en Ferrol en Maio


O venres 13 de Maio deste  ano 2016, tiña lugar, en Caranza no local de Fuco Buxán, unha moi interesante xornada de traballo sobre municipalización, remunicipalización e loita popular-veciñal contra o saqueo das arcas públicas.
"Unha xornada Aberta sobre "Auga e Corrupción", coa presencia de Fernando Urruticoechea, organizada por membros da Iniciativa Cidadá pola Xestión Pública e Social do Ciclo da Auga e do Saneamento en Ferrol. Nesta xornada produciuse un moi interesante debate, sobre cuestións concretas que están sucedendo nas entrañas do goberno municipal de Ferrol. Sendo unha das consecuencias desta situación, a suspensión das xornadas previstas sobre o problema da auga, que tiñan sido organizadas co apoio do propio goberno municipal".
Pode-se ver a nova e o vídeo da súa intervención e posterior debate en Ártabra 21. Acto onde xorde a proposta de constitución desta Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización.

Acto en Ferrol

O encontro, que se realizará por vídeo conferencia, terá carácter informativo e formativo, sobre os procesos de remunicipalización, e estará centrado na problemática da nosa cidade en canto ao contrato eléctrico, a xestión do lixo e da auga. Vemo-nos
o próximo martes 21 de Xuño, ás 7 da tarde, no Ateneo Ferrolán (rúa Madalena. 202-204).

Ferrol, 17 de xuño de 2016


[*] Fernando Urruticoechea, economista e interventor municipal, con habilitación estatal, de categoría superior. Foi precursor das denuncias de corrupción xa en 1990 no concello de Galdakao (Biscaia), sendo máis coñecido o seu labor profesional, de control da legalidade, no Concello de Castro Urdiales (Cantabria), entre os anos 2001 e 2006. Máis recentemente tivo que informar acerca da corrupción existente no concello de Crevillente (Alacante), tamén case en total soidade. Como funcionario demostrou ser unha persoa comprometida co cumprimento da súa profesión, en defensa do interese xeral e moi activa contra a corrupción. Na actualidade é interventor xeneral municipal no concello valenciano de Oriola (Orihuela), na comarca do Baix Segura.

Como gañar a batalla da auga, de Fernando Urriticoechea. | Publicado o setembro 14, 2014 en Atlántica XXII (Revista Asturiana de Información e Pensamento). | Ir á Web.


PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!

Coordinadora Promotora da Plataforma

Alexandre Carrodeguas.
Fernando Ramos Armesto.
Pablo Portero
Bernardo Rego Gárate.
Lupe Ces.
-remunicipalizacion.plataforma@gmail.com-
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/

Enviado por:
Plataforma Remunicipalizacion
-remunicipalizacion.plataforma@gmail.com-
18 de junho de 2016 01:43
_____________

venres, xuño 17, 2016

O saneamento da Ría de Ferrol entra en campaña electoral, da man do BNG - Nós Candidatura Galega, este sábado 18 de Xuño, ás 12 do mediodía no Cantón


Coa participación do parlamentario galego Francisco Jorquera e o concelleiro e Iván Rivas, o BNG - Nós Candidatura Galega, teñen programado un Acto público, con propostas para o saneamento da nosa ría. O Acto terá lugar o sábado 18 de Xuño, as 12 do mediodía na Praza da Constitución do Cantón.

http://paratervozpropia.gal/

Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
16 de junho de 2016 14:28
______________

Lídia Senra insta ao Estado español a opoñerse a que a poboación europea siga exposta a contaminantes hormonais - A eurodeputada galega denuncia que a Comisión Europea pretende protexer o negocio agro-químico-farmacéutico a costa da saúde


Lídia Senra insta ao Estado español a opoñerse a que a poboación europea siga exposta a contaminantes hormonais. | Senra insta ao Estado a opoñerse a que a poboación europea siga exposta a contaminantes hormonais. | A eurodeputada denuncia que a Comisión Europea pretende protexer o negocio agro-químico-farmacéutico a costa da saúde. | A representante de AGEe alerta de que se está intentando eliminar o principio de precaución en liña coas esixencias de EEUU e do TTIP.


Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), instou este xoves ao Goberno do Estado español para que se opoña firmemente á intención da Comisión Europea (CE) de deixar sen regular no mercado europeo substancias que son consideradas contaminantes hormonais.

Nunha comparecencia realizada este mércores, o comisario de Saúde e Seguridade Alimentaria da CE, Vytenis Andriukaitis, expuxo os criterios de definición dos disruptores endócrinos EDC que defenderá a institución europea e que supoñen, a xuízo de Lídia Senra, “acabar co principio de precaución, en liña coas esixencias de Estados Unidos e do Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos (TTIP)”.

Propoñen que “só se regule a súa prohibición cando exista unha elevada evidencia de danos nos seres humanos tras a súa exposición”, denunciou Lídia Senra, o que é “moi grave” porque supón que a CE pretende “unha vez máis protexer o negocio do complexo agro-químico-farmacéutico a costa de vulnerar un dereito humano fundamental como é a saúde”. A posición mantida por Lídia Senra é, ademais, tamén defendida desde o GUE/NGL, que hoxe mesmo emitiu un comunicado tamén ao respecto.

A finalidade dos criterios de definición é coñecer que substancias químicas son consideradas contaminantes hormonais e polo tanto deben eliminarse do mercado para protexer a saúde da poboación europea e do seu medio ambiente. Sen embargo, como denuncia Ecoloxistas en Acción, os criterios propostos pola CE requiren de tal cantidade de evidencia, que será case imposible identificar máis que unha pequena fracción dos contaminantes existentes mentres o resto seguirán danando ás persoas e ao medio. A proposta da CE que para regular un disruptor endócrino debe existir unha “elevada evidencia de danos en seres humanos tras a exposición”, a diferenza doutras substancias tóxicas, para as que é suficiente ter probas da súa toxicidade en ensaios de laboratorio ou probas en animais, implicará seguir mantendo á poboación á exposición destas substancias tóxicas durante décadas, ata que se reúnan as probas en seres humanos suficientes.

Sorprende a súa actitude, Señor Comisario, pois vostede como médico coñece perfectamente canto sufrimento, canta dor e cantas mortes vai seguir provocando a exposición aos disruptores endócrinos e tamén coñece perfectamente os custos que isto vai supoñer para a sanidade pública e tamén coñece perfectamente que coas políticas de austeridade moitas persoas nin sequera van poder ser atendidas por falta de recursos na sanidade pública ou porque ao mellor non teñen dereito a ela. Aínda que claro está, que para vostedes será un xeito máis de pasar o diñeiro público a mans privadas, neste caso, ás farmacéuticas e multinacionais”, declarou a eurodeputada de AGEe.

Por estes motivos, Lídia Senra, insta ao Goberno do Estado español a opoñerse a tal medida pretendida pola CE na votación na que os Estados membros da UE deberán decidir sobre se apoian ou non a proposta da Comisión. Dita votación terá lugar previsiblemente nas reunións do Comité de Biocidas da UE, o 8 de xullo, e do Comité Permanente de Plantas, Animais, Alimentos e Pensos da UE, o 11 e 12 de xullo.

Máis de 70 organizacións sociais e sanitarias europeas, pertencentes á coalición Europa Libre de EDCs, está a realizar un chamamento aos Gobernos e ás parlamentarias e parlamentarios europeas/os para que rexeiten esta proposta e esixan á Comisión que adopte os criterios consensuados pola comunidade científica e apoiados pola maioría dos países europeos.

Tal e como xa denunciou AGEe nos últimos meses, os chamados alteradores hormonais, son responsables de alta incidencia nos países industrializados de enfermidades do sistema reprodutor (infertilidade, malformacións, pubertade precoz, etc.), cancro (nomeadamente de ovarios, mama, próstata ou tiroides), enfermidades neurolóxicas (déficits cognitivos ou de conducta), neuroinmunolóxicas (síndrome de fatiga crónica, fibromialxia ou escleros múltipla) e metabólicas (síndrome metabólico, obesidade, diabetes). Ditas doenzas, se ben adoitan visibilizarse na idade adulta, están significadamente vinculadas á exposición, especialmente durante o desenvolvemento embrionario e fetal, a contaminantes presentes tanto do medio ambiente (herbicidas como o glifosato, praguicidas, biocidas, fungicidas), como no aire dos fogares (disolventes, aparatos eléctricos, pinturas, lacas), auga e alimentos (tanto polos envases como polos restos de substancias químicas) ou artigos de consumo (plásticos, deterxentes, produtos cosméticos, xoguetes con textura flexible, mordedores infantís, roupa, material clínico). A día de hoxe téñense identificado máis de 1.500 substancias na UE capaces de provocar graves alteracións do sistema endócrino.

Á vista da negativa da CE a aplicar controis sobre estas sustancias que atentan contra a saúde pública, o Tribunal Xeral da Unión Europea (TXUE) sentenciou en decembro de 2015 (Asunto T-521/14), que a Comisión vulnerou o Dereito da Unión, infrinxindo o Artigo 266 do propio Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE).

Bruxelas, a 16 xuño de 2016.

--->>

Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

lidia.senra@europarl.europa.eu

Equipa de Comunicación AGEe:
Alternativa Galega de Esquerdas en Europa - Oficina en Bruxelas:
vera.montotovazquez@europarl.europa.eu
Alternativa Galega de Esquerdas en Europa - Oficina en Galiza:
age.europa.galiza@gmail.com
Xornal dixital de AGEe:
http://ageuropa.gal/

   


Enviado por:
AGE Europa - Galiza
-age.europa.galiza@gmail.com-
16 de junho de 2016 15:46

______________

Alex O´Dogherty & La Bizarrería en Ferrol, no Teatro Jofre este sábado 18 de Xuño.


ALEX O`DOGHERTY & LA BIZARRERÍA

Sábado 18 de xuño. Ferrol. Teatro Jofre

Apertura portas. 20:00h. Inicio espectáculo: 20:30h. Entradas adiantadas en taquilla Teatro Jofre e www.ataquilla.com.

Alex O'Dogherty é actor, monologuista, músico e presentador, ven a Galicia por vez primeira coa súa banda La Bizarrería. O polifacético artista, coñecido polos seus papeis en Cine e en TV (Camera Café, Doutor Mateo, Alatriste, O Factor Pilgrim, entre outras) presenta un show único e diferente: Un piano máxico do que saen miles de instrumentos será o centro dun espectáculo onde o swing, o pop, o funky e o rock se alían co humor para que te metas na cabeza deste polivalente e inclasificable artista.

http://www.alexodogherty.com

https://www.facebook.com/events/1153115824722082/

Narsés Mira
BABELdeSONS

https://www.facebook.com/BABELdeSONS/

https://twitter.com/BabeldeSons

Ferrol - A Coruña - Galiza

Enviado por:
BabeldeSons
-babeldesons@gmail.com-
16 de junho de 2016 14:15
_______________

xoves, xuño 16, 2016

FilispiM Vai a... Centro educación especial Nosa Sra. de Chamorro, este sábado 18 de Xuño na Rádio FilispiM, nas ondas no 93.9 da FM ás 7 da tarde ou pola rede vía streaming


FilispiM Vai a... Centro educación especial Nosa Sra. de Chamorro.
Este sábado na FilispiM, 93.9 FM (7:00 pm)

O Colectivo Opaii! continúa co ciclo "FilispiM Vai...", levando a radio libre e comunitaria aos espazos de interese da nosa comarca.

Rádio FilispiM, 93.9 FM vén de gravar un programa, "FilispiM vai ao Asociación Nosa Sra. de Chamorro" de O Val (Narón), coa participación da comunidade educativa do centro de educación especial. O programa conta coa participación do músico Daniel Pita, quen interpreta algunhas pezas ao vivo.

Escoitao en diferido en Rádio FilispiM, 93.9 FM, este sábado 18 de xuño a partir das 7:00 pm, e vía streaming en: http://opaii.blogspot.com.

Promo (audio) en ivoox e evento no facebook.

Rádio FilispiM, nacida libre.


OPAII-Rádio FilispiM [93.9 FM]
A rádio livre e comunitária da Comarca de Trasancos emitindo desde Ferrol.
http://www.opaii.blogspot.com
filispina@gmail.com


Avda. Castelao S/N | Traseira do Mercado de Caranza.
CP. 15406 Ferrol -[A Corunha.

Enviado por:
Rádio FilispiM 93.9FM
-filispina@gmail.com-
16 de junho de 2016 12:53
_____

Libro: "Vida máis aló do capitalismo. Materializar a esperanza", escrito por Michael Albert e prologado por Noam Chomsky


Que impacto tería unha economía participativa sobre a sociedade?
Que efectos tería na cultura, a política, a ciencia, a tecnoloxía, a ecoloxía, o xénero?

Michael Albert [*], destacado activista dos EEUU, dános respostas a estas preguntas desde o pensamento anarquista trasladando ao presente a Kropotkin, Bakunin e Pannekoek, entre outros.

"Este libro permítenos saber como lograr materializar a esperanza e que clase de institucións permitirannos xestionar a vida con dignidade, solidariedade e equidade".
Noam Chomsky

Vida máis aló do capitalismo ofrece unha visión dun futuro máis aló do capitalismo -unha alternativa á explotación do traballo humano, á destrución incontrolada da terra e á opresión de todos para o beneficio duns poucos. A economía participativa -a PareCon- é a proposta concreta de Michael Albert para unha economía sen clases, desenvolvida a partir dos principios anarquistas introducidos por Kropotkin, Bakunin e Pannekoek entre outros. Nesta obra, Albert toma as ideas e as esperanzas da economía participativa e profunda nelas para abordar todos os aspectos crave da vida social e a sociedade -o xénero, a cultura, a política, a ciencia, a tecnoloxía, o xornalismo, a ecoloxía... Vida máis aló do capitalismo ofrece unha visión de conxunto que nos axuda a concibir o mundo que desexamos para o futuro, un mundo que podemos comezar a construír hoxe.

"Este novo e ambicioso libro detalla como os principios da economía participativa poderían levarnos a unha sociedade máis desexábel, e tamén como estes obxectivos se poden abordar de xeito construtivo. Unha contribución moi valiosa e provocadora na procura dun mundo con máis liberdade e xustiza". Noam Chomsky.

Vida máis aló do capitalismo. | Materializar a esperanza. | Autor: Michael Albert. | Prólogo de Noam Chomsky. | Editorial Icaria. | Ir á Web.

[*] Michael Albert (1947) é un activista estadounidense, economista, orador e escritor. É editor de Z Net e fundador e actual membro de Z Magazine. Xunto a Robin Hahnel creou o concepto "economía participativa".

ParEcon. | A economía participativa a través do buscador libre DuckDuckGo. | Un mundo que podemos comezar a construír hoxe.


Información baseada na enviada por:

Anna Monjo
-amonjo@icariaeditorial.com-
14 de junho de 2016 16:37
______

Esquerda Unida de Narón apoia o programa “Vacacións en Paz” que neste momento corre perigo de non se poder levar acabo na Galiza por motivos económicos


Esquerda Unida de Narón apoia o programa “Vacacións en Paz” que neste momento corre perigo de non poderse levar acabo na Galiza por motivos económicos.

O concelleiro de EU Narón André Abeledo reuniuse con SOGAPS para coñecer a problemática.

Neste momento este programa na Galiza esta en perigo, é posible que máis de 300 nenas e nenos non poidan viaxar por falta de diñeiro para pagar os gastos de billetes e documentación.

O problema é mais burocrático que de falta de diñeiro, porque as axudas van chegar pero tarde, posto que a administración paga cando se lle presentan as facturas, pero os billetes de avión e os tramites para a documentación hai que pagalos por adiantado.

As familias de acollida no noso concello tamén vense afectadas por esta situación pois levan esperando meses un reencontro que sempre é moi emocionante con estas nenas e nenos que xa forman parte das súas vidas.

Este proxecto que saca cando menos durante as vacacións de verán da difícil situación de sobrevivir nos campos de refuxiados a nenas e nenos que son acollidas por familias galegas é moi importante para eles, é un autentico drama que non se leve a cabo para estas crianzas que pasaron todo o ano agardando esta oportunidade.

Esquerda Unida de Narón fai un chamamento a todas as veciñas e veciños a colaborar con esta iniciativa, neste momento aínda faltan 190.000 euros, e a data limite é o 26 Xuño.

SOGAPS esta a vender unhas “rifas solidarias” para tentar conseguir financiamento, así como colocando “petos solidarios” en distintos lugares.

O numero de conta para aportacións para este proxecto é o seguinte:

A Banca – ES40 2080 5056 13 3040034374.

Solidariedade Galega co Pobo Saharaui-SOGAPS, é unha Organización non Gobernamental, sen ánimo de lucro, inscrita no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia que ten a súa sede social na cidade de Vigo. SOGAPS está formada por persoas voluntarias que dedican parte do seu tempo, para colaborar na axuda a pobo saharaui. | Ir á Web.

Grupo Municipal de Esquerda Unida de Narón
Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.
Portavoz: André Abeledo Fernández.
Achégate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.
http://esquerdaunida.org/



Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
15 de junho de 2016 13:40

_______________

Este venres 17 de Xuño, vai ter lugar en Ferrol, no centro Cultural Carvalho Calero, o V Festival Inferniño Folk 2016, coa actuación de 'Alén de Ancos', a partires das 9 da noite



Este venres 17 de Xuño, vai ter lugar en Ferrol, no centro Cultural Carvalho Calero, o V Festival Inferniño Folk 2016, coa actuación de 'Alén de Ancos', a partires das 9 da noite.

Organizan o evento a asociación cultural 'Terra Meiga", xunto coa asociación veciñal 'O Rosario' do Inferniño que convidan á cidadanía a gozar da actuación musical folk galega coa participación do grupo 'Alén de Ancos', neste barrio ferrolán do Inferniño.

Esta actividade cultural forma parte do programa Ferrol a Escena 2016 da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol.

Concerto completo do grupo 'Alén de Ancos', finalista do proxecto Runas do Festival de Ortigueira 2012.


https://youtu.be/SWipWzxFpus

--

Asociación Veciñal 'O Rosario' do Inferniño (Ferrol)
avvorosario@gmail.com
https://www.orosario-inferninho.blogspot.com

Enviado por:
A.Veciñal Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
14 de junho de 2016 23:48
________________

mércores, xuño 15, 2016

Francia en Loita - O Front de Gauche reclama unha nova Constitución que abra a VI República - Vídeo coa canción 'O Lânche Rien'


Onte martes 14 de Xuño, foi unha xornada de loita en todo o territorio do Estado Francés, mobilizacións, folgas obreiras e estudantís, ... desenvolven-se desde hai días contra a política laboral, económica e social do Goberno Francés. A Reforma Laboral, como principio dunha ambiciosa transformación nas relacións entre a patronal e clase traballadora, para acadar o ideal neoliberal que lles fai falta ás grandes corporacións transnacionais, para impoñer os seus tratados de "libre comercio e investimentos" e o roubo dos servizos públicos e da xestión de servizos que veñen desempeñando as administracións públicas ( TTIP, TISA)...  | Reportaxen completo en RT: Ir á web.
...

O Front de Gauche reclama unha nova Constitución que abra a VI República. Mélenchon manifestou que "Non queremos ao mundo das finanzas no poder, non queremos as políticas de austeridade que fan sufrir aos pobos de Europa e conducen a todo o continente ao desastre", asegurou que a súa protesta vai "contra o golpe de Estado financeiro" e acusou á "maldita troika" e á "baleira Comisión Europea" de impoñer ao pobo "un sufrimento innecesario que se asemella ao sadismo" para pagar "unha débeda que nunca será paga". |Ir á Web.


https://youtu.be/czXaiH5F_Ec

Información baseada na enviada por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
15 de junho de 2016 00:48
__

Que jamais nos dominem polo medo solidariedade com Francisco Martins 'Txute' - Concentraçom 15 de Junho, às 11:30hs diante dos Julgados de Ferrol



QUE JAMAIS NOS DOMINEM POLO MEDO SOLIDARIEDADE COM FRANCISCO MARTINS 'TXUTE'.

Francisco Martins, conhecido na nossa comarca como Txute, é um operário que em 15 de junho irá a juízo por participar na Greve Geral de 2012. Acusam-no de impedir a um militar espanhol atropelar com o seu carro a mobilizaçom que naquel dia denunciava a deterioraçom das condiçons de vida da classe trabalhadora galega. A petiçom fiscal por tal “motivo” som 12.000 euros impagáveis para quem ganha o seu salário mariscando na Ria.

Trata-se dum novo caso de exemplarizaçom repressiva contra pessoas entregadas à defesa dos interesses coletivos. É umha constante histórica na que temos muita experiência em Trasancos. Tempo atrás, Carlos Garcia Seoane era despedido da empresa Gabadi após ser eleito para o comité de empresa numha candidatura da CIG. Hoje, é Francisco Martins o retaliado. A política é idêntica: impor um regime de medo e silêncio para que acetemos mansamente a exploraçom e a degradaçom das nossas condiçons de trabalho e existência.

Vivermos aterrorizadas e aterrorizados perante a perspetiva do desemprego, a emigraçom ou a  repressom nom é umha opçom a considerar. As trabalhadoras e trabalhadores desta comarca demonstramos em muitas ocasions desde 1972 que, quando pomos sobre a mesa a nossa força e a nossa unidade, somos invencíveis. Hoje, quando a oligarquia espanhola quere devolver-nos a condiçons de miséria e escravatura laboral que achavamos superadas, é tempo de por sobre a mesa essa força e essa unidade que sempre nos figérom imparáveis.

CONCENTRAÇOM 15 DE JUNHO
ÀS 11:30 H. NOS JULGADOS DE FERROL


Enviado por: Joam Tavia.

Enlace relacionado:
Ártabra 21: Solidariedade con Txute que vai ser xulgado este luns 14 de Marzo en Ferrol, por feitos acontecidos na manifestación da CIG na Folga Xeral do 29 de Marzo de 2012 - Convocada concentración de apoio e solidariedade, o mesmo día diante dos Xulgados ás 9:30hs.. | 13.03.2016 | Ver comentarios aclaratorios á mesma nova.
_____________

Desestimada a pretensión de Reganosa e da Administración do Estado, de declarar a nulidade das actuacións da Sentenza firme do Tribunal Supremo (Nº695/2016) que anula a autorización administrativa previa para a instalación da planta de gas e no seu lugar que se acordara desestimar o recurso de casación interposto pola representación da Plataforma Veciñal de Mehá, integrante do Comité Cidadán de Emerxencia


Desde Ártabra 21, chamamos ao Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e a todo o movemento opositor á planta regasificadora, para que, neste último e perigoso tramo -de máis de 16 anos da duración da travesía, non se baixe a garda e se reforce a atención en todos os frontes, de resistencia e ofensivos, contra o despropósito gasista ilegal e perigoso que representa Reganosa, instalada no corazón da nosa Ría, só posíbel con corrupción política e económica.


Auto do Tribunal Supremo

A Sala Terceira do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, nun auto de aclaración con data de 25 de maio de 2016, desestimou "o incidente de nulidade de actuacións..." promovido pola representación da empresa Regasificadora do Noroeste S. A. (REGANOSA), contra a Sentenza que anula a autorización administrativa previa para a instalación da planta de recepción, almacenamento e regasificación de Mugardos. Sentencia (Nº695/2016) firme fallada o 28 de Marzo de 2016, e que o facía estimando un recurso de casación das entidades do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, contra Sentencia  da Sección 6ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSJM), do 12 de Novembro de 2012, ditada no recurso contencioso-administrativo Nº35/2004.

A representación da Administración do Estado e a de Reganosa pretendían, con esta presentación de incidente, a declaración de nulidade de actuacións que concluíron na a Sentenza que anula a autorización administrativa previa para a instalación da planta de gas e no seu lugar que se acordara desestimar o recurso de casación interposto pola representación da Plataforma Veciñal de Meá, integrante do Comité Cidadán de Emerxencia.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, a través da Plataforma Veciñal que a integra, formulara, neste acto, alegacións coas que se opuxo ao incidente de nulidade das actuacións. Alegando que o erro aducido, por Reganosa e a Administración do Estado, relativo á data en que se modificou o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos non era relevante, nin determinante para o fallo, como así estimou o alto Tribunal.

Detalle do Auto de Aclaración do tribuna sentenciador mencionado con data de 25 de Maio de 2016:

Así as cousas, o erro advertido na sentenza non resulta relevante, nin determinante do fallo, pois subsisten con plena validez as consideracións que se expoñen no mesmo fundamento xurídico cuarto da nosa sentenza no sentido de que tanto a Modificación Puntual nº4 do Plan Xeral de Mugardos aprobada o 12 de Xuño de 2012 como a desestimación do recurso contencioso-administrativo dirixido contra ela, por sentenza da Sección 2ª da Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 23 de decembro de 2015 (recurso 4661/2012), son "...feitos posteriores á presentación da solicitude e á resolución administrativa que outorgou a autorización".
..........................
En consecuencia, ningunha razón seadvirte para declarar a nulidade de actuacións de conformidade co previsto nos artigos 240 e 241 da Lei Orgánica do Poder Xudicial e 228 da Lei de Enxuizamento Civil.
...........................
PARTE DISPOSITIVA

A SALA ACORDA: desestimar o incidente de nulidade de actuacións promovido pola representación de Regasificadora do Noroeste S. A. (REGANOSA) sen impoñer as costas deste incidente a ningunha das partes.

Así se acorda e firma.

A Sala do Contencioso, no auto de aclaración mencionado, sostén que "a sentenza recorrida non toma en consideración esa modificación da formulación urbanística, nin a menciona sequera, pois a sala de instancia únicamente alude a unha anterior modificación do plan xeral". Pois manifesta que o mencionado erro nas datas "non resulta relevante, nin determinante do fallo, pois subsisten con plena validez as consideracións que se expoñen".

Texto completo do Auto de Aclaración do Tribunal Supremo denegando o  Recurso de REGANOSA á sentenza que declara a nulidade da Autorización Administrativa Previa (Recurso de Casación 599/2013). | Acceder/Baixar.

As tres sentenzas firmes do TS contra Reganosa:
  • Sentenza 889/2016 do Tribunal Supremo. Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 25.04.2016 | Acceder/Baixar. (Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia).
  • Sentenza 695/2016 do Tribunal Supremo. Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Terceira. 28.03.2016 | Acceder/Baixar. (Recorrían as entidades ligadas ao Comité Cidadán de Emerxencia)
  • Sentenza do Tribunal Supremo. Sala do Contencioso-Administrativo. Sección: Quinta. 11.05.2012| Recurso de Casación Núm. 4512/2008 | Acceder/Baixar. (Recorrían Reganosa e o Concello de Mugardos).

Todo sobre loita contra o despropósito que representa Reganosa que está postado en Ártabra 21. | Acceder.
____________

martes, xuño 14, 2016

Quince entidades da Comarca presentaron alegacións á nova Solicitude de Autorización Administrativa e Proxecto de Execución de Reganosa, despois de que o Goberno Español eximira á regasificadora de Mugardos de someter-se ao trámite de avaliación de impacto ambiental no novo procedemento


Quince entidades sociais, veciñais, políticas e ecoloxistas da Comarca, presentaron alegacións á nova Solicitude de Autorización Administrativa e Proxecto de Execución da perigosa e ilegal Reganosa, despois de que o Goberno Español en funcións eximira á regasificadora de Mugardos de someter-se ao trámite de avaliación de impacto ambiental no novo procedemento.

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), A. C. Fuco Buxán, A.VV Cuco Ruiz Cortazar de Caranza, A.C. Muiño do Vento de Canido, Confraría de Pescadores de Ferrol, Confraría de Pescadores San Telmo de Mugardos, EU Ferrol, EU Mugardos, Fundación Artábria, Grupo Municipal do BNG Ferrol, Iniciativa Cidadán de Mugardos, Memoria Histórica Democrática, Plataforma veciñal “O Cruceiro de Mehá”, PSdeG-PSOE Ferrol e Verdegaia, ante a publicación no BOE, o 30 de maio pasado, a apertura de información pública da Solicitude de Autorización Administrativa Previa e do Proxecto de Execución da Planta de Gas de Reganosa.

As entidades, antes mencionadas, rexistraron, no día de onte, o Escrito de Alegacións, ante o Ministerio de Industria [1], sinalando como cuestión previa:

"A nulidade radical do procedemento de autorización por: fraude de lei, desviación de poder, vulneración do dereito á tutela xudicial efectiva ao tentar eludir o cumprimento dunha Sentenza e vulneración do principio de confianza lexítima, pola tramitación deste expediente pola vía de urxencia e sen cumprir coa preceptiva avaliación ambiental".

"Todo iso sen prexuízo de que a tramitación deste procedemento, sen proceder á paralización inmediata da instalación, pode ser constitutiva de senllos delitos de prevaricación, de desobediencia do mandato do Tribunal Supremo, de risco contra o medio ambiente e de risco para a seguridade colectiva nos que podería estar a incorrer esta Subidrección Xeral".

"Solicitando, como conclusión, a nulidade da tramitación por razóns de forma; en tanto que nin obran no expediente, nin se nos deu traslado da documentación e informes necesarios que se mencionaron no corpo deste escrito e de fondo; posto que Reganosa nin cumpre, nin poderá cumprir xamais os requisitos do Art. 67 da LH, todo iso sen prexuízo de que ademais este expediente parte dun Acordo nulo como é o Acordo do Consello de Ministros de 27 de maio de 2016".

"E que se ordene a paralización inmediata da instalación en cumprimento das sentenzas do Tribunal Supremo e que non se rehabilite a actividade en tanto non se obteñan as preceptivas autorizacións, tras acreditar o cumprimento dos requisitos do Art. 67 LH, cuestión esta que como dixemos é imposible no caso de Reganosa".

Fonte: Web Comité Cidadán.

Documentación:
Escrito de Alegacións á solicitude de autorización administrativa previa e do proxecto de execución da planta de recepción almacenamento e regasificación de gas natural licuado da mercantil Reganosa, situada en Punta Promontoiro, Mugardos (A Coruña). | Acceder/Baixar.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
[1] Dirección xeral de Política Enerxética do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

Información baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
13 de junho de 2016 12:28

_____________________

sábado, xuño 11, 2016

Andaina 2016 de por + vida (Asociación oncohematolóxica), este domingo 12 de Xuño desde as 10 da mañá na Praza do Concello de Fene - Andaina conmemorando este ano o 8º aniversario do programa de educación física contra a fatiga oncolóxica - Participa !!


ANDAINA de POR+VIDA 2016
DA ASOCIACIÓN POR+VIDA DE FENE
PARA O VINDEIRO DOMIGO 12 DE XUÑO


ANDAINA 2016

Por + Vida é unha asociación oncohematolóxica, que nace no ano 2011 a raíz da participación de vari@s enferm@s de cáncro nun programa pioneiro de exercicio físico no concello de Fene dende o ano 2008, onde destacamos a súa orientación a paliar a fatiga polos tratamentos de cancro e da propia enfermidade. Creamos esta asociación sen ánimo de lucro co fin de impulsar a actividade física e uns hábitos de vida saudables, así como servir de apoio ou soporte emocional a outras e outros pacientes intentando mellorar a súa calidade de vida.

Cada ano aumenta a participación e as actividades desenvolvidas coa fin de involucrar ao público de todas as idades. Tamén consideramos que todas as asociacións de enfermos perseguen os mesmos obxectivos (información, apoio e calidade de vida) e nos gustaría que outras agrupacións participen tamén neste tipo de actos de interese xeral.

Dentro das nosas actividades destacamos unha, por antigüidade, que é a Andaina conmemorando este ano o 8º aniversario do programa de educación física contra a fatiga oncolóxica. Este ano será o vindeiro domingo 12 de xuño a partir das 10 horas, durante toda a xornada de mañá na praza do concello de Fene.

Horario da xornada:
  • 10.00 a 10.30 horas > Recollida de dorsais e benvida.
  • 10.30 a 11.30 horas > Andaina cun percorrido doado dunha hora.
  • 11.30 a 12.00 horas > Carreira Infantil e entrega de premios.
  • 12.00 a 12.30 horas > Exhibición do Club Ximnasia Ferrolterra.
  • 12.30 a 12.45 horas > Lectura do Manifesto e entrega simbólica do donativo deste ano.
  • 13:00 horas aproximadamente remate da xornada.
Máis datos dun xeito resumido da nosa asociación:

Tamén formamos parte de GEPAC (Grupo Español de Pacientes con Cáncer) unha organización composta por diferentes organizacións de pacientes oncolóxicas/os unidos para compartir experiencias e recursos e ter unha única voz ante os diferentes axentes sociais e sistemas de saúde.

Colaboramos con outros colectivos en temas de saúde, mesas redondas para amosar o noso punto de vista e vivencias durante o cancro e despois desta enfermidade, unha vez superada a enfermidade, intentando levar unha “vida normal” contar a nosa experiencia, porque creemos que a información é moi importante de cara intentar mellorar a calidade de vida. Colaboracións coa universidad de Santiago en cursos de verán ou na formación de docentes para temas de estética para mellorar a autoestima, de gran importancia durante e despois da enfermidade, por medio de colaboracións conxuntas co Balneario de Guitiriz (Lugo).

Incluimos participacións incentivando o deporte dende a organización da nosa actividade máis coñecida como é a Andaina que este ano celebra o seu  8ª edición e a colaboración en iniciativas como a CARREIRA DA MULLER na cidade de A Coruña, CARREIRA CONTRA O CANCRO organizada pola AECC de Ferrol, 1º CARRERA DE ASOTRAME, ANDAINA en As Pontes e outro tipo de actividades físicas onde intentamos a participación en grupo.

A esto sumamos a organización de charlas sobre temáticas concretas do cancro  e as súas variantes, a concienciación de levar unha vida o máis saudable posíbel.

Tamén imos incorporando outras activicades como por exemplo talleres /obradoiros para as socias e socios (manualidades, reposteria cun profesional de renome na comarca, arte floral,...), e quen queira apuntarse, espacios onde nos xuntamos e socializamos, intentando apoiarnos unhas/uns en outras/os e aprender cosas novas. Este ano engadimos nas nosas actividades as clases de pilates

Temos un Blog: pormaisvida2011.blogspot.com
e pódesnos atopar en Facebook e en twitter @Pormaisvida.
--
por + vida
Asociación oncohematolóxica
Tlf. 639 788 038
pormaisvida2011@gmail.com
pormaisvida2011.blogspot.com

Enviado por:
Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA
-pormaisvida2011@gmail.com-
8 de junho de 2016 10:51

__________________________

Ferrol lugar de encontro da Asemblea anual do Foro Galego de Inmigración - Acto fin de campaña Stop-Deportacións, este sábado 11 de Xuño, desde as 11:30hs noa Ateneo Ferrolán e as 13:30hs no Cantón - Xantar compartido e pola tarde Asemblea


Este sábado 11 de Xuño de 2016, celebrara-se en Ferrol o Encontro/Asemblea 2016 de Foro Galego de Inmigración, no Ateneo Ferrolán, un encontro coas portas abertas á participación ao tecido asociativo solidario e a toda xente de ben, boas e xenerosas que queiran contribuír a que se faga xustiza nun mundo onde temos que berrar con forza e petar na conciencia da xente que ningún ser humano é ilegal e onde todas as persoas somos inmigrantes. Desde Ártabra 21, saúdamos as compañeiras e compañeiros que van participar neste evento na nosa cidade e desexamos o mellor a tanta solidariedade e compromiso. Igual que queremos aledar-nos da saída tan digna do acoso e derribo que estaba padecendo a compañeira Laura Bugallo que despois de 7 anos e 5 xuízos, onde foi procesada pola súa actividade a prol das persoas inmigrantes sen papeis, a solidariedade estendida internacionalmente por todos os territorios e en especial na Galiza, puido variar unha resolución xudicial satisfactoria que acabou con anos de incerteza.


O Foro en Ferrol

O Encontro/Asemblea 2016 que o Foro Galego de Inmigración celebrará ese sábado 11 de Xuño cunha ampla participación de representantes das asociacións, entidades e persoas de toda Galiza que conformamos o Foro Galego de Inmigración.

Ademáis desenvolveremos un Acto Público Reivindicativo ás 13:00 na zona dos Cantóns, despois dunha Manifestación polas rúas máis céntricas da cidade, para facer visible a realidade da inmigración entre a cidadanía, o Acto contará con actuacións musicais e perfomance teatral e rematará coa Lectura dun Manifesto. Convocamos ao conxunto da cidadanía a este Acto para amosar a solidariedade con este colectivo de persoas, conveciñas nosas,  que teñen os seus dereitos gravemente recortados e que mesmo son perseguidas nas nosas vilas e cidades.

Despois dun xantar compartido, pola tarde celebraremos a Asemblea Anual do Colectivo, aberta a participación de calquera persoa ou colectivo interesada que analizará o labor desenvolvido, incluíndo a promoción e activa participación na Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
www.forogi.wordpress.com

Enviado por:
susana beatriz alaníz gonzález
-sual259@hotmail.com-
10 de junho de 2016 15:31
_________________

A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo acepta a trámite a demanda presentada contra o Estado español por incumprimento das directivas europeas en material de vítimas de violencia de xénero e menores de idades

A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo acepta a trámite a demanda presentada contra o Estado español por incumprimento das directivas europeas en material de vítimas de violencia de xénero e menores de idades

A demanda, promovida por AGAMME (Asociación Galega contra o Maltrato a Menores), a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo e o Grupo de Investigación Antígona da Universidade Autónoma de Barcelona, denuncia unha praxe xudicial asentada que non se axusta aos estándares europeos de atención a vítimas de especial protección, como son as de violencia de xénero e de maltrato infantil e, facendo mención aparte, as vítimas de violencia sexual menores de idade.

O texto céntrase na vulneración de dereitos fundamentais sufrida por este tipo de vítimas nos procedementos xudiciais e presenta unha serie de peticións tendentes a axustar o marco normativo español, coa fin de concretar certos aspectos como son o grao de especialización que deben ter os profesionais que atenden ás vítimas durante o procedemento, o establecemento duns prazos de intervención que faciliten a recollida da proba, a protección do dereito do neno e da nena a ser escoitados eliminando a muletilla “que tenga madurez” presente na normativa española como elemento que limita o acceso a este dereito, medidas de protección efectiva das vítimas respecto do seu vitimario durante a investigación e durante o xuízo oral, recollida de datos estatísticos incluídos os referidos a nenos e nenas vítimas de maltrato infantil ou violencia de xénero, etc.

O obxectivo da demanda é lograr unha maior adaptación da xustiza aos delitos relacionados co maltrato infantil e a violencia de xénero, de tal maneira que se facilite o seu enxuizamento, partindo de que nunha porcentaxe elevada se trata de delitos que só poderán ser probados a través da proba testifical da propia vítima. É ese o motivo de que se conceda tanto espazo ás condicións nas que se debe realizar a recollida do testemuño, así como as medidas de protección que debe recibir a vítima antes e durante a realización da proba.

Por último, a demanda adica un espazo a solicitar a erradicación de prácticas non científicas que producen desprotección nas vítimas deste tipo de delitos. Así pois, o texto denuncia a xeralización da aplicación dunha teoría sen recoñecemento científico dentro do sistema xudicial español: a denominada suposta síndrome de alienación parental (sSAP) e o seu complemento “terapéutico”, a terapia da ameaza.

A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo non só admite a trámite a demanda, senón que atopa datos suficientes como para entender que é precisa unha intervención, polo que solicita á Comisión Europea a apertura dunha investigación sobre a base da información aportada, ao mesmo tempo que remite a petición cara a Comisión de Liberdades Civís, Xustiza e Asuntos de Interior e a Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero.

Desde AGAMME agradecemos a difusión desta nota de prensa. Se precisan máis datos ou materiais para completar a información pódeno solicitar neste correo:
agammeferrol@gmail.com.

--
http://www.agamme.org/

https://www.facebook.com/Agamme.org

Enviado por:
Agamme
-agammeferrol@gmail.com-
8 de junho de 2016 21:15

_____________