xoves, decembro 14, 2017

O responsábel máximo da situación desolada da xestión do sistema de saneamento de Ferrol e Narón, Augas de Galicia, pon-se por arriba do ben e do mal e considera-se mediador nun conflito entre dúas administracións, os concellos de Ferrol e Narón - Pasamos dun requirimento de Narón moi ben elaborado e argumentado, centrando o asunto no seu punto real a unha suposta mediación impresentábel

Roberto Rodríguez, director de Augas de Galicia, nun momento da reunión,
celebrada na Coruña, este mércores 13 de decembro de 2017

A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, viamos con preocupación á convocatoria dunha reunión a tres bandas entre Augas de Galicia, Concello de Narón e Concello de Ferrol. A experiencia dicía-nos que cada vez que o Alcalde de Ferrol acude a unha reunión con Augas de Galicia, é para acabar representando os intereses da parte privada de Emafesa (Socamex), e non os da cidadanía de Ferrol. Por varias veces acudiu coa idea de devolver o sistema de depuración e saneamento a Augas de Galicia, e volveu cunha axenda cargada de compromisos favorecedores da parte privada que xestiona Emafesa, de xeito opaco, irregular e de dubidosa legalidade.

Foi por iso que a principios de semana, solicitamos entrevistar-nos coa Alcaldesa de Narón e tamén co Alcalde de Ferrol, para expoñer-lles a nosa preocupación e propostas, ante a xuntanza a tres bandas. Mais esta última xuntanza, tivo lugar antes de que responderan ás nosas peticións desde os gabinetes dos respectivos concellos. Aínda así insistiremos en manter esas xuntanzas solicitadas.

Desde a Plataforma insistimos, e así faremos-llo chegar nas entrevistas solicitadas a Jorge Suárez e Marian Ferreiro, que con Augas de Galicia só hai que achegar un punto na orde do día: a devolución do sistema de saneamento e depuración aos seus responsábeis (Augas de Galicia). Canto máis se alonga o proceso polo que o goberno de Jorge Suárez, xunto ao Partido Popular e CD,s, intenta aumentar o volume de negocio, e sanear irregularmente as contas da empresa mixta Emafesa, máis incumprimentos legais aparecen enriba da mesa, entre estes, e para engadir á longa lista do denunciado nos comunicados desta Plataforma, a Lei de Contratos Públicos (artigo 24).


A continuación os titulares da nova da reunión a tres bandas, na web oficial de Augas de Galicia. Estes titulares pretenden ser os resumos, desde o punto de vista do ente público empresarial, desta xuntanza que tivo lugar onte mércores, 13 de decembro de 2017, n'A Coruña.

"Augas de Galicia facilita un principio de acordo entre Ferrol e Narón para a explotación do saneamento da marxe norte da ría".

"O director do ente público mantivo hoxe unha xuntanza de traballo cos alcaldes de ambos municipios co obxectivo de desbloquear a situación".

"Segundo o borrador de convenio que lles entregou Augas de Galicia, os dous concellos sufragarían a partes iguais os custes de explotación do sistema mentres a xestión non sexa asumida por parte da Mancomunidade".

"As tres administracións danse un prazo duns días para analizar o documento e pechar os últimos flecos antes de iniciar a tramitación do convenio definitivo"

O colmo do despropósito, o responsábel máximo da desoladora situación da xestión do sistema de saneamento de Narón e Ferrol, Augas de Galicia, pon-se por arriba do ben e do mal considerando-se mediador nun suposto conflito entre dúas administracións, os concellos de Ferrol e Narón. É a prolongación da desolación na que estamos por incapacidade e inacción do Alcalde Jorge Suárez e a irresponsabilidade e manobras políticas de Augas de Galicia. Ademais nun día no que se publican as contas de Emafesa, onde presentaba a finais de 2016, un déficit no balance, entre perdas e débedas, próximo aos 7 millóns de euros. Non nos queremos nin imaxinar a situación a día de hoxe. Toda unha grande irresponsabilidade.

Pasamos dun requirimento de Narón a Augas de Galicia e ao Concello de Ferrol, moi ben elaborado e argumentado, centrando o asunto no seu punto real, a unha "mediación", nun suposto conflito, cuxo maior responsábel é o propio mediador (Augas de Galicia). Xa pode conservar ben Alberto Nuñez Feijóo, ao encantador de serpes, Roberto Rodríguez, Director de Augas de Galicia, a verdade que é "Puro Ouro de Lei", para defender os intereses e as políticas neoliberais, porque está demostrando que é capaz de converter a auga en viño.

Di o propio ente da Xunta: "Augas de Galicia e os concellos de Ferrol e Narón chegaron hoxe a un principio de acordo respecto do financiamento dos custos de explotación do sistema de saneamento da marxe norte da Ría ferrolana. No transcurso dunha reunión celebrada en A Coruña, o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, trasladoulles ao alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, e á alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, un borrador de convenio no que se establecen e regulan as condicións segundo as cales ambos municipios asumirán, a partes iguais, os custes de mantemento deste sistema". Debe conter algún erro esta afirmación de partes iguais, pois até o de agora o acordo político, estaba entre o 70% que asumía Ferrol e o 30% que asumía Narón.

Roberto Rodríguez entregou-lles, "un borrador de Convenio", outro máis, unha verdadeira tomadura de pelo. Mentres, a empresa mixta de augas de Ferrol desangra-se por todas partes, e a samesuga de Socamex (a parte privada), está preparada para abandonar o buque, despois de facer todos os amaños para demandar unha forte indemnización. Todo isto co noso Alcalde, Jorge Suárez, asesorado por os habilitados estatais (Secretario e Interventor) e pola súa sospeitosa asesoría xurídica externa (ao menos no caso do Contrato eléctrico), sita no bufete "Lama&Asociados", dados en "ameazar" a concelleiros e concelleiras con responsabilidades penais, perigo do patrimonio persoal... nas que poden incorrer si votan en contra de determinados intereses, bufete que tamén asesora oficialmente a Emafesa.

Sigue dicindo Augas de Galicia, "o acordo alcanzado e no que Augas de Galicia asumiu un papel de mediación, terá só carácter temporal, xa que o convenio estará vixente ata que a Mancomunidade de Concellos da comarca de Ferrolterra asuma directamente a explotación e mantemento do saneamento da marxe norte da ría, un compromiso adquirido no seu día polo ente supramunicipal". Esta é a perla da interpretación do tratado na reunión a tres bandas: "acordo alcanzado" e "papel mediador". Balóns todos fora, deixando claro que para nada é responsábel, e deixando todo sen data, vamos como estaba. Por certo, a Mancomunidade o que encargou polo de agora foi só un estudo das posibilidades de constitución dun ente supramunicipal, non a súa constitución.

Augas de Galicia, continua interpretando o que nesa reunión aconteceu, "así mesmo, Roberto Rodríguez e os alcaldes de Ferrol e Narón acordaron darse un prazo duns días para pechar os últimos flecos pendentes e dispoñer canto antes do convenio definitivo para poder iniciar a tramitación que corresponda por parte das tres administracións". Mais dilación, para intentar materializar unha ilegalidade, como deixar en mans de Emafesa o sistema de depuración, unha empresa que non pode considerar-se medio propio, segundo a lexislación vixente, e sobre todo na situación económica na que se atopa con millonarias débedas e perdas patrimoniais e contas sen aprobar. Desde o noso punto de vista unha situación insalvábel. Parece que Roberto Rodríguez, pretende dilatar o asunto até que non haxa posibilidade de rectificación e chegar nas proximidades das vindeiras eleccións municipais (Maio de 2019), a un grado de deterioro moi custoso a nivel social, político e sobre todo económico. Participando deste xeito, o citado director de Augas de Galicia, na estratexia elaborada polo ferrolano Miguel Tellado (Secretario Xeral do PP de Galicia), de utilización de todos os medios postos ao seu servizo (institucionais, mediáticos, orzamentarios,...) para o acose e deterioro da vida institucional onde quen goberna non é o Partido Popular.

Agora cumpre agardar non só a versión de Marián Ferreiro e a de Jorge Suárez, senón a posición dos respectivos gobernos municipais e logo o debate en Plenos.


Entrega do Recurso contra a Taxa do PP

E aproveitando, mañá venres 15 de decembro, ás 12 do mediodía, vemo-nos no rexistro do Concello de Ferrol, entregando o noso Recurso de Reposición, contra a habilitación da Taxa do Partido Popular, por parte do Pleno.


PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego | Lupe Ces  |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es

---

De fondo Reganosa: Accidente mortal nunha planta de gas natural licuado (GNL - LNG) en Austria - Polo menos unha persoa morreu, e outras 18 resultaron feridas, cinco delas graves, nunha explosión na terminal de gas Baumgarten do consorcio petrolero austríaco OMV na localidade de Weiden an der March, no leste de Austria.



Os accidentes suceden (Bhopal-1984, Senghenydd-1913, Chernobyl-1986,  Oppau-1921, Savar-2013, ... ) , miles e miles deles, imprevisíbeis, o factor técnico e tamén o humano, forman parte das causas, é por iso que a prevención forma parte fundamental da seguridade, é unha planta de gas como a de Reganosa, construída con favoritismos do poder, onde nunca se debeu construír. Encostada a unha planta química (Forestal del Atlántico) que almacena ducias de miles de toneladas de produtos tóxicos e altamente inflamábeis, cunha central eléctrica e unha fábrica de colas (Imegasa), a moi poucos metros do núcleo de poboación de Meá, a 700 metros da vila de Mugardos, a 1.000 do Arsenal Militar e a 2000 do Centro de Ferrol, non é unha planta segura, porque non respecta o principio da prevención, localizando-se a poucos metros dos núcleos de poboación. Unha regasificadora que aumenta exponencialmente o seu perigo, sempre que descarga ou carga un buque o gas natural licuado. Agora pretenden facer un Hub, como o grande avance no seu negocio, cando o que realmente suporía, no caso de funcionar, só un aumento do potencial perigo. Este accidente en Austria, ven chamar a atención da bomba de reloxería que nos impuxeron no corazón da nosa Ría. Despois de catro sentenzas en contra da regasificadora de Mugardos, o goberno español, daquela en funcións, resolveu eximir a Reganosa da avaliación de impacto ambiental, para non ter que cumprir as sentenzas do Tribunal Supremo. O Comité Cidán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, sigue na loita contra este despropósito gasista.

Accidente mortal de GNL en Austria

Polo menos unha persoa morreu o martes 12 de decembro, e outras 18 resultaron feridas, cinco delas graves, nunha explosión na terminal de gas Baumgarten do consorcio petrolero austríaco OMV na localidade de Weiden an der March, no leste de Austria.

Unha explosión dunha tubaxe e o posterior incendio na planta de gas de OMV en Baumgarten.

Desgraciadamente estas noticias fannos ter presente a situación de risco permanente a que nos vemos abocados nesta comarca, “grazas” á Planta de Gas de REGANOSA dentro da nosa ría, incumprindo as máis elementais medidas de seguridade coa complicidade das Administracións.

Tivo lugar este accidente na localidade de Weiden an der March, ao Leste do país, na fronteira con Eslovaquia.

A forte explosión causou danos importantes na terminal e provocou un importante incendio en seis edificios, subindo a temperatura varios centenares de graos -segundo os bombeiros- derretendo automóbiles nas inmediacións e causando enormes columnas de fume visibles desde Viena a 26 km.

A zona foi acordoada nun amplo perímetro, acudindo 150 bombeiros, varios helicópteros e numerosas ambulancias medicalizadas.

A terminal de Baumgarten é o principal centro de distribución en Austria para o gas que chega de Rusia e Noruega. Esta infraestrutura inaugurada en 1959 é un dos máis importantes "hub" gasísticos de Europa central, Dá servizo tamén ao norte de Italia e o sur de Alemaña e outros paises do Leste.

A consecuencia do accidente foi posta temporalmente fóra de servizo e suspendeuse a subministración.

A noticia da explosión provocou un aumento dos prezos nos mercados europeos ante o temor de posibles recortes e restricións na subministración en pleno inverno.

A nova: Gasexplosion im Weinviertel: Ein Toter, Brand nach Stunden gelöscht | Ir á Web.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Enviado por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
13 de dezembro de 2017 20:44

_______________

mércores, decembro 13, 2017

A eurodeputada galega Lídia Senra, lamenta o novo golpe que a UE asesta á pesca artesanal e de baixura no reparto dos TACs e acusa á UE de executar unha distribución que afonda na penuria dun sector que representa o 80% dos barcos galegos'


Senra lamenta o novo golpe que a UE asesta á pesca artesanal e de baixura no reparto dos TACs. | Os recortes para 2018 para a pescada ibérica ou xurelo son “un novo capítulo no desleixo da UE cara a frota de pequena escala” | A eurodeputada acusa á UE de executar unha distribución “que afonda na penuria dun sector que representa o 80% dos barcos galegos”.


A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ve no reparto dos Totais Admisibles de Capturas (TACs) para 2018 das especies pesqueiras do Atlántico e do Mar do Norte, acordado esta mañá en Bruxelas, unha mostra máis “do desleixo da UE cara a súa frota artesanal, de baixura e de pequena escala, que cada ano ten máis comprometido o seu futuro debido precisamente a topes de capturas cada vez máis exiguos malia que é este segmento da frota o que xera máis emprego nas vilas costeiras”.

O consello de ministros da Pesca da UE acordou recortar para 2018 TACs tan vitais para a frota como a pescada de augas ibéricas (-12%) ou o xurelo (-24%) e a anchoa (-20%)  da zona IXa, ao sur de Fisterra. “Son en boa parte especies que sufriron recortes nos últimos anos, como é o caso da pescada, ou das que dependen gran cantidade de barcos, caso do xurelo capturado polos cerqueiros, que ademais teñen enriba a ameaza do peche da pesca de sardiña ibérica -que tamén afectaría moi gravemente ao sector artesanal do xeito- e unha rebaixa do 20% nas capturas da xarda”, lembrou Senra, membro da comisión de Pesca do Parlamento Europeo.

Ano tras ano, o Consello fixa unhas toneladas de captura que afondan na penuria do sector artesanal e a pequena escala, que representa o 80% dos barcos galegos. Cada ano, polo tanto, os ministros de Pesca da UE deciden a asfixia da gran parte da frota do noso país facendo a vista gorda sobre o artigo 14 do regulamento da Política Pesqueira Común, que establece que os criterios socioeconómicos deben pesar no reparto de TACs. Non parece que esta UE pense niso ao fixar unhas posibilidades de pesca nas que sempre acaba gañando a gran pesca industrial en detrimento dos postos de traballo das nosas vilas pesqueiras”, lamenta a eurodeputada.

Ademais, Senra urxe a revisar o chamado “principio de estabilidade relativa”, un criterio “moi pouco transparente que consolida a inxustiza no reparto de TACs conforme a capturas históricas e que aboca a todo un sector á ruína”. A mensaxe que a UE envía ano tras anos aos nosos mariñeiros e mariñeiras é a do abandono e non o podemos permitir. Senra sinala que “malia que a frota artesanal e de baixura é a máis selectiva e medioambientalmente sostible, cada decembro recibe a mala noticia dun novo recorte ou, no mellor dos casos, un pequeno alivio porque o recorte non foi tan drástico como propoñía a Comisión”.

Á situación da pesca artesanal e de pequena escala polos recortes acordados a escala comunitaria, Senra engade outros factores que “complican o día a día dos traballadoras e traballadoras do sector, como  a obriga de desembarque, que non debería converterse nun custo adicional para os mariñeiros e mariñeiras”.

A eurodeputada chamou ao goberno do Estado, encargado de distribuír as cotas entre os segmentos de frota, a que as artes menores sexan prioritarias en dito reparto. “As baixadas que impoñen os gobernos da UE non poden pagalas as mariñeiras e mariñeiros da frota artesanal e de pequena escala cos seus postos de traballo”, recalcou.

Bruxelas, 13 de otubro, de 2017

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

lidia.senra@europarl.europa.eu

http://ageuropa.gal/

https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez

Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
13 de dezembro de 2017 19:05

________________

Porque presentar o Recurso contra a habilitación da Taxa de depuración do Partido Popular de 2014 - Imos a entrega-lo o venres 15 de decembro ás 12 do mediodía no rexistro do Concello - Participa, ven con nós !


martes, decembro 12, 2017

Declaracións da eurodeputada galega Lídia Senra: Pregunta dirixida á Comisión Europea en relación ao control público das vacinas


Declaracións da eurodeputada Lídia Senra: Pregunta dirixida á Comisión Europea en relación ao control público das vacinas.  | Declaracións da eurodeputada galega Lídia Senra. |Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).


A pregunta dirixida á Comisión Europea o pasado mes de agosto, non vai de vacinas si/ vacinas non”. Vai de que se garanta a transparencia, a información, de que os poderes públicos garantan a seguridade fronte ao poder dos laboratorios, e da non obrigatoriedade no contexto europeo (cousa que non é diferente ao que xa existe no Estado Español).

[Texto íntegro]

Respeto moito as diversas opinións e críticas que xurdiron con motivo desta pregunta, e ao mesmo tempo quero aproveitar para agradecer profundamente as mostras de solidariedade”.

Ámbalas dúas cousas (as críticas e a mostras de solidariedade) son un valioso estímulo para seguir preguntando á Comisión Europea; cousa que seguirei facendo. Penso que non se pode ter medo a facer preguntas”.

Eu seguirei preguntando e seguirei traballando para que as decisións políticas que afectan á saúde e á seguridade de todos os medicamentos non estean condicionadas polos intereses das farmacéuticas. Seguirei traballando para demandar investigación pública, e que as Administracións públicas sexan o garante de que o único que vai primar á hora de tomar decisións sexa a saúde”.

Isto é algo que levo facendo neste Parlamento desde o primeiro momento, cando en outubro do 2014 no marco da posta en marcha da actual Comisión Europea me dirixín ao Presidente Juncker para que a Axencia Europea do Medicamento permanecera na Dirección Xeral de Saúde e Consumo e non na Dirección Xeral de Industria,  como pretendían”.

[Texto íntegro]

Dende a miña responsabilidade como deputada no Parlamento Europeo, seguirei traballando na defensa da sanidade pública fronte as política neoliberais que está poñendo en marcha o Partido Popular para privatizalas. Cando o PP lanzou fai uns días este ataque contra min, repito, por unha pregunta rexistrada no mes de agosto, seguramente pensou que lle podería servir para tapar o debate, o malestar social  sobre o deterioro da sanidade e a falta de medios, e  as mobilizacións que está habendo na Galiza na defensa da Sanidade Pública”.

Queremos investigación pública e control público na Sanidade. Nas vacinas, nos medicamentos, nos tratamentos, na investigación...  A saúde é un dereito polo que temos que loitar con todas as nosas forzas. Estas foron as miñas razóns para preguntarlle á Comisión Europea pola información e o control público sobre as vacinas”.

Estrasburgo, 12 de Decembro de 2017
---
Lídia Senra Rodríguez. | Eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

lidia.senra@europarl.europa.eu     

Máis información:
http://ageuropa.gal/

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
12 de dezembro de 2017 19:37

________________

'O sistema de protección de menores de Galiza a análise', V Xornada Agamme: sábado 16 de decembro, no Ateneo Ferrolán, entre as 9:00 e as 14:00horas


V Xornada AGAMME
“O sistema de protección de menores de Galiza a análise"

Sábado 16 de novembro
no Ateneo Ferrolán,
Horario: entre as 9:00 e as 14:00 horas
Acto: Aberto ao público en xeral.
AGAMME, Asociación Galega contra o Maltrato a Menores celebra a súa V Xornada sobre o Maltrato á Infancia e á Adolescencia, baixo o título “o sistema de protección de menores de Galiza a análise”. O evento terá lugar o vindeiro sábado 16 no Ateneo Ferrolán, entre as 9:00h e as 14:00h, co obxectivo de poñer sobre a mesa a realidade dos nenos, nenas e adolescentes en situación de acollemento, nas súas distintas modalidades, e analizar cifras e lexislación actualizadas.

O primeiro relatorio correrá a cargo de Fernando Blanco Arce, avogado especialista en dereitos da infancia e membro do Observatorio para a Defensa dos Direitos e das Liberdades Esculca, que falará sobre a lexislación que establece os procementos e as características dos centros de menores. Expoñerá asimesmo a súa experiencia profesional como avogado da quenda de menores e como compoñente de Esculca.

A continuación tomará a palabra María José Alonso Abalde, Presidenta de AGAFEM, Asociación Galega de Acollemento da Familia Extensa do Menor. O seu relatorio versará sobre o traballo que a súa asociación vén realizando así como o punto de vista do colectivo respecto da forma en que se tramitan os acollementos de nenos, nenas e adolescentes en Galiza.

Pechará a rolda de relatorios Ana Mª Fernández Martínez, Doutora pola Universidade de Vigo dentro do programa “Menores en situación de desprotección e conflito social”. Presentará os datos e conclusións da súa tese doutoral a respecto do sistema de acollemento residencial en Galiza.

Á volta dun pequeno receso abrirase un debate no que as persoas relatoras e o público analizarán en común os temas que se trataron na mesa.

No mesmo acto presentarase tamén a exposiciónPlántalle cara ao abuso sexual. Rompamos o silencio”, un material didáctico orientado a alumnado de educación secundaria, para a prevención do abuso sexual, que a asociación poñerá a disposición daqueles centros que estean interesados.

Contacto:
agammeferrol@gmail.com
Estrela Gómez Viñas
Víctor M. López Casal

Enviado por:
Agamme
-agammeferrol@gmail.com
11 de dezembro de 2017 13:30

__________________

Esquerda Unida de Ferrol, no día Internacional da eliminación machista presenta: 'O amor romántico mata. A violencia machista na mocidade', este mércores 13 de decembro, ás 7 da tarde, no Ateneo Ferrolán


 O amor romántico mata.
A violencia machista na mocidade
Mércores 13.
19 hs Ateneo Ferrolán


Esquerda Unida Ferrol, ten o pracer de convidarvos ao acto: "O amor romántico mata. A violencia machista na mocidade", encuadradado nos actos do día Internacional da eliminación machista.

Os últimos datos, destacan un incremento dun 30% da violencia de xénero entre a poboación preadolescente e adolescente centrándose maioritariamente, no maltrato psicolóxico. Por elo é necesario rachar con mitos do amor romántico que se non se desenvolven dende unha relación sana, poden suponer un escenario de afecto tóxico.

Día: mércores 13 de decembro.
Hora: 19:00 hs.
Lugar: Ateneo Ferrolán.

Coa participación de:
- Lucía Fernández: psicóloga, psicoanalista e educadora familiar do Concello de Miño.
- Loreto Taibo: abogada e  membro da Executiva de Esquerda Unida.
- Alfredo Saborido; sexólogo.
--
Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda

www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html

Enviado por:
Ferrol Esquerda Unida
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
12 de dezembro de 2017 22:14

____________________________

luns, decembro 11, 2017

Os concellos de Ferrol e Narón volven a tropezar por terceira ou cuarta vez na mesma pedra - Solucionar o conflito non é dicir que lle dan un ano máis de prazo a Augas de Galicia, cando xa levan máis de dous anos agardando por unha solución definitiva. Foron en numerosas ocasións a Santiago de Compostela, para entregar o sistema de saneamento, e volveron, non só sen deixa-lo, senón que con máis responsabilidades e compromisos difíciles de cumprir - É o momento de denunciar o convenio - Continuar co contencioso administrativo e constituír caución en sede xudicial


Despois de que a Alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, enviara un requirimento, tanto ao Director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, como ao Alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, para que ámbalas dúas administracións deixaran sen efecto e sen vixencia o "Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol, para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento, conservación do sistema de saneamanto e depuración do Concello de Ferrol",[1] que asinaran o pasado 1 de agosto (Un requirimento potestativo antes de interpoñer Recurso Contencioso-Administrativo contra o mencionado Convenio), a alcaldesa de Narón e o Alcalde de Ferrol, mantiveron un encontro o pasado 22 de novembro, para abordar este conflito que desde a Plataforma vimos denunciando desde hai tempo. Consideramos que tanto este Convenio de Colaboración (Encomenda), como o anterior asinado, en 2014, polo ex-Alcalde José Manuel Rey Varela, ao ser iguais, non son un marco legal valido para a xestión do sistema de depuración e saneamento. Pois afecta a un servizo público de dous concellos, non só ao de Ferrol, senón que tamén ao de Narón, e nun futuro tamén ao de Neda.


Nin o Concello de Ferrol, nin Emafesa se poden considerar medios propios

Segundo o expresado no requirimento, o citado Convenio "posúe natureza inequivocamente contractual, posto que o contido de tal xestión e encomenda coincide plenamente coa definición que do contrato de xestión de servizos públicos fai o artigo 8 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público", polo que desde un punto de vista xurídico, o Convenio, é "un contrato administrativo sometido á normativa de contratación pública e, en primeiro termo, á libre concorrencia"; sen que se poida considerar ao Concello de Ferrol como un medio propio de Augas de Galicia, nin a Emafesa, un medio propio do Concello de Ferrol, non existindo polo tanto os requisitos do artigo 24 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, que se refire á "Execución de obras e fabricación de bens móbeis pola Administración, e execución de servizos coa colaboración de empresarios particulares", no se punto 6 di "Aos efectos previstos neste artigo e no artigo 4.1.n), os entes, organismos e entidades do sector público poderán ser considerados medios propios e servizos técnicos daqueles poderes adxudicadores para os que realicen a parte esencial da súa actividade cando estes ostenten sobre os mesmos un control análogo ao que poden exercer sobre os seus propios servizos. Si se trátase de sociedades, ademais, a totalidade do seu capital terá que ser de titularidade pública".[2]


Consello de Administración de Emafesa

Con posterioridade houbo un Consello de Administración de Emafesa, o 29 de novembro, ao que os medios tiñan posta a súa atención, mais non foron capaces de arrincar a información substancial do que aconteceu nesa reunión, posterior ao levantamento da suspensión da ordenanza fiscal que aplicaba a taxa do PP de 2014. Nada sobre o contido do Consello, só o difícil que está a situación. Só conseguiron declaracións do Alcalde sobre as súa relacións co veciño concello de Narón e algunha con advertencias implícitas de verse nos tribunais e outra dirixindo as responsabilidades a Augas de Galicia.[3]


Ratificación do requirimento no Pleno de Narón


Un día despois tiña lugar o Pleno do Concello de Narón, onde se ratificou os requirimentos a Augas de Galicia e ao Concello de Ferrol para que deixaran sen efecto o mencionado Convenio de Colaboración que acordaron todos os grupos, menos o Partido Popular. No mesmo Pleno aprobou-se as Addendas nº1, nº2  e os acordos complementarios, desta vez cos votos de TEGA, non sen facer-se autocrítica por ter asinado no seu momento e os votos do Partido Popular.[4]


Carta ao Director de Augas de Galicia

Esta carta produce-se 13 días despois da xuntanza que mantiveron, a Alcaldesa e o Alcalde, de Narón e Ferrol, o pasado 22 de novembro na que,  recoñecen que o convenio asinado no seu día entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol “debe ter un carácter provisional que non resulta debidamente clarificado naquel documento”.

Os dous concellos publicaron a mesma información nas respectivas webs oficias,[5] que despois se fixeron eco os demais medios.

En primeiro lugar que Marian Ferreiro e Jorge Suárez, remitiron unha carta, o passado 5 de decembro, ao Director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, solicitando manter unha xuntanza canto antes para procurar unha solución ao conflito do saneamento. Denuncian incumprimentos que poden poñer en risco o saneamento da Ría e cuestionan o marco xurídico do mesmo. Apostando por unha solución política, mais denunciando dilación indebida por parte do ente público na supramunicipalización da xestión do servizo, o que pode provocar a consolidación do citado Convenio que se previa provisional.

Na información publicada interesan resaltar un prazo concreto de duración do mencionado Convenio de Colaboración, polo que esixen a Augas de Galicia que a duración do convenio con Ferrol remate o 1 de agosto de 2018 e que a partir desa data, as decisión sobre o sistema de depuración e saneamento deberán ser consensuadas a tres bandas. Manifestando que se non hai acordo, "a xestión reverterá inmediatamente a Augas de Galicia, única entidade que asumiu con carácter indefinido esa xestión nun convenio subscrito o 27 de decembro do ano 2013 coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil".

Os concellos que apostan pola supramunicipalización da xestión do sistema de saneamento e depuración, queren un compromiso asinado a tres bandas que contemple as súas demandas e manterán o acordo político de financiamento do sistema ao 70% e 30 entre ambos, apostando pola "solución política das diferencias, e resolución das contías pendentes de pago, acordadas, reservadas e previstas para tal fin".


É o momento de denunciar o convenio

Desde a Plataforma consideramos que hai un pequeno cambio de actitude, por parte do Alcalde de Ferrol, Jorge Suarez, mais a súa palabra é difícil de crer despois de continuos incumprimentos e a súa inacción en todo este proceso, e máis aínda, despois de estar implicado como activista nas nosas fileiras. Os concellos de Narón e Ferrol, non se poden envolver na mesma rutina de sempre que está  hipotecando a súa credibilidade (E a maiores no caso de Ferrol a súa economía) á hora de afrontar este problema que non ten solución con Emafesa de xestora. Unha empresa xestionada ao 100% pola parte privada (Socamex), na actualidade en crebar económica técnica; que mentiu e cometeu fraude; que cobrou indebidamente máis de 800.000 euros á veciñanza, sen devengo do feito impoñíbel, vamos sen depurar; que contaminou a sabendas que o facía, vertendo millóns de toneladas de augas residuais nun medio mariño protexido; que se prestou ao xogo político co Partido Popular e Augas de Galicia, apoiando a José Manuel Rey Varela na súa mentira, para que obtivera réditos electorais como o salvador da Ría; e por último que non se pode considerar como medio propio do Concello de Ferrol, aos efectos da encomenda, ao tratar-se dunha sociedade mixta, polo que o seu capital non é na súa totalidade de titularidade pública, como así esixe a lexislación vixente.

Os  concellos de Ferrol e Narón, na representación do seu Alcalde e Alcaldesa, volven tropezar por terceira ou cuarta vez na mesma pedra. Solucionar o conflito non é dicir que lle dan un ano máis de prazo, até o 1 de agosto de 2018 ao Director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez Martínez, cando xa levan máis de dous anos agardando por unha solución definitiva. Foron en numerosas ocasións a Santiago de Compostela, para entregar o sistema de saneamento, e volveron, non só sen deixa-lo, senón que con máis responsabilidades e compromisos difíciles de cumprir. A última para aceptar un Convenio de Colaboración (Encomenda), idéntico que ao do PP de 2014, rexeitado, lesivo para os intereses da cidadanía e imposíbel de cumprir sen saltar-se a legalidade. Aínda encima regalando-lle o rescate da Taxa do PP, aprobando-a a sabendas de que é unha Taxa inxusta, sen participación cidadá e sen o informe económico de custes preceptivo que a xustifique. É o momento de denunciar o Convenio e entregar o sistema de saneamento e depuración ao seu único responsábel (Augas de Galicia - Xunta de Galicia) até que se constitúa ese ente supramunicipal que se poida facer cargo do sistema de xeito sostíbel, real e efectivo, como así estaba previsto, a semellanza de Edar de Bens, da área metropolitana d'A Coruña.


Continuar co contencioso administrativo e
constituír caución en sede xudicial

O Concello de Narón debe continuar exercendo a súa responsabilidade e salvagardar os intereses da veciñanza, continuando co procedemento do contencioso-administrativo (Iniciado co requirimento), independentemente de intentar chegar a unha solución política. Por outra banda fronte as ameazas do Alcalde de Ferrol de acudir aos tribunais por suposto enriquecemento inxusto, debe intentar a posibilidade de constituír caución en sede xudicial por un importe igual ás cantidades recadadas polos recibos cobrados á veciñanza en concepto de depuración de augas residuais. Polo importe cobrado até agora, como despois cada vez que se recada en cada recibo emitido. Todo baseado na futura resolución do conflito xerado pola falta de marco legal para facer efectivo o 30% do custe do sistema de depuración e saneamento. Como unha solución provisional a favor de Augas de Galicia ou no seu caso do Concello de Ferrol, segundo se resolva a situación.


Augas de Galicia que non conte milongas, pode acceder a varias empresas que si as pode considerar medios propios


Augas de Galicia, de xeito provisional e até que se constituíra un ente supraminucipal, se non quere licitar por asunto de prazos e complicacións legais que nos parece ben, ten dúas opcións inmediatas de empresas públicas que se poden considerar medios propios que poderían facer-se cargo no seu nome da xestión do sistema de depuración co mesmo persoal que hai hoxe contratado a través dunha subrogación. Unha é a pública galega SEAGA e a outra a publica estatal (SEPI) da que a Xunta forma parte do seu accionariado: TRAGSA, por certo dúas empresas que teñen experiencia en depuración e saneamento. Mesmo se os seus estatutos o permitisen e o Consello de Administración dera a súa conformidade, poderían ser Emalcsa e Edar Bens.


Notas.-


[1] Convenio de Colaboración (Encomenda) 2017, asinado o 1 de agosto e anunciado no DOG o 9 de outubro. | Acceder/Baixar.

[2] Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público.

[3] 29.11.2017 |  Hoxe celebraba-se unha xuntanza do Consello de Administración de Emafesa, á saída os xornalistas agardaban polo Alcalde Jorge Suárez, ao que se lle preguntou polo resultado da xuntanza e as relacións con Narón - Audio | Ir á Web.

[4] Orde do día do Pleno Ordinario do Concello de Narón, celebrado o 30 de novembro de 2017. | Acceder/Baixar.

[5] A mesma nota de prensa nas webs dos dous concellos. | Web Concello de Narón | Ir á Web. | Web Concello de Ferrol | Ir á Web.


PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego | Lupe Ces  |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es

_________

Apresentação do I Congresso de Decrescimento en Ferrolterra, esta segunda-feira, 11 de dezembro, às 8 da tarde no Ateneo Ferrolán -


Apresentação | Congresso de Decrescimento


Organiza: Rede de Decrecemento Eo-Navia | Galiza | O Bierzo.
Día: luns 11 de decembro.
Hora: ás 20:00hs.
Lugar: Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena 202-204).

Regulamento.
Introdución: Por que o Decrecemento? E por que no Eo-Navia, Galiza e O Bierzo?
Organización e autoxestión.
Sociedade, valores e eco-feminismo.
Medio ambiente.
Saúde.
Enerxía e transporte en Galiza: razóns para o decrecemento.
Educación.
Alimentación, consumo e economía de proximidade.
Medios de comunicación e cultura.

Evento no facebook
https://www.facebook.com/events/171333703456956/

Conta no Facebook
https://www.facebook.com/rededecrecemento/

A Rede fai propostas encamiñadas a Reavaliar conceptos, valores e conductas focadas á cooperación e autoxestión comunitaria. Relocalizar, reduzir consumo.

Enviado por.
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
10 de dezembro de 2017 13:13

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/

_____________________

luns, decembro 04, 2017

Reganosa ou o reiterado empeño da Administración de eludir as Sentenzas Xudiciais - Novos Recursos do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.


O Tribunal Supremo notificou, o 23 de novembro de 2017, a sentenza pola que non admite o recurso contra a sentenza do 23 de decembro de 2015 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que desestimaba o contencioso presentado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, contra a Modificación Puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos.

Hai que lembrar que esta modificación ao Plan, iniciou a súa tramitación tras a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de abril de 2008 que declaraba nula a modificación anterior e aprobouse definitivamente pola Xunta de Galicia o 13 de xuño de 2012, poucos días despois da sentenza do Supremo de maio de 2012 que ratificaba a sentenza do Superior de Xustiza de Galicia, e declaraba nula tal modificación con sentenza firme e inapelable.

Con esta última aprobación do Plan, tentábase eludir o cumprimento da sentenza do Supremo do 2012, xa que, sen terreos cualificados para uso de manexo e almacenamento de gas natural, o proxecto Reganosa e todas as instalacións realizadas durante a súa construción, son ilegais e por tanto procedería o cesamento inmediato da súa actividade e desmantelamento.

A administración , lonxe de cumprir a Sentenza firme do Supremo, fai todo o posible para eludir o seu cumprimento. A Xunta tramitou unha modificación ao Plan en tempo record coa única finalidade de dar cobertura legal e evitar a execución da sentenza do Supremo de 2012.

A recente sentenza, elude entrar ao fondo do asunto, non entra a analizar se a avaliación ambiental realizouse co debido rigor, conténtase con que exista un documento con ese nome sen estudar o seu contido, carece de fío argumental temporalmente consecuente, decide en base a supostos que son posteriores ás sentenzas recorridas facendo argumentos circulares, desestima as probas achegadas polo demandante, pero se inclúe como probas documentos que non existen ou son posteriores ao momento do inicio e fases posteriores do procedemento da demanda.

Por estas razóns, o 27 de novembro de 2017 presentouse un escrito ao Supremo pedindo aclaración de varios puntos da sentenza e o próximo 1 de decembro presentarase un escrito de complemento ao anterior.

Independentemente e en paralelo a estas accións, vaise a presentar un recurso ante o Tribunal Constitucional por indefensión e abuso da administración e outro ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea sobre as graves carencias que hai neste proxecto sobre a aplicación de normativa europea en materia de prevención de riscos e distancias ás poboacións para actividades perigosas que poden dar orixe a accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas e na aplicación da normativa de Avaliación Ambiental.

Fernádez Valverde foi o Ponente da Sentenza:

Soria prefiere a Fernández Valverde - Interesante nova en xornal | Ir á Web.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.



Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc


Info baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
13 de novembro de 2017 19:18

_______________

venres, decembro 01, 2017

Entramos no último mês de ano e na Fundaçom Artábria queremos fechar 2017 tal e como começamos, ofertando um variado programa de atividades para todos os públicos: Fechamos o ano com umha intensa programaçom com roteiros, música, livros, exposiçons...


Fechamos o ano com umha intensa programaçom com roteiros, música, livros, exposiçons...


Entramos no último mês de ano e na Fundaçom Artábria queremos fechar 2017 tal e como começamos, ofertando um variado programa de atividades para todos os públicos.

Em dezembro, teremos música, exposiçons, roteiros, apresentaçom de livros, ateliers e, como nom?, a visita do Apalpador.

No dia 1, às 20hs, terá lugar a inauguraçom oficial da exposiçom fotográfica da jovem artista trasanquesa Esperanza Vazquez.

"Removendo Recordos" é um projeto composto por 31 fotografias que em palavras de Esperanza tenta provocar a sensaçom de viajar no lugar e no tempo, através das diferentes cidades que se mostram. Destacando as poucas pinceladas de cor, volta a predominar o preto e branco, os detalhes, dous sinais de identidade através da objetiva.

A exposiçom estará disponível no nosso Centro Social até 5 de janeiro e poderá visitar-se em horário de 10h a 13.30h e de 17.30 a fechamento do local.

Também no dia 1 de dezembro, o poeta Alberte Momán Noval apresenta às 20.30hs o seu novo poemário "Ocidente". Este trabalho, em palavras de Momám, cobre umha nova etapa que acha será a última. Neste trabalho, podem-se estabelecer paralelismos com outras obras suas, a começar por Vattene e Bosquejos para umha distopia.

No sábado 2 de dezembro, repetiremos o atelier de origami para crianças e familias. Antón Cortizas ensinará-nos esta arte milenar. A atividade é pensada para crianças a partir dos 5 anos. Precisa-se de inscriçom prévia, a qual é gratuita, mas lembra que a nossa atividade é autogerida, por isso, tomar umha água ou um café ajuda a que podamos continuar ofertando atividades gratuitas.

Há um límite para 15 crianças. Podes inscrever-te no 671 200 160 (Lara) ou no correiodeartabria@gmail.com

Na sexta-feira, 8 de dezembro, CGTH records organiza um novo concerto no nosso Centro Social. Da intervinda República Catalá, chegam os Llacuna, grupo de emo-punk de Barcelona, que estarám acompanhados polos corunheses Less Fortunate Songs que nom deixarám ninguém indiferente , com o seu hardcore melódico. O concerto dará início, de maneira pontual, às 23hs e o bilhete custa 5 euros.

Na sexta-feira 15, às 19hs, chega à Fundaçom Artábria "Pakolas".

"Pakolas" é Paco Cerdeira, autor e compositor, músico e também produtor de música pensada para as crianças. Tem longa experiência neste ámbito profissional, passando por grupos como "Mamá Cabra", do qual fijo parte durante 10 anos, sendo fundador e formando parte de "A Gramola Gominola" na atualidade.

Pakolas apresentará num espetáculo de aproximadamente umha hora o livro-disco que acabou de sair do forno há uns dias.

A entrada é gratuita e com convite até completar a capacidade do auditório. A recolha das mesmas poderá fazer-se desde a próxima sexta-feira, 1 de dezembro, em horário de abertura do Centro Social.

Sábado 16 dezembro, realizaremos em parceria com a Asociación Cultural Ferrolterra Antiga um roteiro para conhecer o Castro de Lobadiz, um dos tesouros arqueológicos da comarca, esquecido historicamente polo Concelho de Ferrol, Junta da Galiza ou Deputaçom. O Castro de Lobadiz nom está nem sinalizado e é um dos grandes locais desconhecidos da nossa comarca. A saída do roteiro está marcada para as 10.30hs da Travessia de Batalhons.

Se o tempo acompanha jantaremos no castro para nos deslocarmos à tarde a algumha das baterias costeiras próximas. Para inscrever-te podes encaminhar um e-mail para correiodeartabria@gmail.com ou ligar para o 669 778 474 (Bruno).

No mesmo dia 16 haverá umha nova projeçom de diapositivos da história da nossa entidade, da mao de Nês Lopes. Será às 21.30hs.

Na sexta-feira, 22 de dezembro, María Xosé Silvar "SES" estará na Fundaçom Artábria para ministrar umha master-class de pandeireta.

A master-class dará início às 17.00hs e terá umha duraçom de 4 horas.

As vagas som limitadas, e o curso está desenhado para pessoas de qualquer idade com nível médio-avançado de pandeireta.

O custo é de 30 euros (25 euros para as associadas da Fundaçom Artábria) e podes inscrever-te no Centro Social em horário de abertura (10.30-13.30 segundas a sextas // de 17.30 - 22.30hs segundas a quintas // 18.30h - feche sextas e sábados) ou por correio-e anexando justificante de depósito bancário no número de conta de Abanca 2080 0226 6130 4002 2733 (Conceito Master-class)

No dia 23 de dezembro, chegará mais um Natal o Apalpador à nossa cidade da mao da Fundaçom Artábria. O gigante carvoeiro percorrerá as ruas do bairro de Esteiro e da Madalena. A ruada partirá às 16.30hs do nosso Centro Social.

Na sexta-feira 29, às 20.30hs o ganhador do prémio da Crítica de Galiza na categoria de Criaçom Literária, o eumês Antonio Manuel Fraga apresenta o seu livro "Querido H.P. Lovecraft", editado por Urko.

Um romance epistolar que tem como veículo a relaçom postal que Robert Ervin Howard - um dos mais grandes autores da literatura pulp e pai de personagens inmortais como Conam O Bárbaro, Solomom Kane o Red Sonya - mantinha com H.P. Lovecraft e outros escritores como Clark Aston Smith e Edgar Hoffman Price, no que se conheceu como Círculo Lovecraft.

As VooDoo fecharám as atividades de este ano 2017 sábado 30 de dezembro. O concerto será de graça é começará às 22.30hs.

VooDoo nasce em 2016. Maritxinha no baixo e loops e Belém Tajes, teclado e vozes. Um ano antes gravam em formato quarteto um primeiro EP nos estudos Bruar da Corunha e graças a esse trabalho ganham em Compostela o prêmio à melhor cançom em Galego por ?Eu son VooDoo? no certame Música Jovem. No 2017, depois dumha nova série de concertos apresentando o formato dueto, ganham o Prêmio Martim Codax da Música galega na categoria Blues/Funk/Soul, consolidando-se no seu estilo e procurando novos formatos ao vivo. Acabam de gravar o seu segundo EP em Abrigueiro. VoDoo som letras chegadas da música tradicional galega com harmonias, fundamentalmente Soul e R&B. VooDoo é umha música íntima, elegante para grandes e pequenos momentos.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
29 de novembro de 2017 01:03

_____________

mércores, novembro 29, 2017

Hoxe celebraba-se unha xuntanza do Consello de Administración de Emafesa, á saída os xornalistas agardaban polo Alcalde Jorge Suárez, ao que se lle preguntou polo resultado da xuntanza e as relacións con Narón- Audio

Consello de Administración de Emafesa de abril de 2017

Hoxe celebraba-se unha xuntanza do Consello de Administración de Emafesa, á saída os xornalistas agardaban polo Alcalde Jorge Suárez, ao que se lle preguntou polo resultado da xuntanza do organismo de administración da empresa mixta de augas de Ferrol. E esta foi a resposta do Alcalde.



Mais La Voz de Galicia publica hoxe 29.11.2017-11:42 hs:

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, manifestou hoxe o seu desexo de que conxuntamente co veciño municipio de Narón  se atopen "as solucións posibles" co fin de evitar o "enriquecimiento inxusto de Narón" en materia de saneamento.

Para abordar este asunto, o rexidor ferrolano mantivo un encontro privado co seu homóloga naronesa, Marián Ferreiro, segundo recolle Efe. Así, aludiu ao pacto para que Ferrol abone o 70 % dos custos pola depuración das augas, iniciada o pasado mes de abril, e Narón o 30 % restante. Para o rexidor, a dirixente naronesa ratificou "desde o primeiro momento" esta proposta, que acentuou de "transitoria en tanto non se mancomunase" a prestación.

Ante o conflito, o alcalde ferrolano ha apelado á "calma e boas relacións co concello veciño, non queremos que a nova alcaldesa téñase que facer responsable por procedemento xudicial de custos xerados".

"Confiamos en non chegar pola súa banda nin pola nosa a ese tipo de confrontación", afirmou Jorge Suárez.

E no xornal dixital Galicia Ártabra publican:

... Preguntado o alcalde Jorge Suárez polo requirimento de Narón ante Augas de Galicia e ante o concello de Ferrol polo convenio do saneamento, manifestou que desexa manter unha actitude cordial co concello veciño pero ameaza con acudir aos tribunais si Narón non paga o 30% polo servizo de depuración que actualmente está en activo, xa que estima que o non pagar esta parte é un enriquecemento inxusto de Narón.

"Buscaremos todas as solucións posibles pero está claro que?.bo, sempre chamando á calma e ás boas relacións co noso concello veciño, e non queremos que tampouco a nova alcaldesa téñase que facer responsable a través dun procedemento administrativo e logo xudicial do pago do 30 % dos custos derivados por depurar as augas de Narón o que de xeito evidente é un enriquecimiento inxusto dese concello" manifestou Jorge Suárez aos medios. ...

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego | Lupe Ces  |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es

_________

Publicada a interesante Acta da Sesión extraordinaria que celebrou o Pleno do Concello de Ferrol, o mércores día 15 de novembro, para abordar un só punto na orde do día o rescate da Taxa do Partido Popular


Sesión extraordinaria urxente que celebrou o Pleno do Concello de Ferrol, no Pazo Municipal, o mércores día 15 de novembro de 2017, perante máis de tres horas desde as 9 da mañá. Para tratar un só punto na orde do día:

"Proposta de declarar finalizada a suspensión da aplicación da Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola depuración de augas residuais, publicada no BOE de data 3 de setembro de 2014".

O pleno acordou declarar finalizada a suspensión da aplicación da Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola depuración de augas residuais, publicada no BOE de data 3 de setembro de 2014.

A declaración de rescatar a Taxa do Partido Popular de 2014 que estaba suspendida (Desde a páxina 27 á 45 da Acta) por decisión plenaria do 18 de setembro de 2015 e derogada provisionalmente o 13 de febreiro de 2017 (Pois non se continuou co proceso de derogación), foi aprobada co voto favorable do Goberno local, a abstención do PP e C´S e o voto negativo do PSOE e BNG.

Segundo en declaracións do Alcalde, Jorge Suárez, unha vez rematado o Pleno, a activación da taxa foi efectiva desde o mesmo día 15 de novembro (De feito foi publicado o edito no BOP con data do deses día), pendente da resolución da emenda do Partido Popular, pola que se agarda o efecto retroactivo desde o pasado 3 de abril, que ten que decidir-se segundo ditame do Consello Consultivo de Galicia. Así como o da "fórmula de pago menos gravosa posible para os veciños e veciñas da cidade, xa que a ordenanza permite o pago bimensual no canto de facelo semestral". Como tamén o de "modificar a taxa o antes posible para axustar ao máximo a baixa os custes reais cos do servizo".

Desde a Plataforma imos estudar a posibilidade de presentar un recurso de reposición contra a imposición desta Taxa.

Acta da Sesión Extraordinaria Urxente do 15 de novembro de 2017

* Acta da Sesión, en formato pdf, 36 páxinas. | Acceder/Baixar.

* Acta da Sesión, en formato doc, 36 páxinas. | Acceder/Baixar.

Nova relacionada:

Partido Polpular e Ferrol en Común, pactaron para lavar-se a cara mutuamente e tapar as súas responsabilidades na situación actual do sistema de saneamento e depuración de Ferrol e Narón, mais tamén, do suposto endebedamento pola actividade alegal de Emafesa no citado sistema - No Pleno celebrado o pasado 15 de novembro, quedou levantada a Taxa que fora imposta en maio do 2014 polo Partido Popular, unha taxa inxusta, non participada e non xustificada. | Ir á Web.



PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego | Lupe Ces  |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es
________

martes, novembro 28, 2017

O concelleiro de Esquerda Unida de Narón, André Abeledo, adiantou na Xunta de Portavoces que dará no Pleno deste xoves día 30 de Novembro o seu voto favorable á ratificación dos requirimentos a Augas de Galicia e ao Concello de Ferrol, para deixar sen efecto e sen vixencia o convenio de colaboración

A estación depuradora de Ferrol-Naron-Neda en Cabo Prioriño - Foto de Jorge Meis.

Abeledo adianta que dará o seu voto favorable no Pleno aos requirimentos feitos polo Concello de Narón a Augas de Galicia e ao Concello de Ferrol

André Abeledo adiantou na Xunta de Portavoces, celebrada este luns día 27,  que EU Narón dará no Pleno deste xoves día 30 de Novembro o seu voto favorable a ratificación dos requirimentos a Augas de Galicia e ao Concello de Ferrol, para deixar sen efecto e sen vixencia, o convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol, para a formalización da encomenda de xestión da explotación, mantemento, conservación do sistema de saneamento e depuración do Concello de Ferrol.

O concelleiro indica que EU Narón mantén así o seu compromiso coa veciñanza ao defender os seus intereses. Narón ten que ser tido en conta e o seu Goberno debe defender en todo momento o mellor para o presente e o futuro da cidadanía.

André Abeledo tamén deixou constancia durante a Xunta de Portavoces que dende EU Narón seguiremos con atención o proceso e as posibles negociacións.

Imos dar o noso apoio ao Goberno nesta decisión que entendemos é acertada e necesaria, pero non estamos a dar un cheque en branco.

Seguiremos a defender que as economías familiares non poden verse lastradas por una taxa sobre un servizo básico excesivamente alta, entendemos que o problema está no actual modelo e defendemos a municipalización do servizo, defendemos o público.

Abeledo entende que agora a pelota está sobre o tellado de Augas de Galicia, posto que é a responsable da depuración e quen ten que dar unha saída. E que no caso de asinarse un novo convenio, dita encomenda terá que saír novamente a concurso.

Tamén defendemos que Narón en todo caso debería pagar o coeficiente de vertido, e non unha taxa que finalmente está en mans da parte privada.

O concelleiro mantén a postura de que Narón non pode deixar o seu futuro en mans de terceiros, temos unha responsabilidade para con nosos veciños, esa responsabilidade obríganos a defender os seus intereses por riba de todo.

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
28 de novembro de 2017 11:46
_____________________

luns, novembro 27, 2017

Democracia, ... Por Inácio Martínez - A mantenta dun artigo de José Picado publicado hoxe en 'La Voz de Galicia' co titulo 'Calle María, 136'

Barcelona, 11 de novembro de 2017
Manifestación pola Liberdade dos Pres@s e pola República

Por Inácio Martínez [*]
26.11.2017


Estimado José Picado, tenho lido com gratitude, vários dos seus artigos, pola correçom coa que escreve, a sua atualidade e o convite à reflexiom. E este nom cae em saco roto.  Desde o contexto de Ferrol, as palavras que os dirigentes  independentistas e republicanos catalans expressam, quedam desvirtuadas, sobre todo se o conhecimento que temos do conflito em Catalunya é o que percebemos desde os médios convencionais, tanto sejam audiovisuais como impressos. Para ter umha vissom mais acertada do conflito, melhor é achegar-se ao mesmo desde os médios catalans [1] que dam umha vissom mais objetiva, pola conta que lhes tem, pois as suas leitoras/consumidoras som as pessoas implicadas, que construem essa realidade que se relata; ademais a sensibilidade social está a flor de pel, polo que nom se perdoariam mentiras e manipulaçons -ou isso penso. Outra opçom é informar-se através das redes sociais, mas para isso é necessário um processo de aprendizagem para a construçom dum catalisador mental que nos ajude a navegar intentando discernir a veracidade da falsidade. Todos vimos intervir desde o poder do Estado as contas públicas da autonomia; decretos para facilitar que as empresas puderam deslocalizar as suas sedes sociais fora de Catalunya, (servindo isto para amossar que a oligarquia catalana está profundamente comprometida co estado monárquico e centralista, cousa que sempre se nos pretendia fazer ver o contrário); imputar a mais de 700 alcaldes e alcaldesas que se pronunciarom e mobilizarom a favor do Referéndum; violentar sedes governamentais e deter funcionarios que só cumpriam mandatos parlamentares; sequestrar urnas e papeletas de votaçom; arrincar urnas com violência dos colégios eleitorais; bater com dureza na gente que defendia os colégios eleitorais ou simplesmente ia votar, deixando mais de 800 pessoas feridas, só as atendidas no serviço público de saúde; umha ocupaçom policial com miles de policias e guardas civis levados desde outras partes do Reino, .... destituir um governo eleito e dissolver um parlamento; levar a prisiom a políticos membros dum governo legítimo e a membros da sociedade civil, baixo uns supostos delitos de rebeliom e sediçom, mas sem violência nem armas, sic ... sempre chamaram ás mobilizaçons pacificas e contra qualquer tipo de violência... As hemerotecas dos médios catalans e internacionais tenhem registado todo o sucedido. Por muito que se lhe intente dar volta, os feitos estam aí e quedaram para a história. As emoçons que experimentamos cada quem, mudam a forma em que vemos o mundo e como interpretamos as acçons dos demais. Vamos, que cada um de nós interpreta as cousas segundo a nossa ideologia e convicçons políticas, tamén segundo o carácter e pessoalidade, a qualidade humana de cada quem. Considero-me das pessoas que pensam que o Povo Catalam é um sujeito histórico (Mesmo reconhecido na Constituiçom Espanhola do 78), com vontade mui maioritária de ser e exercer como tal, e tem direito a decidir o seu futuro, isso que chamamos Direito de Autodeterminaçom ou da Libre Determinaçom dos Povos e que recolhem numerosas convençons, pactos e tratados internacionais que quase todos os países assinarom [2]. Antes do 78, todas as forças auto-qualificadas de esquerda levavam nos seus programas e plataformas este Direito[3]. Afirmas que  "Los artífices del fracasado golpe de Estado soberanista vivido en Cataluña atribuyen su fracaso a que el Estado español actuó ejecutando un golpe de Estado hacia Cataluña desde Madrid",[4] nom duvido que alguém pudera dizer isso, mais ponho a mam no lume que desde o governo espanhol e umha numerosas ristra de tertulianos e políticos de estado, dixerom-no, mas ao revés, como Vostede afirma, que foram os independentistas e republicanos os que deram um golpe de estado,[5] mesmo se lhes acusa de rebeliom e sediçom. Mas o assunto de reflexiom nom é o do relato que acabo de fazer, senom polo de "democracia imperfecta" e pola afirmaçom de "... fugado Carlos Puigdemont, probablemente el político que más daño le ha hecho a la imagen de Cataluña y España desde la transición". Está claro que é umha afirmaçom discutível, mas sobre todo irreflexiva, mas rogo só que reflexione comigo um pouco, pense-o bem... O que chama democracia imperfeita, eu chamo-lhe democracia de baixa intensidade, a modo do tratado polo sociólogo Boaventura de Sousa Santos, onde a participaçom está sequestrada, as sociedades que estam submetidas ao Deus Mercado e que legislam para el (reforma express da Constituiçom espanhola para implantar o artigo 135) e por acima das pessoas, tribunais interferidos, o Ibex 35 marcando políticas,[6] as portas giratórias, ... som sociedades "democráticas" de baixa intensidade, som muitas e os exemplos no mundo abondam, ... Todas as democracias som imperfeitas, nom hai sociedades perfeitas, penso que nisso concordamos, digo eu, polo que dizer democracia imperfeita é como nom dizer nada. Vamos, "somos bos, mas a santos nom chegamos". Por desgraça, o mundo está cheio de governantes e dirigentes políticos com rasgos psicopatas e de desmesurada cobiça. Um observador como Vostede por mui pouco que mire, cos olhos de ver e compreender o mundo, dará-se conta das grandes injustiças que nos rodeiam e que se cometem. Hai umha organizaçom (rede) que loita polo cambio na governança mundial [7] e esgrime as contradiçons e proclama um cámbio, em cuja presidência está Federico Maior Zaragoza que mire por onde, tem o "pecado" de que perante uns meses foi Secretario de Educaçom, o ano no que morreu o Ditador, mas que a sua vida está cheia de generosidade e luita pola Paz e a Justiça Mundial, é público e notório. A visiom que se dá do Reino de Espanha desde esta rede mundial, nom é a dumha democracia imperfeita, mas bem é dumha democracia tocada e sequestrada, e o Reino de Espanha é umha dessas tantas democracias tocadas e sequestradas. Estamos governados por corruptos implicados até a medula [8]. Infinidade de casos salpicam às instituçons, mais de 800 cargos institucionais imputados; a sede do partido no poder pagada com dinheiro fazado; presidentes de comunidades corruptos e em prisiom, de diputaçons, alcaldesas e alcaldes, ... Só o que transluce a instrucçom judicial da Gürtel dá noxo, e isso que separarom a Baltasar Garzón, numha manobra de estado, … É alarmante e sospeitosa a sucessom de mortes súbitas (Já vam 11) de membros do Partido Popular a ponto de declarar nos julgados, declaraçons que poderiam prejudicar gravemente, mais que a imagem do partido e sobretudo a sua cúpula dirigente. O último em falecer de forma sorpresiva, foi o exvicepresidente de Castilla e León, Tomás Villanueva, o 7 de setembro deste ano 2017, dias dantes de declarar na "trama eólica" e no caso "La Perla Negra"… sem entrar noutras moitas instruçons sobre corrupçom abertas, como é o caso da Pokemon[9] que é a que leva a juiz de Lara e a que mais perto nos toca na Galiza. Á luz está o que fai dano á Democracia, a Catalunya e a o Reino de Espanha. Nom querero ver umha sociedade infetada polo consumismo e pola apatia social, onde políticos medíocres escalam, trepam ao poder desde o local até onde podam... Podo-lhe dizer que a justiça nom é igual para tod@s, sem dinheiro tes um 90% de possibilidades de que nom che poidas defender nos tribunais adequadamente, por moita justiça gratuita que dim que hai. As prisions estam cheias de pobres. Mas nem para defender a tua própia casa tés justiça. Tes só 10 dias para oponher-te a umha execuçom hipotecaria e moita gente nom chega a tempo, por desconhecimento, mas porque a legislaçom hipotecaria e bancaria só está feita para ricos e a favor dos bancos e especuladores, nem se queira o seu recente aprovado anteprojeto. Participo na Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra -  Stop Desafiuzamentos. Todos os dias intercámbio com implicados moi perto da atividade bancaria, abusiva e de latrocínio feroz. O abuso bancário é tam descarado é evidente que o próprio Tribunal de Justiça da Unión Europea ditou até oito sentenças de condena à banca espanhola por clausulas abusivas e ilegais, nos convénios dos préstimos hipotecários que sentarom jurisprudência, mas centos de miles de pessoas já perderam injustamente as suas casas e milhons delas estám afectadas por estas clausulas que agora tenhem que reclamar individualmente, mas nom passa nada estamos numha “democracia imperfecta”... poderíamos coa pobreza infantil, ... seguir e seguir, mas que lhe vou dizer que nom saiba. Quedava-me um tema que nós afecta, pola sua proximidade, "as sentenças estam para cumpri-las", dim coa boca grande, mais quatro sentenças do Tribunal Supremo contra Reganosa, nom gostarom e se decretou umha eximiçom.[10] Quem fai dano à democracia? Que democracia? ah! esta de baixa intensidade... esta Democracia moi formal... É o senhor Puigdemont que obedeceu o mandado saído das urnas? O Presidente legitimamente investido que plantou cara a este estado corrupto? O Delito do Silêncio [11] deveria estar penado.

Notas.-

[1] As últimas novas do conflito catalam visto desde os principais jornais e médios de Catalunya
https://artabra21.blogspot.com.es/p/blog-page_23.html

[2] Compilaçom de documentos sobre a livre determinación dos povos nos tratados e pactos internacionais.
http://www.ohchr.org/Documents/Publications/Compilation1sp.pdf

[3] Ante la configuración del Estado español, integrado por diversas nacionalidades y regiones marcadamente diferenciadas, el PSOE manifiesta que:...
http://www.lavanguardia.com/politica/20130929/54390144664/cuando-psoe-decia-autodeterminacion-enric-juliana.html

[4] O artigo de José Picado, en "La Voz de Galicia".
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2017/11/26/calle-maria-136/0003_201711F26C4994.htm

[5] Simplemente com ponher no buscador google: "golpe de estado en Cataluña", saem mais de 600.000 resultados e ao menos os mais populares son dos membros do governo espanhol, de  Josep Borrell, de Alfonso Guerra, de Albert Rivera, de Mayor Oreja,... e assim umha lista de miles... | Buscando em Google.

[6] El autor de ‘Ibex 35, una historia herética del poder de España’, analiza cómo la trama empresarial controla al Estado y lo usa como salvavidas.
https://www.lamarea.com/2017/03/05/el-poder-en-la-sombra-del-ibex-35/

[7] Fórum Mundial da Sociedade Civil, "UBUNTU", umha Rede de Redes para aunar comunicados, posicionamentos e propostas, que desde 2001 concentra boa parte da sua dedicaçom à reforma das Instituçons Internacionais.
http://www.ubuntu.org/es/
E a Fundación Culura de Paz
http://www.fund-culturadepaz.org/

[8] O documentário "Las cloacas de Interior" mostra as  práticas e a corrupçom no Ministério do Interior a partir das gravaçons entre o daquela ministro Jorge Fernández Díaz e Daniel de Alfonso que revelou o diário Público em junho de 2016.
https://www.youtube.com/watch?v=pJL_uLs6TGg

[9] Auto da Juíza Pilar de Lara.
https://drive.google.com/file/d/0B_WBUU5o0En3TXpyRXpvc1prRVU/view

[10] Son xa catro as sentenzas favorábeis ao Comité Cidadá de Emerxencia, sentenzas que o goberno en funcións, intenta burlar eximindo a Reganosa de cumprir coa legalidade.
https://artabra21.blogspot.com.es/2016/08/un-amplo-respaldo-politico-acompanou.html

[11] O livro, O Delito do Silêncio, de Fedeico Mayor Zaragoza..
https://drive.google.com/file/d/155ZHWyXHq3iN1wVnE7uJr5Y8kB9FXAQP/view?usp=sharing

[*] Inácio Martínez Orero, Ferrol 1955, membro do Colectivo Ártabra 21, participa em Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, nas Marchas da Dignidade e na Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización.



Enviado:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
26 de novembro de 2017 12:43

___________




34 persoas de 18 colectivos diferentes de defensa do monte viaxarán ao Parlamento Europeo o 6 e 7 de decembro a proposta da eurodeputada galega Lídia Senra, onde denunciarán o desleixo da Xunta, que en conivencia cos intereses da industria celulosa, non está a protexer os xacementos arqueolóxicos Iniciativa para sensibilizar á UE da destrución de patrimonio galego que está provocando o eucalipto


Iniciativa para sensibilizar á UE da destrución de patrimonio galego que está provocando o eucalipto. | 34 persoas de 18 colectivos diferentes de defensa do monte viaxarán ao Parlamento Europeo o 6 e 7 de decembro a proposta de Lídia Senra. | Denunciarán o desleixo da Xunta, que en conivencia cos intereses da industria celulosa, non está a protexer os xacementos arqueolóxicos.

A eurodeputada galega Lídia Senra promoverá unha serie de actividades encamiñadas a internacionalizar no Parlamento Europeo a problemática de eucaliptización que sofre o patrimonio galego. Así o anunciou este venres pola mañá, durante unha rolda de prensa que deu en Santiago, acompañada polo presidente da Asociación Mariña Patrimonio, Manuel Miranda Ruíz. Senra explicou que un total de 34 persoas pertencentes a 18 colectivos diferentes de defensa do patrimonio cultural, arqueolóxico e natural, ecoloxistas, arte rupestre e montes viaxarán até Bruxelas os días 6 e 7 de decembro para denunciar no ente comunitario a situación de ameaza que está a provocar o monocultivo de eucalipto na nosa terra.

A europarlamentaria explicou que a visita foi pensada tendo en conta que o próximo ano, 2018, será declarado pola UE como o Ano Europeo do Patrimonio Cultural e, neste contexto, é un bo punto de partida que se poña en valor o patrimonio cultural que albergan os nosos montes e que “está ser destruído a consecuencia da falta de interese por parte de quen debería conservalo, que son as Administracións públicas”. “Esta visita é oportuna para contribuír a visibilizar na UE o que pasa na Galiza”, dixo. Así, Senra reclamou que o eucalipto sexa declarado como especie exótica invasora e criticou a resistencia que está poñendo o Estado español no marco do Convenio de Berna do Consello de Europa, en conivencia coa industria forestal, para que isto sexa posible.

Manuel Miranda acusou á industria celulosa do eucalipto de estar provocando unha destrución masiva do patrimonio arqueolóxico, “como demostran os centos de denuncias presentadas nos últimos anos” e tendo en conta que “só se denuncia unha pequena parte do total de agresións”. Neste contexto, Miranda explicou que “queremos informar á UE e denunciar alí o que non está facendo a Xunta aquí para protexer o patrimonio”. “A xunta está mirando para outro lado e está incumprindo o seu deber, tamén moral, de protexer o patrimonio, atendendo aos intereses dunha industria celulosa totalmente insensible e irresponsable”, afirmou. “Os xacementos arqueolóxicos están protexidos pola lei e non se poden danar para plantar eucaliptos nin outras árbores. Polo tanto, a Xunta debe actuar e facer cumprir a lei, algo que non fai”, denunciou.

Para o representante de Mariña Patrimonio, a relación entre a Xunta e a industria celulosa é “como mínimo de corrupción, desleixo e complicidade”. “A sociedade ten claro que a Xunta non actúa na defensa do patrimonio porque hai intereses comúns coa industria celulosa. Din que hai que plantar eucaliptos porque esa industria é moi rendible. Se é así, deberían empregar parte desa rendibilidade en protexer os xacementos arqueolóxicos e non en destruílos”, argumentou. Ante esta situación, defendeu que “non queda outro remedio que que a sociedade civil, as asociacións, actuemos”. “Estamos seguros de que podemos atallar esta desfeita. Hai que esixirlle á Xunta e á industria que cumpran as leis autonómicas, estatais e europeas. Tócanos denunciar publicamente a industria do eucaliptos e explicarlles aos consumidores europeos que estamos ante unha industria que destrúe boa parte do patrimonio europeo”, insistiu.

No grupo de persoas que se desprazarán a Bruxelas para participar desta iniciativa, haberá membros do Sindicato Labrego Galego, do SOS Arte Rupestre Galega, da Sociedade Antropolóxica Galega, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcedo, do Colado do Vento, de Cousa de Raíces, da Asociación para o Fomento do Deseño Sostible Kunterbunt, de Adega, da Asociación Nordés, da Asociación Amig@s de historiadegalicia.gal, do colectivo A Rula, da Asociación Mariña Patrimonio, da Asociación Cultural Irmandade de Santo Estevo, de Amigos do Patrimonio de Castroverde, de Anova Terra, Umia Vivo, Irmandade Illa de Tambo e do Colectivo da Defensa do Patrimonio A Forneiriña.

Durante a visita ao Parlamento Europeo, a delegación galega reunirase con representantes da Comisión Europea competentes na materia para explicarlles a situación que se está a vivir na Galiza, e tamén con eurodeputados doutros países, especialmente alemáns, xa que a maior parte da produción de Ence é exportada. Concretamente, un 23% vai para Alemaña, un 16% vai para Italia, e só o 5% queda no Estado español. O obxectivo é sensibilizar á poboación internacional do problema que arrastra a política da pasteira e a eucaliptización na nosa terra e esixirlle á comunidade internacional que fagan cumprir os mínimos de respecto á natureza, patrimonio e desenvolvemento sostible do monte. “O 95% da celulosa que produce Ence vai para o mercado europeo e desgraciadamente o mercado europeo non sabe o custe que ten esa celulosa para o patrimonio galego e polo tanto europeo. Queremos que o consumidor europeo saiba que eses folios que usa están provocando unha destrución masiva do noso patrimonio”, explicou Miranda.

Tamén se levarán a cabo unha serie de coloquios centrados en “A destrución do patrimonio galego por parte do sector industrial madeireiro”, “O desleixo da Xunta de Galiza co patrimonio cultural galego e a problemática dos incendios” e “Artellando solucións para protexer o patrimonio fronte á eucaliptización”.

Senra defendeu na rolda de prensa que unha sociedade “non se pode rexer pola rendibilidade económica que poida ter para uns poucos a plantación dunha especie en concreto, porque o monte ten un valor máis alá da rendibilidade económica dun monocultivo. Aporta biodiversidade e moitísimas cousas que necesitamos como o dereito a ter auga libre de contaminación”. “Cando un monocultivo se implanta a biodiversidade pérdese. Estamos falando de que está en perigo o futuro de toda a sociedade, non só de catro empresas multinacionais que se lucran de poñer o país a monocultivo de eucalipto”, dixo. Así, defendeu que o monte “é a despensa das granxas e das casas labregas e esa ten que seguir sendo unha das súas funcións. Hai que facer unha política agraria que contemple o monte como un complemento da agricultura”. Tamén chamou a reflexionar sobre as miles de perdas que xera o lume neste país. “A sociedade está contribuíndo economicamente a apagar eses lumes para o rendemento desa industria”, dixo. “A extinción máis eficaz é a prevención e a prevención pasa por non perder persoas que traballen as terras agrarias ou por acabar co monocultivo de eucalipto e por unha política agraria que volva a agroecoloxía”, concluíu.

Santiago, 24 de novembro de 2017. 

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/
Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
24 de novembro de 2017 13:38
___________________