venres, marzo 16, 2018

En Ferrol como noutras cidades e vilas da Galiza e do resto do Estado, vai ter lugar unha mobilización en defensa do sistema público de pensións - Sábado 17 de marzo, ás 12 do mediodía no Cantón - Unha Concentración convocada pola Plataforma Movemento en Defensa das Pensións Públicas de Ferrolterra - Comunicado Público


En Ferrol como notras cidades e vilas da Galiza e do resto do Estado, vai ter lugar unha mobilizaciñon en defensa do sistema público de pensións - Sábado 17 de marzo, ás 12 do mediodía no Cantón.

Pola Defensa do Sistema Público de Pensións reivindicamos os mesmos obxectivos comúns:
  • Pola defensa do Sistema Público de Pensións.
  • Pola recuperación do Fondoi de Pensións, establecido no Pacto de Toledo.
  • Por uns salarios dignos que garantan as pensións da mocidade.
  • Por unhas pensións dignas!
  • Por un incremento das pensións segundo o IPC real, recuperando o poder adquisitivo perdido.
  • Pola creación dunha Renda Básica para as persoas en risco de exclusión.
Na nosa comarca convoca a recente creada Plataforma Movemento en Defensa das Pensións Públicas de Ferrolterra.

Contacte en:

plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com


COMUNICADO PÚBLICO


A Plataforma en defensa das Pensións Públicas en Ferrolterra, acordou organizar unha concentración social nos Cantóns do concello de Ferrol (Praza da Constitución) o vindeiro sábado día 17 demarzo ás 12:00 horas do medio día, en protesta polas actuais políticas dirixidas aos pensionistas en materia social e económica do actual goberno de Mariano Rajoy.

Despois da concentración desenvolta na Praza de Armas, o pasado 22 de febreiro e da Asemblea celebrada no Centro Cultural Carvalho Calero, o pasado día 6 de marzo, a Plataforma constituída para a defensa do sistema público de pensións no ámbito da nosa comarca convocou unha concentración que se desenvolverá o sábado 17 de marzo ás 12 do mediodía, en sintonía, coas convocatorias lanzadas en todo o territorio do Estado Español (este mércores, día 14 tiñamos constancia de 153 convocatorias noutras tantas localidades da xeografía).

Despois da Asemblea do día 6 no Centro Cultural Carvalho Calero, desenvolvéronse iniciativas tendentes a lograr a maior asistencia posible para o concentración prevista para o sábado 17. Neste sentido, difundíronse octavillas coa convocatoria en todas as localidades da Comarca, e tamén diante da porta da Bazán. Así mesmo, se lanzou un coche con megafonía para anunciar a convocatoria e se puxeron en marcha todos os mecanismos que as redes sociais nos permiten explorar.

Convócase para a defensa do sistema público de pensións a:

Os que, xubilados, se senten reféns de gobernos que adoptan decisións mirando a aspectos que nada teñen que ver coas súas problemáticas diarias. Modificouse o sistema de revalorización de pensións establecendo mecanismos tendentes a reducir o monto total do gasto, mediante o empobrecemento e redución do poder adquisitivo das persoas pensionistas.

Os que, estando preto da xubilación, vemos que estamos a ser vítimas de medidas aprobadas no parlamento que cambian substancialmente as condicións nas que viñemos desenvolvendo o noso traballo e as cotizacións realizadas ao longo da nosa vida laboral. Así estamos diante dun atraso da idade de xubilación, unha ampliación dos períodos a ser considerados para o cálculo da base reguladora das nosas pensións, e, finalmente á introdución dun factor de sostibilidade do sistema que se ven a resumir como unha cantidade arrincada á nosa pensión unha vez calculadas as nosas cotizacións e o período de tempo cotizado.

Os que, por falta de períodos de cotización suficientes se ven arroxados a un sistema de case beneficencia, con cantidades irrisorias adxudicadas en moitas ocasións de forma condicional as persoas concibidas nun entorno familiar. Aquí están as pensións non contributivas pero tamén, polo reducidas que son, as pensións de viúva, En todas elas son as mulleres o suxeito principal.

E finalmente, todos eses traballadores e traballadoras ou non, que nin sequera poden estar seguros de que o sistema público vaia a perdurar e manter unhas condicións de dignidade mínimas, tendo en conta que son moitos e moi poderosos os intereses que están en xogo, e a pouca credibilidade que, a estas alturas ten o sistema político.

Entre as cousas que defendemos están:
  • Pensión mínima que mellore substancialmente a actualmente vixente. Esta pensión mínima afectaría as pensións contributivas, as non contributivas e ás de enviuvade como mínimo.
  • Incremento e revalorización das pensións conforme ao IPC, con elementos correctores para recuperar o poder adquisitivo perdido estes últimos anos.
  • Derrogación das últimas reformas do sistema de pensións: a desenvolta unilateralmente polo PP no 2013. Pero tamén se propón a derrogación da reforma aprobada no 2011 polo goberno de Zapatero.
  • Impedir en todo caso a entrada en vigor do factor de sostibilidade tal e como o ten imposto unilateralmente o PP aplicando unha maioría da que xa non goza.
  • Regulación das contas bancarias polas que se percibe a pensión con exención de gastos e comisións.
  • Derrogación de todas as medidas que instauraron o chamado copago -repago en realidade.
  • Revisión dos medicamentos excluídos do recetario da Seguridade Social.
  • Establecemento dunha política de prezos taxados e de control do mercado en temas como transporte público, prezos enerxéticos (gas, electricidade), prezo da auga, accesos a bens públicos, conveniados ou subvencionados.
  • Recuperación da idade legal e obrigatoria de xubilación aos 65 anos, recuperación do sistema de cálculo das pensións finais cos criterios anteriores ao 2011.
  • Derrogación das últimas reformas laborais que son as principais responsables da situación de risco que afecta ao Sistema público de pensións....
Son moitos máis os temas actualmente en discusión e debate aberto, pero, en esencia, existe o acordo de defender o Sistema Público de Pensións e combatir todas as medidas tendentes a rebaixar as cantidades percibidas polos pensionistas (empobrecer aínda máis aos sectores que só dispoñen da súa pensión para enfrontrar a vida diaria e o apoio ás súas familias) e a diminuír o poder adquisitivo das mesmas.

Ferrol, 15 de marzo de 2017
___________

xoves, marzo 15, 2018

Habelas Hainas e Repichoca esta sexta-feira na Fundaçom Artábria - O concerto tem início às 22.00hs e a entrada e de graça - Depois do concerto, daremos continuidade à troula com umha nova repichoca ártabra. Traz o teu instrumento e participa!


Habelas Hainas e Repichoca esta sexta-feira na Fundaçom Artábria


Sexta-feira, 16 de março, chegam de Compostela as Habelas Hainas, que depois dumha intensa trajetória como músicas ao vivo, apresentam "Livres e loucas", o seu primeiro trabalho discográfico, com um som enérgico, fresco e original com umha perspetiva feminista. O concerto tem início às 22.00hs e a entrada e de graça. Depois do concerto, daremos continuidade à troula com umha nova repichoca ártabra. Traz o teu instrumento e participa!
--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
....
 A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
15 de março de 2018 19:01

_____________________

Espectáculo 'A biblioteca máxica', Ateneo Ferrolán - Venres día 16 de marzo ás 7 da tarde - Teatro musical maxia e circo para un público familiar.


"A biblioteca máxica"


Venres día 16 de marzo ás 19 h. no #AteneoFerrolán

Entrada 2 € (Apta para todos los públicos).

Teatro musical maxia e circo para un público familiar.

Máis info: Libreto do Espetáculo

www.payasopiruleta.com

Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK | TWITTER: @ateneoferrolan

Faite soci@ on line! Colabora con nos! | Ir á Web.

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
15 de março de 2018 17:05

____________________

Sábado dia 17 de março, organizado polo coletivo Que voltem a casa!, decorrerá umha jornada solidária em apoio à XII Marcha às Cadeias, na qual atuarám, a partir das 22.00hs, na Fundaçom Artábria, o cantor-punk ferrolano Bitxobola e o grupo de hard-core proletário de Trasancos Apologia


Jornada solidária com a XII Marcha às Cadeias


Sábado dia 17, organizado polo coletivo Que voltem a casa!, decorrerá umha jornada solidária em apoio à XII Marcha às Cadeias, na qual atuarám, a partir das 22.00hs, o cantor-punk ferrolano Bitxobola e o grupo de hard-core proletário de Trasancos Apologia.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
 ....

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
15 de março de 2018 19:05

________________

Vemo-nos o luns 19 de marzo, ás 7 da tarde, na Praza Amada Garcia de Ferrol (Diante do edificio da Xunta), en apoio do compañeiro Emilio Cao, represaliado por participar na multitudinaria Marcha da Dignidade do 22 de Marzo de 2014, en Madrid - Non á lei Mordaza! Polas Liberdades Democráticas! polo Dereito a manifestar-se libremente, polo Dereito á Expresión... Emilio Cao Absolución


Vemo-nos o luns 19 de marzo, ás 7 da tarde, na Praza Amada Garcia de Ferrol (Diante do edificio da Xunta), en apoio do compañeiro Emilio Cao, represaliado por participar na multitudinaria Marcha da Dignidade do 22 de Marzo de 2014 en Madrid. Emilio Cao vítima dunha montaxe gobernativa e policial, foi detido nun tumulto provocado o mesmo día da grande manifestación. A Emilio piden-lle 5 anos e 8 meses de prisión, non permita-mos tal inxustiza. Non á lei Mordaza! Polas Liberdades Democráticas! polo Dereito a manifestar-se libremente, polo Dereito á Expresión... Emilio Cao Absolución.

MARCHAS DA DIGNIDADE FERROLTERRA
#ColumnaFerrolterra
marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/

#AbsoluciónEmilioCao

@absolucion-cao

Manifesto pola libre absolución de Emilio Cao

O vindeiro 19 de marzo o mozo Emilio Cao enfróntase a un xuízo que pode fenderlle a vida. A Fiscalía pídelle 5 anos e 8 meses de cadea por ter participado en 2014 na multitudinaria manifestación das Marchas da Dignidade, reivindicando pan, traballo e teito.Queren condenalo por ser parte dunha loita pola dignidade e a igualdade.

Daquela unha parte importante da sociedade fíxose consciente de que os sufrimentos individuais ocasionados pola crise eran, en realidade, problemas colectivos e que había que encaralos con solucións en común. O desemprego e a emigración, os desafiuzamentos a familias traballadoras e a precarización da vida eran problemas políticos denunciados en común na praza pública.

Había que enfrontar as consecuencias negativas das políticas dos menos sobre a vida das máis. Emerxía de novo o protagonismo das desposuídas. Con novas demandas, con novas necesidades, cun compromiso radical coa loita pola igualdade e a xustiza social.

Esa fronte da loita continua aberta e o Réxime do 78 mantén activa toda a súa maquinaria propagandística e represiva. Quérese abafar a chama da protesta entre a xente do común. Teiman en criminalizar toda protesta, en proscribir toda disidencia, en reprimir toda rebeldía, en acalar toda desconformidade.

O mantemento do Estado de excepción esixe castigo e represión para acurralar e minguar dereitos e liberdades. Impera o dereito penal do inimigo como fórmula para esmagar o antagonismo de clase revivido e negarnos as condicións materiais dos nosos dereitos de cidadanía.

Emilio Cao tomou partido. Elixiu facer parte da cidadanía rebelde. Sumouse ás moitas que tomaron as rúas para reclamar dignidade. Desafiou a orde da inxustiza. Agora queren impoñerlle un castigo exemplar.

Xuntas, fraternalmente, tomamos partido por Emilio Cao. Represéntanos. A súa loita é a nosa. Fronte ao autoritarismo do Réxime do 78, a súa dignidade e a súa rebeldía; fronte á represión do Réxime do Estado de Excepción, a nosa rebeldía e a nosa solidariedade.

Ao carón de Emilio reivindicamos pan, traballo e teito; dignidade, liberdade, igualdade e xustiza social. E, agora, sumamos voces para esiximos a súa libre absolución.

Asina pola absolución de Emilio Cao:

https://www.absolucionemiliocao.gal/

________

mércores, marzo 14, 2018

Este mércores 15 de marzo a CIG convoca mobilizacións na defensa das pensións públicas - En Ferrol como noutras cidades e vilas da Galiza, vai ter lugar unha concentración ás 12 do mediodía, na Praza Amada García (Diante do Edificio da Xunta)


A CIG considera “intolerábel” que a única alternativa de Rajoy sexa manter as reformas que provocaron o empobrecemento das pensións. | Hai máis razóns que nunca para reclamar na rúa que cese o roubo ás nosas pensións.

A CIG considera que a intervención de Mariano Rajoy esta mañá no Congreso dos Deputados é “insultante” porque fai “ouvidos xordos” ao clamor social en demanda de pensións dignas. Así o valora o secretario xeral, Paulo Carril, para quen é “indecente” que o Presidente do Goberno do estado español afirmara que durante os seus anos de mandato non houbo recortes nesta materia; que ligara calquera mellora a que lle aproben os Orzamentos Xerais do Estado e que manteña inamovíbeis as sucesivas reformas, nomeadamente as impostas en 2011 e 2013. “Se xa tiñamos sobradas razóns para mobilizármonos, con esta intervención hainas aínda con máis forza para reclamar unhas pensións dignas”.

Carril lembra que coas reformas de 2011 e 2013 –que a CIG contestou con mobilizacións na rúa e mesmo cunha folga xeral- introducíronse recortes tremendamente regresivos dirixidos a dificultar o acceso as pensións públicas e a rebaixar as súas contías: nomeadamente o atraso da idade de xubilación; o aumento dos anos de cálculo para o cómputo da base reguladora; o incremento do número de anos para cobrar a pensión completa; desligar as subas anuais do IPC oficial e a introdución do chamado factor de sostibilidade.

Tendo isto en conta denuncia tamén a “aquelas organizacións sindicais que lles están facilitando ao PP o acordo, para que calquera incremento de salarios ou de pensións se desligue do IPC e se vincule á evolución do PIB, como no caso do Acordo para a Mellora do Emprego Público e de Condicións de Traballo”, porque no caso das pensións xa se ven as consecuencias que unha reforma semellante tivo.

Medidas, todas as anteriores, que o secretario xeral da CIG afirma que tiveron -e terán aínda máis- graves consecuencias porque provocaron unha importante perda de poder adquisitivo das e dos pensionistas e que xa están ocasionando que as galegas e galegos que acceden agora á xubilación o fagan percibindo contías inferiores a quen accederon en anos anteriores.

Por iso considera que é “indecente que Rajoy saia alardeando da eficacia das reformas cando, “nun país como o noso o 65% das pensións galegas están por debaixo da mínima, cando as pensións das mulleres galegas, que teñen unha fenda superior ao 37%, son dunha media de 605 € -ou 559€ se son viúdas-  e as dos homes 958€”.

Carril asegura que “mentres non haxa derrogación desas reformas é imposíbel falar de pensións dignas, porque a esta situación chegamos precisamente como consecuencia delas e dunha política económica que xera pobreza e explotación laboral”.

O secretario xeral da CIG cuestiona tamén os resultados da política económica do PP que expuxo Rajoy no decurso da súa intervención. “Como garantía do incremento de recursos para a caixa da Seguridade Social hai que ir a unha política económica que xere emprego digno e con dereitos e máis cotizantes á Seguridade Social pero estase a facer o contrario: crear emprego temporal e precario con cotizacións á Seguridade Social cada vez máis baixas”.

Ademais, fronte os datos que utilizou o presidente do goberno español para tratar de demostrar que o sistema de pensións é dos mellores da UE, Carril lembra que “o gasto público en materia de pensións no Estado español, medido en función do PIB é dos máis baixos da UE situándose por debaixo de países como Italia, onde está no 15,8%, ou en Portugal, onde está no 13%".

Intolerábel” ligar calquera avance á aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado

O secretario xeral da CIG cualifica de “intolerábel” que Rajoy eludira avanzar hoxe calquera medida para dar resposta ás/aos pensionistas que se están mobilizando emprazando ao resto de formacións políticas no Congreso a tratar as cuestións referidas a pensións ao debate dos Orzamentos Xerais do Estado.

Nese sentido o secretario xeral da CIG considera que é un intento de desviar a atención do problema real que é dar resposta a demanda de pensións dignas e ao progresivo desmantelamento do sistema público de pensións. “Foron as políticas económicas do PSOE, no seu día, e as do PP nestes anos as que están poñendo en cuestión o sistema público de pensións e xa estamos vendo os resultados. Unha das manifestacións dese desmantelamento do sistema público de pensións é o deterioro do seu poder adquisitivo, a imposibilidade de que estean ligadas ao IPC e poidan revalorizarse de acordo co custe real da vida”.

Alternativas

Carril explica que, para a CIG é imprescindíbel a creación de emprego estábel e en condicións dignas, con salarios xustos porque isto “constitúe o mecanismo prioritario para dotar de recursos suficientes o sistema de pensións presente e futuro, ao contrario xusto do tipo de emprego creado nos últimos anos”.

Asegura ademais que as cotizacións sociais deben servir para financiar o nivel contributivo das pensións, incluíndo dentro das mesmas a pensión de orfandade e viuvez, mentres que o nivel non contributivo e asistencial debe financiarse a través dos orzamentos do Estado que “sempre será o responsábel , vía transferencias orzamentarias, de cubrir calquera déficit que se poida producir no sistema, incluídas as pensións contributivas”.

Por iso conclúe que “calquera solución pasa, en todo caso, pola derrogación das reformas laborais, da negociación colectiva e das pensións de 2011 e 2013; rematar coas tarifas planas e bonificacións das cotizacións á seguridade social e articular medidas que garantan, de verdade, a viabilidade do sistema público de pensións”.

Mobilizacións

O colectivo de xubilados/as e pensionistas da CIG ten convocadas para mañá xoves, mobilizacións en cidades e vilas precisamente en defensa do sistema público de pensións e en demanda de que se garanta o seu poder adquisitivo.

Este xoves 15 de marzo, nova xornada nacional de mobilizacións en defensa das pensións públicas!
Que non rouben as nosas pensións!

Botemos abaixo as reformas do PSOE e do PP.

Horarios (en actualización):

-A Coruña: Obelisco, 11:30h
-Cee: Praza do Concello, 12h
-Boiro: Praza do Concello, 11h
-Santiago: Praza de Galiza, 19:30h
-Ferrol: Praza Amada García (edificio Xunta), 12h
-As Pontes: Praza do Concello, 19:30h
-Pontevedra: Praza da Peregrina, 19:30h
-Lalín: Praza da Igrexa, 19h
-Vigo: A Dobrada, 18h
-Lugo: Praza Maior, 19h
-Ourense: Subdelegación do Goberno, 18:30h
-Burela: Praza da Mariña, ás 19

Esiximos:
  • Adianto da idade de xubilación, como mínimo, aos 65 anos.
  • Equiparación da pensión mínima ao salario mínimo.
  • Actualización anual das pensións equivalente, como mínimo, ao IPC.
  • Fin das bonificacións e descontos para o empresariado nas cotización.
  • Supresión do límite máximo de cotización para os salarios máis altos.
  • Acabar co uso indebido dos fondos da Caixa da Seguranza Social, dedicándoa a financiar as pensións contributivas, de viuvez e orfandade, e asumindo as demais pensións asistenciais e subsidios os Orzamentos Xerais do Estado.
Evento no facebook.

Avantar, o voceiro sindical da CIG:

http://www.cig.gal/

__________________

Na Defensa do Sistema Público de Pensións: O 17 de Marzo EuVou, ... Por Celso Posada Fernández


Por Celso Posada Fernández [*]
16.03.2018


Como fillo de pensionistas de Clase Traballadora quero amosar o meu total apoio, solidariedade, admiración, respecto con tod@s @s pensionistas que están organizándose, mobilizándose e saíndo as rúas a loitar na Defensa do Sistema Público de Pensións e dunhas Pensións Dignas.

Moitas persoas e familias sobrevivimos grazas ao traballo, ao esforzo, ao sacrificio, aos afectos e as ás axudas das nosas nais e pais, avos, avoas, que coas súas pensións sosteñen-nos e apoian-nos. Grazas a iso moitos como a min puidemos estudar, temos un teito onde durmir, un prato de comida na mesa.

Por todo isto quero facer un chamamento a toda a xuventude pra loitar conxuntamente coas persoas maiores e con todas as pensionistas na Defensa do Sistema Publico de Pensións. A súa loita é a nosa loita e pra poder vivir con dignidade e ter un futuro con  dereitos. Defender unhas Pensións Públicas Dignas, hoxe é defende-las maña.

Este  Sábado 17 de Marzo hai Manifestacións, Concentracións e Mobilizacións  en moitas cidades da Galiza e do Estado Español convocadas tanto pola Coordinadora Estatal, como polo Movemento Galego na Defensa do Sistema Público de Pensións como polas Plataformas de Pensionistas. Xuventude e Maiores salgamos as rúas e vaiamos xuntos na Defensa do Sistema Público de Pensións que esta sendo salvaxemente recortado e atacado por M. Rajoy e polo goberno do PP, un goberno neoliberal, clasista e privatizador que rescatou vergoñenta e infamemente os bancos e as autopistas, e que fixo unha infame Amnistia Fiscal aos seus amiguetes namentres non rescata as pensionistas. O  de M. Rajoy e do PP e un goberno neoliberal o servizo das grandes multinacionais, da banca, das elites económicas e financeiras e que traballa o servizo dos Plans de Pensións Privados.

O 17 de Marzo todos/as as rúas

XUVENTUDE E MAIORES NA DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS.

En FERROL CONCENTRACIÓN
o 17 de Marzo, ás 12:00
na Praza da Constitución (Cantón).

EU VOU. ACUDE. APOIA . PARTICIPA E DIFUNDE.

[*] Celso Posada Fernández, nado en Ferrol o 16 de Xullo de 1980. Activista,  Socialista, Republicano e de esquerdas. Diplomado en Maxisterio de Educación Primaria pola Universidade da Coruña e Monitor de Tempo Libre. É membro de STOP-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, da Asociación de Mobilidade Humana para a Colaboración e o Desenvolvemento (de apoio ás persoas inmigrantes e refuxiadas) e participa nas Marchas da Dignidade e na Plataforma Cidadá de Ferrolterra contra o TTIP. Está no facebook e un blogue persoal.

Artigos de Celso Posada en Ártabra 21.

Enviado por:
celso posada
-celsoposada2006@hotmail.com-
14 de março de 2018 14:17

___________

sábado, marzo 10, 2018

Documentario sobre mulleres que forman parte da historia de marzo do 72 - Mulleres con nome propio, para a historia do movemento obreiro - Vídeo


As mulleres de Marzo do 72

Fina Varela Fontán,
Rosario Alabau Albors "Sari",
Fina Piñón Seoane,
Encarna Puentes Garcia,
Maruja Fernandez Pérez,
Divina Garcia Ferreño,
Marisol Novás Lorenzo,
Fina Freijomil Rodríguez,
Manola López García,
Anxela Loureiro Fernández,
Teresa Mandía Castro,
Maruja Pérez casal,
Pilar Graña Murguía,
Toñita Rey Mosquera,
Ubalda Estévez Alvariño,
Fina lópez Ferreiro,
Rosa Suárez Vidal,
Manolita Paredes Pérez,
María Loureiro Fernández,
María del Carmen Garcia Basani,
María del Carmen Hermida Cobo,
Pilar Otero Rey,
Libertad Barcia Vilar,
Ana María García Jiménez,
María Cristina García Jiménez,
María garcía Deibe,
Ana Luz Lamas López,
Carmela López barcia,
Carmela Amor Deus,
Concepción García Muro,
Cristina Almeida Castro

In memoriam

Angeles Fernández Dopico,
Manuela Valcarcel Suárez "Mela",
Lucía Aneiros Rodríguez "Lucita",
Carmela Pérez Rodríguez,
Maruja Lista,
Ana María Jiménez Fernandez,
Josefa E. Fernández Dopico "Pepita",
Mari Moiraz Fernandez,
Jesusa Sanjurjo Pazos "Susa",
María del carmen García López "Kika",
Hortensia landeira.

Documental homenaxe ás mulleres do 72, na que supón a primeira concesión colectiva do Galardón do Día Internacional das Mulleres do Concello de Ferrol, que recolle as historias de vida de mulleres que participaron nos históricos e tráxicos episodios de loita pola democracia de marzo do 72. Dándolles o protagonismo que merecen a estas mulleres que con nomes e apelidos, lévase a cabo un proceso de xustiza, visibilización e recuperación da memoria nun documental elaborado por Ángel García e Marta Corral.


https://youtu.be/ZvNM08v6Ul4

Fonte: Canle Oficial do Concello de Ferrol. | Ir a canle. | Ir á Web.
_________________

Un ano máis conmemoramos o 10 de marzo, unha data ligada a Ferrol, para a Historia, e en particular para a Historia do Movemento Obreiro Galego - Manifestacións e actos en Ferrol en 2018

10 de marzo de 1972, en Ferrol - Ilustración de Fernando Ocampo

Un ano máis conmemoramos o 10 de marzo, unha data ligada a Ferrol, para a Historia, e en particular para a Historia do Movemento Obreiro Galego.

Aquel Marzo do 72, os sucesos e o contexto que os redou, deron nome ao Día da Clase Obreira Galega.

Unha parte é memoria histórica, lembrar ás persoas, ás loitas, os obxectivos, ... á ditadura, a loita pola liberdade. E outra parte ligada a loita obreira que despois de 46 anos segue a loita pola polos dereitos laborais, pola redución da xornada laboral, polo salario, contra a represión, contra o traballo pobre, pola calidade de vida, pola vivenda, contra a explotación do Capital, contra o roubo descarado dos bens do pobo... Noutros parámetros, noutras condicións, mais loita obreira e popular.

Periga a liberdade de expresión, diante dun Estado autoritario, o dereito a decidir, a súa defensa e unha práctica política que pretenda desenvolver o dereito á autodeterminación, e os dereitos históricos das nacións do Estado, son perseguidos con prisión incondicional... Mais algo esta-se movendo, sexa o sucedido en Catalunya que o pobo consciente en pé, destapou un nacionalismo español rancio e imperial... camuflado en formalismos democráticos, mentres non se tocaban os privilexios e prebendas do nacionalismo dominante. Sexa a autorganización dun movemento disposto a defender o sistema público de pensións ameazado e en perigo pola aplicación das políticas neoliberais.Un movemento que se está mobilizando. E hai uns días o movemento feminista logrou unha grande mobilización social, só posíbel polo aumento da consciencia política do tecido social, as mulleres pola igualdade, as mulleres contra a violencia, as mulleres contra a pobreza,... as mulleres contra o Patriarcado, un sistema de dominación que se basea en manter a opresión sobre a muller. Estas frontes pode que acaden a forza suficiente, para conquistar as liberdades secuestradas e derrotar as políticas neoliberias da reacción, o IBEX35 e as grandes transnacionais.

Este 10 de Marzo de 2018, o sindicalismo nacionalista, mobilizarase pola contra a pobreza, a precariedade laboral e a defensa do dereitos. No xornal Sermos Galiza, destacaban a descrición da situación que amodsa a CIG,  onde di que  “corremos o perigo da consolidación dunha situación social sen saída, dun empobrecemento xeneralizado e do asentamento, de forma permanente, das novas formas de explotación laboral, das cadeas interminábeis de subcontratación, dos falsos autónomos, de empresas multiservizos, xunto cunha interminábel emigración que, desde o comezo da crise, significou a marcha da Galiza de 153.000 mozos e mozas”.

Os sindicatos estatais, aínda que UGT, non recoñece o "Día da Clase Obreira Galega", participa e destacan o inicio da “ofensiva contra a precariedade laboral”.

Manifestación e Actos da CIG

A CIG, parte en manifestación, ás 12 do mediodía desde a Paza José Couso e a confluencia entre a a avenida de Esteiro e a rúa Eduardo Pondal, percorrendo o centro de Ferrol, rematando no monumento ao 10 de Marzo, onde se realizará unha ofrenda floral.


Manifestación e Actos de CCOO, UGT e Institucionais.

11.00 horas: ofrenda floral no monumento ao Dez de Marzo.

11.30 horas: manifestación desde o monumento até o Cantón.

13.00 horas: entrega dos Premios 10 de Marzo no Auditorio Torrente Ballester. Este ano recaen en Aurelio Ledo, Olga Zurrón e Emilio Pérez Touriño


En Ártabra 21 | 10 de Marzo: O crime foi en Ferrol, ... Por Rafael Pillado. | Este texto corresponde co CAPÍTULO 20º.- do libro “O latexo da vida e da conciencia. Memorias Colectivas de Rafael Pillado", editado por Fuco Buxán A. C. | Ferrol - 2012 | ISBN: 978-84-615-7840-5 | 488 Páxinas. | Ir á Web.

venres, marzo 09, 2018

Xubilacións e sistema sanitario..., por Paula Pérez Santiago


Xubilacións e sistema sanitario. | Os médicos veteranos que se rifa a sanidade privada. | Con máis de 65 anos poñen en valor a súa experiencia e coñecementos.

Por Paula Pérez Santiago [*]
09.03.2018


Practican intervencións cirúrxicas de doce horas, pasan consulta a cincuenta pacientes diarios e non deixan de aprender porque a medicina require unha formación continua. "Non temos data de caducidade", defenden. Desde fai dous anos o Sergas permite aos facultativos aprazar a súa xubilación pero só ata os 67. Douscentos médicos lograron esta prórroga. Outros se levaron "o seu talento e a súa experiencia" á sanidade privada, logo de ser forzados a xubilarse porque cumpriron os 65 antes de 2016, cando aínda non se permitían prórrogas á vida laboral.

Son as catro e media da tarde e Berta Piñó aínda non finalizou a súa xornada de mañá no centro de saúde de Vilagarcía de Arousa onde leva preto de trinta anos traballando de médica de familia. Pola súa consulta pasaron ese día uns cincuenta pacientes. Algúns os coñece ben. Atendeu a familias enteiras, desde os avós aos netos. E pesar da carga de traballo que soporta, non o pensou dúas veces cando en 2016 decidiu aprazar a súa xubilación. "Estou afeita á presión. os meus fillos xa son maiores e toda a miña vida desenvólvese en torno ao traballo. Necesito un motivo para levantarme", relata.

A vocación non morre cos anos. E a experiencia aumenta. "Gústame o que fago, teño coñecementos adquiridos que podo transmitir, estou en condicións de seguir aportando tanto a nivel de formación como de técnicas cirúrxicas e podo operar igual que fai anos", explica Jesús Araújo, que traballa de otorrino no Hospital Álvaro Cunqueiro con 66 anos cumpridos. "É verdade que depende das condicións físicas. Igual dentro dun tempo non estou para estar doce horas no quirófano. Agora sígoo facendo. E cando non poida, poderei aportar outras cousas como formar a outros médicos", apunta.

E si a sanidade pública non quere "aproveitar este capital humano", estes facultativos advirten que nas clínicas e hospitais privados non hai límite de idade. "Rifan-nos porque son profesionais de alta calidade", explica Manuel Martín, que con 66 anos segue traballando de médico de familia en Marín e coñece os casos doutros compañeiros aos que obrigaron a xubilarse forzosamente e terminaron montando a súa propia consulta ou traballando para a sanidade privada. "Desperdician-se a moitos facultativos en plenitude da súa carreira", lamenta.

Berta Piñó, Jesús Araújo e Manuel Martín puideron aprazar o seu retiro porque a Consellería de Sanidade decidiu fai dous anos flexibilizar a xubilación forzosa imposta en 2012 aos 65 anos. Anteriormente os facultativos podían continuar en activo até os 70, pero en plena crise económica as políticas de austeridade obrigaron a adoptar medidas para reducir os persoais das administracións públicas.

Manuel Martín explica que a maior parte dos médicos incorporáronse ao Sergas na década dos setenta e, por esta razón, agora atópanse todos nunha franxa de idade a piques de xubilarse. "Coa obrigación para retirarse aos 65 anos pasáronse de freada. Xerouse un oco tremendo e as plantillas quedaron escuálidas", lamenta.

Produciuse "unha perda de valor do sistema de saúde", en palabras de Jesús Araújo. "Eu levo 41 anos traballando. Teño agora 66 e sígome formando, vou a cursos, congresos, aprendo novas técnicas. É unha pena que todo ese capital se deite pola borda de vez e a moreas", advirte.

Este otorrino, con todo, pode seguir traballando grazas a que cando cumpriu os 65 anos, Sanidade xa abrira de novo a porta a que os facultativos continuasen, polo menos dous anos máis. Agora o Sergas quere ampliar ese límite de idade aos 68 anos.

A súa permanencia en activo, segundo defenden os médicos, axudaría a paliar este déficit de especialistas. Ademais, formar a un médico é un proceso longo. "Os coñecementos tardan moito en adquirirse", explica Araújo. De feito, hai algunhas técnicas que só dominan uns poucos facultativos, moitos deles veteranos.

No caso da medicina familiar, a idade ten outro plus, ademais da experiencia: a confianza cos pacientes. "É fundamental. Cando lles chamas por teléfono, por exemplo, xa che sabes a súa historia, que lle pasa ao fillo, quen é o pai. E a xente maior sobre todo xa se afixo a tí", explica Berta Piñó, que recoñece que a súa posíbel xubilación causa inquietude nalgúns dos seus pacientes. "Preguntan-me a miúdo: pero segues verdade? de momento non che vas?", relata.

Esta médico de familia, que leva traballando desde o franquismo, recoñece que a sanidade mellorou moito pero tralos recortes que houbo durante a crise, "a situación púxose difícil". "Cada vez que me dan as catro da tarde, eu saio ás tres, e aínda sigo no ambulatorio, pregúntome: quen me mandaría pedir a prórroga?", vacila. De feito, recoñece que este ano foi especialmente duro pola epidemia de gripe e reformúlase si pedir outra prórroga para traballar un ano máis.

Manuel Martín, con todo, aínda non ve próxima a data para abandonar o centro de saúde."Eu estou encantado. Vou intentar seguir traballando", explica. En todo caso, estes facultativos, con máis de 65 anos, teñen que pasar anualmente avaliacións de saúde.

"Pero a idade non importa. Hai xente con 60 anos que está queimada e outros con 70 están estupendamente", di Berta Piñó. De momento, a ningún trémelle o pulso e a paixón pola medicina segue intacta.

"Fago operacións de doce horas. Cando non sexa capaz, sempre podo formar a outros"


Con máis de 65 anos néganse a quitarse a bata de médico.

[*Paula Pérez Santiago, é xornalista e redactora do Faro de Vigo. | 03.03.2018 |

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
8 de março de 2018 21:22

________________

Atelier de Origami com Antóm Cortizas esta sexta-feira, 9 de março, na Fundaçom Artábria e o sábado. 10 de março, concerto de Manolo Bacalhau no Dia da Classe Obreira Galega


Atelier de Origami com Antóm Cortizas esta sexta-feira

Nesta sexta-feira, 9 de março,  às 19hs, Antom Cortizas dará continuidade ao atelier de origami para crianças e famílias. A atividade é pensada para crianças a partir dos 5 anos. Precisa-se de inscriçom prévia, a qual é gratuita. Há um límite para 15 crianças. Podes inscrever-te no 671 200 160 (Lara) ou no correiodeartabria@gmail.com.


Concerto de Manolo Bacalhau no Dia da Classe Obreira Galega

No dia 10 de março, Dia da Classe Operária Galega, depois da mobilizaçom da CIG, haverá jamom assado com patacas e pam a  preços populares no Centro Social.

Às 22.30hs, o cantor ferrolano Manolo Bacalhau porá trilha sonora a esta jornada de reivindicaçom proletária e lembrança de março de 1972. O concerto é de graça.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

....

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
8 de março de 2018 16:01
____________

A CIG Informa do Seguimento da Folga en Ferrolterra e As Pontes - 'As galegas estamos situando Galiza no mapa mundial do Paro Internacional de Mulleres' - Vídeo e reportaxen fotográfico

Na Praza Amada Garcia

Seguimento en Ferrolterra

En Ferrol, o paro entre as mulleres que traballan nos estaleiros de Navantia da cidade chega case ao 100%, na planta de Einsa (As Pontes) e Masol Iberia Biofuel. Tamén a metade das traballadoras de Leche Celta (Pontedeume), Indipunt (Narón) e Geriatros Ferrol están secundando esta quenda de paros.

En Navantia Ferrol
N'As Pontes

Rexístrase paro tamén en Arteixo Telecom (As Pontes), na delegación da Xunta e no Concello de Ferrol. E o seguimento nos centros do Consorcio é practicamente do 100%, só están traballando os servizos mínimos e non é difícil ver entre as mulleres nomeadas para estes servizos colantes apoiando a folga.

No Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol - Hospital Arquitecto Marcide

No Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e no conxunto de centros de ensino.

Vídeo resumo de toda Galiza



https://youtu.be/6bC3zoDwD0c

Máis info do seguimento da folga internacional de mulleres en toda Galiza. | Ir á Web.

____________________

Manifestación en Ferrol no 8 de Marzo de 2018, na xornada de Folga Internacional de Mulleres, no Día Internacional da Loita Feminista - Vídeos e Albums de fotos de Navantia, Cantón e Manifestación


Rúas ateigadas, voces acompasada ao ritmo de batukada, varias xeracións de mulleres unidas na reivindicación feminista "Non temos medo"; "Esta é a nosa revolta"; "Feminismo para adiante machismo para atrás"; "Patriarcado e capital alianza criminal". Asi foi un 8 de Marzo histórico na nosa cidade, por numeroso e intenso, as mulleres pararon e se manifestaron, con alegría, con forza, con determinación "Nin unha menos"; "Non son mortas son asasinadas". Así, dun xeito sinxelo e rotundo "Deixa pasar, son feminista e o mundo vou mudar".


https://youtu.be/AM5vZKI0tS0

Enlace aos Álbums Fotográficos, do Grupo de Batukada da MMM de Ferrolterra.

EN NAVANTIA:



NO CANTÓN:



NA MANIFESTACIÓN:



Saúdos feministas

"As mulleres decidimos"

Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres
mmmferrolterra@gmail.com
http://www.feminismo.info
https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza
https://twitter.com/MMMGaliza


Que é a Marcha ?
A Marcha Mundial das Mulleres é un movimento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións orientanse cara un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan aoredor da mundialización das solidaridades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración do liderazgo das mulleres e o fortalecimento das alianzas entre mulleres e cos outros movimentos sociais progresistas.
____________________________
Nota.-

PROVISIONAL ESTA-SE EDITANDO O VÍDEO.

_______________

xoves, marzo 08, 2018

No Día Internacional da Loita Feminista: Na porta do Estaleiro de Navantia Ferrol, na Folga Internacional de Mulleres o 8 de marzo de 2018. Mulleres das auxiliares e da principal - Vídeo e fotos




No Día Internacional da Loita Feminista

Na porta do Estaleiro de Navantia Ferrol, na Folga Internacional de Mulleres o 8 de marzo de 2018. Mulleres das auxiliares e da principal.

Chamamento a Folga de Mulleres: O 8 de Marzo paramos Galiza! - As mulleres da Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres chamamos a secundar na Galiza o paro internacional de mulleres iniciado polas nosas irmás latinoamericanas no 2017 reclamando un mundo sen violencia e o dereito a vivirmos unhas vidas libres nunha sociedade máis xusta.| Máis Info.


https://youtu.be/Glpd8fWIojo


"8 de marzo, paralo todo. A primeira greve xeral internacional de mulleres, una convocatoria que se produce en 177 países e que nestas semanas deu pé en Galiza a todo un fervedoiro de actos, iniciativas, debates, encontros… que tiveron o seu culmen na multitudinaria manifestación do 4 de mazo en Vigo. A iniciativa vénse fraguando desde comezos de 2017 e está relacionada co paro mundial das mulleres impulsado desde Arxentina e secundado en máis de 70 estados o pasado 8 de Marzo baixo a consigna: “Querémonos vivas!”. A greve tamén está inspirada nunha iniciativa que houbo en Islandia en 1975 e que parou ese país ao ser secundada por 90% das mulleres".

"O obxectivo desta greve xeral do 8M é evidenciar que, sen mulleres, o país para e denunciar a violencia machista e o sistema patriarcal, presente en todos os ámbitos da vida. Poñer de relevo a explotación que sofre a muller pola súa condición de tal ao tempo que se dá un paso para xerar unha alternativa feminista. A greve vai ter catro vertentes: laboral, de coidados, de consumo e estudantil".

[+ Info no Sermos Galicia - Minuto a minuto...]

---
Edita Colectivo Ártabra 21

artabra21@gmail.com

https://artabra21.blogspot.com.es/

|||||||||||||

O cárcere de fondo - Como me doe a alma: choro por unha muller,... Por Xaquín Campo Freire - 'Ninguén a quería e decidiu acabar', dixo con moita pena unha compañeira.


Por Xaquín Campo Freire [*]
08.03.2018


Como me doe a alma: choro por unha muller. | Si. Dóeme a alma. Podía ser miña bisneta. Recorrín os cen kilómetros de Teixeiro a Ferrol nun continuo salouco. E estou escribindo e chorando. Que triste morrer no cárcere. “Ninguén a quería e decidiu acabar”, dixo con moita pena unha compañeira.

E porén foi ela quen hai un mes consolou ao seu compañeiro no desamparo cando lle chegou a noticia de que había tres días que un irmán del finara nunha estrada de Madrid.

La cárcel, la fábrica del llanto y el telar de las lágrimas”. Maldigo a cantos se lles enche a boca dicindo “Que apodrezan no cárcere”. Política de baixa taberna ou mesmo de alta alcurnia, mentres non lles toque a eles. Nunca entraches nese lugar. Pois non fales. E non me refiro ao edificio. Estou a falar da soidade.

O cárcere consiste nun único día que se repite teimudamente 365 rutineiras veces cada ano, multiplicado polos anos de cadea. Que pouco saben de humanidade os que piden cadea perpetua revisábel. Que doado é falar desde un diván quentiño arranxando o mundo, a ver quen di a palabra máis forte. Que lles corten a cabeza, diría a Reina de Corazóns. Que cómodas as cadeiras dos Parlamentos!

8 DE MARZO DE 2018. Vaia trofeo! Outra mociña sae cos pés para adiante. A súa vida foi triste. Nai moi nova e logo abusada en grupo. E quítanlle o fillo.

Que saberedes os que salvades o mundo a golpes de Código Penal? Os códigos penais non salvan a ninguén nin arranxan ningún problema. Só satisfán odios vindicativos e a cantos queren sangue de pobres. Porque non nos enganemos. No cárcere só están os pobres. Porque un rico ou estudado no cárcere non ten a mesma penalidade. Lean o libro de D. Mario Conde. 

Por que o art. 25, § 2 da Constitución nunca se desenvolveu? Para que todo o da reinserción, rehabilitación e resocialización constituíse unha letra morta.

Querida María, (un nome universal), tocaches o meu corazón de voluntario no cárcere. Hai tres anos fixen un mestrado de Pastoral Penitenciaria. A tesiña foi: “Aprendendo a acompañar soidades no cárcere”. Hoxe teño unha sensación de grande tristeza. Parodiando a Bécquer: Dios mío, que solos se quedan los presos! Na prisión todo o mundo padece soidade. Os funcionarios tamén.

O cárcere é a grande solución para todo. Coma o basureiro de Meirama. O lixo que xeramos na chamada civilización vai todo para alá, para lonxe, e non importa como se trate.

Pero estes son seres humanos. Unha altísima porcentaxe son psiquiátricos, neuróticos, psicóticos, etc. Dá igual. O importante é sacalos de diante e que podrezan alí. Temos unha grande necrofilia apegada a alma colectiva.

Teño que dicirche adeus, amiga. Hoxe tocoume celebrar misa aí onde ti finaches. Xa quixeramos nas parroquias vivirmos tan intensamente estas celebracións. Ti e a túa familia, os teus nenos, enchestes de tenrura unha fe profundamente encarnada na realidade da vida.

Esa si que é Semana Santa sen trampas nin capuchóns. E a fe non navega a golpes de reportaxes declaradas de interese turístico pola Xunta de Galiza.

Queridos todos, os dos centros penitenciarios do mundo, agradezo que de vez en cando me devolvades humanidade e non poida remedialo. Como me doe a alma hoxe: estou chorando por una muller.

[*] Xaquín Campo Freire [Xaquín da Roca],  Narón 1937, é un relixioso galeguista. Graduado social, ATS pola Universidade de Santiago de Compostela, a diplomatura en Xerontoloxía Social pola Universidade Complutense de Madrid e é licenciado en Teoloxía Pastoral Sanitaria, pola Universidade Camillianum de Roma dende 2005. É membro do consello de redacción da revista Encrucillada así como membro ordinario da AELG. Traballou de enfermeiro no PAC de Fene e de capelán de Residencia de Anciáns. Na actualidade é director do Centro de Acompañamento e Relación de Axuda e da Escola de Saúde e Centro de Escoita Activa Mons. Araúxo.
_____________

O semanario Sermos Galiza publica en aberto un especial con motivo do 'Día Internacional da Loita Feminista', nun contexto de Folga Internacional de Mulleres - Caderno 'A Fondo' especial 8M


O Sermos Galiza 287 chega esta quinta feira aos quiosques cun A FONDO especial, de 16 páxinas, sobre o Día Internacional da Muller Traballadora. Faino coincidindo co histórico paro de mulleres que terá lugar mañá, 8 de marzo. O caderno xa está dispoñíbel para a súa descarga nesta ligazón.

Aínda que o semanario mantén unha inquebrantábel defensa coa perspectiva de xénero en cada un dos seus números, con motivo do 8 de marzo incorpora un caderno que aborda o Día da Muller desde diferentes olladas.

Marga Corral, secretaria das mulleres da CIG, expón na peza “8 de marzo, mulleres en folga”, a importancia da greve e o traballo que levou o sindicato nacionalista aos centros de traballo para divulgar as razóns do paro.

Lola Ferreiro, doutora en Medicina e profesora no IES Lamas de Abade de Santiago, pon de manifesto os logros e avances acadados polo feminismo para as mulleres no artigo “Feminismo imprescindíbel”, mentres que Iria Figueroa, secretaria de Organización de Erguer, recolle as reivindicacións das estudantes con motivo da greve no ensino.

En “Eu por elas, nai, elas por min”, Luz Darriba, artista disciplinar e colaboradora no semanario Sermos Galiza e no dixital sermosgaliza.gal, aborda a cuarta onda do feminismo e explica a greve como un convite para demostrarlle ao mundo que non pode funcionar sen mulleres.

Carme Adán, catedrática de Filosofía e profesora no IES Politécnico de Vigo, mergúllase na igualdade no ensino e na xerarquía que se reproduce na meirande parte dos centros de ensino do país, en que as mulleres fican lonxe dos postos de dirección.

En “Figuras inspiradoras”, a doutora en Filosofía e profesora no IES Urbano Lugrís da Coruña, África López Souto, lévanos a coñecer e recoñecer a relevancia de nomes femininos que ficaron invisibilizados na historia da Galiza.

O especial remata cunha información da xornalista Flavia Carou en relación á multitudinaria manifestación decorrida o 4 de marzo en Vigo.


[Podes descargar nesta ligazón o caderno A FONDO especial do 8M de balde]

Fonte: M. Obelleiro | 7 Marzo 2018 19:46 h. | Sermos Galiza. | http://www.sermosgaliza.gal/
_________________