luns, marzo 26, 2018

En Ferrol como noutras cidades e vilas da Galiza, tivo lugar unha concentración en solidariedade con Catalunya baixo o lema Democracia e Liberdade


En Ferrol como noutras cidades e vilas da Galiza, tivo lugar unha concentración en solidariedade con Catalunya, pola democracia e a liberdade dos presos políticos. Ante a onda represiva que percorre Catalunya e a detención do President Carles Puigdemont, nunha clara situación de involución democrática propiciada polo réxime monárquico e corrupto. A mobilización social e a resposta política, son fundamental nestes momentos no que nos xogamos a liberdade, nun momento no que o réxime amosase unido, mesmo con amplos sectores da xudicatura, todo acorde cos intereses do IBEX35 e o mais rancio do nacionalismo español. Non só co secuestro da autonomía coa aplicación do 155, senón, impedindo co apoio xudicial a constitución dun goberno da generaritat e como colofón a detención por orde do maxistrado Llaneras a prisión da metade das perdoas que formaron parte do anterior goberno da generalitat.

A chuvia non impediu que se amosara na nosa cidade a solidariedade coa presencia de sindicalistas, representantes institucionais, xente da cultura e do movemento social... como o ex alcalde de Ferrol Xaime Bello Costa; o actual alcalde Jorge Suárez; o alcalde de San Sadurniño Secundino Garcia Casal; o secretario comarcal da CIG, Manel Grandal; os membros de Fuco Buxán AC, Rafael Pillado Lista e Manuel Angel Rodríguez Carballeira;...  Que non nos poda a indiferenza, que o silencio non se apodere das forzas transformadoras e democráticas...


Nova relacionada en Ártabra 21:
Vulneración de liberdades cívicas e debilitamento da democracia - Novas detencións de cargos electos en Catalunya - Carta de despedida da parlamentaria catalá Marta Robira, que deixa testemuña da situación de vulneración de dereitos que se está a dar no Estado Español, e da actuación da Xustiza ao ditado dos intereses políticos. | Ir á Web.

Manifesto Basta Xa!

Como galegas e galegos, que sabemos moito de humillacións e de falta de respecto á nosa dignidade como pobo, manifestamos a nosa repulsa pola forma en que o Estado español está a tratar o pobo catalán, as súas institucións democráticas e os seus e as súas lexítimas representantes políticas. | Ir á Web.

Galiza con Catalunya

A situación política en Catalunya é de máxima excepcionalidade. A suspensión da autonomía por parte do Estado e o uso da forza e da coerción física para impedir a inevitábel declaración de independencia do pobo catalán pairan no ar. Mais xa non só como posibilidades remotas ou certas, senón como ameazas constantes dun rexime decrépito e entolecido que chama "referendum ilegal" á democracia e "desafío secesionista" ao dereito de autodeterminación. | Ir á Web.
____________

sábado, marzo 24, 2018

Homenagem a Carvalho Calero no sábado 24 de março


Homenagem a Carvalho Calero no sábado 24 de março


Sábado 24de março, às 12hs, decorrerá a homenagem ao ilustre ferrolano Ricardo Carvalho Calero, no XXVIII aniversário do seu pasamento.

Ao pé das ruínas da sua casa natal, haverá poesia com Loreto de Castro e Lam Couce, a intervençom de Vitor Santalha em representaçom da nossa entidade e umha oferta floral.

Posteriormente, no nosso Centro Social, haverá umha sessom vermute com o concerto de Xoan Padim e Alberte L. Porta, que musicarám diversos poemas de Carvalho Calero.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

....

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.

Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
20 de março de 2018 16:26

____________________

venres, marzo 23, 2018

Vulneración de liberdades cívicas e debilitamento da democrácia - Novas detencións de cargos eleitos en Catalunya - Carta de despedida da parlamentaria catalana Marta Robira, que deixa testemuña da situación de vulneración de dereitos que se está a dar no Estado Español, e da actuación da Xustiza ao ditado dos intereses políticos


Milleiros de persoas sairon hoxe ás rúas de Catalunya para formar un clamor pola liberdade dos presos políticos, no día no que o juiz español Pablo Llerena, asinaba o auto de prisión contra varios representantes electos do pobo catalán, entre eles, Jordi Turull, que ía ser investido presidente de Catalunya este sábado por maioría simple no Parlamento Catalán. A parlamentaria Marta Rovira decidía non presentarse ante o xuiz do Tribunal Supremo e marchar ao exilio en Suíza.

No auto, publicado xusto o día no que a Comisión de Dereitos Humanos da ONU, instaba ao Estado Español a garantir os dereitos políticos dos cargos electos do parlamento catalán que levan meses en prisión, o xuíz Llarena o cesaba por un delito de sedición a 13 políticos cataláns, con unha petición de 30 anos de cárcere. É o caso dos líderes sociais de l'ANC i Òmnium, Jordi Sànchez e Jordi Cuixart, o mesmo que a Marta Rovira e á  expresidenta do Parlament, Carme Forcadell.

Tamén polo delito de rebelión e malversación de fondos públicos con peticións de 8 anos de cárcere procesa a Carles Puigdemont, Oriol Junqueras, Joaquim Forn, Jordi Turull, Raül Romeva, Antoni Comín, Clara Ponsatí e Josep Rull, ordenando o seu ingreso en prisión, e ordes de detención internacional no caso das persoas que optaron polo exilio.

Por desobediencia e malversación procesa a Meritxell Borràs, Lluís Puig, Carles Mundó, Santi Vila e Meritxell Serret. E tamén por un delito de desobediencia procesa a toda a Mesa do exparlamento Lluís Corominas, Lluís Guinó, Anna Simó, Ramona Barrufet e Joan Josep Nuet, e o mesmo fai cos ex-deputados e deputadas da CUP Anna Gabriel e Mireia Boya.

A continuación a carta de despedida da parlamentaria catalana Marta Robira, que deixa testemuña da situación de vulneración de dereitos que se está a dar no Estado Español, e da actuación da Xustiza ao ditado dos intereses políticos.


 Hoxe emprendo un duro camiño, que desgraciadamente, tantos outros que me precederon tiveron que coller. O camiño do exilio.

Non podo ocultar a tristura que sinto ao afastarme de tanta xente que quero,que quero moito. De tantas loitas compartidas ao longo de tantos anos con persoas que lles move un único obxectivo: cambiar a sociedade na que viven. Facela máis xusta. Persoas dignas. Deixar de ver as paisaxes que me rodearon desde a Infancia, de pasear polas cidades onde vivín...

Sinto tristeza, pero muito mais triste sería viver silenciada interiormente. Sentir a miña liberdade de expresión censurada por uns tribunais que intimidan e que aplican, descaradamente, criterios políticos. Cada día, cada hora sentía a miña liberdade limitada por ameazas xudiciais arbitrarias. Non me sentía libre. Non me recoñecía. Estas últimas semanas vivín dentro dunha prisión interna.

O exilio será un camiño duro, pero é a única forma que teño de recuperar a miña voz politiza. É a única forma que teño de alzarme contra o Goberno do PP, que persegue todo o que está a favor de votar, e que castiga calquera que intente cambiar o preestablecido e o establecido. Un Goberno que está disposto a saltarse o estado de dereito e as liberdades civís para conseguir os seus fins políticos.

Teño unha filla, Agnès. As nais saben como a quero. E como de forte é o sentimento de darlle todo o que lle poda dar. O exilio permitirame facer de nai, e o merece. Moito.

Vouvos dicir unha última cousa. Non deixedes que o rancor se apodere de vós. A análise dunha realidade antidemocrática e profundamente inxusta, non pode dar nada para o resentimento. Contra ninguén. Contra nada. Só desde o respecto e o amor cara a todos os cidadáns e todas as opinións iremos cara cambios radicais e profundos. Só desde o traballo conxunto conseguiremos a República para todos.

Tal e como di Oriol Junqueras, “nestes días que virán, manteñámonos fortes e unidos. Transformando a indignación en coraxe e perseveranza. A raina en amor. Pensen sempre nos outros. No que temos que mudar. Perseverade, porque eu perseverarei. Grazas polo voso apoio. Quérovos”. E iso é o que faremos, Oriol.

Escríbovos, agora si, con sinceridade e liberdade. E é tal como o poderei facer desde agora como secretaria xeral de ERC, un partido que quero, que deu tanto ao país e que aínda vai dar moito máis.
Viva a liberdade, a xustiza, a igualdade e a fraternidade, Viva unha República catalana para todos!

Marta Rovira

Secretaria Xeral de Esquerda Republicana
______________

Sam Martinho´s Day, na Fundaçom Artábria na Sexta-feira 23 23 de março - A jornada lúdico-reivindicativa dará início às 20.30hs com umha palestra ministrada polo Alexandre Peres Vigo, que levará por título 'Reino dos Suevos da Galiza: o primeiro Estado europeu' - A festa continuará com o concerto de 'O puto coro do Exército Froilanista' - E mais...


Sexta-feira 23, por quarto ano consecutivo, celebramos desde as 20.30hs o Sam Martinhos´s Day.


A jornada lúdico-reivindicativa dará início às 20.30hs com umha palestra ministrada polo Alexandre Peres Vigo, que levará por título "Reino dos Suevos da Galiza: o primeiro Estado europeu".

A festa continuará com o concerto de "O puto coro do Exército Froilanista". Mais um ano, haverá cerveja artesanal e "suevitos quentes". Será às 22.30hs e a entrada é de graça.

Como sabedes nos últimos anos estendeu-se por todo o mundo, ajudada polo interesse comercial dumha conhecida marca de cerveja, a celebraçom irlandesa de Sam Patrício. Pois bem, a casualidade favoreceu que exista um forte paralelismo entre a vida do santo padroeiro da Irlanda e um outro santo que, embora bastante desconhecido, tivo umha importáncia na História Galega, Sam Martinho de Dume. Sam Patrício foi o evangelizador da Irlanda, lá polo século V da nossa era, e Sam Martinho cumpriu um papel semelhante na Galiza do século VI, o que lhe permitiu passar à história coma o apóstolo dos e das suevas. Curiosamente, as datas em que se comemoram as festividades de ambos santos están muito próximas no calendário, 17 e 20 de março respetivamente.

A proposta é aproveitar a vontade de festa do pessoal e, já que vamos celebrar Sam Patrício, aproveitemos para celebrar também a nossa suevicidade.

E nom, nom pensedes que na Fundaçom Artábria deixamos de ser laic@s, nom. A ideia é celebrar e reivindicar a suevicidade, nom ao Sam Martinho em si. De facto, um dos contributos fundamentais do bispo de Dume foi a redaçom dum texto conhecido como o "De correctione rusticorum", onde se indicavam e condenavam muitos dos costumes pouco cristaos que @s nossas antepassadas praticavam. Costumes que vos animamos encarecidamente a recuperar, porque, assim entre nós, Sam Martinho era um pouco reaça.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!

....

A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
20 de março de 2018 16:22

___________

Camiñando cara á III República, acto no Ateneo Ferrolán, o 9 de abril - O 23F como factor político que consolida a monarquía, polo Profesor e Historiador Enrique Barrera, baseado nunha tese do profesor Roberto Muñoz Bolaños


Abril 9 : Acto "Camiñando cara á III República"

Organizado por: Ateneo Ferrolán, ASC López Bouza, A.C. Memoria Histórica Democrática.

CAMIÑANDO CARA A III REPÚBLICA

O 23 F como factor político que consolida a Monarquía

Charla-Coloquio

Lúns, 9 de abril de 2018, ás 19,30 hs.

Salón de Actos do ATENEO FERROLÁN

Introdución do Profesor e Historiador Enrique Barrera, baseándose na Tese Doctoral presentada recentemente, na Universidade Complutense, polo Profesor Roberto Muñoz Bolaños, calificada con sobresainte e publicada co título: “23 F. Los Golpes de Estado”.

Presentación acompañada de diapositivas.

--
Visita as nosas páxinas web:
www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook:Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
23 de março de 2018 13:58

________________

Lídia Senra insta ao Estado español a abolir a dispersión penitenciaria, como recomenda o Parlamento Europeo - Accede por primeira vez ao interior dun cárcere, acreditada como eurodeputada, para visitar a unha galega interna no penal de León - Pídelle á CE que medie para que se respecten os dereitos humanos e pregunta cantas persoas hai en prisións alonxadas do seu domicilio


Lídia Senra insta ao Estado español a abolir a dispersión penitenciaria, como recomenda o Parlamento Europeo. | Accede por primeira vez ao interior dun cárcere, acreditada como eurodeputada, para visitar a unha galega interna no penal de León. | Pídelle á CE que medie para que se respecten os dereitos humanos e pregunta cantas persoas hai en prisións alonxadas do seu domicilio.


A eurodeputada galega Lídia Senra insta ao Estado español a abolir dunha vez por todas as políticas de dispersión penitenciaria e a facer caso canto antes da Resolución do Parlamento Europeo sobre condicións e sistemas penitenciarios aprobada a finais do ano pasado polo pleno da Eurocámara. Dito texto di no seu artigo 29, recollendo a emenda realizada meses antes por Senra á proposta inicial de resolución, que “condena a política penitenciaria de alonxamento que aplican algúns Estados membros xa que constitúe un castigo engadido para as familias dos reclusos e reclusas” e “insta a elaborar medidas que permitan o achegamento de todos os reclusos e reclusas que estean lonxe dos seus fogares”.

Seguindo estas recomendacións aprobadas, a europarlamentaria galega remitiu hoxe mesmo unha carta dirixida á Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias, dependente do Ministerio do Interior, na que pide ser informada sobre o número de persoas galegas que a día de hoxe cumpren condena nunha prisión que está fora da Galiza. Tamén pide coñecer o número de prazas de internos e internas que hai nas prisións galegas e cantas persoas están presas en cárceres galegos sendo de fóra. “Gustaríame saber que é o que leva ao Estado español a ensañarse de semellante maneira coas familias dos reclusos e reclusas e a obrigalas a ter que desprazarse todas as semanas centos de quilómetros para poder facer as visitas, co gasto a maiores e a perigosidade que iso supón. Estou segura de que na Galiza hai espazo suficiente para albergar a todas as persoas galegas que por orde xudicial permanecen presas. Por que non se reordena o sistema penitenciario de forma que cada persoa cumpra condena no centro máis próximo ao seu fogar? Non existe razón obxectiva para non facelo!”, dixo.


Lídia Senra experimentou de forma directa a pasada fin de semana o que significa a dispersión penitenciaria, xa que por primeira vez, o venres pasado realizou unha visita a dentro dun cárcere, autorizada polo Miniterio de Interior a acceder en calidade de eurodeputada. Concretamente, Senra visitou a María Osorio, unha moza galega que está presa no centro penitenciario de León, en Mansilla de las Mulas. Até alí viaxou en coche, desde Santiago de Compostela, percorrendo 400 quilómetros ida e outros 400 quilómetros volta, é dicir, 8 horas conducindo, con tramos nos que había neve e dificultades para a boa circulación. Esta situación, incluso con percorridos maiores, teñen que vivila as familias e amizades que van visitar aos presos e presas alonxados todas as semanas. Cando as visitas son por locutorio, non lles permiten estar dentro máis de 40 minutos. "É unha crueldade sometelas a facer semellante traxecto de distancia”, denunciou.

Ademais da carta enviada hoxe ao Ministerio de Interior, a europarlamentaria rexistrou tamén hoxe unha nova pregunta por escrito dirixida á Comisión Europea, na que insta ao organismo comunitario a mediar para que se respecten os dereitos humanos e lle pregunta se ten constancia das persoas que hai sometidas a dispersión penitenciaria no Estado español. “Segundo o Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos, recluír a unha persoa nun cárcere situado tan lonxe da súa familia que as visitas dos familiares sexan moi difíciles ou incluso imposibles pode constituír unha violación do artigo 8 do Convencio Europeo dos Dereitos Humanos. Creo que as políticas que aplica o Estado español en moitos casos de galegos e galegas que como María Osorio están lonxe da súa terra son unha claro exemplo de vulneración do dereito internacional”, defende Senra, e pide rematar xa con estas prácticas, así como coa invisibilidade destas situacións e de todos os problemas e vulneracións de dereitos que padecen as persoas presas.

No que vai de lexislatura, Senra ten presentado a maiores da de hoxe, nove preguntas escritas á CE denunciando diferentes aspectos e casos de violacións dos dereitos humanos nas prisións do Estado. Así, ten denunciado ademais das políticas de dispersión, o réxime FIES no que catalogan por exemplo aos presos e presas independentistas, o abuso da permanencia obrigatoria en módulos de illamento, malos tratos acontecidos no penal de Teixeiro e tamén en León e en Dueñas (Palencia), dificultades para acceder a visitas na Lama, etc[*].

Santiago, 22 de marzo de 2018. 

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861, lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/  |     https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.

[*] Relación de preguntas
  

[1] Pregunta rexistrada o 24 de xaneiro do 2018 sobre torturas e malos tratos continuos na prisión de Teixeiro: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2018-000385+0+DOC+XML+V0//PT

- Pregunta rexistrada o 30 de novembro do 2017 sobre dificultades da Asociación Concepción Arenal para poder visitar a presos e presas por locutorio: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2017-007393+0+DOC+XML+V0//PT

- Pregunta rexistrada o 28 de xuño do 2017 sobre violación dos dereitos do galego Adrián Mosquera Pazos no penal de León: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2017-004300+0+DOC+XML+V0//PT

- Pregunta rexistrada o 30 de setembro do 2016 sobre boas prácticas e supervisión de detención nos Estados membros: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-%2f%2fEP%2f%2fTEXT%2bWQ%2bE-2016-007388%2b0%2bDOC%2bXML%2bV0%2f%2fES&language=ES

- Pregunta rexistrada o 7 de xuño do 2016 sobre dispersión penitencaria aplicada a independentistas galegos no Estado español: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2016-004688+0+DOC+XML+V0//PT

- Pregunta rexistrada o 7 de xuño do 2016 sobre a situación na que se atopaba o preso galego Raúl Agulleiro Cartoy en réxime de illamento no penal de Estremera: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-%2f%2fEP%2f%2fTEXT%2bWQ%2bE-2016-004687%2b0%2bDOC%2bXML%2bV0%2f%2fES&language=ES

- Pregunta rexistrada o 7 de xuño do 2016 sobre o réxime FIES no Estado español: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-%2f%2fEP%2f%2fTEXT%2bWQ%2bE-2016-004686%2b0%2bDOC%2bXML%2bV0%2f%2fES&language=ES

- Pregunta rexistrada o 30 de maio do 2016 sobre torturas e malos tratos no centro penitenciario galego de Teixeiro: http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-%2f%2fEP%2f%2fTEXT%2bWQ%2bE-2016-004302%2b0%2bDOC%2bXML%2bV0%2f%2fES&language=ES

- Pregunta rexistrada o 11 de xuño do 2015 sobre a situación dun preso galego vítima de malos tratos na prisión de Dueñas (Palencia): http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2015-009457+0+DOC+XML+V0//PT


Enviado por:
AGEe Europa
-ageeneuropa@gmail.com-
22 de março de 2018 13:30

________________

André Abeledo cumpre có seu compromiso de xestionar a visita do Cónsul de Cuba Antonio Solana Fernández, ao Concello de Narón que o visitará o vindeiro 3 de abril


O Cónsul de Cuba visitará Narón o 3 de Abril.


André Abeledo cumpre có seu compromiso de xestionar a visita do Cónsul de Cuba  Antonio Solana Fernández. Para por unha banda o Cónsul poida coñecer a nova Alcaldesa Marian Ferreiro, e sobre todo para continuar a estreitar os lazos entre Narón e Cuba nos eidos cultural e económico, así como para concretar o traballo xa iniciado na anterior visita oficial do Cónsul a Narón.        

Así mesmo Abeledo rexistrou unha moción para reafirmar o compromiso do concello de Narón co pobo cubano e polo fin do ilegal bloqueo a Cuba.        

A Moción de EU Narón será debatida no Pleno deste mes de Marzo.        

Na Moción EU Narón solicita a reafirmación do compromiso solidario do Concello de Narón polo FIN DO BLOQUEO A CUBA e en contra das políticas de agresión e inxerencia da nova administración norteamericana presidida por Donald Trump.        

Abeledo entende nova administración norteamericana de Trump esta desfacendo e desandado o camiño andado polo presidente Obama e relación a Cuba, unha política de involución, de ameaza e agresión contra o pobo cubano que debe ser denunciada e rexeitada.        

Lembremos que o Pleno de Narón aprobou unha Moción polo fin do Bloqueo a Cuba que en vista da nova situación entendemos que debe ser reafirmada en apoio ao pobo cubano e contra a agresión imperialista dos EEUU que unha vez máis actúa como amo e xendarme do mundo desoíndo as resolucións internacionais contra o ilegal bloqueo, e tomando mediadas unilaterais de agresión contra Cuba a nivel económico e político que tentan desestabilizar a un país soberano e crear un clima de desabastecemento por medio de un bloqueo ilegal.

Tamén lembremos que Galicia foi a primeira comunidade que pediu formalmente o fin de bloqueo económico a Cuba.        

O fixo cunha declaración institucional que foi lida polo presidente do Parlamento, Miguel Santalices.        

A Cámara galega entendeu que se trata dunha "expresión contundente" en favor do fin do embargo, o que a comunidade galega se quérese sumar para mostrar o seu "compromiso e proximidade polos vínculos fraternais" que nos unen a Cuba.

Desde Esquerda Unida de Narón queremos engadir que este embargo ilegal e polo tanto criminal levado acabo por EEUU durante décadas ten que rematar canto antes por varios motivos.

Porque todos os organismos internacionais así o esixen, é un embargo inxustificable que nin sequera sufriu Vietnam a pesar de que alí morreron miles de Norteamericanos nunha desas moitas guerras para impoñer os pobos os designios de Wassintong, tamén porque a desculpa de defender a liberdade non é crible cando ven dun goberno amigo de brutais ditaduras como a de Arabia Saudí que decapita a persoas nas rúas, lapida mulleres, e aforca a disidentes nas prazas publicas, ou gobernos como o da monarquía sátrapa de Marrocos que desoe as resolucións internacionais e nega o dereito de autodeterminación o pobo saharauí mentres o tortura, resolucións internacionais que tamén desoe o único pais do mundo que ademais de EEUU apoia que continúe o embargo a Cuba, Israel que continua masacrando o pobo palestino con total impunidade.

A Resolución 69/5 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, titulada “Necesidade de poñer fin ao bloqueo económico, comercial e financeiro imposto polos Estados Unidos de América contra Cuba”, concluíu con 191 países a favor da Resolución e dous en contra: Estados Unidos e Israel, sen ningunha abstención.        


As medidas promulgadas ata o momento pola Casa Branca deron mostras do seu limitado alcance e o moito que aínda se pode facer para modificar substancialmente a aplicación do bloqueo.

Actualmente esta inxusta política continúa afectando a  todas as áreas da vida económica, social e cultural do pobo cubano restrinxindo as posibilidades económicas de Cuba e lastrando o seu futuro.

O seu carácter extraterritorial, mostra como esta política viola con total impunidade o Dereito Internacional e en particular o principio de igualdade  soberana dos Estados consagrado na Carta das Nacións Unidas.

No seo da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, durante 23 oportunidades consecutivas, unha case unánime maioría de Estados recoñeceu o bloqueo contra Cuba como unha política absurda, ilegal e moralmente insostíbel.

A visita do Presidente, Barak Obama a Cuba supuxo no seu momento un pulo para as relacións diplomáticas entre ambos países, co fin de levantar o embargo.

Un pulo cara adiante que agora retrocede a pasos axigantados pola visión do mundo de Donald Trump, que considera ao resto dos países como simples patios traseiros e servos de EE.UU.

Por todos estes motivos, polos lazos que unen o pobo galego co pobo cubano, por xustiza, e tamén en apoio a declaración institucional aprobada pola Xunta de Galicia pedimos o voto favorable a esta moción que esixe o fin do bloqueo a Cuba e tamén denunciamos a política agresiva da nova norteamericana en mans de Donald Trump, un presidente que xa amosou o seu desprezo aos países sudamericanos con declaracións insultantes e inadmisibles e que practica unha política de inxerencia que pon en serio perigo a paz mundial.

Narón, 21 de marzo, de 2018

GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
21 de março de 2018 13:27
_____________________

xoves, marzo 22, 2018

No Día Mundial da Auga a Plataforma quere lembrar e recoñecer este 2018 aos autores do documentario 'Trileros del Agua ?', pola súa contribución á loita pola defensa da auga e o saneamento como Dereito Humano e contra quen quere facer deste dereito un negocio


A Plataforma, no Día Mundial da Auga, quere lembrar e recoñecer este 2018 aos autores do documentario Trileros del Agua ?, pola súa contribución á loita pola defensa da auga e o saneamento como Dereito Humano e contra quen quere facer deste dereito un negocio. En concreto a Ricardo Gamaza [*] (Guión e dirección) e a toda a equipa que fixeron posíbel este interesante documental de investigación xornalística sobre a privatización da auga no Estado Español e por último á realización do proxecto, Ecoperiodismo, unha equipa multidisciplinar de comunicación, especializados no medio ambiente e desenvolvemento rural.

Trileiros da auga?

Cortes de auga, facturas imposibles, despedimentos, vertidos contaminantes... Son só algunhas das consecuencias da privatización do auga nalgunhas cidades. Neste documental percorremos a provincia de Cádiz, a máis castigada polo paro de España, para revelar a trama do auga das empresas privadas cos políticos que lles deron as 'chaves' do auga das súas cidades a estas multinacionais. O primeiro documental xornalístico de investigación sobre as privatizaciones do auga, un asunto que as grandes multinacionais evitan que salga nos medios de comunicación e que Ecoperiodismo revela por primeira vez.

Trailer do documentario Trileiros da Auga ?


https://vimeo.com/ecoperiodismo/trilerosdelagua

Algúns dos contidos do documentario.

Quen é dono do auga en España? | As grandes multinacionais argumentan que teñen unha presenza case residual no mapa da xestión do auga nacional. Pero é mentira. Nesta animación desvelámolo baseándonos no informe independeiente da Universidade de Granada. É un dos contidos do documental Trileiros da Auga? | Ir ao vídeo.

Afogados en facturas. | Pilar está ahogada en facturas. La empresa privada le ha cortado el agua por negarse a pagar recibos que no coinciden con su consumo. Reclamar al Ayuntamiento o a la empresa privada no le ha servido para nada. Está condenada a pagar si quiere tener agua para ella y su hijo aunque el agua sea un derecho humano (declarado como tal por la ONU en 2010). Es una de las historias del documental de investigación periodística ¿Trileros del Agua? | Ir áo vídeo.

Así fan a maquillaxe litoral. Cando non é tempada de verán, a area da praia de Sanlúcar de Barrameda cóbrese de papel higiénico, comprimidas e ata ratas mortas. A empresa privada encargada de depurar as augas fecales antes de vertelas ao Guadalquivir incumple a normativa. Pero non pasa nada porque cando chega o verán, o Concello local bótalle unha man para que os turistas non se dean conta de nada. Cóntannolo desde a plataforma cidadá Auga Clara para o documental Trileiros do Auga? | Ir ao vídeo.

Imaxe ou enxeñería empresarial? | As empresas que controlan a auga en España son grandes enmarañados que crean toda unha enxeñería societaria. Para que o fan? É unha cuestión de imaxe como queren facer ver? Ou é outra cousa? No documental de investigación xornalística Trileiros do Auga? revelamos o entramado da que fose Aquagest en España. | | Ir ao vídeo.

[*] Ricardo Gamaza, xornalista ambiental e director de documentales. Premio Andalucía de Comunicación Ambiental 2017. | Con máis de 25 anos de profesión, é na actualidade uno dos comunicadores ambientais máis galardonados de España con premios como o Dragona Iberia da Fundación Nova Cultura do Auga, o Premio Nacional Panda de WWF ou o Premio Doñana Sostenible, entre outros. | É o director de Ecoperiodismo, a única productora andaluza especializada no medio ambiente e agricultura e escribe un dos blogs de investigación sobre ecología con máis seguidores de España.

Web oficial  do documentario Trilieros da Auga ?
https://www.trilerosdelagua.com/

Web oficial de EcoPeriodismo.
http://ecoperiodismo.es/


PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego | Lupe Ces |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es

_____________

mércores, marzo 21, 2018

Breve nota de Urxencia da Plataforma ante a reacción do Alcalde de Ferrol diante da nosa denuncia en sede xudicial


Breve nota de Urxencia

A PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS POLA REMUNICIPALIZACIÓN, ANTE A REACCIÓN DO ALCALDE DE FERROL E O SEU GOBERNO MUNICIPAL, EN ROLDA DE PRENSA E A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS, EN RESPOSTA Á NOSA DENUNCIA ANTE O XULGADO DE FERROL QUERE MANIFESTAR:

Que non imos a entrar nos intentos de descalificacións persoais lamentábeis e inxustas que dedicou o Alcalde a varias das persoas que forman parte desta Plataforma.

Que na nosa denuncia non hai ningún ataque ao honor, nin falsidades, calquera que a lea poderá-se dar conta que o transluce da nosa denuncia é a defensa dos intereses veciñais e medio ambientais, fronte a inacción e mal goberno.

Que nos gostaría que a rapidez, dureza e os medios despregados contra nós, os mostrara contra os poderosos, mesmo esas querelas que anuncia debería telas posto no seu momento contra Socamex e o anterior Alcalde que nos enganou.

En Ferrol, a 21 de marzo, de 2018


PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego | Lupe Ces |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es

Nota.- Reacción do Alcalde de Ferrol diante da nosa denuncia en sede xudicial


Audio da rolda de prensa do Alcalde do Concello de Ferrol. | 20 de marzo de 2018. Acceder/Baixar.

Nova na web oficial do Concello de Ferrol. O GOBERNO LOCAL EMPRENDERÁ ACCIÓNS LEGAIS PARA SALVAGUARDAR A SÚA HONRA CONTRA UNHA DENUNCIA FALAZ. | O alcalde anunciou hoxe a súa intención de querelarse polo civil e polo penal contra un grupo de individuos que presentaron un escrito falaz acusando ao Executivo de dous delitos tan graves como infundados “Temos dereito a defender a nosa honradez destas falacias de contido político que buscan enturbar e desgastar a este Goberno”, manifestou Jorge Suárez | Ir á Web.

Vídeo na conta de facebook
do Concello de Ferrol. | Esta mañá, o alcalde de Ferrol ofrecía unha rolda de prensa na que anunciaba o inicio de accións legais, tanto civís como penais, por denuncia falsa e para defender a honradez do goberno local na xestión dun tema tan delicado como o do saneamento en resposta á denuncia presentada onte por un grupo de persoas nos xulgados de Ferrol. Facía, ademais, un relato pormenorizado dos acontecementos en relación con este tema para despexar calquera dúbida ao respecto. | Ir ao vídeo no facebook.| Conta xeral no facebook.
________________________

martes, marzo 20, 2018

A Plataforma presentou unha denuncia no Xulgado de Ferrol, diante de todas as irregularidades na xestión do sistema de saneamento e depuración, para que no caso de corresponder, se diriman as responsabilidades que houber lugar, de todos os actores nesta maraña de irresponsabilidades, fraudes, enganos e inaccións, e para evitar calquera manipulación do por nós escrito, sobre todo por parte do Alcalde, grupo de goberno e de quen o asesora a salario ou non, a continuación transcribimos a denuncia que rexistramos, hoxe 19 de marzo de 2019


A continuación transcribimos a denuncia que rexistramos hoxe no Xulgado de Ferrol, diante de todas as irregularidades na xestión do sistema de saneamento e depuración, para que no caso de corresponder, se diriman as responsabilidades que houber lugar, de todos os actores nesta maraña de irresponsabilidades, fraudes, enganos e inaccións, e para evitar calquera manipulación do por nós escrito, sobre todo por parte do Alcalde, grupo de goberno e de quen o asesora a salario ou non.


AO XULGADO DE INSTRUCIÓN DE FERROL
QUE POR QUENDA CORRESPONDA


Alexandre Carrodeguas Martínez, Bernardo Rego Gárate, Fernando Ramos Armesto, Pablo Portero Arnaiz e Guadalupe Mª Lourdes Ces Rioboo, veciños e veciña de Ferrol, en nome propio e en representación da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, con enderezo a efectos de notificación, na Rúa Armada Española número 32 baixo, Ferrol (15406), manifestan que mediante o presente escrito, de conformidade ao artigo 259 e seguintes da Lei de Enxuizamento Criminal, formulan DENUNCIA por uns presuntos delitos de ESTAFA, baseado no artigo 248 e seguintes do Código Penal; PREVARICACIÓN, baseado no artigo 404 do mesmo código, e outros que se puideran probar, contra quen sexa responsable na Empresa Mixta de Augas de Ferrol, S.A. -Emafesa, con enderezo en Ferrol (15403), na Praza da Ilustración, Nº 5 baixo e contra o Alcalde de Ferrol, como responsable no Concello de Ferrol, e se correspondera, contra concelleiros e concelleiras que cos seus votos e decisións posibilitaron a consumación dos presuntos delitos, con enderezo na Praza de Armas, S/N, con base nos seguintes

FEITOS

Primeiro.- Que a Empresa Mixta de Augas de Ferrol, SA (EMAFESA), pasou ao cobro á veciñanza de Ferrol, dúas facturas polos conceptos de “Depuración cota de servizo” e “Depuración cota variable por consumo", unha (En papel de cor sepia sen máis conceptos), durante os meses de xaneiro e febreiro deste ano 2018, correspondente á segunda quincena do mes de novembro e ao mes completo de decembro do pasado ano 2017 e outra factura (En papel de cor azul, integrada na xeral, xunto a outros conceptos) que comezaron a cobrar este mes de marzo, correspondente aos meses de xaneiro e febreiro do presente ano. Ambas facturas moi avultadas e que non se corresponden ao prezo real do servizo prestado, segundo recoñece publicamente o propio goberno municipal e así manifestou o Alcalde no Pleno Municipal do 15 de novembro de 2017, comprometendo-se en Pleno, á revisión inmediata da taxa. Mais na vez de revisar a taxa, dan a orde de pasar a cobro as facturas a sabendas de que están avultadas.

Segundo.- O Alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, preguntado nos medios de comunicación, respondeu no mes de febreiro deste ano que contrataron un estudio para avaliar o custe e poder axustar a taxa ao custe real de depuración á empresa AUDISA(*). Moito nos tememos que esta contratación é moi posterior ao acordo plenario de levantamento da suspensión, en 15 de novembro do pasado ano. Pois o Concello de Narón que non tiña ese compromiso, xa tiña un Estudo feito, o 15 de febreiro deste ano, que encargou, en decembro, á empresa Ordenación Territorial Infraestruturas e Medio Ambiente (OTIMA), a realización dun estudo dos custes de explotación do sistema formado pola Estación de bombeo de augas residuais de A Malata e a Estación depuradora de augas residuais de Cabo Prioriño. Un estudo que tira como conclusión entre outras: “Estes custos están en liña coas previsións do proxecto e son, en conxunto, 709.112,07 € inferiores (ou un 31%) ós previstos no informe do Concello de Ferrol de 2016 ‘Estudio de costes justificativos y tarifas de saneamiento en alta y depuración del Concello de Ferrol’, estando estas diferencias orixinadas sobre todo pola redución de caudais observada na realidade en comparación coas previstas en estudios anteriores, incluído o Proxecto”. É dicir os custes, aínda sen estar conformes aos nosos propios estudos con este, dan un custe un 31% inferior, non xa ao da taxa que están aplicando agora (Maio 2014), senón á proposta no segundo informe de Emafesa de Novembro de 2016 que é lixeiramente inferior e que detallamos no cadro comparativo que vai neste escrito no feito Cuarto.

Terceiro.- No Pleno do 28 de agosto de 2014, presidido polo entón Alcalde José Manuel Rey Varela, aprobábase definitivamente unha Taxa onde non existía devengo de feito impoñible e estaba calculada sobre estimacións incumpridas, pois o servizo de depuración non se estaba a prestar, como así certifica o enxeñeiro municipal no seu informe do 27 de agosto do 2015, onde conclúe que as augas residuais saían da planta sen depurar. Como así se recoñece no Informe de Xestión anual de Emafesa 2014, por mor de deficiencias na estrutura da depuradora e falta de caudais suficientes. Polo que se verteron millóns de toneladas de augas residuais contaminadas en zona virxe protexida. Todo ocultado polo anterior goberno municipal. O 9 de setembro de 2015, o Xefe de Sección de Facenda e Patrimonio, emite un informe onde manifesta que se non se presta o servizo, decae o fundamento de calquera taxa. Este é un Informe favorábel á derogación da Taxa, baseada nunha fraude, desproporcionada e só beneficiosa para os intereses de Socamex, parte privada de Emafesa. A principios de 2015, pasou-se ao cobro unha factura a pesar dos feitos expostos, e mesmo sen ter aprobado o preceptivo padrón municipal. Factura que foi recorrida por máis de 2.500 persoas e que quedou sen contestar, polo anterior goberno municipal, ignorando o dereito á participación cidadá, sobre todo cando se trata de establecer unha nova taxa. A maiores, a grande maioría dos fogares non estaban enganchados á nova rede de saneamento, aínda en obras, que non se remataron até finais de 2016. O sistema non se puxo a funcionar até o 4 de abril deste ano 2017, coa conexión dos colectores, interceptores e tanques. Como xa mencionamos, en febreiro de 2015 preséntanse máis de dous mil cincocentos recursos de reposición, para esixir responsabilidades legais, e a devolución e paralizacións do cobro da Taxa. Os recursos nunca tiveron resposta. Cobráronse indebidamente uns 800.000 euros. A pesar das múltiples declaracións por parte do Alcalde Jorge Suárez, de que se ían devolver, aínda non se fixo. O 18 de setembro de 2015 suspende-se a Taxa, que non se deroga provisionalmente até o 13 de febreiro de 2017. Nun mar de contradicións elaboran-se informes e convocan-se comisións, para aprobar outra taxa diferente por considerar que a que se derogou provisionalmente, era inxusta, pois estaba avultada en custos. Mais, pasados uns meses, sen o preceptivo estudo técnico dos custes, volve-se atrás, non só na derogación, senón que se dá por finalizada esta suspensión, polo que volve a estar en vigor a taxa de 2014, por decisión do Pleno Municipal, agora, a 15 de novembro de 2017, en votación ordinaria e por maioría de sete votos a favor, correspondentes aos membros de Ferrol en Común e as non adscritas María Fernández Lemos e Rosa Méndez Fonte; en contra foron seis votos, correspondentes aos membros do PSdeG-PSOE, Bloque Nacionalista Galego e a non adscrita Esther Leira Penabad, e doce abstencións, correspondentes aos membros do Partido Popular e Ciudadanos.

Cuarto.- A Taxa de 2014, agora habilitada, e que se utiliza para o cálculo do prezo das facturas que se están xirando á veciñanza, está avultada. O seu cálculo está feito en base á “Ordenanza fiscal reguladora da taxa de depuración de augas residuais para o ano 2014”, BOP 167 do 3 de setembro de 2014. A propia Emafesa fixo un Informe posterior, que foi a base pola que se elaborou outra proposta de Taxa, levada a diferentes Plenos no ano 2017, baixo a denominación “Estudio de Costes Justificativos y Tarifas de Saneamiento en Alta y Depuración del Concello de Ferrol – Novembro de 2016", onde o prezo é inferior, calculado por m3, na cota variábel, nas mesmas condicións medias elaborado para a Taxa de 2014, o mesmo para a cota fixa do servizo.
Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa de Depuración nº17, de 2014.
Informe Estudo Emafesa de novembro 2016 e da Xefatura de Facenda e Patrimonio para nova Taxa 2017.
Cota Servizo por mes: 2,52 euros
Prezo m3 por mes: 0,3826 euros
Cota Servizo por mes: 2,30 euros
Prezo m3 por mes: 0,3486 euros
Aínda así, segundo o informe do enxeñeiro municipal e da auditora externa Audigal, os custes dese último estudo seguen avultados. O mesmo di Augas de Galicia, nun Informe elaborado en 2016 para a Mancomunidade de Concellos de Ferrol, onde se desprende que o cálculo de consumo eléctrico que fai Emafesa está aumentado, así como os caudais a depurar. Polo que o prezo da Taxa de 2014, está calculado sobre estimacións, non sobre custos reais, e mesmo esas estimacións estaba previsto que se fixesen desde o ano 2014 até o ano 2016. Cousa que non se fixo, porque se comezou a depurar en 4 de abril do ano 2017. Ademais o prezo imputado agora é sobre a ordenanza aprobada en 2014. Mesmo, se comparamos este prezo, co valor que tería, de estar xestionado o sistema de depuración e saneamento, conforme á legalidade, por Augas de Galicia (como así estaba previsto no Convenio de colaboración entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e Augas de Galicia, publicada no BOE o 19 de maio de 2014, até constituír-se un sistema xestor de carácter supramunicipal), este sería moi inferior (Artigo 66 e outros da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de Augas de Galicia e o Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais).
Coeficiente de Vertedura - Augas de Galicia 2017.
Cota Fixa Xeral por mes: 1,54 euros.
Cota variábel m3 por mes: 0,29 euros.
Outro dato importante que avulta a Taxa, entre outros, é a diferencia de 177.474 euros entre as previsións de Emafesa do custe da xestión dos interceptores e tanques (593.790 euros), a base de licitación de Acuaes (514.823,32 euros), e o da adxudicación real a Viaqua por 416.316 euros, segundo informe do Enxeñeiro Municipal de marzo de 2017 e os informes de Acuaes para a licitación.

Ademais de estar avultada en canto a custes reais, ten un custo superior aos custos do servizo porque inclúe o saneamento rural, até agora inexistente, e parte do custe dos interceptores e tanques, declarados obras de interese xeral, o mesmo que a depuradora, e polo tanto non poden incorporarse ao custe da taxa. E por mor do sistema unitario de saneamento imposto, contrario ao disposto no PAXOM do 2000 (En vigor), no apartado Condicións de Saneamento, no seu artigo 178.1 sobre Rede de saneamento: “O saneamento realizarase normalmente polo sistema separativo, ben puro ou admitindo, coas augas residuais, unha proporción limitada das de chuvia, de maneira que o resto destas vertan directamente nos arroios naturais, que deberán ter asegurada a súa continuidade ata unha canle pública”, pois o 55,5% dos caudais que temos que bombear e depurar, é a auga procedente da chuvia.

Isto ven a vulnerar o lexislado no artigo 24.2 da Lei Reguladora das Facendas Locais que entre outras cousas di: “...o importe das taxas pola prestación dun servizo ou pola realización dunha actividade non poderá exceder, no seu conxunto, do custo real ou previsible do servizo ou actividade de que se trate...”, así como o disposto no artigo 19 “Elementos cuantitativos da taxa da Lei 8/1989, de 13 de abril, de Taxas e Prezos Públicos” que vai no mesmo sentido.

Fica claro que este acto administrativo, e a norma (ordenanza fiscal) que o sustenta, son totalmente contrarios a dereito e, polo tanto, deberían declararse nulos todos os recibos confeccionados e pasados a cobro por Emafesa con base nesta ordenanza fiscal.

Quinto.- Esta taxa está calculada e aprobada incumprindo o artigo 133 da citada Lei de Procedemento Administrativo, onde se fala da obrigatoriedade de realizar un proceso público de participación cidadá para elaborala e aprobala. Conforme aos principios da Directiva Marco da Auga, de participación.

Sexto.- Aínda non se devolveu o importe da factura que se cobrou indebidamente en 2015, estimando-se que que son sobre 800.000 euros, pois segundo o disposto no artigo 12 Devolución, da Lei 8/1989, de 13 de abril, de Taxas e Prezos Públicos que di: “Procederá a devolución das taxas que se esixiron, cando non se realice o seu feito impoñíbel por causas non imputables ao suxeito pasivo” e ao disposto nos artigos 32 e 220 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. Pois a falta de feito impoñíbel, non só esta recoñecido publicamente e en Pleno, senón que está certificado en informes do enxeñeiro municipal de 27 de agosto de 2015 e da Xefatura de Facenda e Patrimonio do 9 de setembro de 2015, así como nunha resolución xudicial (Auto 00092/16 do Xulgado Contencioso Administrativo Nº1 de Ferrol) ante recurso de Socamex parte privada de Emafesa, onde mantén a suspensión do cobro da Taxa. Da-se a circunstancia de que só é unha parte das persoas abonadas, foron as que pagaron, pois outras miles non o fixeron. Sendo presuntamente ilegal que Emafesa reteña ese diñeiro ás persoas que lles cobrou indebidamente no seu momento e sendo responsable subsidiario o Concello por non ordenar a súa devolución como así establece a lexislación vixente.

Sétimo.- En todo o procedemento desde maio de 2014, falta o preceptivo informe ou memoria económico-financeira, como así se establece no artigo 25 “Acordos de establecemento de taxas: informe técnico-económico”, da Lei Reguladora das Facendas Locais e no artigo 20. “Memoria económico-financeira”, da Lei 8/1989, de 13 de abril, de Taxas e Prezos Públicos. Pois non só para o levantamento da suspensión o pasado 15 de novembro de 2017, senón que para a aprobación da Ordenanza de 2014, agora en vigor, o Interventor recoñecía non ter presentado o informe preceptivo no seu do 23 de maio de 2014: “IV- Limitacións ao Alcance. O actual informe ten un alcance limitado de acordo co escaso tempo do que se dispuxo para a análise da documentación e emisión de informe, toda vez que se ten remitido nesta mesma data o expediente. Por elo limítase basicamente a verificar o cumprimento dos requisitos formais e procedimentais esixíbeis”. Vulnerándose deste xeito o disposto nos artigos mencionados.

Oitavo.- O Concello de Ferrol, está revisando e adaptando o Plan Xeral de Ordenación Municipal, do cal xa está publicado o Anteproxecto, con data de Decembro 2015 e no verán do pasado ano, estivo a exposición pública, para o trámite de avaliación ambiental. Consideramos de importancia, transcribir un detalle do citado documento de planificación urbanística, pola importancia do mesmo no desenvolvemento e deseño da cidade e do conxunto do concello. Este documento xa pasou o período de consultas. E está a disposición na web oficial do concello e no da Xunta. O detalle está na páxina 119 do texto que di: “O novo sistema de saneamento e depuración centralizado contén eivas no seu deseño, xa que non conta cun sistema separativo e, non se tratan as augas pluviais de forma individualizada, captándose no sistema os regatos que discorren baixo as tramas urbanas. Estas carencias obrigaron a sobredimensionar as infraestruturas, co conseguinte incremento no custe das obras. Deste xeito, a explotación por parte dos concellos das novas infraestruturas implicará un grande consumo enerxético e un alto custo de recursos económicos”. Este mesmo paragrafo está textualmente na páxina 19 do “EDUSI Ferrol-Naron - Ría de Ferrol Cidade 2020 - Estratéxia de Desenvolvemento Urbano Sostíbel Integrado”, onde tamén fai outras mencións de interese ao saneamento e depuración na marxe norte da Ría de Ferrol que apoian as nosa propostas. Polo que o propio texto proposto, do chamado a ser o documento de Planificación máis importante da cidade, tamén clama por un sistema separativo de saneamento e depuración e critica explicitamente ao sistema imposto, no seu día polo Ministerio de Medio Ambiente.

Noveno.- O concello non publicou o edicto de exposición pública do mencionado padrón no BOP até o 6 de febreiro cando xa levaba todesde o 12 de xaneiro cobrando as facturas. Polo que vulnerou o estipulado na Ordenanza fiscal reguladora da taxa por depuración de augas residuais para o ano 2014 (BOP da Coruña do 03/09/2014).

O artigo 8 da mencionada norma obriga a que a taxa polos servizos de recollida e depuración de augas residuais sexa xestionada mediante padrón, o cal deberá ser sometido a exposición pública coa mención expresa dos recursos a que haxa lugar e o período para exercitar o dereito aos devanditos recursos. Así o establece tamén a propia Lei 8/1989, do 13 de abril, de taxas e prezos públicos no seu artigo 15.

Porén, o Concello de Ferrol non publicou o edicto de exposición pública do mencionado padrón, en tempo, inculcando de forma grave, non xa o exposto na súa ordenanza, senón tamén a Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que establece no artigo 213 e seguintes, o dereito á revisión en vía administrativa dos actos tributarios, polo que deixa nunha clara indefensión as persoas administradas ao lles negar o dereito aos recursos que corresponderan.

Décimo.- Desde a nosa consideración o marco legal polo que se se estan pasando as facturas de depuración é irregular:

1.“Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol.” (Convenio recorrido polo Concello de Narón ante Augas de Galicia e o Concello de Ferrol).

2. Entrega da xestión a unha empresa mixta (Emafesa), sen contrato, amparándose nun irregular “Protocolo de Execución Concertada...”, caducado en xuño de 2016.

Este marco legal está baseado na cesión ao concello de Ferrol, e este á súa vez á empresa Emafesa, da xestión da explotación, mantemento e conservación do servizo público de saneamento e depuración de dous municipios (non só de Ferrol). Posúe polo tanto, natureza inequivocamente contractual, posto que o contido de tal xestión e encomenda coincide plenamente coa definición que do contrato de xestión de servizos públicos fai o artigo 8 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público que estaba vixente no seu momento, resultando polo tanto o documento convencional, dende o punto de vista xurídico-material, un contrato administrativo sometido a normativa de contratación pública e, en primeiro termo, á libre concorrencia. O Concello de Ferrol non pode reputarse como un medio propio da entidade pública Augas de Galicia, nin Emafesa, un medio propio do Concello de Ferrol, non existindo polo tanto os requisitos do artigo 24.6 do TRLCSP que decía antes da entrada en vigor da nova Lei o ppasado 9 de marzo: “...organismos e entidades do sector público poderán ser considerados medios propios e servizos técnicos daqueles poderes adxudicadores para os que realicen a parte esencial da súa actividade, cando estes ostenten sobre os mesmos un control análogo ao que poden exercer sobre os seus propios servizos. Si se trata de sociedades, ademais, a totalidade do seu capital terá que ser de titularidade pública”. Sendo todo isto aínda máis restritivo para as adxudicacións directas sen concorrencia ou licitación pública, como así se explica no paragrafo vinte e un, do punto IV do Preámbulo da nova Lei cando manifesta que “... se evitan adxudicacións directas que poden menoscabar o principio de libre competencia” en referencia ao disposto no Artigo 32. Encargos dos poderes adxudicadores a medios propios personificados e outros artigos, da nova Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transportaren ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014.

Undécimo.- En referencia a isto último, o pasado 23 de febreiro deste ano, nas dependencias municipais de Ferrol, houbo unha xuntanza a tres bandas, entre a alcaldesa de Narón, Marian Ferreiro, o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez e o Director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, para avaliar a proposta de convenio que supostamente posibilitaría a solución ao conflito legal entre Ferrol e Narón, proposta feita por ambos concellos. Mais esta non foi aceptada por Augas de Galicia e todo segue sen solucionar. Coa gravidade de que a depuración para o Concello de Narón e a súa facturación, segue nun limbo legal ao ser Emafesa a xestora do sistema de saneamento, sen que Augas de Galicia asuma a responsabilidade que lle corresponde, de facer-se cargo do sistema, polo disposto no xa mencionado convenio de colaboración coa antiga Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e Augas de Galicia, publicada no BOE o 19 de maio de 2014. Poñendo en perigo todo o sistema e levando ao Concello de Ferrol a unha situación límite, presuntamente por intereses espurios, alleos ao que a Lei de Augas de Galicia, lle ten encomendado. De todo isto non se deu información á opinión publica, nin explicacións en Comisión Informativa, nin Pleno.

Concluímos por todo o exposto que

presuntamente todo isto ten como único fin paliar a situación financeira da empresa mixta de augas Emafesa, cun pasivo acumulado de mais de oito millóns de euros, que chantaxea ao Concello coa solicitude en sede xudicial da súa disolución imputable ao mesmo. Ademais, desde a nosa observación, desenvolvendo unha mala xestión, ocultando información, prestando-se ao engano, cunha contabilidade opaca e as contas sen aprobar desde 2014.

Por todo o anterior,

SUPLICAMOS que se teña a ben dar por presentado este escrito coas súas copias e relación de documentos que se solicita esixan ao Concello de Ferrol e Narón; se digne ser admitido, e teña por formulada DENUNCIA contra quen corresponda na empresa Emafesa e no Concello de Ferrol. E que tras os trámites xurisdicionais oportunos se dite sentenza pola que se condene a quen puideran ser penalmente responsables por un delito de estafa, prevaricación ou por aqueles delitos que no transcurso da investigación puideran terse probados, como deixación de funcións e delito ecolóxico. Ou mesmo ampliar a investigación polas responsabilidades que puideran ter o anterior goberno municipal e os directores de Augas de Galicia.

Relación de documentación que solicitan sexa achegada ao expediente polo propio Concello:

1.- Informe "Estudio de Costes justificativos y tarifas de saneamiento en alta y depuración del Concello de Ferrol", elaborado pola propia Emafesa en novembro de 2016.

2.- Informes do Enxeñeiro Municipal emitidos o 27 de agosto de 2015 e o 27 de marzo deste ano 2017.

3.- Informe do Xefe de Sección de Facenda e Patrimonio do 9 de setembro de 2015.

4.- Informe municipal sobre recursos de reposición interpostos pola veciñanza, en febreiro e marzo de 2015, contra a o cobro dos recibos da taxa de depuración agora rehabilitada.

5.- Informe especial de Audigal emitido en febreiro de 2017.

6.- Prego de prescricións técnicas particulares do contrato de xestión de servizo público en réxime concesional para a xestión da Edar de Cabo Prioriño, o sistema de colectores interceptores da marxe norte da ría de Ferrol, elaborado por Augas de Galicia en 2016 para a Mancomunidade de Concellos de Ferrol.

7.- Auto 00092/2016 do Xulgado Contenc./Administ. Nº1 de Ferrol. | Denegación medida cautelar a Socamex.

8.- Adxudicación a Viaqua da explot. dos interceptores NºExp.ACE/802.01-02-03-04-05/16/EXPL/01 | 28.02.2017.

9.- Actas dos Plenos celebrados o 28.08.2014, 18.09.2015, 13.02.2017 e 15.11.2017.

Depurar responsabilidades, solicitando información, aos tres entes da xuntanza a tres bandas mencionada, e como, o non resolto, afecta á economía da empresa mixta Emafesa e á do Concello de Ferrol.

Solicitar ao Concello de Narón o informe de OTIMA denominado “Estudo de costes de explotación da Edar de Cabo Prioriño e da Ebar de A Malata. 15 de febreiro de 2018. OTIMA. Doc de 196 páxinas e os recursos interpostos contra o Concello de Ferrol e Augas de Galicia contra o convenio de Colaboración.

En Ferrol, a 19 de marzo, de 2018

Asinado.-

[*] A empresa contratada é EUDITA FAIR VALUE AUDITORES, S.L. | Ir á Web do Concello. (Presentado polo Alcalde como o grande erro da denuncia da Plataforma).

NOTA DE INTERESE: Ante esta denuncia o gabinete de Comunicación da Alcaldía do concello de Ferrol, emiteu o seguinte comunicado. | Acceder/Baixar. Por outra banda este martes 20 de marzo o Alcalde de Ferrol ten convocado unha rolda de prensa para respostar a esta denuncia.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Alexandre Carrodeguas | Fernando Ramos | Pablo Portero |  Bernardo Rego | Lupe Ces  |
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com | https://plataformaferrol.blogspot.com.es

---

domingo, marzo 18, 2018

Vai de xustiza, ... Por Alfonso Eiré - A mantenta da Folga das traballadoras e traballadores da Xustiza na Galiza - Que son insolidarios os funcionarios de xustiza... Ao contrario, son a vangarda!


Por Afonso Eiré [*]
18.03.2018


A actual folga na Xustiza é a máis relevante que se produciu nos servizos públicos de Galiza, tanto polo impacto que ten, como pola súa duración. Nestas seis semanas que alá van de protesta, suspendéronse máis de 15.000 xuízos, algúns fican retardados ao ano 2021. Tamén se deixaron de realizar máis de 40.000 trámites, como partidas de nacemento, fes de vida, certificados de defunción, peticións de pensións de viudedade, orfandade e declaracións de acusados e testemuñas...

Levo todo estes tempo dándolle voltas a como se enquistou o conflito e xa hai semanas que cheguei a unha conclusión: que a Xunta nunca estivo disposta a negociar.

Non está disposto a negociar quen, primeiramente, fuxe de sentar nunha mesa; quen rexeita os mediadores que poden achegar posturas; que manda as negociacións a persoas que teñen tan pouca sensibilidade como para dicir que "se queren equipararse cos de outras comunidades, marchen"; quen pon como condición para negociar que finalice a folga, logo de abocalos a facela indefinida; e quen, sobre todo, realiza declaracións poñendo un día tras outro límites as negociacións, adiantando propostas que debería chantar na mesa se quixera solucionar a situación e non impedir o acordo.

Así que, tendo claro que a Xunta nunca quixo negociar cos funcionarios de Xustiza, a pregunta pertinente son as razóns que levan a Feixó e a Rueda a este comportamento. Como non mudaron, como o fixeron logo do 8-M, cando viron a determinación e fortaleza dos traballadores?

E só se me ocorren dúas razóns. A primeira é ideolóxica. Pretenden transmitir a sociedade unha sinal de dureza, de que aquí hai alguén que goberna, que manda. Saben que esta mensaxe é ben recibida pola sociedade e, saben que, tamén unha parte, considera a estes traballadores como privilexiados. Quen non quere ser funcionario?

Unha mensaxe que non vai só dirixida a cidadanía galega, senón a dereita española e, máis concretamente, á di­rección do PP e aos poderes económicos estatais: Feixó non cede, Feixó é valente, Feixó ten man dura e vale para gobernar no Estado.

A outra razón e que saben que a demanda de equiparación dos traballadores da Xustiza non é un caso illado. Na súas condicións de inferioridade a respecto doutras partes do Estado, están tamén outros colectivos, desde ensinantes a sanitarios. Teñen, polo tanto, medo a que o triunfo dos traballadores da Xustiza alente as reivindicacións doutros funcionarios.

Estes son os gobernantes que afirman que "todos os españois deben de ser iguais" e non tiveron reparo en equiparar os salarios de policías e Garda Civís cos Mossos cataláns...

Que son insolidarios os funcionarios de xustiza... Ao contrario, son a vangarda!

[*] Afonso Eiré López, coñecido como Pucheiro, nado na Laxe (Chantada) o 15 de febreiro de 1955, é un xornalista e escritor galego. Foi Director do xornal A Nosa Terra.

Máis info en:

http://www.alternativasxustiza.com/
_______

Conferencia de Luis Burgos: 'Ameazas ao sistema público de pensións' - Membro do Gabinete Técnico Confederal da CIG - Conferencia para non perder a memoria - Polo seu interese e actualidade publicamos esta interesante conferencia


Polo seu interese e actualidade publicamos esta interesante conferencia: "Ameazas ao sistema público de pensións", intervención de Luis Burgos, do Gabinete Técnico Confederal da CIG, na asemblea de delegados do 24/01/17 en Vigo.


https://youtu.be/LXKkDOGcoyA


Fonte: Canle de Avantar.
_____________

O venres 23 de marzo: 'A mirada de Carvalho', Segundo Roteiro Literario Musical, desde a Praza Vella, até o Cantón, dirixido por Loreto de Castro


"A mirada de Carvalho", II Roteiro Literario-Musical, desde a Praza Vella... pasando por Amboaxe, Real... rematando no Cantón de Ferrol, dirixido por Loreto de Castro. A cita é o venres 23 de marzo, ás 17:30hs na Praza Vella de Ferrol Vello. Coa colaboración da Asociación Cultural Medulio, a Fundaçom Artábria, o Ateneo Ferrolán, a asociación Centro Comercial Aberto da Madalena e o Concello de Ferrol.

Coa participación de: Miguel Costoya Kostoia, Mariola Hermida Romero, Andrés C. M. Riveira, Fer Ocampo M, Rosa Salanova Shakti, Adelaida Abad, Elisardo de la Cruz, Aurora Varela, Esther Val e na parte musical Alberte e Padín.

O acto contará cunha exposición de fotos e textos de Ricardo Carvalho Calero nos escaparates dos comercios da Madalena.

A nova en Radio Fusión. | Ir á Web.

Evento no facebook.

Ricardo Carvalho Calero no buscador libre: DuckDuckGo.

Nota.-
En caso de choiva o roteiro se celebrará a modo de recital poético musical, nas intalacións do Ateneo, na sala da terceira planta.
_______________

Exposición e visita guiada 'Galegos en Mauthausen' - En Mugardos, todos os días, entre o 16 de marzo e o 15 de abril - A visita guiada e charla a cargo do Historiador e Secretario da A.C. Memoria Histórica Democrática, Enrique Barrera Beitia, será o venres 23 de Marzo, no Centro Social de Maiores


Exposición e visita guiada "GALEGOS EN MAUTHAUSEN" en Mugardos.


A Asociación Cultural Apelón Educación e a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, organizan en Mugardos, coa colaboración do Concello, a Exposición e Visita guiada: GALEGOS EN MAUTHAUSEN no Centro Social de Maiores (Rúa de Castelo, 1 – Mugardos).

Horario de visita: De 18:00 a 21:00 horas, todos os días, entre o 16 de marzo e o 15 de abril.

A visita guiada e charla a cargo do Historiador e Secretario da A.C. Memoria Histórica Democrática, Enrique Barrera Beitia, será o venres 23 de Marzo, ás 19,30 hs.

Nestos actos se recupera a memoria dos 21 veciños da comarca de Ferrolterra (5 de Mugardos) que estiveron no campo de concentración nazi da localidade austríaca.

Centro Social de Maiores (Rúa de Castelo, 1 – Mugardos)

Asociación Cultural Apelón Educación
https://www.facebook.com/apeloneducacion

--
Visita as nosas páxinas web:
www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook: Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol  @memoriaferrol

Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
17 de março de 2018 16:59

_______________________________

sábado, marzo 17, 2018

En Ferrol, miles de persoas saíron á rúa na defensa do sistema público de pensións, este sábado 17 de marzo, como noutras cidades e vilas da Galiza e do Estado - Mobilización convocada pola Plataforma Movemento en Defensa das Pensións Públicas de Ferrolterra - Vídeos - Convocada Asemblea para o xoves 5 de abril


Convocadas pola Plataforma Movemento en Defensa das Pensións Públicas de Ferrolterra, miles de persoas saíron en Ferrol na defensa do sistema público de pensións este sábado 17 de marzo, como noutras cidades e vilas da Galiza e do Estado. Unha mobilización convocada pola Plataforma Movemento en Defensa das Pensións Públicas de Ferrolterra.

Pouco antes das 12 do mediodía, centos de persoas camiñaban cara o Cantón de Ferrol, comezaron a rodear o Palco da Música, onde estaba situada a pequena megafonía que serviu de amplificador dos comunicados e palabras que membros da Plataforma, compartillaron cos miles de persoas que acudiron ao chamado do movemento de Ferrolterra para a defensa do sistema público de pensións, ameazado polo goberno neoliberal do Partido Popular, presidido por Mariano Rajoy. Un goberno que representa ao IBEX35 e aos intereses das grandes corporacións transnacionais.

Comezou-se a mobilización coa lectura do comunicado unitario por parte de Mercedes. Magoa de non ter o vídeo completo da súa intervención, porque foi unha proclama leida con emoción e convicción. Logo continuaron as intervencións dalgúns membros da Plataforma que reproducimos nesta publicación, logo de transcribir os puntos que se defenderon no comunicado.

Hai dous xeitos de defender o sistema público de pensións, un é aumentando os ingresos, mesmo só chegaría coa devolución do roubado á Clase Traballadora, e outra recortar as pensións, e isto último foi o que veu sucedendo desde 1985 coa primeira reforma do goberno socioliberal de Felipe González, até hoxe. Nalgúns momentos os partidos do réxime contaron coa colaboración de certas centrais sindicais, que aínda non fixeron a súa autocrítica, nin pediron perdón. Chegou o momento de cambiar o conto, transformando a realidade, con loita e convicción, o cambio é posíbel.

Entre as cousas que se propoñen están:
  • Pensión mínima que mellore substancialmente a actualmente vixente. Esta pensión mínima afectaría as pensións contributivas, as non contributivas e ás de enviuvade como mínimo.
  • Incremento e revalorización das pensións conforme ao IPC, con elementos correctores para recuperar o poder adquisitivo perdido estes últimos anos.
  • Derogación das últimas reformas do sistema de pensións: a desenvolta unilateralmente polo PP no 2013, e tamén a reforma aprobada no 2011 polo goberno de Zapatero.
  • Impedir en todo caso a entrada en vigor do factor de sostibilidade tal e como o ten imposto unilateralmente o PP, aplicando unha maioría da que xa non goza.
  • Regulación das contas bancarias polas que se percibe a pensión con exención de gastos e comisións.
  • Derogación de todas as medidas que instauraron o chamado "copago", -repago en realidade.
  • Revisión dos medicamentos excluídos do receitario da Seguridade Social.
  • Establecemento dunha política de prezos taxados e de control do mercado en temas como transporte público, prezos enerxéticos -gas, electricidade, prezo da auga, accesos a bens públicos, conveniados ou subvencionados.
  • Recuperación da idade legal e obrigatoria de xubilación aos 65 anos, recuperación do sistema de cálculo das pensións finais cos criterios anteriores ao 2011.
  • Derogación das últimas reformas laborais que son as principais responsables da situación de risco que afecta ao Sistema público de pensións....
Vídeos das intervencións de hoxe en Ferrol:


https://youtu.be/lZZqadwAgTA


https://youtu.be/Pt2o_yFxw0g


https://youtu.be/MDkGLnUpZPM


https://youtu.be/LaD1IR84mQE


https://youtu.be/4Pf9Qt1EDNA


https://youtu.be/DvKyMqu1DDI


https://youtu.be/D3uEOTGM8qU


Para contactar coa Plataforma Movemento en Defensa das Pensións Públicas de Ferrolterra.

Neste correo-e:

plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

AVISO IMPORTANTE:

Convocada Asemblea en Ferrol, para o xoves 5 de abril, ás 6 da tarde, no Centro Cultural Carvalho Calero do Inferniño.

____________________