mércores, xullo 22, 2020

Actos que co motivo da celebración do Día de Patria Galega van ter lugar na nosa cidade




ACTOS DO DÍA DA PATRIA EN FERROL

Actos que co motivo da celebración do Día de Patria Galega van ter lugar na nosa cidade e que nos que gostariamos que participases.

Ruada Patriótica

O Xoves 23 de xullo às 20 horas partirá da praza do hino galego de Ferrol, unha ruada patriótica convocada polo BNG xunto con outras entidades soberanístas da nosa comarca.

Dia da Patria Galega, sábado 25 de Xullo

O BNG acordou, no actual contexto marcado pola pandemia do COVID-19, manter a celebración do Día da Patria Galega o 25 de xullo, mais adaptando a súa realización ás circunstancias e garantías sanitarias hoxe vixentes.

As limitacións sanitarias-legais que se nos presentan obrígannos, para posibilitar unha ampla participación popular, a organizar un Día da Patria Galega “expansivo e descentralizado”, cun acto central en Compostela, e outros nas cidades da Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense, contando con todas as comarcas da nación.

O acto correspondente á nosa comarca celebraráse no Cantón, en Ferrol, ás 12 horas; e consideramos fundamental a participacion do maior número de militantes e simpatizantes.

Pendura a nosa bandeira na túa xanela ou balcón


Así mesmo, queremos facer unha chamada a pendurar das barandas e das xanelas das nosas casas a nosa bandeira. Se non tes, nós podemos facilitarche unha, pídenola.

Bloque Nacionalista Galego de Ferrol.



Enviado por:
BNG
-bng@ferrol.es-
20 de julho de 2020 14:02

_______

venres, xullo 10, 2020

Outra convocatoria eleitoral, pero esta, máis que ningunha, unha oportunidade para o cambio, ... Por Ramón Fernández Alfonzo (Mon)


Por Mon Fernández Alfonzo [*]
10.07.2020

Outra convocatoria eleitoral, pero esta, máis que ningunha, unha oportunidade para o cambio.

Porque hoxe somos moitos e moitas os que vimos con claridade que a crise obríganos a pasar páxina, e a repensar moitas das nosas prioridades como sociedade, poñendo o povo e a dignidade do ser humano por diante.

Feixoo e o Partido Popular, veñen de renovar os seus votos no altar dos poderes económicos coa constitución dun comité de espertos para saír da crise, onde destacan representantes de INDITEX, de REGANOSA, e do Banco Europeu de Desenvolvimento; outra maneira de ocultar as siglas do seu partido, e facerse pasar por un mero un xestor, alleo a cuestións ideolóxicas, e presentarse como a única garantía de estabilidade de cara ao futuro.

Mais o certo é que foi precisamente a acción combinada das súas políticas desde a Xunta e desde Madrid as que provocaron esta situación de crise permanente na que vivimos desde hai anos e que agora abrollou con forza.

O Partido Popular foi o campión das privatizacións do sector público. Antes que a sanidade e as residencias, foron xigantes industriais como Endesa, ou Inespal (hoxe Alcoa), con consecuencias para as nosas comarcas tremendamente duras, e sempre coa mesma xustificación: fomentar a competencia mellorará o servizo, e baixará prezos.

Non pode haber ninguén a día de hoxe que faga unha valoración positiva destas operacións. Desde logo non melloraron o servizo, non baixaron os prezos, non foron máis competitivas, non foron garantía de emprego (á vista está), nin serviron para crear unha industria complementaria nas comarcas onde se asentaban. No momento de anunciar o seu peche deixan, exactamente, nada.

O Partido Popular planificou e executou a venda das Caixas Galegas a un grupo venezolano por valor de 1.000 millóns de euros. A xustificación foi que eran practicamente insolventes. Ao ano seguinte a nova entidade, xa co nome comercial de ABANCA, gañou antes de impostos 600 millóns de euros, que despois sumaron 500 millóns máis en créditos fiscais. 1.100 millóns total. Desde aquela non hai ano que non repartan da orde de 500 millóns en beneficios. A cambio melloraron os servizos? o crédito é máis barato? os seus traballadores e traballadoras teñen mellores condicións? Todo o contrario, nunca peor estivo o seu persoal, e nunca tantas comisións pagaron os clientes.

O Partido Popular nega sistematicamente a posibilidade de constituír unha facenda galega co argumento de que sería un sistema insolidario. Pero nos territorios forais de Álava e Navarra, onde historicamente gobernou moitos anos, sempre defendeu as facendas vascas. Porque en Euskadi teñen claro, Partido Popular incluído, que esas facendas propias son a chave de bóveda de todo o seu sistema de protección social, por certo, moi por riba do noso en medios e coberturas.

O Partido Popular nega, tamén sistematicamente, calquer posibilidade de intervir no sector eléctrico galego, vetando a recuperación das concesións hidroeléctricas, e vetando, tamén, a posibilidade dunha tarifa eléctrica galega, porque segundo eles sería unha tarifa separatista que ninguén entendería en España. A cambio temos a enerxía máis cara, e miles de postos de traballo en perigo.

En consecuencia, a nada que sometamos a exame o proxecto político do Partido Popular veremos que ese perfil baixo de Feixoo, ese perfil de xestor, é na verdade, a capa que oculta un historial de medidas tremendamente gravosas para o noso país, e para todos e todas nós, e que nos leva camiño de consolidar unha inestabilidade e unha fraxilidade social, xa de carácter permanente.

Así que hoxe por hoxe, resulta ser a  proposta de cambio do BNG, a mellor garantía de podermos transitar polo futuro con certa seguridade.

Temos que dicir que as nosas propostas non son novas. E isto ten a súa importancia. Primeiro porque durante estes anos de inestabilidade e crise permanente provocadas polo Partido Popular, tivemos ocasión de comprobar cos colectivos máis afectados, como botaban en falta precisamente aquelas medidas, aquelas competencias, que nós defendiamos como fundamentais para un goberno poder incidir na vida económica do país. Polo tanto sabemos que as propostas contan con amplo respaldo social.

E segundo. O feito de non seren novas, danos, credibilidade social. Non son ocorrencias. Ninguén pode reprocharnos que digamos unha cosa pola mañá e outra pola tarde. Non hai improvisación. E isto é fundamental cando estamos a falar de liderar un goberno.

Unha banca pública galega, unha empresa pública de enerxía, unha facenda propia, a transferencia de infraestruturas de transporte como as autoestradas ou o tren, son ferramentas necesarias para calquer proxecto político con vocación de futuro, para controlar nós os nosos recursos, a comezar polos máis importantes, por aqueles que fan que todo se mova, que todo funcione: a facenda, a banca, a enerxía... para que dunha vez por todas os nosos aforros, a nosa enerxía, ou os nosos impostos contribúan á creación de riqueza no noso país.

Porque temos moito por facer. Precisamos dunha outra política industrial, a comezar polo sector naval, recuperando a construción civil, e apostando pola investigación e a innovación, impulsando un Complexo Integral e un Centro Tecnolóxico; unha outra política pesqueira, a comezar pola declaración de territorio altamente dependente da pesca, e pola recuperación das rías; outra xestión do noso patrimonio cultural e natural.

E sobre todo, a defensa radical dun sistema de saúde e de coidados, público, universal, e de calidade. En definitiva, facer que a democracia chegue á economía, á economía das persoas, para que sexa real, para que sexa auténtica.

Unha alternativa coma esta debe ser construída a partir de bases materiais firmes, é dicir, a partir dun proxecto de país.

Mais o que fixemos co noso autogoberno durante estes últimos 40 anos, comparado co fixeron en Euskadi e Catalunya, produce vergoña allea. Porque as enormes diferenzas  en canto a niveis de ben estar social, e de dinamización económica, teñen unha única razón de ser: o feito de eles teren un autogoberno volcado nun proxecto de país. Un proxecto de desenvolvimento social e nacional, autocentrado nas súas realidades, nas súas capacidades, e nas súas necesidades.

E non é porque nós non lle queiramos ao noso país, ou lle queiramos menos que vascos e cataláns; non é que os galegos e galegas carezamos de sentimentos nacionais. Dicía Castelao que ese sentimento que temos tan arraigado de pertenza á Terra, esa morriña tan difícil de explicar, non era outra cousa que unha forma nebulosa e sentimental de patriotismo, de amor á patria.

Para transformar estes sentimentos en progreso social e económico, temos que darlles categoría política, recoñecernos e definirnos como nación, como o que somos, e querernos nación soberana, para decidir nós, para dispoñer do noso, dos nosos recursos, e poñer o país a producir. Para impulsar entre todos e todas un proxecto de país a favor das maiorías sociais.

E quero finalizar coa seguinte reflexión: Estou convencido que moitos galegos e galegas comparten comigo a idea de que vivimos nun auténtico paraíso natural, e de que en ningún país do mundo podería promoverse unha política verde, circular e sustentable, con máis éxito que no noso.

Estou convencido tamén de que moitos galegos e galegas comparten a intuición de que detrás de todos eses barrios, castros, castelos, e mosteiros abandonados e deteriorados hai unha historia esplendorosa, que podería e debería ser fonte de riqueza.

Precisamos un goberno con iniciativa industrial, un goberno que esprema as posibilidades do noso patrimonio natural, e que impulse a recuperación e posta en valor do noso patrimonio histórico e cultural.

Non podemos permitirnos o luxo de ter unha esfinxe impasible no goberno, mentres nos rouban o futuro, mentres nos rouban o paraíso.

O 12 de xullo tócanos a nós reorientar a brúxula do goberno galego, darnos a valer, e poñer o país a producir.

PARA QUE O NOSO FUTURO SEXA NOSO, ADIANTE CO BNG!!!

[*] Ramón Fernández Alfonzo (Mon), candidato de Ferrolterra polo BNG ás eleccións autonómicas deste 12 de xullo de 2020. Activista sindical da CIG, ligado ao metal e á industria naval. Licenciado en Dereito, especialista en relacións laborais. Impulsor da alternativa da creación do Complexo Integral para a Construción Naval da Ría de Ferrol que permita superar a dependencia do sector militar á que están sometidos os estaleiros, para aproveitar todas as potencialidades das infraestruturas da industria naval de Ferrol e Fene.

https://www.bng.gal/

Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
10 de julho de 2020 08:16

@lupeces
http://lupeces.blogspot.com/

_______

xoves, xullo 09, 2020

Temos que votar para botalos e poder comezar a construír unha Galiza sen caciques, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández  [*]
09.07.2020


Temos que votar para botalos e poder comezar a construír unha Galiza sen caciques.

O PP na Galiza xa nos ten acostumados a casi todo cando falamos de xogo suxo para manter o poder na Xunta.

Dende carrexar anciáns dende as residencias coa papeleta preparada, sen saber moitas veces nin o que van votar, ata que aparezan votos de xente falecida fai anos, ou repartir empanada a porta dos colexios electorais.

A moral, a ética e a estética nunca importaron, nin a Fraga, nin a Feijóo.

Agora en pleno rebrote do COVID-19 en A Mariña, Feijóo segue adiante coas eleccións.

Porque seguramente de agardar o resultado fose peor para o PP. E iso é o único que lles importa, o resultado electoral e manter o poder e o control dos seus chiringuitos.

Precisamos sacar do poder a esta xentalla que ve a Galiza como unha vaca a que muxir ata sacarlle a última gota de leite, e non como unha nai.

É necesario ter un goberno que traballe para os galegos e pola Galiza.

Temos que votar para botalos e poder comezar a construír unha Galiza sen caciques.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
9 de julho de 2020 18:56

_______

mércores, xullo 08, 2020

Coronavirus: Cita Previa para a Ciborgvida, ... Por Iolanda Teixeiro Rei


Por Iolanda Teixeiro Rei [*]
08.07.2020


CORONAVIRUS:  CITA PREVIA PARA A CIBORGVIDA

Moitas sospeitavamos que no desconfinamento non existían chanzos nen escadas. Moitas sospeitavamos que esa nova realidade enmascarada non era máis que a globalización da Cyborg Foundation, esa organización adicada a converter aos humanos en ciborgs. Sospeitavamos que, como na película Virus,  este ía servir de coartada para nos someter ao imperio das máquinas. Mais o poder non precisou de alien nen treboada. O androide xigante é o propio Estado que cos grupos do poder financeiro moven o brazo eletrónico a distancia en feitío de Cyborg 2.0. Na relixión dos smart, tiñan asegurada a tecnofilia. Por agora, non precisaron investir capital en implantes debaixo da pel nen chip RFID para o que necesitarían da anestesia local, carosa coa telemedicina na que debruzamos baixo esta liberdade vixiada. Por agora, chega coa dopaxe dos medios de comunicación.

Longas ringleiras dos antigos cidadáns, privilexiados que conseguiron unha cita previa, agardan agora horas torrados ao sol, mulleres preñadas e velliñas que viviron as longas colas da fame durante a posguerra civil, de pé, sen saber se van ficar ás portas do concello sen poder realizar as xestións de forma presencial após lles pedir a ese veciño amabel se lles podía pedir cita pois elas non tiña nen teléfono e as cabinas dos teléfonos públicos foran fusiladas da noite para a mañá.

Quen lles ía dicir a elas que o virus terían máis querencia polo funcionariado do que polos churriolos sollosos das praias, deixando sen dereito ás xestións de supervivencia (trámites para solicitar o Ingreso Mínimo Vital, becas de comedor escolar, asistencia social…) aos atecnolóxicos carentes de wifi, computadora ou móbil. Quen lles ía dicir que asistirían ao colapso da administración pública coa coartada da seguridade sanitaria en plena campaña eleitoral, pasmadas perante o silenzo de todas as organizacións sociais, sindicais ou políticas.

Camiñamos as rúas da nova normalidade procurando descubrir a seda eletrónica do prezado silicio implantado nas calugas, os códigos QR que nos enxerguen a pasividade e a resignación. Camiñamos sentindo a ledicia das terrazas desenmascaradas onde o virus, tan perigoso nas administracións, non é quen de entrar. Cos ollos fiteiros abesullando tatuaxes por ver de descubrir interfaces dixitais. Procurando as pegadas da estética transhumanista, a banca eletrónica das finanzas cíborg da especulación planetaria. Axexando, por riba das máscaras cirúrxicas dos homes-máquina, unha ollada aínda humana sen eyeborg a nos pintar un aborrecemento ou un reproche. Non precisamos de escoitar as cores da contorna se temos ollos para as albiscar. Temos de vagar con ondulacións ventureiras para despistar aos oídos biónicos desconfinados dos balcóns. E na nosa torpura ancestral simular eficiencia para non levantar sospeitas de humana ética pretecnolóxica. Camiñar cismando se o medio non será o fin. Escorregando pola fenda dixital dos apestados, dos invisibeis fracasados, dos máis vulnerabeis nun mundo de prepotencia criminosa. Furtándonos  aos insectos cíborg máis mortíferos do que as velutinas, sen comprender aos artistas de ovella electrónica e a necesidade das mentes cibernéticas para acadar unha vida merecente de tal nome.

A velocidade á que nos conectamos na era dixital a grandes distancias bate frontalmente coa lentitude forzosa coa que peregrinamos, previa cita, do INSS ao SEPE, da banca á Tesourería, nun longo proceso kafkiano, pregando por un documento que há décadas que tiña que estar accesibel sen a nosa intervención, co simple cruce de datos entre organismos.

Paul Virilio, brillante investigador especializado nas novas tecnoloxías da comunicación, estudou a dromoloxía, o estudo da aceleración con que se están a suceder as transformacións históricas e de que modo nos están afectando as novas tecnoloxías que abren un novo concepto de tempo, virtualidade, ciberespazo e novos xeitos de comunicación.

Hoxe necesitamos cita previa para todo, para facer deporte o mesmo que para retirar livros na biblioteca pública. Para a declaración da renda como para conseguir unha fe de bautismo para apostatar. E os mesmos que desprezavan o diagnóstico polo iris como seudociencia pídennos unha foto da gorxa para diagnosticar vía email.

Parece que están a analizar a sibilinina como terapia para el virus mais eu creo que o futuro está na sibilina presenza social. Aparentar nihilismo mentres seguimos á Sibila á quen os antigos atribuían o don da profecía e o coñecemento do futuro, camuflándonos aos ollos dos drons nunha sorte de refugallos humanos que xunto aos organizativos e informacionais fagamos parte das externalidades do sistema como agochados hackers prestos a inocular o virus da revolta dende todos os arrabaldos planetarios. Nunha renuncia ao carro elétrico nun chisco á neneza explotada polo silicio das baterías.

Dicía Virilio que se o tempo é ouro, a velocidade é poder. Mais se o tempo creba o patrón ouro, pode que a lentitude afortale o contrapoder. Iso ou correr con todas as nosas forzas para mantermonos no mesmo lugar, mais alonxados do cubo de refugallos ao que están condeados os do furgón de cola, como atina a describir Bauman.

[*] Iolanda Teixeiro Rei, Activista ecoloxista e decrecentista. Unha das organizadoras do primeiro Congreso Galego de Decrecemento que tivo lugar en Ferrol, no mes de outubro deste ano 2018. Articulista e licenciada en Pedagoxía Social pola USC. Profesora de Tai Chi e Chi Kung en Ferrol. No facebook e no twitter. Artigos no Diario de Ferrol e Diario Nós.

Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-iolandateixeiro@gmail.com-
8 de julho de 2020 19:43

_______

martes, xullo 07, 2020

Protesta de Ligando polo funcionamento da atención á cidadanía no concello de Ferrol


COMUNICADO DE LIGANDO

Desde Ligando queremos amosar a nosa máis enérxica protesta polo funcionamento da atención á cidadanía no concello de Ferrol.
Nun contexto social crítico no que as persoas máis vulnerabeis necesitan da administración local, o concello só funciona baixo mínimos e con cita previa. Mentres se estabrecen prazos de entrega en asistencia de primeira necesidade como é solicitar o Ingreso Mínimo Vital, becas de comedor escolar, etc, a cidadanía vese obrigada a chamar a teléfonos que non contestan  pedindo unha cita previa para resolver xestións urxentes como son solicitudes de certificados de empadroamento,  asesoramento de traballadores sociais, becas de comedor (cuxo prazo remata este mércores, 8 de xullo) e outra moita burocracia.

Nin todo o mundo pode esperar longas colas toda a mañá sen chegar a ser atendido, nin toda a cidadanía sabe ou pode facer unha presentación telemática de documentos ou pagar unha xestoría para que llo resolva. Porque iso é privatizar a xestión pública. Non hai escusa para esta situación. Alegar seguridade cando o que se está conseguindo é afundir a administración local non é de recibo. Máis cando, con afán recadatorio, hai moito tempo que están abertas as oficinas de Emafesa, por exemplo.

Desde Ligando consideramos que tanto o governo Psoe de Mato como FeC e o BNG que o apoiaron, son uns incompetentes por permitir esta situación vergoñenta no concello sen ningunha xustificación e por riba, contratando uns guardas de seguridade, e  conculcando o dereito a uns servizos públicos eficaces.

LIGANDO-LGD

http://www.ligando.org/

Facebook | Twitter


Enviado por:
Iolanda Teijeiro
-ligando.ferrol@gmail.com-
7 de julho de 2020 18:28

_______

martes, xuño 09, 2020

Proposta da CIG para a creación dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas - A crise sanitaria evidenciou a necesidade de pór os coidados na prioridade das políticas


Proposta da CIG para a creación dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas. | A crise sanitaria evidenciou a necesidade de pór os coidados na prioridade das políticas.


Desde a CIG levamos anos denunciando a situación, tanto laboral como asistencial, das residencias da terceira idade, dos centros de día, dos centros de atención á diversidade, dos servizos de axuda no fogar, etc., servizos que o goberno do PP na Xunta vén desmantelando e privatizando para facer deles un novo negocio a custo das persoas máis vulnerábeis.

A crise sanitaria derivada da pandemia do COVID-19 puxo máis de manifesto ca nunca a necesidade de poñer os coidados na prioridade das políticas públicas e, por tanto, a urxencia de investimento público en servizos de atención ás persoas.

Durante esta crise sanitaria evidenciouse a situación de debilidade dos servizos públicos de atención social e de coidados. Nos servizos de axuda no fogar ou nas residencias da terceira idade e de persoas con discapacidade son manifestas as carencias de persoal e material, falla de protocolos homoxéneos de funcionamento nestes centros, abusos patronais e importante niveis de explotación laboral existentes.

Os servizos públicos son a única garantía para unha atención digna ás persoas de idade e ás per-soas dependentes ou con diversidade funcional, debendo asumir directamente a Administración pública galega as súas competencias na atención ás persoas vulnerábeis, xa sexa por idade, pola súa discapacidade ou dependencia. Non é de recibo, e supón unha auténtica barbaridade, que os coidados e a saúde destas persoas vulnerábeis sigan gardando relación cos beneficios e flutuacións en bolsa dos fondos de investimento, multinacionais ou fondos voitre que están detrás das concesionarias destes servizos públicos.

Ademais, estas reivindicacións son a resposta urxente e xusta ante a necesidade de afrontar unha das manifestacións máis visíbeis da realidade galega: crise demográfica, aumento constante da poboación maior, elevada dispersión dos núcleos de poboación (maioritariamente de idade avanzada) e precaria capacidade adquisitiva das pensións públicas, nomeadamente no caso das mulleres.

Servizos que debe prestar esta rede única pública

Desde a CIG propoñemos a creación dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas, integrado por unha única rede pública que preste os seguintes servizos:
  • Centros asistenciais e residenciais da terceira idade
  • Centros de día
  • Centros de atención á diversidade
  • Servizos de axuda no fogar
  • Outros recursos: Casas niño, Casas do/a maior, Xantar na casa, Transporte adaptado...
Condicións que debe ter o sistema
  • Estes servizos estarán dotados suficientemente tanto de infraestruturas e material como de recursos humanos.
  • Dignificación das condicións laborais e salariais de todo o persoal coa aplicación do mesmo convenio colectivo.
  • Na prestación de servizos ás persoas beneficiarias, priorizarase a atención a través desta rede de recursos públicos, antes que as axudas económicas.
  • Eliminaranse todo tipo de repagamentos na atención e coidados, mediante a aprobación dunha carteira de servizos e prezos públicos.
  • Incrementaranse e adecuaranse os orzamentos públicos destinados a este fin, así como aqueles dirixidos á promoción da autonomía persoal e o avellentamento activo.
  • Transferencia para Galiza de todas as competencias e recursos públicos para desenvolver, aplicar e ampliar a Lei de Dependencia.
Xestión pública galega e proceso de integración do persoal

A CIG defende a xestión directa polas administracións públicas de todos os servizos públicos. Sen entrarmos a avaliar neste momento a forma de xestión máis acaída entre as previstas na lexislación vixente, é ineludíbel e máis necesario que nunca que a xestión destes servizos sexa pública e única en Galiza.

No que ten a ver coa reversión de servizos públicos privatizados, está clara a defensa que a CIG mantén en todo o relativo á sucesión de empresa e a subrogación dos traballadores e traballadoras, tendo en conta a lexislación e abundante xurisprudencia existente nesta materia, tanto no respecto ás condicións laborais e contractuais como a ineludíbel e preceptiva creación pola administración pública dos postos e prazas necesarios e que deberá regularse mediante convocatorias públicas e os procedementos establecidos legalmente, buscando as fórmulas que dean solución de futuro ao persoal subrogado, garantindo a prestación destes servizos máis alá das taxas de reposición de efectivos que afogan a prestación directa con persoal empregado público.

Neste sentido mantense plenamente vixente a Guía Sindical sobre remunicipalización de servizos públicos aprobada polo Secretariado Confederal o 29 de xuño de 2015. En todo caso, debemos deixar claro que os recursos e servizos sociais de atención ás persoas teñen que deixar de ser unha actividade residual, socialmente pouco valorizada e con condicións de traballo precarias, para pasar a ser considerado un servizo esencial para a cidadanía a prestar pola administración pública en condicións de calidade asistencial para as persoas e con condicións de traballo dignas e estábeis para o persoal encargado dos coidados.

Proposta da CIG - Folleto en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Fonte: Avantar. | Baixo Licenza CreativeCommons.

Novas relacionadas

04 Xun 2020. | Xubilados/as e pensionistas da CIG esixen un sistema público galego de servizos de atención e unhas pensións dignas .

05 Abr 2020 | O colectivo de xubilados/as e pensionistas da CIG demanda que non se volva facer negocio coa atención a maiores e dependentes.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
8 de junho de 2020 23:30

_______

sábado, xuño 06, 2020

Marchas Cívicas nas sete cidades da Galiza, o xoves 11 de xuño: por uns Servizos Sociais 100% Públicos, Contra a Privatización, e en Solidariedade coas Vítimas da Covid'19 nas Residencias - En Ferrol ás 12 do mediodía na Praza de Armas


Nos actos de peche das “Marchas”, intervirán familiares dos usuarios das residencias.

CONVOCATORIA DE “MARCHAS CÍVICAS”: por uns Servizos Sociais 100% Públicos, Contra a Privatización, e en Solidariedade coas Vítimas da Covid'19 nas Residencias.

O xoves, 11 de xuño, terán lugar “MARCHAS CÍVICAS”nas sete principais cidades galegas: Vigo, Pontevedra, Santiago, Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense. As “Marchas” están organizadas polo colectivo de pensionistas “Movemento Galego pola Defensa das Pensións e Servizos Públicos” (MODEPÉN), e o grupo de “Traballadoras das Residencias Galegas” (TReGA). As “Marchas” contan co apoio de familiares de usuarios das residencias de maiores, e representantes deses familiares tomarán tamén a palabra nos actos finais das “Marchas”.

MODEPÉN, TReGA, e os familiares dos usuarios das residencias, veñen traballando xuntos desde hai case 1 ano na denuncia das precarias condicións nas que estas se atopan. O forte exceso de mortes polo COVID'19 que houbo nas residencias, sobre todo nas de xestión privada, son unha proba máis da necesidade de introducir profundos cambios no modelo de residencias actualmente existente.

Os OBXECTIVOS das “Marchas” son os seguintes:

▪ DENUNCIAR A FORTÍSIMA PRIVATIZACIÓN das residencias e demais servizos galegos da dependencia: só o 15,6% das prazas das residencias galegas son plenamente públicas, é dicir de titularidade e xestión públicas.

▪ EXIXIR UNS SERVIZOS SOCIAIS 100% PÚBLICOS: precisamos residencias, servizos de atención no fogar, centros de día, ..., de titularidade e xestión plenamente públicos, e caracterizados por ser universais, centrados nos coidados no domicilio, e de calidade. Debemos superar o modelo actual de servizos públicos para os maiores e dependentes marcado pola súa enorme privatización, prezos moi caros, e calidade de atención moi mellorábel.

O dereito ao correcto coidado no solpor da vida debe ser garantido polos poderes públicos, como sucede nos países nórdicos; e como xa sucede no caso do ensino ou a sanidade pública.

▪ SOLIDARIZARSE COAS VÍTIMAS DA COVID-19 NAS RESIDENCIAS e demandar xustiza e reparación para as mesmas.

A HORA E LUGAR DE saída das “Marchas”, serán as seguintes:

▪ VIGO: ás 20:00 horas, no cruce de Rosalía de Castro con García Barbón

▪ OURENSE: ás 20:30 horas, na Praza Maior

▪ SANTIAGO: ás 20:00 horas, na Alameda

▪ PONTEVEDRA: ás 12:00 horas, na Praza da Peregrina

▪ CORUÑA: 12:00 horas, no Obelisco

FERROL: 12:00 horas, na Praza de Armas

▪ LUGO: 12:00 horas, na Praza do Concello,

Nos actos de peche das “Marchas”, intervirán familiares dos usuarios das residencias. Coa denominación de “MARCHAS CÍVICAS”queremos facer fincapé nos seguintes aspectos:

▪ As marchas só se realizarán se contan con todos os permisos legais preceptivos nestes tempos da Covid'19;

▪ Pedímoslle a todos e todas as participantes nas marchas que se organicen en ringleiras mantendo a distancia de seguridade de 2 metros entre as persoas, que leven máscaras de protección, e que sigan as instrucións do servizo de orde;

▪ As persoas do servizo de orde irán con chaleques identificativos, levarán máscaras de protección, disporán de solucións hidroalcóholicas para hixiene de mans, e repartirán entre os participantes cintas de 2 metros para axudar a manter a distancia de seguridade.

▪ En cada unha das 7 marchas, haberá unha única pancarta inicial co seguinte texto: “Contra a privatización e por uns servizos sociais 100%públicos”;

▪ Solicitámoslle a todas e todos os participantes nas ‘Marchas’ que respecten o seu carácter plural e transversal, e non utilicen faixas ou bandeirolas específicos dos colectivos dos que poidan facer parte;

▪ Pedímoslles a todas as persoas que estean de acordo cos obxectivos das ‘Marchas Cívicas’ que participen nelas, e esa petición estendémoslla tamén a todos os colectivos sociais, veciñais, sindicais, políticos, profesionais... que tamén os compartan.

01/06/2020

Plataforma Ferrolterra en Defensa das Pensión Públicas

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no Facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/



_______

En Ferrol, como nas sete cidades da Galiza, a CIG convoca marchas que sairán desde diferentes puntos, para confluir na Praza de Armas, onde se realizará unha Asemblea, o martes 9 de xuño, ás 11 da mañá


A CIG convoca marchas e asembleas de delegados/as en todas as comarcas para o martes 9 de xuño. | As columnas sairán de varios puntos e confluíran nunha praza de cada cidade ás 11h


A CIG ten convocadas marchas de delegadas e delegados en todas as comarcas para o próximo martes, 9 de xuño, para esixir dos Gobernos español e galegos políticas que permitan unha saída xusta e galega á crise económica, laboral, industrial e social que atravesamos. As marchas realizaranse dende distintos puntos de cada unha das sete cidades e confluirán nunha praza onde se celebrará unha asemblea para avaliar a situación actual, as medidas aprobadas dende o inicio da pandemia e as alternativas da central sindical.

Con estas accións, explica o secretario xeral da CIG, "continuamos o proceso recuperación da mobilización social, chamando á reactivar a acción nas rúas, mais sempre atendendo ás medidas de seguridade que corresponde á situación sanitaria". Lembra Carril que, malia as limitacións propias do estado de alarma e o confinamento da poboación, a central foi dando resposta ás insuficientes e inxustas medidas aprobadas polo Goberno español, ao deixamento de funcións practicado pola Xunta de Feixoo e aos abusos patronais, demandado protección para a clase traballadora, garantías dos ingresos e do emprego e medidas de seguridade nos centros de traballo.

Accións como a cazolada dende as fiestras do 10 de abril contra o decreto 8/2020, a demora no cobro do paro ou demandado control sobre as medidas de seguridade; as protestas diante de edificios da administración estatal do 23 de abril; as concentracións do 28 de abril coincidindo co Día Internacional da Seguridade e Saúde Laboral; as accións do 20 de maio, diante de edificios da Xunta, para denunciar as nefastas políticas económicas, industriais e laborais do Goberno de Feixoo; ou as do 27 de maio, coincidindo coa aprobación no Congreso do decreto que prorroga os ERTE, convertido nunha sorte de nova reforma laboral.

Asembleas en céntricas prazas

As marchas do próximo martes (9 de xuño)partirán dende distintos puntos de cada unha das sete cidades e cada unha das columnas estará integrada por arredor dunha trintena de delegados e delegadas que, por volta das 11:00 horas, confluíran na Praza de Pontevedra na Coruña; Praza de Armas en Ferrol; Praza da Quintana en Compostela; Praza de Santa María en Lugo; Praza Maior en Ourense; na Alameda en Pontevedra; e diante do Marco (Rúa do Príncipe) en Vigo.

Os recursos públicos, en favor dos intereses das maiorías sociais

Un dos obxectivos destas accións é visibilizar a necesidade de retomar a mobilización para forzar o necesario cambio de políticas que permita que a saída a esta crise non recaia novamente sobre a clase traballadora. Fronte ás inxustas medidas de corte neoliberal e recentralizador aprobadas nestes meses, a CIG reclama a derrogación inmediata da reforma laboral de 2010 e 2012, da reforma das pensións de 2011 e 2013 e da negociación colectiva; e políticas públicas que concentren todos os recursos existentes en favor dos intereses das maiorías sociais.

De igual xeito, unha política económica e industrial creadora de emprego digno e con salarios xustos, que defenda o tecido industrial e promova proxectos que completen todas as fases produtivas en Galiza, facendo así que todo o valor engadido quede aquí; o dereito a termos unha verdadeira transición enerxética; así como reforzar os servizos públicos, construíndo un verdadeiro sistema público galego para a atención e coidados de todas as persoas, desterrando as privatizacións dos servizos públicos e dos servizos sociais.

Fonte: Avantar.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
6 de junho de 2020 19:00

---

venres, xuño 05, 2020

Intervención da PAH ante o grupo de traballo Políticas Sociais e Sistema de Coidados da Comisión para a Reconstrución Social e Económica do Congreso - Vídeo da intervención e resposta ás preguntas das deputadas e deputados


Intervención da PAH, a través de Francisco Morote Vidal, dentro da Grupo de Traballo 'Políticas Sociais e Sistema de Coidados' da Comisión para a Reconstrución Social e Económica, do Congreso dos Deputados na sesión do Venres, 5 de xuño, de 2020, ás 09:00 hs.

Quero, en primeiro lugar, agradecer en nome da PAH a oportunidade que se nos brinda para reiterarlles a Vostedes algo que por forza teñen que coñecer: A posibilidade de exercer o Dereito de acceso a unha Vivenda digna e adecuada está constrinxida ao nivel de renda dispoñíbel de cada persoa, o que afasta a millóns de persoas desa posibilidade, agravado iso pola inexistencia dun Parque Público de Vivenda (menos do 2% do total fronte a unha media próxima ao 20% en países da nosa contorna) destinadas a alugueiro accesíbel e de carácter social, en cantidade suficiente para que non quede ninguén sen fogar.

En definitiva, o dereito consagrado no artº 47 da Constitución, é un dereito de pago, a diferenza do Dereito á Sanidade por exemplo, para cuxo goce basta co pago normal de impostos, tendo garantido ate as persoas que non os pagan por carecer de ingresos, poidan utilizar a Sanidade Pública. Para acceder ao dereito Vivenda, ademais de pagar os impostos, hai que poder pagar a casa, destinando a iso en moitos casos máis do 30% do orzamento familiar, o que non só é que dificulte chegar a fin de mes, senón que é unha bomba de reloxería en situacións de crises.

A PAH somos un movemento social con 11 anos de historia, xurdido como resposta popular á anterior crise: a pandemia financeira que segundo datos do CGPX provocou máis de 1.020.000 desafiuzamentos, duras traxedias a varios millóns de persoas, e un número incalculábel de suicidios que asolaron o noso país na crise anterior. A forza de loita, tesón, sufrimento, ser criminalizados, multados ... etc. Conseguimos demostrar que si se podían facer cousas que as autoridades nos negaban: dacións en pago, alugueiros sociais, recuperacións de vivendas... A nosa loita serviu tamén para demostrar o inxusto do procedemento xudicial de execución hipotecaria, ou a multitude de estafas que contiñan os contratos hipotecarios que eran soportadas pola lexislación e a Xustiza españolas, a nós non nos crían, e tivo que vir o TXUE a poñer un pouco de orde, revogando ese inxusto procedemento, e sinalando en cada unha das súas sentenzas sobre as cláusulas abusivas, que unha Directiva comunitaria, a 93/13 seguía (segue aínda hoxe) sen aplicarse en España. Non só nos tivemos que enfrontar á banca, causante da crise, tamén ás autoridades que a protexeron en todo momento. Así que sabemos do que falamos e das consecuencias de non tomar medidas sociais suficientes a tempo.

Na crise actual, é certo que se adoptaron medidas diferentes e positivas na dirección de non deixar a ninguén atrás. Á PAH, como movemento social que loita por lograr o exercicio do Dereito á Vivenda digna e adecuada, correspóndenos valorar as medidas aprobadas nesta área, e recoñecemos pasos en boa dirección, aínda que de escaso alcance, moi curta duración, con trato discriminatorio e multitude de familias cuxa casuística está excluída, e moi inxustas, xa que fan recaer o seu peso económico sobre a cidadanía, sen intentar recuperar os máis de 60.000 millóns do rescate anterior, que só o Banco de España dá por perdidos, desde logo nin a cidadanía, nin por suposto a PAH nos resignamos a perdelos. Ademais, non se inclúen medidas que garantan o cumprimento dos ditames do Comité DESC de Nacións Unidas.

"Todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada. Os poderes públicos promoverán as condicións necesarias e establecerán as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do chan de acordo co interese xeral para impedir a especulación. A comunidade participará nas plusvalías que xere a acción urbanística dos entes públicos"

Isto non é o manifesto da PAH, é o artigo 47 da Constitución de 1978, e hoxe 42 anos despois, este dereito segue fóra do alcance de miles de familias, porque as súas rendas, as dos que as teñen, non llo permiten, e moitas máis, ven en serio perigo o seu permanencia nas que están agora residindo, unha vez que caduquen os 6 meses de suspensión para os desafiuzamentos derivados da LAU, xa que non todos están suspendidos pese á magnitude da crise, a precariedade e a falta de alternativa residencial adecuada e segura. Non é suficiente, e ademais é terribelmente inxusto, protexer unicamente a quen caeron en vulnerabilidade como consecuencia do Covid'19, e deixar fóra da protección aos xa eran vulnerábeis antes do Covid'19, xa que a pandemia empeorou necesariamente a súa situación anterior.

Durante os nosos 11 anos de historia a PAH caracterizouse, non só por loitar contra a emerxencia, senón por ser un movemento propositivo porque sabemos que só cambiando as leis a nivel estatal, autonómico e local poderemos garantir o dereito á vivenda para todas. No 2013 recollemos 1,5M de firmas para conseguir, entre outras peticións, a dación en pago, só a maioría absoluta do PP impediu a súa aprobación, en Cataluña conseguimos aprobar a lei 24/2015 a lei máis garantista que existe en Europa xa que co responsabiliza ao sector privado das consecuencias das súas actividades e queremos que se estenda a todo o territorio xa que non é xusto que só os cataláns teñan unha maior protección que o resto de cidadáns. Noutras comunidades conseguimos melloras en leis, protocolos ou normas. As nosas propostas demostraron que acabarían coa emerxencia residencial en España e con todo moitos de vostedes prefiren continuar escoitando a supostos "expertos" que volven ofrecer as mesmas receitas que nos levaron a esta situación insosteníbel. Son receitas que non miran polo ben común e por garantir un dereito básico como a vivenda. Son expertos afines a quen queren gañar até o último euro posíbel, aínda que iso signifique deixar a familias, menores, enfermos, na rúa sen alternativa algunha.

Para que o Dereito á Vivenda poida chegar a ser un dereito exercíbel para calquera persoa, requírense medidas a curto prazo, que garantan que as familias non pagan coas súas casas ou cos seus Dereitos o custo da crise, esas medidas, están contidas no documento de emendas que lles remitimos, e nas que non me estenderei agora posto que xa as teñen, e poden Vostedes preguntar respecto diso. Só vou destacar dous:

➤ O cumprimento por parte de España dos seus compromisos internacionais en materia de Dereitos Humanos, en concreto do Pacto Internacional polos Dereitos Económicos, Sociais e Culturais (Nova York, 19 de decembro de 1966), cuxa ratificación por parte de España aparece no BOE do 30 de abril de 1977, e cuxo protocolo facultativo (Nova York, 10 de decembro de 2008) aparece ratificado no BOE do 25 de febreiro do 2013. O incumprimento deste pacto, provocou desde 2017, que o Comité DESC de Nacións Unidas condene a España 3 veces, por vulnerar o Dereito á Vivenda.

➤ O inicio da creación do Parque Público de Vivenda, coas que obran a día de hoxe en poder da SAREB e de Bankia, entidades ambas con maioría de capital público creada unha, para sanear a banca, e rescatada a outra con 24.0000 millóns. Tamén con vivendas desocupadas en propiedade tanto da banca rescatada, como dos fondos voitre, especuladores radicados en paraísos fiscais que xestionan as súas vivendas nos paraísos fiscais nacionais que son as SOCIMIs (Sociedades Anónimas Cotizadas de Inversión no Mercado Inmobiliario - Réxime Fiscal).

Tamén se requiren medidas a medio prazo: unha lei estatal de vivenda, tralo bloqueo imposto ao trámite da Lei de Vivenda da PAH, que o Pleno do Congreso votou tomar en consideración o 18/9/18. Este foi ate agora o único intento de facer unha lei destas características, e tróuxoa a PAH ao Congreso. A futura lei debe establecer a condición de ben social da vivenda; as garantías de acceso á mesma; a definición xurídica de "vivenda desocupada" que permita actuacións en situacións de necesidade; definir o Parque Público de Vivenda para alugueiro accesíbel e de carácter social; as condicións necesarias para que unha vivenda poida ser cualificada de digna e adecuada; debe establecer obrigacións das Administracións Públicas para a creación do mesmo; prohibindo expresamente a venda de vivendas públicas; establecendo mecanismos que permitan a utilización temporal de vivendas desocupadas como parque público; así como medidas que permitan limitar os prezos dos alugueiros.

Fai falta establecer un mínimo vital en materia de subministros básicos e de telecomunicacións, que garanta a permanencia no servizo de familias en situación de vulnerabilidade.

Débese reformar tamén a lei de crédito inmobiliario, dotándoa dos estándares europeos en materia dos dereitos dos consumidores reiterados na xurisprudencia do TXUE, e establecendo a dación en pago como forma de resolución dos contratos en casos de incapacidade sobrevinda, para facer fronte ao pago, e a responsabilidade limitada para non endebedar a familias para sempre, o que constituíu a morte civil das mesmas.

É necesario tamén reformar a LAU, de forma que se garantan prezos xustos, a estabilidade dos inquilinos, e se impida as subidas especulativas de prezos.

Desde a PAH, propoñemos-lles a todos en xeral, e moi especialmente a quen conforman a maioría progresista desta Cámara, unha tregua consistente en acabar dunha vez coas sucesivas prórrogas e iniciar dunha vez o trámite como PL do RDL11/2020, xa que o próximo día 22 iníciase a conta atrás para os desafiuzamentos suspendidos e outras axudas, e aprobar con urxencia nosas emendas, para dar así un respiro aos centos de miles de familias en situación actual de vulnerabilidade pre e post Covid'19, e que sexamos capaces de aproveitar o tempo desa tregua para afrontar as medidas de longo alcance que tamén lles estamos propoñendo.

Na PAH estamos afeitos a que nos digan que non se poden facer certas cousas, pero ao final, demostramos moitas veces que Si se pode!

Madrid, 5 de xuño, de 2020

No vídeo a intervención na Comisión e as respostas ás preguntas das deputadas e deputados dos diferentes grupos parlamentarios.


https://youtu.be/4ifZiuHR3J0

Canle da PAH

Fonte: PAH
---

Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (menos festivos), vemo-nos en Caranza (Ferrol), entre as 5 e 7 da tarde, no local da Fuco Buxán A.C. (Local Social Tino Deibe, na Rúa Armada Española, 32 Baixo). | Se queres participar achega-te! | POLO DE AGORA MENTRES DURE O TEMPO DE CONFINAMENTO, POR MOR DO ESTADO DE ALARMA, NON HAI XUNTANZAS PRESENCIAIS. | Teléfono para asuntos urxentes: 645158113

_______

En Ferrol, como noutras cidades de Galiza e do resto do territorio do Estado, tivo lugar un acto de protesta ante os Xulgados, para parar xuntas a curva dos desafiuzamentos - #VivendaPorDereito


En Ferrol, como noutras cidades de Galiza e do resto do territorio do Estado, tivo lugar un acto de protesta ante os Xulgados, para parar xuntas a curva dos desafiuzamentos

➤ Paremos xuntas a curva dos desafiuzamentos!

➤ Por unha xustiza que garanta unha vivenda digna !

➤ Por unha nova normalidade sen desafiuzamentos !

➤ Por un parque público de vivenda !

➤ Ningún desafiuzamento sen alternativa residencial !

#VivendaPorDereito
#DesafiuazamentosNuncaMais

O día en que pretenden renovar os desafiuzamentos, fumos aos xulgados a esixir cero desafiuzamentos!

A mediados de marzo declarouse o estado de alarma no estado español para enfrontar a grave crise sanitaria da Covid'19. Baixo a mensaxe de "frear a curva dos contaxios" o Goberno declarou que se pararían os desafiuzamentos de familias vulnerábeis para poder "quedarnos en casa". As organizacións sociais denunciamos no seu momento que as medidas de vivenda eran claramente insuficientes, que non se pararon realmente todos os desafiuzamentos e que os realoxos indignos obrigábannos a preguntarlle aos poderes públicos, en que casa me quedo?.

Hoxe denunciamos que, o que o Goberno vendeu como unha "moratoria dos desafiuzamentos" de 6 meses, só afecta a algúns desafiuzamentos de alugueiro nos cales se acredite nos xulgados vulnerabilidade producida pola Covid'19, segundo a reducida definición do Real Decreto Lei 11/2020. O resto de desafiuzamentos, que non estaban parados por unha suposta moratoria senón pola suspensión dos prazos procesais, poden renovarse a partir de hoxe xoves 4 de xuño grazas a unha modificación legal aprobada polo Consello de Ministros a finais de maio, contida no artigo 8 do RDL 537/2020 de prórroga do estado de alarma.

Isto significa que todos os desafiuzamentos de alugueiro que non entren na reducida definición de vulnerabilidade do real decreto antes nomeado, xunto aos hipotecarios ou de persoas que ocupan vivendas, poden volver aos nosos barrios, pobos e cidades a partir de hoxe mesmo! [neste documento explícase como pode preverse esa volta]

Ademais, habilitou-se parcialmente o mes de agosto como mes hábil do 11 ao 31 de agosto, cando antes era só para actuacións urxentes e o único mes do ano que non saían dos xulgados comitivas xudiciais e policía co obxectivo de desafiuzar a familias, o que supón unha vulneración dos dereitos fundamentais que foi denunciada durante os últimos 11 anos polos movementos de loita polo dereito á vivenda ante todo o mundo.

Cando se declarou a pandemia a mesma Relatora da ONU do dereito á vivenda, Leilani Farha, declarou con moito acerto que "a vivenda, é a primeira liña de defensa fronte ao brote de COVID-19". É un escándalo que para contentar os intereses dos de sempre (bancos, fondos voitres e especuladores), con 27.127 persoas falecidas e en plena pandemia mundial, se permita agora a volta dos desafiuzamentos cando a crise do coronavirus non será superada ate que exista unha vacina, hai risco de rebrotes ou necesidade de posíbeis novos confinamentos; poñendo claramente en risco, non só o dereito á vivenda das familias, senón o dereito á saúde de toda a poboación.

As organizacións sociais levamos moitos anos loitando contra os desafiuzamentos, co apoio e a solidariedade do 99% da poboación. A crise sanitaria demostrou que, como vimos gritando desde o primeiro día, si se quere pode-se, poden-se suspender os desafiuzamentos. Polo que agora non imos permitir de ningún dos xeitos que volva "a curva da vergonza, a dos desafiuzamentos".

Por este motivo, hoxe convocamos á cidadanía nos xulgados de todo o Estado, para deixar ben claro desde o primeiro día que non queremos máis desafiuzamentos, que non permitiremos que volva esta barbarie e que ¡imos facer todo o que estea na nosa mans para paralos!

Para iso, ademais de convocar nos Xulgados, hoxe publicamos varios documentos útiles xurídicos para que as persoas con ameaza de desafiuzamentos poida recorrer este flagrante atropelo dos dereitos humanos.

➤ O primeiro para solicitar a moratoria de 6 meses en desafiuzamentos de alugueiro e vulnerabilidade pola COVID19.

➤ O segundo para parar calquera tipo de desafiuzamentos sen alternativa residencial.

¡Inundemos os xulgados de escritos e persoas para esixir os nosos dereitos!

Pedimos solidariedade de toda a poboación para facer realidade o lema #StopDesafiuzamentos !

¡Esiximos ao Goberno e ao poder xudicial que respecten e garantan o dereito á vivenda e á saúde das persoas!

Baseado no publicado pola PAH.
---

Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (menos festivos), vemo-nos en Caranza (Ferrol), entre as 5 e 7 da tarde, no local da Fuco Buxán A.C. (Local Social Tino Deibe, na Rúa Armada Española, 32 Baixo). | Se queres participar achega-te! | POLO DE AGORA MENTRES DURE O TEMPO DE CONFINAMENTO, POR MOR DO ESTADO DE ALARMA, NON HAI XUNTANZAS PRESENCIAIS. | Teléfono para asuntos urxentes: 645158113

_______

O acto nos medios:

2020.06.04 - La Voz de Galicia. | Concentración ante los juzgados contra los desahucios sin alternativa residencial. | En el partido judicial de Ferrol se tramitan algo más de 140 procedimientos de lanzamientos al año. | Ir á Web.

2020.06.04 - Diario de Ferrol. | La reactivación ayer de la actividad judicial tras el parón por el estado de alarma llevó a la plataforma Stop Desafiuzamentos y a la Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra a celebrar una concentración ante las puertas del Juzgado ferrolano para protestar contra los desahucios “sen alternativa residencial”, por el derecho a una vivienda digna y accesible y por un parque público de vivienda social. | Ir á Web.

2020.06.04 - El Correo Gallego. | Con aplicación a partir del 2 de abril, el Gobierno central había suspendido los desahucios mientras durase el estado de alarma. Pero según denuncian entidades sociales, con el reinicio de la actividad judicial también se retoman los lanzamientos de estos procedimientos. Ante los juzgados gallegos, representantes de estas plataformas se concentraron este jueves para reclamar que se respete el derecho a una vivienda. Afirman que además las administraciones no solucionan ahora el problema de dar alternativa residencial. | Ir á Web.

2020.06.04 -  Radio Ferrol - Cope. | La Red de Apoyo Mutuo de Ferrolterra Stop-Desafiuzamentos, secundó en la mañana de este jueves, delante de los juzgados ferrolanos, una concentración del alrededor de 10 personas. Las movilizaciones estaban convocadas en todo el país. | Ir á Web.
_______

xoves, xuño 04, 2020

A Sección Sindical de CCOO de Navantia Ferrol sobre a proposta maioritaria de emprego


COMUNICADO DA SECCIÓN SINDICAL DE CCOO DE NAVANTIA FERROL SOBRE A PROPOSTA MAIORITARIA DE EMPREGO 03/06/2020

Dende a Sección Sindical de CCOO de Navantia Ferrol queremos trasladar o enorme malestar presente na nosa organización como consecuencia das manifestacións vertidas por outras organizacións sindicais, terxiversando e intentando influír negativamente en calquera solución que se acade en Navantia-Ferrol.

Que o camiño para chegar a entendernos é longo e tortuoso non o pode poñer en dúbida ninguén, soamente con votar unha ollada a historia da nosa Factoría para entender a incapacidade que teñen algunhas organizacións para chegar a acordos, e non nos referimos coa Dirección, senón coas demais organizacións sindicais. Dubidando constantemente da boa fé das nosas propostas.

Mostra do anterior foi a necesidade de levar a pleno o acordo en materia de emprego que vos enviamos este luns dia 1 de xuño, proposto por CCOO e respaldado por unha amplia maioría dos e das delegadas do Comité de Empresa (16 delegados e delegadas avalaron a proposta e 6 non estiveron de acordo), e o conseguinte escrito da CIG non asumindo o resultado e difamando contra as organizacións que o apoiaron.

Podemos dicir con orgullo que dito acordo, de materializarse cando se de a discusión coa Dirección, debería de traducirse na incorporación de toda a convocatoria do ano 2019.

A intención de dita proposta é esixir a recuperación das capacidades que tiña a parte técnica na nosa Factoría, priorizando a contratación en ditas áreas, e complementando dita convocatoria con persoal eventual si fose necesario en lugar de optar pola subcontratación. Non esquecemos áreas que a curto e medio prazo semellan as únicas que xerarán emprego como son a Fábrica de Turbinas, o Departamento de Reparacións e a Eólica Mariña.

Queremos enviar unha mensaxe de tranquilidade a tódolos operarios e operarias que trala firma do Plan Industrial agardan con ilusión a oportunidade de incorporarse ao noso plantel. É un compromiso das organización sindicais que respaldan esta proposta que as prazas de operarios e operarias que non se convoquen, se recuperarán nas vindeiras convocatorias.

Por último CCOO quere mandar unha mensaxe clara e contundente a tódalas organizacións que están a facer do inmobilismo a súa estratexia sindical. O esforzo de CCOO e doutros sindicatos por chegar a entendernos na Comisión de Emprego foi evidente, case tan evidente coma a comodidade que sinten o resto de organizacións presentes en dita Comisión coa confrontación permanente. Continuaremos plantexando tódolos temas que a nosa afiliación considere beneficiosos para o conxunto de traballadores e traballadoras e para Ferrolterra en xeral, intentaremos formar maiorías para defendelos, pero non estamos dispostos a esperar por organizacións que non teñen vontade de formar unha fronte común e que non teñen interese por construír por medio do consenso.

A esas organizacións só dicirlles que cando deixen de priorizar a súa estratexia sindical por riba dos intereses dos e das traballadoras, CCOO sempre terá a capacidade de dar un paso atrás si con iso chegamos a un punto de encontro.

Ferrol, a 3 de xuño, de 2020.

Sección Sindical de CCOO en Navantia Ferrol

Enviado por:
CCOO (FE)
-ccoo.fe@navantia.es-
3 de junho de 2020 17:05

_______

mércores, xuño 03, 2020

A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos pola Remunicipalización, celebrou onte a súa primeira reunión desde a declaración do estado de alarma no pasado mes de marzo


A Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos pola Remunicipalización, celebrou onte a súa primeira reunión desde a declaración do estado de alarma no pasado mes de marzo. Nesta primeira xuntanza, organizada respectando as normas de convivencia para esta fase de desescalada, analizouse a situación actual do cobro de recibos de atrasos da depuración, do período onde non se prestaba o servizo, e as distintas casuísticas en canto ao pagamento de recibos dos últimos 6 pagos pendentes polos supostos atrasos que esta Plataforma non recoñece.

Outro punto abordado foi a situación dos distintos informes a presentar en organismos competentes, para denunciar a situación da xestión do servizo de depuración, e as implicacións de ter este servizo un carácter supramunicipal e sen contrato público que o sustente.

En canto ás xestións ante a Valedora do Pobo, deuse conta da interlocución mantida con esta institución durante o confinamento, onde se informou do segundo requirimento de documentación feito ao Concello de Ferrol en relación á queixa presentada por esta Plataforma.

Dous son os acordos tomados nesta primeira xuntanza, en primeiro lugar solicitar ao Concello que atenda ao segundo requirimento da Valedora do Pobo e envíe a documentación solicitada para poder dirimir sobre a queixa presentada. En segundo lugar, solicitar mais unha vez, unha entrevista (que até agora nunca foi concedida), co Alcalde Angel Mato, para comezar un diálogo que poda construír alternativas de solución a esta problemática.

Noutra orde de cousas, reiteramos que Remunicipalizar os servizos públicos, é rescatar a xestión dos mesmos para o público, significa non só un aforro económico, senón que abre a posibilidade á creación de máis emprego e fai reverter de novo o diñeiro da veciñanza na economía local, evitando a fuxida do diñeiro a outras zonas e fora da economía real. Deixar os servizos públicos en mans das transnacionais, supón que o diñeiro da veciñanza fuxa da Comarca e sexa destinado en parte á economía especulativa.

"O rescate dos Servizos Públicos das mans privadas ten o obxectivo de acabar coas prácticas abusivas ou o incumprimento das normas laborais por parte do sector privado, o desexo de reconquistar o control da economía e os recursos locais, o afán de ofrecer ás persoas uns servizos accesíbeis, ou a intención de poñer en práctica unhas estratexias ambiciosas a favor do medio ambiente ou da transición enerxética, por citar algúns". así din Satoko Kishimoto e Olivier Petitjean, no seu libro "Remunicipalización - Como cidades e cidadanía están escribindo o futuro dos servizos públicos", traducido pola Transnational Institute a 10 idiomas, palabras que como Plataforma asumimos.

As formas e os modelos de titularidade, poden ser diferentes desde a xestión directa ou desde a xestión pública por medio de empresas, entidades ou consorcios, a xestión pública municipal é posíbel. Construír, rescatar, facer uns servizos públicos eficaces, democráticos e accesíbeis, torna-se necesario. Os gobernos democráticos, comprometidos co benestar da veciñanza, a substentabilidade e o medio ambiente, deberían facer todo o posíbel en poñer en mans públicas os servizos públicos municipais esenciais. Ferrol ten a oportunidade e os votos para face-lo.

Ferrol, 3 de xuño, de 2020

#Emafesacenporcenpublica
#Remunicipalizar
#Coronavirus
#Covid-19

#Remunicipalización
#Emafesa


PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS,
POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas!
Pódese, débese e precísase!
Correo-e: remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
Web: https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
Facebook: @RemunicipalizarFerrol   |  Twitter: @municipalizarFT

_______

Ante a reactivación dos desafiuzamentos a cidadanía responde - Ante esta inminente nova vulneración de dereitos humanos convocamos o xoves 4 de xuño, ás 10:30hs na porta de todos os xulgados do Estado - Non imos permitir que en plena pandemia da COVID-19 pretendan deixarnos na rúa sen ningún tipo de alternativa residencial



Concentración diante dos Xulgados de Ferrol
Xoves 4 de xuño, ás 10:30hs.


Ante a reactivación dos desafiuzamentos a cidadanía responde


Segundo a normativa publicada en relación aos desafiuzamentos e na experiencia que temos tras anos de loita defendendo o dereito á vivenda digna debemos estar preparadas, non imos permitir de ningún xeito que volva "a curva da vergonza, a dos desafiuzamentos".

Ate agora:

Os prazos procesais quedan suspendidos desde o 14 de marzo de 2020 por vía da disposición adicional cuarta do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

"Disposición adicional cuarta. Suspensión de prazos de prescrición e caducidade. | Os prazos de prescrición e caducidade de calquera accións e dereitos quedarán suspendidos durante o prazo de vixencia do estado de alarma e, no seu caso, das prórrogas que se adoptaren."

O mesmo 14 de marzo faise pública a Resolución do Secretario de Estado de Xustiza sobre servizos esenciais na Administración de Xustiza, que establece os servizos esenciais que si se prestarán durante o estado de alarma. Aínda que non se fai mención específica aos lanzamentos, inclúese a posibilidade de levar a cabo "Calquera actuación que, de non practicarse, puidese causar prexuízos irreparábeis". De facto, suspéndense todos os procedementos de desafiuzamentos, aínda que se atopen en fase de execución.

A partir de agora:

Primeiro, o 29 de abril publícase o Real Decreto-lei 16/2020, de 28 de abril, de Medidas procesais e organizativas para facer fronte ao Covid-19 no ámbito da Administración de Xustiza, que marcará a pauta unha vez levante a suspensión dos prazos xudiciais e reactívese a actividade xudicial.

Establécese a priorización de determinados procedementos desde a data do levantamento ate o 31 de decembro. Aos procedementos que contarán cunha tramitación prioritaria son:

a) Xurisdición voluntaria con medidas a favor de menores.

b) No ámbito civil, moratorias hipotecarias Covid, moratoria de alugueiro Covid e concursos de persoas físicas non empresarios.

c) No ámbito contencioso, recursos por si denegan axudas para paliar os efectos da crise.

d) No ámbito social, ERTEs, despedimentos, etc.

Se habilita parcialmente o mes de agosto como mes hábil (antes só para actuacións urxentes). Para facelo, decláranse como urxentes todas as actuacións xudiciais e decláranse hábiles para a súa realización do 11 ao 31 de agosto, excepto sábados, domingos e festivos.

Reinícianse os prazos procesais desde cero sen ter en conta si transcorreran días antes da declaración do estado de alarma. O primeiro día do cómputo será o seguinte día hábil ao que deixe de estar operativa a suspensión. Xa que logo, o 5 de xuño.

Para os recursos contra sentenzas ou resolucións que poñen fin ao procedemento, a pesar durante o estado de alarma seguíronse notificando, o prazo para recorrer empeza desde 0 e amplíase ao dobre do previsto para cada recurso para evitar aglomeracións os primeiros días. Esta ampliación tamén afecta a aquelas que se publiquen durante os primeiros 20 días no levantamento da suspensión.

O 9 de maio publícase a Orde JUS / 394/2020, de 8 de maio, pola que se aproba o Esquema de Seguridade Laboral e o Plan de desescalada para a administración de xustiza a ante o Covid-19. No seu Anexo 1 establécese o seguinte:

"As actividades en relacións coas dilixencias de levantamento de cadáveres e os lanzamentos ou os rexistros domiciliarios teñen consideracións de exposición de baixo risco, que requirirán a utilización de EPIs adecuados."

O 25 de maio publícase o Real Decreto 537/2020, de 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. A disposición inclúe a reactivación dos prazos procesais a partir do 4 de xuño:

Artigo 8. Prazos procesais suspendidos en virtude do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo.

Con efectos desde o 4 de xuño de 2020, alzarase a suspensión dos prazos procesais. | As dúbidas, que cada Xulgado resolverá segundo a súa organización (é necesario que as PAHs estean alerta), son:

1) Os lanzamentos decretados antes do estado de alarma para unha data posterior ao 4 de xuño seguen vigentes.?

Teoricamente si e non habería máis aviso. É dicir, para un desafiuzamento xa decretado para o 15 de xuño, é moi posíbel que non recibamos ningunha notificación máis  e a comisión xudicial poida-se presentar ese día.

Haberá que ver si os Xulgados os atrasa para dar saída aos que se ían a producir durante o estado de alarma. É dicir, como existían desafiuzamentos previstos para os meses de marzo, abril e maio, que se tiveron que suspender, cabería a posibilidade de que os xulgados atrasasen os previstos para xuño e xullo para priorizar estes, dado que deberían haberse producido antes. Non hai que descartar ningún escenario, pero a intuición dinos que non será así e que os lanzamentos suspendidos durante o estado de alarma se recolocarán no medio ou logo dos xa decretados, pero non temos seguridade 100% de que así sexa e hai que estar alerta.

2) Que ocorre cos lanzamentos suspendidos automaticamente durante o estado de alarma?

É dicir, como actuarán os xulgados con aqueles desafiuzamentos que se decretaron para a segunda quincena de marzo ou os meses de abril, maio e primeiros días de xuño e que se suspenderon por mor do estado de alarma. Pois que si ou si se deberán volver a decretar, o que permitirá volver presentar recurso, agora en tempo e forma, e incluír entre as alegacións a situación de vulnerabilidade que se pode agravar coa actual pandemia. A dúbida que nos queda é si os Xulgados os decretarán de oficio ou esperan a que a parte demandante os volva a solicitar (poida que algúns demandantes xa pidan que se fixe data).

Ante esta inminente nova vulneración de dereitos humanos convocamos o xoves 4 de xuño, ás 10:30hs na porta de todos os xulgados do Estado.

Non imos permitir que en plena pandemia da COVID-19 pretendan deixarnos na rúa sen ningún tipo de alternativa residencial.

Fonte: PAH.
---
Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra - Stop Desafiuzamentos
→ Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com
→ Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
→ No facebook
facebook Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra

Todos os luns (menos festivos), vemo-nos en Caranza (Ferrol), entre as 5 e 7 da tarde, no local da Fuco Buxán A.C. (Local Social Tino Deibe, na Rúa Armada Española, 32 Baixo). | Se queres participar achega-te! | POLO DE AGORA MENTRES DURE O TEMPO DE CONFINAMENTO, POR MOR DO ESTADO DE ALARMA, NON HAI XUNTANZAS PRESENCIAIS. | Teléfono para asuntos urxentes: 645158113

_______

luns, maio 25, 2020

A impostura das reformas laborais, ... Por Nicasio Malde Fernández


Por Nicasio Malde Fernández [*]
21.05.20120

As reformas laborais ultimas foron impostas, incluso a de Zapatero cunha reforma Constitucional no artigo 135, onde estes burócratas sindicais non fixeron nin a mínima oposición, só facendo unha convocatoria paripé dun día de folga xeral, parece que o exemplo de Francia aquí non ten cabida. Non só, se quedaron neste paripé que aos dous meses desa convocatoria asinaron aceptala co Goberno de quenda, din que por responsabilidade de Estado, hai que ser ruíns e hipócritas, eles en teoría están para representar os intereses de parte dos seus afiliados, nin tan sequera da CLASE OBREIRA e menos ser homes de Estado, para iso esta o Goberno e o Parlamento.

Volvendo ao día de hoxe repiten os mesmos mantras de sempre, a negociación por arriba, a negociación sen contar cos de abaixo, os que sofren as consecuencias das súas irresponsabilidades, negociación por outra banda desvalorizada porque en todo proceso deste tipo, ten que ir acompañada da forza e capacidade mobilizadora, que eles mesmos se encargaron ao longo destes anos en dilapidar, sen formar cadros, abandono da participación democrática dos traballadores, burocratización dos seus aparellos e entrar en escándalos financeiros e de formación.

En canto aos gobernos de quenda, están encantados con estes domésticos e amestrados, mal chamados axentes sociais, por iso están no Pacto de Toledo, para fodernos e darnos polo cu aos Pensionistas. Esta tropa boicotean-nos á Coordinadora Estatal en Defensa do Sistema Público de Pensións, non se suman si eles non levan o protagonismo e encima queren facer que traguemos o PACTO DE TOLEDO, que foi un invento, que nada máis se lle fai caso, cando é para recortar e foder aos máis débiles.

[*] Nicasio Malde Fernández, é membro da Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensión Públicas e da Plataforma na defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización. Foi membro do PCG e sindicalista de CCOO nas CCAA de BAZAN en Ferrol. Na emigración en Catalunya foi membro do Comité de Empresa de Calderería y Mantenimiento MAYMO S.A. (nun principio por CCOO e mais tarde pola CGT), empresa que presta servizo no complexo petroquímico de Tarragona. | Facebook.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
21 de maio de 2020 20:28

_______

Foto: A exministra Fatima Bañez, impulsora da Reforma Laboral de 2012 imposta pola patronal e o goberno do PP, ficha pola CEOE.
_______