Amosando publicacións coa etiqueta André Abeledo Fernández. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta André Abeledo Fernández. Amosar todas as publicacións

mércores, outubro 26, 2022

Caeu a torre da vergoña da ENEL Green Power, veuse a baixo a metáfora de espada de Damocles sobre as nosas cabezas, ... Por André Abeledo Fernández




Por André Abeledo Fernández [*]
26.10.2022


Caeulles a torre aos de ENEL Green Power, os que ameazan a todo un pobo con montar o "Parque Eólico de Caaveiro" e destruír o noso entorno, a nosa forma de vida, e as nosas esperanzas dun futuro mellor para a nosa terra.

Querían medir a forza do vento, e o vento levoulles a canallada, agora si queren medir a forza da veciñanza defendendo a súa terra vainos levar o demo.

Caeulles a torreta de medición da velocidade do vento que todos os veciños podíamos ver como espada de Damocles sobre as nosas cabezas.

Vai ser que a natureza e o vento tamén están con nos na loita contra os muíños do espolio, da especulación e do desastre, vai ser que traballan con nos os elementos para defender a terra.

Ao día seguinte da caída da estrutura xigante, duns 100 metros, os veciños de Anca celebramos a caída do símbolo dos abusos do poder e das multinacionais do sector eléctrico na nosa parroquia.

Aplaudimos ao vento que levou o esperpento ameazante que nos miraba día e noite dende o noso monte.

Sabemos que a loita vai seguir, que volverán a levantar a torre da vergoña, será por cartos, pero esta vitoria do vento sobre os especuladores macroeólicos é a primeira de todas as que veñen detrás.

Porque non imos permitir que destrúan a nosa terra, o noso presente e hipotequen o futuro dos nosos fillos sen loitar.

Porque ata os elementos están berrando que a Galiza non se vende, se defende.

EÓLICOS AQUÍ NON!

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
26 de outubro de 2022 12:01

_______

domingo, maio 29, 2022

Non hai camareiros porque o sector non cumpre coa lei e explota a traballadoras e traballadores, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
28.05.2022


"Bares, restaurantes e hoteis non atopan persoal escravo para a temporada de verán".

Coñezo, como coñece outra moita xente, persoalmente a camareiras e camareiros con contratos de media xornada traballando de 8 a 12 horas e cobrando parte dun salario de merda en negro. É o pan de cada día en hostalaría. Será por iso que ante tanta precariedade e escravitude, non hai camareiros?

Teño unha amiga que é camareira en Ferrol, cun contrato de media xornada, traballando a xornada completa, un día 7 horas, outro 8,10, ou as que o mal chamado empresario queira.

Cun salario de 500 euros ao mes en nómina mais outros 200 en negro, con só unha semana de ferias, que non sabe canto se lle van a dar, e con ningún fin de semana libre, so libra un día a metade de semana. Así son as condicións dun sector que maltrata ao traballador e á traballadora.

O que teñen que facer os hostaleiros para conseguir camareiros, é cumprir a lei, é pagar o que corresponde por convenio, como mínimo, respectar os dereitos dos seus empregados, e o "Código de Traballo" [1].

Iso é tratar a xente con respecto e dignidade.

E o goberno debe mandar inspeccións de traballo para evitar unha fraude e un abuso que xa dura demasiado tempo, que ademais representa unha competencia desleal para cos empresarios que cumpren coa lei.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
28 de maio de 2022 23:44

_______

[1] Código Laboral e da Seguridade Social  | Ir ao BOE.

Foto: Servizos de hostalaría.
_______

martes, maio 17, 2022

No Día das Letras Galegas non podemos esquecer que falar galego fainos galegos, ... Por André Abeledo Fernández


O Día das Letras Galegas debe de ter un significado especial, debémoslle dar unha importancia que vai máis ala do día festivo e dos actos culturais, neste día debemos lembrar a situación actual do idioma galego, e tamén a súa historia como ferramenta de comunicación do pobo galego.

O galego foi atacado e aldraxado durante séculos. E hoxe en día en moitos ámbitos da vida diaria da Galiza, o noso idioma segue a ser un estranxeiro na súa propia terra.

Non fai tanto tempo, practicamente nada no reloxo da historia, durante a ditadura franquista, nos xornais galegos podíase ler en perfecto castelán “no sea animal hable castellano”.

En moitos ámbitos da vida diaria da Galiza, o noso idioma segue a ser un estranxeiro na súa propia terra.

Miña nai contábame como a súa profesora na escola rural non falaba máis que castelán, e como os nenos e nenas que falaban en galego eran ridiculizados, e non falo dunha gran cidade, falo da parroquia de “Anca”, unha pequena aldea, entón labrega, onde en todas as casas falábase en galego.

O galego foi sempre a lingua da clase traballadora galega, o idioma da resistencia dun pobo que quería seguir falando o seu idioma para non deixar de ser.

Hoxe en día falar galego na Galiza continúa sendo un acto de reivindicación e rebeldía fronte o nacionalismo español casposo herdado do franquismo.

O galego continua precisando dunha discriminación positiva, ten que ser coidado, mimado, e reforzado para recuperarse das feridas de tantos anos de oprobio.

O galego continua precisando dunha discriminación positiva, ten que ser coidado, mimado, e reforzado

O galego é o noso tesouro, e Galiza é unha nación, un pobo cunha identidade de seu, temos unha cultura, unha historia e un idioma propios, estas características fannos galegos.

Todas as linguas, todos os idiomas, son igual de importantes, naceron despois dun longo proceso e a súa perdida é sempre irreparable.

É importante ter sempre presente, como ben dixo Castelao, que “Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma”.

Falar galego na Galiza continua a ser un acto necesario, atrévome a dicir que ata revolucionario, para seguir sendo.

O noso idioma continua a estar en perigo por acción e por omisión dun goberno da Xunta de Galicia que o menospreza, en vez de defendelo como un tesouro, como parte da identidade do pobo galego, unha parte imprescindible para seguir sendo galegos.

O galego na Galiza foi sempre o idioma da clase traballadora, o idioma do campesiñado, da casa do humilde, o idioma do pobo que non dos señoritos.

O goberno do PP tanto na Galiza como en Madrid veu sempre o feito identidario de ter un idioma propio na Galiza, como en Catalunya, ou Euskadi, como un perigo para a sacrosanta unidade do Estado español, como unha agresión ao españolismo rancio que eles representaban.

Non hai idiomas de primeira e de segunda categoría, todos os idiomas do mundo deberían ser declarados patrimonio da humanidade, porque son moito máis que un xeito de comunicarse, son o froito da evolución dos pobos, son séculos de construción dunha comunidade lingüística.

O feito de que no Estado español convivan catro idiomas como son o castelán, o catalán, o éuscara e o galego debería ser visto como un tesouro, como unha posibilidade de enriquecemento mutuo.

Por desgracia no Estado español non é así, segue a ter xente que pensa que falamos galego para molestar, que o facemos por ignorancia, ou que falar galego é un atraso, é xente que non entende nada, e vai dar igual que lle o expliques en galego, en castelán ou en chino mandarín, porque non queren entender, os move o odio e o medo ao diferente, os mantén na ignorancia a herdanza do nacional catolicismo e o franquismo da "España una, grande y libre" que nunca foi ningunha das tres cousas nesa escura etapa.

Por ese motivo debemos continuar a loita porque no Estado español se entenda que non existen idiomas de primeira e de segunda categoría, que o idioma da Galiza é o galego e iso non é unha agresión é unha realidade a longo de séculos de historia, que os idiomas non separan, senón que abren fronteiras na terra e na mente. Debemos esforzarnos en que entendan que cando usamos o galego na nosa vida diaria non o facemos por amolar, nin sequera como unha opción política, facémolo porque estamos na Galiza, porque o galego e o noso idioma, porque nos peta e danos a gana de falalo, e sobre todo porque é unha necesidade defender un patrimonio do noso pobo tan importante como o galego. A nosa obriga é recuperar e salvagardar o noso idioma para as futuras xeracións.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
17 de maio de 2022 13:49

_______

Foto: Nós Diario.
_______

Eurovisión un concurso decadente, hipócrita e politizado, ... Por André Abeledo Fernández

Por André Abeledo Fernández [*]
17.05.2022


O Estado español amosa seguir sendo mediocre e de mediocres, celébrase un terceiro posto nun concurso tan mediocre e tramposo, como o é o de Eurovisión.

Celébrase un terceiro posto como unha victoria, no concurso do tongo continuo.

O tongazo deulle primeiro a vitoria a Chanel no Benidorm Fest, e agora deulle a vitoria a canción da Ucraína en Turín.

Unha Ucraína que gaña Eurovisión despois de boicotear a súa propia candidata por 'prorrusa'.

Alina Pash, foi a vencedora da preselección na Ucraína, pero tivo que renunciar por críticas de prorrusa despois de viaxar a Crimea e aparecer imaxes súas vestida cos colores da bandeira rusa.

Antes Rusia tiña sido expulsada de Eurovisión pola guerra na Ucraína, pero non a Israel polo xenocidio en Palestina, hipócrita Europa.

Un festival politizado, dirixido e completamente manipulado, onde nunca gaña o mellor, onde nin sequera se manda aos mellores artistas.

Eurovisión é un festival político económico que nada ten que ver coa cultura, coa música o con o arte.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
15 de maio de 2022 22:27

_______

mércores, maio 11, 2022

Yolanda Díaz e a nova aposta polo espazo do descafeinado, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
11.05.2022


A aposta de Pedro Sánchez, do PSOE, da patronal, dos medios de comunicación, e das elites sindicais vendidas de CCOO e UXT por Yolanda Díaz ten unha razón.

Yolanda é a liquidadora do que puidera quedar de esquerda organizada no Estado español, é a encargada de artellar outro novo espazo que acabe de diluír a esquerda na nada da inconsistencia.

A dereita mediática amósase preocupada polo dano que lle esta facendo a esquerda o non pechar filas detrás de Yolanda Díaz. O PSOE esta preocupado porque o "período de escoita", que non de negociación ou confrontación de ideas, proxectos, programas, etc, non chegue a bo porto.

A dereita mediática, a patronal, as cúpulas sindicais vendidas, todos con Yolanda Díaz e o seu pragmatismo.

Porque en tempos de crise as oligarquías prefiren unha esquerda descafeinada, aínda que iso poida reforzar as filas da ultradereita e do fascismo.

Frases baleiras que deixan claro que o proxecto esta tamén baleiro:

"Período de escoita".
"O nome é o de menos (e a ideoloxía tamén)".
"Ampliar o espazo (cando o universo xa é infinito)".
"Fuxir do personalismo (para unirse a un proxecto persoal e personalista)".

Estamos como queremos.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
10 de maio de 2022 16:53

_______

luns, abril 18, 2022

Non todo é Ucraína, tamén hai guerras e conflitos invisibles, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
18.04.2022


Toda guerra é un drama, é un erro, é unha catástrofe para a clase traballadora. Nas guerras a clase traballadora é a carne de canón, é quen sofre a crise económica, e é quen paga os gastos da guerra.

Que Putin é de ultradereita xa o sabemos e non é discutible, pero Ucraína é nazi-fascista, Polonia e Hungría tamén son a ultradereita, a mesma ultradereita que crece como a escuma en Francia, España, e practicamente en toda Europa.

Exemplos de demócratas, ou máis ben exemplares, como Boris Johnson, Ursula e Borrell vistan a Zelenski en Kiev. Eles están á fronte desa Europa hipócrita e decadente, que só ve o que lle interesa ver, mentres dá as costas aos 85.000 nenos asasinados na "actual" guerra do Iemen, tan actual como o xenocidio en Palestina, ou a ocupación ilegal do Sahara Occidental.

Hipocrisía é abrir a porta e dar facilidades ás refuxiadas ucraínas e aos seus fillos, mentres llas pechamos ás súas parellas ou fillos en idade militar de acordo co Ministerio de defensa de Ucraína. Hipocrisía é acoller ás refuxiadas ucraínas e tratar como lixo aos refuxiados sirios, afgáns ou subsaharianos.

A mesma hipocrisía que cando calaron ante o asasinato de xornalistas por parte do exército dos EEUU en Iraq, entre eles José Couso un cámara español, foi un asasinato covarde e premeditado para evitar que a prensa informase sobre os masacres, os asasinatos e as torturas que levaron a cabo os EEUU e os seus aliados en Iraq.

Moito noxo o nivel de inmundicia hipócrita

Con Ucraína, Polonia, Hungría e proximamente Turquía... a UE será a UFE (Unión Fascista Europea). A Comisión Europea promete a Zelenski acelerar o proceso de adhesión á UE.

A presidenta Ursula von der Leyen, afirma en Kiev: “Daremos a nosa opinión en semanas, non en anos como adoita ser habitual”, outra mostra de que a UE só funciona por interese e cando lle interesa.

Borrell, sobre o futuro de Ucraína na UE: "Necesita evitar que lla trague Putin, ese é o primeiro paso". Ucraína non só é a capital mundial do nazismo en Europa, tamén o é dos ventres de alugueiro, dos partidos ilegalizados, da persecución aos xitanos e ás persoas de esquerdas, sobre todo aos comunistas. Esa é a vosa democracia homologable?

O tenente xeral Francisco Gan Pampols cre que a OTAN e a Unión Europea deben "medir moitísimo" que tipo de armamento envían a Ucraína para que Rusia non o considere un acto hostil e chéguese a unha escalada no conflito armado que poña en perigo a paz mundial. "Putin ata o de agora tragou", advirte.

Estamos en mans de pallasos, cando o que necesitamos son estadistas. Imbéciles irresponsables totalmente afastados da realidade e sen a menor capacidade de análise.

É frustrante e indignante escoitar a Borrell dicindo que vivimos demasiado ben e debemos estar dispostos a entregar o noso benestar para pagar a factura da guerra en Ucraína. Hipócrita cara dura, fala sen coñecer a realidade, desde os seus privilexios e co escudo do seu desmesurado soldo.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
12 de abril de 2022 16:41

_______

mércores, abril 06, 2022

Artigos de André Abeledo - Non aplaudir a Zelenski un acto de dignidade en tempos difíciles para a dignidade - NON a todas as guerras, NON a todas as mentiras e NON a toda a propaganda


Non aplaudir a Zelenski un acto de dignidade en tempos difíciles para a dignidade

Queda dignidade, pouca, mais queda algunha, non todos son palmeiros do poder e tacticistas que van para onde sopra o vento. Grazas aos que non aplaudiron, aos que non foron, aos que non se deixaron usar. Aínda sabendo que os medios de intoxicación irían a por eles.

Zelenzki ilegalizou cando menos 11 formacións políticas, entre as que destacan: "Plataforma de Oposición - Pola Vida", "Partido Sharia", "Noso", "Bloque de Oposición", "Oposición de Esquerda", "Unión de Forzas de Esquerda", "Estado", "Partido Socialista Progresista de Ucrania". "Partido Socialista", "Socialistas" e "Bloque de Vladimir Saldo", entre outros.

Ademais o Partido Comunista xa estaba prohibido en Ucrania dende 2015, e coa chegada de Zelenski ao poder ten seguido prohibido.

Varios líderes comunistas ucraínos teñen sido desaparecidos ou asasinados polos NAZI-FASCISTAS ucraínos, algo do que non informan os medios.

Non todo vale por un voto, nin sequera un aplauso.


NON a todas as guerras, NON a todas as mentiras e NON a toda a propaganda

Non se trata de apoiar a Rusia, tampouco de caer ba rusofobia. Na guerra a verdade é a primeira vítima e a información é propaganda.

Por desgracia a prensa en Occidente sempre ten xogado sucio e a opinión pública non ten memoria.

Agora Ucraína, Polonia, Hungría ou Turquía xa son democracias homologables para Europa, a homofobia institucional, a persecución de ciganos e minorías étnicas, o feixismo, os neonazis, o machismo, todo eso queda esquecido porque estraga o relato oficial MADE IN UE, USA, OTAN.

Para cando expulsamos aos diplomáticos de Arabia Saudí pola guerra do Iemen, aos de Israel polo xenocidio en Palestina, ou aos de Marrocos pola ocupación ilegal do Sáhara Occidental?. Para nunca, porque eses sátrapas xenocidas son amigos de Occidente. Hipocrisía.

A razón pola que cada día máis xente non cree o que di a prensa en Occidente, é porque nos meten sempre, non se dedican a informar, son armas en mans de oligarquías, a súa función é crear opinión, intoxicar, desinformar, facer propaganda e mentir cando o poder o decide.

Os medios de comunicación son aparatos de manipulación ao servizo do que manda, a súa su labor é intoxicar e crear opinión, que non informar, pois a desinformación é a base do seu traballo, a verdade é solo unha vítima e a propaganda a súa su única función. O que paga a tinta manda.

Non me creo nada do que din os medios de comunicación, nin sobre a Ucraína, nin sobre practicamente nada. Mentiron en Iugoslavia, en Iraq, en Libia, en Siria, en Afganistán, sobre o Sáhara Occidental, meten, calan, usan a desinformación e a intoxicación como sistema.

Os medios e os seus opinadores OTANISTAS dan moito noxo e moita vergoña allea. Os que mentiron sobre a guerra en Iugoslavia, Iraq, Libia, Afganistán, Vietnam, Iemen, Sáhara Occidental.etc...agora nos explican a guerra na Ucraína.

Nos meten nunha guerra e nos piden que paguemos a conta. A crise derivada de financiar a Ucraína na guerra e das sancións a Rusia a pagaremos nós, nin os nosos dirixentes, nin os donos dos medios, nin os oligarcas, nin os opinadores OTANISTAS, paga o Sr. pobo.

E como sempre lles funciona, a xente segue tragando sin pensar e creen estar informados porque o dixo a televisión.

"Canto te pagan os rusos?", é o nivel argumental do persoal que non quere que lles ensucien o relato oficial que se ten tragado sin mastigar. As neuronas no se mercan, nin se venden.

Opinadores a soldo da OTAN e dos medios hai uns cantos que se están forrando nestes días  

"É máis fácil enganar a xente, que convencelos que teñen sido enganados" (Mark Twain)

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
6 de abril de 2022 14:02
5 de abril de 2022 20:31
_______

Pintos somos todos, deso se trata, a sentenza é contra todos, ... André Abeledo Fernández


André Abeledo Fernández [*]
06.04.2022


Desde que se soubo o procesamento de Xesús Anxo López Pintos, exsindicalista da CIG, da que chegou a ser o seu Secretario Comarcal, polos feitos que sucederon no marco dunha protesta convocada polos comités de Navantia e Poligal, con motivo dun acto electoral do PP en Ferrol, no inicio da campaña das eleccións autonómicas de 2012,  sempre me manifestei publicamente en solidariedade con Pintos.

E como concelleiro en Narón promovín a presentación de mocións nos concellos da Comarca.

Tamén son sindicalista, e membro do Comité de Empresa de Mercadona, empresa na que se deu unha importante loita contra a represión patronal, polo despido dun traballador por participar na Folga Comarcal do 12 de Xullo de 2013. Ante este despedimento, desatou-se un importante movemento de solidariedade, no que Pintos xogou un importante papel,

O caso de Pintos é un exemplo do retroceso lento pero inexorábel no exercicio dos dereitos civís que se está a vivir no Estado español  e dos métodos represivos e antidemocráticos aos que a dereita neoliberal recorre para acalar aquelas voces críticas coas súas políticas de recortes.  Fronte a isto ratifícome na defensa "intransixente" do sistema de garantías e liberdades, conquista histórica do movemento obreiro. Sen un estado garantista non hai democracia.

Manifesto o meu total apoio ao compañeiro Pintos: Non é de recibo que o noso compañeiro poida entrar na cadea por participar nunha protesta unitaria onde estabamos todas e todos aqueles que defendíamos o futuro da comarca de Ferrolterra. Naquela protesta estaban representados sindicatos, comités de empresa, partidos políticos, etc. A consigna debería ser ou todos ou ningún.

Pintos non pode ser a 'cabeza de turco que meta o medo no corpo as traballadoras e traballadores que queiran facer uso a lexítima protesta na rúa.

O xuízo contra Pintos foi un xuízo contra a clase traballadora máis consciente, e supón a aplicación máis desapiadada da inxusta 'lei mordaza'. Dende a esquerda a idea de que as traballadoras e traballadores poidan pagar con cadea a súa participación en protestas é inadmisible.

Unha sentenza para asustarnos a todos, a clase traballadora. O Supremo demostra con esta condena pola carga policial na que resultou ferido o noso camarada que é unha ferramenta política de represión, que non de xustiza.

A sentenza contra Pintos é un intento de maternos a todos o medo no corpo, para conseguir o noso silencio e que o medo nos paralice.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
3 de abril de 2022 17:29

_______

venres, abril 01, 2022

Ucraína versus Sáhara Occidental. A política internacional non ten corazón, nin vergoña, ... Por André Abeledo


Por André Abeledo [*]
01.04.2022


O Sáhara Occidental está ocupado ilegalmente e militarmente por Marrocos, unha invasión, unha guerra, miles de desprazados, todo un pobo secuestrado na súa propia terra ou vivindo nos campamentos de refuxiados en Alxeria.

Marrocos ata ten chegado a levantar un muro da vergoña ao estilo de Israel, ten levado  mesma política de colonización que leva adiante Israel en Palestina.

-Onde están as sancións económicas a Marrocos?

-  Para cando o envío de armas ao Fronte Polisario, para que poidan defenderse e loitar contra a ocupación?

-  Cando se vai a prohibir a Marrocos participar en competicións deportivas?

-  Cando imos a recoller fondos nos Supermercados para os refuxiados saharauís?

-  Cando lles imos a dar a residencia?

-  Cando se vai a prohibir a Marrocos participar nas competicións deportivas?

O Sáhara Occidental ten sido entregado a Marrocos e o pobo saharaui ten sido traizoado unha e outra vez.

España é o primeiro responsable, o Sáhara Occidental era a Provincia número 53, os saharauis eran cidadáns españois cando Marrocos invadiu o territorio na chamada "Marcha Verde". As tropas españolas se retiraron dun xeito vergoñento condenando ao Sáhara Occidental a ocupación e a unha guerra que non podían gañar, pois o seu su exército, o exército español, os tiña abandonado.

España impón sancións a Rusia, pero Marrocos non o fai. España esta na OTAN e tamén os EEUU, pero Marrocos esta sendo armado e asesorado militarmente polos EEUU.

EEUU, o seu presidente Donald Trump, como último acto do seu goberno recoñeceu a soberanía de Marrocos sobre o Sáhara Occidental. Pola súa parte Marrocos recoñeceu a Xerusalén como capital de Israel. E agora España recoñeceu a soberanía de Marrocos sobre o Sáhara Occidental.

En política internacional, xeoestratexia e xeopolítica, palabras como honor, xustiza, verdade, honestidade ou lealdade non teñen ningún valor, non ten nin corazón, nin vergoña.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
31 de março de 2022 20:44

_______

martes, marzo 29, 2022

Artigos de André Abeledo - A verdade é sempre a primeira vítima da guerra, e a información convértese en propaganda - Opinar como deporte de risco


A verdade é sempre a primeira vítima da guerra, e a información convértese en propaganda

Rusia vai ao seu ritmo na guerra da Ucraína, saben que non haberá resposta militar no territorio ruso, eso é imposible.

Rusia conta co apoio incondicional de China, un aliado que lles fará gañar tamén a guerra económica, a militar téñena gañada.

Namentres aquí a prensa cóntanos contos, dedica horas a apelar aos baixos instintos, a fomentar a rusofobia, a contarnos historias terribles sobre o que os rusos fan na guerra, historias que raramente van acompañadas de imaxes e case nunca de probas.

Rusia aínda non ten respondido as sancións económicas. Máis conta co apoio incondicional da maior potencia económica do mundo, China é un apoio sin fisuras por moito que dende Occidente taentese poñer este feito en cuestión.

Para corroboralo é suficiente con ler o Global Times, a versión exterior do Diario do Pobo, do Partido Comunista de China, un diario completamente posicionado con Rusia na guerra da Ucraína.

O bombardeo en Iugoslavia, algo que China «nunca esquecerá».

«Como remanente da Guerra Fría, a OTAN continúa expandindo o seu alcance xeográfico e rango de operacións. ¿Qué tipo de papel ten desempeñado na paz e a estabilidade mundiais?», ten dito un voceiro chino.

La estratexia rusa no ten como prioridade ocupar Kiev, ni tampouco destruílo, va paso a paso.

Rusia ten amosado ao non usar a súa abafadora superioridade aérea para bombardear a Ucraína, que non quere facer o mesmo que EEUU e os seus satélites, na guerra de Iugoslavia, de Irak, de Libia, ou máis recentemente en Siria.

Járkov e Mariupol son excepcións. Por unha banda están dentro do territorio do Donbás e deben pasar a control das repúblicas autodeterminadas; e tamén porque o exército ucraíno e os neonazis do Batallón Azov se teñen atrincheirado en ambas cidades, cos civís como escudo.

Por moito que en Occidente queira poñer a estas cidades como exemplo de unha resistencia "Numantina" contra o invasor, a realidade é que a resistencia ucraína non é tan forte como nos din, o amosan as centenares de poboacións teñen sido ocupadas polas tropas rusas sin problemas, nin resistencia.

Zelenski segue coa idea de que é preciso provocar unha terceira guerra mundial como saída a guerra, tolos no poder?, psicopatas?. "Si estos intentos de negociar fracasan, eso suporá a terceira guerra mundial", ten manifestado o presidente ucraíno.

O presidente da Ucraína, Zelenski, ten anunciado que suspende a actividade de varios partidos políticos, todos de esquerdas ou pro-autonomía. Na Ucraína xa estaban ilegalizados os partidos comunistas, agora tamén ilegalizan os socialistas. Algo dificilmente de defender dende un punto de vista "democrático".

Vladi Orlov xogador de baloncesto - nado en Jarkov -"... levamos 8 anos en guerra nos que se está bombardeando esa parte do país e iso non sae na televisión. O Exército ucraíno arrasaba con todo e non temos visto a esos mortos nos medios. Sinto moita rabia".

Occidente considérase o embigo do mundo, cando falan de comunidade internacional dende Occidente, refírense tan solo a un grupo de países que "representa", de aquela maneira, como moito a un 11% da poboación mundial.

O mundo esta cambiando e o imperio se resiste.


Opinar como deporte de risco

Os de ultradereita dinme comunista, roxo de merda, vaite para Cuba ou para Venezuela, agora tamén me din pro-ruso e vaita para Rusia, iso sí, ningún se ofrece a pagarme o billete de avión.

Tamén algúns da nova esquerda dinme fascista e acúsame de ser un infiltrado que busca romper a suposta unidade ao dicir o que penso sin autocensura.

E todos o fan polo mesmo motivo, por tentar dicir a verdade, aínda cando a verdade non esta de moda.

Vivimos tempos onde opinar é deporte de risco.

Unha das cousas que máis me fode ultimamente, é que digan que o Goberno español é social-comunista, porque que os que queremos un Goberno social-comunista estamos ben fodidos porque non o temos.

Persoalmente procuro non caer na trampa da autocensura por medo a nadar contra corrente, tento fuxir da hipocrisía.

Exemplo de hipocrisía: Rexeitar a ocupación rusa da Ucraína e aceptar a ocupación marroquí do Sáhara Occidental. Enviar armas aos ucraínos namentres traizoamos ao pobo saharauí, abrir as portas a refuxiadas ucraínas, mentres as pechamos nos fociños aos saharauís.

O "goberno máis progresista da historia", pasará aos libros de historia, por ser o que consumou a traizón definitiva ao pobo saharauí. E sinto non no poder calar ante semellante infamia indecente.

O Sáhara Occidental ten sido traizoado unha e outra vez por España. Agora se ten escrito un novo capítulo de vergoña "Made in Spain".

Non teño asimilado a nova linguaxe de "Barrio Sésamo" dos de abaixo contra os de enriba. Quédome co linguaxe de "barrio obreiro" de explotados contra explotadores.

"Non son nin de esquerdas, nin de dereitas" é o que dicía José Antonio Primo de Rivera, o fascista fundador de FALANGE, así que coidadiño cos discursos da inconsistencia progre e do fascismo que se esconde detrás do populismo da nova-vella ultradereita de VOX.

A falsa esquerda tarde ou cedo tense que posicionar, e cando se posiciona sae o "progre" que leva dentro, "non hai peor fascista que un burgués asustado".

A definitiva TRAIZÓN ao pobo saharaui, amosa a hipocrisía de Occidente. Ucraínos SÍ pero saharauis NON.

A nosa a posición ante os dramas humanos e as guerras marcada polo número de horas en televisión, a tendencia dos titulares, a raza e a relixión das vítimas, e por enriba de todo e ante todo polos intereses económicos das grandes multinacionais e das oligarquías.

Porque mira que temos tragado sapos co conto recorrente de que "ven a dereita", con as políticas do "mal menor", e claro que ven, ¿pero acaso estas estratexias a teñen freado?, ¿ou a teñen alimentado?.

A estratexia da nova esquerda de chamar a "unidade" dende o personalismo, a inconsistencia ideolóxica, e a renuncia as "liñas vermellas", para crecer electoralmente, ten axudado, ao meu xuízo, a que medre a ultradereita.

Algo que non solo ten pasado no Estado español, pero que segue acontecendo. Non sei cal é o motivo; ¿non o ven?, ¿non lles importa?, ¿son uns inconscientes?, ou simplemente pisar moqueta e ter unha posición cómoda e un salario envexable os ten feito conservadores.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
21 de março de 2022 13:42
28 de março de 2022 11:29

_______

luns, marzo 21, 2022

Artigos de André Abeledo - A traizón de España ao Sáhara Occidental, un acto vergoñento que pasará a história - Ucraína unha parte do taboleiro dun xogo perverso - Folga ou paro patronal?, o problema é si hai motivos e se poñen solucións


A traizón de España ao Sáhara Occidental, un acto vergoñento que pasará a historia

saharauí: Rexeitar a ocupación rusa da Ucraína e aceptar a ocupación marroquí do Sáhara Occidental. Enviar armas aos ucraínos mentres traizoamos ao pobo saharauí, abrir as portas a refuxiadas ucraínas , mentres as pechamos nos fociños dos saharauí.

O "goberno máis progresista da historia", pasará aos libros de historia, por ser o que consumou a traizón definitiva ao pobo saharauí.

O Sáhara Occidental ten sido traizoado unha e outra vez por España. Agora tense escrito un novo capítulo de vergoña "Made in Spain".

Venden que ten sido buscando a estabilidade nas fronteiras, di o PSOE, e os outros lo fan medido por rendibilidade electoral no caso de UP.

Pero nada pode tapar a vergoña de traizoar unha vez máis ao pobo saharaui e de entregar o Sáhara Occidental a ditadura de Marrocos.

A autonomía do Sáhara Occidental proposta pola Monarquía sátrapa de Marrocos, sin o dereito a autodeterminación, significa a adhesión do Sáhara Occidental por parte de Marrocos, significa deixar sin capacidade de decisión ao pobo saharauí, e pasar por enriba de todas as resolucións internacionais contra a ocupación ilegal, é un acto de TRAIZÓN e desleixo da responsabilidade histórica que o Estado español ten para co pobo saharauí.

Me ven a mente cando en Tinduf, en novembro de 1976. Felipe González dixo aos saharauís : "Vosa experiencia é a de ter recibido moitas promesas nunca cumpridas. Comprométome coa historia. O noso partido estará con vos ata a vitoria final”. Que vergoña.

Alxeria ten chamado a consultas ao seu embaixador en Madrid polo cambio de posición do Goberno sobre o Sáhara. Están "moi sorprendidos" polo apoio de España ao proxecto de Marrocos. Como nos corte Alxeria o gas ímonos cagar, ademais de traidores, son parvos de carallo.

Por outra banda hai que lembrar unha vez máis a UP que o Goberno é un, para o bo e para o malo, e cando non se pinta nada no goberno, si realmente se é un "0" a esquerda, para que estar?, polo salario ou polo sillón?. Non se pode ser e non ser parte dun Goberno a vez, cando conveña.

A nova traizón do Goberno progre ao Sáhara Occidental é unha canallada.

O goberno "progre" español traizoa unha vez máis ao Sáhara Occidental, por enésima vez.

O Sáhara Occidental foi ocupado ilegalmente e pola forza por Marrocos cando aínda era protectorado español.

Marrocos se ten pasado polo forro o dereito internacional e tódalas resolucións, e agora o Estado español únese aos EEUU e Israel para dar o visto bo a ocupación definitiva.

EEUU reitera o seu apoio ao plan de Marrocos para o Sáhara tras o respaldo español.

EEUU reitera o seu apoio ao plan de Marrocos para o Sáhara Occidental tras o respaldo español, que apoia a iniciativa de Marrocos para el Sáhara Occidental como o xeito "máis realista" de resolver un conflito de case cinco décadas. TRAIZÓN con maiúsculas mentres lambe as botas de EEUU.

A falsa esquerda tarde o cedo tense que posicionar, e cando se posiciona sae o "progre" que leva dentro, "non hai peor fascista que un burgués asustado".

A definitiva TRAIZÓN ao pobo saharaui, amosa a hipocrisía de Occidente. Ucraínos SI pero saharauís NON.

TRAIDORES!

Debemos recuperar a memoria sobre a nosa historia e entenderemos ata onde chega a nosa responsabilidade co Sáhara, este non é un conflito alleo, foi creado por España e temos o deber moral de non esquecer a un pobo irmá.

¡Goberno traidor!.

¡VIVA O SAHARA LIBRE!


Ucraína unha parte do taboleiro dun xogo perverso

Nestes días se teñen sucedido as execucións de ucraínos por "equidistantes", "prorrusos", ou "desertores", disto os medios non informan.

España e a UE solo dan asilo a mulleres e aos nenos, considerando aos homes que tentan fuxir do conflito como "desertores", participando da política da Ucraína de non deixar saír da Ucraína aos homes de 18 a 65 anos e obrigarlles a loitar senón queren ser executados por traidores.

Queren escapar da guerra.

Cruzando o monte o vestíndose de muller: así intentan fuxir da guerra os desertores ucraínos.

Os homes maiores de 18 anos que non teñan máis de tres fillos a cargo, sexan viúvos ou presenten problemas de saúde están obrigados a quedarse na Ucraína.

A todo eso como lle chamamos?.

É unha guerra que empezou en 2014 no Donbás, cuns 14.000 mortos antes do comezo da guerra entre Rusia e a Ucraína.

Unha guerra que non lle importou a ninguén ata que os nosos políticos e os medios de comunicación o decidiron.

Triste é a sucia realidade.

Os únicos inocentes son os civís mortos dende 2014 ata o día de hoxe, pero os únicos que importan a Occidente e os seus medios de comunicación son os dos últimos 20 días.

A OTAN quería esta guerra, que aos EEUU lles convén dende un punto de vista económico e xeoestratéxico.

Ucraína se ten deixado usar para desestabilizar a Rusia e agora Zelenski tenta conseguir unha terceira guerra mundial, e de facer a guerra o máis longa e cruenta posíbel.

Todo é beneficio para los EEUU, una guerra lonxe de sus fronteiras, en Europa, y dos economías que quedarán maltrechas, la de la UE y la de Rusia.

La UE será máis dependente dos EEUU, e  refórzase a OTAN como sempre teñen querido os Ianquis, os seus socios europeos poñerán agora máis diñeiro.

Ucraína é solo un escenario para a OTAN, unha parte do taboleiro xeoestratéxico onde se xoga a partida de quen vai a gobernar o mundo.

Ucraína e a UE son os parvos útiles dos EEUU.

Mentres China solo ten que sentarse a mirar, non é o seu problema e sacará beneficio tamén deste movemento no taboleiro xeoestratéxico.

China apoiará a Rusia porque é un socio necesario para próximas batallas no mencionado taboleiro xeoestratéxico e xeopolítico mundial.

Haberá un gran perdedor a Ucraína.

Zelenski segue defendendo os intereses da OTAN na rexión, sendo un monicreque .

A UE tamén pagará caro o seu vasalaxe aos EEUU e a OTAN, "paga pantas" se lles pode chamar.


Folga ou paro patronal?, o problema é si hai motivos e se poñen solucións

A folga é un dereito constitucional que non podemos permitir que se poña en entredito por parte de ninguén. Os paquetes informativos son unha ferramenta, como os sindicatos son un contrapoder para defender aos traballadores dos abusos e as ameazas da patronal.

Unha "folga" non é un "paro patronal", as "folgas" fan-nas os traballadores asalariados e os "paros" fan-nos a patronal.

Tamén hai que distinguir entre empresario e autónomo, moitas grandes empresas se aproveitan dos autónomos para poñer todo o peso dos custos sobre os seus ombros, algo que nestes tempos de crise se fai insostible para quen teñen que asumir custos de combustible ou enerxía.

O goberno quere atallar o "paro" do transporte reuníndose coas plataformas maioritarias, cando esas plataformas non teñen convocado a folga.

Algo parecido a cando consideran e venden a CCOO e UGT como os representantes de tódolos traballadores.

Como exemplo en Galiza, sindicato maioritario é a CIG, e en Euskadi CCOO e UGT tampouco son maioritarios.

CCOO e UGT cada día son vistos menos como sindicatos de clase e máis como parte de recursos humanos das empresas, cando non como parte del aparato represor empresarial cando os traballadores esixen os seus dereitos, como por exemplo ocorre en Mercadona, empresa onde son delegado de persoal da CIG.

Cando o Goberno di que se reúne cos representantes dos traballadores mente, se reúne cos sindicatos amigos da patronal, CCOO e UGT.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
18 de março de 2022 17:08
18 de março de 2022 17:32
20 de março de 2022 21:32

_______

venres, marzo 18, 2022

Folga do transporte, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
18.03.2022


Folga do transporte

A folga do transporte me ten sorprendido para ben, son consciente do difícil que é sacar adiante unha folga e aínda máis cando as plataformas maioritarias do sector e a patronal non a apoian.

Nesta ocasión teñen conseguido que a pesar que non parecía que se desen as condicións obxectivas e subxectivas, e que os medios de comunicación os ignorou dende o principio, sacar adiante unha folga e facerse notar, non deixando aos medios de comunicación máis remedio que comezar a informar.

Outra cousa é que a falta dunha organización político sindical que lle dea unha dirección a protesta, provoca un caos que é contraproducente.

Non pode ser que os pescadores non podan transportar e vender o peixe fresco, ou que os pensos non cheguen as explotacións gandeiras.

Os participantes na folga e os seus convocantes deben buscar unha solución rápida, porque o desabastecemento de produtos básicos, ou non ter en conta a necesidade de que certas cousas sigan funcionando, dende hospitais, ata farmacias, pasando polos portos pesqueiros, ou as explotacións gandeiras, tarde ou cedo lles pasará factura as súas reivindicacións.

Porque as reivindicacións poden ser xustas e razoables, pero as protestas deben tamén ser xustas e razoables para non perder a razón, que a teñen.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
17 de março de 2022 13:48

_______

martes, marzo 15, 2022

Artigos de André Abeledo - Medidas reais e xustas contra as súas crises, as crises dos oligarcas, as crises que os enriquecen a eles e nos empobrecen a nós - Refuxiados de primeira, segunda e terceira categoría - Josep Borrell a voz da hipocrisía de Europa


Medidas reais e xustas contra as súas us crises, as  crises dos oligarcas, as crises que os enriquecen a eles e nos empobrecen a nós

Si estamos en guerra, si as medidas económicas que teñen tomado contra Rusia nos van a afundir nunha crise sin precedentes, tomen medidas especiais, para protexer a los máis vulnerables.

Control de prezos de combustibles, enerxía, alimentación, medicamentos, e todo o esencial por parte do Estado.

Devolución do préstamo de 68.000.000.000 de euros prestados aos bancos, nacionalización das compañías eléctricas para terminar cos abusos, control de prezos das compañías telefónicas e Internet, medidas reais para defender os intereses da clase traballadora e dos vulnerables.

Ana Botín di que temos que poñer a calefacción a 17°, eso si seguimos pagando a electricidade a prezo da enerxía máis cara, o gas, cando a maioría proveñen doutras fontes. Para Ana Botín o non querer vivir conxelado esta moi mal, pero a usura esta ben claro.

A UE o gas vaillo vender EEUU moito máis caro, tamén o trigo e os cereais os venderán a prezo de ouro, o petróleo seguirá subindo, e os combustibles, e o transporte de mercadorías que encarecerá a súa vez a cesta da compra. Perdemos os de sempre e gañan eles.

Ao renunciar a soberanía alimentaria, e decidir adicar os montes e os campos a plantar eucaliptos, estábamos sementando o que recollemos, faltan pensos e fertilizantes para a nosa gandería e a nosa agricultura, falta millo, trigo, cebada. Por politicuchos sin patriotismo e visión de futuro, renunciamos no seu momento a ter un sector primario con capacidade para abastecer o mercado interno.

Afogar economicamente a Rusia, levar a Rusia a un calexón sin saída, lévanos inexorablemente a un conflito global e seguramente atómico. Estamos dirixidos por tolos, por irresponsables, por psicópatas?, parece que non ten ninguén ao volante en ningunha parte.

En resumo, esta é unha crise provocada por as medidas dos nosos dirixentes para bloquear economicamente a Rusia, unha vez máis somos os cidadáns os que segundo os nosos dirixentes debemos apretarnos o cinto e sofrer as consecuencias, como si ese fose o único camiño, e non é verdade, existen outros camiños, que os que rouban ao pobo deixen de facelo.

Cando escoito aos nosos dirixentes, tanto no Estado español, como na UE, falar sobre o conflito na Ucraína, doume conta do drama que estamos a vivir, estamos en mans de ineptos, estúpidos, charlatáns e boca chanclas, nun momento no que precisamos estadistas.

"Qué época tan terrible esta en que uns idiotas gobernan a uns cegos" (William Shakespeare).

Si hai escaseza de alimentos, si chegamos a pasar fame, si aumenta a pobreza e as desigualdades, a culpa non será de Rusia, nin da guerra na Ucraína. A culpa será dun sistema onde as crises as pagamos sempre os mesmos, e duns dirixentes inútiles e irresponsables.


Refuxiados de primeira, segunda e terceira categoría

En Europa non todos os refuxiados son benvidos, non todos os seres humanos son iguais, non todas as guerras e invasións importan, a raza e a relixión si importan.

Os refuxiados ucraínos son recibidos cos brazos abertos, pero os sirios, afgáns, saharauís, iemenís, etc. Eso vese de outra cor e os medios xa non están preocupados por esa xente de segunda categoría nos estándares europeos racistas e xenófobos.

As caravanas de migrantes  que fuxen  de guerras, conflitos, xenocidios, fames, conflitos e a miseria son innumerábeis, as vexamos ou non na televisión.

Israel e Arabia Saudí realizan guerras de exterminio contra Palestina e o Iemen. Unhas guerras covardes que contan co silencio cómplice de Occidente. Xenocidios que deberían avergoñar e escandalizar ao mundo, pero que a ninguén parece importarlles.

Catástrofe sobre catástrofe humanitaria en Haití con protestas nas rúas contra os gobernos títeres de EEUU que matan ao seu pobo de fame e o reprime brutalmente.

Caravanas de migrantes en Centroamérica que fuxen das ditaduras impostas dende os EEUU na zona e atópanse co muro da vergoña e o odio sementado por personaxes como Donald Trump.

A ocupación ilegal do Sahara Occidental por parte do exército de Marrocos que obriga a un pobo a vivir exiliado no deserto de Alxeria dende fai máis de 40 anos, tampouco lle interesa fai tempo aos medios de comunicación e polo tanto é invisíbel.

Catástrofes humanitarias en África, Sudán, Somalia, Mozambique, vítimas de catástrofes, guerras e conflitos eternos.

A venta de escravos en Libia, despois de que Francia e EEUU decidisen destruír o Estado libio para roubar os seus recursos e a deixasen en mans de extremistas relixiosos e señores da guerra.

Todo isto e desgraciadamente moito máis, está ocurrindo agora, pero o mundo mira cara outro lado.

O mundo solo ten ollos para a Ucraína porque así o teñen decidido os gobernos e os medios de comunicación e manipulación de Occidente


Josep Borrell a voz da hipocrisía de Europa

Escoitar a Borrell, que é un señorito moi aseñorado con salario millonario e traballo garantido, facendo chamamentos a austeridade e a resistencia aos cidadáns europeos. Oílo dicir que nos vaiamos acostumado a soportar o frío, a acender as velas, a ser máis pobres, en nome da guerra na Ucraína. É dunha hipocrisía impresentable.

Josep Borrell fálanos de épica, resistencia e austeridade dende o seu cargo millonario na UE. Di que aos europeos deberíannos espertar as bombas as 5 de la mañá para abrir os ollos a realidade. Ignorante miserable, ti que saberás da vida dos cidadáns?, acaso a subida do prezo da vida vai a afectar a alguén que gaña case 400.000 euros anuais?.

"O meu consello, a miña petición, de que a xente aforre gas para non ter que importar gas ruso non vai cos españois, porque os españois non consumen gas ruso, pero para o resto de Europa si". Borrell aínda parece máis hipócrita e afastado da realidade cando tenta matizar as súas declaracións, patético.

Os discursos de Borrell ao Churchill na segunda guerra mundial, serían para rirse de non ser porque este personaxe é o voceiro de Europa, vamos que fala en nome de tódolos membros da UE cando chama a poboación a prepararse para o peor e aprender a sufrir.

Por outra banda a hipocrisía é compartida, porque Occidente na Ucraína ten unha actitude oposta que no mundo árabe. Glorifican a resistencia contra os rusos e cualifican de "heroes" a quen combate as súas tropas. Mentres os palestinos que combaten ao exército israelí nos territorios ocupados son cualificados de "terroristas"

Obradovic, técnico do Partizán de Belgrado: "Non lembro que a xente falase tanto cando o meu país, Serbia, foi bombardeado". "Non vin a xente reaccionar e falar tanto. Tamén en Irak, en Siria e en Afganistán... estou en contra de calquera tipo de guerra, é terrible...". "Non se coñece momento na historia do mundo, en que a mentira sistemática se teña practicado con menor vergoña, ou polo menos, e grazas a tecnoloxía moderna, de maneira maior e máis eficiente ou a maior escala, que polos ditados políticos desta idade"

Medidas como o adeus a tódolos McDonalds de Rusia ata novo aviso. Os rusos quédanse sin Big Macs, McNuggets e McFlurrys. A verdade non creo que poda considerarse unha mala noticia para os rusos, por riba de todo para as arterias, o colesterol alto, a obesidade infantil e a saúde en xeral.

"As sancións económicas impostas a Rusia ou a marcha das multinacionais do país buscan premer a Putin. Pero poderían ter un efecto contrario e que os cidadáns se sintan atacados e pechen filas entorno ao seu presidente". (Elena Bogush, historiadora e socióloga rusa).

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
10 de março de 2022 14:51
10 de março de 2022 20:05

13 de março de 2022 15:13
_______

xoves, marzo 10, 2022

Artigos de André Abeledo - Guerra, Pandemia, crises...sempre perdemos os mesmos - Guerra na Ucraína: drama, censura e hipocrisía. Non penso odiar a Rusia


Guerra, Pandemia, crises...sempre perdemos os mesmos.

As sancións económicas que Europa vaille a impoñer a Rusia van a rebentar as economías dos cidadáns europeos.

Haberá oligarquías que en tempos de crise se enriquezan aínda máis, pero sen dúbida os pobos de Europa serán máis pobres.

A UE aplica medidas de bloqueo económico a Rusia, unhas medidas que non serven para nada a hora de parar a guerra na Ucraína. Pero que afectan dramaticamente a economía dos cidadáns europeos e van a empobrecernos a todos, menos a uns poucos que se farán aínda máis ricos.

Borrell e os seus compinches na UE non defenden os intereses dos cidadáns europeos, ao adoptar medidas de bloqueo a Rusia que son un tiro no pé para a economía dos pobos da UE, medidas contra Rusia que non serven para parar a guerra en Ucraína. A quen serven?.

A UE envía armas a Ucraína para tratar que a guerra sexa longa e cruenta posíbel, que o conflito se enquiste, a sabendas de que a Ucraína non pode gañar a guerra e que o bloqueo económico afectará dramaticamente aos cidadáns europeos. Borrell pídenos que apaguemos a luz.

Namentres denuncian censura en Rusia; Borrell anuncia un “mecanismo para sancionar actores nocivos que desinforman” na UE.

O xefe de diplomacia no Parlamento Europeo:  "Ten que haber algunha garantía para que a información non sexa un elemento que contamine as mentes".

A prensa utiliza titulares tendenciosos e toma partido namentres fomenta a rusofobia.

Entre os ucraínos a opinión sobre a invasión non é tan unánime como nos venden. A realidade é máis complexa que un enfrontamento entre bos e malos. A verdade non importa o que importa é o relato.

A propaganda usa os chamados "Verificadores de información independentes": dise de aqueles que deciden que noticias son falsas e cales non segundo os intereses da empresa que lles paga.

Antigamente xa existían pero formaban parte da censura do Estado.

A primeira vítima da guerra é a verdade e na guerra a información máis que nunca é propaganda.


Guerra na Ucraína: drama, censura e hipocrisía. Non penso odiar a Rusia

Hipocrisía é cando no valado de Melilla recibise a golpes devolvese en quente aos que escapan das guerras en África, da fame, a miseria, da escravitude, ou da ablación, namentres anunciamos que daremos residencia e acolleremos a todos os refuxiados da Ucraína.

Hipocrisía é dar as costas e non ver a guerra e o xenocidio no Iemen e Palestina perpetrados por Arabia Saudí e Israel, esquecer as mulleres no Afganistán Talibán, dar as costas ao pobo saharauí que ten o seu territorio ocupado por Marrocos, e so querer ver a Ucraína.

Hipocrisía son as bandeiras da Ucraína ata na sopa, non me parece mal, pero boto en falta moitas outras bandeiras; Palestina, Sáhara Occidental, Kurdistan, Iemen, Sudán, Somalia, Libia, Siria, Donetsk, e un longo etcétera de bandeiras de países en guerra, en conflito, con fame de todo.

Hipocrisía: cando maltratamos aos que saltan o valado de Ceuta ou Melilla, ou tentan cruzar o mar Mediterráneo, fuxindo de guerras provocadas por Occidente, da fame, de ditadores, da escravitude na Libia destruída polos OTANISTAS, da ablación as mulleres en África, da morte e da miseria... pero eles son negros, ou morenos, non son racialmente aceptables para Europa, non son xeopoliticamente ou xeoestratexicamente interesantes, ou non teñen materias primas que roubar para Occidente.

É interesante escoitar como un militar español, o coronel Baños, que é un experto en intelixencia militar e xeopolítica, nos fala nun canal xeneralista español de como no Estado español os medios de comunicación desinforman, intoxican, minten e están ao servizo da OTAN e dos EEUU cando falan sobre o conflito en Ucrania.

Europa e Occidente, apostan pola censura e a propaganda en relación a Ucraína. Queda prohibida calquera opinión, ou información, que poida estragar o relato oficial.

Dende prohibir aos cidadáns europeos informarse en medios rusos, ata a censura en redes sociais a modo de bloqueos, contas restrinxidas, ou eliminación de contidos ou directamente de usuarios.

Por outra banda asistimos a censura cultural  ademais da política e económica, como as cancelacións e boicots as producións rusas, que van dende a música clásica, ata o arte, o teatro, teñen xerado reaccións encontradas: dende os que entendemos que é un acto de censura hipócrita e estúpido, aos que o asumen como unha medida de presión inexorable.

Ou o castigo ao deporte ruso, un castigo xamais visto antes, en ningunha invasión anterior ou actual.

Non me cabe na cabeza que o xefe da diplomacia española e europea, Josep Borrell, este facendo este tipo de declaracións incendiarias. Non podo entendelo. Non sei si Borrell é un idiota, un imbécil ou un irresponsable. Ou si realmente Josep Borrell esta mal da cabeza.

Non me van a obrigar a odiar a Rusia, nin ao pobo ruso, o mundo debe moito aos pobos da antiga URSS, eles esmagaron a Alemaña NAZI e foron os que fixeron o maior esforzo e sacrificio para liberar Europa.

Rusia destaca pola súa cultura, a súa u literatura, a arte, o seu deporte...é un país continente.

Ademais a guerra na Ucraína pon sobre as nosas mesas a importancia de ter soberanía alimentaria, de ter unha agricultura capaz de alimentar por si mesma a poboación do noso territorio si é preciso, a importancia de apostar polo sector primario para ter soberanía.

As reservas de millo e trigo, na Galiza, están baixo mínimos. O gran xestor Feijóo, suplirá estas carencias, con eucaliptos supoño. Non é a guerra, é a renuncia a soberanía alimentaria a que nos pon entre a espada e a parede.

Rusia non ten a culpa de todo e o empobrecemento dos pobos de Europa é responsabilidade dos gobernos de Europa e das súas políticas.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
9 de março de 2022 16:04

_______

Foto: Ukraine on Fire (2016) |Fanny Sage in Ukraine on Fire (2016)_______

domingo, marzo 06, 2022

Artigos de André Abeledo - Armas para a Ucraína - A rusofobia é froito da irresponsabilidade dos medios de comunicación


Armas para a Ucraína

Armas para que a guerra sexa o máis longa e cruenta posíbel, para que a guerra desgaste a Rusia e para conseguir que morran en combate, nesta guerra, cantos máis soldados rusos mellor. Ese obxectivo so pode conseguirse a base de ucraínos mortos, moitos máis que soldados rusos.

Armas para que resistan, pero non para que gañen a guerra, porque todos sabemos que a Ucraína non poida gañar a guerra.

Armas para que se maten eles, porque é seguro que nin Europa, nin a OTAN van a enviar tropas a unha guerra que non se pode gañar.

Armas para facer o conflito o máis longo e custoso posíbel para Rusia e non digamos xa para a Ucraína que pagará un prezo moito máis alto e morte e destrución das súas infraestruturas.

Armas para a Ucraína por ser un pobo invadido, que o é, pero esas armas non se lle dan ao pobo palestino, un pobo que non ten nin sequera un exército e que é agredido e bombardeado a diario por Israel, nin ao pobo saharauí, que ten o seu territorio ocupado por Marrocos, nin ao pobo iemení, porque no  Iemen as armas se lle venden ao agresor e xenocida, Arabia Saudí.


A rusofobia é froito da irresponsabilidade dos medios de comunicación.

A rusofobia está sendo creada polos medios de comunicación e alimentada polos medios de comunicación. Un erro histórico e un xeito de botar leña ao lume do conflito en Europa. Sementar odio é o mellor camiño para colleitar un futuro de violencia.

A irresponsabilidade dos medios de comunicación e do relato oficial dos políticos alimenta a rusofobia. Os primeiros actos de odio, de violencia e de acoso a comunidade rusa son responsabilidade directa duns medios de comunicación irresponsables que fan espectáculo coa guerra.

Rusofobia e chamamentos absurdos ao boicot a produtos rusos: vodka, ensalada rusa,.., a ensalada rusa?, en serio?, ata hai un restaurante que lle ten cambiado o nome a ensalada rusa, pero imos ver almas de cántaro, a ensalada rusa, non é rusa, nin a tortilla francesa é francesa.

O xornalista español Pablo González, encarcerado en Polonia, un socio da OTAN e da UE, onde o teñen acusado de espionaxe.

O seu avogado ten confirmado que ten estado tres días illado e sometido a interrogatorios. Occidente non quere que se informe sobre o conflito en Ucraína. Solo se acepta a propaganda oficial.

Dá medo a facilidade con que a maquinaria dos medios de comunicación se poñen en marcha para dicirnos cando temos que chorar e cando non.

Sin dúbida temos a obriga ética e moral de axudar e acoller aos refuxiados que fuxen da guerra na Ucraína, en Siria, en Libia, de Afganistán, do Sáhara Occidental, de Palestina, do Iemen, do Kurdistan...e de calquera país do mundo, sen importar a súa raza ou relixión.

Cando un momento histórico como o actual nos pon contra a espada e a parede, dándonos a escoller entre manter a coherencia e a dignidade ou deixarnos levar pola poderosa maquinaria de propaganda, para alguén realmente de esquerdas a única decisión posible é a da verdade.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
4 de março de 2022 12:26
4 de março de 2022 19:06

_______

xoves, marzo 03, 2022

Artigos de André Abeledo - O drama da Ucraína e a incoherencia da suposta esquerda - Ucraína, Rusia, Donetsk e o Estado español - A primeira víctima da guerra é a información - Os medios sobre a Ucraína, espectáculo e parcialidade


O drama da Ucraína e a incoherencia da suposta esquerda

Cando un momento histórico como o actual nos pon contra a espada e a parede, dándonos a escoller entre manter a coherencia e a dignidade ou deixarnos levar pola poderosa maquinaria de propaganda, para alguén realmente de esquerdas a única decisión posíbel é a verdade.

No Iemen seguen en guerra, o digo porque ten xente que non di nada, tamén en Siria, as mulleres en Afganistán e a poboación en xeral volven a estar baixo o xugo Talibán, o digo porque ten xente que xa non di nada, e na Libia destruída hai mercados de escravos, o digo porque ten xente que non di nada.

Hipocrisía: armas para que a Ucraína se defenda, as armas que non lles dimos ao Sáhara Occidental, Palestina, o pobo Kurdo, Iemen, e a tantos outros pobos que están sendo esmagados por potencias militares que ocupan o seu territorio e masacran a homes, mulleres e nenos, sin piedade.

Por estar na OTAN o Estado español ten bases dos EEUU no seu territorio e tamén miles de soldados norteamericanos, nesas bases mandan os Ianquis, iso tamén lle ocorre a Alemaña e a outros moitos países, pero ningún país da OTAN ten unha base nos EEUU.

A verdade non importa e a mentira é un arma política, ao estilo Goebbels, Ministro de Propaganda da Alemaña NAZI, unha mentira repetida mil veces convértese en verdade. Putin non é comunista, e o Partido Comunista ruso está na oposición, o saben, que non estorbe a verdade.

A ONU condena a invasión de Rusia con 141 votos a favor. Rusia, Bielorrusia, Siria, Corea do Norte e Eritrea votaron en contra. Os 35 países restantes, entre os que destacan China, India, Bolivia, Cuba, O Salvador, Nicaragua, Irán, Irak, Kazajistán ou Vietnam, abstivéronse.

A OTAN era, segue sendo e será unha organización belicista e terrorista que historicamente ten servido para arrasar Estados, de pacifista "0". Unha vez máis os que dicían OTAN "non", logo din de entrada OTAN "non", para logo dicir OTAN "si" en canto pisan moqueta e lles dan sillón.

Fose quen fose o presidente de Rusia, Putin ou calquera outro, de calquera partido, en relación a Ucraína e ao Ucraína actuarían dun xeito moi parecido. Rusia non podía permitirse non actuar, calquera potencia o tería feito, Rusia, EEUU, China,Reino Unido, Franza...

Falan de malos e bos, e segundo din eles a OTAN son os bos, millóns de mortos remexen-se nas súas tumbas.

Todos sabemos que Ucraína non pode gañar a guerra, é imposible, tamén é sabido que Rusia so ten usado unha moi pequena parte do seu  poderío militar, pero obxectivo armas aos ucraínos co obxectivo de que a guerra sexa o máis longa e cruenta posíbel.

Ucraína importa?

Ver a televisión, ler a prensa, ou escoitar a radio en Occidente é como ler os partes de guerra do ministerio de defensa da Ucraína, ou un comunicado da OTAN.

Miguel Sebastián (ex ministro e economista): “Estamos en Guerra, e temos que asumir os custes da Guerra. España ten que asumir os seus custes: o seu empobrecemento”

Non ten dúbida sobre quen van a pagar o prezo das medidas da UE, dende sancións a Rusia ata las armas para a Ucraína.

Yolanda Díaz Republicana pero co Rei, atea pero co Papa, de esquerdas pero coa OTAN, comunista pero co capitalismo, clase obreira pero con glamour. Vaianse ao carallo.

A Yolanda Díaz iríalle mellor fichando xa polo PSOE, porque o de montar outro proxecto socialdemócrata non me parece unha boa idea, a xente soe quedarse co orixinal, o orixinal é PSOE e Yolanda Díaz é o suficientemente pragmática para encaixar perfectamente no PSOE.

A suposta ala esquerda do suposto goberno de progreso ten amosado non ter plumas para voar, a operación "asaltar os ceos" queda abortada definitivamente. Cando toca elixir entre sillón e moqueta ou coherencia e dignidade, a ela e a el so lles interesan as súas lentellas.

A esquerda que ía a asaltar os ceos se baixa a os infernos para comprar o argumentario da OTAN. Envía armas ofensivas a Ucraína como axuda humanitaria ou axuda para a paz. Ou nos vende que a OTAN traballa para a paz no mundo. A esquerda domesticada pisou moqueta.

O envío de armas ofensivas a Ucraína como axuda humanitaria ou axuda para a paz é unha prostitución da linguaxe nivel Deus, como dicir que a OTAN traballa para a paz no mundo. A esquerda desnortada e traizoada.

Xa que España vai a enviar armas a Ucraína coa escusa de que é un país agredido e invadido, supoño que coa débeda histórica que temos e cos mesmos argumentos o seguinte é armar ao Frente Polisario para que poida loitar con Marrocos que ocupa ao Sáhara Occidental.

Josep Borrell co seu discurso en Spanglis falando da resposta ao agresor máis forte para defender ao débil, que memoria selectiva e que visión parcial, Iugoslavia, Irak, Libia, Siria, Palestina, Iemen, Sáhara Occidental, ¿donde estaba Europa?, ¿que ten que dicir Borrell?.

"É máis sinxelo enganar a xente, que convencelos que teñen sido enganados" (Mark Twain)


Ucraína, Rusia, Donetsk e o Estado español

A República de Donetsk se autoproclamou independientemente mediante un referéndum onde case o 90% da poboación votou pola independencia, a dita votación invitaron a  comunidade internacional para que puidesen comprobar a limpeza das votacións, tras a autodeterminación de Donetsk, Ucraína lles declarou a guerra para reintegrar a Donetsk pola forza das armas.

A guerra empezou en 2014, o que ten feito Rusia agora é recoñecer a República Popular de Donetsk como Estado independente.

O que me parece incrible é que xente que apoia o dereito a autodeterminación do Sáhara Occidental ou Palestina, ou o dereito do pobo Kurdo a ter unha nación propia, rasguense as vestiduras porque o pobo de Donetsk a conseguise e a defenda coas armas.

O que os mesmos que participaron na destrución de Iugoslavia como país,  e que armaron aos secesionistas de Croacia (auténticos fascistas), ou de Bosnia, a OTAN e Europa que bombardearon Belgrado durante 60 días e 60 noites, agora veñan defendendo a unidade de Ucraína por enriba de tódalas cousas, incluíndo por enriba dun referendo de autodeterminación do pobo de Donetsk.

Hipocrisía nivel Deus.

A OTAN  Europa impórtanlles a Ucraína porque está loitando contra Rusia o seu inimigo xeoestratéxico.

A cidadanía europea está moi sensibilizada pola cobertura mediática, case 24 horas, e tamén porque os ucraínos afgáns europeos, brancos, cristiáns e moitos deles loiros e de ollos azuis. Non son sirios, afgáns, africanos ou latinoamericanos. Esa é a triste realidade.

O PP di agora que hai que ter "altura de miras" para condenar a agresión "comunista" de Rusia..."que a verdade é que os comunistas están  invadindo un pobo soberano e libre como é a Ucraína".

Putin comunista? despois da brutal burrada todo o que digan queda inutilizado definitivamente.

A propaganda política e mediática chega ao ridículo máis vergoñento e tamén a hipocrisía máis noxenta.

Segundo Sara Fernandez, Especialista en Enerxía, Axencia Servizos de Luz:

Cales son as consecuencias do conflito entre Rusia e a Ucraína no mercado enerxético Español?

O 21 de febreiro Putin asinou o recoñecendo da independencia das rexións prorrusas ucraínas de Donetsk e Lugansk, enviando tropas a  zona. Tres días máis tarde, ordenou atacar con efectivos militares a rexión do Donbás. Desde entón o exército ruso ten atacado diversas rexións do país, incluída a capital de Kiev, poñendo en perigo a integridade mundial.

Como afecta a guerra ao Estado español

As principais consecuencias para o Estado español son e serán de tipo económico. Os expertos de compañías de luz afirman que o prezo de algúns produto de primeira necesidade verase afectado. Se prevé que o prezo do trigo aumente un 30% e o do millo un 20%, coas claras consecuencias sobre os prezos dos produtos finais feitos con estas materias.  

E non é o único produto que se ve afectado. A luz e o gas levan tempo con prezos desorbitados e se prevé que sigan a alza a causa do conflito.

Subida do gas

Un dos mercados que se ve máis afectado a causa do conflito entre Rusia e a Ucraína é o do gas. O país de Vladimir Putin proporciona aproximadamente o 40% do gas a Europa.  España é o país de la UE que menos dependencia ten respecto do gas ruso, cun 5%, porque gran parte do seu abastecemento procede dos países do norte de África.

Este enfrontamento ten encarecido os prezos do gas, que se teñen disparado un 29% e ten superado os 100 euros/MWh, e ten provocado unha inflación disparada que afecta directamente ao bolso dos consumidores. Por este motivo, é importante utilizar un comparador de gas natural para comparar as distintas tarifas e aforrar na túa factura.

Subida da luz

Non so vese afectado o mercado do gas, senón que tamén vai a afectar a nosa factura enerxética. A luz ten subido ata un 17% ata alcanzar os 240,13 euros/MWh, sendo así o segundo prezo máis alto do ano e cinco veces máis alto que fai un ano. Por eso, é recomendable usar un comparador de luz para aforrar na electricidade.

A franxa horaria máis cara é a que está comprendida entre as 19:00 horas e as 20:00 horas, chegando aos 300 euros/MWh.

En cambio, o tramo máis barato é o que está comprendido entre as 4:00 horas e as 5:00 horas e se pagarán uns 153,32 euros/MWh.


A primeira vítima da guerra é a información

A economía de Rusia baséase na venda de petróleo, gas, cereais, fertilizantes, etc, produtos básicos e indispensables que van a ter saída sobre todo no comercio Rusia-China. Os Europeos sufriremos unha subida brutal da enerxía, de alimentación, dos combustibles.

Cada vez que un tertuliano na TV tenta poñer sobre a mesa as responsabilidades da OTAN e a Unión Europea no conflito na Ucraína, o presentador ou a conflito de quenda cambia de tema, os corta, os rebate. Nada pode empanar o relato oficial é a consigna.

O bloqueo da Unión Europea as axencias e os medios de comunicación rusos, como RT, Rusia Today ou Sputnik non é algo moi "democrático", pretender que exista solo un relato "oficial" e unhas determinadas fontes de información e coartar a liberdade de informarse onde o crea conveniente a cidadanía.

A UE é quen vai a saír peor parada do conflito con Rusia na Ucraína, son os pobos de Europa quen van a pagar a conta. Rusia venderá o gas, o petróleo e os  cereais a China, a súa económica baséase nisto. Pero serán os EEUU os que fagan o gran negocio con Europa.

A UE está rearmando ao exército da Ucraína buscando que a guerra dure e sexa cruenta. Para algúns as guerras son un gran negocio. E censurando medios de comunicación, como RT, Sputnik, etc.

Mentres tanto, EEUU está vendendo o gas a Europa un 40% máis caro que o facía Rusia...

Ao pechar o espazo aéreo a avións rusos a UE dáse outro tiro no pé. Tiveron a resposta recíproca, ¿por onde van a pasar os avións europeos que van a oriente?. Air France anunciou que suspende os seus voos a China e Xapón namentres atopa rutas alternativas. Bravo xenios!!!

O goberno alemán dará o pistoletazo de saída a unha escalada armamentista, triplicando o presuposto de guerra. O negocio sempre aparece nas crisis para os mesmos...armas , armas e máis armas...pero as balas non se comen e os pobos precisan servizos básicos.

O goberno Ucraíno pide aos civís que fagan cócteles molotov nas súas casas e se enfronten ao exército ruso, prohibe aos homes menores de 60 anos saír do país e os obriga a presentarse "voluntarios" para loitar contra os rusos. ¿A quen lle interesa que morran civís?.

Vendo como se compara a Putin con Hitler quedo abraiado, coas barbaridades que se poden chegar a dicir nos medios de comunicación. Pódese adversar a Putin sin chegar a dicir estupideces. O conflito armado non se parece, nin ten as motivacións da Segunda Guerra Mundial.

Vexo a unha esquerda institucional que non quere dicir nada que se saía do relato oficial por medo a perder o sillón, pisar moqueta cambia a xente en tempo récord. É máis fácil deixar que te leve a corrente como aos peixes mortos ou seguir ao pastor como as ovellas.


Os medios sobre a Ucraína, espectáculo e parcialidade

A televisión e os medios son tan superficiais e tan parciais, que a verdade é o que menos lles importa, informar nunca, desinformar sempre, unha guerra convertida en espectáculo, horas de TV lanzando mantras as masas.

Nestes días repitense os argumentos dos opinadores televisivos, que tanto te opinan de unha guerra, como dunha pandemia, como dun volcán ou de Eurovisión.

Te chaman ignorante e proruso porque están ben informados e coñecen a historia da Ucraína grazas a TV, aos opinadores que o mesmo fan unha tortilla que unha estratexia militar, a prensa independente; OK Diario, El Mundo, La Razón, El Español. Vamos todo o máis mellor.

Pero todo conflito bélico ten unha raíz que hai que tratar de desentrañar de entre a propaganda de uns e outros.

As guerras sempre son catástrofes, dramas humanos, pequenas historias que rompen o corazón, perdidas irreparables. "A primeira vítima da guerra é a verdade", por saberemos solo saberemos o que queren, e nos contarán o conto como lles interesa. A verdade non importa, solo a propaganda.

Biden ordena ao Departamento de Estado liberar ata US$ 350 millóns en asistencia de seguridade para Ucraína, vamos armas, Reino Unido e Europa tamén envían armas, armas e sancións económicas, apostan por unha guerra longa e cruenta. Iso si que se maten eles, de tropas nada.

Absurdas medidas de castigo a Rusia traxicómicas:

"Rusia, expulsada do Festival de Eurovisión tras a invasión de Putin a Ucraína" (ABC). Seguramente se estean plantexando a retirada tras o duro golpe que supón non acudir ao festival. Me ven a mente cando  Eurovisión RTVE  alardeou da boa aceptación de Chanel en Rusia.

Eurovisión expulsa a Rusia do festival pola invasión de dobre. Pero nunca ten expulsado a Israel pola matanza case diaria de palestinos. O dobre raseiro segue plenamente vixente.

A guerra na Ucraína ten a súa orixe no golpe de Estado de 2013 e comezou na República Popular de Donetsk, un conflito armado que comezou en abril de 2014 entre milicias prorrusas e o Exército ucraíno.
Segundo a ONU, ten causado máis de 14.000 mortos e milleiros de desprazados que teñen contado coa indiferenza de Occidente...ata agora.

A Ucraína non a ían a deixar entrar na UE, seguramente tampouco na OTAN. Ucraína ten sido unha ferramenta para desestabilizar a zona, un peón no taboleiro da xeoestratexia. EEUU non cedeu nin un ápice nas negociacións con Rusia a sabendas do que podía acontecer.

O empeño de EEUU en continuar a progresiva expansión da OTAN cara as fronteiras da Federación de Rusia, nos teñen conducido a un escenario, con implicacións de alcance impredicible, que se pode evitar.

Ningún líder da UE está pola desescalada, moito menos a OTAN, e non digamos xa os EEUU, ninguén chama a unha reunión para definir un espazo de seguridade con garantías para Rusia. Todo pasa por subir a aposta. Neste xogo de xeoestratexia pouco o nada importa el pobo.

Si Rusia fai o mesmo en Cuba, México ou Venezuela, que houbese pasado?

Deberíamos facernos preguntas como: ¿Quén vai a xerar beneficios indecentes grazas ao prezo desorbitado do gas?, ¿quenes van a pagar a crise perdendo poder adquisitivo e vendo como o seu nivel de vida cae en picado?.
A resposta está ao outro lado do Océano.

A primeira guerra en Europa dende o século XX din os opinadores da TV, como si Iugoslavia ou Donetsk estivesen en África, Asia, ou América. Tertulianos que valen para todo, moi apañados, saben de pandemias, volcáns, xeopolítica,historia, estratexia militar, de todo un pouco.

Non é fácil, non é cómodo dicir verdades que estorban ou cómodo o relato oficial, a xente, ata aquela que se considera menos manipulable prefire as películas de bos e malos, non quere complicacións, é mellor que o malo sexa moi malo ao estilo Hollywood, pensar cansa.

Estou pola paz e contra tódalas guerras, non trago propaganda de ningún bando, tampouco   a dos nosos medios de desinformación, a de EEUU, da OTAN, da UE o do goberno da Ucraína.

A guerra na Ucraína comezou fai 8 anos.

A OTAN se ten dedicado a botarlle gasolina ao  lume.

Estou pola PAZ no Mundo, "non" a  OTAN, "non" a rusofobia.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com
27 de fevereiro de 2022 19:28
28 de fevereiro de 2022 19:47
1 de março de 2022 18:25
3 de março de 2022 14:49

_______