Amosando publicacións coa etiqueta Ensino. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ensino. Amosar todas as publicacións

mércores, maio 08, 2013

A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) oponse ao decreto dos comedores escolares

A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) presentou a semana pasada alegacións en contra do Proxecto de Decreto polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios, publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

As alegacións comezan facendo notar que, sendo unha medida que atinxe directamente ás familias, non se teña en conta a lexislación autonómica e internacional en materia de familia e dereitos de infancia e adolescencia.

O motivo fundamental da oposición é a nova modalidade de financiamento que eliminaría a gratuidade do servizo, pasando a pagarse unha cota por día de utilización do comedor (entre 1 e  4,50 euros, en función da renda). AGAMME argumenta que a gratuidade do servizo é un dereito que as familias non deben perder, especialmente nun momento como o actual no que se suman á taxa de desemprego, as continuas medidas de recortes do goberno (eliminación das axudas por nacemento ou adopción, redución da axuda por fillo/a menor de tres anos a cargo, de dependencia, etc) e a suba do custe da vida. Ademais alega en contra da fiabilidade da renda como único medio para obter datos económicos das familias, dada a reestruturación dos núcleos familiares e as relacións de dependencia ocasionadas polo empobrecemento continuado da poboación galega.

AGAMME propón a ampliación da gratuidade do servizo a todo alumnado escolarizado en centros públicos non universitarios. Ademais considera necesario, para paliar as previsibles consecuencias da crise sobre a economía familiar, a implantación de almorzos de media mañá.

As alegacións presentadas fan fincapé no elemento discriminatorio que presenta o Proxecto de Decreto en canto á atención á poboación rural pois, especialmente naquelas zonas da xeografía galega na que esta se atopa moi dispersa, os nenos e as nenas deben realizar desprazamentos longos para acudir aos centros educativos, polo cal o uso do comedor non é opcional senón necesario. A alternativa dos “tupper” atenta contra os principios de calidade de vida e benestar para a infancia e adolescencia galegas, tal e como AGAMME fai constar no seu escrito.

Por outra banda, alega AGAMME que tal e como está presentado o Proxecto de Decreto non se estaría favorecendo a conciliación da vida familiar e laboral. Sinala, asemade, a marcada desviación dos orzamentos da Xunta de Galicia na interpretación da expresión austeridade, pois mentres se tramita o Proxecto de Decreto, os cinco colexios concertados que seleccionan ao alumnado por xénero percibiron este ano un total de 3.000.000 de euros.

Outra cuestión que se aborda é o modelo de xestión dos comedores, que segundo expresa AGAMME debería ser unicamente público. Igualmente faise referencia á  calidade dos alimentos, propoñéndose o consumo de alimentos de produción local e ecolóxica.

Para máis información poden contactar coa AGAMME no correo agammeferrol@gmail.com ou no teléfono 636142012

http://agamme.org/

Enviado por:
Agamme
-agammeferrol@gmail.com-
8 de maio de 2013 11:50

Bo día, Dende a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) adxuntamos nota de prensa para informar das alegacións presentadas pola asociación contra o Proxecto de Decreto polo que se regulan os comedores escolares, publicado pola Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Agradecemos a difusión da nota de prensa enviada. Se precisan máis información poden solicitala neste correo electrónico ou no teléfono 636142012. Un saúdo atento, Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME).

___________________

sábado, abril 27, 2013

Grandolando en defensa do ensino público - O Grândola en Vigo, no IES de Chapela - Vídeo


O 25 de abril de 2013 a comunidade educativa do IES de Chapela pechouse desde as 18:00h até as 10:00h do día seguinte na defensa do ensino público e en contra do proxecto de LOMCE, unha lei antieducativa, elitista, centralista e segregadora. Fronte a todo isto grandolamos.


http://youtu.be/rEOvlf0x1hs


____________

domingo, novembro 18, 2012

As nais do rural en loita pola calidade educativa - Vídeos de moito interese


No verán do 2012 un grupo de nais de Samos, O incio, Cervantes, Navia de Suarna, ... érguense en defensa da educación dos seus fillos e fillas no medio no que decidiron vivir: a montaña e o rural galego (Vídeo realizado por FILMIKA).


http://www.youtube.com/embed/k98VG_K7_Cc


http://www.youtube.com/embed/OxKm_lkhJ7E


_____________

martes, maio 08, 2012

Como en toda Galiza, en Ferrol está convocada unha mobilización pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público co obxectivo de evitar a aplicación no noso país das medidas do goberno dereitista do PP contra o ensino público


En Ferrol na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta, ás 19:30 horas


A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público celebra hoxe Martes, 8 de Maio de 2012, concentracións en toda Galiza en contra dos recortes

As mobilizacións están convocadas nas cidades e nas localidades de A Guarda, Verín, Vilagarcía e Foz (19:30h) e en Ribeira e no Barco de Valdeorras (20:00h)
As diferentes comarcas do país acollerán, este martes, día 8 de maio, a celebración de concentracións simultáneas para demandar do Goberno galego o cese dos recortes no ensino público galego. Con estas mobilizacións, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público Galego, inicia o calendario de accións que teñen como obxectivo evitar a aplicación no noso país do Real Decreto-Lei 14/2012 das medidas do goberno dereitista do PP contra o ensino público, chamado por eles eufemisticamente "de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo"
.

As concentracións celebraranse ás 19:30 horas en Santiago (Praza do Toural), Ferrol (diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza), Ourense (Rúa do Concello,11), Vigo (Príncipe, diante do MARCO), A Coruña (Praza de Pontevedra), Pontevedra (Praza da Peregrina), Lugo (Edificio Administrativo da Xunta de Galiza, na Ronda da Muralla), A Guarda (Praza do Reloxo), Verín (Praza do Concello), Vilagarcía (Praza de Galiza), Foz (Praza de Galiza) e ás 20:00 horas en Ribeira (Diante do Concello) e no Barco de Valdeorras (Praza do Concello).

A Plataforma  Galega en Defensa do Ensino Público Galego, constituída en autoconvocatoria o pasado 25 de abril, está integrada por representantes da  comunidade educativa galega, pais e nais, profesorado e alumnado, a través de diferentes entidades (organización sindicais do ensino, ANPAS, movementos de renovación pedagóxica, organización estudantís, partidos políticos …) e permanece aberta a novas adhesións individuais e colectivas que poden formalizarse no enderezo electrónico.

http://plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es/ .

Calendario de mobilizacións

Dentro do calendario de accións aprobado pola Plataforma  Galega en Defensa do Ensino Público inclúese o apoio a folga de estudantes e a manifestación convocada o xoves 10 de maio. Catro días despois, o luns 14 de maio, iniciaranse peches rotativos nos centros educativos en toda Galiza e o día 3 de xuño celebrarase unha manifestación en Santiago. A Plataforma tamén insta aos Consellos Escolares e Claustros a que aproben resolucións de apoio ao ensino público.

No seu manifesto, a Plataforma  Galega en Defensa do Ensino Público denuncia que as medidas aprobadas polo Goberno central -que se veñen sumar aos recortes a aplicados pola Consellaría de Educación nos últimos anos no ensino galego- buscan reducir o profesorado dos centros (despedindo miles de docentes), incrementar o número de alumnado por aula (masificando as aulas), reagrupar alumnado de diferentes niveis educativos nunha mesma aula e reducir a oferta educativa. Todas estas medidas dificultan o acceso á educación das clases sociais máis desfavorecidas, van contra a calidade do ensino e significan maior fracaso escolar.

Fonte: Avantar
_______________________

domingo, abril 08, 2012

'Cando as barbas do teu veciño vexas cortar, pon as túas a remollar' - O maior sindicato de docentes de Inglaterra, Irlanda do Norte, Escocia e País de Gales rexeitan o plano gubernamental conservador-liberal do Reino Unido para privatizar a educación pública



Os plans do goberno liberal-conservador do Reino Unido para privatizar a educación pública atopan o rexeitamento do sindicato de docentes Nasuwt, un dos maiores de Inglaterra, Escocia, Irlanda do Norte e País de Gales que este sábado celebrou o seu congreso en Birmingham.

Nese encontro, os participantes adoptaron unha moción que prevé o incremento das medidas de forza, incluídas as folgas, contra os programas de recortes sociais e privatizaciones impulsados polo gabinete do primeiro ministro David Cameron.

Segundo medios de prensa, o outro gran sindicato de profesores británicos, NUT, podería votar un recurso similar durante o seu congreso anual en Torquay, con data aínda sen precisar.

O documento aprobado este sábado polo gremio Nasuwt cualifica as medidas en contra do sector como un “feroz ataque en detrimento dos docentes”.

Como parte dos recortes, o executivo do Reino Unido prevé modificar o sistema de pensións no ámbito educacional.

A proxectada reforma contempla maiores contribucións á seguridade social e un aumento da idade de xubilación, nun momento no que os salarios permanecen estáticos, e ata, vulnerables á disminución.

O sindicato tamén rexeita a iniciativa de converter institutos de secundaria e algunhas escolas de ensino primario en academias patrocinadas polo sector privado.

A fins do pasado ano, case un millón de traballadores públicos, incluídos os profesores, saíron ás rúas nunha folga de 24 horas para denunciar as medidas impostas polo Goberno.

Esa foi a mobilización con máis respaldo rexistrada nos últimos anos na nación europea desde a época da exprimeira ministra Margaret Thatcher (1979-1990), de acordo con fontes sindicais.

O sector estatal de Reino Unido perdeu nos últimos tres anos uns 45.000 postos de traballo, incluídos 32.000 empregos en escolas, pese á promesa oficialista de protexer a educación.

Ideoloxicamente os recortes impulsados ​​para o financiamento da educación están poñendo a supervivencia de moitas institucións en perigo e danar as oportunidades de vida dos nenos e novos.

Os participantes na Conferencia Anual da NASUWT, o maior sindicato de profesores, que se celebra en Birmingham, aprobaron unha moción de relevo o impacto dos ataques do goberno de coalición de financiamiento da educación.

Chris Keates, Secretario Xeral de NASUWT , dixo:

"Entre 1997 e 2010, os niveis de gasto en educación aumentou en máis do 5% ano tras ano".

"Agora os analistas independentes predixeron que durante a vixencia deste goberno, o gasto en educación reducirase nun 3,5% por ano".

"O impacto adverso destes cortes estase facendo sentir en cada instituto, colexio e escola no Reino Unido".

"Os servizos especializados de apoio están desaparecendo. Mestras e mestres talentosos e persoal de apoio enfróntanse á redundancia".

"Recursos didácticos estanse convertendo en actividades de enriquecimento de estira e restrínxense están".

"A povisión nos próximos anos, para moitos centros de educación, é enfrontar-se ao se peche".

"Estes recortes non son unha clase de medicina desagradable, pero necesaria para curar o Reino Unido dos seus males económicos, mais ben son un intento impulsada pola ideoloxía dos provedores privados para facer-se coa educación pública. Trátase de  que en última instancia, as crianzas e a mocidade pagan o prezo".

Enlaces de interese:
http://www.nasuwt.org.uk/

Fonte: propia e de librered.net
_____________________

mércores, outubro 19, 2011

Concentración realizada en Ferrol en Defensa do Ensino Público - Fotos e Vídeo

[Clicar acima da imaxe para entrar no Carrusel de Diapositivos]

Concentración realizada en Ferrol en Defensa do Ensino Público

En Ferrol, Martes, 18 de Outubro de 2011

NA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE, NON AOS RECORTES, NON AOS DESPIDOS !!

Concentración de Ferrol, na Praza Amada García, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en Defensa do Ensino Público e contra os recortes da Xunta de Galicia, conducentes ao seu desmantelamento e privatización.




O chamamento á mobilización fixeron-no desde todos os sindicatos do sector, a Federación de ANPAS e apoiado por varios colectivos e asociacións da Comarca, entre as que están #AcampadaFerrol da Asemblea Local do Movimento 15-M.

http://artabra21.blogspot.com/

Interesante Galería Fotográfica de Susete'70 en forma de diapoisitos ou para baixar fotos aquí:
https://picasaweb.google.com/105779470894168747323/ConcentracionEnDefensaDoEnsinoPublico18DeOutubroDo2011Ferrol
_______________

martes, outubro 18, 2011

Concentración en Defensa do Ensino Público - Hoxe Martes 18 de Outubro en Ferrol


CONVOCATORIA DE CONCENTRACIÓN PARA HOXE EN FERROL, MARTES 18 DE OUTUBRO, ÁS 8 DA TARDE NA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO E DE CALIDADE, NON AOS RECORTES, NON AOS DESPIDOS !!

Martes 18 de Outubro de 2011: Concentración en Ferrol, ás 8 da Tarde, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en Defensa do Ensino Público e contra os recortes da Xunta de Galicia, conducentes ao seu desmantelamento e privatización.

O chamamento á mobilización fan-no desde todos os sindicatos do sector, a Federación de ANPAS e apoiado por varios colectivos e asociacións da Comarca, entre as que están #AcampadaFerrol da Asemblea Local do Movimento 15-M.

________________

Relacionado:

Charla-concentración do movemento 15M en defensa do ensino público - A Coruña.



26 de Septembro de 2011

http://www.15m-acoruna.com/

Fonte: GalizaContraInfo
_____________________

martes, setembro 27, 2011

Segunda xornada de Folga no Ensino, hoxe 27 de Setembro, para frear as agresións contra o sistema educativo público e contra o profesorado - Aulas Indignadas e Comprometidas


Hoxe 27 de Setembro de 2011, @s docentes da Galiza están chamad@s a secundar unha nova xornada de Folga Xeral no Ensino Público, será a segunda para frear as agresións contra o sistema educativo público e contra o profesorado. Estas mobilizacións están convocadas de xeito unitario pola maioría dos sindicatos do ensino con presencia na Galiza.

O profesorado tamén está convocado a unha Manifestación Nacional, pola mañá en Compostela que sairá desde a Alameda de Compostela ás 11:30 hs  e rematará diante dos Edificios Centrais da Xunta de Galicia en San Caetano.

Proposta de manifesto de Aulas Indignadas e Comprometidas:



Fonte: http://youtu.be/j1SKOq-iER8
  • Somos profes indignad@s,
  • somos profes comprometid@s co ensino público!
  • Aulas Indignadas é um colectivo cidadán formado por docentes, un colectivo auto-organizado, plural e aberto, que funciona asembleariamente.
  • Diante dos ataques da Xunta de Galiza contra o ensino público queremos responder con creatividade, acción e voz crítica, nun proceso de participación no que queremos contar contigo.
  • Porque atacan o ensino público, atacan o profesorado e, especialmente, os nosos alumnos e alumnas, os nosos fillos e fillas.
  • Atacan o ensino público porque é un ben público, social, igualitario, e eles defenden os intereses privados, elitistas, supremacistas.
  • Atácannos porque nas nosas escolas nós queremos educar e eles nas súas queren facer negocio.
  • Atácannos porque nas nosas escolas aprendemos os números que eles falsificam e as palabras que eles manipulan,
  • Atácannos porque queremos unha escola laica e a eles queren que aprendamos o seu "padrenuestro",
  • Atácannos porque aprendemos a informarnos descubrindo as manipulacións dos medios que eles pagan e controlan,
  • Atácannos porque nas nosas escolas aprendemos a valorar o noso país, a nosa cultura e a nosa lingua, que eles desprecian,
  • Atácannos porque nas escolas aprendemos a respectar a diversidade cultural e eles defendem o uniformismo
  • Atácannos porque nas escolas aprendemos que o pobo unido xamais será vencido e eles cren na lei do máis forte,
  • Atácannos porque nas nosas escolas aprendemos os dereitos dos trabalhadores e eles apoian a explotación laboral,
  • Atácannos porque nas escolas aprendemos a crear, a imaxinar, a ser os artistas libres que eles desprecian,
  • Atácannos porque nas escolas aprendemos a compartir e a defender a xusticia social, e eles defenden o individualismo,
  • Atácannos porque nas escolas aprendemos a dicir Non ás guerras que eles apoiam,
  • Atácannos porque nas escolas aprendemos a traballar en grupo, a debater e decidir en pé de igualdade e eles son mandóns e autoritaristas,
  • Atácannos porque aprendemos a respectar a natureza que eles agreden e destrúen,
  • Atácannos porque nas nosas escolas aprendemos a ser mulleres libres e eles defenden o poder machista e patriarcal,
  • Atácannos porque queremos cambiar e mellorar este mundo e eles son os que o empeoran.
Somos profes indignad@s

Non á redución da calidade do ensino público.
Comprometid@s coa pública, indignad@s coa administración.

Aulas Indignadas e Comprometidas:
http://aulasindignadas.blogaliza.org/
___________

domingo, xullo 10, 2011

A mobilización social conseguiu paralizar os recortes de profesorado no CEIP San Xoán de Filgueira


#acampada no CEIP San Xoán de Filgueira

A mobilización social, a denuncia, a protesta, ... a vontade de loita da comunidade educativa do colexio conseguiu paralizar os recortes de profesorado no CEIP San Xoán de Filgueira. Mais había algo que aínda tiña máis forza e ese algo era ter a razón, que se fixera xustiza.

A Xunta de Galicia a través da súa Consellería de Educación pretende aplicar as súas políticas neoliberais contra o ensino público, máis recortes e baixar a calidade. Toda Galiza está afectada por esta política, de feito están convocadas mobilizacións unitarias, en defensa do ensino público, para o mes de Setembro.

O acto da confraternización que tivo lugar onte no recinto do colexio, converteu-se nun acto de celebración por acadar os obxectivos da loita. Mais tod@s sabemos que a ameaza segue aí. Non van parar até que consigamos unha grande mobilización social que lles diga basta! outras políticas económicas e sociais, son posíbeis e necesarias.

Pola importancia do asunto transcribimos a nova publicada no xornal comarcal "Diario de Ferrol".

O San Xoán de Filgueira pon fin ó peche tras chegar a un acordo coa Xunta

m.f.g. > ferrol -09.07.2011

Despois de máis dunha semana de peche, o conflito no Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de San Xoán de Filgueira chegou a unha solución. Os representantes do centro mantiveron na tarde de onte un encontro coa xefa territorial de Educación, Teresa Villaverde, quen lles asegurou que o número de profesores previsto para o vindeiro curso permitirá manter o proxecto educativo que se viña desenvolvendo.

A directora do colexio, Marián López, afirmou que a reunión foi “longa pero satisfactoria”. “Pensamos que co compromiso de manter o número de agrupamentos e unidades coas que traballamos este ano poderemos seguir co noso proxecto educativo”, indicou. “Foi unha semana dura e longa, pero tivo os seus froitos”, engadiu.

O número de profesores non é aínda definitivo, pero o centro espera poder contar cun aumento de docentes grazas ós contratos programa ós que concorre para o vindeiro ano, que agarda que sexan concedidos.

Por parte da Consellería de Educación, sinalouse que o número de profesionais definitivos que lle corresponde á escola por alumnado non implica en ningún caso que non se podan atender as necesidades particulares do centro. Estas teranse en conta no proceso de asignación de docentes provisionais.

As movilizacións no centro de San Xoán comezaron o pasado día 30, cando se iniciou o peche nas instalacións. A comunidade educativa protestaba polo anuncio de reducir ata sete mestres para o vindeiro curso, coa conseguinte perda de aulas e reagrupamento dos alumnos.

O centro presenta particularidades importantes, coma un 30% de alumnado de etnia xitana, un 11% de procedencia inmigrante e preto da metade en situación de exclusión social. Pese a estes condicionantes, o nivel de absentismo era tan só do 2%, e a labor educativa desenvolvida nas súas aulas foi recoñecida con premios coma o Nacional de Boas Prácticas.

O centro mantén a convocatoria de xantar solidario prevista para hoxe, que trala resolución de onte terá un carácter de celebración e servirá para poñer fin ó peche. A comida empezará ás dúas da tarde.

Enlaces relacionados de novas anteriores en Ártabra 21:

Continua o peche en defensa do ensino público e de calidade - Contra os recortes da Xunta de Galicia - #acampada no CEIP San Xoán de Filgueira - Este Sábado 9 de Xullo: Xantar de Confraternización e Solidario, e unha Tarde de Música e Reivindicación

#acampada no CEIP San Xoán de Filgueira, contra os recortes da Consellería ao colexio público - Concentración o Luns 4 de Xullo ás 12 do mediodía diante do Centro
_______________

mércores, xullo 06, 2011

Continua o peche en defensa do ensino público e de calidade - Contra os recortes da Xunta de Galicia - #acampada no CEIP San Xoán de Filgueira - Este Sábado 9 de Xullo: Xantar de Confraternización e Solidario, e unha Tarde de Música e Reivindicación

Continua o peche na #acampada no CEIP San Xoán de Filgueira, contra os recortes da Consellería de educación ao colexio público. O pasado 30 de Xuño comezaba un peche nas instalacións do centro educactivo, hoxe vai ser a sexta noite de peche, o Sábado 9 de Xullo, sería a décima noite, ese día está convocado un acto de apoio e solidario coa xente pechada no colexio, será un acto de confraternización, con música e un xantar, cada quen que leve a comida a partires das 13:00 hras.
Pasan de ser 189 a 207 alumn@s,
e pretender recortar, prescindindo de 7 mestres e mestras,
como se pode entender?
En defensa dos nosos nenos e nenas !!

En defensa da Escola Pública e de Calidade !!

Non ao recortes da Xunta ao ensino público !!

Participa no acto aberto de confraternidade deste Sábado 9 de Xullo !!

[Fotos de Susete'70]

Participa na convocatoría contra o desmantelamento e o deterioro da escola pública.


INDIGNADOS
A COMUNIDADE ESCOLAR DO CEIP SAN XOÁN DE FILGUEIRA
INDIGNADA
COA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
AO ESTABLECEREN CRITERIOS ECONÓMICOS
POR RIBA DAS NECESIDADES EDUCATIVAS DO ALUMNADO

CEIP "SAN XOÁN DE FILGUEIRA"
Campo Chao s/n 15405 Ferrol
A CORUÑA (Galiza)

Tfno: 981 320 853 Fax: 981 320 853
ceip.xoan.filgueira@edu.xunta.es
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipxoanfilgueira/

O Colexio na rede [máis de 26.000 resultados]
_________________

[Máis info]
__________________

luns, xullo 04, 2011

#acampada no CEIP San Xoán de Filgueira, contra os recortes da Consellería ao colexio público - Concentración o Luns 4 de Xullo ás 12 do mediodía diante do Centro


Esta é a cuarta noite que membros da comunidade educativa do CEIP San Xoán de Filgueira van pasar no centro. O pasado 30 de Xuño, levaran a súa protesta diante do Edificio Administrativo dada Xunta en Ferrol, na "Praza Amada García" e logo desplazaron-se até a Praza do Concello. Protestan polas medidas adoptadas pola Consellería de Educación que supoñen a desaparición de varios grupos e o seu profesorado, causando un grande perxuizo ao colexio que fora galardoado co Primeiro Premio Nacional de Boas Prácticas de Convivencia 2008, convocado polo Ministerio de Educación, Política Social e Deporte. por todo un traballo que continua na actualidade, "pola mellora da convivencia escolar e a consecución dunha sociedade comprometida cos valores". "O CEIP San Xoán de Filgueira está a traballar no ámbito Valora-Interculturalidade".


Coa política de recortes da Xunta de Galicia non lle importa deitar pola borda todo o traballo e esaforzo realizado até a data co alumnado e polo alumnado.

"O centro de San Xoán dispoñía ata agora de nove grupos de alumnos de Educación Primaria, posto que en tres dos cursos os alumnos dividíanse en dúas aulas, para proporcionarlles un maior reforzo educativo. Segundo denuncian os mestres, unificar estes grupos fará imposible continuar a impartir unha ensinanza de calidade a alumnos que presentan importantes necesidades educativas especiais. O alumnado do colexio presenta unha elevada diversidade, con cerca dun 25% de escolares de etnia xitana e un 11% procedentes de familias inmigrantes, o que non lle impediu obter premios a nivel estatal nos últimos anos" [Fonte: Diario de Ferrol"

O Luns 4 de Xullo de 2011, ás 12 do mediodía, agarda-se que se achegue algún reprsentante da Xefatura Territorial da Consellería, outras fonte falan de que mesmo Conselleiro de Educación achegara-se ao Colexio.

Apoio á protesta

Ás 12 do mediodía, do mesmo día, está convocada unha concentración de apoio á loita da comunidade educativa do Colexio contra os recortes da Consellería. Polo dereito das crianzas, rapazas e rapazes ao dereito ao ensino publico e de calidade.

Participa na convocatoría contra o desmantelamento e o deterioro da escola pública.

INDIGNADOS
A COMUNIDADE ESCOLAR DO CEIP SAN XOÁN DE FILGUEIRA
INDIGNADA
COA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
AO ESTABLECEREN CRITERIOS ECONÓMICOS
POR RIBA DAS NECESIDADES EDUCATIVAS DO ALUMNADO

CEIP "SAN XOÁN DE FILGUEIRA"
Campo Chao s/n 15405 Ferrol
A CORUÑA (Galiza)

Tfno: 981 320 853 Fax: 981 320 853
ceip.xoan.filgueira@edu.xunta.es
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipxoanfilgueira/

O Colexio na rede [máis de 26.000 resultados]
_____________________

domingo, xaneiro 30, 2011

No pleno ordinario do Concello de Ferrol, que se celebrará o Luns 31 de Xaneiro ás 7 da Tarde, debatira-se unha moción da Plataforma en Defensa da Escola Infantil Pública de Esteiro

Escola Infantil Pública de Esteiro

No pleno ordinario do Concello de Ferrol, que se celebrará o luns 31 de xaneiro ás 19 horas, se debatirá unha moción da Plataforma en Defensa da Escola Infantil Pública de Esteiro (composta polo BNG, PSdG-PSOE, Esquerda Unida, CIG e as asociacións veciñais de: Prioriño, San Pablo, Ferrol Vello, O Rosario-Inferniño, Esteiro e Caranza e que conta co apoio da Federación de Anpas de Colexios Públicos e dos Directores dos colexios públicos de Ferrol) que foi presentada polos grupos municipais do PSdeG-PSOE, BNG e Esquerda Unida no Concello de Ferrol, na que se propón que o Pleno do Concello de Ferrol esixa á Xunta de Galicia a construcción dunha Escola Infantil Pública en Esteiro xestionada pola propia Xunta de Galicia, tal como comprometera no ano 2005.

A Plataforma ten solicitado intervir nese Pleno Ordinario a través do presidente da AV de Esteiro, Xosé Miguel López.

Desde a Plataforma facemos un chamamento a todo o tecido asociativo para que respalden coa súa presenza no Pleno a citada moción

Enviado por:

Asociacion Veciñal de Esteiro
-avvfontelonga@mundo-r.com-
29 de janeiro de 2011 18:02
http://avesteiro.blogspot.com/
___________

Enlaces relacionados:

Asociación Veciñal de Esteiro: Escola Infantil Pública de Esteiro
Escola Infantil Pública de Esteiro
. 26/01/2011 Publicado por Asociación Veciñal de Esteiro. A Federación de Anpas de Colexios Públicos e os Directores de ...

ESCOLA EN ESTEIRO

... nunha escola pública: así se pode resumir o malfacer da Xunta de Galicia gobernada polo PP no que atinxe á prometida escola infantil pública de Esteiro. ...

Los vecinos de Esteiro buscarán nuevos apoyos para lograr que se ...

23 Sep 2010... de euros para a Área Sanitaria de Ferrol desapareceron, o centro de día de Canido queda no aire e a Escola Infantil Pública de Esteiro, ...

Ártabra 21: Denuncian o peche de servizos de atención ó cidadá no ...

12 ago 2009... D. Diego Calvo, para falar da Escola Infantil Pública de Esteiro, sen ningún resultado polo momento, case catro meses despois. ...
______________________________

sábado, xaneiro 29, 2011

O Consello Escolar de Galicia solicita a devolución da Lei de Convivencia á Consellaría de Educación - Enlaces relacionados - Vídeo

O Consello Escolar tomba a Lei de Convivencia, mais Educación levará o texto ao Parlamento

Vázquez Abad elevará o anteproxecto ao Consello da Xunta malia o rexeitamento

O Consello Escolar de Galicia solicita a devolución da Lei de Convivencia á Consellaría de Educación. A maioría dos sindicatos que representan ao profesorado e as organización presentes no principal foro do sistema educativo galego demandaron a retirada do proxecto votando de maneira conxunta as oitos emendas á totalidade do texto que prosperaron con 21 votos a favor, 11 en contra e dúas abstencións. CIG-Ensino, UGT, Comisións Obreiras e STEG foron algúns dos colectivos que elevaron ao consello as emendas contra o conxunto do articulado. É a segunda vez na que o Consello Escolar desacredita as propostas lexislativas da Administración do Partido Popular. Xa o fixera co decreto do plurilingüismo, porén a Xunta teimou en sacalo adiante fronte a opinión do sector ao que afectaba. Cabe agardar que unha vez máis, o conselleiro Jesús Vázquez volva impor o seu criterio. Así se desprende dunha nota que trasladaba a Consellaría de Educación e que facendo caso omiso do resultado deste encontro limítase a sinalar que o anteproxecto pasará agora ao Consello da Xunta e podería entrar no Parlamento de Galicia a finais do mes de febreiro. No comunicado, o Goberno pide acadar “o máximo consenso” e desoe as críticas.
Institucional.

Entre as críticas formulados polos sindicatos figuran o feito de que a proposta da Xunta non contempla estratexias preventivas, omite as referencias aos órganos colectivos de participación e goberno, e establece a través da “participación directa das familias” un proceso de consulta do que non se regula nin o obxecto da consulta, nin o procedemento, nis as consecuencias da mesma, segundo explicou Comisións Obreiras nun comunicado, que critica á Administración por querer darse un cheque en branco saltando o xa regulado a través dos consellos escolares. A consulta pretendía lexitimar a enquisa aos pais para que determinasen a lingua na que ían estudar os seus fillos a educación primaria.

Segundo o resumo achegado por CIG-Ensino, que organizou unha concentración de protesta contra a Lei de Convivencia ás portas do Consello Escolar, o obxectivo claro do anteproxecto era “pernicioso: prohibir ensinar en galego”. Ao mesmo tempo, critícase que o presunto reforzo da autoridade do profesorado nas aulas baséase en “criterios correctivos e represivos e non formativos e educativos”, apostando por unha “xudicialización do ensino”.

Así as cousas, o máximo órgano consultivo do ensino en Galicia tira abaixo unha nova proposta da Xunta, ao igual que xa informara negativamente a decreto do plurilingüismo. O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, que esta semana acusara aos sindicatos do ensino de quererlle impor a súa acción á Xunta, terá que demostrar agora se quere volver lexislar en contra da opinión maioritaria dos colectivos afectados pola norma que promove.

Fonte: RadioFusión - 28.01.2011
_________________________________

Enlaces relacionados:

Avantar - O Consello Escolar solicita á Consellaría a retirada da Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa - A CIG-Enisno, que presentara unha emenda á totalidade do anteproxecto, levou a cabo unha concentración coincidindo co pleno do Consello

Galicia Hoxe - O Consello Escolar rexeita o borrador da Lei de convivencia ... O pleno do Consello Escolar de Galicia solicitou a devolución do borrador de anteproxecto de Lei de convivencia e participación da comunidade educativa á ...

O Xornal de Galicia - O Consello Escolar de Galicia rexeita o anteproxecto da Lei de ... Meijón sinala a unanimidade de gran parte dos membros do Consello Escolar de Galicia respecto da “pobreza e precariedade argumental” con que os ...

FETE UGT Galicia - Inicio
O Consello Escolar de Galicia ratifica a postura de FETE UGT sobre o anteproxecto de Lei de Convivencia da Comunidade Educativa. ...

Comisiones Obreras - Federación de Enseñanza de Galicia
Con esta votación o Consello Escolar de Galicia solicita a devolución da Lei de ... CCOO-ENSINO presenta no Consello Escolar de Galicia unha enmenda a ...

lei de convivencia.- no Consello Escolar de Galicia ás enmendas á ...
no Consello Escolar de Galicia ás enmendas á totalidade do texto gañan 21 votos contra 11. Se a Jesús Vázquez quédalle algo de dignidade terá que retirar o ...

_________________________________





Fonte: http://www.youtube.com/user/cigensinotv
________________________________

martes, xaneiro 18, 2011

Esquerda Unida denuncia falla de programación das actividades extraescolares nos centros de Ferrol

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA RECLAMA DO GOBERNO MUNICIPAL QUE GARANTA UNHA EFECTIVA E REAL PROGRAMACIÓN DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NOS COLEXIOS PÚBLICOS DA CIDADE.

AS NENAS E NENOS DE FERROL E AS SÚAS FAMILIAS NON MERECEN A INACCIÓN E MALFACER DA CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN QUE OS PRIVA DELAS, SUBLIÑA SARI ALABAU.

O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere denunciar a situación que están a sufrir as nenas e nenos dos colexios públicos da cidade, e as súas familias, perante a situación creada - sen visos de arranxo - acerca da falla de programación das actividades extraescolares nos centros escolares. Nos colexios públicos da cidade toda a información que teñen as familias e que non hai data de comezo das actividades extraescolares. Todo isto cando estamos en xaneiro, superado o primeiro trimestre académico.

Temos que criticar con dureza que nun tema da meirande importancia a concellería desminta os seus compromisos públicos acerca da posta en funcionamento da programación das actividades extraescolares:a finais de setembro a concelleira de educación indicaba que xunto as actividades doutros anos se engadirían outras novas, caso de acordeón, artes plásticas ou fotografía. A penosa realidade actual é que non hai actividades extraescolares nos colexios públicos da cidade e que esta situación non ten data de resolución.

O Grupo Municipal de Esquerda Unida demanda da concellería de educación que poña remate o seu malfacer e faga efectivos os compromisos para desta maneira garantir que a partires de febreiro haxa unha programación de actividades extraescolares financiada con cartos municipais nos centros públicos.

As nenas e nenos de Ferrol e as súas familias non merecen a inacción e malfacer da concellería de educación, subliña Sari Alabau, membro da Comisión de Educación do concello.

Esquerda Unida considera indispensable proceder a arranxar esta situación de parálise e deixación de responsabilidades na prestación dun servizo complementario no eido educativo de primeira importancia para as familias e as súas crianzas. Estas actividades forman parte dunha concepción integral da educación e supoñen unha achega decisiva para acercar os centros o seu entorno. Non caben máis atrasos, cómpre unha acción rápida e dilixente para que sexan unha realidade de

Ferrol, 18 de xaneiro de 2011

Web de Esquerda Unida:
http://www.esquerdaunida.org/



Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
18 de janeiro de 2011 14:37
Prezadas/os amigas/os: achegamos un Informacións do Grupo Municipal onde reclamamos que a concellería de educación poña en marcha o programa de actividades extraescolares que lamentablemente leva máis dun trimestre de atraso. Saúdos, Ramiro Marier
_______________

domingo, decembro 12, 2010

Desde o pasado 3 deste mes de Decembro, esta-se realizando en Compostela o Fórum 2010, un grande contedor de eventos e actividades a nível mundial que xiran ao redor da Cultura da Paz


O Fórum 2010 esta-se celebrando en Santiago de Compostela, capital da Galiza, desde o 3 até o 30 de Decembro, baixo este evento que leva o nome xenérico de "Fórum 2010 Compostela" desenvolve-se un Foro Mundial de Educación temático, tres congresos académicos, xuntanzas de alto nivel de Nacións Unidas e actividades artísticas e culturais.

O Fórum 2010 é unha iniciativa promovida orixinalmente polo Seminario Galego de Educación para a Paz e pola Fundación Cultura de Paz e conta, desde o seu inicio, co apoio de distintas organizacións sociais, institucións públicas e privadas, así como do Consello Internacional do Foro Mundial de Educación.

Desde a súa inauguración o pasado 3 de Decembro, levan-se realizando importantes encontros e actividades:

Entre o 4 e 6 de Decembro tiveron lugar "Xuntanzas de Alto Nivel de Nacións Unidas". Membros do Grupo de Alto Nivel das Nacións Unidas para a Alianza de Civilizacións, que preside Jorge Sampaio e do que forman Federico Mayor Zaragoza, Desmond Tutu, Mohamed Khatami, Mehmet Aydin, Hubert Vedrine, Karen Armstrong, ..., coa Comisión de Premios Nobel da Paz, con persoeiros como Adolfo Pérez Esquivel, Rigoberta Menchú Tum, Mijail Gorvachov, Kofi Annan, Óscar Arias, Wangari Maathai, Shirin Ebadi, Ramos Orta, Muhammad Yunus, entre outros, e cos coordinadores do "Decenio da Cultura da Paz e a Non Violencia, 2001-2010", de Nacións Unidas.

Entre o 7 e 8 de Decembro tivo lugar o "Congreso Internacional sobre Información e Dereitos Humanos". Este Congreso xorde do "I Encontro Mundial de Información para o Cambio Cidadán", organizado pola Fundación Ciencias da Documentación en Maio de 2008 na cidade da Paz (Bolivia), co que se pretende pór de manifesto a importancia do dereito e acceso á información, así como o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) para a defensa e promoción de todos os Dereitos Humanos.

Entre o 9 e 10 de Decembro tivo lugar o "Congreso Internacional sobre o Dereito Humano á Paz". O obxectivo do Congreso era debater e aprobar entre os representantes da sociedade civil o texto final dunha declaración universal do dereito humano á paz, que será presentado ante Nacións Unidas (Consello de Dereitos Humanos), para invitar aos Estados Membros a iniciar a codificación oficial do dereito humano á paz. Tamén se invitará á sociedade civil a aprobar os Estatutos do futuro Observatorio Internacional do Dereito Humano á Paz.

Mañá 13 de Decembro rematará o Foro Mundial de Educación Temático sobre "Educación, Investigación e Cultura de Paz" que comezara o pasado venres 10 de Decembro. O Foro Mundial de Educación (FME) é un movemento pola cidadanía planetaria e polo dereito universal á educación. Constitúe-se nun espazo de constante diálogo entre todos os que, no mundo globalizado, levan adiante proxectos de educación popular -formal ou informal- e de enfrontamento ao neoliberalismo, sexa en esferas públicas, gobernamentais ou non, colectivas ou de investigación. Está enmarcado no proceso do Foro Social Mundial. O Foro Mundial de Educación de Santiago de Compostela tem carácter temático, de xeito que as actividades autoxestionadas ao seu redor xirán en torno á educación, a investigación e a cultura de paz. É a primeira vez que un Foro Mundial de Educación temático chega a Europa, coincidindo co 10º aniversario do Foro Social Mundial.

O "Congreso Internacional sobre Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz", terá lugar do 14 ao 15 de Decembro de 2010. Especialistas mundiais no estudo histórico e xurídico dos procesos de paz e reconciliación analizarán as experiencias no referente á superación de conflitos bélicos e ditaduras, así como as políticas transaccionais dos gobernos. Tamén atenderá ao punto de vista das vítimas e as accións das asociacións de dereitos humanos. Prestarase especial atención ao fenómeno en Europa e Latinoamérica.

No transcurso do evento están-se realizando actividades autoxestionadas propostas polos colectivos participantes. As actividades realizan-se baixo o formato de mesas redondas, conferencias, testemuños, obradoiros, ... e están encadradas entre os 4 eixos temáticos do FME: Cultura de Paz, Educación para a Paz, Investigación para a Paz e Alianza de Civilizacións e Obxectivos do Milenio. Estas actividades son o contido fundamental do propio FME - Foro Mundial de Educación. Estas actividades están desenvolvidas nun extenso programa ao que se pode acceder desde a web oficial do Foro 2010 Compostela.

Veñen-se realizando actividades artísticas e culturais paralelas (Pintura, fotoxornalismo, cinema, banda deseña, videoxogos, literatura e música) que se realizarán até o 30 de Decembro en diferentes espazos expositivos da cidade actividades culturais coa Cultura da Paz como centro. Entre outras, están confirmadas, a exposición "Sarajevo: o último asedio. 1992-2008", de Gervasio Sánchez (Centro Cultural Caixanova); a exposición do mesmo autor "Serra Leoa, guerra e Paz" (Museo do Pobo Galego); as exposicións “A violencia no Cómic” e “Literatura infantil e xuvenil antibelicista” (Biblioteca Ánxel Casal); o ciclo “Cine e Dereitos Humanos”, no marco do Festival Internacional Cineuropa (Teatro Principal); o Festival Mundial da Paz, con Juanes e Miguel Bosé entre outros (Multiusos do Sar); a actuación da World Peace Orchestra, ... A información ira-se actualizando na web: www.foro2010.org.

Para máis información do evento:

SECRETARÍA XERAL DO FORO 2010
Rúa do Valiño, 13-1o
15707 Santiago de Compostela
Teléfonos: 981 554 053 / 981 561 956
www.foro2010.org | E-mail: paz@sgep.org
________________

Enlace relacionado:

Fórum Mundial de Educaçom
___________________________

mércores, setembro 08, 2010

O goberno municipal suspende tamén en setembro


O BNG SUSPENDE AO GOBERNO LOCAL DIANTE DO INICIO DO CURSO ESCOLAR
ELIA RICO ADVIRTE QUE A DÍA DE HOXE O SERVIZO DE COMEDOR ESTA SEN CONTRATAR

O grupo municipal do BNG no concello de Ferrol cualificou con un suspenso ao goberno local pola súa xestión de cara ao inicio do novo curso escolar xa que considera que este non fixo os deberes nen en xuño nen na convocatoria de setembro.

Elia Rico, concelleira do BNG, afirmou que o curso escolar se inicia na nosa cidade en peor situación que o curso pasado, coas mesmas deficiencias en infraestruturas e co servizo de comedor aínda no aire, xa que, a dous días do inicio do curso, aínda está sen contratar a empresa que debe prestar este servizo.

O BNG considera que o goberno local adicase a botar balóns fora e a dar escusas sen argumento para xustificar que as escolas leven máis de dous anos sen parques infantís. Existía unha partida comprometida nos orzamentos do ano 2009 para esta finalidade, polo que a súa non execución é responsabilidade exclusiva do goberno municipal de Ferrol.

Non é certo, afirma Elia Rico, que o gasto do comedor escolar sexa o culpábel de non ter diñeiro para instalar os parqués infantís, xa que o Concello de Ferrol leva financiando este servizo, ben directamente ben por medio de convenio coa Federación de Anpas, desde a súa implantación. Polo tanto nos orzamentos municipais figuraban dúas partidas diferenciadas, unha para cada cousa. É máis, se tivese sacado a concurso público a xestión dos comedores o gasto podería ser menor polas ofertas de licitación que fixeran as empresas que concurriran ao mesmo, polo que o que aconteceu aquí foi unha clara eiva de xestión administrativa do goberno local de Ferrol, tanto no servizo de comedor como na instalación de parques infantís.

Elia Rico lamentou esta actitude do Goberno Municipal que sabendo desde hai máis dun ano da negativa da Federación de ANPAS a seguir xestionando este servizo e do abandono do ensino público por parte da Xunta de Galiza do Partido Popular, tardou en reaccionar e non soubo ou non quixo axilizar os trámites pertinentes ao obxecto de mellorar as condicións dos centros educativos públicos na nosa cidade.

Ferrol,  8 de setembro, de 2010

Bloque Nacionalista Galego - Ferrol

Enviado por:
Correo electronico BNG
-bng@ferrol.es-
8 de setembro de 2010 13:49
______________

mércores, setembro 01, 2010

Educación infantil ou o culto á velocidade

Interesante artigo de Concha Sánchez Blanco que aindaque o artigo está datado en Abril deste ano, este é moi acaido para reflexionar neste comezo de curso. Non só pol@s máis pequen@s, senón que as persoas adultas aindaque non nos dediquemos ao ensino, podemos tirar moitas reflexións e ensinanzas do mesmo.

Por Concepción Sánchez Blanco [*]
Abril 2010


A présa que nos envolve é unha violencia estrutural que atura a infancia a miúdo, tanto na vida familiar como na escolar. Facer as cousas no menor tempo posible converteuse nunha demanda e nunha expectativa dende o mesmo instante do nacemento, que se vai pegando á identidade dos suxeitos conformándoa dende ben cedo. Pero a rapidez coa que hai que liquidar a actividade cotiá crea e acentúa a distancia social entre o adulto e o rapaz, cando deberan estar intrinsecamente unidos, porque un non se pode concibir nin reconstruír sen o outro. O fenómeno evidénciase, tanto nas prácticas familiares, como nas que se levan a cabo nas escolas infantís e centros de infantil e primaria. Este artigo pretende pór de manifesto algunhas contradicións, tomar conciencia delas e reparalas.


Os nenos e as nenas teñen a capacidade de humanizarnos (Tonucci, 2006), porque rapaces e adultos necesitámonos para seguir medrando. Trátase de construírmos, no fondo, un único universo social que teña como móbil actuar para preservar esa humanidade nun mundo que, en ocasións resulta inhumano. O sistema económico vénnos premendo para que fagamos e resolvamos unha infinidade de actividades no menor tempo posible. Entre estas inclúense as referidas á maternidade, á paternidade, á docencia, á veciñanza, á amizade, á alimentación, á sexualidade ou á escolaridade, facendo que sexa o cronómetro, como xa sinalaba Coriat (1979), o que presida as nosas accións. O mesmo sistema proporciónanos ferramentas raras e absurdas, polas que ás veces pagamos xenerosamente, para dar repostas o máis axiña posible. É o caso dos contos dun minuto, para durmir, a comida rápida, os coches veloces, as fichas en novos e vellos soportes, os libros de texto cheos de mapas conceptuais, cada vez máis reducidos, para memorizar e ata as mesmas sínteses de obras que nos fan crer que lemos literatura. Sabemos que moitos avances tecnolóxicos tiveron a súa orixe neste aforro de tempos, aínda que deles, xurdirían, todo hai que dicilo, non poucos beneficios.

Agora ben, ao trasladar estas urxencias á nosa vida coa infancia, estamos contribuíndo a que a velocidade se instale como parte da identidade infantil. Temos excesiva présa para que solten o peito, para que durman sós e pasen toda a noite dun tirón, para que deixen o cueiro, que empecen a andar, superen canto antes a adaptación á escola, aprendan a ler e escribir, e ata para que queden na casa sen a vixilancia dun adulto, ou ao coidado dalgún irmán ou irmá menor. Nenos e nenas chave, nenos e nenas axenda, que veñen ilustrar este grave problema que afecta, cada vez máis, á vida social, e por conseguinte, á vida diaria. Non obstante, mentres que algúns cambios se suceden vertixinosamente, outros fican ausentes ou fano de modo moi minorado. Teriamos que bulir para solucionar problemas tan severos e críticos, como a fame no mundo, a distribución desigual da auga, ou a falta medicamentos para combater enfermidades curables nos países pobres e evitar a morte de tanta xente.

Escolas rápidas, nenos e nenas veloces?

A síndrome da rapidez que dana a escola, sobrevén como consecuencia dunha autoestima erroneamente alimentada entre os seus membros, ou no propio sistema, con base no feito de sentirse eficaz. Isto é, ser quen de facer no mínimo tempo posible o maior número actividades con resultados visibles, de xeito óptimo e co menor custo económico. E representa un problema ben serio que cómpre atallar, pois en educación a rendibilidade económica nunca debera desprazar a rendibilidade social. Temos unha présa excesiva por adiantar a aprendizaxe académica dos nosos nenos e nenas. Engánannos coa idea de que deste xeito acadamos unha escola máis eficaz, que aproveita ao máximo as capacidades intelectuais da infancia, cando logramos alumnos e alumnas atestados dunha información sometida ao valor de mercadoría. Como se iso fose unha mostra inequívoca da súa intelixencia cando son incapaces, verdadeiramente, de procesala pola súa contía, falta de relevancia e resonancia afectiva nas súas vidas. Non hai nin que dicir que todo iso representa unha fonte inesgotable de encontros fracasados na comunidade escolar e no sistema educativo en xeral.

Hai pouco un xornal nacional denunciaba que se estaban adiantando demasiado os obxectivos e os contidos para rapaces moi pequenos, co que o segundo ciclo da educación infantil acababa convertido, moi a miúdo, nunha sorte de miniprimaria referente ás formas de ensino. Formas que habitualmente gardan, dalgunha maneira, unha estreita relación con esa rapidez na que estamos instalados e que fai que, en función das nosas necesidades e intereses, en definitiva da nosa conveniencia, nenos e nenas deixen de percibirse nas aulas e nas familias como tales, e pasen a ser contemplados como adultos en miniatura. Afortunadamente a esta aceleración non lle faltan contrarréplicas como o movemento mundial slow encabezado por Honoré (2005), que comeza a sentirse nalgúns centros educativos, ata o punto de falaren de escolas lentas.

Trátase de formas que deberían ser cuestionadas, tanto nesta como no resto das etapas do sistema educativo, pola falta de respecto coa que quebrantan os dereitos dos nenos e das nenas. E aquí hai que apuntar a función que pode estar cumprindo neste proceso o atavío e os vaivéns da moda dos máis pequenos, que parecen vestir máis a novas Lolitas e homes de acción que a unha infancia ávida de explorar e entender o mundo. Recordamos agora como a miúdo o nacemento dun irmán, ou o comezo do primeiro e do segundo ciclo de educación infantil se converten en fitos evidentes que, sen ningún tempo de transición, levan a que os nenos e as nenas perdan a condición de pequenos de socate. É entón cando se esixe e se espera deles o cambio de certos comportamentos que ata daquela, con maior ou menor acerto, se lles permitían, mesmo se potenciaban, como parte do seu ethos infantil: non parar nin un momento, manter o cueiro, tomar o biberón, comer e durmir con total dependencia do adulto, ou pedir o chupete cando querían.

Ademais, convén sinalar ata que punto a propia escolaridade, no caso do segundo ciclo require unhas condicións perfectamente establecidas para que o alumnado non sexa etiquetado de problemático, como son non ter cueiro e chupete, non precisar durmir a sesta, atender os horarios fixados con estrita puntualidade, así como as demandas docentes de material, ou ser quen de permanecer sentado un tempo. Tamén, tras esta etapa, na mesma educación primaria non se adoitan tolerar certos comportamentos que uns meses antes se lles consentían, e que se converten en motivo de enfrontamento entre o profesorado e o alumnado: quedar sentado no sitio sen se mover, estar calado ou aguantar as necesidades básicas, como comer, mexar, defecar e durmir. Non ten nin faladoiro que esquemas tan ríxidos como os descritos, se enfrontan á mesma individualidade dos suxeitos, aos seus propios ritmos de crecemento e maduración, ás súas necesidades de aprendizaxe. Todo a prol duns parámetros de normalidade causantes de abondosos fenómenos de discriminación e segregación.

Academicismo e velocidade de aprendizaxe

Os termos primarización ou miniprimaria aplicados á educación infantil acabaron converténdose en termos malditos, aborrecidos por un determinado sector dos docentes desta etapa, considerados na avanzada da innovación. Son queixas que están moi en consonancia coas que hai un tempo levaron a discutir o termo preescolar, aplicado á escolaridade dos primeiros anos. O perigo destas reflexións aparece cando os mestres de primaria son percibidos como culpables dos males que afectan á educación infantil, que premen fortemente sobre a adquisición precoz de destrezas instrumentais e rematan arruinando o traballo realizado con esmero na escolaridade non obrigatoria.

Percepcións coma estas non contribúen máis que a profundar na escisión de dous mundos a miúdo afastados en moitos centros, como escolaridade non obrigatoria vs. escolaridade obrigatoria, ambos os dous necesitados dun traballo crítico, cooperativo, con docentes e alumnado dunha e doutra etapa, arredor desta transición e deste paso. Aínda lembro unhas recentes Xornadas sobre Educación Infantil onde a dous nenos, agora no primeiro curso de primaria, se lles pedía que respondesen a unha cuestión tan capciosa como se preferían a súa experiencia infantil ou a primaria. Os cativos, con mellor xuízo que os adultos que formularon a pregunta, ante unha interrogante relativa ao corporativismo, contestaron simplemente que cada unha tiña as súas cousas boas.

En lugar de consumir o tempo en queixas e contendas que non fan máis que contribuír a afondar nos encontros fracasados, os docentes deberían buscar nexos que acheguen os dous tramos educativos, atopar un fío condutor que oriente o seu traballo e rodear os alumnos dun ámbito que lles ofreza sosego e seguridade. En realidade, o que acontece actualmente é unha manifestación máis do academicismo desatinado, produto desa cultura da velocidade, que fai presión no alumnado para que engula canto antes todos os saberes que se consideran necesarios para o período seguinte. O dito academicismo é, sen dúbida, un mal crónico no noso sistema educativo e, malia ser vilipendiado cos máis variados discursos, inclusive lexislativos, volve tinguir o sistema, esta vez disfrazado dun discurso falsamente novo, como o das competencias (Gimeno Sacristán, 2008); todo iso a pesar de que unha infancia googleando nos dea leccións ao poñer decote ao revés o saber académico.

Xa é hora de rematar con esta doenza que pretende conseguir unha transmisión homoxénea de contidos e o tratamento uniforme do alumnado e que, dende logo, non son adecuados para dar resposta á diversidade de situacións e á heteroxeneidade de suxeitos, pois se os coñecementos científicos non lle serven á infancia para repensar, analizar e cuestionar as súas experiencias, perden a súa virtualidade educativa. Necesitamos desfacernos da cultura da queixa, alimentada a forza de acusar os tramos educativos anteriores dos pésimos logros da nosa docencia, considerando como obriga exclusiva dos outros o feito de preparar o alumnado para as nosas expectativas, demandas e intereses; esquecendo a identidade e o valor propio das etapas que nos preceden e nos suceden, e sobre todo, as accións, expectativas, preocupacións e inquietudes dos suxeitos que viven nelas.

Pensemos daquela canto se pode estar alimentando este academicismo, cando o profesorado do segundo ciclo se laia de que a falta de control de esfínteres e de autonomía dos rapaces e rapazas lle impide centrarse nos contidos “verdadeiramente” escolares. Ou cando os docentes de primaria acusan o profesorado de infantil de perder o tempo e manter os cativos todo o día xogando, cando o de secundaria se pronuncia sobre o mal preparados que veñen os alumnos de primaria e vive o bacharelato e a selectividade como unha especie de espada de Damocles, que utiliza como escusa para non intervir na vida social das aulas. E non digamos xa na universidade, cando o profesorado se lamenta da falta de hábitos de estudo dos alumnos que chegan ás súas aulas. Ante esta situación, cómpre formular unha pregunta: quen é logo o responsable dos escolares?

Por suposto que sería un absurdo concluír, como de feito lles temos oído a algúns docentes, que a responsabilidade é do profesorado de infantil que ten os rapaces todo o día enredando no País de Nunca Xamais; ou en último extremo, dunha familia que os malcría dándolles todos os caprichos, sen dedicar tempo a escoitalos. Pero a cuestión non se resolve acusando os outros dos problemas que temos nas aulas, senón tomando conciencia do noso papel e actuando en consecuencia. Non esquezamos que os nenos e nenas pasan moitas horas na escola e que ese tempo se debe inverter en educar, non en enchelos de información perecedoira, almacenada nos libros de texto, en breve caduca e con escasas conexións coa súa vida cotiá.

Por outra banda, temos que ir contra toda esta armazón na que o número de tarefas e a velocidade en resolvelas ocupa un lugar tan importante, que impide que os centros sexan unha comunidade reflexiva, comprometida coa democracia e a xustiza social, para pasar a fragmentarse en mil e unha identidades, onde os corporativismos estancos se esgrimen como primeiro argumento de reivindicación laboral que, sen dúbida, non beneficia a ninguén e deixa á marxe, tanto o alumnado coma as familias. Hai vinte anos que a aprendizaxe significativa, ligada á LOGSE, representou un puntal discursivo clave. Pero hoxe, por máis que apareza repetidamente nas disertacións, as présas, as tensións para elevar o nivel académico e as urxencias que vive o sistema, representan importantes dificultades para que sexa un feito xeneralizado en todas as prácticas.

Resulta ben perigosa a falta de entendemento no tocante ás expectativas do profesorado; sobre o que significa agora ser docente e cal é o papel que debe asumir a escolaridade. Por suposto que a Administración, coas súas reformas cambiantes, as presións temporais, probas e paraprobas inventadas recentemente, pon máis difíciles as cousas. E iso sen que se albisque cando se producirá un pacto político en educación.

O certo é que o academicismo nas aulas non fai máis que intensificar os comportamentos disruptivos do alumnado e do profesorado, xa que nas prácticas, non nos discursos, deixa de lado o traballo relacionado cos valores e as actitudes. Ademais, o tratamento dos conflitos que abrollan cada día, esixe igualmente intervencións inmediatas, máis alá de calquera tipo de comisións e plans de convivencia. As presións temporais para tanto contido académico de corte conceptual, e mesmo procedemental, que aparece e reaparece na infinidade de probas sufridas polos nosos estudantes, apenas deixa tempo para asuntos vitais que xorden nas aulas e nos patios de recreo, quedando relegados a miúdo a espazos concretos e definidos, como os tempos de titoría, as clases de relixión ou alternativa, a materia de Educación para a Cidadanía, ou as comisións de convivencia.

Este revulsivo academicismo choca máis nunhas aulas de infantil acostumadas a traballar por proxectos globais, nas que se leva anos preconizando en favor de que os pequenos vivan experiencias que lles sirvan para reflexionar sobre si e sobre o mundo no que están inmersos. Non obstante, a tentación de atrincheirarse neste academicismo é moi forte, porque representa unha fórmula ideal para reivindicar a consideración social do seu traballo fronte ás familias, aos compañeiros e compañeiras e, en xeral, á sociedade.

Ocuparse de que os nenos e nenas aprendan dende moi cedo a ler e escribir e a facer operacións matemáticas, dálles indubidablemente máis prestixio que dedicarse por exemplo a temas escatolóxicos, considerados socialmente de mal gusto e relacionados con aprendizaxes sociais, vinculadas á súa vez coa hixiene e a saúde. Así, pensemos que próximos estamos a estas formulacións cando renegamos de certas preguntas reiterativas que formulan as familias ao recoller os seus fillos, e que teñen que ver con algo tan importante como as necesidades biolóxicas primarias (comer, defecar, durmir). E todo porque sentimos que minora o noso labor.

As socorridas fichas elaboradas polas editoriais, e introducidas precozmente no primeiro e no segundo ciclo, representan para non poucos docentes un camiño co que reivindicar a importancia do seu labor na primeira infancia. Se observamos os nenos e as nenas e reflexionamos de xeito crítico sobre as nosas accións, sobre as nosas emocións, acabaremos decatándonos de que este tipo de materiais engole a posibilidade de experiencias valiosísimas na vida escolar, e que necesitamos para reconciliarnos cunha sociedade que comunmente minora o ensino na escolaridade temperá.

Cremos que, con recursos coma estes, se lle dará ao noso traballo a importancia que merece, máxime cando os pais e as nais, prisioneiros igualmente de tales prexuízos, comezan a valorar este tramo educativo no momento no que o libro de texto forma parte da experiencia dos seus fillos. Visto que esta obsesión polo academicismo na etapa infantil se ve reforzada polas ansias e présas familiares, por descubrir canto antes se os seus nenos e nenas son verdadeiramente intelixentes e, sobre todo, como se pode previr que non o sexan. Construímos o mito de que o seu éxito na vida depende da intelixencia académica. Cada vez máis vemos que un infante vén ao mundo envolto nunha morea de expectativas e de proxectos familiares truncados, que teñen que ver co éxito académico que consiga.

Para rematar: minorar, parar e reflexionar

A présa dexenera nunha teima pola produtividade dos alumnos e alumnas, e da aula en xeral, que se traduce no intento de facer o maior número de actividades e de produtos visibles no menor tempo posible. A falta deste e a intensificación do labor docente (recordemos como nos últimos anos se multiplicou en exceso o número de tarefas burocráticas ás que debe responder), constitúen un dos maiores inimigos da autonomía profesional e, polo tanto, un dos mellores aliados da alienación do profesorado (e tamén do alumnado), que lles impide ser reflexivos e cooperativos.

Entendemos que o traballo arredor dos valores e actitudes debe ser o fío condutor da docencia nas aulas, de maneira que a reflexión e a discusión constitúan o eixe sobre o que se organice a actividade escolar (Sánchez Blanco, 1997). Esa ha ser a dirección, tanto da etapa temperá como da obrigatoria. É a maneira de facer escola que durante moito tempo, contra vento e marea, e con gran mérito, estiveron sostendo moitos docentes dedicados á educación dos primeiros anos. Pero para lograr este modelo necesitamos transitar pola vida escolar máis ao ralentí. Este é, sen dúbida, un punto de intersección de toda a docencia independentemente do tramo no que se exerza. A defensa da educación infantil e unha blindaxe desta fronte a unha temida e mal chamada primarización, alentada polas présas, nunca se debería apoiar en eliminar discursos e prácticas relativos a sucesos desagradables e a temas considerados tabú. Impedir que os nenos e as nenas teñan información sobre feitos relacionados con guerras, escravitude, fame, morte, drogas, homofobia e sexualidade, anulan a súa capacidade para reflexionar e discutir sobre a inxustiza (Brown, 2008).

A infantilización dos discursos no sistema educativo mingua as súas pretensións en calquera das etapas. A contrarréplica a estas prácticas academicistas non debera meter os rapaces e rapazas nunha especie de pompa de xabón a xeito de País de Jauja ou de azucreiro, no que unicamente hai sitio para o festivo, onde os atropelos que a miúdo sofren os seres humanos, tanto no contorno máis próximo como no máis afastado, se eliminan como tema de traballo. Medrar, ante todo, debera significar adquirir unha maior conciencia sobre os problemas do mundo e sobre como intervir para tratar de resolvelos, o que reclama unha escola que discuta á luz dos seus propios valores e accións, sempre de forma lenta, compartida, reflexiva e crítica.

[*] Concepción Sánchez Blanco, Profesora de Didáctica e Organización Escolar, no Departamento de Pedagoxía e Didáctica, da Faculdade de Ciencias da Educación na Universidade da Coruña, concha@udc.es
[+ Info]


Publicado na: Revista Galega do Ensino - EduGa

Bibliografía
  • AUNIÓN, J. A. (2009) Sin leer ni escribir hasta los seis.
  • BROWN, B. (2009) Desaprender la discriminación en Educación Infantil. Madrid, Morata.
  • CORIAT, B. (1991) El taller y el cronómetro. Ensayo sobre el taylorismo, el fordismo y la producción en masa. Madrid, Siglo XXI. 7.ª Ed.
  • GIMENO SACRISTÁN, J. (Comp.) (2008) Educar por competencias. ¿Qué hay de nuevo? Madrid, Morata.
  • HONORÉ, C. (2005) Elogio a la lentitud. Un movimiento mundial desafía el culto a la velocidad. Barcelona, RBA.
  • SÁNCHEZ BLANCO, C. (2006) La cooperación en Educación Infantil. A Coruña, Universidade da Coruña.
  • SÁNCHEZ BLANCO, C. (2009) Peleas y daños físicos en la Educación Infantil. Bos Aires, Miño y Dávila.
  • TONUCCI, F. (2006) La ciudad de los niños. ¿Por qué necesitamos de los niños para salvar las ciudades?. Revista ITN, núm. 75, 2006.
  • TORRES, J. (2007) Educación en tiempos de neoliberalismo. Madrid, Morata.
________________________________________

venres, xuño 18, 2010

E agora tamén o transporte escolar...!

[Clicar acima da imaxe para entrar no carrusel de diapositivos, en alta resolución]

Este Xoves, 17 de Xuño, as ANPAS de Ferrol Terra mobilizaron-se na defensa do Ensino Público. Nas pancartas as reivindicacións e denuncias dos recortes e medidas que tomou a actual Consellaría de educación do Governo de Feijóo. O recorte nos comedores escolares, a falta de profesorado e coidador@s, o paso atrás na gratuidade dos libros de texto, e a discriminación no proxecto Abalar, dotando de ordenadores aos colexios concertados e negándolles aos públicos. Este é o resumo do curso escolar da Consellaría de Jesús Vázquez. Asín o denunciaron hoxe as ANPAS de Ferrolterra nunha concentración ás 18hs diante do Edificio da Xunta. De boca en boca comentava-se o novo despropósito, o recorte no transporte escolar. No próximo curso aqueles nenos e nenas que teñan o domicilio a menos de 2Km do centro escolar, non terán dereito a transporte. Nen as condicións metereolóxicas do noso País, nen o peso das mochilas, nen o estado dos camiños e estradas, parecen estar presentes nas decisións destes governantes metidos a sastres, que só saben usar as tesoiras e recortar hoxe nos servizos públicos, mañá nos dereitos, pasado nas coberturas sociais ... Seguro que o do transporte non é a última sorpresa que se leva a comunidade educativa.

Álbum de Fotos:
http://picasaweb.google.es/fucobuxan/DefensaDoEnsinoPublico17062010#

Carrusel de Diapositivos:
http://picasaweb.google.es/fucobuxan/DefensaDoEnsinoPublico17062010#slideshow/5483807140324619122

Fonte das Fotos:
http://picasaweb.google.es/fucobuxan
_______________

Enlace relacionado:

Ártabra 21: As ANPAS de Ferrol Terra mobilizan-se na defensa do Ensino Público: 17 de Xuño de 2010
___________________

mércores, xuño 16, 2010

As ANPAS de Ferrol Terra mobilizan-se na defensa do Ensino Público: 17 de Xuño de 2010

Este Xoves 17 de Xuño, ás 6 da tarde temos unha concentración na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en defensa do ensino público, pedimos a presencia de canta mais xente mellor, e moi importante despois do recorte que fixeron na ensino, do descaro do chamado plan Abalar, mais ben Plan privatizar, a falta de profesorado, de cuidador@s, a negativa da conselleria de non facer-se cargo dos comedores, a gratuidade dos libros de texto, redución da cobertura no transporte escolar etc.......



Enviado por:
pili pilinha
-pilicex@gmail.com-
15 de junho de 2010 22:49
_____________________________

martes, decembro 29, 2009

Daniel Salgado fai unha análise da proposta de Decreto da Xunta que restrinxe o Galego no ensino


[O Decreto da morte do Galego no Ensino]

Os pais galegos votarán en que idioma escolarizan aos seus fillos

Os alumnos de infantil aprenderán na lingua que decida a maioría do aula


DANIEL SALGADO - Santiago
EL PAÍS - Sociedade - 29-12-2009

A Xunta pretende que os pais voten en cal das dúas linguas oficiais de Galicia prefiren que os seus fillos aprendan a ler e a escribir no sistema público de ensino. E farao mediante un proceso de votación no que os proxenitores decidirán, en cada aula de Educación Infantil e coas opcións de galego ou castelán, o idioma preferente de lectoescritura. Ademais, o Goberno galego intentará garantir a introdución educativa á lingua menos apoiada das dúas. Esta é, segundo fontes gobernamentais, unha das principais novidades introducidas polo borrador do decreto que regulará a aprendizaxe das linguas en Galicia e que a Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependente da Consellería de Educación, presentará mañá.

Na educación infantil, ata os seis anos, a diferenza respecto do decreto vixente en Galicia -elaborado en 2007 polo anterior Executivo de socialistas e nacionalistas, coa retirada a última hora do PP- resulta substancial. Ata agora, as escolas debían impartir as clases na lingua materna predominante entre o alumnado. E era o claustro de cada centro, baseándose nos datos achegados por sociolingüistas e pais, o que determinaba o que se entendía por "lingua materna predominante". A normativa reforzaba así mesmo a presenza do galego, sobre todo nos ámbitos urbanos, onde os estudos científicos constatan a debilidade da lingua vernácula.

A aprobación da lexislación do anterior Goberno de Emilio Pérez Touriño provocou que, por primeira vez na historia da autonomía, a dereita atacase frontalmente a normalización do galego. E iso a pesar de que o decreto educativo de 2007 non facía máis que desenvolver o Plan de Normalización Lingüística que o Executivo de Manuel Fraga que aprobou no Parlamento co apoio dos tres partidos. A norma establecía unha presenza mínima da definida polo Estatuto como lingua propia de Galicia do 50%.

O avance do decreto, que a actual Xunta presentará a tarde do penúltimo día do ano, 24 horas antes de que se cumpra o prazo comprometido polo presidente Alberto Núñez Feijóo para facelo, pasará entón por unha rolda de consultas. Polo menos así reza a promesa do propio Feijóo, reiterada fai dúas semanas no Parlamento de Galicia, de someter o texto á avaliación da Real Academia Galega e o Consello da Cultura. Estas dúas institucións, de tradición prudente, mostráronse moi críticas, a través de comunicados e declaracións, coas actitudes e as políticas lingüísticas despregadas polo novo PP no poder.

O Partido Popular de Galicia converteu a suposta imposición do galego nun dos seus principais arietes para arremeter contra o Goberno de PSdeG e BNG. No fragor da campaña electoral, e xa despois elevado á presidencia da Xunta, as promesas de Núñez Feijóo sobre o ensino das dúas linguas oficiais en Galicia apareceron trufadas de conceptos como "liberdade de elección". Para cumprir con iso, a Consellería de Educación realizou unha enquisa entre os pais de nenos matriculados no sistema público. Os resultados, que tardaron varios meses en coñecerse e fixérono nunha rolda de prensa o 31 de xullo, omitían a cociña da sondaxe e reflectían a querenza da maioría de participantes pola aprendizaxe dos dous idiomas. A "liberdade de elección" transformouse no novo texto, polo menos nas aulas de Educación Infantil, nunha votación de pais.

A implantación dun modelo de educación pública trilingüe, desenvolvido a partes iguais en galego, castelán e inglés, foi outro dos repetidos eslóganes do presidente da Xunta. A partir desa formulación, o Goberno popular fichou ao actual responsable de Política Lingüística e principal arquitecto do decreto que se presentará mañá, Anxo Lorenzo, ata entón un reputado sociolingüista colaborador dos socialistas.

Ao longo destes axitados meses, en materia lingüística, Galicia asistiu ás dúas maiores manifestacións en defensa do galego que se recordan. A última, o pasado 18 de outubro, reuniu en Santiago a máis de 50.000 persoas, entre elas o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño (PSOE).



O bilingüismo nas escolas


- Cataluña. O modelo educativo catalán baséase na chamada "inmersión lingüística" e funciona desde a restauración da Generalitat. No seu día, os partidos cataláns rexeitaron crear unha dobre liña escolar (en catalán e castelán) para evitar a segregación da comunidade escolar en función do idioma. A similitude entre as dúas linguas foi un punto adicional a favor daquela decisión. A lingua vehicular no colexio é, pois, o catalán. Aínda así, as sucesivas leis de política lingüística aprobadas polo Goberno catalán (en 1983 e 1998) outorgan aos pais o dereito a escolarizar aos seus fillos en castelán. Algúns pais denunciaron obstáculos para facer efectivo ese dereito, aínda que en xeral non hai conflitos lingüísticos, segundo o Departamento de Educación, que defende que os nenos cataláns posúen a mesma competencia en castelán que os do resto de España.

- País Vasco. Euskadi atópase en pleno proceso de desandar o camiño tomado en febreiro polo entón conselleiro de Educación, Tontxu Campos (EA), quen decretou que o eúscaro debe ser a lingua vehicular no ensino. O novo Executivo socialista presentou en novembro os cambios dos decretos, entre os que destaca a igualdade por norma dos dous idiomas oficiais. Esta decisión non terá consecuencias no día a día debido á autonomía dos centros. En Euskadi, as familias poden elixir un dos modelos lingüísticos. En educación básica, o modelo D, co eúscaro como lingua vehicular, é o elixido no 71% dos casos, o modelo B -intercala materias en eúscaro e castelán- está implantado no 24% e o A, en castelán, no 5%. A aposta polo "bilingüismo integrador" súmase agora ao futuro marco trilingüe.

Publicado no xornal  El País
___________________________